scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución Reitoral do 11-04-2018 pola que se autoriza con carácter provisorio, a adxudicación de determinados contratos por procedemento negociado sen publicidade

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE AUTORIZA CON CARÁCTER PROVISORIO, A ADXUDICACIÓN DE DETERMINADOS CONTRATOS POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE Con data 4 de abril de 2018, elevouse á Junta Consultiva de Contratación Pública del Estado unha consulta solicitando aclaración e interpretación adecuada dos preceptos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), relacionados coa adxudicación de determinados contratos de subministración polas universidades públicas e coa aplicación da dita norma aos negocios e contratos excluídos no ámbito da investigación, o desenvolvemento e a innovación, trala entrada en vigor da Lei. Mentres dito órgano consultivo non se pronuncie sobre a aplicabilidade xeral ás universidades públicas do suposto específico de utilización do procedemento negociado sen publicidade previsto no artigo 168 c, apartado 1º, da LCSP*, en resposta á dita consulta, e vista a proposta elevada pola Mesa de contratación da USC con data 3 de abril de 2018, relativa á autorización provisoria para a adxudicación de determinados contratos por procedemento negociado sen publicidade. O reitor RESOLVE: Primeiro.- Autorizar, con carácter transitorio, a aplicación do procedemento negociado sen publicidade baseado no establecido no artigo 168 c, apartado 1º, da LCSP, ás seguintes adquisicións: • As de equipamento singular, de reactivos e, en xeral, de material funxible para o seu uso en instalacións de investigación, sempre que se trate de gastos realizados con cargo a partidas orzamentarias soporte de actividades de docencia ou investigación. • As de fondos bibliográficos destinados á investigación, a experimentación, o estudo e a innovación, tales como edicións críticas, manuais, estudos, anuarios, ensaios, recompilacións, actas de congresos, revistas científicas, textos legais comentados, e outros de natureza análoga. Segundo.- Para poder aplicar o procedemento negociado sen publicidade baseado neste suposto, o director do centro de gasto propoñente do contrato deberá solicitalo formalmente á Mesa de contratación, achegando, xunto co anexo de especificacións do contrato e do prego de prescricións técnicas particulares, un informe debidamente razoado, xustificativo das causas nas que basee a solicitude. Terceiro.- Sempre e cando sexa posible, deberá existir negociación cos licitadores capacitados tecnicamente para a execución do contrato. A Mesa de contratación, ou no seu defecto o órgano de contratación, garantirán que esa negociación se produce efectivamente. O reitor Juan M. Viaño Rey * Dito precepto establece que poderá aplicarse este procedemento: “cando os produtos se fabriquen exclusivamente para fins de investigación, experimentación, estudo ou desenvolvemento; esta condición non se aplica á produción en serie destinada a establecer a viabilidade comercial do produto ou a recuperar os custos de investigación e desenvolvemento”. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7EBD-B9BA-4BEC-B405 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7EBD-B9BA-4BEC-B405 1 / 2 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: JUAN MANUEL VIAÑO REY, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11/04/2018 21:04:14. CSV: 7EBD-B9BA-4BEC-B405 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/7EBD-B9BA-4BEC-B405 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 7EBD-B9BA-4BEC-B405 2 / 2