scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Criterios para a elaboración da Planificación Académica Anual correspondente ao curso 2011/2012

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica CRITERIOS PARA A ELABORACIÓN DA PLANIFICACIÓN ACADÉMICA ANUAL CORRESPONDENTE AO CURSO 2011/2012 (Aprobados polo Consello de Goberno do 22 de decembro de 2010) Este acordo contén os criterios e instrucións que deberán aplicarse para a aprobación da Planificación Académica Anual (en diante PAA) do curso 2011/2012 na Universidade de Santiago de Compostela. No vindeiro curso a PAA continuará a facerse atendendo aos dous sistemas de ordenación das ensinanzas universitarias: ás ensinanzas reguladas consonte ao RD 1497/1987, do 27 de novembro, polo que se establecen as directrices xerais comúns a todos os plans de estudo, e as adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior que regula o RD 1393/2007, de 29 de outubro, xunto co resto da normativa da USC que regula estas titulacións. No establecemento destes criterios é necesario considerar o actual contexto económico no que deberá desenvolver a súa actividade a USC así como as directrices que marcan as leis da Administración Autonómica e Central en relación co axuste orzamentario e o financiamento do que disporá a USC para os vindeiros cursos. Para realizar a PAA deberán terse en conta os seguintes aspectos: a) O profesorado e a súa dedicación docente. b) Establecer as estimacións de alumnos para cada materia que se oferte e definir o módulo de grupo (número de alumnos por grupo) para a constitución dos grupos de cada tipo de docencia que, de acordo coa metodoloxía de ensino/aprendizaxe, haxa que aplicar en cada materia nas distintas titulacións; o que nos proporcionará información respecto das necesidades lectivas das áreas. c) Definir o procedemento de encargo docente para os dous modelos. d) Definir os recoñecementos que se poidan efectuar, en función dos recursos, en relación co recoñecemento do rendemento investigador e de coordinación docente, especialmente para as novas titulacións de grao e máster. Todo este proceso da PAA ten como resultado final a formalización e publicación da Oferta Académica da Universidade, que se configura pola integración do procedemento do Plan Docente Anual que atinxe aos centros/Comisións Académicas (no caso dos másteres) e polo procedemento para a elaboración do Plan de Organización Docente dos departamentos. Para realizar a PAA ademais do establecido neste acordo deberán aplicarse as seguintes normas: Regulamento de asignación efectiva do encargo docente das materias das titulacións de Grao e Máster a departamentos e áreas de coñecemento (Acordo do Consello de Goberno do 17/02/2010). Regulamento de adscrición funcional aos efectos de docencia das materias das titulacións de Grao e Máster a departamentos e áreas de coñecemento (Acordos do Consello de Goberno do 19/11/2009 e do 21/12/2009, respectivamente). 2 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica A Normativa de mobilidade entre os campus de Santiago de Compostela e Lugo para PDI con vinculación permanente á Universidade de Santiago de Compostela (Acordo do Consello de Goberno do 21 de decembro de 2009.) A Normativa para a organización docente de 1º e 2º ciclo, aprobada pola Xunta de Goberno o 31 de outubro de 1996, e modificacións, en todo aquilo que non contradiga este acordo . (http://www.usc.es/gl/normativa/orgdocente/norma.html) O Plan de Calidade (http://www.usc.es/~calidade/PlanCalidade_g.pdf). O Regulamento dos estudos oficiais de posgrao, aprobado no Consello de Goberno do 7 de xuño de 2006, e a Resolución Reitoral do 2 de abril de 2007 pola que se desenvolve o Regulamento (http://www.usc.es/gl/normativa/3ciclo). Criterios para a oferta de continuidade dos másteres universitarios (Acordo do Consello de Goberno do 17 de febreiro de 2010). Os criterios para o cálculo das necesidades docentes aprobados polo Consello de Goberno da Universidade na sesión do 5 de febreiro de 2004 (http://www.usc.es/estaticos/goberno/consello/Resumo050204.pdf) para as ensinanzas reguladas polo RD 1497/1987. A modificación destes criterios por proposta de Consello de Participación Sindical, aprobada polo Consello de Goberno do 20 de xuño de 2005 (http://www.usc.es/estaticos/goberno/consello/Acordos200605.pdf). Verbo de todo o anterior os criterios que se deberán aplicar para a elaboración da Programación Académica Anual son os que a seguir se indican: A) CRITERIOS PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DOCENTE ANUAL (PDA) POLOS ÓRGANOS RESPONSABLES (CENTROS E COMISIÓNS ACADÉMICAS DOS MÁSTERES) Para a elaboración do PDA das distintas