Full text
A prostitución no primeiro franquismo (1939-1956): unha moralidade que controlar e redimir. Traballo de Fin de Grao Autora: Jennifer Carracedo Prados Titor: Margarita Barral Martínez Departamento de Historia Contemporánea Grao en Historia Curso 2022 - 2023
1 Índice Introdución .................................................................................................................................... 4 1. Marco teórico ........................................................................................................................ 5 2. Estado da cuestión ................................................................................................................. 6 3. Da abolición á reglamentación (1935-1941) ......................................................................... 8 3.1. A prostitución na Segunda República ................................................................................. 8 3.2. O rol da prostituta na Guerra Civil e o inmediato franquismo. .......................................... 9 4. Percepción social da prostituta: un concepto flexible ......................................................... 12 4.1. O modelo: boa versus mala muller ................................................................................... 12 4.2. A construción dunha base científica ................................................................................. 14 5. No burdel e na clandestinidade ........................................................................................... 15 5.1. Motivacións ...................................................................................................................... 15 5.2. Tres esferas: pública, privada e clandestina ..................................................................... 16 6. Patronato de Protección a la Mujer .................................................................................... 18 6.1. Persoal: as ordes relixiosas femininas. ............................................................................. 20 6.2. Internamento .................................................................................................................... 21 6.3. Saída e reinserción. .......................................................................................................... 22 6.4. Memorias e informes de moralidade. ............................................................................... 24 7. Órganos represivos: as cárceres. ......................................................................................... 24 7.1. Cárceres convencionais femininas. .................................................................................. 24 7.2. Prisións especiais. ............................................................................................................ 26 8. Embarazo. ............................................................................................................................ 27 8.1. Maternidade. ..................................................................................................................... 27 8.2. Aborto e métodos anticonceptivos. .................................................................................. 28 9. 1956: Un cambio de rumbo. ................................................................................................ 29 Conclusións. ................................................................................................................................ 30 Bibliografía. ................................................................................................................................ 32 Anexo .......................................................................................................................................... 36
2 Resumo: Tras a Guerra Civil española, o Decreto abolicionista de 1935 foi suprimido para voltar á reglamentación da prostitución. A este respecto, o réxime franquista creou un discurso amparado pola Igrexa e mais a ciencia, que consistía nunha “dobre moral”, na que a prostituta era considerada un mal necesario, pois representaba a inmoralidade da “mala muller”, pero ao mesmo tempo salvagardaba a virxinidade feminina fronte á suposta natureza hipersexualizada dos homes. Ademais, ao marxe da prostitución pública e privada, había un sector que a exercía na clandestinidade, duramente perseguida por evitar o burdel e dos controis sanitarios. Esta situación lexitimaba a ollos do réxime a creación dunha serie de institucións destinadas a correxir a moral das mulleres que estaban dentro do mercado sexual, así como para impedir a súa inserción no mesmo: o Patronato de Protección a la Mujer e as cárceres especiais para as chamadas mulleres caídas. Palabras chave: prostitución, franquismo, reglamentación, Patronato de Protección a la Mujer, prisións especiais. Resumen: Tras la Guerra Civil Española, se suprime el Decreto abolicionista de 1935 para volver a la reglamentación de la prostitución. En este sentido, el franquismo creó un discurso amparado por la Iglesia y por la ciencia, que consistía en una “doble moral”, en la que la prostituta era considerada un mal necesario, porque representaba la inmoralidad de la “mala mujer”, pero al mismo tiempo salvaguardaba la virginidad femenina frente a la supuesta naturaleza hipersexualizada de los hombres. Además, al margen de la prostitución pública y privada, había un sector que la ejercía clandestinamente, duramente perseguido por evitar el burdel y los controles sanitarios. Esta situación legitimó a los ojos del régimen para crear una serie de instituciones destinadas a corregir la moral de las mujeres que se encontraban en el mercado sexual, así como para impedir súa inserción en el mismo: el Patronato de Protección a la Mujer y las prisiones especiales para las llamadas mujeres caídas. Palabras clave: prostitución, franquismo, reglamentación, Patronato de Protección a la Mujer, prisiones especiais.
3 Summary: After the Spanish Civil War, the abolitionist Decree of 1935 was abolished to return to the regulation of prostitution. In this sense, francoism created a discourse protected by the Church and science, which consisted of a "double standard", in which the prostitute was considered a necessary evil, because it represented the immorality of the "bad woman", but at the same time it safeguarded female virginity against the supposedly hypersexualized nature of men. In addition, apart from public and private prostitution, there was a sector that exercised it clandestinely, harshly persecuted for avoiding the brothel and health controls. This situation legitimized in the eyes of the regime to create a series of institutions aimed at correcting the morals of women who were in the sex market, as well as to prevent their insertion in it: the Patronato de Protección a la Mujer, and special prisons for so-called fallen women. Key words: prostitution, francoism, regulation, Patronato de Protección a la Mujer, special prisions.
4 Introdución Durante o franquismo a muller tivo que facer fronte á limitación das súas liberdades persoais como consecuencia da implantación dun réxime ditatorial, mais tamén sufriu a represión propia do seu xénero en diversos ámbitos da vida pública e privada. A súa beleza e moralidade, medidas en base a un cánon afín aos principios do réxime de Franco, determinaron a súa consideración social e as súas posibilidades económicas e de futuro. Foron principalmente as prostitutas as que sufriron as consecuencias últimas da marxinación porque nelas recaían todos os atributos dos que unha muller debía carecer. Polo tanto, o réxime tiña por misión exercer o control total sobre elas e “reeducalas, para o que se serviu de de diversos mecanismos e sectores sociais que lle prestaron axuda. A elección deste tema, encadrado na liña temática de Historia de Xénero na Idade Contemporánea, responde a que as prostitutas foron ao longo da historia unhas das grandes esquecidas como suxeitos en si mesmas, para ser tratadas na marxinalidade ou en relación ás enfermidades de transmisión sexual. As súas vivencias deberían ser recuperadas na medida do posible, e máis no caso do período franquista, cando se deron varios mecanismos de represión que permiten rastrexar ata que punto foron desprestixiadas, estigmatizadas e cousificadas económica e socialmente. Por esta razón, o obxectivo principal do presente traballo consiste en profundizar nas motivacións e condicións das que o réxime dotou á actividade prostitucional no marco da legalidade para que exerceran aínda sendo consideradas as prostitutas “caídas” moralmente. Derivado deste status legal, resulta de gran interese investigar en última instancia o funcionamento dos diversos mecanismos que o rodean para controlar a prostitución, así como as consecuencias económicas, xudiciais e sociais que atravesan as propias prostitutas. A abordaxe metodolóxica consistiu no tratamento bibliográfico coa finalidade de observar os antecedentes do estado da prostitución, que implica entender o cambio dun Decreto abolicionista republicano á legalización no primeiro franquismo, co trascurso dunha guerra de por medio na que o burdel comeza a formar parte de novo da vida pública.
