scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Emprego sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa

Guisán Seijas, María del Carmen

Abstract

Emprego sectorial e participación das mulleres en Galicia e Europa presenta os resultados dun traballo de investigación sobre o desenvolvemento económico, o emprego e a calidade de vida desde unha perspectiva de xénero, procurando respostas a preguntas cruciais: pode Galicia achegarse aos niveis de emprego, salarios, calidade de vida e participación das mulleres similares aos das rexións e países máis avanzados?. Que factores principais poden axudar a avanzar nesa dirección?. Ademais de atender estes interrogantes, a obra salienta a conveniencia dunha máis intensa concienciación por parte dos medios de comunicación e grupos políticos a respecto da importancia de previr os desequilibrios económicos e de impulsar un desenvolvemento sostible

Full text

Emprego sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa Coordinadora: María-Carmen Guisán Coordinadora MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS 2011 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño de cuberta Mabel Aguayo Edita Servizo de Publicacións Campus Vida 15782 Santiago de Compostela usc.es/publicacions ISBN 978-84-9887-876-9(Edc.dixital.PDF) Prólogo 9 Capítulo 1. Emprego, participación feminina e calidade 13 de vida en Galicia e en España MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS Capítulo 2. Emprego a tempo parcial por xénero nas 43 rexións españolas EVA AGUAYO LORENZO MARÍA DEL CARMEN LÓPEZ ANDIÓN ANA IGLESIAS CASAL Capítulo 3. Emprego sectorial e paro por xénero nas 49 rexións españolas MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS PILAR EXPÓSITO DÍAZ Capítulo 4. Emprego feminino, salarios e emprego 59 sectorial en Europa MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS PILAR EXPÓSITO DÍAZ EVA AGUAYO LORENZO Capítulo 5. Emprego, participación feminina e calidade 77 de vida en Europa MARÍA DEL CARMEN GUISÁN SEIJAS EVA AGUAYO LORENZO Anexos 87 15  Organización do traballo e equilibrio coa vida cotiá.  Diálogo social.  Diversidade e non discriminación.  Produtividade do traballo e desenvolvemento económico xeral. Estes dez parámetros desenvólvense, á súa vez, en trinta conceptos, que son os que establecen o índice de calidade laboral (CL). Galicia, cun 92,50% da remuneración media por asalariado de España, presenta un nivel de satisfacción menor que a media española. As comunidades con peor índice de calidade laboral, cun valor dese índice situado entre o 91,3 e o 98,5, son Castela e León, Asturias, Castela-A Mancha, Andalucía, Galicia e, por último, Estremadura, que presenta un índice de 91,2. En Guisán (2010) preséntase unha análise dos indicadores do Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas para trinta e tres países de Europa, Eurasia e América do Norte, nas que España ocupa o posto vinte e sete pola porcentaxe que supón o salario medio feminino con respecto ao salario medio masculino (53%). Na porcentaxe de ingresos por traballo feminino con respecto aos ingresos medios do traballo masculino, atopamos que a maior igualdade se produce en países do norte de Europa: Suecia (84%), Noruega (70%), Dinamarca (74%), Finlandia (72%), Lituania (72%) e Gran Bretaña (70%). As menores porcentaxes nese grupo de trinta e tres países corresponden a Grecia (53%), España (53%), Bélxica (52%), Italia (49%), Macedonia (49%) e México (42%). En Galicia esa porcentaxe, segundo o Consello Galego de Relacións Laborais, situaríase nun 75%, similar ao de Dina- 16 marca, pero con niveis salariais moito máis baixos que nese país tanto no caso masculino coma no feminino. A satisfacción laboral depende de varios factores, entre os que se inclúe a remuneración. No caso das mulleres tamén é importante que exista unha flexibilidade nos horarios ou a posibilidade de emprego a tempo parcial cando as circunstancias –de maternidade ou outras– o fagan desexable. A calidade do ambiente de traballo, o interese das actividades e o espírito de equipo tamén son factores importantes. No estudo de calidade laboral realizado por Artís et al. (2010) constátase unha evolución positiva do índice de calidade laboral no período 2001-2008 en todas as comunidades autónomas españolas, cunha situación no ano 2008 na que os maiores niveis corresponden a Baleares, Aragón, Madrid, Navarra, País Vasco e Cataluña, mentres que Galicia, cun índice de 116,04, se sitúa por baixo da media española, que é de 122,56. Neste índice sitúanse por baixo do nivel de Galicia as comunidades de Castela-A Mancha, Andalucía, Castela e León e Estremadura. Nos casos de Galicia e de España a taxa de emprego e o salario son menores que noutros países máis avanzados, polo que conviría impulsar os factores que nos permitan unha converxencia con eses países. Para intensificar de forma sostida a taxa de emprego no sector servizos, que é o que xera máis empregos, é necesario en xeral potenciar o desenvolvemento industrial, como se sinala en Guisán (1990, 2011) e noutros estudos. As gráficas 1 e 2 mostran a evolución da taxa de emprego feminina e do salario real medio en Galicia e en España en comparación con USA, Suíza e co conxunto dos catro principais países da Unión Europea (UE-4), formado por Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Italia. 17 O incremento das taxas de ocupación feminina e masculina e do salario real en Galicia e en España requiren unha converxencia real no PIB por habitante con respecto aos países máis avanzados. A industria ten unha grande importancia, non só polos seus efectos directos senón tamén polos seus efectos indirectos, xa que permite o desenvolvemento sostible do valor engadido e do emprego nos sectores de servizos. Gráfica 1. Participación laboral feminina, 2005-2010 (% de mulleres que traballan con respecto á poboación feminina de entre 25 e 64 anos) NOTA: UE-4 é o conxunto das catro principais economías da Unión Europea: Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Italia. FONTE: Elaboración propia a partir dos datos de Employment/Population 25-64 Age Ratio da OCDE. No caso de Galicia aplicouse a información do INE e, co obxecto de evitar unha sobreestimación, para o caso de Suíza tívose en conta o efecto dos traballadores transfronteirizos. 18 Gráfica 2. Salario real medio 1996-2010 (custo laboral por traballador en miles de dólares do ano 2000) NOTA: UE-4 é o conxunto das catro principais economías da Unión Europea: Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Italia. FONTE: Elaborado por Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE. No período 1964-2010, a correlación positiva entre o salario real e a produción industrial por habitante foi superior ao 80% en España e en Gran Bretaña, e superior ao 90% en USA, Alemaña, Francia, Italia e Suíza. A correlación tamén foi moi elevada entre a taxa de emprego nos sectores de servizos e da produción industrial per capita. Na gráfica 3 móstrase a evolución do valor engadido real por habitante na industria no período 1993-2010 en Galicia, España, Grecia, o conxunto UE-4, USA e Suíza. No período 1993-2010 Galicia aumentou o grao de converxencia do VEB industrial por habitante co conxunto de España, pero aínda está lonxe do conxunto da UE-4, de USA e de Suíza. 19 A diminución da produción industrial no período 2008- 2010 tivo efectos negativos sobre o emprego na propia industria e tamén nos sectores de servizos. Este problema tamén se presentou noutros países da Unión Europea como consecuencia da política de desequilibrio seguida polo comercio exterior da Unión Europea na primeira década do século XXI, e que esperamos que se rectifique na segunda década. No caso de España cómpre engadir que o forte endebedamento exterior do período 2003-2008 conduciu a unha situación de debilidade financeira ante a crise internacional. Gráfica 3. Grao de industrialización, 1993-2010 (VEB industrial por habitante en miles de dólares do ano 2000) NOTA: UE-4 é o conxunto das catro principais economías da Unión Europea: Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Italia. FONTE: Elaboración propia a partir dos datos da OCDE e do INE. Co obxecto de evitar sobreestimacións, para o caso de Suíza corrixiuse tendo en conta o efecto dos traballadores transfronteirizos. 20 Gráfica 4. VEB industrial real de Galicia e de España NOTA: A escala da esquerda corresponde a Galicia e a da dereita a España. Os datos están en miles de millóns de dólares a prezos e tipos de cambio do ano 2000. FONTE: Elaboración propia a partir dos datos da OCDE e do INE. En contra de moitas informacións habituais en distintos medios de comunicación, este endebedamento non xurdiu dun exceso de consumo –España tivo en xeral un nivel de consumo moderado–, senón a un insuficiente desenvolvemento industrial e a un importante déficit no comercio exterior, con importacións moi superiores ao nivel das exportacións. En Guisán (2011) analízase con maior detalle o tema da crise económica en España e en Europa. Polo que respecta á igualdade de oportunidades das mulleres para as actividades de liderado político, económico e social, observamos que aínda existen moitas barreiras, como se pon de manifesto no capítulo 5 deste libro e noutros estudos. No estudo de Guisán e Aguayo (2010) preséntase a seguinte táboa, na que se observa a escasa presenza feminina 21 en órganos de decisión, e especialmente no nivel 1 do poder financeiro no ano 2009, no que non existiu presenza feminina nin no conxunto da UE-15 nin no da UE-27 (táboa 1). Táboa 1. Participación das mulleres na toma de decisións da UE (% respecto do total de membros dos órganos de decisión) Nivel UE-15 2003 UE-27 2003 UE Inst. 2003 UE-15 2009 UE-27 2009 UE Inst. 2009 Sector financeiro 1 6,7 0 0 2 17,6 15,6 19,4 17,7 Grandes