Full text
Copyright: © 2019 CSIC. La edición electrónica de esta revista se distribuye bajo los términos de una licencia de uso y distribución Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional (CC BY 4.0). Cómo citar/Citation: Mariña Bermúdez Beloso, “Presares: comitatum, commisso, territorio? Dimensión documental e espacial dun topónimo abandonado”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 66, núm. 132 (2019), págs. 77-105, https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, LXVI Núm. 132 (enero-diciembre 2019), págs. 77-105 ISSN: 0210-847X https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO Mariña Bermúdez Beloso* Universidade de Santiago de Compostela ORCID iD: https://orcid.org/0000-0001-8347-3687 * Este traballo inclúese no marco do proxecto de investigación “El Papado y sus relaciones con la sociedad y los reinos de la Península Ibérica (ss. VIII-XIII): protagonistas, tipos de contactos, problemas y consecuencias integradoras (I)”.-RETOS-2015-PN144, que se leva a cabo no Departamento de Historia, Área de Medieval, da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do Dr. Fernando López Alsina, e no grupo de investigación GI-1548 Historia Medieval, Sociedade e Territorio da mesma universidade.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO Resumo O topónimo Présaras como nome da entidade na que se situaba o mosteiro de Sobrado dos Monxes ten unha considerable presenza na documentación da Plena Idade Media, en especial nos tombos de Sobrado, ata a súa práctica desaparición con este significado a partir do século XII. Empregando estes cartularios sobradeses como fonte principal proponse unha aproximación a dita realidade, así como aos distintos termos que se identifican nos textos acompañando á forma latina Presares e derivados (territorio, ualle, mandatione, commisso, comitatus). Para comezar realízase unha análise cuantitativa da presenza de cada un dos indicados vocábulos na documentación, e a continuación procédese ao estudo máis detallado de documentos concretos nos que aparece cada un deles co obxectivo de determinar se o seu uso é indistinto ou se polo contrario sitúan ante realidades diferentes. Finalmente, proponse unha reconstrución cartográfica da entidade de Présaras, que non pretende ofrecer uns límites pechados e estáticos senón presentar unha aproximación á posible extensión da mesma. Palabras clave: mosteiro de Sobrado, territorio, Plena Idade Media, Présaras, organización do espazo. PRESARES: ¿COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL Y ESPACIAL DE UN TOPÓNIMO ABANDONADO Resumen El topónimo Présaras como nombre de la entidad en la que se situaba el monasterio de Sobrado dos Monxes tiene una considerable presencia en la documentación de la Plena Edad Media, en especial en los tumbos de Sobrado, hasta su práctica desaparición con este significado a partir del siglo XII. Utilizando estos cartularios sobradeses como fuente principal se propone una aproximación a dicha realidad, así como a los distintos términos que se identifican en los textos acompañando a la forma latina Presares y derivados (territorio, ualle, mandatione, commisso, comitatus). Para comenzar se realiza un análisis cuantitativo de la presencia de cada uno de los indicados vocablos en la documentación, y a continuación se procede al estudio más detallado de documentos concretos en los que aparece cada uno de ellos con el objetivo de determinar si su uso es indistinto o si por el contrario sitúan ante realidades diferentes. Finalmente, se propone una reconstrucción cartográfica de la entidad de Présaras, que no pretende ofrecer unos límites cerrados y estáticos sino presentar una aproximación a la posible extensión de la misma. Palabras clave: monasterio de Sobrado, territorio, Plena Edad Media, Présaras, organización del espacio. PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DOCUMENTARY AND SPATIAL DIMENSION OF A FORSAKEN TOPONYM Abstract The toponym Présaras as the name of the entity in which the monastery of Sobrado dos Monxes was placed has a relevant presence in the documentation from the High Middle Ages, especially in the cartularies of Sobrado, until its almost complete disappearance from the 12th century on. Using these cartularies from Sobrado as the main source, an approach to the aforementioned reality is proposed, as well as to the different terms that are identified in the text accompanying the Latin form Presares and its derivatives (territorio, ualle, mandatione, commisso, comitatus). As a start, a quantitative analysis of the presence of each of the terms is done and, after that, a more detailed study of specific documents in which each of them is present is carried on, with the objective of determining if the use is indifferent or if, on the contrary, they refer to different realities. Finally, a reconstruction of the cartography of Présaras is proposed, which does not try to offer closed and static limits but to present an approach to its possible area. Key words: monastery of Sobrado, territory, High Middle Ages, Présaras, spatial organization.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 Recibido/Received: 24/09/2018 Aceptado/Accepted: 30/01/2019 Cando en outubro do ano 952 Hermenexildo e Paterna outorgan o documento polo que fan a segunda dotación de bens ao mosteiro de Sobrado, indican claramente onde se erixe a basílica: (...) in territorio Presares, uilla quod nuncupant Superato discurrente riuulo Tamare (...)1. A antigüidade na ocupación da zona elixida está perfectamente constatada; preto da indicada villa estivo asentada a Cohors I Celtiberorum entre inicios do século II e o século IV, e no mesmo emprazamento atopáronse tamén indicios de ocupacións posteriores, quizais dun asentamento relixioso no século VII2. Unha vía romana procedente da costa artellaba o val, nun trazado seguido posteriormente polo camiño real e que poñía en contacto o emprazamento do campamento romano e o que séculos despois elixiron os condes de Présaras como residencia3. A este escenario elixido refiren os textos conservados nos cartularios do cenobio de distintas formas; por exemplo, nun do 936 acompáñase ao topónimo Presares do termo ualle, mentres noutro do 978 menciónase o comisso Presarense4. Territorio, ualle e comisso aparecen no tombo de Sobrado asociados a Presares nunha franxa cronolóxica de pouco máis de 50 anos. A constatación da diversidade terminolóxica leva á formulación dunha serie de preguntas que tentarán ser contestadas neste traballo: son estas as únicas palabras que aparecen acompañando a Presares na documentación?; a variedade de léxico implica realidades diferentes asociadas ao topónimo, con cambios nos límites ou noutros trazos significativos?; hai motivacións relacionadas coa cronoloxía que expliquen as alternancias?; e 1 Pilar Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol. I, Madrid, Archivo Histórico Nacional, 1976, páxs. 21-23, doc. 1. Tamén editado por María del Carmen Pallares Méndez, El monasterio de Sobrado: Un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia medieval, A Coruña, Diputación Provincial, 1979, páxs. 260-261, doc. 6. 2 Concretamente na actual parroquia da Ciadella (Santa María), concello de Sobrado. José Manuel Costa García, Arqueología de los asentamientos militares romanos en la Hispania altoimperial (27 a.C.-ca. 280 d.C.), Santiago de Compostela, Tese de doutoramento inédita, 2013, páxs. 221-232. 3 Elisa Ferreira Priegue, Los caminos medievales de Galicia, Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial, 1988, páx. 197. Tamén Costa García, Arqueología de los asentamientos ..., páxs. 232-233. 4 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 136-137, doc. 111 (ano 936), e vol. I, páx. 130, doc. 108 (ano 978).
