scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Plantas Invasoras

Díaz Varela, Ramón Alberto

Abstract

As invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta. A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto territorios que ata o momento evolucionaran illados durante miles de anos. Non obstante, na actualidade asistimos a unha multiplicación exponencial destes procesos e das súas consecuencias ambientais. As melloras nos medios de comunicación e transporte, a globalización das actividades económicas e do comercio dotou ás especies invasoras de vectores de transporte e introdución dunha eficiencia descoñecida ata tempos recentes. Así, a problemática das invasións biolóxicas, da súa prevención, xestión e control está a cobrar unha maior importancia e ten sido introducida en moitas materias de plans de estudos con competencias en materia de xestión do territorio e do medio. Neste contexto e dentro dunha materia cunha longa tradición en plans de estudos de carreiras do campo das ciencias da vida e das enxeñarías agrarias como é a malherboloxía, formúlase a introdución dunha unidade didáctica dedicada por completo a esta temática. O coñecemento científico, a prevención, xestión e control de especies invasoras presenta importantes vínculos con outros aspectos que sen van tratar dentro da materia de malherboloxía, non só no que respecta a afinidades nas estratexias e métodos de xestión e control; senón tamén tendo en conta as afinidades e, en ocasións, a coincidencia no comportamento dun vexetal como invasor e mala herba.

Full text

PLANTAS INVASORAS Ramón Alberto Díaz Varela Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior 5 Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade. Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría titulación Malherboloxía materia Ramón Alberto Díaz Varela Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior unidade didáctica 5 PLANTAS INVASORAS © Universidade de Santiago de Compostela, 2009 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 874-2009 ISBN 978-84-9887-127-2 ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación parcial ou total desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 3 MATERIA: Malherboloxía TITULACIÓN: Enxeñaría Técnica Agrícola, Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade didáctica I. Introdución á malherboloxía  A malherboloxía como ciencia: concepto e relación con outras disciplinas  Antecedentes históricos  Concepto de mala herba e terminoloxía asociada  Importancia das malas herbas: efectos prexudiciais e beneficiosos Unidade didáctica II. Características biolóxicas das malas herbas  Criterios de clasificación e tipos de malas herbas  Principais especies de malas herbas  Características das malas herbas anuais e perennes  Reprodución por sementes: características da semente, produción, dispersión e xerminación. Bancos de sementes  Reprodución por estruturas vexetativas. Tipos de estruturas. Continuación do crecemento e variación estacional Unidade didáctica III. Comunidades e poboacións de malas herbas  Composición e estrutura das comunidades de malas herbas  As malas herbas como parte do agroecosistema  Comunidades de malas herbas de diferentes cultivos  Demografía das poboacións de malas herbas. Parámetros demográficos e estratexias  Dinámica das poboacións de malas herbas. Factores que regulan o tamaño das poboacións. Modelos de crecemento Unidade didáctica IV. Interferencia malas herbas — cultivo  Competencia: estratexias e modelización  Alelopatía e parasitismo. Mecanismos de alelopatía  Plantas parasitas: características e tipoloxía de ciclos de infección  As malas herbas como reservorio de patóxenos Unidade didáctica V. Plantas invasoras  Concepto de planta invasora e terminoloxía asociada  Instalación e dinámicas de expansión das plantas invasoras  Efectos das plantas invasoras sobre os ecosistemas  Xestión e control de plantas invasoras  Aspectos normativos das especies invasoras  Principais plantas invasoras en Galicia Unidade didáctica VI. Métodos de control  Introdución aos métodos de control de malas herbas e invasoras  Antecedentes históricos  Clasificación xeral dos métodos de control  Métodos de control mecánico e térmico  Métodos de control biolóxico: antecedentes históricos. Organismos empregados e tipos de control. Dinámica do control biolóxico UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 5  ÍNDICE Presentación………………………………………….………………………………………………....………….....................7 Obxectivos………………………………………….……………...........................................................................................8 Contidos básicos………………………………………….……………..........................................................................9 1. Concepto de planta invasora e terminoloxía asociada…………………......9 2. Instalación e dinámicas de expansión das plantas invasoras…......12 2.1. Naturalización………………………………………….……………............................12 2.2. Incremento poboacional…………………...……….…………….....................13 2.3. Estabilización…………………………………………….….…………….....................14 3. Efectos das plantas invasoras……………………………..…….…………….....................14 3.1. Efectos ecolóxicos………………………………………….…………....................14 3.2. Efectos paisaxísticos………………………………….…………….....................15 3.3. Efectos sobre a agricultura, silvicultura e pesca…………...15 3.4. Efectos sobre a saúde humana………..…….…………….....................15 3.5. Efectos económicos………………………………………….…….......................16 4. Xestión e control de plantas invasoras………………………………………….