scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Dixitalización e innovación: dixitalización da economía e impacto nas PEMES: o caso das PEMES galegas do sector alimentario

García Gendra, Alejandro

Abstract

O obxectivo deste traballo é realizar en primeiro lugar unha aproximación teórica ao concepto de dixitalización, así como mostrar a diferenza con outros procesos semellantes como son a transformación dixital e a innovación. Trátase dun tema que cobra unha gran importancia nos últimos anos, non só por atoparse en pleno auxe da era dixital, senón tamén polo efecto motivador que exerce a UE co seu Plan Next Generation, así como o plan de dixitalización a nivel español. Abordarase esta temática relacionándoa coas PEMES a nivel galego e español, as cales compoñen case a totalidade do tecido empresarial, destacando cales son motivos polos que inician un proceso de dixitalización, as estratexias usadas para desenvolver este proceso e describir cales son as limitacións e dificultades para levalo a cabo. O traballo contempla unha análise empírica que, ademais de facer uso de distintas fontes estatísticas a nivel galego, español e europeo, nútrese dunha serie de entrevistas en profundidade realizadas con diferentes PEMES do sector alimentario.

Full text

Dixitalización e innovación Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Dixitalización da economía e impacto nas PEMES: o caso das PEMES galegas do sector alimentario Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Grao en Administración e Dirección de Empresas Xuño 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Administración e Dirección de Empresas Traballo de fin de grao Dixitalización e innovación 2 Alejandro García Gendra Resumo O obxectivo deste traballo é realizar en primeiro lugar unha aproximación teórica ao concepto de dixitalización, así como mostrar a diferenza con outros procesos semellantes como son a transformación dixital e a innovación. Trátase dun tema que cobra unha gran importancia nos últimos anos, non só por atoparse en pleno auxe da era dixital, senón tamén polo efecto motivador que exerce a UE co seu Plan Next Generation, así como o plan de dixitalización a nivel español. Abordarase esta temática relacionándoa coas PEMES a nivel galego e español, as cales compoñen case a totalidade do tecido empresarial, destacando cales son motivos polos que inician un proceso de dixitalización, as estratexias usadas para desenvolver este proceso e describir cales son as limitacións e dificultades para levalo a cabo. O traballo contempla unha análise empírica que, ademais de facer uso de distintas fontes estatísticas a nivel galego, español e europeo, nútrese dunha serie de entrevistas en profundidade realizadas con diferentes PEMES do sector alimentario. En cumprimento coa normativa, este traballo conta con: 9683 palabras Palabras clave: dixitalización, PEME, innovación, TIC, sector alimentario 3 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Índice Resumo ............................................................................................................................... 2 Índice .................................................................................................................................. 3 Índice de abreviaturas ......................................................................................................... 5 Índice de táboas, gráficos ou figuras ..................................................................................... 6 Introdución ......................................................................................................................... 7 Planificación ........................................................................................................................ 8 Desenvolvemento do traballo .............................................................................................. 9 1 Importancia das PEMES en España e Galicia ...................................................................... 9 1.1 Estrutura demográfica empresarial .......................................................................... 9 2 O concepto de dixitalización e transformación dixital ..................................................... 10 3 Factores relevantes para adoptar as TIC .......................................................................... 11 4 Dificultades na dixitalización ............................................................................................ 12 5 Estratexias e tendencias actuais da dixitalización nas PEMES ......................................... 14 6 Análise empírico da dixitalización das PEMES en Galicia ................................................. 16 6.1 A competencia dixital en España............................................................................. 16 6.2 Nivel de dixitalización das PEMES galegas .............................................................. 20 6.2.1 Disposición de páxina web ......................................................................... 20 6.2.2 Emprego de especialistas en TIC ................................................................ 21 6.2.3 Interacción cas AA.PP a través de Internet ................................................ 