empresas 1 1,0 2,2 1,6 3,0 2 7,0 7,8 10,9 10,9 Sindicatos 1 16,7 27,8 2 19,8 22,7 Organizacións de empresarios 1 5,7 3,4 2 7,7 11,7 Parlamentos 20,7* 30,4* 24,2 34,9 Admón. Públ.: altos niveis de decisión 20,7 24,8 13,9 28,5 31,7 23,4 Poder xudicial 13,2 30,0 19,0 31,2 18,5 Universid.: altos niveis de decisión 11,0 NOTAS: Inst.: Institucións; Nivel 1: presidente; Nivel 2: membros do Consello; Admón. Públ.: Administración Pública; Universid.: Universidades. *Estimación por interpolación de datos do período 1997-2007 no caso dos Parlamentos nacionais, e de 1999-2007 para o Parlamento Europeo. Os datos das posicións das universidade son do ano 2006. FONTE: Guisán e Aguayo a partir dos datos da EU (2010). Nas gráficas 5 e 6 observamos como evolucionou positivamente o emprego feminino e masculino en Galicia no pe- 22 ríodo 1996-2007 debido aos efectos positivos do aumento da produción industrial e doutros factores sobre o emprego no sector servizos. En Galicia, como ocorre en xeral, existe unha importante concentración do emprego feminino nos sectores de servizos. A gráfica 7 mostra a evolución do emprego feminino (F) e masculino (M) por cada mil habitantes en Galicia e en España no período 1996-2010. Observamos unha crecente evolución do número de empregos femininos e masculinos no período 1996-2007, e unha evolución decrecente entre os anos 2008 e 2010. Ese descenso débese non só á crise financeira internacional dese último período, senón a outras características da economía galega e española relacionadas co seu menor grao de industrialización en comparación cos países europeos máis avanzados, como xa vimos na gráfica 3. A gráfica 8 mostra a taxa de emprego non agrario, o número de persoas ocupadas por cada mil habitantes de Galicia e de España en comparación co conxunto de Alemaña, Francia, Gran Bretaña e Italia (UE-4) no período 1964-2010. Cómpre destacar unha evolución estable e positiva da taxa de emprego non agrario no conxunto UE-4, e un comportamento inestable e oscilante desa taxa en Galicia e en España. En xeral, o maior crecemento do emprego non agrario prodúcese nos períodos de maior incremento da produción industrial, mentres que os intentos de impulsar o emprego da construción e dos servizos sen unha base industrial adoita ter pouco éxito. Tamén hai que insistir na importancia que ten a intensificación da produción industrial para aumentar o salario real medio feminino e masculino de Galicia e de España cara aos niveis dos países máis avanzados. 23 Gráfica 5. Evolución do emprego feminino en Galicia, 1996- 2010 (en miles de mulleres ocupadas) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos do INE e do IGE. Gráfica 6. Evolución do emprego masculino en Galicia, 1996-2010 (en miles de homes ocupados) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos do INE e do IGE. 24 Gráfica 7. Empregos femininos (F) e masculinos (M) por cada mil habitantes en Galicia e en España, 1996-2010 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos do INE e do IGE. Gráfica 8. Taxa de emprego non agrario en Galicia, en España e na UE-4 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do INE e do IGE. 31 foi importante pero, lamentablemente, non estivo acompañado dun suficiente desenvolvemento industrial nese período, o que fai que sexa pouco sostible e que por iso descendera entre os anos 2008 e 2010. Observamos que Galicia e España aínda están moi lonxe da situación dos outros países da gráfica, situándose no ano 2010 en valores próximos aos que tiñanUSA e Suíza no ano 1975, o que significa trinta e cinco anos de atraso con respecto a eses países. O nivel salarial –tanto masculino como feminino– depende en gran medida da produción por habitante, e esta en xeral depende do grao de desenvolvemento industrial. Tamén o desenvolvemento dos sectores de servizos, que son os que xeran máis emprego, depende en gran medida do nivel de desenvolvemento industrial, aínda que inflúen tamén outras variables como, por exemplo, o turismo. Os maiores salarios prodúcense en xeral nos países que teñen un maior desenvolvemento industrial, aínda que tamén interveñen outros factores no incremento da renda real por habitante e dos salarios. A gráfica 10 presenta a evolución do cociente entre a produción industrial por habitante de Galicia e de España, de España en comparación co conxunto da UE-4 (Alemaña, Francia, Gran Bretaña e Italia), e de Galicia coa UE-4. Obsérvase unha evolución positiva do cociente Galicia/España, o que implica unha maior converxencia no VEB industrial por habitante de Galicia co conxunto de España, como xa vimos na gráfica 3. Pola contra, vemos unha tendencia negativa –desde o ano 2002 no caso de España/UE-4, e desde o ano 2008 no caso do cociente Galicia/UE-4–, o que significa que se produciu un retroceso no proceso desexable de converxencia real cara ás economías europeas máis avanzadas. 32 Gráfica 10. Produción industrial por habitante: Evolución do cociente Galicia/España, Galicia/UE-4 e España/UE-4 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do INE e do IGE. As políticas económicas dirixidas a mellorar o nivel de desenvolvemento propician o incremento do emprego feminino, o incremento dos salarios e a converxencia entre o salario real de homes e mulleres. Como se analiza en Guisán (2011) e noutros estudos, os países que teñen un maior desenvolvemento industrial teñen en xeral unha maior capacidade de incrementar o salario real en todos os sectores produtivos e de aumentar a taxa de emprego nos sectores de servizos. A táboa 7 mostra as diferenzas que existen entre Galicia e España con outros países europeos e conUSA. No caso de Galicia os valores medios dos salarios, tanto dos homes como das mulleres, son inferiores á media española, e España 33 ten un valor medio claramente inferior aos países máis avanzados de Europa. Táboa 7. VEB real per capita ($2000 PPC) e taxa de emprego (por cada mil habitantes) no sector servizos: Galicia, España, Alemaña, Gran Bretaña, Francia, Italia eUSA, 2005 Países VEB servizos 2005 VEB industria 2005 Taxa de emprego 1996 Taxa de emprego 2005 Galicia 6939 2 097 160 241 España 9390 2 644 199 274 Alemaña 1 4977 5 551 301 339 Francia 15 829 3 716 283 314 Gran Bretaña 18 728 4 585 363 415 Italia 12 424 3 745 247 279 USA 26 192 6 396 345 377 FONTE: Elaborado por Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE. No caso de Galicia aplicouse a proporción Galicia/España dos datos do INE e do IGE aos datos relativos a España. En Guisán e Expósito (2011) e tamén noutros estudos destácase a importancia que ten o incremento da taxa de emprego nos sectores de servizos para incrementar as oportunidades laborais e os salarios para as mulleres, xa que o emprego feminino tende a concentrarse neses sectores. A gráfica 11 mostra a evolución do emprego non agrario de Galicia e de España en comparación con Alemaña,USA e Suíza. As táboas 8 a 11 e as gráficas 12 a 15 mostran a evolución da taxa de emprego de cada sector por cada mil habitantes. Nelas preséntase a evolución das taxas de emprego dos sectores produtivos de Galicia en comparación con Es- 34 paña, Alemaña,USA e Suíza entre os anos 1965 e 2010. Observamos varios desequilibrios e oscilacións bruscas no caso de España, e tamén de Galicia, mentres que algúns países mostran un desenvolvemento económico elevado e unha evolución moi equilibrada. Gráfica 11. Emprego non agrario por cada mil habitantes FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do INE e do IGE. Táboa 8. Taxa de emprego sectorial: agricultura e pesca (persoas ocupadas no sector por cada mil habitantes) Ano Galicia España Alemaña USA Suíza 1965 290 113 56 23 53 1980 168 59 28 15 33 1990 123 38 20 14 28 2000 64 23 12 9 26 2010 31 18 8 7 22 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. 35 Destaca a importancia de Galicia no emprego en agricultura e pesca, actividades que foron un refuxio importante para o emprego nos anos nos que o desenvolvemento das actividades non agrarias era moi baixo. O desenvolvemento dos sectores non agrarios no período 1965-2010 permitiu unha mecanización de moitas actividades dese sector e o transvasamento de emprego a outros sectores. A taxa de emprego agrario de Galicia no ano 2010 é similar á de Suíza do ano 1980. Gráfica 12. Taxa de emprego sectorial: agricultura e pesca (persoas ocupadas por cada mil habitantes) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. Alemaña, USA e Suíza son países cun alto nivel de industrialización, cuxa produción industrial por habitante seguiu en xeral unha tendencia positiva no período 1965-2010. O descenso nas taxas de emprego neste sector débese ás melloras tecnolóxicas que se implantaron con obxecto de in- 36 crementar a produtividade por traballador e manter a competitividade internacional. Con respecto aos valores máis elevados da taxa de emprego industrial de Alemaña e de Suíza, en comparación con USA, pode deberse a varias causas como as diferenzas na estrutura industrial de cada país, con sectores máis ou menos intensivos en man de obra, e tamén ao efecto do emprego da contratación externa de servizos profesionais (outsourcing), que parece ser máis intensa en Alemaña que enU- SA. No caso de Suíza tamén inflúe o importante peso que ten neste país o número de traballadores transfronteirizos, que computan no emprego pero non na poboación, xa que residen en países limítrofes, o que sobreestima a taxa de emprego. Galicia e España teñen niveis de produción industrial por habitante moi inferiores aos dos outros países da táboa. O feito de que teñan unha taxa de emprego industrial similar á deUSA non se debe a que poidan equipararse co seu nivel de industrialización, senón a diferenzas na estrutura industrial, aos seus menores niveis de capital por traballador e a diferenzas no tema da contratación externa de servizos. Táboa 9. Taxa de emprego sectorial: industria (persoas ocupadas no sector por cada mil habitantes) Ano Galicia España Alemaña USA Suíza 1965 60 97 182 116 202 1980 65 83 162 106 140 1990 57 77 155 93 135 2000 64 75 104 79 105 2010 61 55 95 53 94 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. 