scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Crise e modelo de financiamento autonómico 2009: leccións para o futuro

Fernández Leiceaga, Xoaquín María

Abstract

A crise económica transformouse en España nunha crise fiscal. A crise supuxo un agudo problema de suficiencia, un notable desafío á estabilidade financeira e un acicate claro ao exercicio da autonomía tributaria. E, especialmente, puxo en primeiro plano a discusión sobre o nivel desexable de equidade entre gobernos rexionais (máis igualdade ou menos?) ao tempo que as preferencias rexionais diverxían máis aínda. A próxima revisión do sistema debería aclarar o grao de nivelación aplicable, se se nivelan as capacidades tributarias ou tamén as necesidades, que facer co principio de ordinalidade e como transitar dende a situación actual ao novo modelo. Supoñendo a neutralidade financeira vertical, formulamos dous modelos: o primeiro, de máxima equidade (nivelación total de capacidades e necesidades); o segundo, con ordinalidade (nivelación parcial). Efectúanse outras propostas complementarias para garantir mellor o tratamento técnico independente e a transparencia no modelo. Tamén se efectúan algunhas reflexións sobre como mellorar a autonomía tributaria das comunidades, discutindo a posibilidade de descentralizar máis o IRPF ou de crear un IVE de decisión colectiva polas rexións.

Full text

Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 25 CRISE E MODELO DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO 2009: LECCIÓNS PARA O FUTURO Xoaquín Fernández Leiceaga IDEGA e ECONAGROSOC (USC), GEN (UVIGO) Facultade de Ciencias Económicas, Campus Norte, 15782 Santiago de Compostela E-mail: [email protected] RESUMO: A crise económica transformouse en España nunha crise fiscal. A crise supuxo un agudo problema de suficiencia, un notable desafío á estabilidade financeira e un acicate claro ao exercicio da autonomía tributaria. E, especialmente, puxo en primeiro plano a discusión sobre o nivel desexable de equidade entre gobernos rexionais (máis igualdade ou menos?) ao tempo que as preferencias rexionais diverxían máis aínda. A próxima revisión do sistema debería aclarar o grao de nivelación aplicable, se se nivelan as capacidades tributarias ou tamén as necesidades, que facer co principio de ordinalidade e como transitar dende a situación actual ao novo modelo. Supoñendo a neutralidade financeira vertical, formulamos dous modelos: o primeiro, de máxima equidade (nivelación total de capacidades e necesidades); o segundo, con ordinalidade (nivelación parcial). Efectúanse outras propostas complementarias para garantir mellor o tratamento técnico independente e a transparencia no modelo. Tamén se efectúan algunhas reflexións sobre como mellorar a autonomía tributaria das comunidades, discutindo a posibilidade de descentralizar máis o IRPF ou de crear un IVE de decisión colectiva polas rexións. CRISIS AND REGIONAL FUNDING 2009 MODEL: LESSONS FOR THE FUTURE ABSTRACT: In Spain the economic crisis has become a tax crisis. The crisis has meant an acute problem of sufficiency, a remarkable challenge to financial stability and an incentive to the exercise of tax autonomy. And, above all, it has put in the foreground, the discussion about the desirable level of equity between regional Governments (more equality or less?) while regional preferences differed more. The next revision of the system should clarify the degree of levelling, if tax capabilities or needs are equalised, what to do with the principle of no-reranking and how to move from the current situation to the new model. Assuming vertical financial neutrality, two models appear: the first one, with the equality at a maximum (total levelling of capacities and needs); the second one, with no-reranking (partial levelling). Other complementary proposals are carried out to better guarantee the independent technical treatment and transparency in the model. Some reflections are made on how to improve the tax autonomy of the communities, discussing the possibility of decentralizing more income tax or creating a common regional-decision VAT. PALABRAS CHAVE: Federalismo fiscal, Descentralización, Relacións