22 6.2.4 Uso de redes sociais ................................................................................... 22 6.2.5 Uso da Nube............................................................................................... 23 6.2.6 Uso de medidas de seguridade das TIC ..................................................... 24 6.3 Análise cualitativo da dixitalización nas PEMES galegas do sector alimentario ..... 24 6.3.1 Opinión xeral da dixitalización da empresa ............................................... 25 6.3.2 A aplicación da dixitalización na propia empresa ...................................... 25 6.3.3 Factores relevantes para adoptar as TIC ................................................... 25 6.3.4 Medidas e tecnoloxías implantadas durante o proceso de dixitalización na empresa 26 4 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación 6.3.5 Factores dificultadores na dixitalización da empresa ................................ 26 6.3.6 Implicacións ............................................................................................... 28 Conclusións e ampliación ................................................................................................... 29 7 Conclusións ....................................................................................................................... 29 8 Limitacións........................................................................................................................ 30 9 Posibles ampliacións ........................................................................................................ 30 10 Anexo A ......................................................................................................................... 31 Bibliografía ........................................................................................................................ 32 5 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Índice de abreviaturas Abreviaturas e acrónimos Significado AA.PP Administracións Públicas AMETIC Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións CE Comisión Europea CEPYME Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa CLUSAGA Clúster Alimentario de Galicia DESI Digital Economy and Society Index IA Intelixencia Artificial IGE Instituto Galego de Estatística IMD Institute for Management Development INE Instituto Nacional de Estatística I+D+i Investigación, Desenvolvemento e Innovación OCDE Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos PEMES Pequenas e Medianas Empresas PIB Produto Interior Bruto p.ex por exemplo s.d sen data TIC Tecnoloxías da Información e Comunicación UE Unión Europea VEB Valor Engadido Bruto 6 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Índice de táboas, gráficos ou figuras TÁBOAS TÁBOA 1: DISTRIBUCIÓN DE EMPRESAS POR NÚMERO DE TRABALLADORES EN ESPAÑA (2021) ....................... 9 TÁBOA 2: DISTRIBUCIÓN DE EMPRESAS POR NÚMERO DE TRABALLADORES EN GALICIA (2021) ..................... 10 TÁBOA 3: FINALIDADES DO PROCESO DE DIXITALIZACIÓN ........................................................................ 12 TÁBOA 4: CLASIFICACIÓN E PUNTUACIÓN DESI EN ESPAÑA E UE (2021) .................................................. 18 TÁBOA 5: CASOS EMPRESAS ENTREVISTADAS ........................................................................................ 31 GRÁFICOS GRÁFICO 1: ÍNDICE DA ECONOMÍA E A SOCIEDADE DIXITAIS (DESI), CLASIFICACIÓN 2021 ........................... 17 GRÁFICO 2: EVOLUCIÓN INDICADOR DESI PARA ESPAÑA E A UE (2016-2021) ......................................... 17 GRÁFICO 3: EVOLUCIÓN DO INDICADOR CAPITAL HUMANO PARA ESPAÑA E A UE (2016-2021) .................. 18 GRÁFICO 4: EVOLUCIÓN INDICADOR CONECTIVIDADE PARA ESPAÑA E A UE (2016-2021) .......................... 19 GRÁFICO 5: EVOLUCIÓN DO ÍNDICE DE INTEGRACIÓN DIXITAL PARA ESPAÑA E A UE (2016-2021) ............... 19 GRÁFICO 6: EVOLUCIÓN DO ÍNDICE DE SERVIZOS PÚBLICOS DIXITAIS PARA ESPAÑA E A UE (2016-2021) ...... 20 GRÁFICO 7: % EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE DISPOÑEN DE CONEXIÓN A INTERNET E SITIO/PÁXINA WEB (2006-2021) ............................................................................................... 21 GRÁFICO 8: % DE EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE EMPREGAN ESPECIALISTAS EN TIC (2014- 2021) ................................................................................................................................... 21 GRÁFICO 9: % DE EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE USARON INTERNET PARA INTERACTUAR CAS AA.PP. (2014-2020) ............................................................................................................. 22 GRÁFICO 10: % DE EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE UTILIZAN MEDIOS SOCIAIS (2014-2021). 23 GRÁFICO 11: % DE EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE COMPRAN ALGÚN SERVIZO DE CLOUD COMPUTING USADO A TRAVÉS DE INTERNET (2014-2021) ............................................................. 23 GRÁFICO 12: % DE EMPRESAS DE MENOS DE 10 EMPREGADOS QUE EMPREGAN ALGUNHA MEDIDA DE SEGURIDADE TIC (2015-2021) ................................................................................................................... 