scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional

Sande Mayo, María Jesús

Abstract

A Unidade didáctica á que agora nos debemos enmárcase no segundo bloque da materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo solvente de todos e cada un dos contidos que abrangue é esencial para que o estudantado adquira unha perspectiva sólida e coherente sobre esta rama de coñecemento. A este respecto, cómpre ter presente que o Dereito Procesual constitúe unha das claves de arco do Grao en Dereito. A súa utilidade práctica, ademais do seu carácter transversal, fan dela unha disciplina protagonista en tanto que imprescindible, primeiro, para a comprensión do funcionamento do Dereito e, despois, para a aplicación práctica do mesmo. Pois ben, como parte fundamental dentro do estudo do Dereito Procesual, ademais das cuestións referidas ao proceso strictu sensu, da acción (e/ou da pretensión), destaca, polo que a nós agora atinxe, ademais de todo o relativo ao persoal xudicial, o estudo da xurisdición e, neste senso, da organización xudicial. Cando falamos da función xurisdicional estamos a referírmonos á potestade dimanante da soberanía do Estado, exercida exclusivamente polos Xulgados e Tribunais -integrados por xuíces e maxistrados independentes-, que consiste na realización do Dereito no caso concreto, executando e facendo executar o Xulgado (art. 117 CE). A este respecto, na presente unidade didáctica incidiremos, por un lado, no estudo dos criterios de creación dos distintos órganos titulares da potestade xurisdicional, isto é, os inseridos no Poder xudicial e o Tribunal Constitucional. Doutra banda, deterémonos na análise das súas específicas atribucións.

Full text

Ciencias Sociais e Xurídicas SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Organización Xudicial e Proceso TITULACIÓN Grao en Dereito unidade didáctica 6 Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional María Jesús Sande Mayo Departamento de Dereito Público Especial Área de Dereito Procesual Facultade de Dereito © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela ISBN 978-84-15876-59-5 Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 2 ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 3 MATERIA: Organización xudicial e proceso TITULACIÓN: Grao en Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica BLOQUE TEMÁTICO I: O DEREITO PROCESUAL Unidade I: O Dereito Procesual Concepto e características do Dereito Procesual A eficacia das normas procesuais: A) Eficacia temporal das normas procesuais; B) Eficacia da norma procesual no espazo As fontes do Dereito Procesual A interpretación do Dereito Procesual Leis procesuais básicas A) Lei Orgánica do Poder Xudicial B) Lei de Axuizamento Civil C) Lei de Axuizamento Criminal D) Lei da Xurisdición Contencioso-administrativa E) Lei do Procedemento Laboral F) Outras leis BLOQUE TEMÁTICO II: A XURISDICIÓN Unidade II: A xurisdición Os conflitos xurídicos e os seus modos de solución A) Os conflitos sociais regulados polo Dereito B) Os modos de solución dos conflitos xurídicos a) A autotutela b) A autocomposición c) A heterocomposición A potestade xurisdicional As funcións da xurisdición A) A tutela dos dereitos dos cidadáns por medio da satisfacción de pretensións B) A defensa da lei e o control normativo C) A creación xudicial do Dereito ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 4 Unidade III: O poder Xudicial O Poder Xudicial A) A formación do Poder Xudicial B) Poder Xudicial e Administración de Xustiza C) A responsabilidade do Estado polo funcionamento da xustiza A independencia do Poder Xudicial A) O autogoberno B) A administración do Poder Xudicial A organización do Poder Xudicial A) O principio de unidade xurisdicional B) A xurisdición militar C) Tribunais non integrados no Poder Xudicial O Poder Xudicial no Estado das Autonomías O Poder Xudicial e os outros poderes do Estado A) Diferenzas co Poder Lexislativo B) Diferenzas co Poder Executivo C) Os conflitos xurisdicionais Unidade IV: A esixencia constitucional do exercicio da xurisdición: a exclusividade O monopolio estatal da xurisdición A) Concepto B) A arbitraxe A atribución da potestade xurisdicional aos Xulgados e Tribunais A) A exclusividade en sentido positivo B) A autotutela executiva da Administración e a potestade sancionadora C) Os Tribunais Eclesiásticos As funcións exclusivas dos Xulgados e Tribunais A) A exclusividade en sentido negativo B) O Rexistro Civil C) A xurisdición voluntaria D) A investigación penal E) Outras funcións Unidade V: Os límites da xurisdición española O principio xeral establecido na LOPX Os criterios de atribución da competencia xurisdicional internacional: os foros exclusivos A competencia xurisdicional na orde civil A) Atribución con carácter xeral B) Atribución con carácter exclusivo A competencia xurisdicional española na orde penal A competencia xurisdicional española na orde contenciosoadministrativa A competencia xurisdicional española na orde social ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 5 Unidade VI: Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional Introdución. Normativa aplicable Os órganos xudiciais A) Multiplicidade de órganos xudiciais. Criterios para a creación de órganos xudiciais B) Criterio material de creación de órganos xudiciais C) Criterio territorial de creación de órganos xudiciais D) A división dos Tribunais en Salas e Seccións E) A constitución en órganos colexiados do Tribunal do Xurado F) O Tribunal Supremo G) A Audiencia nacional H) Os Tribunais Superiores de Xustiza I) As Audiencias Provinciais J) Órganos Unipersoais a) Enumeración b) Xulgados de Primeira Instancia e Instrución c) Xulgados de Violencia sobre a Muller d) Xulgados do Mercantil e) Xulgados do Penal f) Xulgados do Contenciosoadministrativo g) Xulgados do Social h) Xulgados de Vixilancia Penitenciaria i) Xulgado de Menores j) Xulgados de Paz O Tribunal Constitucional A) Composición B) Competencias C) O carácter xurisdicional do Tribunal Constitucional Unidade VII: O goberno do Poder Xudicial Introdución O Consello Xeral do Poder Xudicial A) Concepto B) Composición, designación e estatuto dos seus membros C) Organización e atribucións As Salas de Goberno Os presidentes dos Tribunais e das Audiencias Os presidentes das Salas de Xustiza e os xuíces Os decanos e as xuntas de xuíces e de maxistrados A inspección dos Tribunais ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 6 BLOQUE TEMÁTICO III: O PERSOAL XURISDICIONAL E OS COLABORADORES DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA Unidade VIII: As garantía constitucionais dos xuíces e maxistrados Concepto A independencia dos xuíces e maxistrados Independencia respecto das partes procesuais e do obxecto litixioso A) Abstención B) Recusación Independencia respecto dos superiores e dos órganos de goberno Independencia dos outro poderes do Estado e de presións sociais A inamobilidade A) Concepto B) Os supostos de inamobilidade temporal A responsabilidade persoal de xuíces e maxistrados A) Responsabilidade civil B) Responsabilidade penal C) Responsabilidade disciplinaria O sometemento do xuíz á lei Unidade IX: O estatuto de xuíces e maxistrados Concepto e regulación Aplicación A) A carreira xudicial B) Suplencias, substitucións e provisión temporal C) Os xuíces de Paz O ingreso na carreira xudicial A) Requisitos xerais B) As distintas modalidades de ingreso Incapacidades, incompatibilidades e prohibicións Traslados, ascensos e formación A) Provisión de vacantes B) Ascensos C) Formación Situacións administrativas O asesoramento xudicial O Tribunal do Xurado A) Concepto e estatuto B) Requisitos xerais e designación a) Formación da lista b) A selección de candidatos para cada caso concreto C) Incapacidades, incompatibilidades, prohibicións e escusas ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 7 Unidade X: A oficina xudicial, os secretarios xudiciais e o persoal ao servizo da administración de xustiza A oficina xudicial Os secretario xudiciais A) Estatuto B) Funcións Os Corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza que integran a oficina xudicial A) Corpo de xestión procesual e administrativa B) Corpo de tramitación procesual e administrativa C) Corpo de auxilio xudicial Outros Corpos e institutos ao servizo da Administración de Xustiza A) Os médicos forenses B) Outras institucións periciais a) O instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses b) Os institutos de Medicina Legal C) Outros organismos A policía xudicial A) Concepto B) As unidades orgánicas e adscritas C) Actuacións Unidade XI: O Ministerio Fiscal Concepto e natureza Funcións Principios de organización A) Unidade B) Dependencia Principios de actuación A) Legalidade. A oportunidade regrada B) Imparcialidade Organización e estatuto dos membros do Ministerio Fiscal A) Organización do Ministerio Fiscal B) Estatuto dos membros do Ministerio Fiscal ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 8 Unidade XII: Os avogados e procuradores A postulación O sistema dual da postulación: representación e defensa. Procurador e avogado Supostos excepcionais de capacidade de postulación A delegación da postulación A) Delegación da representación B) Delegación da defensa A garantía constitucional da postulación A relación xurídica existente entre avogados e procuradores e as partes Os colexios de avogados e procuradores Os Avogados do Estado Os graduados sociais BLOQUE TEMÁTICO IV: A ACCIÓN Unidade XIII: O dereito á tutela xudicial efectiva A acción. Acción e xurisdición Da acción ao dereito á tutela xudicial efectiva Contido esencial A) Dereito de acceso á xustiza B) Dereito a unha sentenza de fondo C) Dereito á execución O dereito a un proceso con todos as garantías e o dereito ao xuíz legal A) O dereito a un proceso con todos as garantías B) O reparto de asuntos a) O reparto entre Xulgados b) O reparto entre Seccións dos órganos colexiados C) O dereito a un xuíz legal e o reparto e a constitucións dos Tribunais A acción popular A defensa de intereses colectivos e difusos Unidade XIV: O dereito á asistencia xurídica gratuíta Fundamento constitucional Ámbito subxectivo Requisitos obxectivos Contido material do dereito O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta O servizo de asistencia xurídica gratuíta ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 9 BLOQUE TEMÁTICO V: O PROCESO Lección XV: O proceso Concepto O fin do proceso A estrutura básica do proceso derivada da Constitución A) O proceso sempre se inicia a instancia de parte B) Os actos básicos do proceso C) A necesidade do sistema de recursos O proceso como relación xurídica A) Formulación e remisión B) Os principios constitucionais informantes da relación xurídicoprocesual a) O principio de contradición e igualdade b) O principio de publicidade c) O principio de oralidade C) Os principios inherentes ao dereito material que informan a relación xurídicoprocesual a) A vixencia do principio acusatorio no proceso penal b) A vixencia do principio dispositivo e de achega de parte nos procesos civil, laboral, e contenciosoadministrativo Clases de procesos Unidade XVI: Os actos procesuais Concepto Clases de actos procesuais Actos do órgano xudicial A) Actos do xuíz B) Actos do secretario C) Actos xudiciais dos funcionarios dos Corpos de Xestión Procesual, de Tramitación Procesual e de Auxilio Xudicial Os actos de parte Características dos actos procesuais Lugar de realización dos actos procesuais Tempo dos actos procesuais A forma dos actos procesuais A) A oralidade ou a escritura B) A lingua C) A publicidade interna e externa A nulidade dos actos procesuais ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 16 Pola súa banda, a Lei 28/1988, do 28 de decembro, de Demarcación e Planta Xudicial, desenvolvendo a previsión do artigo 29 LOPX, establece a distribución territorial e o número e composición dos Xulgados e Tribunais. Lei vixente que, non obstante, sufriu sucesivas reformas co obxecto de ser adaptada ás novas necesidades. O esquema organizativo dos diversos órganos xudiciais sinalados parte dunha clasificación que atende a criterios moi variados: 1. Composición: en observancia do número de titulares da potestade xurisdicional, contamos con xulgados (órganos unipersoais respecto dos que a potestade corresponde a unha soa persoa) e os tribunais (nos que a potestade é atribuída de modo conxunto a varias persoas). A este respecto, discútese noutros países a conveniencia de que existan xulgados. En España, pola contra, a primeira instancia atribúese tradicionalmente a eles. 2. Especialización por razón da materia. Criterio material: a propia complexidade do ordenamento xurídico e das diversas materias que comprende, trae como consecuencia que poidan ser moitas e variadas as pretensións susceptibles de ser interpostas ante os órganos xudiciais (por ex. pouco ten que ver axuizar un caso dun delito de tráfico de estupefacientes, cun despedimento, cun divorcio, etc.)3. Así, tradicionalmente viñéronse distinguindo catro ordes xurisdicionais: a civil, a penal, a contenciosoadministrativa e a social ou laboral (22 LOPX). Nada tería impedido crear máis, pero mantivéronse as tradicionais. En determinados supostos, as ordes xurisdicionais diferéncianse pola natureza xurídica dos dereitos que están en xogo: así sucede, por exemplo, entre a orde civil, a penal e a contenciosoadministrativa. Na primeira ventílanse dereitos privados, na segunda o dereito do Estado a impoñer unha pena e na terceira os dereitos e intereses dos cidadáns fronte á Administración do Estado. Noutros casos, como acontece coa orde social, débese a razóns distintas, pois trátase tamén de dereitos e intereses privados, polo que a especialidade vén dada polo exercicio e tratamento procesual dos chamados dereitos laborais. A Lei Orgánica do Poder Xudicial distingue como órganos civís unipersoais aos Xulgados de Paz e de Primeira Instancia; na orde penal, aos Xulgados de Paz, de Instrución e do Penal, no ámbito da Audiencia Nacional, aos Xulgados Centrais: de Instrución, do Penal, de Vixilancia Penitenciaria e de Menores; na orde contenciosa administrativa, aos Xulgados do Contenciosoadministrativo e Central do Contenciosoadministrativo; e na social, aos Xulgados do Social. Doutra banda, 3 A competencia é o ámbito sobre o que un órgano xurisdicional exerce a súa potestade xurisdicional e ven referida ás materias sobre ás que un órgano xurisdicional actúa o dereito obxectivo no caso concreto, ou o que é o mesmo, o ámbito no que exerce a función xurisdicional. Deste xeito, a atribución de xurisdición a un órgano é insuficiente en orden a que o mesmo poida coñecer dunha determinada pretensión, será preciso ademais, que unha norma lle confira expresamente o seu coñecemento. A este respecto pronúnciase o artigo 9.1 da LOPX ao establecer que “os Xulgados e Tribunais exercerán a súa xurisdición exclusivamente naqueles casos en que lles veña atribuída por esta ou outra lei”. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 17 crea dentro dos Tribunais, distintas Seccións ás que especializar no coñecemento dos asuntos encomendados a cada unha das ordes. En materia penal existe igualmente o Xulgado de Menores e o de Vixilancia Penitenciaria. Nos Tribunais, a Sala do Militar. Diversa é a motivación que xustifica a creación dos Xulgados do Mercantil e os Xulgados de Violencia sobre a Muller, que estenden a súa xurisdición a varias ordes. A motivación responde nestes supostos a razóns de especialidade obxectiva, especificidade da materia. Neste senso, foi a LO 8/2003, de 9 de xullo (que acompañou á Lei 22/2003, Concursal) a que procedeu á creación, por motivos exclusivamente da materia a tratar, dos Xulgados do Mercantil, que coñecerán do proceso concursal e doutras materias que tradicionalmente foron adxudicadas aos órganos civís, estendendo a súa xurisdición ás materias mercantís, civís e laborais conectadas co ámbito concursal. Así mesmo, a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, creou en todos os partidos xudiciais os Xulgados de Violencia sobre a Muller, con competencia fundamentalmente penal aínda que tamén civil (esencialmente no ámbito matrimonial e de relacións paternofiliais: poden determinar a quen corresponde a garda e custodia, tramitar a separación, nulidade ou divorcio, etc.). En materia penal, instrúen as causas na materia e xulgan as faltas. A especialización non se levou ata as súas últimas consecuencias de maneira que, como veremos, hai órganos con competencia en dúas ou máis ordes. 3. Función procesual: o esquema normal dos procesos adoita comportar unha primeira instancia, una segunda (que non constitúe propiamente un segundo grao xurisdicional) e, por último, un recurso extraordinario orientado á unificación interpretativa da lei. Esta estrutura esixe, por conseguinte, a existencia de órganos que coñezan en cada unha das fases sinaladas. 4. Territorial: o artigo 30 da Lei Orgánica do Poder Xudicial divide o territorio do Estado en diferentes unidades territoriais para os efectos de facer posible o exercicio da potestade xurisdicional. Así, divídeo (unicamente para os efectos de materia xudicial) en municipios, partidos xudiciais, provincias, comunidades autónomas e o conxunto do territorio estatal. As unidades territoriais indicadas coinciden co concepto administrativo en todos os casos agás nun, o do partido xudicial, concepto este empregado en exclusiva no ámbito xudicial. De conformidade co previsto no artigo 32 LOPX, o partido xudicial é un territorio que está integrado por un ou máis municipios limítrofes, sempre que pertenzan a unha mesma provincia. A determinación do partido xudicial dependerá, en esencia, do tamaño do municipio. Por exemplo, o partido xudicial de Madrid só abrangue o concello de Madrid. O de Santiago de Compostela, pola contra, que é o partido xudicial da Coruña, abarca os seguintes municipios: Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Ames e Boqueixón. Pola súa banda, Vigo, partido xudicial de Pontevedra, ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 18 abrangue aos municipios de Baiona, Gondomar, Vigo e Nigrán. Distínguense partidos para os efectos de organización. O lexislador ten en conta estes territorios á hora de determinar o alcance de cada órgano xurisdicional. Así, serán competentes nas distintas divisións, os seguintes órganos xurisdicionais: a. No Territorio nacional: o Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional, os Xulgados Centrais de Instrución, do Penal, do Contenciosoadministrativo, de Vixilancia Penitenciaria e de Menores. Doutra banda, segundo o artigo 86 bis 4 LOPX, tamén os Xulgados do Mercantil de Alacante teñen competencia en todo o territorio nacional: son os Xulgados da Marca Comunitaria. b. No ámbito da Comunidade Autónoma: Os Tribunais Superiores de Xustiza. c. Na Provincia: as Audiencias Provinciais, os Xulgados do Penal, do Contenciosoadministrativo, de Vixilancia Penitenciaria, do Social, de Menores e do Mercantil. d. No Partido xudicial: Xulgados de Primeira Instancia, de Instrución e de Violencia sobre a Muller. En determinados casos, do Mercantil. e. No Municipio: o xuíz de paz. 3. A división dos Tribunais en Salas e Seccións A integración do órgano colexial por distintos maxistrados permite e esixe a súa división en orde a cubrir as distintas ramas do ordenamento nas que o Tribunal ten competencia. A división en Salas dun Tribunal supón unha división material, tendo atribuída cada unha das Salas competencia nun determinado ámbito. Neste senso pode manterse que, propiamente, o órgano xurisdicional non é o Tribunal en tanto conxunto administrativo de organización, senón as Salas que o integran. Unha excepción á regra exposta constitúea a Sala do Militar do Tribunal Supremo, que non responde á existencia das ordes xurisdicionais, senón á especialidade dos dereitos que se poñen en xogo. Doutra banda, as Salas poden dividirse en Seccións, porén isto non se corresponde cunha división material ou obxectiva, senón máis ben cunha división do traballo que a Lei asigna a cada unha das Salas. Exceptúanse neste caso do aquí sinalado, as Seccións do mercantil (82.4 LOPX) e de Violencia sobre a Muller (82.1.4), onde prima o factor da división material. Asemade, podemos atoparnos con Salas que exercen a súa competencia nun ámbito inferior ao do Tribunal. Así por exemplo acontece coas Salas do Contenciosoadministrativo e do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Castela e León e Canarias. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 19 4. A constitución do Tribunal do Xurado (en órganos colexiados) Nas Audiencias Provinciais, na Sala do Civil e do Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza e na Sala do Penal do Tribunal Supremo cabe constituír o Tribunal do Xurado. O Tribunal do Xurado (que é o nome que se lle da a sala que así se constitúe) estará integrado, segundo o artigo 2 da Lei Orgánica do Tribunal do Xurado (LOTX), por un maxistrado (maxistradopresidente) e nove xurados ou xuíces leigos. Estes últimos non pertencen a ningunha das categorías de maxistrados, trátase de cidadáns que deben reunir unha serie de requisitos aos que se refire o artigo 8 da LOTX. 5. O Tribunal Supremo O Tribunal Supremo, con sede en Madrid (art. 53 LOPX) e con xurisdición en todo o territorio español é segundo o artigo 123 CE o órgano xurisdicional superior en todas as ordes xurisdicionais, o que quere dicir que dentro do Poder Xudicial non existe ningún órgano que poida revisar as resolucións por el ditadas. O Tribunal Supremo eríxese, por conseguinte, no último grao (ordinario ou extraordinario) da xurisdición, de modo que todos os Xulgados e Tribunais españois incardinados no Poder Xudicial atoparanse xurisdicionalmente subordinados a el. Ao ter xurisdición en todas as ordes xurisdicionais, o Tribunal Supremo atópase integrado por distintas Salas (art. 55 LOPX): a primeira, Sala do Civil; a segunda, do Penal; a terceira, do Contenciosoadministrativo, e a cuarta, do Social. Asemade, á marxe das catro ordes xurisdicionais sinaladas, conta cunha Sala Quinta, do Militar (esta última coñece dos asuntos especiais derivados da xurisdición especial militar). Así ben, tal e como expresamente refire o artigo 54 LOPX, o Tribunal Supremo está composto polo presidente (que é ao mesmo tempo o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial), os presidentes das Salas e os maxistrados que están adscritos a cada unha das Salas ou Seccións que integran estas últimas. - A Sala Primeira do Tribunal Supremo, ou Sala do Civil coñece, segundo o establecido no artigo 56 LOPX: dos recursos de casación, revisión de sentenzas firmes e outros extraordinarios que estableza a Lei (como o recurso de infracción procesual); das demandas de responsabilidade civil por feitos realizados no exercicio do seu cargo dirixidas fronte altos cargos da nación (como por ex. o presidente do Goberno, do Congreso e do Senado, presidentes e conselleiros das CC.AA -se así o contemplan os seus respectivos Estatutos de Autonomía-, presidente do Tribunal Constitucional, presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, presidentes da Audiencia Nacional e de calquera das súas Salas e dos Tribunais Superiores de Xustiza, fiscal xeral do Estado, maxistrados do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo, etc.). Tamén coñecerá das demandas de responsabilidade civil dirixidas contra maxistrados da Audiencia Nacional ou dos Tribunais Superiores de Xustiza por feitos realizados no exercicio dos seus cargos - A Sala Segunda do Tribunal Supremo ou Sala do Penal coñece, de conformidade co artigo 57 LOPX, dos recursos de casación, de revisión de sentenzas ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 20 firmes e outros extraordinarios en materia penal que estableza a Lei; tamén coñece da instrución e axuizamento das causas contra altos cargos da nación así como das dirixidas contra Maxistrados da Audiencia Nacional ou dun Tribunal Superior de Xustiza. - A Sala do Contenciosoadministrativo do Tribunal Supremo (art. 58 LOPX) será competente en aras de coñecer: dos recursos contenciosoadministrativos contra actos e disposicións emanadas de organismos como o Consello de Ministros, o Consello Xeral do Poder Xudicial, do Tribunal Constitucional, dos órganos competentes do Congreso e do Senado, etc.; tamén coñecerá dos recursos de casación e revisión nos termos que estableza a Lei. - A Sala do Social do Tribunal Supremo ou Sala Cuarta coñecerá (art. 59 LOPX): de recursos de casación, revisión de sentenzas firmes e outros extraordinarios que estableza a Lei da Xurisdición Social. - A Sala Quinta do Militar, segundo o establecido no artigo 23 da Lei Orgánica 4/1987, de 15 de xullo, sobre competencia e organización da xurisdición militar coñecerá: dos recursos de casación e revisión que estableza a Lei contra as resolucións do Tribunal Militar Central e os Tribunais Militares Territoriais; asemade, coñece da instrución e axuizamento en primeira instancia dos procedementos por delitos e faltas que sexan competencia da xurisdición militar. De igual xeito, será competente a fin de coñecer dos recursos contra as decisións en materia disciplinaria con ocasión das sancións impostas polo Ministerio de Defensa, entre outras. -Doutra banda, todas as Salas do Tribunal Supremo serán competentes en orde a coñecer das recusacións que se interpoñan contra os maxistrados que as integren, coñecendo igualmente das cuestións de competencia entre os Xulgados e Tribunais da propia orde xurisdicional que non teñan un superior común (art. 60 da LOPX). - A Sala especial do Tribunal Supremo estará formada para resolver determinados temas, polo presidente do Tribunal Supremo, os presidentes de Sala e, dentro de cada un delas, polo maxistrado máis antigo e o máis moderno. De entre as súas competencias, que se recollen no artigo 61 LOPX cómpre destacar a declaración de ilegalidade e consecuente disolución dos partidos políticos (LO 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos). 