Regulamento electoral xeral da Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
Derrogado
Full text
1 REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC Aprobado polo Consello de Goberno o 30 de marzo de 2004 de conformidade coas liñas xerais aprobadas polo Claustro Universitario o 11 de marzo de 2004 1. DISPOSICIÓNS XERAIS 1) Ámbito de aplicación 2) Dereito de sufraxio 3) Administración electoral 4) Censo electoral 5) Normas comúns 6) Titularidade dos cargos electos 2. ELECCIÓNS DE REITOR/A E DE REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS 1) Procedemento xeral 2) Elección do reitor ou reitora 3) Eleccións de representantes en órganos colexiados 1. Disposicións comúns 2. Representantes no Claustro Universitario 3. Representantes en xuntas de facultade e escola 4. Representantes nos consellos de departamento 5. Representantes dos decanos de facultade e dir. de escola, dpto. e instituto no Consello de Goberno 3. ELECCIÓNS DE DECANOS E DIRECTORES DE CENTRO E DIRECTORES DE DEPARTAMENTO 1) Procedemento xeral 2) Elección de decano de facultade ou director de escola 3) Elección de director de departamento DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS DISPOSICIÓN DERROGATORIA DISPOSICIÓN FINAL TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS CAPÍTULO 1. ÁMBITO DE APLICACIÓN Artigo 1. Aplicación 1. O presente Regulamento será de aplicación aos seguintes procesos electorais no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela (USC): a) Elección de reitor. b) Elección de membros do Claustro Universitario, das xuntas de facultade e de escola e dos consellos de departamento. c) Elección de decanos de facultade, directores de escola e directores de departamento. d) Elección de representantes dos decanos de facultade, directores de escola e directores de departamento e de instituto no Consello de Goberno. 2. A elección dos directores e dos membros dos consellos científicos e das xuntas de goberno dos institutos universitarios de investigación farase de acordo co establecido nos Estatutos e no regulamento de réxime interno do instituto, así como co previsto expresamente neste Regulamento. Os restantes procesos electorais rexeranse polas súas normas específicas, sendo de aplicación en todo caso o disposto no artigo 2.
2 3. O presente regulamento será de aplicación preferente a outras disposicións da Universidade que regulen a mesma materia; e as normas e principios xerais enunciados nel servirán de criterios interpretativos en todos os procesos electorais da USC. CAPÍTULO 2. DEREITO DE SUFRAXIO Artigo 2. Principios xerais do sufraxio 1. O sufraxio será universal, libre, directo e secreto, dentro do correspondente colexio electoral. Ninguén pode ser obrigado ou coaccionado baixo ningún pretexto no exercicio do seu dereito de sufraxio, nin a revelar o seu voto. 2. Sen prexuízo das disposicións sobre o voto anticipado e o voto dos membros das mesas electorais, o dereito de sufraxio exércese persoalmente no sector ou subsector e circunscrición electoral na que o elector estea censado, ou no órgano colexiado ao que pertence. 3. Ninguén pode votar máis dunha vez en cada proceso electoral. Artigo 3. Electores 1. Son electores, sempre que reúnan os requisitos legalmente establecidos para cada elección e figuren inscritos no correspondente censo electoral ou formen parte do órgano elector: a) O persoal docente e investigador en situación de servizo activo, ou equivalente no persoal laboral, e con destino na USC. Non será elector quen desempeñe praza ou posto fóra da Universidade en comisión de servizos ou situación equivalente. No caso do persoal docente e investigador contratado por obra ou servizo, interino de substitución ou visitante, será requisito para ser elector acreditar unha vinculación coa USC superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses, e con dedicación polo menos a media xornada. As categorías do persoal docente e investigador serán: profesorado funcionario doutor, profesorado funcionario non doutor, profesorado emérito, profesorado contratado doutor, profesorado asociado, profesorado colaborador, axudantes doutores, axudantes, profesorado visitante, lectores e aqueloutras persoas contratadas pola USC mediante concurso público que realicen labores docentes ou investigadores e cumpran os requisitos de permanencia sinalados no inciso anterior. Para os efectos do presente regulamento entenderase como profesorado funcionario o pertencente aos corpos docentes universitarios. Os profesores asociados de Ciencias da Saúde terán a consideración de profesores asociados a tempo parcial. b) O persoal de administración e servizos en situación de servizo activo ou equivalente, e con destino na USC. Non será elector quen desempeñe praza ou posto fóra da Universidade en comisión de servizos ou situación equivalente. Agás nos casos de funcionarios de carreira, ou laboral fixo, será requisito para ser elector acreditar unha vinculación coa USC superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses, e con dedicación polo menos a media xornada. c) Os investigadores en formación rexistrados segundo o artigo 34 dos Estatutos da USC. d) Os estudantes matriculados na USC en estudios conducentes á obtención de títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional ou en titulacións propias de Graduado Superior. e) Os estudantes matriculados en cursos de posgrao sempre que se atopen matriculados polo menos en 60 créditos. Só serán electores nas eleccións de reitor e de representantes do Claustro Universitario. Artigo 4. Elixibles
3 1. Son elixibles os que posuíndo a calidade de elector reúnan así mesmo as condicións requiridas nos Estatutos e na lexislación vixente para seren elixidos. 2. Os requisitos esixidos para exercer o dereito de sufraxio pasivo deberán reunirse na data da presentación da candidatura e manterse ata a celebración das eleccións. Artigo 5. Colexios electorais Os colexios electorais estarán integrados por: a) Nas eleccións de reitor, o conxunto de electores da comunidade universitaria. b) Nas eleccións de representantes no Claustro Universitario, o conxunto de electores da comunidade universitaria. c) Nas eleccións a representantes nas xuntas de facultade ou escola, nos consellos de departamento e nos consellos científicos dos institutos propios, o conxunto de electores inscritos no censo do respectivo centro, departamento ou instituto. d) Nas eleccións a decano de facultade ou director de escola, a respectiva xunta de centro. e) Nas eleccións a director de departamento, o consello de departamento. Artigo 6. Circunscricións electorais 1. Serán circunscricións electorais: a) Nas eleccións de representantes no Claustro Universitario: 1) Para o profesorado funcionario doutor e o estudantado de primeiro e segundo ciclo, serán as facultades e escolas. 2) Para o PDI funcionario non doutor e contratado, serán as cinco grandes áreas. 3) Para os investigadores en formación e o estudantado de terceiro ciclo e de posgrao, serán os campus de Lugo e Santiago de Compostela. 4) Para o persoal de administración e servizos serán os campus de Lugo e Santiago de Compostela. b) Nas eleccións a representantes nas xuntas de facultade ou escola, serán os ditos centros. c) Nas eleccións a representantes nos consellos de departamento, serán os departamentos. d) Nas eleccións a representantes nos consellos científicos dos institutos serán os institutos. 2. As circunscricións electorais deberán contar cun número mínimo de dez electores. Cando o número de electores nun determinado sector ou subsector e circunscrición sexa inferior, a Comisión Electoral Central agrupará a dita circunscrición con outra ou outras co fin de garantir o secreto de voto. Neste suposto, a Comisión decidirá oídas as xuntas dos centros afectados ou o órgano na que estas deleguen, que deberán proporcionalo no prazo indicado pola Comisión, e noutro caso presumirase favorable á decisión da mesma. CAPÍTULO 3. ADMINISTRACIÓN ELECTORAL Artigo 7. Administración electoral 1. A administración electoral ten por finalidade garantir, nos termos do presente regulamento, a transparencia e obxectividade dos procesos electorais e o principio de igualdade.