5 A continuación, é precisa a caracterización do ideal de muller reforzado pola Igrexa, que leva á estigmatización da prostituta como a encarnación da “mala muller”, axudada polo discurso médico. Así mesmo, tras coñecer as diferentes modalidades e escenarios de prostitución xunto coas súas vivencias, profundízase na análise do Patronato de Protección á Muller e os seus centros, ademais das diferentes prisións polas que pasan as prostitutas condenadas redimirse ante os ollos dos franquistas. Finalmente, preséntase a maternidade, un estado á que moitas se viron dobremente enfrentadas: ben porque habitualmente era consecuencia de practicar a prostitución, ou ben porque o feito de quedar embarazadas de solteiras era motivo suficiente para ser consideradas moralmente reprochables. 1. Marco teórico A temática prostitucional na España contemporánea non é un tratamento novidoso nos estudos históricos, tendo en conta a monografía de Rodríguez Solís de finais da centuria decimonónica (Escobedo, 2019, pp. 156-157). Sexa como for, Jean Louis Guereña é un dos autores máis destacados sobre o estudo da prostitución na España contemporánea, e aínda que se centra no século XIX, tamén se encarga da análise no período franquista, coincidindo coa liña interpretativa de Mirta Núñez-Balart, unha das principais espoñentes para o período que aquí se está a tratar. Mirta Núñez estuda a prostitución no franquismo dende unha perspectiva social e poñendo o foco na represión e miseria sufrida polas mulleres na posguerra, así como o analise das causas directas que empuxaron a moitas delas a practicar o exercicio da prostitución, destacando a pobreza como factor diferencial (Escobedo, 2019, p. 164). Mención a parte merece Assumpta Roura, que achega un documento que contén o Informe sobre la Moralidad pública en España, publicado en 1943 polo Patronato de Protección á Muller, institución na que se afondará con posterioridade. O informe permite ver as xustificacións da intervención estatal no control da moral, de maneira que informa sobre “mulleres caídas” ás que o franquismo pretendía impoñer o modelo de xénero ideal. Assumpta presenta unha institución de corte fascista fronte a Lucía Borrego, unha das primeiras historiadoras en acudir ás memorias do Patronato para analizar a prostitución
6 no caso de Andalucía, e derminando a ideoloxía nacionalcatólica, non fascista (Escobedo, 2019, p. 165). A tese de Carmen Moral de 1974 supón un xiro no tratamento, pois comezan a xurdir os primeiros estudos serios e de carácter local nos que se reflicte a riqueza dos arquivos municipais (Escobedo, 2019, p. 157). Rafael Torres tamén traballa con este asunto, mais faino dentro dun contexto máis amplo, para tratar temas como a virxinidade ou a tardía revolución sexual (Escobedo, 2019, p. 166). Na actualidade, destacan os traballos de Carmen Guillén Lorente, aínda que se centra na situación a partires do decreto abolicionista de 1956, facendo énfase no empeoramento das condicións de vida das prostitutas, ao transformarse en máis clandestinidade e perigosidade (Escobedo, 2019, p. 166). 2. Estado da cuestión No estado actual da cuestión, poderíase determinar que os historiadores e as historiadoras prestan atención á análise xurídica, ao discurso médico e moral do réxime, así como se aprecia un recente interese pola caracterización da prostituta dende un punto de vista social, nas últimas décadas da pasada centuria. Xorden estudos que se centran na represión franquista exclusivamente vivida polas mulleres (Irene Abad, 2009, p. 66). Principalmente, débese ao auxe que cobraron os estudos sobre a muller así como tamén á historia das mentalidades (Moreno e Vázquez, 1997, pp. 67- 68). Neste sentido, non todos os campos tiveron o mesmo tratamento, de maneira que se reflicte un claro énfase na preocupación polas orixes e evolución do Patronato de Protección a la Mujer e no ámbito penitenciario, mentres que outros aspectos como a convivencia no prostíbulo, o comportamento sexual e a relación do fenómeno dende unha perspectiva feminista están menos desenvoltos ou son cuestións máis complexas de dilucidar. Para o caso español apréciase un tratamento do fenómeno da prostitución un tanto marxinal que ten que ver coa limitación das fontes existentes para o asunto. Mentres que en outros países é posible facer un estudo a escala masiva debido á documentación
7 policial, procesos criminais, arquivos de prisións, hospitais e reformatorios, en España son de difícil acceso, de maneira que os que estudan o tema priorizan a utilización de fontes mais adsequibles, como é o caso de ordenanzas, tratados de hixiene, literatura, memorias, textos xurídicos, etc (Moreno e Vázquez, 1997, pp. 68-69). Moitos denuncian os baleiros historiográficos e obstáculos para acceder á documentación, en parte pola actuación das institucións que se viron afectadas pola censura da Igrexa (Escobedo, 2019, p. 170). Tamén se aprecia a desaparición de arquivos centrais do Ministerio do Interior, de maneira que só se conservan algúns expedientes de prostitución no Arquivo Histórico Nacional. Así, as mellores fontes son de orixe municipal, sobre todo naqueles lugares donde o concello exerceu como responsable da Xestión policial e sanitaria dos burdeis reglamentados (Moreno e Vázquez, 1997, p. 70- 71). En consecuencia, outra das grandes tendencias é o carácter rexionalista e sincrónico das publicacións refereridas á actuación do Patronato, polo que non existe moita documentación que aborde a temática dende a totalidade da institución así como na súa dimensión nacional (Guillén, 2020, p. 60), máis alá de certas directrices xerais ou datos extrapolables. De feito, como a prostitución era considerada delito menor, era competencia das Audiencias. Tamén entran no ámbito de actuación os tribunais eclesiásticos cos “procesos de mala vida”, ou mesmo arquivos diocesanos que dan conta de demandas de divorcio que destapan casos de prostitución (Moreno e Vázquez, 1997, p. 69). No referido ás cidades e territorios que máis se tratan, son Andalucía, Madrid e Cataluña. Esta última é a cidade autónoma sobre a que hai máis estudos, non só tratando as grandes capitais senón tamén cidades de menor tamaño. Obsérvase neste sentido unha limitación nos obxectos de estudo, polo que aínda que en lugares como Galicia xorden publicacións, outros como Aragón e Zaragoza contan con unha investigación case nula, a pesares de ser esta última provincia donde encontrou Guereña o primeiro reglamento sobre prostitución para o século XIX español (Escobedo, 2019, p. 169).