intergobernamentais, Nivelación, Autonomía Financeira, Crise Económica KEY WORDS: Fiscal Federalism, Decentralization, Intergovernmental Relations, Levelling, Financial Autonomy, Economic Crisis 1. Introdución: en que punto estamos na descentralización? O proceso de descentralización en España acadou, despois de 35 anos, un punto decisivo. España é na actualidade un dos países máis descentralizados do mundo. É o quinto país da OCDE en termos de porcentaxe do gasto subnacional sobre o total –fundamentalmente polo peso do nivel rexional. Malia que o ritmo de descentralización dos ingresos rexionais chegaron máis tarde e con menos intensidade, España aparece, conforme aos indicadores habituais na literatura, no pelotón de cabeza da autonomía tributaria dentro da OCDE, só por debaixo de países como Estados Unidos, Alemaña ou Canadá. Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 26 Todas as comunidades autónomas xestionan a sanidade, a educación dende os primeiros anos ata a universidade, e os servizos sociais máis relevantes –malia que con algunha cesión competencial cara aos concellos. Tamén se ocupan do medio ambiente, dalgunhas infraestruturas, da investigación e o desenvolvemento –en concorrencia coa administración central- ou o apoio aos máis diversos sectores económicos. Atenden tamén ás necesidades materiais da administración de xustiza. As asimetrías competenciais entre rexións, aínda que subsisten, teñen moita menos relevancia que hai vinte anos. Polo tanto, aínda que se poidan producir axustes marxinais nas competencias das rexións, non cabe pensar nunha nova onda de descentralización dende o goberno central. Ao contrario, dende hai anos algúns propoñen, aínda que cun éxito máis ben escaso, unha aplicación máis rotunda do principio de subsidiariedade a favor dos gobernos locais. E os cambios nas preferencias dos cidadáns da meirande parte dos territorios nos últimos anos favorecen unha maior centralización1. En canto aos recursos, podemos observar no gráfico 1, no Anexo, que o indicador de autofinanciamento neutralizado2 amosaba nos anos 90 un valor inferior ao 0.4. O autofinanciamento ten un intenso impulso ascendente coincidindo coa entrada en vigor dos sistemas de financiamento das autonomías de rexime común en 2001 e 2009 –xa en plena crise. Nos últimos anos o valor do indicador aproxímase a 1 e baixa de forma consecutiva na administración xeral do estado. Algúns gobernos rexionais teñen asignado un espazo fiscal que supera xa o seu gasto no financeiro neutralizado. Se establecemos como obxectivo manter alomenos na unidade o índice de autofinanciamento da administración xeral do estado, a asignación dun maior espazo fiscal ás comunidades autónomas de rexime común a forza da facenda central ten como límite superior as transferencias verticais que esta realiza no marco do sistema de financiamento. No ano 2013 esas transferencias (aportacións aos fondos de garantía de servizos fundamentais, suficiencia e converxencia menos o financiamento de competencias singulares) acadaron os 7.88 millóns de euros, algo máis do 8.35% dos recursos totais do sistema de financiamento a competencias homoxéneas. Superar ese límite colocaría á facenda central por debaixo do límite no que non sería capaz de facer fronte aos gastos asociados ás competencias propias3. A experiencia comparada indica ademais que moi frecuentemente o nivel central de goberno financia alomenos unha parte das transferencias de nivelación (véxase Martínez Vázquez e Searle, 2008). Teñamos en conta ademais que ao longo da crise a capacidade financeira neta da administración central padeceu considerablemente máis ca das comunidades autónomas no seu conxunto. Calculamos a evolución desa variable para ámbalas dúas administracións, entre 2007 e 2014, axustando a asignación das transferencias entre o nivel central e o autonómico co criterio do devindicación para eliminar o efecto distorsionante dos excesivos adiantos a conta dos anos 2009 e 2010 (que arrastran á 1 Ben é certo que noutros casos (Cataluña, Comunidad Foral de Navarra) a opinión pública parece apuntar no senso contrario. 2 Este indicador calcula a porcentaxe que representan os ingresos tributarios sobre o gasto se non houbera déficit. 