scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia. 1836-1936

Martínez Rodríguez, Ana Cruz

Abstract

Nesta investigación analízase a traxectoria das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia entre 1836 e 1936. Estas cooporacións debían actuar en cada provincia coma brazos executores das directrices gobernamentais no relativo á xestión do Patrimonio Cultural. Na práctica, o contexto de precariedade institucional e material condicionaron significativamente a súa eficacia e funcionamento. As Comisións galegas, a pesar das súas manifestas deficiencias, durante máis dun século realizaron un volume inxente de modestas actuacións que, tomadas no seu conxunto, constitúen unha meritoria contribución á conservación e posta en valor do Patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e documental de Galicia. Para a reconstrucción da traxectoria das Comisións galegas apenas contamos coa documentación xenerada por elas mismas, pero sí coa abundante correspondencia intercambiada coas institucións das cales dependeron: a Comisión Central, a Real Academia da Historia e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Estas fontes compleméntaronse coas noticias obtidas dos xornais, revistas e boletíns que deron eco das actuacións dos comisionados. Reconstruímos con esta documentación a meritoria actuación das Comisións na recuperación dos bens culturais desamortizados, na defensa dos monumentos ante as agresións da expansión urbana, na formación do xérnolo dos museos provinciais, promoveron excavacións arqueolóxicas e a recuperación de vestixios de interés histórico-arqueolóxico, interviron na defensa da Muralla de Lugo, na supervisión das reparacións dos edificios monumentais, etc…. A pesares das cuantiosas achegas, a historia das Comisións Provinciais está repleta de períodos oscuros, de inactividade, actuacións desafortunadas,… Unha análise contextualizada permite comprender estas circunstancias no marco da precariedade da política cultural gobernamental. O estudo das Comisións Provinciais de Monumentos histórico artísticos de Galicia, sobre todo, permite recuperar as achegas dun amplo coleitivo de eruditos que se implicaron na defensa dos bens culturais galegos, con frecuencia sen apoios nin medios materiais.

Full text

TESE DOUTORAMENTO As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia. 1836-1936 Ana Cruz Martínez Rodríguez Directores Fernando Acuña Castroviejo Raquel Casal García DEPARTAMENTO HISTORIA I FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA SANTIAGO DE COMPOSTELA ANO 2015 TESE DOUTORAMENTO As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia 1836-1936 Asdo. ............................... Ana Cruz Martínez Rodríguez 2015 DEPARTAMENTO HISTORIA I FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA SANTIAGO DE COMPOSTELA ANO 2015 Departamento de Historia I. Facultade de Xeografia e Historia FERNANDO ACUÑA CASTROVIEJO CATEDRÁTICO DE ARQUEOLOXIA E MARIA RAQUEL CASAL GARCÍA, PROFESORA TITULAR DE ARQUEOLOXÍA DA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. CERTIFICAN Que a licenciada ANA CRUZ MARTINEZ RODRIGUEZ realizoú baixo a nosa dirección a tesis de doutoramento titulada “As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia. 1836-1936”. E para que conste e se poida proceder aos trámites necesarios para a sua defensa asinamos en Santiago a 30 de abril de 2015. Asdo. Fernando Acuña Castroviejo Asdo. : Mª Raquel Casal García Conforme: Ana Cruz Martínez Rodríguez Aos meus pais O meu agradecemento aos meus directores de tese, Raquel e Fernando, pola súa confianza e apoio Resumo Nesta investigación analízase a traxectoria das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia entre 1836 e 1936. Estas cooporacións debían actuar en cada provincia coma brazos executores das directrices gobernamentais no relativo á xestión do Patrimonio Cultural. Na práctica, o contexto de precariedade institucional e material condicionaron significativamente a súa eficacia e funcionamento. As Comisións galegas, a pesar das súas manifestas deficiencias, durante máis dun século realizaron un volume inxente de modestas actuacións que, tomadas no seu conxunto, constitúen unha meritoria contribución á conservación e posta en valor do Patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e documental de Galicia. Para a reconstrucción da traxectoria das Comisións galegas apenas contamos coa documentación xenerada por elas mismas, pero sí coa abundante correspondencia intercambiada coas institucións das cales dependeron: a Comisión Central, a Real Academia da Historia e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Estas fontes compleméntaronse coas noticias obtidas dos xornais, revistas e boletíns que deron eco das actuacións dos comisionados. Reconstruímos con esta documentación a meritoria actuación das Comisións na recuperación dos bens culturais desamortizados, na defensa dos monumentos ante as agresións da expansión urbana, na formación do xérnolo dos museos provinciais, promoveron excavacións arqueolóxicas e a recuperación de vestixios de interés históricoarqueolóxico, interviron na defensa da Muralla de Lugo, na supervisión das reparacións dos edificios monumentais, etc…. A pesares das cuantiosas achegas, a historia das Comisións Provinciais está repleta de períodos oscuros, de inactividade, actuacións desafortunadas,… Unha análise contextualizada permite comprender estas circunstancias no marco da precariedade da política cultural gobernamental. O estudo das Comisións Provinciais de Monumentos histórico artísticos de Galicia, sobre todo, permite recuperar as achegas dun amplo coleitivo de eruditos que se implicaron na defensa dos bens culturais galegos, con frecuencia sen apoios nin medios materiais. Introdución Desde finais dos noventa véñense publicado en España numerosos traballos relativos ás Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos. Estas lonxevas corporacións provinciais apenas atraeran ata datas recentes a atención dos historiadores dado que, desde o descoñecemento, atribuíuselle sistematicamente a consideración de ser entidades inoperantes e ineficaces. A recente atención prestada nos últimos anos ao estudo das Comisións de Monumentos vén determinada pola concienciación do relevante papel que tiveron asinado durante máis dun século na xestión do Patrimonio Artístico e Arqueolóxico nas respectivas provincias. Esta constatación puxo de manifesto a necesidade de recuperar a memoria da súa traxectoria, á marxe dos seus éxitos ou fracasos, dado que está estreitamente aparellada á sorte dos monumentos e vestixios históricos e artísticos de cada provincia. Por este motivo a investigación sobre as Comisións transcende da simple cuantificación dos seus éxitos e de reclamar en base a eles o recoñecemento dos seus méritos. Consideramos que o estudo das Comisións de Monumentos é relevante por sí mesmo, por coincidir na práctica coa xestión patrimonial provincial ata ben entrado o século XX, fora esta xestión exitosa ou non. De feito, afondar na traxectoria das Comisións supón, en gran medida, sinalar as súas manifestas deficiencias e estudar os factores que as explican; evidenciar que as súas limitacións constitúen unha manifestación máis da precariedade da política cultural e patrimonial estatal desenvolvida ata o primeiro terzo do século XX. Con esta investigación sobre as Comisións de Monumentos galegas, a primeira a nivel estatal que supera o marco xeográfico provincial, pretendemos contribuír a unha futura revisión sobre estas corporacións na cal se matice a súa imaxe de inoperancia e se valore as súas achegas entendéndoas no contexto de precariedade institucional no cal se desenvolveu a política cultural e patrimonial española. Neste 7 sentido, Isabel Ordieres realizou xa un valioso traballo de síntese a nivel estatal no cal abordou a participación das Comisións de Monumentos na restauración dos edificios monumentais nacionais. Non obstante, a restauración de edificios constitúe unicamente unha das moitas atribucións das lonxevas Comisións de Monumentos. No momento de inicial esta investigación o obxectivo que nos propuxemos foi o de estudar á Comisión de Monumentos de Ourense, a única Comisión recoñecida medianamente en Galiza pola relevancia dos logros que acadara no cambio de século: a formación do Museo Arqueolóxico de Ourense e a edición do Boletín da Comisión. Unha análise comprensiva e contextualizada desta Comisión reclamaba afondar na instalación e traxectoria das descoñecidas Comisións do resto das provincias galega e, como non, relacionala tamén coas do resto da península. As carencias bibliográficas sobre ás Comisións galegas en concreto e, sobre a xestión do Patrimonio Cultural galego do século XIX en xeral, leváronnos a estender este estudo non solo xeograficamente a toda Galicia senón tamén a afondar no estudo do contexto sociocultural galego e estatal, necesario para comprender a significación e traxectoria das catro Comisións galegas, e da ourensá en particular. A extensión do marco xeográfico da investigación a toda Galicia non levou consigo a renuncia ao estudo máis pormenorizado da Comisión de Ourense. Persistimos na intención de afondar no estudo desta Comisión co obxectivo de evidenciar que a intensificación na investigación dunha destas corporacións permitiríanos constatar a amplitude da actividade que desenvolveron. Así, a intención non é destacar a Comisión de Ourense sobre as tres restantes senón amosala coma exemplo que nos permita extrapolar os resultados ás demáis comisións galegas, sinalando sempre as peculiaridades de cada unha delas. Metodoloxicamente optamos por abordar a investigación en tres partes. Comezamos cunha contextualización, imprescindible para a comprensión dos condicionantes políticos, culturais e lexislativos que determinaron á traxectoria e logros das Comisións. Delimitamos as dificultades materiais, económicas e estruturais que tiveron que afrontar os comisionados para acadar os variables obxectivos que se lles encomendaron ao longo da súa centenaria traxectoria. Dedicamos especial atención a establecer as interaccións das Comisións de Monumentos coas institucións e organismos centrais e locais dos que dependeron e, en xeral, con aquelas entidades coas cales se relacionaron. Reconstruímos así nesta primeira parte o entramado institucional establecido nos diferentes períodos para a xestión do 8 Patrimonio Cultural sinalando a posición que ocupaba nel as Comisións de Monumentos. A vinculación desta investigación á área de Arqueoloxía da USC levounos a prestar especial atención ás actuacións das Comisións con respecto aos vestixios arqueolóxicos. Comprobamos que a implicación das Comisión nestas cuestións foi parella á implantación da Arqueolóxica coma ciencia en Galicia. Coa finalidade de aproximarnos ao contexto científico e cultural arqueolóxico e de valorar a contribución das Comisións nesta área, reconstruímos os parámetros nos que se movía a ciencia arqueolóxica: afondamos na implantación das inspeccións arqueolóxicas prácticas, na evolución da interpretación dos vestixios arqueolóxicos, no tratamento da información arqueolóxica dos autores clásicos, os tópicos arqueolóxicos decimonónicos, a valoración e conservación dos vestixios materiais, .. Comprobamos novamente as carencias da bibliografía actual neste ámbito. Ata o presente, os estudos sobre a Arqueoloxía decimonónica centráranse case exclusivamente na vinculación das cuestións arqueolóxicas con respecto ao celtismo, de aí que necesitaramos recorrer as fontes clásicas directamente para abordar estas cuestións. Na segunda parte do traballo aproximámonos ás Comisións de Monumentos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Con respecto a estas tres provincias perseguimos estudar comparativamente as súas liñas xerais de actuación e as particularidades da traxectoria de cada unha delas. Con este fin sinalamos as súas achegas e actuacións máis relevantes e os períodos de maior e menor actividade de cada Comisión afondando nas circunstancias que os motivaron. Este achegamento permitiunos constatar as coincidencias na traxectoria das Comisións, fortemente condicionadas polos factores políticos externos. Recollemos tamén brevemente os trazos biográficos dos comisionados máis relevantes sinalando a súa formación intelectual e as achegas máis relevantes de cada un deles. Por último, a terceira parte do traballo dedicámola á análise máis exhaustiva da Comisión de Monumentos de Ourense. Escollemos esta Comisión pola dispoñibilidade de fondos documentais propios e pola relevancia dalgúns dos seus logros: a edición do seu Boletín e a formación do Museo de Pinturas e do posterior Museo Arqueolóxico. A nivel persoal, afondar no proceso de recuperación e posta en valor dos monumentos e bens culturais desta provincia, onde residín durante anos, foi especialmente gratificante. 9 A intensificación das pescudas relativas ás actuacións desta Comisión permitiunos non só establecer períodos e liñas xerais da súa actuación senón tamén neste caso afondar no funcionamento interno das Comisións, coñecer as metodoloxías de intervención dos comisionados e analizar polo miudo os logros máis relevantes. Pomos de manifesto, sobre todo, que actuacións que hoxe semellan discretas requirían un volume inxente de traballo atendendo ao desenvolvemento técnico, viario e cultural da época, un traballo ademais honorario e por tanto non retribuído. Concluíndo, a análise da traxectoria das Comisións de Monumentos galegas permítenos por un lado constatar o salientable volume de actuacións realizadas e ao mesmo tempo valorar estes logros relacionándoos coas atribucións que se lle encomendaron e as circunstancias culturais e económicas nas cales se desenvolveron. Destacamos finalmente o nivel de implicación de moitos dos comisionados que, sen retribución económica, realizaron con escasos medios e apoios unha voluminosa tarefa de recuperación, custodia e posta en valor do Patrimonio Monumental e Artístico provincial. Por este motivo, ao longo do traballo, incluímos os trazos biográficos e achegas individuais dos individuos máis relevantes. A recuperación da memoria destes personaxes, moitos de eles practicamente descoñecidos, resultounos unha das facetas máis gratificantes do traballo. O espazo apenas nos permitíu incluír unhas breves notas sobre a súa formación, obras e as súas principais achegas. Unha vez máis, a bibliografía actual apenas dedicou estudos a maior parte destes eruditos do século XIX e comezos do XX para os cales contamos unicamente cun limitado grupo de investigacións relativas aos comisionados máis relevantes: Murguía, Arturo Vázquez Núñez, Martínez Sueiro,… Con respecto ás fonres, unha das principais dificultades ao afrontar esta investigación foi a dispersión e mesmo o extravío da documentación propia das Comisións. Este extravío relacionámolo coa súa febleza organizativa que as privou en moitas ocasións de locais propios onde custodiar os seus arquivos. A descontinuidade no tempo contribuíu nalgún caso tamén a dificultar a conservación da documentación entre etapas. Noutras ocasións a falta de delimitación entre as actuacións particulares dos comisionados a súa participación coma membros das Comisións ocasionou que a documentación relativa a determinadas intervencións se conservara en fondos familiares privados de difícil acceso. Unicamente a Comisión de Ourense conserva parcialmente os seus fondos, aínda que en mal estado, especialmente para as primeiras décadas da súa existencia. 10 A falta de fondos propios, para o estudo das Comisións contamos principalmente coa documentación que nos achegan os arquivos das diversas institucións centrais que coordinaron a súa actuación, esencialmente a Comisión Central ata o 1859 e as Reais Academias da Historia e de Belas Artes a partir desa data. A Comisión Central (1844-1859), coordinadora Comisións de Monumentos provinciais ata o 1960, apórtanos a correspondencia mantida con esta institución. Esta documentación compleméntase coas dúas Memorias da Comisión Central que recollen os informes sobre o Patrimonio desamortizado remitidos desde as provincias polas Comisións de Monumentos. Especialmente relevante é a Memoria da Comisión Central de 1845 dado o volume da tarefa realizada polas Comisións de Monumentos no seu primeiro ano de andadura. A segunda Memoria da Comisión Central abarcará a década 1845-1855, máis breve que a anterior, apórtanos unha información valiosa por estar referida a unha etapa especialmente escura. As Comisións de Monumentos a partir de 1860 quedaron baixo a tutela da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (en adiante RABASF ) no relativo ás cuestións artísticas e da Real Academia da Historia (en adiante RAH) para o relativo aos estudos históricos. Entre a documentación conservada nos arquivos da RABASF destacamos os informes elaborados polas Comisións para instruír as Declaración de Monumentos Nacionais e tamén os informes preceptivos dos comisionados para informar a autorización dos derrubes de edificios monumentais ou para autorizar obras de reparación de monumentos históricos e artísticos. A RAH conserva nos seus fondos os informes de contido histórico e as notificacións de achados arqueolóxicos. Esta Academia publicou varias Memorias nas que incluía os informes e traballos académicos remitidos polos correspondentes das Comisións de Monumentos. A partir do 1871 o Boletín de la Real Academia de la Historia substituíu ás Memorias achegando maior difusión aos traballos dos académicos. As Comisións intercambiaron tamén abundante correspondencia con organismos e entidades locais moi diversos en función das épocas e dos asuntos aos que atenderon: a Sociedade de Amigos do País, a Real Academia Galega, a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Deputacións, Concellos, Bispados…. A ordenación cronolóxica desta variada documentación permitiunos paliar a falta de arquivos propios e acadar un achegamento global á actividade das Comisións, con grandes lagoas nas décadas iniciais. De especial relevancia para complementar 11 esta información resultou a consulta de xornais, boletíns e revistas coetáneos e, en especial, do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, publicado a partir de 1898. Resultounos tamén de interese os artigos e informes publicados no Boletín de la Academia de Historia, e no Boletín de la Real Academia Galega que permitiron a difusións dos estudos históricos, arqueolóxicos e artísticos de numerosos comisionados galegos. Unha fonte a ter en conta é a produción propia dos individuos que integraron as Comisións de Monumentos, en os que figuran os máis salientables autores da produción histórica e arqueolóxica de Galicia do século XIX e comezos do XX: Barros Sibelo, Murguía, Marcelo Macías, Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso, Maciñeira, Martínez Salazar, Ángel del Castillo,…. A súa abundante produción permitenos constatar a afección, compromiso e coñecementos científicos dos comisiónados galegos. Outra documentación que nos permite achegarnos á tarefa das Comisións de Monumentos son os arquivos dos Museos e Bibliotecas que xestionaron directamente. No caso ourensán contamos coa documentación do Arquivo do Museo Arqueolóxico de Ourense que recolle o legado do Museo de Pinturas, do Museo Arqueolóxico e da Biblioteca da Comisión. Resultan de especial utilidades os textos legais e normativos relativos á defenda do Patrimonio Artístico e Arqueolóxico que nos permiten situarnos no marco legal no cal se desenvolveu a tarefa das Comisións de Monumentos. En canto ás fontes actuais, atopamos un baleiro bibliográfico practicamente absoluto no relativo ás Comisións galegas. Os escasos traballos existentes están vinculados a historiadoras da Arte e céntranse basicamente na actuación das Comisións con respecto á Restauración Monumental. Xa falamos da aportación de Isabel Ordieres Díez, a nivel estatal, sobre a restauración monumental que inclúe as intervencións neste eido das Comisións de Monumentos galegas. Entre as contadas excepcións referidas á Galiicia contamos co estudo de Irene Calvo que abordou na tesiña de licenciatura inédita do departamento de Historia da Arte da USC a traxectoria da Comisión da Coruña no que respecta a defensa dos monumentos arquitectónicos desa provincia. No mesmo ámbito, contamos coa recente tese de Rosa Méndez Fonte, La conservación de los monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940) da Universidade da Coruña (2010). 12 Con respecto aos estudos da Arqueoloxía galega referida ao século XIX e comezos do XX preséntanse tamén amplas lagoas bibliográficas, xa sinaladas por Pereira González (1996), un dos autores que máis ten achegado ao estudo da Arqueoloxía neste período. A escasa bibliografía ao respecto refírese basicamente ás achegas dos autores clásicos ao coñecemento dos vestixios arqueolóxicos interprentado básicamente en relación a súa vinculación co celtismo. Sinalamos por último tamén os fondos gráficos de recente dixitalización que nos achegaron abundantes ilustracións coetáneas dos monumentos galegos, moitas delas inéditas. 13 PARTE I A protección do Patrimonio Arqueolóxico en Galicia (1836-1936) 15 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. ser o caso, nos preexistentes. O Goberno perseguía con esta mediada o dobre obxectivo de acercar a cultura á sociedade e tamén o de dar amparo aos bens de interese cultural nacionalizados, visiblemente afectados polo abandono e os espolios.11 Esta integración dos bens culturais nacionalizados en Bibliotecas e Museos formaba parte da ambiciosa política de extensión cultural isabelina que contemplaba tamén a creación de escolas de primaria, centros de Segunda Ensinanza, Escolas de Oficios e Belas Artes;… De feito entre 1845 e 1847 practicamente todas as capitais provinciais, entre elas as galegas, dotáronse de Institutos de Segunda Ensinanza. Nestes centros formouse un amplo colectivo burgués que, a partir da segunda metade do século, dinamizou a vida cultural galega e que foi protagonista principal da defensa do Patrimonio. As instalación da Comisión Central e das Comisións de Monumentos fíxose efectiva a mediados de 1844. A Comisión Central tiña coma cometido trasladar ás directrices relativas á xestión do Patrimonio aos Xefes Políticos encargados de executalas co auxilio das Comisións de Monumentos. Neste sistema as Reais Academias da Historia e a de Belas Artes, ambas acabadas de reformar, actuaban unicamente coma órganos consultivos do Goberno en materia cultural. A creación da Comisións Central e as de Monumentos foi acollida con manifesto malestar pola RAH a cal intensificou nestes anos o seu esforzo en facer valer as súas atribucións de Inspección de Antigüidades que lle outorgara a Cédula de 1803. Neste senso a RAH dirixiuse á Raíña recordándolle as atribución que tiña encomendadas e manifestándolle abertamente o desexo de facerse cargo das atribucións da Comisión Central con respecto a recollida dos bens nacionalizados. As súas pretensión non foron atendidas pola Raíña a cal, en cambio, reafirmoulle a súa función de inspección e asesoramento gobernamental. Segundo a Raíña, as Reais Academias cumprían un papel asesor, diferenciado ao da Comisión Central e o das Comisións de Monumentos que era o de actuar como las manos que obedecen y ejecutan (MAIER, 2008:58). Comezada a súa andadura no 1844, as Comisións de Monumentos centráronse na recuperación dos bens nacionalizados. Seguindo expresas instrucións do Goberno 11 Carmen Benso sinala o interese do Goberno liberal pola formación das elites en centros públicos laicos, afastados dos Seminarios e outras institucións eclesiásticas conservadoras (BENSO CALVO, Mª C. 2010:198). 22 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. non se ocuparon na recollida de bens doutra natureza dado o interese gobernamental en priorizar a salvagarda do Patrimonio desamortizado. Por este motivo os vestixios arqueolóxicos provintes das incipientes intervencións arqueolóxicas quedaron inicialmente fora do seu ámbito de actuación. Neste entrabado institucional de xestión do Patrimonio foi decisivo o papel asinado ao Xefes Políticos provinciais que actuaban coma Presidentes Honorarios das Comisións de Monumentos. Centrados nos asuntos políticos, desatenderon con frecuencia ás demandas da Comisión Central e as súas responsabilidades para coas Comisións de Monumentos e, en xeral, contemplaron a recuperación dos bens nacionalizados coma unha carga innecesaria, cara e improdutiva. As Comisións de Monumentos, baixo a efectiva coordinación da Comisión Central, durante os seus dous primeiros anos de existencia completaron con relativo éxito o inventariado, recollida e instalación dos bens mobles nacionalizados nas capitais provincias, ben en Museos e Bibliotecas ou en depósitos segundo o caso. Rematado o groso da recuperación dos bens mobles nacionalizados as Comisións dedicáronse á confección de informes históricos e artísticos referidos aos edificios eclesiásticos. Con respecto aos edificios, a política de vendas de edificios nacionalizados tivera escaso éxito. Atendendo ás fontes estatais, de 2.120 conventos nacionalizados á altura de 1845 vendéranse unicamente 685 cunha rendibilidade económica moi baixa. O Goberno creara, simultaneamente ás Comisións, organismos aos que encomendara a venda das propiedades eclesiásticas sen especial interese artístico ou cultural. Así, a Junta Superior de Enajenación de Edificios e, posteriormente, a súa substituta a Junta de ventas de Bienes Nacionales comprobaron a dificultade da venda das fábricas eclesiásticas, pouco funcionais e de difícil adaptabilidade a usos particulares. A Junta Superior de colocación de oficinas en edificios del Estado encargouse a súa vez de buscar a estes inmobles unha utilidade pública ante a imposibilidade de vendelos (ORDIERES DIEZ,I. 1993:13). 12 Non foi unha tarefa doada e, en numerosas ocasións, ben pola estrutura pouco adaptable dos edificios ou pola 12 A dispoñibilidade dos edificios eclesiásticos nacionalizados posibilitou á instalación de servizos administrativos e educativos nas capitais das recén creadas provincias, e por consiguinte, favoreceu unha maior presenza e capacidade de actuación do Goberno nas provincias. 23 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. súa localización illada, sufriron o abandono e conseguinte ruína e, as veces, o seu desmantelamento para o aproveitamento dos materiais para a construción.13 En abril de 1845, coa instalación do goberno moderado, decretouse a suspensión da venda de edificios e promoveuse a elaboración dun inventario que recollera as posibles utilidades que puideran aplicarse ás edificacións eclesiásticas.14 As Comisións de Monumentos colaboraron neste proceso facilitando informes ao Goberno relativos a posibles usos dos edificios en base as necesidades locais. 1.2. A atención ós edificios nacionalizados na década dos cincuenta As Comisións de Monumentos acadaron, salvo excepcións, notable éxito na tarefa inicial de inventariar e derivar ás capitais provinciais os bens mobles nacionalizados. Rematado o groso desta tarefa o seu nivel de actividade decaeu progresivamente na década dos cincuenta con excepcións puntuais. A política de xestión do Patrimonio estatal reorientouse nesta década cara á recuperación dos edificios eclesiásticos deteriorados polo abandono. Remitimos á tese doutoral de Ordieres Díez, Historia de la restauración monumental en España (1835-1936) para o estudo a nivel estatal do proceso da recuperación das fábricas monumentais desamortizadas e do papel desenrolado polas distintas Comisións de Monumentos (ORDIERES DÍEZ, l: 1993). En Galicia, sobre a restauración de fábricas eclesiásticas contamos coa tesiña de licenciatura inédita da historiadora da arte Irene Calvo que estuda a participación da Comisión de Monumentos da Coruña na defensa do Patrimonio Arquitectónico desta provincia (CALVO MOSQUERA, I: 2002). Nesta década, tanto a RAH como a RABASF denunciaron repetidamente os derrubes de edificios e os espolios e saídas de bens culturais ao estranxeiro.15 A RABASF reclamou a atención das autoridades locais para que evitaran a ruína dos 13 Un exemplo galego da reutilización de materiais de edificios monumentais documentámolo na R.O. do 6 de Abril de 1850 segundo a cal o Estado renuncia a favor do Concello de Verín e dos veciños da pedra dos muros do exconvento de Franciscanos de Monterrei para destinala ao embaldosado das calles, na construción de beirarrúas, na igrexa de Verín, no atrio de Monterrei e na construcción dun dique para encauzar o Támega. J.M. Pereda.Tiempos pretéritos. El Eco de Monterrey. 10/02/1930 Nº 422 14 R.D. de 11 de abril de 1845 15 ARBAIZA BLANCO-SOLER,S. La Academia y la conservación del patrimonio. BRABASF Nº 60 e 89, 1999 24 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. edificios nacionalizados e non autorizaran demolicións. Con respecto a estas reclamacións en defensa das fábricas eclesiásticas realizadas por parte das Academias Díez Ordieres sinala que foron interpretadas coetáneamente polos sectores liberais coma unha defensa dos intereses materiais da Igrexa por parte de institucións conservadoras (ORDIERES DÍEZ, I. 1993:124). O Goberno, comprobada a dificultade de venda dos edificios eclesiásticos nos anos corenta, optou pola súa reutilización como medio para garantir a súa conservación. Esta política de reutilización propiciou en moitos casos lesivas adaptacións dos edificios que afectaron mesmo a súa estabilidade e estrutura. Precisamente o Ministerio de Comercio, Instrución y Obras Públicas, en xaneiro de 1850, preocupado polas actuacións emprendidas desde os Concellos contra as fábricas monumentais, requiriu aos Xefes Políticos que velaran pola integridade dos monumentos: Las numerosas reclamaciones que han dirigido á este Ministerio muchas de las Comisiones de monumentos históricos establecidas en las provincias, sobre el abuso introducido por los Ayuntamientos de despojar los antiguos monasterios y edificios célebres, privándolos de portadas, columnas, verjas y otros objetos artísticos, con el mal entendido celo de hermosear los paseos, sitios públicos y aún las obras de moderna construcción de las poblaciones; ha llamado vivamente la atención de S. M. celosa siempre de que se respeten los restos preciosos de aquellos monumentos que por su grandiosidad y belleza atestiguan con su existencia las glorias de nuestra patria. En su vista y deseando la Reina (Q.D.G.) poner remedio a un mal que ha de redundar no solo en descrédito de los causadores, sino en el del mismo gobierno, menoscabando además los ricos tesoros que en bellas artes poseemos; se ha dignado resolver me dirija á V.S. a fin de que recomiende á los Ayuntamientos de esa provincia de su cargo la mas puntual y rigurosa observancia de cuanto previene la disposición 6ª del artículo 13 de las Instrucciones circuladas por la Real orden del 24 de junio de 1844 acerca de la vigilancia que deben ejercer para la conservación de los monumentos y demás objetos históricos y artísticos.[…]16 16 R.O. de 7 de xaneiro de 1850. BOPO Nº 1 xaneiro de 1850. 25 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. O Goberno, a partir da década dos cincuenta, canalizou as actuacións de conservación dos edificios nacionalizados a través das demandas das Comisións de Monumentos. Deste xeito, as Comisións máis activas acadaron a maior parte das partidas orzamentais destinadas ás reparacións de monumentos. As principais intervencións desenroláronse nas provincias de Barcelona, Salamanca, Segovia, Tarragona, Toledo, Zaragoza,… Con respecto a Galicia, sinalamos que os orzamentos do Ministerio de Fomento destinados á conservación entre 1850 e 1880 non recollen partidas económicas específicas para a atención dos edificios galegos.17 Esta situación coincide cun período de relativa inoperancia das Comisións galegas afectadas neste intervalo pola falta de fondos económicos e persoal cualificado, situación análoga a da meirande parte das Comisións de Monumentos do resto da península. Nesta década dos cincuenta contamos con varias medidas lexislativas promovidas polo Goberno con respecto á protección dos edificios. No 1850 instouse aos Xefes Políticos para que velaran por que se consultara previamente ás Comisión de Monumentos antes de acometer calquera intervención ou derribo nas fachadas monumentais e que solicitaran un ditame ao respecto á Academia de Belas Artes da provincia ou directamente á RABASF. 18 “Enterada la Reina (Q.D.G.) de una exposición que ha elevado la Real Academia de San Fernando, denunciando el deplorable abuso que sea ha introducido en varias capitales, y principalmente en esta Corte, de destruír las fachadas de muchos célebres edificios antiguos con revoques y demoliciones por cause del ornato público; y teniendo en consideración S.M. que de no proceder en este asunto con todo detenimiento desaparecerán en breve hasta los más bellos recuerdos de las artes españolas, se ha dignado resolver disponga V.S. que en lo sucesivo, antes de demoler, revocar o hacer obras en los edificios públicos, se consulte en cada caso a la Comisión de monumentos históricos y artísticos, a fin de que ésta manifieste su dictamen oyendo 17 Boletín de la Academia de San Fernando Nº 26 1881 Páxs. 74-77 18 R.O. de 4 de maio de 1850 dirixida aos Xefes Provinciais. 26 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. previamente a la Academia de Bellas Arte de esa provincia, o en su defecto a la Real de San Fernando.19 Tamén no 1850 acordouse que nos edificios monumentais non se fixeran variacións que afectaran á planta ou a ornamentación cando foran cedidos a corporacións ou particulares. A lexislación promulgada ao efecto especificaba que en ningún caso as reformas podían afectar aos claustros, portadas, galerías e ornatos de recoñecido mérito artístico. Así mesmo, as fachadas non podían sufrir alteración das formas nin innovacións. Os Xefes Políticos debían supervisar as reformas auxiliándose de arquitectos de confianza e debían deter e informar ao Goberno Central no caso de ter constancia de reformas contrarias a esta disposición.20 Un factor determinante para a política patrimonial destas décadas foi a alternancia no poder entre progresistas e moderados que determinou as relacións entre Igrexa e Estado. Así, durante o goberno moderado de Narváez restableceuse a relación coa Igrexa o cal supuxo o fin das vendas dos bens do clero secular e outras comunidades relixiosas.21 Neste contexto, durante a Década Moderada, o Goberno firmou o Concordato de 1851 que suspendeu as medidas desamortizadoras e carrexou a colaboración estatal nos gastos do clero secular e na conservación de edificios eclesiásticos.22 Nesta década dos cincuenta, coincidindo co deficiente funcionamento das Comisións de Monumentos, a RAH esforzouse por afianzar as súas funcións e obter a protección do goberno conservador.23 Con este obxectivo modificou os seus Estatutos e potenciou a figura dos correspondentes académicos nas provincias ampliando os nomeamentos e recompensando a los individuos que realicen trabajos arduos y prolongados en materia histórica.24 (SABAU Y LARROYA, P. 1850:13). Esta Real 19 BOPO Nº 64 28 de maio de 1850 20 BOPO Nº140 21de novembro de 1850 21 R.D. de 11 de abril de 1845 22 16 de marzo de 1851. Publicado na Gaceta o 17 de outubro. 23 “Las Cortes y el Gobierno, conociéndolo, han concedido su protección á la Academia, que de esta manera ha podido renovar sus antiguos planes, concebir otros nuevos, y pensar en suma en dar á la historia nacional la importancia que reclama nuestro siglo.” (Memorias RAH 1850. Sabau y Larroya, P. 1851:36) 24 O novo regulamento da Academia de xuño de 1850 estableceía que os correspondentes debían remitir, ao menos cada dous anos, algunha memoria, disertación, documentos, obxectos de antigüidade, asuntos ou noticias sobre 27 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Academia publicou no 1852 unha extensa Memoria na que recompilou as investigacións e informes remitidos polos correspondentes académicos nos últimos vinte anos. Entre eles figuraban noticias e informes sobre achados arqueolóxicos remitidos desde Galicia que, nesta altura, contaba unicamente con dous correspondentes académicos : Domingo Fontán e Antonio Neira de Mosquera (SABAU Y LARROYA, P. 1852:58).25 Así mesmo, a RAH, ante a constatación da destrución e abandono dos arquivos desamortizados, emprendeu unha intensa recompilación do disperso Patrimonio Documental.26 O Goberno concedeulle os materiais que se conservaran nos arquivos das ordes monásticas e nas administracións de fincas do Estado. Entre os manuscritos recuperados nestes anos pola RAH figuran ata dous caixóns con papeles antiguos de alguna importancia de Ourense e Pontevedra (SABAU Y LARROYA, P. 1852:48). A Academia recibiu tamén nos seus arquivos abundante documentación procedente de conventos das ordes relixiosas suprimidas entre os que figuraban pergamiños de Fausto López Villabrille, referidos na súa maior parte a Galicia (SABAU Y LARROYA, P. 1857:44).27 cuestións relativas ao instituto da Academia. Tanto os académicos de número coma os correspondentes tiñan a obriga de participar á Academia calquera noticia sobre achados de monumentos, documentos ou obxetos útiles para calquera dos ramos da Historia achegando explicación ou memoria sobre os mesmos (SABAU Y LARROYA, P. 1852:369). 25 Desde Galicia, nesta Memoria figuran as noticias sobre o recoñecemento do lugar de Duarria, en Lugo, onde se acharon dez moedas de ouro romanas e indicios dunha poboación antiga. (SABAU Y LARROYA, P. 1852: 5). Verea y Aguiar, a finais dos trinta, remitiu á RAH , a primeira parte da súa Historia de Galicia. A este envío adxuntou trinta e dúas moedas de cobre atopadas en o Bosque, na parroquia de Canedo. Poladura, cara finais dos trinta, remitira información de moedas de ouro achadas a perto de Lugo, no camiño cara Mondoñedo, entre elas, tres de Adriano. Yáñez de Andrade, cara o 1840, informou dunha moeda achada na capela dos Gozos, perto de Montealegre, en Ourense. Tamén aportou unha descrición da Muralla de Lugo axuntando copia de dez inscricións, noticias históricas e a lenda dun marco miliario da vía Bracarense. Nos corenta, o deán Bedoya informou á Academia do achado dun pedestal con inscrición romana atopado en Caneiro, Ourense. José Verea y Aguiar, remitiu un debuxo da parte inferior dunha estatua masculina con escudo atado con cordóns na parte traseira.Tamén enviou copias de epitafios de reis da Igrexa de Santiago.Desde Betanzos, Perales de Riaza remitiu unha copia dun epitafio grego dedicado aos deuses xenios polo grego Marción, unha inscrición china e unha redoma de vidro. Memorias de la Real Academia de la Historia de 1852 T. VIII 1852. Páx. 19-25 26 “Creció la necesidad de adoptar pronto remedio al ver que desaparecían archivos respetables, que se destruían muchos de sus códices y documentos, que otros perdían en manos iletradas los carácteres que aseguraban su autenticidad, y que no pocos figuraban en los archivos y museos extranjeros, acusando á la Nación que se dejó arrebatar con ellos los testimonios de sus glorias” (Sabau y Larroya, P. 1850:1). 