8 Neste senso, os informes do Patronato de Protección á Muller seguen a ser unha das principais ferramentas de análise. Permite rastrexar unha gran cantidade de expedientes particulares, prostíbulos e amosan a heteroxeneidade no funcionamento das diferentes xuntas do Patronato. Asi mesmo, é posible detectar que actitudes entraban dentro do concepto de moralidade. Porén, un gran inconveniente é a aplicación da Ley de Protección de datos e a eliminación de expedientes por parte dos propios centros (Guillén, 2020, p. 59). 3. Da abolición á reglamentación (1935-1941) 3.1. A prostitución na Segunda República A Segunda República foi un período de considerables transformacións en moitos ámbitos. Para as mulleres, e neste caso as prostitutas, foi de vital importancia unha medida lexislativa: o Decreto abolicionista da prostitución do ano 1935, que rompe co reglamentarismo sanitario herdado dos comezos da centuria decimonónica (Guillén, 2017, p. 529). Segundo Guereña, no paso á abolición foi imprescindible a difusión por Europa do feminismo anglosaxón, encabezado por Josephine Butler, que defendía a fin do reglamentarismo (Guereña en Guillén, 2017, p.530). Esta corrente de carácter foráneo foi introducida por diversos sindicatos e organizacións na década de 1920, que comezaron unha loita abolicionista sobre todo grazas á formación da Sociedad Española de Abolicionismo en 1922, e tratando por primeira vez a prostitución en termos de explotación sexual (Rodríguez, 2019, p.105). O discurso aludía á prostitución como unha práctica que atentaba contra a dignidade da muller, máis poñíase o énfase no plano sanitario: a transmisión de enfermidades venéreas (Guillén, 2017, p. 530). De feito, a creación do decreto respondía a unha dobre intención. Por unha parte, os controis ás prostitutas non eran eficientes de cara ao contaxio, ao tempo que a prostitución clandestina era imposible de ter baixo control por non formar parte do espectro dos burdeis reglamentados (Rodríguez, 2019, p. 106). Pola outra parte, segundo sinala Mercedes Rivas Arjona, a medida presentábase como “una cuestión de humanidad y de
15 pola perversión e a ambición por xenética. A maiores, escondía tamén unha hipótese en relación á sexualidade feminina. Partíase da idea dunha feminidade asexual e unha masculinidade hipersexualidada. As mulleres definíanse como pasivas sexualmente, con un instinto sexual case nulo e en todo caso subordinado ao do home. En contraposición, as prostitutas si sentían un impulso sexual forte, de maneira que podían cumplir un papel de mediadoras entre ambas sexualidades: axudarían a preservar a castidade e a honestidade feminina ao tempo que satisfarían os desexos masculinos. Foi esta idea a que deu cobertura á legalización da prostitución, pois para a Igrexa e para o réxime a prostutita era un “mal menor”. A pesar de que a súa existencia era unha “necesidade”, seguía sendo a culpable socialmente do mercado carnal porque nela recaía o feito de despertar o desexo do home. Ademais, non só eran inconscientes moralmente senón tamén intelectualmente, ao ser relacionadas directamente coa súa condición de republicanas e de pertencer aos estratos máis baixos da sociedade intelectual (Venceslao et al., 2021, p. 87). 5. No burdel e na clandestinidade 5.1. Motivacións A miseria económica de posguerra fixo que moitas mulleres tivesen que vender o seu corpo para a súa supervivencia. Desta maneira e segundo un estudo realizado na prisión de Xerona, “el 75% de las prostitutas se entregaron a esa vida por carencia de medios económicos para atender al más prentorio de la vida” (Torres e Núñez, 2003, p. 104). Así mesmo, a historiadora Conxita Mir pon de manifesto a exclusión social por motivos políticos, que acaba coa saída prostitucional (Torres e Núñez, 2003, p. 110). Outra dos desavatares era cando no exercicio do servizo doméstico, un home se beneficiaba do mantemento de relacións sexuais con unha muller para logo abandonala á súa sorte unha vez “deshonrada”, sen supoñer para el ningunha connotación social negativa a posteriori, pero si implicaba a marxinación social dela. Por circunstancias persoais, que case sempre teñen que ver coa calificación da súa moralidade, a miúdo eran
16 repudiadas polas súas familias, como tamén é o caso das nais solteiras. Exemplo disto é o expediente número 465 do Colexio das Oblatas de Carabanchel: “De diecisiete años, natural de Madrid (…) iba a comer con su padre, quien un día la maltrató por no haber ido a verle. Por este motivo, dice que abandonó la casa (…) Uno de los soldados se brindó a acompañarla, deshonrándola en el camino (…) Volvió a casa de sus tíos pero no quisieron recibirla; cuando consintieron volvió a huir. Al tener hambre, se dedicó a la prostitución cobrando diez pesetas por este servicio, aunque no se dedicó a él mientras no le resultó imprescindible para su subsistencia. Fue hallada en una chocolatería a altas horas de la noche y desde una comisaría fue trasladada al Patronato” (Prieto, 218, pp. 123-124). Sen traballo e sen protección do núcleo familiar, estaban completamente desprotexidas ante un mundo que ofertaba a posibilidade dun mercado sexual feminino ao desfrute dos homes. O réxime destaca como causas o afán de lucro, a herdanza republicana e como xa se viu, unha suposta patoloxía innata nas prostitutas (Prieto, 2018, p. 77). Se ben é certo, destacan unha situación económica e social moi degradada, pero sempre nun ton paternalista ao presentarse como os salvadores daquelas que por elas mesmas son incapaces de “romper con las cadenas de tan dura esclavitud” (Torres e Núñez, 2003, p. 74). 5.2. Tres esferas: pública, privada e clandestina A prostitución conta con tres esferas: pública, privada e clandestina. Mentres que a prostitución pública implicaba a subordinación das mulleres a terceiras persoas que se beneficiaban de explotar o seu corpo e polo tanto comprendía a trata de brancas, a prostitución privada estaba composta polo exercicio de mulleres maiores de idade e reglado sanitariamente, as cales supostamente exercían con “liberdade” (Onandia, 2018, p. 178). Estas dúas modalidades identíficanse normalmente co prostíbulo, que a ollos da sociedade se ve como un espazo de perversión e luxuria. Non obstante, tamén era visto como un espazo de socialización masculina e era aceptado porque esta fórmula permitía o control legal da actividade. Pero cada vez medraba máis a prostitución clandestina, que