……..17 4.1. Estratexias de xestión das plantas invasoras …………….....17 4.2. A xestión das plantas invasoras en España…………………...21 5. Aspectos normativos das especies invasoras…………………………………..22 5.1. Normativa da Unión Europe…...…………….…………….....................23 5.2. Normativa española………………………………………………….....................24 5.3. Normativa galega…………………………..…………….…………….....................26 6. Principais plantas invasoras en Galicia…………………………………………….....27 6.1. Plantas invasoras máis problemáticas a nivel internacional…………………………………………………………………………………….....27 6.2. Plantas invasoras máis problemáticas a nivel nacional………………………………………….…………….......................................................29 6.3. Plantas invasoras máis problemáticas no ámbito galego………………………………………….……………............................................................30 Metodoloxía e actividades propostas………………………………………….……………...............31 Avaliación da unidade didáctica………………………………………….…………….............................32 Bibliografía………………………………………….…………….......................................................................................33 UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 7 PRESENTACIÓN As invasións biolóxicas constitúen unha das ameazas máis serias para a conservación da biodiversidade no ámbito do cambio global que está a experimentar o planeta. A introdución e aclimatación de especies en territorios alleos non é unha novidade na historia, xa que tivo lugar polo menos dende os comezos da agricultura. Estes procesos presentaron máximos de ocorrencia en determinados momentos da historia, como poden ser as épocas dos grandes descubrimentos nos cales se puxeron en contacto territorios que ata o momento evolucionaran illados durante miles de anos. Non obstante, na actualidade asistimos a unha multiplicación exponencial destes procesos e das súas consecuencias ambientais. As melloras nos medios de comunicación e transporte, a globalización das actividades económicas e do comercio dotou ás especies invasoras de vectores de transporte e introdución dunha eficiencia descoñecida ata tempos recentes. Así, a problemática das invasións biolóxicas, da súa prevención, xestión e control está a cobrar unha maior importancia e ten sido introducida en moitas materias de plans de estudos con competencias en materia de xestión do territorio e do medio. Neste contexto e dentro dunha materia cunha longa tradición en plans de estudos de carreiras do campo das ciencias da vida e das enxeñarías agrarias como é a malherboloxía, formúlase a introdución dunha unidade didáctica dedicada por completo a esta temática. O coñecemento científico, a prevención, xestión e control de especies invasoras presenta importantes vínculos con outros aspectos que sen van tratar dentro da materia de malherboloxía, non só no que respecta a afinidades nas estratexias e métodos de xestión e control; senón tamén tendo en conta as afinidades e, en ocasións, a coincidencia no comportamento dun vexetal como invasor e mala herba. 8 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS OBXECTIVOS Os obxectivos básicos desta unidade didáctica consisten en coñecer as características biolóxicas e ecolóxicas das plantas invasoras e as causas que favorecen a súa proliferación, coñecer os fundamentos científicos nos que se basea o seu estudo, as técnicas e as estratexias para o seu control, así como as consecuencias da súa eliminación. Estes obxectivos xerais concrétanse nos seguintes obxectivos particulares: • Diferenciar claramente o concepto de especie (planta) invasora, fronte a outros conceptos relacionados. • Coñecer “patróns tipo” de invasión. • Coñecer os efectos negativos derivados das plantas invasoras. • Sensibilizarse sobre os riscos de introdución de plantas invasoras. • Coñecer e deseñar estratexias e métodos de control de invasoras. • Coñecer os principais instrumentos normativos relacionados coa xestión de plantas invasoras. • Coñecer os principais tipos de especies invasoras en Galicia, a súa ecoloxía e distribución actual. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 15 • Alteracións da composición dos solos, xa sexa producindo incrementos na súa fertilidade, como é o caso das especies fixadoras de nitróxeno (p. e. Robinia pseudoacacia), incorporando substancias alelopáticas a este (p. e. Ailanthus altissima) ou provocando alteracións na salinidade dos chans que impiden a colonización destes por especies autóctonas (p. e. Cotula coronopifolia) • Produción de substancias tóxicas para os herbívoros, o que provoca que o consumo destes se centre sobre especies autóctonas que se verán sobre-pastoreadas 3.2. Efectos paisaxísticos Baixo esta epígrafe reúnense unha serie de afeccións sobre os conxuntos de ecosistemas e os seus patróns de organización que integran a paisaxe. As invasións biolóxicas en xeral e as invasións vexetais en particular poden alterar as paisaxes de diferentes xeitos. Cabe citar o empobrecemento da súa diversidade, a alteración dos fluxos de materia e enerxía entre os seus elementos constituíntes, a redución da súa calidade estética e en xeral a perda ou a redución do patrimonio natural e cultural do territorio. 