scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 23-11-2023, que aprobou a modificación do Anexo II do Regulamento de redución docente e retribución de cargos e responsables académicos

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICO, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de novembro de 2023 aprobou a modificación do Anexo II do Regulamento de redución docente e retribución de cargos e responsables académicos, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7458-4DA4-4674-A703 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7458-4DA4-4674-A703 1 / 3 PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO ANEXO II DO REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE REDUCIÓN DOCENTE E DE RETRIBUCIÓN DE CARGOS E RESPONSABLES ACADÉMICOS NA USC O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de maio de 2019, recolle no seu anexo I a relación de Cargos Académicos e no seu anexo II a relación de Responsables Académicos. Polo que se refire á figura de coordinador/a de área, faise necesario precisar que para aplicar a redución docente a área debe contar cun mínimo de cinco profesores. Por outra parte, é necesario introducir un cambio en relación co Comité de BioéƟca que, en virtude da regulación recentemente aprobada polo Consello de Goberno, pasou a denominarse Comité de ÉƟca. Procede, en consecuencia, realizar unha modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC É por isto que o Consello de Goberno, na súa sesión do día 23 de novembro de 2023, acorda: Único. Modificar o Anexos II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribucións de cargos e responsables académicos na USC, conforme a táboa que se engade como anexo. Disposición derradeira. Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de SanƟago de Compostela. Anexo RESPONSABLE ACADÉMICO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGO COMPLEMENTO OBSERVACIÓNS CÓDIGO HORAS/CURSO Coordinador/a de área de coñecemento (5-15 profesores) R7 20 Presidente/a do Comité de Ética R3 90 C4 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7458-4DA4-4674-A703 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7458-4DA4-4674-A703 2 / 3 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/12/2023 15:09:47. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 05/12/2023 13:59:39. CSV: 7458-4DA4-4674-A703 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7458-4DA4-4674-A703 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7458-4DA4-4674-A703 3 / 3