Boletín do CEDE da USC. 2024, Vol. 11 (novembro)
Full text
BOLETÍN DO CEDE DA USC ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) CONTIDOS Actualidade 1 Oportunidades 6 Prácticas remuneradas 6 Emprego 7 Financiamento 9 Participación dos cidadáns 12 Consultas públicas aos cidadáns 12 Actos xurídicos 13 Actos lexislativos 13 Outros actos 13 Sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE 14 Procesos por infracción contra España 15 Estatísticas do Eurostat 16 Indicadores económicos 16 Outros datos 16 Documentos do Tribunal de Contas da UE 19 Sondaxes do Eurobarómetro 20 Suxestións bibliográficas 21 Obras dispoñibles na biblioteca da USC 21 Outras obras 22 Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución. Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, visite a nosa páxina web. Edición: Jesús M. Saavedra Carballido. Elaboración dos contidos propios: Jesús M. Saavedra Carballido e Sofía Rodríguez López.
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) ACTUALIDADE Violencia no Oriente Medio O alto representante da UE para as Relacións Externas e a Política de Seguranza, o español Josep Borrell, declarou que a orde de arresto emitida pola Corte Penal Internacional (CPI) contra o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, e o seu exministro de Defensa Yoav Gallant debe ser «respectada e aplicada» tamén no territorio da UE. «Non é unha decisión política, é unha decisión dun tribunal internacional de xustiza, e a decisión do tribunal ten de ser respectada e aplicada», afirmou Borrell. Máis información sobre a declaración de Borrell no EuroEFE-Euractiv. Guerra comercial coa China A China demandou a UE perante o mecanismo de disputas da Organización Mundial do Comercio (OMC) polas tarifas aduaneiras impostas pola UE aos vehículos eléctricos procedentes do xigante asiático, que xa entraron en vigor. • Pola súa vez, a Comisión Europea impugnou formalmente as medidas «antidumping» provisorias impostas pola China ás importacións de «brandy» da UE coa petición de consultas no marco da OMC. Ao dar este paso, a UE mostra a súa firme convicción de que as medidas provisorias da China sobre o «brandy» da UE non son conformes ás normas da OMC. Más información sobre a denuncia da China no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Comunicado de prensa sobre a denuncia da UE no sitio da Representación da Comisión en España. Más información sobre a denuncia da UE no EuroEFE-Euractiv. Aprobación da nova Comisión O Parlamento da UE deu luz verde á nova Comisión Europea, que no período 2024-2029 estará presidida, no que será o seu segundo mandato consecutivo, pola política alemá Ursula von der Leyen, do Partido Popular Europeo. O plenario aprobou as candidaturas propostas, co benepláci- to de Von der Leyen, polos gobernos dos estados membros para ocuparen os postos de comisarios. O novo Colexio de Comisarios — formado por 16 homes e 1o mulleres, alén da presidenta — asumirá as súas funcións no 1 de decembro. Cada estado membro diferente de Alemaña (de onde procede Von der Leyen) debía presentar un candidato. Na votación por maioría simple no plenario, 370 dos 719 eurodiputados con dereito a voto votaron a favor (51 %) do novo Colexio e 282 contra; houbo 36 abstencións. É a maioría más estreita para aprobar un executivo comunitario na historia da UE, inferior ao 62,5 % que a propia Von der Leyen conseguira en 2019. Os 22 eurodeputados do Partido Popular español votaron contra a nova Comisión para mostraren o seu rexeitamento á candidata española, a socialdemócrata Teresa Ribera; o resto do Partido Popular Europeo e a maioría do grupo socialdemócrata votaron a favor (os socialdemócratas alemáns e franceses, e parte dos belgas, abstivéronse ou emitiron un voto negativo en protesta pola inclusión na Comisión de políticos da extrema dereita); o grupo liberal, o verde e os grupos de extrema dereita tamén votaron divididos. Antes da votación no plenario tiveran lugar as correspondentes audiencias de confirmación dos candidatos con preguntas dos eurodeputados. Durante a audiencia de Teresa Ribera, parlamentarios españois do Partido Popular Europeo e de Vox responsabili- 1
