scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais

Rodríguez Martínez, Diego

Abstract

A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Sistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia con marcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materia da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa o alumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran os coñecementos básicos e as habilidades de deseño precisas para estudar outras disciplinas relacionadas con esta área. Ó mesmo tempo, proporciona unha introdución ó estudo dos sistemas de procesamento dixital. Esta Unidade Didáctica (en adiante, UD) presenta os elementos básicos e as ferramentas matemáticas para poder construír e analizar un circuíto combinacional que realice unha función lóxica. O único requisito previo da UD é ter un dominio básico do sistema binario de representación numérica de números enteiros, que foi presentado en Unidades Didácticas precedentes. Os contidos da UD son fundamentais para o estudo dos módulos combinacionais e dos sistemas secuenciais, que serán abordados en posteriores Unidades Didácticas.

Full text

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Informática Sistemas Dixitais Diego Rodríguez Martínez Departamento de Electrónica e Computación Escola Técnica Superior de Enxeñaría 3 Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais 9788498 879032 ISBN 978-84-9887-903-2 Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais 3 Diego Rodríguez Martínez Departamento de Electrónica e Computación Escola Técnica Superior de Enxeñaría ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1120-2012 ISBN 978-84-9887-903-2 UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 3 MATERIA: Sistemas Dixitais TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Informática PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica BLOQUE I. INTRODUCIÓN Unidade I. Introdución ós sistemas dixitais Conceptos de sistema dixital combinacional e secuencial Deseño e análise estruturada de sistemas dixitais O computador desde a perspectiva estrutural Computadores Von Neumann Unidade II. Sistemas de numeración, aritmética e Sistemas de representación numérica de números enteiros Conversión entre bases Operacións aritméticas en binario Códigos BCD, exceso a 3 e alfanuméricos Códigos detectores e correctores de erro BLOQUE II: SISTEMAS DIXITAIS COMBINACIONALES Unidade III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais Fundamentos da álxebra de Boole Funcións de conmutación Portas lóxicas Simplificación de funcións de conmutación Deseño e síntese de circuítos lóxicos combinacionais Análise de circuítos combinacionais Unidade IV. Lóxica combinacional modular Deseño e utilización de módulos combinacionais básicos: codificadores e decodificadores Conversores de código Multiplexores e demultiplexores Circuítos aritméticos e lóxicos: comparadores, sumadores/restadores Unidades aritmético-lóxicas (ALU) Síntese de funcións mediante módulos combinacionais BLOQUE III. SISTEMAS DIXITAIS SECUENCIALES Unidade V. Sistemas secuenciais Concepto de estado Diagrama de estados Sistemas síncronos e asíncronos Biestables Modelos de sistemas secuenciais síncronos: máquinas de Mealy e de Moore Sistemas síncronos incompletamente especificados Deseño e simplificación de sistemas secuenciais síncronos 4 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais Unidade V. Lóxica secuencial modular Deseño de módulos secuenciais: rexistros, contadores, xeradores de secuencia Tipos básicos de memorias Tipos de dispositivos lóxicos programables (PLDs): características UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 5 ÍNDICE Presentación ....................................................................................... 7 Os obxectivos ..................................................................................... 7 Os principios metodolóxicos ............................................................ 7 Os contidos básicos .......................................................................... 8 1. Fundamentos da álxebra de Boole ................................ 8 2. Funcións de conmutación............................................... 10 2.1. Representacións ............................................. 10 2.2. Formas canónicas .......................................... 11 2.3. Funcións incompletamente especificadas ...... 11 3. Portas lóxicas ................................................................. 12 3.1. Equivalencia entre portas ............................... 13 3.2. Conxuntos universais de portas ..................... 14 4. Simplificación de funcións de conmutación.................... 15 4.1. Mapas de Karnaugh ....................................... 16 5. Deseño e síntese de circuítos combinacionais .............. 18 6. Análise de circuítos combinacionais .............................. 19 Actividades propostas ....................................................................... 19 Avaliación da unidade didáctica ....................................................... 20 Anexos ................................................................................................. 21 Anexo 1: representación de funcións de conmutación ...... 21 Anexo 2: simplificación de funcións de conmutación ......... 23 Anexo 3: propostas de exercicios ...................................... 24 Bibliografía .......................................................................................... 27 UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 7 PRESENTACIÓN A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Sistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia con marcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materia da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa o alumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran os coñecementos básicos e as habilidades de deseño precisas para estudar outras disciplinas relacionadas con esta área. Ó mesmo tempo, proporciona unha introdución ó estudo dos sistemas de procesamento dixital. Esta Unidade Didáctica (en adiante, UD) presenta os elementos básicos e as ferramentas matemáticas para poder construír e analizar un circuíto combinacional que realice unha función lóxica. O único requisito previo da UD é ter un dominio básico do sistema binario de representación numérica de números enteiros, que foi presentado en Unidades Didácticas precedentes. Os contidos da UD son fundamentais para o estudo dos módulos combinacionais e dos sistemas secuenciais, que serán abordados en posteriores Unidades Didácticas. OS OBXECTIVOS O obxectivo global da UD é que o alumno dispoña dos coñecementos e habilidades necesarias para sintetizar e analizar un circuíto combinacional. Este obxectivo é o resumo dos seguintes obxectivos específicos: — Coñecer os principios da Álxebra de Boole e comprender o funcionamento das operacións lóxicas. — Identificar e interpretar as funcións de conmutación. — Coñecer as distintas representacións das funcións de conmutación. — Coñecer as portas lóxicas e mailo seu comportamento. — Aplicar a metodoloxía de simplificación baseada nos mapas de Karnaugh. — Coñecer e manexar os procesos de deseño e síntese, ó nivel de portas lóxicas, dun circuíto combinacional a partir da especificación verbal dunha función de conmutación. — Coñecer e manexar o proceso de análise, ó nivel de portas lóxicas, dun circuíto combinacional. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A metodoloxía utilizada na UD combinará a exposición maxistral dos contidos teóricos co desenvolvemento práctico destes contidos por parte do alumno. Os principios teóricos e os conceptos fundamentais da UD serán presentados polo profesor nas sesións expositivas. Durante as clases 14 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais En particular, estas equivalencias poden obterse aplicando directamente as leis de De Morgan (táboa 2) sobre as funcións lóxicas que realizan as portas OR, NOR, AND e NAND. 3.2. Conxuntos universais de portas Un conxunto de portas lóxicas completo, ou conxunto universal, é un conxunto de portas lóxicas mediante o cal se pode realizar calquera función lóxica. O conxunto completo básico, AND-OR-NOT, é o subconxunto formado polas portas AND, OR e NOT. Estas tres portas realizan directamente as operacións básicas da álxebra de Boole, polo que con elas pode realizarse calquera outra función lóxica. Existen outros conxuntos completos de portas con menos de tres elementos: AND-NOT, OR-NOT, NAND e NOR. Para probar un conxunto é completo, basta con demostrar que pode realizar as funcións básicas do conxunto completo AND-OR-NOT. Por exemplo, as portas NAND son un conxunto completo xa que se cumpren as seguintes igualdades: NOT x = x NAND x x AND y = (x NAND y) NAND (x NAND y) x OR y = (x NAND x) NAND (y NAND y) Analogamente, podemos obter as correspondentes igualdades entre o conxunto completo AND-OR-NOT e o conxunto completo NOR: NOT x = x NOR x x AND y = (x NOR x) NOR (y NOR y) x OR y = (x NOR y) NOR (x NOR y) A figura 3 mostra de xeito gráfico estas equivalencias entre os conxuntos completos AND-OR-NOT, NAND e NOR. No capítulo 5 de Floyd (2006) pode atoparse unha descrición máis detallada dos conxuntos universais NAND e NOR. Neste capítulo tamén se analiza o emprego destes conxuntos universais para sintetizar circuítos lóxicos. = = (a) (b) = = (c) (d) Figura 2: Equivalencias entre diferentes portas lóxicas UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 15 4. Simplificación de funcións de conmutación A simplificación das funcións de conmutación ten como obxectivo final reducir o custe da implementación de funcións con portas lóxicas. Dependendo dos parámetros de deseño existen diferentes alternativas para reducir estes custes, pero, en xeral, o que se pretende é obter a expresión máis sinxela posible dunha función. Nesta UD centrarémonos exclusivamente na simplificación de funcións lóxicas, obviando outros aspectos para reducir o custe dos circuítos lóxicos. Outros aspectos de deseño (Llorís Ruíz et ál., 2003: 111-150) están fóra dos obxectivos da UD. A simplificación das funcións lóxicas pode realizarse de diferentes xeitos. Por un lado, uso dos postulados e teoremas da álxebra de conmutación e quizais o método máis inmediato para intentar simplificar a expresión dunha función lóxica. Porén, a capacidade deste método para obter un resultado óptimo depende da habilidade e experiencia do deseñador para escoller adecuadamente o teorema ou postulado que se debe aplicar en cada situación. Polo outro lado, existen métodos sistemáticos que garanten a obtención dunha expresión mínima. Un dos máis coñecidos é o método dos mapas de Karnaugh ou método Veitch- Karnaugh. Este método é adecuado para simplificar manualmente funcións de menos de 5 variables, xa que está baseado en estruturas xeométricas. No resto dos casos, nos que o método de Karnaugh é de difícil aplicación, é preciso utilizar outros métodos manuais máis sofisticados –como o método Quine-McCluskey (Llorís, Prieto e Parrilla, 2003: 91-123)– ou software específico (Angulo Usategui e García Zubía, 2002: 66). AND-OR- NOT NAND NOR NOT AND OR Figura 3: Equivalencias entre conxuntos completos de portas lóxicas 16 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais 4.1. Mapas de Karnaugh O fundamento do método de simplificación baseado nos mapas de Karnaugh é o de analizar as adxacencias das posibles combinacións de entrada ou estados da función. Dous estados son adxacentes cando os mintermos ou maxtermos asociados ó estado só se diferencian nun literal. Polo tanto, dous mintermos adxacentes que aparezan na forma SOP canónica dunha función de n variables poden simplificarse, aplicando os postulados 5 e 6, nunha expresión de n-1 literais. Pode facerse un razoamento análogo para o caso de formas POS canónicas. Un mapa de Karnaugh é unha matriz de celas, na que cada cela está asociada con un número binario, do mesmo xeito que as filas dunha táboa de verdade. Polo tanto, o mapa de Karnaugh dunha función de n variables terá 2n celas. En realidade, o mapa de Karnaugh contén a mesma información que unha táboa de verdade, pero organizada de xeito que a celas asociadas a mintermos ou maxtermos adxacentes sexan tamén adxacentes na estrutura matricial. Para lograr este tipo de adxacencias, utilízase unha organización baseada no código Gray (Nelson et ál., 1996: 62; Floyd, 2006: 96). A figura 4(a) e 4(b) mostran a estrutura matricial dun mapa de Karnaugh para unha función de 3 e para una función de 4 variables, respectivamente. Nestas figuras, o número situado na esquina superior esquerda das celas indica o número binario asociado ó estado correspondente. Debe terse en conta que nun mapa de Karnaugh as celas só son adxacentes en vertical ou horizontal (nunca en diagonal), coma os movementos dunha torre no xadrez. Hai que ter en conta tamén que as celas da fila superior son adxacentes ás celas da fila inferior, como se o mapa de Karnaugh se dobrase como un cilindro. Sucede o mesmo para as celas das columnas da esquerda e da dereita (Nelson, 2006: 230). A continuación explicarase o método de simplificación baseado nos mapas de Karnaugh para obter formas SOP mínimas de funcións de menos de 5 variables. Esta análise pódese realizar tamén para obter forma POS mínimas (Nelson et ál., 1996: 197-203) e tamén para funcións de 5 variables (Floyd, 2006: 247). Antes de explicar as regras do método de Karnaugh, é preciso establecer algunhas definicións: Implicante: é un termo produto da función. Nos mapas de Karnaugh identificase como un conxunto de mintermos situados en celas adxacentes, formando un cadrado ou un rectángulo cun número de mintermos que sexa potencia enteira de 2 (1, 2, 4, 8 ou 16 elementos). Implicante primo: implicante que non está contido completamente dentro dun implicante de maior tamaño. Implicante primo esencial: implicante primo que contén un ou máis mintermos que non pertenzan a ningún outro implicante. UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 17 As regras do método de simplificación de Karnaugh son: 1. Representar os mintermos da función nun mapa de Karnaugh, poñendo un 1 na celas que teña a mesma numeración que os mintermos da función. Por exemplo, se a forma canónica SOP dunha función de catro variables contén o mintermo m4, entón deberá poñerse un 1 na cela 0100. 