37 Gráfica 13. Taxa de emprego sectorial: industria (persoas ocupadas por cada mil habitantes) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. Aínda que a produción industrial por habitante aumentou en Galicia e en España durante o período 2001-2007, a taxa de emprego mantívose practicamente constante en Galicia e descendeu en España debido ás melloras na tecnoloxía e ao aumento da produtividade por traballador. O importante é destacar que o valor engadido industrial por habitante de Galicia e de España debería aumentar non só para manter ou incrementar o emprego nese sector, senón sobre todo polo importante impacto positivo que a produción industrial ten sobre a produción e o emprego nos sectores de servizos. A táboa 10 e a gráfica 14 mostran a evolución da taxa de emprego do sector da construción. Podemos observar que a taxa de emprego neste sector aumentou nos casos de Galicia, España e USA, mentres que diminuíu lixeiramente no caso de Suíza e en maior medida no caso de Alemaña. 38 Táboa 10. Taxa de emprego sectorial: construción (persoas ocupadas no sector por cada mil habitantes) Ano Galicia España Alemaña USA Suíza 1965 22 29 39 24 44 1980 38 28 36 27 49 1990 34 31 33 31 45 2000 44 43 34 35 41 2010 38 35 28 29 41 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. Gráfica 14. Taxa de emprego na construción, 1996-2010 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. O valor máis elevado da taxa de emprego na construción en case todos os anos da táboa 10 correspondeu a Suíza, debido en gran medida ao importante impacto do turismo. Os datos de España e de Galicia son bastante parecidos aos 39 dos outros países nos anos que figuran na táboa, pero experimentaron cambios moi bruscos no período 2001-2010, como se poder ver na gráfica 14. Observamos unha evolución estable en Suíza, unha tendencia moderadamente crecente enUSA ata o ano 2007 e un brusco descenso posterior; un descenso forte en Alemaña no período 1995-2005 e un lixeiro incremento entre os anos 2005 e 2010. Táboa 11. Taxa de emprego sectorial: servizos (persoas ocupadas no sector por cada mil habitantes) Ano Galicia España Alemaña USA Suíza 1965 87 118 188 213 234 1980 117 144 220 287 303 1990 162 181 255 337 346 2000 189 234 327 370 373 2010 264 283 371 364 411 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. Nos casos de España e de Galicia os cambios foron demasiado bruscos, con todos os problemas que isto xera. España experimentou un incremento excesivo no período 1999- 2007, e un brusco descenso entre os anos 2007 e 2010. No caso de Galicia o crecemento, aínda que excesivo, foi máis moderado que no caso de España, e por iso a caída foi me- nor. Galicia e España incrementaron de forma importante o emprego nos sectores de servizos no período 1965-2010, pero aínda teñen uns niveis baixos en comparación cos países da táboa 11. Así, no ano 2010 Galicia sitúase por baixo do nivel de USA e de Suíza no ano 1980, e só lixeiramente por riba do valor de Alemaña no ano 1990. 40 Gráfica 15. Taxa de emprego sectorial: sector “servizos”, 1996-2010 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE, do IGE e do INE. O intento de España de aumentar a taxa de emprego non agrario no período 2001-2007 era pouco sostible, e a taxa diminuíu entre os anos 2007 e 2010 como consecuencia da crise económica. Fracasou o intento de impulsar os sectores da construción e dos servizos sen suficiente apoio do sector industrial e con base no endebedamento exterior, xa que o crecemento dos sectores non industriais require en xeral manter uns equilibrios razoables co desenvolvemento industrial. ARTÍS, M.; SURIÑAC, J.; LÓPEZ-TAMAYO, J.; FONTANELS, O. (2010). Estudio Manpower Professional. Calidad laboral. Universitat de Barcelona, IREA. (https://candidate.manpower.com/wps/wcm/con- 47 No estudo de Beltrán (2000), a porcentaxe masculina a tempo parcial evoluciona desde un 2,3% no ano 1987 ata un 2,8% no ano 1998. A porcentaxe feminina pasa dun 13,9% a un 17,2%. En comparación, observamos que no período 1998-2009 a porcentaxe masculina permaneceu estable, mentres que a feminina mostrou unha tendencia crecente. Guisán (2012) analiza as diferenzas con outros países, e sinala que no conxunto da OCDE o 26,26% do emprego feminino é a tempo parcial e o 8,95% do masculino. Polo tan- to, as porcentaxes españolas, cun 4,85% para os homes e cun 23,04% para as mulleres, están algo por baixo da media da OCDE. No caso de Galicia as porcentaxes de emprego a tempo parcial no ano 2009 son máis baixas que as de España, cun 4,25% no caso dos homes e cun 19,32% no caso das mulleres. Cómpre destacar que a porcentaxe de mulleres que demanda traballo a tempo parcial, con obxecto de conciliar a vida laboral e a familiar, é máis elevada que a dos homes. Tamén inflúe o salario medio percibido, de forma que en países con maiores niveis de remuneración ás veces aumenta a porcentaxe de persoas que demandan traballo a tempo parcial. BELTRÁN, R. (2000). “Las mujeres y el trabajo a tiempo parcial en España. Elementos para su análisis”, Cuadernos de Relaciones Laborales, 17, pp. 139-161. (http://www.ucm.es/BUCM/revistas /rla/11318635/articulos/CRLA0000220139A.PDF). GUISÁN, M.C.; AGUAYO, E.; EXPÓSITO, P. (2012). Empleo sectorial y participación social: situación en Europa desde una perspectiva de género. (http://www.usc.es/economet/libros.htm). 48 INE. Encuesta de Población Activa. OCDE. Informe OCDE sobre emprego feminino a tempo parcial. (http://www.oecd.org/dataoecd/30/39/38752777.pdf). 49 e acordo co estudo de Guisán e Expósito (2011), presentamos unha análise do emprego sectorial por xénero nas rexións españolas. A orde das comunidades autónomas nas gráficas é o alfabético habitual do Instituto Nacional de Estatística, e o que figura na táboa 1: Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa. A gráfica 1 mostra o número de persoas empregadas por cada mil habitantes nas dezasete comunidades autónomas españolas no ano 2009. As gráficas 2 e 3 mostran o número de homes e mulleres ocupados por cada mil habitantes. Galicia sitúase entre as rexións que superan a media española de 404 empregos por cada mil habitantes no ano 2009, ocupando o oitavo posto tras Madrid, Baleares, Aragón, Cataluña, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Cantabria. Os valores máis baixos da taxa de emprego corresponden a Andalucía e a Estremadura. Nunha zona intermedia sitúanse 50 Asturias, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana e Murcia. Gráfica 1. Taxas de emprego no ano 2009: emprego total por cada mil habitantes FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. Gráfica 2. Taxa de emprego masculino por cada mil habitantes FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. 51 Gráfica 3. Taxa de emprego feminino por cada mil habitantes FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. Polo que respecta ao emprego masculino, observamos que Galicia ocupa o undécimo lugar, situándose lixeiramente por baixo da media española. As rexións coas maiores taxas son A Rioxa, Navarra, Madrid, Aragón e Baleares. Na taxa de emprego feminino destacan Madrid, Baleares, Cataluña e Navarra. As táboas 1 a 3 presentan as taxas de emprego por cada mil habitantes correspondentes aos sectores de “agricultura”, “industria”, “construción” e “servizos” das dezasete comunidades autónomas españolas e do conxunto de España para o ano 2009. No ano 2009 España tiña 404 empregos por cada mil habitantes, dos cales 228 correspondían a homes e 176 a mulleres. O emprego masculino representaba o 56,4% do emprego total e o feminino o 43,6%, o que supón un cambio importante con respecto a décadas pasadas, nas que as taxas de emprego femininas eran moi baixas. 52 Táboa 1. Taxas de emprego por xénero: sector “servizos” e total. Datos das rexións españolas no ano 2009 (persoas ocupadas por cada mil habitantes) Rexión Servizos Total Masc. Fem. Ambos os dous Masc. Fem. Ambos os dous Andalucía (AN) 129 130 259 206 146 353 Aragón (AR) 122 160 282 243 185 427 Asturias (AS) 120 159 278 212 175 387 Illas Baleares (IB) 151 185 336 241 196 437 Illas Canarias (CN) 156 153 309 216 163 379 Cantabria (CB) 125 160 284 236 184 420 Castela e León (CL) 117 143 260 233 164 397 Castela-A Mancha (CM) 115 127 242 233 149 382 Cataluña (CT) 131 161 292 234 193 427 Comunid. Valenciana (CV) 123 153 275 224 174 398 Estremadura (EX) 115 120 235 215 137 352 Galicia (GA) 117 152 268 225 187 412 Madrid (MA) 179 194 373 248 211 459 Murcia (MC) 121 140 262 229 170 398 Navarra (NC) 106 151 257 250 188 438 País Vasco (PV) 122 168 290 237 192 429 Rioxa, A (RI) 115 146 261 251 183 434 ESPAÑA (ES) 133 154 287 228 176 404 NOTA: Masc.: Masculino; Fem.: Feminino; Ambos os dous: Masculino+Feminino. FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. As taxas de emprego máis elevadas nos sectores de servizos corresponden a Madrid (373), Baleares (336), Canarias (309), Cataluña (292) e País Vasco (290). Os valores máis baixos corresponderon a Estremadura (235) e Castela- A Mancha (242). 