Unha aproximación ao escenario laboral da industria da música en Galicia
Abstract
A industria musical en Galicia, pola súa dimensión, estratexia, elementos identitarios, autoría, emprendemento... precisa de estudos puntuais e de seguimento no tempo que amosen a súa realidade e a súa evolución. Cos datos obtidos e as hipóteses expostas nestes traballos sectoriais, estaremos en condicións de acadar propostas e estratexias fundamentadas para o desenvolvemento óptimo da industria musical da nosa comunidade, así como a súa proxección internacional. Neste caso que nos ocupa, amósase, a modo de avance primixenio, onde está situado e cal é a fragmentación administrativa e comportamento do mercado laboral deste sector e cales son as oportunidades que pode ofrecer.
Full text
A COMUNICACIÓN EN GALICIA 2015 195 UNHA APROXIMACIÓN AO ESCENARIO LABORAL DA INDUSTRIA DA MÚSICA EN GALICIA Xaime Fandiño Alonso Zósimo López Pena Henrique Neira Pereira Equipo Canal Campus, Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais. Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela Doi:10.17075/aceg.2016.013
Xosé López García e Rosa Aneiros Díaz 196
UNHA APROXIMACIÓN AO ESCENARIO LABORAL DA INDUSTRIA DA MÚSICA EN GALICIA 197 A) INTRODUCIÓN A industria musical en Galicia, pola súa dimensión, estratexia, elementos identitarios, autoría, emprendemento... precisa de estudos puntuais e de seguimento no tempo que amosen a súa realidade e a súa evolución. Cos datos obtidos e as hipóteses expostas nestes traballos sectoriais, estaremos en condicións de acadar propostas e estratexias fundamentadas para o desenvolvemento óptimo da industria musical da nosa comunidade, así como a súa proxección internacional. Neste caso que nos ocupa, amósase, a modo de avance primixenio, onde está situado e cal é a fragmentación administrativa e comportamento do mercado laboral deste sector e cales son as oportunidades que pode ofrecer. B) OBXECTO DE ESTUDO E METODOLOXÍA Imos examinar por método cuantitativo se o contexto é favorable para que exista un tecido de industria musical en Galicia. Por isto, consultamos bibliografía especializada sobre a realidade da industria musical, webs especializadas e distintas bases de datos. En canto á análise do mercado laboral, por medio das estatísticas obtidas, intentarase demostrar se existe necesidade de profesionais da industria musical na comunidade autónoma de Galicia. Despois intentarase delimitar cal é a tipoloxía de empregos relacionados con este subsector das industrias culturais. E, finalmente, reflexiónase sobre o estado do emprego, a percepción administrativa dos postos de traballo relacionados coa industria musical e oportunidades de futuro para poder traballar neste eido. C) CONTEXTO E ANTECEDENTES Existen saídas laborais se temos creación, produción, distribución, consumo e exportación de música gravada e en vivo na comunidade; é dicir, se hai oferta e demanda de profesionais e de produtos. A mellor forma de definir este contexto é amosando datos sobre o consumo de música gravada e en vivo. Segundo o documento ‘Encuesta de hábitos y prácticas culturales 2010-2011’, promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), nos anos 2010 e 2011 o 96,7 % das persoas consultadas en Galicia dispoñían de equipamento para escoitar música, así que esta mesma porcentaxe ten acceso a música gravada; o que se descoñece é se é música galega, galega feita fóra de Galicia, estranxeira, etc. Os datos máis recentes sobre música gravada –tanto en formato dixital como físico– atopámolos no informe anual de PROMUSICAE1, que é de ámbito estatal. No de 2015 danse datos2 referidos a 2014: «Los españoles 1 PROMUSICAE, Productores de Música de España, agrupa 116 entidades que no seu conxunto representan máis do 90 % da actividade nacional e internacional do sector español da música gravada. 2 Véxase http://www.promusicae.es/estaticos/view/4-informes-promusicae, consultada o 18 de marzo de 2015.