2. Agrupar tódolos mintermos da función co mímino número de implicantes. — En primeiro lugar deben seleccionarse os implicantes primos esenciais. Hai que buscar celas que só pertenzan a un implicante, e seleccionar ese implicante. — A continuación, selecciónanse os implicantes primos por orde de tamaño, favorecendo sempre ós implicantes máis grandes, ata que tódolos mintermos estén contidos, como mínimo, nun implicante. Unha cela pode pertencer a varios implicantes se con iso logramos implicantes de maior tamaño. 3. Cando unha función é incompletamente especificada, as indeterminacións poden incluírse como elementos dos implicantes se iso xera implicantes de maior tamaño. Isto é posible porque estamos a forzar que a función teña un 1 nun estado que, en calquera caso, é irrelevante (Floyd, 2006: 240). 4. Cada implicante seleccionado correspóndese cun termo produto composto por tódolos literais dos mintermos asociados ó implicante, excepto aqueles que presenten unha mesma variable de forma complementada e non complementada. Noutras palabras, o termo produto conten tódolos literais que sexan comúns a tódolos mintermos contidos no implicante. (a) f(x2,x1,x0) (a) f(x3,x2,x1,x0) Figura 4: Estruturas dos mapas de Karnaugh para funcións de 3 e 4 variables 18 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais O Anexo 2 da UD contén un caso práctico de simplificación dunha función de catro variables utilizando o método dos mapas de Karnaugh. 5. Deseño e síntese de circuítos combinacionais Nesta sección descríbese o proceso de deseño e síntese dun circuíto combinacional a partir da especificación verbal do circuíto. Este proceso pode resumirse nos seguintes puntos: 1. Esquema básico do circuíto. En primeiro lugar, compre debuxar un esquema básico do circuíto que se desexa implementar. Este esquema serve para identificar claramente cales son as entrada e as saídas do circuíto. 2. Codificación binaria das entradas e saídas. Para cada unha das entradas do circuíto é preciso identificar cada posible situación e asignarlle unha codificación binaria. O número de posibles valores dunha entrada determinará o número de bits (e, polo tanto, o número de variables) que se precisan para codificar esa entrada. Tamén é preciso identificar os posibles situacións da saída, realizando a correspondente codificación binaria. Neste caso, cada bit da codificación binaria da saída será tratado como unha función de conmutación independente. 3. Construción das táboas de verdade das funcións de saída. Para cada unha das funcións de saída constrúese a correspondente táboa de verdade e obtense a expresión das diferentes funcións de conmutación na súa forman SOP canónica. 4. Simplificación da función de conmutación. O obxectivo é obter a expresión mínima da función de conmutación. É recomendable utilizar un método sistemático que garanta o resultado óptimo. Para funcións de menos de 5 variables recoméndase a utilización do método de mapas de Karnaugh. 5. Implementación da función conectando portas lóxicas. A partir da expresión mínima obtida anteriormente, a función de conmutación impleméntase nun circuíto lóxico. As diferentes operacións lóxicas da expresión son realizadas mediante portas lóxicas adecuadamente interconectadas. Recoméndase construír o circuíto de xeito ordenado e cunha estrutura regular, que permita unha inspección axeitada en caso de ser preciso algún tipo de rectificación. 6. Verificación da implementación do circuíto. O último paso consiste na verificación da implementación particular que se fixo do circuíto. Para iso, é preciso verificar que a saída do circuíto, para un estado particular das entradas, se corresponde cos valores de saída indicados nas táboas de verdade correspondentes. UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 19 6. Análise de circuítos combinacionais A análise dos circuítos combinacionais é o proceso inverso da síntese de circuítos combinacionais (Nelson et ál., 1996: 120). Partindo da implementación con portas lóxicas, o obxectivo principal da análise é obter a expresión alxebraica da función de conmutación, ou calquera outra forma de descrición do seu comportamento. O método alxebraico de análise consiste en substituír, unha a unha, cada porta lóxica pola correspondente función de conmutación. Neste método, tódalas saídas das portas lóxicas son consideradas como variables temporais do circuíto. O proceso comeza pola porta máis próxima á saída do circuíto, obtendo unha primeira expresión da función de conmutación buscada. Deste xeito, esta primeira aproximación correspóndese coa función de conmutación da primeira porta substituída. A continuación, as variables temporais que vaian aparecendo nesta expresión son substituídas polas funcións de conmutación das portas que xeran esas variables temporais. O proceso repítese ata que non existan variables temporais na expresión alxebraica da función de conmutación. Polo tanto, tódalas variables na expresión final da función de conmutación correspóndense con variables de entrada do circuíto. Ademais da función lóxica do circuíto, a análise dun circuíto combinacional permite avaliar certas características físicas que dependen do número e configuración das portas dun circuíto (Nelson et ál., 1996: 125). Un exemplo é a análise dos retardos de propagación, xa que as portas lóxicas teñen un determinado tempo de resposta fronte ós estímulos nas entradas. O tempo de resposta dun circuíto indica o tempo mínimo que a saída tarda en responder ante un cambio nalgunha da súas entradas. Nunha primeira aproximación, o tempo de resposta dun circuíto é proporcional ó número máximo de portas que apareza nalgún dos diferentes camiños que unen cada entrada coa saída do circuíto. ACTIVIDADES PROPOSTAS As actividades asociadas a esta UD teñen como obxectivo afianzar os contidos teóricos presentados nas clases expositivas e familiarizarse cos procesos de deseño, síntese e análise de sistemas combinacionais. Por unha parte, durante o desenvolvemento da UD, os alumnos terán a súa disposición unha listaxe de exercicios para que, de xeito autónomo, practiquen os conceptos e métodos presentados nas clases expositivas. O Anexo 3 da UD contén un mostra representativa deste tipo de exercicios. Estes exercicios poderán ser utilizados polo alumno como un mecanismo de autoavaliación continua da UD. En calquera caso, o alumnado pode complementar esta listaxe con outros exercicios que se atopen na bibliografía. Neste senso, recoméndase especialmente consultar libros que conteñan exercicios resoltos (García Zubía, 2003; Gascón de Toro et ál., 1990; González García, 1996; Velasco Ballano e Otero Arias, 1995). 20 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais Pola outra banda, a UD ten asociadas 3 sesións interactivas, de carácter obrigatorio, nas que se traballarán tamén os conceptos e métodos presentados na UD. En particular, o traballo destas sesións distribuirase do seguinte xeito: — Na primeira sesión realizarase un exercicio en grupos reducidos. O obxectivo do exercicio é afianzar os conceptos teóricos asociados á UD e practicar algúns métodos de simplificación de funcións de conmutación. O exercicio consistirá nunha competición entre os grupos para resolver exercicios propostos polo profesor. As normas concretas da competición serán explicadas polo profesor ó comezo da mesma. — Nas dúas últimas sesións, os procesos de deseño, simplificación, síntese e validación de circuítos de conmutación serán exercitados a través de problemas propostos polo profesor. Estes problemas deben ser resoltos en parellas. A parte de deseño ten que realizarse en papel, namentres que a síntese e verificación farase nun entorno software axeitado para tal fin. Ó comezo da primeira destas dúas últimas sesións, o profesor realizará un pequeno exercicio práctico para amosar as principais características e funcionalidades deste contorno software. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA A avaliación realizarase durante o desenvolvemento da unidade didáctica nas clases interactivas (avaliación procesual) e ó seu remate (avaliación final). A avaliación procesual realizarase durante as clases interactivas asociadas á unidade didáctica. Os criterios de avaliación que se aplicarán neste caso son: — Os exercicios en grupos reducidos, serán avaliados en función da cantidade de exercicios resoltos correctamente polo grupo, de acordo coas normas establecidas polo profesor. Así mesmo, o profesor tamén valorará a cohesión e participación dos compoñentes do grupo. — Os exercicios en parellas das clases interactivas avaliaranse mediante o ensino dos diferentes exercicios propostos. O profesor valorará a súa correcta implementación e verificación, así como os coñecementos do alumno mediante preguntas acerca do proceso de deseño e síntese. A avaliación final realizarase mediante un exame escrito, ó remate das sesións interactivas asociadas á unidade didáctica. Este exame permitirá ó estudante mostrar o grao de coñecemento adquirido, no que se refire á comprensión dos conceptos e técnicas expostos na unidade. UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 21 ANEXOS Anexo 1: representación de funcións de conmutación Dada a función f(x,y,z) = x¯y+xz, calcular: a) A táboa de verdade. b) A forma SOP canónica. c) A forma POS canónica. Resolución: a) Primeiro, hai que construír a estrutura da táboa de verdade (TV). Xa que a función ten 3 variables, a TV ten oito (23) filas e catro (3+1) columnas. Hai