53 Táboa 2. Taxas de emprego por xénero: sectores de “agricultura” e “industria”. Datos das rexións españolas no ano 2009 (persoas ocupadas por cada mil habitantes) Rexión Agricultura e Pesca Industria Masc. Fem. Ambos os dous Masc. Fem. Ambos os dous Andalucía (AN) 19 7 26 27 7 33 Aragón (AR) 17 4 21 63 17 81 Asturias (AS) 10 6 15 48 9 57 Illas Baleares (IB) 4 2 6 28 7 36 Illas Canarias (CN) 7 3 10 20 4 24 Cantabria (CB) 11 6 17 59 13 72 Castela e León (CL) 21 5 26 56 14 70 Castela-A Mancha (CM) 21 3 25 50 15 65 Cataluña (CT) 6 2 8 57 27 84 Comunid. Valenciana (CV) 11 2 13 50 16 67 Estremadura (EX) 30 8 38 32 6 38 Galicia (GA) 19 13 33 51 19 69 Madrid (MA) 1 1 2 32 12 44 Murcia (MC) 30 14 44 40 12 52 Navarra (NC) 17 3 20 92 31 123 País Vasco (PV) 4 2 6 79 19 98 Rioxa, A (RI) 17 2 18 77 32 109 ESPAÑA (ES) 12 4 17 45 15 60 NOTA: Masc.: Masculino; Fem.: Feminino; Ambos os dous: Masculino+Feminino. FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. No sector “agricultura e pesca” as rexións que presentan as taxas máis elevadas son Murcia (44), Estremadura (38) e Galicia (33). O valor máis baixo corresponde a Madrid (2). No sector “industria” as rexións con taxas máis elevadas son Navarra (123), A Rioxa (109), País Vasco (98) e Cataluña (84). As máis baixas corresponden a Canarias (24), Andalucía (33), Baleares (36) e Estremadura (38). 54 Táboa 3. Taxas de emprego por xénero: sector “construción”. Datos das rexións españolas no ano 2009 (persoas ocupadas por cada mil habitantes) Rexión Construción Masculino Feminino Ambos os dous Andalucía (AN) 32 2 34 Aragón (AR) 40 3 43 Asturias (AS) 35 2 37 Illas Baleares (IB) 57 3 60 Illas Canarias (CN) 33 3 36 Cantabria (CB) 43 5 47 Castela e León (CL) 38 3 41 Castela-A Mancha (CM) 47 3 50 Cataluña (CT) 39 4 44 Comunidade Valenciana (CV) 40 3 43 Estremadura (EX) 37 2 40 Galicia (GA) 38 3 41 Madrid (MA) 35 4 39 Murcia (MC) 37 3 40 Navarra (NC) 36 3 39 País Vasco (PV) 31 3 34 Rioxa, A (RI) 42 3 46 ESPAÑA (ES) 37 3 40 FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE. No sector “construción”, o número de empregos por cada mil habitantes no ano 2009 ascendeu a 40 persoas en España, das cales 37 eran homes e 3 mulleres. As rexións máis destacadas foron Baleares con 60 ocupados neste sector por cada mil habitantes, debido á súa importante actividade turística, e Castela-A Mancha con 50 ocupados debido en gran medida aos importantes impactos derivados da súa proximidade a Madrid. 55 As táboa 4 e 5 presentan datos de emprego e paro por xénero. Táboa 4. Emprego, paro, poboación activa e taxa de paro por xénero, 2009 Emprego Paro Poboación activa Taxa de paro % de PA Masc. Fem. Masc. Fem. Masc. Fem. Masc. Fem. AN 1 707 1 210 542 450 2 249 1 660 24,10 27,11 AR 326 248 149 35,6 475 284 31,37 12,55 AS 230 190 33,0 32,1 263 222 12,55 14,45 IB 264 215 62,7 42,6 327 258 19,19 16,54 CN 453 342 155,8 126,5 609 469 25,59 27,00 CB 139 108 17,8 15,9 157 124 11,35 12,83 CL 596 420 79,6 83,0 676 503 11,78 16,50 CM 485 310 99,8 84,2 585 394 17,07 21,36 CT 1 747 1 441 360,2 258,5 2 107 1 700 17,09 15,21 CV 1 139 885 310,5 234,5 1 450 1 120 21,42 20,95 EX 237 151 49,2 50,8 286 202 17,19 25,17 GA 629 523 83,8 82,1 713 605 11,76 13,57 MA 1 577 1 342 258,8 217,6 1 836 1 560 14,10 13,95 MC 331 246 93,8 56,7 425 303 22,08 18,73 NC 157 118 17,7 16,1 175 134 10,13 12,01 PV 515 417 61,3 54,3 576 471 10,64 11,52 RI 81 59 11,6 8,8 93 68 12,53 12,98 ES 10 658 8 227 2 292 1 857 12 950 10 084 17,70 18,42 NOTA: Masc.: Masculino; Fem.: Feminino. As taxas de desemprego por xénero é a porcentaxe de desemprego por xénero en poboación activa por xénero. FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE (2010). 56 Táboa 5. Emprego, paro, poboación activa, taxa de paro, poboación e taxas de emprego e actividade: ambos os dous xéneros no ano 2009 (en miles de persoas) Emprego Paro Poboación activa Taxa paro Poboación Taxa emprego Taxa actividade AN 2 917 992 3 911 25,3 8 286 35,2 47,2 AR 575 84 655 12,8 1 343 42,5 48,7 AS 420 65 480 13,5 1 085 38,2 44,2 IB 479 105 580 18,1 1 095 43,3 52,9 CN 795 282 1 075 26,2 2 099 37,7 51,2 CB 247 33 276 11,9 589 41,2 46,8 CL 1 016 162 1 176 13,7 2 560 39,6 45,9 CM 794 184 974 18,8 2 079 37,9 46,8 CT 3 189 618 3 803 16,2 7 467 42,6 50,9 CV 2 024 545 2 563 21,2 5 085 39,6 50,4 EX 387 100 482 20,7 1 100 34,7 43,8 GA 1 151 165 1 311 12,5 2 795 41,0 46,9 MA 2 919 476 3 388 14,0 6 360 45,7 53,2 MC 577 150 722 20,7 1 445 39,5 49,9 NC 276 33 304 10,8 630 43,0 48,2 PV 931 115 1 042 11,0 2 171 42,6 47,9 RI 139 20 155 12,9 321 42,0 48,2 ES 18 885 4 149 23 033 18,0 46 746 40,4 49,2 NOTA: Taxa de emprego: porcentaxe de emprego con respecto á poboación. Taxa de actividade: porcentaxe de paro con respecto á poboación activa. Poboación activa: emprego+paro. FONTE: Guisán e Expósito (2011) a partir dos datos do INE (2010). As taxas de paro máis baixas no ano 2009, inferiores ao 15%, corresponderon a Asturias, Cantabria, Galicia, Madrid, Navarra, País Vasco e A Rioxa. As taxas máis elevadas de paro masculino, por riba do 24% da poboación activa, corresponderon a Aragón 63 Táboa 2. Paro, 1990-2010 (en miles de persoas) Ano España Italia Francia Gran Bretaña Alemaña USA 1990 2 509 2 751 2 205 1 974 1 448 7 047 1995 3 714 2 638 2 937 2 460 3 200 7 404 2000 2 484 2 495 2 517 1 619 3 066 5 692 2005 1 912 1 888 2 572 1 467 4 573 7 591 2010 4 632 2 104 2 692 2 390 3 107 14 825  2005 a 2010 2 123 216 120 923 -1 466 7 234 % Incremento 111,04 11,44 4,67 62,92 -32,06 95,30 FONTE: Guisán, Aguayo e Expósito (2011) a partir dos datos da OCDE. Táboa 3. Emprego total (en miles de persoas) Ano España Italia Francia Gran Bretaña Alemaña USA 1990 12 709 21 764 22 648 26 935 37 139 118 793 1995 12 313 19 851 22 413 26 026 37 601 124 900 2000 15 222 20 874 23 750 27 793 39 144 139 077 2005 18 431 22 563 24 515 29 536 38 851 143 981 2010 18 394 22 946 25 059 29 048 40 370 141 245  1990 a 2010 5 685 1 182 2 411 2 113 3 231 22 452 % Incremento 44,73 5,43 10,65 7,84 12,00 18,90 FONTE: Guisán, Aguayo e Expósito (2011) a partir dos datos da OCDE. No caso de España observamos que o paro aumentou no período 1990-1995, diminuíu na década 1995-2005 e aumentou entre os anos 2005 e 2010. A porcentaxe de incremento do paro do quinquenio 2005-2010 foi elevado en España (111%), en USA (95%) e en gran Bretaña (63%), mentres que foi moderado en Francia –con menos do 5%– e en Italia –con algo máis do 11%–. 64 O mellor resultado corresponde a Alemaña, cunha diminución do paro dun 32% no período 2005-2010. Táboa 4. Poboación activa (en miles de persoas) Ano España Italia Francia Gran Bretaña Alemaña USA 1990 15 218 24 515 24 853 28 909 38 587 125 840 1995 16 027 22 489 25 350 28 486 40 801 132 304 2000 17 706 23 369 26 267 29 412 42 210 144 769 2005 20 343 24 451 27 087 31 003 43 424 151 572 2010 23 026 25 050 27 751 31 438 43 477 156 070  1990 a 2010 7 808 535 2 898 2 529 4 890 30 230 % Incremento 51,31 2,18 11,66 8,75 12,67 24,02 FONTE: Guisán, Aguayo e Expósito (2011) a partir dos datos da OCDE. Observamos que entre os anos 1990 e 2010, España é o país da táboa 4 que presenta unha maior porcentaxe de incremento da poboación activa, cun 44,73%, situándose moi por riba dos demais países, cuxa porcentaxe de incremento estivo entre o 2,18% de Italia e o 24,02% de USA. Mentres que a poboación activa de España aumentou en 7,8 millóns de persoas no período 1990-2010, o emprego total fíxoo en 5,7 e o paro en 2,1 millóns. Se as medidas políticas adaptaran o crecemento da poboación activa ao crecemento do emprego e o emprego crecera sobre bases máis sólidas, e non baseado case exclusivamente no boom da construción, poderíamos ter unha taxa de paro moito máis moderada, similar á de Alemaña ou mesmo menor, evitando o sufrimento dos parados que buscan emprego e que non o atopan, así como as consecuencias negativas que o incremento do gasto en subsidios de de- 65 semprego ten sobre outras actividades importantes da Administración Pública. A táboa 5 mostra a taxa de emprego dos seis países. No conxunto do período 1990-2010 España incrementou a taxa de emprego por cada mil habitantes, pasando de 327 no ano 1990 a 391 no ano 2010 e situándose lixeiramente por riba de Italia, pero aínda nun nivel menor que Francia,USA, Gran Bretaña e Alemaña. A taxa de emprego máis alta deste grupo de países no ano 2010 correspondeu a Alemaña, con 492 persoas ocupadas por cada mil habitantes. Táboa 5. Taxa de emprego (empregos por cada mil habitantes) Ano España Italia Francia Gran Bretaña Alemaña USA 1990 327 384 399 471 468 475 1995 313 349 387 449 460 469 2000 376 365 403 474 476 492 2005 418 388 404 491 471 486 2010 391 381 400 477 492 454  1990 a 2010 64 -3 1 6 24 -21 % Incremento 19,57 -0,78 0,25 1,27 5,13 -4,42 FONTE: Guisán, Aguayo e Expósito (2011) a partir dos datos da OCDE. Así pois, Alemaña presenta os mellores resultados deste conxunto de países no ano 2010, xa que conta coa maior taxa de ocupación e coa menor taxa de paro. Tamén teñen taxas de ocupación elevadas Gran Bretaña e USA. Estes tres países teñen uns salarios maiores que España, e un grao de industrialización moi superior ao de España. Malia estes problemas, a economía española ten aspectos positivos que poden axudar a consolidar un desenvolve- 66 mento sostido, cun incremento da taxa de emprego, do salario real e da produtividade por traballador, se mellora de forma substancial a receptividade dos dirixentes políticos con respecto ás propostas dos expertos económicos que propugnan medidas económicas realistas e eficaces, incluíndo moitos investigadores universitarios españois que poden achegar perspectivas dun grande interese baseadas nos seus coñecementos. As universidades españolas realizan un bo labor de investigación económica, como se pon de manifesto en Guisán e Cancelo (2008) e noutros estudos, pero en xeral hai pouca comunicación entre os equipos de investigación e os responsables das políticas económicas, así como una escasa difusión das máis interesantes contribucións dos investigadores económicos nos medios de comunicación. Unha suxestión equivocada que se difunde con frecuencia en moitos medios de comunicación é a proposta de baixar os salarios reais en España co pretexto de adaptalos á produtividade e de contribuír á xeración de emprego. Os datos incluídos neste estudo mostran que o custo salarial real por traballador en España é un 20% inferior ao que lle correspondería para adaptarse á situación de Alemaña, e que a mellor política para incrementar tanto o emprego como os salarios é impulsar o desenvolvemento industrial polos seus beneficiosos efectos sobre a renda per capita. A gráfica 2 mostra o número de horas traballadas por asalariado en España, Alemaña e USA Observamos que os 67 españois traballan de media máis horas que os alemáns e menos que os norteamericanos. Gráfica 2. Horas anuais de traballo por asalariado en España, Alemaña e USA (en miles) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE. A gráfica 3 mostra a evolución do cociente entre o custo salarial por hora traballada e a produtividade por hora traballada en España, Alemaña e USA. Observamos que España se sitúa moi por baixo de Alemaña e de USA, polo que a adaptación dos salarios á produtividade non implicaría unha redución de salarios en España, senón que o desexable sería que subisen ata achegarse cando menos á situación de Alemaña, o que implicaría un incremento próximo ao 20% do salario real español. A gráfica 4 mostra as diferenzas entre España, Alemaña e USA en salario real medio por hora traballada. 