As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B1512
Full text
EL TEXTO MEDIEVAL: DE LA EDICIÓN A LA INTERPRETACIÓN EDICIÓN AL CUIDADO DE Pilar Lorenzo Gradín Simone Marcenaro Verba, ANUARIO GALEGO DE FILOLOXÍA ANEXO 68 2012 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B1512* Déborah González Martínez Universidade de Santiago de Compostela Atribúese ao trobador Vasco Gil unha produción consistente en 17 cantigas, transmitidas nos tres cancioneiros que recollen a lírica medieval peninsular. A maior parte desas cancións clasifícanse no xénero da cantiga de amor, sumando un total de trece os textos reproducidos no Cancioneiro da Ajuda (A144–A156), entre os que hai seis que se ofrecen tamén no Cancioneiro da Biblioteca Nacional 10991 (B267–B272). Neste apógrafo, Vasco Gil aparece ademais como como autor de dúas cantigas de amigo (B664–B665), que están presentes así mesmo no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana 4803 (V266–V267). Este corpus complétase con dúas tensos, ambas iniciadas por Vasco Gil: Pero Martiiz, ora por caridade (V1020) e Rei don Alfonso, se Deus vos pardon (B1512). O debate Pero Martiiz, ora por caridade testemúñase únicamente en V, xa que en B hai unha lacuna de 41 textos, desde B1390 (= V999) ata B1431 (=V1041), que provoca unha falta de correspondencia entre os dous apógrafos nesta parte. O texto localízase no interior do sector de cantigas de escarnio do cancioneiro vaticano, no f. 164v (cols. a-b), intercalada na produción poética asignada a Johan Soarez Coelho1, sen se complementar dunha rúbrica que a atribúa a algún dos dous participantes do debate, Vasco Gil e Pero Martins. Este último é un autor coñecido unicamente pola súa intervención nesta composición. O nome Pero Martins é frecuente na documentación portuguesa da época, polo que a tarefa de identificar a este individuo resulta complicada; Oliveira (1994: 421) presentou dúas hipóteses a partir da información que se pode extraer da tenso: que fose un Pero Martiiz relacionado coa Orde dos Hospitalarios no terceiro cuarto do século XIII, ou ben Pero Martins o Freire2. O segundo debate no que participa Vasco Gil é Rei don Alfonso, se Deus vos pardon, que, como se pode apreciar no incipit, se trata dun diálogo que o nobre portugués mantén co monarca Alfonso X3. Isto permite hipotetizar que a tenso se !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! * Este traballo elaborouse no marco dos proxectos Os xéneros dialogados na lírica galego-portuguesa (PGIDIT INCITE09204068PR), financiado pola Xunta de Galicia, e El sirventés literario en la lírica románica medieval (FFI2008-5481), financiado polo MICINN (2009-2011) con fondos FEDER. 1 É de destacar que, nas seccións de amor e de amigo, a obra do trobador Vasco Gil encóntrase próxima á obra de Johan Soarez Coelho. 2 Vid. Oliveira 1994: 421. Para máis información sobre este autor, vid. Correia 1993. 3 A vida e a obra en galego-portugués de Alfonso X non necesita presentación; remitimos aos
As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B 1512 ! ! ! ! ! ! 196 confeccionase na época en que Vasco Gil se encontraba na corte castelá. Ao contrario da cantiga anterior, este texto transmítese exclusivamente en B, dado que a correspondencia entre B e V se perde a partir de B1500 = V1110 e non se volve retomar ata B1579 = V1111. Inserida no sector de escarnio do Colocci-Brancuti, esta tenso localízase no f. 316v (cols. a-b), entre o ciclo de cantigas asignado a Fernan Garcia Esgaravunha e unha serie de composicións atribuídas a Pero Mafaldo. O texto vai precedido dunha rúbrica que o clasifica tematicamente no xénero de escarnio e o atribúe ao autor portugués, iniciador do debate: Vaasco gil fez esta cãtiga e descarnhe de mal dizer. Xusto embaixo desta anotación, da man do copista, lese a rúbrica atributiva Vaasco gil. A continuación ofrecemos a edición destes dous textos dialogados, adoptando os criterios fixados nas Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval (Ferreiro, Martínez Pereiro, Tato Fontaíña 2007). 5 10 1. Pero Martiiz, ora por caridade (V1020) V1020, f. 164v cols. a-b – Pero Martiiz, ora por caridade, vós que vos teedes por sabedor, dizede-mi: Quen é comendador eno Espital ora da escassidade, ou na fraqueza, ou quen no forniz, ou quen en quanto mal se faz e diz? Se o sabedes, dizede verdade. – Pois, don Vaasc’, un pouco m’ascoitade: os que mal fazen e dizen son mil, e no fornizio é don Roi Gil, e Roi Martiiz é na falsidade, e ena escaseza é o seu prior, non vos pod’om’esto partir melhor, se máis quise[r]des, per máis preguntade. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! traballos de Ballesteros Beretta (1984), Bertolucci (1993), a edición crítica da poesía profana preparada por J. Paredes (2010), a edición divulgativa das Cantigas de Santa Maria de W. Mettman (1988), a edición crítica das cantigas de loor dirixida por E. Fidalgo (2003), así como o estudo dedicado ás CSM de E. Fidalgo (2002). S. Parkinson, director da The Oxford Cantigas de Santa Maria Database <http://csm.mml.ox.ac.uk/>, é tamén responsable de múltiples publicacións dedicadas á obra alfonsí.
