Full text
FACULTADE DE FILOLOXÍA Traballo de Fin de Grao Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Antón Blanco Casás Titor: Prof. Arturo Casas Vales Liña temática: Socioloxía da Literatura e da Cultura Grao en Lingua e Literatura Galegas Curso 2017 / 2018 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do título de Grao en Lingua e Literatura Galegas
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político ÍNDICE 1. Introdución.......................................................................................................................................2 2. Méndez Ferrín, Antón e os inocentes e o campo literario galego.....................................................5 2.1. Ferrín no campo literario galego........................................................................................5 2.2. Antón e os inocentes no seu contexto................................................................................8 2.3. Toma de posición.............................................................................................................10 3. Unha lectura de Antón e os inocentes, novela proletaria................................................................15 3.1. Santiago de Compostela..................................................................................................15 3.2. Vigo, eixo.........................................................................................................................17 a) Berto........................................................................................................................20 b) Narda......................................................................................................................23 c) Narda e Berto, os inocentes / o Bildungsroman.....................................................26 d) Antón......................................................................................................................29 3.3. Suxeito político / suxeito literario....................................................................................30 4. Conclusións e peche.......................................................................................................................34 Bibliografía consultada.......................................................................................................................38 1
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Como tal: explicando mundos lunares. Imago dei. Narda (...) Como tal: co pelo recén limpo cun foulard violeta Imago Dei Narda !!! CHUS PATO 1. Introdución No ano 1976, tan recente aínda a morte do ditador e en plena convulsión política no seo de todo o Estado español, Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), xa sendo un nome soado polo de entón nas nosas letras, publica dous libros. Un como poeta e outro como narrador. O primeiro, o libro de poesía, é Con pólvora e magnolias. O outro, a novela, é Antón e os inocentes, obxecto deste traballo. Hai certos paralelismos entre ambas obras e, ademais, en varios niveis. Os dous libros saen do prelo da man de editoriais humildes: Con pólvora é o primeiro número do proxecto editorial que lanzaría o grupo poético Rompente, co mesmo nome, cunha distribución e tiraxe que non podería competir coas de Galaxia, mais ofrecendo un coidado escrupuloso na edición do libro como obxecto; Antón e os inocentes aparece na editorial Xistral (falarase disto ao longo deste traballo), dirixida por Manuel María desde Monforte de Lemos, lonxe dos centros culturais galegos. Ambas as dúas pezas, tamén, marcan o que podería ser unha das horas máis altas do lirismo na obra ferriniá e ao mesmo tempo un dos puntos máis salientables da mesma en canto a contido político. Son, as dúas, obras que apareceron con vocación de dar un golpe de efecto nas letras galegas, no político e mais no estético (o estético é político e á inversa). Pola contra, a recepción do poemario e mais da novela non foi para nada a mesma. Con pólvora e magnolias resultou ser, xa desde o comezo, unha obra ben acollida e moi ben atendida, que deu lugar a debates e que conseguiu cambiar, segundo un consenso considerable na crítica, a dirección da poesía galega dando por morta a etapa do socialrrealismo (Salgado 2005b: 98-99 ou González 1996: 264). A novela que nos ocupa, Antón e os inocentes, correría unha sorte moi distinta. O obxectivo deste traballo, porén, non vai tanto na dirección de buscar unha explicación ao pouco valor (ou pouca atención) que a crítica lle deu sempre á novela (aínda que, como é obvio, teremos que pasar de xeito superficial por esta cuestión); non temos, neste nivel, a información necesaria para poder dar respostas a esta cuestión, nin consideramos que, téndoa, se podería dar unha 2
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político explicación definitiva e indiscutible. O que nos vai interesar nestas páxinas é expoñer cales son os motivos polos cales, ao noso parecer, Antón e os inocentes debera serlle de interese á crítica e á historiografía literaria en Galicia. Este traballo é un intento humilde de clamar por que se teña en conta unha novela que podería dar varias das chaves para unha mellor comprensión da tradición narrativa galega. Así mesmo, unha lectura de Antón e os inocentes pode axudar a abordar, desde un dos seus momentos menos tratados, a complexidade da obra completa de Méndez Ferrín. Consideramos que, corenta e dous anos após a publicación desta novela, temos como vantaxe a distancia temporal para valernos unha mellor perspectiva á hora de estudala. Esta é unha razón máis pola cal pensamos que é xusto rescatar Antón e os inocentes. Con todo, somos conscientes das limitacións dun traballo destas características, que, en suma, debe ter un balance equilibrado entre a aproximación a temas concretos e a vista xeral e ampla do tema de estudo. É por este motivo polo cal hai asuntos que, se ben consideramos importantes e dignos de atención, non se van tratar (cando menos non coa profundidade que se puidese requirir). Os temas da Guerra Civil e a memoria histórica, por exemplo, cruciais para unha comprensión profunda de Antón e os inocentes, non pesarán tanto neste traballo, mais é necesario mencionar que precisamente sobre estes versou un traballo previo para a materia de Literatura Comparada, impartida polo profesor César Domínguez (curso 2016/17). Porén, esta limitación afectará maiormente a cuestións teóricas, xa que non poderemos deternos nelas tanto como nos gustaría. Tentarase que isto non supoña, en ningún caso, a perda de rigor nin de coherencia no tocante aos conceptos e marcos teóricos empregados. Da mesma maneira, para poder dispoñer do maior espazo posible dedicado especificamente ao tratamento da novela, optarase por non desenvolver un estudo comparado de Antón e os inocentes con respecto a obras da lieratura galega próximas no seu tempo nin con respecto a outras pezas universais coas que dialoga. Consideramos, porén, que é interesante que poidan aparecer nun futuro traballos nesta dirección, dado o alto nivel de intertextualidade que posúe concretamente esta novela, incluso en comparación co resto da obra de Ferrín. Sabendo todas estas limitacións, achegarémonos a Antón e os inocentes desde a Socioloxía da Literatura. Nesta liña de estudos recoñécense (Romero / Santoro 2007: 218) dous eixos sobre os cales se abre un mapa de coordenadas para situar as distintas correntes. Por unha banda estaría o eixo externalismo-internalismo en canto á abordaxe que se fai da obra literaria (nun lado un interese central polo contido das obras e no outro a aproximación ás mesmas empiricamente, en canto á súa 3
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político circulación na sociedade). Pola outra banda, outro eixo enfronta a visión da literatura como dato social contra aquela que a considera unha interlocutora lexitimada dentro da sociedade. Dito doutro xeito, esta liña axial contrapón unha noción da literatura como resultado das condicións materiais da sociedade (isto é a liña marxista clásica) fronte a unha noción da mesma como fenómeno que ten capacidade de transformala. Malia situaren Romero e Santoro a proposta de Pierre Bourdieu no externalismo que considera a literatura como interlocutora lexitimada (Romero / Santoro 2007: 264), cremos que a súa teoría dos campos sociais e, en concreto, a do campo literario se axustará ben ás necesidades deste traballo. Isto é así porque, como apunta Alicia B. Gutiérrez (2010: 9), o sociólogo francés logra acadar, coa súa teoría, un punto de superación da dicotomía externalismointernalismo. Desta maneira poderémonos achegar a Antón e os inocentes desde fóra, como elemento dentro do campo literario, mais tamén desde dentro, nun exercicio máis hermenéutico ou interpretativo da novela que nos levará a visitar as razóns polas cales merece ser reconsiderada pola crítica literaria en Galicia. 4
