Full text
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 195 HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS Victoria Vázquez Rozas Universidade de Santiago de Compostela DOI: 10.17075/vlcpi.2020.007 O corpus ESLORA no que se basea este traballo está financiado pola Axencia Estatal de Investigación (AEI) e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do proxec- to ESLORA+ (FFI2017-86379-P). O equipo do proxecto forma parte do grupo de investigación Gramática do español da USC, beneficiario dunha axuda para «Consolidación e estruturación de Grupos con Potencial de Crecemento 2017» da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (ED431B 2017/39). Agradezo aos editores do volume os seus comentarios críticos, que permitiron corrixir algunhas inconsistencias da versión inicial do traballo. A Guillermo Rojo débolle especialmente a aclaración da distinción entre o valor temporal da forma había cantado e a súa denominación no sistema de Bello. A Hella Olbertz agradézolle as suxerencias resultantes da súa atenta lectura. Os erros que subsistan son responsabilidade exclusiva da autora.
197 1. INTRODUCIÓN As referencias xerais ao español falado en Galicia adoitan sinalar a ausencia de formas verbais compostas como un dos trazos característicos desta variedade condicionado pola influencia do galego (cf., entre outros, Monteagudo & Santamarina 1993: 148; Rojo & Veiga 1999: 2923; Rojo 2004: 1095; Ramallo 2007: 26; Veiga 2014: 158-160 sobre he cantado; Fernández Ordóñez 2016: 401; Azpiazu 2017). Con todo, as escasas investigacións baseadas nun estudo sistemático de datos de uso mostran que as formas compostas non son alleas aos falantes galegos, o que non exclúe unha notábel variación histórica e individual na frecuencia, distribución e valores das mesmas. Algúns autores sosteñen que o contacto real entre (os falantes de) galego e (os de) español en Galicia foi relativamente tardío. Azpiazu (2017), baseándose en Monteagudo & Santamarina (1993) e Kabatek (1996: 47), defende a hipótese de que “el español que se habló en Galicia durante todos esos siglos [desde a Idade Media até entrado o século xviii] era más o menos el mismo español que pudiera hablarse en el centro de la Península” (2017: 5). Aduce en apoio da súa tese que o uso de he cantado en cartas persoais escritas por galegos entre fins do xviii e principios do xix non difire do uso castelán (remite a Gómez Seibane 2012 e Octavio de Toledo & Pons 2016). Con todo, advirte que mentres non se amplíe a base documental será difícil extraer conclusións sobre a realidade histórica do contac- to lingüístico en Galicia e, en particular, sobre a xénese dos usos verbais que se rexistran actualmente entre os falantes galegos de español. Temos indicios de que na segunda metade do xix os usos e valores dalgunhas formas verbais do español falado en Galicia non responden ao sistema castelán. Hai evidencia de que nese tempo se estaba a producir unha paulatina incorporación ao castelán dos falantes galegos, obrigada especialmente nun contexto de progresiva escolarización, moi precaria aínda, que impoñía o emprego do español
Victoria Vázquez Rozas 198 como lingua de ensino e o seu coñecemento formal como (teórico) obxectivo docente (cf. Fernández Salgado 2007 e referencias alí citadas). O Estudio sobre las faltas del lenguaje que se cometen en Galicia de Álvarez Giménez (1870), por exemplo, deixa constancia dos novos valores das formas he cantado e canté á vez que mostra a vitalidade do uso da forma composta. O autor refírese a “las faltas de significación, por decirlo así, que se cometen por no usar debidamente los tiempos compuestos” (1870: 56): Los gallegos se valen muchas veces de la forma compuesta en vez de la simple cuando esta tiene que repetirse en la oración y así es frecuente oir frases como las siguientes: Llegó ayer y enseguida Ha venido á casa; El pájaro estaba en el árbol, Pedro Disparó su escopeta y el pobre animal Ha caído muerto. (ibíd.: 58) También se nota que muchos en Galicia usan de la forma compuesta, ó pretérito próximo, en vez de la simple, ó pretérito remoto, diciendo por ejemplo; Napoleón Ha vencido en la batalla de las Pirámides; en 1809 Ha sido derrotado su ejército en Puentesampayo; El año pasado Ha nacido el niño. Por el contrario se advierte que algunos, y principalmente los naturales de Asturias y Galicia, se valen del pretérito remoto en vez del pretérito próximo v. gr.: Jamás Dejaron los reyes de tener aduladores; A pesar de mis deseos, No concluí la obra comenzada hoy. Segun la doctrina establecida, debe decirse; han dejado, no he concluido. (ibíd.: 59)1 A situación que reflectía Álvarez Giménez en 1870 non é moi diferente da que describe Acín (1996) 126 anos despois, incluíndo similares consideracións prescritivas. Tras afirmar que no español falado en Galicia non se empregan os tempos compostos e ofrecer exemplos do uso de canté por he cantado na prensa, Acín indica que se dá tamén, e mesmo con máis frecuencia na lingua escrita, o fenómeno contrario, o emprego de he cantado por canté, un uso que a autora atribúe á presión normativa: “El que escribe es consciente del uso abusivo del perfecto simple a costa del compuesto, pero como no distingue bien los usos de las dos formas, comete ultracorrecciones […].” (Acín 1996: 270; cf. tamén Rojo 2004: 1095). É dicir, si se empregan as formas compostas no español de Galicia, independentemente de que a súa distribución e o seu valor non se identifique co estándar castelán e de que a motivación do seu uso sexa a presión normativa. 1 Nas citas de Álvarez Giménez mantense a grafía da edición orixinal.
