Regulamento de selección de PAS
Full text
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 1 / 16 DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 30 de outubro de 2020 aprobou o Regulamento de selección de Persoal de Administración e Servizos, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 2 / 16 REGULAMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 3 / 16 ÍNDICE PREÁMBULO ................................................................................................................................. 3 TITULO I. NORMAS XERAIS ......................................................................................................... 3 Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación ................................................................................... 3 Artigo 2. Principios reitores ........................................................................................................ 4 Artigo 3. Normativa aplicable. ..................................................................................................... 4 TITULO II. PLANIFICACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS ......................................................... 4 Artigo 4. Obxectivos da planificación .......................................................................................... 4 Artigo 5. Oferta de emprego ....................................................................................................... 4 TITULO III. ÓRGANO DE SELECCIÓN .......................................................................................... 5 Artigo 6. Tribunal. ....................................................................................................................... 5 TITULO IV. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN ........................................................................... 7 Artigo 7. Publicidade das convocatorias. .................................................................................... 7 Artigo 8. Criterios xerais de selección ........................................................................................ 7 Artigo 9. Sistemas selectivos. ..................................................................................................... 7 Artigo 10. Características das probas selectivas. ....................................................................... 7 Artigo 11. Convocatorias. ........................................................................................................... 8 Artigo 12. Requisitos das persoas aspirantes. ............................................................................ 9 Artigo 13. Acceso a prazas que impliquen contacto habitual con menores no exercicio da súa actividade .................................................................................................................................. 10 Artigo 14. Acceso das persoas con discapacidade ................................................................... 10 Artigo 15. Solicitudes ................................................................................................................ 11 Artigo 16. Dereitos de exame ................................................................................................... 11 Artigo 17. Admisión de aspirantes. ........................................................................................... 11 Artigo 18. Desenvolvemento dos exercicios. ............................................................................ 12 Artigo 19. Acceso por promoción interna .................................................................................. 13 Artigo 20. Finalización do proceso selectivo ............................................................................. 14 Artigo 21. Listaxes de espera. .................................................................................................. 14 DISPOSICIÓNS ............................................................................................................................ 14 Disposición adicional. Aplicación á selección de persoal laboral. ........................................... 14 Disposición derrogatoria ........................................................................................................ 14 Disposición derradeira. Entrada en vigor. ............................................................................... 14 2
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 4 / 16 PREÁMBULO No artigo 39 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, DOG nº 29, do 12 de febreiro) recóllese a necesidade de que no marco das bases que estableza o Claustro, o Consello de Goberno aprobará un Regulamento do persoal de administración e servizos considerando unha serie de cuestión; entre elas os procedementos en materia de selección, promoción interna e promoción profesional. A experiencia acadada na xestión de procesos selectivos, así como as modificacións legais producidas, xustifican a necesidade de levar a diante modificacións, que permitan a incorporación dos preceptos legais ao contido dos procesos, así como a mellora na axilidade dos procesos de recepción e admisión de solicitudes de participación, eliminando documentación e cargas de traballo innecesarias nesta fase, como en determinados aspectos de