24 7 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Introdución A dixitalización, máis concretamente a “dixitalización da economía”, e a transformación dixital son procesos que poden modificar as relacións económico/empresariais de xeito relevante. Existen evidencias empíricas de que moitas empresas viron mellorada a súa competitividade grazas a este fenómeno. Segundo os datos do Fondo Monetario Internacional, a economía española, no 2022, ocupa a posición número 13 en canto ao PIB e o posto 34 en canto ao PIB per cápita dos 196 que compoñen a clasificación. En canto a dixitalización, segundo o ranking de Competitividade Dixital Mundial elaborado polo IMD World Competitiveness Center, España ocupa unha posición intermedia, co posto número 31 das 64 economías que se analizan. Analízase e clasifícase o grao no que os países exploran e adoptan as tecnoloxías dixitais que conducen á transformación nas prácticas gobernamentais, os modelos comerciais e a sociedade en xeral. Asúmese que a transformación dixital ocorre principalmente a nivel de empresa e a competitividade dixital defínese en tres factores principais: coñecemento, tecnoloxía e preparación futura (IMD International, 2021). É preciso mellorar o noso entendemento, comprender o cambio que supón e as súas implicacións na economía galega e española, poñendo especial énfase na análise do impacto que ten nas PEMES. O estudo focalízase nas pequenas empresas debido a que son a inmensa maioría das empresas galegas e españolas. Con datos de 2021, máis do 99% das empresas galegas teñen menos de 50 traballadores. Por esta razón, é especialmente interesante avaliar o impacto que a dixitalización pode ter na competitividade destas empresas. Con este obxectivo realizarase tanto unha revisión da bibliografía relevante, así como unha análise da información dispoñible, para Galicia, España e Europa. Adicionalmente, recolleuse información de primeira man mediante a realización de entrevistas en profundidade cun grupo seleccionado de empresas complementando cun cuestionario estruturado sobre aspectos concretos. Dado que a dixitalización das empresas, pode ser diferente segundo o tipo de sector, o estudo en detalle realizarase co sector alimentario galego. A elección de dito sector débese tanto ao feito de ser un sector moi importante na economía galega (segundo o IGE xeraba en 2020 un VEB duns 4.126 millóns de €, o 6,9% do PIB e 103.000 postos de traballo, representando un 9,3% do emprego total) como a posibilidade de acceder ás empresas a través do Clúster alimentario de Galicia. 8 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Planificación O presente TFG elaborouse durante o presente ano 2022 tralo comezo do segundo cuadrimestre de 4º de Administración e Dirección de Empresas. Nutriuse do traballo realizado ao amparo da Bolsa de Colaboración do Departamento de Economía Cuantitativa, titorizada, como este TFG, pola profesora Xulia Guntín Araujo. As reunións, realizáronse todas as semanas, xa sexa de forma presencial ou telemática. Ademais, destas reunións, tamén se mantivo o contacto a través do correo electrónico para compartir documentos e resolver dúbidas. Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Tarefa 1 Tarefa 2 Tarefa 3 Tarefa 4 Tarefa 5 Tarefa 6 Tarefa 7 Tarefa 8 Tarefa 1. Busca bibliográfica sobre a dixitalización Tarefa 2. Elaboración do Índice Tarefa 3. Elaboración dos epígrafes de Importancia das PEMES e Concepto de Dixitalización Tarefa 4. Busca bibliográfica do resto de puntos a tratar no traballo Tarefa 5. Busca e tratamento da información estatística Tarefa 6. Realización de entrevistas Tarefa 7. Elaboración de conclusións Tarefa 8. Revisión e coidado dos aspectos formais 9 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Desenvolvemento do traballo 1 Importancia das PEMES en España e Galicia Neste epígrafe daremos conta da relevancia que teñen as PEMES no tecido empresarial español e galego, o que xustifica o porqué é relevante tratar o tema da dixitalización neste tipo de empresas en específico. Para isto, realizarase unha breve descrición da demografía empresarial española e galega a partir de datos estatísticos obtidos do INE e IGE. 1.1 Estrutura demográfica empresarial A estrutura demográfica empresarial tanto española como galega caracterízase por estar case monopolizada por PEMES. Táboa 1: Distribución de empresas por número de traballadores en España (2021) Fonte: Elaboración propia a partir da base de datos do INE Como se pode ver na táboa 1, España é un país no que as empresas de menos de 50 empregados supoñen o 99,27% do número total de empresas, mentres que as medianas e as grandes teñen unha importancia case residual (0,59% e 0,14% respectivamente) en termos de número de empresas. Igualmente cos datos do INE para Galicia (Táboa 2) pódese ver que presenta unha distribución semellante. As empresas sen asalariados microempresas e pequenas ocupan o 99,44 % do número de empresas totais, mentres que as medianas e grandes entre as dúas non chegan nin ao 0,6%. Empresas por tamaño Nº de empresas % de empresas % acumulado de empresas Sen asalariados 1.879.126 55,82% 55,82% Microempresas (1-9) 1.345.244 39,96% 95,78% Pequenas (10 -49) 117.534 3,49% 99,27% Medianas (50 -249) 19.994 0,59% 99,86% Grandes (250 ou máis) 4.672 0,14% 