4 2. A administración electoral corresponderá á Comisión Electoral Central da Universidade e, no caso das eleccións reguladas no Título I, tamén ás mesas electorais. Os órganos de goberno da Universidade colaborarán así mesmo coa administración electoral na organización e xestión dos procesos electorais nos asuntos que lles sexan encomendados. 3. A resolución das reclamacións, impugnacións ou calquera outra cuestión que se suscite nos procesos electorais corresponde á Comisión Electoral Central da Universidade. Os seus actos esgotan a vía administrativa. Artigo 8. A Comisión Electoral Central 1. A Comisión Electoral Central da Universidade terá como ámbito de actuación todos os procesos electorais sometidos ao presente regulamento. De acordo co establecido no artigo 73.4 dos Estatutos, estará composta por: a) O reitor, ou persoa que designe, que a presidirá. b) Seis membros do profesorado funcionario doutor, procurando que polo menos tres teñan coñecementos xurídicos. c) Dous membros do restante persoal docente e investigador. d) Un investigador en formación, estudante de terceiro ciclo ou estudante de posgrao. e) Dous estudantes de primeiro ou segundo ciclo. f) Un membro do persoal de administración e servizos. 2. Os membros da Comisión Electoral Central, agás o presidente, serán elixidos polo Claustro Universitario entre os seus membros na primeira sesión en que sexa posible tras a súa renovación, por votación de cada sector. 3. Sen prexuízo do previsto nos artigos seguintes para os casos de incompatibilidade ou renuncia, os membros elixidos desempeñarán as súas funcións ata a elección dunha nova comisión polo Claustro. Non obstante, logo da renovación do estudantado prevista no artigo 77.1 dos Estatutos, o Claustro cubrirá as vacantes que houbese e renovará os membros indicados nas letras d) e e) do apartado anterior. En todo caso, se as vacantes superan un tercio dos membros da Comisión, deberán elixirse canto antes os substitutos, que desempeñarán as súas funcións polo tempo que reste ata a correspondente elección. 4. O secretario xeral da Universidade actuará como secretario da Comisión Electoral Central, con voz pero sen voto. En caso de ausencia ou enfermidade poderá ser substituído temporalmente na dita función polo secretario xeral adxunto. Artigo 9. Competencias da Comisión Electoral Central Correspóndelle á Comisión Electoral Central: a) A resolución, en única instancia, dos recursos que interpoñan os titulares do dereito de sufraxio contra a súa inclusión ou omisión indebida no censo pola Secretaría Xeral. b) A distribución en cada procedemento electoral, cando proceda, do número de representantes elixibles en cada circunscrición e sector ou subsector, así como a resolución dos recursos que se interpoñan contra a dita distribución. c) A aprobación do modelo oficial a que se axustarán o escrito de presentación de candidaturas, as papeletas, as credenciais dos interventores, o xustificante de emisión do voto, a certificación censual específica, o recibo acreditativo da recepción do expediente electoral, así como os modelos das actas de constitución de mesas electorais, de escrutinio, de sesión, de escrutinio
5 xeral e de proclamación de electos, e calquera outros modelos tanto impresos como electrónicos. d) A cualificación e a proclamación de candidatos e a resolución dos recursos que estes interpoñan contra a mencionada proclamación. e) O sorteo para establecer a orde de colocación dos candidatos nas papeletas oficiais de votación. f) A organización do procedemento de emisión do voto e a determinación do número de mesas electorais, así como a situación das mesmas. g) O sorteo dos membros titulares e suplentes das mesas electorais. h) O exame e resolución das causas xustificadas que impidan formar parte das mesas electorais. i) A dirección e coordinación das mesas electorais. j) A expedición aos presidentes das mesas electorais do correspondente recibo acreditativo da recepción do expediente electoral, se así se solicita.. k) A elaboración dun manual de instruccións sobre as funcións dos membros das mesas electorais. l) A provisión e distribución de urnas, papeletas e sobres, en colaboración cos órganos de goberno correspondentes. m) O escrutinio xeral, verificando o reconto dos votos admitidos nas diversas mesas electorais. n) A proclamación dos candidatos electos e a extensión da correspondente acta por duplicado. o) A remisión ao reitor das cuestións disciplinarias que se produzan en relación a actos electorais. p) A revogación de oficio en calquera tempo, ou a instancia de parte interesada dentro do prazo de cinco días, das decisións dos órganos de goberno de facultades, escolas, departamentos e institutos que os afectados polas ditas decisións recorran ante a Comisión Electoral Central por oporse aquelas á interpretación da normativa electoral realizada por esta. q) A resolución con carácter vinculante das consultas en materia electoral que lle formulen a secretaría xeral ou os demais órganos universitarios. r) A elaboración de instruccións de obrigado cumprimento para a administración electoral en calquera materia electoral; e a formulación dos criterios interpretativos en aplicación da normativa electoral. Artigo 10. Funcionamento da Comisión Electoral Central 1. As sesións da Comisión Electoral Central serán convocadas polo seu presidente. Admitirase a convocatoria por correo electrónico se así o acorda a Comisión. 2. Para que a reunión se celebre validamente deberán concorrer en primeira convocatoria a metade dos seus membros, debendo figurar entre eles o presidente e o secretario, ou quen os substitúan. No caso de non reunirse o quórum suficiente, a reunión entenderase convocada de novo aos quince minutos da primeira, e nesta segunda convocatoria bastará a presencia dun tercio dos seus membros, sempre que asistan o presidente e o secretario, ou quen os substitúan. 3. Os acordos adoptaranse por maioría. O voto do presidente será de calidade en caso de empate. 4. A Comisión poderá autorizar ao presidente ou ao secretario para a resolución dos asuntos que expresamente determine. Así mesmo a Comisión poderá adoptar acordos sen necesidade de reunirse, en asuntos sobre os que manteña unanimidade de criterio, logo de que o presidente confirme o dito criterio común por medio de comunicación telefónica ou electrónica. 5. Sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, o presidente poderá responder por si ou a través do secretario da comisión ás consultas que se lle fagan sobre asuntos de competencia da mesma, sen que esta quede vinculada pola dita resposta agás no caso de autorización expresa.