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) zaron a candidata española das mortes durante a recente DANA na Comunidade Valenciana, e afirmaron que o lugar de Ribera non era esa audiencia senón os tribunais; en resposta, eurodeputados socialdemócratas apoiaron con aplausos as intervencións de Ribera. O rexeitamento da candidatura de Ribera pola dereita e a extrema dereita ameazaba con causar o rexeitamento polo partido socialdemócrata e o liberal de dous candidatos da extrema dereita, o italiano Raffaele Fitto (do partido Irmáns de Italia, liderado por Georgia Meloni) e o húngaro Olivér Várhelyi (do partido Fidesz, liderado por Viktor Orbán). Finalmente, o Partido Popular Europeo, encabezado polo alemán Manfred Weber, resistiu as presións do Partido Popular español e de Vox, e a Eurocámara aceptou todas as candidaturas presentadas. Teresa Ribera — que substituirá o tamén español Josep Borrell, actual vicepresidente da Comisión e alto representante da UE para as Relacións Externas e a Política de Seguranza — será a nova vicepresidenta da Comisión para unha Transición Limpa, Xusta e Competitiva, ocupando o segundo posto de maior responsabilidade por baixo da presidenta Von der Leyen. Máis información sobre a aprobación do plenario no sitio do Parlamento Europeo. Máis información sobre a aprobación do plenario no The Guardian (en inglés), no Le Monde (en francés) e no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre as audiencias de confirmación no Politico (en inglés) e no Le Monde (en francés). Máis información sobre as presións a Manfred Weber no Euractiv (en inglés). Opinión sobre a aprobación da nova Comisión no EUobserver (en inglés). Regulamento sobre produtos feitos con traballo forzoso O Consello adoptou un regulamento polo cal se prohiben no mercado da UE os produtos realizados con traballo forzoso. O texto prohibe a introdución e comercialización no mercado da UE e a exportación desde o mercado da UE de todo produto fabricado ou obtido en condicións de traballo forzoso. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Regulamento sobre causas penais O Consello deu o visto e prace definitivo a un regulamento da UE sobre as condicións en que as causas penais incoadas nun estado membro poden ser remitidas a outro estado membro. O regulamento será fundamental para que o estado máis apropiado poida investigar ou axuizar a infracción penal. Tamén evita que se realicen procedementos en paralelo e de maneira innecesaria (dun mesmo sospeitoso) en diferentes estados membros da UE e, por tanto, contribuirá a loitar máis eficazmente contra a delincuencia transfronteiriza. A norma tamén introducirá mellorías respecto aos dereitos fundamentais das persoas sospeitosas ou acusadas ao remitir causas penais dun estado a outro. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Directivas sobre seguranza marítima Co fin de fomentar un transporte marítimo limpo, seguro e moderno na UE, o Consello adoptou catro novos actos lexislativos do paquete lexislativo sobre «seguranza marítima», concretamente os que modifican as directivas pertinentes sobre a investigación de accidentes no sector do transporte marítimo, a polución procedente de barcos, o cumprimento das obrigacións do estado de 2
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) abandeiramento e o control dos barcos polo estado reitor do porto. O paquete de medidas revistas aspira a conseguir o equilibrio entre, por un lado, a necesidade de garantir un transporte marítimo de alta calidade e, polo outro, a necesidade de salvagardar a competitividade do sector do transporte marítimo europeo e, ao mesmo tempo, mantén nun nivel razoable os custos para os operadores e para as administracións dos estados membros. En xeral, tenta dotar a UE de ferramentas modernas para apoiar o transporte marítimo limpo, ao adaptar as normas comunitarias ás normas internacionais e mellorar a súa aplicación e cumprimento cun marco de cooperación reforzado entre as autoridades comunitarias e as dos estados. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Directiva sobre as augas residuais urbanas O Consello deu o visto e prace definitivo a unha revisión da Directiva da UE sobre o Tratamento das Augas Residuais Urbanas. A directiva revista alarga o ámbito de aplicación ás aglomeracións urbanas máis pequenas, inclúe máis contaminantes, entre eles os microcontaminantes, e contribúe á neutralidade enerxética. Comunicado de prensa no sitio do Consello. Compra conxunta de armamento A Comisión aprobou o financiamento de cinco proxectos transfronteirizos para apoiar adquisicións de defensa máis coordinadas e eficaces entre os estados membros. Executados no marco do instrumento para o reforzo da industria europea de defensa mediante as adquisicións en común (EDIRPA), cada un dos cinco proxectos seleccionados recibirá 60 millóns de euros, o que representa un montante total de 300 millóns de euros. Estes primeiros proxectos financiados pola UE, que marcan unha nova era na cooperación comunitaria en materia de defensa, apoian a compra conxunta por parte dos estados membros de produtos de defensa esenciais en tres dominios: adquisición de sistemas de defensa aérea e antimísiles (compra na cal participa España), adquisición de vehículos blindados e adquisición de municións. Os proxectos EDIRPA seleccionados implican vinte estados membros. Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Comunicado de prensa no sitio da Comisión (en inglés). Reservas de gas Os depósitos de gas da UE superan o 95 % da súa capacidade, o que significa que se cumpre o obxectivo vinculante acordado polos estados membros de encher os seus almacenamentos ao 90 % antes do 1 de novembro de cada ano. Na actualidade hai uns 100.000 millóns de metros cúbicos de gas almacenados na UE, o que representa aproximadamente un terzo do consumo anual de gas da UE. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Redución de emisións Na Conferencia das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática (COP29), organizada en Bakú, a Comisión Europea e os estados membros da UE contribuíron á sinatura dun acordo para harmonizar os fluxos financeiros mundiais cos obxectivos do Acordo de París. Coa adopción dun novo obxectivo colectivo cuantificado (NCQG) relativo ao financiamento para o clima prevese que máis 3
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) estados contribúan ao financiamento, de modo que se reflicta o aumento das emisións e o peso económico destes. O acordo tamén outorga un papel reforzado aos bancos multilaterais de desenvolvemento, maximizando o apancamento e o impacto dos fondos públicos mediante a utilización e mobilización dun financiamento privado significativo. As partes acordaron que o financiamento combinado procedente de todas estas fontes debería alcanzar, o máis tardar en 2035, polo menos 1,3 billóns de dólares anuais. Dentro deste obxectivo máis amplo, os estados desenvolvidos comprométense a encabezar a mobilización de 300 000 millóns de dólares anuais de aquí a 2035 para a acción polo clima dos países en desenvolvemento. Á conclusión da conferencia, a UE felicitouse polos acordos económicos atinxidos mais criticou a falta de acordos sobre accións climáticas concretas. • As emisións de gases de efecto invernadoiro da UE diminuíron 8,3 % en 2023 en comparación con 2022, como pon de manifesto o último relatorio de situación sobre a acción polo clima da Comisión Europea. O documento sinala que as emisións netas de gases de efecto invernadoiro sitúanse agora nun 37 % por baixo dos niveis de 1990. Durante o mesmo período, o PIB da UE creceu un 68 %, o que apunta a que a redución das emisións e o crecemento económico son compatibles. Tamén confirma que a UE continúa en vías de alcanzar o seu obxectivo de reducir as emisións en polo menos 55 % de aquí a 2030. Comunicado de prensa sobre a COP29 no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información sobre a COP29 no Euractiv (en inglés). Comunicado de prensa sobre o relatorio no sitio da Comisión. Máis información sobre o relatorio no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Resposta ás inundacións en España Após a activación por parte do goberno español do Mecanismo de Protección Civil da UE en resposta ás devastadoras inundacións en España, Francia e Portugal mobilizaron maquinaria e vehículos de xestión de residuos para apoiar as operacións nas zonas afectadas. Outros estados tamén ofreceron a súa axuda e a Comisión está en contacto permanente coas autoridades españolas para proporcionar a asistencia adicional necesaria. • A UE deu luz verde a que os estados membros afectados por «recentes catástrofes naturais sen precedentes» poidan obter asistencia adicional ao abrigo do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para axudar agricultores, silvicultores e empresas afectadas. Comunicado de prensa sobre o Mecanismo de Protección Civil da UE no sitio da Representación da Comisión e España. Máis información sobre os instrumentos da UE perante catástrofes no sitio do Parlamento Europeo. Comunicado de prensa sobre o Feader no sitio do Consello (en inglés). Máis información sobre o Feader no EuroEFE-Euractiv. Aprobación do plano fiscal español A Comisión aprobou o plano fiscal enviado polo goberno español para sanear as súas contas públicas durante o próximos sete anos e cumprir cos límites de déficit e débeda que establecen as normas comunitarias. O executivo comunitario sinalou na súa avaliación que o plano español cumpre cos criterios destas regras de vixilancia orzamentaria e «fixa unha senda fiscal crible para asegurar a sustentabilidade fiscal a medio prazo». É a primeira vez que a Comisión analiza estes planos fiscais que os estados membros están obrigados a enviar en cumprimento das regras fis- 4