3 Cabe pensar nunha integración do rexime local nas competencias autonómicas. A marxe engadida aumentaría en algo máis de 11.127 millóns de euros, con datos de 2013 (MHAP, 2015b) Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 27 súa vez liquidacións negativas en 2011 e 2012)4. Para a administración central restamos dos seus recursos non financeiros as transferencias que debería ter efectuado ás comunidades autónomas se os adiantos estiveran ben calculados (eliminando os que efectivamente realizou), así como o resto das transferencias efectuadas cara outras administracións. Para a administración autonómica incorporamos en cada exercicio as transferencias que debería ter percibido (e eliminamos as que efectivamente percibiu). No gráfico 2, no Anexo, amosamos tamén a evolución dos recursos tributarios do conxunto da administracións públicas españolas. As comunidades autónomas amosan un perfil descendente, pero permanentemente por enriba dos recursos tributarios conxuntos e, dende logo, da administración central. A este resultado contribuíron os compromisos de recursos adicionais incorporados na reforma do modelo de financiamento de 2009. Unha parte deste bo comportamento agregado é froito da mellor evolución das comunidades forais, pero este feito non altera a visión global. A administración central perde estes recursos (inicialmente valorados en algo máis de 11.000 millóns de euros); ademais, no exercicio 2009, enfróntase ás abruptas caídas na recadación dos impostos principais, tanto directos como indirectos. A recuperación posterior é moi limitada (agás o efecto da alza dos tipos no IVE) e permítelle á facenda central tan só se situar en 2014 no 55% da súa capacidade financeira de 2007. Debemos ter en conta que nestes anos case non tiveron lugar axustes competenciais marxinais do lado do gasto. Resumindo, as dificultades experimentadas pola totalidade das administracións autonómicas neste anos dificilmente van poder ser arrostradas da forma tradicional: entregando máis recursos a nivel rexional, por parte da administración central ben sexa con maior espazo fiscal ben por medio de transferencias adicionais. Isto segue sendo a intención de moitos gobernos rexionais (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014), pero o mesmo afondamento na descentralización de gastos e ingresos e a necesidade de proseguir nos esforzos de consolidación fiscal por parte da administración central nun senso amplo nos próximos anos (AIREF, 2015b) impídeo5. 2. Os efectos da crise e a reconsideración dalgúns elementos. No Anexo indicamos algúns dos cambios máis relevantes que ocorreron como consecuencia da crise e da reconsideración dalgúns criterios. Indiquemos algúns dos cambios máis relevantes, que, insistimos, non derivan tanto do modelo como da súa relación co contexto: 1. A aguda quebra da suficiencia. Por vez primeira dende o nacemento das comunidades autónomas o gasto público rexional baixa en termos nominais en todas e cada unha das comunidades autónomas de rexime común, e de forma consecutiva en varios exercicios (Fernández Leiceaga, Lago Peñas e Vaquero, 2016). 2. O recurso á débeda é, despois dun intenso uso inicial, regulado e controlado (alomenos sobre o papel). A aparición de intensos déficits incrementou o 4 O axuste debería incluír tamén as transferencias a nivel local para ser completo. Pero a súa menor contía e a súa exclusión do noso ámbito de interese fan innecesario este proceder. 5 Malia que a AIREF ve posible o cumprimento do obxectivo de estabilidade para a administración central nun senso estrito, considera que é moi probable a desviación do obxectivo por parte da Seguridade Social, sen que a primeira teña marxe positiva suficiente para compensalo. Ademais, o obxectivo de debeda para 2020 considérase inviable. Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 28 recurso aos pasivos financeiros, ata que os mercados financeiros puxéronlle freo. As axencias de calificación e os subministradores de crédito non souberon discriminar o risco asociado dunhas ou outras comunidades autónomas, xerándose unha potente externalidade negativa das rexións máis endebedadas cara as outras (López Laborda e Leal Marcos, 2009). gráfico 3. débeda acumulada sobre gasto non financeiro do exercicio, por niveis de administración, 1995-2013, porcentaxe FONTE: Banco de España e MINHAP, 2015. Elaboración propia 3. O uso alcista da autonomía tributaria. Coa irrupción da crise e nunha situación de máxima necesidade dos recursos, percébese unha tendencia, malia que non unánime, a reverter parte das rebaixas introducidas no período anterior, configurándose dous grupos de comunidades: as que mantiveran presión fiscal superior á media (Cataluña, Andalucía, Asturias, Cantabria, Galicia, Aragón, Murcia, Extremadura) e as que reduciron os impostos (Madrid, Comunidad Valenciana, A Rioxa, Canarias, Castela e León) (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014b). 4. A crise puxo en primeiro plano a discusión sobre o nivel desexable de equidade entre gobernos rexionais. No modelo común en España coexistiron no tempo dous criterios para a determinación do volume de recursos para cada comunidade, que aínda na actualidade son determinantes. O primeiro consistiu na atención ao gasto real rexional do pasado inmediato (statu quo). O segundo, progresivamente perfeccionado, consistiu nunha tentativa de determinación obxectiva das necesidades de gasto relativas da poboación de cada territorio, para dotar a cada unha dunha capacidade semellante para ofrecer aos seus cidadáns un nivel de servizos públicos de competencia autonómica. Na reforma de 2009 estes dous criterios tradicionais foron combinados cun criterio de nivelación parcial. Pero os resultados efectivos do modelo de financiamento ata agora seguen a amosar unha incorrelación estatística entre a capacidade fiscal e os recursos financeiros finais por habitante, así como marcadas reordenacións nas posicións relativas de cada comunidade –en contra do espíritu do Estatuto de Cataluña. Esa capacidade tributaria autónoma é anulada por unha lea de fondos que buscan facer compatible a nivelación parcial coa igualdade: “todas as Comunidades Autónomas van recibir os mesmos recursos por habitante, en termos de poboación axustada ou unidade de necesidade, non só no primeiro ano de aplicación, senón tamén no futuro” (Exposición de motivos da Lei 22/2009). O resultado non ten parangón na experiencia comparada internacional: un modelo de nivelación parcial que ten en conta ás diferenzas nas necesidades de gasto pero que, asemade, xera grandes reordenacións nos ránkings (segundo capacidade tributaria e recursos finais per cápita) e que ao final reparte os recursos de forma non moi diferente a como podería facelo un sorteo aleatorio. O modelo común é de intensidade redistributiva media, superior ao estadounidense, semellante ao canadense pero inferior ao alemán ou ao Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 29 australiano. Continúa a ser dominante a ordenación final en función das necesidades de gasto, malia que de forma moi matizada. 5. A escisión nas preferencias rexionais. Como consecuencia, a determinación consensual do nivel de igualdade desexado converteuse nunha quimera. Un problema técnico transformouse nun problema político de primeira magnitude. Recordemos que España era un estado intensamente centralizado hai tan só trinta anos. E nestas tres décadas funcionou a pretensión de que a igualdade era unha propiedade básica do sistema. A excepción foral contemplábase como unha anomalía menor. E, malia a atención dos especialistas, o punto de chegada era o máis relevante. Na actualidade xa non é así. A discrepancia central, que afecta ao rumbo que debe adoptar o modelo, xira en torno a elementos normativos: o contido da igualdade ou o grao desexable de nivelación (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014a). 