6 Artigo 11. Colaboración dos órganos de goberno 1. Os órganos de goberno da Universidade colaborarán coa administración electoral na preparación e xestión dos procesos electorais. 2. Sen prexuízo das funcións atribuídas á Secretaría Xeral en materia electoral polo presente regulamento, os órganos de goberno unipersoais das facultades e escolas e dos departamentos, e en especial as súas secretarías, serán os encargados de preparar e xestionar os procesos electorais nos seus respectivos ámbitos de competencia nas condicións que estableza a Comisión Electoral Central. En particular, terán como funcións, dentro dos ditos ámbitos: a) O rexistro dos candidatos e a elaboración dos listados provisionais de candidatos cando así o estableza a Comisión Electoral Central, así como a súa remisión a esta. b) A elaboración das papeletas de votación conforme aos criterios establecidos polo presente Regulamento e pola Comisión Electoral Central. c) A provisión dos medios materiais para o correcto desenvolvemento das eleccións. d) A designación dos electores que estimen máis adecuados para formar parte das mesas electorais no suposto de inasistencias á constitución destas e durante o curso das votacións. e) A elaboración dos listados e táboas provisionais de resultados cando así o estableza a Comisión Electoral Central, así como a súa remisión a esta. CAPÍTULO 4. O CENSO ELECTORAL Artigo 12. Disposicións xerais sobre o censo electoral 1. O censo electoral é permanente. Correspóndelle á Secretaría Xeral a súa elaboración e actualización como mínimo anual, así como a súa rectificación en período electoral e a adscrición dos electores ás respectivas circunscricións de acordo co disposto neste regulamento. Sen prexuízo do disposto no artigo 23, quen acredite un interese directo poderá instar en calquera momento ante a Secretaría Xeral a rectificación dos datos censuais. 2. Os censos dos órganos de goberno colexiados das facultades, escolas e departamentos poderán ser actualizados pola Secretaría Xeral respecto das incorporacións ou baixas que non requiran eleccións. Esta actualización non alterará a composición dos demais sectores, con independencia das proporcións asignadas a cada un deles nos Estatutos, en tanto non se celebren as correspondentes eleccións. 3. No censo electoral incluirase o nome e os apelidos dos electores e o número do seu documento oficial de identificación. Esta última mención poderá omitirse na publicación do censo nos taboleiros electorais. 4. Os candidatos poderán solicitar da Comisión Electoral Central o día seguinte á proclamación definitiva de candidaturas unha copia do censo correspondente aos electores que poden votar a súa candidatura, o cal poderá ser utilizado exclusivamente para fins electorais. 5. Contra as decisións da Secretaría Xeral en materia electoral caberá recurso diante da Comisión Electoral Central. Artigo 13. Adscrición ás circunscricións 1. A adscrición dos electores ás respectivas circunscricións levarase a cabo pola Secretaría Xeral na elaboración dos censos electorais segundo os criterios establecidos no presente Regulamento, e en caso de máis dunha posibilidade atendendo no posible ás preferencias do elector expresadas con
7 anterioridade. Correspóndelle á Comisión Electoral Central resolver as dúbidas que poidan suscitarse sobre as ditas adscricións. 2. Os membros do persoal docente e investigador (PDI) estarán censados no departamento ao que pertenzan e no centro no que presten a maior parte dos seus servizos. En todo caso todos deberán estar censados nun centro e só poderán estar censados nun centro e departamento. Así mesmo teranse en conta as seguintes regras: a) Quen teña un encargo docente anual no POD igual ou superior a nove créditos en dous ou máis centros, poderá censarse en calquera deles. b) Quen teña un encargo docente anual no POD inferior a nove créditos en cada un dos centros nos que imparta docencia, poderá censarse en calquera deles. c) Os membros do PDI poderán solicitar seren censados no centro no que tiveran a súa docencia maioritaria nos dous últimos anos, sempre que manteñan nel algún encargo docente no POD. d) Os membros do PDI con exención de docencia por cargo académico, ano sabático ou algunha outra causa que non implique perda do dereito de sufraxio, continuarán censados no centro e departamento aos que pertencían. Non obstante, poderán solicitar ser censados no centro no que tiveran a súa docencia maioritaria nos dous últimos anos. 3. Os membros do persoal docente e investigador funcionario non doutor e contratado estarán censados así mesmo nunha das cinco grandes áreas (Ciencias da Saúde, Ciencias Experimentais, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ensinanzas Técnicas e Humanidades), tendo en conta a respectiva adscrición a elas do departamento ao que pertenzan, e de ser necesario tendo en conta tamén o centro no que estean censados. 4. Os investigadores en formación e os estudantes de terceiro ciclo e posgrao estarán censados nun único campus (Santiago de Compostela ou Lugo). Ademais, os investigadores en formación e os estudantes de terceiro ciclo estarán censados nun único departamento e, se é o caso, tamén nun centro, segundo as seguintes regras: a) Estarán censados no departamento ao que estean vinculados. Presumirase a vinculación dos investigadores en formación ao departamento no que estean rexistrados; e a vinculación dos alumnos de terceiro ciclo ao departamento ao que pertenza o seu titor ou director da tese de doutoramento. A Comisión Electoral Central poderá acordar outra adscrición tendo en conta a solicitude do elector ou outras circunstancias. b) Os investigador en formación estarán censados no centro no que impartan docencia, sendo de aplicación as regras do apartado 2 deste artigo. Os estudantes de terceiro ciclo estarán censados no centro no que reciban docencia; e se a reciben en varios estarán censados no que soliciten previamente, e en calquera caso nun único centro. 5. Os estudantes de primeiro e segundo ciclo estarán censados no centro ou centros responsables da titulación ou titulacións en que estean matriculados e nos departamentos que teñan a súa docencia asignada ás materias nas que estean matriculados. 6. Os membros do persoal de administración e servizos (PAS) estarán censados no campus (Lugo ou Santiago de Compostela) no que presten servizos e, se é o caso, no centro ou departamento no que presten servizos. No caso de que presten servizos en máis dun centro ou departamento poderán optar por calquera deles mediante solicitude ao secretario xeral. Para a adscrición aos censos correspondentes terase en conta a Relación de Postos de Traballo. 7. Para os efectos de constituír os consellos científicos segundo o disposto no artigo 116 dos Estatutos, estarán censados en cada instituto de investigación os doutores e titulados superiores vinculados ao mesmo segundo determine o seu regulamento de réxime interno e, no seu defecto, os que presten servizos no instituto.
8 CAPÍTULO 5. NORMAS COMÚNS DO PROCEDEMENTO ELECTORAL Artigo 14. Conservación dos actos electorais 1. Os vicios do procedemento electoral unicamente producirán a nulidade de actuacións cando sexan determinantes do resultado da elección. 2. A invalidez da votación nunha ou varias mesas ou eleccións parciais non producirá a nulidade da elección cando a dita invalidez non alterase o resultado final. Artigo 15. Votos válidos, nulos e en branco 1. O voto exércese indicando inequivocamente a preferencia por un ou varios candidatos, segundo corresponda. No caso de existir papeleta oficial, o elector marcará cunha cruz o recadro correspondente ao candidato ou candidatos aos que outorgue o seu voto. 2. Considérase voto nulo: a) O emitido en sobre ou papeleta diferente do modelo oficial. b) O emitido en papeleta sen sobre, cando este é preceptivo, ou o emitido en sobre que conteña máis dunha papeleta con distintos candidatos. c) O emitido en papeleta na que conste un número de marcas superior ao número máximo de candidatos que o elector poida votar. d) O emitido en papeleta con rascaduras, emendas, modificacións ou calquera outro tipo de alteración que impida coñecer con claridade a efectiva vontade do elector. De ser o caso, a nulidade só afectará ao nome ou nomes respecto aos que se suscite a dúbida. e) O emitido en sobre con signos externos de recoñecemento. f) O voto no que se conteña calquera outra expresión allea ao voto. 3. Considérase voto en branco, pero válido: a) O emitido en sobre que non conteña papeleta. b) O emitido en papeleta ou papeletas que non conteñan indicación a favor de ningún dos candidatos que permita coñecer a preferencia do votante. c) O voto a unha candidatura legalmente retirada. 4. No suposto de que o sobre conteña máis dunha papeleta a favor do mesmo candidato ou candidatos, computarase como un só voto válido. No caso de que xunto a unha papeleta adecuadamente cuberta o sobre conteña outra ou outras en branco, entenderase que a papeleta cuberta é válida e non se terán en conta as restantes. Artigo 16. Cómputo de prazos e procedemento 1. Nas eleccións ás que se refire o artigo 1, considéranse períodos inhábiles os meses de xullo, agosto e setembro, así como os festivos previstos con carácter xeral para toda a Universidade no calendario laboral. Así mesmo, no cómputo dos prazos das elección reguladas no Título Segundo, así como para a data de votación nas eleccións reguladas no Título Terceiro, serán tamén inhábiles as restantes datas nas que estea suspendida a actividade académica docente e os exames en toda a Universidade segundo o calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Nas eleccións reguladas no Título Segundo estarase ademais ao disposto no apartado 3 do artigo 23.
