Modificación puntual da normativa do Centro de Posgrao (30/09/2010) e da creación da Comisión Xeral de Validacións e Recoñecementos (14/05/2009)
Full text
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA NORMATIVA DO CENTRO DE POSGRAO (30/09/2010) E DA CREACIÓN DA COMISIÓN XERAL DE VALIDACIÓNS E RECOÑECEMENTOS (14/05/2009) (Acordo do Consello Goberno 22/12/2010) A Normativa do Centro de Posgrao aprobada en Consello de Goberno que determina a súa estrutura establece dúas Comisións no seu funcionamento ordinario, sendo unha delas a Comisión de Posgrao Oficial, que ten entre as súas competencias a “Emisión de informe previo para a homologación de títulos de posgrao (Máster e doutoramento)”, competencia esta que tamén ten asignada a Comisión Xeral de Validacións e Recoñecementos da USC, creada co obxecto de estudar as solicitudes de homologación de títulos estranxeiros e establecer criterios de actuación das Comisións dos centros para garantir a unidade de criterio, resolución de incidencias, etc. Co obxecto de adecuar as competencias de ambas as dúas Comisións e permitir un funcionamento áxil e eficiente respecto dos asuntos que deben resolver e para que non exista colisión nin solapamento de competencias elevase par a súa aprobación os seguintes ACORDOS: 1. Acordo do Consello de Goberno do 22 de decembro de 2010, polo que se modifica o Acordo do Consello de Goberno do 30 de setembro de 2010 que aproba a Normativa do Centro de Posgrao. Artigo único: Modificase a disposición Cuarta. Da Comisión de Posgrao Oficial, punto 4. j) da citada Normativa, que queda redactada como segue: “ j) Emisión de informe previo para a homologación de títulos de doutoramento. “ 2. Acordo do Consello de Goberno do 22 de decembro de 2010, polo que se modifica o Acordo do Consello de Goberno do 14 de maio de 2009, que aprobou a Creación da Comisión Xeral de validacións e recoñecementos da USC: Artigo único: Modifícase o punto SEGUNDO. Competencias, alínea primeira e terceira, que quedan redactadas como segue: “ Emitir informe sobre as solicitudes de homologación de titulacións estranxeiras, agás o título de doutor, que corresponda resolver á USC. Establecer criterios comúns para todos os centros e materia de validacións e recoñecementos.“