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político 2. Méndez Ferrín, Antón e os inocentes e o campo literario galego Non sería polémico afirmar que, a día de hoxe, Xosé Luís Méndez Ferrín (XLMF) é considerado, cun amplo consenso, un dos escritores máis importantes da literatura galega. A súa propia candidatura ao premio Nobel presentada polo Pen Clube de Galicia aválao como unha das figuras con maior capital simbólico do campo literario galego. O ourensán goza neste dunha posición privilexiada, sumando esforzo coas súas obras para acadar unha maior autonomía (relativa). Destacable é tamén a súa traxectoria militante, que o perfila como cadro político histórico do independentismo galego de filiación marxista. Nesta encrucillada trataremos de comprender Antón e os inocentes (AI), obra que postularemos como unha marcada toma de posición de Ferrín no campo literario galego, cuxa motivación e acollida debullaremos neste apartado, tanto entendéndoa no momento en que aparece por primeira vez (1976) como na actualidade, pasando polas reedicións serodias do texto, dez anos despois. Precisaremos coñecer para todo isto cales foron os lugares que foi ocupando o autor no campo literario galego, tanto antes como durante e após a aparición de AI, así como as consideracións da novela e a súa repercusión dentro do mesmo. 2.1. Ferrín no campo literario galego Como xa deixamos entrever poñendo sobre a mesa nocións como a de campo literario e autonomía relativa, valerémonos, ao longo do que segue, das contribucións teóricas do sociólogo francés Pierre Bourdieu, traídas á realidade literaria galega por Antón Figueroa (1998, 2001, 2010), Mario Regueira (2015) ou González-Millán (1994), entre outros. Este marco teórico1 rexeita na súa base a definición do “valor intrínseco da obra en termos convencionais, dirixindo a capacidade valorativa ao conxunto de xuízos potenciais sobre esta realizados polo resto de axentes do campo” (Regueira 2015: 28), en tanto sería imposible desatender os condicionates, lectura particular do mundo, ligados ao autor, axente do campo literario, que actúa nel segundo unha dirección inconsciente nas prácticas culturais chamada habitus, marcada de raíz por condicións mateirais obxectivas, de clase social (Regueira 2015: 28-29). Por tanto, os axentes (escritores, editores, críticos...) organízanse 1 Para a comprensión pormenorizada da teoría do campo literario en fonte directa véxase Bourdieu (2004). 5
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político dentro do campo literario nunha pugna por un capital en xogo (condicionada polo habitus), sexa este tanto monetario como simbólico. Dada a complexidade teórica do asunto que é tratar o lugar de XLMF no campo literario galego2 sería conveniente unha análise máis extensa. Con todo, a limitación de espazo deste traballo non nola permite desenvolver como quixeramos. Méndez Ferrín irrompe no campo cara a finais da década de 1950. Non será tanto a súa produción poética (que comeza en forma de libro en 1957, con Voce na néboa, tras unha experiencia relativamente exitosa nas Festas Minervais de 1956) senón a narrativa3 a que o lance, a unha curta idade, cara a unha, digamos que prudente a esta altura, consagración, grazas á aparición do libro de relatos Percival e outras historias (1958) no número dous da colección Illa Nova, creada pola editorial Galaxia. XLMF ocuparía así a praza vacante que deixaba Mourullo tras o seu abandono da literatura, como autor novo en quen recaería o peso do futuro das letras galegas. Non debemos esquecer que dita editorial representaba polo de entón todo o proxecto cultural galeguista, funcionando como institución hexemónica4. A estas alturas, Ferrín compartía probada amizade co grande ideólogo de todo este proxecto, Ramón Piñeiro5. As súas seguintes obras, O crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte (1964), esta última con ilustracións de Raimundo Patiño, son publicadas tamén en Illa Nova, mais o autor ourensán comezará a facer unha serie de tomas de posición que o afastarán paulatinamente da liña ideolóxica de Galaxia (Regueira 2015: 534-535). Con relación a todo o anterior é como debe analizarse traxectoria militante dun XLMF que se postula como cadro político do incipiente galeguismo marxista. No seo do Consello da Mocedade (en que participaba xunto con outros membros do grupo Brais Pinto) prodúcese unha ruptura política que afasta definitivamente a Ferrín, e os marxistas, de Ramón Piñeiro até no plano persoal. 2 Todo este entramado teórico con relación ao campo literario galego baseado, como se dixo, nas ideas de Pierre Bourdieu desenvólvese nos traballos de Antón Figueroa (1998, 2001 e, sobre todo 2010). Con respecto á posición concreta de Méndez Ferrín na súa primeira etapa, farei referencia aos capítulos das teses de Villanueva (2015: 326- 334) e Regueira (2015: 528-541). 3 Hai que comprender que o proxecto de Galaxia apostaba moi fortemente pola narrativa, esquecéndose no seu momento da poesía. O que está claro é que a posición privilexiada de inicio de Ferrín no campo literario galego está totalmente relacionada co apoio de Ramón Piñeiro, que este o foi cara á faceta de narrador do ourensán. 4 Bourdieu (1991: 7) fai unha diferenciación entre dous subcampos dentro do campo literario: un subcampo heterónomo que chama de gran produción e outro máis autónomo, “où les producteurs n'ont pour clients que les autres producteurs, qui sont aussi leurs concurrents les plus directs”, chamado subcampo de produción restrinxida. Sería interesante poder traballar sobre esta cuestión a propósito do papel que xogou e xoga a editorial Galaxia no campo literario galego. 5 Villanueva (2015: 326-334) reproduce parte da súa correspondencia, así como gabanzas públicas á figura de Ferrín por parte de Piñeiro. 6
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político ventre do silencio, por outro lado, sendo a terceira peza da triloxía, e continuando o universo de AI, é unha novela que tivo o seu grande recoñecemento (Premio Eixo Atlántico de Novela no 1998, Premio da Crítica en 1999 e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2000). Se ben a obra, segundo di o seu propio paratexto da contracapa (Ferrín 1999), “refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo”. O lugar que ocupaba XLMF no campo literario galego a esa altura outorgáballe unha autoridade tal para lograr recoñecemento. Probablemente non fose así no momento de publicarse Antón e os inocentes. Hai que entender que No ventre do silencio foi publicada na editorial Xerais e puido obter maior difusión que AI13, ademais de estar encadrada nun grande proxecto editorial que reunía as voces dun novo momento da narrativa galega. Probablemente vinculado este ao intento de conformación dun subcampo de gran produción galego que tería a narrativa como “xénero privilexiado” (González-Millán 1994: 161). No ventre do silencio atoparía o seu espazo entre unha fornada de novelas de novos escritores que asumen un maior grao de heteronomía con respecto ao campo do mercado. Porén, a heteronomía en relación ao campo de produción ideolóxica (agora tamén reformulado) non deixa de existir. En efecto, as posicións heterónomas que toman os narradores neste momento lévannos a abordar, de xeito intencionado, o subcampo da gran produción: En realidade o novo escritor non silencia a polémica nin descoida as esixencias da proxección colectiva da súa creación; as mesmas condicións nas que produce os seus textos, a imaxe social que posúe como escritor “en galego” e as cargas socioeconómicas que controlan os procesos de producción, distribución e consumo do discurso literario forzan ao escritor a tomar conciencia das leis do mercado e a reformular os termos do seu compromiso ideolóxico, agora moito menos monolítico pero non necesariamente máis difuso. Nin a ideoloxía do “esteticismo” nin a do “compromiso social” posúen a forza de lexitimación necesaria para desbancarse mutuamente; o que sucede é máis ben unha apropiación do “esteticismo” con fins de compromiso: escribir “ben” é a mellor aportación á reconstrucción da identidade nacional. (González-Millán 1994: 172) A consistencia como ciclo pechado destas dúas novelas e mais daquela da que só temos noticia polas afirmacións do autor demóstrase en contraposición ao resto de novelas ou pezas narrativas ferriniás. De feito, a única novela publicada entre Antón e os inocentes e No ventre do silencio (co escenario fixado na Compostela universitaria da década de 1950) é Bretaña, Esmeraldina (1987), de natureza moi semellante a estas, mais que retoma o universo particular de Tagen Ata e Terra Ancha. As outras pezas narrativas, como Amor de Artur (1982) e Arraianos (1991) regresan en maior ou menor grao aos presupostos cunqueirianos que se manifestaban en Percival. Poderiamos, entón, 13 Asemade, e xa emitindo un xuízo, No ventre do silencio é unha novela moito máis asequible para a lectura do grande público do que o é Antón e os inocentes, obra que opón unha resistencia máis grande ao lector. 13