100,00% Total empresas 3.366.570 100% PEMES (0-249 asalariados) 3.361.898 99,86% 16 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación poden ser cotiáns como lámpadas e frigoríficos, como sensores ou elementos mecánicos (Gracia, s.f.). Entre as vantaxes procedentes de usar esta tecnoloxía podémonos atopar con: investimentos baixos e redución de custos, adaptabilidade aos cambios no tamaño do negocio, optimización dos procesos da empresa, datos a tempo real, mellora da produtividade e eficiencia (Puro Marketing, 2018). Porén, tamén presenta unha serie de inconvenientes a ter en conta, como a dependencia das empresas que subministran estes servizos e a necesidade de posuír algún persoal formado nesta materia. A nivel de estratexia, un instrumento moi eficaz para tratar de superar as barreiras coas que se atopan as PEMES debido ás propias características inherentes deste tipo de empresas é a Asociacións entre PEMES. As vantaxes deste tipo de asociacións son: permite realizar investimentos conxuntos que por separado lles resultaría imposible, recadar información e acumular grandes cantidades de datos, introducirse en mercados dominados por grandes empresas, favorecer a innovación entre as empresas participantes e favorecer a competitividade. Con todo, existen unha serie de motivos polos que fan complexo formar este tipo de asociacións: desconfianza, individualismo, falta de liderado, inexistencia de mecanismos para a resolución de conflitos e medo á transferencia de información privada (Guilcapi M. et al, 2009). 6 Análise empírico da dixitalización das PEMES en Galicia Unha vez analizado teóricamente este fenómeno, neste apartado realízase unha análise dos datos dispoñibles sobre competencia dixital e disposición de tecnoloxías para amosar cal é a situación de Galicia e España. Este epígrafe complétase coa análise da información que se obtivo nas entrevistas realizadas a un grupo de PEMES do sector alimentario, que nos permitirá afondar nos datos cuantitativos e obter unhas conclusións máis fundamentadas. 6.1 A competencia dixital en España Para a análise do estado da dixitalización en España podemos empregar o Índice DESI (Índice de Economía e Sociedade Dixital) elaborado pola Comisión Europea, un dos índices a nivel europeo máis importantes sobre dixitalización e que permitirá coñecer a situación de España con respecto á UE. O DESI trátase dun índice composto que resume catro indicadores do rendemento dixital e que permite un seguimento da evolución dos estados da UE na competitividade dixital. Estes catro indicadores son conectividade, capital humano, integración da tecnoloxía dixital e servizos públicos dixitais (Comisión Europea, 2021). Observando este indicador podemos observar cal é a situación de España nos campos anteriormente mencionados. Para coñecer o nivel de dixitalización dos distintos países da UE dispoñemos tanto de información do indicador agregado, como das súas compoñentes. No gráfico 1, podemos observar que España presenta unha maior nivel dixitalización que a media da UE. No ano 2021, España ocupaba a posición número 9, con respecto aos 27 países que conforman a UE. No mesmo gráfico, represéntanse tamén as puntuacións que ten cada indicador no DESI en cada país. Veranse en maior detalle posteriormente. 17 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Gráfico 1: índice da Economía e a Sociedade Dixitais (DESI), clasificación 2021 Fonte: Datos obtidos do informe do Índice da Economía e a Sociedade Dixitais (DESI) 2021 España No gráfico 2, podemos observar que España nos últimos 6 anos presenta unha maior nivel dixitalización que a media da UE, cunha tendencia positiva co paso dos anos. A UE ten a mesma tendencia pero partindo dun nivel lixeiramente inferior. Gráfico 2: Evolución Indicador DESI para España e a UE (2016-2021) Fonte: Datos obtidos do portal da Comisión Europea do Índice DESI É necesario explicar detalladamente cada un dos indicadores que compoñen o índice para coñecer os motivos subxacentes esta posición. En primeiro lugar, o indicador DESI do Capital Humano mide as habilidades (básicas e avanzadas) dos distintos usuarios de Internet e as diferentes competencias en toda a UE. España neste indicador ocupa a 12ª posición con respecto a UE cunha puntuación do 48,3 sobre 100 que o coloca por encima da media da propia UE, sendo un dos indicadores nos cales España menos destaca (Táboa 4). 18 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Táboa 4: Clasificación e puntuación DESI en España e UE (2021) Fonte: Datos obtidos do informe do Índice da Economía e a Sociedade Dixitais (DESI) 2021 España Analizando o gráfico 3, obsérvase que España, ten uns recursos humanos cunhas maiores competencias en TIC que a media da UE. Esta diferencia no ano 2021 é aproximadamente de 0,5 puntos (diferenza que se ten incrementado respecto aos anos 2018 e 2019, anos nos que había unha maior igualdade). Gráfico 3: Evolución do Indicador Capital Humano para España e a UE (2016-2021) Fonte: Datos obtidos do portal da Comisión Europea do Índice DESI O indicador de Conectividade fai referencia á disposición que teñen os usuarios (tanto particulares como empresas) de redes de banda ancha fixa e móbil. Tamén estuda outros factores relacionados coa conectividade como o nivel de