Full text
Helena Iglesias González Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Facultade de Ciencias da Educación Xuño 2023 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre/a de Educación Infantil. Traballo de fin de grao
Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Aprovechamiento educativo de los parques naturales urbanos desde la perspectiva del profesorado de la Educación Infantil Educational exploitation of natural urban parks from the perspective of Early Childhood Education teachers
3 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil ÍNDICE Resumo ...................................................................................................................................... 5 1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 7 2. MARCO TEÓRICO ................................................................................................................... 8 2.1. A educación na natureza como remedio ao déficit de natureza .................................... 8 2.2. A educación na natureza no currículo de Educación Infantil ........................................ 11 2.3. A natureza na cidade. Os parques urbanos .................................................................. 15 3. METODOLOXÍA .................................................................................................................... 18 3.1. Instrumento e procedemento de recollida de datos .................................................... 18 3.2. Mostra ........................................................................................................................... 19 3.3. Análise dos datos........................................................................................................... 19 4. RESULTADOS E DISCUSIÓN ................................................................................................. 20 4.1. Vantaxes e limitacións do contacto coa natureza sinaladas polo profesorado ............ 20 4.2. Frecuencia coa que se realizan saídas a espazos naturais urbanos .............................. 24 4.3. Aproveitamento didáctico dos parques urbanos .......................................................... 29 5. CONCLUSIÓNS E CONTRIBUCIÓN Á MELLORA DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ....... 34 5.1. Contribución á mellora das competencias profesionais ............................................... 37 6. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ........................................................................................... 38 7. ANEXOS ................................................................................................................................ 42 Anexo I. Cuestionario ........................................................................................................... 42 Anexo II. Saídas escolares realizadas a espazos naturais urbanos nun curso escolar. ....... 48 Anexo III. Parques urbanos mencionados no cuestionario ................................................. 49
4 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Índice de Táboas Táboa 1. Categorización das respostas á Pregunta 5: Que vantaxes considera que ten o contacto directo coa natureza na Educación Infantil? ............................................................ 21 Táboa 2. Categorización das respostas da Pregunta 6: E que limitacións? ............................. 23 Táboa 3. Táboa de frecuencias da Pregunta 7: Aproximadamente, con que frecuencia realiza co seu alumnado saídas escolares pola cidade nun curso escolar?......................................... 25 Táboa 4. Táboa de frecuencias da Pregunta 8: Que porcentaxe destas saídas se realizan a algún espazo natural urbano? ................................................................................................. 25 Táboa 5. Categorización das respostas da Pregunta 12: Poderían ser empregados como espazos educativos? En caso afirmativo, podería indicar o uso que se lle(s) podería dar? .... 31 Táboa 6. Relación dos datos da Pregunta 7 e Pregunta 8. ...................................................... 48 Táboa 7. Táboa de frecuencias da Pregunta 11: Que parque(s) urbano(s) preto do seu centro educativo coñece? .................................................................................................................... 49 Índice de Figuras Figura 1. Gráfica das saídas escolares realizadas a espazos naturais urbanos nun curso escolar .................................................................................................................................................. 26 Figura 2. Gráfica da Iniciativa na realización de saídas a espazos naturais urbanos. ............. 28 Figura 3. Gráfica dos parques urbanos que coñece o profesorado preto do seu centro escolar .................................................................................................................................................. 29 Figura 4. Gráfica das áreas do currículo que se poden traballar nos parques urbanos .......... 33
5 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Resumo Neste traballo analízase o uso dos parques urbanos por parte do profesorado de Educación Infantil que participa no estudo e as aplicacións educativas que poden ofertar estes parques para os centros educativos das cidades. O obxecto de estudo consiste en analizar a perspectiva do profesorado sobre as vantaxes e limitacións do contacto directo co medio natural, o emprego destes espazos naturais urbanos e os usos educativos que se lles poden dar. A metodoloxía seguida é a investigación de campo na que se fará unha análise cualitativa dos datos obtidos a través dun cuestionario entregado ao profesorado de diversos centros educativos da cidade de Santiago de Compostela. Os resultados amosan que a maioría do profesorado non emprega estes espazos como ambientes de aprendizaxe, o que evidencia a necesidade de formar a mestres e mestras nas vantaxes que teñen os parques naturais urbanos para a formación do alumnado. Palabras clave: educar na natureza, parques urbanos, medio natural, educación infantil. Resumen En este trabajo se analiza el uso de los parques urbanos por parte del profesorado de Educación Infantil que participa en el estudio y las aplicaciones educativas que pueden ofertar estos parques para los centros educativos de las ciudades. El objeto de estudio consiste en analizar la perspectiva del profesorado sobre las ventajas y limitaciones del contacto directo con el medio natural, el empleo de estos espacios naturales urbanos y los usos educativos que se les pueden dar. La metodología seguida es la investigación de campo en la que se hará un análisis cualitativo de los datos obtenidos a través de un cuestionario entregado al profesorado de diversos centros educativos de la ciudad de Santiago de Compostela. Los resultados muestran que la mayoría del profesorado no emplea estos espacios como ambientes de aprendizaje, lo que evidencia la necesidad de formar a maestros y maestras en las ventajas que tienen los parques naturales urbanos para la formación del alumnado. Palabras clave: educar en la natureza, parques urbanos, medio natural, Educación Infantil.
6 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Abstract This paper analyzes the use of urban parks by early childhood teachers who participate in the study and the educational applications that these parks can offer for educational centers in cities. The object of study consists in analyzing the teachers' perspective on the advantages and limitations of direct contact with the natural environment, the use of these urban natural spaces and the educational uses that can be given to them. The methodology followed is field research in which a qualitative analysis will be made of the data obtained through a questionnaire delivered to the teachers of various educational centers in the city of Santiago de Compostela. The results show that the majority of teachers do not use these spaces as learning environments, which shows the need to train teachers in the advantages that urban natural parks have for the training of students. Keywords: nature-based education, urban parks, natural environment, early childhood education.
7 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil 1. INTRODUCIÓN O presente traballo parte do interese e preocupación persoal sobre a situación actual, descrita por diferentes autores/as como Lladós (2018) e Louv (2019), da desconexión cada vez máis pronunciada da infancia co mundo natural especialmente nas zonas urbanas. Ao crecer nunha zona rural, a natureza na miña infancia sempre estivo moi presente, factor que considero que foi fundamental para o meu desenvolvemento. Así, son consciente de que para os nenos e nenas que residen nas cidades moitas veces este contacto co medio natural é moito máis limitado, privándoos así dos beneficios que ofrece a natureza para a infancia. Esta desconexión tamén se vive na escola, pois ao realizar ao longo da carreira diferentes períodos de prácticas en diversos centros educativos urbanos, puiden comprobar como o contacto co medio natural que ten o alumnado é moi escaso. Consciente tamén das limitacións que poden existir desde os centros educativos da cidade para achegar ao alumnado, especialmente na etapa de Educación Infantil, a espazos naturais non urbanizados, aparecen como alternativa os parques urbanos. Estes espazos naturais dentro das propias cidades poden ser a clave para fomentar este contacto coa natureza nestes contextos, polo que se configuran como un obxecto de estudo interesante e tamén pouco explorado. Mais en lugar de centrarse a investigación en posibles actividades para realizar nestes espazos, búscase saber se o propio profesorado os contempla como opcións para o desenvolvemento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe na etapa da Educación Infantil. Para delimitar a investigación seleccionouse a cidade de Santiago de Compostela pola diversidade de centos educativos e por contar con numerosos espazos verdes. Así, o obxectivo a acadar no presente traballo de investigación é analizar a visión do profesorado sobre o emprego dos parques urbanos da cidade de Santiago de Compostela e a súa potencialidade didáctica para a Educación Infantil. Este obxectivo concrétase nas seguintes preguntas de investigación: • Que vantaxes e que limitacións percibe o profesorado en relación co contacto coa natureza na Educación Infantil? • Con que frecuencia realizan saídas a espazos naturais urbanos na cidade de Santiago de Compostela? • Que aproveitamento didáctico consideran que se pode facer destes espazos?