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político encadrar a novela que nos ocupa nunha triloxía que trata de comprender a dialéctica de clases na Galicia de mediados do século XX, así como os diversos movementos emancipatorios xurdidos entón. Dentro da obra de Ferrín, que se desenvolve en espiral14, darémoslle a AI o rol de novela de primeira liña da loita literaria e política, de reivindicación dos valores independentistas de clase fronte aos do “nacionalismo patriótico gaseoso”15. Este foi o traballo que desenvolveron XLMF e os seus afíns en espazos como as Redes Escarlata no eido cultural e na Fronte Popular Galega. Na actualidade, Antón e os inocentes segue a ser unha novela practicamente descoñecida. Debullar o contido desta novela como proposta literaria é o que nos ocupará a continuación. 14 Esta idea desenvólvese nos traballos de Carmen Blanco (1994) e Anxo Angueira (2010). 15 Así descrito polo mesmo Ferrín nunha intervención pública en nome da FPG o 11 de maio de 2012, recollida en vídeo na plataforma Youtube: <https://youtu.be/La2HO9nCd5M?t=1h3m55s> [última consulta o 20/6/2018]. 14
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político 3. Unha lectura de Antón e os inocentes, novela proletaria Se xa se advertiu con anterioridade que escasean as reseñas críticas de Antón e os inocentes, a existencia de traballos académicos ao alcance centrados exclusivamente nesta novela é nula. Poderíalle corresponder ao presente estudo, entón, ofrecer un comentario clásico do texto narrativo, xa que, desde logo, a obra o merecería. Mais este non é o cometido da investigación, polo que, nas liñas que seguen, nos dedicaremos a realzar os puntos fortes da toma de posición que é AI. Con todo, si que existen traballos arredor da súa novela irmá, No ventre do silencio (a cal, como se dixo, correu mellor sorte no tocante á recepción e produción crítica) ou sobre a obra completa de Ferrín. Traballos como o de Salgado (2005a) ou Blanco (1993) serverannos no que segue. Neste primeiro, concretamente, conéctanse as dúas novelas. Salgado fai ver (2005a: 140) o foco que na narrativa ferriniá apunta, tan enfaticamente, a Otero Pedrayo, en especial nestas dúas pezas da triloxía coxa xa antes amentada, en que o intelectual do grupo Nós non é xa só referencia na escrita, senón que tamén aparece como personaxe literario. Se ben o seu nome se le abertamente en AI, en No ventre do silencio, unha adaptación da súa figura vén detrás do patriarcal Maître Obscur, personaxe da novela que facilmente nos fai crer que estea inspirado en Otero. A pista de Pedrayo é unha máxima que atravesa todo Antón e os inocentes, sen a cal non poderiamos entender a novela obxecto do noso estudo16. 3.1. Santiago de Compostela No capítulo quinto comeza un xiro da novela, tras unha primeira parte máis centrada nunha caracterización dos personaxes e o seu entorno, a voz narrativa lévanos á experiencia compostelá de 16 Sería imposible non pensar a grande influencia técnica (e non só) que supón para Antón e os inocentes a novela de Otero Os camiños da vida (1928). Proba disto é que longas pasaxes de análise da novela como a que fai Mariño (1990: 7-72) son extrapolables a unha pormenorizada análise técnica de AI. Por exemplo: “Está claro que nesta novela non temos nada do que alguén chamou “escrúpulos do narrador”, que non parece sentir pudor perspectivístico ningún á hora de acomete-la súa tarefa. Os poucos momentos en que deixa oír máis ou menos directamente a voz dos personaxes non abondan en absoluto para mina-la súa omnisciencia. Os diálogos son pouco frecuentes e ademais bastante breves. O estilo indirecto libre, que introduce o pensamento e a expresividade dos personaxes sen que o narrador abandone completamente a súa tutela é un recurso adoito utilizado”. (Mariño 1990: 30) 15
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Berto, ao momento en que chega á cidade universitaria e barroca. O impacto que recibe Berto ao descubrir o mundo universitario, no cal cambiará a carreira de Dereito pola de Filosofía e Letras vén narrado no seguinte texto (61-62)17: Sen amor esbaraba un día polas laxes molladas do claustro (...) cando unha figura maciza, abalante, enfundada nunha longa gabardina marrón, atravesoulle diante, atróuxoo na súa masa pedrenal, arrebatouno nos remuíños laberínticos do seu ar, e ao se decatar, estaba xa sentado no derradeiro banco da aula un, de Filosofía e Letras, circulando nas espirais acuáticas, amarrado o pescozo por longas herbas de lucidez ctónica, transitando en paraxes luares18 e planeando sobre os tellados do mundo, recoñecendo como achegados e familiares rostros históricos astra entón coriáceos, circulando (...) polas prazas da ciencia nunca vista, manxando épocas asociadas a prismas e luciñas aurorais arrebatadas á maciza prisión dos vicios académicos, e refrescándose a testa, de súpeto, nas soltas augas da máis vivaz, neta cultura. De xeito que ao abandonar a clase de Otero Pedrayo e saír á rúa nevada, percorrida dun ventete de cristal, Alberte, regresado da viaxe, recoñeceu dificilmente as pedras, feira, xente, como antes (...). Amou e desmontou os estercos cristiáns e tortuosos do barroco. Aquí é onde se evidencia a tradición á cal se quere inscribir AI, coa que dialoga. É a tradición do galeguismo do grupo Nós, cuxa capital intelectual e simbólica é Compostela. A Compostela teñen acceso Berto e Narda, mozos de extracción obreira e campesiña, procedentes do Vigo que Ferrín quere facer fundamental no discurso literario. Pois é que a cuestión do espazo ten moito que dicir en Antón e os inocentes. Fronte a un Santiago evocado dabondo pola nosa tradición intelectual, cuxo perfil é de cidade para a “contemplación da néboa” (62), universitaria, do patrimonio artístico relixioso e antiquísimo (“as fazulas de Daniel no Pórtico, cen mil ollos de servos, apegados ao torrón feudal, baixo a orgoleza das torres de El Señor”), cidade pechada en si mesma, “illó- Santiago”, oponse un Vigo obreiro, de “barrios vexetais (...) xofrenta estrada da cor do tempo (...) cos sopladores de vidro, ruinas de xente ida, e a agarda das eras novas”. A traslación a Vigo faise, en imaxe, polo simbólico do barroco. Quérese dicir con isto que Vigo tamén pode ser lida como unha cidade barrroca, do mesmo xeito que Compostela. A cita fai unha demostración case pictórica: Ao lonxe, por sóbor do muro da Estación, a ría esgazada en cachos escuros de choiva negra, precipitándose, tal un telón pesado, sóbor dos escurísimos verdes, e unhas gloriosas machadas de luz, campeando pola banda de Moaña, facían renacer a prata lúcida nas praias, estreitábanse, íanse, tragábaas o negror máis horrendo diste mundo (...). Como se a fugaz imaxe que o fascinara un intre, xusto o tempo de pararse o tranvía, co seu violentado dinamismo barroco, fora unha transmutación plástica tan fidel do seu claroescuro interior (...). (100) Así opera a dialéctica, unha lóxica que fai que os personaxes habiten uns ou outros espazos, movidos pola inocencia perdida. Diremos entón que a proposta de Ferrín é introducir Vigo e a súa composición proletaria como contrapeso a un Santiago suficientemente revindicado pola 17 A partir deste capítulo, en que as alusións á novela serán constantes, abreviaremos a cita para só ter que indicar as páxinas das cales se extrae o texto. Quede fixado así que sempre se fará referencia a Ferrín (1976 [1986]). 18 Cita ao inicio de Chus Pato, dun poema do libro Urania (1991). 16