titulacións os órganos responsables deberán axustarse ao marco normativo que regula cada unha das titulacións que organizan polo que deberán ter en conta: a) As materias troncais, obrigatorias e optativas no caso das titulacións reguladas consonte ao RD 1487/1987 e as horas de teoría e práctica que segundo o plano de estudos teñen asignadas as materias. b) Nas titulacións de Grao deberán terse e conta as materias de formación básica, obrigatorias, e optativas; estas dúas últimas tamén para as titulacións de máster universitario. c) O Regulamento de asignación efectiva do encargo docente das materias das titulacións de Grao e Máster a departamentos e áreas de coñecemento para o que se deberá ter en conta a capacidade lectiva das áreas de coñecemento en cada campus. d) O número de estudantes matriculados en cada materia no curso 2010//2011 ou a súa estimación para as materias que se oferten por primeira vez no curso 2011/2012. Os centros e as Comisións Académicas dos másteres, en colaboración cos departamentos, deberán facer unha proposta de PDA consonte aos criterios que aquí se 3 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica recollen, considerando a dispoñibilidade dos recursos humanos cos que contan as áreas de coñecemento e os medios materiais existentes nos centros aplicando criterios de optimización dos recursos na asignación da docencia entre as áreas de coñecemento ás que estean adscritas as materias das titulacións e as afinidades establecidas sen menoscabo do resto da normativa que é de aplicación. A tal fin deberán determinarse a capacidade lectiva e titorial das áreas de coñecemento e as necesidades lectivas ou obrigas docentes das áreas. 1.- Determinación da capacidade lectiva e titorial das áreas de coñecemento En tanto non haxa unha nova regulamentación sobre o réxime de profesorado, as obrigas docentes, para o curso académico 2011/2012, relativas á capacidade lectiva e titorial das distintas figuras do profesorado continúan a ser as que establece o RD 898/85 do 30 de abril, sobre o réxime de profesorado universitario (BOE do 19 de xuño) modificado polos RD 1200/1986, RD 554/1991 e mailo Convenio colectivo do PDI. Como consecuencia da implantación das titulacións adaptadas ao EEES, a súa coexistencia coas titulacións actuais, e mentres non se dispoña dunha nova regulación para o curso 2011/2012, a actividade titorial do profesorado pode distribuírse en titorías programadas polo/a profesor/a (en despacho e/ou virtuais) e titorías en aula programadas polos centros e/ou as Comisións Académicas dos másteres. O número de horas de titorías en aula para cada figura de profesorado en ningún caso superará o 50 % da súa capacidade de titoría. 1.1.- Capacidade lectiva1 non clínica da área É a suma da capacidade lectiva non clínica das prazas da área non vacantes e da capacidade lectiva non clínica das prazas de investigadores Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal e similares que verifiquen os requisitos para participar na docencia. Capacidade lectiva non clínica das distintas figuras do profesorado e horas de titoría: a) Profesorado a tempo completo:  Catedráticos de Universidade, Catedráticos de Escola Universitaria, Titulares de Universidade, Profesores Contratados Doutores, Profesores Axudantes Doutores, Profesores Colaboradores doutores, Profesores asociados artigo 33 da LRU (que non teñan contrato con dedicación preferente en Escola Universitaria –T2-), Profesores Titulares de Escola Universitaria2: 8 horas/semana ou 240 horas/ano lectivas e 6 horas/semana ou 180 horas/ano de titorías.  Profesores Colaboradores non doutores, Profesores asociados a tempo completo ao abeiro do artigo 33 da LRU (que teñan contrato con dedicación preferente en Escolas Universitarias –T2-), Persoal para lectorados de linguas modernas ou 1 Cando non se mencione específicamente, a referencia á CAPACIDADE LECTIVA entenderase sempre CAPACIDADE LECTIVA NON CLINICA. 2 Agás nos casos de forza maior ou excepcionais nos que non sexa posible asumir o encargo docente cos recursos humanos existentes e a limitación, para a creación de prazas, que supón a actual coxuntura económica de axuste orzamentario. 4 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica estranxeiras: 12 horas/semana ou 360 horas/ano lectivas e 6 horas/semana ou 180 horas/ano de titorías.  Profesorado estable con praza asistencial vinculada (RD 1558/86 do 28 de xuño): ¾ da súa capacidade total: tempo completo: 6 horas/semana ou 180 horas/ano e 6 horas/semana ou 180 horas de titorías. No caso de que a planificación académica (encargo docente) non inclúa o desenvolvemento de actividades clínicas, o cómputo da xornada e a capacidade lectiva non será inferior á legalmente establecida (RD 898/1985 do 30 de abril). b) Profesorado con dedicación a tempo parcial  Prazas de profesorado con dedicación parcial P6: 6 horas/semana ou 180 horas/ano lectivas e igual número de horas de titorías.  