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 199 Como sinala Dubert (2002), fronte á identificación tradicional do español de Galicia co uso de formas verbais simples, entre outros trazos, hoxe en día constátase “o uso cada vez máis habitual dos tempos compostos […]” (Dubert 2002: 20, nota 6). Polo que respecta en particular á forma había cantado, aínda que Acín afirmaba que “[e]n el castellano hablado en Galicia […] es prácticamente inexistente” (1996: 271), Pollán (2001) documenta o seu uso nun corpus de entrevistas recompilado nos anos noventa do século xx na Coruña (Fernández Rodríguez s.d.)2. Desafortunadamente, no seu traballo, centrado nos usos de había + participio como pretérito e non nos de antepretérito (posibelmente máis abundantes na mostra), non proporciona información sobre a frecuencia da forma composta, pois agrupa nos recontos as súas ocorrencias coas da forma en -ra con valor de pretérito (simple) de indicativo (cf. Pollán 2001: 73). Con todo, da investigación de Pollán extráese que había cantado é plenamente funcional no español de Galicia e que, á beira do seu valor de antepretérito común co estándar castelán, úsase tamén como pretérito, equiparándose así para todos os efectos coa forma indicativa cantara do galego e do español de Galicia, que posúe ambos os valores. O uso de había cantado como pretérito supón, pois, segundo Pollán, un caso de hipercorrección que se produce para evitar o emprego de cantara: “Since the use of cantara in the indicative is stigmatized in Spanish, given its Galician origin, speakers avoid its use by replacing it with había cantado, the corresponding Spanish pluperfect form.” (Pollán 2001: 61). O presente traballo pretende contribuír á análise do funcionamento de había + participio no español falado en Galicia. Para iso examínase a distribución e o uso da forma nun corpus de fala prestando especial atención á súa relación con cantara, forma coa que comparte valores e que á súa vez presenta usos subxuntivos que a identifican con cantase. No estudo utilizánse métodos da sociolingüística variacionista clásica, pois pártese de variábeis sociais tradicionais na estruturación da mostra e de rexistros de uso obtidos mediante entrevistas sociolingüísticas. 2 A forma composta había cantado tampouco é allea aos falantes de galego na actualidade, segundo a información proporcionada por Francisco Dubert (c.p.). Hai, ademais, datos históricos do uso de haber/haver + participio en documentos galegos posteriores á época medieval, como na Historia de Don Servando (c. 1630) ( Souto Cabo 2007: 547) ou no Romance da Urca de Santo Antón (1770) (Álvarez & Gonzalez Seoane 2017).
Victoria Vázquez Rozas 200 2. BASES PARA O ESTUDO 2.1. O corpus ESLORA Os datos para o estudo foron extraídos do corpus ESLORA de español de Galicia (versión 1.2.2 de novembro de 2018)3. A mostra analizada está constituída por 53 entrevistas semidirixidas con informantes de Santiago de Compostela, gravadas entre os anos 2007 e 2015 e estratificadas por cotas fixas segundo o xénero, idade e nivel de estudos dos participantes, como reflicte a táboa 1. Estudos Idade Primarios Medios Universitarios M H M H M H N 20-34 2 3 3 3 3 3 17 35-54 3 3 3 3 3 3 18 >54 3 3 3 3 3 3 18 53 Táboa 1. Distribución por idade, mulleres / homes e nivel de estudos das entrevistas de ESLORA O subcorpus de entrevistas contén 639.182 palabras ortográficas (766.683 elementos gramaticais), das cales 570.839 (680.724 elementos gramaticais) corres ponden a intervencións dos informantes e 66.147 (83.307 elementos gramaticais) ás dos entrevistadores. A análise das formas verbais baséase exclusivamente no discurso dos informantes. O corpus ESLORA recolle información sociolingüística sobre o uso que os falantes fan do español e do galego, xa que a realización das entrevistas se complementou coa inclusión dun cuestionario sociolingüístico para recompilar datos sociolóxicos e as declaracións dos informantes arredor dos seus usos e actitudes lingüísticas. As entrevistas acompañáronse tamén dunha proba de inseguridade lingüística (cf. Labov 1966: 474-481; Preston 2013), un instrumento clásico do método variacionista que presenta algunhas dificultades teóricas e prácticas que deben ser 3 Ao final do traballo ofrécense os datos completos de todos os recursos electrónicos citados.
