Instrución VII/2018 da Xerencia, rectificativa da V/2018, relativa ao emprego do código CPV como elemento para determinar o obxecto dos contratos menores
Full text
INSTRUCIÓN VII/2018 DA XERENCIA, RECTIFICATIVA DA V/2018, RELATIVA AO EMPREGO DO CÓDIGO CPV COMO ELEMENTO PARA DETERMINAR O OBXECTO DOS CONTRATOS MENORES. Na instrución V/2018 da Xerencia estableceuse o código CPV (Common Procurement Vocabulary -Vocabulario Común de Contratación Pública) como elemento para determinar o obxecto de cada contrato menor de cara a verificar o importe máximo dos contratos menores que a USC pode subscribir cun terceiro. O código CPV, de emprego obrigatorio na Unión Europea desde o 1 de febreiro de 2006, baséase nunha estrutura arborescente de códigos de oito díxitos máis un noveno separado por un guión que serve de control, e que corresponden a un enunciado que describe as subministracións, obras ou servizos obxecto do contrato. A estrutura dos códigos CPV é a seguinte, aplicada sobre un exemplo de uso ordinario na USC como é o material informático: Nomenclatura Definición Exemplo (código) Exemplo (enunciado) División Os dous primeiros díxitos do código. 30000000-9 Máquinas, equipo y artículos de oficina y de informática, excepto mobiliario y paquetes de software. Grupo Os tres primeiros díxitos do código. 30200000-1 Equipo y material informático. Clase Os catro primeiros díxitos do código. 30210000-4 Máquinas procesadoras de datos (hardware). Categoría Os cinco primeiros díxitos do código. 30213000-5 Ordenadores personales. Sub-categoría Os tres últimos díxitos. 30213100-6 Ordenadores portátiles. A listaxe vixente, denominada comunmente CPV 2008, foi publicada en España no Reglamento (CE) nº 213/2008 de la Comisión, de 28 de noviembre de 2007, que modifica el Reglamento (CE) nº 2195/2002 del Parlamento Europeo y del Consejo, por el que se aprueba el Vocabulario común de contratos públicos (CPV), y las Directivas 2004/17/CE y 2004/18/CE del Parlamento Europeo y del Consejo sobre los procedimientos de los contratos públicos, en lo referente a la revisión del CPV (B.O.E. 15/03/2008). Esta listaxe comprende máis de 9.400 entradas entre divisións, grupos, clases, categorías e subcategorías. Para facilitar o uso dos códigos CPV por parte da comunidade universitaria, a instrución V/2008 da Xerencia incluía un Anexo no que se extractaban unhas 650 entradas que previsiblemente serían de uso máis común na USC. XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010- Fax:881 81 12 10 Correo electrónico: xerente @ usc.es Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/235F-A5A1-4DF9-B74C Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 235F-A5A1-4DF9-B74C 1 / 3
Desde a publicación da instrución V/2108 da Xerencia foron recibidas numerosas solicitudes de inclusión de códigos CPV existentes na listaxe europea CPV 2008 e non recollidas no Anexo para poder categorizar determinados contratos menores a subscribir polos distintos centros de gasto. Co obxecto de facilitar o desenvolvemento da contratación de subministracións e servizos das distintas unidades con capacidade de xestión descentralizada de créditos orzamentarios e, ao tempo, seguir mantendo un control centralizado do uso correcto da modalidade do contrato menor asegurando a coherencia entre o CPV proposto, o obxecto do contrato e a natureza dos créditos orzamentarios con xestión descentralizada, o xerente RESOLVE: PRIMEIRO. Modificar o punto terceiro da instrución V/2018 da Xerencia que queda redactado da forma seguinte: “Os directores de centro de gasto poderán solicitar autorizacións para a celebración de contratos menores cuxo obxecto, referido a un código CPV, estea de acordo coa natureza dos créditos presupostarios dos que cada director de centro de gasto dispón”. SEGUNDO. O obxecto dos contratos menores deberá categorizarse coa nomenclatura que teña o maior nivel de desagregación posible de entre as existentes para ese obxecto na listaxe CPV 2008 publicada no B.O.E. 15/03/2008. Consecuentemente, deberá empregarse prioritariamente a sub-categoría e, no caso de non ser factible, por orde de prelación, a categoría, a clase, o grupo ou a división. Aos efectos de poder verificar a pertinencia do CPV proposto para o contrato, na solicitude de autorización á Xerencia establecida na instrución V/2018, o director do centro de gasto deberá describir de forma sintética e suficiente a subministración ou o servizo que se pretende obter mediante a subscrición do contrato menor. TERCEIRO. A Xerencia non autorizará a tramitación de contratos menores nos que non exista coherencia entre o seu obxecto e o CPV proposto, nin con aquelas subministracións ou servizos cuxa adquisición, por razóns normativas ou de programación da contratación, deba realizarse mediante a utilización doutros procedementos de contratación. CUARTO. Para facilitar a localización dos códigos, a Xerencia pon na súa páxina web a disposición dos directores de centro de gasto e dos responsables de asuntos económicos un anexo en formato Excel coa listaxe CPV 2008 agrupada por nomenclaturas e manexable a través de despregables de cada categoría.. José Manuel Villanueva Prieto O Xerente (Asinado electrónicamente) Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/235F-A5A1-4DF9-B74C Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 235F-A5A1-4DF9-B74C 2 / 3
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JOSE MANUEL VILLANUEVA PRIETO, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18/04/2018 12:47:08. CSV: 235F-A5A1-4DF9-B74C Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/235F-A5A1-4DF9-B74C Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 235F-A5A1-4DF9-B74C 3 / 3