Resolución reitoral do 25-09-2024 pola que se modifica a Resolución reitoral pola que se regula o procedemento de declaración de equivalencia a nivel académico de doutor/a na universidade de Santiago de Compostela
Full text
RESOLUCIÓN REITORAL DO 25 DE SETEMBRO DE 2024 POLA QUE SE MODIFICA A RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE DECLARACIÓN DE EQUIVALENCIA A NIVEL ACADÉMICO DE DOUTOR/A NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O Acordo do Consello de Goberno de 24 de xullo de 2024, polo que se aproba o Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, recolle na súa Disposición adicional cuarta a supresión da Comisión de Validacións e Recoñecementos. O respecto ao espíritu da norma esixe unha revisión daqueles instrumentos nos que se recolla a intervención da dita Comisión, de aí que sexa precisa a modificación do punto SEGUNDO.- PROCEDEMENTO DE EQUIVALENCIA DE TÍTULOS DE DOUTOR da Resolución reitoral pola que se regula o procedemento de declaración de equivalencia a nivel académico de doutor/a na Universidade de Santiago de Compostela do 21 de xaneiro de 2022. En consecuencia, os trámites relativos á emisión de informe e proposta de resolución pasan a ser competencia da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) no novo apartado 2.2., suprimíndose adicionalmente o apartado 2.4., na medida na que se considera imprescindible a esixencia de informes individualizados para cada solicitude de declaración de equivalencia. En consecuencia, o reitor RESOLVE: PRIMEIRO.- Modificar o apartado 2.2 punto SEGUNDO.- PROCEDEMENTO DE EQUIVALENCIA DE TÍTULOS DE DOUTOR, que queda redactado nos seguintes termos: “2.2.- As peticións que se estime que reúnen todos os requisitos enviaranse no prazo máximo de 15 días á Comisión executiva da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), quen informará e emitirá a proposta de resolución. A Comisión executiva da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) poderá recadar, mediante petición razoada e a través do Servizo de Xestión Académica, documentación complementaria á persoa interesada”. SEGUNDO.- Suprimir o apartado 2.4. punto SEGUNDO.- PROCEDEMENTO DE EQUIVALENCIA DE TÍTULOS DE DOUTOR TERCEIRO.- Esta resolución será aplicable ás solicitudes xa presentadas e que se atopen en fase de tramitación. A Comisión Executiva da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) informará e emitirá as propostas de resolución nos termos previstos no apartado 2.2., de conformidade coa redacción dada por esta resolución. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=BEDA-ED81-40DA-A766 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BEDA-ED81-40DA-A766 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25/09/2024 14:54:12. CSV: BEDA-ED81-40DA-A766 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=BEDA-ED81-40DA-A766 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: BEDA-ED81-40DA-A766 2 / 2