Xaime Fandiño Alonso, Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira 198 se gastaron 149,9 millones de euros en comprar música durante los últimos doce meses, una cifra que supera en un 21,2 por ciento los registros del ejercicio 2013. El mercado discográfico español se coloca así en niveles muy parejos a los de 2011». En canto a datos de consumo de música en vivo en Galicia, existen unha serie de informes elaborados a partir de enquisas oficiais. Segundo a ‘Enquisa de condicións de vida das familias’, do Instituto Galego de Estatística, realizada no ano 2006, un 14,11 % da poboación galega de 5 ou máis anos asiste cando menos unha vez no ano a algún concerto de música clásica; un 38,05 % vai cando menos unha vez no ano a un concerto de música moderna, tradicional ou solista, e un 64,99 achégase cando menos unha vez no ano a unha verbena ou a un concerto dunha orquestra. Datos máis recentes ofréceos a Sociedad General de Autores y Editores (SGAE), que publica anualmente o número de concertos que se realizan en Galicia, así como o número de formacións de música. No caso da música clásica en todo o territorio español, houbo un total de 15 017 concertos en 2012 e 14 523 concertos en 2013. Estes serían, de maneira resumida, os cadros cos datos sobre música en vivo aplicados a Galicia, os máis recentes son de 2013: Cadro 1. Música clásica en Galicia 2012-2013 2012 2013 Concertos de música clásica 1221 1172 Espectadores/as de concertos de música clásica 251 485 238 479 Recadación de concertos de música clásica 711 576 682 681 Fonte: SGAE. Cadro 2. Música sinfónica, de bandas e rondallas en Galicia 2013 Concertos Espectadores Total De Gratuítos Total De Gratuítos Recadación pagamento pagamento total (en euros) Sinfónica 102 51 51 55 757 42 064 13 693 415 892 Bandas e rondallas 399 20 379 64 747 3967 60 780 38 521 Fonte: SGAE. Outro dato importante é o número de formacións musicais. O Instituto Galego de Estatística publica un censo oficial de entidades musicais dedicadas á interpretación, no que se inclúen agrupacións de cámara e líricas, bandas, coros, orquestras de cámara e sinfónicas. O censo está baseado na ‘Explotación Estadística de las Bases de Datos de Recursos Musicales y de la Danza’, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A cifra total de entidades era 409 no ano 2012 e de 411 en 2013. Quedan fóra deste censo as entidades de vida efémera ou non constituídas legalmente como pequenas bandas de rock, grupos de tabernas ou charangas amateurs para o Entroido. No caso da música popular en vivo en Galicia, a SGAE achega datos referentes a número de concertos, espectadores e recadación destes concertos:
UNHA APROXIMACIÓN AO ESCENARIO LABORAL DA INDUSTRIA DA MÚSICA EN GALICIA 199 Cadro 3. Música popular en Galicia 2012-2013 2012 2013 Concertos de música popular 5206 4506 Espectadores de concertos de música popular 1 319 209 1 084 316 Recadación de concertos de música popular 6 992 891 5 940 059 Fonte: SGAE. Os datos do Instituto Galego de Estatística son nalgúns casos diferentes; por exemplo, na recadación de concertos de música popular en 2013: 5 940 059 (SGAE) e 5 491 000 (IGE). Malia todo, pódese pensar que cos datos ofrecidos podemos confirmar que hai suficiente oferta e demanda de profesionais e de produtos como para que exista unha industria musical. D) SITUACIÓN. EVOLUCIÓN/RADIOGRAFÍA Como se expresou anteriormente, existen datos sobre o consumo de música gravada e en vivo en Galicia, pero nos temas relativos á consideración da música como industria cultural ou industria do entretemento non hai datos tan concretos. Facendo a reflexión sobre o que é unha industria cultural, podemos asumir que a industria musical segue un proceso de creación, produción, distribución e consumo. Así, poderiamos asignar a cada fase do proceso un tipo de axente que fai que este negocio funcione; o problema, como veremos, está en que non existe un traballo estatístico axeitado, nin ningunha outra iniciativa que permita saber cantas persoas toman parte no conxunto do proceso. As fontes principais das que poderiamos obter datos son: a Axencia Tributaria, a Seguridade Social, o Instituto Nacional de Estatística, o Instituto Galego de Estatística, o Instituto Galego das Cualificacións, a Sociedad General de Autores y Editores e entidades profesionais de tipo asociativo. Seguindo esta liña de traballo, convén repasar os tipos de datos que se poden obter de cada unha destas entidades e logo analizaremos os empregos da industria musical e da industria auxiliar a partir das informacións que puidemos obter. 1. Fontes estatísticas para cuantificar os empregos nas industrias musical e auxiliar 1.1. A Axencia Tributaria Cada persoa e cada entidade no momento de darse de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) na Axencia Tributaria deben indicar en que sector ou sectores operarán e obteñen, así, un ou varios códigos para efectos estatísticos. O primeiro problema con estes datos é que por exemplo unha empresa pode estar dada de alta con varios códigos pero puntualmente operar só nun sector; o segundo é que estes datos estatísticos non se publican sistematicamente con suficiente nivel de desagregación, polo tanto deben solicitarse nas oficinas da Axencia Tributaria, que os concederá ou non.