Prazas de profesorado con dedicación parcial P3: 3 horas/semana ou 90 horas/ano e igual número de horas de titorías.  Axudantes LOU: 4 horas/semana ou 120 horas/ano e igual número de horas de titorías.  Axudantes LOMLOU: 2 horas/semana ou 60 horas/ano e igual número de horas de titorías.  Profesorado estable con praza asistencial vinculada (RD 1558/86 do 28 de xuño): Tempo parcial P6: 4,5 horas/semana ou 135 horas/ano e 135 horas/ano de titorias. No caso de que a planificación académica (encargo docente) non inclúa o desenvolvemento de actividades clínicas, o cómputo da xornada e a capacidade lectiva non será inferior á legalmente establecida (RD 898/1985 de 30 abril).  Profesorado con praza asistencial vinculada mediante convenio: segundo o especificado no convenio tanto para as horas lectivas como para as de titoría.  Investigadores RC, IPP ou similares: segundo as convocatorias respectivas, previa verificación dos requisitos para a participación na docencia, en todo caso o número de horas lectivas e o número de horas de titoría serán iguais. 1.2.- Capacidade lectiva clínica da área É a suma das capacidades lectivas clínicas das prazas de profesorado da área que non están vacantes. Capacidade lectiva clínica do profesorado con docencia clínica:  Profesorado estable con praza asistencial vinculada (RD 1558/86 do 28 de xuño): ¼ da súa capacidade total: tempo completo: 2 horas/semana ou 60 horas/ano. Tempo parcial P6: 1,5 horas semana ou 45 horas/ano. No caso de que na planificación académica non inclúa o desenvolvemento do máximo de actividades exclusivamente docentes (teoría, laboratorio, etc.), o cómputo da xornada non será inferior á legalmente establecida de xeito que a capacidade docente dispoñible deberá incorporarse ao resto das horas dedicadas á docencia clínica (Base decimoterceira.Tres.2 do RD 1558/86 do 28 xuño). 5 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica  Profesorado con actividade ou praza asistencial vinculada mediante convenio: segundo o especificado no convenio.  Profesores asociados de Ciencias da Saúde (PACS) con docencia só de práctica clínica (asistencial): 15 horas /semana ou 450 horas/ano (RD. 1558/86 do 28 de xuño) e 90 horas de titoría ou asistencia ao alumnado. Excepcións: O profesorado contratado colaborador non doutor, con dedicación a tempo completo, que xustifique realizar actividades de I+D+I (VER ANEXO II) poderá ter unha dedicación de 8 horas/semana ou 240 horas anuais sempre que a capacidade docente da área de coñecemento o permita e non supoña contratación de novo profesorado. 2.- Determinación das necesidades lectivas das áreas de coñecemento Para a súa determinación deberá contemplarse a situación excepcional que se produce no cómputo das necesidades docentes pola coincidencia na implantación das novas titulacións adaptadas ao EEES coas titulacións actuais ademais da complicada situación económica de crise que limita a posibilidade de atender todas esas necesidades cando supoña incorporar novos recursos. Para determinar as necesidades lectivas das áreas tamén hai que contemplar as horas de dedicación que corresponden polo desempeño de cargos de xestión ou dirección (incluídos os coordinadores de máster) ata o límite de 3 profesores a tempo completo (720 horas) en cada área. Este cómputo poderá superarse cando entre os cargos figuren os do Equipo de dirección da USC (reitor/a, vicerreitores/as, secretario/a xeral, etc.). 2.1 Titulacións non adaptadas ao EEES: módulo alumnos/grupo Tipos de docencia Módulo grupo (alumnos) Constitución novo grupo 1º ciclo 2º ciclo 1º ciclo 2º ciclo Teoría e práctica de encerado 125 75 138 83 Seminario 60 40 67 45 Laboratorio, ordenador, etc. 20 20 26 26 Clínica con pacientes humanos 5 5 7 7 Outras clínicas asistenciais 7 7 9 9 Outras clínicas non asistenciais 10 10 13 13 Proxectos fin de carreira (PFC) por profesor e curso 10 10 6 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica Constituirase un novo grupo en teoría, práctica de encerado e seminario cando o número de alumnos en cada un dos grupos creados supere nun 10 % o módulo de alumnos establecido para a docencia de que se trate; en laboratorio e docencia clínica o novo grupo constituírase cando se supere o 25 % do módulo en cada grupo. No caso de que os centros establezan un módulo de grupo máis amplo deberán solicitar a súa autorización á Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador mediante informe razoado que o xustifique. 