prezos, cobertura e infraestruturas. É o indicador no que España destaca fronte ao resto xa que ocupa a 3ª posición, tendo unha puntuación de 62 fronte os 50,2 da media da UE (Táboa 4). UE Posto Puntuación Puntuación Indicador DESI 9 57,4 50,7 1. Capital Humano 12 48,3 47,1 2. Conectividade 3 62,0 50,2 3. Integración da tecnoloxía dixital 16 38,8 37,6 4. Servizos públicos dixitais 7 80,7 68,1 España DESI 2021 19 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Gráfico 4: Evolución Indicador Conectividade para España e a UE (2016-2021) Fonte: Datos obtidos do portal da Comisión Europea do Índice DESI Analizando o gráfico 4, vemos que tamén o nivel de conectividade e infraestruturas é superior en España que na media da UE e presentando unha tendencia semellante. O índice de Integración dixital estuda como as novas tecnoloxías e o comercio electrónico se integran nas empresas. Para elaborar este índice estúdase o nivel de aplicación nas empresas de diferentes TIC, así como o uso de comercio electrónico. España neste aspecto ocupa a 16ª posición, constituíndose como o indicador que peores valores posúe para España e tendo unha puntuación moi parella a da UE: 38,8 de España fronte os 37,6 da UE (Táboa 4). Observando o gráfico 5, vemos que en 2021 España ten un nivel de integración dixital moi semellante ao do conxunto da UE, froito dunha tendencia con menor crecemento que na UE desde 2018. Gráfico 5: Evolución do índice de Integración Dixital para España e a UE (2016-2021) Fonte: Datos obtidos do portal da Comisión Europea do Índice DESI Por último o índice de Servizos Públicos Dixitais fai referencia á dispoñibilidade de realizar os diferentes trámites e comunicación co Estado ou outros organismos estatais mediante medios 20 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación electrónicos. Neste indicador España ocupa a 7ª posición, tendo unha puntuación significativamente superior á media da UE: 80,7 de España fronte os 68,1 da UE (Táboa 4). Gráfico 6: Evolución do índice de Servizos Públicos Dixitais para España e a UE (2016- 2021) Fonte: Datos obtidos do portal da Comisión Europea do Índice DESI Como nos casos anteriores, España presenta un maior nivel de dixitalización das formas de conectar cas entidades públicas que na UE, diferenza que se mantén ao longo do período. Como conclusión, podemos destacar que o nivel de dixitalización de España e da UE presenta un crecemento sostido co paso dos anos. Con respecto á media da UE, España presenta mellores valores en todos os indicadores, resaltando o maior nivel de conectividade e servizos públicos dixitais. Pola contra, aínda que España teña un valor superior á media, posúe un nivel de integración das tecnoloxías dixitais a nivel de empresa baixo que a colocan nunha das posicións máis baixas neste aspecto. Polo tanto, será relevante dar conta de como as empresas son capaces de empregar estas tecnoloxías e aplicalas no seu modelo de negocio. 6.2 Nivel de dixitalización das PEMES galegas Para abordar o nivel de integración das tecnoloxías dixitais (o cal é un dos aspectos nos que España está máis retrasado), amósase a continuación a situación das empresas españolas e galegas. O estudo faise fundamentalmente a partir da información da Enquisa de Uso de TIC e comercio electrónico do INE. Centrámonos na adopción de diferentes tecnoloxías e aspectos dixitalizables para aquelas empresas que posúen menos de 10 traballadores, as cales representan aproximadamente o 95-96% do número de empresas totais en Galicia e España (de aí que neste epígrafe estudemos o uso destas tecnoloxías para este tamaño de empresa en concreto). 6.2.1 Disposición de páxina web O primeiro aspecto a analizar consiste na porcentaxe de empresas de menos de 10 traballadores que dispoñen de Internet e páxina web. Para o conxunto das empresas españolas, podemos observar que en 2006 o porcentaxe era de aproximadamente 18%, aumentando de forma continuada ata o 2013 data despois da cal se estabiliza este porcentaxe chegando ata case o 30%. As empresas galegas partían inicialmente dunha porcentaxe inferior (non chegaba ao 15%), pero nos últimos anos converxen. 21 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Gráfico 7: % Empresas de menos de 10 empregados que dispoñen de conexión a Internet e sitio/páxina web (2006-2021) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE 6.2.2 Emprego de especialistas en TIC Un aspecto relevante de análise é a porcentaxe de empresas de menos de 10 empregados que empregan especialistas en TIC xa sexa contratado como traballador ou subcontratando a outra empresa especializada. Como se pode ver no gráfico 8, no ano 2021 a porcentaxe de empresas españolas que utilizan especialistas en TIC é moi baixa atopándose arredor do 1,5% e no caso das empresas galegas non chega ao 0,5%. Chama a atención o descenso significativo desde 2016, descenso que se produce tanto en Galicia como no conxunto español. Gráfico 8: % de empresas de menos de 10 empregados que empregan especialistas en TIC (2014-2021) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE 22 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación 6.2.3 Interacción cas AA.PP a través de Internet É preciso mencionar tamén a porcentaxe de empresas de menos de 10 traballadores que usan Internet