27 R. O. de 18 de agosto e a R.O. de 29 de outubro 28 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Durante o Bienio Progresista (1854-1856), novamente a alternancia política afectou á Igrexa, neste caso negativamente, xa que viu anulados parte dos beneficios recoñecidos polo Concordato de 1851. Efectivamente, a desamortización de Madoz de 1855 levou consigo novas vendas de propiedades en mans mortas pertencentes ás ordes militares, irmandades, propios e comúns dos Concellos, institucións de beneficencia e outros bens que non foran afectados polas leis desamortizadoras anteriores. Unha vez máis, os decretos desamortizadores exceptuaron das vendas aos edificios destinados a servizos públicos, á beneficencia, aos ocupados por párrocos e calquera outros de interese cultural ou histórico para o Goberno. Nesta altura o Goberno, ante o evidente declive das Comisións de Monumentos, tratou de impulsalas reorientando e ampliando as súas competencias. Con este fin, no 1854, dotounas dun novo Regulamento que lles atribuíu a protección de todos os edificios monumentais e da totalidade do Patrimonio moble, sen restrinxir a súa actuación aos bens nacionalizados. O novo Regulamento incluíu expresamente nas súas competencias por primeira vez atribucións sobre o Patrimonio Arqueolóxico. As Comisións podían agora destinar a estas cuestións as partidas orzamentarias excedentes dos seus orzamentos. Na práctica, as dificultades económicas impediron que se destinaran fondos a calquera actuación no eido arqueolóxico. Así as cousas, a reforma das Comisións de 1854 non acadou a perseguida reactivación dado que as carencias orzamentais, a falta de persoal cualificado e a escasa implicación dos Xefes Políticos continuaron lastrando o seu funcionamento. Contribuíu a acentuar este declive o contexto de crise da Comisión Central da segunda metade da década. Para Galicia contamos cunha valoración coetánea sobre a situación dos vestixios monumentais e arqueolóxicos galegos e da actuación das Comisións de Monumentos ao respecto de Juan de Díos de la Rada y Delgado28. As súas impresións corresponden a unha viaxe efectuada por terras galegas no 1858 acompañando ao séquito da Raíña. Los descubrimientos arqueológicos han sido mirados casi siempre en Galicia con reprensible indiferencia. Existen columnas miliarias que sirven de sustentáculo al uso de un lagar; monedas romanas de cobre que circulan por 28 Catedrático de Arqueoloxía na Escola Superior de Diplomática. Ocupou numerosos cargos políticos e administrativos. 29 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. ochavos en el comercio, y sextercios que compran al peso los joyeros; antiguos sepulcros de una sola pieza, convertidos en lavaderos, ó, lo que es peor, en pilones de caballerías; inscripciones de todas clases esculpidas sobre piedras, que se pican y se destinan á materiales de construcción; en fin, el abandono más reprensible desprecia allí esos preciosos vestigios de la antigüedad, y ni las autoridades, ni las comisiones de monumentos tratan de poner dique á tamaños desafueros, fomentando los descubrimientos por el aliciente del premio, y protejiendo la creación de museos arqueológicos en las capitales de provincia. Bien qué lo que pasa en Galicia sucede por desgracia en otros muchos puntos de España…(…). 29 1.3. O despegue da Arqueoloxía na década dos sesenta Na década dos sesenta confluíron numerosos factores económicos, políticos, culturais e ideolóxicos que interactuaron favorecendo o incremento da práctica arqueolóxica e á instalación da Arqueoloxía como ciencia e, en xeral o despegue cultural e o debate ideolóxico. Nesta década instaláronse tamén significativos establecementos vinculados as ciencias históricas e arqueolóxicas. A RAH solicitara ao Goberno reiteradamente a creación dunha institución para a ensinanza da Paleografía e a Diplomática que formara profesionais para catalogar, custodiar e estudar o Patrimonio Documental integrado na rede de Bibliotecas e Museos que viña formándose desde os anos corenta. Estas xestións culminaron coa instalacion no 1856 da 29 Viaje de SS MM y AA por Castilla, León, Asturias y Galicia verificado en el verano de 1858. Juan de Dios de la Rada y Delgado. Ramón Valle-Inclán Bermúdez (1823 -1890 ) Paí do l iterato do mesmo nome. Diruxiu La Voz de Arosa (1880-1882) Forneceu a Murguía de numerosos informes sobre vestixios arqueolóxicos da área do Barbanza. Na correspondencia mantida entre ambos figura abundante información relativa a mámoas, dólmenes, menhires , altares célticos, torres, restos de construccións antiguas,… 30 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Escuela Superior de Diplomática que iniciou a súa andadura na sede da RAH, con considerable retraso respecto das institucións análogas do entorno europeo (MAIER ALLENDE, J. 2008:173).30 A intalación da Escuela Superior de Diplomática posibilitou a creación do Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Anticuarios que achegou ás ciencias auxiliares da Historia e á xestión do Patrimonio persoal cualificado con formación científica. Os facultativos da Escola de Diplomática acadaron progresivamente na segunda metade do século gran prestixio intelectual e social converténdose en autoridades en materia historiográfica. Estes cadros técnicos desprazaron nas décadas posteriores aos eruditos e afeccionados aos estudos históricos que predominaran durante a primeira metade do século XIX. A Escola Superior de Diplomática acolleu a relevantes personaxes galegos vinculados á Arqueoloxía e á Arquivística, entre eles, Villaamil y Castro, López Ferreiro e Martínez Salazar.31 Logo de décadas de demandas por parte das Reais Academias, no 1867 instalouse o Museo Arqueológico Nacional que perseguía llevar a cabo la recogida, el estudio y la valoración de las antigüedades españolas (ALMAGO-GORBEA / MAIER 1999:185). O Goberno, co obxectivo de acrecentar os seus fondos, solicitou a colaboración das Comisións de Monumentos, as Academias de Buenas Letras, as Sociedades Arqueolóxicas e outras corporacións invitándoas a achegar doazóns e cesións de materiais en depósito.32 No artigo primeiro do Regulamento do Museo solicitábase a estas entidades das proincias a remisión de un ejemplar de los objetos dobles que posea, ó aquellos que sin ser de grande importancia para la historia da provincia o del municipio puedan ser de más general utilidad en el Museo Central. A R.O. especificaba que todos los objetos que se descubrieran en las excavaciones 30 PEREIRO e PASAMAR, 1996 en La Escuela Superior de Diplomática afondan na historia e significado desta institución. Esta Escola, ligada á Universidade Central, foi o primeiro centro oficial que impartíu estudos de Arqueoloxía con rango universitario. No 1857 creouse un Corpo de Arcquiveiros e Bibliotecarios que, a partir de 1867, pasou a denominarse Cuerpo Facultativo de Bibliotecarios, Archiveros y Anticuarios que, desde 1871, tivo coma órgano de expresión a Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. A Escola Superior de Diplomática suprimiuse no 1900 e os estudos de Arqueoloxía integráronse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central. 31 O ingreso no Corpo Facultativo de Arquivos e Bibliotecas requería estar titulado pola Escola de Diplomática. Murguía acadou o ingreso no 1868 grazas aos seus contactos co Goberno Republicano, e Fernando Fulgosio accedeu tamén directamente grazas aos seus contactos na Corte. 32 Artigo 1º da Real Orden de 6 de novembro do 1867 31 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. arqueológico: procurando formar una estadística monumental: arbitrando medios para restaurar los edificios ruinosos que lo merezcan por su mérito artístico o arqueológico: ofreciendo premios a los autores de las mejores memorias sobre temas que la SOCIEDAD crea oportuno sacar a concurso, trabajando activamente, no sólo para que las diputaciones provinciales pensionen en Madrid y Roma á nuestros jóvenes artistas, sino también para que se trate con toda urgencia de crear un Museo de pintura y escultura en Galicia:…. 49 Vinculada a esta iniciativa de Murguía e Rúa Figueroa, a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, no 1868, promoveu unha solemnísima y distinguida asemblea de patriotas gallegos que expresamente concurrieron de las cuatro provincias con el objeto de fundar un Centro para fomentar el estudio de la Historia de la Arqueología y de las Bellas Artes en Galicia.50 Coma resultado da asemblea nomeouse unha Junta e confeccionouse unha lista con fondos materiais de futuras doazóns para a conformación dun Museo Arqueolóxico para Galicia. O proxecto interrumpiuse polo traslado de Murguía a Madrid para exercer como Xefe do Arquivo de Simancas e pola implicación activa do liberal Rúa Figueroa nos acontecementos políticos vinculados á instalación da República. No plano ideolóxico, a República favoreceu a intensificación do debate e difusión das teses evolucionistas. O clima de liberdade favoreceu a expansión das prácticas arqueolóxicas e, en especial, as vinculadas aos polémicos estudos prehistóricos: La arqueología prehistórica nacida ayer, llama hoy la atención del mundo civilizado. Es el estudio de moda, la preocupación científica de la época. Lazo que une la geología con la historia, clave que a de concurrir á explicar importantes fenómenos sociales, no debe quedar limitado su conocimiento á las Academias y á los sabios, sino que conviene popularizarlo, porque como ha dicho muy bien un entendido escritor, la arqueología prehistórica es una verdad 49 Consultar sobre este proxecto Murguía de X.R. Barreiro Fernández e X.L. Axeitos (2012:314-31). A correspondencia entre Rúa Figueroa e Murguía sobre este proxecto pode consultarse no Tomo II das Cartas a Murguía dos mesmos autores ( 2005:24-38.) 50 Dictame presentado a la Sociedad Económica de Santiago acerca de la fundación del Museo Arqueológico de Galicia. Bernardo Barreiro V.V. Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Ano III Nº 30, 30 de xuño de 1884 38 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. que ha de ejercer una influencia decisiva sobre el desarrollo de la razón pública, destruyendo radicalmente multitud de errores.51 Con respecto ás Comisións de Monumentos galegas, o longo proceso de reactivación propiciado polas Académias estendeuse ata o 1868. Nestes intervalo perviviron unicamente con carácter administrativo dado que víronse gravemente afectadas pola falta de integrantes e medios económicos. Nestes anos, Murguía reclamou a atención das Comisións de Monumentos cara ao deterioro e perda dos bens arqueolóxicos galegos e solicitoulles que xestionaran declaracións de Monumento Nacional para mámoas, castros e demais monumentos célticos co obxectivo de garantila súa salvagarda. Murguía denunciou tamén a responsabilidade das autoridades locais con respecto aos atentados sufridos polo Patrimonio (Galicia 1865:512). Durante a República (1868-1874) retomáronse as medidas desamortizadoras e Goberno procedeuse á nacionalización de manuscritos, códices, obxectos de arte e antigüidades existentes nas Catedrais, Colexiatas e igrexas así como dos seus respectivos arquivos a fin de derivalos cara aos Museos. Este Decreto de xaneiro de 1869 xustificouse coa necesidade de atallar as vendas e saídas ao estranxeiro de documentos e obxectos de valor histórico e artístico por parte das institucións conservadoras temerosas do novo periodo radical (SÁEZ SÁNCHEZ, C. 2004:38).52 A exaltación política dos primeiros anos da República propiciou graves actos anticlericais que afectaron gravemente ao patrimonio da Igrexa. Desde o Ministerio da Gobernación interveuse instando aos Gobernadores Provinciais para que impediran estes atentado e frearan a destrucións e derrubes incontrolados dos edificios eclesiásticos.53 51Tubino. Estudios sobre el hombre prehistórico,1867. Revista Bellas Artes e histórico-arqueológica. 29/12/1867 Nº 63 Páx.1 52 A RABASF propuxo ao Ministro de Fomento que estos traballos se encomendaran ás Comisións de Monumentos (De la Cámara, E. 1869: 31). Finalmente en cada provincia nomeouse unha comisión encargada de levar a cabo o decreto sen acadar plenamente a integración dos materiais incautados nos Museos e Arquivos. A falta de fondos e de cualificación dos individuos para a selección dos bens provocou sustracións e perdas importantes. (SÁEZ SÁNCHEZ, C. 2004:39). Finalizada a República, en xaneiro de 1875, decretouse a devolución dos obxetos incautados polo Decreto de Incautación de 1869 aos Cabildos e corporacións relixiosas. 53 Circular do 18 de novembro de 1868 do Ministerio de Gobernación aos Gobernadores Provinciais, ARABASF 9.181 / Cartafol 2-55/1 39 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. En Galicia, durante a República, as intervencións arqueolóxicas en materia prehistórica acadaron tamén o seu oco, favorecidas polo contexto de liberdade ideolóxica. Neste período o pioneiro Barros Sibelo interveu en ata corenta e catro mámoas das cales despoxou da súa cobertura ata trinta.54 Estimulado pola descuberta de poboados lacustres nos lagos suízos, inspeccionou no 1869 o entorno da Lagoa de Antela onde recuperou materiais de la edad de la piedra pulimentada.55 O mesmo autor localizou en Ourense, Pontevedra e Lugo lanzas de ferro primitivas remitidas nestes anos ao Museo de Artillería de Madrid.56 Tamén Villaamil y Castro, comezados xa os setenta, realizou investigacións prácticas en materia prehistórica nas covas do entorno de Mondoñedo.57 Fernando Fulgosio publicou nestes anos o artigo Estudios prehistóricos na revista El Museo Universal.58 Finalizado o perido republicano os tres autores afástanse dos estudos prehistóricos reprovados nos ambentes conservadores académicos. Apesares das dificultades que atravesaban as Comisións no periodo republicano, a Comisións de Monumentos de Ourense promoveu no 1874 a inspección do dolmen de Codesás, acadando estas investigacións certo eco na prensa local e nos boletíns oficiais da época.59 Neste periodo de efervescencia arqueolóxica os vestixios da antigüidade espertaron o interese non so das persoas instruídas senón tamén dos buscadores de 54 Informe acerca del hallazgo de diversos restos arqueológicos RAH CAOR/9/7965/09 (5) 24/09/1869 55 ARAH CAOR/9/7965/09(4) (5 ) 24/09/1869 “. esto, unido esto a otros descubrimientos anteriores, me hace sospechar que es probable se encuentre en la laguna, restos de una ciudad lacustre” Sibelo propuxo á Academia que nos traballos de drenaxe da Lagoa se tomasen as medidas para “la conservación de todos los objetos que allí se encuentren, á evitar que manos profanas ocasionen estravio y pérdidas que quizás pasen a enriquecer otros museos estrangeros.” 56 Antigüidades de Galicia, Ed. 2007:110 57 Consultar Catálogo e revisión crítica das coleccions faunísticas do Museo Provincial de Lugo. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, C. / RAMIL REGO, P. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Nº 5 Páx. 189-218 1995 58 Para afondar nas vinculacións de Fulgosio cos estudos prehistoricos consular RENERO ARRIBAS, Víctor M. Fernando Fulgosio y la evolución de los estudios prehistóricos en la segunda mitad del siglo XIX. Páxs. 265-171 Archaia, Nº 3, 4, 5 Ano 2003-2005 59 VICENTE MORENO,E. Informe…del exámen de las piedras halladas en el Monte de Codesás. El Heraldo Gallego. Nº 19 07/05/1874 Páxs. 19-21 40 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. tesouros. O afeccionado a arqueoloxía Valle-Inclán Bermúdez, pai do literato, apórtanos unha testemuña desta práctica na área do Barbanza: 60 Cavando unos paisanos de la parroquia de Oleiros, con el objeto de buscar un tesoro, hallaron en una mámoa en el lugar de Lijó una piedra colocada verticalmente, que tiene de largo siete cuartas y media, puesta sobre otra que estaba horizontal y de mucho menores dimensiones, pues solo tiene dos cuartas y media de largo y una y media de ancho, cuyas piedras tenían unos dibujos grabados. Desgraciadamente la primera ya estaba cuando y la he visto muy mutilada por los muchachos, que a fuerza de golpes con piedras o otros instrumentos habían destruído casi por completo el dibujo, del que ya no me hubiera sido posible formar idea cabal sin auxilio del maestro de escuela que por haberla visto intacta pudo explicarme lo que aparecía confuso; la otra piedra no fuera mutilada y pude copiar el grabado sin trabajo.”61 1.4. A Restauración. As Declaracións de Monumentos En materia de xestión do Patrimonio, o fin da República supuxo unha regresión, unha volta ao modelo isabelino. O conservadorismo ligado á Restauración levou consigo tamén unha ralentización da práctica arqueolóxica e, sobre todo, un freo para os estudos prehistóricos. O clima ideolóxico reaccionario reflectiuse no recruamento do debate das teses evolucionistas. Os intelectuais liberais amosáronse inicialmente moi prudentes, se ben foi inevitable que ao longo das décadas se consolidaran progresivamente as teses evolucionistas arraigadas no período republicano. En Galicia os investigadores de ideoloxía liberal que se significaran na etapa anterior nos estudios vinculados á arqueoloxía e a prehistoria instaláronse nestes anos na prudencia e evitaron contravir á ortodoxia tradicional. Neste senso Villaamil y Castro evitou en adiante nos seus estudos toda adscrición cronolóxica. A lenta aceptación do evolucionismo nas décadas posteriores foi duramente combatida polos sectores conservadores, en 60 Revista Cuadrante. Un home do XIX: don Ramón del Valle-Inclán Bermúdez. V.V.A.A. Barreiro Fernández e Axeitos recollen a súa Correspondencia en Murguía, 2012. 61 Carta de Valle Inclán a Murguía (X.R. BARREIRO FERNÁNDEZ/ X.L. AXEITOS 2003:510). O texto reflicte a práctica habitual de informar ás autoridades académicas dos achados arqueolóxicos. 41 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. especial desde a universidade galega. Pereira González sinala que a proposta da orixe simia da Humanidade tardou aquí especialmente en ser aceitada (PEREIRA GONZÁLEZ, F.1997:73).62 O retorno da política conservadora levou consigo a supresión das leis desamortizadoras e a devolución dos bens incautados no periodo anterior.63 Con respecto á defensa do Patrimonio Monumental, o Goberno reforzou as atribucións das Reais Academias delegando nelas a emisión de ditames para as Declaracións de Monumentos e para as autorizacións de obras de conservación, de reforma, traslado ou derrube dos edificios monumentais. As Comisións de Monumentos neste contexto cobraron certo pulo e actuaron principalmente como proveedoras de informes relativos aos monumentos e bens artísticos e culturais. Nas provincias, o crecemento das cidades seguíu ocasionando derrubes e intervencións lesivas nas fábricas monumentais. Desde a Coruña, Antonio de la Iglesia denunciou repetidamente na prensa a actuación das autoridades locais contra a conservación dos edificios. Neste contexto as Declaracións de Monumento Nacionais convertéronse nun dos instrumentos máis efectivos para garantila conservación do Patrimonio. Esta distinción supoñía para os edificios e monumentos a tutela estatal e a vixilancia das Comisións de Monumentos. …casi milagrosamente se mantenían en pie esos artísticos restos porque hace decenas de años que lo principal de los mismos se halla sin tejado ni armaduras y expuesto sin la menor defensa ni abrigo a la constante acción de las lluvias y de toda intemperie del cielo, así como de las furiosas arremetidas de la tierra. (.) y mientras los extranjeros vienen a España y gastan en la primera ocasión setenta mil duros en copiar o modelar en yeso el Pórtico de la Gloria de 62 Marcelo Macías da Comisión de Ourense, a altura de 1899, afirmaba aínda que a orixe simiesca da Humanidade era absurda e conducía ao rebaixamento da Humanidade Sermón do 30 de noviembre de 1899. BCPMHAO T. XIV 1943-1944. Páxs. 26-40 63 Decreto do 1 de xaneiro 1874 Ilus. 2 Villaamil y Castro 42 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. la catedral de Santiago para llevar el facsímile a sus museos, nosotros, o mas bien el caciquismo, que es el que piensa, ordena elige y lo decide aquí todo por nosotros, queramos o no queramos, funda y demuestra en esas punibles devastaciones el problema de nuestro avance hacia el progreso, ilustración y bienandanza.”64 A Restauración supuxo a reorganización das Comisións de Monumentos que acadaron certa efectividade a pesares da persistencia das dificultades das etapas anteriores: as carencias económicas, a falta de persoal cualificado e a escasa cooperación das autoridades provinciais. 65 As Comisións galegas centráronse nestas décadas especialmente na defensa dos edificios monumentais fronte as agresións das autoridades locais. Realizaron tamén un significativo esforzo na recollida de fondos para a instalación de Museos provinciais, sen ben neste ámbito unicamente poideron constituír depósitos cerrados ao público por falta de instalacións e dotación económica.66 No plano lexislativo, a RABASF, no 1874, reclamou ante o Ministro de Fomento unha Lei de Monumentos que velara pola salvagarda dos bens culturais. Esta Academia recibiu o encargo da elaboración do texto legal e, con tal motivo, solicitou ás Comisións de Monumentos que achegaran suxerencias sobre os puntos que debería recoller a nova regulación.67 Desde Galicia remitíronse propostas para esta Lei desde ao menos as Comisións da Coruña e de Lugo. Finalmente o proxecto lexislativo non saíu adiante nesta etapa. A RABASF, preocupada polo espolio de bens mobles, remitiu unha circular no 1878 aos Gobernadores Provinciais pedindo que evitaran a desaparición de obxectos artísticos e arqueolóxicos que nesa altura saían cara ao exterior da man de especuladores extranjeros que en número considerable recorren las provincias de España, y poco a poco van trasladando a las galerías de poderosos aficcionados, o á 64 Antonio de la Iglesia. Santo Domingo de Pontevedra. 1880. (SAURIN DE LA IGLESIA, 2008:385) 65 ARAH CAO/9/7966/10(2) 1877. A altura de 1877, unicamente restaban por reorganizarse efectivamente as de Cidade Real, Guipuzcoa, Logroño e Teruel. 66 A recollida de fondos para os Museos e o coleccionismo constituiron un actividade en auxe. Os fondos documentais do coleccionista galego Blanco Cicerón permitenos achegarnos a existencia dun florecente mercado de antigüidades en Galicia. 67 Circular de 14 de Agosto de 1874. BRABASF Páxs.53-54. Nº 12 Ano II 1882 43 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. los Museos de sus naciones respectivas, los más preciosos restos de nuestra riqueza artística, suntuaria y litúrgica.68 Entrando na década dos oitenta, desde o Goberno impulsouse a constitución de museos provinciais. En Galicia neste eido tivo relativo éxito a iniciativa da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago que, no marco da celebración do seu centenario, conformou no 1884 un Museo Arqueolóxico no edificio de San Clemente retomando o proxecto truncado de 1868 de Murguía e Rúa Figueroa.69 A colección arqueolóxica do Museo abriuse ao público unicamente con carácter anual co galo da celebración das festas do Apóstolo ou con ocasión de visitas de autoridades á cidade. Durante o resto do ano os materiais servían como modelo para os estudantes de Belas Artes. O Goberno central, nos anos posteriores á conformación do Museo Arqueolóxico da Sociedade Económica, contemplou a creación dun Museo Central Arqueolóxico de Galicia. A tal efecto, Villaamil y Castro recebíu o encargo de averiguar a dispoñibilidade de fondos para o cal realizou un percorrido por toda Galicia. A Memoria que confeccionou ao respecto recolle a riqueza arqueóloxica galega dispoñible nesa altura nas coleccións públicas e privadas.70 Villaamil y Castro sostiña que reunidos os materiais dispoñibles podería formarse en Galicia un Museo coa mesma calidade cuantitativa e cualitativa cos de Valladolid, Barcelona, Granada ou Sevilla. Finalmente o proxecto de formar o Museo Central fracasou pola falta de 68 Circular de 30 de marzo de 1878. BRABASF Páx.55-57. Nº 12 Ano II 1882 69 A descripición dos fondos do Museo Arqueolóxio no momento da súa constitución recóllese na Memoria sobre la creación de un Museo Arqueológico en Santiago de, Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, Páxs. 64- 67, 1886 70 A súa colección particular, os obxetos do Museo da Sociedade Económica, os do Cabildo da Catedral, os da Colexiata do Sar, os obxetos do Real Hospital de Santiago, os da Universidade e algúns a cargo das Comisións de Monumentos. Destaca tamén as coleccións particulares de Luis Rodríguez Seoane, Manuel Sánchez Arteaga, López Ferreiro, Casto San Pedro…. Juan Antonio Saco y Arce (1835 - 1881) Nado en Toén, cursou Teoloxía no Seminario de Ourense e en Santiago e doutorouse en Madrid. Exerceu a cátedra de latín e grego nos Institutos de Pontevedra e de Ourense. R enunciou á cátedra por motivos de conciencia Durante o Sexenio e retornou no 1873 incorporándose á cátedra de Retórica e Poética. Entre a súa produción escrita figura Gramática Galega (1868) e Poesías (1878). Publicou as primeiras entregas de Literatura popular de Galicia (1881) recompiladas por Eugenio Marquina. Actuou coma interlocutor de Hübner, notificándolle informes sobre epígrafes de Ourense. 44 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. orzamento.71 Villaamil y Castro, no 1889, opinaba que o Goberno non estaba en situación económica de crear un Museo Arqueolóxico en Galicia e consideraba que a súa contitución debía realizarse a espensas das institucións eclesiásticas. A partir de 1885 a Igrexa solicitou a Declaración de Monumento Nacionais para os seus edificios monumentais, en especial para as catedrais. Con esta práctica perseguíase o financiamento estatal das intervencións de conservación dos edificios eclesiásticos. De feito, neste período, o destino preferente dos orzamentos asignados polo Estado para á conservación do Patrimonio destináronse ás catedrais e edificios da Igrexa. Estas partidas canalizáronse en forma de asignacións extraordinarias non incluídas nos orzamentos ordinarios para conservación de monumentos (ORDIERES DÍEZ, I. 1993:165). No 1897 tivo lugar unha breve iniciativa arqueolóxica: La comisión del Museo Arqueológico establecida en Santiago por la Sociedad Económica, y de la cual forman parte hombres tan ilustrados y competentes como nuestros particulares amigos Don Antonio López Ferreiro, D. José de Villaamil y Castro, D. Luís Rodríguez Seoane y D. Vicente Canales, se ocupó en varias sesiones de las exploraciones arqueológicas que por cuenta del Museo deben verificarse en breve en varios puntos de Galicia, comezando por el castillo de la Rocha.72 No texto completo que recollemos nos anexos podemos constatar que realizaron unha inspección no castro da Rocha, nas inmediacións de Santiago de Compostela. No último terzo do século, en España aumentaron progresivamente as intervencións arqueolóxicas de investigadores estranxeiros. Recoñecidas autoridades nesta materia tutelaron a supervisaron as investigacións de numerosos xacementos españois.73 Galicia tamén formou parte do percorrido de prestixiosos arqueólogos europeos coma Hübner, Shulten, Obermaier, Cartilhac, Leite de Vasconcellos,.. A nivel nacional, autoridades coma Aureliano Fernández e Fidel Fita visitaron xuntos Galicia 71 VILLAAMIL Y CASTRO, J. Memoria sobre la creación de un Museo Arqueológico en Santiago de, Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, 1886 72 Barreiro de Vázquez Varela, Bernardo. Exploraciones arqueológicas en el Castillo de la Rocha. Publicado en Revista gallega. Nº 109. 1897 Páxs. 4-5 73 Na segunda metade do século a inseguridade en Próximo Oriente convertíu aos países do sur de Europa nunha variante segura e económica dos tours arqueolóxicos que na primeira metade de século tiñan coma destino Exipto e Oriente Próximo. 45 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. no 1879 reflectindo as súas impresións sobre os Patrimonio Monumental e Arqueolóxico galego en Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia (1880). A partir dos anos setenta cobraron auxe en España as sociedades privadas de corte cultural e científico que participaron activamente na investigación histórica e arqueolóxica. Estas asociacións contribuíron a recuperación e posta en valor do Patrimonio e dos vestixios arqueolóxicos. Entre elas figuraban as Sociedades Excursionistas, as Academias de Belas Artes, Sociedades de Ciencias da Natureza, de Antropoloxía,…. A nivel estatal, entre as máis relevantes neste eido figuran a Sociedad Arqueológica de Carmona; a Sociedad Arqueológica de Tarragona, a Sociedad Arqueológica Luliana, a Sociedade Arqueológica de Pontevedra…. A súa contribución foi significativa e materialilzouse na publicación de monografías e artigos insertos en xornais, revistas culturais e nos boletíns científicos que proliferaron nestas décadas. Á altura de 1881, Antonio Machado Álvarez contactou con Murguía para interesalo en abandeirar a recuperación do folclore popular galego e asturiano. 74 Machado contribuiría facilitándolle unha rede de colaboradores que integraban o máis selecto da erudición local das vilas e cidades galegas. As manobras de Murguía levaron a Machado a buscar novo candidato para o seu proxecto (BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R. 2012:628). Así, Emilia Pardo Bazán,75 coa que Murguía mantivo unha tensa relación, no 1884 constituíu baixo a súa presidencia a Sociedad del Folk- Lore Gallego desligada de calquera vinculación ou ideoloxía política (BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R. 2012:394). Os traballos desta Sociedade abrangueron desde á literatura, filoloxía, etnografía ata a prehistoria.76 Nunha xuntanza da directiva de Folk-lore de 1894 na cal a debatía sobre a súa disolución ou reorganización acordouse mudar o nome da Sociedade polo de Academia Gallega. Esta Academia tería como obxectivo o cultivo e fomento das 74 Machado proxectaba a recuperación da cultura popular desenvolvendo un programa análogo ao de Folk-Lore Society de Londres (1878). Con este obxectivo perseguía a creación de sociedades en distintas áreas da península presididas por escritores de prestixio. 75 Para afondar na participación de Pardo Bazán na recuperación do folclores consultar Emilia Pardo Bazán y el Folklore Gallego de Marisa Sotelo Vázquez. Garoza: revista de la Sociedad española de Estudios Literarios de Cultura Popular, 2007, Nº 7, Páx. 19 76 Consultar El Folk-Lore Gallego en 1884-1885.Sus actas, acuerdos y discursos de Emilia Pardo Bazán, presidente y memoria de Salvador Golpe, Secretario. Madrid. Tip.Ricardo Fe, 1886 46 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. ciencias, a literatura e o arte en Galicia. A circular resultante da reunión, asinada por Murguía, Martínez-Salazar, Costales, Pondal, Pérez Ballesteros, Paz Novoa, Novo, López Seoane e Salvador Golpe constituíu o xermolo da actual Real Academia Galega.77 O auxe do nacionalismo incrementou os estudos das culturas periféricas. En Galicia, no ámbito literario do Rexurdimento, autores coma Rosalía, Pondal e Curros Enríquez reivindicaron a utilización literaria do idioma vernáculo. Na cidade de Ourense, Saco y Arce acometeu traballos de recuperación do patrimonio oral galego. A nivel ideolóxico e político, Murguía acadou ampla reputación coma historiador e coma referente do nacionalismo político. 1.5. A institucionalización da protección do Patrimonio no século XX Comezado o novo século suprimiuse o Ministerio de Fomento, encargado no período anterior das cuestións relativas á conservación do Patrimonio.78 As súas funcións foron asumidas polo Ministerio de Instrución Pública y Bellas Artes do cal dependeu a Dirección General de Bellas Artes, especificamente dedicada ás cuestións culturais. A súa instalación estimulou a produción de lexislación para a protección do Patrimonio e a creación de organismos para a súa xestión.79 No plano lexislativo tivo especial relevancia o Proyecto de ley de defensa y conservación de las antigüedades de decembro de 1900. Esta normativa estableceu que os bens declarados nacionais debían ser custodiados e conservados polo Estado en Arquivos, Bibliotecas e Museos, sen que puideran ser cedidos a corporacións nin particulares (Art. 4). Os Municipios e Deputacións provincias, Reais Academias, Sociedades Económicas, Cabildos Catedralicios e outras corporacións tiñan a obriga de expor as coleccións artísticas e arqueolóxicas ou de depositalas nos museos do Estado. Así mesmo, os arquivos documentais debían estar dispoñibles para a investigación (Arts. 5 e 6). O Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes debía 77 Eco de Galicia: diario de la tarde. Nº 2515 19/10/1894 Páx. 2 78 Decreto de 18 de abril de 1900 79 Pódese consultar unha análise da normativa en materia de protección do Patrimonio en La regulación y la gestión del Patrimonio Histórico-Artístico durante la Segunda República (1931-1939). Javier García Fernández, 2007 47 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. contexto, desde a Facultade de Filosofía, Letras e Dereito da Universidade de Santiago un grupo de profesores e alumnos, entre os que figuraban Armando Cotarelo, Losada Diéguez, Filgueira Valverde e Bouza Brey, promoveron no 1923 a creación do Seminario de Estudos Galegos. Os seus integrantes, intelectualmente comprometidos coas correntes galeguistas, mantiveron unha estreita relación co colectivo da Xeración Nós co cal compartían ideario.94 O Seminario organizou os seus traballos por áreas temáticas constituíndo doce seccións, entre elas a de Prehistoria. Nesta área integráronse relevantes personalidades da investigación científica coma Bouza-Brey, López Cuevillas, Filgueira Valverde,… 95 Desde esta Sección acometeuse un amplo programa de inspeccións e prospeccións arqueolóxicas en toda Galicia abordados cientificamente a través da recollida de datos, localización de xacementos, elaboración de estudos locais e comarcais, formación de catálogos, .. Especial relevancia tiveron as investigación arqueolóxicas realizadas na Terra de Melide que contaron coa intervención de todas as seccións do Seminario e constituíron a base para posteriores estudos desa área. A ideoloxía política dos membros do Seminario determinou a orientación dos seus estudos históricos e arqueolóxicos. O interese por afondar no feito diferencial galego estimulou a investigación da etapa prehistórica, especialmente dos vestixios castrexos. Otilia Prado Fernández sinala que a escasa atención prestada ao período da romanización polo Seminario vencéllase ao rexeitamento desta etapa caracterizada pola homoxeneización cultural peninsular (PRADO FERNÁNDEZ, O. 1997:114). Así, ao igual que fixera Murguía, os integrantes do Seminario orientaron os seus estudos a afianzar o ideario nacionalista utilizando a información histórica e arqueolóxica coma instrumento. Neste período López Cuevillas, ao fronte da sección de Prehistoria desde 1926, realizou intensas investigacións sintetizadas na publicación conxunta con Bouza Brey de Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatria en Galicia (1929). A traxectoria investigadora de López Cuevillas non pasou desapercibida no exterior de Galicia: 94 A Revista Nos incluíu unha Sección de Arqueoloxía onde os integrantes do Seminario, entre eles Cuevillas, publicaron numerosos artigos relativos as súas investigacións arqueolóxicas prácticas. 95 PRADO FERNÁNDEZ, Otilia. Aportación do Seminario de Estudos Galegos á Arqueoloxía: Unha revisión. 1996 Santiago de Compostela, 1997 54 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. En el Seminario del profesor Bosch Gimpera y en las sesiones de la Asociación Catalana de Antropología, sonó pronto el nombre de Cuevillas. Un joven prehistoriador gallego, surgido de la remota Orense, se revelaba ante la general sorpresa como un excelente expositor, conocedor de las modernas teorías y afortunado excavador . En las páginas de Nos había ya dejado constancia de lo que podía alcanzar, si lograba el apoyo de las corporaciones de su tierra . Al lado de otro viejo amigo, por fortuna en activo todavía, Angel del Castillo, y del desaparecido Maciñeira, y acompañado pronto de varios jóvenes, que constituían una gran promesa, Cuevillas aparecía como el brillante adalid de una naciente escuela arqueológica, dotada de clara personalidad dentro del movimiento científico español. Naturalmente, una de mis misiones al ir a ocupar en los primeros días de 1926 la cátedra que acababa de ganar en la universidad compostelana, en la que insistían mis maestros Bosch Gimpera y Obermaier, era la de ponerme en contacto con Cuevillas e impulsar en el cauce científico la labor que el grupo de arqueólogos encuadrados en el Seminario de Estudios Gallegos estaba desarrollando. Parecía que por fin la Prehistoria gallega iba a salir de las nieblas que sobre ella habían esparcido los escritores y aficcionados de la etapa romántica de nuestra ciencia. 96 A vinculación dos integrantes do Seminario con Pericot e a florecente Escola Catalana de Arqueoloxía fundada por Bosch Gimpera materializouse no 1925 coa toma de posesión de Pericot dunha cátedra na Universidade de Santiago de Compostela. A súa permanecería na universidade galega durou unicamente dous cursos académicos ata o seu traslado no 1927 á Universidade de Valencia. Na súa estadía en Galicia mantivo contactos co membros do Seminario de Estudos Galegos, con Maciñeira e con Santiago de la Iglesia entre outras figuras relevantes no eido arqueolóxico.97 No intervalo da súa estadía en Galicia Pericot tivo unha bolsa pola Universidade de Santiago para estudar as relacións atlánticas entre Galicia e as Illas Británicas. Na 96 Luís Pericot. Algunos recuerdos personales de Cuevillas. BCPMHAO T. XX ano 1959-60. Fasc. I-IV. Páxs. 45-48 97 A intermediación entre Pericot e Santiago de la Iglesia supuxo a doazón dos fondos arqueolóxicos do investigador galego á Universidade de Santiago. 