17 se caracterizaba por unha enorme corrupción, pois ao non estar dentro da lei nin das inspeccións sanitarias, as mulleres que a practicaban estaban sometidas a condicións de explotación (Onandia, 2018, p. 179). Esta era a modalidade que máis preocupaba ao réxime porque, a diferenza das dúas anteriores, non era controlable, polo que as vítimas deste mercado sexual feminino foron duramente perseguidas e castigadas para ser internadas. A ansia polo control da prostitución clandestina mediante toda unha serie de aparellos represivos é tamén indicadora da preocupación pola suba de contaxios de enfermidades de transmisión sexual. Había todo un entramado lexislativo para establecer un control sobre a prostitución. Así, a primeira das leis foi a orde de maio de 1941, declaraba un sistema de recoñecemento médico periódico e obrigatorio para todas as prostitutas, ademais da súa hospitalización forzosa en caso de estar enferma. Ademais, debían levar consigo unha cartilla sanitaria que acreditase a súa ocupación e o seu estado de saúde para poder exercer, coa finalidade de ser diferenciadas das que a exercían na clandestinidade. A segunda normativa foi a lei de setembro de 1941, que outorgaba a competencia da vixianza dos prostíbulos á Xefatura Superior da Policía, encargada de supervisar a seguriddade e hixiene dos mesmos, para ter a potestade de conceder a licenza de apertura ou pechar as “casas de tolerancia”. Creouse tamén un novo Código Penal mediante o cal todas as persoas que formasen parte do mercado sexual e incumplisen calquera tipo de normativa relacionado co mesmo serían multadas (Onnandia, 2018, pp. 182-183). Na clandestinidade menores e maiores de idade buscaban outros espazos fóra dos prostíbulos para escapar da lexislación. Os informes especiais de moralidade reflictían este tipo de cuestións, ao facer fincapé na observación do comportamento na rúa, nos espazos adicados ao ocio como festas e romarías, os cabarets, os cines, etc. Neste sentido, en Lugo ou Viscaia “hay algunos salores de baile (…) asisten artesanas, muchachas al servicio y algunas mujeres dedicadas a la prostitución que allí disimulan sus actividades” (Lucía Prieto, 2018, p. 54). A dimensión foi tal que lugares como as perruquerías ou tendas de moda se empezaron a considerar espazos potencialmente perigosos. Máis non só se practicaba en sitios públicos senón que mesmo había familias que alugaban as súas habitacións para que se ofrecesen ese tipo de servizos (Prieto, 2006, p. 676). Ademais,
18 outra modalidade eran as chamadas “mantenidas” ou “queridas”, que alonxadas destes espazos propiamente prostitucionais, o seu corpo era comprado por un home como se dun obxecto se tratase, a cambio de esta poder sobrevivir (Prieto, 2006, p. 682). A actividade era oficialmente exercida por mulleres que rondaban entre os vintetrés e os trintaecinco anos, polo que para as de maior idade a única saída era a prostitución clandestina, ao ser rexeitadas tamén polas “casas de tolerancia” por non representar o estereotipo de beleza feminino, que levaba implícito a xuventude. Con todo, a falsificación dos documentos era habitual e sinxela, e só provincias como Lugo, Navarra ou Tarragona pedían un carnet que levase fotografías e impresións dactilares. Ademais, era a alternativa que mellores posibilidades económicas ofrecía ao non deber retribución ao proxeneta, fronte aos prostíbulos (Guillén, 2016, p. 69). 6. Patronato de Protección a la Mujer En herdanza do antigo Real Patronato para la Represión de la Trata Blancas de María Cristina (1904-1931) e ao primeiro Patronato de Protección a la Mujer do período republicano, constitúese un organismo co mesmo nome ca este último en marzo de 1942, ao cargo do Ministerio de Xustiza e a través dunha organización piramidal. No cumio sitúase a Xunta Nacional, presidida por Carmen Polo e Esteban Bilbao y Egía, ademais dunha comisión permanente e cincuenta xuntas provinciais, á súa vez divididas en xuntas locais (Guereña, 2003, pp. 423- 424). O Patronato foi o máximo representante da represión moral feminina durante o franquismo, creado co obxectivo de redimir á “muller caída”, así como para evitar a dexeneración doutras que estiveran a piques “de caer” (Guillén, 2020, p. 514). Todas aquelas que levaran a cabo unha vida que se saíse das prácticas que a moral franquista considerase impropias, é dicir, que traspasasen o límite do ideal de muller, tiñan esta consideración. A nova institución tiña unha empresa dobre: xurídica, ao pactar o internamento da xoven e suprimir a patria potestade cando era conveniente; así como asistencial, a través do internamento como tal (Guillén, 2021, p. 109). Así, todas aquelas que non encaixasen
19 neses parámetros difusos podían ser internadas nos establecementos dos que dispoñía o Patronato. Porén, hai que aclarar que se encargou principalmente das mulleres entre os dezaseis e os vinte e un anos, o rango de idade foi a miúdo extensible ata os vinte e cinco no caso de conducta inapropiada (Onandia, 2018, p. 190). Esta delimitación temporal responde a que se consideraba que o 75% das prostitutas comezaban a presenciar o mercado sexual en torno aos vintecinco polo engano de proxenetas, que lles amosaban nel unha posibilidade de lucro (Torres e Núñez, 2003, p. 45), pero tamén presupón de novo a evasión dunha motivación por necesidade económica senón por ambición. Non obstante, é sostible a presenza de menores nos centros como proba un documento do Reformatorio de Aranjuez, no que a directora propón “crear una norma para la clasificación de mayores y menores detenidas en este reformatorio” (Torres e Núñez, 2003, p. 