para interactuar cas AA.PP. Neste caso vese, que en 2020 arredor do 75% deste tipo de empresas utilizan Internet para interactuar cas AA.PP, lixeiramente inferior no caso das empresas galegas, cunha evolución crecente desde 2014. Neste aspecto, ao longo do período Galicia presentou anos cun nivel superior aínda que no ano 2020, como sinalábamos anteriormente, ten un valor inferior ao conxunto español. Este aspecto é significativo debido á tendencia que teñen as AA.PP. por facer que as empresas realicen os seus trámites a través de medios electrónicos. Gráfico 9: % de empresas de menos de 10 empregados que usaron Internet para interactuar cas AA.PP. (2014-2020) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE 6.2.4 Uso de redes sociais Outro punto relevante sería o número de empresas de menos de 10 traballadores que empregan as redes sociais no seu negocio. Neste caso Galicia e España presentan tendencias similares, aínda que con distintas flutuacións. Desde 2014 ata 2021 houbo un incremento de 5 puntos porcentuais, colocándose as empresas galegas no ano 2021 por riba das do conxunto español, como xa estaban no ano 2014. 23 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Gráfico 10: % de empresas de menos de 10 empregados que utilizan medios sociais (2014-2021) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE 6.2.5 Uso da Nube En canto a utilización dalgún servizo de nube por parte das empresas de menos de 10 traballadores, podemos ver no gráfico 11 que as porcentaxes son moi baixas, pois en España arredor do 8% das empresas utilizan este tipo de servizos, mentres que en Galicia atópase entre o 4 e 6% entre 2014 e 2020. Cabe destacar que nos datos obtidos para o último ano, para Galicia, este viuse incrementada sensiblemente chegando ata o 12% aproximadamente, cun mellor comportamento que o conxunto das empresas españolas. Gráfico 11: % de empresas de menos de 10 empregados que compran algún servizo de Cloud computing usado a través de Internet (2014-2021) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE 24 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación 6.2.6 Uso de medidas de seguridade das TIC Para finalizar, exponse cal é a proporción de empresas de menos de 10 traballadores que utilizan algunha medida de seguridade TIC. En 2015, esta proporción era moi baixa (10% aproximadamente) pero despois deste ano presenta unha evolución positiva e continua chegando ata o 70% no ano 2020 (aínda que no 2021 este baixa a 60%). Como nos casos anteriores, Galicia seguen presentando un nivel inferior na maioría dos anos aínda que na actualidade as cifras converxen. É este aspecto o que se ten incrementando máis, ao pasar de valores do 10% a valores próximos a 60% nestes últimos 6 anos Gráfico 12: % de empresas de menos de 10 empregados que empregan algunha medida de seguridade TIC (2015-2021) Fonte: Datos obtidos do INE e IGE En resumo, obsérvase que co paso dos anos, os procesos de dixitalización tanto a nivel español como galego evolucionaron positivamente (Galicia partía inicialmente de valores inferiores ou similares nos distintos indicadores converxendo nos últimos anos) como consecuencia da necesidade de adaptarse ás novas formas de traballar. Podemos observar que nas tecnoloxías consideradas como básicas están moi estendidas, pero tamén, aquelas tecnoloxías avanzadas seguen tendo unha baixa implantación. Pódese concluír, que as pequenas empresas adoptan certas tecnoloxías facilmente aplicables, mentres que son máis remisas a tomar riscos con novas tecnoloxías ou carecen de recursos humanos e/ou económicos para aplicalas. 6.3 Análise cualitativo da dixitalización nas PEMES galegas do sector alimentario Co obxectivo de afondar nos contidos dos epígrafes anteriores realizáronse unha serie de entrevistas en profundidade a PEMES do sector alimentario. A metodoloxía usada nestas entrevistas será a metodoloxía de casos. Esta metodoloxía é útil para estudar casos da vida real que son dificilmente cuantificables (Stott & Ramil, 2014). Esta metodoloxía consta de catro fases: fase de iniciación (establecemento dos obxectivos do traballo e selección da poboación obxectivo), fase de preparación da entrevista (contacto coa empresa, revisión documental, información do perfil da persoa entrevistada e establecemento dos métodos de obtención de información como o guión da entrevista e cuestionario), 25 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación realización da visita (rexistro da información) e tratamento da información obtida (síntese dos datos, redacción e presentación da información). Seleccionáronse 3 empresas alimentarias que tiñan iniciado o seu proceso de dixitalización, atopándose en distintas fases do mesmo. As empresas pertencen a distintos subsectores do sector alimentario permitíndonos ter información sectorial diversa. Adicionalmente entrevistouse a unha empresa provedora de servizos tecnolóxicos especializada no sector alimentario co obxectivo de proporcionar un punto de vista diverso. No anexo A descríbense o perfil das empresas entrevistadas A continuación recóllense as principais conclusións derivadas das entrevistas, en relación a como as empresas afrontan o proceso de dixitalización. 