3. As propostas: (1) en relación coa equidade horizontal A próxima revisión do sistema debería aclarar os elementos de debate que condicionan o deseño dun modelo coherente: a. O grao de nivelación aplicable. A nivelación parcial formaba parte dos obxectivos perseguidos polo estatuto de Cataluña, obrigando a distinguir entre os servizos públicos básicos (nos que se debe garantir a posibilidade dun tratamento igualitario ao dos españois con independencia de onde vivan) e os outros. Aqueles que defenden a nivelación total aducen que entre os servizos considerados non básicos atópanse as condicións materiais da administración de xustiza, a protección e conservación do territorio ou o funcionamento da propia administración. Debemos aceptar que algunhas comunidades teñan menos recursos ca outras para estas funcións? b. Se a nivelación é aplicable ás capacidades tributarias ou tamén inclúe as necesidades. No primeiro caso a poboación (o número de habitantes) é o criterio único. No segundo é necesario ter en conta os diferenciais de custo na prestación dos servizos dependendo das condicións xeográficas e as variacións na demanda que produce a diversa composición demográfica da poboación (habitantes axustados). c. A introducción ou non do criterio de ordinalidade. Deberíase limitar a aplicación da nivelación para impedir que ao final o sistema outorgue máis recursos a comunidades con menores capacidades tributarias ca outras? Xa sabemos que a nivelación parcial comporta de por si unha menor probabilidade de reordenación (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014a). Débense introducir regras explícitas que impidan a reordenación? E, que pasa cando a nivelación é total? d. que facer co statu quo? Nin na literatura comparada nin no debate académico e apenas nas posicións das rexións o criterio do statu quo ten unha defensa sólida (Fernández Leiceaga e Lago Peñas, 2014, b). Pero é preciso indicar como transitar dende o modelo actual a outro no que ese criterio desapareza. Formulamos como condición de aceptación do modelo que non se produza unha caída nos recursos totais dispoñibles para cada comunidade en termos nominais. A facenda central facilita a transición aportando os recursos adicionais do período de axuste para algunhas comunidades. Por que deben ser aportados pola facenda central? Tanto por pragmatismo (detraer eses recursos do fondo xeral incrementaría o número de comunidades prexudicadas polo sistema e dificultaría moito a aprobación do novo modelo) como para evitar facer recaer esa compensación nas comunidades peor financiadas ata o momento. e. Por último, o modelo debería manter a neutralidade financeira, unha vez rematado ese período transitorio: non é posible para o nivel central inxectar Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 30 máis recursos no sistema de financiamento autonómico ou desprenderse de novas parcelas tributarias (o que vén sendo o mesmo) de forma permanente. Inicialmente distribúense entre todas as comunidades de rexime común os mesmos recursos que no ano base (2013), a competencias homoxéneas. Respondendo ás tres primeiras incógnitas e coas dúas premisas finais establecemos dous modelos. O primeiro, de equidade máxima, responde ás preferencias explícitas dun número amplo de comunidades (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014b). A nivelación é total e non parcial, téñense en conta as necesidades de gasto (e non só os habitantes). O esquema respecta o principio de non reordenación das comunidades, ao financiar a todas elas coa mesma cantidade de recursos por unidade de necesidade6. O segundo modelo é unha plasmación do espíritu (non da letra) do Estatuto Catalán de 2006, nunha formulación que foi avalada polo Tribunal Constitucional na súa sentenza do 28 de xuño de 2010. Este modelo respondería ás preferencias das comunidades autónomas de Cataluña e Madrid (conxuntamente representan un 32% dos habitantes do espazo de rexime común). A nivelación é parcial, aínda que respecta as necesidades de gasto; a ordinalidade é intensa, malia que mantén os recursos por unidade de necesidade nunha marxe estreita. Estamos utilizando polo tanto como criterios a capacidade tributaria autónoma e o respecto ás necesidades de gasto, esquecéndonos (agás pola introdución dun longo período transitorio) do statu quo. A proporción na que se combinen determinará as propiedades do sistema resultante. Canto máis peso teña a capacidade tributaria autónoma, maiores serán as disparidades en recursos finais por habitante axustado, máis se respectará o chamado “criterio de ordinalidade” e as rexións máis prósperas aproximarán os seus resultados aos do modelo foral. Canto menos peso teña maior será a igualdade en recursos finais por habitante axustado. 1.1. Modelo de máxima equidade Este modelo responde a un criterio único, cunha operativa extremadamente sinxela. Todos os recursos do sistema, agás os que financian competencias homoxéneas, serán distribuídos entre as comunidades en función das unidades de necesidade (ou habitantes axustados)7. Integramos tamén no cómputo os 452.8 millóns que supón a participación de Canarias nos recursos derivados do seu rexime económico e fiscal (REF) (Minhap, 2015, anexo XI). Cos datos de 2013 os recursos globais do sistema de financiamento acadan os 94.335 millóns de euros; a cada unidade de necesidade correspóndenlle 2317.89 euros. Na Táboa 1 observamos os resultados finais por comunidades. No gráfico 4 podemos apreciar mellor as comunidades gañadoras e perdedoras con esta repartición. Hai oito rexións prexudicadas, de tamaño pequeno ou medio: en conxunto suman 9,65 millóns de habitantes, un poco máis do 20% do total. Namentres que sete comunidades, de dimensión media moi superior, resultan favorecidas; entre elas están as tres máis poboadas (Madrid, Cataluña, Andalucía) e as tres de nivel de renda por habitante superior (Madrid, Cataluña, Illas Baleares). O cambio de modelo presenta graves dificultades de xestión política. As rexións prexudicadas experimentan unha notable caída no seu financiamento por habitante axustado -do 23% de Cantabria ou o 16.5% 6 Aínda que se se realizan os cálculos co número de habitantes, prodúcese unha certa reordenación. 7 O 25% dos recursos tributarios normativos, o Fondo de Garantía dos Servizos Públicos Fundamentais, o Fondo de Suficiencia Global (menos os recursos destinados ao financiamento das competencias homoxéneas) e os Fondos de Converxencia. Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 31 da Rioxa-, aínda que moi desigual. Namentres que só a Comunidade Valenciana ou Murcia melloran en máis dun 5% o seu financiamento. No fondo, retírase moito a poucos habitantes para darlle pouco a moitos. Táboa 1. Os resultados do modelo igualitario RECURSOS TOTAIS UNIDADES MODELO NOVO DIFERENZA CCAA NECESIDADE ACTUAL MODELO % ANDALUCÍA 8 185 501 16 799 837 17 499 665 699 828 4.17 ARAGÓN 1 440 627 3 315 383 3 079 896 -235 487 -7.10 C E LEÓN 2 743 355 6 342 678 5 864 979 -477 698 -7.53 C.VALENCIANA 4 910 946 9 927 300 10 499 041 571 741 5.76 CANARIAS 2 155 082 4 443 539 4 607 319 163 780 3.69 CANTABRIA 598 634 1 663 906 1 279 811 -384 095 -23.08 CATALUÑA 7 446 814 15 673 780 15 920 437 246 657 1.57 C-MANCHA 2 220 075 4 797 964 4 746 266 -51 697 -1.08 EXTREMADURA 1 180 337 2 839 027 2 523 426 -315 602 -11.12 GALICIA 2 981 328 6 644 371 6 373 738 -270 633 -4.07 I.BALEARES 1 106 547 2 339 927 2 365 671 25 744 1.10 A RIOXA 332 334 851 329 710 492 -140 837 -16.54 MADRID 6 246 404 13 166 334 13 354 097 187 763 1.43 P.ASTURIAS 1 133 620 2 608 524 2 423 550 -184 974 -7.09 R.MURCIA 1 444 162 2 921 943 3 087 453 165 510 5.66 TOTAL 44 125 766 94 335 841 94 335 841 0 0.00 Miles de euros, unidades e porcentaxe. Fonte: MINHAP, 2015. Elaboración propia. Gráfico 4. gañadores e perdedores no modelo de financiamento igualitario Diferenza co modelo actual, en euros por habitante axustado. Elaboración propia a partir de MINHAP, 2015. Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 32 Cal sería a compensación necesaria para evitar as perdas no primeiro ano? Chegaría aos 2061 millóns de euros. Se supoñemos que se produce un crecemento nominal dos recursos dispoñibles dun 3% anual, sen que cambien os habitantes axustados, precisaríanse nove anos para que o financiamento por habitante axustado de todas as rexións, en termos nominais, co novo modelo, superase o nivel de 2013 do antigo. Pero na gráfica observamos tamén que a pendente de descenso da compensación necesaria é moi marcada: algunhas rexións acadan antes esa fronteira e as compensacións necesarias para as restantes fanse menores. Véxase o Gráfico 5 no Anexo. O modelo proposto pon o acento na igualdade. E cando o fai concentra o foco na determinación das unidades de