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 80 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO por último, é posible a través das fontes coñecer a área aproximada pola que se estendería a entidade denominada Presares? Un repaso ás fontes A resposta á primeira das preguntas require do traballo con máis textos que o de 952 que vén de ser mencionado, para o que se utilizan os dous principais córpora en liña de documentación galega medieval que permiten acceder a un volume considerable de textos en latín e en romance: o Corpus Documentale Latinum Gallaeciae e o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega5. Empregando o mesmo termo de busca, “Presar*”, obtivéronse resultados moi desiguais: 115 casos en 84 documentos no CODOLGA e só un no TMILG. Esta diferenza apunta cara un cambio no uso do termo vinculado á cronoloxía, ao constatar a considerable presenza en textos latinos, máis propios da Alta e Plena Idade Media, e o anecdótico uso nos documentos en romance (só un caso). Unha vez realizada a consulta é preciso revisar cada un dos documentos que devolve o buscador, para comprobar se están relacionados co territorio no que se sitúa o mosteiro de Sobrado ou se polo contrario responden a outras características. No que respecta ao corpus no que hai máis incidencias, CODOLGA, a maioría proceden dos tombos de Sobrado, ben da edición de Pilar Loscertales de García de Valdeavellano ou ben de edicións parciais doutros autores, como Antonio López Ferreiro6. Eliminando os duplicados (aqueles editados en máis dunha obra), dos 84 documentos que devolve o buscador só tres responden ás premisas de non ser transcricións de textos copiados nos cartularios sobradeses e incluír o topónimo Presares e non outras palabras semellantes7. Nos dous cartularios do centro monástico foron identificados ata 57, o que fai un total de 60 textos que revisar na procura dos distintos termos que acompañan ao nome Presares e derivados nos documentos medievais galegos. 5 O primeiro deles recollía, no momento en que se realizaron as consultas, 13.796 documentos escritos en latín pertencentes ao ámbito da Gallaecia tomados de máis de 60 edicións, incluída a dos dous tombos de Sobrado. Eduardo López Pereira (dir.), CODOLGA. Corpus Documentale Latinum Gallaeciae, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 13 (2016) [na rede], dispoñible en <http://cirp. es/codolga/buscas.html> [Consulta: 20/01/2018]. O segundo céntrase nos documentos escritos en romance galego-portugués na Idade Media, procedentes de máis de 70 edicións distintas. Xavier Varela Barreiro (dir.), TMILG. Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega, Instituto da Lingua Galega [na rede], dispoñible en <https://ilg.usc.es/tmilg/valida.php> [Consulta: 20/01/2018]. 6 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio .... Antonio López Ferreiro, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Impr. del Seminario Conciliar Central, 1898-1909. 7 O asterisco incluído na busca indicada, “Presar*”, substitúe a calquera carácter ou cadea de caracteres; entre os resultados poden aparecer palabras non relacionados con Presares, como presarum.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 81 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO Á vista dos resultados, o primeiro que se pode afirmar é a resposta negativa á cuestión de inicio: non son territorio, ualle e comisso os únicos termos cos que se identifica a unidade territorial chamada Presares. Nos textos localízanse ata dez vocábulos distintos; aos tres mencionados únense os de comitatum, uilla, casal, pontem, hereditate, pumare e mandatione, ademais de casos nos que só se indica o topónimo. No listado precedente conviven termos que aluden a realidades de distinta natureza, desde unidades de habitación e explotación (casal, uilla ou hereditate) a entidades territoriais (comitatum, commissum), e incluso referencias a elementos da arquitectura civil (pontem). Polo que respecta ao outro corpus documental, o TMILG, o único resultado obtido procede dun documento de 1332 no que se menciona a terra de Presares como lugar no que está situado o couto de Santa María de Souto8. En principio o termo empregado, terra, entraría en relación con algúns dos que forman parte do listado precedente, nomeadamente aqueles que refiren a entidades territoriais, e polo tanto podería integrarse nese grupo. Porén, o texto presenta certas particularidades que levan a unha necesaria reflexión sobre a súa vinculación co territorio buscado antes de incorporalo aos conxunto dos que van ser analizados. O documento recolle o arrendamento que fai a prioresa do convento de Santa María de Belvís Iohana Estevez a Aras Pardo, Berenguela Afonso e Mayor Eanes de cuarta parte do indicado couto de Santa Maria de Souto, en terra de Presaras. Unha busca no Nomenclátor actual devolve unha única coincidencia, Santa María do Souto no concello de Paderne9, situado ao norte da contorna do cenobio e a unha distancia suficiente como para non pensar na continuidade entre ambos territorios. Tendo en conta que a propiedade da que se está a falar é un couto, e que estes podían ter dimensións moi variables (desde unha aldea a varias parroquias ou un núcleo urbano, como o de Tui por exemplo)10, esta localización non é o único dato relevante para unha posible identificación co Présaras no que se sitúa o mosteiro de Sobrado. O documento contén máis información que pode 8 (...) a quarta parte nossa do couto de Santa Maria do Souto que he en terra de Presaras (...). Clara Rodríguez Núñez, “Santa María de Belvís, un convento mendicante femenino en la Baja Edad Media (1305-1400)”, Estudios Mindonienses, 5 (1989), páx. 401, doc. 10. 9 Xunta de Galicia, Nomenclátor de Galicia, [na rede], dispoñible en <https://www.xunta.gal/nomenclator> [Consulta: 04/02/2018]. 10 Sobre o couto, ver María del Carmen Pallares Méndez, “Los Cotos como marco de los derechos feudales en Galicia durante la Edad Media (1100-1500)”, Estudios Compostelanos. Galicia Rural. La tierra y el hombre. Marco de relación, 5 (1978), páxs. 201-225. Máis recentemente, Mariña Bermúdez Beloso, O espazo do occidente peninsular e a súa organización territorial (ca. 700-ca. 1250), Santiago de Compostela, Tese de doutoramento inédita, 2017, páxs. 85-140. Para o couto de Tui, ver Fernando López Alsina, “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial entre 1095 y 1157”, en Marta Cendón Fernández e Silvia González Soutelo (eds.), Tui, presente, pasado y futuro I Coloquio de Historia de Tui, [Pontevedra], Diputación de Pontevedra, 2006, páxs. 57-96.