2.2 Titulacións adaptadas ao EEES: grao e máster, módulo alumnos/grupo Tipos de docencia Módulo grupo (alumnos) Constitución novo grupo Grao Máster Grao Máster Docencia expositiva/ encerado 80 45 101 57 Docencia interactiva (Seminario) 40 40 51 51 Docencia interactiva (Laboratorio, ordenador, etc.) 20 20 26 26 Titorización en aula 10 10 13 13 Clínicas con pacientes humanos 5 5 7 7 Outras docencias clínicas asistenciais 7 7 9 9 Outras docencias clínicas non asistenciais 10 10 13 13 Practicum Non se establece módulo3 Practicas externas Grao/ Máster por profesor e curso académico 30 30 Traballos fin de Grao/Máster 4 (por director e curso académico) 10 5 Constituirase un novo grupo en expositiva, interactiva, docencia clínica e titoría en aula cando o número de alumnos en cada un dos grupos creados supere nun 25 % o módulo de alumnos establecido para a docencia da que se trate. 2.3 Cómputo do número de alumnos Titulacións non adaptadas ao EEES  A matrícula actualizada do alumnado no curso 2010/2011 a partir do momento da aprobación destes criterios polo Consello de Goberno. 3 Non se establece módulo, en todo caso, o centro poderá organizar os grupos como considere sen que o total de horas de tódolos grupos supere o número de horas que resulte de multiplicar o número de alumnos X 3 horas 4 No caso de haber codirectores o número de alumnos por grupo poderá ser o duplo. 7 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica  Contabilizarase o alumnado novo máis un 25 % do alumnado repetidor.  Para os Proxectos fin de carreira, dada a existencia de varias convocatorias, computarase a matrícula definitiva en todas as convocatorias do curso anterior (2010/2011). Titulacións adaptadas ao EEES  A matrícula actualizada do alumnado do curso 2010/2011 a partir do momento da aprobación destes criterios polo Consello de Goberno e a previsión de matrícula de estudantes incluída nas correspondentes memorias de título ou outras análises específicas para aquelas materias que se oferten por primeira vez durante o curso 2011/2012.  Contabilizarase o alumnado de nova matrícula máis un 40 % do alumnado repetidor.  Para os Traballos fin de grao (en diante TFG), tomarase a matrícula actualizada do curso anterior (2010/2011) ou, cando sexa a primeira vez, o 75 % do número de matriculados no penúltimo curso do Grao.  Para os Traballos fin de máster (en diante TFM), terase en conta a matrícula definitiva do curso anterior (2010/2011) para másteres de máis dun curso académico, ou xa implantados no curso 2010/2011, e a estimación das memorias correspondentes e/outras análises para másteres dun único curso académico a implantar no curso 2010/2011. 3.- Cómputo total das necesidades lectivas ou encargo docente das áreas de coñecemento5 As necesidades lectivas (non clínicas e clínicas) son a suma das necesidades lectivas (non clínicas e clínicas) en titulacións non adaptadas ao EEES (1º e 2º ciclo) + necesidades lectivas (non clínicas e clínicas) en Grao + necesidades lectivas (non clínicas e clínicas) en Máster. 3.1 Cómputo das necesidades lectivas en titulacións non adaptadas ao EEES É a suma, por materias de 1º e 2º ciclo encargadas á area de coñecemento, do número de horas lectivas en cada tipo de docencia x número de grupos segundo corresponde ao módulo. Non computan as materias de libre elección específica. Non computan as materias optativas que non sexan vinculadas de menos de 10 alumnos novos. A vicerreitoría con competencia na materia poderá retirar da oferta aquelas materias optativas cunha matrícula inferior a 10 alumnos no caso de que os recursos das áreas que as impartan sexan escasos. 5 A Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador poderá autorizar na PAA a impartición de docencia que non compute nas necesidades lectivas e/ou de titorías das áreas segundo se establece nestes criterios, sempre que a capacidade lectiva das áreas o permita. Neste caso a docencia impartida será considerada no POD do profesorado pero non no encargo da área correspondente. Ex. materias optativas non vinculadas de licenciaturas con menos de 10 alumnos, grupos adicionais fora dos módulos establecidos, etc. 8 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica Cando a docencia dunha materia/PFC/Practicum/Estancias sexa impartida por varias áreas, as horas totais repártense entre elas. Necesidades de horas lectivas na dirección dos Proxectos fin de carreira asignados á área: 3.2 Cómputo das necesidades lectivas en titulacións de Grao É a suma, por materias, do número de horas de docencia expositiva x número de grupos de docencia expositiva + número de horas de docencia interactiva x número