9 2. Agás disposición en contrario, os prazos sinalados por días neste regulamento computaranse en días hábiles e os sinalados por meses de data a data, excluíndo os meses inhábiles. Para o cómputo dos prazos, os sábados serán días hábiles, se ben cando un prazo termine en sábado prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte. 3. En todo o non expresamente regulado por este regulamento en materia de procedemento será de aplicación a Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Será así mesmo de aplicación subsidiaria, cando proceda, a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral. Artigo 17. Secreto do voto 1. Nos procedementos electorais sometidos ao presente regulamento o voto será secreto. 2. Cada elección realizarase nunha urna diferenciada, que terá as características necesarias para garantir o segredo e pureza da votación. Cando polas características da elección deban reunirse nunha mesma urna os votos de máis de un sector, subsector ou circunscrición electoral, diferenciaranse as papeletas mediante cores ou marcas que faciliten distinguilas. Artigo 18. Soporte e financiamento das actividades electorais 1. Ao longo do proceso electoral garantirase a igualdade dos candidatos no acceso aos medios de que dispoña a Universidade para o desenvolvemento do proceso. 2. O financiamento das actividades electorais deberá ser transparente e en ningún caso deberá comprometer a autonomía da Universidade. A Comisión Electoral, cando proceda, exercerá o control e fiscalización dos gastos electorais. Artigo 19. Infraccións electorais O reitor exercerá a potestade disciplinaria naqueles casos de incumprimento da normativa establecida neste regulamento ou da negativa a asumir os deberes establecidos no mesmo. CAPÍTULO 6. TITULARIDADE DOS POSTOS ELECTOS Artigo 20. Principios xerais 1. Os titulares ou membros de órganos de goberno electos perderán a dita condición no momento en que deixen de cumprir os requisitos esixidos para seren elixidos. 2. Para o desempeño de cargos estarase ao disposto no artigos 72 dos Estatutos da USC. 3. Ata a constitución dos órganos colexiados electos, continuarán en funcións os anteriores. 4. Os efectos administrativos e económicos do candidato electo, cando procedan, computaranse dende o momento en que o órgano competente o nomee, agás que este dispoña expresamente unha data de efectos anterior, que en todo caso será posterior á data da proclamación definitiva como electo.
16 3. Poderán nomearse interventores para representar a varios candidatos. Esta previsión será de obrigado cumprimento para os que concorran cunha mesma denominación ou sigla e autorizaran a identificación da súa agrupación na papeleta electoral. A designación de interventores comúns a varios candidatos requirirá a conformidade de todos eles expresada por escrito, que se remitirá xunto coa solicitude das credenciais á Comisión Electoral Central. 4. Un interventor de cada candidatura pode asistir á Mesa Electoral, participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto e exercer ante ela os demais dereitos previstos por este regulamento. Para estes efectos, os interventores dunha mesma candidatura acreditados ante a mesa poden substituírse libremente entre si. 5. Os interventores exercen o seu dereito de sufraxio na mesa ante a que estean acreditados. 6. O persoal ao servizo da Universidade que acredite a súa condición de interventor ten dereito durante o día da votación a un permiso retribuído da xornada completa, se non goza en tal data do descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. Artigo 32. Acreditación de interventores 1. Reunidos o presidente e os vocais, procederán a recibir as credenciais dos interventores que se presenten ata 15 minutos antes da hora fixada para o inicio da votación e confrontaranas coas copias que obren no seu poder. Se as encontran conformes, admitirán aos interventores na mesa electoral. Se o presidente non recibira as copias o lle ofrecera dúbida a autenticidade das credenciais, a identidade dos presentados, ou ambos os dous extremos, daralles posesión se así o esixen, pero consignando na acta a súa reserva para o esclarecemento pertinente, e para esixirlles, se fose o caso, a responsabilidade correspondente. 2. Se se presentan máis de dous interventores por unha mesma candidatura, só dará posesión o presidente aos que primeiro presenten as súas credenciais, que para este fin numerará por orde cronolóxica de presentación. 3. As copias das credenciais recibidas polo presidente deberán achegarse ao expediente electoral. As credenciais exhibidas polos interventores, unha vez cotexadas polo presidente, seranlle devoltas a aqueles. Se o presidente non recibira a copia das credenciais, as presentadas polos interventores achegaranse ao expediente electoral ao finalizar o escrutinio. 4. Se o interventor se presentase na mesa electoral despois da hora sinalada no apartado 1 deste artigo, unha vez confeccionada a acta de constitución da mesma, o presidente non lle dará posesión do seu cargo, se ben poderá votar na dita mesa. Artigo 33. Papeletas e sobres 1. A Comisión Electoral Central aprobará o modelo oficial das papeletas e sobres electorais, procurando a clara diferenciación das distintas eleccións e dos distintos sectores e subsectores. 2. A confección das papeletas iniciarase inmediatamente despois da proclamación definitiva de candidatos, debendo estar a disposición destes e dos electores con cinco días, polo menos, de antelación á data da celebración da votación.
17 3. Na papeleta oficial de votación deberá constar o nome dos candidatos ordenados alfabeticamente segundo a letra do primeiro apelido e en idénticos carácteres de imprenta. Os nomes estarán precedidos dun recadro en branco e, se é o caso, seguidos da denominación ou sigla que identifique a súa agrupación electoral. A orde de inscrición alfabética de apelidos farase a partir da letra que se determine no sorteo que para os efectos realice a Comisión Electoral Central. 4. Os sobres deberán manter correspondencia coas papeletas. Cando menos nos procesos electorais en que coincidan votación a máis dun órgano colexiado, os sobres levarán impresa a denominación correspondente a cada órgano. 5. Os locais de votación disporán dun número suficiente de sobres e de papeletas, que deberán axustarse ao modelo oficialmente establecido. Votación Artigo 34. Xornada de votación 1. Estendida a acta de constitución da mesa electoral, coas súas correspondentes copias, iniciarase a votación ás dez trinta horas, que continuará sen interrupción ata as dezaoito trinta horas salvo que na convocatoria fixara outra hora de comezo ou remate, ou que con anterioridade á hora prevista para o remate emitiran o seu voto a totalidade dos electores censados na correspondente mesa. O presidente anunciará o seu inicio coas palabras "empeza a votación". 2. Só por causas de forza maior poderá non iniciarse ou suspenderse, unha vez iniciado, o acto da votación, sempre baixo a responsabilidade do presidente da mesa electoral, o cal motivará por escrito a súa decisión. Do dito escrito o presidente fará chegar, en todo caso, unha copia en man, e inmediatamente despois de estendelo, á Comisión Electoral Central para que esta comprobe a certeza e suficiencia dos motivos e, de ser o caso, inste do reitor a incoación do procedemento para esixir as responsabilidades que procedan. 3. En caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos na mesa electoral, nin se procederá ao seu escrutinio, ordenando o presidente inmediatamente a destrucción das papeletas depositadas na urna, e consignando este extremo no escrito ao que se refire o parágrafo anterior. 4. Non obstante o disposto no parágrafo 2 deste artigo, o presidente deberá interromper a votación cando advirta a ausencia de papeletas. En tal caso, dará conta da súa decisión á Comisión Electoral Central ou aos órganos de goberno do centro ou departamento, segundo proceda, para que provean a súa subministración. A interrupción non poderá durar máis dunha hora e a votación prorrogarase tanto tempo como estivese interrompida. Neste suposto, non é de aplicación o parágrafo 3 deste artigo. 5. Á hora fixada para o peche da votación, o presidente anunciará en voz alta que vai concluír a votación. Se algún dos electores que se atopen no local ou no acceso ao mesmo non votou aínda, o presidente admitirá que o fagan e non permitirá que vote ninguén máis. Seguidamente o presidente introducirá os votos anticipados, se os houbese, segundo o previsto no artigo 27. A continuación, votarán os membros da mesa electoral e os interventores, se os houbese, especificándose na lista numerada de votantes a mesa electoral que correspondería aos interventores que non figuren no censo da mesa. Artigo 35. Mantemento da orde 1. O presidente da mesa electoral ten dentro do local electoral autoridade exclusiva para conservar a orde, asegurar a liberdade dos electores e manter a observancia do establecido neste regulamento. Así