55 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. primavera de 1927 Pericot realizou unha campaña de exploración e escavación nos castros dos arredores de Mondariz que tivo continuidade coas intervencións de Cuevillas nas campañas de 1928, 1929 e 1930. Durante a República continuou o proceso de regulación da xestión do Patrimonio do período anterior. As atribucións do Goberno en materia de protección do Patrimonio recolléronse no mesmo articulado da Constitución republicana (art. 45). Toda la riqueza artística e histórica del país, sea quien fuere su dueño, constituye tesoro cultural de la Nación y estará bajo la salvaguarda del Estado, que podrá prohibir su exportación y enajenación y decretar las expropiaciones legales que estimare oportunas para su defensa. El Estado organizará un registro de la riqueza artística e histórica, asegurará su celosa custodia y atenderá a su perfecta conservación. El Estado protegerá también los lugares notables por su belleza natural o por su reconocido valor artístico o histórico.98 O Goberno desde a súa instalación tomou medidas lexislativas para limitar a exportación de bens culturais e artísticos da Igrexa e dos sectores conservadores que, neses anos intentaban derivar ao estranxeiro os seus bens culturais temerosos das expropiacións. A nova regulación obrigaba a empresas e particulares a solicitar autorizacións administrativas para poder vender bens culturais e artísticos con antigüidade superior aos cen anos. O Estado reservouse nestes casos o dereito de tenteo nas vendas que afectaran ao Patrimonio (GARCÍA FERNÁNDEZ, J. 2007:10). A comezos da etapa republicana xurdiu a polémica sobre a conveniencia de conservar ou non os escudos pétreos dos edificios públicos que ostentaban coroas na parte superior. Nesta controversia participou Ángel del Castillo o cal realizou xestións solicitando que se respectara e recoñecera a súa valía arquitectónica e histórica.99 A norma lexislativa de protección do Patrimonio máis relevante da República foi a Ley relativa al Patrimonio Artístico Nacional de 13 de maio de 1933. Esta normativa reafirmou á Dirección General de Belas Artes coma organismo coas máximas competencias en materia de conservación do Patrimonio. 98 Constitución Española de 9 de decembro de 1931. Artigo 45 99 El pueblo gallego: Diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia S.N. 21/04/1931 56 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. A nova Lei, ampliaba á precedente referida unicamente aos Monumentos Arquitectónicos Artísticos, e incluía agora na denominación de Patrimonio Histórico- Artístico Nacional a cuantos inmuebles y objetos muebles de interés artístico, arqueológico, paleontológico o histórico que haya en España de antigüedad no menor de un siglo; también a aquellos que sin esta antigüedad tengan un valor artístico o histórico indiscutible, exceptuando, naturalmente las obras de autores contemporáneos;…100 Esta Lei regulaba a protección dos Monumentos fronte a derrubes requiría á vixilancia de obras e reformas de edificios monumentais. A inclusión dun monumento no Catálogo supoñía a prohibición da súa demolición total ou parcial sen autorización previa do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes. Recollíase a posibilidade de incautación dos bens catalogados en mans privadas que non estivesen debidamente atendidos. Establecíanse tamén aspectos técnicos das obras que se efectuaran nos monumentos. Así, os arranxos limitáronse á consolidación dos monumentos e freáronse as reconstrucións lesivas. Determinouse que nas restauracións os engadidos debían de estar delimitados e diferenciados con respecto as partes orixinais dos monumentos. Coa Lei regulábase tamén o dereito do público de acceso aos monumentos. Esta normativa de 1933 non deixaba sen efecto a Ley de excavaciones de 1911 que seguía regulando as cuestións arqueolóxicas. Como novidade con respecto ao Patrimonio Arqueolóxico, a Orde Ministerial de agosto de 1934 nomeou a vinte e sete Delegados-directores de escavacións. Esta Orde establecía tamén a asignación de fondos para escavacións e o destino dos obxectos que se recuperaran nas intervencións. Coincidindo co inicio da Guerra Civil, foi aprobado mediante R.D. de 16 de abril de 1936 o Regulamento para a aplicación da Lei de 1933. Este Regulamento contemplaba a formación dunha relación de cidades e vilas de especial mérito artístico e histórico. Prevía tamén a protección e inclusión nun Catálogo dos bens inmobles de interese dignos de ser conservados. O Regulamento constituía unha Junta Superior del Tesoro Artístico que substituía a Junta de Excavaciones de 1912 e a Junta de Patronato de 1926. Esta Junta conformaríase con individuos das Academias da 100 Lei de 13 de maio de 1933. Patrimonio Artístico Nacional. Cuadernos de Legislación Nº 13 Ministerio de Educación e Ciencia, Madrid, 1971 Páx. 74 57 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Historia e a de Belas Artes, do Museo Arqueolóxico, do Museo do Prado, representantes de diversas corporacións, catedráticos e un arquitecto. Entre as súas competencias figuraba a de crear delegacións nas localidades que considerara de interese. A instalación destas delegacións levaría consigo a progresiva desmantelación das Comisións de Monumentos. O contexto bélico truncou a posta en marcha da Lei e por tanto as Comisións de Monumentos non chegaron a ser desmanteladas, se ben en Galicia estas corporación estaban nesta altura en manifesto declive. Con respecto ao estudos históricos e ás investigacións en materia arqueolóxica galegas, a Ditadura truncou o ambicioso proxecto cultural do Seminario de Estudos Galegos. Os seus integrantes sufriron o exilio, a cadea ou confinamento domiciliario logo de ser destituídos dos cargos públicos que ocupaban e inhabilitados para exercer as súas profesións. Anos despois, no 1944, Filgueira Valverde fundou das cinzas do Seminario de Estudos Galegos o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento vinculado ao Consello Superior de Investigacións Científicas. Nesta corporación integráronse antigos membros do Seminario recoñecidos nesa altura polo Réxime, como Bouza Brey, Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas. 58 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. 2. A Arqueoloxía na produción escrita 2.1 O coñecemento arqueolóxico dos autores clásicos Ao longo do século XIX, a valorización do pasado e dos seus vestixios contribuíu a afianzar sucesivamente os idearios políticos provincialista, rexionalista e nacionalista que reclamaron o recoñecemento da singularidade galega. Neste contexto, un colectivo de intelectuais galegos de formación heteroxénea, acometeu a confección de relatos a modo de Historias de Galicia cos cales perseguían a dignificación de Galicia a través da reconstrución gloriosa do seu pasado autónomo coa intencionalidade de reclamar melloras no marco dunha xestión política autónoma. Os compendios historiográficos de Verea y Aguiar e Martínez Padín e, xa na segunda metade do século, os de Benito Vicetto, Barros Sibelo, Villa-Amil y Castro, Murguía e Saralegui convertéronse nos textos clásicos da historiografía galega do XIX. Continuando coa tradición do século anterior, estes autores basearon inicialmente os seus texto históricos principalmente nos textos clásicos e na Biblia. Estas fontes foron desprazadas a partir da segunda metade do século coa introdución progresiva de información extraída das incipientes prácticas arqueolóxicas e, desde as últimas décadas do século, das investigacións con metodoloxías científicas. Nestes textos historiográficos do XIX a pescuda da orixes racial e da esencia dos pobos constituíu un elemento esencial. Nese contexto a Arqueolóxica amosouse como a ciencia adecuada para afondar nas etapas máis remotas, alí onde non alcanzaban as fontes escritas. Un dos temas recorrentes dos textos históricos da primeira metade do século foi a identificacións toponímica das vilas, ríos e montes citados nos textos clásicos. Este interese pola localización dos lugares mencionados nas fontes ocupou aos autores na localización de emprazamentos míticos como a Abóbriga, o Medulio ou as Casitérides. Neste ámbito, Puche Riart sinalou xa a precocidade dos estudos historiográficos galegos centrados na localización destas illas desenvolvidos por Sarmiento, Cornide,101 Masdeu e Pérez Quintero102 (PUCHE RIART, O. 1993:100). 101 CORNIDE, J. (1785). Las Casitérides o islas del estaño restituídas a los mares de Galicia: Disertación critica en que se procura probar que estas islas no son las Sarlingas como pretende en su Britannia Guillermo Cambden y si las de la costa occidental del Reyno de Galicia. Imp. B. Cano. Páx.179,Madrid 59 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Esta localización de puntos xeográficos acometeuse inicialmente desde a especulación teórica e os argumentos etimolóxicos. Xa nos sesenta, coincidindo co despegue da práctica arqueolóxica, Barros Sibelo realizou traballos prácticos para a localización do Monte Medulio.103 Coetaneamente Villaamil y Castro realizou tamén un estudo teórico sobre a localización deste mítico emprazamento.104 O interese pola identificación dos topónimos clásicos reflectiuse tamén nos esforzos realizados desde finais dos cincuenta, a instancias da RAH, para delimitar o itinerario das vías romanas e das vilas a elas asociadas. En Galicia estas investigacións materializáronse nos traballos de Cid de la Concepción, Barros Sibelo, Díez Sanjurjo, Arturo Vázquez Núñez, Marcelo Macías,… Nos sesenta, coincidindo coas extensión das intervencións arqueolóxicas prácticas, os investigadores galegos pescudaron na procura de achados análogos aos realizados noutros puntos de Europa e España. Así, a expectación internacional polos achados das cidades lacustres en Austria, Suíza e Italia estimulou o estudo do entorno das lagoas. En Galicia, nos sesenta, Barros Sibelo105 Murguía e Villaamil y Castro realizaron pescudas sobre a probable existencia de construcións na lagoa de Antela. Cartailhac na súa obra Les ages prehistoriques de L´Espgane et du Portugal internacionalizou o debate das cidades lacustres galegas.106 No 1870 Saralegui e Medina continuou con estes estudos no artigo Pueblos lacustres. Décadas máis tarde Díez Sanjurjo referiu o achado de machados de pedra e outros vestixios da Lagoa de 102PEREZ QUINTERO, M. 1. (1790): Disertación crítico-topográfica. Las Casitérides restituídas a su verdadero sitio, por haberlas dislocado el inglés Cambdeno y otros sabios extranjeros, cuya sentencia ha sostenido nuevamente el abate D. Juan Francisco Masdeu. Imp. Vázquez Hidalgo. Páx.49, Sevilla. 103 CAOR/9/9765 (37) 07/09/1861 Informe Monte Medulio Barros Sibelo. O desinterés da RAH nestas investigacións levouno a publicar pola súa conta Apuntes Arqueológicos de Galicia. El monte Medulio no 1863. 104 Situación del monte Medulio y sus incidencias históricas. En Album de la Caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de nuestros vates gallegos contemporáneos, 1861 105 ARAH CAOR/9/7965/09(4) Informe acerca del hallazgo de diversos restos arqueológicos. 1869 106 O seu traballo baséase nos datos aportados por Villaamil y Castro en Antigüidades prehistóricas y célticas de Galicia (1872) e Murguía en Historia de Galicia que apunta a existencia de palafitos e cidades lacustre en Galicia. Precisamente, Villaamil y Castro no 1887 publica La Edad Prehistórica en Galicia según Mr. Cartillhac no cal apunta que os traballos de Cartillhac sobre as cidades lacustres galegas adoecen de escavacións propias e presentan erros de transcrición dos autores clásicos.Galicia Revista Regional. La Edad Prehistórica en Galicia según Mr. Cartillhac. Ano I Nº 2 Febreiro de 1887 Páx. 75 - 82 60 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Antela.107 Cuveiro Piñol en Iberia protohistórica (1891) sinalou tamén a existencia de poboados lacustres na Lagoa de Antela, nos xuncais de Betanzos e no Xistral.108 O tema tivo continuidade ata ben entrado o século XX.109 A exaltación da singularidade nacional e a pescuda das orixes foi a cuestión central dos textos historiográficos.110 Contamos con numerosos traballos na bibliografía actual dedicados a valorar as achegas dos autores do XIX ao celtismo. En concreto existen estudos específicos sobre Benito Vicetto,111 Villaamil y Castro112 é, sobre todo, Murguía.113 Neste traballo con respecto ao celtismo interésanos unicamente valorar a utilización da información arqueolóxica facilitada polos vestixios das etapas prehistóricas que permitiron perfilar as primeiras propostas sobre a cronoloxía e adscrición dos monumentos célticos. Analizamos con este obxectivo as Historias dos autores clásicos do XIX para delimitar as súas achegas en canto á adscrición da autoría, funcionalidade e cronoloxía dos túmulos e castros e a súa relación coas poboacións celtas. A existencia de vestixios arqueolóxicos baixo acumulacións artificiais de terra era coñecida desde antigo. De feito, as referencias a buscadores de tesouros e escavacións de mámoas e castros está amplamente documentada desde os séculos anteriores.114 Con respecto aos castros, o nivel de coñecementos a comezos do 107Apunta tamén o achado de pilotes, emparillados e mesmo un tronco oco con forma de embarcación. Sinalou a existencia de semiesferas ou “cortejos” afirmando que nas poucas rexistradas atopáronse anacos de arcilla cocida e carbóns. Díez Sanjurjo. Los caminos antiguos y el Itinerario Nº 18 de Antonino. BCPMHAO T. II marzo-abril de 1905 Nº 43 Páx. 342 108 Cuveiro Piñol, Juan. Iberia protohístorica. Páx. 112, 1891 109 Conde-Valvís Fernández publicou La Laguna Antela y sus palafitos (1951), L. Monteagudo Galicia legendaria y arqueológica: problemas de las ciudades "asolagadas" (1957) e J.M.Vázquez Varela Las leyendas de las poblaciones sumergidas por un castigo divino: una panorámica analítica del noroeste de la península ibérica (1957). 110 Para afondar na introdución do celtismo en Galicia remitimos a Pereira González no seu artigo O celtismo na historiografía galega do século XVIII. 111 Consultar sobre o ideario de Vicetto en El celtismo de Benito Vicetto. Filología Románica. Nº 6 Universidade Complutense, Madrid,1989 112Para máis información Juan C. López García en A influencia do celtismo na obra de José Villaamil y Castro. Gallaecia, 1997 113 Remitimos ao estudo de Beatriz Díaz Santana para unha síntese das valoracións dos autores contemporáneos respecto ao celtismo (DÍAZ SANTANA, B. 2001:319). 114 Pedro Vázquez de Orjas obtivo a través da Real Cédula de Felipe II de 26 de Mayo de 1609 autorización para abrir 61 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. século XIX era aínda moi limitado.115 En xeral, a falta de escavacións e estudos científicos sobre castros e túmulos propiciou que durante todo o XIX se dera unha certa ambigüidade tanto na delimitación funcional coma cronolóxica destes vestixios que se mantivo ata comezos do século XIX. Verea y Aguiar na súa Historia de Galicia (1838)116 integrou catorce investigacións dedicadas fundamentalmente a rebater puntos históricos dos textos clásicos. Este traballo, baseado esencialmente nas fontes escritas, evidencia a valoración dos vestixios arqueolóxicos coma fonte de información, me propuse buscar aún entre los escombros de los pueblos, y en los desperdicios históricos, de que otros no han hecho caso, algunas preciosidades, que puedan contribuír a mi objeto; y me persuado que, así como en los puntos antecedentes, podré descubrir la verdad, separando las amontonadas ruínas que la tienen sofocada.(Historia de Galicia:207).117 e inspeccionar sepulturas dados os indicios da existencia de ouro e outras riquezas das de Caldas de Reis e Padrón. Esta autorización levou consigo que proliferasen os buscadores sen licencia e, segundo a queixa de Orjas ”se tiene noticia de más de tres mil abiertas … y no se tiene noticia de hombre ninguno que esté preso por ello”. Andrés Martínez Salazar.BRAG 20 de maios de 1909 Nº 26 e sucesivos. 115 Os vestixios en superficie dos castros espertaran xa o interese desde antiguo. Castella Ferrer no 1610 apuntara a abundancia de restos arqueolóxicos de aparencia defensiva e aludíu ao costume de edificar edificios relixiosos e ermidas sobre asentamentos antiguos. "Hacían los gallegos cantidad de fuertes redondos con sus fosos y trincheras en la Campaña, ocupando con ellos los cerros más fuertes que hallaban, llámanles hoy en día Castros, porque en ellos y abrigados dellos se fortificaban sus ejércitos." Coetaneamente Prudencio Sandoval propuxo que eran construcións defensivas cristiáns fronte aos mouros. A finais do século XVIII o Padre Sobreira na súa correspondencia con Cornide prantexaba a tese dunha ordenación espacial defensiva dos castros (ZARALEJOS PRIETO, M. 1991:301). 116“ Historia de Galicia” foi aprobada pola RAH no 1832 e publicada no 1838. Constitúe a primeria parte dun proxecto historiográfico que non tivo continuidade. Xunto con outros traballos literarios foi presentado polo autor para o seu ingreso coma correspondente desta Academia. Memorias de la Real Academia de la Historia, T. VIII ( 1852:9). 117 A súa afección ás investigacións arqueolóxicas témola documentada coa súa participación no 1837, na inspección da laxe de Carrás onde, en compañía de Antonio Bugallal e Bedoya, localizaran figuras pintadas. CAIOR/9/3931/06 (2). A finais desa década remitíu á RAH trinta e dúas moedas de cobre da parroquia de Canedo, Ourense. Memorias de la Real Academia de la Historia de 1852 T. VIII Páx.18. Nos corenta remitíu á RAH bocetos dunha estatua humana con escudo e copias de epitafios reais da Igrexa de Santiago…. Memorias de la Real Academia de la Historia de 1852 T. VIII 1852. Páx. 19-25 62 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Verea y Aguiar, coñecedor directo dos túmulos galegos, nas súas inspecións localizou multitude deles espallados por toda Galicia, case todos despoxados anteriormente pola cobiza dos buscadores de tesouros. A estas estructuas asignoulles unha funcionalidade funeraria e animou ás persoas curiosas das vilas para que realizaran estudos prácticos dos túmulos da área de Montes (Historia de Galicia. 1838:101).118 Desbotou a funcionalidade militar dos castros alegando que si fueran fortificaciones no era posible que se hallasen estendidos tan general que casi corresponde uno a cada parroquia de Galicia: no era posible que tubiesen la misma figura rigurosamente circular: no era posible que todos tubiesen el mismo espacio que viene a ser poco más o menos el que ocupa el patio del Palacio Ral de Madrid: no era posible que muchos de estos círculos se formase bajo la superioridad o eminencia de otras colinas. Estas solas reflexiones destruyen enteramente la opinión ó congetura de que pudiesen ser puntos militares; y por el contrario, todas las circunstancias que se notan son propísimas de objetos religiosos…” A existencia de fosos nalgúns castros atribuíuna a usos posteriores (VEREA Y AGUIAR, 1838:139-141). Martínez Padín dedicou un capítulo íntegro da súa Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (1849) aos monumentos célticos, castros e túmulos. Coincidiu co P. Sobreira en que non estaban dispostos ao azar senón describindo liñas concéntricas. Propuxo que unicamente terían funcionalidade defensiva os castros 118 Con respecto aos túmulos, sostivo que “… cerca de la villa de Noya aún se ve un monumento de estas piedras vectoriales; y en otras partes de Galicia. En los sepulcros se echaban las cosas de mayor estimación del difunto, como urnas, vasos de oro, de plata y de bronce, armas, monedas, y hasta los caballos. Sostiña que en toda Galicia se ven unos sepulcros de aquellos tiempos que llaman vulgarmente, Mámoas y Modorras, y son unos montecitos redondos a la manera de la mitad de un globo: dentro hay un orden circular de grandes piedras en cuyo centro se depositaría lo que vulgarmente se llama Ollas, ó vasos cinerarios”. (Verea y Aguiar, 1832:101). José Verea y Aguiar (1775-1849). Nado en Santiago, estudou Leis e Canons. Colaborou en numerosos xornais e fundou e dirixiu Diario Cívico Patriota (1812). Foi académico da RAH.; membro da Sociedade Económica de Amigos do País e presidente da Deputación Arqueolóxica da Coruña (1842). Publicou Historia de Galicia (1838 ) e numerosos discursos e informes de temática variada. 63 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. para el dolor presente en el libro siempre abierto de sus grandezas pasadas.134 Os seus artigos publicados entre 1843 e 1854 no Semanario Pintoresco contribuíron á divulgación e defensa dos monumentos galegos. Entre eles figuran España pintoresca: La ciudad de Santiago (1844); Galicia pintoresca: las torres de Altamira (1844); Galicia pintoresca: el palacio Churruchaos (1847); La muralla romana de Lugo (1850); Puente de Lugo (1850) Las torres de Oeste (1852);… Tiveron tivo especial eco nos anos corenta os artigos referidos á descuberta do Mosaico de Batitales na cidade de Lugo. Na mesma década dos corenta, Antolín Faraldo (1822- 1853) publicou por entregas no xornal El Recreo Compostelano (1842-43) Historia de Galicia I e II; Galicia antes de la invasión romana e Historia del Cristianismo en Galicia. Nestes traballos reclamaba, no marco do provincialismo, a singularidade galega a través da exaltación da súa historia e do seu Patrimonio.135 Na segunda metade do século XIX tivo continuidade o xénero dos libros de viaxes que apórtanos abundantes textos con descricións de monumentos e vestixios arqueolóxicos. A cidade de Santiago de Compostela, centro de peregrinación, figura amplamente representada nesta tipoloxía literaria. Entre estes textos podemos encadrar Viaje a Galicia (1745) de Sarmiento; Viaje a Galicia verificado recientemente por dos amigos (1842); Manual del viajero en la catedral de Santiago: reseña histórica de Galicia, glorias de Galicia, edificios de la ciudad de Santiago (1847); Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia de F. Fita e A. Fernández (1880); De Palencia a La Coruña de Ricardo Becerro de Bengoa (1883); Guía de Galicia: itinerarios, descripciones. de Cesáreo Rivera 1883); Guía del antiguo reino de Galicia y Principado de 134 Alfredo Vicenti. Historias literarias / Don Antonio Neira de Mosquera. Su tiempo – su obra. La ilustración gallega y Asturiana. T. II Páx. 104 135 Nos anos coarenta participou no proxecto da Academia Literaria de Santiago vinculada ao xermen do provincialismo. Nesta Academía confluíron individuos con intereses comúns coma Neira de Mosquera, os irmás Rúa Figueroa, Martínez Padín, Francisco Añón,…. Fernando Fulgosio y Carasa (1831- 1873). Nado en Madrid no seo dunha familia ferrolán vinculada ao carlismo. Realizou estudos de Filosofía e Ingresou no corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Publicou nas revistas culturais da época novelas, poesías e lendas. Entre a súa produción vinculada a Galicia figura Recuerdos de Galicia (1866). Foi o responsable de varios dos tomos de Crónica General de España, entre eles os das provincias de Coruña (1865), 70 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Asturias provincias de Coruña, Lugo, Pontevedra, Orense y Oviedo :.. (1886) de Emilio Valverde y Álvarez; Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia de Lisardo Barreiro (1890); Galicia, León y Asturias (1894) e Guía del viajero en Santiago (1885) ambos de Ramón Álvarez de la Braña; A través de Galicia de Francisco de Camba (1908); Galicia, the Switzerland of Spain de Annette Meakin (1909); A Corner of Spain de Walter Wood (1910); Matilda Ruth Anderson achéganos valioso documental gráfico en Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña (1939); … Ao tempo que proliferaron os compendios historiográficos dedicados a Galicia, nesta segunda metade do século estendeuse tamén a publicación de historiografías máis modestas circunscritas a nivel xeográfico ás demarcacións provinciais e locais. Nestes produtos históricos a pescuda dos orixes locais, a toponimia e as descricións de vestixios e monumentos locais foron temas de referencia. A nivel provincial Fernando Fulgosio136 publicou Crónicas de la provincia de la Coruña (1865) seguida de Crónicas de la Provincia de Orense (1866) e as Crónicas de la Provincia de Pontevedra (1867).137 Para a provincia de Lugo, Villaamil y Castro apórtanos a Crónica de la provincia de Lugo (1866) e Amor Meilán, xa no século XX, Historia de la provincia de Lugo (1918). As principais cidades galegas contaron tamén coas súas respectivas historias. Taboada e Leal publicou Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo (1840); Henrique Vedia y Goossens referiu practicamente á cidade da Coruña a súa Historia y descrición de La Coruña (1845); Montero y Aróstegui publicou Historia y descripción de el Ferrol (1858); González Zúñiga dedicou á cidade de Pontevedra a súa Historia de Pontevedra (1846); Antonio Rey Escariz publicou Historia y descripción de la ciudad de la Coruña (1886); Casto Sampedro recompilou en tres tomos Documentos, inscripciones y monumentos para la historia de Pontevedra; Baamonde y Ortega foi o responsable de Álbum pintoresco, geográfico, estadístico y descriptivo de la ciudad departamental marítima de Ferrol de (1867); Saralegui y 136 Fernando Fulgosio y Carasa participa os seus datos biográficos a Murguía nunha carta de 20 de decembro de 1865. FERNÁNDEZ BARREIRO, X.R. / AXEITOS, X.L. 2003. Páx. 341-342. carta3 10. Víctor Renero Arribas apórtanos abundante información sobre o autor e a súa obra en Fernando Fulgosio y la evolución de los estudios prehistóricos en la segunda mitad del siglo XIX. Archaia Nºs 3,4, e 5 Ano 2003-2005 Páx. 165-170 137 Constitúen os volumes correspondentes a estas provincias do proxecto Crónica General de España dirixido por Cayetano Rosell. Fulgosio foi tamén o responsable dos volumes correspondentes a Guipúscoa(1868), Valladolid (1869); Zamora (1869); Ávila ( 1870); Baleares (1870); Tarragona (1870) e Filipinas (1871) 71 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Medina dedicou diversos traballos a esta mesma cidade, entre eles, La futura historia de Ferrol (1901) e Efemérides ferrolanas. Apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (1904);… Nas vilas máis pequenas os estudosos locais acometeron tamén proxectos historiográficos máis modestos. Ramón de Artaza y Malvárez publicou Recuerdos de la muy noble, muy leal y muy humanitaria villa de Muros (1877); Fernando Méndez San Julián Apuntes sobre Rivadeo (1884); José de Santiago y Gómez Historia de Vigo y su Comarca (1896); José de Santiago e Ulpiano Nogueira Bayona Antigua y Moderna (1902); Samuel Eiján publicou Historia de Ribadavia y sus alrededores (1920); Pedro Varela Castro La Estrada (1923); … Á marxe da produción de Historias, na segunda metade do século estendéronse en Galicia os semanarios, xornais, revistas, almanaques e outras publicacións que acadaron diversa continuidade no tempo. Nas súas páxinas reflíctese a progresiva valoración do Patrimonio e o interese crecente pola Arqueoloxía e a protección do Patrimonio. Neste punto destacou a publicación dos irmáns De la Iglesia, Galicia. Revista universal de este Reino (1860-65) que deu cabida nas súas páxinas a abundantes artigos de contido hitóricos e arqueolóxico e a denuncia sobre as agresións aos edificios monumentais. Desde a extensión da práctica arqueolóxica cara aos anos sesenta ocasionalmente investigacións ou mesmo achados fortuítos de vestixios arqueolóxicos atraeron a atención dos xornais. Pola súa relevancia destacamos o artigo publicado no 1874 de Venancio Moreno no El Heraldo de Ourense relativo ás investigacións efectuadas no dolmen de Codesás que foi reproducido nos Boletíns Provinciais de numerosas provincias españolas e nos xornais estatais. Este xornal ourensán acolleu tamén nas súas páxinas durante a década dos setenta numerosos artigos dedicados ao Patrimonio, entre eles os de Barros Sibelo publicados baixo o epígrafe xenérico de Antigüedades de Orense ou mesmo o traballo de J. Pereira titulado Castros y Mámoas. Nos anos oitenta acometéronse interesantes proxectos editoriais orientados especificamente aos contidos culturais e históricos. Entre eles destacamos Galicia Diplomática (1882-1892), Galicia Histórica e o xornal La Ilustración Gallega y Asturiana. Galicia Diplomática recolleu boa parte da produción de Bernardo Barreiro de Vázquez, o seu propietario e director, vinculado á Sociedade Económica e á 72 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Comisión de Monumentos da Coruña. Este intelectual foi ademais o responsable dun mapa arqueolóxico da cidade de Santiago de Compostela.138 López Ferreiro encabezou o proxecto Galicia Histórica, do cal publicou dous volumes: Colección Diplomática (1901) e Galicia en los primeros siglos de la Reconquista (1903). Murguía dirixiu o xornal La Ilustración Gallega y Asturiana (1879-1882), que integrou nas súas páxinas numerosos artigos relativos a monumentos, personaxes relevantes e litografías das fábricas monumentais de Galicia e Asturias firmados en ocasións polo mesmo Murguía. 139 De especial relevancia para a divulgación dos traballos en materia arqueolóxica e histórica foi a publicación do Boletín de la Academia da Historia desde 1877 e do Boletín da Real Academia Galega a partir do 1906. Especial importancia para a divulgación das investigacións galegas tivo a publicación do Boletín da Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense que saíu a luz no partir do 1898. Comezado o século XX acometeuse a elaboración do Catálogo Artístico de España co obxectivo de recoller as riquezas monumentais e artísticas de cada provincia.140 Balsa de la Vega, publicista e crítico de arte, confeccionou os catálogos das provincias de Pontevedra (1907-1908), Coruña (1908-1910) e Lugo (1910-1913). Cristóbal de Castro foi designado para elaborar o Catálogo da provincia de Ourense (1913-1915) para o cal contou coa colaboración da Comisión de Monumentos desa provincia. Estes catálogos das provincias galegas non chegaron a publicarse no seu 138 Guía histórica, artística, arqueológica militar de la antigua capital de Galicia, Santiago de Compostela, 1886 139 Inicialmente denominouse La Ilustración de Galicia y Asturias. No 1882 publicouse coma La Ilustración de Cantabria. 140 O Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes designou a Manuel Gómez Moreno ao fronte do proxecto. Inicialmente contemplouse que realizara o Catálogo na súa integridade provincia por provincia. A envergadura do proxecto finalmente derivou na designación de diversos autores. A disparidade de criterios e metodoloxía tivo coma resultado unha calidade heteroxénea. Ilus. 4 Catálogo Monumental da Coruña 73 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. momento se ben as edicións dixitalizadas actuais permítenos acceder ao valioso material gráfico que os conforman.141 Nas últimas décadas do século, asentada a investigación científica en materia arqueolóxica, consolidouse a produción de monografías de contido histórico e arqueolóxico. Unha nova xeración de autores con maior formación académica acometeu a produción de textos monográficos de contido histórico e arqueolóxico nos cales se incorporou progresivamente as metodoloxías científicas. Entre estes autores destacan Federico Maciñeira, Celestino García Romero, Martínez Salazar, Pardo de Lama, García de la Riega, Marcelo Macías, Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso, Domínguez Fontela, Julián López García…. A súa produción a partir da década dos vinte tivo continuidade coa dos autores vinculados ao Seminario de Estudos Galegos na cal a metodoloxías científicas está xa plenamente asentada. 141 Realizáronse os catálogos en trinta e nove provincias. Actualmente o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto do Patrimonio Cultural de España restaurou e dixitalizou os catálogos permitindo a súa visualización a través da rede. Para información sobre a confección dos catálogos galegos consultar El Catálogo Monumental de España (1900-1961) de Amelia López-Yarto Elizalde 74 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. 3. As Comisións de Monumentos. 3.1. Da Desamortización de Mendizábal ás Comisións de Monumentos. 1835-1844 Os decretos desamortizadores dos anos trinta contemplaran solo parcialmente os efectos da nacionalización sobre o Patrimonio Eclesiástico. Desde o primeiro momento a intención gobernamental fora destinar os fondos artísticos e librarios de interese á formación de Museos e Bibliotecas. Pero o certo é que o Goberno apenas tiña coñecemento previo do volume e da valía e destes bens artísticos e documentais e non se avaliara a dificultade económica e técnica da súa reinstalación e salvagarda. Durante a década inmediata a exclaustración a situación bélica e as dificultades económicas da guerra carlista apenas permitiron ao Goberno tomar algunhas medidas mínimas para garantir a conservación dos bens nacionalizados. Nesta década creáronse en dúas ocasións comisións encargadas de efectuar expurgos e reorganizar os bens nacionalizados. No 1835 o Goberno creou unhas comisións que recibiron entre outros nomes os de recadadoras, recolectoras ou civís.142 O seu obxectivo consistía realizar o expurgo dos bens culturais de interese para as artes e as ciencias e derivalos ás capitais provinciais. Estas comisións conformáronse por entre tres e cinco individuos inteligentes y activos escollidos entre as persoas cultas de cada provincia. Para a súa elección o Goberno contou cos informes das Academias de Belas Artes, dos encargados de Arquivos Públicos e das Sociedades Económicas de Amigos do País nas provincias onde existiran.143 No caso de Galicia a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago colaborou de pleno no expurgo e recollida de bens culturais nacionalizados. Esta Sociedade contaba con numerosos membros espallados polas cidades e vilas de 142 R.O. de 29 de xullo 1935 143 As Sociedades de Amigos do País, en declive desde finais do XVIII, reactiváronse coa instalación da Rexencia. Actuaron coma asesoras do Goberno en materia económica, educativa, e asistencial e tiveron especila relevancia na procura da dinamización económica e social da súa área xeográfica. A Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago integrou a individuos da relevancia coma Verea y Aguiar, Villaamil y Castro, Murguía, López Ferreiro,… 75 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Galicia o cal facilitou o acceso aos fondos, en especial no entorno de Santiago de Compostela e no norte da provincia de Pontevedra. O Goberno, ante as dificultades para financiar os traballos de recuperación dos bens culturais, autorizou á venda pública de aquellos efectos que no merecieran conservarse.144 Esta medida non alcanzou para costear o traslado ás capitais provinciais dos bens seleccionados polo cal en moitas provincias tiveron que permanecer almacenados nos edificios de orixe ou reunificados en depósitos próximos. O Goberno promoveu no 1837 a formación dunhas segundas comisións, nesa altura denominadas científicas e artísticas, que tiñan o obxectivo de continuar coa tarefa das anteriores comisións recoletoras.145 Segundo o Goberno coa súa creación pretendía aclarar dudas y responder a las muchas consultas que el gobierno había recibido en cuanto a la clasificación, traslación y destino de objetos artísticos procedente de conventos suprimidos (MARTÍNEZ LOMBÓ, E. 2008:8). Estas comisións científicas tiveron unha composición similar as súas antecesoras: en cada capital de la provincia se formará una comisión científica y artística presidida por un individuo de la diputación provincial o del ayuntamiento, y compuesta de cinco personas nombradas por el jefe político e inteligentes en literatura, ciencias y artes. Esa comisión reuniendo los inventarios particulares formarán uno general, en el cual designará las obras que merezcan, según su juicio ser conservadas y las hará trasladar inmediatamente a la capital.146 As comisións científicas atoparon dificultades análogas as das súas antecesoras, as comisións recoletoras. Os seus membros, de carácter honorario, non dispoñían de formación adecuada para decidir sobre a calidade e valía dos materiais a expurgar. Isto na práctica levou consigo á destrución de valiosa documentación, libros, cadros e obxectos artísticos e culturais nun volume dificilmente cuantificable. Co obxectivo de obter efectivo para financiar o traslado da cantidade inxente de materiais librarios e documentais o Goberno permitiu a venda ao peso dos materiais librarios expurgados. A limitada demanda de papel ocasionou en ocasións que os materiais foran destruídos para facilitar os traslados. 144 R. D. de 18 de novembro de 1835 145 R. O. de 27 de maio de 1837 146 R. O. 27 de maio de 1837, artigo 2º 76 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Para afondar sobre este período en Galicia remitimos novamente ao artigo de Jesús Ángel Sánchez García Una década trágica para el patrimonio gallego. De la Desamortización a las Comisiones de Monumentos (1835-1844).147 En Galicia, tanto as comisións recolectoras de 1835 como as científicas e artísticas de 1837 efectuaron con certo éxito os primeiros expurgos e inventarios dos obxectos culturais nacionalizados. En cambio, ao igual que na maior parte das provincias españolas, non puideron acometer o trasladalo dos bens seleccionados ás capitais provinciais nin por tanto formar os proxectados Museos e Bibliotecas que debían servir de apoio a política de extensión cultural do Goberno. As limitacións orzamentarias aconsellaron reunir os bens recuperados en depósitos e, no caso dos fondos documentais, integralos en bibliotecas preexistentes nas provincias onde as houbera. Os inventarios efectuados polas comisións recolectoras e as científicas permitiron posteriormente ás Comisións de Monumentos, instaladas no 1844, contrastar os materiais recuperados dos depósitos e cuantificar as perdas de bens desamortizados que tiveran lugar durante os anos que permaneceran nos edificios de orixe e nos depósitos.148 Efectivamente nesa etapa de almacenamento e abandono do Patrimonio nacionalizado o espolio e a saída de bens culturais cara ao exterior fora moi contiosa segundo apunta a Comisión Central no seu informe de 1845 “ .. allí se habían vendido a papel viejo millares de volúmenes que por el vil precio de cuatro ó mas reales arroba, siendo público que este papel viejo iba fuera del Reino a cualquier extrañas bibliotecas con las más raras produciones.149 As saídas de pinturas e bens artísticos de cara aos Museos estranxeiros e as coleccións primarias fora tamén moi cuantiosa. En canto aos edificios eclesiásticos, nestes anos permaneceron abandonados e expostos ao deterioro. O matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán, propuxera ao Goberno en diversas ocasións que os edificios se destinaran ao establecemento de oficinas estatais, correccionais, cadeas ou locais para a recollida de mendigos co fin de evitar a súa ruína.150 147 Quintana. Nº 3 Páx. 123-151. 