49). En 1943 a maioría de idade pasa a ser vinte e un anos, pero o delito de corrupción de menores seguía implicando a maiores de vinte e tres, de maneira que o Patronato seguía tendo un baremo máis amplo para internar a estas mulleres (Torres e Núñez, 2003, p. 44). Neste sentido, como as menores de vinte e tres eran perseguidas polo Código Penal, as que eran maiores de idade legalmente pero non pasaban esta franxa estaban sometidas á autoridade paterna (Torres e Núñez, 2003, p. 45). Por esta razón, perpetúase o internamento nos centros sen que as prostitutas puidesen saír ata que os pais o demandasen, sendo que moitas veces foran enviadas por eles. Con respecto á historia do Patronato, no primeiro franquismo tivo unha actuación moi restrictiva, de maneira que as medidas xudiciais que levaba a cabo estaban destinadas a fortalecer a moral que predicaba a Igrexa católica. Porén, a partir de 1952 as competencias do Patronato foron ampliadas mediante autoridades alleas ás relixiosas e afíns ao réxime, con un maior número de internamentos indiscriminados. Para rematar, cómpre destacar que nos anos finais, aínda que non son obxecto de estudo deste traballo, rexistrouse un aumento considerable das internas seguindo nesa tendencia cada vez máis abusiva por parte dos que tiñan competencia nos internamentos e o control dos reformatorios. Non foi ata o real Decreto de 1985 cando se disolveu, para trasferir as súas competencias ás comunidades autónomas (Guillén, 2020, p. 514).
20 6.1. Persoal: as ordes relixiosas femininas. Debido a que lle correspondían unha gran cantidade de tarefas, o Patronato dividiu as súas competencias en áreas funcionáis, coordinadas por un secretario xeral . Así, a cúpula do Patronato estaba constituída por relixiosos e conservadores de renome, apreciándose unha escasa presenza de mulleres (Guillén, 2020, p. 514). Pola contra, a maior parte da base do seu funcionamento eran mulleres xa que, ante a falta de locais, a Igrexa prestou axuda ao Patronato poñendo ao seu servizo toda unha serie de reformatorios, colexios e demais lugares distribuídos por todo o Estado para levar a cabo dita misión, da que se encargarían as diferentes ordes relixiosas femininas (Guillén, 2020, p. 518). Inicialmente a maior parte dos centros estaban en Madrid, a partir de donde se irían distribuíndo as mulleres en función das súas especificidades: de prevención, rehabilitación ou vixiancia (Guillén, 2020, p. 518). A súa presenza parte dun acordo entre o Servizo Nacional de Prisións e as Comunidades Relixiosas dende a Guerra Civil, e mediante o cal estas últimas se comprometían a levar a cabo unha labor asistencial nos centros, sendo a instrucción relixiosa a súa principal misión (Torres e Núñez, 2003, p. 81). Era fundamental en tanto que debían inculcar unha cristianización ás mulleres que entraban a formar parte (Guillén, 2020, p. 517). Por iso, as celadoras tiñan que acreditar a súa conducta moral impecable, así como unha boa formación, e de feito, ás veces requeríase a súa adhesión ao Movemento Nacional. Moitas delas estudaron na Escuela Social de Madrid un curso de seis meses e tras dous, exames, práctico e teórico, xa lles daban o diploma de celadoras (Beatriz Onandia, 2018, p. 193). Tamén era habitual que exerceran como mestras de ensinanza elemental ou cursos teórico-prácticos orientados ás actividades que se consideraban propias do sexo feminino (Torres e Núñez, 2003, pp. 81- 82). O ensino era fundamentalmente relixioso, polo que era de obrigado cumplimento asistir aos oficios católicos, mediante un plan de horarios. Este tipo de coñecementos era tan determinante que o capelán podía facer que se retrasara a súa liberación por ausencia dos coñecementos básicos de catecismo, así como implicaba ao mesmo tempo unha
21 advertencia para as demais presas, que polo tanto se vían obrigadas a formarse neste ámbito para poder saír (Torres e Núñez, 2003, p. 33). As relixiosas gozaban unha gran capacidade de actuación, pero un novo contrato de 1945 limitou a súa actividade no referido á economía dos reformatorios, por ser considerada tarefa de homes. En consecuencia, o parello administrativo de prisións foi modificado con persoal masculino especializado e afín aos principios do Movemento Nacional (Torres e Núñez, 2003, pp. 81-83). 6.2. Internamento As detencións eran ao cargo dos policías e das celadoras, polo que tendo en conta que o concepto de moralidade tiña un límite extremadamente difuso, a sorte das prostitutas dependía das subxectividade e compaixón destes axentes. Porén, aínda que hai lugares de sospeita como os cines ou cabarets, a prostitución podía ser exercida en calquera espazo da vida cotiá, polo que hai unha necesaria colaboración do cidadán (Prieto, 2018, p. 270), a miúdo froito de denuncias falsas e inxurias, e sempre co peso da valoración persoal. Como exclusividade da rexión de Murcia, existiron os denominados “axentes do patronato”, que acceden mediante nomeamento gubernativo e eran auténticos gardiáns de teatros, cines, e demais espazos públicos (Guillén, 2016, p. 76). As familias estaban a miúdo implicadas nos internamentos. Daban aviso ao Patronato para internar as suas fillas nestes centros por comportamentos considerados inapropiados dende o punto de vista moral, como os paseos con mozos ou os embarazos de solteira (Guillén, 2020, p. 62). Había mozas de boa familia que ingresaban no Patronato, principalmente porque as monxas avisaban aos familiares das súas actuacións moralmente cuestionables. Cando a familia e a institución consideraba que o problema estaba solucionado, estas mulleres voltaban aos seus fogares con certa seguridade, pero isto non acontecía coas máis pobres, que non tiñan donde volver ou as condicións non lles eran favorables, o que propiciaba que voltasen a ser partícipes da actividade prostitucional. Segundo Lucía Prieto “entraran siendo niñas y negaran las experiencias de sociabilidad y las relaciones que preparan para la vida adulta, mermando por completo su autonomía personal” (2018, p. 267).