18 mesmo, velará por que a entrada ao local se conserve sempre libre e accesible para as persoas que teñen dereito a entrar nel. 2. Só teñen dereito a entrar no local electoral os electores, os candidatos, os interventores, os encargados da orde que para tal efecto designe a Universidade ou requira o presidente da mesa, os membros da Comisión Electoral Central e, se fose o caso, os notarios. 3. Nin nos locais electorais nin nas inmediacións dos mesmos se poderá realizar propaganda electoral de ningún xénero. Tampouco poderán formarse grupos susceptibles de entorpecer o acceso aos locais, nin se admitirá a presencia nas proximidades de quen poida dificultar ou coaccionar o libre exercicio do dereito de voto. O presidente da mesa electoral tomará a este respecto todas as medidas que estime convenientes. 4. Calquera incidente que afectara á orde nos locais electorais recollerase na acta da sesión, incluíndo, se constasen, o nome e os apelidos dos que o provocaran. Artigo 36. Identificación dos electores 1. O dereito a votar acredítase pola inscrición nos exemplares certificados das listas do censo ou por certificación censual específica e, en ambos os dous casos, pola identificación do elector, que se realiza mediante documento nacional de identidade, pasaporte, permiso de conducir ou carné da Universidade en que apareza a fotografía do titular. 2. Cando a mesa electoral teña dúbida sobre a identidade do individuo que se presente a votar, decidirá por maioría á vista dos documentos acreditativos e da testemuña que poidan presentar os electores presentes. 3. A certificación censual específica, a través da cal o elector acredita con carácter excepcional a súa inscrición no censo electoral, expedirase pola Secretaría Xeral, no modelo que aprobe a Comisión Electoral Central, a solicitude persoal do elector, ata o mesmo día da votación, antes da hora do peche do colexio electoral, sempre que figurando o elector inscrito no censo electoral, non apareza pola razón que sexa, na lista entregada á mesa electoral. Artigo 37. Emisión do voto 1. O voto é segredo, persoal e intransferible e non se poderá exercer por delegación nin de forma anticipada, agás conforme ao previsto no artigo 27. 2. En cada xornada electoral, os electores disporán de dúas horas para exercer o seu dereito de voto, podendo solicitar da mesa electoral o correspondente xustificante da emisión do mesmo. 3. Os electores só poden votar no sector ou subsector e mesa electoral que lles corresponda, sen prexuízo do disposto para os interventores. Os electores achegaranse á mesa electoral de un en un, despois de elixir as papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. 4. Os electores que por discapacidade física estean impedidos para elixir a papeleta, colocala dentro do sobre ou entregala ao presidente da mesa poden servirse para estas operacións dunha persoa de confianza. A disposición das urnas farase de xeito que poidan acceder a elas as persoas con mobilidade reducida.
19 5. Cada elector manifestará o seu nome e apelidos ao presidente. Un vocal e os interventores comprobarán, polo exame das listas do censo electoral ou das certificacións achegadas, o dereito a votar do elector, así como a súa identidade, que se xustificará conforme ao disposto no artigo anterior. Inmediatamente o elector entregará pola súa propia man ao presidente o sobre ou sobres de votación pechados. A continuación este, sen ocultalos nin un momento da vista do público, dirá en voz alta o nome do elector e depositará na urna ou urnas os correspondentes sobres. 6. O vocal que o presidente designe e, de ser o caso, os interventores que o desexen anotarán, cada cal nunha lista numerada, o nome e apelidos dos votantes pola orde en que emitan o seu voto, expresando o número co que figuran na lista do censo electoral ou, de ser o caso, a achega de certificación censual específica. Todo elector ten dereito a examinar se foi ben anotado o seu nome e apelidos na lista de votantes. O membro da mesa electoral encargado da comprobación dos votantes no censo electoral fará un sinal na lista, a medida que vota cada elector. 7. Rematada a votación segundo o disposto no apartado 5 do artigo 34, os vocais e interventores asinarán as listas numeradas de votantes á marxe de todos os seus pregos e inmediatamente debaixo do último nome escrito. Artigo 38. Escrutinio 1. Finalizada a votación, comeza, acto seguido, o escrutinio, segundo o establecido no artigo 15. 2. O escrutinio será público e non se suspenderá, salvo causas de forza maior. O presidente ordenará a inmediata expulsión das persoas que de calquera modo entorpezan ou perturben o desenvolvemento do escrutinio. 3. O escrutinio realízase extraendo o presidente da mesa, un a un, os sobres da urna correspondente e lendo en voz alta o nome dos candidatos votados. O presidente poñerá de manifesto cada papeleta, unha vez lida, aos vocais e interventores. 4. Se algún interventor ou candidato tivese dúbidas sobre o contido dunha papeleta lida polo presidente, poderá pedila no acto para o seu exame e concederáselle que a examine. Artigo 39. Fin do reconto 1. Finalizado o reconto, confrontarase o total de sobres co de votantes anotados. 2. A continuación, o presidente preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio e, non habendo ningunha ou despois de que a mesa electoral resolva por maioría as que se presentaran, anunciará en voz alta o seu resultado, especificando o número de electores censados, o de certificacións censuais achegadas, o número de votantes, o de papeletas nulas, o de votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidato. 3. As papeletas extraídas das urnas destruiranse en presencia dos concorrentes con excepción daquelas ás que se lle negara validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación, as cales se achegarán á acta e arquivaranse con ela, unha vez rubricadas polos membros da mesa electoral. Artigo 40. Acta de escrutinio 1. Logo de rematado o escrutinio, a Mesa Electoral fará públicos inmediatamente os resultados por medio dunha acta de escrutinio que conteña os datos expresados no apartado 2 do artigo anterior, e
20 fixaraa sen demora na parte exterior ou na entrada do local, ou no taboleiro electoral correspondente. Unha copia da dita acta entregarase aos interventores e aos candidatos que, estando presentes, a soliciten. Non se expedirá máis dunha copia por candidatura ou, se fose o caso, por agrupación de candidaturas. 2. Expedirase así mesmo, se é o caso, unha copia da acta de escrutinio á persoa designada pola Universidade para recibila, e para os efectos de facilitar a información provisional sobre os resultados da elección. Poderá preverse a transmisión dos resultado do escrutinio por medios telemáticos. Artigo 41. Acta da sesión 1. Concluídas todas as operacións anteriores, o presidente, os vocais e os interventores da mesa electoral estenderán a acta da sesión, na que se expresará: a) O número de electores que haxa na mesa electoral segundo as listas do censo electoral e as certificacións censuais achegadas. b) O número dos electores que votaron e dos interventores que votaron non figurando na lista da mesa electoral c) O número de votos nulos. d) O número de votos en branco. e) O número de votos obtidos por cada candidato f) Un resumo das reclamacións e protestas formuladas, de ser o caso, polos candidatos, interventores ou electores sobre a votación e o escrutinio, así como as resolucións motivadas da mesa electoral sobre elas, cos votos particulares se os houbera. g) Calquera incidente que se producira. 