8 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Por último indicar que a elaboración deste traballo contribúe ao desenvolvemento das seguintes competencias do Grao en Mestre/a de Educación Infantil recollidas na memoria da titulación: CB3, G12, T2, E26, E27 e E28, o cal se describe con máis detalle no último apartado. 2. MARCO TEÓRICO Como parte deste Marco Teórico farase en primeiro lugar unha aproximación ao concepto de déficit de natureza e o papel da educación na natureza para palialo. No segundo apartado analizarase a presenza da educación na natureza nos currículos actuais, especialmente no novo currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Por último farase unha aproximación aos beneficios dos parques naturais urbanos e ao seu papel no desenvolvemento da educación na natureza nas cidades. 2.1. A educación na natureza como remedio ao déficit de natureza Actualmente máis da metade da poboación do mundo reside en cidades polo que cada vez o noso contacto co medio natural é máis limitado, máis esporádico. Esta situación propicia que, pouco a pouco, teñamos desaprendido como relacionarnos coa natureza e como aproveitar os numerosos beneficios que esta nos aporta (Lladós, 2018). O autor Richard Louv (2005) no seu libro Last Child in the Woods, acuña o termo de “naturedeficit disorder” ou trastorno por déficit de natureza. Esta doenza é o resultado da alienación dos humanos do entorno natural, o que provoca a devaluación dos sentidos, dificultades de atención e elevados índices de enfermidades físicas e emocionais (Louv, 2005). Relacionado coa saúde humana, como sinala este autor, este déficit está implicado no incremento de diferentes doenzas e enfermidades mentais como o estrés, a ansiedade, trastornos de conducta, comportamento, atención e depresión entre outros. Ademais, esta falta de contacto co entorno natural é un factor determinante no aumento de diferentes enfermidades físicas como a obesidade, as enfermidades respiratorias e cardiovasculares, no empeoramento das enfermidades crónicas e na diminución dos niveis de vitamina D (Ortega et al., 2015 e Urra, 2020). En relación coas capacidades cognitivas, este trastorno parece ser tamén en certa medida responsable da diminución da capacidade creativa, da curiosidade e da falta de implicacións nas relacións sociais (Urra, 2020). Ademais, tamén se observa como os nenos e nenas que pasan moito tempo na natureza teñen un comportamento social máis desenvolvido e
9 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil presentan mellores habilidades para a resolución de conflitos que aqueles que teñen un contacto reducido co medio natural (Girbau, 2019). Este déficit de natureza increméntase nos infantes que residen nas cidades, perfectamente cuadriculadas e asfaltadas, xa que estes dispoñen de menos tempo e oportunidades para estar ao aire libre. Sobrecargados polos deberes e actividades extraescolares dividen o seu tempo libre entre pantallas e centros comerciais (Freire, 2011). Ademais, a maioría dos nenos e nenas que residen en cidades teñen perdido esa liberdade para saír autonomamente á rúa, ao parque. Isto débese ao medo ante os perigos que poidan atopar, o que deriva na sobreportección das familias, outro factor determinante na propagación deste déficit entre os infantes nos últimos anos (Urra, 2020). A raíz desta situación comezan a rexurdir en todo o mundo correntes pedagóxicas que defenden a necesidade do contacto coa natureza para a aprendizaxe e o desenvolvemento dos nenos e nenas (Lladós, 2018). Un exemplo serían as forest schools ou escolas na natureza, que apareceron en Europa nos anos 60 e que se basean na educación en contacto directo coa natureza, defendendo que o contacto co mundo natural proporciona a confianza, a resiliencia e a perseveranza necesarias para unha maior motivación e un mellor rendemento académico (Meier e Sisk-Hilton, 2013). Debido a iniciativas coma esta, comezan a aparecer novos termos. En primeiro lugar, o termo nature-based education (traducido ao galego como educación na natureza), que Jordan e Chawla (2019) definen como o proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve en contornas naturais para a adquisición de coñecementos, habilidades, valores, actitudes e comportamentos e que inclúe tanto a aprendizaxe sobre a natureza, como sobre calquera temática ou interese nun entorno natural. Por outra banda, aparece tamén o termo outdoor education (traducido ao galego educación ao aire libre) definida por Ford (1986) como “a educación en, sobre, e/ou ao aire libre”(p.2). O mesmo autor recolle que no seu sentido máis amplo, este termo pode facer referencia a toda acción educativa que se desenvolva ao aire libre co obxectivo de desenvolver coñecementos, habilidades e actitudes sobre o mundo no que vivimos. Desta forma, poderiamos encadrar dentro deste termo os procesos ensino-aprendizaxe que se desenvolven en contacto co medio natural aos que fai referencia a nature-based education.
16 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Falando dos beneficios sociais, como sinalan Frutos e Esteban (2009), en relación coa saúde, os parques naturais urbanos, ao mellorar a calidade do aire, contribúen á diminución das enfermidades respiratorias e tamén, ao ser espazos amplos e relaxantes, contribúen á redución do estrés. Ademais, diversos estudos como o de von Hertzen et al. (2015) amosan como o contacto con espazos naturais contribúe á mellora do noso sistema inmunolóxico, como se comentou no apartado 2.1. Estas áreas tamén aportan beneficios recreativos debido a súa versatilidade que permite a realización de diversas actividades ao aire libre como paseos, charlas, lecturas, actividades deportivas... (Frutos e Esteban, 2019). Isto as configura como un espazo ideal para o ocio e o desfrute, como indica Finkelstein (1980) “os parques son para as persoas, despois de todo, lugares para experimentar, lugares para desfrutar e lugares para participar na mestría do home e a natureza”(p.8) Outros beneficios que destacan Frutos e Esteban (2009) e que se relacionan directamente coa intencionalidade deste traballo, son os beneficios educativos. Os autores identifican os parques como espazos para aprender, experimentar e adquirir coñecemento sobre o medio así como para desenvolver actitudes de respecto e conservación do medio ambiente. Xa que actualmente a cidade é considerada como un ambiente de aprendizaxe, é tempo tamén de considerar os parques urbanos como lugares que presentan oportunidades para relacionarnos e aprender do medio natural (Páramo e Mejía, 2004). Moitas destas oportunidades de aprendizaxe están directamente relacionadas coas ciencias da natureza. Amaro et al. (2015) comentan como estes espazos naturais son escenarios idóneos para a adquisición de gran cantidade de contidos curriculares das ciencias naturais e a educación ambiental. Ademais, como sinala Kubat (2017) é necesario desenvolver aprendizaxes fóra das aulas, xa que estas presentan limitacións para o desenvolvemento de aprendizaxes relacionadas coa vida diaria como a educación científica. Lopes (2017) aplica estas ideas aos espazos urbanos sinalando que “a utilización de xardíns públicos e parques urbanos no desenvolvemento de prácticas experimentais baseadas en modelos naturais, en diferentes anos de escolaridade, pode constituír unha mellora para un ensino que busca ser innovador” (p.1).