3.3. Efectos sobre a agricultura, silvicultura e pesca As plantas invasoras poden supoñer prexuízos importantes sobre as actividades do sector produtivo primario, a través de diferentes efectos que eventualmente levan a unha perda do seu rendemento económico: • Actuando como vectores para a introdución de pragas e enfermidades • Diminuíndo os rendementos e chegando a provocar a perda de colleitas • Reducindo os rendementos dos sistemas forestais por competencia coas especies de interese silvícola • Obstaculizando os traballos silvícolas • Reducindo os efectivos poboacionais das especies pescables ou substituíndo as especies nativas por outras de menor calidade ou menor rendemento económico • Dificultando a actividade pesqueira e a acuicultura 3.4. Efectos sobre a saúde humana Aínda que non é exclusivo das plantas invasoras, xa que moitas plantas autóctonas, de cultivo, etc. poden ter efectos similares, moitas invasoras poden supoñer un prexuízo ou unha ameaza para a saúde pública. Algunhas plantas invasoras presentan toxicidade, polo que poden provocar envelenamentos accidentais por inxestión de partes da plantas ou dos seus derivados. Este efecto resulta tanto máis perigoso canto moitas 16 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS destas especies non son tan facilmente recoñecibles como especies autóctonas das cales existe un coñecemento máis xeneralizado. Por outra parte, as plantas invasoras poden supoñer en certos casos un incremento dos casos de alerxias. Por exemplo, en Francia, na rexión de Lyon, estímase que entre o 30 e o 40% dos casos de alerxia ao pole son debidos á invasora Ambrosia artemisifolia (REINHARDT et al., 2003). 3.5. Efectos económicos Directamente relacionados con varios dos efectos anteriormente descritos, as plantas invasoras supoñen danos e prexuízos económicos, que non son exclusivos do sector primario, senón que repercuten en toda a sociedade. Entre outros pódense citar: • Custos de control e erradicación en sistemas naturais • Custos de control e erradicación de invasoras con comportamento de malas herbas en cultivos • Perdas económicas por malas colleitas • Custos sanitarios • Custos derivados da investigación científica e da divulgación da problemática que xeran as plantas invasoras Algúns autores estiman que o custo dos tratamentos de control e erradicación de especies exóticas invasoras levadas a cabo ata a data, polas administracións españolas, superarían os 20 millóns de euros. Noutros países como os Estados Unidos estes custos estímanse nuns 6 mil millóns de dólares ao ano (MCNEELY et al., 2001). Por outra parte, nos Estados Unidos as perdas anuais xeradas á agricultura polas malas herbas invasoras estímase en 27 mil millóns de dólares (MACK et al., 2000). En Alemaña estímanse nuns 32 millóns de euros os custos sanitarios xerados por asma e rinites alérxicas ocasionadas por pole de Ambrosia artemisiifolia (REINHARDT et al., 2003). No caso de España, é difícil estimar o custo total da xestión de especies invasoras. Na táboa 1 preséntase unha estimación do custo de xestión de plantas exóticas en espazos protexidos (parques nacionais e parques naturais) a nivel autonómico e nacional (ANDREU & VILA, 2007). Destaca a diferenza existente entre comunidades autónomas, en parte debido ás lóxicas diferenzas na superficie de parques existentes nas comunidades autónomas, pero tamén pode considerarse un reflexo do diferente grao de afección de invasións de exóticas. A comunidade andaluza é a que máis orzamento dedica á xestión de plantas exóticas, mentres que Galicia atópase nunha situación intermedia, cun gasto de máis dun millón de euros. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 17 Táboa 1. Estimación dos custos de xestión de plantas invasoras en espazos naturais de España (tomado de ANDREU & VILA, 2007) Comunidade Autónoma Cartos investidos (€) Andalucía 29 497 527 Estremadura 6 700 000 Canarias 6 336 809 Comunidade Valenciana 5 085 343 Galicia 1 194 000 Illas Baleares 754 763 Asturias 708 374 Cataluña 146 220 Castela – A Mancha 57 000 Murcia 17 000 Aragón 5 000 País Vasco 3 600 A Rioxa 0 Castela e León 0 Madrid 0 Melilla 0 Navarra 0 Ceuta Sen datos Cantabria Sen datos TOTAL 50 487 637 4. Xestión e control de plantas invasoras Como queda dito, as plantas invasoras supoñen unha serie de danos e prexuízos, non só sobre os ecosistemas naturais e seminaturais, senón tamén sobre os ecosistemas antrópicos. Os danos que provocan non se limitan ao plano ecolóxico, senón que afectan á economía, saúde pública e en xeral inciden sobre toda a sociedade. Así, é necesario formular medidas de xestión e control das invasións de plantas introducidas para evitar na medida do posible a súa entrada e no caso de que xa comezase o proceso de invasión, mantelo en niveis aceptables. 4.1. Estratexias de xestión das plantas invasoras Non existe unha estratexia universalmente válida para a xestión e control das plantas invasoras, senón que con frecuencia resulta necesario combinar diferentes métodos e ir adaptando ou modificando as actuación en función dos resultados acadados. Para isto resulta necesario a realización dun seguimento das actuacións e da evolución das poboacións xestionadas recollendo os datos necesarios, como a evolución do hábitat, a aparición de novas invasoras, etc, para intentar tirar conclusións que permitan marcar as pautas en futuras actuacións (FAGÚNDEZ & BARRADA, 2007). 18 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS En ocasións será necesario repoboar a zona con especies nativas, sendo ademais moi importante evitar que a zona sexa reinvadida por outras especies ou por propágulos vexetativos ou a partir do banco de sementes das que resistiran os tratamentos. Tamén cómpre facer un seguimento da zona para asegurarse da eficacia dos métodos de control aplicados, para o que se poden usar os mapas de distribución realizados con anterioridade. Existen diferentes xeitos de abordar o control de invasións de plantas exóticas. Nas seguintes epígrafes temos diferentes tipos de técnicas e prácticas aconsellables, cuxa aplicación dependerá das circunstancias particulares das invasións. 