22 Con respecto ao internamento propiamente dito, o primeiro dos pasos a seguir consistía en pasar por un establecemento de clasificación, sendo o máis coñecido Nuestra Señora del Amparo. Nel contábase con un médico xefe, un psiquiátra, un psicólogo e dermovenereólogo así como con unha enfermera. No dito centro a muller debía estar cinco ou seis días aillada para elaborar un informe sobre a súa conducta e posteriormente pasaría seus meses en contacto co resto para determinar o informe conxunto elaborado por todo o persoal. Tras esta fase, sería clasificada en un dos cinco grupos: limpa, incapaz de reintegrarse no seu fogar, prostituta, embarazada e homosexual. No caso de ser clasificada como prostituta recibiría unha atención médica e sería separada do resto de grupos por perigo de contaxio (Guillén, 2020, pp. 518-19). A seguinte fase implicaba o seu traslado a un centro de rehabilitación ou de prevención como eran as Adoratrices, Oblatas ou Relixiosas do Bo Pastor. Nos primeiros aplicábase un réxime de internamento absoluto, con unha duración de entre seis meses e dous anos. Para as que “precisaban prevención” en función da moralidade, eran enviadas a casas de familia ou fogares-taller. Estes últimos estaban destinados a ofrecer unha formación profesional á interna, case sempre relacionada coas tarefas do fogar por ser entendidas estas como propias do sexo. Aínda que teóricamente ofrecían unha cobertura educativa para a posterior reinserción laboral, non eran máis que centros de traballo non remunerado, donde as mulleres eran explotadas en pésimas condicións (Guillén, 2020, p. 119). 6.3. Saída e reinserción. Rematado o período de internamento podían ser liberadas se a Xunta Disciplinaría así o decidía, sempre e cando cumpliran a posteriori un semestre de boa conducta e non padeceran enfermidades de transmisión sexual. Non obstante, debían cumplir con algunhas esixencias para estar baixo vixilancia, como determinar o domicilio ou ter un patrocinador, no caso das menores de idade (Torres e Núñez, 2003, p. 27). Ademais, debían acudir ao Dispensario de Loita Antivenérea, para seguir baixo control sanitario, e o incumplimento significaba o ingreso de novo no reformatorio (Torres Núñez, 2003, p. 32).
23 Moitas plantexaban diversas estratexias para saír, como é o caso de contraer matrimonio ou declarar o desvalidamento dun fillo ou outro familiar do que facerse cargo, pero sempre amosando arrepentimento. Pero outras decidían facelo mediante un intento de fuxida, que logo conlevaba o retraso cada vez maior da posta en liberdade, unha mancha do expediente e diversos castigos corporais 2 , legalmente permitidos ata o 1944 (Torres e Núñez, 2003, p. 34). De feito, acabáronse instalando enfermerías nos propios centros coa finalidade de evitar as fugas nos traslados aos hospitais (Torres e Núñez, 2003, p. 68). As actas das Xuntas de Disciplina dos centros demosran que as reincidencias eran bastante habituais. Se ben é certo que algunhas prostitutas volvían exercer na clandestinidade das rúas, moitas intentaban introducirse nos burdeis para ser protexidas pola legalidade e evitar o internamento de novo no Patronato (Torres e Núñez, 2003, p. 195). Seguía sendo polo tanto a súa única saída e isto permite reflexionar por que despois de recibir os preceptos relixiosos e estar para o réxime “rexeneradas moralmente” seguen a realizar as mesmas prácticas. Segundo a lóxica do réxime, ben podía ser que o seu sistema resultase fallido, pero de considerarse fructífero non podería ser senón un factor alleo á moral: a situación económica e o estigma social que non lles permite saír dun mercado amparado pola lei. O destino por excelencia era o matrimonio, o servizo doméstico ou a volta ao fogar familiar. Pero hai constancia do receo das prostitutas de volver coas súas familias, xa que moitas veces foran estas mesmas as que as introduciran nos centros e volverían de novo a estar baixo o seu control. A este respecto, nun informe da provincia de Málaga do 1945 aparece o expediente dunha moza “perdida por su novio” a quen os seus familiares a castigaron internándoa nas Trinitarias, pero cando acabou o período de internamento a familia seguía a rexeitala, polo que acaba detida por prostitución clandestina dous anos despois, ingresando na prisión provincial (Torres e Núñez, 2003, p. 243). 2 Un dos castigos máis habituais era o rapado da cabeza.