2004 148 Faltan estudios xerais sobre a elaboración dos primeiros inventarios. Para a provincia de León temos a estudo dos inventarios de Desamortización de Luzón Castro. 149 Informe da Comisión Central de 1845 Páx. 14 150Matemático e xeografo, individuo da Sociedade Económica e deputado entre 1836 e 1841 77 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Xa nos anos corenta temos que citar tamén como antecedente directo das Comisións de Monumentos á que denominaremos xenericamente coma Academia de Arqueoloxía, conformada baixo a iniciativa privada de Sebastián Castellanos de Losada (1807-1891).151 Este intelectual vinculado á Corte estableceu no 1836 unha Sociedad Numismática152 co obxectivo de difundir o gusto polas antigüedades e promover a conservación do Patrimonio. Este proxecto mudou as súas e atribucións ao longo da súa dilatada traxectoria que finalizou no 1868. 153 Castellanos de Losada, coñecedor das investigacións científicas estranxeiras, coa instalación da Academia de Arqueoloxía acadou o establecemento dunha rede de correspondentes nas principais capitais europeas durante o 1841. A través destes correspondentes a Academia relacionouse coas principais sociedades culturais e Academias de Belas Artes europeas (Yeves Andrés, J.A. 2002:60). O éxito da súa instalación no exterior levou á Academia a acometer cara a finais de 1841 a creación de Deputacións Arqueolóxicas na maior parte das provincias españolas co obxectivo de difundir no ámbito local o coñecemento histórico e arqueolóxico e promover as investigacións prácticas. En Galicia a Academia de Arqueoloxía conformou Deputacións nas catro provincias reunindo aos intelectuais máis recoñecidos do momento. No caso da provincia de Ourense contamos excepcionalmente co valioso artigo sobre instalación 151 Nos corenta publicou varios manuais de arqueoloxía, entre eles, Elementos de Numismática (1838) e Compendio Elemental de Arqueología (1844). Correspóndelle a fundación das primeiras cátedras de Arqueoloxía elemental que impartiu no Ateneo de Madrid e no Liceo e no Instituto Español (SEBASTIÁN CASTELLANOS, B.1844:7). Castor de Caunedo publicou no 1848 unha biografía de Castellanos de Losada, Bibliotecario Anticuario da Real Biblioteca desde o 1844. José Sánchez Biedma apórtanos outro traballo que abarca ata 1868. Noticia Biográfica- Bibliográfica del lmo. Sr. D. Basilio Sebastian Castellanos de Losada Serrano y Castro. Ambos traballo constitúen eloxios do biografiado, méritos, escritos, cargos, distincións, … Lavin Berndonces publicou La figura de Castellanos de Losada en la arqueología española del siglo XX BBoletín del Museo Arqueológico Nacional. Tomo 15 Nº 1-2, 1997 152 A Sociedade no 1839 mudou o nome polo de Sociedad Arqueológica Central de España y sus Colonias e, en abril de 1844, acadou o rango de Real Academia. A instancias dunha reclamación da RAH ., o 23 de abril do mesmo ano retiróuselle o rango de Real e pasou a denominarse Sociedad Arqueológica Matritense. 153 Os obxectivos da Academia recóllense no artigo terceiro dos seus Estatutos “Su objeto es difundir en España, por todos los medios posibles, el estudio y examen científico de la antigüedad en todos los ramos del saber; buscar y publicar las obras inéditas de autores españoles que merezcan ver la luz pública, siempre que versen sobre puntos arqueológicos; evitar, en cuanto pueda, la destrucción de los monumentos antiguos españoles y en caso inevitable, pasarlo a la posteridad por medio de descripciones, dibujos y grabados.” 78 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. da Deputación Arqueolóxica154 que contou con personaxes ilustres coma o enxeñeiro Yáñez de Andrade e o deán Juan Bedoya.155 Na provincia da Coruña constituíuse a Deputación Arqueolóxica Gallega con Verea y Aguiar coma Presidente e Neira de Mosquera como Secretario.156 O xornal El Recreo Compostelano (1842-1843) converteuse no seu medio de expresión con Neira de Mosquera ao cargo da dirección e redacción desde 1843. No 1845 esta Deputación mudou a súa denominación pola de Diputación de Santiago de la Academia Española de Arqueología (ARES BOTANA, O. 1998:22-24). Non atopamos referencias ás Deputacións Arqueolóxicas de Lugo e Pontevedra se ben sabemos que existiron dado que figuran incluídas nos listados de provincias con delegacións da Academia de Arqueoloxía. A Academia de Arqueoloxía cando o Goberno optou pola creación das Comisións de Monumentos no 1844 xulgounas innecesarias e amosouse escéptica en canto a súa capacidade de actuación. Nunha das xuntas da Academia de Arqueoloxía de marzo de 1845 afirmábase que as Comisións de Monumentos constituían un plagio de la organización de la Academia, las cuales sin poder dar jamás tan sazonados frutos, gravarán el erario público infructuosamente.157 Resultan evidentes as analoxías entre a Academia de Arqueoloxía e as súas Deputacións Arqueolóxicas con respecto á estrutura creada polo Goberno no 1844 baseada nunha Comisión Central que coordinaba as Comisións de Monumentos establecidas nas provincias.158 A duplicidade entre ambas estruturas levou consigo a reorientación da actividade da Academia de Arqueoloxía cara os traballos teóricos e supuxo a desmantelación das Deputacións Arqueolóxicas instaladas nas provincias. Nos anos seguintes a Academia de Arqueoloxía perviviu dedicada ao fomento da produción histórica e arqueolóxica coa concesión de premios de investigación. A súa actividade decaeu nas décadas 154 No Boletín da Comisión de Monumentos, un extenso artigo identifica a instalación da Comisión de Monumentos de 1844 erróneamente coa da Deputación Arqueolóxica de 1842. T. 10, Nº 216, Maio-xuño, 1934. Páxs. 203-208 155 Desenvolvemos a información sobre esta Deputación no apartado dos antecedentes da Comisión de Monumentos de Ourense 156 O artigo foi publicado no Recreo Compostelano e reproducido no BOPO de 27 de xullo de 1842. Nº 89 Páx. 4. Incluímolo íntegro no Anexo. 157 Tomado de Yeves Andrés, J.A. 2002:66. Xunta Directiva de marzo de 1845. 158 No 1867 creouse unha Comisión dentro da RABASF para o examen dos estatutos da Academia de Arqueoloxía analizando os puntos de contacto con respecto ás Comisións de Monumentos . Memoria de las tareas de la Academia de San Fernando de 1867. De la Cámara, E. 1867: 31. 79 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. da Comisión Central sobre as posibles reutilizacións das fábricas.166 A lexislación establecía que era o deber dos comisionados con respecto aos edificios era o de “… efectuar una clasificación general y ordenada de los mismos a fin de darles una aplicación definitiva acomodada a sus circunstancias, según estas los hagan a propósito bien para oficinas del Estado, bien para cuarteles, presidios, cárceles, casas de corrección o beneficencia, hospitales, escuelas, fábricas y otros establecimientos públicos o de conveniencia mas ó menos general; bien para ser conservados como monumentos históricos, o artísticos ó quedar sus iglesias consagradas al Culto divino donde sea menester; por cuyo medio se logrará utilizarlos con ventaja y sin verlos desaparecer sucesivamente de una manera tan lastimosa como estéril para la Nación conforme ha sucedido hasta ahora;…”167 Cara a finais dos corenta o Goberno reorientou a actividade da Comisión Central e as de Comisións de Monumentos cara a protección e mantemento dos edificios monumentais. Nesta nova etapa as Comisións de Monumentos debían fornecer á Comisión Central de informes sobre as necesidades de reparacións dos edificios. A Central en función das demandas remitidas polas Comisións provinciais decidía en que edificios intervir e solo puntualmente actuaba de motu propio no caso de ter coñecemento directo de necesidades específicas nalgún monumento. Con frecuencia as intervencións proxectadas prolongábanse durante anos dificultados polas lentitude burocrática, as limitacións técnicas, a climatoloxía adversa e a escaseza temporal de operarios en determinadas provincias.168 Con respecto ao financiamento das reparacións, a Comisión Central obtivo no 1849 unha partida de 53.000 reais destinada á tarefas de conservación. No ano seguinte non obtivo recursos para este fin e, a partir de 1.851, as partidas decreceron progresivamente (ORDIERES DÍEZ. I.1993:141). As dificultades para obter efectivo levaron a Central a partir do1851 a reservar dos seus orzamentos como mínimo 10.000 reais para as reparacións de urxencia. Con esta medida pretendía evitar a falta 166 R.D. de 11 de abril de 1845 167 BOPO Nº 55 08/05/1845 168 ARABASF 2-55/1 86 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. de liquidez puntual para atender situacións de emerxencia dado o habitual dos retrasos na recepción das partidas orzamentarias estatais (ORDIERES DÍEZ, I 1993:582). En Galicia este período coincidiu con certa apatía na actividade das Comisións e cun descoñecemento manifesto do Patrimonio Monumental galego na capital. Estas circunstancias limitaron as actuacións de reparación e conservación nos edificios galegos por parte da Comisión Central. De feito na primeira metade da década dos cincuenta non atopamos referencias a actuacións de mantemento en Galicia nos orzamentos da Central.169 Esta falta de efectividade das comisións galegas relacionámola en gran medida co desinterese dos Xefes Políticos nas cuestións patrimoniais e culturais. Estes cargos políticos promoveron o nomeamento de comisionados seleccionados de entre o persoal administrativo do Goberno provincial, alleos ás humanidades case sempre. Con estes nomeamentos posiblemente perseguíase cumprir coa formalidade administrativa de manter as comisións constituídas. Desde o Goberno provincial as actuacións en materia de conservación do Patrimonio víanse con frecuencia como unha carga innecesaria e custosa. A nivel estatal, nestes anos a Comisión Central realizou diversas actuacións en defensa dos edificios cedidos para usos públicos, afectados con frecuencia polas mutilacións e adaptacións a usos públicos e privados. A instancias da Central, no 1852 o Goberno estableceu que en lo sucesivo antes de demoler, revocar o hacer obras en edificios públicos, se consulte en cada caso a las Comisiones de Monumentos para que estas den su dictamen oyendo previamente a las Academias de Bellas Artes de la Provincia respectiva, o en su defecto a la Real de San Fernando.170 Cara a metade dos cincuenta o funcionamento deficiente do sistema de protección do Patrimonio levou ao Goberno a reorganizar a Comisión Central e as Comisións de Monumentos.171 No 1854 dotounas dun novo Regulamento que lle outorgaba novas atribucións e as desligaba da ocupación orixinaria de recuperar os bens desamortizados. 169 Memoria da Comisión Central 1845-1855 170 R. O. de 14 de setembro de 1852 171 R. D. de 15 de novembro de 1854 87 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. A reforma reforzou á Comisión Central coa ampliación das súas atribucións e a asignación dun orzamento anual. A nova regulación conformouna coma un corpo científico auxiliar do Goberno con capacidade para determinar a valía dos monumentos históricos e artísticos. Deste xeito pasou de ser un órgano facultativo a un ser unha axente directa do Goberno que a la ciencia debe reunir la acción y al pensamiento la autoridad necesaria (Cáveda, J. 1868:442). Cáveda referíndose a situación das Comisión á altura de 1854 sostiña Habían llegado al período de su existencia en que era preciso, no ya dedicarse, como hasta entonces, casi exclusivamente á investigar el paradero de los objetos artísticos que habían desaparecido y reunir los ya inventariados, sino atender á su conservación, clasificarlos convenientemente, ofrecerlos al público bien ordenados, en la capital de cada provincia. Necesitaban además presentar al Gobierno los datos y antecedentes que comprobasen la conveniencia de restaurar aquellos edificios que mereciesen conservarse, y cuyo mal estado exigía un pronto remedio; indicar las obras que en ellos debían practicarse y formar sus presupuestos. Más para esto, preciso era extender sus atribuciones, procurarles una acción más expedita, y todo el apoyo de la autoridad administrativa en las localidades (Cáveda, J. 1868: 440). O Regulamento de 1854 outorgou ás Comisións de Monumentos competencias sobre a totalidade do Patrimonio eliminando a restrición anterior á custodia dos bens nacionalizados. As Comisións debían nesta nova etapa centrarse na conservación e restauración de monumentos e, no caso de ter excedentes orzamentarios, facultábasellas para empregalo en investigacións arqueolóxicas coa debida autorización do Goberno. Esta autorización para intervir en asuntos arqueolóxicos estaba limitada na práctica pola escasa dotación económica das Comisións dado que a inexistencia de excedentes impedía calquera actuación. Esta autorización para realizar actividades arqueolóxicas resulta aínda máis ambigua dado que o Regulamento de 1854 establecía expresamente no seu articulado que os orzamentos xestionados pola Comisión Central non debían ser empregados en investigacións arqueolóxicas (art. 30): .. no podrán las Comisiones provinciales destinar los fondos consignados en sus presupuestos a las excavaciones y diligencias practicadas para el descubrimiento de antigüedades y nuevas empresas arqueológicas, debiendo 88 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. emplearse exclusivamente en la conservación de los edificios monumentales, en sus restauraciones. O novo Regulamento introduciu tamén novidades na provisión de prazas das Comisións facilitando a incorporación de persoal máis cualificado. O Gobernador Civil debía propor á Central ternas con individuos destacados pola súa erudición e afección ás Belas Artes e á Arqueoloxía. Entre os seleccionados das ternas pola Comisión Central l correspondíalle ao Gobernador nomear ao Secretario e ao Vicepresidente. Coma novidade, os arquitectos provinciais integráronse nas Comisións coma vocais natos. Regulamento de 1854 Atribucións da Comisión Central. 1º Indagar el paradero de los objetos históricos y artísticos que se hayan extraviado y pertenezcan al Estado. 2º Promover la restauración de aquellos edificios que se encuentren en estado ruinoso y tengan un verdadero precio para las Arte y la Historia. 3º Dar unidad y dirección a los trabajos de las Comisiones provinciales, auxiliándolas con sus luces. 4º Cooperar al mejor éxito de sus tareas, alentándolas y procurando remover los obstáculos con que pueda tropezar en el ejercicio de sus funciones. 5º Contribuír eficazmente a la mejor organización de los Museos, Bibliotecas y Archivos que estas han creado. 6º Promover en el Gobierno las gestiones necesarias para evitar las restauraciones inoportunas de las fábricas monumentales, y el mal uso que de ellas pueda hacerse en perjuicio de su buena conservación. 7º Denunciar los abusos cometidos en el disfrute de estos edificios al concederse para usos de utilidad pública. 8º Hacer las oportunas reclamaciones cuando sin conocimiento de su importancia histórica o artística se pretenda enajenarlos o demolerlos. Atribucións das Comisións de Monumentos: 1º Procurar a la Central cuantos informes, datos y antecedentes les reclame. 2º Someter a su examen y apreciación las restauraciones de los edificios confiados a su cuidado, siempre que sean de alguna importancia, o puedan alterar la forma y carácter de las fábricas. 3º Remitirle anualmente una nota de sus respectivos presupuestos y de su inversión. 4º Consultarle la creación de nuevos Museos, Bibliotecas y Archivos, o las modificaciones sustanciales, ampliación y mejora de estos establecimientos. 5º Darle conocimiento de los descubrimientos y adquisiciones de nuevos objetos artísticos y arqueológicos. 6º Continuar con los trabajos de que trata el art. 3º de la Real Orden del 13 de junio de 1844, y sobre todo la formación de índices de las Bibliotecas, Archivos y Museos confiados a su cargo. 7º Reconocer frecuentemente el estado de los monumentos públicos, y dar parte desde luego al Gobierno y a la central de los deterioros que en ellos advirtiesen, procurando su pronto reparación. 8º Indicar al Gobierno, por conducto de la Comisión Central, aquellas investigaciones y diligencias que creyesen oportunas para el descubrimiento de cualquier objeto de la propiedad del Estado que pueda interesar a las Artes o a la Historia. 9º Dirigir los trabajos y exploraciones que tengan por objeto recobrar los documentos, lápidas, libros, pinturas, estatuas y esculturas que correspondieron a las casas religiosas suprimidas, y que hayan podido extraviarse. 10º Reclamar ante el Gobierno contra aquellas restauraciones que desfiguran el carácter y las formas de las obras monumentales, propiedad del Estado o de los pueblos. 11º Vigilar la buena conservación de los panteones de nuestros Reyes y de los varones ilustres, y promover la restauración de los que se hallen en estado ruinoso o necesiten reparaciones importantes. 89 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. A nivel organizativo o Regulamento establecía que as Comisións de Monumentos debían reunirse semanalmente e con carácter extraordinario cando cando as circunstancias o requiriran. Cara a metade da década dos cincuenta a normativa desamortizadora de Madoz de 1855, continuou cos alleamentos de edificios eclesiásticos. A Comisión Central prestou colaboración ao Goberno neste proceso buscando información a través das Comisións de Monumentos sobre os edificios que debían excluírse das vendas polos seus méritos históricos e artísticos.172 En referencia ás leis desamortizadoras a Central recomendou ás Comisións que se ejerza vigilancia más solicita sobre los anuncios de subastas de los Bienes Nacionales de esta provincia para dar inmediato aviso a esta Central siempre que en ellos aparezca la de un monumento de valor histórico o artístico.173 Desde Galicia, con respecto ás vendas de edificios nacionalizados, a Comisión da Coruña informou a Central de que non consideraba necesaria a exclusión das vendas do pazo de Lestrove por carecer o edificio de mérito. A Comisión de Lugo notificou unicamente coma destacable a existencia de un pavimento moruno que se cree de un templo pagano (ORDIERES DÍEZ, I. 1993:144). A política gobernamental de reutilización de edificios para usos públicos levou aparellada o incremento das modificacións e mutilacións das fábricas monumentais. Por este motivo a Comisión Central solicitou ao Ministro de Fomento , no mes de setembro de 1855, que evitara os derrubes e modificacións dos edificios. Na mesma comunicación a Central lembroulle que entre 1854 e 1855 non recibira fondos e que por tanto inútil es que procurase descubrir las necesidades si carece de los medios de satisfacerlas. Finalmente o Goberno atendeu á solicitude da Central e asignoulle no 1855 un orzamento de 120.000 reais para a reparación de monumentos o cal permitiu a Central atender a edificios monumentais en Toledo, Palencia, Segovia, Alcalá, Zaragoza e Huesca por valor de 110.000 reais.174 A Comisión Central informou ao Goberno en marzo de 1857 da necesidade de realizar unha estatística monumental que facilitara a custodia efectiva dos edificios. As Comisións de Monumentos debían colaborar coa súa confección trasladando aos alcaldes e párrocos das vilas formularios relativos aos edificios desamortizados das 172 ARABASF 2-55/1. 173 ARABASF 2-55/1. 174 Comisión Central de Monumentos Históricos y Atisticos.1856 Sesión18/08/1856 Páx. 82 90 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. das localidades respectivas.175 En previsión da escasa formación artística e cultural que se supoñía aos axentes locais as preguntas do formulario prantexáronse de xeito que puideran ser contestadas con un si ou non ou de xeito numérico.176 Os resultados destes interrogatorios foron moi desiguais en función do interese e capacitación dos estudosos locais de cada localidade (CÁVEDA, J. 1868:426). Finalmente a Central non puido formar a Estadística por mor da falta de fondos e pola relativa inoperancia das Comisións de Monumentos na remisión dos informes. A medida que avanzou a década, a Comisión Central entrou en crise e con ela arrastrou ás Comisións de Monumentos. Cáveda e Amador de los Ríos coincidiron en sinalar como un dos principais motivos da inactividade das Comisións á intermediación dos Gobernadores Civís. Ambos consideraban que estes cargos políticos restaban fluidez a relación entre a Central e as Comisións de Monumentos: cuan conveniente seria para el mejor y más buen desempeño de los negocios, el que esta Comisión pudiera entenderse directamente con los Vicepresidentes de las Comisiones provinciales a causa de las muchas ocupaciones que pesan sobre los Gobernadores Civiles y les impiden dedicarse con toda la asiduidad necesaria á los objetos de las Comisiones de Monumentos sin perjuicio de que dichas autoridades puedan presidir las Juntas y tomar parte en las deliberacións cuando lo tengan por conveniente.177 Nesta altura a ineficacia das Comisións de Monumentos é manifesta. Atendendo a un informe da Central remitido ao Goberno, as Comisións de Monumentos solo toman la iniciativa en las cuestiones que se ofrecen por rumores de periódicos o por noticias particulares que le comunican algunos aficionados a las artes. É dicir, as Comisións unicamente actuaban cando o dano nos edificios estaba xa feito e resultaba inútil e máis custoso reparalo. No verán de 1857 a política do Goberno viroulle as costas á Comisión Central. O R. D. de 9 de setembro de 1857 determinou a súa incorporación administrativa na 175 En López Trujillo, M.A. 1997 pode consultarse as preguntas incluídas nestes cuestionarios remitidos aos alcaldes e párrocos dos concellos por considerárselles os máis cultos destas demarcacións. 176 O cuestionario está dividido en catro sección: a referidas ao período Romano (16 cuestións), á Idade Media (36), á Árabe (10) e aoRenacemento (9). As autoridades locais debían sinalar o estado de conservación dos edificios e indicar posibles usos. 177 RABASF 2-55/1 (24). 91 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. RABASF contravindo as reclamacións dos responsables da Central. Isabel Ordieres apunta que a integración da Comisión Central na RABASF podería vencellarse á intención gobernamental de dar por concluída a fase de inventariados que motivaran a creación da Comisión Central e as Comisións de Monumentos. O proceso de integración da Central na RABASF ralentizouse no tempo e non se fixo efectivo ata a R.O. de 18 de xaneiro de 1859. Os integrantes da Central na súa carta de dimisión manifestaron o seu desacordo con esta medida e expuxeron que fosen os inconvenientes externos os que lastraran o funcionamento da Comisión Central e impedisen a súa efectividade. 3.4. A reorganización das Comisións baixo control académico O Ministerio de Fomento, en febreiro de 1859, decretou o cese das funcións da Comisión Central coma organismo autónomo ordenando que a súa Secretaría e os empregados se integraran na RABASF178 A perda de autonomía da Comisión Central, que seguiu mantendo este nome durante anos, supuxo para a RABASF e a RAH o ansiado control das Comisións de Monumentos que reclamaran desde a súa instalación no 1844. Realizado o traspaso de competencias, as Academias remitiron unha circular ás Comisións pedindo informes sobre a súa composición e os asuntos que tiñan pendentes de tramitación. Unicamente respostaron á circular a metade das Comisións e na súa maior parte para informar da inexistencia de asuntos pendentes.179 Resulta evidente que as Academias no momento de asumir a tutela das Comisións atopáronas practicamente inoperantes pola falta de fondos e pola dificultade de prover as vacantes con persoal cualificado. A reactivación das Comisións non foi sinxela e de feito a desorganización persistiu durante toda a primeira metade da década na maior parte das provincias. No caso de Galicia nesta primeira metade dos sesenta unicamente podemos constatar que permaneceron constituídas e con escaso volume de actividade as Comisións de Ourense e da Coruña. 178 Comisión Central de Monumentos Históricos y Artísticos.1859 Sesión de 11/02/1859 Páx. 42. 179 2-55/1 doc. 25 12 de Decembro de 1859. ORDIERES DÍEZ, I. (1993:596). 92 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Ante a evidencia da ineficacia das Comisións, as Academias, á altura do 1864, crearon conxuntamente unha Comisión Mixta Organizadora de las Comisiones de Monumentos conformada por cinco individuos, tres da RAH e dous da RABASF Esta Comisión Mixta que tiña o cometido de prover de individuos ás Comisións de Monumentos foi a encargada de elaborar un novo Regulamento para as Comisións aprobado o 29 de setembro de 1865.180 Atendendo ao novo Regulamento a cada Academia correspondíalle nomear entre dous e cinco integrantes das Comisións de Monumentos. A maiores incrementouse o número de comisionados natos que agora incluía ao Arquitecto Provincial,181 ao Inspector de Antigüedades nas provincias onde existira e ao Xefe da Sección de Fomento (art. 2). Coma Presidente das Comisións seguiu actuando o Gobernador Civil (Art. 5), coma Vicepresidente o académico máis antigo das Comisións (Art. 6) e coma Secretario o máis recente (Art. 9). Este Regulamento modificouse no 1867 establecendo a celebración de sesións semanais nas cales a participación obrigatoria mínima para que se puideran tomar acordos era de cinco individuos.182 Esta reforma do Regulamento recoñeceu coma vocal nato das Comisións aos Xefes das Bibliotecas e Arquivos das capitais (DE LA CÁMARA, E. 1867:11).183 Unha das principais novidades introducidas no Regulamento de 1865 foi o requisito de ter o nomeamento de correspondente dalgunha das Academias para poder integrarse nas Comisións. Esta medida que perseguía dotar as Comisións de persoal cualificada dificultou na práctica a provisión de prazas dada a falta de académicos en moitas das provincias.Esta carencia levou ás Academias a nomear ata cento vinte e catro novos correspondentes académicos para facilitar a reorganización das Comisións (ORDIERES DÍEZ, I. 1993: 152). 180 Pode consultarse o regulamento en Colección legislativa de España. Segundo semestre de 1865. Tomo XCIV. Páxs. 833- 844. Madrid, 1865. 181 As prazas dos Arquitectos Provinciais creáronse no 1858. Entre as funcións propias do cargo figuraba a de conservación e reparación dos monumentos de valor artístico ou histórico. No regulamento do seu cargo recollíase que nas viaxes que o seu posto implicaba deían indagar sobre os edificios de interese que existiran nas localidades visitadas informando sobre o seu estado e mérito e realizar informes e debuxos dos mesmos.Os arquitectos provinciais pasaron a depender das Deputacións Provinciais n o 1869. (ORDIERES DÍEZ, I. 1993: 50). 182 R.O. do 17 de abril de 1867 183 R.D. do 20 marzo de 1867 93 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Os nomeamentos de académicos retrasaron a reorganización das Comisións que se realizou de forma progresiva nas diferentes provincias. Así as cousas, a reorganización das comisións que comezara a comezos dos sesenta non se completou ata practicamente rematada a década. En Galicia a primeira Comisión en reorganizarse foi a de Lugo no 1866, seguida da de Coruña e a de Ourense entre 1867 e 1868 respectivamente. A altura de 1869 …quedan aún por reorganizar las de Canarias, Ciudad Real, Guipúscoa, Logroño, Pontevedra y Teruel, dos de las cuales, las de Canarias y Pontevedra, podrán acaso hacerlo muy pronto.184 As reorganizadas Comisións de Monumentos debían render conta da súa actividade de xeito independente a cada Academias en función a natureza das súas actuacións. Con respecto á RABASF correspondíalles provela de informes artísticos; someterlle orzamentos e proxectos de restauracións; comprobar que as reparacións nos monumentos non alteraran as formas; informarlle sobre a xestión dos seus orzamentos; consultarlle a creación, reforma e mellora de Museos; proporlle a adquisición de obxectos artísticos que superasen as súas posibilidades económicas; remitirlle resumos trimestrais dos seus traballos; propor a recuperación de obxectos artísticos en mans privadas; proporcionarlle catálogos dos museos provinciais;. As Comisións debían notificarlle á RAH as cuestións históricas e arqueolóxicas: propor escavacións en despoboados; comunicarlle achados de valor histórico e arqueolóxico e informala sobre a posibilidade de adquirilos; informar e facilitar copias sobre epígrafes; informar sobre documentos de interese para o coñecemento histórico e informar sobre os contidos dos Arquivos de Facenda; .. O Regulamento de 1865 atribuía expresamente ás Comisións competencias en materia arqueolóxica. O artigo dezasete contemplaba que podían realizar todas las excavaciones que considerasen oportunas para la ilustración de la historia nacional e podían tamén realizar reconocimientos facultativos y arqueológicos de los monumentos públicos para precaver su ruína y evitar malas restauraciones. O Regulamento incidía na importancia de prestar atención a aquelas intervencións construtivas que se fixeran sobre lugares con indicios arqueolóxicos e ás efectuadas nas inmediacións das vías romanas. Deste xeito as Comisións sumaron á súa función 184 Resumen de las Actas y tareas de la Academia Nacional de Nobles Artes de San Fernando, Páxina 13 De la Cámara, E. 1869. 94 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. de conservación e estudo do Patrimonio a de vixilancia da actividade civil sobre o mesmo. As competencias en materia arqueolóxica das Comisións de Monumentos segundo Regulamento de 1865 eran Art.17.3 La dirección de las excavaciones arqueológicas que en cada provincia se conceptuaren necesarias para la ilustración de la historia nacional. Art. 17.10: La intervención en las obras públicas que se hicieren, ya con fondos municipales ó provinciales, ya á espensas del estado en despoblados antiguos, en las inmediaciones de las grandes vías romanas ó en otrocualquier lugar que ofrezca indicio de construcciones respetables, a fin de evitar la pérdida ó sustracción de los objetos artísticos ó arqueológicos que pudieran descubrirse. 185 Art. 19.2: Hacer propuestas o informar sobre la manera y forma de practicar exploraciones arqueológicas en los despoblados de antiguas ciudades ú otro lugar análogo, siempre que algún descubrimiento fortuíto y la conveniencia de no malograrlo así lo aconsejaren. Art. 19.3 Ilustrarle igualmente en orden á la adquisición de aquellos objetos arqueológicos ó artístico, que sin ser propiedad del Estado ni de los pueblos, parezcan dignos, por su antigüedad ó belleza, de ocupar un puesto en los Museos provinciales”. No contexto da reorganización das Comisións, a RAH foi requirida no1868 polo Ministerio de Fomento para formar un Plan General de Excavaciones.186 Amador de los Ríos187 foi o encargado de realizar un informe previo que finalmente non puido presentar ao desatenderen as Comisións a formación dun catálogo dos despoblados das súas demarcacións (art. 28). 188 Por este motivo solicitou ao Goberno que, en 185 Este punto do artigo 17.10 tivo a súa importancia neste momento en que a ampliación das cidades e das vías de comunicación implicou unha importante intervención en áreas de valor arqueolóxico. 186 R.O. de 15 de abril de 1868 187 Amadorde los Ríos (1818-1878) exerceu coma Secretario da Comisión Central presidente da Comisión de Antigüidades. Foi académico numerario da RAH e da RABASF A altura de 1868 exerceu coma Director do Museo Arqueolóxico Nacional. Publicou abundante obra poética, filolóxíca e histórica. Afeccionado á Arqueoloxía participou en numerosas intervencións prácticas. 188 CAG/9/7980/43/2 95 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. percorridos que ser realizaron pola península con este fin figura o de Fernando Fulgosio que viaxou a Galicia cara ao 1872 (FRANCO MATA, Ángela 1993:308). Desde o MAN. remitíronse circulares ás provincias solicitando ás Comisións de Monumentos e a outras autoridades culturais a remisión de materiais duplicados ao Museo Arqueolóxico Nacional. Comprobaremos como as Comisión non sempre aceptaron a saída do Patrimonio Cultural cara á capital. 3.5. A activación das Comisións durante a Restauración Finalizada a República, as Comisións de Monumentos continuaron velando pola integridade dos monumentos informando ás Academias sobre as incidencias e necesidades de reparacións que afectaran ás fábricas monumentais. As Comisións galegas realizaron unha salientable tarefa de protección dos edificios denunciando as agresións das autoridades locais, en especial na provincia da Coruña. Nesta provincia Antonio de la Iglesia denunciou repetidamente na prensa os atentados cometidos contra os monumentos da Coruña e Pontevedra. No caso das cidades de Ourense e Pontevedra e doutras vilas máis pequenas sinalamos que o menor desenvolvemento urbano limitou as tensións entre os partidarios de conservar os monumentos e as autoridades locais. Na caso da cidade de Lugo, a Comisión de Monumentos atendeu con celo á conservación da Muralla agredida repetidamente desde o Concello nestas décadas. A Comisión de Antigüidades da RAH asumiu a partir do 1878 a elaboración dos Expedientes de Declaracións de Monumentos Nacionais. Estas Declaracións convertéronse no principal instrumento para a salvagarda das fábricas monumentais dado que a súa concesión apartábaos das leis desamortizadoras e deixábaos baixo tutela e vixilancia directa das Comisións de Monumentos (MAIER, 2003:49). Deste Ilus. 6 Muralla de Lugo 102 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. xeito, as Comisións consolidaron a súa función de órganos consultivos das Academias ao actuar como provedoras de informes sobre o mérito histórico e artístico dos edificios nos procedementos de instrución das Declaracións. A relativa activación das Comisións que tivera lugar a comezos da Restauración non fora suficiente para darlles impulso, motivo polo cal as Academias intentaron darlles novo pulo a inicios dos oitenta. Con este fin no 1881 modificouse o seu Regulamento outorgándolles capacidade para suspender cautelarmente as obras e derrubes de edificios públicos en tanto as Academia e autoridades competentes non decidiran ao respecto. Esta reforma autorizaba tamén á Comisión Mixta a modificar a composición das Comisións ao seu criterio. 198 Nesta etapa da Restauración as Comisións iniciaron en numerosas provincias xestións para a instalación de Museos arqueolóxicos. No caso de Galicia os esforzos das Comisións víronse limitados pola falta de recursos económicos e polas dificultades para acadar locais axeitados. Nesta década unicamente acadaron a formación de depósitos cerrados ao público que anos despois constituirían o xerme de posteriores museos. Os esforzos das Comisións pola formación de Museos coincidiu en Galicia coa instalación do Museo Arqueolóxico da Sociedade Económica de Amigos do País e co proxecto gobernamental de instalar un Museo Arqueolóxico Central en Galicia, desbotado finalmente por falta de orzamento. A medida que avanzaron os oitenta as Comisións de Monumentos galegas víronse favorecidas polo aumento do nivel cultural que lles permitiu integrar persoal con maior cualificación. As primeiras promocións da Escola Superior de Diplomática contaban con integrantes recoñecidos coma López Ferreiro, Martínez Salazar e Murguía entre outros. Estes individuos formaron parte dos cadros do Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios o cal lles facilitou o acceso directo á documentación dos Arquivos oficiais. Na última década do século as Comisións galegas esforzáronse por utilizar as prerrogativas que lles atribuía o seu Regulamento para participar máis activamente nas cuestións relativas ao Patrimonio. O contexto de efervescencia cultural finisecular e as melloras técnicas favoreceron este despegue das Comisións. 198 R.O. de 30 de decembro de1881. O Regulamento modificado pode consultarse no Boletín da RABASF Nº 13 Páx. 79-91. Ano II, 1882 103 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. En Galicia foi especialmente significativo o despegue da Comisión de Ourense que acadou altas cotas de actividade aglutinando nesa provincia boa parte do esforzo en materia de protección do Patrimonio e difusión cultural durante as próximas décadas. A instalación do seu Museo Arqueolóxico e a publicación do Boletín da Comisión constituíron importantes fitos para a promoción da cultura e investigación en materia histórica e arqueolóxica de Galicia. No caso galego, comprobamos como ás Academias coa súa lentitude burocrática e descordinación lastraron o funcionamento efectivo das Comisións en numerosas ocasións. No caso da provincia de Pontevedra, a inoperancia e lentitude das Academias a hora de proceder aos nomeamentos de académicos dificultou a provisión de vacantes na Comisión. Así, individuos coma Casto Sampedro e José Lois, ante a imposibilidade de integrarse na Comisión optaron por crear a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894-1937). Esta Sociedade proporcionoulles un marco de actuación flexible para canalizar a investigación, catalogación, protección e difusión do Patrimonio oral e material. Anos despois reputados comisionados compaxinaron o cargo nas Comisións coa participación da Sociedade Arqueolóxica que se víu favorecida polas prerrogativas administrativas e legais que lle aportaba a presenza de comisionados académicos. No caso de Coruña e Lugo, as Comisións viron limitado o seu protagonismo dado que os comisionados compaxinaron os seus cargos coa pertenza a institucións que lles outorgaban amplas posiblidades de actuación tales como a Sociedade de Amigos do Pais, a RAG, o Seminario de Estudos Galegos, a Universidade de Santiago, as Academias de Belas Artes, … 3.6. As Comisións no cambio de século: o despegue O despegue das Comisións de Monumentos iniciado nos noventa coincidiu cara a finais de século cunha etapa de florecemento cultural. As iniciativas das Comisións víronse favorecidas polas melloras da rede viaria, os medios de transporte e pola proliferación dos xornais e publicacións científicas. En materia arqueolóxica os avances científicos e técnicos permitiron a consolidación das intervencións prácticas e a progresiva implantación das metodoloxías científicas. 