4.1.1. Prevención Dado que unha vez unha especie se estableceu nunha nova rexión é extremadamente difícil erradicala ou controlar a súa poboación, o método máis efectivo para minimizar o seu impacto sería, en primeiro lugar, previr o seu establecemento e posterior dispersión (DUNCAN et al., 2003). A prevención mediante a educación ambiental, a sensibilización cidadá, o control efectivo en portos e aeroportos, a detección precoz e o desenvolvemento de medidas legais estritas é moi importante, especialmente co rápido crecemento poboacional actual e as actividades antrópicas asociadas a este. Entre as medidas de carácter preventivo máis recomendables para evitar a introdución e proliferación de plantas invasoras cabe citar as seguintes (GONZÁLEZ COSTALES, 2007): • Evitar o emprego de especies invasoras: A forma máis eficaz de previr a proliferación de plantas invasoras é evitar o seu emprego, xa sexa en restauracións da cuberta vexetal, en plantacións forestais ou como especies ornamentais • Non empregar especies potencialmente invasoras en xardinaría, tanto en espazos públicos coma en xardíns privados • Proceder á substitución progresiva das especies invasoras existentes en axardinamentos por outras especies ornamentais que carecen de comportamento invasor • Restaurar as superficies desprovistas de vexetación: non se deben deixar superficies desprovistas de vexetación na execución de obra pública ou privada, realizando restauracións da cuberta vexetal con especies apropiadas e certificación de sementes nas sementeiras • Manexo axeitado dos restos de xardinaría: os restos de podas e arranxos de xardín deben ser xestionados axeitadamente, de forma que non sexan vertidos libremente ao medio, en especial en áreas sensibles como ribeiras fluviais, marismas, acantilados, sistemas de dunas, etc. Resulta ademais de capital importancia a realización de campañas de información ao público en xeral, ás distintas administracións, ás UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 19 empresas de obra pública, aos colectivos profesionais e aos viveiristas da grave problemática que o emprego destas especies xera. Tanto nas fases de prevención como nos eventuais programas de control de plantas invasoras é moi importante a actuación coordinada das distintas administracións públicas (nacional, autonómica e local). Dado que a actuación en primeiras fases da invasión é o xeito mais efectivo de control resulta moi aconsellable o deseño e execución de plans de vixilancia e detección temperá. Para iso é indispensable coñecer as posibles especies invasoras e detectar a súa introdución nas primeiras fases. Resulta moi aconsellable a elaboración de mapas de distribución precisos do estado actual e evolución temporal das invasión. Esta información axuda a avaliar a magnitude do problema e a calcular o esforzo que será necesario levar a cabo para controlalo, así como para controlar a evolución na dispersión de poboacións (FAGÚNDEZ & BARRADA, 2007). Soamente naqueles casos onde a prevención xa non é unha opción, o control das poboacións desa especie a niveis aceptables para que os danos ecolóxicos e socioeconómicos sexan os menos e, se é posible, a erradicación, serían adecuadas. É tamén esencial marcar prioridades á hora de xestionar as especies exóticas con tal de inverter os escasos recursos do mellor xeito posible (WESTMAN, 1990; HULME, 2006). Existen tres métodos de control que se usan a miúdo, de forma individual ou combinados: o químico, o mecánico e o biolóxico (FAGÚNDEZ & BARRADA, 2007). Identificar a estratexia de control máis eficiente, a través de bibliografía e experimentos previos é moi importante para poder conseguir unha conservación e xestión axeitada dos ecosistemas. 4.1.2. Control físico ou mecánico Hai certas especies que unicamente se poden tratar de forma directa extraéndoas mecanicamente, se ben este método só é efectivo cando a área invadida é pequena. Así, no caso de invasións de especies do xénero Carpobrotus, intentouse eliminala con aixadas para conter a súa expansión en diferentes espazos da costa de Galicia, xa que ningún outro método era apropiado. Esta constitúe unha boa alternativa para eliminar plantas con bulbos e rizomas, aínda que será preciso realizar as tarefas con moito coidado para tratar de eliminar a maior parte posible dos órganos subterráneos, sendo polo xeral necesario repetir o proceso varias veces. Resulta ademais importante eliminar totalmente todos os restos vexetais da especie invasora, especialmente se esta se pode reproducir de xeito vexetativo. No caso contrario acadaríase un efecto oposto ao desexado, xa que se fomentaría a dispersión da planta. A rozadura mecánica ou sega con maquinaria pesada non é unha técnica moi recomendable por similares motivos, xa que pode chegar a fomentar a dispersión de propágulos vexetativos e sementes e non elimina os órganos subterráneos, como rizomas ou bulbos, polo que as plantas que posúan estas estruturas reabrollarán sen ningún problema. 