scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Boletín do CEDE da USC. 2024, Vol. 9 (setembro)

Full text

BOLETÍN DO CEDE DA USC ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) CONTIDOS Actualidade 1 Oportunidades 5 Prácticas remuneradas 5 Emprego 5 Financiamento 6 Participación dos cidadáns 8 Iniciativas lexislativas 8 Consultas públicas aos cidadáns 8 Actos xurídicos 9 Actos lexislativos 9 Outros actos 9 Sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE 10 Estatísticas do Eurostat 13 Indicadores económicos 13 Outros datos 13 Publicacións do Tribunal de Contas da UE 15 Sondaxes do Eurobarómetro 16 Suxestións bibliográficas 17 Obras dispoñibles na biblioteca da USC 17 Outras obras 18 Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución. Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, visite a nosa páxina web. Edición: Jesús M. Saavedra Carballido. Elaboración dos contidos propios: Jesús M. Saavedra Carballido. Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) ACTUALIDADE Violencia no Oriente Medio Unha declaración institucional conxunta da UE con algúns dos seus estados membros e outros estados de todo o mundo deplorou a situación entre o Líbano e Israel, que ameaza con tornarse unha escalada rexional máis ampla. A declaración insta a chegar a un acordo diplomático que permita os civís de ambos os lados da fronteira regresaren aos seus lares. Para iso, solicita un cesamento do fogo inmediato de 21 días ao longo da fronteira entre o Líbano e Israel para avanzar na conclusión dun acordo diplomático coherente coa Resolución 1701 do Consello de Seguranza da ONU, e a aplicación da Resolución 2735 do Consello de Seguranza da ONU relativa a un cesamen- to do fogo en Gaza. Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Asilo, refuxio e inmigración O naufraxio dunha embarcación con más de 80 persoas extracomunitarias sen papeis que tentaban chegar de África ás Illas Canarias (España) acabou en nove mortos — entre eles unha crianza — e polo menos 48 desaparecidos. É un dos incidentes máis graves das últimas tres décadas nas costas Canarias. • Anteriormente, o responsable da Frontex, a axencia da UE para as fronteiras, reclamara que goberno español lle facilitase colaborar na zona; o goberno de España respondeu que esa colaboración xa se estaba a producir. Alén diso, o político conservador grego Margaritis Schinas, actual vicepresidente da Comisión para a Promoción do Noso Modo de Vida Europeo, visitara as Illas Canarias para mostrar a solidariedade da UE coa poboación española, nomeadamente coa do arquipélago; Schinas anunciou tamén un plano de acción adicional ao abrigo do cal se asignarán ás Canarias 14 millóns de euros para mellorar a súa capacidade de acollemento a persoas sen papeis, o que permitirá o uso excepcional do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para atender a situación de emerxencia. • Entre tanto, algúns estados membros decidiron unilateralmente endurecer a súa política de fronteiras para impediren a entrada de persoas estranxeiras sen papeis. Os Países Baixos e Hungría pediron ficar fóra do recente pacto entre todos os estados membros para tratar esas persoas. Estes e outros estados membros como Alemaña, Francia, Suecia e Finlandia endureceron ou prometen endurecer os seus controis fronteirizos. Máis información sobre o naufraxio no Euractiv (en inglés) e no Euronews. Máis información sobre a colaboración entre o goberno español e a Frontex no EuroEFE-Euractiv. Comunicado de prensa sobre a visita de Schinas ás Illas Canarias no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información sobre o uso de fondos FEDER nas Canarias no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre o endurecemento das fronteiras polos estados membros no The Guardian (en inglés), na BBC e no EuroEFE-Euractiv. Xuros na eurozona O Banco Central Europeo (BCE) baixou a taxa de xuros de referencia nun cuarto de punto, até 3,5 %, no que é a súa segunda redución do ano, ao mesmo tempo que reduciu nunha décima, a 1 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) 0,8 %, o crecemento previsto para a eurozona en 2024. O Consello de Goberno do BCE, baixou en 0,25 puntos a taxa de facilidade de depósito — que remunera o exceso de reservas a un día e é o seu novo tipo de referencia — até 3,5 %. As operacións principais de financiamento (OPF) — as inxeccións semanais de crédito — e a facilidade de crédito — a que presta aos bancos a un día — situaranse en 3,65 % e 3,9 %, respectivamente. Comunicado de prensa no sitio do BCE. Máis información no The Guardian (e no inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Composición da Comisión A Presidenta da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen, presentou a composición do seu futuro equipo de comisarios e as súas carteiras, centradas na competitividade na UE. O novo equipo para a lexislatura 2024-2029 inclúe once mulleres e dezaseis homes, é dicir, unha proporción de 40 %. Von der Leyen, que desexaba a paridade neste equipo de 27 comisarios, explicou que as propostas iniciais dos estados membros daban unha proporción de 22 % de mulleres. Nunha tentativa de responder ás críticas, catro das seis vicepresidencias da Comisión son concedidas a mulleres: a española Teresa Ribeira, a finlandesa Henna Virkkunen, a estoniana Kaja Kallas e a romanesa Roxana Mînzatu; completan o cadro dous homes, o francés Stéphane Séjourné (representante francés en substitución do recentemente dimitido Thierry Breton, comisario do Mercado Interno) e o italiano Raffaele Fitto. Máis información sobre a proposta de composición da futura Comisión no Euractiv (en inglés) no Le Monde (en francés) e no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre a dimisión de Thierry Breton no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Relatorio sobre a competitividade da UE no mundo Mario Draghi, ex primeiro ministro italiano e ex presidente do Baco Central Europeo, fixo público un relatorio encargado pola Comisión segundo o cal a economía da UE necesita acometer tres grandes transformacións para ser competitiva na escena global: acelerar a innovación, abaratar a enerxía sen renunciar á descarbonización e reducir dependencias estratéxicas, incluíndo o reforzo da defensa. Como solución, Draghi propón adoptar unha nova estratexia industrial comunitaria que pasaría, entre outras medidas, por investir conxuntamente en bens de interese público e mellorar a coordinación das políticas industriais, comerciais e de competencia dos estados membros. Draghi advirte de que a UE encara o «desafío existencial» de aumentar a súa produtividade e o seu crecemento económico, aumentando o seu gasto público en até 800.0000 millóns de euros anuais, ou, se non, ter que dar marcha atrás nalgunhas das súas ambicións e metas, da loita contra a mudanza climática até o financiamento do seu modelo social, e defende que o único modo de ser máis produtiva é que a UE «mude radicalmente». O relatorio no sitio da Comisión (en inglés). Máis información sobre o relatorio na BBC e no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE- Euractiv. Máis información no Euractiv sobre as reaccións ao relatorio por líderes políticos, polo BCE e por empresarios e sindicatos (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv sobre as reaccións dos estados membros. 2 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) Relatorio sobre o investimento e as reformas sociais O último relatorio da Comisión sobre o Emprego e as Reformas Sociais mostra que os investimentos da UE e dos estados membros tiveron un efecto positivo nos ingresos, os niveis de emprego, a inclusión social e a loita contra a pobreza, contribuíndo así a reducir as disparidades sociais e económicas en todo o bloque comunitario. Os investimentos e reformas sociais tamén contribuíron, entre 2010 e 2021, a aumentar a riqueza media na zona do euro, reducindo ao mesmo tempo as diferenzas entre os estados membros. Estes investimentos axudaron a que os estados cuxos resultados económicos e sociais anteriormente eran máis baixos se aproximasen aos estados máis fortes. Sitio web do relatorio (en inglés). Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Relatorio sobre o superávit agroalimentario O último relatorio sobre o comercio agroalimentario publicado pola Comisión Europea mostra que, no período comprendido entre xaneiro e xuño de 2024, as exportacións agroalimentarias acumuladas da UE atinxiron os 116.400 millóns de euros, o que significa un aumento de 1 % (+ 1.100 millóns de euros) en comparación co mesmo período de 2023. O último dato mensual (xuño de 2024) mostrou que o superávit total do comercio agrícola da UE alcanzou os 33.700 millóns de euros, o que supón un aumento de 1,5 millóns de euros en comparación co mesmo período de 2023. Páxina do relatorio no sitio da Comisión (en inglés). Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Relatorio sobre o futuro da agricultura na UE Foi publicado o relatorio final do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura na UE. Intitulado «Unha perspectiva compartida para a agricultura e a alimentación en Europa», o relatorio presenta unha avaliación dos desafíos e as oportunidades, seguida dunha serie de recomendacións. Estas suxestións guiarán o traballo da Comisión á hora de configurar a súa visión sobre a agricultura e a alimentación. Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información no The Guardian (en inglés). Enerxía A Comisión publicou o Relatorio sobre o estado da Unión da Enerxía de 2024, no cal se describe como a UE xestionou desafíos sen precedentes no ámbito da política enerxética durante o manda- to desta Comisión, dotando á UE dun marco regulador para levar a cabo a transición enerxética sustentable e sentando as bases para un crecemento económico e unha competitividade renovados. • Segundo un estudo exhaustivo dos principais indicadores de pobreza enerxética, realizado polo Centro Común de Investigación (JRC polas siglas en inglés), entre 8 % e 16 % da poboación da UE sofre a pobreza enerxética; a maioría dos pobres enerxéticos non son pobres en ingresos. Comunicado de prensa sobre o relatorio no sitio da Representación da Comisión en España. Comunicado de prensa sobre o estudo do JRC no sitio da Comisión (en inglés). 3 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) Intelixencia Artificial A Comisión asinou, en nome da UE, a Convención Marco do Consello de Europa sobre Intelixencia Artificial (IA). Este é o primeiro acordo internacional xuridicamente vinculante no dominio da IA e está plenamente en consonancia coa Lei de IA da UE. A convención establece unha abordaxe común para garantir que os sistemas de IA sexan compatibles cos dereitos humanos, a democracia e o estado de dereito, permitindo ao mesmo tempo a innovación e a confianza. • A Comisión puxo en marcha unha convocatoria para a creación de factorías de IA a fin de impulsar o liderado europeo en materia de intelixencia artificial fiable. As factorías de IA crearanse ao redor da rede de supercomputadores europeos de informática de alto rendemento de categoría mundial da UE e estarán ao dispor dunha serie de usuarios europeos, como as empresas emerxentes, a industria e os investigadores. Comunicado de prensa sobre a convención no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información sobre a convención no EuroEFE-Euractiv. Comunicado de prensa sobre as factorías de IA no sitio da Representación da Comisión en España. 4 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) OPORTUNIDADES Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes. Prácticas remuneradas •Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee) (en inglés). Varios prazos. •Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos. •Consello da UE. Prazo até 2 de outubro. •Ombudsman da UE. Prazo até 28 de outubro. •Tribunal de Contas da UE. Prazo desde 1 de outubro até 30 novembro. •Banco Central Europeo. Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa. Varios prazos. Emprego Función pública •Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axencias da UE. Varios prazos. Outros empregos •Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección Job vacancies, en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa. Varios prazos. 5 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) Financiamento Investigación e innovación •Marco de criptografía post cuántica. Prazo até 30 de setembro. •Women TechEU. Convocatoria abierta #2. Prazo até 30 de setembro. •Master School and Fellowship Academy. Prazo até 10 de outubro. •COPILOT. Prazo até 10 de outubro. •Faro europeo para unha IA fiable e ecolóxica. Prazo até 14 de outubro. •Reindustrialización de Europa Convocatoria 2025. Prazo até 15 de outubro. •Mobilidade Urbana 2023-2025 do IET. Prazo até 15 de outubro. •Premios Europeos de Igualdade de Xénero. Prazo até 16 de outubro. •RESPONSE. Prazo até 26 de outubro. •Antenas despregables innovadoras. Prazo até 30 de outubro. •Convocatoria programas de intercambio dAIEDGE. Prazo até 31 de outubro. •Seguemento do impacto climático nos bosques. Prazo até 1 de novembro. •CommuniCity. Prazo até 31 de outubro. •Water4All. Prazo até 13 de novembro. •BlueLightS. Prazo até 15 de novembro. •Inno2Market 2024. Prazo até 18 de novembro. •SHORE. Prazo até 20 de novembro. •CETPartnership 2024. Prazo até 21 de novembro. •Convocatoria aberta SMURF para pequenos propietarios forestais. Prazo até 2 de decembro. •OpenAgri. Prazo até 2 de decembro. •Convocatoria Driving Urban Transitions 2024. Prazo até 14 de decembro. •MSCA Investigadores en Risco 2024. Prazo até 14 de xaneiro de 2025. •Uso eficiente, sustentableble e inclusivo da enerxía. Prazo até 4 de febreiro de 2025. •Abastecemento de enerxía sustentable, seguro e competitivo. Prazo até 4 de febreiro de 2025. •Intercambios de persoal MSCA 2024. Prazo até 5 de febreiro de 2025. •Espazos urbanos para a neutralidade climática. Prazo até 11 de febreiro de 2025. 6 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) Sociedade dixital •Apoio aos sectores cultural e creativo ucraínos. Prazo até 1 de outubro. •Convocatoria de Plataforma de Deseño. Prazo até 10 de outubro. •DIGITWIN4CIUE. Prazo até 31 de outubro. •Desenvolvemento de capacidades en ciberseguranza nas peme. Prazo até 20 de novembro. •Espazo europeo de datos para comunidades intelixentes. Prazo até 1 de decembro. Cooperación e desenvolvemento •Gobernación Dixital no Ecuador. Prazo até 24 de outubro. •Acción Externa da UE en Marrocos. Prazo até 4 de novembro. Mercado único e concorrencia •2.ª Convocatoria SILEO. Prazo até 25 de outubro. •E-BOOST. Prazo até 20 de novembro. •Proxectos turísticos innovadores. Prazo até 27 de novembro. Educación, deporte e xuventude •Espazo Europeo de Educación Superior. Prazo até 18 de decembro. •Centros Nacionais de Información sobre Recoñecemento Académico. Prazo até 18 de decembro. Saúde e alimentación •Accións Saúde Pública 2024. Prazo até 22 de xaneiro de 2025. Ambiente, enerxía e clima •Mecanismo de financiación de las energías renovables. Prazo até 4 de marzo de 2025. •LIFE Capacidades 2024. Prazo até 28 de xuño de 2025. 7 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) PARTICIPACIÓN DOS CIDADÁNS Iniciativas e consultas abertas recentemente. Máis información sobre as posibilidades de participación cidadá na UE. Iniciativas lexislativas •Non aos alimentos falsos: Pola mención da orixe na etiqueta. Prazo até 21 de setembro de 2025. •«Stop Cruelty Stop Slaughter» (Paren coa crueldade, paren co sacrificio). Prazo até 24 de setembro de 2025. Consultas públicas aos cidadáns Espazo de liberdade, seguranza e xustiza •Fondo de Seguranza Interior-Fronteiras Exteriores e Visados (FSI-Fronteiras e Visados) para o período 2014-2020: Avaliación ex post. Prazo até 21 de novembro. •Fondo de Seguranza Interior-Policía (FSI-Policía) para ol período 2014-2020: Avaliación ex post. Prazo até 21 de novembro. •Fondo de Asilo, Migración e Integración (FAMI) para o período 2014-2020: Avaliación ex post. Prazo até 22 de novembro. Ambiente e enerxía •Arquitectura de seguranza enerxética: Control de adecuación. Prazo até 26 de novembro. •Directiva relativa á redución das emisións nacionais: Avaliación. Prazo até 26 de novembro. 8 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) PUBLICACIÓNS DO TRIBUNAL DE CONTAS DA UE •Relatorio especial 12/2024: Resposta da UE á pandemia de COVID-19. •Relatorio Especial 13/2024: A absorción de fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. •Relatorio especial 14/2024: Transición ecolóxica. •Relatorio especial 16/2024: Ingresos da UE baseados nos residuos de embalaxes de plástico non reciclados. •Relatorio especial 17/2024: Fondo Fiduciario de Emerxencia da UE para África. •Relatorio especial 19/2024: Agricultura ecolóxica na UE. 15 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) SONDAXES DO EUROBARÓMETRO Actitudes perante as políticas enerxéticas O inquérito sondou a opinión das persoas residentes na UE sobre unha serie de cuestións relacionadas coa política enerxética da UE. Cando se lles preguntou o que significa para elas unha política enerxética comunitaria, a maioría das persoas deron prioridade a garantir prezos de enerxía accesibles para os consumidores, e esta cuestión figura entre as tres primeiras en 25 estados membros. Páxina web da sondaxe (en inglés). 30.º aniversario do Mercado Único da UE: A opinión do cidadáns - Estudo cualitativo Os residentes na UE perciben o Mercado Único como un conxunto de medidas a través das cales a UE se torna tanxible e afecta as súas vidas. Aínda que non utilicen nin coñezan espontaneamente o termo «Mercado Único», son, no entanto, capaces de debater sobre diversas medidas específicas que forman parte do Mercado Único. Os cidadáns consultados falaron sobre o acceso transfronteirizo aos produtos, a posibilidade de as empresas exportaren e importaren dentro da UE sen tarifas aduaneiras, con normas e regras comúns para os produtos. Tamén mencionaron espontaneamente a mobilidade dentro da UE, quer para traballo quer para estudos, como unha dimensión importante do Mercado Único. En xeral, son positivos e apoian o Mercado Único, aínda que teñan preocupacións e chamen a atención sobre os desafíos ou as desvantaxes. Páxina web da sondaxe (en inglés). 16 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) SUXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS Obras dispoñibles na biblioteca da USC Joos, Klemens. 2024. Convincing Political Stakeholders: Successful Lobbying Through Process Competence in the Complex Decision-Making System of the European Union. 2nd ed. Weinheim: Wiley-VCH Verlag. O fundador dunha das empresas de lobby de maior éxito da UE, o profesor Klemens Joos, aproveita a experiencia adquirida durante máis de tres décadas para elaborar unha teoría sobre as relacións gobernamentais. O autor céntrase na idea de que, en vista das estruturas de toma de decisións cada vez máis complexas da UE, o coñecemento máis preciso posible dos responsables da toma de decisións e dos procesos de toma de decisións é polo menos tan importante para o éxito como os aspectos de contido da representación de intereses. Nun novo capítulo, o autor expón a fórmula para a representación de intereses baseada na súa experiencia práctica. Dijkman, Léon. 2023. The Proportionality Test in European Patent Law: Patent Injunctions Before EU Courts and the UPC. Oxford: Hart. http://dx.doi.org/10.5040/9781509973651. Unha patente comunitaria sempre dá dereito ao seu titular a unha medida cautelar permanente? Esta cuestión provocou un intenso debate nos últimos anos, mais até agora continúa sen ser resolvida. Este libro presenta unha proba detallada, práctica e completa para determinar cando se debe limitar a medida cautelar por razóns de proporcionalidade. As tres partes do libro guíannos desde os fundamentos normativos da proporcionalidade até as súas aplicacións prácticas. O libro ofrece así unha resposta claramente europea a un problema global. Fromage, Diane. 2024. Redefining EU Membership: Differentiation in and Outside the European Union. Oxford: Oxford University Press. Esta obra analiza a cuestión da pertenza á UE na actualidade, centrándose na diferenciación dentro e fóra da UE. O Tratado da UE declara inequivocamente que as partes contratantes son os estados membros. No entanto, un exame máis detallado lanza algunhas dúbidas sobre o status unitario dos estados membros, ou polo menos suxire que o concepto require matices. As contribucións do volume organízanse ao redor de catro aspectos das tensións que encara o concepto dunha pertenza unitaria e formal á UE: primeiro, un exame de áreas políticas chave que xa foron testemuñas de varias formas de integración diferenciada; segundo, unha análise dos «status especiais» dentro da UE; en terceiro lugar, preséntanse exemplos importantes de estados non membros que aplican o dereito da UE (con ou sen a súa participación no proceso de toma de decisións da UE); e, en cuarto lugar, a situación dos estados inmersos nun proceso de adhesión ou secesión que os obriga a aceptar as normas e políticas da UE antes ou despois da súa adhesión formal. Estas análises compleméntanse cunha reflexión sobre o concepto de adhesión en si mesmo. Nun contexto en que o alargamento da UE parece probable, a análise presentada reflexiona sobre a futura necesidade de ampliar e introducir varios tipos de adhesión á UE. 17 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 9 (setembro) Outras obras Delile, Jean Félix. 2024. L’interprétation du droit de l’Union européenne conforme au droit international. Bruxelas: Larcier. O TXUE explota a súa capacidade de intérprete do dereito da UE para promover os efectos das distintas fontes do dereito internacional no ordenamento xurídico do cal é o tribunal supremo. Para iso utiliza a técnica da interpretación conforme, que permite ter en conta o dereito internacional para determinar o significado das normas do dereito da UE. O uso desta técnica interpretativa contribúe á homoxeneización das normas transmitidas polo dereito internacional xeral, os acordos internacionais, o dereito da UE e o dos estados membros. A doutrina da interpretación conforme aumenta a eficacia das normas de dereito internacional que se benefician indirectamente da primacía e o efecto directo das normas xurídicas da UE interpretadas á súa luz. Este traballo demostra que o Tribunal de Xustiza utiliza o seu monopolio de interpretación auténtica do dereito da UE para favorecer o respecto do dereito internacional por parte das institucións da UE e dos estados membros. Brosset, Estelle. 2024. Manuel de droit de l’Union européenne de la santé. Bruxelas: Bruylant. Non se adoita falar da UE no dominio da saúde, sobre todo na súa dimensión xurídica. Se razóns obxectivas (a débil competencia expresa na materia) poden explicalo, está claro que o volume de dereito da UE dedicado ou aplicable ao ámbito da saúde é hoxe significativo, volume que a pandemia da Covid-19 puxo de manifesto e acentuou. Para comprender a dereito da Unión da Saúde, este manual explora primeiro o que permitiu que se realizase, é dicir, os seus fundamentos. Tamén é importante analizar como se aplica o dereito xeral da UE (a liberdade de circulación, mais tamén moitas outras disposicións do Tratado) ás medidas sanitarias estatais. Alén dos fundamentos, o manual considera as diferentes dimensións (no nivel substantivo) do dereito sanitario da UE. Máis aló da protección da saúde pública que se espera do dereito comunitario, este tamén inclúe numerosas disposicións aplicables á relación sanitaria (tanto aos pacientes como aos profesionais e establecementos sanitarios). Finalmente, fai un papel determinante na comercialización de medicamentos e outros produtos sanitarios. González Campañá, Núria. 2024. Secession and European Union Law: The Deferential Attitude. Oxford: Oxford University Press. doi:10.1093/oso/9780198882596.002.0004. A secesión é un tema de grande actualidade na Europa occidental actual. Na última década fomos testemuñas da consolidación de movementos independentistas en Escocia e Cataluña, e nun futuro próximo poderiamos ver o seu rexurdimento ou o auxe doutros movementos independentistas noutras rexións europeas. A resposta das institucións comunitarias á secesión nos estados membros da UE pode estar baseada principalmente en consideracións políticas. Con todo, dado que a UE é unha comunidade baseada no estado de dereito, tamén ten que xustificar a súa posición con argumentos normativos de principio. Esta obra fornece ese apoio normativo, baseándose nunha lectura pluralista da relación entre o dereito da UE e o dereito dos estados, para sustentar a conclusión de que o dereito da UE debe respectar os ordenamentos constitucionais estatais. 18