6. Audiencia Nacional Ao igual que o Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional ten sede en Madrid e exerce a súa competencia en todo o territorio do Estado (art. 62 LOPX). A propia existencia da Audiencia Nacional ten suscitado e segue a suscitar polémica. En efecto, o feito de que dentro da organización xudicial española existan dous Tribunais con xurisdición sobre todo o territorio nacional é dificilmente xustificable. Para estes efectos, só a circunstancia de que a Audiencia Nacional fora creada sobre as ruínas do Tribunal da orde pública (en 1977), explica a existencia deste Tribunal coa xurisdición e competencia que a Lei lle outorga. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 21 En canto á súa composición, tal e como expresamente refire o artigo 63 LOPX, a Audiencia Nacional componse do seu presidente, dos presidentes de Sala e dos maxistrados que integran cada unha das Salas. Malia que o exercicio da súa competencia se estende a todo o territorio do Estado, só dispón de tres Salas: Sala do Penal, do Contenciosoadministrativo e do Social, ademais da Sala non nata, Sala de Apelacións creada pola LO 19/2003 en materia penal (unha lei de reforma da LOPX). Pode dividirse en Seccións. Se atendemos aos asuntos para cuxo coñecemento é competente a Audiencia Nacional, apreciamos a forte influencia das súas orixes, eminentemente penais e que condicionaron, non só que non exista Sala do Civil, senón que a competencia en materia social e contenciosoadministrativa sexa anecdótica ou cando menos residual. Sen dúbida, a súa competencia podería ter sido perfectamente atribuída ao Tribunal Supremo ou aos Tribunais Superiores de Xustiza. - A Sala do Penal da Audiencia Nacional coñece, tal e como dispón o artigo 65 LOPX: do axuizamento daqueles feitos delituosos que polas súas especiais características, ben transcenden en todo o ámbito nacional ou ben son difíciles de someter á xurisdición dun órgano xudicial de instancia, xa sexa pola materia, xa pola persoa sobre a que recaen. Por exemplo, delitos contra o titular da Coroa, altos organismos da Nación; falsificación da moeda e de tarxetas de crédito; tráfico de drogas; delitos cometidos por bandas ou grupos organizados que produzan efectos no territorio de máis dunha Audiencia Provincial (como os de narcotráfico); execución da orde europea de detención e entrega, ou recursos contra sentenzas e resolucións dos Xulgados Centrais, etc. - A Sala de Apelación (64 bis LOPX) coñece dos recursos de apelación das sentenzas ditadas pola Sala do penal. Esta norma ten que ser desenvolvida aínda por Lei ordinaria (LECrim), que non foi modificada. - A Sala do Contenciosoadministrativo da Audiencia Nacional (art.66 LOPX). O exercicio deste tipo de competencias, tal e como tivemos ocasión de comentar con anterioridade, non ten un fundamento claro, máis alá de ocultar as orixes da Audiencia Nacional. Neste senso a competencia da presente Sala atópase limitada a recoñecer os recursos contra disposicións e actos de Ministros e secretarios de Estado: bolsas, secretario xeral de universidades. - A Sala do Social da Audiencia Nacional (art. 67 LOPX) coñecerá: da impugnación de convenios colectivos con ámbito territorial superior ao da comunidade autónoma, así como de procesos sobre conflitos colectivos de ámbito territorial superior ao da comunidade autónoma. 7. Os Tribunais Superiores de Xustiza Segundo o artigo 152.1 CE, o Tribunal Superior de Xustiza, sen prexuízo do ámbito competencial que corresponde ao Tribunal Supremo, culmina a organización xudicial no ámbito territorial da comunidade autónoma. O Tribunal Superior de Xustiza exerce a súa competencia en todo o territorio da comunidade autónoma e só neste. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 22 Ten competencia en todas as ordes xurisdicionais, mais a súa importancia focalízase, fundamentalmente, na orde social e contencioso -administrativa, por iso, conta unicamente con tres Salas: a Sala do Civil e Penal, a sala do Social e a Sala do Contenciosoadministrativo. A Sala do Civil ocúpase, en esencia, da responsabilidade civil de altos cargos do goberno da comunidade autónoma, así como dos membros da Asemblea Lexislativa e dos maxistrados da Audiencia Provincial. Asemade, nas comunidades con Dereito Civil foral, coñecerán do recurso de casación e de revisión de sentenzas ditadas por un órgano xudicial da comunidade autónoma, sempre que se tivese aplicado o Dereito Civil propio, p. ex. en materia sucesoria. - Sala do Civil e Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza: a Lei de Axuizamento Civil (art.