20 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS Analogamente, a labra do terreo inda que pode reducir o banco de sementes, favorece eventualmente a dispersión de bulbos e rizomas, polo que estas técnicas só son efectivas cando se trata de eliminar especies sen dispersión vexetativa. En calquera caso, os anteriores tratamentos van ter un impacto moi forte nos ecosistemas. Son polo tanto técnicas que unicamente poderán ser usadas nos casos de infestacións masivas en áreas moi degradadas, que en calquera caso son unha alternativa ao uso de maquinaria lixeira, como motodesbrozadoras. O recubrimento (ou mulching, en inglés) ou o tratamento térmico poden ser alternativas máis recomendable (Fagúndez & Barrada, 2007). O recubrimento consiste en recubrir a zona invadida pola planta a eliminar cunha capa de materia orgánica de entre 10 e 20 cm ou cunha cuberta plástica,preferentemente de filamentos soldados de polipropileno; de non dispoñer delas, pódense usar cubertas de polietileno, ou en último caso o clásico plástico negro. Esta medida vai afectar tamén ás plantas nativas, polo que se recomenda para invasións densas en que a especie exótica se presenta como unha comunidade case monoespecífica. En calquera caso, pódense abrir buracos na cuberta no caso de que haxa plantas para protexer entre os individuos invasores. O tratamento térmico consiste en aplicar auga a 100-200 °C sobre a cuberta foliar das plantas para destruír a cutícula das follas. Os obxectivos máis sensibles son plántulas, sementes xermolando, especies anuais e plantas perennes xuvenís. Tamén existe a posibilidade de empregar queimadores de gas manuais que acadan resultados similares. 4.1.3. Control químico É probablemente o principal método utilizado para combater as malas herbas na agricultura. Porén os controis químicos no caso de especies invasoras, especialmente en ecosistemas naturais e seminaturais, levan consigo tamén moitos problemas, como riscos para a saúde humana e para a biodiversidade local. Unha das aplicacións máis frecuente destas medidas de control é como un complemento ás medidas de control físico, para evitar ou reducir o reabrollo das plantas invasoras. Tendo en conta os riscos potenciais do seu emprego, resulta aconsellable seguir unha serie de recomendacións encamiñadas á súa mitigación (FAGÚNDEZ & BARRADA, 2007): • Maximizar a especificidade do fitosanitario a aplicar • Que o fitosanitario sexa o menos residual posible • Realizar unha aplicación o máis selectiva e coidadosa posible, evitando escoamentos e derivas por vento • Escoller as condicións climáticas e momento do ano para a aplicación de xeito que se minimice o risco de dano ás plantas nativas • Non aplicar produtos fitosanitarios na proximidade da auga UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 21 4.1.4. Control biolóxico Unha das causas de expansión descontrolada das especies é o feito de que veñen sen os seus depredadores naturais. Polo tanto, unha fórmula de controlar as súas poboacións é introducir os inimigos naturais no novo ecosistema. Non obstante, esta estratexia non ten efectos inmediatos, porque a localización do axente adecuado, a súa introdución e establecemento e o control da invasora esixe un lapso de tempo máis ou menos longo. En calquera caso, resulta un tipo de medidas moi atractivo, ao supoñer unha protección a máis longo prazo e en xeral a menor custo que as anteriores. Por último, este método de control débese realizar e avaliar de xeito controlado porque a introdución dunha especie exótica sempre supón un risco para a comunidade nativa. 4.2. A xestión das plantas invasoras en España No que respecta ao territorio nacional, soamente en Andalucía existe un plan de xestión de especies exóticas, mentres que no resto de comunidades autónomas realízanse actuacións puntuais alí onde se necesita, centradas en espazos protexidos, pero non existe ningunha estratexia integral de xestión (ANDREU & VILA, 2007). En Asturias fíxose un inventario e unha cartografía detallada das plantas exóticas máis problemáticas da Comunidade, e estase a traballar no seu control ou erradicación. Na Comunidade Valenciana iniciaron unha proposta de actuación xeneralizada para erradicar ou controlar estas plantas, mentres que en Murcia se elaborou un informe sobre a situación actual do problema das especies exóticas invasoras. Nas Illas Baleares editouse un Catálogo de plantas introducidas nas illas (MORAGUES & RITA, 2005). Galicia tamén está a desenvolver unha estratexia de xestión de especies invasoras, no entanto aínda están a traballar na análise da situación. Esta inquedanza acerca da xestión e control de plantas invasoras, traduciuse en diversas iniciativas, moitas das cales se centraron en espazos naturais, tal e como recolle o anteriormente citado traballo de ANDREU & VILA, 2007. Neste ámbito, as especies que máis frecuentemente son obxecto de programas de control a nivel autonómico son Carpobrotus sp., Eucalyptus sp., Acacia sp., Cortaderia selloana e Ailanthus altissima. No caso de Galicia xestiónanse un total de 8 especies: Carpobrotus sp., Eucalyptus sp., Acacia sp., Ailanthus altissima, Arctotheca calendula, Azolla filiculoides, Oxalis pres-capreae e Hakea sericea. A maioría de medidas de xestión foron levadas a cabo nos últimos 10 anos e o principal obxectivo foi o control poboacional (41%), seguido do intento de erradicación total da especie (37%). A prevención foi menos usada (22%). O control ou erradicación de plantas exóticas lévase a cabo principalmente con métodos mecánicos (71%), porque se consideran os de menor impacto para o medio natural. Nalgúns casos (25%) o control 22 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS mecánico non é efectivo dada a elevada taxa de crecemento e rebrote da especie e por iso se empregan métodos mecánicos combinados con herbicidas como