Déborah González Martínez ! 197 15 20 25 30 – Pero Martiiz, mui ben respondestes, pero sabia-m’eu esto per mi, ca todos tres eran senhores i das comendas, comendadores estes, e partistes-mi-o tan ben que m’é mal; mais ar quer’ora de vós saber al: que mi digades de quen o aprendestes. – Vós, don Vaasc’, ora me cometestes doutros preitos, des i ar dig’assi: non mi deu algo, pero lho pedi, o priol, e fodi e vós fodestes con Roi Gil, e meus preitos talhei con frei Rodrigu’e mentiu-mi-os; e sei per aquest’a sa fazenda daquestes. – Pero Martiiz, respondestes tan ben en tod’esto, que fostes i con sén e trobador, e cuid’eu que leestes. – Vós, don Vaasco, tod’esso m’é ben: ei sis’e sei trobar e leo ben; mais que tardi que mi-o vós entendestes! 5 franqueza] franquez a 9 mil] mal 10 e no fornizio é] eno fornize 12 prior] piol 15 respondestes] respondedes 16 per mi] permin 19 e partistes-mi-o] epar ustesmho 23 preitos] p’ytus 26 preitos] p’ytus . Roi Gil] roygal 28 per aquest’a] poq!ta 30 fostes] foystes 2 uos . u9 . teedes 3 qu" 6 sse 7 uerdade 8 Poys . dõ . uaasc# pouco . mascoytade 9 "! mal . sõ 10 dõ . roy 11 roy . m’tijz 12 e ena esca sseza e 13 nõ . u9 14 mays . pe . mays . p’guntade 15 m’tijz 16 po 17 tod9 . erã . hy 18 com"das . com"dadores 19 tã b" . "! me 20 mays . "! rora . deuos 21 "! mi . "! no . ap’ndestes 22 uaascora 23 doutos . desyar . digassy 24 nõ . polho . pedy 25 o piol . fody . euos 26 cõ . eme9 . p’ytus . talhey 27 cõ . frey . rodri gue . mentiumh9 . sey 28 da!"! stes 29 m’tiiz . tã 30 "! . hy . cõ 31 ecuydeu .!"! 32 uaasco . b" 33 ey . sey 34 mays . "! . "! . mho . uos
As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B 1512 ! ! ! ! ! ! 198 Repertorios: Tavani (1967): 152,7 e 132,1; d’Heur (1973): 1430. Edicións críticas: Lapa (1995: 265-266), Michaëlis (2004: 130-131), Piccat (1995: 277-304), Silva (1993: 219-221). Notas aos versos 1. Reproducimos Martiiz, seguindo V; nesta solución coincidimos con Lapa e Silva e diferenciámonos da proposta de Michaëlis (Mart!iz) e da de Piccat (Martiinz). 3. Comendador é unha voz adaptada do francés antigo comandeor ‘o que manda’ segundo Corominas e Pascual (1980: III 800). Segundo as explicacións que se recollen no Elucidario, comendador presentaba tres valores: 1) «Ao provedor, director ou procurador dos hospitais, que alguns mosteiros e proporações eclesiásticas, antigamente, conservavam junto a si com particulares bens e rendas separadas, se deu o nome de commendador, porque se lhe encomendavam, não para os destruir mais sim para que, tirada a sua côgrua e honesta sustentação, tudo o mais dependesse em as necessidades dos enfermos, pobres e necessitados»; 2) «Não sendo possível, antigamente, as catedrais e grandes mosteiros defender e povoar as muitas herdades, terras, vilas e castelos, que lhes eram doadas, as encomendaram a várias pessoas nobres para que as defendessem e amparassem. Mas isto foi, como dizem, meter o gato no pombal, porque muitos se levantaram com o senhorio destes bens que, pela maior parte, se perderam. Os que assim eran encarregados da defensa e protecção, se disseram, primeiramente, defensores, depois comendeiros e comendadores. Até o século XIV, há memórias destas encomendas, que depois, deste tempoi, inteiramente, se extinguram»; 3) «Feitor ou procurador de um mosteiro de religiosas ou qualquer outra corporação, cujos bens e rendas lhes estão cometidos para o melhoramento e cobrança» (Viterbo 1865: II, 177). Entendemos que, no texto, comendador está proposto con este último valor. 