104 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. As novidades administrativas en materia de xestión do Patrimonio e o aumento de normativa intensificou as actuacións de conservación dos monumentos e a investigación en materia arqueolóxica. Aínda que as Comisións seguiron baixo a tutela das Academias quedaron insertas no entrabado institucional para a defensa do Patrimonio encabezado polo Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. As Comisión a partir de 1901 coa modificación do seu Regulamento incorporaron coma integrantes natos ao alcalde da capital da provincia, o reitor universitario de habelo, o director do Instituto de Secundaria, o Xefe de Museo Arqueolóxico Provincial;… 199 Estas incorporacións e a maior dispoñibilidade de académicos cualificados favoreceu a efectividade das Comisións. A medida que se profesionalizou a xestión e protección do Patrimonio ao longo das décadas seguintes ás Comisións de Monumentos tiveron que compartir as súas atribucións con novos organismos oficiais. As novidades introducidas pola Lei de 1911 coa instalación da Junta Superior de Excavaciones y Antigüedades provocaron unha reforma das Comisións plasmada nun novo Regulamento aprobado no 1918. 200 Este Regulamento afectou á composición das Comisións ao establecer que todos os correspondentes académicos da provincia quedaban vinculados coma integrantes ás Comisións. No R. D. de 25 de agosto de 1917 estableceuse que a Junta interviría nos expedientes para a conservación dos monumentos históricos-artísticos ampliando o seu campo de actuación inicialmente referido ás ruínas. As Comisións de Monumentos mantiveron a súa capacidade para instar ás autoridades locais a solicitar a Declaración de Monumento Nacional ou Arquitectónico-artístico. Estas peticións dirixíanse ao Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes e requirían a presentación de informes ás dúas Academias e da Junta Superior de Excavaciones segundo correspondera. Ao solicitar un expediente de catalogación as autoridades locais estaban obrigadas á protección do monumento ata que tivese lugar a resolución do Ministerio. As institución 199 R.D. de 25 de outubro de 1901 200 R D. del 11 de agosto de 1918 Ilus. 7 Catedral de Ourense, 1890 105 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. oficiais tiñan dereito de tenteo para acadar a propiedade do monumento ou edificio en cuestión. Este instrumento legal foi utilizado con frecuencia polas Comisións de Monumentos para evitar a destrucción e agresións inminentes. As dificultades económicas foron sempre un lastre para as Comisións de Monumentos. A altura de 1921 lexislouse para que as Deputación asignaran como mínimo unha partida orzamentaria anual de 500 pesetas para os gastos ordinarios das Comisións dado tiñan dificultades para que se lles recoñecera a asignación da deputación establecida no seu Regulamento. A medida que se crean organismos administrativos para a xestión do Patrimonio o papel das Comisións foi decaendo progresivamente. A Comisión de Ourense, a máis activa de todas, viuse prexudicada polo progresivo pasamento dos seus integrantes máis activos e pola avanzada idade de Marcelo Macías, figura en torno a cal se articulara a Comisión. A consolidación de organismos como a RAG e sobre todo de organizacións coma o Seminario de Estudos Galegos aglutinaron a investigación científica. Ilus. 8 Dólmen de Serra Faladoira. A pesar da institucionalización da protección do Patrimonio, o Goberno seguiu contando coas Comisións de Monumentos que mantiveron as atribucións recollidas no Regulamento de 1918. Na Real Orde de 1929 recoñecíalles expresamente ás 106 A protección do Patrimonio galego entre 1836 e 1936. Comisións competencias en cuestións relativas á vixilancia e información sobre o Patrimonio se ben excluíaseas de toda capacidade executiva: . la misión encomendada a las citadas Comisiones provinciales de Monumentos, así como a las Autoridades todas, es pura y meramente de vigilancia e información, y en ningún caso pueden ni están facultadas para por si mismas tomar resolución ejecutiva alguna, sin la previa aprobación de este Departamento ministerial.201 A partir de 1929 por R.O. modificouse unha vez máis a composición das Comisións engadindo coma membros natos ao Presidente da Deputación, o Alcalde da capital, o reitor da Universidade no caso de habela ou, no seu defecto, o Director do Instituto Xeral e Técnico, o prelado da Diócese da capital ou persoa na que delegara, os directores da Academia de Belas Arte, o Arquitecto Provincial, o Arquitecto municipal e o diocesano e os xefes dos Museos estatais da provincia. Os cargos de Presidente, Vicepresidente e Secretario repartíanse entre os académicos por elección en vez de por orde de ingreso na Comisión. Esta ampliación na composición na práctica non mellorou a funcionalidade das Comisións dado que as obrigas profesionais destes cargos natos contadas veces posibilitaba a súa participación activa nas Comisións. Durante a República afondouse na profesionalización da xestión e defensa do Patrimonio. Os proxectos republicanos contemplaba instalar unha Junta Superior del Tesoro Artístico da cal dependería delegacións nas localidades de interese patrimonial que sustituirían progresivamente as Comisións de Monumentos. O estourido do conflito bélico impediu a formación destas delegacións e a desmantelación oficial das Comisións de Monumentos. Nalgunhas provincias deixaron de existir sen máis e noutras continuaron exercendo unha discreta actividade consultiva paralela ás actuacións dos organismos e departamentos oficiais con competencias na xestión dos bens culturais . 201 R.O. de 26 de marzo de 1929 107 Parte II As Comisións de Monumentos de Pontevedra, Coruña e Lugo. Achegas á Arqueoloxía e á conservación do Patrimonio 109 111 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. falta de espazo dado que nos anos previos a Biblioteca universitaria integrara os libros procedentes de San Martiño e do Colexio Maior de Fonseca. Por estos motivos propuxo que fora a Xunta de Comercio a que recollera na súa biblioteca pública propia os 5.426 volumes que permanecían nos depósitos.225 Con respecto a formación dun museo, o Xefe Político reiterou o manifestado a altura de 1842 sobre a carencia de mérito dos bens recuperados. Como comprobante remitiu unha copia dos inventarios realizados polas Comisións Recoletoras a altura de 1837.226 O Xefe Político, a requirimento do Goberno, elevou en xuño de 1844 unha relación dos edificios monumentais que pola súa belleza ou contido eran dignos de conservarse.227 Este informe sostiña que o único edificio destacable da provincia era o mosteiro de beneditinos de Santiago en cuanto a los demás, la deterioración en que se hallan les hace perder el mérito que han tenido y su conservación en la actualidad, aunque mala, se debe a algunos Párrocos que habitan una parte de aquella, esceptuando los que ya fueron destinados al servicio público.228 4.2. A Comisión de Monumentos: periodización e traxectoria A recuperación dos bens nacionalizados.1845-1847 A R.O de 13 de xuño de 1844 requiriu aos Xefes Políticos a formación dunha Comisión de Monumentos. No caso da provincia da Coruña sabemos que se constituíu cara ao mes de setembro se ben non temos constancia de que individuos a integraron inicialmente. Desde o momento da súa instalación, a Comisión prestou auxiliou ao Xefe Político nas tarefas de formación da Biblioteca provincial. Nesta altura o Goberno aceitara a proposta de integrar os 5.400 volumes almacenados en depósitos nos 225 ARABASF 47-4/2(17a) 09/02/1844. A Biblioteca da xunta de Comercio fora fundada no 1806 polo canónico da Igrexa de Santiago Pedro Antonio Sánchez na casa do consulado. A altura de 1844 a Biblioteca contaba con 4.138 volumes. 226 ARABASF 47-4/2(17) 01/02/1844 227 R.O. de 2 de abril de 1844 228 ARABASF 47-4/2(50) 07/06/1844 118 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. fondos da Biblioteca xestionada pola Xunta de Comercio229 coa condición de que esta estivera aberta ao público e que o mantemento dependera do Concello e a Deputación.230 A Comisión Central desde setembro asumiu a xestión dos ben nacionalizados. Nese mes comunicou ao Xefe Político a súa desconformidade co informe que lle remitira en abril referido aos edificios no que se sostiña que o único de mérito da provincia era o mosteiro de beneditinos de Santiago. Solicitou por tanto un novo estudo máis detallado sobre os conventos da provincia co fin de determinar cales merecían conservarse. Con respecto aos obxectos artísticos, a Central deu instrucións ao Xefe Político para que, co auxilio da Comisión de Monumentos, recollera os obxectos de mérito artístico almacenado para garantir a súa conservación.231 A carencia de persoal cualificado na Comisión motivou que a Central solicitara informes sobre a dispoñibilidade de profesores de Belas Artes e outros individuos cualificados da provincia que puideran valorar os obxectos recuperados. Con este motivo solicitouse aos Concellos de Coruña, Santiago e Ferrol que informaran sobre os arquitectos, pintores e escultores que houbera nos seus distritos.232 A Comisión de Monumentos efectuou a recollida do groso de obxectos artísticos e dos volumes librarios durante o inverno de 1844 a 1845 , de feito á altura de maio informou á Central de que tiña xa avanzados os traballos. Nas tarefas de recuperación enfrontáranse ás reticencias do Comisario de Rendas que se resistira a entregalos bens recuperados sen orden superior expresa.233 A Comisión Central felicitou á Comisión polas tarefas realizadas ao tempo que instouna para que rematara coa recuperación de libros, cadros e obxectos artísticos. Lembroulle tamén que debía remitir os inventarios dos bens artísticos recuperados coa antelación suficiente para que puideran incluírse na Memoria Anual que estaba 229 A biblioteca do consulado situada en Orzán era “no muy considerable pero curiosa y que legó el Señor Don Pedro Sánchez Boado, canónico de la iglesia catedral de Santiago, y que conserva la junta de comercio en el edificio en que celebra sus sesiones.” Henrique de Vedia, Historia y descripción de La Coruña. 1845 230 ARABASF 47-4/2(52) 27/09/1844 231 ARABASF 47-4/2 (52) e 47 -4/2 (63) de 27/09/1844 232 ARABASF 47-4/2(64) 28/04/1845 233 ARABASF 47-4/2(20) e 47-4/2(20a) 31/05/1845 119 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. previsto publicar en xullo.234 Finalmente, a pesares das felicitacións trasladadas á Comisión, a Memoria Anual de xullo de 1845 calificou de decepcionante á actividade da Comisión da Coruña precisamente por non ter remitido a tempo os informes complementarios relativos ás fábricas monumentais da provincia.235 Durante o verán de 1845 a Comisión de Monumentos intensificou a recollida de volumes librarios de tal xeito que no mes de xullo tiña recuperados xa os dos conventos de San Francisco de Ferrol, San Agustín de Pontedeume, San Saturnino, Montefaro e do Priorato de Xubia. Reuniran un total de 4.311 volumes e oito cadros de temática relixiosa do convento de Pontedeume. Co obxectivo de adquirir outros efectos espallados polos edificios da provincia nomearon a varios comisionados nas vilas. Con respecto aos edificios notables e aos monumentos sepulcrais, a Comisión manifestou á Central a intención de confeccionar os índices en canto rematara a recollida de volumes librarios e efectos artísticos.236 A Comisión, no mes de agosto, recolleu uns 2.200 volumes máis nos conventos de Santo Domingo, San Agustín e San Francisco. Nas comunicacións remitidas a Central informouna de que a valiosa biblioteca de San Martín de Santiago fora xa incorporada aos fondos da biblioteca da Universidade e que os volumes de Santa María de Sobrado desapareceran nos anos previos por mor dos incendios e dos sucesos bélicos. Nesta altura a Comisión solicitou as autoridades locais de Padrón que remitiran inventario dos libros e pinturas do convento de carmelitas desa vila. Con respecto a recuperación de cadros os comisionados informaron á Central que apenas tiñan recadado unha ducia deles.237 No mesmo més de agosto, á Central recibíu os informes sobre os edificios monumentais da provincia. Neles aludíase ao estado ruinoso do exconvento de terceiros observantes da vila de Mellid que estaba en mans privadas. O informe incluía copias das inscricións de dous sepulcros con estatuas xacentes e de varias inscricións da igrexa dese convento.238 234 ARABASF 47-4/2 (65) 14/05/1845 235 Informe da Comisión Central de 1845. 236 ARABASF 47-4/2(22) 16/07/1845 237 ARABASF 47-4/2(23) 14/08/1845 238 ARABASF 47-4/2(55) e 47-4/2(55a)14/08/1845 120 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. A Comisión denunciou tamén o abandono no que se atopaba o Mosteiro cisterciense de Sobrado que permanecía abandonado e totalmente aberto ao público. Os comisionados realizaran xestións ante o alcalde da localidade recomendándolle que tapiara as entradas e solicitáronlle que conservara baixo a súa responsabilidade os obxectos artísticos do edificio ata que puideran ser trasladados á capital.239 O primeiro listado de individuos da Comisión de Monumentos co que contamos é de setembro de 1845. Nel figuran coma integrantes o Gobernador José Martínez, Juan Pérez Villaamil,240 o deputado Calixto Montalvo, Nicolás Fernández Bolaño,241 Henrique de Vedia Goossens242 e José María Maya.243 Cara ao mes de novembro de 1845 a Comisión tiña instalados xa os volumes de Santo Domingo, San Francisco e San Agustín da Coruña nun local axeitado.244 A finais de decembro comunicaron á Comisión Central que pronto recibirían outros 2.748 volumes procedentes de Montefaro que permanecían depositados na vila de Ares.245 239 ARABASF 47-4/2(57) 14/08/1845 240 Juan Pérez Villaamil. Nado no Ferrol, educouse en Madrid xunto co seu irrmá o célebre pintor Jenaro Pérez Villaamil.Taballou coma axudante do seu irmá en Puerto Rico entre 1830 e 1833. Foi membro fundador da Academia de Belas Artes da Coruña. Publicou numeroas litografías en revistas da época, entre elas, o Semanario Pintoresco e La España Artística y Monumental,. Para afondar na súa biografá obra consultar J.E. ARIAS ANGLES Un pintor romántico desconocido: Juan Pérez Villaamil. Páxs. 385-408 Archivo español de arte, T. 51, Nº 204, 1978 Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) 241 Conciliario da Academia e Escola de Belas Artes da Coruña. Nicolás Fernández Bolaño doou no 1854 a súa biblioteca particular de 4.500 volumes á Biblioteca Publicado do Consulado da Coruña. 242 Henrique de Vedia Goossens, coñeceu de primeira man os monumentos da provincia da Coruña. A súa obra Historia y descripción de la Coruña de 1845 dedicou un dos seus capítulos á descripción dos edificios de mérito da provincia. Nas descricións alúdese aos efectos da exclaustración e sobre os edificios e os novos usos a que foron destinados á altura de 1845. Foi propietario dunha biblioteca particular con numerosas copias manuscritas de obras históricas e literarias. Consultar El estudio de los fondos de la Biblioteca Francisco de Zabálburu. Los manuscritos de María Teresa Llera Llorente. Revista general de información y documentación, Vol. 15, Nº 2, 2005 Páxs. 103-128. Consultar Fernando Echegarai, “Enrique de Vedia Goossens: Puntualizaciones bibliográficas y biográficas” separata del Homenaje a D. Julio de Urquijo, T. III. San Sebastián, Sociedad de Amigos del País, 1950 Páxs. 283-301. 243 ARABASF 47-4/2(66). 26/09/1845 244 ARABASF 47-4/2(24) 11/11/1845 245 Cos volumes recollidos en Montefaro formouse o 23 de decembro de 1845 unha biblioteca que foi o xerme da Biblioteca Pública da Deputación da Coruña. Esta biblioteca á altura de 1851 aínda non estaba aberta ao público “por no estar organizada”. A Comisión de Monumentos consideraba que as 5.000 obras conservadas eran “de poco mérito, incompletas muchas y otras destrozadas.” Desde o Negociado de Fomento afirman que os volumes non valen o que 121 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. A Comisión de Monumentos no 1846 continuou reacomodando os volumes recuperados. En setembro dese ano a Central requiriulle os índices dos materiais recuperados para incluílos na súa segunda Memoria Anual.246 Nesta altura a Comisión de Monumentos informouna de que recollera e clasificara ata o momento 4.311 volumes e que non remitira os respectivos informes por estar a espera das noticias que se lle enviaran desde os partidos xudiciais da provincia.247 A pervivencia administrativa. 1847-1874 A recollida e acomodo dos volumes librarios e dos bens artísticos prolongouse ata finais da década dos corenta. En todo caso o groso da recuperación do Patrimonio diminuíu progresivamente xa desde o 1846 dando paso un longo período no cal a actividade da Comisión da Coruña reduciuse progresivamente ao tempo que se reorientou cara á protección dos edificios monumentais. Neste ámbito, cónstanos que xa no mes de xuño de 1848 informara á Central do estado de conservación do mosteiro de beneditinos de Santiago. 248 Nesta nova etapa, a falta de documentación propia e a diminución da correspondencia entre a Comisión e a Central apenas nos permite máis que constatar que permaneceu constituída realizando actividades de carácter administrativo que apenas deixou pegada nas fontes. A documentación intercambiada entre a Comisión de Monumentos e a Central durante o 1849 reflicte que aínda quedaban pendentes nesa altura asuntos relativos á recuperación dos volumes librarios. Nese ano a Comisión Central evaluou a conveniencia de integrar os fondos da biblioteca do exmosteiro de San Félix de Monfero nos da biblioteca da Universidade de Santiago. Segundo o informe elaborado custa o arrendo do local. A Biblioteca como tal non se fundou ata o 1881 con tan só 150 volumes conservados. Las bibliotecas públicas de la Coruña. La noche. Nº 8180 25/07/1947 246 A Central non chegou a publicar esta Memoria cos traballos de 1846. A seguinte Memoria aprazouse durante unha década e recolleu os traballos efectuados desde o 1846 ata o 1855. Cartafol 2-55/1 RABASF 247 ARABASF 47-4/2(26a) 30/10/1846 248 Naquela altura estaba ocupado na súa maior parte por tropa de guarnición, pola guarda civil e polo boticario do Mosteiro. Precisamente o presbítero, Pablo Martínez, en recoñecemento aos traballos de conservación que realizara nese edificio, fora nomeado vocal da Comisión de Monumentos. Comisión Central de Monumentos Históricos y Artísticos. Actas.1848 Páx. 331 e ARABASF 47-4/2(53) 06/06/1848 122 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. ao respecto pola Comisión de Monumentos, o administrador de Bens Nacionais de Betanzos encargara no 1847 a Juan Vales Seijas a custodia do edificio que permanecera ata ese momento abandonado e aberto ao público. Nesa altura a biblioteca do mosteiro atopábase xa arruinada por mor da humidade e a pillaxe a que estivera exposta nos anos de abandono previos. En consecuencia a Comisión informou a Central de que os libros conservados na súa maior parte estaban sen pastas e incompletos e que o seu traslado a Santiago sería moi caro e de pouca utilidade.249 Neste período escuro comprobamos que existiu certa continuidade con respecto aos integrantes do período anterior. A altura de xullo de 1853 integraban á Comisión o Xefe Político Nicolás Fernández Bolaño, José Maya y Barrera,250 Julián Areán,251 Faustino Domínguez,252 e continuou no cargo Juan Pérez Villaamil.253 A incorporación na Comisión de docentes da Universidade de Santiago lévanos a prantexar novamente a cuestión da localización xeográfica da Comisión da Coruña. Descoñecemos coma compaxinaban os docentes universitarios as súas obrigas profesionais coa participación activa na Comisión, instalada na cidade da Coruña.254 A pesar da carencia de información relativa á actividade desenvolvida pola Comisión durante a década dos cincuenta sabemos que dispoñía dunha infraestrutura 249 ARABASF 47-4/2(29) 08/02/1850 Comisión Central de Monumentos Históricos y Artísticos . Actas 1850. Páx. 359 250 Avogado de orixe navarro e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. 251 Exerceu a cátedra de Anatomía na Universidade de Santiago. 252 Para afondar sobre este arquitecto consultar Jesús Ángel Sánchez García en Faustino Domínguez Domínguez y la arquitectura gallega del siglo XIX, 1997. Coruña. A regulación das Comisións de Monumentos de 1854 supuxo a integración dos arquitectos provinciais nas Comisións de Monumentos coma vocais natos. 253 ARABASF 47-4/2(67). 26/07/1853 254 ARABASF 47-4/2(68). 16/12/1854 Faustino Domínguez Domínguez (1811- 1890) Cursou Arquitectura e foi alumno do enxeñeiro Yáñez de Andrade. Exerceu coma Arquitecto Provincial da Coruña desde 1846. Foi responsable de edificios institucionais, relixiosos e de obras públicas de toda Galicia, en especial na provincia da Coruña. Exerceu coma Secretario e Presidente da Academia Provincial de Bel as Artes da Coruña desde 1879. Participou na Comisión en calidade de Arquitecto provincial. 123 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. que reflicte unha actividade ordinaria de certo peso. A través do orzamento anual do Goberno Civil da provincia podemos comprobar que a Comisión no 1854 tiña asinada unha partida orzamentaria de 4.000 reais para os seus gastos de oficina. 255 De feito o informe anual de gastos remitido desde a Comisión á Central a finais de 1854 incluía partidas para o mantemento dun escribinte, un mozo e gastos de conservación da biblioteca e museo. Descoñecemos a que fondos museísticos e librarios se refire este informe.256 Entendemos que boa parte desta actividade estivo orientada a informar á Central das necesidades de reparación e obras nos edificios monumentais se ben non consta que nesta década a Central destinara fondos para a reparación de edificios galegos. Con respecto aos edificios eclesiásticos sabemos que nestes anos a Central reclamou á Comisión de Monumentos con certa insistencia a remisión dun informe completo sobre os edificios de mérito da provincia. Este informe non foi elevado á Central ata ben entrado 1855 e nel a Comisión sostiña que os edificios monumentais da provincia eran escasos y de poca relevancia (MÉNDEZ FONTES, R. 2004: 66). A reforma do Regulamento das Comisións de 1854 non conseguiu reactivar a actividade das Comisións durante a segunda metade da década, etapa que coincidiu ademais coa crise da Comisión Central. Para este lustro tampouco contamos apenas con referencias que nos permitan achegarnos á actividade da Comisión da Coruña. Nestes anos unha das funcións principais das Comisións era a de emitir informes históricos e artísticos sobre os edificios. Nesta faceta temos documentado que cara ao mes de abril de 1856 o abade de Xunqueira, Cristóbal Hernández, solicitara que se suspendera a adxudicación do Pazo de Lestrove á Mitra de Santiago. A Central, antes de tomar unha decisión ao respecto, solicitou á Comisión da Coruña un informe sobre o mérito histórico e artístico do edificio.257 Sabemos que a Comisión confeccionou un informe sobre o pazo dado que dez anos despois solicitóuselle de novo que remitira un segundo informe con noticias actualizadas relativas ao edificio. 255 ARABASF 47-4/2(81) 19/05/1855 256 ARABASF 47-4/2(80) 02/01/1855 257 Comisión Central de Monumentos Históricos Artísticos 1856. Sesión de 19/06/1856 Páx.71 124 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. Con respecto a composición da Comisión, cónstanos que no 1857 incorporáronse Ramón Gayoso e Manuel Pardo Osorio258 e renovaron nos seus cargos os veteranos Julián Areán, Faustino Domínguez e Juan Pérez Villaamil. A finais deste ano incorporouse coma vocal Manuel Camacho, proposto pola Comisión nas ternas remitidas á Central.259 Descoñecemos ata cando se mantivo activa a Comisión recén reorganizada se ben cara ao 1860 unicamente semella estar vinculado a ela Faustino Domínguez. As Reais Academias ao asumir no 1860 o control das Comisións atopáronas na maior parte dos casos practicamente inactivas por falta de integrantes. No que respecta á Comisión da Coruña, a falta de documentación permítenos coñecer unicamente que como mínimo Faustino Domínguez continuou vinculado a ela durante a primeira metade da década dos sesenta. Para este período carecemos de toda referencia a actuacións da Comisión, se ben, de habelas, serían moi limitadas. Co obxectivo de prover ás vacantes das Comisións as Reais Academias realizaron un chamamento na procura de candidatos para o nomeamento de académicos correspondentes, requisito imprescindible para integrar ás Comisión desde a reforma introducida polo Regulamento das Comisións de 1865.260 258 Manuel Pardo Osorio informara a Academia da Historia no 1835 da existencia dunha inscrición árabe no coro da igrexa de Sta. María de Azogue en Betanzos. Biblioteca Virtual Cervantes CAIC/9/3931/03(2) 1835 259 ARABASF 47-4/2(74) 17/11/1857 260 A esta convocatoria acudíu Barros Sibelo, interesado en integrarse na Comisión de Coruña, onde residía desde 1863. As Academias en cambio integrárono na Comisión de Ourense onde realizara a comezos dos sesenta traballos sobre a Vía de Braga a Astorga. A pesar da súa integración na comisión ourensá realizou investigacións arqueolóxicas prácticas e estudos históricos en toda a provincia da Coruña ata o seu falecemento no 1903, á marxe de toda relación coas comisións. Antonio de la Iglesia (1819-1892). Burgués liberal, estivo ideoloxicamente vencellado ao rexionalismo. Impartiu docencia en Retórica, Poética e Historia. Exerceu coma Inspector de Instrucción Primaria, cargo que lle posibilitou o coñecemento di recto da riqueza patrimonial das provincias da Coruña e Pontevedra. Denunciou d esde os xornais o abandono e agres ións cara os monumentos galegos contribuíndo á sensibilizaci ón da opinión pública sobre a necesidade de conservar os edificios históricos Publicou numerosos artigos en La Aurora de Galicia, Revista de Galicia e Galicia. Revista universal de este Reino. .. 125 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Na maior parte das provincias a Comisión Mixta reorganizou ás Comisións de Monumentos ben entrada a segunda metade da década dos sesenta. No caso de Galicia, a Comisión da Coruña foi a primeria en constituirse a comezos de 1866.261 A recén instalada Comisión coruñesa contou entre os seus correspondentes cos académicos da RAH Antonio García Magaz, Benigno Rebellón, Antonio de la Iglesia262 e Félix Álvarez Villaamil. Representando á RABASF integrouse Ubaldo Chicharro263 e renovou no cargo Faustino Domínguez. Coma integrantes natos incorporáronse Santiago Loriga e Pedro de la Encina representando á Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e o Arquitecto Provincial, o Xefe da Sección de Fomento e o Xefe do Arquivo de Galicia.264 Nesta etapa destacamos pola súa relevancia a actividade que realizou Antonio de la Iglesia, tanto a título persoal como representando á Comisión. A través da prensa denunciou repetidamente ás autoridades locais implicadas nas agresións e derrubes dos edificios monumentais, especialmente nas provincias da Coruña e de Pontevedra.265 A altura de novembro de 1867 a Comisión Central reclamou ao Xefe Provincial que a Comisión da Coruña es una de las que no despliega actividad ni da señales de vida y aún no ha respondido a las invitaciones de la Academia.266Atendendo a esta reclamación, a finais de ano 1867, celebrouse no despacho do Gobernador unha 261 Xunta Ordinaria de 16 de marzo de 1866. Fol 195. Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Año 1868 Na Real Academia Galega no fondo documental Hermanos de la Iglesia figuran as actas da Comisión Provincial de Monumentos da Coruña entre o 1867-1878. 262 Rosa María Saurín de la Iglesia publicou un estudo dos irmás De la Iglesia en Antonio, Francisco y Benigno De la Iglesia. Una biografía intelectual. Santiago Compostela, 2003 R.M. Saurín de la Iglesia recopilou os seus artigos en Estudios Arqueológicos. 2008. introdución. 263 Ubaldo Chicharro foi avogado liberal da Real Audiencia e exerceu coma alcalde da Coruña no ano 1841. 264 Resumen de las Actas y tareas de la Academia Nacional de Nobles Artes de San Fernando durante el año académico de 1868 a 1869. Eugenio De La Cámara. Madrid, 1869 Páx. 66 e A. RABASF 55-3/2(11). 16/01/1866 265 Entre os seu artigos de denuncia figuran: Santiago de la Coruña (1858); la Gloria de la Catedral de Santiago (1861); Recuerdos de Santiago (1861); Monasterio de Monfero (1863); Puente Don Alonso y Monasterio de San Justo (1863); Los Churruchaos y la Torre de la Barreira (1865); El Idioma gallego, su antigüedad y vida (1866); Museos de la Coruña (1876); Restauración artísticoreligiosa de Galicia (1879); Santo Domingo de Pontevedra (1887);.. 266 ARABASF 47-4/2 (3) 05/10/1867 126 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. asemblea na cal se conformou unha nova Comisión conformada por Epifanio Díaz Iglesias, José López Amarante, Ramón Pereiro y Rey e Manuel Murguía.267 A Dirección Xeral de Instrucción Pública requiriu á RABASF no 1867 o informe sobre o Pazo de Lestrove que anos atrás remitira a Comisión de Monumentos da Coruña á Comisión Central. Con este motivo a Academia solicitou á Comisión de Monumentos que lle facilitara un novo informe con noticias actualizadas sobre o estado de conservación e a importancia histórica e artística do edificio. Desde a Comisión alegouse que non dispoñían de fondos económicos para realizar ás averiguacións necesarias para a confección dun novo informe. A información solicitada sobre Lestrove dilatouse no tempo e, de feito, a Comisión non o elevou á RABASF ata o 1875. O certo é que a partir do 1868 a actividade da Comisión, ao igual que no resto das provincias, viuse afectada pola inestabilidade política do período republicano. As circunstancias políticas e as carencias económicas entre outros factores limitaron a actuación da Comisión novamente repregada. Un informe firmado por Faustino Domínguez e Antonio de la Iglesia de decembro do 1874 achéganos á situación da Comisión no intervalo republicano. Segundo este documento da Comisión elevado á RABASF aunque tienen solicitado la consignación en el presupuesto provincial de cierta cantidad que sufrage los gastos, ni para ellos, ni aún para los más indispensables de Secretaría se aprobó partida alguna hasta ahora, hallándose por esta causa en descubierto un individuo de la corporación, del gasto de fundición de un fascímil sacado de un collar céltico de oro, antes de ser el original remitido por un vecino de esta ciudad a la Academia de la Historia. O texto anterior permítenos comprobar a situación de penuria económica da Comisión e tamén como nestes períodos de aparente inactividade das Comisións atendíanse na medida do posible aos asuntos relativos ao Patrimonio. O extravío da documentación propia da Comisión e o os procedementos informais dos comisionados nos permiten unicamente recuperar información parcial da actividade desenvolvida nestes anos. Con respecto a realización de informes sobre os méritos artísticos e históricos monumentais sabemos que a Comisión realizou un estudo sobre o antigo convento de San Agustín de Santiago requirido pola Dirección General de Propiedades y Derechos del Estado. O informe fora solicitado polo 267 ARABASF 47-4/2 (75) 05/03/1868 127 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Caldas de Reis e Cuntis e outras en distintas localidades da provincia da Coruña.290 Varios edificios monumentais da cidade da Coruña requiriron a atención da Comisión no 1878. Neste ano as autoridades locais prantexaron o traslado da Igrexa de Santo Domingo e o derrube da Colexiata para realizar no seu solar unha praza. Desde o xornal La ilustración de Galicia y Asturias, Manuel Murguía reclamou a intervención da Comisión de Monumentos para que impedira estas actuacións.291 Cara a finais da década dos setenta José Mará Labín e López Ferreiro,292 futuro integrante da Comisión, efectuaron escavacións na Catedral de Santiago na pescuda das reliquias do Apostolo.293 Desde os xornais El Anunciador da Coruña e a Gaceta de Galicia reclamouse a atención da Comisión de Monumentos para que se supervisara estas intervencións arqueolóxicas. Os achados destas intervencións foron de especial relevancia para a cidade de Santiago, reforzada coma centro de peregrinación.294 A Comisión de Monumentos seguiu especialmente activa nos oitenta. No 1880 elaborou un Catálogo de Monumentos da Provincia. Neste ano cubriuse a vacante de José Pastor coa integración de Pedro Barrié y Pastor.295 290 ARAH CAC/9/7953/8(1);CAC/9/7953/8(2); CAC/9/7953/8(3); CAC/9/7953/8(4); CAC/9/7953/8(5) 291 La ilustración gallega y asturiana;revista quincenal ilustrada. Año 1 Nº 1 15 de xuño de 1878. Páx. 11 Afincado na Coruña nesta altura mantivo unha refrega con Murguía a raíz dunha nota a pe de páxina de Antíguedades de Galicia non favoreceu a súa participación nos circulos intelectuais onde Murguía acadara gran prestixio. 292 Rey Alvite, Jesús. La labor fecunda de López Ferreiro. Boletín da Real Academia Galega, T. 20 Nº 235-240 Páx. 153-394 1931 “La extraordinaria asiduidad del señor López Ferreiro en los estudios históricos y arqueológicos durante cerca de medio siglo, tenía que producir un fruto copiosísimo, siendo de sentir, en bien de Galicia y de su Historia, que buena parte del mismo se halle desperdigado por los diferentes periódicos y revistas de su tiempo, muchas de cuyas publicaciones ya no existen y acaso tampoco las colecciones de ellas (.)//Por tanto resulta dificilísimo apreciar el conjunto de toda la labor publicista del sabio canónico compostelano, con perjuicio grande para la cultura histórica de Galicia, ya que por su desconocimiento casi total, deja de producir los apetecidos efectos. 293 A descuberta dos restos óseos tivo lugar en xaneiro de 1879 e catro anos despois a Santa Sede acordou a súa lexitimidade autorizando o culto ás reliquias (FANDIÑO VEIGA, X.R. 2010:16). 294 Gaceta de Galicia. Nº 34 11 /02 /1879 Páx. 3 295 ARABASF 47-4/2(79) 30/11/1880 134 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. A Comisión tivo noticias no 1880 de obras e demolicións realizadas na Colexiata de Santa María do Campo na Coruña. Con este motivo solicitou información ao respecto ao Cabildo e solicitaron a RABASF a paralización das obras (Irene CALVO MOSQUERA,2002:129) Na primeira metade da década dos oitenta a Comisión implicouse especialmente na defensa do conxunto monumental da Capela e Pórtico de San Andrés.296 O Maiordomo do Gremio de Mareantes informara á Comisión dos intentos de derribo do conxunto arquitectónico por parte do Concello en maio de 1881.297 No mesmo mes, Antonio de la Iglesia publicou un artigo ao respecto no xornal El Domingo: Es muy sensible que joya de tan estimado valor como el monumento descrito yazga sin los reparos que en él, sin duda, realizaría una bienhechora Comisión de Monumentos históricos y artísticos, a tener algunos fondos destinados a estos venerables objetos. Lo que unicamente ahora podrá hacer y hará la Comisión de la Coruña es procurar que así el Pórtico como otros monumentos de la provincia se conserven intactos. Y más el presente, que se quedaría en las manos si indiscretamente se soñase en removerlo a otro punto.298 A Capela de San Andrés foi derrubada no mes de xullo de 1881 polo cal a Comisión centrouse na defensa do Pórtico. Con estes obxectivo Antonio de la Iglesia elevou á RABASF un informe relativo ao seu mérito artístico e 296 Antonio de la Iglesia dedicou a San Andrés numerosos estudos. Saurín de la Iglesia recompílaos en Estudios Arqueológicos. Páxs. 419-513. A recompilación de Rosa María Saurín de la Iglesia da documentación e artigos de Antonio de la Iglesia recolle copias das actas de varias sesións da Comisión de Monumentos que figuran no Arquivo Saurín de la Iglesia. As recollidas son as relativas a reedificación da capela de San Andrés e do Pórtico. 297 Entre 1881 e 1884, Eusebio da Garda constrúe a actual igrexa neorrománica. 298 Antonio de la Iglesia. El Pórtico de San Andrés de la Coruña. El Domingo, Nº 20 1881. SAURÍN DE LA IGLESIA, R.M. 2008:425). Santiago de la Iglesia (1851- 1931). Realizou estudos de Medicina, profesión que exerceu no Ferrol. Foi correspondente académico da RAH. Herdou a afección de seu pai e tío á arqueoloxía. Dirixiu xunto co seu irmán Antonio de la Iglesia la publicación Galicia, Revista Universal de este Reino. Reuniu unha importante colección de obxectos arqueolóxicos dos cales e l mesmo publicou no 1907 o inventario, Catálogo de la Sección de protohistoria gallega de la colección de Santiago de la Iglesia. Estos fondos foron doados posteriorm ente a Universidade de Santiago de Compostela. 135 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. histórico reclamando a súa conservación. Segundo denunciou na prensa los demoledores, impelidos de un vértigo extraordinario, saltaron al Pórtico, dejándolo casi al descubierto; y hubieran sin duda llevado más allá su intención y saña a no salirles al paso la Comisión de Monumentos históricos y artísticos.299 A Comisión, en maio de 1882, propuxo cubrir o Pórtico de San Andrés para protexelo da choiva e con este fin nomeou unha subcomisión no seu seo para que se encargara do proxecto. Non foi necesario xa que apenas uns meses despois o Concello ordenou a demolición do Arco ofertando á Comisión de Monumentos a posibilidade de enumerar as pedras para a súa reubicación. Un informe da policía urbana avalaba a solicitude do Concello aludindo o estado ruinoso do Pórtico e a necesidade de proceder ao ensanche da vía pública. A Comisión lembrou ao Concello que o Decreto da Presidencia do Goberno de 16 de decembro de 1873 ordenaba que no caso de derribo dun monumento as entidades ou persoas responsable terían a obriga de reconstruílo. 299 Antonio de la Iglesia. El Pórtico de San Andrés de la Coruña. El Domingo, Nº 20 1881. 