24 6.4. Memorias e informes de moralidade. O Patronato redactaba periodicamente memorias anuais, publicadas en 1942, 1943, 1944 e tamén en 1954. Aínda que son unha das principais fontes para o estudo da prostitución no franquismo, non deixan de ser produto dun filtro do réxime. De feito, declaraban que algunhas internas suplicaban quedarse nos centros, cando é sabido que chegaba a haber casos de suicidio debido á permanencia nos mesmos (Guillén, 2016, p. 82). Tamén se redactaban informes de moralidade, que partían de cuestionarios enviados ás provincias (Imaxe 4) e nos cales a prostitución aparece sempre como problema nuclear, ben sexa a orixe, causas ou posibles solucións (Guillén, 2016, p. 66). 7. Órganos represivos: as cárceres. 7.1. Cárceres convencionais femininas. Antes da creación das cárceres especiais, as prostitutas eran recluídas nas convencionais, nas que convivían co resto de presas, entre elas as políticas. Precisamente, aínda que non son espazos carcelarios en exclusividade das prostitutas, os testemuños destas últimas son das mellores fontes para coñecer a vida no cárcere así como o mundo da prostitución, a partir de vivencias que compartían entre os muros. A convivencia estivo marcada polas diferenzas entre ambos colectivos. Esta unión tiña un obxectivo claro: degradar moralmente ás presas políticas. Para estas últimas era fundamental a conciencia política, fronte á individualidade de actuación das comúns, ao tempo que estas últimas pretendían borrar o seu pasado, en contra das políticas (Torres e Núñez, 2003, p. 126). Deste xeito, as prostitutas xerabanlles unha gran desconfianza por ser fácilmente corrompibles ante a autoridade ademais de ser vistas como focos de contaxio de enfermidades (Bolaños, 2020, p. 8) e despreciadas polo mantemento de relacións lésbicas. Pola outra banda, as prostitutas non querían compartir espazo coas políticas porque foran influenciadas pola propaganda do réxime que as tildaba de “mujeres sin ley” (Giner, 2020, p. 9).
31 este mercado sexual, en cuxa base está unha mentalidade educativa na cal a muller non é dona do seu corpo, senón que parece que o home pode compralo, sendo prostituidas. A actuación política do réxime respecto a este asunto destapa unha contradición evidente: legalizou unha práctica que posteriormente se encargou de castigar creando mecanismos para a dita fin. Esta constitúe a clave da resposta ao obxectivo inicial do traballo: un réxime que moralmente rexeitou o pecado e a prostitución, legalízouna porque constitía un “mal necesario” que había que ter controlado, ao servizo primeiro do Estado, que lucraab as arcas públicas con impostos derivados desta actividade prostitucional, así como aos homes que recurrían a estos servizos pola súa suposta condición “hipersexulizada”. Ademais, o mantemento da moral feminina importa no sentido de que a súa sumisión é de utilidade para a ditadura. A maiores, o silencio das mulleres nas fontes documentais do momento só se rompe para denunciar a súa inmoralidade. Os males morais do país recaían nas mulleres, que eran os únicos vectores de contaxio das enfermidades venéreas así como as causantes que os homes se pervertisen mediante a súa manifestación externa do vicio. Son sinaladas dun dobre delito: contra a moral, pero ao mesmo tempo contra a saúde pública (Escobedo, 2019, p. 170). Para rematar, as presas políticas eríxense como suxeitos moi importantes de transmisión de información, pois son elas as que principalmente tiveron as capacidades intelectuais para poder contar á posteridade as vivencias que lles transmitían as prostitutas. Neste sentido, as prisións especiais son as menos investigadas de todo o período, revelando tamén un estudo escaso da problemática das prostitutas en sí, senón que se enmarca habitualmente dentro da represión feminina. Ao mesmo tempo, é detectable a ausencia de xornais dixitalizados de época franquista aos que acceder para ter acceso á información, así como a necesidade de elaborar estudos máis globais que abarquen o sistema penitenciario e prostitucional feminino a nivel nacional.
32 Bibliografía. Abad, I. (2009). Las dimensiones de la «represión sexuada» durante la dictadura franquista. Revista de historia Jerónimo Zurita, 84, 65-86. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3199396 Bandrés, J., Zübieta, E., e Llavona, R. (2014). Mujeres extraviadas: psicología y prostitución en la España de postguerra. Universitas Psychologica, 13, 1667-1679. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5343526 Blasco, I. (1999). Actitudes de las mujeres bajo el primer Franquismo: La práctica del aborto en Zaragoza durante los años 40. Arenal. Revista de historia de las mujeres, 6 (1), 165-180. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=186374 Bolaños, L. (2020). “Tenga usted en cuenta que una presa política no es una prostituta”. Un acercamiento a la convivencia entre prostitutas y presas políticas en las cárceles franquistas. In XII Congreso virtual sobre Historia de las Mujeres (pp. 107-125). Archivo Histórico Diocesano de Jaén. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7785756 Duch, M. (2011). Una perspectiva de género de la represión concentracionaria franquista a partir del caso de la cárcel de las Oblatas de Tarragona (1939-1943). Studia Historica, 29, 315–336. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3821251 Enrique, Mora. (1980). Nuestra prostitución, Lugo: Averellos. Escobedo, I. (2019). Los historiadores y la prostitución. Un balance historiográfico relativo a la etapa contemporánea. Revista Historia Autónoma, (15) 155–170. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7112772 Guereña, J. L. (2003). La prostitución en la España contemporánea. Marcial Pons Historia. Guillén, C. (2020). El patronato de protección a la mujer: moralidad, prostitución e intervención estatal durante el franquismo. Bulletin d’Histoire Contemporaine de l’Espagne, (54), 1-6. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7687219