Xaime Fandiño Alonso, Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira 200 1.2. A Seguridade Social Igual que sucede na Axencia Tributaria, cando unha persoa ou entidade se dan de alta obteñen un ou varios códigos estatísticos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE); se son varios, un deles é o primario –a súa actividade máis importante– e os demais son secundarios. Por exemplo, as estatísticas elabóranse só considerando os CNAE primarios, polo que quedan fóra delas moitos empregos de firmas que organizan concertos pero non como actividade principal. As estatísticas con suficiente nivel de desagregación non se publican sistematicamente, senón que hai que solicitalas a través do Instituto Galego de Estatística, e os datos achéganse por trimestres, de xeito que non se pode observar a evolución do emprego mes a mes. Existen varios códigos CNAE que se poden asignar a empresas da industria musical, pero os máis axeitados poden resumirse nos que a continuación se presentan: 3220 Fabricación de instrumentos musicais. 4743 Comercio polo miúdo de equipos de audio e vídeo en establecementos especializados. 4763 Comercio polo miúdo de gravacións de música e vídeo en establecementos especializados. 5920 Actividades de gravación de son e edición musical. 7722 Alugueiro de cintas de vídeo e discos. 9001 Artes escénicas. 9002 Actividades auxiliares ás artes escénicas. 9003 Creación artística e literaria. 9004 Xestión de salas de espectáculos. 9329 Outras actividades recreativas e de entretemento. Como se ve, a maioría destes códigos non son específicos para os empregos relacionados coa industria musical anteriormente mencionados: mentres existe un por exemplo para o cultivo de tabaco (0115), non hai un código para a figura de intérprete musical ou para a produción de eventos; así pois, só algúns destes códigos van ser de utilidade. A seguinte táboa recolle as afiliacións á Seguridade Social en Galicia segundo os códigos CNAE mencionados. Cadro 4. Evolución trimestral do emprego 2012-2014. Altas na Seguridade Social 31/03/12 30/06/12 30/09/12 31/12/12 31/03/13 30/06/13 30/09/13 31/12/13 31/03/14 30/06/14 30/09/14 31/12/14 Réximes 2554 2702 2689 2656 2420 2555 2417 2631 2449 2621 2366 2832 xeral e por conta allea Réxime de 1531 1593 1599 1590 1564 1619 1638 1683 1640 1748 1788 1820 autónomos Fonte: Instituto Galego de Estatística, con datos da Seguridade Social para altas en códigos CNAE primarios 3220, 4743, 4763, 5920, 7722, 9001, 9002, 9003, 9004 e 9329, epígrafes que poden pertencer a actividades laborais ligadas á industria musical en Galicia. O código CNAE que agrupa un maior número de persoas é o 9329, unha media de 2396 persoas estiveron de alta na Seguridade Social en Galicia no último trimestre de 2014 baixo esa epígrafe. O problema é que inclúe actividades moi diversas, que van desde a explotación de salas de baile e discotecas ata a explotación de estacións
UNHA APROXIMACIÓN AO ESCENARIO LABORAL DA INDUSTRIA DA MÚSICA EN GALICIA 201 de esquí, locais de máquinas recreativas ou actividades de socorrismo en praias e piscinas. Outra razón máis pola que o sistema de códigos CNAE non resulta axeitado para a nosa análise. 1.3. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte Achega na súa web datos estatísticos sobre obras musicais editadas, salas de concerto, entidades musicais dedicadas á interpretación e, finalmente, concursos, festivais e outras actividades de música. De aquí podemos extraer bastante información acerca de obras producidas e pouca sobre emprego, a excepción do emprego no sector da ensinanza musical. 1.4. O Instituto Nacional de Estatística Ofrece diferentes estatísticas procedentes de institucións coma o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e outras de elaboración propia, pero, así como existen bastantes datos relativos á industria do libro, en cambio hai poucos sobre a música. Polo tanto, pódese extraer pouca información sobre emprego. 1.5. O Instituto Galego de Estatística Achega datos de enquisas propias –coma o consumo de música gravada e en vivo– e información procedente doutras fontes como o Instituto Nacional de Estatística ou a Seguridade Social. Parte da información está dispoñible na web e pódese solicitar nalgúns casos con maior nivel de desagregación, pero non hai estatísticas específicas que nos poidan dar unha visión da realidade da industria musical. 1.6. O Instituto Galego das Cualificacións Depende da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar. Ofrece datos trimestrais do número de contratos xestionados en Galicia polos servizos de emprego de acordo cun sistema de códigos denominado Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO). Os códigos CNO son máis axeitados que os CNAE e os IAE para a análise do número das persoas empregadas na industria musical, pois existe unha categoría específica denominada ‘Compositores, músicos e cantantes’, e os datos trimestrais amosan claramente a estacionalidade, cun elevado número de contratos no verán –xullo, agosto e setembro–, os meses con máis festas. Con todo, estes datos amosan exclusivamente o número de contratos asinados nun período, polo que as persoas con contrato indefinido ou temporal que comezara en períodos anteriores non figurarán para ese tramo. 1.7. Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) A AGADIC publica na súa web estudos sobre a situación das industrias culturais en Galicia baseados en estatísticas coma as mencionadas, pois non dispón de estatísticas nin enquisas propias. 1.8. Consello da Cultura Galega A través do seu Observatorio da Cultura Galega, fornece datos orientados, sobre todo, ao consumo de produtos culturais e acerca do conxunto da industria, a partir de diferentes fontes estatísticas.