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) cais aprobadas este ano, que pon o foco no control do gasto público neto, excluíndo determinadas conceptos como os xuros da débeda, os investimentos financiados con fondos europeos e parte das prestacións por desemprego. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Plataformas en liña A Comisión Europea impuxo unha multa de 797,72 millóns de euros á compañía Meta por infrinxir as normas de defensa da concorrencia da UE ao ligar o seu servizo de anuncios clasificados en liña (Facebook Marketplace) á súa propia rede social (Facebook) e impor condicións comerciais desleais a outros fornecedores de servizos de anuncios clasificados en liña. • A partir de agora, a empresa Booking Holdings Inc. (BHI), designada gardián de acceso á internet, debe garantir que o seu servizo de intermediación en liña, Booking.com, cumpre todas as obrigacións pertinentes da Lei de Mercados Dixitais. Isto significa que os hoteis, as empresas de aluguer de automóbiles e outros fornecedores de servizos de viaxe que dependen de Booking.com para chegar aos seus clientes, poden comezar a gozar de novas oportunidades. Por exemplo, até agora moitos hoteis e empresas de aluguer da UE tiñan que garantir os mellores prezos en Booking.com. Agora as empresas da UE son libres de diferenciar os prezos e as condicións en calquera canal de venda en liña que desexen utilizar. Comunicado de prensa sobre a multa á Meta no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información sobre a multa no Politico (en inglés), no Le Monde (en francés) e no EuroEFE-Euractiv. Comunicado de prensa sobre a BHI no sitio da Representación da Comision en España. Resultados da PAC Os datos de ingresos agrícolas mostran que a desigualdade de ingresos entre as granxas máis grandes e máis pequenas da UE se duplicou nos últimos 15 anos. • Entre 2018 e 2021 a UE concedeu xenerosos subsidios agrícolas ás empresas de máis dunha ducia de multimillonarios, incluídas as empresas propiedade do ex primeiro ministro checo Andrej Babiš e do empresario británico James Dyson. Os multimillonarios foron os «beneficiarios finais» ligados a 3.300 millóns de euros de subsidios agrícolas da UE durante o período de catro anos, ao mesmo tempo que fechaban millares de pequenas explotacións, segundo a análise de datos oficiais dos estados membros da UE. Máis información sobre a desigualdade de ingresos e sobre as subvencións a multimillonarios no The Guardian (en inglés). 5
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) OPORTUNIDADES Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes. Prácticas remuneradas •Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee). Varios prazos. •Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC). Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa. Varios prazos. •Banco Central Europeo. Varios prazos. •Axencia Europea das Substancias Químicas (ECHA). Varios prazos. •Axencia Ferroviaria Europea. Varios Prazos •Autoridade Europea dos Valores Mobiliarios e dos Mercados. Varios prazos •Fundación Europea para a Melloría das Condicións de Vida e de Traballo (EUROFOUND). Prazo até 3 de decembro. •Empresa Común para unha Europa Circular con Base Biolóxica (CBE, antiga BBI). Prazo até 3 de decembro. •Banco Europeo de Investimento. Prazo até 4 de decembro. •Instituto da Propiedade Intelectual da UE (EUIPO). Prazo ate 31 de decembro. 6