2. Da acta da sesión, que formará parte do expediente electoral especificado no artigo seguinte, faranse polo menos dúas copias. Unha delas quedará en poder do presidente da mesa electoral e a outra enviarase ao secretario do centro ou departamento ou ao secretario xeral da Universidade, dependendo do procedemento electoral de que se trate. 3. Todos os candidatos e interventores teñen dereito a que se lles expida gratuitamente copia da acta, non podendo escusarse a mesa electoral do cumprimento desta obriga. Artigo 42. Expediente electoral 1. Unha vez estendida a acta da sesión, a mesa electoral procederá á preparación do expediente electoral, que se compoñerá dos seguintes documentos: a) O orixinal da acta da sesión, na que figurará a constitución da mesa electoral, o resultado do escrutinio e as incidencias relevantes do desenvolvemento da sesión. b) Os documentos a que faga referencia a acta da sesión e, en particular, as copias das credenciais dos interventores ás que se refire o artigo 32.3, a lista numerada de votantes e as papeletas ás que se negara validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación. c) A lista do censo electoral utilizada d) As certificacións censuais achegadas. 2. Preparado o expediente electoral, introducirase nun sobre que asinarán o presidente, vocais e interventores, de forma que crucen a parte polo que fora pechado. 3. Cando teñan preparada a correspondente documentación, o presidente, así como os vocais e interventores que o desexen, farán entrega da mesma inmediatamente á secretaría da Comisión
21 Electoral Central ou, no caso de eleccións de representantes en xuntas de facultade ou escola e en consellos de departamento, e se así o dispón a dita Comisión, á secretaría dos centros e departamentos correspondentes. Previa identificación do presidente e, de ser o caso, dos vocais e interventores, os destinatarios da documentación expedirán o correspondente recibo conforme ao modelo establecido, no que se fará mención da data e hora en que se produce a entrega. 4. No caso de eleccións de representantes en xuntas de facultade ou escola e en consellos de departamento, os seus respectivos decanatos ou direccións serán responsables de facer chegar á Comisión Electoral Central, se así o solicita, os resultados electorais provisionais nos formatos que esta estableza, no prazo máximo de 12 horas despois de ter recibido o expediente da Mesa ou Mesas Electorais. Proclamación de candidatos electos Artigo 43. Escrutinio xeral 1. Recibidos os expedientes electorais das mesas electorais, e, se é o caso, dos órganos de goberno dos centros ou departamentos, a Comisión Electoral Central procederá ao escrutinio xeral dos votos emitidos en cada elección. Durante o escrutinio xeral a Comisión non pode anular ningunha acta nin voto. As súas atribucións limítanse a verificar o reconto e a suma dos votos admitidos nas correspondentes mesas segundo as actas ou as copias das actas das mesas, pudendo tan só corrixir os meros erros materiais ou de feito, e os aritméticos. 2. No caso de que nalgunha mesa electoral o número de votos que figure nun acta exceda ao dos electores que haxa na mesa electoral segundo as listas do censo electoral e as certificacións censuais presentadas, coa salvidade do voto emitido polos interventores, a comisión electoral non computará os votos do correspondente sector ou subsector, salvo que existira erro material ou de feito ou aritmético, caso no que procederá a súa reparación. 3. Concluído o escrutinio, a Comisión Electoral estenderá unha acta de escrutinio do colexio electoral correspondente, que conterá mención expresa do número de electores que haxa nas mesas electorais, segundo as listas do censo electoral e as certificacións censuais presentadas, así como do número de votantes, dos votos obtidos por cada candidato, dos votos en branco e dos votos nulos. Rematada a sesión de escrutinio estenderase tamén unha acta da mesma na que se farán constar tódalas incidencias acontecidas durante o escrutinio. A acta do escrutinio será asinada polo presidente, os vocais e o secretario da comisión electoral. 4. No escrutinio xeral poderá estar presente un interventor por cada candidato ou agrupación, debidamente acreditado segundo o disposto no artigo 31. Os interventores non poderán presentar reclamacións nin protesta algunha mentres se examinen as actas, agás aquelas observacións puntuais que se refiran á exactitude dos datos lidos. Os interventores presentes asinarán tamén a actas do escrutinio. Artigo 44. Proclamación provisoria de electos 1. A Comisión Electoral Central proclamará provisionalmente aos candidatos electos. A acta de proclamación será asinada polo presidente e o secretario da comisión e conterá mención expresa dos votos obtidos por cada candidato, así como a relación nominal dos electos. 2. No prazo de cinco días dende a publicación do acto de proclamación provisoria de candidatos electos, os candidatos proclamados ou non proclamados poderán interpoñer recurso ante a propia Comisión Electoral Central da Universidade, que os resolverá no prazo de cinco días.
22 3. Nas eleccións a reitor, o disposto nos apartados anteriores será tamén de aplicación á segunda volta prevista no artigo 46.3. Artigo 45. Proclamación definitiva de electos 1. Unha vez resoltos os recursos interpostos contra a proclamación provisoria de candidatos electos, ou transcorrido o prazo previsto para iso sen que se interpuxera ningún, a Comisión Electoral Central procederá á proclamación definitiva de candidatos electos, e estenderá por duplicado a acta correspondente. 2. A Comisión Electoral Central remitirá unha copia da relación de candidatos electos ao reitor da Universidade ou, cando a elección fora interna dunha facultade, escola ou departamento, ao decano ou director correspondente. O orixinal das actas do escrutinio, da sesión e da proclamación de candidatos electos, así como os recursos interpostos contra esta proclamación e a súa respectiva resolución, quedará arquivado na secretaría da Comisión Electoral Central. CAPÍTULO 2. ELECCIÓN DO REITOR OU REITORA Artigo 46. A elección do reitor ou reitora 1. O reitor ou reitora da Universidade será elixido pola comunidade universitaria, mediante elección directa e sufraxio universal libre e secreto. Será nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia. Poderán ser candidatos os funcionarios do corpo de catedráticos de universidade, en activo, que presten servizos nesta. 2. O voto para a elección de reitor ponderarase do xeito disposto no artigo 48. Será proclamado reitor, en primeira volta, o candidato que acade o apoio proporcional de máis da metade dos votos a candidaturas validamente emitidos, unha vez feitas e aplicadas as ponderacións correspondentes. Para o dito cómputo non se terán en conta os votos en branco. 3. Se ningún candidato acada o apoio necesario para ser elixido en primeira volta, procederase a unha segunda elección á que só poderán concorrer os dous candidatos máis apoiados na primeira votación, tendo en conta as ponderacións efectuadas. Nesta segunda volta será proclamado electo o candidato que obteña a maioría simple de votos, atendendo a esas mesmas ponderacións. 4. No suposto dunha soa candidatura unicamente se celebrará a primeira volta. 5. No caso de non presentarse candidatos á elección de reitor ou reitora que cumpran os requisitos esixidos, ou non poder ser proclamado electo ningún dos candidatos, continuará en funcións o anterior titular, que deberá convocar de novo as eleccións no prazo de tres meses, tendo en conta o previsto no artigo 24.3. Artigo 47. Convocatoria da elección 1. As eleccións a reitor serán convocadas polo reitor coa debida antelación para que teñan lugar antes do termo do seu mandato, e en calquera caso como mínimo un mes antes deste. De non facelo así, convocaraas a Comisión Electoral Central. 2. De conformidade co artigo 85.4 dos Estatutos, o Claustro poderá acordar con carácter extraordinario a convocatoria de eleccións de reitor a iniciativa dun tercio dos seus membros e coa
23 aprobación de dous tercios. Neste caso o reitor cesante continuará en funcións ata a toma de posesión do novo reitor. 3. A convocatoria de eleccións a reitor deberá indicar, ademais do expresado no artigo 24: a) Data de proclamación provisoria do candidato electo ou, de ser o caso, dos candidatos que concorrerán á segunda volta. b) Prazo de presentación de recursos contra o acto de proclamación provisoria do candidato electo ou de candidatos para concorrer á segunda volta. c) Prazo de resolución dos recursos contra o acto de proclamación provisoria do candidato electo ou de candidatos para concorrer á segunda volta. d) Data de proclamación definitiva do candidato electo ou de candidatos para concorrer á segunda volta. e) Data da votación en segunda volta, se fose necesaria, que necesariamente será un día lectivo f) Data de proclamación provisoria do candidato electo en segunda volta, se fose necesaria. g) Prazo de presentación de recursos contra o acto de proclamación provisoria do candidato electo en segunda volta, se fose necesaria. h) Prazo de resolución dos recursos contra o acto de proclamación provisoria do candidato electo en segunda volta, se fose necesaria. i) Data de proclamación definitiva do candidato electo en segunda volta, se fose necesaria. Artigo 48. Ponderación do voto 1. O voto para a elección de reitor ponderarase do seguinte xeito: a) Sector I: profesorado funcionario doutor: 51 % b) Sector II: outro persoal docente e investigador: 14 %, repartido entre os seguintes subsectores: a. Profesorado funcionario non doutor. b. Profesorado contratado doutor, colaborador ou axudante doutor e axudantes. c. Outro persoal docente e investigador c) Sector III: investigadores en formación e estudantes de terceiro ciclo e posgrao: 3 %, repartido entre os seguintes subsectores: a. Investigadores en formación. b. Estudantes de terceiro ciclo e posgrao. d) Sector IV: estudiantes de primeiro e segundo ciclos: 24 % e) Sector V: persoal de administración e servizos: 8 % 2. A Comisión Electoral Central asignará a porcentaxe de ponderación correspondente aos subsectores dos sectores II e III en función do número de electores do mesmo que consten no censo. En calquera caso, o peso ponderado do subsector II c) non poderá ser superior ao 19% do total do sector II. 3. A Comisión Electoral Central determinará tralo escrutinio de votos os coeficientes de ponderación que corresponderá aplicar ao voto a candidaturas validamente emitido en cada sector, para que a porcentaxe que represente sexa a establecida no apartado anterior. 4. Para a ponderación do voto nas eleccións a reitor a Comisión Electoral Central procederá do seguinte xeito: 1) Unha vez coñecido o número de votos validamente emitidos a candidaturas no sector de profesores funcionarios doutores (VFD) calcularase o número total de votos ponderados (VPT), de acordo coa seguinte fórmula: VPT= VFD x 100 /51
24 2) Unha vez coñecido o número total de votos ponderados (VPT), calcularase o número de votos ponderados que corresponde a cada sector ou subsector en función das porcentaxes atribuídas a cada un deles, tendo en conta que o número de votos ponderados correspondente ao sector de profesores funcionarios doutores é equivalente ao número de votos validamente emitidos a candidaturas nese sector. 3) Coñecidos os votos ponderados que corresponden a cada un dos sectores ou subsectores, calcularase o coeficiente que debe aplicarse aos votos realmente emitidos neles, utilizando catro decimais. Este coeficiente será a resultante de dividir o número de votos ponderados que corresponden a cada sector ou subsector entre o número de votos emitidos nel, e nunca poderá ser superior a 1. 4) O número de votos ponderados totais de cada candidatura será o resultado da suma dos votos validamente emitidos ao seu favor polos funcionarios doutores e dos votos validamente emitidos ao seu favor polos demais sectores ou subsectores multiplicados polo seu respectivo coeficiente de ponderación. 5) En cada sector ou subsector o número de votos redondearase á unidade mais próxima. Se o primeiro decimal fose 5 ou inferior a 5 manterase a mesma unidade; e se o primeiro decimal fose superior a 5 redondearase a unha unidade superior. CAPÍTULO 3. ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sección Primeira: Disposicións comúns Artigo 49. Convocatoria das eleccións 1. As eleccións a representantes en órganos colexiados serán convocadas pola Comisión Electoral Central coa debida antelación para que teñan lugar antes do termo do mandato dos representantes, e en calquera caso como mínimo un mes antes deste. 2. A resolución de convocatoria de eleccións indicará, ademais dos datos expresados no artigo 24, o número de representantes elixibles en cada sector, subsector ou circunscrición, cando proceda. A dita distribución poderá ser impugnada por quen acredite un interese lexítimo no prazo de tres días ante a Comisión Electoral Central, que resolverá no prazo doutros tres días. Artigo 50. Candidatos elixibles 1. A Comisión Electoral Central distribuirá o número de candidatos elixibles en cada un dos sectores ou subsectores previstos neste regulamento entre as circunscricións en función do respectivo número de electores censados nelas. No caso de que o número de representantes a elixir por un subsector non sexa suficiente para atribuír, cando menos, un posto a cada circunscrición, a Comisión Electoral Central poderá determinar outras circunscricións. 2. O sistema electoral será o maioritario simple de voto limitado por listas abertas, podendo votar cada elector a un número que se aproxime o máximo posible ao 70 por cento do número total de elixibles no seu colexio e sector, e, se é o caso, subsector correspondente. No caso de que dous números presenten idéntica proximidade, optarase polo número inferior, tal como se recolle na seguinte táboa:
25 A B A B A B A B 1 1 11 8 21 15 31 22 2 1 12 8 22 15 32 22 3 2 13 9 23 16 33 23 4 3 14 10 24 17 34 24 5 3 15 10 25 17 35 24 6 4 16 11 26 18 36 25 7 5 17 12 27 19 37 26 8 6 18 13 28 20 38 27 9 6 19 13 29 20 39 27 10 7 20 14 30 21 40 28 3. Serán nomeados candidatos electos os que obtiveran maior número de votos no seu respectivo sector ou subsector e circunscrición ata completar a cota asignada a estes. Non obstante, cando deba garantirse a presencia dos dous campus de Santiago de Compostela e de Lugo ou de todas as grandes áreas científicas, ou algunha outra representación específica, poderán ser designados electos dentro da cota asignada outros candidatos que aseguren a devandita representación, nas condicións que establece o presente regulamento. 4. No caso de que dous ou máis candidatos obteñan o mesmo número de votos, cando se trate de profesores ou de persoal de administración e servizos proclamarase candidato electo ao que leve máis tempo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela como funcionario ou contratado laboral indefinido. Nos restantes casos será elixido o de máis idade. Sección Segunda: Eleccións de representantes no Claustro Universitario Artigo 51. Normas xerais 1. O Claustro Universitario será elixido segundo o disposto nos Estatutos da USC e no presente regulamento. No que non se opoñan a estes será tamén de aplicación o seu Regulamento de Réxime interno. 2. O Claustro Universitario renovarase cada catro anos, preferentemente xunto coas eleccións a reitor. Os representantes do estudantado de todos os ciclos e modalidades renovaranse cada dous anos. En todo caso, o Claustro quedará disolto cando aprobe a convocatoria extraordinaria de eleccións a reitor prevista no artigo 47.2. 3. Correspóndelle á Comisión Electoral Central convocar, dirixir e supervisar as eleccións de representantes no Claustro Universitario, así como asignar o número de representantes correspondentes aos subsectores aos que se refire o artigo seguinte. Artigo 52. Sectores e subsectores 1. Elixiranse como membros do Claustro Universitario 300 representantes dos diversos sectores da comunidade universitaria, elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, coa seguinte composición numérica dos sectores que se indican: a) Sector I: 153 membros do profesorado funcionario doutor. b) Sector II: 42 membros das restantes categorías de persoal docente e investigador.