68 Gráfica 3. Cociente custo salarial/produtividade por hora en España, USA e Alemaña, 1996-2007 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE: National Accounts and Labour Force Statistics. Gráfica 4. Salario real medio pagado pola empresa en España, Alemaña e USA, 1996-2007 ($ do ano 2000 por hora traballada) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE: National Accounts and Labour Force Statistics. 69 Cómpre lembrar que o salario real medio percibido polo traballador é substancialmente menor que o salario pagado pola empresa, xa que nos casos de Alemaña e de España preto dun 40% do custo salarial corresponde a cotizacións sociais e a impostos ligados ao emprego. No caso de USA esa porcentaxe é menor, pero as deducións non inclúen unha parte importante do custo da Seguridade Social que lle paga directamente o traballador á empresa aseguradora. A gráfica 5 pon de manifesto a gran distancia que aínda separa a España dos niveis de produción industrial por habitante de Alemaña e de USA. Gráfica 5. Produción industrial por habitante en España, Alemaña e USA, 1992-2010 (miles $ a prezos e tipos de cambio do ano 2000) FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da OCDE. 70 É sorprendente que nos medios de comunicación apenas se analice este importante problema, mentres que con frecuencia se lle dedica un amplo tempo a cuestións moi secundarias. Perdéronse moitos anos nos que se podería ter impulsado este importante sector, e agora o que interesa é que non se perda máis tempo e que se acometan políticas realistas que permitan que o desenvolvemento industrial contribúa a mellorar a renda per capita, o salario real e a taxa de emprego de España. No estudo de Guisán, Expósito e Aguayo (2011) preséntase, en primeiro lugar, un modelo biecuacional de emprego e de salarios nestes tres países e, en segundo lugar, a estimación dun modelo intersectorial que pon de manifesto o importante efecto positivo da industria sobre o PIB real e, polo tanto, sobre o emprego e os salarios. As principais conclusións dos traballos citados na bibliografía poñen de manifesto a importancia do PIB na explicación do nivel de emprego e do impacto positivo da industria sobre o comercio exterior e o PIB real. Polo tanto, propiciar un adecuado desenvolvemento industrial conduce xeralmente a unha mellora da balanza comercial e a un incremento da capacidade importadora de consumos intermedios, que resulta de interese para o desenvolvemento tanto da industria como dos sectores non industriais. A economía española intentou un desenvolvemento desequilibrado dos sectores da “construción” e dos “servizos” debido, posiblemente nunha gran parte, á busca dunha vía rápida de incremento do emprego, con obxecto de aumentar a recadación por cotizacións á Seguridade Social e contribu- 71 ír ao financiamento das pensións de xubilación. Esta formulación mostrouse, como era previsible, errónea, ocasionando moitos problemas, incluída unha elevadísima taxa de paro. O importante é que se produza un cambio de política económica que teña en conta a necesidade de analizar e de impulsar a produción industrial e o desenvolvemento sostible do comercio exterior. A solución ao paro en España virá por un desenvolvemento equilibrado dos sectores produtivos cunha boa base industrial e cun comercio exterior dinámico e máis equilibrado. Non soluciona o paro a diminución de salarios en España, senón que, pola contra, as medidas efectivas de recuperación deben contemplar un incremento simultáneo da taxa de emprego e do salario real. A importancia do desenvolvemento industrial para incrementar a taxa de emprego non agrario e o salario en todos os sectores produtivos ponse de manifesto, entre outros, nos estudos económicos que se citan en Guisán (2011b), e entre os que se inclúen os seguintes: Kaldor (1963) e Azariadis, Ionnides e Pissarides (2010) –este último, premio Nobel– relativo as solucións á crise grega; Felipe (1998) sobre o desenvolvemento económico do sueste de Asia; Fingleton e McCombie (1998) e Guisán (2004) relacionados co desenvolvemento industrial das rexións europeas; Guisán e Aguayo (2004) no que se trata o impacto da industria no emprego nas rexións españolas; Guisán (2006) sobre o desenvolvemento industrial en Europa e en Norteamérica; e Guisán (2008) no que se recollen as relacións intersectoriais da industria a nivel mundial. Outros estudos de interese son os que analizan os factores que inflúen no desenvolvemento industrial, como o de Guisán e Cancelo (2004). No caso de Galicia, o estudo de Guisán (1990) e doutras contribucións de prestixiosos economistas galegos tiveron 72 posiblemente un impacto positivo nos apoios á industrialización da década 1990-2000, pero lamentablemente non lograron influír de forma suficiente para garantir un desenvolvemento industrial sostido no período 2001-2010. AZARIADIS, C.; IOANNIDES, I.; PISSARIDES, CH.A. (2010). Development is the Only Solution. Seventeen Proposals for a New Development Stategy. (http://greekeconomistsforreform.com/). DE LONG, J.B.; SUMMERS, L.H. (1991). “Equipment Investment in Economic Growth”, Quaterly Journal of Economics, 100, pp. 445- 502. FAGERBERG, J. (1988). “International Competitiveness”, The Economic Journal, 98, pp. 355-374. FELIPE, J. (1998). “The Role of the Manufacturing Sector in Southeast Asian Development: A Test of Kaldor’s First Law”, Journal of Post Keynesian Economics, 20 (3), pp. 463-485. FINGLETON, B.; MCCOMBIE, J.S.L. (1998): “Increasing Returns and Economic Growth: Some Evidence for Manufacturing from the European Union Regions”, Oxford Economic Papers, 50, pp. 89- 105. GUISÁN, M.C. (1990). Galicia 2000. Industria y empleo. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. GUISÁN, M.C. (2004). “Education, Research and Manufacturing in EU25: An Inter-Sectoral Econometric Model of 151 European Regions, 1995-2000”, Regional and Sectoral Economic Studies, 4 (2), pp. 21-32. (http://www.usc.es/economet/econometria.htm). GUISÁN, M.C. (2006). “Industry, Foreign Trade and Development: Econometric Models of Europe and North America, 1965-2003”, International Journal of Applied Econometrics and Quantitative Studies, 3 (1). (http://www.usc.es/economet/econometria.htm). GUISÁN, M.C. (2008). “Manufacturing and Economic Development: Inter-Sectoral Relationships in Europe, America, Africa and 79 sistema electoral español –de listas cerradas e bloqueadas– lles concede un poder excesivo ás cúpulas dos partidos. Táboa 1. Participación feminina e PIB per capita Países GEM08 PIBpc % pol % tec % emp % renda Austria 74,80 35,5 27 48 29 40 Bélxica 84,10 33,4 36 19 31 52 Bulgaria 60,50 10,5 22 62 62 66 Croacia 62,20 14,7 21 51 26 69 R. Checa 65,00 22,9 16 53 29 60 Dinamarca 88,70 34,9 38 53 25 74 Estonia 65,50 19,3 21 68 34 63 Finlandia 89,20 33,3 41 35 30 72 Francia 78,00 31,6 20 48 38 62 Alemaña 85,20 33,2 31 50 38 61 Grecia 69,10 26,9 15 49 27 53 Hungría 58,60 17,9 11 61 37 67 Irlanda 72,70 41,0 15 52 31 58 Italia 73,40 28,7 20 47 33 49 Letonia 64,40 16,3 20 64 41 67 Lituania 61,40 16,6 18 71 40 72 Macedonia 64,40 8,3 32 51 27 49 Holanda 87,20 36,9 38 50 27 66 Noruega 91,50 49,3 36 50 33 79 Polonia 61,80 15,6 18 61 35 60 Portugal 74,10 21,1 28 51 33 61 Romanía 50,00 10,7 10 57 30 70 Rusia 54,40 13,9 11 64 39 63 Eslovaquia 63,80 19,3 19 58 28 59 Eslovenia 62,50 26,3 10 56 33 62 España 82,50 28,5 34 48 32 53 Suecia 92,50 34,1 47 51 32 84 Suíza 82,90 37,6 27 46 31 66 Reino Unido 78,60 33,7 20 47 35 70 USA 76,90 43,0 17 55 42 64 NOTA: O dato de Austria pode estar algo subvalorado. FONTE: Guisán (2010) a partir dos datos da UNDP e do BM. 80 De acordo cos estudos de liderado de Zencker (2009) e doutros expertos, a toma de decisións nas organizacións sociais e económicas segue un proceso interno no que a calidade das canles de comunicación ocupa un lugar esencial, de forma que as iniciativas que lideran as reformas e os avances da sociedade dependen en gran medida da capacidade dos líderes executivos para detectar e apoiar aquelas iniciativas interesantes que emerxen da base dos seus equipos ou da contorna dos seus asesores. Así, a participación feminina na toma de decisións nos partidos políticos e nas organizacións non só depende de que aumente o número de mulleres en postos executivos ou de representación, senón tamén de que eses postos executivos teñan responsabilidades adecuadas á capacidade de decisión das mulleres directivas, e de que as canles de comunicación internas e externas da organización permitan unha comunicación eficaz. Dada a maior tendencia dos homes a