o Glifosato. Soamente nun 3% dos casos se aplicaron unicamente métodos químicos. Non se nomeou ningún programa de control biolóxico. Os tratamentos adoitan ter unha frecuencia anual (42%) e realízanse sobre todo en primavera e no verán (27% e 26%, respectivamente). Nun 44% dos casos, son levados a cabo por técnicos e nun 41% por persoal contratado para esta finalidade. En moi poucas ocasións esta tarefa se realizou coa axuda de voluntarios (15%). Maioritariamente (85%) faise un seguimento anual da recuperación da área tratada. Respecto á compensación de impactos, é dicir, a restauración dos hábitats previamente ocupados pola planta exótica é unha práctica pouco usual (8%). Non obstante, debido a que ás veces a simple eliminación dunha especie exótica dun ecosistema non garante a recuperación da comunidade orixinal (Simberloff, 2003), a restauración con especies nativas é tamén unha opción que se debe ter en conta. O 46% das medidas de xestión considéranse moi exitosas, aínda que só nun 13% dos casos a especie foi eliminada totalmente. A maioría de medidas de xestión conseguen con éxito que a especie diminúa considerablemente, pero a súa completa erradicación é moi difícil. Nalgúns casos (13%) a poboación non diminuíu en absoluto ou moi pouco. Mesmo se citaron 6 casos onde a especie seguiu aumentando a pesar das medidas de control aplicadas 5. Aspectos normativos das especies invasoras En resposta á alarmante proliferación de invasións de especies exóticas a nivel mundial, creouse o Programa Global sobre Especies Invasoras "Global Invasive Species Program" (GISP) que xorde a través dunha colaboración entre o Comité Científico para os Problemas do Medio (The Scientific Committee for Problems of the Environment - SCOPE), o Programa sobre Medio das Nacións Unidas (United Nations Environment Program-UNEP), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (The World Conservation Union-IUCN), e CAB (inicialmente CABI, Commonwealth Agricultural Bureaux Internacional). O principal obxectivo do GISP é o de minimizar a expansión de especies exóticas. Unha das súas directivas é a educación e a elaboración de programas específicos para cada rexión para educar sobre as especies invasoras presentes e as posibles maneiras de control e erradicación. Tamén subministra un manual técnico onde se prescriben as estratexias de prevención e de control (WITTENBERG & COCK, 2001). Ademais desta iniciativa existen outras a nivel mundial, como poden ser a Convención de Berna ou a Convención de Balast sobre a auga, que tratan de xeito non exclusivo a problemática das invasións biolóxicas. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 23 Por outra banda, o artigo 8, de Conservación in situ do Convenio sobre a Biodiversidade, no apartado h), detalla que se "Impedirá que se introduzan, controlará ou erradicará as especies exóticas que ameacen ecosistemas, hábitats ou especies" (CONVENIO SOBRE A BIODIVERSIDADE, RÍO DE JANEIRO 1992). Na actualidade, o Consello de Europa, a través do Convenio de Berna, está a desenvolver unha Estratexia Europea para as Especies Invasoras, no marco do Convenio da Biodiversidade (CDB). Por outra parte, a Estratexia Global de Especies Invasoras da CDB aconsella o desenvolvemento de medidas para previr e controlar a expansión das especies invasoras. Tomando como antecedente esta sensibilidade ante a problemática das invasións, as diferentes administracións comezan a promulgar e aplicar normativas para evitar a proliferación, controlar e xestionar as invasións biolóxicas. Nos seguintes apartados faise unha revisión dos instrumentos normativos máis importantes a diferentes niveis administrativos, do europeo ao autonómico de Galicia. 5.1. Normativa da Unión Europea No ámbito comunitario existen unha serie de iniciativas para fomentar o coñecemento e a xestión coordinada das invasións biolóxicas. Entre elas destaca a comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo en materia de biodiversidade (COMMUNICATION OF THE EUROPEAN COMMISSION TO THE COUNCIL AND TO THE PARLIAMENT ON A EUROPEAN COMMUNITY BIODIVERSITY STRATEGY, COM (98) 42) onde o control de especies alóctonas invasoras foi recoñecido como tema prioritario no seu obxectivo 5: reducir substancialmente o impacto das especies e xenotipos de exóticos invasores (Objective 5: To substantially reduce the impact of invasive alien species and alien genotypes), requirindo un programa de acción coas seguintes actuacións: • Estudar as deficiencias e desenvolver unha estratexia da Unión Europea dirixida ás especies exóticas invasoras • Desenvolver estratexias a nivel nacional • Ratificar a convención da auga de Ballast • Establecer un sistema de alerta temperá Por outra parte, sobre a base das liñas guía da Estratexia Europea sobre Especies Exóticas Invasoras fomentouse a realización dun inventario paneuropeo de especies exóticas invasoras. Así a Comisión Europea financiou o proxecto DAISIE (Delivering Alien Invasive Inventories in Europe) cuxos obxectivos son: • Realizar un inventario de especies invasoras terrestres, de augas continentais e mariñas 24 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS • Abastecer unhas bases para a prevención e o control das invasións biolóxicas • Avaliar os riscos ecolóxicos, económicos e sanitarios e os impactos das especies invasoras máis daniñas ou con ampla distribución en Europa • Usar datos e experiencias dos estados membros para elaborar indicadores de cara á implantación dun sistema de detección temperá e resposta rápida 5.2. Normativa española No