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político intelectualidade galeguista, malia recoñecer, o de Vilanova dos Infantes, a súa débeda con Otero e os seus compañeiros de xeración. A Compostela que hai nesta peza literaria desenmascara un certo ambiente de illó, ou gorida. Podémolo ler moi claramente no relato que Ferrín titula “Episodio de caza”19, en Crónica de nós (1980), en sentenzas tales como as que califican o Santiago da intelectualidade universitaria como “coviña de mediocre espectador de actos alleos” (1980: 72). É, cando menos, unha idea contraditoria da cidade. Santiago como o lugar en que pode prender o lume da liberdade, onde unha sorte de paraíso intelectual é posible, mais que ao tempo fica illada do mundo, lugar de derrota, como expón o famoso poema “En Compostela pode un home...”, de Con pólvora e magnolias20. Nesta clave lemos a capital de Galicia (e tamén capital do galeguismo histórico) na obra de XLMF. 3.2. Vigo, eixo De aquí vén que lle deamos importancia agora á escolla de Vigo como escenario base de Antón e os inocentes, posición simbólica que encauza o novo relato nacional que propugna Ferrín, co proletariado como protagonista. Vigo, capital proletaria de Galicia, hase de converter en capital literaria nunha literatura galega coa clase obreira como personaxe principal. Recorremos a Carmen Blanco neste punto (1993: 15-16): Na creación ferriniana Vigo será referencia do mundo do mar e da urbe indusrial, simbiótica e proletaria ao longo de toda a súa traxectoria. E precisamente por esas mesmas características, a cidade tamén será símbolo dunha desexada liberación concebida en clave marxista, a partir dos anos setenta (...). Mais, aínda que conteña [Vigo] a semente do futuro, representa (...) a dureza dun presente necesario e ineludible que antecede ao novo tempo que ha vir. 19 Cabe dicir que este relato garda moita relación coa nosa triloxía e, probablemente, dea pista sobre o contido da novela inédita Os corvos. Fannos pensar nisto varios puntos comúns que atan o relato á Compostela de No ventre do silencio e Antón e os inocentes, como a referencia ao número 12 da rúa da Troia (Ferrín 1980: 66), o nomeamento de compañeiros de xeración como Queizán ou outros personaxes presentes como Paco del Riego, nuns mesmos anos de finais da década de 1950, un estilo narrativo semellante... Ademais de todo isto, sabendo que no relato se manexan nocións como a de inocencia ou toma de partido, a centralidade do episodio da guerrilla galega nos anos 1940 e 1950, coa aparición dos milicianos Foucellas, o Bolichero, Xan de Xenaro... (1980: 68), non podemos deixar de pensar na (pouquísima) información que temos sobre a novela inédita, como xa se falou: a dedicatoria inicial aos guerrilleiros galegos atopada polas forzas do réxime que acabou por detonar o encarceramento de Méndez Ferrín. En suma, Salgado (2005a: 127) xa especula coa posibilidade, fundada e lóxica, de que a acción de Os corvos, a fiueira e a fouce de ouro se desenvolva en tempos da posguerra. 20 “En Compostela estamos / moitos xa para sempre derrotados” (Méndez Ferrín 1976 [1989]: 56). 17
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político A cidade olívica é, sen dúbida, unha das apostas simbólicas máis fortes de Ferrín dentro do que é a súa toma de posición. En Vigo resúmese a Galicia que o ourensán quere reivindicar. Non é casual que o motivo escolleito para a cuberta da primeira edición de Antón e os inocentes sexa a bandeira viguesa, acompañada das siluetas dunha masa que ergue un fusil, unha bandeira (tanto vermella como negra21), unha gadaña e un rastrelo. Isto significa que a escolla de Vigo como escenario principal dunha novela á altura de 1976 resultou dalgunha maneira novidoso e salientable e / ou que a propia cidade foi entendida como o elemento máis característico da obra. Unha cidade que, como vimos na capa, é habitada por un suxeito protagonista na contemporaneidade, o proletariado, e que, como reivindicaba Ferrín no limiar, merecerá ser tamén o protagonista dos romances que escriban os escritores galegos contemporáneos. Esta clase social, en conflito coa súa clase antagónica, a burguesía, non poderá ser xamais inocente, e ese é o enfoque que hai na novela, xa non só no título, senón tamén nesta primeira cuberta, en que notamos o seguinte: primeiro, que o que se representa é unha colectividade e, segundo, que esta colectividade está movilizada, en loita, co fusil en alto, así como cos seus instrumentos de traballo (como puideran ser a fouce e o martelo). Quedarémonos con isto último: a gadaña e o rastrelo. Estas ferramentas non son as do proletariado, mais si as do campesiñado que se proletariza na cidade do sur. Pois é que Vigo funciona, na concepción de XLMF, como eixe ou punto de confluencia na Galicia contemporánea. As familias dos zapateiros de Vilanova dos Infantes (ou Vilar de Rei, noutras incursións literarias do autor), como é a familia de Narda, os campesiños da mesma vila, que veñen de “[a]ldeas, agros” (35), conflúen na concentración urbana con pescadores, como son os pais e avós de Berto, da Arousa, do mar enteiro, proletarizados. Isto, moi lonxe de ser anecdótico, significa un novelar o modo de vida dos protagonistas moi desemellante ao habitual nunha novela galega. A vida de Berto e Narda desenvólvese nos hoxe extintos tranvías de Vigo, nos barrios, coas folgas das factorías, como a da Álvarez (147), non de fondo, senón no primeiro plano. A cidade, nesta novela, é unha masa viva. Xunto cos seus habitantes é un personaxe máis, un protagonista. Imos ler directamente como Vigo e os seus movementos interactúan de forma activa con Berto na seguinte pasaxe: Baixo a choiva, os silicosos rodearan ao xerente. As obreiras berraran. Unha masa de roupa de traballo bafexara nubes grisallas, de disgracia. Alberte, dende o terrado, sentira os golpes, case os vira, case fixeran abalar os muros da súa casa. E o repregarse impotente dos traballadores. Naquel intre algo moi profundo conmoveu a Alberte, impeléndoo, facéndoo porse pálido, encirrándoo. E tamén algo duro agarrouno do pescozo, diulle labazadas e incendioulle as orellas, pinchándolle o corazón de pavura e de vergonza. Un profundo noxo fíxoo 21 Cores da bandeira anarquista. Francisco Fernández Rei (2008) falará da tradición anarcosindicalista que seguiron historicamente os mariñeiros arousáns. 18
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político saír da casa (...). O noxo (...) por veces aguillaba nil (...) e púñase a mirar as mil casiñas do val de Fragoso, co verdor e os piñeiros alternados. (147-148) Retomando a idea da cidade como punto de confluencia e unha vez comprobado sobre o texto o carácter activo da mesma, trataremos de ver como se constrúe en Antón e os inocentes unha rede de escenarios que dialogan, segundo diferentes lóxicas e xerarquías, entre eles. Xa adiantamos varias pistas a seguir. A primeira delas é a case dicotómica relación entre Santiago e Vigo. Non é casual que Narda vaia a Compostela buscando refuxio onda Berto cando decide fuxir da casa (200), tras a batalla librada aí contra Antón e súa nai, Candita. Xa arriba citamos a Blanco (1993: 16), quen acerta ao entender Vigo na obra de Ferrín como lugar de loita e contradición, escenarios onde non ten cabida a inocencia que nun comezo se lle podería presupoñer aos rapaces protagonistas. Tamén apuntamos que confluían nesta cidade Narda e Berto, o Ourense rural e a ría de Arousa, o agro e o mar, a tradicional dicotomía entre a Galicia mariñeira e a Galicia labrega. Atópanse en Vigo, como nunha dialéctica hegeliana, tese e antítese, a cidade olívica como síntese, superación da contradición. Pois o certo é que tanto mariñeiros como labregos galegos entran como proletarios na contemporaneidade latente da que quere dar conta a novela. Vigo é, no discurso de Méndez Ferrín, a superación definitiva do primeiro galeguismo do século XX, neste senso, xa que supón a asunción rotunda por parte do autor e os membros da súa xeración da incursión da perspectiva marxista, de clase, na nova maneira de entender Galicia. E isto tanto no discurso político (lembremos o nacemento da UPG na década de 1960) como no literario (non deixamos de ter en conta o contido do limiar). En Antón e os inocentes desenvólvese así unha complexa rede espacial que, dalgunha maneira, tende a internacionalizar a experiencia colectiva dos seus protagonistas, situando Galicia como escenario universal. As chaves desta expansión territorial no relato atenden ás condicións subalternas dos personaxes, que se ven obrigados a emigrar (a familia de Berto, que se establece no Cantábrico, ou o pai de Narda, que vai el só a Venezuela), a desprazarse, en definitiva, ao longo do planeta pola propia subsistencia (ao Grand Sole, todos os portos onde Berto ten parentes, a Francia e a Indochina onde Antón acaba...). Hai un xiro claro na intención de Ferrín. O pobo galego está no mundo e a súa reivindicación de liberdade non está atada a razóns estritamente territoriais, senón a cuestións de clase. Constrúese deste xeito unha nova cartografía que se trenza cunha outra posible historia de Galicia 19