de grupos de docencia interactiva + número de horas de docencia clínica x número de grupos de docencia clínica. Nunha materia tipo de 6 ECTS utilizaranse, como datos de referencia, 4 horas x ECTS de docencia expositiva, 4 horas x ECTS de docencia interactiva e 0,5 horas de titoría x ECTS para cada grupo de docencia. Necesidades por horas lectivas na dirección de TFG asignados á área: Necesidades por horas lectivas na dirección en Prácticas Externas de Grao (PEG) asignadas á área: número de alumnos x número de horas lectivas por dirección segundo a seguinte táboa: Nº ECTS das PEG ECTS≤6 6<ECTS≤12 12<ECTS≤18 ECTS>18 Horas lectivas 0,3 0,4 0,5 0,6 Horas titorías 1 1,25 1,5 1,75 Prácticum: Teñen esta consideración as materias obrigatorias que nos programas de estudos figuran con esta denominación e corresponden a títulos de profesións reguladas, ou que gozan de tradición nas distintas titulacións e para as que se aplica unha metodoloxía de traballo específica tanto nos centros docentes como nas institucións nas que se deben realizar. As Necesidades por horas lectivas para a realización dos prácticums serán as que se indican: Nº créditos PFC Ata 6 créditos 6 <créditos ≤12 12<créditos≤18 Créditos >18 Horas lectivas 3 4 5 6 Horas titoría 10 12 16 18 Nº ECTS do TFG 6 ECTS 6<ECTS≤12 12<ECTS≤18 ECTS>18 Horas lectivas 1,5 2 2,5 3 Horas titorías 5 6 8 9 No caso de TFG das titulacións reguladas de enxeñaría Horas lectivas 3 4 5 6 Horas titoría 10 12 16 18 9 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica Prácticum 3 horas lectivas por cada estudante matriculado nesta materia 3.3 Cómputo das necesidades lectivas en titulacións de Máster É a suma por materias do número de horas de docencia expositiva x número de grupos de docencia expositiva + número de horas de docencia interactiva x número de grupos de docencia interactiva + número de horas de docencia clínica x número de grupos de docencia clínica. Nunha materia tipo de 6 ECTS utilizaranse como datos de referencia 3 horas x ECTS de docencia expositiva e 4 horas x ECTS de docencia interactiva e 1 hora de titoría x ECTS para cada grupo de docencia. Necesidades por horas lectivas na dirección de TFM asignados á área: Necesidades por horas lectivas na dirección en Prácticas Externas de Máster (PEM) asignadas á área: número de alumnos x número de horas lectivas por dirección, segundo a seguinte táboa: Nº ECTS das PEM ECTS≤6 6<ECTS≤12 12<ECTS≤18 ECTS>18 Horas lectivas 0,3 0,4 0,5 0,6 Horas titorías 1 1,25 1,5 1,75 Prácticum: Teñen esta consideración as materias obrigatorias que nos programas de estudos figuran con esta denominación e corresponden a títulos de profesións reguladas, que gozan de tradición nas distintas titulacións e para as que se aplica unha metodoloxía específica tanto nos centros docentes como nas institucións nas que se deben realizar. As Necesidades por horas lectivas para a realización dos prácticums serán as que se indican: Practicum 2 horas lectivas por cada estudante matriculado nesta materia Non se contarán as necesidades lectivas das materias de máster que teñan matriculados menos de 10 alumnos novos (excluídos os interuniversitarios e internacionais). A Vicerreitoría con competencia na materia poderá retirar da oferta aquelas materias optativas cunha matrícula inferior a 10 alumnos no caso de que os recursos das áreas que as impartan sexan escasos. 4.- A Proposta do Plan Docente Anual A Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador realizará a asignación efectiva do encargo docente das materias das titulacións de grao e máster nas propostas de PDA que envíe aos centros e ás Comisións Académicas dos másteres tendo en conta a Capacidade e as necesidades lectivas das áreas. A estes efectos deberá tomar como referencia o acordo Nº ECTS do TFM 6 ECTS 6<ECTS≤12 12<ECTS≤18 ECTS>18 Horas lectivas 2,5 3 3,5 4,5 Horas titorías 7,5 9 12 13,5 16 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica 7. - Da programación docente das materias. A Normativa para a organización docente de 1º e 2º ciclo e maila Normativa básica para a ordenación do proceso de ensino/aprendizaxe e da avaliación do rendemento académico dos estudantes, establece que os departamentos deberán realizar para cada materia unha programación seguindo o modelo da guía docente ECTS que figura publicada na WEB da Universidade (www.usc.es/intro/doc/mfpm.pdf ). Correspóndelles aos órganos dos departamentos aprobar a programación de cada materia, que deberá garantir a coordinación e a equivalencia formativa de todos os grupos dunha mesma materia. Asemade, o centro e as Comisións Académicas deberán supervisar a programación aprobada polo departamento para cada materia