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 201 obxecto dun estudo específico. As respostas dos informantes ao test de inseguridade e ao cuestionario graváronse en audio, o que engade ao corpus un material especialmente valioso tanto desde o punto de vista sociolingüístico como desde a perspectiva metodolóxica. Os comentarios e valoracións metalingüísticas dos falantes manifestan a súa actitude cara aos feitos de variación e a súa interpretación das variantes. Constitúen, por tanto, un indicio relevante do valor social que a comunidade de fala atribúe aos fenómenos lingüísticos. 2.2. Valores de había + participio En xeral en español a relación temporal característica de había cantado é a dunha referencia anterior a un punto anterior á orixe, o valor máis habitual do chamado pluscuamperfecto ou, na terminoloxía de Andrés Bello, antecopretérito. Esta última denominación non corresponde, con todo, a unha interpretación temporal diferente á do antepretérito (hube cantado), de aí a representación vectorial común a ambas as formas como (OV)V que propón Rojo (1974: 81-82, 83; 1990: 29). Por outra parte, tampouco hai diferenzas de valor temporal entre esa referencia anterior a unha referencia anterior á orixe e unha referencia temporal anterior a unha referencia simultánea a un punto anterior á orixe, é dicir, ((OV)oV)V. As figuras 1 e 2 mostran que a relación temporal expresada pola forma había + participio é a mesma independentemente de que se oriente primariamente con respecto a unha forma de pretérito (O-V), como ocorre en (1) (cogí), ou ben con respecto a un copretérito ((O-V)oV), como en (2), onde a relación de anterioridade primaria á orixe expresada nos pretéritos me vestí, me arreglé e me fui serve como referencia para a relación de simultaneidade marcada no copretérito no sabía, que á súa vez orienta a relación de anterioridade da forma composta me había ido. No que segue, pois, utilizarei unicamente a denominación antepretérito para facer referencia a este valor común (OV)V da forma había + participio.
Victoria Vázquez Rozas 202 1. mi padre fue visitador médico y tsiempre oh plas plas y al final cogí el laboratorio que había dejado mi padre / pero no era lo mío / SCOM_ H21_039_hab1 Figura 1. Representación das relacións temporais das formas de (1) (O= orixe, A= anterioridade, S= simultaneidade, P= posterioridade) 2. céntrate Lucía esto ya no es un rebote // ya no es una tontería de críos / ya / te han dejado claro en tu casa lo que / había // eh / tía no vas a poder vivir debajo de un puente toda la vida o sea algo tendrás que hacer / entonces ese día pues / me vestí me arreglé me fui a casa de una tía mía que no sabía que me había ido / me duché // y me vine a Santiago / a buscar trabajo / SCOM_ M21_048 Figura 2. Representación das relacións temporais das formas de (2) Porén, en (3), a diferenza de había dejado en (1) e de me había ido en (2), o valor temporal da forma había tenido non implica unha situación anterior a un punto de referencia pasado; é dicir, non é interpretábel como antepretérito senón que necesariamente se entende como un pretérito (= ‘tuve la nota / un nueve…’). 3. mira yo puedo / jurarte que llegué adentro // leí el examen / y me reí en alto <silencio/> porque aquello era de cuando yo iba en tercero o cuarto / claro / [claro] y en veintialgo minutos yo salí de la sala // el lo dejé allí terminado // y me reí mmm bueno había tenido la nota / un nueve más o menos había fallado un par de preguntas // SCOM_H21_054 Figura 3. Representación das relacións temporais de formas verbais de (3)
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 203 En (4) había vivido tampouco corresponde a unha relación temporal de antepretérito, senón que no contexto se interpreta como un copretérito, do mesmo xeito que a forma tenían que aparece a continuación no fragmento (= ‘mi marido siempre le contaba que cuando vivía en Andalucía pues tenían tirachinas…’). 4. tirachinas // es un instrumento <risa/> antiguo / que es una una horquilla así de metal con una goma / entonces pones aquí la piedra y plaf la lanzas ¿ vale ? entonces eeh / mi marido siempre le contaba que claro que cuando había vivido en Andalucía en el pueblo // pues tenían tirachinas / entonces bueno allá / un día // eeh / le hizo uno a mi hijo pequeño // y le dijo / no lo lleves al colegio / esto no es para llevar al colegio / SCOM_M23_001 A identificación do valor temporal de había cantado con canté, é dicir, a súa interpretación como un pretérito simple, móstrase con claridade no inicio e no final de (5), un fragmento que ilustra a alternancia entre noté e había notado sen diferenzas detectábeis nin na súa interpretación nin no seu contexto sintagmático. 