valoración de méritos e de elaboración de probas. Neste senso, o Regulamento nace coa vocación de dotar á Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC) dos instrumentos xurídicos eficaces que lle permitan contar cos medios humanos máis adecuados para a consecución dos seus obxectivos, e ao tempo favorecer un entorno de traballo motivante para que o persoal empregado público poida acceder á promoción interna e ao desenvolvemento profesional, garantindo ao tempo os dereitos da cidadanía no acceso á función pública, como dereito fundamental recoñecido na Constitución. Este Regulamento consta de catro títulos, vinte e un artigos, unha disposición adicional, unha disposición derrogatoria e unha disposición derradeira. O título I, regula o ámbito de aplicación, os principios reitores e a normativa aplicable. O título II, trata os obxectivos da planificación dos recursos humanos e da oferta de emprego pública. O título III, describe pormenorizadamente o funcionamento dos órganos de selección. O título IV, define as características xerais dos procesos de selección, convocatorias, requisitos das persoas aspirantes, publicidade e difusión e presentación da documentación. Neste título, é onde se introducen as principais novidades ao incorporar a tramitación electrónica á xestión das solicitudes de participación. Logo da negociación e acordo cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, e de conformidade coas competencias establecidas no artigo 81 dos Estatutos da USC, o Consello de Goberno acordou na súa reunión do 30 de outubro aprobar o presente Regulamento. TITULO I. NORMAS XERAIS Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. 1. O presente Regulamento ten por obxecto fixar criterios xerais en materia de acceso ás distintas escalas do persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sen prexuízo das bases específicas que determine cada convocatoria. 2. Deste xeito preténdese desenvolver as previsións do artigo 39 dos Estatutos da USC referidas á selección e promoción interna e determinar os procedementos e condicións de acceso ás súas escalas. 3
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 5 / 16 Artigo 2. Principios reitores. A USC seleccionará ao seu persoal de administración e servizos mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como os establecidos a continuación. a) Publicidade das convocatorias. b) Transparencia e obxectividade no desenvolvemento dos procesos selectivos e no funcionamento dos órganos de selección. c) Igualdade, con especial atención á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e das persoas con discapacidade. d) Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección. e) Independencia, confidencialidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección. f) Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas que se van desenvolver. g) Eficacia e axilidade, sen prexuízo da obxectividade, no desenvolvemento dos procesos selectivos. Artigo 3. Normativa aplicable. Serán de aplicación ás convocatorias de procesos selectivos: a Lei orgánica de universidades; o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; Lei do emprego público de Galicia; Real decreto que regula o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade; os Estatutos da USC, as Resolucións de aprobación da oferta de emprego público, así como o presente Regulamento. TITULO II. PLANIFICACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS Artigo 4. Obxectivos da planificación. 1) A planificación dos recursos humanos no ámbito da USC ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles, mediante a determinación dos efectivos precisos e a mellora da súa distribución, formación, promoción profesional e mobilidade. 2) Os procesos de selección de persoal de administración e servizos realizaranse conforme se determine na relación de postos de traballo e na oferta de emprego público. Artigo 5. Oferta de emprego. 1) A USC seleccionará ao seu persoal de administración e servizos de novo ingreso e de promoción interna de acordo coa súa oferta de emprego público. A súa aprobación será requisito previo para convocar as probas selectivas. 2) A oferta de emprego público estará constituída, polas necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proveerse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso. 4
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 6 / 16 3) As ofertas de emprego público reservarán unha porcentaxe non inferior ao sete por cento das prazas convocadas para ser cubertas entre persoas con discapacidade, sempre que superen as probas selectivas e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións, todo elo nos termos definidos no artigo 48 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Real decreto 2271/2004, de 3 de decembro, de acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. 4) A distribución da reserva de prazas realizarase dando preferencia ás vacantes en escalas cuxas funcións resulten compatibles coa existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias. 5) As prazas reservadas para persoas con discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias pero garantindo, en todo caso, o tratamento diferenciado do proceso. 