27/03/1881 Ilus. 11 Menhir de Elviña 136 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. Os integrantes da Comisión mantiveron postura dispares sobre o traslado do Pórtico polo cal delegaron na RABASF a decisión a tomar.300 Nestes meses, a Comisión de Monumentos viuse afectada por baixas de enfermidade que dificultaron a celebración de sesións e toma de acordos. Faustino Domínguez e Antonio Goumes- Gay amosáronse favorables ao traslado do Pórtico. Pola contra, Antonio de la Iglesia, partidario da súa conservación in situ, propuxo que o Pórtico se incluíra no cerramento da nova capela de San Andrés alegando que o trasladado era inviable debido a mala calidade dos materiais. A Comisión, en novembro de 1883, finalmente elevou un informe á RABASF no cal se declararon a favor do traslado do Pórtico. Ao marxe da Comisión de Monumentos, Antonio de la Iglesia a nivel individual solicitou ao Gobernador que paralizara a orde de derrube do Concello. Manténdose na súa postura de disconformidade co derrube remitiu a comezos de 1884 un informe á Academia encarecendo o mérito histórico e artístico do Pórtico.301 A RABASF non apoiou a Antonio de la Iglesia e, no mes de xuño de 1884, pronunciouse a favor do traslado alegando que no se ha de oponer sistemáticamente una resistencia invencible al nuevo desarrollo de poblaciones floreciente en su nuevo modo de ser y vida actual, sin que para ello concurran razones muy poderosas,…” 302 Antes de que se procedera o traslado do Pórtico a Academia ordenou que se enumeraran os sillares e que a reubicación se realizara baixo vixilancia da Comisión de Monumentos no sitio esta sinalara de acordo co Concello. A maiores da defensa dos conxuntos monumentais a Comisión nos oitenta continuou coas xestións de cara á formación dun museo. Antonio de la Iglesia nos artigos publicados en El Domingo propoñía coma ubicación as galerías do claustro de San Francisco da Coruña onde se conservaban numerosas lápidas. Afirmaba que el mesmo aportaría aos fondos do museo materiais provintes de sepulcros de ladrillo atopados no antigo número cinco da Calle Real.303 300 ARABASF 43-3/4(3) 14/01/1884 301 ARABASF 43-3/3(3) 14/01/1884 e Sesión da Comisión de 14 de xaneiro de 1844. SAURIN DE LA IGLESIA, R.M. (2008:648) 302 BRABASF Nº 53 Páxs. 80-84 Ano VI Marzo de 1886 e ARABASF 43-3/4(5) 04/06/1884 303 San Francisco de la Coruña. El Domingo Nº 11 e Museo de la Coruña. El Domingo. Nº 13.1881. SAURÍN DE LA IGLESIA, R. M. ( 2008 : 238). 137 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. A Comisión, ante a inminente formación do museo, no 1882 acordou solicitar a particulares donativos ou depósitos de obxectos artísticos e históricos. Co mesmo obxectivo solicitou á RABASF a cesión de óleos, esculturas e outros obxectos de arte.304 Neste caso a Academia recomendou á Comisión que se dirixira ao Ministerio de Fomento para solicitarlle fondos culturais. 305 As expectativas da Comisión de acadar un museo desvanecéronse nos anos seguintes.306 Antonio de la Iglesia no 1885 lamentaba no xornal Las Noticias que a cidade da Coruña perdera a oportunidade de contar cun museo propio: Por haberse desperdiciado ocasión de tener esta capital sitio a propósito para la custodia de los objetos arqueológicos y Museo de la provincia, ha perdido y pierde ella diariamente y la más populosa ciudad de Galicia porción de aquellos elementos que servirían para esclarecer puntos históricos importantes y curiosos, de cuya escasez o pérdida se quejan a menudo amargamente los galicanos escritores y los que, dados a la historia patria, de vez en cuando procuran empujar por este beneficioso camino el progreso de la Nación española. 307 A Comisión Máis tivo máis éxito nas xestións realizas para acadar un bibliotecario que permitira a apertura ao público da esquecida biblioteca que se formara no 1843 cos volumes nacionalizados (SANCHEZ GARCÍA, J.A. 2006:129). 304 ARABASF 43-3/4(1) 22/05/1882 305 ARABASF 43-3/4(2). 1882/06/07 306 Fracasado este proxecto da Comisión da Coruña, o Goberno central, no 1886 prantexou a necesidade de constituir un Museo Arqueológico Central de Galicia. Nese ano comisionou a Villaamil y Castro para que realizara un informe sobre a a dispoñibilidade de materiais arqueolóxicos en Galicia. Para a confección do informe Villaamil y Castro percorreu as localidades galegas examinando os obxectos reunidos en coleccións públicas e privadas. O resultado das súas averiguacións recolleuse na Memoria sobre la creación de un Museo Arqueológico en Santiago Villaamil y Castro, Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, 1887 307 Las Noticias, 20 de xuño de 1885 Nº 2914. Saurín de la Iglesia, R.M. 2008:498. Faustino Domínguez Coumes-Gay (1845- 1900). Académico da R.A.B.S.F. desde 1883. Sucedeu o seu pai na presidencia da Real Aca demia de Belas Artes da Coruña. Fillo de Faustino Domínguez Domínguez, herdou a súa profesión e exerceu coma Arquit ecto provincial na provincia da Coruña e coma arquitecto titular municipal de Ferrol e Santiago. 138 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. Na provincia da Coruña en materia arqueolóxica apenas temos constancia de intervencións prácticas vinculadas directamente á Comisión, máis alá das practicadas a nivel individual polos irmáns De la Iglesia. Nestes anos o académico Barros Sibelo, desviculado nesa altura das Comisións, remitiu á RAH no 1883 informes e achados arqueolóxicos froito das súas investigacións prácticas.308 A actividade da Comisión nesta década foi cuantiosa se ben únicamente podemos documentar aquelas actuacións que pola súa relevancia acadaron a atención das Academias e dos xornais. A esta actividade engadimos outras actuacións ordinarias das cales os xornais locais apenas nos aportan breves referencias. Entre as actividades ordinarias da Comisión figuraba a de autorizar obras menores nos edificios monumentais. Citamos coma exemplo que o director do Gran Hospital, da praza do Obradoiro, no 1884 non puido abrir unha ventá na fachada principal do edificio por carecer de informe favorable da Comisión de Monumentos.309 A Comisión tiña tamén competencias na supervisión de intervencións menores no Patrimonio. Así no1887 informou á RABASF sobre as tarefas de limpieza e restauración do cruceiro da igrexa do Hospital de Santiago realizados polo comisionado Faustino Domínguez Coumes-Gay que consistiran na retirada de ornamentos engadidos no 1830.310 A Comisión tamén informou á RAH no 1889 sobre os actos vandálicos sufridos pola Igrexa románica de 308 GA 1883/2(1) Os acahdos consistían nun machado de bronce, unha lucerna de barro e un vaso lacrimatorio en admirable estado de conservación, e duas moedas, unha delas de Egica acuñada en Xirona. Os materiais foran atopados nas proximidades da mina abandonada de Limideiro perto de un dolmen de San Martín de Meanos, Corcubión. 309 Gaceta de Galicia; diario de Santiago. Nº 1699 15/12/1884 Páx. 2 310 ARABASF 43-3/4(6) 20/04/1887 e 43-3/4(7) 09/07/1887 Manuel Martínez Murguía (1833-1923) Iniciou a carreira de Farmacia en Madrid. Casado con Rosalía de Castro, retornou a Galicia onde editou e publicou numerosos artigos en El Diario de La Coruña e La ilustración Gallega y Asturiana. P ublicou por entregas o inacabado Diccionario de escritores gallegos (1862- 1865). Entre 1865 e 1866 saíron a luz os dous primeiros tomos de Historia de Galicia. Exerceu coma arquiveiro no Arquivo do Reino de Galicia, a seguir ocupou unha praza na Biblioteca da Universidade de Santiago e, a partir de 1894, no Arquivo provincial de Facenda da Coruña. O seu ideario galeguista e as teses sobre o celtismo acadaron un fondo arraigo político e cultural. Participou na creación da Real Academia Galega no 1906 a cal presidiu ata o seu pasamento. 139 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Santa María de Azogue de Betanzos solicitando á Academia que restaurara o templo.311 Outra das tarefas ordinarias da Comisión era a de intermediar na remisión de achados e noticias históricas ou arqueolóxicas. Temos documentado que través da Comisión Arias Sanjurjo intercambiou no 1887 correspondencia coa RAH relativa ás investigacións realizadas nos castros de Roxos e de Gomarás, nas proximidades de Santiago.312 Comezada a década dos noventa, a Comisión remitiu á RAH un calco dunha inscrición do 912 da Ponte de Tabeada sobre o Deza.313 Entre as obrigas da Comisión figuraba a de realizar informes sobre os méritos históricos e artísticos dos edificios para as Declaracións de Monumento Nacional. A primeira Declaración da provincia recaeu en Santa. María de Sar no 1895. En decembro do ano seguinte acadou a distinción a Catedral de Santiago e a seguir obtívoa o convento de San Francisco de Betanzos.314 No relativo a composición da Comisión durante esta década sabemos que Andrés Martínez Salazar remitiu á RAH os seus méritos profesionais interesándose no nomeamento coma académico correspondente. O nomeamento permitiulle a integración coma vocal da Comisión de Monumentos no mes de maio de 1893.315 A distancia xeográfica fora desde sempre un atranco para a Comisión de Monumentos da Coruña a hora de intervir na cidade monumental de Santiago de Compostela e no seu entorno. A RABASF e RHA en decembro de 1894 trasladaron á Comisión da Coruña o acordo de crear unha Subcomisión de Monumentos en Santiago de 311 ARAH CAC/9/7953/11(1); CAC/9/7953/11(2) CAC/9/7953/11(3) 312 ARAH CAC/9/7953/10 (1); CAC/9/7953/10(2); CAC/9/7953/10(3) 313 ARAH CAC/9/7953/12 314 ARAH CAC/9/7953/14 315 ARABASF 43-3/4(14) 10/05/1893 e 43-3/4(15)10/07/1893 Ilus. 12 Real Hospital de Santiago de Compostela 140 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. Compostela para atender dun xeito máis directo á conservación dos monumentos da Idade Media e do Renacemento desa cidade histórica.316 A Subcomisión contou coma representantes da R.H.A. con Antonio López Ferreiro, José Mª Fernández Sánchez317 e a Antonio Vázquez-Queipo318. Representando á RABASF integrárona Luís Rodríguez Seonae, Francisco González319 e a Eloy Leñan.320 Lamentablemente non contamos con información relativa ás actuacións que realizou esta Subcomisión e descoñecemos ata cando permaneceu activa. Resulta evidente a coincidencia de individuos integrados nesta Subcomisión de Santiago e os vinculados á Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. A altura de 1897 a Comisión de Monumentos estaba conformada por Filiberto Abelardo Díaz coma Presidente; por Benigno Rebellón como Vicepresidente e cos vocais Manuel M. Murguía, Faustino Domínguez Coumes-Gay, Ramón López de Vicuña, José González Giménez, Leopoldo Sánchez e, actuando coma Secretario, Andrés Martínez Salazar.321 O orzamento da Comisión de Monumentos nesta altura ascendía a 500 pesetas.322 316Na cidade de Mérida tamén se establecera unha de subcomisións para poder atender de xeito específico o seu cuantioso patrimonio. 317 José Mª Fernández Sanchez. Asturiano de orixe, licenciouse en Dereito e doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade Central. Desde 1864 exerceua cátedra de Filosoifa en Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio de mérito da Sociedade Económica e académico da RAH Xunto con Francisco Freire publicou Santiago, Jerusalén y Roma, diario de una peregrinacón a estos y otros santos lugares de España. Francia Egipto Palestina, Siria e Italia (1875); Historia de los pueblos orientales hasta la época de Alejandro e Guía de Santiago y sus alrededores (1885). Galicia Histórica: Revista bimestral. Ano II Nº 9 maio de 1903 Páxs. 43-48 318 Antonio García Vázquez-Queipo.Nado en Valdeorras licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e doutorouse en Madrid. Foi Redactor de La Esperanza e realizou nomerosas traduccións. Publicou Estado de las personas en la familia según las costumbre y leyes germánicas. Defensor da lingua vernácula editou Enmienda de algunos vicios de locución a que propenden los naturales de Galicia.A este intelectual adícalle unha semblaza ilustrada El Eco de Galicia. Nº 211 30/08/97 Páxs. 1 e 2 319 Doutor en letras e reitor da Colexiata do Sar e catedrático de Arqueoloxía no Seminario central de Santiago 320 ARABASF 43-3/4(20) 20/12/1894 321 ARABASF 43-3/4(23). 16/07/1897 322 El pensamiento gallego: diario católico-tradicionalista S.N. 12/04/1897 Páx. 3 141 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Finalizando o século, a Comisión solicitou fondos para a restauración e conservación do convento de San Francisco de Betanzos.323 Murguía, Martínez Salazar e Goumes-Gay visitaron Betanzos no mes de abril co obxectivo de examinar o templo e emitir un informe relativo aos seus méritos históricos e artísticos.324 Coma medida de protección, no 1897, solicitaron á Dirección General de Instrucción Pública a declaración de Monumento Nacional para este edificio. No ámbito arqueolóxico, Santiago de la Iglesia remitiu en maio de 1895 á RAH un extenso informe titulado no que recollía apuntes e fotografías realizados polo seu pai ao longo de vinte anos baixo o título Reseña de las inscripciones fenicias o rúnicas del litoral de la Coruña descubiertas por D. Francisco Mº de la iglesia.325 Fidel Fita, desde a RAH, interesouse por estas insculturas do litoral coruñés e promoveu un abundante intercambio de comunicacións coa Comisión ao respecto durante o 1897.326 No informe aludíase tamén ás exploracións efectuadas en As Pontes de García Rodríguez por Santiago de la Iglesia no transcurso das cales atopara frechas, machados neolíticos, ánforas de barro e varios túmulos. Nas circulares intercambiadas coa RAH De la Iglesia ilústranos as circunstancias nas que se realizaba a práctica da arqueolóxica nesta altura: ..no he concluído mi estudio a satisfacción porque gasté allí bastante dinero en jornales y excavaciones y la labor individual tiene un límite muy restringido cuando no se posee una fortuna y se vive del trabajo intelectual, de municipios y diputaciones no hay que esperar socorro ni ayuda.327 A través da prensa comprobamos que os comisionados realizaban visitaban aos edificios para os que solicitaba permiso de obras. Así, no 1900, o cura de Carvás obtivo autorización para trasladar a súa igrexa parroquial os altares laterais, imaxes e obxectos sagrados do exconvento de Montefaro. A Comandancia de enxeñeiros de Ferrol non permitiu o traslado das campás e do altar maior por non figurar na 323 ARAH CAC/9/7953/15 (1); CAC/9/7953/15(2); CAC/9/7953/15(3); CAC/9/7953/15(4); 324 El pensamiento gallego : diario católico-tradicionalista S.N. 20/04/1897 Páx.2 e CAC/9/7953/15(5) 325 CAC/9/7953/16(2) Informe acerca de unas supuestas inscripciones "fenicias o rúnicas" en el litoral de La Coruña. 1895 326ARAH CAC/9/7953/16(1); CAC/9/7953/16(2); CAC/9/7953/16(3)CAC/9/7953/16(4); CAC/9/7953/16(5); CAC/9/7953/16(6); CAC/9/7953/16(7); CAC/9/7953/16(8); CAC/9/7953/16 (9) 327 CAC/9/7953/16(9) 17/11/1897 142 As Comisións de Monumentos da Coruña, Lugo e Pontevedrfa. concesión da Comisión e por considerar que o citado altar constituía unha obra de arte que debía ser respetado tal e como manifestara a Comisión de Monumentos que fora a examinalo.328 Anos despois o Goberno Civil notificou á Comisión de Monumentos que debía recoller todos os obxectos de valor histórico que se conservaran no edificio.329 A vinculación da Comisión de Monumentos coa RAG A altura de 1903, na Comisión causaran baixa por falecemento Faustino Domínguez e o recén incorporado Leopoldo Sánchez e cesara por traslado José González Jiménez.330 Coma integrantes activos contaba unicamente con Manuel Murguía, Andrés Martínez Salazar e Ramón López de Vicuña.331 Co obxecto de cubrir as vacantes, a Comisión reorganizouse no 1904 incorporando a integrantes de prestixio no eido arqueolóxico. Federico Maciñeira Pardo332 solicitou á R.H.A. a súa adscrición á Comisión de Monumentos en febreiro co motivo do seu traslado profesional desde Lugo a Ortigueira.333 328 O convento de Montefaro a comezos de 1906 foi cedido por R.O. do Ministerio de Facenda ao de Guerra para mellorar a defensa do porto de Ferrol Gaceta de Galicia. Nº 127 10/06/1900 Páx. 2 329 El Norte de Galicia: diario político y de información. Nº1493 14/02/1906 330 ARABASF 43-3/4(29). 05/03/1903 331Ramón López de Vicuña (1852-1909). Doutror en Filosofía e Letras e afeccionado á Arqueoloxía. Exerceu como catedrático no Instituto da Coruña desde 1878 ata o seu traslado a Madrid no 1907. Colaborou asiduamente na prensa publicando artigos sobre arquitectura relixiosa. Publicou os manuaisl Curso elemental de hjistoria de España (1893); Curso elemental de Geografía (1881)…. 332 Juan Carlos, Domínguez Pérez. Maciñeira y los estudios de identidad en el nacimiento de la protohistoria Gallega Analiza as achegas de Maciñeira ao estudo da protohistoria galega. Revista Atlántica-Mediterránea de Prehistoria y Arqueología Social, 11 Páxs. 171-221 Cádiz, 2009 332 Na reedición do Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia do 2008 publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza recóllense os estudos sobre a vida e obra de Ángel del Castillo de Alfredo Vigo Trasancos e Lois Ladra. 333ARABASF 43-3/4(31) 03/02/1904 e 43-3/4(32). 24/04/1904 143 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. realizalos a individuos e comisións específicas nos distritos (BUSTO FARIÑA, F. 2013:43). A comisión científica estaba aínda activa á altura de xullo de 1841, data na que realizou xestións co deán Bedoya para acadar un local para instalar unha Biblioteca no Seminario Conciliar. Podemos situar a desmantelación da comisión nese mesmo ano dado que a Deputación Arqueolóxica informou á Academia de Arqueoloxía no momento da súa instalación no 1842 de que na provincia de Ourense non existían comisións ou entidades análogas. Con respecto a formación da Biblioteca e Museo provincial na cidade de Ourense, Antonio Gattell, o Xefe Político, informou ao Goberno no 1842 de que aínda non se constituíran porque non existían na provincia suficientes obras de mérito nin se dispoñía dos recursos económicos necesarios. A opción gobernamental de aumentar os arbitrios foi desestimada polo Concello que non se atrevía a incrementalos impostos por ser xa excesivos. En canto aos locais dispoñibles para a instalación destes establecementos o Xefe Político sinalou que se barallaban como os máis axeitados os edificios do Seminario Conciliar e os prioratos de San Munio de Veiga e de Xunqueira de Ambía.675 A Deputación Arqueolóxica de Ourense (1842) A Academia de Arqueoloxía estableceu no 1841 delegacións nas principais cidades europeas con notable éxito. Os óptimos resultados levárona durante o 1842 a abordar o seu despregue a nivel nacional instalando Deputacións Arqueolóxicas na maior parte das capitais provinciais, entre elas as catro galegas. A bibliografía relativa ás Deputacións é practicamente inexistente se ben, excepcionalmente para achegarnos á Deputación Arqueolóxica de Ourense contamos cunha recopilación de documentos de 1842 publicado no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense no 1930. Esta documentación inclúe os Estatutos da Academia de Arqueoloxía e as actas das sesións da Deputación Arqueolóxica de Ourense ata finais de 1842. Os documentos foron publicados no 1930 confundíndoos cos da Comisión de Monumentos creada no 1844, de aí o epígrafe que encabeza a 675 ARABASF 50-3/2 (6) 17/08/1842 firmado por A. Gattell 246 A Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense recopilación documental: La Comisión de Monumentos Artísticos e Históricos de Orense. A acta de constitución da Deputación Arqueolóxica de Ourense de 14 de abril de 1842 recolle coma integrantes ao Xefe Político José Antonio Gattell; ao deán D. Juan Manuel Bedoya;676 a José Gómez Novoa, a Pedro Bentura de Puga e a Fernando Felipe Fernández. Reproducimos integramente a acta: Instalación de la Diputación Arqueológica de la provincia de Orense Luego que la Sociedad ha nombrado por sus corresponsales en esta capital a los señores D. José Antonio Gattell, Jefe político de la provincia; D. Juan Manuel Bedoya, Gobernador eclesiástico de este Obispado; D. José Gómez Novoa, Diputado provincial; don Pedro Bentura de Puga y D. Fernando Felipe Fernández, Párroco de Santa Eufemia la Real de Orense, se reunieron el dia 14 de Abril de 1842 en la casa del gobierno político para formar la Diputación Arqueológica de esta provincia, según se previene en el artículo 11 de las Constituciones, y habiendo comenzado esta sesión por la lectura de algunas comunicaciones de la Sociedad, dirigidas a que sin demora se instalase la Diputación y formase una estadística de los monumentos que de todas épocas existan en esta provincia, su estado de conservación y noticias históricas que les pertenezcan, y de los hombres ilustres enterrados en ella, con todos los pormenores que de ellos haya, y procedido a la elección de Presidente y Secretario, de resultas de cuya operación, salieron elegidos para el primer cargo el Jefe político, y D . Fernando Felipe Fernández para Secretario, en seguida se declaró instalada la Diputación. Acto continuo se acordó manifestar al público esta instalación por medio del Boletín Oficial, y cuales eran las miras de la Diputación, y que se pusiese en conocimiento de la Sociedad el haber dado ese paso. Luego después, creyéndose conveniente asociar a la Diputación al Ingeniero D. Alejo Andrade y Yáñez, se determinó que se le pasase un oficio invitándole, y si aceptaba, otro a la Sociedad proponiéndole para corresponsal, a fin de que le enviase las Constituciones y el correspondiente nombramiento. 676 Consultar Otero Pedrayo:D. Juan Manuel Bedoya. Santander. 1950. 247 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Finalmente, también se determinó enviar a la Sociedad una hoja impresa con noticias arqueológicas de esta provincia,677 presentada en esta sesión por el señor Bedoya, autor de ella; con lo cual se tubo por terminada la sesión Gattell. Fernando Felipe Fernández, Secretario. 678 Entre os integrantes da Deputación Arqueolóxica de Ourense destaca pola súa erudición e comprobada afección á Arqueoloxía o Deán Juan Manuel Bedoya. Descoñecemos se nos anos anteriores formara parte tamén das comisións recolectoras ou científicas.679 A súa vinculación aos asuntos relativos ao Patrimonio témola documentada xa no 1819 coa remisión á RAH de informes sobre os monumentos e obxectos de valor histórico da cidade de Ourense, entre eles un epígrafe e un tesouriño achado no 1804.680 En xullo de 1930 remitiu á mesma Academia un debuxo dunha moeda de ouro atopada en San Martín de Araujo, na fronteira con Portugal.681 Tamén é o responsable dun informe ilustrado datado no 1835 relativo a un pedestal dunha estatua romana cunha inscrición votiva atopado na Horta do Caneiro, da Catedral de Ourense.682 No 1837 a Academia recibiu un novo informe seu que incluía un plano e a 677 O pliego orixinal de 1841 titúlase Arqueología e reprodúcese no BCPMHAO T II Nº 29 de novembro-decembro de 1902 co título de Antigüidades de Orense. O artigo recolle información sobre achados epigráficos da cidade de Ourense. 678 BCPMHAO T. IX Nº 194 Páxs. 124-127, 1930 679 Otero Pedrayo na semblanza que lle adica rrecolle La Junta, de más gloria que fruto, proporcionó al señor Bedoya […] la busca de libros nuevos o largo tiempo deseados. Fue tiempo, el de la guerra civil, de grandes remoniciones de Bibliotecas. A los aficionados de hoy se nos hace la boca agua recorriendo en papeles de entonces las obras en subasta y los precios… Registra el señor Bedoya con evidente satisfacción cómo adquirió en Toledo las obras de San Isidoro y otras soberbias ediciones sufragadas por el cardenal Lorenzana.” 680 ARAH CAOR/9/ 7965/1 (1); CAOR/9/7965/1 (2) e CAOR/9/7965/2. Neste informe Bedoya afirma que “no he hallado en esta ciudad otro monumento de considerarse de la antigüedad si no la pieza con la inscripción Nimphis calpunia Abana”. Logo de informar sobre o estado de abandono da mesma alude a un achado de 1804 no cal se atoparan no pobo de Castro de Beiro moitas moedas romanas “que no se sabe donde fueron á parar” e das cales un comerciante da cidade conserva catro; dúas de Adriano, unha de Trajano e unha terceira de Matidia, filla de Marciana. http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=310504&portal=111 681GN 1830-2(3) 01/07/1830 http://bib.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/RAH is/12393889943496051876213/index.htm 682 CAI-OR/9/3931/5(1) 1835 248 A Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense descripción dunha laxe con gravaduras atopados no monte de Carrás, preto da cidade de Ourense, que inspeccionara xunto con Lafuente e Verea y Aguiar.683 Ao pouco de constituirse a Deputación Arqueolóxica foi convidado a unirse a ela o enxeñeiro Alejo Yáñez de Andrade, de recoñecida traxectoria en canto a coñecementos arqueolóxicos.684 No 1832 realizara traballos na Praza Maior de Lugo no transcurso dos cales atopara restos de edificios e alcantarillas romanas. Na mesma cidade, fronte a Casa Consistorial, recuperara varias moedas romanas antigas. Anos máis tarde, no 1836, traballou na consolidación da Muralla de Lugo o cal lle permitiu a localización de dez inscricións romanas das que remitiu un informe á RAH: Antigüedades e inscripciones de Lugo.685 A mesma Academia recibiu no 1839 unha notificación súa do achado dunha columna miliaria cilíndrica atopada no camiño de Ourense a Valdeorras da cal a RAH obtivo a correspondentes copia.686 Tamén informou á esta Academia no 1939 sobre unha moeda do emperador Augusto atopada perto de Monte Alegre na capela dos Gozos.687 A Academia de Arqueoloxía emprendeu a formación dunha estadística monumental confeccionada a partir de 683 CAI-OR/9/3931/6(1) e (2)1937. Non podemos prescisar se esta actuación estivo relacionada coa actividade das comisión científicas. 684 Para información sobre o autor e a súa obra consultar ANDRÉS ALVAREZ VALES. Alejo Andrade Yáñez(1793- 1844): Académico de mértio de la Real Academia de San Fernando e Ingeniero de Caminos, Revista del Colegio de Ingenieros de Caminos y Canales y Puertos de Galicia, Páx. 24-28 Nº10 2006 e Alejo Andrade Yáñez, Manuel de Prado y Vallo, Faustino Domínguez Domínguez, Faustino Domínguez Coumes-Gay, Gabriel Vitini Alonso” Artistas Gallegos. Arquitectos (Da Ilustración ó Eclecticismo). Nova Galicia edicións, Vigo, 2003. 685 ARAH CAILU/9/3931/06 (1) e (2). Yáñez de Andrade, Alejo. Informe sobre las diez inscripciones romanas descubiertas durante los trabajos de consolidación de la muralla de Lugo. Xunto co informe remitira as moedas atopadas no 1832 as cales según lle comunicou á Academia non chegaron ao seu destino CAILU/9/3931/06(4) 686 ARAH CAIOR/9/3931/08(3) sen data 687 ARAH CAIOR/9/3931/08 24/11/1839 http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=307273&portal=111 Alejo Yánez de Andrade (1792-1844) . Enxeñeiro e arquitecto na do en Monforte de Lemos. Correspondente da RABASF e da Academia de Arqueoloxía. Participou na Deputación Arqueolóxica de Ourense de 1842, dependente da Academia de Arqueoloxía. Remitiu á RAH. informes sobre achados arqueolóxicos na Praza Maior (1832) e da Muralla de Lugo (1836) entre outros. Coma arquitecto realizou numerosos edificios públicos en Galicia. 249 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. información recabada nas provincias polas Deputacións Arqueolóxicas. Para a súa confección as Deputacións distribuíron nos distritos cuestionarios sobre o estado de conservación, historia e características artísticas dos monumentos e sobre os personaxes ilustres enterrados na provincia. Previndo a escasa formación dos axentes locais as cuestións formuláronse para que poderan ser respondidas con afirmación e negacións ou números. 688 Ilus. 33 Laxe de Carrás. A Deputación Arqueolóxica a través do Boletín da Oficial da provincia dirixiuse a todos los habitantes de la provincia, que tengan las noticias espresadas, se servirán 688 BCPMHAO T. IX Nº 194 Páxs. 125-126.O cuestionario modelo remitido as localidades é: 1.ª ¿Quienes habitaron ese país (el respectivo de cada corresponsal) antes de la dominación romana ; cuál fué el origen de aquellos pueblos primitivos, y qué vestigios se conservan de su existencia? 2. ª ¿Dónde estuvieron situados los pueblos antiguos que hubo en él y no existen en el día y su historia? 3.ª ¿Qué costumbres tenían los antiguos pobladores de ese país, particularmente en los nacimientos, matrimonios y mortuorios; en que se diferenciaban de las que tienen los de ahora, y en que participan las de éstos de los hábitos de los primeros? 4.ª ¿Qué causas influyeron en las de aquéllos e influyen en las modernas, y en que se distinguen éstas, si ese país es exclusivamente agrícola, de las de otros donde sus habitantes están entregados a la industria fabril, o hacen en caravanas emigraciones periódicas a otras provincias o al extranjero? 5.ª ¿Cuál fué el origen, los progresos y decadencia de las ciencias y artes de los antiguos habitantes de ese país, y cuál el estado actual de ambas cosas? 6.ª ¿Qué número de monumentos e inscripciones hay en ese país de todas épocas, su estado de conservación y noticias históricas que le pertenezcan, y las excavaciones que es necesario hacer para descubrir los que puedan estar ocultos? 7. ª ¿Qué hombres ilustres se hallan enterrados en él, con los pormenores que de ellos haya? 8. a ¿Tiene V. S . en su poder alguna obra inédita de autor español, que verse sobre puntos arqueológicos y merezca ver la luz pública, o tiene V . S. noticia de ella? 250 A Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense comunicárselas cuanto antes les sea posible procurando al verificarlo examinarlas con crítica para que en las comunicaciones no vengan comprendidas aquellas, que descansando tan solo en tradiciones vulgares inverosímiles estén destituídas de sólidos fundamentos; en todo lo cual harán un servicio á su Patria,…” 689 A Deputación Arqueolóxica de Ourense no mes de abril de 1842 acordou nomear correspondentes nos partidos xudiciais coa finalidade de facilitar a confección da estatística monumental. Para a súa elaboración distribuíron no mes de xuño os cuestionarios sobre monumentos xuño nas vilas. Entre estos informes foi necesario inquirir pormenores del señor Corresponsal de Allariz sobre el castillo de Armeá, de que habla la historia de Orense, del Sr. Muñoz de la Cueva, y del de Bande acerca de la ciudad de Abobriga, de la cual también se ocupa el Sr. Muñoz….” 690 Na asemblea de agosto de 1842 a Deputación interesouse por certas noticias referidas polo corresponsal de Carballino relativas á lagoa dese distrito. O arquitecto Alejo Yáñez de Andrade comprometeuse a realizar averiguacións ao respecto en canto lle fora posible. A Academia de Arqueoloxía non solo se interesou polos monumentos senón que recabou información todo tipo de vestixios. Así , cara finais de 1842, recibiu varias copias do epígrafe dun miliario de Xinzo, outro de Valença obtido por Yáñez de Andrade e un terceiro facilitado polo ecónomo de Santa María do Val de Riocaldo.691 Os documentos recollidos no Boletín da Comisión de Monumentos de 1930 abarcan ata finais de 1842. Descoñecemos cal foi a traxectoria da Deputación no 1843 e cando cesou a súa actividade. A instalación das Comisións de Monumentos no 1844 supuxo o desmantelamento da infraestrutura da Academia de Arqueoloxía a nivel provincial e o repregue da súa actividade na sede central de Madrid. As actas dispoñibles de 1842 evidencian que a Deputación Arqueolóxica de Ourense, na súa breve andadura, amosou un funcionamento óptimo atendendo á regularidade na celebración de asembleas, á participación activa dos individuos e a rapidez e eficacia en executar as instrucións da Academia de Arqueoloxía.692 689 Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, Nº 48 de 23 de abril de 1842Páx. 3. 690 BCPMHAO T. IX Nº 194 Páxs. 124-127, 1930 691 Sesión da Deputación Arqueolóxica de Ourense de 25 de decembro de 1842 BCPMHAO T. IX Nº 194 692 Fundación Lázaro Galdiano conserva cinco tomos das Actas da Academia de Arqueoloxía na súa biblioteca da de 251 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Os inventarios realizados pola Deputación no 1842, firmados por José de La Fuente, Yáñez de Andrade e o Gobernador Gattel foron anos despois contrastados cos efectuados á altura de 1844 polas Comisións de Monumentos.693 A comparación entre ambos permitiu constatar que no intervalo os materias que permaneceran nos depósitos sufriran apreciables perdas, das cales as Comisión de Monumentos responsabilizaron aos comisionados de bens nacionais que tiñan os efectos ao seu cargo. A Comisión Central na súa Memoria de 1845 referiuse a este inventario realizado pola Deputación Arqueolóxica no 1842: Existe un inventario exacto y razonado de los libros procedentes de conventos que existían en la provincia de Orense, formado en el año de 1842. Este documento ha servido de guía á la Comisión provincial en el cotejo que le ha sido preciso hacer de los libros que en la actualidad existen aún en sus respectivos conventos con los aportados en el inventario mencionado, del que esta Central remitió copia para aquel efecto en Enero del presente año. Con vista de este documento empezó activamente sus trabajos la Comisión de Orense, y en Marzo último participa notarse la falta de algunas obras que se habían reclamado ya á los comisionados de bienes nacionales, como únicos responsables de las diferencias que se advertían entre los libros existentes en la actualidad y los anotados en el catálogo de que queda hecha mención”. 694 No referente a actuación relativas ao Patrimonio carecemos practicamente de referencias para 1843 na provincia de Ourense. Sabemos apenas que cara o mes de maio dese ano eleváronse desde cada distrito informes dos edificios monumentais. Nestes informes o Concello de Celanova informaba por extenso do Mosteiro e da capela de San Miguel; desde Ribadavia enviáronse noticias dos conventos dos dominicos e de franciscanos; Monterrei informou sobre o convento dos xesuítas e o de San Francisco; desde Montederramo destacouse a valía da Igrexa dos bernardos e dos claustros anexos; Cea aportou un informe do Mosteiro de Oseira.695 Unha vez máis a Memoria anual da Comisión Central de 1845 destacou a boa calidade destes inventarios locais: Los Ayuntamientos de los pueblos indicados habían evacuado sus Madrid pendentes de estudo. Inventarios 15110, 15111, 15070, 15112. 693 ARABASF 50-3/2 (6) 17/08/1842 694 Informe da Comisión Central de 1845. Páx. 35. Pola data este inventario podería corresponderse cos traballos realizados neste ano pola Deputación Arqueolóxica. 695 ARABASF 50-3/2(57a) 252 A Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense informes con un tino poco común acompañándolos de curiosa e interesantes noticias sobre cada monumento,….696 A partir de 1844 o Goberno prestou maior atención cara a protección do Patrimonio. A comezos de ano ordenou aos Xefes Políticos instalar nas capitais provinciais bibliotecas e museos.697 No caso de Ourense alegouse que a falta de locais adecuados impedía proceder a súa formación.698 Cara ao mes de abril o Goberno interesouse polos edificios e monumentos artísticos das provincias que polo seu mérito ou valor histórica debían conservarse.699 Nesta altura o Xefe Político de Ourense atendeu o requirimento gobernamental elevando os informes confeccionados nos distritos no mes maio do ano anterior.700 696 Informe da Comisión Central de 1845… Páx. 103 697 R. O. de 14 de xaneiro de 1844. 698 ARABASF 50-3/2(20) 18/02/1844 699 Real Orde do 2 de abril de 1844 700 ARABASF 50-3/2(57) 26/05/1844 253 8. A Comisión de Monumentos de Ourense1844-1941 8.1 Traxectoria e periodización A selección e recuperación dos Bens culturais e artísticos.1844-1849 Nos corenta, rematada a contenda carlista, o Goberno de Narváez puido dedicar maior atención ás cuestións culturais e á conservación do Patrimonio. O novo Goberno promoveu un ambicioso proxecto de extensión educativa no marco do cal contemplaba a formación de Museos e Bibliotecas. Co seu establecemento perseguía o dobre obxectivo de garantir a conservación dos bens culturais nacionalizados e facilitar o acceso á cultura á un sector da sociedade máis amplo. Con estes fins constituíronse as Comisións de Monumentos Históricos e Artísticos mediante a Real Orde de 23 de xuño de 1844. A Comisión de Ourense instalouse o 8 de agosto de 1844. Exerceu coma Presidente o Xefe Político Manuel 255 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. (1844), Oviedo (1845), Xerona (1846) e Lérida (1847) (MEDEROS MARTÍN, Alfredo. 2010:202). Afondamos sobre a instalación da Biblioteca e do Museo de Pinturas en apartados específicos Unha vez instaladas os libros e as pinturas, a Comisión dedicou ano e medio a confección de Cadernos cos índices a modo de inventarios. Segundo a Comisión a elaboración deste catálogo realizárase según se pudo hacer a la simple vista, sin guía ni nombre de autor, y como adivinando los rasgos y golpes principales que los distinguen por entre el polvo que los cubre y su mal estado de conservación; por lo cual no será extraño lleven algunas inexactitudes y aún errores que podrán correguirse con el tiempo y la observación. Os Cadernos cos índices dos libros eleváronse á Central por entregas nos meses de xullo, setembro e decembro de 1846.729 Estes inventarios foron acollidos con satisfacción pola Central tanto polo apreciable número de obras que contiñan como pola súa calidade dado que figuraban neles valiosos exemplares dedicados ás Ciencias Naturais, Literatura, Historia e Belas Artes.730 Con respecto aos cadros, no mes de setembro os comisionados axuntaron ao catálogo xeral de pinturas un apéndice con trinta e cinco obras de menor valía ou moi deterioradas.731 Neste ano de 1846 a Comisión dedicou gran esforzo a xestionar a compra dun cadro do Padre Lemos o cal consideraban de gran mérito artístico e histórico.732 A finais de ano a Central amosou a súa satisfacción polo detalle dos inventarios das pinturas e recomendou á Comisión que velara pola conservación de todas elas, incluídas as de menor mérito e as peor conservadas. 733 No relativo aos edificios, neste ano o Goberno, logo de comprobar a dificultade da súa venda a particulares, promoveu a súa reutilización para usos públicos ou privados coa finalidade de garantir a súa conservación e eludir os gastos de mantemento. Neste contexto as Comisións debían colaborar remitindo informes con propostas para a súa reutilización ademais da información artística e histórica. 