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político onde o suxeito protagonista son as clases populares, creándose cronotopos acaídos a tal fin. O medio desta construción é a memoria. Mikhail Bakhtín introduce a noción de cronotopo22 contra finais da década de 1930. O teórico ruso, valéndose da teoría da relatividade de Einstein, deu en sinalar “la dependencia que existe entre las relaciones temporales y espaciales dentro de la obra literaria” (Platas, 2000: 184). A rede espacial da que vimos falando agocha, xa que logo, unha rede de cronotopos. a) Berto O primeiro exercicio de memoria do que podemos dar conta, polo peso que ten na novela, é o que desempeña Berto ao longo dos seus monólogos. Fronte ao Vigo no que vive xunta Narda na década de 1950, recreará a Arousa dos seus antergos en tempos da guerra da traíña23(20). O conflito pesqueiro ten un cariz inaugural da barbarie para Alberte, que busca detectar a orixe das inxustizas do mundo que descubrirá con Lionarda. Os pescadores do xeito, entre a última década do século XIX e os primeiros anos do XX víronse ameazados pola introdución da arte da traíña por parte dos fomentadores e dos industriais conserveiros cataláns. Esta nova modalidade de captura da traíña provocou a proletarización de grande parte dos pescadores tradicionais, que non podían competir contra unha arte que intensificaba a extracción de sardiña: O industrial precisou grandes capturas. Quíxoas, sen ter en conta danos, e proporcionoullas a traíña. Era unha embarcación, Narda, depredadora e seestra, de oito ou nove metros, coido eu, estreita, cuns vinte remos e o aparello gardado a popa. Fletáronse e armáronse unha nube delas e creouse un proletariado adicto, a base de manteren aos homes todo o ano con catro codias de pan e un mísero quiñón. Díronse cretos aos pequenos patróns para adequiriren traíñas e aparello, con contrato en termos leoninos de venda do peixe en esclusiva. (22). O cronotopo que está a manexar Berto na súa narración é o da nación subalterna obrigada a ter que loitar polo seu territorio ou ben a vivir fóra del. Así é como os escenarios do mesmo van mudar, como iremos vendo. Tanto pode ser o escenario o País Vasco como o Grand Sole, ou calquera outro punto xeográfico, mais o cronotopo é o mesmo. Dun xeito semellante acontecerá co discurso de Narda. Como diciamos, este cronotopo eríxese como punto de partida dunha Historia entendida por 22 Para afondar na idea de “cronotopo” váiase ao Dicionario de Termos Literarios do Centro Ramón Piñeiro, na entrada do mesmo nome: <http://www.cirp.gal/pls/bal2/f? p=106:2:9613249191291546410::NO:2:P2_TERMO:cronotopo> [última consulta o 22/05/2018]. 23 Moi pouco hai escrito sobre este episodio da Historia de Galicia. A referencia fundamental é o traballo de Giráldez Rivero (1996), que atende á transformación das artes de pesca da sardiña nun dos seus capítulos, sen introducir ningunha perspectiva de clase e valorando positivamente, ao contrario do que se fai en Antón e os inocentes, a introdución da traíña na costa galega. 20
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Berto desde unha perspectiva que situaría este novo proletariado galego (mariñeiro, no caso) como suxeito protagonista: Narda, amiga. Non sei, pero coido que a culpa non é cousa de hoxe. Non é de agora. Todo o que ocurriu ten raigañas, coma o arcolito, moi longas. Non che sei, non podo aínda ter todos os datos. Éche coma unha investigación histórica, ou detectivesca, non sei. Culpa de quén? De todo, Narda. Dunha malla, embeleño de feitos, pezas, artefactos, merda. Non podemos andar sen batermos contra paredes de pedra de grá, nen correr sen perdérmonos en silveiras, en aramios de espiño. Temos, Narda, regulado o espacio, e mans invisíbeis determinan os nosos acenos, como no guiñol do Barriga Verde. Cecáis, amiga, a culpa está no mar. (...) Aínda que non no de Vigo (...). (19) Ou: Dígoche, Narda, que todo escomenzou, entón, tantos anos atrás, naquil relanzo do tempo. Coa morte do mar, Narda. Do que fora cáliz de vida, mestura, interminábel abarrote de materia e movemento. Quixo máis o capitalista, pediu máis. E apareceu a dinamita, non se sabe como, abordo. Ceibaban os cartuchos, ao trazar o cerco, e a onda espansiva detiña a fuxida da sardiña espaventada polos remos, sacrificando a mor parte da manada que afondaba desfeita e morría inutilmente, ao tempo que as superviventes, apampanadas, deixábanse rodear e pescar sen intentar a fuxida. Entendido, acabaron coa pesca. Aquela xente, entendido, Narda. Foi o principio de todo. Da guerra da traíña e máis de todo. Entendes, Narda. (23) A maneira en que o rapaz se achega ao conflito non pode ser outra que o seu propio exercicio de memoria. Ao longo de toda a novela, Berto fará referencia á súa estirpe, ao seu clan, á súa xente. Por iso ten memoria, aínda que non vivise os feitos que narra como se efectivamente estivese aí, porque pervive no seu grupo, á marxe da historiografía oficial. O feito é que Ferrín rescata este episodio totalmente desatendido xa non só pola literatura, senón tamén pola mitoloxía nacionalista galega, tratando de mostrar a súa importancia no novo relato nacional que pretende construír nesta toma de posición. Nin máis nin menos que a chegada e instalación do capitalismo e a contradición e loita entre clases inherente a el en Galicia. Sería a primeira ocasión en que, ao longo das Rías Baixas, puideron presenciarse longas folgas, lockouts, manifestacións masivas e enfrontamentos violentos. Os matices do conflito, co papel activo da burguesía catalana como explotadora lévanos á idea de Galicia como colonia, que xa se manexaba na década de 1970 por parte do galeguismo marxista24. Visto desta maneira entendemos como é que para Berto aquí se sitúan as “raíces de arcolito” das grandes contradicións ás que se abeiran Narda e mais el. Exercendo a memoria, que é colectiva, os inocentes (tal é como veñen contidos no título Lionarda Míguez e Alberte) iranse percatando de que no conflito non hai outra forma posible que a de tomar partido, deixando de selo25. 24 “[L]oitar contra da domiñación e opresión colonial do noso pobo”. Nestes termos se expresaría a UPG en agosto de 1975, no editorial do número 31 do voceiro Terra e Tempo. 25 Vólvase pensar na idea do observador pasivo desenvolvida no relato “Episodio de caza”. 21
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Os subalternos, a caste á que pertencen Berto e Narda, perden no conflito de clase. Dete xeito é que lemos: “Así, cómo foi, cómo non foi, perdemos, perderon. Non me digas. Pero os de abaixo, adoito, perden. (...) A fame, a fame negra, coma un vento podre (...), paralizou o mundo. E tras a fuxida do peixe, a Arousa levou áncoras, veu a diáspora dos homes. Dos meus, Narda” (50). O cronotopo neste punto é outro, que se sitúa na emigración en Euskadi dos mariñeiros arousáns derrotados, mais é salientable que o cambio de escenario xeográfico parece case non afectar á nación dos galegos emigrados. A miña familia, sabes, Narda, como outras moitas, vista a situación, abandonou a ría de Arousa e estabeleceuse na parte de Trintxerpe, en Pasajes de San Pedro, zona que axiña dominaron e galeguizaron . Un curioso proceso de colonización tivo lugar cando as xentes de nós se constituíron en ruas e prazas, sen se asimilar andexamáis a Euskadi, pero mantendo unhas curiosísimas relacións recíprocas de simpatía co pobo vasco circundante (...). Os nosos , orientándose á pesca de altura, esplorando as praias célticas de Grand Sole (...). Unha nova solidariedade, a proletaria, foi coñecida polas mulleres galegas, que abrían tendas, casas de comidas, para axudaren ao xornal do home, polos homes e mulleres que comezaban a rebasar o ghetto de Trintxerpe e a camiñar sen medo polo medio e medio de San Sebastián, contemplando xa con desafío as grandes casas dos burgueses e dos príncipes. (66-67). Falamos, entón, dunha prolongación da patria asentada noutros puntos xeográficos e baseada na noción do internacionalismo proletario, aspecto que agroma da práctica totalidade das pasaxes de Antón e os inocentes, de seu, novela internacionalista. O nexo de unión é o mar26. O mar e a familia. Lenin (2012 [1917]: 46) escollía con atino unha cita de Engels que sinalaba a pouca naturalidade do