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 82 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO contribuír ao coñecemento da situación espacial dos bens en cuestión; concretamente establécese que o pago de rendas se debe realizar na vila de Betanzos: (...) Et vos et vosa moller et madre devedes dar a nos et ao dito noso moesteyro por prenda et reconosçemento desa quarta huun tonel cheo de bon vino (...) enna villa de Betanços per vosa custa cada anno ata dia de San Martino. (...)11. A incorporación de Betanzos á ecuación inclina a balanza en favor da identificación coa freguesía de Santa María do Souto (Paderne), xa que os centros de ambas poboacións están separados por aproximadamente 3 km. en liña recta. Tendo isto en conta óptase por non incluílo no conxunto de documentos que conforman a base de análise, dada a distancia coa área de influencia do mosteiro de Sobrado. Léxico e cronoloxía Ante a variedade de léxico que se atopa na documentación acompañando ao topónimo obxecto de estudo (Présaras), e sen entrar aínda na análise de caso concreta, cabe supoñer que á diversidade de palabras e de tipoloxías irán asociadas distintas realidades, de xeito que o comitatum Presares e a pontem Presares non aludirían ao mesmo: o primeiro parece corresponderse cunha circunscrición territorial que abrangue outras unidades menores, e o segundo cunha ponte á que se lle dá o nome de Présaras ou cun pequeno núcleo de poboación a carón desta. Os documentos seleccionados comparten a característica común de ter sido escritos en lingua latina nun período que vai do século IX ao XII, incluídos tres casos nos que non se aventura ningunha cronoloxía e un cuarto documento para o que se propón unha franxa de dous séculos, do XI ao XII. Chegado este punto cómpre matizar a idea inicial, de xeito que se precise unha dimensión específica do nome en cuestión e aquelas palabras que se relacionan directamente con el: a condición de Présaras como entidade ou circunscrición territorial que actúa como elemento vertebrador do territorio, con carácter supraparroquial e unhas dimensións que se tentarán precisar nas páxinas seguintes. Tendo en conta a distinción realizada previamente entre termos que refiren a entidades e outros que identifican formas de habitación, parece claro que a primeira das categorías é a que aplica a Présaras como realidade que agrupa un conxunto de parroquias, entre as que se situaría aquela na que se asenta o mosteiro de So- 11 Rodríguez Núñez, “Santa María de Belvís...”, páx. 401, doc. 10.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 83 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO brado. Estarían polo tanto por un lado as unidades de habitación e explotación (uilla, casal e hereditate), e relacionadas con elas, aínda que non responden exactamente á mesma categorización, pontem e pumares. Por outro lado, territorio, ualle, comitatum, commissum e mandatione comparten a perspectiva máis ampla de entidades territoriais, á espera de coñecer se a realidade aludida é a mesma ou pola contra o termo que acompaña ao topónimo implica cambios na concepción, ben mental ou ben física, do espazo. Con respecto á distribución por séculos dos 60 documentos seleccionados destaca o predominio do século X, que concentra o groso dos casos: ata 40 deles, o 75%, pertencerían a esa cronoloxía. No gráfico 1 represéntase a distribución cronolóxica dos textos seleccionados. Baixo a nomenclatura “Sen data” están agrupados todos aqueles documentos que non teñen data na fonte orixinal, tanto algúns que aparecen sen ela e para os que a editora non propón ningunha posible cronoloxía, como outros para quen a responsable da edición indica unha franxa de tempo de dous ou máis séculos que resulta incompatible coa distribución cronolóxica proposta para representar no gráfico, períodos de 50 anos. Estes datos permiten comprobar que o topónimo Présaras ten un uso e presenza na documentación relativamente limitado no tempo, cunha incidencia central no período plenomedieval e un claro descenso no século XI, e polo tanto a cronoloxía parece ter unha influencia directa no estudo e análise do nome sinalado. Nos mencionados 60 documentos identificáronse 67 usos distintos de Présaras12, dos cales 56 pertencerían á clasificación de entidades territoriais (territorio, ualle, comitatum, commissum e mandatione) e os 11 restantes ao relacionado con entidades de poboación e outros. A elevada proporción do primeiro grupo (máis do 80%) reforza a opción de centrarse nel, xa que se mostra como o uso máis habitual de Présaras na documentación. Neses 56 casos inclúense tamén aqueles 12 Non se teñen en conta os casos de repetición dun mesmo termo nun mesmo documento, é dicir, se aparece comitatum tres veces nun texto só computa como un. Gráfico 1.Distribución cronolóxica dos 60 documentos seleccionados
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 84 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO nos que o topónimo non leva outro substantivo asociado, pero que polo contexto parecen vinculados á concepción de marco territorial máis amplo, por exemplo por medio do uso de preposicións13. Atendendo ao número de documentos, en 51 dos 60 seleccionados menciónase algunha das palabras indicadas, coa distribución cronolóxica recollida no gráfico 2. Centrada a atención nos indicados 51 documentos (56 mencións en total), un último aspecto que interesa analizar desde unha perspectiva cuantitativa é o uso de cada un dos termos: é comparable, ou pola contra obsérvase un predominio 13 Como mostra, un documento do ano 899 do Tombo A da catedral de Santiago, no que figura Présaras como lugar no que se sitúa unha uilla: (...) In Presares ipsam uillam iam dictam (...). Manuel Lucas Álvarez, Tumbo A de la catedral de Santiago, Sada, Ediciós do Castro, 1998, páxs. 87-90, doc. 18. Gráfico 2. Distribución cronolóxica dos 51 documentos con mención de territorio, ualle, comitatum, commissum, mandationem ou Presares Gráfico 3. Distribución das 56 mencións a territorio, ualle, comitatum, commissum, mandationem e Presares