5. I: […] yo ya me vine para aquí // y sí / noté mucha diferencia en aquel momento sí había mucha diferencia porque Lugo era una ciudad / mucho más <alargamiento> muerta / o sea no tenía <alargamiento> <ruido=chasquido boca> en invierno / bueno verano ya no / la gente se marchaba toda de Lugo ¿no? / era una ciudad [así <alargamiento>] E: [ya /] I: eh bueno / teníamos el río <alargamiento> y tal / había / bueno / había cosas también / pero <alargamiento> / pero era mucho más muerta / no tenías tanta actividad como podíamos tener aquí en a- en ese momento ¿no? / había mucha más <alargamiento> actividad aquí y bueno / la universidad <alargamiento> / el rollo [de todo] E: [claro] I: claro // era / había mucha más movida // y sí / yo había notado mucha diferencia / en ese momento sí que la noté // [sí sí] SCOM_M32_025 Dos exemplos anteriores dedúcese que había cantado é empregada polos falantes non só co valor temporal común en español de antepretérito, como en (1) e (2), senón tamén como forma de pretérito, en (3) e (5), e de copretérito, como en (4). No apartado 1 mencionouse a explicación dada por Pollán (2001) ao emprego de había cantado con valor de pretérito simple. Os falantes galegos de español, ou parte deles, asumen que había cantado é a expresión que no uso normativo
Victoria Vázquez Rozas 210 xica, poderíase atribuír o maior peso de cantase no español de Galicia ao feito de que é unha forma inequivocamente subxuntiva fronte a cantara, que como vimos ten tanto usos subxuntivos (11) como indicativos (6) – (9). Ao favorecer cantase como expresión do pretérito de subxuntivo eludiríase a ambigüidade modal que acompaña á forma en -ra. Hai, con todo, datos que nos levan a descartar unha explicación baseada en distincións gramaticais. En primeiro lugar, se a elección de cantase tivese un fundamento funcional como marca do subxuntivo en oposición ao indicativo cantara, sería moi improbábel unha distribución por sociolectos tan desigual como a que reflicte a táboa 4, pois implicaría que os falantes con estudos universitarios, cun 31,1% de cantase, usan catro veces máis o subxuntivo que os falantes de estudos primarios, que presentan unha media de cantase do 7,6 %, máis baixa mesmo que as do CdEGH e o CREA sinaladas arriba. Tendo en conta que o xénero textual é homoxéneo, non cabe supor unha diferenza tal de contextos sintagmáticos entre as entrevistas do sociolecto 3 e as do sociolecto 1 que poida xustificar o contraste de frecuencia observado. Sociolecto 1 Sociolecto 2 Sociolecto 3 Total -ra 92,4% 81,8% 68,9% 83,1% -se 7,6% 18,2% 31,1% 16,9% N= 556 315 341 1211 Táboa 4. Distribución do total das formas en –ra e en –se. Fonte: ESLORA. Elaboración propia Pero ademais da acusada diferenza entre as medias dos tres sociolectos, se observamos a distribución de cantase por falante, sorprende a súa forte variación individual, xa que se rexistra só en 6 das 17 entrevistas do sociolecto 1, en 11 das 18 do sociolecto 2 e en 9 das 18 do sociolecto 3. É dicir, mesmo no sociolecto castelán, mais admite que “su generalización en gallego hasta los extremos de haber hecho desaparecer a la forma etimológicamente subjuntiva cantase en alguna variedad geográfica concreta hubiera podido verse facilitada por el paralelo triunfo de -ra sobre -se en español.” (Veiga 2005: 36).
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 211 con maior uso de -se, o que corresponde a falantes universitarios, tan só a metade dos informantes emprega a forma nalgunha ocasión. Por outra banda, a hipótese dunha oposición modal entre cantase (subxuntivo) e cantara (indicativo) como explicación do maior uso da primeira por parte de falantes de español de Galicia choca co feito de que cantara sexa a forma maioritaria no subxuntivo en todos os sociolectos, como mostra a táboa 5, que ofrece a distribución dos usos de cantara e cantase con valor subxuntivo8: Sociolecto 1 Sociolecto 2 Sociolecto 3 Total -ra 89,5% 78,4% 63,8% 78,6% -se 10,5% 21,6% 36,2% 21,2% N= 401 264 293 958 Táboa 5. Distribución de cantara (só usos subxuntivos) e cantase9. Fonte: ESLORA. Elaboración propia Por último, se o emprego de cantase dependese dunha necesidade de diferenciación funcional cos usos indicativos de cantara, a súa frecuencia (a de cantase) tería que ser directamente proporcional a eses usos indicativos da forma en contraste. E con todo a distribución do uso non responde a tales predicións senón que reflicte a situación contraria. Como mostra a táboa 6, a maior proporción de casos de cantara con valor indicativo dáse no sociolecto 1 (29 %), que se caracteriza por un uso especialmente baixo de cantase (7,6 %, supra táboa 3), mentres que os sociolectos 2 e 3, que rexistran menos dun 20 % de usos indicativos de 8 Os datos recollidos na táboa 5 contradín a idea de que “el castellano de Galicia […] no participa en España de la preferencia mayoritaria (con algunas excepciones areales) de la forma –ra para el imperfecto de subjuntivo.” (González Ollé 2012: 70-71). 9 Nos cómputos das formas en -ra exclúense os 9 usos dos verbos querer e deber rexistrados no corpus con valor de non-realidade (non se documentan casos con este valor para poder), como o do seguinte exemplo: “hombre ya no soy el niño y ya sobrecargué demasiado / <ruido/> y encima bueno eso pues no entrenas lo que debieras.” SCOM_H12_031. Sobre o o funcionamento das formas en –ra de poder, deber e querer, que alternan coas formas en –ría e non con –se, vid. De Sterck (2000); NGLE §24.2.c e §24.2.n; Rojo (2011: 215).