modelo de organización territorial das sociedades (pois este é propio do Estado, que agrupa aos seus súbditos so divisións territoriais), que se establecen por vínculos de “gens” ou tribo. Esta é a chave pola cal Berto insiste na caste, no clan, na familia, que se reúne sempre arredor do mar, que se expande por todo o planeta. E os problemas seguen a ser os mesmos para os subalternos na sociedade de clases, sexa onde sexa, por iso accedemos a ler, de Alberte, outro episodio máis de memoria familiar, de grupo, en que uns enfrontamentos contra a policía no País Vasco rematan cunha resposta violenta por parte das forzas da República en forma de disparos que matan, polo menos, a un dos manifestantes galegos. Un cabo da Guardia Civil revólvese en torno seu, coma unha pioneta; morre a rolos pola calzada. O difunto de Miraflores queda vingado. Pero o exército ocupa os bairros obreiros, ocupa Trintxerpe. Plántanse os soldados fronte a cada casa, co fusil montado. Ao despertaren os meus do soño, había cincoenta homes, ou máis, 26 “O mar é voso. / É voso enteiro, todo sin lindeiros. (...) Sen valados é o mar. / O mar é de todos”. Así se expresaría Heriberto Bens no poema “Aos líderes mariñeiros que fuxiron na dorna e morreron no mar, lonxe do terror” (Méndez Ferrín 1980 [1999]: 111-112). 22
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político tanxible. Como inocentes que deixan de selo, Berto e Narda, vense atraídos cada vez máis polo conflitivo, pola contradición. Aparece, así, cada vez con máis forza, na súa interacción, o nome de Antón Carballo, curmán de Narda, figura misteriosa que representa todo o contrario á inocencia. Cando o aventureiro está, finalmente de xeito presencial, físico, real, na casa da rapaza, polo Nadal, trata de violar a Narda. O episodio, xa como clímax da acción de toda a obra é unha precipitación tráxica dos acontecementos e da propia dinámica de AI. Tras o perigo, Lionarda descobre que Candita tampouco non é inocente, por deitarse co seu propio curmán en ausencia do marido emigrado. Mais isto sérvelle a Narda de aprendizaxe arredor da moral, imposible de aplicar nunha análise dialéctica como a que se vai conformando na novela e no pensamento dos personaxes. O que aprendemos da cuestión da inocencia ou culpabilidade vén sendo isto. Esta é a revelación da rapaza e a posterior comprensión de Berto, quen di non sentir odio cara a Antón polo sucedido, mais si entender a aberración. Narda confesaríalle que ela tamén era culpable do acontecido: “Desexei ser atacada, violentada, e loitar. Coma unha aventura” (208). Definitivamente, os protagonistas asumen a súa non inocencia e, probablemente, a fin do seu percorrido xuntos. d) Antón Pouco nos imos deter na figura de Antón Carballo, curmán da nai de Narda, quen está a participar, ao longo da novela, na batalla de Dien-Bien-Phu, nunha guerra colonial, por parte do exército francés. O de Toniño, quen como personaxe dispón para sí só dun espazo propio na novela, só centrado na súa aventura, é un outro cronotopo que tece a rede espacial de Antón e os inocentes. Pola información pouco clara que se dá del sabemos que é un desertor do exército franquista que acaba enlistado nas filas francesas e loitando contra o Viet Mihn na guerra da Indochina. A súa historia é a do personaxe individual, que en condicións de guerra, dunha guerra que non lle pertence34, só mira pola súa propia supervivencia. Nun traballo máis estenso e con máis aspectos a tocar sobre a novela deberiámonos deter nel, dado o rol crucial que desempeña tanto para cohesionar a obra como para dar un sentido interpretativo máis completo. O único que nos interesa 34 A linguaxe manifestada nas partes da novela en que se conta a historia de Antón mostra reminiscencias coa correspondencia mantida entre Manuel Antonio e Rafael Dieste (Axeitos 2012). En termos moi semellantes aos que se expresa a voz narradora en tanto a estilo e vocabulario, Manuel Antonio trataba de convencer a Dieste para que desertase do exército español na guerra de Marrocos. Non é este o traballo en que nos poidamos deter en especulacións arredor de se Ferrín puidese ter lidas esas cartas antes ou durante o proceso de escrita de Antón e os inocentes, mais esta cuestión é interesante dabondo para, cando menos, mencionala aquí en vista de posibles investigacións futuras. 29
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político del aquí é que a súa figura funciona como paradigma, dentro do libro, da non inocencia, da culpa e incluso, por veces da maldade (a escena do lagarto que podemos ler nas páxinas 63-66 ás que xa se referiu Salgado (2005: 135) como unha sorte de xermolo do fascismo). 3.3. Suxeito político / suxeito literario A clase traballadora, como xa vimos mostrando ao longo de toda a exposición, constitúese a modo de protagonista “de fondo” de Antón e os inocentes. Para Marx e Engels (1848 [2011]: 57-66), o proletariado35 é o suxeito colectivo36 sobre o que se sustenta o sistema capitalista, xa que é a clase que produce a riqueza á vez que se vai empobrecendo. É a propiedade privada a que separa as persoas en clases sociais. Por iso Berto, á luz deste marxismo ortodoxo, sitúa o inicio do seu relato na guerra da traíña, instante histórico en que o sistema tradicional precapitalista de pesca se ve corrompido pola introdución, por parte dunha burguesía foránea, dunha nova arte de pesca. A chegada da traíña supón a derrota dos xeiteiros, que non poden competir contra unha arte que extrae maior cantidade de peixe con menos esforzo. Os pescadores tradicionais, carentes de recursos económicos, tampouco non podían adquirir traíñas para saír ao mar pola súa propia conta, polo que se viron obrigados a converterse en tripulantes asalariados das novas embarcacións (Giráldez 1996: 227), empobrecéndose37 e téndose que enfrontar aos seus propios veciños por competición por unhas mellores condicións de vida. “Foi o principio de todo” (23). Así é, o inicio é simbólico e marca de xeito claro quen son os protagonista desa historia que comeza coa guerra da traíña, o novo suxeito colectivo que a consecuencia dela se crea, no que xa estaban antes as mulleres das fábricas de conserva. Dito doutro xeito, Berto fala do inicio porque é nese punto simbólico onde el sitúa o nacemento, a constitución dese suxeito colectivo do que trazará unha breve historia. 35 “Amigos de ferro e dinamita” para Méndez Ferrín en Con pólvora e magnolias (1976 [1989]: 70-71). 36 “Los sujetos colectivos, integrados por individuos bajo la significación establecida, son siempre aquellas fuerzas sociales que determinan en gran medida la configuración de una sociedad dada, de sus relaciones, de sus instituciones. Estas fuerzas son el producto del reagrupamiento de individuoas a partir de unos intereses y motivos comunes que pueden ser de diversa índole”.Ou:“Cuando nos referimos al sujeto colectivo lo hacemos en un nivel “sociológico”, esto es, comprendemos, como lo hiciera Marx, que el individuo está impregnado por las condiciones sociales de su existencia concreta, a tal punto que si acción sobre sí y su entorno, su conversión en sujeto, sólo es posible mediante la acción colectiva”. Seoane (2000: 28-29). 37 “En la misma medida en que se desarrolla (...) el capital, se desarrolla el proletariado, que viven tan sólo si encuentran trabajo, y que solamente lo encuentran si su trabajo aumenta el capital” (Marx / Engels 1848 [2011]: 58). 30
