Acordo do Consello de Goberno do 07-02-2020, polo que se aproba a modificación do regulamento de selección de profesorado non permanente
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 7 de febreiro de 2020, aprobou a modificación do Regulamento de selección de profesorado non permanente, quedando consolidado o texto nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 1 / 38
1 REGULAMENTO DE SELECCIÓN DE PROFESORADO NON PERMANENTE (modificado por acordo de CG do 7 de febreiro de 2020) A Normativa pola que se regula a selección do Persoal Docente e Investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno o 17 de febreiro de 2005 e modificada posteriormente en varias ocasións, declara na súa exposición de motivos o seu carácter provisorio mentres non se aprobase un regulamento de persoal docente e investigador que rexese os aspectos que afectasen á contratación. O artigo 23 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; DOG nº 29, do 12 de febreiro de 2014) dispón que a selección se efectuará con respecto aos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e, no apartado 3, que o Regulamento de contratación do profesorado establecerá o procedemento que se aplicará nos concursos. De acordo con este artigo, a Vicerreitoría de Profesorado presentou a proposta de Regulamento de selección de profesorado non permanente aos diferentes colectivos con interese na materia para que realizaran as achegas oportunas. Con esta finalidade mantivo reunións cos decanos e decanas, directores e directoras de centros así como cos directores e directoras dos departamentos. Así mesmo, o Regulamento foi negociado na Mesa de Persoal Docente e Investigador os días 27 de marzo e 1 de abril de 2019. Por último, o Regulamento foi informado favorablemente pola Comisión de Organización Académica e Profesorado, delegada de Consello de Goberno, o 2 de abril de 2019. En consecuencia, o Consello de Goberno, na súa reunión do 8 de abril de 2019, acordou aprobar o presente regulamento. TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1. Ámbito de aplicación. Esta normativa ten por obxecto regular os concursos para a selección de profesorado contratado non permanente, así como a elaboración de listaxes de agarda para a cobertura de necesidades docentes sobrevidas, urxentes e inaprazables. Artigo 2. Principios xerais. O proceso de selección do persoal docente e investigador rexerase polos principios de publicidade, mérito e capacidade co obxecto de garantir unha selección eficaz, eficiente, transparente e obxectiva, de acordo cos estándares internacionais avaliadores da calidade docente e investigadora. Co fin de garantir a igualdade de oportunidades, os procedementos de selección do persoal docente e investigador terán en conta as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante a lactación e paternidade, nos termos que estableza a convocatoria, e de acordo coa normativa xeral de aplicación. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 2 / 38
2 As referencias que para cada posto de traballo poidan conter as convocatorias en relación coas obrigas docentes e de investigación que deberán asumir as persoas seleccionadas non suporán en ningún caso para quen obtena estes postos un dereito de vinculación exclusiva a esas actividades, nin limitaran a competencia da Universidade para asignarlles unhas tarefas docentes e investigadoras diferentes. Do mesmo xeito, a referencia ao centro en que se debera desenvolver a actividade docente non supora o dereito a non exercer actividade docente ou investigadora noutro centro dependente da propia universidade, ainda no caso de que radique en localidade distinta, de acordo, en todo caso, co que estableza o convenio colectivo e demais normas de aplicación. TÍTULO I Sistema de selección Artigo 3. Sistema de selección. O procedemento de selección será o concurso e nel deberase valorar a adecuación de cada persoa aspirante ás tarefas docentes e investigadoras propias da praza obxecto de convocatoria. Artigo 4. Méritos. Nos concursos valoraranse, entre outros, os seguintes méritos: a) o rendemento académico b) a actividade docente desenvolvida no ámbito universitario c) a actividade investigadora e de transferencia desenvolvida d) a calidade docente e) a experiencia profesional e asistencial de ser o caso f) a experiencia na xestión universitaria g) outros méritos relevantes para a praza convocada, sempre de acordo co indicado nos anexos para cada figura de profesorado. Naqueles concursos que prevexan a existencia dunha proba oral valoraranse, ademais dos contidos, a claridade expositiva e a capacidade da persoa candidata para responder as cuestións que lle formule a comisión. TÍTULO II Órganos do proceso de selección Artigo 5. Órganos. Os órganos que participan no proceso de selección serán a Comisión de Asesoramento para a Contratación de Profesorado e as Comisións de Selección. Artigo 6. Comisión de Asesoramento para a Contratación de Profesorado. 1. A Comisión de Asesoramento para a Contratación de Profesorado estará formada polos seguintes membros: 1º. Un/ha presidente/a, que será a persoa titular da vicerreitoría con competencias en profesorado ou persoa en quen delegue Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 3 / 38
3 2º. Vogais: a) a persoa titular da Xerencia ou persoa en quen delegue b) a persoa titular da Secretaría Xeral ou persoa en quen delegue c) un/ha representante dos decanatos e direccións de centros por cada grande área d) un/ha representante das direccións de departamento por cada grande área e) un/ha representante por cada organización sindical con representación na Mesa de negociación do Persoal Docente e Investigador. f) un membro do persoal técnico da vicerreitoría con competencias en profesorado, que actuará como secretario/a. Os seus membros serán nomeados pola Reitoría, por iniciativa da vicerreitoría con competencias en profesorado a partir das propostas achegadas por cada un destes colectivos. 2. As funcións da Comisión de Asesoramento para a Contratación de Profesorado serán as seguintes: a) fixar os criterios xerais de organización dos procesos selectivos b) fixar e homoxeneizar os criterios de actuación que deben rexer o procedemento de selección c) analizar e propoñer, de ser o caso, á Vicerreitoría con competencias en profesorado medidas para a mellora dos procesos de selección d) resolver dúbidas ou consultas que presenten as comisións de selección e) outras competencias que se lle asignen en materia de selección ou que resulten necesarias para o cumprimento dos fins que ten encomendados, previa negociación coa representación sindical. Artigo 7. Comisións de Selección. 1. As comisións de selección constituiranse para cada convocatoria. Estarán formadas por cinco membros do profesorado en servizo activo con titulación, categoría e dedicación igual ou superior á establecida para ocupar a praza convocada, tendo en conta as posibles equivalencias no caso de persoal doutros organismos e deberán pertencer á área obxecto de convocatoria ou a áreas afíns. No caso das listas de agarda os membros da comisión de selección deberán ter titulación e categoría igual ou superior á de profesorado interino de substitución e unha dedicación mínima de P6. Con carácter xeral, os seus membros serán nomeados pola Reitoría, logo da designación polo Consello de Goberno, a proposta do Consello de Departamento, que incluirá persoas titulares e suplentes para cada comisión. Non obstante, no caso das listas de agarda, os membros serán nomeados pola Reitoría, por proposta do Consello de Departamento e tras a autorización da Comisión de Organización Académica e Profesorado. 2. Os membros das comisións deberán posuír a competencia académica necesaria para cumpriren axeitadamente a súa función, que deberán realizar de acordo cos principios de imparcialidade e profesionalidade. 3. Os membros das comisions poderan estar en calquera das situacions administrativas agas as de excedencia e suspension de funcions, todo isto con anterioridade a data de expiracion do prazo para a presentacion de solicitudes de participacion nos concursos por parte das persoas aspirantes. O profesorado emérito tamen podera formar parte das comisions. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 4 / 38
4 4. Na conformación das comisións, tanto titulares como suplentes, procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas debidamente motivadas. 5. Os seus membros deberán absterse de intervir cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público debendo facer manifestación expresa das causas que os inhabilitan. 6. De acordo co artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o persoal de elección ou de designación política, o persoal funcionario interino e o persoal eventual non poderá formar parte dos órganos de selección. 7. A pertenza a órganos de selección será sempre a título individual e non se poderá exercer en representación ou por conta de ninguén. 8. As prazas que para cada convocatoria correspondan á mesma categoría e área de coñecemento serán xulgadas pola mesma comisión. 9. A participación nas comisións de selección dará dereito á percepción das indemnizacións económicas que se determinen. Artigo 8. Irrenunciabilidade dos nomeamentos 1. O nomeamento como membro dunha comisión de selección é irrenunciable. 2. Cando un membro dunha comisión considere que existe unha causa xustificada que lle impida actuar, poñerao xustificadamente en coñecemento da Vicerreitoría competente en materia de profesorado, que deberá resolver no prazo de tres días desde a súa recepción, o que se comunicará ao presidente da comisión. O presidente da comisión procederá a convocar ao membro suplente que corresponda. Artigo 9. Abstención e recusación 1. De concorrer algún dos motivos de abstención e recusación recollidos nos artigos 23 e 24 da lei 40/2015, de 1 de outubro de Réxime xurídico do sector público, aplicarase o procedemento establecido nesta. 2. No caso de apreciarse causas de abstención ou recusación dictarase a resolución correspondente e os membros da comisión serán substituídos polos seus respectivos suplentes. A resolución comunicaráselle, ademais de ás persoas interesadas, á persoa que ocupa a presidencia da comisión de selección. TÍTULO III Procedemento de selección Artigo 10. Requisitos xerais 1. Para seren admitidas aos concursos, as persoas aspirantes deberán posuír na data de remate do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos: a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, de conformidade co artigo 52 da Lei 2/2015 do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 5 / 38
5 b) Estar en posesión da titulación e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada tipo de praza. c) Ter cumpridos os dezaseis anos. d) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. e) Acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. A Universidade disporá os medios necesarios para que o profesorado contratado que non poida acreditalo inicialmente estea en condicións de facelo no prazo que determine a convocatoria. f) Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía. g) No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. Artigo 11. Cómputo de prazos. 1. Os prazos aos se que fai referencia exprésanse en días que, consonte ao disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, serán hábiles. Entenderanse festivos para os efectos do presente regulamento os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo. 2. O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias e a reunión das comisións de selección. Artigo 12. Convocatorias. A convocatoria de concursos públicos para a selección de persoal docente e investigador realizarase mediante resolución reitoral consonte a relación de postos de traballo e por proposta do Consello de Departamento correspondente, previo acordo do Consello de Goberno. Non obstante, cando se trate de contratar profesorado interino de substitución para suplir provisionalmente necesidades sobrevidas, a convocatoria de lista de agarda poderá ser acordada polo reitor tras a proposta do Consello de Departamento respectivo. Artigo 13. Contido das convocatorias. As convocatorias conterán necesariamente: a) o número e características das prazas convocadas b) a duración do contrato e réxime de dedicación, agás no caso das listas de agarda Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 6 / 38