6) A oferta de emprego público deberá ser aprobada polo Consello de Goberno da USC, logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos e estar autorizada pola Consellería competente da Xunta de Galicia. A súa execución realizarase dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. TITULO III. ÓRGANO DE SELECCIÓN Artigo 6. Tribunal. 1) O órgano de selección na USC é o tribunal que terá como misión a execución dos procesos selectivos e a avaliación das probas, así como a dos méritos das persoas aspirantes, no seu caso, de conformidade co que estableza cada convocatoria. 2) O tribunal, que será nomeado polo reitor, estará integrado por un mínimo de cinco membros: 1 presidente/a, 3 vogais,1 secretario/a e o mesmo número de membros suplentes. Todos eles terán voz e voto. 3) Os membros dos tribunais deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría para o ingreso no cal se requira unha titulación igual ou superior á esixida para participar no proceso selectivo. 4) En virtude do principio de representación equilibrada, agás que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, a composición do tribunal cualificador será equilibrada de mulleres e homes con capacitación, competencia e preparación adecuada. Considérase que existe representación equilibrada cando cada sexo estea representado alomenos ao 40%. 5) Promoverase a participación nos tribunais de persoas con discapacidade en aqueles procesos nos que exista quenda de reserva ou convocatoria independente para este colectivo. 6) A válida constitución do tribunal esixira� a presenza de todos os seus membros. Os membros titulares que non asistan ao acto de constitución serán substituídos polos membros suplentes. 7) Ademais das causas de abstención previstas no artigo 23 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público, non poderán formar parte dos tribunais ni ser nomeado persoal colaborador ou asesor especialista, as persoas que realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da publicación da correspondente convocatoria. Tampouco poderá formar parte o persoal de elección o designación política, o persoal funcionario interino, o persoal laboral indefinido non fixo ou temporal e o persoal eventual. 5
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 7 / 16 8) Os tribunais terán a categoría que corresponda ao grupo ou escala que se convoque, de acordo co lo disposto no artigo 30 do Real decreto 462/2002, de 24 de maio, de indemnizacións por razón do servizo. 9) A participación en tribunais dara� dereito a percepción das indemnizacións económicas que se determinen. 10) Á vista das solicitudes de adaptación formuladas polas persoas con discapacidade e, co fin de garantir a participación en condicións de igualdade co resto dos/as aspirantes, o tribunal poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. 11) O tribunal cualificador actuará con suxeición ao disposto nas Leis 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, e demais disposicións vixentes. 12) O tribunal actúa con plena autonomía no exercicio da súa discrecionalidade técnica e está facultado para resolver as dúbidas que puideran xurdir na aplicación das bases da convocatoria. Os seus membros son persoalmente responsables da transparencia e obxectividade do procedemento, da confidencialidade das probas e do estrito cumprimento das bases da convocatoria, así como das instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente. 13) Os tribunais compostos por membros destinados nos Campus de Lugo e Compostela poderán, cando o estimen conveniente pola natureza dos temas a tratar, facer uso do sistema de videoconferencia ou outros medios electrónicos, para optimizar recursos económicos e de eficiencia, asegurándose que quede salvagardado o deber de sixilo e confidencialidade que debe presidir as súas actuacións. 14) Os acordos do tribunal publicaranse nos sitios indicados no artigo 18 deste Regulamento. 15) Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, o tribunal convocará, de ser o caso, ás persoas aspirantes que teñan que realizar a proba de acreditación de coñecemento do castelán. 16) A persoa que ostente a secretaría do tribunal levantará acta de cada sesión, tanto de celebración de exercicios como da súa corrección e avaliación, así como dos puntos principais das deliberacións e o contido dos acordos, recollendo de maneira clara e concisa, a motivación das decisións que se adopten. 17) O tribunal non poderá propoñer o acceso á condición de persoal funcionario dun número superior de aprobados ao de prazas convocadas, agás cando así o prevea a propia convocatoria. 18) Contra os acordos dos tribunais e os seus actos de trámite, se estes últimos deciden directa o indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, cabe recurso de alzada ante o reitor nos prazos e formas que establece a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 6