6.3.1 Opinión xeral da dixitalización da empresa A dixitalización é considerada como un feito imprescindible á hora de xestionar á empresa, xa sexa na actualidade ou no futuro, porque a única maneira que teñen de competir fronte as grandes empresas é proporcionando valor engadido ao seu produto. Adicionalmente, a evolución das relacións das empresas coas AA.PP, obrigan a que cada empresa posúa un nivel de dixitalización básico xa que a maioría dos trámites realízanse de xeito telemático. 6.3.2 A aplicación da dixitalización na propia empresa A iniciativa de desenvolver este proceso nas PEMES adoita aparecer coa diagnose dunha serie de problemas dentro da empresa e a decisión dalgunha persoa da directiva de dixitalizar (normalmente acompañado da contratación dun traballador capacitado para levalo a cabo xa sexa parcial ou totalmente). Por outra parte, a dixitalización normalmente obedece a un plan deseñado pola empresa, o cal non é ríxido, senón que se vai adaptando ás necesidades e recursos de cada momento. Un método que utiliza o caso A é ir preparando as novas instalacións a unha potencial dixitalización (máquinas con sensores incorporados, un proceso produtivo que permita flexibilidade futura...) e ir avanzando neste proceso segundo as novas necesidades. 6.3.3 Factores relevantes para adoptar as TIC A través da realización das entrevistas, profundízase en cales son os motivos polos que unha PEME emprende un proceso de dixitalización. Entre as conclusións obtidas destácase: • Factores organizacionais: segundo o estudo realizado, trátase dun dos factores máis importantes, xa que permite incidir na forma de traballar da empresa. Este factor fai referencia sobre todo ao intercambio de información dentro da empresa como pode ser, a dispoñibilidade de información a tempo real polos membros da empresa, o cal permite reducir o número de erros así como perdas de tempo innecesarias por non dispoñer da información correspondente. Por outra parte, tamén axuda a que os diferentes membros da empresa poidan ter unha visión conxunta da empresa. • Factores económicos: estes factores están relacionados co consumo de recursos e o custo dos produtos fabricados. As PEMES, en xeral, non dispoñen de forza suficiente como para poder influír na demanda do mercado. Polo tanto, as empresas que emprenden un proceso de dixitalización adoitan inicialo para utilizar unha menor cantidade de inputs, para un mesmo output, así como trasladarse ata outras materias primas e subministracións cuxo custo relativo sexa inferior. 32 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Bibliografía BGH Partner. (8 de Abril de 2021). BGH Partner. https://www.bghtechpartner.com/2021/04/08/como-la-nube-facilita-el-rapido- crecimiento-de-las- pymes/#:~:text=Al%20optar%20por%20la%20Nube,comunicaci%C3%B3n%20y%20trabajo %20en%20equipo. [10/2/2022] Cade Cobots. (16 de Outubro de 2020). Los cobots: Perfecta solución para las PYMEs en la industria 4.0: https://cadecobots.com/los-cobots-perfecta-solucion-para-las-pymes-en-la- industria-4-0/ [21/2/2022] Comisión Europea. (2021). DESI - Compara el progreso de los países. https://digital-agenda- data.eu/charts/desi-see-the-evolution-of-two-indicators-and-compare- countries#chart={%22indicator%22:%22desi_hc_abss%22,%22breakdown%22:%22ind_tot al%22,%22unit-measure%22:%22pc_ind%22,%22ref-area%22:[%22EU%22,%22ES%22]} [3/2/2022] Comisión Europea. (2021). Índice de la Economía y la Sociedad Digitales (DESI) 2021 España. Comisión Europea. (s.f.). Shaping Europe’s digital future. The Digital Economy and Society Index (DESI): https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/policies/desi [10/2/2022] Comité de Seguridad Alimentaria. (16 de Decembro de 2021). Wikipedia. Trazabilidad: https://es.wikipedia.org/wiki/Trazabilidad [15/4/2022] Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa. (2021). Marco Estratégico en Política de PYME - Informe de Seguimiento Anual 2020. https://industria.gob.es/eses/Servicios/MarcoEstrategicoPYME/informe-pyme2020.pdf [12/2/2022] Dirección General de la Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa. (s.f.). ipyme.org. Obtenido de Instrumentos financieros: http://www.ipyme.org/es- ES/InsFinan/Paginas/DetalleInstrumento.aspx?Nombre=Capital+Riesgo Eller, R., Alford, P., Kallmünzer, A., & Peters, M. (2020). Antecedents, consequences, and challenges of small and medium-sized. Journal of Business Research, vol.112(C), pp. 119- 127. [5/1/2022] Ercolani, G. (2013). Análisis del potencial del Cloud Computing para la PYMES. Cuadernos de Gestión de Información, vol. 2, pp. 40-55. https://revistas.um.es/gesinfo/article/view/207621 [10/2/2022] Gobierno de España. (2021). Expresión de interés relativa a las ayudas económicas para la digitalización de las PYME y autónomos en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia: Programa Digital Toolkit. Obtido de 33 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación https://portal.mineco.gob.es/RecursosArticulo/mineco/ministerio/participacion_publica/ consulta/ficheros/20210421-manifestacion-interes-digitalizacion-PYME.pdf [10/6/2022] Gobierno de España. (Enero de 2021). Plan de digitalización de PYMEs 2021 - 2025. Obtido de https://portal.mineco.gob.es/RecursosArticulo/mineco/ministerio/ficheros/210127_plan_ digitalizacion_pymes.pdf González, R. (14 de Agosto de 2020). Digitalizar