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) Emprego Procesos de selección para funcionarios permanentes •Procesos de selección da EPSO para funcionarios permanentes en institucións, organismos e axencias da UE. Varios prazos. Procesos de selección para outros empregos •Procesos de selección da EPSO para contratos temporais na Comisión. Varios prazos. •Procesos de selección da EPSO para contratos temporais en diferentes institucións e organismos da UE. Varios prazos. •Procesos de selección da EPSO para contratos temporais en axencias da UE. Varios prazos. •Procesos de selección da EPSO para outros contratos. Varios prazos. •Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos. Varios prazos. •Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC). Varios prazos. •Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess. Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Varios prazos. •Banco Europeo de Investimento (BEI) e Fondo Europeo de Investimento. Varios prazos. •Axencia Europea de Xestión da Cooperación Operacional nas Fronteiras Externas (FRONTEX). Varios prazos. •Axencia do GNSS Europeo (GSA). Varios prazos •Axencia Europea para a Xestión Operacional de Sistemas Informáticos de Grande Escala no Espazo de Liberdade, Seguranza e Xustiza. Varios prazos •Autoridade Europea dos Valores Mobiliarios e dos Mercados. Varios prazos •Observatorio Europeo das Drogas e a Toxicodependencia (EMCDDA). Varios prazos. •Axencia da UE para o Programa Espacial (EUSPA). Varios prazos •Autoridade Europea para a Seguranza dos Alimentos . Varios prazos. •Axencia Ambiental Europea (EEA). Varios prazos •Servizo Europeo de Apoio ao Asilo. Varios prazos •Fiscalía da UE (EPPO). Varios prazos. •Instituto de Estudos de Seguranza da UE (EUISS). Varios prazos. •Axencia Europea de Defensa (AED,EDA). Varios prazos. 7
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) •Axencia Executiva para as PeME (EISMEA). Varios prazos •Axencia Executiva para a Investigación (REA). Varios prazos •Empresa común para a execución da iniciativa tecnolóxica conxunta no ámbito da aeronáutica. Varios prazos •Servizo Europeo de Policía (EuroPol). Varios prazos. •Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE. Prazo até 2 de decembro. •Fundación Europea para a Melloría das Condicións de Vida e de Traballo (EUROFOUND). Prazo até 3 de decembro. •Banco Central Europeo (BCE). Prazo até 5 de decembro. •Axencia Europea de Medicamentos (EMA). Prazo até 5 de decembro. •Axencia da UE para a Seguranza das Redes e da Información (ENISA). Prazo ate 31 de decembro. 8
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) PROCESOS POR INFRACCIÓN CONTRA ESPAÑA Mercado interno A Comisión Europea decidiu enviar un ditame motivado a España [INFR(2024)0046] por non notificar á Comisión a plena transposición ao dereito interno da Directiva sobre o seguro de vehículos automóbiles modificada [Directiva (UE) 2021/2118, que modifica a Directiva 2009/103/CE]. España dispón agora de dous meses para remediar a situación e responder á Comisión. Caso contrario, a Comisión poderá optar por remitir o asunto ao TXUE. Enerxía e clima A Comisión Europea decidiu enviar un ditame motivado adicional a España [INFR(2021)0220] por non ter trasposto plenamente as normas da UE sobre o fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables que establece a Directiva (UE) 2018/2001. España dispón agora de dous meses para remediar a situación e responder á Comisión. Caso contrario, a Comisión poderá optar por remitir o asunto ao TXUE. 15
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) ESTATÍSTICAS DO EUROSTAT Todas as estatísticas son en inglés. Indicadores económicos •Produción no sector da construción. •Inflación anual na eurozona. •Superávit do comercio internacional de mercadorías na eurozona. •PIB e emprego na eurozona. •Produción industrial. •Produción no sector dos servizos. •Volume de comercio retallista. •Prezos da produción industrial. •Desemprego na eurozona. •Inflación na eurozona. •Produto Interno Bruto. •Consumo familiar real per cápita. •Déficit público. •Débeda pública. •Déficit público axustado estacionalmente. Outros datos •Violencia contra as mulleres. •Electrificación ferroviaria. •Trafego de mercadorías nos portos. •Persoas novas que estudan e traballan. •Gasto en prestacións sociais. •Acceso dos lares á internet. •Capturas de peixe. •Empresas produtoras estranxeiras no mercado da UE. •Produción de bicicletas. 16