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 85 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO claro dun sobre os outros? A resposta inclínase cara a segunda das opcións: a expresión territorio Presares e variantes repítese ata en 37 documentos distintos, nalgúns casos en alternancia con outras, e o groso das mencións proceden de textos datados entre o 950 e o 999 (20 de 37, o 54’05%). A bastante distancia está o segundo termo en número de repeticións, ualle, identificado en sete documentos; en terceiro lugar sitúanse os cinco casos nos que o topónimo non figura acompañado de ningún outro modificador; e en catro ocasións repítese o uso do substantivo comitatum. Nas dúas últimas posicións están commissum, con dous casos, e mandatione, que só foi identificada nun documento. No gráfico 3 recóllese a frecuencia de uso de cada un en función da cronoloxía. Documentos: contido Tras a revisión das fontes e a selección dos documentos para o seu estudo, así como a análise cuantitativa dos mesmos, procede continuar cunha aproximación ao seu contido estruturada en catro apartados: expresións para localizar bens no espazo; o uso de varios termos nun mesmo documento; o commissum e o comitatus; e por último a mandatione. • ... et monasterium fundatum territorio Presares14: expresións para localizar bens no espazo Ao estudar a presenza dos termos seleccionados na documentación obsérvase que adoitan aparecer en referencias que permiten situar distintos bens no espazo. Dentro deste uso máis amplo destaca unha utilización recorrente de territorio, localizado ata en 11 ocasións ao inicio do documento para identificar o emprazamento do mosteiro de Sobrado15. É o caso, por exemplo, do primeiro documento do Tombo I de dito cenobio, datado en outubro do ano 952: In nomine Patris et Filii et Spiritus Sancti siue honore sancti Saluatoris et sancte Marie uirginis et genitricis Domini, siue sancti Iacobi apostoli uel omnium sanctorum martirum quorum basilica 14 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 23-26, doc. 2. 15 Distintos autores teñen reflexionado con anterioridade sobre esta cuestión, entre outros e vinculado concretamente ao mosteiro de Sobrado ver María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, “Proyección territorial e influencia social de una institución monástica en la Edad Media: la abadía de Sobrado (952-1300)”, en Xesús Balboa López, Herminia Pernas Oroza e José Manuel Pose Antelo (eds.), Entre nós. Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Antelo, Santiago de Compostela, Universidad de Santiago de Compostela, 2001, páxs. 209-241 (especialmente páxs. 211-212).
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 92 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO amplas que á súa vez poden ser divididas internamente como outras menores que se integran nas primeiras. • Commissum e comitatum de Presares A equiparación e uso indistinto dos termos faise máis evidente se cabe ao poñer nun mesmo plano de comparación unha serie de documentos directamente vinculados cunha doazón rexia copiada no cartulario sobradés e datada no 958. Segundo o texto, en dito ano o rei Ordoño IV fixo entrega ao bispo Sisnando, fillo dos patronos de Sobrado Hermenexildo e Paterna, e como fundador do mosteiro, do commissum de Presares nas condicións nas que segundo o costume rexio adoitaban telo os condes38. Dez anos despois, no 968, o monarca Ramiro III confirma a Sobrado a posesión do comitatum Presarense39, que non pode ser outro que o comissum outorgado por Ordoño IV ao descendente dos fundadores do cenobio. Transcorridos outros dez anos, no 978, o rei Ramiro III volve confirmar a posesión do comisso Presarense ao mosteiro de Sobrado40. A secuencia permite observar a alternancia entre commissum e comitatum acompañando a un mesmo topónimo nun período de só 20 anos, sen que parezan darse diferenzas notables entre ambos termos. Vénse confirmar esta tendencia noutro documento da mesma fonte, sen data e que a editora sitúa entre os séculos XI e XII41, no que se fai unha descrición dos termos do commisso de Presares42. Comeza o texto coa seguinte oración: Isti sunt termini de commisso de Presares quod est integro de Superato, á que segue a descrición dos límites, tras a que se inclúe o seguinte: Totum istum comitatum est de Superato, (...). A realidade á que se alude é a mesma, e commisso e comitatum altérnanse como sinónimos. 38 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 125-127, doc. 106. Para o texto ver nota 28. Sobre este documento ver Pallares Méndez e Portela Silva, “Proyección territorial e influencia social...”, páxs. 222-223, e María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, “El lugar de los campesinos. De repobladores a repoblados”, en Ana Rodríguez López (ed.), El lugar del campesino: En torno a la obra de Reyna Pastor, Valencia, Publicacions de la Universitat de València, 2007, páxs. 61-88, especialmente páxs. 82-83. 39 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 127-130, doc. 107. Para o texto ver nota 27. 40 (...) et confirmamus uobis comisso Presarense secundum resonat in testamento, (...). Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páx. 130, doc. 108. 41 María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva propoñen unha data moito máis precisa, concretamente o ano 958, no que se realiza a primeira concesión de mans do rei Ordoño IV, ou os seguintes, polo tanto anterior no tempo á proposta de P. Loscertales de García de Valdeavellano. Pallares Méndez e Portela Silva, “Proyección territorial e influencia social...”, páx. 223. 42 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 139-140, doc. 113.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 93 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO Das denominacións mencionadas ata o momento é probable que a menos familiar sexa a de commisso; tanto ualle como comitatum e territorio mantéñense na linguaxe actual, e aínda que o seu significado sufriu variacións co paso dos séculos a permanencia permite formarse unha idea da que partir. Porén, no caso de commisso non é doado atopar conexións que sirvan de referencia, facéndose máis necesario acudir a estudos que abordaran a cuestión con anterioridade. Neste sentido cómpre nomear un traballo de Claudio Sánchez-Albornoz, titulado “Homines mandationis y iuniores”43 e no que dedica un apartado a “Commissa, comitatus, mandationes”44. Para este autor os termos commissum e comitatus son empregados indistintamente na documentación, sendo o primeiro de orixe e difusión más antiga (goda), mentres o segundo se tería forxado entre finais do século VIII e o IX, iniciándose a súa difusión con máis forza no século X. Asistiríase a un fenómeno de substitución dun termo por outro, o máis antigo que vai caendo progresivamente en desuso ata a imposición do comitatus, moi ligado á súa vez á figura do comes45. Con posterioridade, Carlos Baliñas Pérez faise eco da dificultade de caracterización de cada unha das entidades por separado; inicialmente fai unha distinción en función do responsable e o tamaño (comitatus rexido por un comes, menor dimensión do commissum), pero a continuación el mesmo afirma que non se corresponde coa realidade que se observa na documentación, na que se dá unha alternancia entre ambos para aludir a unha mesma entidade46. Precisamente o exemplo de Présaras, a través dos documentos indicados, é o que leva a apoiar esta teoría da alternancia que defende Carlos Baliñas Pérez. 