4. Reproducimos o verso seguindo a lección de V, considerando que os encontros vocálicos eno espital e da escassidade se resolven en sinalefa. Lapa reproduciu eno Espital ora da escassidade, pero en nota afirmou: «Lê-se efectivamente no ‘ Spital e da ‘ scassidade» (Lapa 1995: 265). Pola súa parte, Michaëlis optou por eno Spital ora da escassidade. Espital corresponde á Orde do Hospital de Xerusalén. Nas dúas tensos de Vasco Gil noméase a Orde do Hospital, o que non parece ser fortuíto: nesta composición satirízase aos membros superiores da Orde, e na seguinte Alfonso X menciónaa na parte final do texto. Por certas cesións que Vasco Gil e a súa muller fixeron aos Hospitalarios, Oliveira (1994: 421) considerou posible que o trobador portugués estivese vinculado á Orde. Ademais, os Livros de Linhagens reproducen
Déborah González Martínez ! 199 algunha información sobre o nobre que favorece esa hipótese: «dom Vaasco Gil, seu irmão de Manrique Gil, foi d’epistola, e depois casou com dona Froilhi Fernandez, filha de dom Fernam Anes Cheira» (LC25H3) (Mattoso 1980: II/1, 299). Así pois, a expresión «foi d’epistola» estaría a indicar que recibiu as ordes menores, probablemente, de subdiácono. 5. A lección manuscrita franqueza non ten sentido no contexto. Como Piccat, seguimos a emenda proposta por Lapa, fraqueza, entendida «em sentido moral (cobardia), para não fugir demasiado à letra do códice» (Lapa 1995: 265). Michaëlis, seguida por Silva, respectou franqueza, aínda que en nota observou que «Da resposta do verso 11, concluo que aqui deveria estar falseza» (Michaëlis 2004: 131). 10. Para dar solución á hipometría seguimos a Lapa na proposta forniz[io]. Tendo en conta que Roi pode computar de dúas sílabas, non parece adecuada a lectura de Michaëlis, consistente na integración: [mestre] don Roy Gil. Tampouco é conveniente a solución adoptada por Piccat, que correxiu a forma verbal, e(stá) don Roy Gil. Optamos pola solución no texto e no fronte á posibilidade de considerar eno, que sería métrica e gramaticalmente válido neste contexto. A forma aglutinada eno coexiste nos textos de época medieval con no, resultado da aférese ($N $LLU > en lo > enno > eno > no) (Ferreiro 1995: 364). Nesta tenso advírtese a presenza das dúas formas (eno v. 4, ena v. 12, na v. 5 e v. 11, no v. 5). Roi Gil, nomeado frei Rodrigo no v. 27, sería un dos comendadores da Orde. Segundo Oliveira (2004: 421), sería prior entre 1233 e 1243, e documéntao en textos do segundo tercio de século XIII como freire. En base a que no v. 27 é referido como freire, Oliveira considerou que a peza puido confeccionarse nos inicios dos anos trinta, ou con posterioridade a 1243, na corte de Alfonso X, rei con quen Vasco Gil mantén o outro diálogo, e no que o monarca castelán nomea a Orde do Hospital. 11. Michaëlis consideraría Roi como monosílabo e de aquí que integrase un pronome para regular metricamente o verso: «Roy Mart%iz é[o] na falsidade» (Michaëlis 2004: 130). A lectura e Roi Martiiz ena falsidade, sobreentendendo o verbo ser, pode considerarse válida. Porén, nas estruturas anteriores e na seguinte o verbo sempre se mantén explícito (os que mal fazen e dizen son mil no v. 9, e no forniz[io] é don Roi Gil no v. 10, e ena escaseza é o seu prior no v. 12), polo que nos parece mellor solución e Roi Martiiz é na falsidade. Segundo Oliveira, Rui Martinz podería ser o comendador de Távora, documentado en 1250 e 1251 na corte de Afonso III e nomeado nas Inquirições de 1258 e 1288, ou o que foi comendador de Santarém (Oliveira 2004: 421).