Victoria Vázquez Rozas 212 cantara, presentan un emprego bastante superior de cantase, que se eleva até o 31,1% no sociolecto 3. Sociolecto 1 Sociolecto 2 Sociolecto 3 Total -ra 29,0% 19,1% 19,6% 24,3% N= 514 257 235 1006 Táboa 6: Porcentaxes de uso indicativo de cantara sobre o total de usos de cantara10. Fonte: ESLORA. Elaboración propia A conclusión é que os datos de uso non sustentan unha motivación gramatical da variación cantara / cantase no corpus ESLORA. Os falantes con estudos universitarios (sociolecto 3) usan cantase moi por riba da media (e por tanto son os que menos usan cantara subxuntivo). Con todo, non parece que se produza unha especialización funcional (expresión de distintos valores modotemporais) da forma cantase como subxuntivo fronte a cantara indicativo, porque non destacan na frecuencia deste último valor. Pola súa banda, os datos dos falantes de estudos primarios (sociolecto 1) confirman que o uso de cantase non se debe a unha especialización e contraste funcional en oposición a cantara, pois é precisamente este grupo o que rexistra máis usos indicativos de cantara sen que tal feito redunde nun maior emprego de cantase. Hai que descartar, por tanto, a hipótese da diferenciación funcional para explicar o emprego das formas no español de Galicia, hipótese mencionada por Kempas (2011: 249) e González Ollé (2012: 70). 3.3. Cantara indicativo e había cantado Para comprender o funcionamento de había cantado no noso corpus, é preciso observar con certo detalle a súa distribución e valores en contraste cos usos indicativos de cantara. O feito de que ambas as formas compartan significados temporais, como quedou exposto no §2.1, non implica que sexan empregadas indistintamente polos falantes da mostra. 10 Ao igual que nos cómputos da táboa 5, tamén neste casos exclúense dos datos os usos de quisiera e debiera con valor de non-realidade (= querería e debería).
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 213 O primeiro elemento diferencial que se observa é a maior extensión individual da forma composta que a simple: mentres que 44 dos 53 entrevistados empregan nalgunha ocasión había cantado, só 27 deles usan cantara con valor indicativo. Este dato podería interpretarse como a consecuencia natural do menor número total de casos de cantara indicativo (244) fronte a había cantado (338), aínda que a diferenza cuantitativa no uso total das formas —41,9 % de cantara fronte a 58,1 % de había cantado— non parece suficiente para explicar que a metade dos falantes non empreguen a forma en -ra. Ao examinar os datos parciais por sociolectos, obsérvase unha maior tendencia ao uso de cantara nos falantes do sociolecto 1, pois 11 de 17 empregan algunha vez a forma; o número de usuarios de cantara baixa a 9 no sociolecto 2 e a 7 no sociolecto 3. Mais é a distribución da frecuencia total de uso o dato definitivo que confirma a diferenciación sociolectal entre cantara indicativo e había cantado. Na táboa 7 vese con claridade que o uso da forma composta medra drasticamente nos sociolectos 2 e 3, en especial neste último. Sociolecto 1 Sociolecto 2 Sociolecto 3 Total -ra 70% 36% 19,7% 41,9% Había + participio 30% 64,0% 80,3% 58,1% N= 213 136 233 582 Táboa 7. Distribución de cantara indicativo e había cantado. Fonte: ESLORA. Elaboración propia Tendo en conta que o nivel de formación académica é o criterio que discrimina os sociolectos na mostra, a variación que mostra a táboa 7 debe relacionarse co factor da presión normativa exercida sobre todo a través do ensino. Efectivamente, as evidencias de tal presión remóntanse ao século xix. Álvarez Giménez (1870) no seu afán prescritivo achega unha das primeiras probas da censura do uso de cantara con valor de antepretérito, considerado espurio en castelán académico:
Victoria Vázquez Rozas 214 Hay otro defecto que se puede explicar mejor y evitar tambien mas fácilmente por los que le [sic] cometen, y es el relativo al uso que hacen de la primera forma del pretérito imperfecto de subjuntivo en vez del pretérito pluscuamperfecto de indicativo.” (Álvarez Giménez 1870: 60) Como en el dialecto gallego no existen los tiempos compuestos, cuando hay necesidad de expresar la idea que corresponde al pretérito pluscuamperfecto de indicativo se valen muchos, al hablar en castellano, de la primera forma del pretérito imperfecto de subjuntivo, v.g. Cuando llegué á la estación ya Marchara el tren. Deberá decirse, ya Había marchado. En una novela que publicó El Progreso de Lugo y número de este periódico correspondiente al 10 de Noviembre de 1867, leimos la [sic] siguientes palabras: «Hacía dos días que Rogiero Tuviera con Lucía la conversación» etc. La pureza exigía que se dijese, Había tenido. (ibíd.: 61)11 A reprobación do uso indicativo de cantara é habitual nas gramáticas desde o século xix. Considérase un arcaísmo e interprétase como sinal de afectación (cf. Bello 1847: 436-437 §720; Alonso & Henríquez Ureña 1939: 156 §199; Mallo 1950; Alarcos 1994: 158-159), pero cualifícase de dialectalismo na fala e na escrita en español de galegos e asturianos (cf. Spaulding 1931 § 44, b; Kany 1945: 170-171; Alarcos 1994: 159). Algúns dos autores citados (Bello ibíd.; Alonso & Henríquez Ureña ibíd.; Mallo 1947: 486-487 e 1950: 133) censuran especialmente o emprego de cantara indicativo con valores de pretérito e de copretérito, ilustrados en (7) e (8) supra e a continuación en (12) e (13): 12. en Londres estuviéramos también en ueh creo que fue ahí donde estuviéramos en una universidad en una residencia universitaria // ah nos alojaran en una residencia universitaria // SCOM_M32_023 13. antes por ejemplo // que <vacilación/> / cuando éramos pequeños fuera una dictadura // porque había que ir a misa ¿no? / después va /fue / fueron evolucionando // SCOM_ H31_046 Non hai referencias nas obras citadas nin noutras consultadas ao uso de había cantado con eses mesmos valores no contexto galego —usos exemplificados en 11 Nas citas textuais mantense a grafía orixinal.