17 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Os parques presentan “unha riqueza biolóxica que pode contribuír ao coñecemento e a valoración da flora e fauna local” (Martínez-Valdés e Arellano-Gámez, 2018, p.111). Así, permiten o estudo de diferentes ecosistemas, como por exemplo os acuáticos presentes no lagos e pequenos regatos, e a análise da influencia que teñen os factores externos nas dinámicas dos ecosistemas (Lopes, 2017). Tamén son un espazo para interactuar con algunhas especies animais como pombas, patos, esquíos e paxaros (Páramo e Mejía, 2004) e permiten a realización de actividades para explorar os sons (cantos de distintas aves), as cores (flores, plumas das aves, etc.) e olores (esencias vexetais, perfumes das flores...) destes espazos (Amaro et al., 2015). Máis o seu potencial educativo non se limita unicamente ás ciencias da natureza. Como indican Delgado e Calero (2016), os parques naturais urbanos poden ser un lugar idóneo para o traballo de diferentes competencias como a social e cívica e a de aprender a aprender, ao ser lugares de encontro de gran diversidade de persoas nos que se debe aprender pautas de conducta para unha convivencia cívica. Tamén os autores indican que estes espazos poden ser axeitados para o traballo de diferentes materias como a Educación Física, ao contar con diferentes equipamentos deportivos e espazo amplo para desenvolver actividades físicas e deportivas, ou a Educación Artística, para a realización de propostas creativas ou para analizar elementos artísticos que periodicamente expóñense neles. Así, como indican Martínez-Valdés e Arellano-Gámez (2018) o parque urbano ideal debería contar con espazos diversos para ofrecer diferentes tipos de experiencias: contacto coa natureza, exploración, experimentación, transformación social... Amais, as autoras defenden que para poder manter estes espazos é necesario que “tanto os usuarios como as autoridades responsables da súa administración os coñezan, valoren e impulsen como espazos de conservación, recreación colectiva e benestar social” (p.116). López-Medina (2020), concorda con esta idea da importancia da acción das autoridades indicando como é necesario a elaboración de políticas públicas de espazo público onde, ademais da visión xurídica e institucional, se teña en conta a función educativa destes espazos, o que implicaría segundo a autora, o traballo conxunto entre diferentes ministerios.
18 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil 3. METODOLOXÍA O presente traballo de investigación articúlase en base a unha investigación cualitativa, definida por Sandín (2003) como “unha actividade sistemática orientada á comprensión en profundidade de fenómenos educativos e sociais, á transformación de prácticas e escenarios socioeducativos, á toma de decisións e tamén cara o descubrimento e desenvolvemento dun corpo organizado de coñecementos” (p.123). Deste xeito, a investigación presentada céntrase en afondar no coñecemento de como un grupo de docentes determinado aborda as saídas a espazos naturais urbanos, buscando describir con certa profundidade os seus hábitos e as motivacións que lles levan ou non a facer estas saídas. 3.1. Instrumento e procedemento de recollida de datos O instrumento empregado para a recollida de datos é un cuestionario de elaboración propia de 13 preguntas que se recolle no Anexo I. Dentro do mesmo pódense distinguir catro bloques: o primeiro (preguntas 1, 2 e 3) destinado a delimitar a mostra, o segundo (preguntas 4, 5 e 6) destinado a coñecer as vantaxes e limitacións que percibe o profesorado en relación co contacto coa natureza, o terceiro (preguntas 7, 8, 9 e 10) destinado a analizar con que frecuencia se realizan saídas a espazos naturais urbanos e as razóns e o cuarto bloque (preguntas 11, 12 e 13) destinado a coñecer que aproveitamento didáctico consideran que se pode facer destes espazos. En canto á tipoloxía das preguntas combínase preguntas de resposta aberta e preguntas de resposta pechada de elección única ou múltiple. Para a elaboración do cuestionario tomáronse como referencia as investigacións de Echegaray (2013) e de Pedretti et al. (2012) á hora de seleccionar o contido e a tipoloxía das preguntas; e o traballo de Portela (2016), en relación co formato do cuestionario. Porén, debido a especificidade da investigación, a maioría das preguntas son orixinais. O procedemento para a recollida dos datos consistiu no envío do cuestionario online por correo electrónico aos centros educativos da cidade. Decidiuse presentar o cuestionario de forma dixital para facilitar a súa difusión e incrementar o seu alcance entre os/as docentes en activo. Así, empregouse o programa de Microsoft Forms para crear o cuestionario online. Para seleccionar os centros e atopar os seus enderezos de correo electrónico oficiais consultouse a Guía de Centros Educativos da Xunta de Galicia, filtrando os centros de Educación Infantil que se atopan na cidade de Santiago de Compostela. Unha vez
19 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil seleccionados enviouse a enquisa por correo electrónico o día 13 de abril de 2023 e agardouse á chegada das respostas. Indicar que o día 25 de abril, debido as escasas respostas recibidas, volveuse a mandar o cuestionario a aqueles centros que non contestaran por se a mensaxe non fora recibida. A enquisa pechouse o día 22 de maio do 2023 rexistrando vinte respostas. 3.2. Mostra A investigación buscaba a participación do maior número de docentes de Educación Infantil en activo na cidade de Santiago de Compostela, polo que a enquisa foi enviada a trinta centros da cidade. Obtívose resposta de menos da metade (dezaseis centros), dos cales catro son de titularidade pública e doce de privada-concertada, polo que ao final o tamaño da mostra é de vinte docentes. En relación coa súa experiencia na Educación Infantil, a media de anos traballados nesta etapa, na mostra é de 20 anos, aínda que existe unha gran variedade indo desde os 6 meses ata os 34 anos de experiencia. En canto ao ciclo no que imparten docencia actualmente o 25% traballa con alumnado do primeiro ciclo (0-3 anos) e o 75% restante no segundo ciclo (3-6 anos). Dentro deste último ciclo, que representa a maioría da mostra, o 28,6% traballa no 4º curso, o 28,6% no 5º curso, o 21,4% no 6º curso e un 21,4% con todos os cursos de forma conxunta. 3.3. Análise dos datos Tras pechar o cuestionario e realizar unha lectura das diferentes respostas, procedeuse a realizar a análise do datos. Ao contar o cuestionario con dous tipos diferentes de preguntas (pechadas e abertas) o proceso de análise seguido varía dependendo da tipoloxía das mesmas. Para as preguntas de resposta pechada realizouse un baleirado de datos para coñecer as frecuencias que corresponden a cada unha das opcións dadas para cada unha das respostas. Para realizar a análise dos datos das preguntas abertas, tras a recompilación das respostas do cuestionario, establecéronse as categorías en interacción cos datos obtidos e recolléronse en diferentes táboas. As táboas nas que se reflexa esta categorización preséntanse no apartado de resultados (Táboa 1, Táboa 2 e Táboa 5).