43 Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña, “Homines mandationis y iuniores”, en Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña, Viejos y nuevos estudios sobre las instituciones medievales españolas, Madrid, Espasa-Calpe (1976-1980), vol. I, páxs. 365-577. Publicado con anterioridade en Claudio Sánchez-Albornoz, “Homines mandationis y iuniores”, Cuadernos de Historia de España, 53-54 (1971), páxs. 7-235. 44 Sánchez-Albornoz y Menduiña, “Homines mandationis ...”, páxs. 443-474. 45 Sánchez-Albornoz y Menduiña, “Homines mandationis ...”, páxs. 453-470. 46 Carlos Baliñas Pérez, Do mito á realidade: A definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX), Santiago de Compostela, Fundación Universitaria de Cultura, 1992, páxs. 324- 325 e 505-511. Menciónanse só dous dos autores que trataron a cuestión, que foi analizada desde distintas perspectivas por outros investigadores como: Henrique da Gama Barros e Torquato de Sousa Soares (ed.), História da administração pública em Portugal nos séculos XII a XV, Lisboa, Livraria Sá da Costa, 1945-1954, vol. I, páxs. 220-224 e vol. XI, páx. 11; Carlos Estepa Díez, El Nacimiento de León y Castilla, siglos VIII-X, Valladolid, Ámbito, 1985, páxs. 81-85; Fernando López Alsina, La ciudad de Santiago de Compostela en la alta edad media, Santiago de Compostela, Ayuntamiento de Santiago de Compostela, 1988, especialmente páxs. 220-226; Isla Frez, La sociedad gallega ..., páxs. 144-151; Luis García de Valdeavellano y Armicis, Curso de historia de las instituciones españolas: De los orígenes al final de la edad media, Madrid, Alianza, 1968, páx. 501; Carlos Baliñas Pérez, “El territorium saliniense y los orígenes altomedievales de la comarca de Arousa”, en Augusto Guedes de Castro (ed.), Arousa medieval y románica: I Simposio de Historia y Patrimonio Cultural de Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Concello de Vilagarcía de Arousa, páxs. 72-73; Bermúdez Beloso, O espazo no occidente..., páxs. 141-188 e 223-278.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 94 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO Neste caso dáse a circunstancia de que resulta máis difícil comprobar a substitución dun termo polo outro (commissum por comitatus), como defenden distintos autores, polo feito de que o propio topónimo cae en desuso, como se puido comprobar nos gráficos 1, 2 e 3 de evolución cronolóxica. O período de maior presenza de Presares e derivados no cartulario sobradés coincide co de maior difusión do termo commissum, o século X, mentres que a decadencia dun vai parella á do outro. Por un lado identifícanse ualle e territorio como denominacións que poden actuar como equivalentes, e por outro semella que commissum e comitatus tamén se empregaron indistintamente. Ao mesmo tempo, dado o suxeito común (o topónimo Presares), parece posible afirmar que os catro aluden a unha mesma realidade territorial na que estaba situada o mosteiro de Sobrado e que tiña uns límites que se poden coñecer grazas a un documento do Tombo I de Sobrado47. • A mandatione Presares Queda un termo por analizar do listado aportado inicialmente: a mandatione. Só foi localizado un caso nas fontes consultadas no que apareza esta denominación unida a Presares. Trátase dun texto do ano 955 no que un particular e os seus fillos realizan unha doazón ao rei Ordoño III: (...) facimus cartulam incommuniationis de medietate de nostra hereditate que habemus in territorio Galletie sub urbio Lucense, in mandatione que dicunt Presares, id est uilla que uocant Sancti Iuliani in Colimbrianos et uilla de Marciano, uilla de Cartemiro (...)48. Ao igual que sucedía co commissum, o termo mandatione resulta en principio menos coñecido que os de comitatum, ualle ou terra, razón pola que, ao igual que co indicado commissum, faise necesario consultar outros traballos previos. No Léxico hispánico primitivo impulsado por Ramón Menéndez Pidal defínese este termo como señorío, poder e término jurisdiccional49. Hai ademais outra figura indefectiblemente unida a esta: a dos homines mandatione, un grupo de relevancia na sociedade do Reino de León con presenza nas leis leonesas de 1017, que permiten coñecer que estas persoas estaban baixo control de saións e meiriños, 47 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 139-140, doc. 113. 48 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páx. 61, d. 30. 49 Ramón Menéndez Pidal, Rafael Lapesa, Constantino García e Manuel Seco (eds.), Léxico hispánico primitivo (siglos VIII al XII): Versión primera del “Glosario del primitivo léxico iberorrománico”, [Madrid], Fundación Ramón Menéndez Pidal, Real Academia Española, 2003, páxs. 358-359, voz “mandatione”.