Resolución do 23-01-2019 de Corrección de erros da Normativa de PAA curso 2019-2020
Abstract
Resolución do 23-01-2019 de Corrección de erros da Normativa de PAA curso 2019-2020 (grupos ordinarios/de centro en PDA)
Full text
VICERREITORÍADEORGANIZACIÓNACADÉMICA PazodeMontenegro PraciñadaUniversidade,s/n.27002LUGO Tfno.:982821509.Fax:982821506 Correoelectrónico:[email protected] Advertido erro de redacción no capítulo I, apartado 1.3 Contido da proposta de PDA da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 2019-2020, aprobada na sesión ordinaria do Consello de Goberno do 20 de decembro de 2018, esta vicerreitoría procede á súa corrección consonte ao establecido no artigo 109.2, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, polo que: Onde di: A vicerreitoría podería aprobar, a pedimento do centro, un número maior de grupos en PDA (ordinarios) cando, logo da creación consonte ao módulo por tipo de docencia, sexa preciso a igualación do número de grupos expositivos en cada curso, e o axuste entre a docencia expositiva e interactiva. Neste caso os grupos adicionais creados pola vicerreitoría formarán parte do PDA. O encargo lectivo e de titoría que destes grupos se derive será recoñecido no POD do profesorado que imparta a docencia e deberán terse en conta nos horarios e na programación que afecte aos estudantes. Non contarán para o cálculo das necesidades lectivas das áreas. Excepcionalmente, en casos debidamente xustificados por razóns de calidade e mellora dos resultados, os órganos responsables de elaborar o PDA poderán propoñer a creación de grupos de centro, a maiores dos que resulten da aplicación dos módulos, cando as áreas afectadas dispoñan de recursos suficientes e exista unha xustificación académica suficientemente motivada por informes de seguimento dos títulos e a mellora dos indicadores de resultados que establecen as memorias. Debe dicir: A vicerreitoría podería aprobar, a pedimento do centro, un número maior de grupos en PDA (ordinarios) cando, logo da creación consonte ao módulo por tipo de docencia, sexa preciso a igualación do número de grupos expositivos en cada curso, e o axuste entre a docencia expositiva e interactiva. Neste caso os grupos adicionais creados pola vicerreitoría formarán parte do PDA. Excepcionalmente, en casos debidamente xustificados por razóns de calidade e mellora dos resultados, os órganos responsables de elaborar o PDA poderán propoñer a creación de grupos de centro, a maiores dos que resulten da aplicación dos módulos, cando as áreas afectadas dispoñan de recursos suficientes e exista unha xustificación académica suficientemente motivada por informes de seguimento dos títulos e a mellora dos indicadores de resultados que establecen as memorias. O encargo lectivo e de titoría que destes grupos se derive será recoñecido no POD do profesorado que imparta a docencia e deberán terse en conta nos horarios e na programación que afecte aos estudantes. Non contarán para o cálculo das necesidades lectivas das áreas. Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019 Por delegación do Sr. Reitor (RR do 20.06.2018 – DOG do 29.06.2018) A Vicerreitora de Organización Académica María Celia Besteiro Rodríguez Sras./Sres. Decanas/os e Directoras/es de centros; Sras./Sres. Directoras/es de Departamentos; Sras./Sres. Responsables da Unidade de Xestión de Centro e Departamentos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4470-C831-4781-9F73 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4470-C831-4781-9F73 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: MARIA CELIA BESTEIRO RODRIGUEZ, VICERREITORA DE ORGANIZACION ACADEMICA, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/01/2019 16:00:14. CSV: 4470-C831-4781-9F73 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4470-C831-4781-9F73 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4470-C831-4781-9F73 2 / 2