As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B 1512 ! ! ! ! ! ! 200 12. É necesario considerar dúas sinalefas neste verso. A solución de Michaëlis consistiu en: «e (e)na (e)scasseza é-o seu prior» (Michaëlis 2004: 130). Silva considerou que o modo en que a editora alemá resolvera a hipermetría era inconveniente, «por exprimir semelhantemente dois comportamentos diversos: o encontro da conjunção e com eno, dada a irredutibilidade de e, dá-se pela absorção da vogal inicial de eno (Sobre o comportamento da conjunção e diante de palavra começada por vogal, veja-se Celso Cunha, Estudos de Poética, pp. 43-58 e 109-135); quanto ao encontro de ena com escasseza, esse resolve-se pela ditongação da vogal final de ena com o e inicial da palavra seguinte» (Silva 1993: 221). De acordo coas manifestacións deste editor a propósito da conxunción copulativa, pensamos que son os encóntros vocálicos ena escasseza é os que se resolven en sinalefa. Aínda que priol coexistiu con prior, optamos por emendar a expresión priol a prior, xa que se ofrece en relación de rima con melhor (mantendo a forma priol no interior do v. 25). Coincidimos con Michaëlis nesta solución, fronte a Lapa, Silva e Piccat que conservaron priol seguindo V. 13. Piccat presentou non vus pod’om esto, considerando que a forma do substantivo é om e non ome (que é a forma correcta do substantivo, aínda que neste verso se presenta con elisión da vogal final por contacto coa vogal que inicia a palabra seguinte). 21. O verso transmítese hipérmetro, polo que convén considerar unha sinalefa no encontro o aprendestes. Michaëlis marcou entre parénteses o pronome dativo mi, para evidenciar a necesidade de suprimir esa sílaba do cómputo. 22. Lapa suprimiu ora, porque segundo este editor o adverbio «não faz sentido». Igual que Michaëlis, Silva e Piccat reproducimos ora no texto, considerando boa a lección manuscrita. 26. Gil(es) é a emenda de Michaëlis. A intervención non nos parece adecuada, xa que se pode considerar Roi bisílabo. 28. A forma antiga do posesivo de terceira persoa sa, de carácter átono, utilizouse con frecuencia na produción trobadoresca. Normalmente non se presenta precedido de artigo, pero existen exepcións que nos permiten defender a lectura per aquest’a sa fazenda daquestes. Así, na lírica profana encontramos (aquí e nos exemplos seguintes seguiremos a numeración e os textos da MedDB): a sa terra (18,13 v. 3), a san gran mesura (25,53 v. 15), a sa morte (25,132 v. 2), a sa lidiça (48,1 v. 14), A sa Vida (62,1 v. 1), Ant’a sa pousada (66,7 v. 4), quer’a sa molher (70,2 v. 2), a sa coita (93,6 v. 3), a sa filha (120,43 v. 1), ant’a sa porta (126,3 v. 6), e en O que da guerra levou cavaleiros (18,29) rexístrase a sa gente (v. 17) e repítese a sa terra (vv. 2, 4, 26, 32 e 35). 30. Coincidindo con Lapa, corriximos a fostes a lección de V, foystes.
Déborah González Martínez ! 201 Michaëlis emendouna a fuistes, Silva hipotetizou que foystes derivaría do fuistis latino, como unha forma arcaica de fostes. Esta foi tamén a solución que adoptou Piccat, pero non ofreceu unha explicación. 34. Coincidimos con Michaëlis, Lapa e Silva na lectura tardi fronte a solución de Piccat, tard’i. O adverbio tardi documéntase noutras dúas cantigas da lírica profana (ai meu amigo, ¡tardi vos nembrou! 63, 21 v. 15, ca, se veer logo, tardi será 86,7 v. 17); a expresión tard’i reprodúcese nunha cantiga (pero que eu tard’i o conhoci 125,29 v. 19). Este resultado pode considerarse relativo, xa que depende da opción que cada editor priorizou; na tenso entre Vasco Gil e Pero Martiiz, recoñecemos a corrección da forma tard’i, pero priorizamos tardi. Paráfrase – Pero Martiiz, agora por caridade, vós que vos tedes por persoa entendida, dicídeme: na Orde do Hospital quen é agora comendador na cobiza, ou na fraqueza, ou no fornicio, ou en todo canto mal se fai e di? Se o sabedes, dicídeme a verdade. – Pois, don Vaasco, escoitademe un pouco: son mil os que fan e din mal, e no fornicio é don Roi Gil, e na falsidade é Roi Martiiz, e na escasidade é o seu prior; non vos pode ninguén dicir isto mellor, e se quixerdes saber máis, por máis preguntade. – Pero Martiiz, moi ben respondestes, pero eu sabía isto por min mesmo, que os tres eran señores das comendas entón, comendadores estes, e contástesmo tan ben que me vai mal, mais aínda quero de vós saber outra cousa, que me digades de quen o soubestes. – Vós, don Vaasco, desafiástesme xa noutras cuestións, e entón aínda vos digo así: o prior non me deu algo que lle pedín, e eu fodín e vos fodestes con Roi Gil, e frei Rodrigo enganoume nos negocios que concertei con el. Por isto sei das propiedades destes. – Pero Martiiz, respondestes tan ben en todo isto que obrastes con xuízo e fostes bo trobador, e coido que lestes. – Vós, don Vaasco, todo iso me está ben, pois teño xuízo, sei trobar e leo ben; mais que tarde que vós mo entendestes!