unha columna para cada variable e unha columna para os valores da función. As columnas correspondentes ás variables hai que enchelas coas 23 posibles combinacións diferentes de valores. Para non esquecerse de ningunha combinación, recoméndase seguir unha orde. Neste caso, por exemplo, cada combinación reflicte a codificación binaria de números enteiros correspondente ó número da fila (comezamos en 0): x y z f(x,y,z) 0 0 0 0 0 1 0 1 0 0 1 1 1 0 0 1 0 1 1 1 0 1 1 1 Para encher a última columna, hai que avaliar o valor da función para cada estado. Por exemplo: f(0,1,0) = 1·1 + 0·0 = 1 f(1,1,0) = 0·1 + 1·0 = 0 O resultado final é: x y z f(x,y,z) 0 0 0 0 0 0 1 0 0 1 0 1 0 1 1 1 1 0 0 0 1 0 1 1 1 1 0 0 1 1 1 1 22 – UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais b) Para obter a forma SOP canónica podemos utilizar a TV calculada anteriormente. Os mintermos da función están asociados coas combinacións de valores nos que a función ten un 1. Polo tanto, podemos indicar a forma SOP canónica como: f(x,y,z) = m2 + m3 + m5 + m7 Esta expresión pode expresarse de xeito máis condensado indicando soamente os números dos mintermos (o símbolo Σ indica que se realiza a operación «suma» sobre os termos produto): f(x,y,z) = Σm (2,3,5,7) Para atopar a expresión alxebraica é preciso substituír cada mintermo polo seu correspondente termo produto. O termo produto dun mintermo obtense a partir da combinación de valores asociada. Se a variable presenta un 0 nesa combinación, o termo produto do mintermo correspondente conterá esa variable complementada. Se, pola contra, a variable presenta un 1, o termo produto conterá esa variable sen complementar. Por exemplo, o mintermo m2 está asociado á combinación x,y,z = 010, polo que o termo produto asociado será x¯yz¯. Polo tanto, a forma SOP canónica é: f(x,y,z) = x¯yz¯ + x¯yz + xy¯z + xyz Poderiamos obter esta mesma expresión a partir da expresión inicial, utilizando o teorema 6 do álxebra de Boole (véxase a táboa 2). c) Para obter a forma POS canónica podemos utilizar tamén a TV calculada anteriormente. Os maxtermos da función están asociados coas combinacións de valores nos que a función ten un 0. Polo tanto, podemos indicar a forma POS canónica como: f(x,y,z) = M0 · M1 · M4 · M6 Esta expresión pode expresarse de xeito máis condensado indicando soamente os números dos maxtermos (o símbolo Π indica que se realiza a operación «produto» sobre os termos suma): f(x,y,z) = ΠM (0,1,4,6) Para atopar a expresión alxebraica é preciso substituír cada maxtermo polo seu correspondente termo suma. O termo suma dun maxtermo tamén se obtén a partir da combinación de valores asociada, pero de xeito inverso a como ser fai no caso dos mintermos. Se a variable presenta un 1 nesa combinación, o termo suma do maxtermo correspondente conterá esa variable complementada. Se, pola contra, a variable presenta un 0, o termo suma conterá esa variable sen complementar. Por exemplo, o maxtermo M1 está asociado á combinación x,y,z = 001, polo que o termo suma asociado será x+y+z¯. Polo tanto, a forma SOP canónica é: f(x,y,z) = (x+y+z)(x+y+z¯)(x¯+y+z)(x¯+y¯+z) UNIDADE DIDÁCTICA III. Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais – 23 Do mesmo xeito que na forma SOP canónica, poderiamos obter esta mesma expresión a partir da expresión inicial, utilizando o teorema 6 do álxebra de Boole (véxase a táboa 2). Anexo 2: simplificación de funcións de conmutación Simplificar mediante o método de mapas de Karnaugh a función lóxica que identifica se un número binario de 4 bits é múltiplo de 2 ou de 3. Resolución: A forma SOP canónica da función que nos están pedindo é: f(x3,x2,x1,x0) = Σm (2,3,4,6,8,9,10,12,14,15) onde xi reflicte o bit de peso i do número binario. Tendo en conta as regras do método de simplificación, en primeiro lugar hai que situar os mintermos da función nas correspondentes celas dun mapa de Karnaugh de catro variables: A continuación hai que seleccionar os implicantes axeitados: — Neste caso, hai tres implicantes primos esenciais, que son os formados polas parellas de celas 3-2, 15-14 e 8-9. Estes implicantes primos son precisos para incluír ós mintermos 3, 15 e 9. — Non existe unha posibilidade única para incluír ó resto de mintermos que quedan por cubrir. Polo tanto, hai que escoller os implicantes primos con maior número de elementos, aínda que se solapen celas. Neste caso, o máis axeitado é escoller o implicante formados polas celas 4-6-12-14 e o implicante formado polas celas 12-14-8-10. Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Informática Sistemas Dixitais Diego Rodríguez Martínez Departamento de Electrónica e Computación Escola Técnica Superior de Enxeñaría 3 Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais 9788498 879032 ISBN 978-84-9887-903-2