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) •Peticións de asilo. •Datos sobre granxas. •Estatísticas chave. •Accidentes profesionais. •Pobreza subxectiva. •Produción de leite e derivados. •Gasto ligado a asistencia médica. •Emisións de gases contaminantes nas actividades económicas. •Bancarrotas e rexistros de empresas. •Estudantes de grao no estranxeiro. •Mortes na estrada. •Produción agrícola. •Taxa de uso circular de materiais. •Uso de bolsas lixeiras de plástico. •Comercio de terras raras. •Emprego a tempo parcial. •Persoas extracomunitarias con protección temporal. •Desemprego. •Usos dos bens e servizos. •Salario anual a tempo completo axustado. •Comercio de produtos químicos. •Esperanza de vida á nacenza. •Percepción do estado de saúde propio. •Ratio impostos-PIB. •Transporte ferroviario de pasaxeiros. •Comercio de automóbiles eléctricos e híbridos. •Atonía do mercado laboral. •Taxa de emprego. •Prezos do gas e a electricidade para as familias. •More businesses opened than dissolved in the EU in 2022 17
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) •Empresas abertas e fechadas. •Tamaño das empresas. •Produción e comercio de pasta. •Turistas extracomunitarios e aloxamento turístico. •Niveis de renda. •Reciclaxe de embalaxes de plástico. 18
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) DOCUMENTOS DO TRIBUNAL DE CONTAS DA UE •Relatorio Especial 23/2024: Etiquetaxe dos alimentos na UE •Relatorio Especial 24/2024: Función pública da UE. •Relatorio Especial 25/2024: Dixitalización dos cuidados da saúde. •Relatorio Anual sobre as empresas comúns da UE correspondente ao exercicio 2023. •Relatorio sobre as contas anuais das Escolas Europeas correspondentes ao exercicio 2023. •Análise 04/2024: Relatorio anual da Comisión sobre a xestión e o rendemento do orzamento da UE: Exercicio orzamentario de 2023. 19
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) SONDAXES DO EUROBARÓMETRO Estereotipos de xénero - Violencia contra as mulleres Esta sondaxe do Eurobarómetro realizouse co obxectivo de comprender mellor as actitudes dos cidadáns da UE perante a violencia e a relativización dos comportamentos violentos ou humillantes. Páxina web da sondaxe (en inglés). 20
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) SUXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS Obras dispoñibles na biblioteca da USC Jiménez Ruiz, Juan Luis, ed. 2024. Unión Europea o La materia, forma y poder de una organización internacional. Las Rozas: Aranzadi. A UE demostra na súa evolución a capacidade de transcender tanto os postulados exclusivamente intemacionalistas como os de natureza constitucional. Este traballo proxecta unha visión xurídica da UE construída a partir dunha abordaxe multidisciplinar. Ese obxectivo perséguese empregando unha metodoloxía diversa, integradora das dúas áreas xurídicas citadas, e implementando, conforme a súa natureza didáctica, unha formulación clara e lóxica. Os contidos coinciden, en xeral, cos previstos nas diferentes guías de estudos relativas á UE. En definitiva, esta obra pretende constituír un punto de partida que permita aveturarse, tanto a xuristas como a non xuristas, no coñecemento e comprensión da UE, reflexionando sobre a súa materia, a súa forma e o modo en que organiza e administra o poder que, como suxeito, concentra. Antoniolli, Luisa, e Carlo Ruzza, eds. 2024. The Rule of Law in the EU: Challenges, Actors and Strategies. Cham: Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-031-55322-6. Este libro reflexiona sobre a natureza do estado de dereito na UE e as consecuencias presentes e futuras dos ataques que o están minando. Presentando diversos estudos de caso, analiza as violacións do estado de dereito e o seu impacto na calidade da democracia na UE e no funcionamento da sociedade civil e política. Escrito cunha perspectiva interdisciplinaria, o libro liga os aspectos xurídicos relacionados coas violacións do estado de dereito ás súas consecuencias políticas e sociolóxicas tanto a nivel xeral como a nivel da UE. O libro está dividido en tres partes. A primeira céntrase no estado de dereito no contexto europeo e as ameazas á democracia que as súas violacións xeran. Examina como os movementos e partidos populistas utilizan a erosión dos controis e equilibrios nas democracias liberais para debilitar os organismos intermedios que se resisten, como os grupos da sociedade civil disidentes. A segunda parte concéntrase nas perspectivas políticas, que aborda tanto en termos das súas características xerais como a través dun conxunto de estudos de caso relacionados coas violacións do estado de dereito. A terceira parte ofrece unha perspectiva xurídica sobre estas cuestións e examina o impacto do estado de dereito e a súa vulneración en diferentes dominios que afectan tanto a dimensión interna como a externa da UE. Lacroix, Justine. 