6 c) o departamento e área de coñecemento da praza d) o perfil da praza, agás no caso das listas de agarda e) as condicións e requisitos que deben reunir as persoas aspirantes f) as probas que haberá que realizar, así como o baremo de méritos e/ou os criterios obxectivos de valoración g) a composición das comisións de selección h) a orde de actuación dos aspirantes i) o lugar de celebración das probas que esixan a presenza das persoas candidatas j) o modelo de solicitude e documentación que se debe achegar, así como o prazo e o lugar de presentación k) os recursos que proceden, o órgano perante o que deben presentarse e o prazo para a súa interposición l) o prazo máximo para resolver o proceso selectivo m) calquera outro aspecto que prevexan as normas de aplicación xeral a estes procedementos. Artigo 14. Publicidade e difusión. 1. As convocatorias publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. 2. Co fin de garantir a difusión publicaranse na páxina web da Universidade e, de ser o caso, para promover a internacionalización do proceso, tamén en portais de emprego. Artigo 15. Presentación de solicitudes e admisión de candidaturas. 1. As solicitudes para a participación nos concursos dirixiranse á Reitoría no prazo que estableza cada convocatoria, que en ningún caso será inferior a cinco días hábiles nin superior a quince, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 3. As persoas candidatas deberán presentar xunto coa solicitude e polo mesmo medio, o currículo segundo o modelo normalizado, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para a participación que se establezan na convocatoria e a documentación xustificativa dos méritos alegados. En calquera momento os órganos de selección poderán requirir ás persoas aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentación achegada ao concurso e que fosen obxecto de valoración. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 7 / 38
7 Ademais, deberán aboar, a través dos procedementos habilitados para este fin, as taxas correspondentes para participaren no concurso. En ningún caso o pagamento das taxas suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. 4. As persoas aspirantes que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas, acompañada da documentación acreditativa, agás que se trate de prazas da mesma categoría e área de coñecemento. Artigo 16. Lista provisoria de persoas admitidas e excluídas. 1. No prazo máximo de dez días hábiles desde o remate do prazo para a presentación das solicitudes, a vicerreitoría competente en materia de profesorado publicará unha resolución coa listaxe de candidaturas admitidas e excluídas, indicando as causas de exclusión. 2. Esta resolución publicarase no Taboleiro Electrónico da Universidade. 3. As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados desde a publicación da listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas, para emendar, a través da sede electrónica da Universidade, o defecto que motivou a exclusión ou omisión da solicitude. De non facelo, serán excluídas definitivamente do concurso. Artigo 17. Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. 1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de emendas da solicitude, a vicerreitoría con competencias en profesorado publicará no Taboleiro Electrónico, no prazo máximo de dez días, unha resolución coa listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Artigo 18. Constitución das comisións de selección. 1. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente convocatoria. 2. A reunión de constitución será convocada pola persoa que ocupe a presidencia titular da comisión, que fixará a data, hora e lugar da reunión. Con carácter xeral, a comisión deberá actuar no centro para o que se convoca a praza. Cando un mesmo concurso inclúa prazas correspondentes a diferentes centros, celebrarase no centro que decida a persoa que ocupe a presidencia da comisión. En calquera caso, tanto a constitución coma a aprobación de criterios poderá realizarse tamén a través de procedementos telemáticos. 3. A válida constitución da comisión esixirá a presenza de todos os seus membros. No caso de que algún dos membros titulares se vise afectado por causas de abstención ou de recusación ou non asistise ao acto de constitución será substituído polo correspondente suplente. No caso de que o suplente tampouco asista, a substitución farase co resto de suplentes da comisión, por orde correlativa. De non asistiren o/a presidente/a titular nin o seu suplente, ocupará a presidencia da comisión o vogal de maior categoría e antigüidade. De non asistiren o/a Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 8 / 38
8 secretario/a titular nin o seu suplente, ocupará a secretaría da comisión o vogal de menor categoría e antigüidade. Logo de constituídas, as comisións poderán proseguir as súas actuacións coa presenza de cando menos tres dos seus membros, sempre que entre estes estean presentes o presidente e o secretario. 4. No acto de constitución e antes de acceder á documentación achegada polos aspirantes, a comisión de selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico os criterios de valoración dos méritos aos que se refire o artigo 5 e os criterios para a superación de cada unha das fases e probas de que conste o concurso. Artigo 19. Realización das probas. 1. Con carácter xeral, os concursos para a selección de prazas de profesorado non permanente, así como para a elaboración de listaxes de agarda, constarán de dúas fases: a) A primeira fase terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o caso, profesional ou sanitario-asistencial alegados polas persoas candidatas. A comisión de selección deberá anunciar o inicio dos seus traballos a través do Taboleiro Electrónico. A comisión de selección valorará os currículos das persoas aspirantes aplicando os criterios que determine e de acordo cos baremos que correspondan á categoría, recollidos nos anexos I a V deste regulamento. Concluída a valoración dos currículos, os resultados faranse públicos a través do Taboleiro Electrónico. A comisión indicará a relación de aspirantes que pasan á segunda fase e realizará a convocatoria para a realización do exercicio correspondente, que non poderá iniciarse antes de transcorridos dous días desde a convocatoria, agás renuncia expresa a este prazo das persoas aspirantes. A publicación incluirá a data, hora e lugar de celebración. b) A segunda fase terá tamén carácter eliminatorio e consistirá na presentación oral por parte do candidato, durante un tempo máximo de vinte minutos, dun proxecto de actividades docentes correspondente á materia que determine a convocatoria. Con carácter xeral, o proxecto deberá corresponder, consonte o indicado no perfil da praza, a unha materia de formación básica ou obrigatoria das cursadas para a obtención dun título de grao impartido na USC, agás no caso das prazas de Profesorado Asociado, en que a convocatoria poderá establecer outro tipo de perfil. Con anterioridade ao inicio da proba, o candidato deberá entregar aos membros da comisión un resumo ou esquema do seu proxecto, de acordo cos requirimentos que estableza a convocatoria. A seguir, a comisión debaterá co candidato sobre o contido da súa exposición por un espazo máximo de trinta minutos. A Comisión valorará esta presentación tendo en conta os contidos e o dominio da materia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta do candidato ás cuestións que se lle formulen, e sempre de acordo co establecido nos baremos que figuran nos Anexos I a V. c) A cualificación final do proceso será a suma das puntuacións correspondentes ás dúas fases do concurso. 2. Os concursos para a contratación de prazas de axudante e de profesorado asociado de ciencias da saúde constarán dunha soa fase, que consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 9 / 38
15 2.4 Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.5 Colaboración na actividade docente universitaria, como colaborador docente ou titor clínico ao abeiro da disposición adicional primeira dos Estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, ou como titor ou colaborador profesional externo en prácticas realizadas en institucións públicas ou privadas: ata 1,5 puntos por curso, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 3.1 Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración. 3.2 Elaboración de materiais docentes: ata 1 punto por cada ítem. 3.3 Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración. 3.4 Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración. 4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, nas que se aplicará o disposto no apartado 4.1. 4.1 Publicacións científicas: valoración máxima de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de quince publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Cando menos dez destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 16 / 38
16 4.2 Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,8 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (ponencia convidada, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.3 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.4 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.5 Estadías de investigación: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,25 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional. 4.6 Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,6 puntos cada un. 5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 5.1 Actividade profesional non universitaria: ata 0,5 puntos por ano. 5.2 Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 0,5 puntos por ano. 5.3 Actividade asistencial: ata 0,5 puntos por ano. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 17 / 38
17 6. Outros méritos non valorables en apartados anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems. 6.1 Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto. 6.2 Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto. 6.3 Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.4 Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. 6.5 Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.6 Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.7 Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.8 Habilitación ou acreditación para corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso: valoración máxima de 1 punto. 6.9 Título de especialista relacionado coa área obxecto do concurso (só no caso de áreas de coñecemento con disciplinas de contido clínico): 3 puntos. 7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 18 / 38
18 ANEXO II Profesorado interino de substitución e listas de agarda I. Requisitos específicos Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente, ou ben de doutoramento. No casos que así se determine na convocatoria, titulacións de diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica. II. Duración dos contratos Ata a reincorporación da persoa substituída ou ata o final do curso académico en que se produza a substitución. No caso de que a causa de substitución persista á finalización do curso académico, o contrato prorrogarase agás proposta en sentido contrario do departamento correspondente. III. Baremo Para cada apartado dos baremos establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nese mesmo apartado. 1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 20 puntos. 1.1 Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 10 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación de Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Neste apartado só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura, que deben corresponder ás que deron acceso ao doutoramento. No caso de que o acceso ao doutoramento se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoracíón máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade. 1.2 Doutoramento. A valoración máxima será de 8 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: Sobresaliente cum laude (8 puntos), Sobresaliente (6 puntos), Notable (4 puntos), Aprobado (2 punto). No caso de que o sistema de cualificación conste únicamente de dous graos a valoración será a seguinte: Apto cum laude (8 puntos), Apto (4 puntos). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 19 / 38
19 praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade. 1.3 Premios e mencións, como premios extraordinarios, mencións de doutoramento internacional e mencións de calidade a programas de doutoramento. A valoración máxima será de 2 puntos. 2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de Organismos Públicos de Investigación. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 2.1 Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 25 puntos. 2.1.1 Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 2,5 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.2 Docencia a tempo completo nunha área afín: 1,25 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.3 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,8 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.4 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,9 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.5 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,9 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.6 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,45 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.2 Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por curso, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.3 Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por curso, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 20 / 38
20 afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.4 Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.5 Colaboración na actividade docente universitaria, como colaborador docente ou titor clínico ao abeiro da disposición adicional primeira dos Estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, ou como titor ou colaborador profesional externo en prácticas realizadas en institucións públicas ou privadas: ata 1,5 puntos por curso, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 3.1 Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración. 3.2 Elaboración de materiais docentes: ata 1 punto por cada ítem. 3.3 Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración. 3.4 Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración. 4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, nas que se aplicará o disposto no apartado 4.1. 4.1 Publicacións científicas: valoración máxima de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Cando menos sete destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 21 / 38
21 aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.2 Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (ponencia convidada, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.3 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.4 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.5 Estadías de investigación: valoración máxima de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,2 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional. 4.6 Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,8 puntos cada un. 5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 5.1 Actividade profesional non universitaria: ata 0,5 puntos por ano. 5.2 Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 0,5 puntos por ano. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 22 / 38
22 5.3 Actividade asistencial: ata 0,5 puntos por ano. 6. Outros méritos non valorables en apartados anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems. 6.1 Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto. 6.2 Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto. 6.3 Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.4 Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. 6.5 Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.6 Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.7 Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 6.8 Habilitación ou acreditación para corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso: valoración máxima de 1 punto. 6.9 Título de especialista relacionado coa área obxecto do concurso (só no caso de áreas de coñecemento con disciplinas de contido clínico): 3 puntos. 7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 23 / 38
23 ANEXO III Profesorado asociado I. Requisitos específicos 1. A titulación que estableza a convocatoria 2. A acreditación de que nos cinco anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desenvolveu cando menos tres anos de actividade profesional, fóra do ámbito académico universitario, e relacionada cos contidos da actividade docente que se pretende desenvolver. II. Duración dos contratos A duración do contrato será dun ano, renovable previo informe do Departamento, ata un máximo de cinco anos. III. Baremo Para cada apartado dos baremos establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nese mesmo apartado. 1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 10 puntos. 1.1 Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 4 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación de Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Neste apartado só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura, que deben corresponder ás que deron acceso ao doutoramento. No caso de que o acceso ao doutoramento se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoracíón máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade. 1.2 Doutoramento. A valoración máxima será de 4 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: Sobresaliente cum laude (4 puntos), Sobresaliente (3 puntos), Notable (2 puntos), Aprobado (1 punto). No caso de que o sistema de cualificación conste únicamente de dous graos a valoración será a seguinte: Apto cum laude (4 puntos), Apto (2 puntos). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 24 / 38
24 comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade. 1.3 Premios e mencións, como premios extraordinarios, mencións de doutoramento internacional e mencións de calidade a programas de doutoramento. A valoración máxima será de 2 puntos. 2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de Organismos Públicos de Investigación. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente os méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 2.1 Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 10 puntos. 2.1.1 Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 1 punto por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.2 Docencia a tempo completo nunha área afín: 0,5 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.3 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.4 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.5 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.6 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,175 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.2 Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1 punto por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.3 Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 3 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 25 / 38
31 4.1 Publicacións científicas: valoración máxima de 15 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1,5 puntos. Cando menos sete destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.2 Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (ponencia convidada, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.3 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,7. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.4 Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,35 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.5 Estadías de investigación: valoración máxima de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,1 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional. 4.6 Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valoradas en función da súa relevancia, con ata 0,6 puntos cada un. 5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 25 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 32 / 38
32 quince anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 5.1 Actividade profesional non universitaria: ata 2,5 puntos por ano. 5.2 Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 2,5 puntos por ano. 5.3 Actividade asistencial: ata 2,5 puntos por ano. 6. Habilitación ou acreditación para figuras de profesorado e corpos docentes universitarios: máximo de 10 puntos. 7. Outros méritos non valorables en apartados anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems. 7.1 Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto. 7.2 Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto. 7.3 Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem. 7.4 Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. 7.5 Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 7.6 Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 7.7 Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 33 / 38
33 ANEXO V Axudantes I. Requisitos específicos Titulación que dea acceso ao doutoramento. II. Baremo Para cada apartado dos baremos establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nese mesmo apartado. 1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 60 puntos. 1.1 Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 60 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación de Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Neste apartado só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura, que deben corresponder ás que deron acceso ao doutoramento. No caso de que o acceso ao doutoramento se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoracíón máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade. 2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de Organismos Públicos de Investigación. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 2.1 Postos docentes universitarios: a valoración máxima será de 8 puntos. 2.1.1 Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 0,8 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.2 Docencia a tempo completo nunha área afín: 0,4 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 34 / 38
34 2.1.3 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 0,6 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.4 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,3 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.5 Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,3 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.1.6 Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,15 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. 2.2 Contratos de investigador/a predoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 1 punto por curso, ata un máximo de 8 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 2.3 Colaboración na actividade docente universitaria, como colaborador docente ou titor clínico ao abeiro da disposición adicional primeira dos Estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, ou como titor ou colaborador profesional externo en prácticas realizadas en institucións públicas ou privadas: ata 0,5 puntos por curso, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a que se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5. 3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes. 3.1 Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración. 3.2 Elaboración de materiais docentes: ata 1 punto por cada ítem. 3.3 Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración. 3.4 Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración. 4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 15 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 35 / 38
35 período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, nas que se aplicará o disposto no apartado 4.1. 4.1 Publicacións científicas: valoración máxima de 10 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de dez publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. Cando menos sete destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.2 Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (ponencia convidada, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa candidata e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.3 Participación como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima de 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,7 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.4 Participación como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,35 puntos cada unha. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso. 4.5 Estadías de investigación: valoración máxima de 2 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,6 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional. 4.6 Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 1 punto. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valoradas en función da súa relevancia, con ata 0,2 puntos cada un. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 36 / 38
36 5. Outros méritos non valorables en apartados anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems. 5.1 Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto. 5.2 Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto. 5.3 Outras titulacións e diplomas como o grao de licenciatura, o Diploma de Estudos Avanzados ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem. 5.4 Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades. 5.5 Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 5.6 Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. 5.7 Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 37 / 38
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/02/2020 10:58:58. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/02/2020 09:07:57. CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/2601-0ACE-4D08-BE7D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 2601-0ACE-4D08-BE7D 38 / 38