20 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil 4. RESULTADOS E DISCUSIÓN Os resultados da investigación divídense en diferentes apartados para dar resposta ás preguntas da investigación presentadas na introdución, nos que se describen e presentan os resultados e discusión de cada pregunta do cuestionario de forma sintetizada. Indicar que as tres primeiras preguntas do cuestionario estaban deseñadas para delimitar a mostra e polo tanto non se comentan nos seguintes apartados. 4.1. Vantaxes e limitacións do contacto coa natureza sinaladas polo profesorado A primeira pregunta relacionada con esta liña da investigación (Pregunta 4: Que importancia considera que ten o contacto directo coa natureza na Educación Infantil?) buscaba coñecer a importancia que o profesorado lle atribúe ao contacto directo dos nenos/as coa natureza na etapa da Educación Infantil. Dos/as 20 docentes, 19 (95%) consideran que este contacto é moi importante e 1 (5%) que é importante. Pódese afirmar así que todo o profesorado enquisado considera relevante o papel da natureza na Educación Infantil. Analizando agora as vantaxes que o profesorado relaciona con este contacto coa natureza, ás que se fai alusión na Pregunta 5, existe gran variedade nas respostas dos/as docentes, polo que tratouse de agrupalas en categorías xerais atendendo ás relacións entre elas. Desta forma, seleccionáronse tres categorías: Adquisición de contidos, relacionada coa adquisición de contidos de diferentes materias; Desenvolvemento integral dos nenos/as, relacionada coas diferentes áreas do desenvolvemento; e Relación coa natureza, centrada nos diferentes sentimentos provoca a mesma e nos usos que se lle dá. Cada categoría subdivídese en distintas subcategorías específicas co obxectivo de concretar as respostas dos/as docentes como se amosa na Táboa 1. Para a primeira das categorías, Adquisición de contidos, podemos ver como a maioría dos contidos mencionados gardan relación coas Ciencias da Natureza. Aínda que tamén se recollen respostas que fan referencia a contidos sen especificar, unicamente 1 docente sinala un contido concreto que non estea relacionado coas Ciencias Naturais. Isto apórtanos información, por un lado, sobre esa evidente e forte relación que perciben os/as docentes entre o contacto coa natureza e a ensinanza das Ciencias Naturais, e por outro, o aparente descoñecemento dos/as profesionais sobre a adquisición de contidos relacionados con outras disciplinas nestes ambientes naturais.
21 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Táboa 1. Categorización das respostas á Pregunta 5: Que vantaxes considera que ten o contacto directo coa natureza na Educación Infantil? Categoría Subcategoría Frecuencia (N=20) Exemplo Adquisición de contidos Ciencias Naturais 6 “Permite coñecer o entorno próximo de forma directa: flora e fauna da contorna” Sen especificar 4 “Abre la puerta a los conocimientos más fundamentales.” Outros 1 “Axuda aos coñecementos matemáticos” Desenvolvemento integral dos nenos/as Sen especificar 6 “Estimula y potencia el libre y natural desarrollo infantil” Psicomotor 5 “Axuda ao seu desarrollo psicomotor”, “conseguen habilidades motoras de coordinación, equilibrio e axilidade” Cognitivo 5 “Desarrollo cognitivo por amplitud de estímulos” Sensorial 4 “Promove o desenvolvemento sensorial, a todos os niveis” Emocional 4 “Aporta calma”, “Diminución da ansiedade provocada polo novo ou o descoñecido.” Social 3 “Aprenden a compartir e a ter unha mellor interacción entre eles/as ao xogar no exterior” Relación coa natureza Respecto e coidado 7 “Respecto dos elementos naturais que exploran na contorna” Exploración e experimentación 6 “Desperta as súas ganas de explorar”, “á experimentación e exploración de xeito libre.” Ocio e lecer 5 “Permitelle ás crianzas o xogo libre” “Potencia o pracer polo contacto coa natureza” Conexión 4 “Conexión coa natureza dunha forma sensible”
22 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Dentro da segunda categoría, Desenvolvemento integral dos nenos/as, encádranse a maioría das respostas. Nesta categoría as respostas de maior frecuencia son nas que non se especifica unha área concreta do desenvolvemento, recollidas na subcategoría Sen especificar, senón que se fai alusión ao desenvolvemento de forma integral. As áreas do desenvolvemento ás que se lle fai unha maior alusión son ao desenvolvemento psicomotor e ao cognitivo, sendo ambos mencionados por 5 docentes. As seguintes con máis repercusión son a sensorial e a emocional, asociadas a catro respostas e por último aparece tamén o desenvolvemento social mencionado por 3 persoas. A mención destes diferentes aspectos do desenvolvemento concorda co exposto no marco teórico sobre os múltiples beneficios que aporta o contacto coa natureza en todos os planos do desenvolvemento infantil. Na última categoría, relación coa natureza, atopamos tamén numerosas respostas e variedade entre as mesmas. O aspecto máis destacado (7 persoas) é o fomento do respecto e coidado da natureza, para o que é fundamental o contacto directo co medio natural como ben reflexan as respostas. Tamén reciben importancia, sendo mencionadas por 6 persoas, as actividades de exploración e experimentación, que son tan importantes na Educación Infantil e que vemos como os/as docentes consideran os espazos naturais como lugares idóneos para desenvolvelas. O resto das respostas divídense entre ocio e lecer (5) e conexión coa natureza (4). Sobre esta última subcategoría sinalar que foi creada debido a aparición en varias respostas da palabra “conexión” aínda que non se especifique en que consiste a mesma. Sorprende a escasa mención ao xogo, encadrado na subcategoría de Ocio e lecer, que se constitúe como un eixo vertebral da Educación Infantil e ao que unicamente fan referencia 4 de 20 docentes. Como se comentaba no marco teórico, diversas autoras como Freire (2011) sinalan a importancia dos espazos naturais no desenvolvemento do xogo, especialmente nesta etapa, polo que a súa escasa mención denota un descoñecemento por parte do profesorado sobre a súa estreita relación co medio natural. Buscando analizar tamén as limitacións que percibe o profesorado en relación con este contacto co medio natural, incorporouse a Pregunta 6 para a que tamén se realizou unha categorización das respostas agrupándoas en oito categorías que se recollen na Táboa 2.