729 ARABASF 50-3/2(42) 22/07/1846) e 50-3/2(44) 30/09/1846 730 Memororia da Comisión Central de 1845. Páx. 35 731 ARABASF 50-3/2(54b) 14/09/1846 732 ARABASF 50-3/2(54) 14/09/1846 / 50-3/2(41) 07/07/1846 / 50-3/2(43) 14/09/1846 733 ARABASF 50-3/2(56) 02/12/1846 262 A Central recibiu o informe dos edificios no mes de outubro de 1846. Nestes informes para o Mosteiro, de propiedade estatal, propuxeron conservar a igrexa parroquial e destinar o resto do edificio ao arrendamento de fábricas e talleres para financiar o sostemento do inmoble. No caso do Mosteiro de Oseira a Comisión suxeriu o seu uso como penitenciaría, opción que descartou a Central por implicar modificacións estruturais que desfigurarían o edificio. A Central optou por ceder o edificio aos donos das terras colindantes coa condición de que asumiran os custes da súa conservación. Esta mesma solución acordouse para o Mosteiro de Esteban de Rivas de Sil.734 A finais de o ano a Central requiriu que se ampliaran os informes sobre a abadía de Melón, a igrexa e claustro de Montederramo e doutros conventos.735 A Comisión Central neste ano de 1846 interesouse tamén pola recuperación de sepulcros de reies e personaxes célebres. Neste tema a Comisión notificou que non tiña constancia da que existiran na provincia pero comprometeuse a realizar averiguacións ao respecto.736 A Central interesouse especialmente polo estado dos sepulcros da abadía de San Clodio.737 O último Índice do inventario da Biblioteca rematouse comezado xa 1847. Os comisionados tiveron que dedicar parte deste ano a adecuar os inventarios elaborados o ano anterior aos modelos normalizados facilitados pola Central.738 A Biblioteca, instalada no Instituto no 1845, abriuse ao público no mes de xuño de 1847. Neste ano a Comisión seguiu coa recuperación de volumes que permitiu o incremento dos fondos da Biblioteca no mes de decembro coa integración dos libros procedentes do convento de Santo Domingo e de San Francisco de Ourense.739 Rematado o groso da recuperación e instalación dos bens nacionalizados, a documentación da Central relativa á Comisión de Monumentos diminuíu espázase significativamente. Para os anos seguintes contamos coa documentación propia da 734 ARABASF 50-3/2(64) 23/12/1846 735 ARABASF 50-3/2(64) 23/12/1846 736 ARABASF 50-3/2(52) 07/07/1846 e 50-3/2(52b) 737 ARABASF 50-3/2(64) 23/12/1846 738 ARABASF 50-3/2(46) 10/03/1847 e 50-3/2(47) 24/03/1847 739 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol 1847 263 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Comisión que polo seu mal estado ou ilexibilidade permítenos unicamente achegarnos á algunhas actuacións puntuais.740 Nesta documentación figura a acta da asemblea celebrada o once de decembro de 1847 que contou coa participación do Xefe Político Juan Perales, Juan Lebrón e Bonifacio Ruíz. Nesta xuntanza reflíctese a inquedanza dos comisionados polo destino da sillería do coro do Mosteiro de Oseira a cal pretendían que se conservara na provincia. …esta Comisión recuerda a V.E. con el mayor celo e interés la comunicación de 20 de octubre pasado elevó a la Central acerca de la Sillería del Coro del convento de Osera que existe almacenada en esa ciudad, reclamando su protección para sostener el justo derecho que tiene de conservar en su poder tan precioso monumento y que no permita se enagene de esta provincia para otra estraña como se pretende.741 Neste asunto a Comisión non acadou o seu obxectivo xa que a sillería do coro de Oseira foi enviada á Universidade de Santiago en setembro de 1848. Interveu no seu traslado o xovencísimo Ramón Barros Sibelo e seguindo a Otero Pedrayo co tempo pasou a formar parte do Museo de Historia Natural.742 A Comisión de Monumentos nesta altura de 1848 tiña asignada unha partida económica anual no orzamento provincial. En concreto recibía unha partida de 3.000 reais para gastos de secretaría; a Biblioteca contaba cunha partida propia de 17.100 reais e o Museo de 1.000 reais.743 Neste ano o Museo de Pinturas foi trasladado ao exconvento de Santo Domingo por falta de espazo no edificio do Instituto de Sengunda Ensinanza. Afondamos na súa traxectoria nun apartado específico. 740 A documentación custódiase no Museo Provincial de Ourense .Caixa 9.181. 741 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol 1847. 742 YÁÑEZ NEIRA, Fray Damián “El archivo actual del Monasterio de Oseira” (IV) Páx. 11. 1998 Sales, catedrático da Universidade Central, no 1900 considerou un descalabro a perda destas artísticas setenta e tantas sillas de pau rosa que foran almaceadas nos desváns da Universidade. Benito Fernández Alonso, Monasterio de Santa María de Osera BCPMHAO T. I Nº 16 setembro , 1900 Páx. Consultar para máis información La sillería coral de 1794 del monasterio de Oseira y otras noticias relacionadas con la vida coral de Miguel.Angel GONZÁLEZ GARCÍA – Cistercium, Nº 208, 1997 743 BOPO Nº 98 de 10 de 1gosto de 1848 264 A atención ás fábricas monumentais 1849-1859 Concluída a recuperación dos bens mobles nacionalizados a Comisión centrouse na súa conservación, en especial na das fábricas monumentais. Esta actividade viña desenvolvéndoa xa nos anos previos. A finais de 1846, a Comisión reclamara a atención do Goberno para as fábricas de San Esteban de Rivas de Sil, o claustro do Mosteiro de Celanova e a Capela de San Miguel, o Mosteiro de Oseira, o de San Clodio e a Igrexa de Melón para os cales solicitara o recoñecemento de Monumento Nacional. Tamén interviu no mes de novembro de 1848 reclamando que se suspendese o alleamento do mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil.744 Os últimos anos da década dos corenta contamos con numerosas actas, circulares e correspondencia que denotan unha actividade considerable da Comisión. Lamentablemente o seu mal estado impídenos afondar nos asuntos aos cales dedicaba a súa atención. Entre a documentación figura abundante correspondencia intercambiada con Bonifacio Ruíz que trasladouse á Diocese de Astorga no 1849, deixando a Comisión sen o seu integrante máis eficiente e comprometido. A Comisión reorganizouse no 1849 incorporando ao relixioso Nicolás de Castro, a Manuel Ferreiro Cid,745 Francisco Carvajal,746 Vicente Seara747 e Manuel Sestelo Veiga.748 A integración na Comisión de individuos vinculados ao Goberno Provincial, 744 ARABASF 50-3/2(66) 13/12/1848 745 No 1837 publicou Compendio histórico de lo que ha pasado en la Diputación provincial y Junta de Armamento y Defensa de esta provincia desde 19 de Nero hasta 28 del mismo, acerca de reparto de tres millones de reales…., 1837 746 Exerceu brevemente coma Enxeñeiro de Camiños en Ourense, no 1849. 747 Vicente Seara ocupou o cargo de Vicepresidente do Consello Provincial como mínimo desde 1850. No 1854 sustituíu por enfermedade ao gobernador provincial. B.O.P. Nº 86 de 20 de xullo de 1854. 748 Funcionario vinculado ao Goberno Civil. Ilus. 35 Praza do Ferro. Ourense 265 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. sen especial cualificación ou afección coñecida ás cuestións relativas ao Patrimonio, podería estar relacionada coa intención do Gobernador de cubrir as vacantes con persoal do seu contorno inmediato, quizás unicamente coa intención de cumprir coa formalidade de manter a Comisión instalada pero sen vontade de darlle impulso. Estes comisionados, en agosto de 1850, remitiron unha comunicación ao Ministerio de Facenda advertindo dos perxuízos que poderían resultar da aplicación da R.O. de xullo de 1850 relativa á cesión dos edificios eclesiásticos nacionalizado para institutos e outros usos. Este comunicado da Comisión deu lugar a un ditame gobernamental recollido no Boletín Oficial da provincia de Ourense: 1º Que en los edificios del Estado de Orense de conocido mérito artístico confiados á la Comisión Central no se haga variación alguna, ni en la forma de la planta, ni en la ornamentación, cuando sean cedidos á alguna Corporación o particular a consecuencia de la Real Orden de 5 de julio. 2º Que si según el objeto a que hubiesen de destinarse, fuere necesario hacer en dichos edificios alguna obra interior, se oiga antes de emprenderla a la Comisión Central. 3º Que estas obras nunca podrán tener lugar, cuando para realizarlas sea necesario derribar claustros, portadas, galerías y ornatos de conocido mérito artístico. 4º Que por ningún pretexto se alteren las formas, o se supriman partes de fachadas existentes, ni se haga en ellas la más pequeña innovación. 5º Que si para su seguridad fuese necesario restauralas, se respete el pensamiento primitivo, acomodando las renovaciones al carácter de la fábrica, y procurando que las partes antiguas y las modernas se asemejen y parezcan de una misma época. 6º Que las corporaciones o personas a cuyo favor se hagan las cesiones de los edificios, se obliguen al exacto cumplimiento de las anteriores disposiciones. Y 7º Que los Gobernadores de provincia vigilen escrupulosamente las obras que se practiquen en los edificios cedidos, y reconociéndolas auxiliados de un arquitecto de su confianza, hagan suspender inmediatamente las que se 266 opongan a las referidas disposiciones, y formen correspondiente sumario, dando parte al Gobierno sin dilación.749 A falta de referencias posteriores relativas á actuacións da Comisión, en especial para a primeira metade da década dos cincuenta, parecen confirmar a inoperancia da Comisión á que alude o Xefe Político, A. Guitián, nunha comunicación á Comisión Central datada a finais da década dos cincuenta: Después de estos laudables esfuerzos, el cambio sucesivo de personas vino a paralizar tantos adelantos y a esterilizarlos hasta cierto punto; habiéndose dado el caso de que la comisión dejo transcurrir cinco años seguidos sin reunirse ni una sola vez. Reorganizada por consecuencia del R. Decreto de 15 de noviembre de 1854 tampoco correspondió a su objeto, estando ausentes y ocupando destinos públicos fuera de la provincia la mayor parte de sus individuos750 Neste período de inactividade desmantelouse o Museo de Pintura que viu dispersados os seus cadros polos pasillos e desváns a partir de 1852. A Comisión tamén perdeu neste lapso as súas competencias sobre a Biblioteca que, contra o parecer dos comisionados, pasou a constituírse coma Biblioteca Provincial. Desenvolvemos estas cuestións nos apartados dedicados ao Museo e á Biblioteca. A pesares da escasa documentación conservada para estes anos podemos constatar a continuidade da Comisión dado que os fondos documentais propios testemuñan a recepción de circulares, oficios e o intercambio de correspondencia.751 A inoperancia da Comisión a hora de emprender actuacións relacionámola coas ausencias e vacantes dos seus integrantes que impediron a celebración de asembleas formalmente constituídas que requirían segundo o Regulamento da participación de cinco comisionados. 749 BOPO Nº 140. 21 de novembro de 1850 750 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol 1859. Ano 1859. 751 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol 1849. Boa parte da correspondencia de Bonifacio Ruíz mantida coa Comisión está deteriorada e apenas é lexible. 267 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. O Goberno, coa reorganización das Comisións de 1854, ampliou as súas competencias encomendándolles a custodia da totalidade do Patrimonio, incluído o arqueolóxico, en limitalas xa a custodia dos bens nacionalizados.752 Na práctica esta reforma non foi efectiva por coincidir a segunda metade da década coa crise da Comisión Central e, na meirande parta das provincias, pola falta de financiación por parte dos gobernos provinciais. A Comisión de monumentos de Ourense reorganizouse o 6 de febreiro de 1855 incorporando a Leoncio Perejón, Higinio Aragoncillo, Evaristo Vázquez Mosquera753 e ao médico José María Sánchez. Nesta altura non existía na provincia arquitecto provincial, que segundo o Regulamento, debía formar parte da Comisión. Leoncio Perejón e Higinio Aragoncillo, vinculados ambos ao Instituto de Segunda Ensinanza, permaneceron solo un par de anos na provincia por mor dos seus traslados profesionais. Desde a reorganización de 1854 a Comisión Central solicitou anualmente ás provincias informes sobre os monumentos e as súas necesidades de reparación e mantemento. A resposta da Comisión de Ourense de 1855 foi significativa: sostiña que ningún edificio da provincia tiña gran mérito nin requiría especial atención.754 Os informes de 1856 remitíronse logo de varias reclamacións da Central. Os comisionados ourensáns escusaron a tardanza alegando que non tiñan nada que engadir aos do ano anterior. O inventario deste ano incluía información sobre a fundación, propietario, destino, mérito e 752 Neste ano de 1854 a cidade de Ourense atravesou unha devastadora epidemia de cólera 753 Estudou Filosofia e Dereito. No 1858 atopámolo exercendo coma Visitador de papel Selado en Madrid polo cal deducimos que apenas pemaneceu activo na Comisión.Publicou Legitimidad de la Reina de España Doña Isabel de Borbón (1855) 754 AHPO Caixa 9181 / 9.181 / Cartafol Ano 1855. Higinio Aragoncillo del Villar (1823-1875) Nado en Zaragoza. Exerceu desde 1849 a C átedra de Historia Natural no Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense onde creou no 1856 o Xardín Botánico e o Gabinete de Historia Natural con importante co lección insectos, e sementes. Desde 1858 exerceu coma catedrático no instituto de Secundaria de Málaga onde acadou gran prestixio como docente e investigador en Botánica. Leoncio Perejón y Campoamor (-1865) Catedrático de Lóxica e Ética no Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense. Exerceu tamén coma director do Instituto. Foi o responsable da redacción das Memorias do Instituto do 1859. Publicou Lecciones de Religión y moral (1846); apéndices á las lecciones de moral y religión del programa del Sr. Díez Baeza (1858) e Resumen de Ética (1863). 268 estado de conservación das principais fábricas monumentais da provincia. Os comisionados unha vez máis afirmaron que ninguno de tales edificios encierra un mérito artístico especial, ni un recuerdo histórico de importancia que le haga acreedor de que se les conserve.755 A Central achou insuficientes estes informes e reclamou que se ampliaran facilitando a Comisión un formulario estandarizado para a recollida de datos. 756 Neste ano encomendou á Comisión que ejerza la vigilancia más solícita sobre los anuncios de subastas de los bienes nacionales de esa provincia para dar inmediato aviso a esta Central siempre que en ellos aparezca la de un monumento de valor histórico artístico……” 757 A Comisión demorouse novamente no envío dos informes sobre os monumentos de 1857. A insistente reclamación da Central motivou que os comisionados dirixiran unha notificación ao Xefe Político manifestando o seu malestar pola desatención que se lle profesaba desde o Goberno provincial: Señor Gobernador; aunque a cargo de la Comisión provincial no hay monumentos de ningún género, ni por consiguiente hubo gastos que haya necesidad de justificar, será conveniente que VD. se sirva mandar reunir la Comisión para que si lo cree conveniente forme el presupuesto que la Central indica en la presente circular. Luís de la Peña.758 No mes de setembro de 1857 cesou Higinio Aragoncillo por traslado ao instituto de Málaga.759 Tamén dimitiu neste ano por traslado Leoncio Perejón. A provisión destas vacantes supuxo a integración no 1858 de Cirilo Vázquez Mosquera e Laureano Vázquez Varandola. 760 Cara finais da década dos cincuenta as novas incorporacións, xunto cunha maior implicación do Xefe Político, deron novo pulo á Comisión. Cara xuño de 1858 informaron os comisionados dirixíronse á Central con fin de solicitar financiación para dous proxectos. Por un lado pretendían conformar unha delegación para que visitara os edificios monumentais que lles permitira acadar datos sobre o seu estado de 755 RABASF 50-3/2(68a) e 50-3/2(68) 08/079 e AHPO Caixa 9.181 / Cartafol /1856 756 Comisión Central de Monumentos históricos y artísticos. 1856 19/08/1856 Páx. 79 757 AHPO Caixa 9.181 Ano 1856. 758 AHPO Caixa 9.181 Ano 1857. 759 ARABASF 50-3/2(25) 28/09/1857 760 A actividade de Cirilo Vázquez na Comisión foi breve dado que no mesmo 1858 pasou a exercer en Madrid coma visitador de papel sellado. 269 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. conservación dado que na documentación da Comisión carecían de información ao respecto. O outro proxecto consistía en restaurar os cadros do antiguo Museo de Pinturas para o cal elaboraran un orzamento detallado que ascendía a 4.000 reais: 1º Que por falta de datos existentes en esta Secretaria respecto del Museo, estado de conservación e importancia de los monumentos de la provincia juzga conveniente y necesario hacer una Comisión compuesta de dos o más individuos o inspeccionar dichos monumentos pues solamente de este modo podrá obtenerse conocimientos razonables de los mismos. 2º Que hallándose la mayoría de los cuadros que componen este museo provincial en bastante mal estado de conservación y no haberse empleado cantidad alguna en su reparación esta comisión cree necesario proceder a la restauración de aquellos que más lo necesiten. 761 A implicación dos comisionados nesta altura era elevada. No mes de febreiro de 1859 Calixto Varela e Antonio de Medina presentaron na asemblea da Comisión de Monumentos unha relación de propostas que amosan a vontade real de reactivar a Comisión. Neste informe recóllense as necesidades materiais e os proxectos inmediatos da Comisión: 1º Que se dirija al Sr. Gobernador de la provincia pidiéndole que con arreglo al art. 25 del Real decreto de 18 de noviembre de 1854 se consigne en el presupuesto adicional de la misma para el corriente año la cantidad de 2000 reales que se consideran precisos para los gastos puramente indispensables en cada uno. 2º que se pida el mismo Sr. Gobernador un local oportuno para celebrar sesiones y colocar la secretaría. 3º que se entreguen a la Comisión todos los datos y documentos que existan en el archivo del Gobierno y demás oficinas públicas relativos al particular, para que se examinen y diga la secretaría en otra sesión lo que de ellos resulte de interés de los fines de la Comisión. 4º que se reclame nuevamente la restauración de los cuadros que forman el llamado Museo provincial y que por su estado lo necesiten. 761 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol Ano 1858. 270 5º que se reorganice convenientemente este mismo Museo colocando los cuadros que lo componen en su sitio a proposito y libres de las contingencias que ofrecen los pasillos de este Gobierno en donde se encuentran reunidos. 6º que la Comisión se ponga en comunicación directa con el Sr. Cura de Junqueira de Ambía a fin de que se sirva indicar los puntos en que puedan hallarse las columnas miliarias que existen en esta provincia. 7ºque se escriba una memoria del estado de los monumentos que existen en la provincia y modo de atender a su conservación, la cual en su día se remitirá a la superioridad en solicitud de los fondos necesarios. 8º que se delibere sobre el destino que hayan de recibir los restos de la biblioteca de Montederramo que todavía existen en el mismo. Orense 12 de febrero de 1859. Fdo. Calixto Varela, Antonio de Medina.762 Entre os obxectivos propostos no comunicado, solucionouse con rapidez a cuestión da asignación económica. Un artigo de Paz Novoa publicado na revista Bellas Artes de 1859 recolle que la digna comisión de monumentos a duras penas ha podido conseguir la pequeña cantidad de 3.000 reales anuales, con los que tiene que atender á los gastos de secretaria y á la conservación de tantos lienzos.763 Tamén foi exitosa a recuperaron de 168 volumenes procedentes de Montederramo, en donde se estaban destruyendo entre el polvo y el olvido.764 Nos anos seguintes os comisionados dedicaron boa parte do seu esforzo a atender ao punto sexto da comunicación, o relativo ás investigacións de Xunqueira de Ambía. O interese da Comisión polos vestixios da vía romana que pasaba por esta localidade respondía a unha demanda da RAH de que se continuaran os traballos comezados polo recén falecido Cid de la Concepción.765 Estas investigacións estaban 762 AHPO Caixa 9181 Catafol 1859. 763 Bellas Artes: su importancia social. su dedsarrollo en Galicia. Museio de Pinturas de Orense.Revista de Instrucción pública, Literatura y Ciencias. Juan Manuel Paz, 1860 Páxs. 377-379 764 Memoria del Instituto de Segunda Enseñanza de Orense leida en la apertura de curso 1859 a 1860. 765 ARAH CAOR/9/7965/3 (3) e CAOR/9/7965/3 (4) CAOR/9/7965/03(6) O abade de Xunqueira, durante o 1858, mantivera un intenso intercambio de comunicacións coa Academia informándoa do achado de dous miliarios da vía de Braga a Astorga, da copia dun privilexio de 1354 concedido ao Mosteiro de Xunqueira de Ambía e dun documento de 271 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. anos para remitir informes, calcos e restos arqueolóxicos á RAH. Cara metade da década, a RABASF contactou novamente con Barros Sibelo a través da Comisión para encargarlle un informe sobre a Catedral de Ourense. O arqueólogo comprometeuse a elaborar este informe advertindo que carecía da formación necesaria en cuestións artísticas. O resultado das súas averiguacións comunicounos á RABASF no 1867 a través da Comisión de Monumentos. Ao estudo solicitados sobre a Catedral de Ourense anexou un informe titulado Las puertas del perdón en la catedral de Orense que incluía un plano e o alzado do Pórtico da Catedral. Aproveitou para comunicar á Academia que en breve trasladaríalle tamén outros estudos e apuntes gráficos de varios edificios monumentais que tiña xa avanzados, entre eles a colexiata de Baiona e a catedral de Tui.784 As Academias, ante a desorganización xeneralizada das Comisións a nivel estatal, iniciaron no 1865 un proceso de reorganización que perseguía, entre outros obxectivos, o de fornecelas de persoal máis cualificado. Con esta finalidade, estableceron como requisito para ser comisionado o de ter o nomeamento de correspondente académico. Na práctica, este requerimento converteuse nun atranco para a provisión de vacantes pola escaseza de académicos nas provincias. De feito, coa finalidade de reorganizar ás Comisión, as Academias tiveron que facer no 1868 un chamamento masivo para que os aspirantes ao título de académicos informaran dos seus méritos. As xestións para a reorganización da Comisión de Monumentos de Ourense comezaron en marzo de 1866. López Corona, no momento de recibir as instrucións para a reorganización da Comisión, informou da falta de académicos na provincia e solicitou que no se decida a proceder a su instalación hasta que tubiese completo por lo menos el personal mínimo que el Reglamento exige para celebrar sesión. A Comisión Mixta, encargada da reorganización, solicitou ao Gobernador que informara confidencialmente de individuos dignos de ser nombrados correspondientes.785 Descoñecemos os candidatos recomendados polo Gobernador, se ben sabemos que sinalou a conveniencia de nomear para o cargo de 784 ARABASF 50-3/2(71) 25/09/1867 e 50-3/2 (71a) e 50-3/2(73). Esta é a única referencia que sitúa a Barros Sibelo nesta área xeográfica. 785 ARABASF 50-3/2(14) 20/04/1866 278 Vicepresidente a Joaquín Gaite786 en vez de a Constantino López Corona, a quen lle correspondía por antigüidade, dado que este último tiña un posto subordinado no Instituto onde Gaite exercía coma Director.787 A reorganización efectiva da Comisión de Monumentos retrasouse ata o 1868. O retraso, segundo indicou López Corona á RABASF, debérase a lentitude dos nomeamentos de académicos e á falta de atención dos Gobernadores Civís que motivara que a Comisión no pudiera reunirse a pesar de los deseos que animan a sus vocales.788 A RABASF interveu reclamando ao Gobernador que tomara as medidas necesarias para que a Comisión se constituíra de inmediato e puidera retomar a súa actividade.789 A incidencia da Primeira República (1868-1873) A Comisión reinstalouse en xullo de 1868 integrando nas súas filas como académicos da RAH a Ramón Barros Sibelo,790 Joaquín Gaite, Antonio Bugallal791 e a Venancio Moreno. Renovaron coma correspondentes da RABASF Constantino López Corona, José de la Cuesta,792 Antonio Medina y Canals793 e novamente Barros 786 Consultar semblanza en Mercedes Gallego Esperanza Galería de retratos del Instituo Otero Pedrayo. Porta da Aira Nº 9 Páxs. 348-355 2002 Inclúe cadro de Gaite Núñez.e Memoria del Instituto de Orense, 1879-1880. Páxs. 5-10 787 Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Sesión Ordinaria do 16 de abril de 1866. fol. 33v-34r. Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. 1866 788 ARABASF 50-3/2(15) 12/02/1868 789 Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Año 1869. Xunta Ordinaria de 24 de Febreiro de 1868. Fol 190v-191r. 790 O accesit aos premios por investigacións sobre vías romanas que acadara coas súas investigacións sobre a Vía de Braga a Astorga no 1861 conlevaba o título de académico da RAH Barros Sibelo tivo que reclamalo persoalmente e obtívoo no 1867. A RAH e a RABASF nomeárano correspondente pola provincia de Ourense a pesar de que é o solicitara para a de A Coruña. A distancia física imposibilitou que participara na práctica na actividade da Comisión. 791 A realación de Bugalla e o Deán Bedoya en materia arqueolóxica está documentada en (BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R. E AXEITOS, X.L. Cartas a Murguía T.II 2005:24. A información relativa a localizacion do Forum Limicorum notificada á Comisión de Monumentos instalada no 1845 recóllese en ARABASF 50-3/2(50) 11/06/1845 . Comisión Central de Monumentos Históricos y Artísticos, 1845. Sesión de 25 de xuño de 1845 Páx. 118 792 Obispo da Diocese de Ourense desde 1868. 793 Antonio Medina integrouse na Comisión desde 1860 e estivo ausente por traslado profesional durante anos. 279 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Sibelo. Coma vocais natos participaron o arquitecto provincial, Juan Redecilla Rufilanchas e o Xefe da Sección de Fomento, Carlos Vaamonde.794 As reorganizadas Comisións provinciais apenas tiveron oportunidade de despegar a súa actividade dado que a instalación da República privou a estas corporacións do apoio gobernamental polos recelos que suscitaba a súa vinculación ás conservadoras Academias. As reticencias iniciais superáronse nos anos seguintes nos que progresivamente retomaron unha actividade que en todo o período republicano non deixou de ser moi discreta. A Comisión de Ourense, conformada no verán de 1868, figurou entre as que viron entorpecido o seu despegue coa chegada da República. De feito, a RABASF, no mes de marzo de 1869, tivo que solicitar ao Gobernador novamente que impulsara a súa actividade. Neste contexto, as únicas actuacións que temos documentadas da Comisión relaciónanse co requerimento da RABASF ás Comisións de xaneiro de 1871 para que colaboraran na confección da Estadística Monumental. A Comisión de Ourense achegou a este proxecto un informe sobre os monumentos da provincia confeccionado coas noticias recollidas a través dos interrogatorios facilitados pola Academia e trasladados aos curas párrocos, alcaldes e 794 ARABASF 50-3/2(19) 29/07/1868 Joaquín Gaite (1820- 1880). Curs ou Xeografía e Historia (1848), doutorouse en Medicina (1861) e Ciencias Naturais (1876). Académico da RAH (1866) Compaxinou o exercicio da Medicina coa doc encia. Foi catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense desde 1859 e director do centro desde o 1865. Fundou e dirixiu El Orensano e Periódico de Intereses Morales y Materiales (1860-1865). Entre a súa produción escrita figura Compendio de Historia Universal y de España (1857); Método contra el cólera (1860) ; El cultivo de la vid (1862); Programa de Geografía Elemental (1862) ;… Antonio Bugallal Muñoz (1805- ). Exerceu o sacerdocio en Entrimo e foi canónico da Catedral de Ourense. Afeccionado á Arqu eoloxía, remitiu á RABASF e á Deputación Arqueolóxica de 1842 informes sobre achados arqueolóxicos. No 1835 formou coas lápidas romanas da derruída capela de San Pedro o basamento dunha cruz no atrio da Igrexa de Nocelo da Pena. Relacionou estos achados coa localización do Forum Limicorum . 280 persoas ilustradas da provincia. Segundo explicou á Academia a falta de fondos impedira ampliar os informes con investigacións e estudos complementarios.795 Ante as dificultades da reactivación a propia Comisión dirixiuse á Academia en febreiro de 1872 para defender que disculpaba su inación la falta de recursos pecuniarios y de iniciativa por parte de los Gobernadores que se habían sucedido y del Sr. Obispo Vice-Presidente, anciano y enfermo y hacía presente la escasez de personal en que se encontraba por haber mudado de domicilio los dos Académicos más activos.796 Efectivamente Medina y Canals e Barros Sibelo cesaran por traslado, o Bispo José de la Cuesta causara baixa por enfermidade797 e o arquitecto provincial ausentárase durante longo período. Os comisionados lembraron á Academia que xa lle comunicaran con antelación tanto as vacantes como a supresión dos 3.000 reais que recibían anualmente o cal impedía toda actividade.798 A pesar destas circunstancias adversas os comisionados sinalaron á RABASF que recentemente foran felicitados pola RAH e pola Academia de Arqueoloxía799 e que ambas apreciaran os traballos remitidos polos seus integrantes nos últimos anos. Efectivamente, cónstanos que Ramón Barros Sibelo presentou numerosos informes á RAH e varias Memorias á Academia de Arqueoloxía no 1868. 795 ARABASF 50-3/2 (69) 24/02/1871 796 Sesión ordinaria do 15 de marzo. fol. 268v-269r. Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.Año 1869. Sesión ordinaria 13 de marzo de 1871. Páx. 200-201 Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.Año 1871 e ARABASF 50-3/2 (69) 24/02/1871 797 O Bispo, que ocupaba o cargo de vicepresidente, ausentárase durante o primeiro ano do Sexenio por mor das persecucións anticlericais e, ao seu regreso, unha grave enfermidade impedíralle participar activamente na Comisión. 798 Sesion ordinaria 13 de marzo de 1871. Páx. 200-201 Actas de Sesiones de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Año 1871 e ARABASF 50-3/2 (69) 24/02/1871 799 Reactivada fugazmente nos anos sesenta, foi disolta durante a República pola súa vinculación directa á Coroa. 281 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Para achegarnos á Comisión nestes anos de carencias contamos coa acta dunha asemblea celebrada en febreiro de 1872. O documento recolle que a falta de candidatos lastrara a provisión de vacantes e, por tanto, imposibilitara a celebración de asembleas legais. Efectivamente a Comisión contaba unicamente con catro individuos activos: Antonio Bugallal, Joaquín Gaite, Constancio López Corona e Venancio Moreno. Neste ano de 1872, a Sección de Fomento pediulle á Comisión que colabora coa organización da Exposición de Viena remitindo obxectos arqueolóxicos e artísticos da provincia para a mostra. Os comisionados delegaron en Venancio Moreno a selección e remisión de obxectos para este evento.800 Os comisionados atenderon tamén neste ano á restauracións dalgunhas das pinturas do antiguo Museo que precisaban reparacións. A Comisión recibiu no 1872 unha invitación para suscribirse á Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos xunto cunha solicitude dos editores para que lle enviaran artigos de contido cultural. O nivel de actividade das Comisión non era o desexado polas Academias. Así, a RAH, cara finais de 1872, solicitou ao Gobernador que informara sobre o estado de conformación da Comisión. No ano seguinte foi a RABASF a que solicitou formalmente ao Gobernador que lle dera impulso e, de ser necesario, que propuxera candidatos a académicos informando dos méritos respectivos.801 Non contamos con referencias que nos permitan comprobar si efectivamente se renovou á Comisión ou si se lle deu impulso durante o 1873. A única actividade destacable deste período tivo lugar nos meses previos ao fin da República. A comezos de 1874, a Comisión implicouse nunha das actuacións coas que acadou maior proxección exterior. O médico Rafael Reguillo notificara aos 800 AHPO Caixa 9.181 / Cartafol Ano 1872 801 AHPO Caixa 9181 / Cartafol Ano 1873 Venancio Moreno Pablos. Doutor en Xurisprudencia. E xerceu a avogacía en Ourense, cidade na que participou amplamente na política local. Participou no 1874, na inspección dos ortostatos de Codesás, Melón , e firmou o ar tigo de El Heraldo que difundiu estos achados. Na homenaxe de celebración do centenario de Feijoo leu o discurso que logo publicou como Memoria biográficobibliográfica de las obras literarias del R.P. Feijoó. Participou na fundación do semanario bisemanal La Nacionalidad (1870) de orientación católica, monárquica e carlista 282 comisionados a existencia duns ortostatos decorados dun suposto dolmen derruído descubertos nun monte de Codesás, Melón. Venancio Moreno, en compañía de Rafael Reguillo, inspeccionaron os achados e realizaron un estudo dos vestixios. O informe, firmado por Venancio Moreno, remitiuse á RAH en febreiro de 1874 e reproduciuse no mes de maio no xornal El Heraldo Gallego.802 A noticia dos achados acadou eco tamén en numerosos xornais de toda España e nos Boletíns Oficiais de varias provincias. Afondamos sobre esta intervención arqueolóxica nun apartado específico. 802 ARAH CAOR/9/7965/10(1); CAOR/9/7965/10(2); CAOR/9/7965/10(3) Pode consultarse o informe orixinario sobre Codesás en http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=310566&portal=111 283 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Ilus. 37 Ortostratos de Melón. 284 A Restauración Con carácter xeral, a Restauración supuxo para as Comisións de Monumentos unha etapa de reactivación baixo o estímulo académico, en especial da RABASF No caso de Ourense, pola contra, non contamos con documentación ou referencias escritas que avalen unha intensificación da actividade da Comisión finalizada a República. Na provincia de Ourense apenas temos documentadas as denuncias da Comisión sobre agresións aos monumentos nin comunicacións relativas ás necesidades de conservación que sinalamos nesta altura para o resto das comisións galegas. O certo é que en Ourense o limitado desenvolvemento urbano ocasionou menos tensión urbanísticas e menos agresións ao Patrimonio que nas provincias de Coruña, Lugo ou Pontevedra. Coincidindo co rexurdir das outras comisión galegas, atopámonos con escasas referencias escritas relativas a actuacións da Comisión ourensán durante os primeiros anos da Restauración. Comprobamos en cambio que os membros da Comisión si participaron activamente en numerosos proxectos culturais desenvolvidos na cidade nestes anos. Entre os proxectos culturais máis relevantes acontecidos na cidade de Ourense nesta década figura a instalación dun monumento para conmemorar o segundo centenario do nacemento de Feijó no 1875. Para desenvolver esta iniciativa conformouse una comisión na cal participaron varios integrantes da Comisión de Monumentos, entre eles, o Marqués de Leys e Venancio Juan Manuel Paz Novoa (1839-1895). Nado en Ourense. Estudou Metafísica, Literatura latina e Literatura española en Santiago. Licenciouse e Doutorouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a docencia nos Institutos de Secundaria de Bilbao e Ribadeo. Desde 1865 ocupou a cátedra de Economía Política, Lexislación Mercantil Estadística e Xeografía Universal no Instituto de Ourense. A partir de 1887 exerceu docencia na Escola de Comercio da Coruña. Nesta cidade exerceu tamén a avogacía. Mantivo unha estreita relación con Murguía e Martínez-Salazar. 285 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Moreno xunto con outros que formaron parte dela nos anos seguintes como Paz Novoa e Manuel Pereiro Rey. Autoridades do prestixio de Saco y Arce e Lamas Carvajal participaron tamén nesta comisión conmemorativa.803 Nesta etapa, Venancio Moreno desenvolveu un papel determinante na Comisión de Monumentos de Ourense. No 1874 participara na inspección dos ortostatos de Codesás e no 1876 atopámolo como integrante da Comisión de Reparación de Templos804 representando á Comisión de Monumentos.805 Os xornais apórtanos algunhas breves referencias que aluden ao deficiente funcionamento da Comisión nesta altura. O xovencísimo Arturo Vázquez Núñez, na publicación El Avisador Orensano de febreiro de 1878, lamentaba o abandono e descuido no que se atopaban a Ponte de Ourense e o Mosteiro de Oseira: “La comisión de monumentos, ó no existe en nuestra provincia, ó á fuerza de permanecer inactiva, deja arrastrarse por la apatía de la corriente general, y muda e insensible presencia semejante profanación. Protestemos nosotros contra ella, ya que no nos queda otro recurso.”806 As noticias sobre a Comisión espázanse no tempo e a seguinte referencia coa que contamos data xa no 1882. O xornal Eco de Galicia apórtanos unha nova reprobación á inactividade da Comisión de Monumentos. Nun artigo do mes de agosto do 1882 informábase da destrucción do artesoado do refectorio do Mosteiro de Oseira por parte do párroco. No artigo alúdese a inoperancia da Comisión polo que deducimos que a sociedade culta tiña constancia da súa existencia e das súas obrigas:¡Que hace la Comisión de Monumentos de la provincia de Orense!.807 Durante todo o 1883 no fondo documental da Comisión atopamos rexistros da entrada de comunicacións rutinarias doutros organismos oficiais o cal testemuña a pervivencia da Comisión que atendía as cuestións de Secretaría.808 Un oficio interno 803 Saco y Arce non mantivo vínculos coñecidos coa Comisions de Monumentos. Sinalamos en cambio a sua aficción á arqueoloxía e a súa actuación coma informador do epigrafista Hubner. 804 Establecidas no artigo 5º do R.D. de 13 de agosto de 1876 805 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión ordinaria de 19 de maio de 1895. 