scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Guía para facer buscas de normativa en Minerva

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Xestión Académica

Full text

GUÍA PARA FACER BUSCAS DE NORMATIVA EN MINERVA INDICE 1. Minerva: o repositorio institucional. Introdución ............................................................................................... 3 2. As buscas na colección de Xestión Académica .............................................................................................. 6 3. As opcións máis recomendables de busca ...................................................................................................... 8 4. Utilizar as opcións de ordenación para ordear os resultados por datas ......................................................... 13 5. Busca usando os operadores booleanos: AND – OR – NOT .......................................................................... 15 6. Busca por materia / palabras “chave” .............................................................................................................. 17 7. Os filtros avanzados de busca ......................................................................................................................... 21 8. Conclusión ........................................................................................................................................................ 23 1. Minerva: o repositorio institucional. Introdución. O repositorio institucional Minerva clasifícase en comunidades e coleccións. A normativa de xestión académica é unha colección dentro da comunidade Institucional, subcomunidade Documentación Institucional e, dentro desta, na subcomunidade Normativa. As buscas pódense facer en todo Minerva, nunha subcomunidade ou nunha colección concreta. O máis práctico é facer a busca dentro da subcomunidade Normativa, se queremos facer unha busca en todas as coleccións desta subcomunidade, ou na colección concreta de Xestión Académica (o máis habitual para acotar a normativa específica desta área). Na subcomunidade de Normativa agrúpanse varias coleccións, entre as que se inclúe a de Xestión Académica. Ao carón de cada colección indícanse o número de normas publicadas. Hai que ter en conta que unha mesma norma pode estar vencellada a máis dunha colección. Se facemos unha busca neste nivel, as normas publicadas que mostrará serán de todas as coleccións da subcomunidade. Se facemos a busca nunha colección concreta (por exemplo, Xestión Académica), só mostrará as vencelladas a esta colección. En cada comunidade ou colección mostraranse na parte inferior os envíos recentes. Isto refírese tanto ás novas publicacións como ás modificacións de publicacións anteriores. 2. As buscas na colección de Xestión Académica Nesta páxina, na parte central, móstranse 4 opcións para listar: - Por data de publicación. Permite listar todas as normas da colección por orde de data ascendente (de máis antigo a máis recente) ou descendente (de máis recente a máis antiga). Tamén se pode acotar un ano determinado en orde ascendente ou descendente. Non permite buscar por unha data concreta. Isto faise no buscador, como logo se explica. - Por autores: esta opción non é útil para a busca de normativa, xa que os autores son sempre Universidade de Santiago. Reitoría ou Consello de Goberno ou Secretaría Xeral, etc. Na busca bibliográfica se é un criterio moi importante, pero non en normativa. - Por títulos: permite ordear polos títulos das normas publicadas. Tampouco ten utilidade na busca de normativa. - Por materias: permite seleccionar unha palabra ou palabras determinadas para listar as normas relacionadas con estas palabras. Ao seleccionar esta opción aparece un relación alfabética e dentro de cada letra un índice de palabras para seleccionar. Tamén ten un buscador de palabras chave, debaixo do índice. Estas palabras son as que aparecen na ficha de cada norma como “palabras chave”. Cando se fai unha busca por este criterio, aparecerán todas as normas que teñan na ficha esa palabra chave. Na marxe dereita da pantalla tamén se mostran estas opcións para buscar en todo Minerva ou na colección concreta. A continuación está o buscador para introducir as palabras a buscar (“Busca nesta colección”). A busca pode ser simple, introducindo as palabras a buscar, con “comillas” para que busque todas as palabras que se introducen ou con operadores booleanos (and, or). Nesta versión non se mostran as opcións avanzadas de busca (na versión anterior si aparecían estas opcións). Primeiro hai que facer unha busca (simple ou con operadores) e logo aparecen as opcións de busca avanzada. Na parte inferior aparecen as últimas publicacións ou modificacións da normativa da colección (”Envíos recentes”). 3. As opcións máis recomendables de busca - Se coñecemos a data da norma, o máis práctico é introducila no buscador entre comillas (“”), co formato dd-mm-aaaa.  Exemplo, para buscar o acordo do Consello de Goberno de 5 de xullo de 2016 sobre reoceñecmento de créditos nos estudos de Grao Os resultados son 3: Nas 2 primeiras a data aparece no título. No 3º resultado, a data está na descrición, xa que as buscas fanse no título, nas palabras chave e na descrición. 6. Busca por materias/palabras chave. O número de materias ou palabras chave que aparecerán vai depender se estamos en todo Minerva ou nunha colección concreta. Se prememos na opción “materias” en toda a comundade Minerva, o número de palabras chave son 24.651 Se facemos o mesmo na colección “Normativa”, o número de palabras chave son 1.265, é dicir, só ten en conta as palabras desta colección e as subcoleccións que dependente dela (o mesmo sería aplicable se o facemos na subcolección de “Xestión Académica, só tería en conta as palabras chave desta subcolección). Para ver as materias/palabras chave, podemos utilizar a buscador ou premer sobre unha letra determinada. No primeiro caso buscara se hai a palabra introducida, no segundo caso listara as palabras chave que comecen por esa letra. No exemplo, premenos na letra “P”. Se prememos sobre a palabra “Permanencia” , listará todas as normas que teñan esta palabra chave na ficha. 7. Os filtros “avanzados” de busca. Son o mesmo que utilizar os operadores booleanos, pero seleccionando os campos e indicando onde ten que facer a busca (en título, autor, materia, etc.). Na versión anterior, aparecía na pantalla de calquera comunidade ou colección a opción de “mostrar filtros avanzados”. Nesta versión non mostra esta opción, senón que hai que facer unha busca ou premer no caixón de busca para que apareza. Cando se preme sobre a caixa de busca, aparecerá na marxe superior dereita “mostrar filtros avanzados” Se prememos sobre a opción “Mostrar filtros avanzados, aparecerán as caixas de texto para introducir. Para engadir máis caixas pódese premer en + No primeiro filtro, pódese poñer que filtre en título, autor, materia, data, tipo, dereitos. Na segunda opción selecciónamos “contén”, “igual”, “non conten”, “distinto de”, e a continuación a palabra ou palabras a buscar. 8. Conclusión Como se pode comprobar, é máis práctico utilizar os operadores booleanos ou as comillas que utilizar os filtros avanzados, que ten máis limitacións nas buscas (non permite facer a busca en calquera dos apartados, senón que hai que indicarlle onde ten que facer a busca).