e comprobar que se adapta ao plan de estudos vixente, debendo exercer a necesaria coordinación de programas e sistemas de avaliación dentro dun mesmo curso, ciclo e titulación segundo o establecido en cada unha das memorias das titulacións de grao e máster. Os departamentos deberán garantir que os estudantes dispoñan con antelación suficiente, e en todo caso, antes de comezar a matrícula, de información clara e suficiente sobre a programación das materias, as actividades que se van realizar para a adquisición dos coñecementos e competencias contemplados nesa programación, os procedementos de avaliación e os criterios que se empregarán nela. Ningunha materia deberá quedar sen programar antes do comezo da matrícula. Esta información estará accesible a través da web e da guía do centro conforme ao calendario aprobado polo Consello de Goberno. Logo da aprobación consonte á normativa da guía docente6 e da súa publicación na web da USC, esta non poderá modificarse sen a autorización previa da vicerreitoría con competencias na materia. 8.- Da oferta académica dos estudos oficiais A programación académica anual elaborada de acordo co que establecen os distintos plans de estudos e co proceso ordenado de extinción e implantación das titulacións oficiais que establece a normativa vixente, dá lugar ao documento polo que se dá a coñecer aos estudantes da USC a oferta de programas de estudo oficiais, así como a información sobre as materias que os conforman e mais o xeito en que estas deben ser cursadas. Todo ilo recibe a denominación de Oferta académica. O usuario final da Oferta académica son os estudantes, polo tanto, a súa modificación só poderá aceptarse se non afecta aos servizos docentes que os estudantes contratan no momento de formalizar a matrícula. Unha vez aberto o prazo de matrícula, só se poderá admitir a retirada de materias se teñen carácter optativo ou de libre configuración e o número de estudantes matriculados é inferior a 10 e a proposta está motivada por necesidades docentes sobrevidas que a xustifiquen. Do mesmo xeito poderán retirarse da oferta os másteres que non cumpran os 6 Refírese ao programa das materias que está en Xescampus 17 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica requisitos que establece o Acordo cos Criterios para a oferta de continuidade dos másteres universitarios. As modificacións que se realicen en relación coa Oferta Académica deberán ser propostas polos centros e as Comisións Académicas responsables da organización dos planos de estudo e das titulacións que imparten, e poderán facerse a iniciativa deles, a petición dos departamentos ou da Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador. Só se poderá modificar a oferta académica aprobada cando a mesma non poida ser atendida por non haber os recursos suficientes que cubran as necesidades lectivas; a estes efectos corresponderá á Vicerreitoría de PDI resolver as modificacións relativas á oferta académica. 18 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ANEXO I. Recoñecemento que o Profesorado da Universidade poderá incluír no seu POD por rendemento investigador e de coordinación docente A actividade investigadora constitúe xunto á docencia unha dimensión esencial da actividade académica que proxecta as institucións universitarias á sociedade xerando coñecemento e servizos fundamentais para un desenvolvemento económico sostible e de benestar social. Por outra banda, a implantación das titulacións adaptadas ao EEES fai necesario que os mecanismos de coordinación establecidos nas memorias funcionen xa que serán elementos imprescindibles para poder acadar os indicadores que se reflicten nas memorias dos títulos (taxas de éxito, graduación, etc,) e que as universidades deberán acreditar cara a renovación das acreditacións dos títulos. Deste xeito, os departamentos, unha vez atendidas todas as necesidades lectivas dos PDAs das titulacións ofertadas, se aínda dispoñen de capacidade docente nas súas áreas, asignarán ao seu profesorado, o recoñecemento polas actividades que se sinalan a continuación e por esta orde: 1) Recoñecemento do rendemento investigador A actividade investigadora incorpórase ao cómputo da dedicación ordinaria do PDI mediante a valoración en horas docentes equivalentes dun número reducido de indicadores medibles de forma obxectiva e aplicable a todas as áreas de coñecemento e que están relacionados co desenvolvemento dunha actividade investigadora significativa. Estes indicadores pretenden valorar dentro da actividade do PDI: a) O desenvolvemento continuado de investigación de calidade que se concreta no recoñecemento de tramos de investigación ou sexenios. b) A capacidade de desenvolver proxectos de investigación financiados ao través de convocatorias competitivas como a participación en proxectos. c) A participación en tarefas de formación de investigadores/as como a dirección de teses de doutoramento. 