scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución complementaria á resolución reitoral do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen os prezos de matrícula de aplicación ao alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos que non teña a condición de residente para o curso 2021- 2022

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

1 RESOLUCIÓN COMPLEMENTARIA Á RESOLUCIÓN REITORAL DO 15 DE XULLO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN OS PREZOS DE MATRÍCULA DE APLICACIÓN AO ALUMNADO ESTRANXEIRO MAIOR DE DEZAOITO ANOS QUE NON TEÑA A CONDICIÓN DE RESIDENTE PARA O CURSO 2021- 2022 Mediante a Resolución Reitoral do 15 de xullo de 2021 establecéronse, para o curso académico 2021-2022, os prezos de matrícula de aplicación ao alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos que non teña a condición de residente para os estudos de grao e máster universitario, con exclusión daquelas persoas que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou aquelas ás que lles sexa de aplicación o réxime comunitario, segundo se establece no artigo 2.5 do Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2021/2022 (DOG do 13 de xullo). A citada Resolución Reitoral non recolle os prezos a aplicar na segunda, terceira e cuarta e sucesivas matrículas polo que procede ditar unha resolución complementaria para determinalos. En consecuencia, esta Reitoría RESOLVE: ÚNICO.- De acordo co criterio empregado na Resolución Reitoral do 15 de xullo de 2021 de incrementar nun 25% o prezo establecido para a primeira matrícula no Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2021/22, os prezos públicos de matrícula que se aplicarán aos estudos de grao e máster cursados polo alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos que non teña a condición de residente, con exclusión daquelas persoas que sexan nacionais de estados membros da Unión Europea ou aquelas ás que lles sexa de aplicación o réxime comunitario, serán os seguintes segundo o tipo de estudos: 1. Ensinanzas de grao (prezo dun crédito). Titulacións do Epígrafe A: • Primeira matrícula: 17,41€ • Segunda matrícula: 24,13€ • Terceira matrícula: 39,01€ • Cuarta e sucesivas matrículas: 49,74€ Titulacións do Epígrafe B: • Primeira matrícula: 12,31€ • Segunda matrícula: 17,03€ • Terceira matrícula: 27,55€ • Cuarta e sucesivas matrículas: 35,08€ 2. Ensinanzas de máster que habiliten para o exercicio de actividades profesionais reguladas en España segundo o establecido na normativa estatal e europea aplicable e análogos (prezo dun Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/68E0-BDCB-4798-AA16 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 68E0-BDCB-4798-AA16 1 / 3 2 crédito). Másteres do Epígrafe A: • Primeira matrícula: 17,41€ • Segunda matrícula: 24,13€ • Terceira matrícula: 39,01€ • Cuarta e sucesivas matrículas: 49,74€ Másteres do Epígrafe B: • Primeira matrícula: 12,31€ • Segunda matrícula: 17,03€ • Terceira matrícula: 27,55€ • Cuarta e sucesivas matrículas: 35,08€ 3. Outras ensinanzas de máster oficiais (prezo dun crédito). Másteres do Epígrafe A: • Primeira matrícula: 17,41€ • Segunda e sucesivas matrículas: 48,18€ Másteres do Epígrafe B: • Primeira matrícula: 12,31€ • Segunda e sucesivas matrículas: 33,35€ Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2021 O reitor, Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme á Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/68E0-BDCB-4798-AA16 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 68E0-BDCB-4798-AA16 2 / 3 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/08/2021 12:31:38. CSV: 68E0-BDCB-4798-AA16 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/68E0-BDCB-4798-AA16 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 68E0-BDCB-4798-AA16 3 / 3