Xaime Fandiño Alonso, Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira 202 1.9. A Sociedad General de Autores y Editores Máis coñecida como SGAE, é unha entidade española de xestión colectiva dedicada á defensa dos dereitos de autor dos seus socios e socias no ámbito da industria musical. De acordo cos datos facilitados pola propia SGAE, o 31 de decembro de 2014 o número de socias e socios autores en Galicia era de 3297; había, ademais, 37 editores e editoras musicais e 190 herdeiros e herdeiras, en total 3524 persoas asociadas. Isto non quere dicir que todas elas creasen ou interpretasen contidos en 2014, pero é unha cifra importante; conforme a revisión do padrón municipal o 1 de xaneiro de 2014, publicada polo INE, Galicia contaba nese momento con 2 748 695 habitantes, o que significa que un 0,12 % da poboación galega está asociada á SGAE –un de cada 780 habitantes de Galicia. 1.10. Entidades profesionais de tipo asociativo Posúen datos referidos unicamente a un ámbito moi concreto, e entre elas podemos citar: Músicos ao Vivo, Asociación Galega de Empresas para Eventos (AGASE), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Promusicae, Unión Fonográfica Independiente (UFI), Music Managers Forum Spain (MMF), Asociación de Representantes Técnicos del Espectáculo (ARTE), Asociación de Promotores Musicales (APM), Asociación Estatal de Salas de Música en Directo (ACCES). 2. Os empregos na industria musical Como se indicou, forman a industria musical as empresas e individuos que desenvolven actividades económicas de creación, produción, distribución e venda de música. 2.1. Creación As profesións que atopamos vencelladas a esta primeira fase son: • Autores/as, compositores/as. • Músicos/as, executantes. • Arranxadores/as. • Fabricantes de instrumentos musicais. • Profesores/as de disciplinas musicais. • A&R (director/a artístico/a dunha discográfica). Non hai ningunha fonte oficial única que dispoña do dato concreto de cantas persoas traballan nestas profesións en Galicia, polo que para tentar ter unha aproximación temos que consultar varias estatísticas, que aínda así mostrarán un panorama incompleto. As estatísticas do Instituto Galego das Cualificacións amosan agrupadas as actividades de composición e execución (músicos e cantantes) nun único código, que é o 2932, que mostra a alta temporalidade existente neste subsector da industria musical; como dixemos, a cifra refírese a persoas que asinaron un ou máis contratos no ano de referencia.