necesidade. É fácil prever que de se impoñer este modelo, a discusión sobre as variables a utilizar, a súa definición e as súas ponderacións sexa central. Nun traballo recente De la Fuente (2015b) propón axustar o indicador de necesidades de gasto - Vencellando as ponderacións das variables á porcentaxe de gasto rexional nas funcións de referencia, deducindo os gastos financiados con transferencias específicas. - Asignando unha pequena proporción dos recursos a tanto alzado a cada comunidade, para contribuír a financiar os custos fixos das institucións de autogoberno8. - Substituíndo o indicador de gasto educativo por outros dous, que recollan o peso da poboación de 3 a 18 anos (educación infantil, primaria e secundaria) e o alumnado das universidades públicas9, coa ponderación correspondente ao gasto en cada unha delas. - Mellorando o indicador de necesidades de gasto en protección social incluíndo tamén a poboación en risco de exclusión. No conxunto a proposta parece mellorar o indicador de necesidades, malia que se puideran incorporar tamén outros criterios, como a non consideración na poboación protexida a efectos da sanidade dos cidadáns cubertos por mutualidades; ou a consideración dos alumnos efectivamente matriculados no sistema público e concertado no canto da totalidade da poboación de entre 3 e 18 anos (ver Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014b). Calculamos os cambios nas unidades de necesidade que os novos parámetros producen. As autonomías máis favorecidas son as máis pequenas; o novo indicador de custos fixos xera un efecto moi notable. En troco, Cataluña é a máis prexudicada, na contorna do 2%. Véxase o Gráfico 6 no Anexo. Ademais, tamén integramos o novo cálculo da recadación tributaria a efectos normativos que propón De la Fuente (2015, c), incluíndo o axuste dos recursos REF para Canarias. Dado que a recadación normativa axustada é, globalmente, 1.062 millóns de euros inferior á considerada no modelo, redúcese o conxunto dos recursos do sistema a distribuír entre as rexións en función dos indicadores de necesidade. Pero eses recursos non desaparecen: simplemente cada unha das rexións quédase con eles, sen os integrar no fondo común. 8 O Goberno de Asturias propuxera que fose un 1% do total. Pola nosa banda, suxeríramos a importancia da economías de escala no aparello de goberno ou administrativo (Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014b) 9 Como propuxo o Goberno de Canarias (ver Lago Peñas e Fernández Leiceaga, 2014b) Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 33 Táboa 2. resultados por habitante axustado actual dos diversos modelos CCAA Actual Igualitario Igualitario axustado Igualitario axustado coa nova recadación normativa ANDALUCÍA 96.00 100.00 99.90 101.77 ARAGÓN 107.65 100.00 99.37 103.04 C E LEÓN 108.14 100.00 99.71 100.87 C.VALENCIANA 94.55 100.00 98.61 102.20 CANARIAS 96.45 100.00 99.19 91.55 CANTABRIA 130.01 100.00 101.52 106.13 CATALUÑA 98.45 100.00 96.68 98.88 C-LA MANCHA 101.09 100.00 98.20 98.81 EXTREMADURA 112.51 100.00 101.27 101.75 GALICIA 104.25 100.00 98.69 99.21 I.BALEARES 98.91 100.00 98.02 94.68 A RIOXA 119.82 100.00 104.41 101.46 MADRID 98.59 100.00 98.62 99.14 P.ASTURIAS 107.63 100.00 100.27 102.33 R.MURCIA 94.64 100.00 100.45 101.36 TOTAL 100.00 100.00 100.00 100.00 ds 9.76 0.00 1.77 3.38 Fonte: MINHAP, 2015. Elaboración propia. En canto aos resultados podemos ver unha comparación na táboa 3, no Anexo. Tomamos como referencia os habitantes axustados do modelo de 2009 para o exercicio de 2013 para que se poidan ver ben os cambios. O axuste que provocan os cambios nos indicadores de necesidade e o recálculo da recadación normativa provoca un moi lixeiro cambio sobre o modelo básico (desviación estándar non ponderada por debaixo do 2%). Só na Rioxa, pola súa moi reducida dimensión, o efecto é intenso. Na última columna sumamos aos recursos que o modelo asigna a cada comunidade aqueles que cada rexión mantén como consecuencia do recálculo da recadación normativa. Canarias, como é previsible, resulta a máis afectada10. Pero tamén se produce un cambio notable, malia que de signo distinto, en Baleares e Cantabria. 