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político É salientable que, nas poucas mencións que se fan a Antón e os inocentes en estudos de temas máis xerais, un aspecto sempre comentado é a pouca acción que se contén no relato. Na Historia da Literatura Galega da AS-PG, na súa versión en rede, lemos que “[c]omo novela, Antón... é bastante inusual: a linguaxe e o estilo non están postos ao servicio do avance da historia” (AS-PG). Atopamos tamén nun traballo de Ricardo Landeira que “Antón e os inocentes es una novela concebida casi exclusivamente como narración, sin acción ni apenas descripción de ninguna clase” (1991: 364). O certo é que os esforzos narrativos se centran nun contido moito máis histórico que novelístico (digámolo así), dando este resultado. O obxectivo disto é o de perfilar unha identidade completa do proletariado como protagonista. Unha identidade literaria da que antes non gozaban as clases subalternas dun xeito tan pormenorizado na tradición galega. E é por iso polo que longas pasaxes da novela, en estilo, se asemellan máis ao que podería ser un texto ensaístico, con estensos parágrafos explicativos que beben da socioloxía, da historia ou mesmo da filosofía. Deste xeito, a mirada constante sobre as clases populares, a súa forma de vivir (e as razóns materiais que provocan este modo de vida) fai que estas sexan donas da razón de existencia deste libro. Antón e os inocentes escríbese non co proletariado como obxecto, senón como suxeito, porque o universo que na novela se plasma está visto unicamente desde a óptica do subalterno. Neste senso, o proletariado é, aos ollos da tradición política marxista e independentista á que se vencella Méndez Ferrín, o suxeito colectivo sobre quen recae a tarefa de facer xirar a roda da Historia no plano universal, mais tamén no eido nacional galego. Así, o proletariado en AI é suxeito político central da Galicia que revindica Ferrín: Na súa teoría política (...) pódese observar a permanente crítica realizada polo autor nos anos setenta e oitenta (...) por manteren na práctica o labrego coma suxeito político motriz e depositario das esencias nacionais. Nesta visión socio-política de Méndez Ferrín impera unha radiografía da sociedade galega na que os labregos e pescantíns non son, contrariamente á análise canónica do campo político galego, o último escalafón social (hai un proletariado agrícola e mariñeiro), nin moito menos, como posuidores e donos no seu caso, a base social sustentadora da mobilización revolucionaria. (Angueira 2016: 135). Malia isto, ponse de manifesto en boca de Berto que ningunha liberación do proletariado, ningún progreso na Historia virá caído do ceo. Por esta razón, a intención política da novela é a de retratar unha clase obreira consciente da súa implicación no conflito de clases, que non é perfecta porque loita e asume contradicións: “Eu coido que o home imperfecto, se ensoña na perfección total (en troques dunha total ximnástica de zona), inmovilízase38. Non achas ti, Narda? Non se pode ser anxo, 38 Lonxe de buscar esa idealización do proletariado que sería obreirismo, Ferrín é consciente na súa novela de que a 31
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político de momento. Hai que proceder por elementos, con arreglo á razón, e non á actividade épico-lírica” (68). Por iso Antón, do que ben pouco se falou aquí, é esa sorte de personaxe que encarna a corrupción, a culpa, mais que segue a ser clase subalterna, así é que Berto, malia sentir a necesidade de destruílo, pensa que é inútil odialo (206). Como o seu propio pai, que está en prisión por tomar partido no conflito patronal matando a un superior. A clase obreira non será xamais inocente na novela, polo que se salienta a súa capacidade organizativa e de unidade. No relato de Berto, triunfal en certo punto, sinálase a tradición sindical de orientación libertaria do proletariado mariñeiro: Unha raiba vella, resesa, de atrás. E ao tempo un anceio de libertade, concordia e reparto. Unha raiba vella e reseca, procedente, sen se saber, dos antergos tempos da guerra da traíña, concéntranse no mariñeiro galego facéndoo entusiasta adherente, fundamentalmente, do anarco-sindicalismo utópico da CNT. (67). Tamén os obreiros de Vigo se organizan e emprenden accións de loita, como lemos na escena xa anteriormente comentada da folga en Álvarez. Pola contra, hai un proletariado (non concretamente asalariados, mais proletariado en definitiva) que non é consciente da súa condición, que non logra organizarse. Segundo Marx e Engels, as clases intermedias acábanse convertendo en proletariado (1848 [2011]: 60)39. Deste caso fala Narda, por ser o caso do seu pai e os seus tíos, os zapateiros de Vilanova dos Infantes: Ti falas ben se eles habían de facer unha cooperativa para saír aos mercados modernos, competir, fuxir da feira. Pois non, nen souperon nen ninguén os almou. Envolvéronse en si, recolleron os cornos, o corpo, coma lesmias, non falaron. Nen che se consultaron, nen mesmo nas familias, de cur a cur, de xenro a sogro, de fillo a pai. (56). Como xa vimos, tras a emigración, Felisindo volve e instálase coa súa familia en Vigo para pasar a ser proletariado urbano. Non se nos di na novela se acabará organizándose na loita obreira. Polo outro lado, o proletariado, en Antón e os inocentes será tamén suxeito literario. Isto é así clase subalterna vai encamiñada cara á súa propia autodestrución, na que se abriría paso a sociedade sen clases. Do mesmo xeito, a relación entre os dous rapaces queda practicamente rota no final da novela, xa que Narda e Berto deixan xa de lado a inocencia e autodestrúense como parella. 39 Di así literalmente: “Las clases intermedias hasta ahora existentes, pequeños industriales, comerciantes y rentistas, artesanos y campesinos, todas estas clases caen en el proletariado, ya sea debido a que su pequeño capital no basta para lanzarse a la gran empresa y sucumbe en la competencia con los capitalistas mayores, ya sea debido a que su habilidad ha quedado devaluada por nuevos métodos de producción. De manera que el proletariado se recluta de todas las clases de la población”. 32
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político porque, como clase protagonista da novela, clase que achega o seu punto de vista particular da realidade, está operando literariamente. É dicir, a poética desta novela de Xosé Luís Méndez Ferrín apóstao todo á ruptura co discurso tradicional na literatura galega, facendo efectiva a incursión do proletariado nas súas páxinas, propoñendo non só unha novela que retrate a clase proletaria, senón que o que temos nas nosas mans é unha novela que aplica o discurso obreiro. Así é que hai un peso tan grande da memoria como reconstrución da Historia, o sentido de clan, o humor (cunha presenza moi marcada na novela), as alusións á cultura de masas, a comprensión das contradicións, a necesidade real (e non só estética) de mudar o mundo... Por iso non interesan tanto as peripecias persoais e individuais dos protagonistas e si que interesan, pola contra, os feitos colectivos, da masa social, o internacionalismo. E de aí a preferencia de XLMF polo discurso analítico, histórico, esclarecedor, mais nunca deixando de lado a posibilidade do lírico, nin mesmo do fantástico. Aquí se manifesta a poética proposta por Ferrín para os “romances navais ou tocantes ao mundo do traballo” (10-11). 33
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político 4. Conclusións e peche Tentáronse desenvolver, ao longo deste traballo, os temas máis salientables de Antón e os inocentes, que a converten, ao noso ver, nunha novela a ter en conta á hora de botarmos a vista cara a atrás e interpretarmos a tradición literaria galega. A saber, estes, xirando arredor da idea do proletariado como eixo central, tratan de construír un exemplo de literatura progresista; non como categorización xenérica, senón como literatura que toma partido no progreso social. Literatura que ten o ollo posto no futuro, implicándose no progreso da sociedade. Esta idea da literatura implicada vai máis alá do contido, e sobre isto sería moi interesante poder ampliar a investigación nun futuro, centrándonos con vagar na figura do escritor engagé (que xa se tocou aquí dun xeito superficial). A implicación, como entende Ferrín, é incompatible coa inocencia. Isto teno claro quen escribe Antón e os inocentes desde a cadea a causa da súa implicación política antifranquista. Notamos, efectivamente, na novela, unha marca da situación en que foi escrita. Hai unha concepción da belixerancia moi achegada á idea de Mao Tse Tung, tratada desde a guerra da traíña: En la sociedad de clases, las revoluciones y las guerras revolucionarias son inevitables; sin ellas, es imposible realizar saltos en el desarrollo social y derrocar a las clases dominantes reaccionarias, y, por lo tanto, es imposible que el pueblo conquiste el poder. (1964 [1967]: 45). Ou ben tratada a partir da experiencia bélica de Antón na guerra colonial da Indochina, que, aínda que non nos detivemos nestre traballo sobre esta, actúa no libro como detonante dun debate interesante en contrapunto con esta outra cita de Mao: La historia demuestra que las guerras se dividen en dos clases: las justas y las injustas. Todas las guerras progresistas son justas, y todas las que impiden el progreso son injustas. Los comunistas nos oponemos a todas las guerras injustas, que impiden el progreso, pero no estamos en contra de las guerras justas, progresistas. Los comunistas, lejos de oponernos a estas últimas, participamos activamente en ellas. En cuanto a las guerras injustas, la Primera Guerra Mundial es un caso en que ambos bandos pelearon por intereses imperialistas; por lo tanto, los comunistas del mundo entero se opusieron resueltamente a ella. La forma de combatir una guerra de este tipo es hacer cuanto se pueda por prevenirla antes de que estalle y, si llega a estallar, oponer la guerra a la guerra, oponer la guerra justa a la guerra injusta, siempre que ello sea posible. (Mao Tse Tung 1964 [1967] : 45). Levado isto ao plano da literatura, poderiamos concluír que Antón e os inocentes foi concebida por 34