pymes: factores que están limitando el proceso. El País. https://cincodias.elpais.com/cincodias/2020/08/13/pyme/1597325318_891958.html [6/2/2022] Gracia, M. (s.f.). Deloitte. IoT - Internet Of Things: https://www2.deloitte.com/es/es/pages/technology/articles/IoT-internet-of-things.html [20/2/2022] Guilcapi, M., Florián, L., Murillo, J., & Ac Bol, E. (2009). Determinación de interacciones entre asociaciones de PYMES para el desarrollo de conglomerados empresariales en la cuenca del río Parismina. Tierra Tropical, vol 5(1), pp. 29-37. https://www.researchgate.net/profile/Jorge- Murillo/publication/260123653_Determination_of_the_Interactions_among_Small_and_ Medium_Sized_Businesses_for_the_Development_of_Business_Conglomerates_in_the_P arismina_River_Watershed/links/5c83a6ef299bf1268d4917b [20/2/2022] Hortigüela, F. (2022). Las tendencias en digitalización que marcarán a las pymes en 2022 [Grabado por CEPYME]. [Podcast]. https://www.youtube.com/watch?v=v5YrG6bUdNY [7/2/2022] IMD International. (2021). IMD World Digital Competitiveness Ranking 2021. https://www.imd.org/centers/world-competitiveness-center/rankings/world-digital- competitiveness/ [10/5/2022] Instituto Galego de Estatística. (2020). Indicadores de demografía empresarial. Novas tecnoloxías da información e comunicación Instituto Galego de Estatística. (2021). Sistemas de indicadores TIC Instituto Nacional de Estadística. (2021). Encuesta de uso de TIC y Comercio Electrónico (CE) en las empresas 2020-2021. Las TIC en empresas con menos de 10 empleados International Monetary Fund. (s.f.). World Economic Outlook Korporate Technologies Group. (s.f.). Barreras que impiden la transformación digital en su empresa. https://grupokorporate.com/barreras-que-impiden-la-transformacion-digital- en-su-empresa/ [8/2/2022] Mehrtens, J., Cragg, P. B., & Mills, A. M. (2001). A model of Internet adoption by SMEs. Information & Management, 39(3), pp. 165-176. [14/4/2022] Molina, M. (13 de Marzo de 2020). IEBS Digital School. La diferencia entre Digitalización y Transformación Digital: https://www.iebschool.com/blog/diferencia-digitalizacion- transformacion-digital-digital-business/ [4/2/2022] OECD. (2021). The Digital Transformation of SMEs, OECD Studies on SMEs and Entrepreneurship. Paris: OECD Publishing. doi:https://doi.org/10.1787/bdb9256a-en 34 Alejandro García Gendra Dixitalización e innovación Pelegrí, J. (26 de Febreiro de 2020). Universal Robots. COBOT VS INDUSTRIAL ROBOT: https://www.universal-robots.com/es/blog/diferencias-cobot-y-robot-industrial/ [21/2/2022] Peña, I., & Mañueco, P. (2018). Evolución del capital riesgo en la economía española. Cuadernos de Información Económica, nº264, pp. 37-43. https://www.funcas.es/wpcontent/uploads/Migracion/Articulos/FUNCAS_CIE/264art05.pdf [20/2/2022] Puro Marketing. (10 de Outubro de 2018). El Internet de las Cosas para las PYMES ¿Ficción o Realidad?: https://www.puromarketing.com/12/31029/internet-cosas-para-pymes- ficcion-realidad.html [10/2/2022] Ramírez, P. (20 de Maio de 2021). Diferencias entre digitalización y transformación digital: ¿cuál le conviene a tu empresa?: https://www.apd.es/diferencias-digitalizacion-transformacion- digital/#:~:text=En%20resumen%2C%20la%20digitalizaci%C3%B3n%20puede,mundo%20 de%20por%20s%C3%AD%20digitalizado. [5/2/2022] Ramos Vecino, N., Almodóvar González, M., Fernández Portillo, A., Calzado Barbero, M., & Hernández Mogollón, R. (2020). Digitalización de las PYMES extremeñas. http://faedpyme.upct.es/sites/default/files/article/137/digitalizacion2019.pdf [25/1/2022] Rodríguez, J. C. (2015). Digitalización de la PYME española. Ed. Escuela de Organización Industrial, Madrid. Obtido de https://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=iYZXDwAAQBAJ&oi=fnd&pg=PA23&dq=digit alizacion+en+pymes+espa%C3%B1ola&ots=ZeOZmqGbHA&sig=VuqjPeGjQFqcDiJlo6tzkfU mPIM#v=onepage&q=digitalizacion%20en%20pymes%20espa%C3%B1ola&f=false Roland Berger. (16 de Outubro de 2016). Canales Sectoriales Interempresa. Primer Estudio sobre la Digitalización de la Actividad Económica en España elaborado la consultora Roland Berger con el apoyo de Siemens: https://www.interempresas.net/Instaladores/Articulos/192086- Primer-Estudio-Digitalizacion-Actividad-Economica-Espana-elaborado-consultora- Roland.html [3/2/2022] Sánchez, C. (15 de Setembro de 2021). Sage Advice. Por qué la Inteligencia Artificial para pymes es necesaria: https://www.sage.com/es-es/blog/inteligencia-artificial-pymes-aplicaciones- beneficios/ [21/2/2022] South Summit. (2021). Mapa emprendimiento 2021. https://www.factoriadelfuturo.com/wpcontent/uploads/2021/09/MAPA-EMPRENDIMIENTO-2021.pdf [10/2/2022] Stott, L., & Ramil, X. (2014). Metodología para el desarrollo de estudios de caso. Obtido de https://www.itd.upm.es/wpcontent/uploads/2014/06/metodologia_estudios_de_caso.pdf Techopedia. (2022). theastrologypage. ¿Qué es la sensorización?: https://es.theastrologypage.com/sensorization [15/4/2022] Vial, G. (2019). Understanding digital transformation: A review and a research. Journal of Strategic Information Systems, vol. 28, pp. 118-144. Obtido de https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0963868717302196?via%3Dihub Yin, R. K. (2018). Case study research and applications (Sexta ed.). Los Angeles: Sage Publications, Inc.