806 Arturo Vázquez Núñez. El puente Mayor de Orense. El Avisador Orensano. Nº 2 16/07/1878 807 El Eco de Galicia: revista semanal de ciencias, arte y literatura Nº 8 20/08/1882 Páx.6 808 ARABASF 46-4/4 (1ª) 29/06/11883 286 da RAH de outubro deste ano confírmanos que a Comisión de Ourense non estaba en situación de reunirse en asemblea legal por non contar co número mínimo de vocais requiridos polo Regulamento para constituírse en Asemblea.809 A reorganización de 1884 En xuño de 1884 reuníronse nas dependencias do Goberno Civil, Venancio Moreno e Constantino López Corona xunto cos membros natos da Comisión, o bibliotecario da Biblioteca Provincial e o Xefe da Sección de Fomento. Acordaron non celebrar sesión por non acadar o número de académicos necesarios e decidiron informar á Comisión Mixta da necesidade de realizar nomeamentos de académicos na provincia para proceder a reorganización. Durante todo o verán elevaron ás Academias propostas de candidatos indicando os méritos académicos e a súa vinculación cos estudos arqueolóxicos e históricos.810 A Comisión reorganizouse cara ao mes de decembro de 1884 incorporando como académicos da RAH a Manuel Sánchez Arteaga,811Juan Manuel Paz Novoa,812 e a Rafael Reguillo y Tardío. Representando á 809 RAH CAH/9/7957/04(6) 09/10/1883 810ARABASF 46-4/4(1a) e 46-4/4(2)26/06/1883 e ARAH CAOR/9/7965/11; BRABASF Nº 27 Páx. 197. Ano III. Setembro de1883 e ARABASF 46-4/4(5)03/07/1884 811Datos biográficos en Necrológica. La Patria Gallega: boletín-revista: órgano oficial de la Asociación Regionalista Año I Número 1 - 30 marzo 1891Santiago S.N.. Páx. 9 1891-1892 812 De ideoloxía liberal, militou no Partido Republicano Federal e participou na Xunta Revolucionaria durante o Sexenio. Acadou amplo recoñecimento como xurisconsulto. No 1872 publicou Los Foros de Galicia e o ano seguinte participou na elaboración da Lei de Redención de Foros de 1873. Coma avogado de prestixio defendeu con éxito a Curros Enríquez enxuizado pola publicación de Aires da miña terra. Xuntos editaron o xornal bisemanal “El Trabajo”. Os seus ácedos artigos políticos nesta publicación ocasionáronlle numerosos contratempos. Dirixiu tamén o xornal El Correo de Galicia de Ourense. As súas colaboracións na prensa con artigos de opinión e composicións poéticas foron numerosas. No ámbito privado coñecemos que foi cuñado de Benito Fernández Alonso (AAMAO. Libro de Actas da Rafa el Reguillo y Tardío († 1885). Exerceu coma médico desde os corenta en Madrid, Salamanca e Valladolid. Académico da RABASF (1884) en atención a súa afección ao estudo de documentos, lápidas e medallas. Participou xunto con Venancio Moreno na inspección dos achados de Codesás. Dispoñía dunha colección de antigüidades particular que visitan con gusto y aprovechamiento las personas dedicadas a los estudios históricos y arqueológicos. 287 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. incorporáronse Arturo Vázquez Núñez832 e Gabriel Puig y Larraz. 833 Nestes anos, a Comisión esforzouse en dar impulso a súa actividade e, con este fin, xestionou a cesión de instalacións adecuadas para acoller a Secretaría e para formar un Museo: careciendo de local en que celebrar sesiones, custodiar documentos de secretaria y archivos, y de una habitación que le sirva de Museo para recoger los objetos artísticos que lleguen a coleccionarse, dirígense por medio de atenta comunicación al Sr. Presidente de la Excma. Diputación provincial, para que en el nuevo edificio destinado a Centro de Instrucción se sirva señalar un departamento que reúna, siendo posible, las condiciones requeridas para tal objeto. 834 Neste mesmo ano a Comisión inspeccionou o lugar de Pombar, onde segundo un artigo publicado no Eco de Orense se atoparan rencentemente vestixios romanos. Na intervención efectuada polos comisionados localizáronse diversos vestixios antiguos, entre eles, restos do Mosaico da Cigarrosa.835 Desenvolvemos noutro punto o froito destas investigacións. 832Jesús De Juana. Arturo Vázquez Núñez (e o seu tempo) Boletín Auriense XIV-XV 1984-1985. Páxs. 188-230 Benito Fernández Alonso adicoulle unha semblanza en Orenanos Ilustres en “El Diario de Orense” 1916 Páxs.194-198 tras o seu pasamento, Neira Cancela adicoulle unha semblanza bibográfica en El Miño, Nº2 483 05/03/1907. Manuel Martínez Sueiro publicou un artigo sobre Vázquez Núñez en “El Eco de Orense” Nº 6107 e Nº 6108 do 2 e de marzo de 1908. 833 ARABASF 46-4/4(26) 16/07/1896 A pesares de residir en Madrid nas súas estancias profesionais na provincia realizou cuantiosoas investigacións, en especial no relativo ás vías romanas. No momento de ingresar na Comisión informou aos comisionados que tiña moi adiantado un estudos sobre a vía de Antonino e sobre as vías romanas transversais das provincias de Zamora e Ourense, e Pontevedra. Non temos constancia de que publicara este traballo se ben nos seus informes á RAH dos anos previos constatamos que realizou numerosas inspeccións arqueolóxicas na provincia de Ourense. 834AAMAO. Libro de Actas da CPMHAO Sesión de7de decembrode1895. 835 Libro de Actas da Comisión. Actas de xullo e agosto de 1996. Arturo Vázquez Núñez (1852-1907) Nado en Ourense. Iniciou Medicina en Santiago. Cofundador da sociedade Galicia Literaria en Madrid. Docente de Lingua Francesa no Instituto de Secundaria e na Escola de Artes y Oficios. De Ourense Cronista Oficial de Ourense (1893); Académico da RAH. (1896); membro da Sociedad Arqueológica de Pontevedra (1899); da RAG (1906) Publicou Efemérides de Galicia (1870-1878); Guía del Viajero en Orense y su provincia (1881); Arquitectura Cristiana en la provincia de Orense (1894); Estudios protohistóricos/ las mámoas (1901); El Fuero de Allariz (1907) e Epigrafía latina de la provincia de Orense. Deixou inédito varios estudos sobre os monumentos da provincia de Ourense. 294 Ata 1897 os comisionados celebraron as súas asembleas en lugares diferentes: nas instalacións do Instituto de Segunda Ensinanza, no despacho do Gobernador Civil, no Concello… A comezos dese ano finalmente concedéuselle un local no novo edificio destinado á Deputación para a instalación da Sectaria e dun Museo. A proximidade da apertura do Museo reflectiuse nas actas da Comisión nas que se da conta das numerosas doazóns e compras de obxectos destinados aos fondos do Museo. Entre eles figuran unhas teselas de Vilamarín, moedas romanas da cidade de Ourense, un canciño de Vilanova dos Infantes, columnas e azulexos da catedral de Ourense,… Entre os comisionados abondaban os afeccionados á Arqueoloxía que contribuíron a incrementar os fondos do futuro Museo cos froitos súas inspeccións arqueolóxicas. Así, o enxeñeiro Puig y Larraz836 e Manuel Hermida inspeccionaron no 1895 o entorno da vía romana ao seu paso por Bande onde localizaron restos dunha calzada romana.837 No mesmo ano, Puig y Larraz informou á Comisión da existencia dunha rocha colosal, obxecto de supersticións locais, perto do Monte das Mámoas en Xoán de Monterredondo, Bande.838 836 Mineros destacados del siglo XIX: Gabriel Ramón Manuel Puig y Larraz../ J.M. López de Azcona, Separata: Boletín geológico y minero, t. 101, 4, 1990. Exerceru tamén importantes cargos en institucions culturais e científicas do momento. Foi Vicepresidente da Sociedade Económica Matritense; membro da xunta directiva da Sociedad Geográfica de Madrid; Presidente da Sociedad Española de Historia Natural; membro da Comisión para o Mapa Geológico de España; … 836 ARABASF 46-4/4(26) 16/07/1896 837 CPMHAO. Nº4 setembro de 1898. Notas de Metrología Histórica. Puig y Larraz. Páx. 59 838 Pode consultarse en http://www.cervantesvirtual.com/obras/autor/11993/Puig%20y%20Larraz,%20Gabriel Gabriel Puig y Larraz (1851-1917) Nado en Sevilla. Enxeñeiro de Minas con residencia habitual en Madrid. P articipou na Comisión d o Mapa Xeológico de 1874. Académico da RAH. Publicou numerosos estudos técnicos: Datos para la Geología de la provincia de Santander (1888); Cavernas y Simas de España (1896); Antropología prehistórica ibérica (1897); Descripción física y geográfica de la provincia de Zamora (1883);… Afeccionado á Arqueoloxía, publicou artigos nos Boletíns da RAH. e no da Comisión de Ourense: Inscripciones Ibéricas de Galicia (1897); Valor métrico de la milla romana (1898); Notas de metrología histórica (1898); Cantibedonienses (1898); … Catálogo de los objetos que presenta la nación española en la Exposición Histórico- Americana de Madrid (1892); La tierra de Maside (provincia de Orense) (1895). 295 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Nestes anos os comisionados colaboraron tamén coa RAH na recuperación e inventariado do Patrimonio epigráfico. Así, en maio de 1896, Manuel Pereiro Rey remitiu a RAH unha copia dos epígrafes de dúas lápidas atopadas no derrube dunha parte da Muralla de Lugo efectuadas no 1894 por Manuel Hermida, afeccionado ao debuxo. Os comisionados visitaron tamén a parroquia da Trinidade no 1897 para inspeccionar unha lápida sepulcral recén descuberta na sacristía.839 Manuel Hermida foi novamente o responsable de copiar a inscrición dunha ara a Diana remitida á RAH no 1898 para a súa publicación no Boletín da RAH840 Os comisionados dedicaron todo o ano de 1897 a acondicionar a Secretaría e as salas dedicadas ao Museo. A Deputación, coa que compartía o novo edificio,decidiu instalar os cadros do antigo Museo de Pinturas dos que era titular na sala contigua á do Museo da Comisión. Seguindo a Francisco Fariña, a intención inicial da Deputación era a de manter as coleccións diferenciadas. Na práctica a proximidade física de ambos fondos levou consigo que a antiga colección de pinturas co tempo quedara novamente baixo o control da Comisión de Monumentos (FARIÑA BUSTO, Francisco. 184:2013). 839 El Eco de Galicia: órganod de los gallegos residentes en las Republicas Sudamericanas. Nº 204 20/06/1987 páx.1 840 ARAH CAOR/9/7965/16(2) Ilus. 38 A Trinidade. 296 . instalación da Comisión na nova Secretaría e a concesión do local para o Museo intensificou a recollida de obxectos artísticos e de vestixios arqueolóxicos. As actas das sesións reflicten numerosos contactos mantidos coas autoridades políticas e eclesiásticas na procura de doazóns para o Museo: se acordó que los Sres. Pereiro y Macías explorasen la voluntad del R.Prelado de la Diócesis, a fin de conseguir se traigan al Museo los pocos trozos que quedan útiles de la sillería del coro del monasterio de Montederramo cuya iglesia aún emana ruína; y que gestionen también con el Sr.Gobernador Civil y diputados provinciales para que se consigne en los presupuestos cantidad suficiente para cubrir los crecientes gastos de la Comisión.841 A Comisión acordou en maio de 1897 editar unha publicación na que informar das adquisición e doazóns destinadas ao Museo co fin de estimular as achegas e doativos. O proxecto materializouse no mes de marzo de 1898 coa saída á luz do 841 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 3 de febrero de 1898 Ilus. 39 A Comisión de Ourense, 1914. 297 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. primeiro exemplar do Boletín da Comisión de Monumentos.842 Nas últimas páxinas da publicación, baixo o epígrafe Noticias, recollíase puntualmente os materiais que se incorporaban ao Museo expresando o agradecemento aos individuos que os cederan ou doaran. Destacamos entre outras, a doazón de Jesús Palacios de 1899 dun obxecto de bronce e varios restos romanos atopados nun desmonte da vía férrea entre Barco e a Rúa de Valdeorras.843 O mesmo individuo cedeu no 1903 unha vaixela de barro e un machado neolítico atopado na exploración dun túmulo nas Gándaras de Budiño, Pontevedra.844 A Comisión promoveu nestes anos numerosas inspeccións na procura de vestixios arqueolóxicos. Así, no verán de 1898, Marcelo Macías visitou Castro Caldelas e a súa contorna onde realizou investigacións no tramo da vía romana desa área.845 Benito Fernández Alonso, Hermida e Manuel Castro doaron tamén vestixios arqueolóxicos ao Museo testemuña de numerosas saídas e inspeccións arqueolóxicas. Coa finalidade de enriquecer o Boletín con ilustracións, os comisionados mercaron en xullo de 1899 unha custosa cámara fotográfica a pesares de contar cun limitado orzamento de 1.000 pesetas anuais asinadas pola Deputación.846 En adiante as visitas a monumentos e inspeccións arqueolóxicas contaron co correspondente material gráfico. Constatamos no Libro de Actas que nestes anos a Comisión era xa un referente na provincia á hora de comunicar achados arqueolóxicos fortuítos, desperfectos nos monumentos e, en xeral, calquera cuestións que afectara ao Patrimonio. Así, en outubro de 1898, a Comisión foi convocada polo Gobernador con carácter 842 Acta do 21 de maio de 1897. Libro de Actas da Comisión de Monumentos de Ourense. 843 BCPMHO T. I Nº 10 Páx. 192 844 BCPMHAO T II Nº 30 1903 Páx. 124 845 AAMAO. Libro de Actas da CPMHAO. Sesión Extraordinaria de 6 de outubro de 1898. 846 AMAO Libro de Actas da CPMHAO. Sesión de 7 de marzo de 1898 e Sesión de 2 de xullo de 1899 Manuel Castro (1846-1916). Presbítero de Ourense e Académico da RABASF desde 1913. Foi catedrático de Latín e Humanidades, de Física, Química e Matemáticas. no Seminario Conciliar Colaborou con Martínez Sueiro, no estudo da documentación do arquivo da Catedral de Ourense Publicou no Boletín da Comisión numerosas transcricións paleográficas. 298 extraordinario co motivo da publicación no xornal El Eco de Orense da desaparición dunha escribanía de prata artística da Cámara Abacial do Mosteiro de Oseira. A noticia sinalaba ao Gobernador como posible responsable da sustracción polo cal este solicitaba da Comisión que comprobara si realmente existira tal escribanía e, neste caso, que se pronunciara sobre o seu valor histórico, artístico e económico e tamén que identificara aos responsables da súa custodia. A Comisión logo de efectuar as pescudas ao respecto concluíu que non se podía demostrar a existencia previa do obxecto supostamente extraviado e consecuentemente tampouco a sustracción.847 Ilus. 40 San Estevo de Ribas de Sil, 1940. No que respecta á defensa dos edificios monumentais temos documentadas varias intervencións da Comisión. A finais de 1899, enterada a través da prensa local das intencións do Ministerio da Guerra de enaxenar o convento de San Francisco da cidade Ourense, amosou a súa desconformidade e solicitou que, como mínimo, se exceptuara das vendas ao seu claustro oxival.848 A comezos de 1901, os 847 AAMAO. Libro de Actas da CPMHAO sesión extraordinaria de 6 de outubro de 1898 e Sesion de 8 de xaneiro de 1899. Entendemos que a dependencia económica da Comisión con respecto á Deputación impedía calquera investigación obxetiva. 848 AAMAO. Libro de Actas da CPMHAO 12 de decebro de 1899 299 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. comisionados denunciaron no Boletín o derrube dunha das fachadas do claustro renacentista do Mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil. Neste asunto reclamaron á RAH e á RABASF que impediran a total ruína do monumento.849 As actas das asembleas da Comisión dos anos 1899 e 1900 son moi breves e apenas recollen breves mencións aos obxectos e libros doados ou adquiridos para o Museo e a Biblioteca e información relativa ao estado de contas. Esta brevidade e espazamento das actas relacionámolo coas dificultades da Comisión destes anos para a celebración de asembleas oficiais dado que se requiría un mínimo de individuos para constituílas. Comprobamos que, efectivamente, no cambio de século sucedéronse na Comisión as baixas e incorporacións. No 1900 integrouse Eduardo López Moreno, profesor do Instituto, comprometido coa rexeneración social a través da formación da xuventude. 850 Neste ano incorporouse tamén Moreno Torres que apenas participou activamente na Comisión. Desde a promulgación do R. D. de 25 de outubro de 1901 pasaron a integrarse coma vocais natos o Presidente da Deputación, o Alcalde da cidade e o Director do Instituto Xeral e Técnico. 851 Conforme a esta normativa no mes de decembro de 1902 integrouse coma o vocal nato Salvador Padilla de Vicente, Director do Instituto Xeral e Técnico.852 849 BCPMHAO T. I Nº 18 Páx. 328 850 Consultar datos biográficos publicados co motivo do cabo de ano do seu falecemento no Número-homenaje a la memoria de Don Eduardo Moreno López, ilsutre profesoer del Instituto General y Técnico de oremnse y excelente ciudaddano, con motivo del primer aniversario de su fallecimiento. La Popular, 21 de novembro de 1912 Participou nos Xogos Florais de 1906 co traballo Medios prácticos para difundir la cultura en la provincia de Orense Impreso con este mesmo título no Anuario de la Exportación de 1908 Páx. 10 851 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 28 de novembro de 1901 852 Salvador Padilla de Vicente catedrático de latín e Castelán exerce como profesor do Instituo de Sengunda Eduardo Moreno López (1870-1911) Nado en Cádiz. Cursou Dereito e Filosofía e Letras. Académico da RAH. Exerceu a Cátedra de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense desde 1897 do cal foi director. Foi estimado profesor de Florentino L. Cuevillas, Vicente Risco e Otero Pedrayo. Publicou Compendio de Geografía económica (1902) Atlas escolar o colección de Cartas de estudio (1907); Medios para difundir la cultura en la provincia de Orense (1908); Las partes del mundo y los estados de Europa: Ensaio de un compendio científico de Geografía descriptiva (1910); Federico Ratzel: su vida y su obra (1910). 300 Nesta altura causou baixa Manuel Hermida por traslado a Madrid. A reorganización conseguinte a estas baixas e incorporacións levou a Marcelo Macías á presidencia da Comisión.853 O Museo e a Biblioteca continuaron incrementando os seus fondos. Así no 1900 Neira Cancela, futuro membro da Comisión, doou unha copiosa colección de manuscritos en pergamiño e en papel pertencentes á varias igrexas da provincia de Ourense.854 Conde-Valvís, afeccionado as antigüedades, doou tamén ao Museo no 1901 unha lápida de mármore atopada nunha parede en Vilaboa, Allariz.855 A relación da Comisión coas Academias nesta altura era moi fluída. Desde a RAH, Fidel Fita solicitou no 1901 a colaboración da Comisión para a obtención dun calco ou fotografía da inscrición do sepulcro de Witiza da parroquia de Punxín para un traballo académico. Benito Fernández Alonso foi o encargado de realizar este encargo.856 Os comisionados amosaron nos anos seguintes un gran interese polo estudo dos vestixios arqueolóxicos. Destacou neste eido Manuel Díez Sanjurjo, que ingresou na Comisión no 1902 ocupando a vacante do recén falecido Manuel Pereiro Rey. Aproveitando a súa actividade profesional de enxeñeiro de camiños realizou amplas inspeccións arqueolóxicas na provincia.857 O Boletín da Ensinanza desde 1880. Exerceu coma director do instituto en diversos intervalos ata o seu tralado ao Instituo de Cuenca no 1930. Finou nesa cidade no 1834. No 1902 integrase na Comisión coma membro nato. Posteriormente voltará a integrarse coma vocal da Comisión no 1914 coma correspondente da RAH BCPMHAO T V Nº 94 xaneirofebreiro de 1914. Páx.24 853 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 12 de decembro de 1902 854 BCPMHAO TI Nº 17 Novembro de 1900 Páx. 312 ingresará na Comisión no 1903 855 La epigrafía latina en la provincia de Orense. BCPMHAO T. I Nº 23 Páx. 407 decembro de 1901 856 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesion de 2 de xuño de 1901- 857 AMAO Libro de Actas da CPOMHAO Sesion de 28 de novembro de 1901 e ARABASF 46-4/4(31) 02/01/1901 e 46-4/4(32) 23/03/1902 Ma nuel Díez Sanjurjo. (1870- 1941) Nado en Burgos. Enxeñeiro de Camiños e afeccionado á arqueoloxía. Académico da RABASF (1904) e da RAG (1907). Publicou no Boletín da Comisión Las Mámoas (1901); Los caminos antiguos y el Itinerario nº 18 de Antonino en la provincia de Orense (1904-1908). Realizou estudos sobre a romana e, en particular, sobre a m inería do ouro nas Médulas. Pertenceu tamén ás Comisións de Monumentos de Valladolid, León e Santander. 301 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. Comisión danos conta das súas investigacións e das doazóns de vestixios que realizou ao Museo de decembro de 1900858 e de xuño de 1901.859 No 1902 Díez Sanjurjo realizou novas escavacións de certa envergadura nas mámoas de Cea e Vilamarín.860 O Museo da Comisión foi novamente o destinatario dos obxectos recuperados.861 Dedicamos un apartado específico ás actuacións arqueolóxicas de Díez Sanjurjo. A Comisión programou no 1902 unha saída de investigación arqueolóxica á Lagoa de Antela co obxectivo de estudar os supostos túmulos e restos de poboacións lacustres. A acta da asemblea de decembro de 1902 recolle o resultado desta inspección de Hermida e Fernández Alonso. A Comisión concedeu gran importancia a estos estudos e acordou darlle continuidade no verán seguinte para publicalo posteriormente no Boletín.862 Non temos constancia de que se continuaran as investigacións. En decembro de 1902 o párroco de Verísimo de Seixalvo solicitou o asesoramento da Comisión de Monumentos con respecto a valía histórica e artística da súa Igrexa co fin evitar que as obras que se ían a realizar causaran danos. A Comisión acordou neste caso que o Arquitecto Provincial Crespo, Marcelo Macías e Benito Fernández Alonso visitaran a Igrexa para emitir un informe ao respecto. 863 Os comisionados resolveron que o arco de 858 BCPMHAO T. 1 Nº 17 Páx. 859 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesion de 2 de xuño de 1901 Ente os obxetos doados figura punta de lanza, un coitelo de pedernal e once fósiles que lle dera Manuel Baraja de Vigo 860 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 9 de xuño de 1902 861 BCPMHAO T. 2 Nº 25 Páx .32 Nesta ocasión recupera abundante cerámica basta, percutores, un machado pulimentado, unha lasca de sílex e unha pedra alisadora de granito 862 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 12 de decembro de 1902 863 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 29 de setiembre de 1902 Vida Galega Nº3 1909 Juan Neira Cancela (1848 -1909) Militar e xornalista vigués. A cadémico da RAH. Fundou a revista Galicia Literaria (1883) e Galicia en Caricatura (1889). Entre a súa produción literaria figura Ecos del campamento (1876); El ahorcado (1879); Preludios (1880); Programa de los Ángeles (1890); Los juegos florales de Orense (1901); La morriña (1907);. Autor de Caldo Gallego (1889) que recolle unha escolm a dos seus mellores artigos e Montaña de Orense (1905) con prólogo de E. Pardo Bazán. 302 ferradura que separaba o presbiterio da nave merecía ser conservado polo cal recomendaron desmontalo para dar maior altura as xambas e colocalo novamente no seu lugar, permitindo así elevar a entrada. Con respecto ao artesoado de madeira do presbiterio os comisionados non viron inconveniente en reemplazalo por unha bóveda de canón recomendando unicamente situar o artesoado noutra dependencia do templo.864 En marzo de 1903 incorporouse á Comisión, Juan Neira Cancela865 coma académico da RAH No momento da súa integración aportou un cuantioso donativo para a Biblioteca da Comisión que se sumaba aos que realizara nos anos anteriores.866 As doazóns de vestixios arqueolóxicos continuaron no 1903. Díez Sanjurjo aportou novos obxectos arqueolóxicos procedentes de inspeccións asociados a súa tarefa profesional ao fronte de obras públicas.867 No mes de xaneiro de 1904 doou ao Museo un anaco de mosaico romano encontrado en San Miguel de Outeiro, un anaco de tella e un de vasilla, e trozos dunha lápida romana atopados en diversos puntos da provincia.868 A Comisión acordou no mes de xuño de 1903 revitalizar un acordo previo de 1894 que permitía aos seus integrantes cambiar obxectos e volumes duplicados e adquirir aqueles outros que consideraran oportunos para acrecentar os fondos do Museo e da Biblioteca sen aprobación previa da Comisión. Con esta medida perseguíase dar maior dinamismo á adquisición de fondos, en especial, nos intervalos entre asembleas da Comisión869 Nestes anos a Comisión continuou colaborando coa RAH na obtención de calcos e copias dos epígrafes da provincia. Entre outras actuacións deste tipo, os 864 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 12 de decembro de 1902 865 Para afondar na producción escrita de Neira Cancela consultar Os Galegos pintados por si mesmos.Homes do País. Ed. Ricardo Polín. Vigo .1999 Couceiro adícalle unha semblanza no xornal La Noche Nº 9285 15 /03/1951 As súas poesías, relatos breves e históricos están espalladas en xornais, revistase almanaques coma La Pequeña Patria, Follas Novas, Galicia e Galicia Moderna, Revista galaica; Revista gallega, El Heraldo Gallego, Extracto de Literatura,… 866 BCPMHAO T.II Nº 31 1903 Páx. 138 867 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 8 de marzo de 1903 868 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 10 de xaneiro de 1904 869 AMAO Libro de Actas da CPMHAO Sesión de 10 de xuño de 1903 303 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. No 1910 incorporouse á Comisión o cóengo Juan Bautista Casas887 coma correspondente da RAH Na mesma sesión de acollida delegou en Marquina as tarefas de Secretaría que lle correspondían como individuo máis recente, indicador de que a súa implicación na Comisión iba a ser moi escasa.888 Neste mesmo ano a Comisión viuse afectada polo traslado profesional de Manuel Díez Sanjurjo a Valladolid. A súa vacante cubriuse en abril de 1911 coa incorporación do avogado Francisco Conde Balvís.889 Nesta altura a consolidación do Boletín coma publicación de divulgación e intercambio científico levou á Comisión a establecer dun equipo de redacción no 1910. A dirección correspondeu a Marcelo Macías e formaron parte da redacción Fernández Alonso, Sanjurjo, Martínez Sueiro e Eugenio Marquina.890 A Comisión de Monumentos,no verán de 1910, recibiu a unha delegación comisionada polo Goberno para estudar os monumentos visigodos da provincia anteriores ao século X. Esta delegación estaba presidida polo catedrático da Universidade de Granada Gómez Moreno e polos enxeñeiros Juan Allende Salazar e Torres Campos. Marcelo Macías, Fernández Alonso e Marquina visitaron con eles o oratorio de San Miguel de Celanova, Santa Comba de Bande, San Pedro de Rocas e San Esteban de Ribas de Sil. Os investigadores durante as visitas realizaron numerosas fotografías.891 O Boletín da Comisión recolleu as investigacións realizadas pola comitiva na visita a Santa Comba de Bande.892 887 Coengo da Catedral de Ourense. A cesión do cargo de secretarío que lle correspondía entendemos que obedece a intención de non implicarse activamente na actividade da Comisión. 888 AMAO Libro de Actas. Sesión de 11 de juño de 1910 889 ARABASF 46-4/4(51) 28/04/1910 890 AMAO Libro de Actas. Sesión de 19 de xaneiro de 1910. 891 El Eco de Galicia:órgano de los gallegos residentes en las Repúlicas Sudamericanas. Nº 679 30/0/1910 Páx. 9 892 BCPMHAO T. XIV 1943-1944.S.N. Exploraciones en Santa Comba de Bande. Gómez Moreno, M. Páxs. 47-51 Francis co Conde Valvís. (1860) Nado en Valverde, Allariz. Licenciado en Dereito, exerceu coma abogado en Allariz. Ingresou na Comisión de Monumentos no 1911 coma correspondente da RABASF Empresario en Allariz e en Ourense do alumeado eléctrico, promoveu a creación de varias centrais eléctricas. Froito da súa afección á Arqueoloxía, doou ao Museo numerosos vestixios arqueolóxicos. 310 As actas das asembleas destes anos son moi breves e céntranse basicamente no estado de contas da Comisión. Así, a asemblea de abril de 1911 recolle a aprobación das contas dos anos 1908, 1909 e 1910 e dos gastos extraordinarios ocasionados coa á exposición celebrada no Museo entre febreiro a marzo de 1910 cos obxectos que participaran na Exposición de Santiago. A protección dos edificios monumentais. 1912-1927 Achengándonos á segunda década do século XX confluíron unha serie de circunstancias que deron lugar a un cambio de orientación na actividade da Comisión ourensá con respecto a década precedente. A nova lexislación sobre Patrimonio de 1911 e a creación da Junta de Excavaciones Científicas y Antigüedades modificaron o marco das intervencións arqueolóxicas relegando o papel das Comisións de Monumentos nesta materia. A partir destas datas a Comisión intensificou a supervisión das obras realizadas nos edificios monumentais e colaborou activamente na instrución dos expedientes para as Declaracións de Monumentos. A Comisión viuse privada nestes anos de parte dos seus comisionados máis activos. Arturo Vázquez Núñez finara no 1907, Díez Sanjurjo e Marquina trasladáronse por motivos profesionais no 1910 e 1911 respectivamente.893 A súa vez o emblemático Marcelo Macías diminuíu progresivamente a súa participación activa na Comisión a causa da súa avanzada idade. Na segunda década do século mantívose unha fluída comunicación coa RAH intercambiando abundante correspondencia con Fidel Fita en torno aos epígrafes e demais vestixios da provincia. Atendendo aos seus requirimentos, os comisionados contactaron no 1911 co cura de Codesedo para obter información sobre un epígrafe ao que fixera referencia Barros Sibelo en Antigüedades de Galicia. Informaron tamén á Academia das adquisición realizadas para o Museo, entre elas un conxunto de material líticos formado por once follas de puñal, dous machados, un punzón e unha punta de frecha da Idade do Bronce.894 893 AMAO Libro de Actas. Sesión de 23 de abril de 1911 894 AHPCCJ Carta de Marcelo Macías a Fidel Fita, sobre un epígrafe que sospecha estaría en una parroquia 311 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. O Boletín da Comisión apórtanos tamén información sobre doazóns e depósitos ingresados nos fondos do Museo. Desde Verín achegouse unha lápida romana. A viúva de Sales e Ferré doou tres machados de pedra pulimentada e vinte e oito moedas de cobre, doce delas españolas e dezaseis imperiais romanas.895 As vacantes que se sucederan nos anos anteriores impediran á Comisión novamente celebrar asembleas por carecer de representantes da RABASF.896 Esta situación solventouse en maio de 1913 coa incorporación do Avogado do Estado Xulio Cuevillas e a do catedrático do Seminario Conciliar, Manuel Castro. Estes comisionados mantiveron un nivel discreto de implicación na actividade da Comisión. O Museo da Comisión tivo que afrontar c un novo traslado ara finais de 1913, nesta ocasión desde o edificio do Instituto ao pazo episcopal. Un nutrido grupo de representantes de diversas corporación locais e das Academias asistiron á inauguración das novas instalacións.897 Nesta altura, retomouse a iniciativa de recuperar os cadros do antiguo Museo de Pinturas que permanecían aínda dispersos. Benito F. Alonso e Marcelo Macías, representaron á Comisión na Xunta conformada na cidade para xestionar a recuperación dos cadros. A Comisión subvencionou a impresión do catálogo de cadros do antigo Museo realizado polo bibliotecario Juan Fernández Pérez.898 A Comisión de Monumentos, neste ano de 1913, acolleu na súa tertulia unha delegación encabezada por Oviedo Arce que informounos das investigacións realizadas en torno aos vestixios arqueolóxicos atopados na illa de Toralla.899 Os orensana, sobre la compra de utillaje lítico de la Edad del Bronce. 16/06/1911. Orense 895 BCPMHAO T IV novembro-decembro de 1012 Nº 87 Páx. 248. 896 AMAO Libro de Actas. Sesión de 6 de maio de 1913. 897 BCPMHAO T. IV Novembro-decembro de 1913. Páx. 390. 898 BCPMHAO T IV Nª 93 novembro-decembro de 1913 Páx. 391 899 Sobre a descuberta dos vestixios de Toralla e as primeiras exploracións acometidas por Oviedo y Arce e Pedreira Julio Alonso Cuevillas (-1936). Estudou Dereito en Santiago. Exerceu coma Avogado do Estado en Ávila, Pontevedra, Madrid e Ourense. Correspondente da R.A.B.A.S. F., participou intermitentemente nas actividades da Comisión. Durante breve tempo compartiu con Eduardo Moreno López bufete de abogado en Ourense. Xulio A. Cuevillas apenas deixou produción escrita,a excepción dalgún breve art igo co motivo da Homenaxe á D. Marcelo Macias. Influí u fondamente no s eu sobriño Florentino Cuevillas. 312 comisionados amosaron o seu interese en desprazarse á illa cando se proseguiran as intervencións. 900 Non nos costa que finalmente participaran nestas investigacións. A Comisión colaborou nestes anos co xornalista Cristóbal de Castro na confección do Cátalogo Monumental y Artístico de la Provincia de Ourense integrado no proxecto Catálogo Monumental de España de 1914.901 Os comisionados acompañaron a Cristóbal De Castro no seu percorrido pola provincia visitando os edificios monumentais: los señores P. Macías, Fernández Alonso y Martínez Sueiro, de la Comisión provincial de Monumentos, que en su alta hidalguía y solícita y previsora hospitalidad, no nos dejan yá, desde entonces, siendo, desde el comienzo al fin de nuestra empresa, nó solo espíritu y pensamiento, sino también instrumento y ejecución.902 Confeccionáronse dous tomos do Catálogo da provincia de Ourense, un dedicado aos materiais do Museo Arqueolóxico e outro con material gráfico dos edificios monumentais. Os volumes non chegaron a publicarse no seu momento.903 A Comisión no 1915 acordou homenaxear ao seu presidente Marcelo Macias, de recoñecido prestixio na consultar El Regional. Diario de Lugo Nº 9936 09/10/1913 Páx. 1 900 Vida Gallega Nº 47 10/11/1913 Páx.11 901 Rafael Balsa de la Vega fora o designado para elaborar o Catálogo de Ouense. O seu falecementos levou a Subsecretaría de Bellas Artes a a designar ao periodista Cristóbal de Castro(1880-1953) cun orzamento de 800 pestas anuais.BCPMHAO T IV Nº 93 Páx. 392. 902 Cátalogo Monumental y Artístico de la Provincia de Ourense. Prólogo. 1914 903 Os dous volumes do Catálogo, están dispoñibles na ligazón: http://biblioteca.cchs.csic.es/digitalizacion_tnt/index_interior_orense.html Emilio Vázquez Pardo (- 1931) Nado en Ourense. Estudou Dereito na Universidade Pontificia de Santiago. C atedrático de Arqueoloxía Sagrada no Seminar io de Ourense. Foi académico da RABASF (1917); da RAG e Cronista da Cidade de Ourense (1922). Coma s ecretario do Ateneo ourensán, impartiu neste centro conferen cias de temática histórica, artística e literaria. Manuel Castro Iglesias (- 1916) Nado en Ourense. Académico da RABASF (1917).Exerceu as cátedras de Latín e Letras , Física; Química e Matemáticas no Seminario de Ourense. Afeccionado á Arqueoloxía e á Paleografía. Estudou os documentos do Arquivo da Catedral de Ourense, xunto con Martínez Sueiro.Publicou Colección Diplomática y Documentos del Archivo de la Catedral de Orense. 313 A contribución das Comisións á conservación do Patrimonio galego. cidade. Con este obxectivo encargaron medallas conmemorativas coa súa efíxie destinadas ao Museo e para distribuír ás Reais Academias.904 Nestes anos o groso da actividade dos comisionados centrouse sobre todo na edición do Boletín e na xestión do Museo. Este último seguiu incrementando sos seus fondos con doazóns como a do ex alcalde de Carballiño, Máximino Álvarez, dun machado de sílex procedente de Beariz.905 A celebración de asembleas xerais, atendendo ao contido das actas, tiñan como obxectivo unicamente cumprir co formalismo de recoller o estado de contas da Comisión e a dar constancia dos ceses e incorporacións de novos comisionados.906 Así, as actas de 1916 recollen a vacante causada polo pasamento de Manuel Castro no mes de abril907 que foi cuberta coa incorporación nos meses seguintes de Emilio Vázquez Pardo,908 académico da RABASF.909 Marcelo Macías, implicado en todos os eventos culturais da cidade, foi homenaxeado novamente no 1917 cun un acto celebrado no Teatro Principal. Parte dos discursos lidos nesta celebración foron recompilados nun Boletín da Comisión especialmente dedicado a súa figura.910 A Comisión, á altura de 1918, seguía a contando coa mesma dotación económica de 1.000 pesetas anuais que lle viña concedendo a Deputación nos últimos anos.911 Esta precariedade orzamentaria levou aos comisionados a recortar gastos na edición do Boletín modificando os formatos das tapas e a calidade do papel.912 Esta limitada asignación permitía a Comisión realizar algunha que outra adquisición puntual para o Museo. No mes de xullo de 1918 mercaron unha figura romana de bronce de 904 AMAO Libro de Actas. Sesión de 14 de decembro de 1915 905 BCPMHAO T.V Nº 107 Marzo-Abril de 1916 Páx. 192 906 AMAO Libro de Actas. Sesión de 12 de setembro de 1917 907 AMAO Libro de Actas. Sesión de 6 de maio de 1916 908 O Boletín da Comisión adicalle una semblanza noTomo IX Nº 197 909 AMAO Libro de Actas. Sesión de 10 de xuo de 1917 910 BCPMHAO T.V Nº 112 911 BCPMHAO T VI Nº 120 Páx. 431 912 AMAO Libro de Actas. Sesión de 13 de xullo de 1918 314 Mercurio achada en Leiro, Vilar de Barrio.913 No mesmo mes adquiriron tamén un tesouriño atopado en Cudeiro, no Monte do Rego.914 A Comisión celebrou unha asemblea extraordinaria a finais de ano co obxectivo de constituírse de acordó ao novo Regulamento aprobado polo R. D. de 11 de agosto de 1918. Asistiron a esta asemblea de decembro Marcelo Macías, Fernández Alonso, Cuevillas,Vázquez Pardo,Salvador Padilla, o arquitecto municipal Gulias e o presidente da Deputación, Taboada. Na sesión deuse conta do cese como membro nato do bibliotecario Juan Fernández Pérez915 e da delegación do Bispo na persoa de Cándido Cid916 como representante seu. 917 Segundo se recolle nesta acta de decembro de 1918, a Comisión non celebrara sesións ordinarias durante o ano coma medida hixiénica por mor da epidemia de gripe. Para o ano seguinte o Libro de Actas unicamente recolle a sesión da aprobación das contas dos anos 1918 e 1919. Nestes dous anos contamos con escasas referencias a actuacións concretas da Comisión se ben mantívose a actividade ordinaria que implicaba a publicación do Boletín e o mantemento do Museo. Comezada a década seguinte a Comisión cobrou novamente certo dinamismo. O párroco de Santa Comba Bande solicitou ao Bispo no 1920 que intermediara para acadar 22.000 pesetas co obxecto de ampliar a igrexa parroquial. Antes de autorizar as obras o Bispo solicitou o preceptivo informe da Comisión de Monumentos. Neste caso a Comisión non dubidou en desautorizar toda intervención que modificara o edificio na súa estrutura que en manera alguna debe accederse a lo solicitado, por ser la mencionada iglesia una verdadera joya de la arquitectura cristiana, tanto más estimable, cuanto que es una de las muy pocas que se conservan de la época 913Figura de Mercurio de bronce de 18 cm.cos pes mutilados e situda sobre una plancha circular que descansaba sobre tres lebreles dos cales se conservan dous. BCPMHAO T VI Nº 120 Páx. 431. Consultar CAI-OR/9/3931/2 de 9 de xaneiro de 1789 sobre o altar es estatuiña de Vilar de Barrio. En CAI-OR/9/3931/7(1) figura expediene e debuxo da escultura de pedra atopada en Vilar de Bario de 1838. 914 Diario de Galicia:periódico de la mañana…. Nº 3217 28/07/1918 915 Bibliogrfía BCPMHAO T VII xullo-Agosto de 1923 Nº 151 916 Consultar datos biográficos na semblanza que lle adica Otero Pedrayo con motivo do se falecemento no 1939 no Boletín Nº 247 917 AMAO Libro de Actas. Sesión de 16 de decembro de 1918.A acta recóllese no BRAH , T.74 (abril 1919) Páxs. 384-385 315 [Document text truncated for crawler view.]