10 Ao integrar no fondo unha cantidade significativa, que antes formaba parte dos seus recursos non compartidos nin tidos en conta no modelo, perde intensamente financiamento relativo. Revista Galega de Economía Vol. 25-2 (2016) 40 De la Fuente, A. (2016). “El cálculo de la recaudación normativa de los tributos cedidos tradicionales: una propuesta provisional.” FEDEA Policy Papers no. 2016-02, Madrid. http://www.fedea.net/documentos/pubs/fpp/2016/02/fpp2016-02.pdf de la Fuente, A. (en curso). “Notas para la reforma del sistema de financiación regional.”FEDEA, mimeo. Durán, J.M. (2008): La descentralització de l’IVA en fase minorista, Barcelona: Generalitat de Catalunya, Departament d’Economia i Finances. Fernández Leiceaga, X. y S. Lago Peñas (2013): “Sobre el reparto de los derechos de déficit entre comunidades autónomas: una propuesta alternativa”, Revista de Economía Aplicada, 63: 117- 136 Fernández Leiceaga, X., Lago Peñas, S. y Vaquero, A. (2016): Spanish fiscal federalism at the crossroad: a survey, Gen working paper, http://webs.uvigo.es/infogen/WP.htm Generalitat de Catalunya (2014): Documento de Análisis del Modelo de Financiación de las Comunidades Autónomas, Departamento d´Economia i Coneixement, marzo. Gobierno del Principado de Asturias (2014): Sistema de Financiación de las Comunidades Autónomas de Régimen Común. Análisis del modelo vigente, Consejería de Hacienda y Sector Público, marzo. Junta de Andalucía (2014:, Documento de Diagnóstico del sistema de financiación de la ley 22/2009, Consejería Hacienda y Administración Pública, marzo. Lago Peñas, S. y X. Fernández Leiceaga (2013): “Las finanzas autonómicas: expansión y crisis, 2002- 2012”, Papeles de Economía Española, 138: 129-146. Lago Peñas, S. y Fernández Leiceaga, X. (2014a): “Los límites a la redistribución entre territorios: un análisis comparado”, Cuadernos de Información Económica, nº 238, enerofebrero. Lago Peñas, S. y Fernández Leiceaga, X. (2014b): “El modelo de financiación autonómico desde la perspectiva de los gobiernos autónomos”, Investigaciones Regionales, nº 30-2014, 159-196. Lago-Peñas S, Martínez-Vázquez J. (2010): “La descentralización tributaria de las Comunidades Autónomas de régimen común: un proceso inacabado” Hacienda Pública Española / Revista de Economía Pública 192(1/2010) 129-151 Leal Marcos, A. y López Laborda, J. (2009): “Efectos externos del endeudamiento sobre la calificación crediticia de las Comunidades Autónomas”, Hacienda Pública Española/Revista de Economía Pública, 189 (2/2009), 81-106, Instituto de Estudios Fiscales. Martínez-Vazquez, J. y Searle, B. (2008): Fiscal Equalisation: Challenges in the Design of intergovernmental Transfers, Springer, New York. MHAP (2015a): "Liquidación de los recursos del sistema de financiación de las comunidades autónomas de régimen común y ciudades con estatuto de autonomía y de las participaciones en los fondos de convergencia autonómica regulados en la ley 22/2009 de 18 de diciembre, correspondientes al ejercicio 2013.” Madrid.4 MHAP (2015b): “Liquidación definitiva. Entidades Locales, 2013”, Madrid. 5 Zabalza A, López-Laborda J, 2015, “A vueltas con la autonomía tributaria” Papeles de Economía Española 143 94-109 Zabalza A, López-Laborda J, 2014, “The Uneasy Coexistence of the Spanish Foral and Common Regional Finance System” Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas WP-EC 2014-02 1 http://www.airef.es/es/contenidos/informes/129- informe-sobre-los-presupuestos-iniciales-de-las- administraciones-publicas-para-2015 2 http://www.airef.es/es/contenidos/informes/139-informes-sobre-el-proyecto-de-actualizacion-del- programa-de-estabilidad-del-reino-de-espana 3http://www.airef.es/system/assets/archives/000/001/208/original/Resumen_Informe_Anexos_L%C3% ADneas_Ptos_CCAA_2016_(003).pdf?1448973502 4http://www.minhap.gob.es/esES/Areas%20Tematicas/Financiacion%20Autonomica/Paginas/Informes% 20financiacion%20comunidades%20autonomas2.aspx 5http://www.minhap.gob.es/esES/Areas%20Tematicas/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/ LiquidacionDefinitiva.aspx Anexo on line: https://ideas.repec.org/s/sdo/regaec.html Web: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm