A música alén do currículo escolar 0-6
Abstract
A Educación Infantil (0-6) neste país é unha etapa educativa non obrigatoria, polo tanto, non hai ningún currículo que seguir de forma estrita. Este é libre e pode definilo cada escola, de acordo cos alicerces que rexen o binomio instrución-educación nela, por iso se di que é intencional. De aí que o peso dos eidos do “saber”, “saber facer” e “saber estar” sexa maior ou menor, e por esta razón a música ten máis ou menos presenza na vida dunha escola infantil. Mais a música non só debe ligarse á escola e entenderse coma unha área do “saber” dentro dun currículo
Full text
Lucía da Fonte A Educación Infantil (0-6) neste país é unha etapa educativa non obrigatoria, polo tanto, non hai ningún currículo que seguir de forma estrita. Este é libre e pode definilo cada escola, de acordo cos alicerces que rexen o binomio instrución-educación nela, por iso se di que é intencional. De aí que o peso dos eidos do “saber”, “saber facer” e “saber estar” sexa maior ou menor, e por esta razón a música ten máis ou menos presenza na vida dunha escola infantil. Mais a música non só debe ligarse á escola e entenderse como unha área do “saber” dentro dun currículo. Profesionais da docencia e investigación en música e infancia coinciden amplamente en que todas as persoas somos musicais, pois nacemos con potencialidades para a música. Non obstante, o grao de “musicalidade” (entendida como a capacidade para interpretar e apreciar a música) é distinto entre unhas e outras, porque sempre dependerá da educación e do contacto e acceso á música co que se conte. Pero do que ninguén dubida é do feito de que a musicalidade se desenvolve coa implicación en actividades musicais de calidade. Neste contexto, todas somos aptas para acceder á Educación Musical, dado que a súa finalidade non é formar músicas nin músicos, senón conseguir que as persoas aprecien a música e saiban valorala. Así, o interesante da Educación Musical, ao meu parecer, é aproveitar o que a experiencia musical nos ofrece para o noso desenvolvemento e benestar físico e mental. Mais por que as crianzas deben ter contacto coa música? Porque os elementos da segunda contribúen ao desenvolvemento integral das primeiras. Vou explicar isto a través dun exemplo: a fala. Moitas veces preocúpanos cando a unha pequena non se lle entende cando fala, quizais falle a dicción ou quere correr, atropelando palabras ou “comendo” sílabas. Á marxe do diagnóstico, pensemos antes: é un problema de prosodia? Non fai inflexións na voz e polo tanto a intención do seu discurso non se capta? Velaquí dous elementos da música: o ritmo (vinculado á prosodia) e a melodía (ligada ás inflexións); de modo que experimentar a música a través dunha Educación Musical meditada axudaría no desenvolvemento da fala e na perfección desta. Ademais, cando falamos, usamos secuencias rápidas ou lentas e fortes ou febles que marcan significados precisos que non son senón propiedades temporais e de intensidade dos sons. Neste senso, a música enriquece as vivencias das crianzas e favorece a comprensión incluso da estrutura da súa lingua, con beneficios na oralidade e na aprehensión das narrativas. As actividades musicais brindan ocasións para aprender a brincar e a aproveitar momentos creativos que compartimos con outras persoas, leccións esenciais para estas e moi conectadas coa intelixencia interpersoal que defendía Gardner xa nos anos 80, e que tanta falta nos fai se tendemos cara a sociedades inclusivas, ao fío das disertacións pedagóxicas actuais. A inclusión non se entende sen a participación e a participar apréndese. En palabras de Leda Maffioletti, “a música [é capaz de] crear un espazo intersubxectivo onde as relacións de contacto, de proximidade e de interacción son potenciadas”. En definitiva, cabe afirmar que realizar actividades con eixo nas calidades da música propicia a experiencia musical en nenas e nenos. Na miña opinión, esta non debera ser senón precursora á alfabetización musical, na liña do que defendía xa Rousseau no s. XVIII. É dicir, a Educación Musical dirixida á infancia tería que comezar pola experimentación dos elementos e calidades da música A autora reivindica que as crianzas decidan, escollan e proben os instrumentos necesarios. 3 26 / 5 / 16 A FONDO A INSTRUCIÓN PRECOZ ESTÁ FÓRA DOS ESQUEMAS COGNITIVOS E ESFORZOS FÍSICOS DAS CRIANZAS A música alén do currículo escolar 0-6 Lucía da Fonte é cantante, profesora e investigadora en formación e perfeccionamento do Depto. de Didáctica e Organización Escolar-USC. para vivilas en propia pel, interiorizalas e gozar con elas. E só despois (e bastante despois) a todo iso se lle porá un nome e se comezará coa instrución máis convencional, se é que a nena ou o neno quere profundar no estudo desta disciplina. A instrución precoz está fóra dos esquemas cognitivos e esforzos físicos para os que as crianzas están preparadas a abordar (ou soportar) en harmonía coa súa idade cronolóxica. E aquí fago unha reivindicación: deixemos que decidan, que escollan e proben mil instrumentos se fai falta, posto que o tempo nunca será perdido. E non vos frustredes se ningún instrumento “convence” a pequena ou ao pequeno, pois, quizais, os seus intereses sexan outros.