2024. Les valeurs de l’Europe, un enjeu démocratique. París: Collège de France. https://doi.org/10.4000/11p2c. A Carta de Dereitos Fundamentais da UE, aprobada en 2000, introduce o concepto de «valores» na linguaxe da UE. Desde entón, o repertorio asociado a ela (dignidade, liberdade, igualdade, solidariedade, cidadanía, xustiza) caracterizouse pola súa omnipresencia nas estratexias de comunicación e mobilización das institucións, constituíndo o principal piar de lexitimación da construción comunitaria. Nun momento en que a asociación entre democracia e estado de dereito xa non parece evidente, e que o imperativo da seguranza a miúdo se opón ao respecto das liberdades e onde a libre circulación ás veces ameaza as exixencias da xustiza social, Justine Lacroix lembra as ligazóns íntimas entre liberdade individual e autodeterminación colectiva, insiste na necesidade de manter o significado das distincións entre liberalismo e autoritarismo, e cuestiona o desexo da UE de construír un «espazo de liberdade, seguridade e xustiza». A convicción que impulsa este traballo é que o pensamento político ten un papel que desempeñar á hora de dilucidar os termos que os europeos reivindican, ao mesmo tempo deixando marxe aos conflitos de interpretación que fican no centro de toda actividade democrática. 21
Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 11 (novembro) Outras obras Zhong, Yichen. 2024. The Empowerment of EU Agencies in EU Border Management. Londres: Routledge. https://doi.org/10.4324/9781032656908. Este libro analiza o papel das axencias comunitarias na política de control das fronteiras externas da UE, analizando como o empoderamento de determinados organismos deu forma á xestión das súas fronteiras externas e influíu na gobernación da UE en xeral. Centrándose en catro aspectos chave da participación das axencias (operacións marítimas conxuntas, acceso á información, cooperación entre axencias e acción internacional), o libro esclarece a implementación diaria de políticas e a colaboración operativa nas fronteiras externas da UE e máis aló. Conclúe que as axencias demostraron cada vez máis a capacidade de influír na toma de decisións e a implementación desde dentro. Isto levou a unha redución da autonomía política dos estados membros, un aumento da supervisión da UE sobre a xestión de fronteiras e a institucionalización dunha capacidade administrativa común a nivel da UE, o que levou a unna mudanza na abordaxe da UE sobre a xestión de fronteiras para a integración. Eckes, Christina, Päivi Leino-Sandberg, e Anna W. Ghavanini, eds. 2024. The Dynamics of Powers in the European Union. Oxford e Nova York: Hart Publishing. http://dx.doi.org/10.5040/9781509971626. A separación de poderes é o medio de avaliar o exercicio lexítimo do poder nas democracias modernas. Esta colección trata da toma de decisións na estrutura constitucional policéntrica e de múltiples capas da UE desde esta perspectiva. A atención na separación de poderes revela como os fortes poderes executivos colaboran na UE como unha única fonte de poder público, que non está suficientemente contrarrestada polos parlamentos ou o poder xudicial. A colección explora tres dominios de políticas marcados pola crise: a unión económica e monetaria, a migración e o comercio. Eckes, Christina, e Theodore Konstadinides, eds. 2011. Crime Within the Area of Freedom, Security and Justice: A European Public Order. Cambridge e Nova York: Cambridge University Press. https://doi.org/10.1017/CBO9780511751219. A «europeización» da loita contra a delincuencia é un concepto amplo e moi controvertido. Esta análise en profundidade do papel da UE na loita contra a delincuencia no espazo de liberdade, seguranza e xustiza explora o impacto das políticas da UE nos estados membros, a converxencia progresiva dos sistemas xurídicos penais dos estados membros, a aparición do recoñecemento mutuo como alternativa á harmonización e o desenvolvemento progresivo da xurisdición do TXUE. Os diferentes capítulos tamén exploran as limitacións inherentes ás políticas anticrime da UE e as mudanzas introducidas como resultado do Tratado de Lisboa. Estas mudanzas discútense tanto colectivamente como dentro de áreas substantivas individuais en que a UE asumiu un papel activo na loita contra a delincuencia, como a corrupción, o branqueamento de diñeiro, o terrorismo, o crime organizado e a extradición. 22