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 95 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO é dicir, de funcionarios rexios50. Están presentes entre outras obras no traballo de Claudio Sánchez-Albornoz mencionado ao falar dos commissos, “Homines mandationis y iuniores”, que comeza facendo referencia ás leis leonesas de 101751. Sen entrar en detalle no papel que xogaban estes homines mandationes na sociedade leonesa do período plenomedieval nin nos distintos estudos que os analizaron, para o fin buscado neste traballo séguese a caracterización que propón Isabel Alfonso Antón, quen tendo en conta as consideracións dos autores que a precederon propón que a mandatione non sería senón outra forma de nomear ao reguengo52. Seguindo esta idea, unha proposta máis recente interpreta mandatione como un termo que faría referencia ás propiedades do rei dentro de cada unha das circunscricións que conformaban a rede territorial do reino, de xeito que cando un commisso e unha mandatione acompañan a un mesmo topónimo, a segunda designa todo o que é do monarca dentro do primeiro. Non tería por que ser un espazo único, senón que se pode manifestar en forma de nebulosa, de propiedades repartidas en distintos puntos dunha mesma entidade territorial53. Volvendo sobre o documento do 955, e tendo presentes estas interpretacións, o que se estaría a doar sería unha serie de propiedades que se situaban dentro do dominio do rei en Presares; a mandatione que dicunt Presares faría referencia ás uillae que en distintos puntos do territorio de Présaras integraban o patrimonio 50 Transmisión do Liber Fidei de Braga, edición de Avelino de Jesús da Costa (ed. lit.), Liber fidei Sanctae Bracarensis Ecclesiae, Braga, Assembleia Distrital, 1965-1978, vol. I, páxs. 3-5, doc. 1. O interese neste grupo vense manifestando desde momentos temperáns na historiografía, como se pode comprobar pola súa presenza en artigos publicados na primeira metade do século XX por Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña, “Un texto desconocido del fuero de León”, Revista de Filología Española, 9 (1922), páxs. 317-323, e Luis Vázquez de Parga, “El fuero de León”, Anuario de historia del derecho español, 15 (1944), páxs. 464-498. A transmisión no cartulario bracarense das citadas leis do 1017 foi tamén obxecto de atención de distintos autores como Alfonso García-Gallo y de Diego, “El fuero de León. Su historia, textos y redacciones”, Anuario de historia del derecho español, XXIX (1969), páxs. 5-149. 51 Sánchez-Albornoz y Menduiña, “Homines mandationis ...”, páxs. 371-424. 52 (...) En primer lugar la expresión mandados (...) me parece alude a uno de los nombres de los antiguos distritos del reino, las mandaciones. En este sentido es otra forma de nombrar al territorio de dominio real o realengo, sus moradores, por tanto, pueden recibir ese nombre de mandados, término similar al más conocido de homines de mandatione o mandamento, (...). Isabel Alfonso Antón, “La comunidad campesina”, en Reyna Pastor de Tognerini, Poder monástico y grupos domésticos en la Galicia foral Siglos XIII-XV: la casa, la comunidad, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1990, páxs. 323-324. Entre os autores aos que remite Isabel Alfonso Antón está Luis García de Valdeavellano, que di o seguinte: (...) En el Reino astur-leonés, los labriegos libres que poseían tierras ajenas en tenencia y que estaban adscritos a sus fundos, (...) eran tributarios en cuanto habitaban y explotaban una tierra ajena sujeta a gravámenes, y eran hombres de señorío o mandación (homines de mandatione, homines de mandamento) por estar sometidos a la potestad de mando señorial, que podía corresponder al Rey, al Conde o Potestad que regía un distrito del Reino o al señor de un gran dominio. (...). García de Valdeavellano y Armicis, Curso de historia de las instituciones ..., páx. 349. 53 Bermúdez Beloso, O espazo no occidente ..., páxs. 205-207.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 96 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO rexio, sen que necesariamente conformasen un espazo continuo, compacto e único, senón que o fío común entre elas é o vínculo co rei. A pesar das particularidades que van aparelladas ao termo de mandatione, o repaso polas fontes escritas nas que está presente o topónimo Presares e os termos commisso, ualle, territorio, comitatus e mandatione constitúe unha mostra da diversidade terminolóxica que se observa na documentación para referir a unha realidade que ocupa un mesmo territorio. Dun xeito ou doutro, todos teñen relación con Presares, circunscrición á que se fai referencia na documentación conservada de formas distintas e que se integra na rede que organiza o territorio galego medieval. Dimensión territorial de Presares Queda unha última pregunta: cal é esa realidade territorial englobada baixo o nome de Presares? É posible coñecer de forma aproximada a súa extensión e límites? Como queda claro pola documentación analizada, o topónimo foi caendo en desuso progresivamente, cunha presenza anecdótica no século XII e con características distintas a épocas anteriores. Segundo o Nomenclátor oficial actual, só un lugar54 e unha parroquia55, ambos próximos ao emprazamento do mosteiro, preservan a antiga denominación. Non quedou pegada nas circunscricións da contorna do cenobio, nin nas civís nin nas eclesiásticas; xa na organización dos arciprestados que leva a cabo o arcebispo Pedro III para a arquidiocese de Santiago de Compostela no 1177 aparece Sobrado como un dos que forman parte do arcediagado de Cornado56, e será a denominación que se manteña ata o día de hoxe57. 54 Ponte Présaras, freguesía de Andavao (San Martiño), concello de Boimorto. 55 Présaras (San Pedro), concello de Vilasantar. 56 (...) Et archidiaconatum de coronato contentum esse uolumus archipresbiteratibus de sobrado (...). López Ferreiro, Historia de la Santa A. M. ..., vol. IV, apéndices, páxs. 122-124, doc. L. 57 A extensión do arciprestado de Sobrado nos séculos XVI e XVII pode coñecerse a través dos distintos listados que se conservan para a arquidiocese compostelá no período moderno, como son o Libro do Subsidio (Mercedes Vázquez Bertomeu, A Igrexa de Santiago contra 1500: (O libro do subsidio), Santiago de Compostela, Lóstrego, 2003), a “Memoria y relacion de las Feligresías que hay en el Arzobispado de Santiago y de los vescinos y feligreses que en ellas hay” de 1587 (editada por Tomás González, Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI. Con varios apendices para completar la del resto de la Peninsula en el mismo siglo, y formar juicio comparativo con la del anterior y siguiente, según resulta de los libros y registros que se custodian en el Real Archivo de Simancas, Madrid, Imprenta Real, 1829, páxs. 319-329 [na rede], dispoñible en <http://bibliotecadigital. jcyl.es/es/consulta/registro.cmd?id=7823> [Consulta: 07/03/2018]) e a visita de Jerónimo del Hoyo (Jerónimo del Hoyo, Memorias del Arzobispado de Santiago: reproducción facsimilar, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2016, e Jerónimo del Hoyo, Ángel Rodríguez González (ed.) e Benito Varela Jácome (ed.), Memorias del arzobispado de Santiago, Santiago de Compostela: Porto y Cía. Editores, 1950?).