ocupar postos directivos, e a maior frecuencia con que as mulleres participan no liderado das organizacións desde postos intermedios, cómpre mellorar as canles de comunicación interna nas organizacións para que o liderado efectivo –para o ben da organización e da sociedade– permita a participación de iniciativas de interese desde distintos niveis da estrutura organizativa. Os modelos econométricos de Guisán e Aguayo (2011) mostran que o nivel educativo inflúe de forma positiva no indicador de calidade política “voz dos cidadáns” de Kaufman, e que tanto o nivel educativo como este indicador de calidade política exercen un efecto positivo sobre os indica- 81 dores de igualdade de xénero e de calidade de vida das mulleres. Na táboa 2 preséntanse os datos de GEM08 e dos indicadores de calidade política en dezaseis países europeos e en tres países norteamericanos, mentres que na táboa 3 se mostra a correlación positiva entre estas tres variables. Táboa 2. Igualdade de xénero e calidade do Goberno País GEM08 Voz dos cidadáns Efectividade do Goberno Dinamarca 0,8870 8,14 9,42 Noruega 0,9150 8,06 9,24 Suecia 0,9250 7,94 9,16 USA 0,7690 7,18 8,24 Austria 0,7480 7,78 8,46 Suíza 0,8290 8,10 9,48 Finlandia 0,8920 7,98 8,88 Países Baixos 0,8720 8,06 8,60 Canadá 0,8290 7,72 8,84 Reino Unido 0,7860 7,76 8,54 Irlanda 0,7270 7,80 8,34 Alemaña 0,8520 7,80 8,36 Francia 0,7800 7,54 7,60 México 0,6030 4,96 5,26 Bélxica 0,8410 7,88 8,18 España 0,8250 7,10 7,00 Portugal 0,7410 7,50 6,76 Italia 0,7340 7,24 5,66 Grecia 0,6910 6,92 5,96 NOTAS: GEM08 é o indicador de igualdade de xénero das Nacións Unidas. A voz dos cidadáns e efectividade do Goberno son indicadores elaborados por Guisán (2010) a partir dos datos de Kaufman et al. (2008), e que se presentan nunha escala que vai desde o 0 ata o 10. FONTE: Guisán (2010) a partir dos datos da UNDP e de Kaufman (2008). 82 Táboa 3. Coeficiente de correlación lineal entre as variables GEM08 Voz dos cidadáns Efectividade do Goberno GEM08 1,0000 0,7863 0,8000 Voz dos cidadáns 0,7863 1,0000 0,8118 Efectividade do Goberno 0,8000 0,8118 1,0000 NOTA: A igualdade de xénero está medida polo GEM08 das Nacións Unidas. FONTE: Guisán e Aguayo (2011), a partir dos datos da UNDP e de Kaufman (2008). Observamos unha elevada correlación positiva entre os indicadores decalidade política e o indicador de igualdade de xénero. A educación ten habitualmente un impacto moi positivo sobre a igualdade de xénero, xa que mellora a voz dos cidadáns; esta, á súa vez, mellora a efectividade do Goberno; e ambas as dúas variables de calidade política melloran a igualdade de xénero. As gráficas 1 e 2 mostran o efecto positivo da educación e da calidade política sobre o indicador de igualdade de xénero. O indicador de nivel educativo utilizado na gráfica 1 baséase nos datos de Barro e Lee, que son complementados con estimacións propias en caso de falta de datos para algúns países. 83 Gráfica 1. Igualdade de xénero e educación FONTE: Guisán e Aguayo (2011) a partir de datos das Nacións Unidas e de Barro e Lee. Gráfica 2. Igualdade de xénero e calidade política FONTE: Guisán e Aguayo (2011) a partir de datos das Nacións Unidas e Kaufman et al. (2008) 84 En Guisán (2010) e en Guisán e Aguayo (2011a, 2001b) preséntanse suxestións de interese en relación co informe do European Women’s Lobby (EWL). As táboas 4 e 5 recollen algúns datos seleccionados do dito informe. Táboa 4. Mulleres europeas na toma de decisións 1) Un 33% dos comisarios europeos. 2) Un 22% dos membros dos Gobernos nacionais. 3) Un 3% dos presidentes das maiores empresas. 4) Un 9,7% dos membros dos Consellos de Administración das trescentas principais empresas europeas. 5) Só o 10% presiden as universidades en dezaseis países europeos. FONTE: Datos seleccionados do informe da EWL (2010). Táboa 5. Mulleres europeas nos medios de comunicación 1) Hai catro homes por cada muller que consegue aparecer nos medios da UE. 2) As mulleres son a referencia central das noticias só nun 10% do tempo. 3) Un 6% dos expertos e un 14% dos locutores de noticias son mulleres. 4) Un 10% dos políticos que aparecen nas noticias son mulleres. 5) Entre o 2% e o 9% do tempo dedicado aos deportes. FONTE: Datos seleccionados do informe da EWL (2010). O mencionado informe tamén presenta outros datos sobre a insuficiente participación das mulleres europeas na 85 toma de decisións, así como a escasa presenza na prensa e nos medios de comunicación de noticias sobre as mulleres con liderado económico, empresarial, político, científico, cultural ou deportivo. Outros ámbitos de interese con respecto á participación das mulleres son o ámbito sindical, as organizacións académicas, as publicacións científicas, os consellos consultivos e outros órganos nos que con frecuencia aínda atopan dificultades para lograr canles de participación adecuadas ás súas capacidades. En Guisán, Aguayo e Expósito (2012) analízanse algunhas cuestións de interese. BARRO, R.J.; JONG-WHA, L. (1994). “Sources of Economic Growth”, Carnegie-Rochester Conference Series on Public Policy, 40 (1), pp. 1-46. Elsevier. GUISÁN, M.C. (2009a). “Educación, calidad del gobierno y desarrollo económico en América, Europa, África y Asia”, Estudios Económicos de Desarrollo Internacional, 9 (2). (http://www.usc.es/ economet/aea.htm). GUISÁN, M.C. (2009b). “Quality of Government, Education and World Development: An Analysis of 132 countries, 2000-2007”, International Journal of Applied Econometrics and Quantitative Studies, 6 (Special Issue). (http://www.usc.es/economet/aea.? - htm). GUISÁN, M.C. (2010). “Participación laboral, política, económica e social das mulleres en Europa e en Norteamérica”, Revista Galega de Economía, 19 (2), pp. 53-65. (http://www.usc.es/econo/ RGE/ Vol19_2/galego/art3g.pdf). 86 GUISÁN, M.C.; AGUAYO, E.; EXPÓSITO, P. (2012). Empleo sectorial y participación social: situación en Europa desde una perspectiva de género. (http://www.usc.es/economet/libros.htm). KAUFMANN, D.; KRAAY, A.; MASTRUZZI, M. (2008). Governance Matters VII: Governance Indicators for 1996-2007. (World Bank Policy Research Working Paper, 4654). NEIRA, I. (2007). “Capital humano y desarrollo económico mundial: modelos econométricos y perspectivas”, Estudios Económicos de Desarrollo Internacional, 7 (2). (http://www.usc.es/economet/ eaa. htm). PORTELA, M.; NEIRA, I. (2002). “Capital social: concepto y estudio econométrico sobre el capital social en España (Spanish)”, Estudios Económicos de Desarrollo Internacional, 2 (2). (http:// www. usc.es/economet/aea.htm) TEORELL, J.; HOLMBER, S.; ROTHSTERN, B. (2008). The Quality of Government Dataset. Göteborg, SE: Goteborg University. (http:// www.q0g.pol.gu.se). 87 stes anexos baséanse en diversos informes e documentos incluídos na web de Galicia do Equipo Hispalink Galicia: http://www.usc.es/economet/galicia.htm Tamén se incorporan breves actualizacións sobre a evolución das economías galega e española nos blogs da Asociación Hispalink Galicia (AHG): http://hispalinkgalicia.blogspot.com http://economiaydesarrollo-eeg.blogspot.com No anexo A trátanse as relacións comerciais de Galicia; no anexo B, o turismo hoteleiro en Galicia e nas comunidades do Camiño Francés; no anexo C, o emprego e renda sectorial de Galicia no período 1980-2010 e, por último, no anexo D, o emprego e a poboación nas provincias e nas comarcas de Galicia. 95 Táboa B.2. Pernoitas en establecementos hoteleiros no Camiño Francés (en miles) 1995 2001 2007 Incremento 1995-2001 Incremento 2001-2007 Asturias 1 085 2 438 3 428 1 353 990 Cantabria 1 137 2 237 2 690 1 100 453 Castela e León 3 409 6 191 7 759 2 782 1 568 Galicia 3 395 5 850 8 024 2 455 2 174 Navarra 598 1 148 1 462 550 314 País Vasco 1 762 2 688 3 960 926 1 272 Rioxa, A 447 754 930 307 176 Camiño Francés 11 833 21 306 28 253 9 473 6 947 Total España 159 286 228 407 271 377 69 121 42 970 % Camiño Francés/Total 7,43 9,33 10,41 13,70 16,17 FONTE: Guisán e Aguayo (2008) a partir dos datos do INE. Observamos unha evolución positiva nas sete comunidades, cun incremento de 9,47 millóns de pernoitas no conxunto das comunidades autónomas do Camiño no período 1995-2001; de 6,94 millóns entre os anos 2001 e 2007; e de 16,42 millóns no período 1995-2007. Estes incrementos supoñen un 13,70% do incremento total de España no período 1995-2001 e un 16,17% no período 2001-2007. As pernoitas hoteleiras no conxunto destas comunidades autónomas aumentou o seu peso no conxunto de pernoitas hoteleiras de España, pasando dun 7,43% no ano 1995 a un 9,33% no 2001, e a un 10,41% no 2007. Malia o incremento, estas comunidades autónomas aínda teñen un peso moderado no conxunto hoteleiro de España, xa que o 10,41% das pernoitas no ano 2007 aínda está moi por baixo do 22,14%, que era o seu peso poboacional en España nese ano. 96 Nas táboas B.3 e B.4 móstrase, respectivamente, a evolución do turismo de orixe española e de orixe estranxeira nestas comunidades autónomas. Táboa B.3. Distribución do turismo hoteleiro de orixe española, 2001-2007 Comunidades autónomas de destino Miles de pernoitas Porcentaxe no total 2001 2007 2001 2007 Asturias 2 215 3 053 2,60 2,62 Cantabria 1 929 2 310 2,27 1,99 Castela e León 5 189 6 436 6,10 5,53 Galicia 4 963 6 598 5,84 5,67 Navarra 931 1 148 1,10 0,99 País Vasco 1 860 2 672 2,19 2,30 Rioxa, A 658 789 0,77 0,68 Total Camiño Francés 17 745 23 006 20,86 19,78 Total comunidades autónomas 85 055 116 335 100,00 100,00 FONTE: Guisán e Aguayo (2008) a partir dos datos do INE. No conxunto das sete comunidades autónomas do Camiño Francés o número de pernoitas aumentou entre os anos 2001 e 2007, tanto polo que respecta ás de orixe española –que pasaron de 17,7 a 23 millóns– coma nas de orixe estranxeira –que pasaron de 3,5 a 5,2 millóns–. Segundo os datos da táboa B.4, o conxunto das sete comunidades autónomas do Camiño Francés mantivo un peso próximo ao 20% nas pernoitas hoteleiras de turistas españois no período 2001-2007: un 20,87% no ano 2001 e un 19,78% no ano 2007. Polo que respecta ao turismo hoteleiro de orixe estranxeiro, a porcentaxe das sete comunidades autónomas do 97 Camiño Francés pasou dun 2,50% do total de España no ano 2001 a un 3,38% no 2007. Táboa B.4. Distribución do turismo hoteleiro de orixe estranxeiro, 2001-2007 Comunidades autónomas de destino Miles de pernoitas Porcentaxe no total 2001 2007 2001 2007 Asturias 223 375 0,16 0,24 Cantabria 308 380 0,22 0,25 Castela e León 1 002 1 323 0,70 0,85 Galicia 887 1 426 0,62 0,92 Navarra 217 314 0,15 0,20 País Vasco 828 1 288 0,58 0,83 Rioxa, A 96 141 0,07 0,09 Total Camiño Francés 3 561 5 247 2,48 3,38 Total comunidades autónomas 143 352 155 042 100,00 100,00 FONTE: Guisán e Aguayo(2008) a partir dos datos do INE. GUISÁN, M.C.; AGUAYO, E. (2008). “Evolucion del turismo hotelero en las regiones españolas, 2001-2008”, Regional and Sectoral Economic Studies, 8 (1), pp. 129-142. (http://www.usc.es/economet/ rses.htm). INE (2010). Estadísticas de pernoctaciones hoteleras. (http://www. ine.es/daco/daco42/prechote/cth0510.pdf). LLANO C.; DE LA MATA, T. (2009): “El comercio interregional en España: una primera estimación de los flujos bilaterales del sector turismo”, Revista del ICE, 848 (mayo-junio), pp. 67-88. 