1.1 )Criterios xerais e procedemento de aplicación do rendemento investigador 1.1.a) Cada departamento encargarase de determinar os valores dos indicadores do rendemento investigador do seu profesorado e da súa transformación en horas docentes equivalentes, de acordo cos criterios establecidos para ese efecto. 1.1.b) As horas docentes equivalentes polo rendemento investigador aplicaranse individualmente a cada profesor. 1.1.c) As valoracións contempladas neste acordo aplicaranse só ao profesorado con dedicación a tempo completo. 1.1.d) O número máximo de horas docentes equivalentes a valorar a un/ha profesor/a polo recoñecemento do rendemento investigador é de 100 horas. No caso de que o profesor/a 19 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica desempeñe algún tipo de cargo académico o número máximo de horas docentes equivalentes que se poderán recoñecer por tódolos conceptos segundo este ANEXO non poderá superar o establecido no apartado B) Criterios para a elaboración do plan de organización docente (POD) polos departamentos. 1.1.e) A aplicación destas medidas non poderá afectar ao obrigado cumprimento das responsabilidades docentes por parte do profesorado. Deste xeito, naquelas áreas nas que o recoñecemento do rendemento investigador non poida implementarse na súa totalidade, procederase a unha consideración parcial xunto co recoñecemento polas actividades de coordinación docente en función da capacidade docente da área. 1.1.f) Os departamentos velarán para que, na medida das súas posibilidades, o cómputo do rendemento investigador, repercuta, xunto co recoñecemento polas actividades de coordinación docente e pola orde que figura neste Anexo, de forma efectiva na distribución do encargo docente entre o seu profesorado, o que quedará adecuadamente recollido no POD. 1.2) Indicadores  Sexenios de investigación Asignaranse 20 horas docentes equivalentes se o último sexenio obtido corresponde cun período de tempo que se solape cos 8 anos previos ao da solicitude, e 5 horas por cada sexenio anterior. No caso do profesorado que teña recoñecido o máximo de seis sexenios asignaranse 20 horas ao último sexenio obtido, aínda que este fora recoñedido con anterioridade ao período dos 8 anos sinalados.  Proxectos de investigación O recoñecemento aplicarase por cada proxecto de investigación que estea en vigor no momento de elaborar a proposta de recoñecemento, sempre que o investigador principal pertenza á USC. O investigador principal do proxecto deberá distribuír a valoración docente correspondente ao proxecto entre os membros do equipo investigador, de acordo co seu criterio.  Proxecto Autonómico 40 horas/ano  Proxecto Nacional 60 horas/ano  Proxecto ou contrato singular, en convocatoria competitiva, (UE Consolider, Ciber, etc.), coordinado7 pola USC 120 horas/ano  Teses de doutoramento Aplicarase un recoñecemento de 20 horas por cada tese defendida nos dous anos naturais previos a aquel no que se cursa a solicitude, sempre que a cualificación obtida pola tese fose de cum laude. O número de horas incrementarase a 30 horas no caso de teses europeas ou 7 Tal e como se recoñece na producción científica da USC, no caso de proxectos Europeos terán a consideración de IP os/as coordinadores/as de Work package, e no caso dos Proxectos coordinados (Autonómicos ou Nacionais) aos responsables de subproxectos. 20 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica as realizadas dentro de Programas de Doutoramento con Mención de Calidade. No caso de que a tese fose dirixida por máis dun/ha doutor/a o recoñecemento repartirase entre os mesmos. A máxima valoración que un/ha profesor/a pode acadar neste apartado é de 60 horas. 2) Recoñecemento das actividades de coordinación docente (nas titulacións oficiais):  Coordinación de grao e máster, 60 horas. No caso dos graos só cando nun centro se impartan dúas ou mais titulacións.  Coordinador de curso das titulacións de grao, 20 horas.  Coordinador de prácticas de grao 8, 20 horas, no caso de que o/a seu/ua responsable non sexa membro do equipo de dirección do centro.  Coordinador de materia cando estas teñan dous ou máis grupos de docencia expositiva e sexan impartidas por dous ou máis profesores: 5 horas.  Coordinador de mobilidade ou intercambio de estudantes: 10 horas por coordinar de 3 a 10 estudantes; 15 horas por coordinar de 11 a 20 e 20 horas cando sexan máis de 20 estudantes.  