23 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Táboa 2. Categorización das respostas da Pregunta 6: E que limitacións? Categoría Frecuencia (N=20) Exemplo Accesibilidade 6 “La escasa accesibilidad en el entorno ciudad”, “A única limitación que vexo é a distancia física.” Climatoloxía 4 “A climatoloxía en ocasións non permite achegar aos nenos e nenas a eles” Ningunha 4 “Ningunha.” Falta de persoal 3 “Non é doado atender a un grupo numeroso sen axuda.” Perigos 3 “Encontrar un entorno natural que no sea hostil”, “entornos no seguros.”, “perigos de pouca hixiene trala a manipulación” Idade do alumnado 2 “A idade das crianzas.” Alerxias 1 “que o alumno/a teña algún tipo de alerxia a pólenes, etc” Limitacións legais 1 “Todas las limitaciones legales y contextuales que hacen de una simple experiencia se convierta en un proceso burocrático” Obsérvase na Táboa 2 como a principal limitación que sinalan os/as docentes (6 de 20) é o difícil acceso a estes espazos, sinalando en moitos casos a distancia física e a necesidade de transporte. Ao traballar todo o profesorado na cidade de Santiago de Compostela a distancia a espazos naturais fóra da cidade (monte ou bosque) é en efecto un factor limitante. Porén podemos inferir, polas súas respostas, que non están a ter en conta os espazos naturais urbanos, pois para os centros da cidade estes serían de relativo fácil acceso e non sería necesario o emprego de medios de transporte para achegarse a eles. Desta forma podemos interpretar que, cando para os/as docentes falamos de contacto coa natureza, non se recoñecen os espazos naturais urbanos como espazos posibles para fomentar este contacto. Outra limitación que se repite é a climatoloxía, sinalada por 4 docentes, e relacionada especialmente coa chuvia. Como ben indica unha das persoas enquisadas “Aínda que a choiva non debería ser un límite ou unha barreira, ese cambio de pensamento e ver o positivo de achegarse á natureza incluso se chove é complexo.” Este cambio de pensamento é algo no que deberiamos de comezar a traballar desde a escola, pois como ben sinala Louv (2019) os días de chuvia ofrécennos unha nova visión da contorna natural que doutra forma non
24 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil seriamos quen de observar, amais de permitirnos realizar actividades específicas como por exemplo saltar nos charcos, construír presas e diques ou facer embarcacións con follas. É representativo tamén como 4 das persoas enquisadas responden que non consideran que exista ningunha limitación á hora de achegar aos nenos/as á natureza, o que debería traducirse dentro da súa práctica docente na realización de múltiples saídas a espazos naturais ao longo do curso escolar. Dúas das categorías presentadas, Idade dos nenos/as (mencionada por 2 docentes) e Falta de persoal (mencionada por 3 docentes), están en certa medida relacionadas. Ao contar moitos centros con alumnado do primeiro ciclo (0-3 anos) faise necesario ter persoal de apoio para poder atender axeitadamente a alumnado tan pequeno, aínda que non sexan moitos/as, durante as saídas a espazos naturais. Moitos centros non contan con esta axuda extra, polo que achegar aos nenos/as a contornas naturais preséntase coma unha tarefa pouco factible. Un aspecto a destacar é que 3 dos/as docentes sinalan como obstáculo diferentes perigos que pode ter o achegamento do alumnado nestas idades á contorna natural. Estas respostas exemplifican o explicado por Louv (2005) no marco teórico sobre a asociación do medio natural co salvaxe, co perigo, e que inconscientemente condiciona o contacto coa natureza. Por último recóllense dúas limitacións que non foran contempladas en relación con estas saídas, como son as alerxias (mencionadas por 1 docente) e as limitacións legais (mencionadas por 1 docente). Ambas preséntanse como obstáculos relevantes pois a presenza de alumnado con alerxias graves a plantas ou poles pode condicionar e limitar o acceso a diferentes espazos, así como implicar a necesidade da presenza de persoal sanitario nas saídas. Tamén as limitacións legais, que poden impedir por completo o acceso a espazos fóra do recinto escolar. 4.2. Frecuencia coa que se realizan saídas a espazos naturais urbanos Co fin de analizar a frecuencia coa que se realizan saídas a espazos naturais urbanos, recollíanse dúas preguntas (Pregunta 7 e Pregunta 8). Na primeira preguntábase aos/ás enquisados/as pola frecuencia coa que realizaban saídas a espazos urbanos en xeral da cidade de Santiago de Compostela e as súas respostas recóllense a continuación (Táboa 3).
25 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Táboa 3. Táboa de frecuencias da Pregunta 7: Aproximadamente, con que frecuencia realiza co seu alumnado saídas escolares pola cidade nun curso escolar? Frecuencia (N=20) Porcentaxe a) Unha vez á semana 1 5% b) Unha vez ao mes 5 25% c) Unha vez ao trimestre 11 55% d) Unha vez ao ano 2 10% e) Nunca 1 5% Vemos como a maioría do profesorado enquisado (11 de 20) realiza unha saída ao trimestre pola cidade, o que representaría un total de tres saídas nun curso escolar. Ademais, 3 docentes realizan aínda menos saídas, 2 unha vez ao ano e 1 nunca. Como sinalan os datos 14 das 20 persoas enquisadas (70%) realizan menos de catro saídas pola cidade nun curso escolar. Isto apórtanos información sobre a visión do uso do espazo urbano que teñen a maioría dos/as docentes, sendo neste caso espazos escasamente empregados na etapa da Educación Infantil. Porén, cabe sinalar tamén que 6 docentes realizan estas saídas de forma máis periódica, 5 unha vez ao mes e 1 unha vez á semana, o que indica que existe profesorado que considera relevante o emprego do espazo urbano e que inclúe estas saídas como parte importante das súas programacións. Esta visión concorda co exposto por Delgado e Calero (2016) sobre a cidade e o espazo público como ambiente de aprendizaxe. Na seguinte pregunta buscábase saber, de entre os/as docentes que afirman facer saídas, que porcentaxe destas saídas pola cidade se realizan a espazos naturais para coñecer o uso que se lles dá a estes últimos. Os datos recollidos amósanse na seguinte táboa (Táboa 4). Táboa 4. Táboa de frecuencias da Pregunta 8: Que porcentaxe destas saídas se realizan a algún espazo natural urbano? Frecuencia (N=19) Porcentaxe a) Máis do 75% 4 21% b) Entre o 75% e o 51% 3 16% c) Entre o 50% e o 25% 7 37% d) Menos do 25% 4 21% e) 0% 1 5%
32 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Ciencias Naturais, do mesmo xeito que acontecía coa Pregunta 5, volve a facer referencia a esa forte relación que percibe o profesorado entre o espazo natural e as Ciencias Naturais. Dentro desta categoría, a maioría das actividades sinaladas polos/as docentes están relacionadas coa flora (9 docentes), como por exemplo recollida de follas e identificación de árbores, e as estacións do ano (8 docentes), atopando actividades como observación dos cambios de estación nas árbores. En menor medida tamén se fai referencia á fauna (5 docentes), especialmente á observación de insectos e tamén se recollen respostas nas que non se especifican estas aprendizaxes pero si a súa relación coas Ciencias Naturais. Tamén, en moita menor medida, faise alusión nas respostas a aprendizaxes relacionadas coa Educación Ambiental que tamén aparecían na Pregunta 5, e que están principalmente relacionadas coa conservación e limpeza do entorno natural. Como se indicaba no marco teórico, Amaro et al. (2015) sinalaban como os parques urbanos son escenarios idóneos para a adquisición de gran cantidade de contidos curriculares das Ciencias da Natureza e a Educación Ambiental, o que concorda coas respostas dadas polos/as docentes ao ser estas as únicas disciplinas mencionadas nas respostas para a adquisición de contidos. En relación coas áreas do desenvolvemento, unicamente se mencionan o desenvolvemento psicomotor e o sensorial fronte as numerosas áreas mencionadas na Pregunta 5. Isto volve a facer alusión ás diferenzas que percibe o profesorado entre os parques urbanos e os espazos naturais. Aínda así, vemos como o desenvolvemento psicomotor é mencionado por varias persoas (6 docentes) o que reflicte a importancia que lle outorga o profesorado a estes espazos para o desenvolvemento da actividade física. O desenvolvemento sensorial aparece en menor medida mencionado (2 persoas) e relacionado principalmente cos sentidos da vista e do tacto. A última categoría recollida é a de Ocio e lecer, na que se recollen respostas relacionadas co xogo e coas celebracións. En relación co xogo, a diferenza da Pregunta 5, nesta pregunta aparece maiormente mencionado (7 docentes), aínda que segue a ser un porcentaxe baixo. Isto aporta nova información sobre o coñecemento do profesorado sobre a estreita relación entre o xogo e os espazos naturais. Convén tamén destacar a mención á realización de celebracións e festas nestes espazos (2 docentes), que non tivera sido mencionada ata agora,