99 este anexo presentamos un resumo da evolución da industria e do emprego en Galicia no período 1980- 2010, baseándonos no documento de Guisán (2006) para o período 1980-2006, e nunha actualización para o 2007-2010. É unha continuación do estudo Galicia 2000. Industria y empleo (Guisán, 1990), no que se indicaban as perspectivas e os obxectivos que alcanzar no ano 2000 e posteriormente. Os principais obxectivos son analizar a evolución do emprego sectorial en Galicia e suxerir medidas de política económica que poidan dinamizar a creación de emprego e contribuír a un incremento da renda per capita que nos permita achegarnos ao nivel da media da Unión Europea. Na seguinte sección presentamos unha visión xeral e sintética da evolución da poboación e do emprego en Galicia e en España, a nivel de catro grandes sectores produtivos, por quinquenios para o período 1980-2005, así como a situación no ano 2006. A continuación analizamos polo miúdo a renda real por habitante a nivel de quince sectores produtivos, e a taxa de emprego a nivel de nove grandes sectores, 100 con datos anuais do período 1995-2005. De seguido estúdase o impacto da inmigración sobre a renda real per capita, e as taxas de emprego en Galicia e en España. E por último, compárase a situación de Galicia con outras rexións españolas e europeas, destacando algúns dos principais retos que ten a economía galega para alcanzar un maior grao de desenvolvemento. Na gráfica C.1 observamos un incremento do emprego non agrario no período 1965-1976, un lixeiro descenso entre os anos 1976 e 1985, un incremento no período 1986- 1991, un descenso entre os anos 1992 e 1995, seguido dun importante crecemento no período 1996-2007 e dunha caída entre os anos 2007 e 2010. Gráfica C.1. Emprego agrario e non agrario en Galicia (en miles de persoas) FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 101 Na táboa C.1 preséntase a evolución da taxa de emprego non agrario en Galicia e en España no período 1995-2010, taxa que no período 1995-2005 experimentou un incremen- to dun 52% en Galicia e dun 46% en España, aproximándose así aos niveis medios de Europa. O crecemento desta taxa foi maior en Galicia que en España: a taxa de Galicia pasou de representar un 86% do valor da taxa de España no ano 1995 a supoñer un 90% no ano 2005 e un 103% no ano 2010. Nas táboas C.2 a C.7 preséntase –con datos quinquenais do período 1980-2010– a evolución do emprego agrario, do emprego non agrario, do emprego total e da poboación residente en Galicia e en España. Táboa C.1. Taxas de emprego non agrario (en ocupados por cada mil habitantes) Ano Galicia España 1995 240 278 2000 307 357 2005 365 407 2010 388 375 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.2. Emprego agrario (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 471 2 219 21,2 1985 481 1 943 24,7 1990 337 1 472 22,8 1995 259 1 106 23,5 2000 174 1 028 17,0 2005 120 1 000 12,0 2010 87 793 11,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 102 Táboa C.3. Emprego industrial Ano Galicia España % G/E 1980 183 3 115 5,88 1985 160 2 593 6,15 1990 157 2 978 5,26 1995 138 2 485 5,56 2000 180 3 082 5,85 2005 217 3 280 6,63 2010 172 2 611 6,59 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.4. Emprego na construción Ano Galicia España % G/E 1980 106 1 038 10,17 1985 70 776 8,96 1990 93 1 220 7,63 1995 93 1 135 8,24 2000 119 1 723 6,93 2005 125 2 357 5,30 2010 105 1 651 6,36 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.5. Emprego nos servizos Ano Galicia España % G/E 1980 328 5 177 6,33 1985 335 5 309 6,31 1990 443 6 908 6,41 1995 427 7 316 5,84 2000 538 9 672 5,56 2005 667 12 335 5,40 2010 737 13 402 5,50 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 103 Táboa C.6. Emprego non agrario (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 617 9 330 6,6 1985 564 8 678 6,5 1990 693 11 107 6,2 1995 658 10 935 6,0 2000 837 14 477 5,8 2005 1 009 17 972 5,6 2010 1 014 17 601 5,8 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.7. Emprego total (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 1 087 11 549 9,4 1985 1 045 10 621 9,8 1990 1 029 12 579 8,2 1995 918 12 041 7,6 2000 1 011 15 505 6,5 2005 1 129 18 973 6,0 2010 1 101 18 394 6,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. O sector agrario inclúe “Agricultura, gandería, sector forestal e pesca”, mentres que o sector non agrario inclúe “Industria, construción e servizos”. Os datos de emprego e de poboación están expresados en miles de persoas, e a porcentaxe Galicia/España (%G/E) foi elaborada a partir dos datos do INE. O emprego non agrario de Galicia experimentou un importante crecemento no período 1985-2000, cun incremen- to dun 48%, resultado bastante satisfactorio con respecto ao 104 obxectivo proposto en Galicia 2000: un 62%. No período 2000-2005 a evolución tamén foi moi positiva, cun crecemento dun 20,5%. O grande incremento experimentado polo emprego non agrario de Galicia no período 1995-2005 –ata alcanzar algo máis de un millón de empregos– foi moi importante para contrarrestar a diminución do emprego agrario, e permitiu lograr un crecemento do emprego total de Galicia que, expresado en miles de persoas, pasou de 918 no ano 1995 a 1 129 no ano 2005. A poboación de Galicia apenas variou no período 1960- 2005: 2,73 millóns de habitantes no ano 1960, 2,80 millóns no ano 1980, e 2,76 millóns no ano 2005; mentres que a poboación de España creceu case nun 44% durante ese período: 30,58 millóns de habitantes no ano 1960, 37,38 millóns no ano 1980 e 43,97 millóns no ano 2005 (táboa C.8). Táboa C.8. Poboación (en miles de persoas) Ano Galicia España % G/E 1980 2 800 37 386 7,5 1985 2 780 38 420 7,2 1990 2 740 38 851 7,1 1995 2 740 39 345 7,0 2000 2 731 40 499 6,7 2005 2 760 43 975 6,3 2010 2 797 46 951 6,0 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. O peso demográfico de Galicia no total de España diminuíu: no ano 1960 representaba un 8,9%, no ano 1980 supoñía un 7,5%, e no ano 2010 era dun 6,0%, pero a renda 111 No período 2005-2010 a industria non experimentou incremento, a construción diminuíu, e os sectores de servizos creceron malia a crise económica no período 2007-2010. Entre os anos 1995 e 2010 a proporción Galicia/España nos sectores da industria e da construción tivo unha evolución positiva ata situarse Galicia no ano 2010 en niveis similares aos do conxunto de España en renda real producida por habitante neses sectores. No sector de agricultura e pesca, Galicia superou durante o período 1995-2010 a media española, que se situou no ano 2010 en 420 euros por habitante no caso de España e de 620 no caso de Galicia. No sector servizos, a renda real producida por habitante en Galicia aínda era menor que a media española no ano 2010, aínda que o cociente Galicia/España mostrou unha tendencia crecente no período 1995-2009. A táboa C.10 presenta os datos da Industria, desagregados en catro sectores industriais: enerxía (En), industrias de bens intermedios (BI), industrias de bens de equipo (BE), industrias de bens de consumo (BC), así como o total das industrias manufactureiras (M). Táboa C.10. Renda real per capita de Galicia nos sectores industriais (en euros a prezos do ano 2000) Ano En BI BE BC M Total 1995 546 354 317 627 1 299 1 845 2000 539 470 532 795 1 797 2 336 2005 493 510 641 822 1 973 2 465 NOTA: En =Enerxía, BI= Bens intermedios, BE = Bens de equipo, BC= Bens de consumo, Manufacturas: M=BI+BE+BC, Total=En+M. FONTE: Elaboración propiaa partir dos datos do IGE e do INE. 112 No conxunto de industrias non enerxéticas, o incremento foi dun 52% durante o período 1995-2005. As táboas C.11 e C.12 presentan os datos de servizos desagregados en nove sectores:  S1 = Comercio e reparacións.  S2 = Hostalería.  S3 = Transportes e comunicacións.  S4 = Sector financeiro.  S5 = Servizos empresariais e inmobiliarios.  S6 = Educación.  S7 = Sanidade e servizos sociais.  S8 = Servizos persoais e familiares.  S9 = Administración Pública. Táboa C.11. Renda real por habitante no sector servizos: S1 a S5 (en euros do ano 2000) Ano S1 S2 S3 S4 S5 1995 1 096 548 558 387 1 150 2000 1 310 652 700 424 1 563 2005 1 547 822 763 515 1 875 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa C.12. Renda real por habitante no sector servizos: S6 a S9 (en euros do ano 2000) Ano S6 S7 S8 S9 1995 595 487 339 547 2000 670 560 446 589 2005 763 664 563 640 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. 