º 468 e ss.) previu que a Sala do Civil e Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza coñeza do chamado recurso extraordinario por infracción procesual; esta competencia non está actualmente en vigor, de acordo co que se establece na disposición final 16ª LEC. Tamén coñece de funcións de apoio e control da arbitraxe e cuestións de competencia entre órganos xudiciais da orde civil da comunidade autónoma, sempre que non teñan outro superior xerárquico común. En materia penal, coñecerán das causas penais que lles atribúan os Estatutos de Autonomía, xeralmente, delitos cometidos polo presidente da Comunidade autónoma, membros do goberno, da asemblea parlamentaria, etc. Doutra banda, será competente para levar a cabo a instrución e axuizamento dos delitos e faltas cometidos no exercicio dos cargos na comunidade autónoma de membros da carreira xudicial e fiscal, salvo que se atribúa ao Tribunal Supremo. Por último, tamén lle corresponde o coñecemento das apelacións contra as sentenzas ditadas en primeira instancia polas Audiencias Provinciais. - Sala do Contenciosoadministrativo dos Tribunais Superiores de Xustiza: tal e como sinalamos con anterioridade, a función do Tribunal Superior de Xustiza adquire especial sentido na orde Contenciosoadministrativa. Neste ámbito correspóndelle o coñecemento dos recursos contra os actos emanados dos órganos administrativos da comunidade autónoma, así coma daqueles ditados polos órganos da Administración Xeral do Estado, que non se atribúan ao Tribunal Supremo nin á Audiencia Nacional. Igualmente, coñecerá das apelacións contra as sentenzas dos órganos dos Xulgados Contenciosoadministrativos da comunidade autónoma. - Sala do Social dos Tribunais Superiores de Xustiza: esta coñecerá de cuestións de competencia entre os Xulgados do Social da comunidade autónoma; en única instancia, de procesos sobre controversias que afecten aos intereses de traballadores e empresarios nun ámbito territorial superior ao do Xulgado do Social e non superior ao da comunidade autónoma. - Ao igual que no Tribunal Supremo e na Audiencia Nacional, os Tribunais Superiores de Xustiza contan cunha Sala especial integrada polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza (que preside ao tempo a Sala do Civil e Penal), os presidentes de Sala e o maxistrado con menos antigüidade de cada unha delas (77 LOPX). Recusacións ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 23 Por último, respecto da composición dos Tribunais Superiores de Xustiza é posible que, en atención as esixencias derivadas da carga de traballo, se creen Seccións (sexa cal sexa o formato, tres como mínimo). 8. Audiencia Provincial As Audiencias Provinciais teñen competencia na orde civil e penal e exércena no territorio da provincia da que toman o seu nome. Teñen a súa sede na capital, pero poden crearse Seccións fóra dela (art. 80 LOPX). Divídense en Seccións, todas elas lideradas por un presidente (o presidente da Audiencia Provincial preside a Sección primeira). En canto ao seu asentamento territorial, poderán situarse, ben todas elas na capital da provincia, ou ben algunha noutro municipio. Neste senso, a Audiencia Provincial da Coruña, por exemplo, está dividida en seis Seccións, cinco delas teñen a súa sede na Coruña, das cales dúas teñen competencias en materia civil e tres en materia penal. A Sección Sexta está situada, porén, en Santiago de Compostela e ten competencias tanto en materia civil coma penal. A Audiencia Provincial componse, en principio, dun presidente e de dous maxistrados. Porén, tamén poderán estar integradas por dúas ou máis Seccións da mesma composición, en cuxo caso o presidente da Audiencia presidirá unha das Seccións que determinará o principio do seu mandato (art. 81 LOPX). Agora ben, o criterio organizativo mencionado supra poderá verse alterado atendendo as diversas posibilidades que a continuación se indican: 1) cando o número de asuntos sexa pouco elevado, poderá decidirse que a composición da Audiencia Provincial quede restrinxida, ben só ao presidente, ou ben a este e un maxistrado. Deste xeito, para completar a Sección, acudirase aos maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza da comunidade mediante o establecemento da quenda correspondente. 2) pola contra, cando o volume de asuntos así o esixa, en pos dunha mellor Administración de Xustiza, as Seccións da Audiencia poderán estra formadas por catro ou máis maxistrados. No marco da provincia, a Audiencia Provincial é a superior xerárquica, na orde civil, dos Xuíces de Paz, de Primeira Instancia e do Mercantil; e na orde penal, dos Xuíces de Instrución, Violencia sobre a Muller, do Penal, Menores, e de Vixilancia Penitenciaria. Constitúe un Tribunal superior na provincia, aínda que non teña competencia nas ordes laboral e contenciosoadministrativa. Polo que ás competencias que lle son conferidas se refire (art. 82 LOPX), cómpre facer o distingo entre as dúas ordes ás que estende a súa xurisdición: Así, na orde civil, coñece dos recursos de apelación, cuestións de competencia dos Xulgados da provincia sen superior, así coma das recusacións non atribuídas á Sala especial do Tribunal Superior de Xustiza. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 24 Doutra banda, na orde penal, coñece do axuizamento dos delitos graves non atribuídos aos Xulgados do Penal (creados en 1988). Asemade, coñece dos recursos contra as resolucións dos Xulgados de Instrución e do Penal da provincia, dos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria, Menores e Violencia sobre a Muller. 9. Órganos unipersoais Os órganos unipersoais constitúense coa presenza do xuíz e do secretario. Os demais auxiliares son necesarios para a realización do traballo, subministran apoio material, pero non dende o punto de vista da xurisdición. 9.1. Xulgados de Primeira Instancia e Instrución Existe polo menos un Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en cada partido xudicial (84 LOPX). O artigo 89 LOPX prevé que a Lei de Demarcación de Planta Xudicial distinga entre Xulgados de Primeira Instancia e Xulgados de Instrución. Porén, malia que en principio constitúen un mesmo órgano, o artigo 89 LOPX permite, onde sexa necesario, separalos. A este respecto pode sosterse que, en termos xerais, nas poboacións grandes estarán separados e nas pequenas, unidos. Deste xeito: 1) pode haber un único Xulgado de primeira instancia e instrucción, 2) pode haber varios, 3) pode haber varios e ser uns de Primeira Instancia e outros de Instrución; neste último caso pode que un destes Xulgados sexa de familia (art. 98 LOPX). Se existen varios, se distinguen pola numeración cardinal. Polo que á súa competencia se refire, os Xulgados de Primeira Instancia (art. 85 LOPX) son os encargados de coñecer e fallar os preitos en primeira instancia civil, salvo aqueles atribuídos aos Xuíces do Mercantil. Asemade, coñecerán das apelacións contra as sentenzas dos Xuíces de Paz. Igualmente, coñecerán dos actos da xurisdición voluntaria e das cuestións de competencia que se poidan suscitar entre os xuíces de Paz dos seus partidos. Por último, o artigo 86 LOPX atribúe ao xuíz de Primeira Instancia o rexistro civil. Así ben, é posible que en determinadas poboacións, os xuíces asuman esa función con carácter exclusivo. Pola súa banda, os Xulgados de Instrución (art.87.1 LOPX) dedicaranse ao coñecemento e fallo dos xuízos de faltas e á instrución das causas penais que deben resolver os Xulgados do Penal ou as Audiencias Provinciais. Existen Xulgados de Instrución en todos os partidos e, en Madrid, ademais, os Xulgados Centrais de Instrución instrúen as causas cuxo axuizamento corresponde ao Xulgado Central do Penal e á Audiencia Nacional. ÍNDICE Unidade didáctica 6Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional 25 9.2. Xulgados de Violencia sobre a Muller Estes órganos xurisdicionais foron creados por mor da LO 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que modificou, dunha banda, á LOPX e, doutra, a Lei de Demarcación e Planta Xudicial (art. 15 bis). De conformidade co segundo parágrafo deste precepto: 1. Naqueles partidos xudiciais nos que a carga de traballo así o aconselle poderán crearse Xulgados de Violencia contra a Muller. 2. Naqueles partidos xudiciais cuxo volume de asuntos o permitan, algún dos Xulgados de Instrución e de Primeira Instancia e Instrución poderá transformarse en Xulgado de Violencia contra a Muller e asumir esta competencia de xeito exclusivo. 3. Asemade, cando en atención á carga de traballo se considere que non é precisa a creación dun órgano xudicial específico, haberá que decidir de entre os Xulgados de Instrución e de Primeira Instancia e Instrución (sendo varios), cal asumirá esta competencia de xeito compatible coas que ten xa encomendadas. Se pola contra existe un único Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, este asumirá a competencia prevista no artigo 87 ter LOPX. Os Xulgados de Violencia sobre a Muller (art. 87 ter LOPX) teñen atribuída competencia fundamentalmente penal, pero tamén civil cando se incoe un proceso penal por violencia de xénero. En principio, haberá un Xulgado de Violencia contra a Muller por cada partido xudicial, aínda que nada impide que, en supostos excepcionais, poida estender a súa competencia a máis dun partido xudicial. Coñecen e fallan os xuízos de faltas dos títulos I e II do Libro III do Código Penal, cando a vítima sexa ou fose esposa, ou persoa con análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia, así como os cometidos respecto dos descendentes ou conviventes unidos por unha relación familiar ou para familiar (que o sexan da esposa). Nos delitos máis graves, se cabe, como é o homicidio, aborto, lesións, delitos contra a liberdade sexual, só instrúen as causas. Igualmente, adoptan as ordes de protección, sen prexuízo das competencias do Xulgado de Garda. Na orde civil, teñen asumida a competencia en cuestións coma filiación, garda e custodia, nulidade, separación ou divorcio, sempre que algunha das partes fose vítima de violencia de xénero. Trátase dunha competencia especial que só teñen se hai constatación da violencia. 9.3. Xulgados do Mercantil Os Xulgados do Mercantil foron creados pola Lei para a reforma concursal de 9 de xullo de 2003 (LO 8/2003) pola que se engade á LOPX o artigo 86 bis. ÍNDICE