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 215 (3) – (5) supra e (14) e (15) infra—, coa excepción de Pollán (2001 e 2002/2003) que, como vimos anteriormente, interpreta a aparición da forma composta como pretérito ou copretérito como un fenómeno de hipercorrección provocado pola censura normativa do uso indicativo de cantara. 14. pues no sé cada uno tiene su encanto hombre me gustó mucho Praga y / y Budapest / mm había sido bastante bonito // muy bonito SCOM_H32_033 15. nosotros cuando nos casamos / pues / eeh bajamos /eh habíam- / pahabíamos pasado por Madrid porque tenía yo en aquel momento una prima / eh / una / yo tengo / [...] SCOM_M33_005 Pollán, porén, non achega información sobre a distribución das dúas formas con estes valores, pois reúne nunha mesma categoría os casos de cantara e de había cantado indicativo. En Rojo & Vázquez Rozas (2014) ofreceramos unha descrición dos usos de pretérito e copretérito por parte dos informantes do sociolecto 3. Constatabamos entón que, sorprendentemente, había cantado superaba tanto en frecuencia total de casos como en número de falantes a cantara. Vimos que a maioría dos informantes do sociolecto 3 expresan mediante a forma composta valores de pretérito e copretérito que non se documentan, até onde sabemos, na fala doutras variedades do español (excluíndo zonas limítrofes con Galicia). A razón de tal distribución é que, de maneira máis ou menos consciente, os falantes atribúen a había cantado os mesmos significados que se recoñecen en cantara indicativo e evitan así empregar esta última forma que se considera incorrecta12. A día de hoxe, os datos dispoñíbeis no corpus ESLORA permiten obter a distribución sociolectal completa de ambas as formas nos valores indicados e, en consecuencia, ampliar a descrición do fenómeno con información máis representativa do conxunto dos falantes. O contraste que observamos entre sociolectos na táboa 8 vén reforzar a explicación anterior, pois reflicte a maior influencia do discurso prescritivo que censura o emprego de cantara indicativo nos falantes con estudos universitarios, mentres que o peso da norma diminúe no sociolecto 2 e de forma moi acusada no sociolecto 1. 12 Pódese falar dunha estratexia de “evitación” (Dubert 2002: 24, nota 8).
Victoria Vázquez Rozas 216 Sociolecto 1 Sociolecto 2 Sociolecto 3 Total -ra 90,2% 77,1% 42,9% 70,5% había + participio 9,8% 22,9% 57,1% 29,4% N= 92 48 77 217 Táboa 8. Distribución relativa de cantara e había cantado con valores de pretérito e copretéri- to de indicativo. Fonte: ESLORA. Elaboración propia 4. CONCLUSIÓNS O emprego dun corpus oral estratificado por sociolectos permitiu abordar con fundamento empírico o estudo dun aspecto pouco coñecido do verbo español: o funcionamento de había cantado no castelán de Galicia. Tras investigar o comportamento desta forma verbal e doutras dúas relacionadas, cantara e cantase, é posíbel aportar algúns datos e argumentos novos ao debate gramatical. A primeira conclusión que se extrae do estudo é que a día de hoxe o uso de tempos compostos, e particularmente de había cantado, está estendido entre os falantes galegos de español. No conxunto da mostra, para a expresión dos valores temporais de antepretérito, pretérito e copretérito de indicativo, é maioritaria a forma composta tanto na proporción dos casos rexistrados (58,1% contra 41,9% de cantara) como no número de falantes que a usan (44 de 53 fronte aos 27 de 53 que empregan cantara indicativo). En segundo lugar, o traballo desenvolve con novos datos a idea apuntada en Pollán (2001 e 2002/2003) de que o uso de había cantado como pretérito e copretérito xorde por ultracorrección. A variación sociolectal na distribución de cantara indicativo e había cantado débese moi probabelmente á presión dunha norma de corrección que rexeita estes empregos de cantara indicativo por consideralos “galeguismos”. É lóxico pensar que a influencia da norma prescritiva ten máis efecto nos falantes con máis formación académica, de aí as fortes diferenzas que recollen as táboas 7 e 8 entre as tres categorías sociolectais. En terceiro lugar, os datos analizados sustentan así mesmo a pertinencia das distincións sociolectais na distribución de cantara e cantase. Aínda que no conxunto da mostra o uso de -se ofrece unha frecuencia superior á documentada
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 217 noutros corpus, vense de novo unhas diferenzas moi marcadas entre os tres grupos. Dedúcese, por tanto, que o elevado uso de -se nos sociolectos 2 e 3 é unha consecuencia máis da censura exercida sobre -ra indicativo, que ten como efecto secundario a evitación de cantara tamén nos usos subxuntivos por parte dos falantes con estudos medios e, sobre todo, dos universitarios. Por outra parte, demostrouse que a distribución de cantara e cantase no corpus obriga a descartar unha motivación gramatical no uso máis elevado en Galicia de cantase como subxuntivo en oposición a un cantara que ten tamén usos indicativos. Desde unha perspectiva metodolóxica, é preciso recoñecer que o estudo realizado mostra as limitacións propias dunha aproximación estratificacional aos feitos de variación lingüística. Este enfoque, que responde ao que Penelope Eckert (2012, 2018) chama “a First Wave” na historia dos estudos sobre variación, asume a existencia de correlacións estábeis entre categorías sociais simples e prefixadas e as realizacións lingüísticas dos falantes. Con todo, un traballo como o aquí exposto constitúe un punto de partida para investigacións posteriores que incorporen unha visión máis dinámica e complexa da variación no uso das formas verbais. A análise realizada, por tanto, non deixa de ser unha aproximación parcial aos feitos. Queda para o futuro o estudo detallado da variación intra- e interindividual en relación cos perfis sociolingüísticos dos informantes, así como o exame das súas declaracións metalingüísticas nas respostas aos cuestionarios e test de inseguridade lingüística, estudos que sen dúbida permitirán identificar novos factores relevantes no funcionamento das formas verbais no español de Galicia. CORPUS E RECURSOS ELECTRÓNICOS CITADOS ARTHUS: Archivo de Textos Hispánicos de la Universidad de Santiago. http://www.bds.usc.es/corpus.html ADESSE: Base de datos de Verbos, Alternancias de Diátesis y Esquemas Sintáctico-Semánticos del Español. http://adesse.uvigo.es/ BDS: Base de datos sintácticos del español actual. http://www.bds.usc.es/ CdEGH: Corpus del Español: Genre/Historical. https://www.corpusdelespanol.org/hist-gen/ CREA: Corpus de Referencia del Español Actual. http://www.rae.es/recursos/banco-de-datos/crea ESLORA: Corpus para el estudio del español oral.http://eslora.usc.es, versión 1.2.2 de novembro de 2018.
Victoria Vázquez Rozas 218 RefeRencias bibliogRáficas Acín Villa, Esperanza. 1996. Galleguismos en la prensa gallega escrita en castellano. En Manuel Casado et al. (eds.), Scripta Philologica in memoriam Manuel Taboada Cid, vol. I, 267-277. A Coruña: Universidade da Coruña. Alarcos, Emilio. 1994. Gramática de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe. Alonso, Amado & Pedro Henríquez Ureña. 1939. Gramática castellana. Segundo curso. 24ª ed. Buenos Aires: Losada. 1971. Álvarez, Rosario & Ernesto González Seoane (eds.). 2017. Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://ilg.usc.gal/gondomar/ [Consultado: 12/12/2019] Álvarez Giménez, Emilio. 1870. Estudio sobre las faltas del lenguaje que se cometen en Galicia. Pontevedra: Imprenta D. José A. Antúnez y Cía. Azpiazu, Susana. 2017. Actitudes lingüísticas de los hablantes gallegos de español frente a la oposición Pretérito Perfecto Compuesto (PPC) / Pretérito Perfecto Simple (PPS). LinRed: Lingüística en la Red 15. 2017-2018. Becker, Martin G. 2008. From temporal to modal. Divergent fates of the temporal latin synthetic pluperfect in Spanish and Portuguese. En Ulrich Detges & Richard Waltereit (eds.), The Paradox of Grammatical Change. Perspectives from Romance, 147-179. Amsterdam: John Benjamins. https://doi.org/10.1075/ cilt.293.08bec Bello, A. 1847. Gramática de la lengua castellana destinada al uso de los americanos. Edición crítica de Ramón Trujillo. Tenerife: Instituto Universitario de Lingüística Andrés Bello / Cabildo Insular de Tenerife, 1981. De Sterck, Goedele. 2000. Gramática: registros y áreas geográficas en lingüística: valores y usos de las formas verbales en -ra, -se, -ría y -re. Vol. II, 7 da serie Gramática española: enseñanza e investigación (Josse de Kock, ed.). Salamanca: Universidad de Salamanca. Dubert García, Francisco. 2002. Os sociolectos galegos. Cadernos de Lingua 24. 5-27. Eckert, Penelope. 2012. Three waves of variation study: The emergence of meaning in the study of variation. Annual Review of Anthropology 41. 87-100. https://doi.org/10.1146/annurev-anthro-092611-145828 Eckert, Penelope. 2018. Meaning and Linguistic Variation: The Third Wave in Sociolinguistics. Cambridge: Cambridge University Press. https://doi.org/10.1017/9781316403242 Fernández Ordóñez, Inés. 2016. Dialectos del español peninsular. En Javier Gutierrez-Rexach (ed.), Enciclopedia de lingüística hispánica, 387-405. London & New York: Routledge. Fernández Rodríguez, Mauro (dir.). Sen data. Formación de un corpus de lengua hablada en la ciudad de A Coruña. Proxecto financiado pola Universidade da Coruña, a Xunta de Galicia (XUGA10402A90) e a DGICYT (PB90-0324). Corpus non publicado. Fernández Salgado, Benigno. 2007. Cómo falar bo castelán en Galicia. A corrección lingüística nos manuais de bo uso publicados no século xix. En Helena González & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos (Barcelona, 28-31 de maio de 2003), 765-789. Sada: Ediciós do Castro / Universitat de Barcelona. Freixeiro Mato, Xosé Ramón. 2000. Gramática da língua galega, vol. II: Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra. Gómez Seibane, Sara. 2012. Algunos fenómenos sintácticos del español en Galicia (1767-1806). Anuario de Estudios Filológicos 25. 85-102.