33 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil e que representa unha nova visión do uso dos parques urbanos e unha oportunidade para a inclusión e participación das familias e de toda comunidade educativa. Finalmente a última pregunta (Pregunta 13) buscaba coñecer a relación que considera o profesorado que existe entre as diferentes áreas do currículo e o traballo educativo nos parques naturais urbanos. Para iso o profesorado debía indicar que áreas considera que se poden traballar nestes espazos. Os/as vinte docentes coinciden en que estes espazos poden empregarse para o traballo da área de Descubrimento e Exploración da contorna, o que concorda coa análise do currículo realizada no marco teórico na que se concluía que esta área era a que máis referencias facía ao contacto directo co medio natural. Porén existen diferenzas nas respostas sobre a posibilidade do traballo doutras áreas, como amosa a seguinte gráfica (Figura 3). Figura 4. Gráfica das áreas do currículo que se poden traballar nos parques urbanos. Observamos como 3 persoas (15%) consideran que estes espazos unicamente poden empregarse para traballar a área de "Descubrimento e Exploración da contorna", posiblemente debido a súa forte conexión coas Ciencias da Natureza comentada na pregunta anterior. Porén, como indican autores como Delgado e Calero (2016) estes espazos poden empregarse para o traballo doutras disciplinas como as Ciencias Sociais, Educación Física... 3 1 1 15 Áreas do currículo que se poden traballar nos parques urbanos Descubrimento e Exploración da contorna Descubrimento e Exploración da contorna e Comunicación e Representación da realidade Descubrimento e Exploración da contorna e Crecemento en Harmonía As tres áreas
34 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Esta é a visión que en teoría comparte a maioría do profesorado, pois como amosa a gráfica (Figura 3), 15 dos/as 20 docentes (75%) considera que os parques poden ser empregados para o traballo conxunto das tres áreas. Visión que non concorda cos resultados da pregunta anterior, na que a maioría de usos comentados facían referencia ás Ciencias da Natureza, o que amosa incongruencias nas respostas do profesorado. Sinalar tamén que 1 persoa (5%) indica que se poden traballar as áreas "Crecemento en Harmonía" e "Descubrimento e Exploración da contorna" e outra (5%) sinala as áreas de "Comunicación e Representación da realidade" e "Descubrimento e Exploración da contorna". Estas respostas concordan, aínda que de forma máis específica, coa idea exposta anteriormente do traballo interdisciplinar que permiten estes espazos. 5. CONCLUSIÓNS E CONTRIBUCIÓN Á MELLORA DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS A presente investigación buscaba analizar a visión do profesorado sobre o emprego dos parques urbanos da cidade de Santiago de Compostela e a súa potencialidade didáctica para a Educación Infantil, a través de dar resposta a tres preguntas de investigación, se ben cómpre puntualizar que a mostra é limitada, o que se configura como unha limitación á hora de extraer conclusións xerais para todo o profesorado da cidade. Para a primeira pregunta de investigación, Que vantaxes e que limitacións percibe o profesorado en relación co contacto coa natureza na Educación Infantil?, os resultados amosan como a totalidade do profesorado considera importante este contacto directo dos nenos/as da Educación Infantil coa natureza. Isto reflíctese nas numerosas vantaxes relacionadas con este contacto mencionadas polo propio profesorado e que gardan relación directa co exposto por diferentes autores/as entre as que destacan: a adquisición de contidos, vantaxe á que fan referencia os traballos de Amaro et al. (2015) e Gray e Martin (2012); o desenvolvemento integral do alumnado, recollido tamén nos traballos de Freire (2011) e Urra (2020); e a mellora da relación coa natureza, especialmente centrada no seu respecto e coidado, valores mencionados tamén por Sparks et al. (2019). En relación coas limitacións, resulta difícil sinalar unha como a máis condicionante debido á variedade das repostas, o que leva a pensar que se trata dun aspecto bastante persoal e condicionado polas características específicas de cada docente, centro e aula. Porén, as
35 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil limitacións máis destacadas polo profesorado nas respostas son a climatoloxía, a accesibilidade, a falta de persoal e a idade dos nenos/as. Sobre a segunda pregunta de investigación, Con que frecuencia realizan saídas a espazos naturais urbanos na cidade de Santiago de Compostela?, pódese concluír en base aos resultados obtidos que estas saídas son maioritariamente escasas e realizadas con pouca frecuencia. Lladós (2018) comenta como no noso país, as saídas do centro escolar na Educación Infantil continúan a verse como actividades puntuais e son escasamente realizadas en comparación con outros sistemas educativos, o que concorda cos resultados obtidos. Porén, aínda que representan un pequeno porcentaxe, a investigación amosa tamén como existen docentes que si que realizan de forma periódica e lle atribúen importancia a estas saídas, concordando así coas ideas expostas por Delgado e Calero (2016) e Páramo e Mejía (2004) sobre a concepción da cidade e dos seus espazos públicos, nos que se inclúen os parques urbanos, como ambientes de aprendizaxe. A investigación tamén pon de manifesto como a iniciativa e as programacións dos propios centros educativos son clave para a realización ou non destas saídas, actuando tanto como obstáculos nalgúns casos, como elementos motivadores noutros. Porén, a iniciativa dos/as propios/as docentes establécese como un requisito imprescindible para a realización destas saídas, pois aínda que estas non aparecen recollidas explicitamente dentro da programación do centro, se o profesorado as considera relevantes, está motivado e formado, é máis probable que estas rematen realizándose (García-Ferrándis et al., 2020). En relación coa última pregunta, Que aproveitamento didáctico consideran que se pode facer destes espazos?, os resultados amosan como a maioría do profesorado asocia estes usos á área do currículo de Descubrimento e Exploración da Contorna e ás disciplinas Ciencias da Natureza e Educación Ambiental. Para o desenvolvemento de todas elas, o contacto co medio natural é imprescindible tal e como amosan diferentes autores como Amaro et al. (2015) ou Lopes (2017) e como se recolle na análise Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, realizada no marco teórico. Porén a investigación tamén pon en relevancia, a pesares de que a maioría dos/as docentes respondan que nestes espazos poden traballarse as tres áreas do currículo, o
36 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil descoñecemento dos mesmos sobre a impartición e adquisición doutros contidos e aprendizaxes relacionados con outras áreas e materias que tamén poden realizarse nestes espazos, tal e como amosa o traballo de Delgado e Calero (2016). Existe así unha contradición no profesorado entre as aprendizaxes que asumen que se poderían traballar e o uso educativo real que lle darían a estes espazos. Podemos así concluír que a pesar de todas as vantaxes que presentan os espazos naturais urbanos, mencionadas tanto por diferentes autores/as no marco teórico como polos/as propios/as docentes, estes son escasamente empregados polo profesorado da Educación Infantil. Lladós (2018) explica como para chegar a este punto de realizar saídas de forma periódica aos espazos naturais é necesario que os/as docentes realicen primeiro un dobre proceso: profesional, formándose para sobrepoñerse a calquera imprevisto, minimizar os posibles riscos, coñecer o entorno natural propio da súa propia cidade e recoñecer aos infantes como seres capaces; e persoal, buscando recoñecer e afrontar as propias limitacións e temores, evitando así trasladalos aos rapaces e rapazas. De este modo, como implicación educativa deste estudo cabe dicir que unha forma de mudar esta situación pasa por formar ao profesorado sobre as posibilidades e diferentes usos educativos que se poden realizar nestes espazos para combater o descoñecemento sobre os mesmos; así como por analizar e controlar os posibles temores persoais dos/as docentes á hora de realizar estas saídas. Desta forma, o profesorado contaría coas ferramentas necesarias para facer un aproveitamento educativo estes espazos, o que de seguro incrementaría o seu uso. É así necesario que os centros de formación do profesorado desenvolvan un plan de estudos baseado na experiencia no mundo natural, proporcionando aos futuros/as docentes unha mellor preparación sobre as técnicas de instrución requiridas para ensinar educación práctica sobre a natureza (Benke et al., 1991). Soamente así estes espazos naturais urbanos comezarán a recoñecerse como os espazos educativos que son, sendo cada vez máis empregados na Educación Infantil, o que axudará a paliar o déficit de natureza que viven os nenos e nenas especialmente nas cidades.