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 97 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO O punto de partida para o coñecemento do espazo chamado Présaras constitúeno as referencias toponímicas actuais, o arciprestado de Sobrado e a localización do mosteiro, ademais das investigacións realizadas con anterioridade. Interesan especialmente as reflexións de María del Carmen Pallares Méndez, quen comezaba o seu estudo sobre o mosteiro de Sobrado coa seguinte descrición do marco xeográfico no que este se encadraba: (...) Los límites de la demarcación administrativa altomedieval, conocida con el nombre de Condado de Présaras, han llegado hasta nosotros merced a un documento contenido en el libro I del Cartulario del Monasterio de Sobrado. Dentro de los límites que nos señala este documento, (...) se hallan aproximadamente 512 km2 de tierras que, apoyadas, al oeste, en el tramo más septentrional de la Dorsal Galaica (Sierras de la Loba, Coba da Serpe y del Coreón), engloba las cabeceras de los ríos Mandeo, al norte, Tambre, en el centro y el oeste, e Iso, Boente y Furelos al sur. (...)58. O documento ao que refire a autora é un dos xa comentados pola utilización da expresión commisso de Presares e a alternancia con comitatum, sen data no cartulario de Sobrado pero que a editora sitúa entre os séculos XII e XIII59. Contén abundantes detalles que aportan unha información moi relevante para o coñecemento da entidade, cunhas 17 referencias concretas sobre os límites do termo nas que conviven topónimos que sufriron poucos cambios (como Aranga ou Coua de Serpente) con outros que non foi posible localizar ben polo seu carácter xenérico (illas seixas) ou ben por non ter atopado unha evolución posible nos nomes actuais (riuulo de Uarazon)60. 58 Pallares Méndez, El monasterio de Sobrado: ..., páx 1. 59 Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 139-140, doc. 113. 60 (...) Id est per Coua de Serpente, et inde per Petra de domno Ueremudo, et inde per capud de Nauefracte, et inde in Aranga, et inde ad Montemalo, et inde ad illa lagona de Iaurino quod dicitur Pantonaria, et inde ad illas Lausas super Cendulfi, et inde per castrum de Sancto Sebastiano usque in Tamarae, et de alia parte per Bratis, et inde per Gandera de Bauegio, et inde per illas seixas, et inde ad Sancta Cruce de Senator, et inde ad Boenti, et inde ad Melidi, et inde ad riuulo de Uarazon, ipso rio Infesto usque in Montelen et inde torna ad Lamas Maiores, et inde ad Coua de Serpente unde cepimus. Totum istum comitatum est de Superato, (...). Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol I, páxs. 139-140, doc. 113. Os lugares que se propoñen como identificacións están representados nos mapas 1 e 2 por medio de polígonos sombreados en gris que se corresponden coa extensión actual das parroquias das que forman parte. Para a identificación e localización dos nomes consultouse o Nomenclátor oficial (Xunta de Galicia, Nomenclátor ...), a cartografía (Ministerio de Fomento, Instituto Geográfico Nacional, Visor Iberprix 4 [na rede], dispoñible en <http://www.ign.es/iberpix2/visor/#> [Consulta: 25/03/2018]), os índices
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 98 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO Xunto coa descrición do commisso nos restantes documentos seleccionados hai varios con referencias toponímicas asociadas a Presares, especialmente de uillae, hereditates e algún kasale. A revisión de todos eles obtivo un resultado desigual: de algo máis de 8061 topónimos localizados foi posible facer unha proposta para 45, entre os que hai nove dubidosos62. Como se pode observar no mapa 1, hai unha coincidencia bastante notable entre os lugares identificados a partir dos distintos documentos e a descrición do commisso. Onde se perciben diferenzas máis notables é no límite sur: mentres que os puntos máis meridionais coinciden coa liña do que é nos séculos XVI e XVII o arciprestado de Sobrado, as referencias do documento 113 do tombo penetran no veciño arciprestado de Abeancos, que á súa vez constituía unha circunscrición na organización civil ao igual que Presares63. No mapa 1 os únicos límites definidos que figuran son os do arciprestado de Sobrado e limítrofes en época moderna, reconstruídos a partir de distintas fontes segundo o bispado64. No inicio do seu traballo dedicado ao centro monástico, María del Carmen Pallares Méndez propuña unha extensión de 512 km2 para o condado de Présaras65. Non resulta doado trazar o perfil do que pode ter sido o comitatum, territorio, ualle ou commisso de Presares entre os séculos IX e XII; as dúbidas sobre a correcta identificación dos lugares, a problemática de todos os que quedan sen identificar e a distinta concepción do territorio son factores que dificultan de forma notable o proceso. Con todo, tendo en conta os puntos e as da edición dos tombos (Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ...) e o CODOLGA (López Pereira (dir.), CODOLGA ...). 61 Resulta difícil dar unha cifra exacta dado que nalgúns casos hai dúbidas sobre se se trata de dous nomes diferentes ou distintas grafías dun mesmo topónimo. 62 Como se pode comprobar na táboa dos apéndices, trátase de Uillar Plano (18), Mandeo (29), Lagona (30) e Guistrumir (41), con dous puntos no mapa 1, e Maquis (32) con tres; ademais, tamén se representaron dous puntos para Pardinas (36), presente na actualidade en dúas aldeas veciñas (Pardiñas de Abaixo e de Arriba, parroquia de Muniferral, San Cristovo), aínda que non están marcados como dubidosos no mapa. No caso de Maquis, dos tres lugares hoxe en día chamados Maques dous teñen unha situación semellante, Maques de Arriba e de Abaixo, parroquia de Curtis (Santaia), aos que se une un terceiro lugar na veciña freguesía de Aranga (San Paio). 63 Nun dos documentos analizados, do 992, menciónase unha igrexa de Santa María fundada (...) in uilla Bonimenti et Colina, territorio Presares et Auiancos. (...). Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio ..., vol. I, páxs. 163-165, doc. 130. A única posible continuidade identificada é o monte de Boimente, freguesía de Grixalba, localización dubidosa (43) por non coincidir cos límites do arciprestado. 64 Para o caso de Santiago de Compostela véxase nota 54. Para Mondoñedo, o “Memorial de las iglesias que hay en todo el Obispado de Mondoñedo, y de los feligreses que tiene cada una”, de 1587 (editado por González, Censo de población de las provincias ..., páxs. 267-273); e para Lugo unha relación de parroquias elaborada a mediados do século XVIII e incluída como apéndice nun episcopoloxio da sé: Antonio García Conde e Amado López Valcárcel, Episcopologio lucense, Lugo, Fundación Caixa Galicia, 1991, páxs. 741-799. 65 Pallares Méndez, El monasterio de Sobrado: ..., páx 1.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 99 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO parroquias marcadas no mapa 1 realizouse o trazado de tres perfís distintos, empregando como base cartográfica a actual rede parroquial, tal e como se representa no mapa 2. O trazado de menores dimensións (472 km2) é o máis próximo ao arciprestado de Sobrado no período moderno, incluíndo a maiores deste só aquelas parroquias nas que foi localizado algún dos lugares citados nos documentos, e que deixa fóra parte das identificacións do documento 113. O segundo (550 km2) é o que máis se achega á proposta de 512 km2 de María del Carmen Pallares Méndez; ademais do recollido no primeiro abrangue parte das parroquias do veciño arciprestado de Abeancos, ao norte dos indicados límites de Sancta Cruce de Senator, Boenti e Melidi. O máis extenso de todos (602 km2) inclúe todos os puntos e polígonos representados no mapa 1, nunha proposta que semella a menos probable de todas pola importante presenza no arciprestado de Abeancos de época moderna. Mapa 1. Referencias toponímicas asociadas a Presares na documentación
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 100 MARIÑA BERMÚDEZ BELOSO A representación do relevo no mapa 2 leva a formular a hipótese de que os montes ao leste e sur condicionen a propia extensión e delimitación do termo, de xeito que á serra da Cova da Serpe como límite leste se una polo norte o cordal de Moutouto e ao sur os montes do Bocelo, máis próximo por tanto á representación sinalada cos números 1ou 2 no mapa. En calquera caso, o obxectivo buscado non era o de dar uns límites precisos e fixos para a realidade denominada Présaras, cunha extensión exacta en km2, senón situala no espazo e achegarse aos lugares que a formaban, así como identificar a entidade que a sucederá no tempo (arciprestado de Sobrado). Conclusións Unha das institucións protagonistas da Idade Media galega foi o mosteiro de Sobrado, do que dan fe os dous tombos do período medieval que permiten achegarse Mapa 2. Proposta de reconstrución dos límites aproximados de Presares
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXVI, núm. 132 (2019), págs. 77-105. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2019.132.03 101 PRESARES: COMITATUM, COMMISSO, TERRITORIO? DIMENSIÓN DOCUMENTAL E ESPACIAL DUN TOPÓNIMO ABANDONADO a aspectos fundamentais da súa historia. Interesaba nesta ocasión coñecer o territorio no que nace o cenobio e sobre o que exerce un dominio directo, non desde a perspectiva de como se efectúa o control senón desde o coñecemento do territorio en si mesmo e das formas nas que este é presentado na documentación. Unha primeira aproximación ás fontes deixa clara a existencia dunha notable variedade de termos que acompañan a un único topónimo nun mesmo período de tempo: en só 40 anos o nome Presares aparece acompañado de ualle, commisso, comitatum e territorio. Isto leva á pregunta de se Presares é unha única realidade á que se alude con distintas denominacións ou se polo contrario cambian as condicións ao chamala commisso, comitatum ou mandatione. A mandatione referiría aos bens do rei, nunha situación comparable ao que despois se coñecerá como reguengo; mentres, os outros termos aluden a unha circunscrición das que estruturaba o territorio galego na Alta e Plena Idade Media, coñecida como Presares, e preséntanse case como sinónimos, con usos difíciles de diferenciar na escrita. A variedade terminolóxica non é algo excepcional e exclusivo de Presares, senón que é mostra do que ocorría no resto do territorio galego. O uso na documentación de diversas denominacións para as entidades é un fenómeno moi frecuente; a través das fontes percíbense características semellantes que levan a pensar en distintos nomes para unha mesma realidade, mentres que as posibles diferenzas son máis difíciles de identificar. Hai ademais outro factor a ter en conta: o abandono progresivo do topónimo co que se denomina o territorio no que se situaba o mosteiro de Sobrado desde a súa fundación, o territorium Presarense, substituído polo do propio cenobio. Así, o nome do mosteiro acabará sendo o que se impoña; en 1177 o arciprestado coñécese como Sobrado, e de Présaras só quedará a memoria documental e unha discreta pegada na toponimia actual. A pesar desta perda como nome de entidade territorial, os distintos documentos nos que se fai referencia a propiedades que formaban parte de Presares permiten coñecer de xeito aproximado a súa extensión, coincidente en gran medida co arciprestado de Sobrado nos séculos XVI e XVII; a rede eclesiástica preséntase como continuadora da civil, cunha maior estabilidade ao longo dos séculos. Presares ou Sobrado segundo o período, presentados ben como commisso, territorio ou arciprestado, semella que o espazo referido é común, con modificacións dos límites e outras pequenas alteracións pero unha mesma realidade. Os cambios mostran unha paisaxe en evolución e dan conta do paso dos séculos, pero as permanencias resultan igualmente fundamentais para coñecer mellor o territorio medieval, e por suposto o actual.