33 Guillén, C (2020). El Patronato de Protección a la Mujer: Centros de encierro y control moral para las mujeres caídas. En P. O. Olmo & M. C. C. Izquierdo (Eds.), De los controles disciplinarios a los controles securitarios: Actas del II Congreso Internacionalsobre la Historia de la Prisión y las Instituciones Punitivas (Albacete, 4-6 de septiembre de 2019) (pp. 513–535). Universidad de Murcia. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7582279 Guillén, C. (2021). La Prostituta como Víctima del Sistema Represivo Franquista. Un Análisis desde los Informes del Patronato de Protección a la Mujer. Multidisciplinary Journal of Gender Studies, 10 (2), 98-120. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7976065 Guillén, C. (2016). Prostitución y moralidad en la Murcia del primer franquismo: La Junta Provincial del Patronato de Protección a la Mujer. Revista Murciana de Antropología, (23), 65-84. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5854813 Guillén, C. (2020). Adoctrinamiento moral durante el franquismo: Un estudio comparado de los centros del Patronato de Protección a la Mujer en Segovia y Sevilla. Historia Actual Online, (52), 57-70. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7601723 Hernández, L. Q. (2014). Las desterradas hijas de Eva. En C. Mañas, M. Esquembre, M. Moreno e N. Montesinos (Ed.), I Coloquio Internacional haciendo historia: género y transición política “Transiciones en marcha” (pp. 127–139). Universidad de Alicante. https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/46118/1/2015_Transiciones-en- marcha_11.pdf Marta, Venceslao. (2021). Putas, república y revolución. Barcelona: Virus. Martínez, F. (2015). Marte y Venus: las prostitutas de la Guerra civil española. La Razón histórica: revista hispanoamericana de historia de las ideas políticas y sociales, (31), 57- 63. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6334916
34 Moreno, A., e Vázquez, F. (1997). Prostitución y racionalidad política en la España contemporánea: un continente por descubrir. Historia Contemporánea, (16), 67- 88. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=149979 Rodríguez, S. (2005). Mujeres perversas. La caricaturización femenina como expresión de poder entrela guerra civil y el franquismo. Asparkía: investigació feminista, (16), 177-197. https://www.e-revistes.uji.es/index.php/asparkia/article/view/551 Onandia. B (2018). Entre el pecado y la lujuria: La inmoralidad pública durante el franquismo. RAUDEM. Revista de Estudios de las Mujeres, 6, 172-197. https://ojs.ual.es/ojs/index.php/RAUDEM/article/view/2398/3229 Osborne, R. (2012). Mujeres bajo sospecha. Memoria y sexualidad 1930- 1980. Madrid: Editorial Fundamentos. Osborne, R. (2010). Educación, clase social, mlitancia política: divergencias en torno a la sexualidad entre presas comunistas y Carlota O´Neil en el primer franquismo. ARE NAL, 17, (2), 397–420. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3813324 Osborne, R. (2009). "Entonces ellas se convertían en rojas": desencuentros y amistades entre prostitutas y rojas en las cárceles franquistas. Mora, 15 (2), 104-118. http://www.scielo.org.ar/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1853- 001X2009000200004 Peinado, M. (2016). " Las mujercitas" del franquismo": cómo enseñar y aprender un modelo de feminidad (1936-1960). Revista Estudos Feministas, 24, 281-293. https://www.scielo.br/j/ref/a/6Ps34MFKy7bHZJQFK6mCNCb/abstract/?lang=es Prieto Borrego, Lucía. (2018). Mujer, moral y franquismo: del velo al bikini, Universidad de Málaga. Prieto, L. (2017). Control moral y moralización durante el franquismo: persistencias y cambios en la valoración del comportamiento femenino. En D. S. Pérez, M. Ortiz e J. S. Pérez, La Historia: Lost in Translatión? (pp. 3777-3788). Universidad de Castila-La Mancha. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6417513
35 Prieto, L. (2006). La prostitución en andalucía en el primer franquismo. Betica, 28, 665– 687. https://riuma.uma.es/xmlui/handle/10630/6816 Regueillet, A.-G. (2004). Norma sexual y comportamientos cotidianos en los diez primeiros años del franquismo: noviazgo y sexualidad. Hispania, 218, 1027–1042. https://hispania.revistas.csic.es/index.php/hispania/article/view/178/180 Rivas, M. (2012). II República española y prostitución: el camino hacia la aprobación del Decreto abolicionista de 1935. ARENAL, 20, (2), 345–368. https://revistaseug.ugr.es/index.php/arenal/article/view/1570 Rodríguez, C. (2019). Carteles antivenéreos de la Guerra Civil española: imágenes de la prostituta en tiempos de conflicto y revolución social. Ciberletras: revista de crítica literaria y de cultura, 42, 103–119. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7409387 Roura, A. (2005). Un inmenso prostíbulo: mujer y moralidad durante el franquismo. Barcelona: Base. Roura, A. (1998). Mujeres para después de una guerra: informes sobre moralidad y prostitución en la posguerra española. Barcelona: Flor del Viento. Torres. R e Núñez, M. (2003). Mujeres caídas: prostitutas legales y clandestinas en el franquismo. Oberon. Ilustración da portada: Mujeres en los centros del Patronato de Protección a la Mujer. (2020). RTVE. https://www.rtve.es/rtve/20200616/patronato-proteccion- cronicas/2018540.shtml
36 Anexo Imaxe 1: Cartel republicano de Loita Antivenérea protagonizado por unha prostituta, que representa o foco da transmisión. Nota. Adaptado de Rodríguez, C. (2019). Carteles antivenéreos de la Guerra Civil española: imágenes de la prostituta en tiempos de conflicto y revolución social. Ciberletras: revista de crítica literaria y de cultura, 42, 103–119. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7409387 Imaxe 2: Expediente informativo sobre a vixencia do recoñecemento de prostitutas nos centros antivenéreos. Nota. Adaptado de Ministerio de la Gobernación. Dirección General de Sanidad. (10-11-1940). Expediente informativo sobre a vixencia do recoñecemento de prostitutas nos centros antivenéreos. (33626 157), Arquivo Dixital de Galicia, Madrid, España. https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arg/es/consulta/resultados_busqueda.do?id=234404& posicion=10&forma=ficha
37 Imaxe 3: ratificación do expediente da Imaxe 2 por parte do Xefe de Sanidade de A Coruña. Nota. Adaptado de Jefatura Provincial de Sanidad. (23-11-1940). Expediente informativo sobre a vixencia do recoñecemento de prostitutas nos centros antivenéreos. (33626 157), Arquivo Dixital de Galicia, A Coruña, España. https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arg/es/consulta/resultados_busqueda.do?id=234404& posicion=10&forma=ficha Imaxe 4: Cuestionario do Patronato para determinar o estado da moralidade relativa á prostitución nas provincias españolas. Nota. Adaptado de Prieto, L. (2006). La prostitución en andalucía en el primer franquismo. Baetica. Estudios de Arte, Geografía e Historia, 28, 666–687. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2242551