32 CAPÍTULO 3. ELECCIÓNS DE DIRECTOR OU DIRECTORA DE DEPARTAMENTO Artigo 68. Convocatoria e candidatos 1. Os directores ou directoras de departamento serán elixidos polo seu consello de departamento nunha reunión convocada para tal efecto. O candidato que resulte elixido será nomeado polo reitor. O nomeamento comunicarase ao Consello de Goberno e aos decanos e directores das facultades e escolas onde o departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras. 2. Poderán ser candidatos a director de departamento os profesores doutores pertencentes aos corpos docentes universitarios. No seu defecto, nos departamentos constituídos sobre áreas de coñecemento nas que se poden dotar prazas de funcionarios de escola universitaria, poderán ser directores funcionarios dos corpos docentes universitarios non doutores ou profesores contratados doutores. Neste caso, de non haber candidatos funcionarios doutores, ou no caso de que ningún dos candidatos acade maior número de votos positivos ca negativos, celebrarase unha nova votación á que poderán incorporar a súa candidatura os profesores funcionarios non doutores e os profesores contratados doutores. 3. A convocatoria de eleccións farase conforme ao disposto no artigo 59. Nos departamentos aos que se refire o segundo inciso do apartado anterior, poderá sinalarse un prazo único de presentación de candidatos ou sinalarse un primeiro prazo para os profesores funcionarios doutores e outro para os profesores funcionarios non doutores e os profesores contratados doutores. Neste caso, o segundo prazo deberá ter unha duración mínima de cinco días. A convocatoria expresará así mesmo a data e hora da segunda fase da votación, se fose necesaria. 4. A votación seguirá o procedemento disposto nos artigos 61 e 62 agás nos departamentos aos que se refire o segundo inciso do apartado 2, aos que serán de aplicación os artigos seguintes. Artigo 69. Votación en dúas fases 1. Nos departamentos constituídos sobre áreas de coñecemento nas que se poden dotar prazas de funcionarios de escola universitaria participarán como candidatos a director nunha primeira fase os profesores funcionarios doutores que presentaran a súa candidatura no prazo sinalado na convocatoria. 2. As papeletas de votación conterán unha relación alfabética dos candidatos coas palabras SI e NON a súa beira xunto a senllos recadros. Cada membro do consello de departamento poderá votar “si” a un único candidato ou, alternativamente, votar “non” a un ou máis dos restantes riscando cunha cruz os recadros correspondentes, ou ben deixar os recadros en branco ou absterse. 3. Resultará elixido o candidato que obteña a maioría absoluta de votos positivos, equivalente á máis da metade dos membros do consello de departamento. Se houbese un só candidato, resultará elixido se obtén o 25 % ou máis dos votos emitidos, e máis votos positivos ca negativos. 4. De non haber candidaturas de profesores funcionarios doutores ou non se dar os supostos considerados no apartado anterior, procederase a unha segunda votación entre os candidatos que obtivesen máis votos positivos ca negativos. Nesta segunda votación, que terá lugar no prazo máximo de tres días, non poderán emitirse votos negativos, e será proclamado electo o candidato que obteña maior número de votos. Artigo 70. Segunda fase da votación 1. Nas segunda fase da votación á que se refire o artigo anterior incorporaranse como candidatos os profesores funcionarios non doutores e os profesores contratados doutores que o solicitaran no prazo sinalado na convocatoria.
33 2. Nesta segunda fase cada elector poderá dar o seu voto a un único candidato, ou ben votar en branco ou absterse. Resultará elixido o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos. De non haber ningún candidato que obteña a maioría absoluta farase unha nova votación na que resultará elixido o candidato que obteña maior número de votos. Artigo 71. Ausencia de candidatos De non se poder levar a cabo o nomeamento do director do departamento por falta de candidatos que reúnan os requisitos esixidos, o Consello de Goberno, tras a proposta do reitor, encargará provisionalmente as funcións de dirección a un profesor ou profesora do departamento ou, no seu defecto, doutro departamento. Rematado o curso académico, convocaranse eleccións. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. Órganos de goberno en centros de nova creación 1. En centros de nova creación, previa á constitución da xunta de facultade ou escola, o reitor, coa finalidade de coordinar a creación e posta en marcha do centro, nomeará un decano ou director comisario que asuma as funcións que os Estatutos da Universidade outorgan aos decanos e directores de centros. A duración do mandato do dito decano ou director rematará co nomeamento polo reitor do decano ou director elixido pola xunta da facultade ou escola. 2. A constitución da xunta de facultade ou escola deberá facerse unha vez celebradas as eleccións de representantes nela, que deberá convocar a Comisión Electoral Central, sempre que sexa posible, xunto coas correspondentes aos restantes centros da Universidade, segundo o disposto neste regulamento. DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. Segregación de centros ou departamentos Os acordos e disposicións sobre segregación de centros ou departamentos preverán a adscrición dos representantes electos nos órganos colexiados aos novos órganos que se creen. A Comisión Electoral Central será competente para resolver os conflictos que poida producir a dita segregación en materia electoral no que non estea expresamente previsto. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. Comisión Electoral Central A Comisión Electoral Central manterá a súa composición actual en tanto non se produza a súa renovación, que deberá ter lugar no ano 2004, de conformidade coa composición prevista no artigo 8. No momento en que o reitor asuma a presidencia da Comisión ou designe como presidente a unha persoa distinta do secretario xeral, este asumirá a secretaría da Comisión conforme ao dito artigo 8. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA. Claustro Universitario 1. De conformidade coa Disposición Transitoria Quinta dos Estatutos da USC, a renovación parcial do actual Claustro Universitario farase respectando a composición vixente. Neste senso, a determinación e contido dos sectores ou subsectores electorais será a establecida nas normas polo que o Claustro foi elixido, sen prexuízo do disposto na Disposición Transitoria Terceira. En todo caso, as circunscricións electorais serán as que se establecen no presente regulamento e resulten da distribución proporcional dos electores.
34 2. En tanto non se produza a renovación completa do Claustro, seranlle de aplicación aos seus membros as normas sobre determinación e contido dos sectores e subsectores e sobre as consecuencias do cambio de sector, subsector ou circunscrición que estaban en vigor no momento da aprobación deste regulamento. DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA. Outros órganos colexiados 1. Sen prexuízo do previsto na anterior Disposición Transitoria para o Claustro Universitario, os demais órganos colexiados de goberno que viron alterada a súa composición como consecuencia da entrada en vigor dos vixentes Estatutos o 10 de febreiro de 2004, deberán adaptarse na primeira renovación que se produza, e en todo caso antes do transcurso dun ano dende a dita data, de conformidade coa Disposición Transitoria Sexta dos devanditos Estatutos. 2. En tanto as xuntas de centro non determinen no seu regulamento de réxime interno os subsectores aos que alude o artigo 54.2, o persoal docente a tempo parcial representará un máximo do 5% do restante persoal docente e os estudantes de terceiro ciclo representarán o 5% da totalidade da xunta. DISPOSICIÓN TRANSITORIA CUARTA. Titulacións propias de Graduado Superior En tanto as titulacións propias de Graduado Superior non estean adscritas a centros, a Comisión Electoral Central poderá transitoriamente adscribir a centros os estudantes matriculados nelas co fin de que poidan votar nas eleccións de representantes no Claustro Universitario. DISPOSICIÓN TRANSITORIA QUINTA. Rexistro de investigadores en formación Mentres non estea creado e consolidado o rexistro de investigadores en formación ao que fai referencia o artigo 3.1 c), consideraranse electores polo dito sector, nas eleccións que corresponda, os membros da comunidade universitaria que estean nas condicións establecidas no artigo 34.1 dos Estatutos. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEXTA. Prazos do vindeiro proceso electoral Con carácter excepcional, e co fin de poder celebrar en maio de 2004 as eleccións que correspondan para elixir representantes nos órganos colexiados, a Comisión Electoral Central poderá acordar a reducción dos prazos previstos neste Regulamento para os ditos procesos electorais. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ao contido do presente regulamento, e expresamente o Regulamento Electoral Xeral aprobado pola Xunta de Goberno o 17 de febreiro de 2000; a Normativa para censos de profesores, axudantes e bolseiros nos centros, aprobada pola Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 1998; a Normativa provisional para a elección de rector e de representantes do Claustro Universitario aprobado pola Xunta de Goberno o 22 de febreiro de 2002; e a Normativa para a elección de director ou directora de escola universitaria aprobada polo Consello de Goberno o 12 de xuño de 2003. Non obstante, seguirán de aplicación nas condicións previstas na Disposición Transitoria Segunda. DISPOSICIÓN FINAL O presente regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno.