Instrución VIII/2018 da Xerencia do 04-06-2018 pola que se modifica a codificación económica do orzamento de gastos da Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
Instrución VIII/2018 da Xerencia pola que se modifica a codificación económica do orzamento de gastos da Universidade de Santiago de Compostela.
Full text
INSTRUCIÓN VIII/2018 DA XERENCIA POLA QUE SE MODIFICA A CODIFICACIÓN ECONÓMICA DO ORZAMENTO DE GASTOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presta diversos servizos en centros docentes relacionados coas titulacións que neles se imparten. Tendo en conta a súa relación coa titulación da que derivan, estes servizos poden caracterizarse en: ‐ Servizos que non xeran dereitos económicos para a USC xa que se prestan no ámbito de prácticas tuteladas incluídas nunha titulación oficial ou propia ‐ Servizos, non incluídos na programación académica dunha titulación, cuxa prestación repercutirá de forma beneficiosa na docencia e, de ser o caso e de xeito secundario, na investigación desenvolvida na USC A prestación destes últimos servizos financiarase a través dos ingresos derivados das tarifas aplicables e polo tanto o crédito orzamentario soporte desta actividade terá carácter de afectado, agás o desconto por custos indirectos. Por outra parte, logo da inspección tributaria da liquidación do IVE do exercicio 2017 é necesario corrixir o tipo de dedución aplicable aos gastos de axudas de custo e locomoción relacionados coa provisión de prazas de persoal docente e investigador e de prazas de persoal de administración e servizos. Tendo en conta o anterior, esta Xerencia RESOLVE: 1 . Polo que respecta á xestión económica e orzamentaria da prestación de servizos que non sexan de investigación: a) Incluír o código funcional das partidas orzamentarias soporte destes servizos no grupo de función 1 “Produción e prestación de servizos de apoio á docencia” b) A xeración de crédito na partida orzamentaria comunicarase polo Servizo de Contabilidade, orzamentos e tesouraría c) A porcentaxe de custos indirectos aplicables, agás que nas bases de execución do orzamento se dispoña outra, será o 15% d) Abrir o concepto económico 270 “Prestacións de servizos clínicos e/ou asistenciais”, cos subconceptos económicos: SUBCONCEPTO ECONÓMICO DESCRICIÓN INVENTARIABLE 270.00 GASTOS DE FUNCIONAMENTO ASOCIADOS A PRESTACIÓNS CLÍNICAS E/OU ASISTENCIAIS 270.01 Gastos de Funcionamento 270.03 Material Inventariable SI 270.18 Atencións protocolarias e representativas 270.22 Retrib cursos e conferencias PAS 270.23 Retrib cursos e conferencias PDI 270.24 Retrib cursos e conferencias Pers Inv 270.32 Axudas de Custo e Locomoción XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010- Fax:881 81 12 10 Correo electrónico: xerente @ usc.es Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9A02-4C12-42DC-9A4B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9A02-4C12-42DC-9A4B 1 / 3
e) No caso das prestacións de servizos xa existentes que non sexan de investigación e cun soporte orzamentario nun concepto económico diferente ao 270 “Prestacións de servizos clínicos e/ou asistenciais”, deberán realizarse as actuacións necesarias para garantir que no exercicio económico 2019 a xestión económica e orzamentaria se realice conforme ao disposto nesta instrución. 2. Modificar o tipo de dedución de IVE aplicable aos gastos de axudas de custo e locomoción relacionados coa docencia e con provisión de prazas de persoal docente nos seguintes subconceptos económicos: SUBCONCEPTO ECONOMICO DESCRICIÓN TIPO DE DEDUCIÓN 230.01 Axudas custo e locomoción. Docencia 0% 230.03 Axudas de custo e locomoción. Concurso prazas docentes 0% 3. Publicar no anexo I o listado completo da codificación económica da USC José Manuel Villanueva Prieto Xerente en funcións Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9A02-4C12-42DC-9A4B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9A02-4C12-42DC-9A4B 2 / 3
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JOSE MANUEL VILLANUEVA PRIETO, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/06/2018 16:47:33. CSV: 9A02-4C12-42DC-9A4B Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/9A02-4C12-42DC-9A4B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 9A02-4C12-42DC-9A4B 3 / 3