Dirección de traballos academicamente dirixidos : máximo 5 horas por docente e curso repartido proporcionalmente no caso de ter máis dun director. 3) Recoñecemento por docencia en inglés en titulacións adaptadas ao EEES  Co fin de ter en conta o maior esforzo ligado a preparación e impartición de docencia en inglés, as horas lectivas de cada materia e grupo de docencia nese idioma, irán afectadas dun factor corrector de 1.3 nos tres primeiros anos. 4) Recoñecemento do rendemento docente en titulacións non adaptadas ao EEES (1º e 2º ciclo)  Co fin de ter en conta o maior esforzo ligado aos grupos cun maior número de estudantes, as horas de teoría de cada materia irán afectadas dun factor corrector recollido na seguinte táboa. Neste caso, o cómputo dos repetidores non poderá exceder o 20 % dos estudantes de nova matrícula. 1º ciclo até 75 76-100 > 100 1 1.1 1.2 2º ciclo até 50 51-70 > 70 1 1.1 1.2 8 Terase en conta un máximo de 1 coordinador/a por centro, agás que no centro se impartan titulacións cun alto número de alumnos en prácticas, en cuxo caso valorarase a necesidade de incrementar o recoñecemento ou de conceder un coordinador/a por cada titulación. 21 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ANEXO II CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE INVESTIGADORA DO PROFESORADO CONTRATADO COLABORADOR NON DOUTOR Nos casos que sexa de aplicación, a capacidade lectiva dos/as Profesores/as Colaboradores/as non doutores será reducida en 120 horas /ano, quedando en 240 horas/ano, sempre que obteñan unha puntuación mínima de 2 puntos na avaliación da súa actividade investigadora, de acordo co seguinte baremo*:  Ter participado nalgún proxecto ou contrato de investigación, financiado polas administracións públicas ou por entidades privadas, nos últimos tres anos ou que se encontre en vigor no momento da solicitude: 1 punto  Puntuación por produción científica**, referida aos tres últimos anos: o Se é igual ou superior á puntuación media da área de coñecemento correspondente: 2 puntos o Se está comprendida entre o 50% e o 100% da puntuación media da área de coñecemento correspondente: 1 punto *A puntuación que se especifica en cada apartado é a máxima e a única que se pode obter no mesmo, en caso de verificación positiva do requisito. En caso contrario, a puntuación do apartado é 0. ** Suma de puntos correspondentes aos indicadores que se valoran na produción científica da USC. Corresponde á Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador resolver as petición de redución da capacidade lectiva do profesorado contratado colaborador, de acordo con estes criterios, que poderá solicitalo no impreso que figura como ANEXO III. 22 V ICERREITORÍA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ANEXO III SOLICITUDE DE REDUCIÓN DA CAPACIDADE LECTIVA POR AVALIACION DA ACTIVIDADE INVESTIGADORA Nome ........................................ Apelidos .................................................................... DNI ............................ Departamento ................................................................................................................................................... Área de Coñecemento ...................................................................................................................................... Colaborador/a non doutor/a con dedicación a tempo completo. xustifica a seguinte actividade investigadora de acordo co baremo aprobado polo Consello de Goberno de 22 de decembro de 2010 e que figura como Anexo III aos Criterios para a elaboración da planificación Académica Anual para o curso 2011/2012. Actividade Número Puntos9 Participación nalgún proxecto ou contrato de investigación, financiado polas administracións públicas ou por entidades privadas, nos últimos tres anos ou que se encontre en vigor no momento da solicitude. Produción científica referida aos tres últimos anos igual ou superior á puntuación media da área de coñecemento correspondente Puntuación por produción científica referida aos tres últimos anos, comprendida entre o 50 % e o 100 % da puntuación media da área de coñecemento correspondente* Total puntos Solicita a aplicación da dedicación docente establecida nos Criterios para a elaboración da planificación Académica Anual para o curso 2011/2012 aprobado polo Consello de Goberno da USC (22/12/2010). Santiago de Compostela, ...... de ...................... de 2010 Asdo.: 9 • A puntuación que se especifica en cada apartado é máxima e a única que se pode obter no mesmo en caso de verificación positiva do requisito. En caso contrario, a puntuación do apartado é 0.  Suma de puntos correspondentes aos indicadores que se valoran na produción científica da USC