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Méndez Ferrín como unha novela de primeira liña, ou isto foi o que se pretendeu demostrar, seguindo a pista da clave bélica en que foi escrito o limiar ás edicións posteriores a 1976. Atravesouse tamén no presente traballo a cuestión da Historia e / ou memoria, moi ligada á dimensión espacial dentro da novela. Desde logo, hai unha inención de poñer sobre a mesa episodios históricos que pouco ou nada foran antes tratados na literatura galega. A aposta de Ferrín é a de crear un outro relato para a sociedade galega, e xa por este motivo, polo sorprendente e a novidade dos fitos históricos escollidos, merecería Antón e os inocentes recibir unha atención que nunca tivo máis alá do tratamento da novela como anecdótica. O que non se le en ningunha das poucas referencias á nosa novela nos manuais de literatura ou traballos académicos que a mencionan é un razoamento do por que de apareceren a guerra da traíña ou a batalla de Dien-Bien- Phu. Como novela progresista, AI mira cara ao pasado para extraer del a chave coa que interpretar o futuro. É con esta ideoloxía materialista como a novela trata de fuxir de tratamentos ou ben nostálxicos ou ben vitimistas e derrotistas do pasado, aínda que é certo que puidemos ver de fondo na nosa lectura que existe unha certa exploración das nostalxias por parte de Berto e Narda, aínda que todo iso serva para romper, co xiro argumental da historia, toda idealización. Esta é unha das novidades que atopamos en Antón e os inocentes con respecto a toda a literatura sobre a Guerra Civil. Como se puido ver, o conflito está no fondo de todo o libro, pero practicamente non se fai un tratamento literario do mesmo como tal, senón que pode entreverse a través de certas fendas que aparecen na novela, das que xa falamos. Estas fendas converten a Guerra Civil nun burato misterioso que a debuxa en negativo. Probablemente esta sexa a experiencia de XLMF, nacido após o golpe de estado de 1936, polo que non viviu a inmediata represión fascista (aínda que si, polo que se sabe, chegou a coincidir coa loita guerrilleira, aínda activa no seu Ourense natal). Ferrín non podería escribir unha novela desde a experiencia persoal da guerra, como así o fixeron autores como Silvio Santiago ou Antón Alonso Ríos (Vilavedra 2011: 68). É XLMF, polo tanto, o primeiro autor que non viviu a Guerra Civil que toma o conflito como obxecto dunha súa obra, máis de dez anos antes de que Carlos Casares publicase Os mortos daquel verán (1987), que é onde pon o punto de inicio Vilavedra (2011: 69). Se ben é certo que en ningún momento a Guerra Civil é escenario en Antón e os inocentes, a consciencia tácita do acontecido atravesa a novela, como asumindo e aplicando ao seu caso a famosa máxima de Adorno: que sería un acto de barbarie escribir poesía despois de Auschwitz. Ninguén dubidaría de que as fendas nos lenzos de Lucio 35
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político Fontana son as protagonistas do cadro, malia seren estes ausencia total de materialidade. Outra cuestión da que somos conscientes é que cabería a posibilidade dunha lectura da guerra da Indochina (á que aquí non lle prestamos moita atención) como un trasunto da Guerra Civil: a guerra da Indochina é todas as guerras, en definitiva, e unha delas pode ser a Guerra Civil, a cal non sería nada doado mencionar dese xeito no momento en que AI foi escrita. Isto é un asunto máis a ser investigado e discutido; cando menos a novela podería permitir lecturas múltiples sobre a batalla de Dien-Bien-Phu. A hipótese é posible. Quedaríanos, entón, e sempre desde a perspectiva proletaria que deixa clara a novela, un camiño aberto para a investigación en materia de memoria da Guerra Civil na literatura galega, así como un bastísimo territorio ermo para pensarmos os procedementos estéticos que poidan facer ou non Antón e os inocentes unha novela sobre a Guerra Civil. Xa se explicou no seu momento por que se decidiu non levar adiante unha análise literaria clásica de Antón e os inocentes. Como consecuencia disto, non foi posible afondar nesta análise estética que vimos dicindo e que podería resultar verdadeiramente produtiva e interesante, a cal, de seguro, demostraría aínda máis o valor da novela de Ferrín. As escollas lingüísticas, o estilo da narración, as innovadoras intervencións de Berto e Narda, que nos lembran tanto ao monólogo teatral como ao xénero epistolar (practicado dabondo na traxectoria narrativa de Ferrín, se nos lembramos, por exemplo de relatos como “Dúas cartas a Lou” ou mesmo da novela Bretaña, Esmeraldina), a construción da imaxe e do espazo, o simbolismo do mar, a referencia cultural, as posibles problemáticas que presentaría a novela de cara a traducións a outras linguas... son novos espazos de investigación que nos pode abrir unha aproximación estética a Antón e os inocentes. Como tamén son posibles investigacións arredor da cuestión do feminismo, que vén proposta no libro, aínda que desde unha visión moi rudimentaria (e desde o punto de vista dun home, non o podemos esquecer): o abuso de poder nesta novela está tamén moi ligado ao abuso de xénero. Nótese que a experiencia corporal de Narda ten moito que dicirnos ao longo de Antón e os inocentes. É un relato que se tenta construír desde o corpo feminino. Esta última cuestión merecería ser tratada ou, cando menos sería precisa unha crítica á novela desde unha óptica feminina que quen escribe este traballo, por razóns obvias, non tería lexitimidade para achegar. Como peche, o que nos pode quedar claro tras este humilde estudo sobre Antón e os inocentes é que esta novela merecería ser rescatada do seu esquecemento para comprender mellor, no seo da literatura, mais tamén a nivel social e político, unha perspectiva interesante sobre temas cruciais que 36
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político aínda hoxe atravesan a sociedade galega. No presente traballo decidiuse afondar sobre a cuestión do proletariado como suxeito literario e político, seguindo a liña iniciada a xeito panorámico por Angueira (2016). Mais quedou claro que hai moitos outros asuntos de interese máis en Antón e os inocentes. É tarefa de quen se encarga de estudar a literatura galega volver pensar un lugar para esta obra de Ferrín dentro da historia literaria. Depende disto que as reflexións de Lionarda e Alberte teñan outra oportunidade para chegar á sociedade e renovar a conciencia de clase nuns tempos como os de hoxe, que corren coa necesidade, ao noso parecer, de reatoparse con debates que xamais deberon ser esquecidos. 37
Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e político BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA Angueira, Anxo (2010): A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego. Vigo: Xerais. – (2016): “Do pobo traballador ó proletariado. Suxeito literario e suxeito político na literatura galega contemporánea” en Bolxeviques 1917-2017, Teresa Moure (coordinadora). Vigo: Xerais, 129-136. AS-PG: Historia da Literatura Galega. <http://literaturagalega.as-pg.gal/index.html>. Consultado o 28/05/2018. Axeitos, Xosé Luís (editor) (2012): Manuel Antonio. Obra completa. Vol. III: Epistolario. A Coruña: Real Academia Galega / Fundación Barrié. Casares, Carlos (2017): A ledicia de ler. Vigo: Galaxia. Casas, Arturo (2011): “Antón Figueroa: Ideoloxía e autonomía no campo literario galego” en A trabe de ouro, Tomo IV, ano 2011, nº88 (outubro, novembro e decembro), 601-611. Cervantes (de), Miguel (1605 [1971]): Don Quijote de la Mancha. Texto y notas de Martín de Riquer de la Real Academia. Vol. I. Barcelona: Juventud. Bakhtín, Mikhail (1975): “La palabra en la novela”. En Mikhail Bakhtín Teoría y estética de la novela [tradución do ruso de Helena S. Kriúkova e Vicente Cazcarra. Título orixinal Художественная литература ]. Madrid: Taurus, 77-236. –(1982 [1992]): “Autor y personaje en la actividad estética”. En Mikhail Bakhtín Estética de la creación verbal [título orixinal Эстетика словесного творчества]. Madrid: Siglo Veintiuno,13-190 Blanco, Carmen (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1993, 11-45. 38