37 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil 5.1. Contribución á mellora das competencias profesionais Por último indicar que a realización deste Traballo de Fin de Grao fixo posible a adquisición de diferentes competencias recollidas na memoria do propio Grao. A competencia maiormente relacionada coa intencionalidade do traballo é a competencia xeral G12: Comprender la función, las posibilidades y los límites de la educación en la sociedad actual y las competencias fundamentales que afectan a los colegios en educación infantil y a sus profesionales. Conocer modelos de mejora de la calidad con aplicación a los centros educativos; ao permitir esta investigación afondar nas posibilidades e limitacións sobre a educación na natureza para o profesorado e sobre os parques naturais urbanos como oportunidade para a súa aplicación nos contextos urbanos. A realización da propia investigación de campo é a análise dos datos tamén contribuíu a adquisición da competencia básica CB3: Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética, e a específica E26: Saber analizar los datos obtenidos, comprender críticamente la realidad y elaborar un informe de conclusiones, ao ter que analizar os diferentes datos e extraer conclusións pertinentes dos resultados obtidos. A elaboración do marco teórico contribuíu tamén ao desenvolvemento das competencias específicas E27: Situar la escuela infantil en el sistema educativo español, en el contexto europeo y en el internacional e E28: Conocer experiencias internacionales y ejemplos de prácticas innovadoras en educación infantil, ao ter que realizar unha revisión bibliográfica sobre diferentes artigos parar obter unha visión xeral da Educación Infantil e das experiencias levadas a cabo nesta etapa relacionadas coa educación na natureza. Finalmente, o feito de redactar tanto o traballo como o cuestionario na lingua galega favoreceu a adquisición da competencia transversal T2: Conocimiento instrumental de la lengua gallega.
38 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil 6. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Amaro, F., Manzanal, A. I. e Cuetos, M. J. (2015). Didáctica de las Ciencias Naturales y Educación Ambiental en Educación Infantil. UNIR Editorial. Benke, P., Barlow, E. e Shenker, J. (1991). Nature Education in the Urban Environment. Roger Tory Peterson Institute of Natural History. https://eric.ed.gov/?q=nature+education+urban&ft=on&id=ED347029 Chawla, L. (2018). Nature-based learning for student achivement and ecological citizenship. En C. Haeussler (Ed.), Curriculum and Teaching Dialogue (pp.25-41). Information Age Publishing Inc. Compostela Verde (2023). Parques e xardíns. Recuperado o 25 de maio de 2023, de https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/info/ Delgado, C.R. e Calero, C. G. (2016). Los espacios públicos urbanos: lugares para el aprendizaje geográfico. Hábitat y Sociedad, 9, 157-174. https://doi.org/10.12795/HabitatySociedad.2016.i9.08 Echegaray, K. (2013). Salidas de campo como recurso en la enseñanza de las ciencias en bachillerato. Una propuesta para “Ciencias de la Tierra y Medioambientales” [Traballo Fin de Master]. Universidad Internacional de la Rioja. Finkelstein, R. (1980). The Central Park Workbook. Activities for an Urban Park. Library of Congress. Ford, P. (1986). Outdoor Education: Definition and Philosophy. ERIC Clearinghouse on Rural Education and Small Schools. https://files.eric.ed.gov/fulltext/ED267941.pdf Freire, H. (2011). Educar en verde. Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza. Graó. Frutos, P. e Esteban, S. (2009). Estimación de los beneficios generados por los parques y jardines urbanos a través del método de valoración contingente. Urban Public Economics Review, 10, 13-51. http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=50412489001 García-Ferrandis, I., Colomer, J.C., Mayoral, O y Amórtegui, E.F. (2020). Contribución de las salidas educativas al cambio de percepción del entorno en la formación del profesorado. Aula de Encuentro, 22 (1), 111-140.
39 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Girbau, A. (2019). Para redondear: Escuelas abiertas a la naturaleza. Revista Aula Infantil, 99, 26. https://www.grao.com/es/producto/revista-aula-infantil-099-mayo-19-escuelas- abiertas-a-la-naturaleza-ai099 Gray, T., e Martin, P. (2012). The role and place of outdoor education in the Australian National Curriculum. Australian Journal of Outdoor Education, 16(1), 39-50. http://dx.doi.org/10.1007/BF03400937 Hueso, K. e Camina, E. (2014). La educación temprana en la naturaleza: una inversión en calidad de vida, sostenibilidad y salud. Congreso Nacional de Medio Ambiente, celebrado do 24 ao 27 de novembro de 2014 en Madrid. https://escuelainnatura.com/wp-content/uploads/2018/05/Hueso-Camina-2014-La- educaci%C3%B3n-temprana-en-la-naturaleza.pdf In Natura (2023). Directorio-Mapa de Escuelas en la Naturaleza en España. Recuperado o 29 de marzo de 2023, de https://escuelainnatura.com/directorio-escuelas-en-la- naturaleza-espana/ Jordan C. e Chawla L. (2019). A Coordinated Research Agenda for Nature-Based Learning. Front Psychol, 10, 1-10. https://doi.org/10.3389%2Ffpsyg.2019.00766 Kubat, U. (2017). Determination of science teachers' opinions about outdoor education. European Journal of Education Studies, 3(12), 344-354. http://dx.doi.org/10.5281/zenodo.1125651 Lladós, L. (2018). El contacto con la naturaleza ¿moda o necesidad? Aula Infantil, 96, 27-32. https://www.fundacionilumina.cl/wp-content/uploads/2021/01/El-contacto-con-la- naturaleza.pdf Lopes, M. (2017). Potencial educativo de parques urbanos no ensino das Ciências. Revista de Ciência Elementar, 5, 1-3. http://doi.org/10.24927/rce2017.037 López-Medina, A. C. (2020). La función educativa de los parques urbanos: revisión sistemática [Traballo Fin de Grao]. Universidad Pedagógica Nacional Colombia. Louv, R. (2005). Last child in the Woods. Atlantic Books.