HABÍA + PARTICIPIO NO ESPAÑOL FALADO EN GALICIA: UN ESTUDO DE CORPUS 219 González Ollé, Fernando. 2012. Continuidad histórica ininterrumpida de la forma –ra indicativo. Tradiciones discursivas y sintaxis. Pamplona: Eunsa. Jurado Dueñas, Abili. 2018. Las formas “cantara” y “cantase” en las lenguas iberorrománicas. RLLCGV XXIII. 57-79. https://doi.org/10.5944/rllcgv.vol.23.2018.23218 Kabatek, Johannes. 1996. Die Sprecher als Linguisten. Interferenz- und Sprachwandelphänomene dargestellt am Galicischen der Gegenwart. Tübingen: Niemeyer. Kany, Charles A. 1945. American-Spanish Syntax. Chicago: University of Chicago Press. Kempas, Ilpo. 2011. Sobre la variación en el marco de la libre elección entre cantara y cantase en el español peninsular. Moenia 17. 243-264. Labov, William. 1966. The Social Stratification of English in New York City. Washington, D.C.: Center for Applied Linguistics. Mallo, Jerónimo. 1947. El empleo de las formas del subjuntivo terminadas en «ra» con significación de tiempos del indicativo. Hispania 30. 484-487. https://doi.org/10.2307/333880 Mallo, Jerónimo. 1950. La discusión sobre el empleo de las formas verbales en “ra” con función de tiempos pasados de indicativo. Hispania 33(2). 126-139. https://doi.org/10.2307/333906 Monteagudo, Henrique & Antón Santamarina. 1993. Galician and Castilian in contact: historical, social and linguistic aspects. En Rebecca Posner & John N. Green (eds.), Trends in Romance Linguistics and Philology, vol. 5: Bilingualism and Linguistic Conflict in Romance, 117-173. Berlin / New York: Mouton de Gruyter. NGLE = Real Academia Española. 2009. Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe. Octavio de Toledo y Huerta, Álvaro & Lola Pons Rodríguez. 2016. Queja política y escritura epistolar durante la Guerra de Independencia: documentación de la Junta Suprema Central en el AHN. Selección, edición y estudio lingüístico. Alcalá de Henares: Universidad de Alcalá. Pollán Valiña, Celia. 2001. The expressión of pragmatics values by means of verbal morphology: A variationist study. Language Variation and Change 11(1). 59-89. https://doi.org/10.1017/S0954394501131030 Pollán Valiña, Celia. 2002/2003. The morphological expression of pragmatic values in oral and written Galician. En Manuel Fernández Ferreiro & Fernando Ramallo (eds.), Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views [= Estudios de Sociolingüística 3/2, 2002, 4/1, 2003], 113-138. Preston, Dennis. 2013. Linguistic Insecurity Forty Years Later. Journal of English Linguistics 41(4). 304-331. https://doi.org/10.1177/0075424213502810 Ramallo, Fernando. 2007. Sociolinguistics of Spanish in Galicia. International Journal of the Sociology of Language 184. 21–36. https://doi.org/10.1515/IJSL.2007.012 Rojo, Guillermo. 1974. La temporalidad verbal en español. Verba 1. 68-149. Rojo, Guillermo. 1990. Relaciones entre temporalidad y aspecto en el verbo español. En Ignacio Bosque (ed.), Tiempo y aspecto en español, 17-43. Madrid: Cátedra. Rojo, Guillermo. 2004. El español de Galicia. En Rafael Cano (coord.), Historia de la lengua española, 1087-1101. Barcelona: Ariel. Rojo, Guillermo. 2008. De nuevo sobre la frecuencia de las formas llegara y llegase. En Jörn Albrecht & Frank Harslem (eds.), Heidelberger Spätlese. Ausgewälhlte Tropfen aus verschiedenen Lagen der spanischen Sprach- und Übersetzungswissenfschaft. Fetschrift anlässlich des 70. Geburtstages von Prof. Dr. Nelson Cartagena, 161-182. Bonn: Romanistischer Verlag.