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 8 / 16 TITULO IV. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN Artigo 7. Publicidade das convocatorias. 1) As convocatorias das probas selectivas de acceso libre publicaranse no Diario Oficial de Galicia e anunciaranse no Boletín Oficial do Estado, para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Neste caso, para os efectos de cómputo do prazo de presentación de solicitudes terase en conta a publicación do Boletín Oficial do Estado. 2) As convocatorias de promoción interna publicaranse unicamente no Diario Oficial de Galicia e o cómputo de prazos iniciarase ao día seguinte da súa publicación. 3) A súa vez, todas as convocatorias publicaranse, a efectos informativos, no taboleiro electrónico da USC e na páxina web https://www.usc.gal/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html. Artigo 8. Criterios xerais de selección. 1) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas na Lei de emprego público de Galicia. 2) Nos procesos selectivos coidarase especialmente a conexión entre o tipo de probas que se deban superar e a adecuación ao desempeño das tarefas das prazas convocadas. Artigo 9. Sistemas selectivos. 1) A Universidade de Santiago de Compostela seleccionará ao seu persoal a través dos sistemas de oposición, concurso-oposición e, excepcionalmente, concurso. 2) A oposición consiste na superación das probas teóricas e/ou prácticas que se establezan na convocatoria, e que deberán permitir determinar a capacidade das persoas aspirantes e establecer a orde de prelación entre elas. 3) Cando a oposición conste de varios exercicios, a convocatoria determinará o carácter obrigatorio ou voluntario e eliminatorio ou non de cada un deles, e o sistema de puntuación. 4) Co fin de asegurar a debida idoneidade das persoas aspirantes, estas deberán superar na fase de oposición a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas. 5) O concurso-oposición consiste na superación das probas correspondentes á fase de oposición e posterior valoración na fase de concurso de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia, conforme ao baremo que estableza a convocatoria. A valoración da fase de concurso non suporá máis dun corenta por cento da puntuación máxima alcanzable no proceso selectivo. 6) O concurso consiste na valoración exclusiva dos méritos que se sinalen na convocatoria. Artigo 10. Características das probas selectivas. 1) Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua. Quedarán exentas desta proba, as persoas que acrediten o coñecemento do castelán de conformidade co establecido nas bases da convocatoria. 7
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the l ast page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 9 / 16 2) Para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas administracións públicas, nas probas selectivas incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente. As bases das convocatorias establecerán o carácter e, de ser o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega. 3) Nos demais exercicios, as persoas aspirantes teñen dereito a elixir libremente a lingua oficial da Comunidade Autónoma en que os desexan realizar, o que comporta así mesmo o dereito a recibir na lingua elixida os enunciados dos exercicios, agás no caso das probas que se teñan que realizar en galego para aqueles postos que requiran un especial coñecemento desta lingua. 4) A adecuación ás funcións propias dos postos de traballo virá dada polo contido do temario e das probas que determinen as bases da convocatoria. 5) Os exercicios da oposición consistirán na realización de probas teóricas e/o prácticas que permitan demostrar a posesión de coñecementos, habilidades ou destrezas, e de ser o caso, comprobar o dominio de linguas estranxeiras dos/as candidatos/as. Agás excepcións debidamente xustificadas, nos procedementos de selección que consten de varios exercicios, polo menos un, deberá ter carácter práctico. 6) Para asegurar a obxectividade e racionalidade dos procesos selectivos, as probas poderán completarse coa superación de cursos, períodos de prácticas, coa exposición curricular polos/as candidatos/as, con probas psicotécnicas ou coa realización de entrevistas. Igualmente poderá esixirse a superación de recoñecementos médicos que garantan que a capacidade do/a aspirante é compatible co desempeño do posto. 7) A descrición dos exercicios e no seu caso, da fase de concurso, recollerase no anexo I da convocatoria correspondente. 8) As convocatorias e as súas bases negociaranse co órgano de representación do persoal. Artigo 11. Convocatorias. 1) O proceso selectivo iniciarase mediante resolución reitoral con convocatoria pública na que se identificarán as prazas obxecto da convocatoria, nos termos que fixe a resolución da oferta de emprego público. 2) As bases da convocatoria, como mínimo, deberán conter: a) O número de prazas, o subgrupo ou grupo de clasificación profesional, no suposto de que este non teña subgrupo, así como a escala. b) As condicións e os requisitos que deben reunir as persoas aspirantes. c) O sistema selectivo aplicable, con indicación do tipo de probas concretas e os sistemas de cualificación dos exercicios. d) Baremo de valoración de méritos se se trata de concurso-oposición. e) O programa das probas selectivas ou a referencia da súa publicación oficial. f) Solicitude de participación, forma e prazo de presentación. g) A orde de actuación das persoas aspirantes. 8
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8386 -90CA-4BA7-BC5D Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última págin a/See detail of the signature on the last page CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D 16 / 16 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 03/11/2020 11:39:02. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 02/11/2020 14:35:51. CSV: 8386-90CA-4BA7-BC5D