40 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Louv, R. (2019). Vitamina N: Guía esencial para una vida rica en naturaleza. Kalandraka Editora. Martínez-Valdés, V. e Arellano-Gámez, L. (2018). Parques urbanos: espacios para la educación ambiental no formal. Revista Eduscientia. Divulgación De La Ciencia Educativa, 1(1), 109–119. https://eduscientia.com/index.php/journal/article/view/16 Martínez-Valdés, V., Silva, E. e González, E. (2020). Parques urbanos: un enfoque para su estudio como espacio público. Intersticios sociales, 19, 67-86. Meier, D. e Sisk-Hilton, S. (2013). Nature education with young children. Routledge. Mejía, G. e Álvarez, C. (2015). Los parques públicos de la ciudad de Tepic, como espacios de sustentabilidad y beneficios sociales. Revista Fuente, 21, 25-29. http://dspace.uan.mx:8080/jspui/handle/123456789/166 Ortega, J. A., Cárceles-Alvarez A. e Vicente-Calderón C. (2015). Trastorno por déficit de naturaleza: ¿Hipótesis o Realidad?. Urgencias en Pediatría, 12(1), 1-3. Páramo, P. e Mejía, M. A. (2004). Los parques urbanos como oportunidades para la interacción de los niños con los animales. Revista Latinoamericana de Psicología, 36(1), 73-84. http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=80536107 Pedretti, E., Nazir, J., Tan, M., Bellomo, K. e Ayyavoo, G. (2012). A Baseline Study of Ontario Teachers' Views of Environmental and Outdoor Education. The Ontario Journal of Outdoor Education, 24(2), 4-12. https://eric.ed.gov/?id=EJ994002 Portela, A. (2016). Didáctica del patrimonio y museos en la educación primaria: la perspectiva de los maestros de Santiago de Compostela. [Traballo Fin de Grao]. Universidade de Santiago de Compostela. Rius, M. (14 de xuño de 2013). Los beneficios de la naturaleza para los niños. La Vanguardia. http://www.lavanguardia.com/estilos-de-vida/20130614/54375609720/losbeneficiosde-la-naturaleza-para-los-ninos.html Sandín, M. P. (2003). Investigación cualitativa en educación. Fundamentos y tradiciones. McGrawHill.
41 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Sparks, S., Corcuera-Pérez, L. e Vliegenthart-Arntz, M. (2019). Educación y naturaleza: una deuda pendiente. Revista Saberes Educativos, 4, 41–47. https://doi.org/10.5354/2452-5014.2020.55899 Urra, J. (2020). La huella del universo: Estrategias de prevención y afrontamiento del déficit de naturaleza. Ediciones Morata S.L. Vélez, L. A. (2007). La conservación de la naturaleza urbana. Un nuevo reto en la gestión ambiental de las ciudades, para el siglo XXI. Revista Bitácora Urbano Territorial, 11(1), 20-27. von Hertzen, L., Beutler, B., Bienenstock, J., Blaser, M., Cani, P., Eriksson, J., Färkkilä, M., Haahtela, T., Hanski, I., Jenmalm, M.C., Kere, J., Knip, M. Kontula, K., Koskenvuo, M., Ling, C., Mandrup-Poulsen, T., von Mutius, E., Mäkelä, J., ... de Vos, W. (2015) Helsinki alert of biodiversity and health, Annals of Medicine, 47(3), 218-225, https://doi.org/10.3109/07853890.2015.1010226 Xunta de Galicia (s.d.). Plan Proxecta. Recuperado o 5 de febreiro de 2023, de http://www.edu.xunta.gal/portal/es/planproxecta Xunta de Galicia (2014, xullo). Paisaxe e Sustentabilidade. Recuperado o 5 de febreiro de 2023, de http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6190 Xunta de Galicia (2014, xullo). Proxecto Ríos. Recuperado o 5 de febreiro de 2023, de http://www.edu.xunta.gal/portal/node/6223 Xunta de Galicia (2019, setembro). Escola verde. Recuperado o 5 de febreiro de 2023, de http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28708 Xunta de Galicia (2022, xuño). Mestres Gandeiros. Recuperado o 5 de febreiro de 2023, de http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37209 Xunta de Galicia (2022). Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 172, de 9 de setembro de 2022, 47984-48056. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220909/AnuncioG0655-080922- 3_es.pdf
48 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Anexo II. Saídas escolares realizadas a espazos naturais urbanos nun curso escolar. Táboa 6. Relación dos datos da Pregunta 7 e Pregunta 8. Frecuencia da resposta (N=20) Saídas a espazos urbanos nun curso escolar Porcentaxe de saídas a espazos naturais urbanos dentro das saídas a espazos urbanos Saídas a espazos naturais urbanos nun curso escolar Media Categoría 1 Unha vez á semana + do 75% Entre 28 e 37 33 Máis de 20 1 Unha vez ao mes + do 75% Entre 7 e 10 9 Entre 5 e 10 2 Unha vez ao mes 75%-51% Entre 5 e 7 6 1 Unha vez ao mes 50%-25% Entre 2 e 5 4 Entre 1 e 4 1 Unha vez ao mes -25% Entre 1 e 2 2 2 Unha vez ao trimestre + do 75% Entre 2 e 3. 3 1 Unha vez ao trimestre 75%-51% 2 2 5 Unha vez ao trimestre 50%-25% 1 1 2 Unha vez ao trimestre - 25% Entre 0 e 1 1 1 Unha vez ao ano 50%-25% Entre 0 e 1 1 1 Unha vez ao trimestre 0% 0 0 0 1 Unha vez ao ano -25% 0 0 1 Nunca 0% 0 0
49 Aproveitamento educativo dos parques naturais urbanos desde a perspectiva do profesorado da Educación Infantil Anexo III. Parques urbanos mencionados no cuestionario Táboa 7. Táboa de frecuencias da Pregunta 11: Que parque(s) urbano(s) preto do seu centro educativo coñece? Parques urbanos mencionados Frecuencia Parque da Alameda 7 Parque de San Domingos de Bonaval 5 Parque de Eugenio Granell 4 Parque de Belvís 3 Campus Sur Universitario 2 Parque de Galeras 2 Brañas do Sar 2 Bosque de Galicia 1 Finca Simeón (Parque de Vista Alegre) 1 Parque da Finca do Espiño 1 Parque do Restollal 1 Parque de Xixón 1