UNHA APROXIMACIÓN AO ESCENARIO LABORAL DA INDUSTRIA DA MÚSICA EN GALICIA 203 3 Véxase http://musicosaovivo.com/uploads/files/ESTATUTOS %20DA %20ASOCIACI %C3 %93N %20PROF. %20M %C3 %9ASICOS %20AO %20VIVO %20Definitivo %281 %29.pdf, consultada o 17 de marzo de 2015. Cadro 5. Número de persoas que asinaron contratos nos servizos de emprego en Galicia co código CNO 2932 ‘Compositores, músicos e cantantes en Galicia’ 2012-2014 2012 2013 2014 Persoas contratadas 1794 2005 2128 Fonte: Instituto Galego das Cualificacións. Como comparación preséntanse as cifras facilitadas por Músicos ao Vivo, unha organización profesional sen ánimo de lucro que ten como primeira finalidade «representar a todas as persoas afiliadas, mediante a intervención nas relacións laborais e a contribución á defensa e á promoción dos intereses profesionais, laborais, económicos, sociais e culturais, tanto individuais como colectivos, que lle son propios»3. Esta organización ten 325 membros, músicas e músicos tanto profesionais como amateurs, e 150 destes membros utilizan un réxime de cooperativa que lles facilita a entidade para facturar as súas actuacións; Músicos ao Vivo forma parte da Federación de Músicos Asociados (FEMA), que reúne entidades con obxectivos semellantes de varias comunidades autónomas. A partir dos datos anteriores, vemos que só unha pequena parte das músicas e músicos que traballan no sector están agrupados na plataforma asociativa. No tocante ás persoas que fabrican instrumentos musicais, esta epígrafe está no grupo C da CNAE –industria manufactureira– co código 3220 «Fabricación de instrumentos musicais». Esta é a cifra do emprego en 2014: Cadro 6. Cifra media trimestral de afiliacións á Seguridade Social en Galicia (CNAE 3220) o 31-12-2014 Réximes xeral e por conta allea 21 Réxime de autónomos 38 Fonte: Instituto Galego de Estatística, con datos da Seguridade Social. O seguinte dato é o número de persoas que se dedican a ensinar música no ámbito do ensino regrado. Cadro 7. Centros, profesorado e alumnos matriculados en ensinanzas regradas de música (Ensinanzas artísticas do réxime especial) en Galicia. Curso 2012-2013 Alumnado Centros Profesorado Elemental Profesional Superior TOTAL 48 993 4092 3445 621 8158 Fonte: MECD. ‘Estadística de las enseñanzas no universitarias’.
Xaime Fandiño Alonso, Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira 210 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS AA.VV. (2010): As cifras da industria cultural galega. Artes escénicas, Audiovisual, Música e Produto gráfico. Análise cuantitativa, Santiago de Compostela, AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais. Recuperado de http://www.agadic.info/temas/agadic/gfx/publicacion/as_cifras_da_industria_cultural.pdf [última consulta: 27 de marzo de 2015]. AA.VV. (2011): Estudo das industrias culturais e creativas en Galicia e Norte de Portugal realizado pola agrupación europea de cooperación territorial, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal. Recuperado de http://www.agadic.info/temas/agadic/gfx/publicacion/Estudo_ICC.pdf [última consulta: 27 de marzo de 2015]. BELHO, V. (coord.) / F. BRAÑA / M. LORENZO / E. LOZÓN (2007): A industria musical en Galicia, Madrid, Universidad Complutense de Madrid / ICCMU. Recuperado de http://www.mastergestioncultural.org/files/File/TESINAS/T07- 0169 %20Vctor %20Belho %20Industria %20musical %20en %20Galicia %20080922.pdf [última consulta: 24 de marzo de 2015]. FANDIÑO ALONSO, X. (coord.) / M. GONZÁLEZ / Z. LÓPEZ / H. NEIRA / J. C. REGUEIRA (2013a): Do palco ó escenario: Unha aproximación á industria da música nas festas populares de Galicia, Santiago de Compostela, Andavira Editora. FANDIÑO, X. / C. REGUEIRA / H. NEIRA (2013b): «Informe Orquestras de Galicia 2011/2012 (As verbenas)», en Margarita Ledo Andión / Maria Inmacolata Vassallo de Lopes, Libro de Actas. XIII Congreso Internacional Ibercom, Santiago de Compostela, IBERCOM / AssIBERCOM / AGACOM, 3370-3374. FANDIÑO, X. / C. REGUEIRA / Z. LÓPEZ (2013c): «Informe Orquestras de Galicia 2011/2012 (As orquestras)», en Margarita Ledo Andión / Maria Inmacolata Vassallo de Lopes, Libro de Actas. XIII Congreso Internacional Ibercom, Santiago de Compostela, IBERCOM / AssIBERCOM / AGACOM, 3375-3384. FREIXANES, V. / A. MEIXIDE (eds.) (2010): O capital da cultura: Unha achega ás industrias culturais de Galicia, A Coruña, Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) / Fundación Caixa Galicia. MINISTERIO DE CULTURA (2011): Presentación. Encuesta de hábitos y prácticas culturales 2010-2011, Madrid, Secretaría General Técnica. Subdirección de General de Publicaciones, Información y Documentación. RECURSOS CONSULTADOS EN INTERNET http://emprego.xunta.es/cnopro http://musicadanza.es/_es/inicio.html http://www.agase.es http://www.ardan.es http://www.cndm.mcu.es http://www.ige.es http://www.ine.es http://www.paxinasgalegas.es http://www.promusicae.es http://www.sgae.es https://sabi.bvdinfo.com