As tensos de Vasco Gil. Edición e estudo de V1020 e B 1512 ! ! ! ! ! ! 202 5 10 15 20 25 2. Rei don Alfonso, se Deus vos pardon (B1512) B1512, f. 316v, cols. a-b – Rei don Alfonso, se Deus vos pardon, desto vos [ora] venho preguntar, [se]quer ora punhade de mi dar tal recado que seja con razon: quen dá seu manto que lho guard’alguen e lho non dá tal qual o deu, por én que manda [end’]o Livro de León? – Don Vaasco, eu fui ja clerizon, e degreda soia estudar e nas escolas u soia entrar dos maestres aprendi tal liçon: que manto doutren non filhe per ren mais se o meu melhoro, faço ben, e non sõo por aquesto ladron. – Rei don Alfonso, ladron por atal en nulha terra nunca chamar vi, nen vós, senhor, non o oistes a mi, ca se o dissesse diria mal; ante [o] tenho por trageitador, se Deus mi valha, nunca vi melhor, quen a si torna pena de cendal. – Don Vaasco, dizer-vos quer’eu al daqueste preito que eu aprendi: oi dizer que trageitou assi ja #a vez un rei en Portugal: ouve un dia de trageitar sabor, e, por se meter por máis sabedor, fez[-vos] cavaleiro do Espital.
Déborah González Martínez ! 209 Machado, E. – Machado J.P. (1949-1964, eds.), Cancioneiro da Biblioteca Nacional, antigo Colocci-Brancuti. Lisboa, 8 vols. Mattoso, J. (ed.) (1980): Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Lisboa: Publicações do II Centenário da Academia das Ciências, 2 vols. MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa, versión 2.3.1, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, <http://www.cirp.es/>. Mettmann, W. (1988) (ed.): Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa Maria. Madrid: Castalia, 3 vols. Michaëlis, C. (2004) «Glosas marginais ao Cancioneiro medieval português. II Uma canção de manto», in Y. Frateschi Vieira, J. L. Rodríguez, M. I. Morán, J. A. Souto (eds.): Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Coimbra: Universidade de Coimbra, pp. 109-131. Montero Santalla, J.M. (2000): As rimas da poesia trovadoresca galegoportuguesa: catálogo e análise, [Tese de doutoramento inédita], 3t.. A Coruña . Oliveira, A. Resende de (1994): Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV. Lisboa: Colibri. Paredes, J. (2010) (ed.): El cancionero profano de Alfonso X el Sabio. Edición crítica, con introducción, notas y glosario. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela [Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 66]. Parkinson, S. (dir.): The Oxford Cantigas de Santa Maria Database, <http://csm.mml.ox.ac.uk/>. Piccat, M. (1995): Il Canzoniere de don Vasco Gil. Bari: Adriatica Editrice. Rodríguez, J.L. (1983): «Castelhanismos no galego-português de Afonso X, o Sábio», Boletim de Filologia, XXVIII, pp. 6-19. Silva, M. Alvaro Ferreira da (1993): A tenção galego-portuguesa: estudo de um género e edição dos textos, Lisboa [Tese de mestrado inédita]. Tavani, G. (1967): Repertorio métrico della lirica galego-portoghese, Roma: Edizioni dell’Ateneo. Viterbo, J. de Santa Rosa (1865): Elucidário das palavras, termos e frases que em Portugal antigamente se usaram e que hoje regularmente se ignoram: obra indispensável para entender sem erro os documentos mais raros e preciosos que entre nós se conservam. Porto: Livraria Civilização, 2 vols. !