que respecta á normativa nacional española, non existe unha lexislación específica que trate o problema da xestión e control das especies invasoras, tratándose de xeito parcial en diferentes instrumentos normativos sectoriais. Así, o capítulo terceiro do Capítulo III da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, céntrase na (…) crecente problemática das especies invasoras derivada da globalización de intercambios de todo tipo, creándose o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, no que se incluirán todas aquelas especies e subespecies exóticas invasoras que constitúan, de feito, ou poidan chegar a constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, a agronomía, ou para os recursos económicos asociados ao uso do patrimonio natural No artigo 61 da devandita lei, recóllese a creación e as condicións de inclusión de especies no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. Asemade inclúe a necesidade de creación de estratexias e medidas de prevención, xestión e seguimento a aplicar dirixidas ás especies incluídas no catálogo. No punto 2. i) do artigo 74, do Fondo para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, recóllese como obxectivo: Apoiar as accións de eliminación doutros impactos graves para o patrimonio natural e a biodiversidade, en especial o control e erradicación de especies exóticas invasoras e a fragmentación dos hábitats E no punto 1. f) do artigo 76, de tipificación e clasificación das infraccións, considérase sanción administrativa: A introdución de especies alóctonas incluídas no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, sen autorización administrativa No que respecta á definición do termo planta invasora, o artigo punto catro do artigo 2, de definicións, da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade Ambiental, define «Especies silvestres» e exclúe deste concepto as especies invasoras: UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 31 METODOLOXÍA E ACTIVIDADES PROPOSTAS Clases teóricas (4 h) Expoñeranse os contidos teóricos apoiados por presentacións visuais. No desenvolvemento das leccións estableceranse “puntos de reflexión” ou cuestións abertas nas que se persigue que o alumno tome consciencia das ideas eixe da UD (cf. apartado “contidos”). Amosaranse en primeiro lugar un esquema dos distintos contidos a presentar, e expoñeranse os obxectivos perseguidos na UD, para pasar a continuación a desenvolver de xeito ordenado os diferentes contidos para concluír cunha síntese final. Clases prácticas (equivalente a 5 h) As prácticas serán obrigatorias, en caso de falta non xustificada, realizarase un exame ou un traballo que terá como tema os contidos impartidos na práctica. a) Clases prácticas de laboratorio (3 h): As prácticas versarán sobre diferentes aspectos da materia como a identificación de diversas especies de malas herbas e plantas invasoras de frecuente ocorrencia en Galicia mediante o emprego de claves e guías a partir de material vexetal en diferentes estadios de desenvolvemento. Tamén versarán sobre modelización matemática do crecemento e competencia das malas herbas mediante aplicacións informáticas. b) Viaxe de prácticas (1 día, equivalente a 2 h): Constituirá unha actividade complementaria ás clases prácticas, nas cales se recoñecerán in situ as especies presentadas nas prácticas de laboratorio, dinámicas de competencia e expansión e problemas derivados das mesmas. Durante o desprazamento expoñerase o itinerario a seguir na viaxe de prácticas e realizarase unha breve recensión dos ecosistemas e especies que se verán na viaxe. Nas diferentes localidades a visitar, mostraranse exemplos ilustrativos de diferentes fases do proceso de invasión e de especies invasoras. Igual que nas clases teóricas, faranse cuestións abertas e traballo de grupo (xeración de “tormenta de ideas”) sobre a orixe da invasión e posible escenarios futuros. Contrastaranse estes escenarios futuros hipotéticos con escenarios reais. 32 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Avaliación inicial Realizarase de xeito conxunto co resto das unidades temáticas da materia mediante un cuestionario sinxelo a realizar na primeira clase teórica. Neste cuestionario pregúntase se o alumnado cursou as principais materias relacionadas coa malherboloxía, para decidir se é necesario achegar material complementario para permitir o seguimento da materia (debido a que é unha materia optativa). Ademais formularanse cuestións de carácter xeral sobre contidos básicos da materia. Avaliación procesual Tomarase como referencia a observación do nivel de atención, participación e interese para a avaliación da materia. Utilizarase nesta avaliación unha ficha de rexistro a cubrir en cada sesión (anecdotario). Avaliación final Ao final de cada unidade didáctica formularase un cuestionario de autoavaliación en liña na aplicación da USC virtual para ser cuberto por cada alumno de xeito individual. Avaliarase o nivel de adquisición de coñecementos de cada tema. Para cada unha das prácticas pedirase ao alumno de xeito individual a realización dunha memoria descritiva das actividades realizadas na práctica. Criterios de avaliación • Dominio da terminoloxía e dos contidos básicos da unidade • Porcentaxe de asistencia ás sesións de clase, a súa participación e nivel de atención a través dos resultados do anecdotario. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 33 BIBLIOGRAFÍA ANDREU, J. & VILA, M. (2007): «Análisis de la gestión de las plantas exóticas en los espacios naturales españoles», Ecosistemas, 16, 107-122. ARCEA XESTIÓN DE RECURSOS NATURAIS S.L. (2006) Especies exóticas invasoras en Galicia: diagnóstico da situación actual e proposta das liñas de actuación, Santiago de Compostela: Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Xunta de Galicia. DANA, E. D., SANZ-ELORZA, M. & SOBRINO, E. (2004): «Plantas invasoras en España: un nuevo problema en las estrategias de conservación». En BAÑARES, Á., BLANCA, G., GÜEMES, J., MORENO, J. C. & ORTIZ, S. (Eds.) Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Madrid: Dirección General de Conservación de la Naturaleza. Ministerio de Medio Ambiente. DUNCAN, R.P., BLACKBURN, T.M. & SOL, D. (2003): «THE ECOLOGY OF BIRD INTRODUCTIONS», Annual Review of Ecology, Evolution, and Systematics, 34, 71-98. FAGÚNDEZ DÍAZ, J. & BARRADA BEIRAS, M. (2007): Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. GEIB (2006): TOP 20: Las 20 especies exóticas invasoras más dañinas presentes en España. GEIB. Serie Técnica N.2. 112 pp. GONZÁLES COSTALES, J.A. (2007): Plantas alóctonas invasoras en el Principado de Asturias, Oviedo: Consejería de Medio Ambiente, Ordenación del Territorio e Infraestructuras, Gobierno del Principado de Asturias. Obra Social "La Caixa". HULME, P.E. (2006): «Beyond control: wider implications for the management of biological invasions». Journal of Applied Ecology, 43, 835-847. IBADER (2005): «Reseña biogeográfica de Galicia. Flora introducida». En IBADER (Ed.) Plan de Conservación de las Zonas de Especial Protección de los Valores Naturales. Tomo I. Marco Legal. Reseña Biogeográfica. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia (informe inédito). KOWARIK, I. (1995): «Time lags in biological invasions with regard to the success and fail-ure of alien species». En P. PYSEK, K. PRACH, M. REJMANEK, AND M. WADE (eds.), Plant Invasions, General Aspects and Special Problems. Amsterdam: SPB Academic Publishers. LOWE, S., BROWNE, M., BOUDJELAS, S. & DE POORTER, M. (2004) 100 de las Especies Exóticas Invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database, Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI). Comisión de Supervivencia de Especies (CSE). Unión Mundial para la Naturaleza (UICN). MORAGUES, E. & RITA, J. (2005) Els vegetals introduïts a les Illes Balears. Palma de Mallorca, España, Govern de les Illes Balears. 34 - UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS RADOSEVICH, S. (2008): «Plant Invasions and Their Management». En et al. (Eds.) CIPM Online Invasive Plant Management Textbook. Montana: Center for Invasive Plant Management. Department of Land Resources and Environmental Sciences. [citado 9 Jul 2008]. Dispoñible en http://www.weedcenter.org/textbook/toc.html. REINHARDT, F., HERLE, M., BASTIANSENN, F. & STREIT, B. (2003): Economic impact of the spread of alien species in Germany. Report No. UBAFB. Berlin: Germany, Federal Environmental Agency. REJMÁNEK, M. (1995): «What makes a species invasive?». En PYSEK, P., PRACH, K., REJMÁNEK, M. & WADE, M. (Eds.) Plant invasions: general aspects and special problems, Amsterdam: SPB Academic, cop. RICHARDSON, D.M., PYŠEK, P., REJMÁNEK, M., BARBOUR, M.G., PANETTA, F.D. & WEST, C.J. (2000): «Naturalization and invasion of alien plants: concepts and definitions». Diversity and Distributions, 6, 93-107. ROMERO, M. I., HINOJO, B. & LESTA, R. (2006): «Flora exótica e invasora de los hábitats naturales de Galicia». II Congreso Nacional sobre Especies Exóticas Invasoras. León. SANZ, M., DANA, E.D. & SOBRINO, E. (2004) Atlas de las plantas alóctonas invasoras en España, Madrid: Organismo Autónomo Parques Nacionales. Ministerio de Medio Ambiente. SIMBERLOFF, D. (2003): «Eradication-preventing invasions at the outset». Weed Science, 51, 247–253. WESTMAN, W.E. (1990): «Park Management of Exotic Plant Species: Problems and Issues». Conservation Biology, 4, 251-260. WILCOVE, D.S., ROTHSTEIN, D., DUBROW, J., PHILLIPS, A. & LOSOS, E. (1998): «Quantifying threats to imperiled species in the United States». BioScience, 48, 607-615. WILLIAMSON, M. (1996) Biological Invasions, London, UK, Chapman & Hall. WILLIAMSON, M.H. & A. FITTER. (1996): «The characters of successful invaders». Biological Conservation: 78, 163-170. WITTENBERG, R. & COCK, M.J.W. (2001) Invasive alien species. How to address one of the greatest threats to biodiversity: A toolkit of best prevention and management practices, Wallingford: CAB International. Citas de recursos en internet Delivering alien invasive species inventories for Europe – DAISIE (Proporcionando un inventario de especies exóticas invasoras para Europa) http://www.europe-aliens.org/index.jsp [Citado 3 Jul 2008]. Global invasive species program – GISP (Programa Global sobre Especies Invasoras) http://www.gisp.org/ [Citado 1 Jul 2008]. The convention on biological diversity (Convenio sobre a biodiversidade - CBD) http://www.cbd.int/ [Citado 1 Jul 2008]. Estrategia española para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/banco_datos/info _disponible/index_estrategia_espaniola.htm [Citado 15 Jun 2008]. UNIDADE DIDÁCTICA V: PLANTAS INVASORAS - 35 Estratexia galega para a conservación e o uso sostible da diversidade biolóxica http://www.xunta.es/conselle/cma/gl/CMA05e/CMA05ekEstratexiaBi o/ [Citado 15 Jun 2008]. PLANTAS INVASORAS Ramón Alberto Díaz Varela Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior 5 Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade. Enxeñaría Técnica Agricola. Especialidade en Hortofruticultura e Xardinaría titulación Malherboloxía materia