113 Todos os sectores da táboa C.11 experimentaron un destacado crecemento nese período. O sector de comercio e reparacións (S1) creceu un 41%, o sector de hostalería (S2) un 50%, o sector de servizos de transportes e comunicacións (S3) un 37%, o sector de servizos financeiros (S4) un 33%, e o sector de servizos empresariais e inmobiliarios (S5) un 63%. Polo que respecta aos sectores da táboa C.12, o crecemento foi moderado no sector de educación (S6) cun 28%, e no de Administración Pública (S9) cun 17%, mentres que foi algo maior no sector de sanidade e servizos sociais (S7) cun 36%, e moi elevado no sector de servizos persoais e familiares (S8) cun 66%. Os estudos económicos internacionais mostran o importante papel impulsor da agricultura e da industria sobre as actividades dos sectores de construción e servizos, tanto por parte da oferta como da demanda. A gráfica C.7 mostra a relación entre o valor engadido a prezos correntes dos sectores de construción e servizos e o dos sectores de agricultura e industria en Galicia. Unha relación similar mantense se expresamos o valor engadido a prezos constantes. Esta relación mantense na maioría dos países e rexións de todo o mundo, de forma que o desenvolvemento industrial segue a ser en xeral moi necesario para garantir o incremento do PIB por habitante, da taxa de emprego e do salario real. A caída da produción industrial de Galicia e de España no período 2008-2010 tivo consecuencias moi negativas para a economía, e por iso é unha cuestión que cómpre resolver con prioridade. 114 Gráfica C.7. Relacións intersectoriais (valor engadido en millóns de euros) NOTA: V: Valor engadido, B: Construción, S: Servizos, A: Agricultura, I: Industria. FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. GUISÁN, M.C. (2002). “La industria en España y en la OCDE, 1960- 2000”, Regional and Sectoral Economic Studies, 2 (2), pp. 85-100. (http://www.usc.es/economet/econometria.htm). GUISÁN, M.C. (2005). “Evolución de la inmigración neta en España, Europa y América, 1965-2004”, Estudios Económicos de Desarrollo Internacional, 5 (2). (http://www.usc.es/economet/econome tria.htm). GUISÁN, M.C. (2011). Informe Hispalink-Galicia: Renta sectorial y empleo en 2010. GUISÁN, M.C.; EXPÓSITO, P. (2005). “La agricultura en España y la OCDE, 1900-2000”, Regional and Sectoral Economic Studies/Estudios Económicos Regionales y Sectoriales, 1 (2), pp. 97- 120. (http://www.usc.es/economet/econometria.htm). 115 s gráficas D.1 a D.4 mostran a taxa de emprego por cada mil habitantes das provincias galegas no ano 2010, en comparación co conxunto de España e con tres países que presentan un elevado nivel de desenvolvemento: Alemaña, Suíza e USA. Gráfica D.1. Taxa de emprego agrario por cada mil habitantes, 2010 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE, do INE e da OCDE. 116 Na agricultura, as taxas de emprego das provincias galegas sitúanse nun número de empregos por cada mil habitantes similar ao de Suíza, agás no caso de Lugo, que é moito máis elevado. Gráfico D.2. Taxa de emprego na industria, 2010 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE, do INE e da OCDE. Na industria, as taxas de emprego da Coruña e de Ourense son similares ás do conxunto de España, mentres que a de Lugo é máis baixa, e a de Pontevedra máis elevada que a media española. A taxa española é similar á de USA, aínda que cun nivel de produción industrial por habitante moito menor que o de USA. O incremento necesario da produción industrial de España pode conducir ou non a un incremento directo do emprego no propio sector industrial, e en xeral ten un im- 117 portante efecto positivo indirecto sobre os sectores de servizos. En Alemaña e Suíza o incremento da produción industrial xera moito emprego directo na industria e tamén nos servizos, mentres que en USA ten un menor impacto sobre o propio sector industrial, pero xera moito emprego indirecto nos sectores de servizos. No caso de Galicia e de España é moi importante incrementar a produción industrial para xerar emprego directo no propio sector e emprego indirecto noutros sectores, especialmente no de servizos. Gráfico D.3. Taxa de emprego na construción, 2010 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE, do INE e da OCDE. No sector da construción as taxas de emprego das provincias galegas e do conxunto de España no ano 2010 foron máis elevadas que en Alemaña e en Estados Unidos, malia a crise económica do período 2008-2010. A pro- 118 vincia da Coruña situouse a un nivel elevado, similar ao de Suíza. Gráfico D.4. Taxa de emprego nos sectores de servizos, 2010 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE, do INE e da OCDE. No sector servizos as provincias galegas sitúanse nun nivel moi baixo en comparación con Alemaña, USA e Suíza. É moi importante impulsar unha converxencia da produción industrial por habitante cara ao nivel deses países con obxecto de favorecer o incremento do emprego nos sectores de servizos. A gráfica D.5 mostra a evolución da taxa de emprego non agrario nas provincias galegas no período 1995-2011. Observamos que os valores máis elevados no ano 2008 corresponderon á Coruña e a Pontevedra. Entre os anos 2009 e 2011 obsérvase un descenso importante desta taxa en Ou- 119 rense e en Pontevedra, un lixeiro descenso na Coruña e un estancamento en Lugo. Gráfica D5. Taxa de emprego non agrario,1995-2011 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Na táboa D.1 recóllense os datos das catro provincias galegas, así como os do conxunto da Comunidade. Nas táboas 120 D.2 a D.5 recóllense os datos de poboación das comarcas das catro provincias galegas no período 2005-2010. Táboa D.1. Datos provinciais, 2005-2010 Provincia 2005 2010 Variación 1981-2005 Variación 2005-2010 Coruña, A 1 126 707 1 146 458 33 585 19 751 Lugo 356 595 353 504 -48 782 -3 091 Ourense 338 671 335 219 -91 504 -3 452 Pontevedra 943 117 962 472 59 849 19 355 Galicia 2 765 090 2 797 653 -46 852 32 563 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE e do INE. Táboa D.2. Poboación das comarcas da Coruña, 2005-2010 (en número de habitantes) Poboación Incremento Nº Comarca 2005 2010 1981-2005 2005-2010 1 Arzúa 18 496 17 549 -4 264 -947 2 Barbanza 66 832 68 264 2 220 1 432 3 Barcala, A 11 321 11 349 -4 811 28 4 Bergantiños 70 458 70 246 -5 187 -212 5 Betanzos (5) 39 238 39 621 -4 804 383 6 Coruña, A 377 906 395 412 68 543 17 506 7 Eume 27 760 26 719 -2 165 -1 041 8 Ferrol 163 669 162 980 -10 591 -689 9 Fisterra 24 326 23 744 -2 499 -582 10 Muros (10) 15 239 14 608 -4 276 -631 11 Noia 36 370 35 832 -4 000 -538 12 Ordes 38 396 38 734 -2 831 338 13 Ortegal 15 810 14 364 -5 804 -1 446 14 Santiago 152 842 161 893 25 195 9 051 15 Sar, O (15) 17 306 16 938 -2 199 -368 16 Terra de Melide 13 854 13 294 -2 972 -560 17 Terra de Soneira 20 713 19 649 -3 482 -1 064 18 Xallas 16 171 15 262 -2 488 -909 FONTE: Elaboración propia a partir dos datos do IGE. 127 Táboa D.7. (continuación). Afiliacións á Seguridade Social no período 2006-2010 nas comarcas de Galicia: total Nº Comarca 2006/Xuño 2010/Decembro Incremento 31 A Ulloa 3 155 3 030 -125 32 Allariz-Maceda 4 181 4 072 -109 33 Baixa Limia 1 813 1 597 -216 34 O Carballiño 8 416 7 922 -494 35 A Limia 6 485 6 055 -430 36 Ourense 55 622 54 445 -1 177 37 O Ribeiro 5 258 4 761 -497 38 Terra de Caldelas 1 012 850 -162 39 Terra de Celanova 5 249 4 876 -373 40 Terra de Trives 1 477 1 330 -147 41 Valdeorras 8 799 8 191 -608 42 Verín 6 858 6 337 -521 43 Viana 1 859 1 816 -43 44 O Baixo Miño 17 967 16 332 -1 635 45 Caldas 12 876 11 421 -1 455 46 O Condado 13 202 12 608 -594 47 Deza 16 765 15 503 -1 262 48 O Morrazo 28 666 26 484 -2 182 49 A Paradanta 3 478 3 096 -382 50 Pontevedra 44 674 41 276 -3 398 51 O Salnés 41 583 37 178 -4 405 52 Tabeirós-Terra de Montes 10 054 9 020 -1 034 53 Vigo 169 076 157 309 -11 767 FONTE: Guisán (2011) a partir dos datos da Seguridade Social e do IGE. Dado que os estudos rexionais e comarcais indican que a industria é en xeral o sector motor do emprego, ao xerar non só emprego directo senón tamén numerosos empregos indirectos na construción e nos servizos, está claro que a 128 maioría das comarcas de Galicia necesitan un plan de industrialización adaptado ás súas circunstancias ambientais e de capital humano Existen moitas medidas que poden potenciar ese dinamismo, e por iso é da máxima importancia impulsar o desenvolvemento da industria en Galicia e en España. O desenvolvemento industrial é suficiente en xeral para garantir un desenvolvemento sostible da construción e dos servizos, conducindo a un incremento da renda real por habitante e a unha mellora das taxas de emprego de ambos os dous xéneros GUISÁN, M.C. (2011). “Población y empleo en las comarcas de Galicia”, Informe de la Economía Gallega 2011. Asociación Hispalink Galicia. IGE. Población y empleo en Galicia. IGE. Afiliaciones a la Seguridad Social. INE. Encuesta de Población Activa. OCDE. Labour Force Statistics. Emprego sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa presenta os resultados dun traballo de investigación sobre o desenvolvemento económico, o emprego e a calidade de vida desde unha perspectiva de xénero, procurando respostas a preguntas cruciais: pode Galicia achegarse aos niveis de emprego, salarios, calidade de vida e participación das mulleres similares aos das rexións e países máis avanzados? Que factores principais poden axudar a avanzar nesa dirección? Ademais de atender estes interrogantes, a obra salienta a conveniencia dunha máis intensa concienciación por parte dos medios de comunicación e grupos políticos a respecto da importancia de previr os desequilibrios económicos e de impulsar un desenvolvemento sostible. u ww. use. es/pub 1 i caci ons • FONDO SOCIAL EUROPEO "OFSéinv1>tano1eututuro" UNIÓN EUROPEA X UNTA DEGALICIA