scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Macías García, Araceli

Abstract

[GL] No presente Traballo de Fin de Grao (TFG), analizamos as potencialidades dos equipamentos de uso comunitario do concello de A Veiga dende dúas perspectivas: a da administración municipal e a do movemento asociativo. Realizamos dita análise co obxectivo de determinar as potencialidades e formular recomendacións –dende a Pedagoxía- Educación Social- para unha maior rendabilidade social dos espazos. Para logralo, facemos unha aproximación teórica ós tres conceptos básicos nos que se fundamenta o traballo: políticas socioculturais municipais, participación social-asociacionismo e equipamentos de uso comunitario. Posteriormente presentamos as características do concello de A Veiga para contextualizar e axudar a comprender a discusión e os resultados; expoñendo, por último, as conclusións e recomendacións.

Full text

Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias da Educación Grao en Educación Social Traballo de Fin de Grao Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense) Curso 2015 - 20 16 Santiago de Compostela, Xullo 2016 Autora Araceli Macías García Titora Mº Belén Caballo Villar Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense) Educación Social y equipamientos sociocomunitarios. Un análisis desde el ayuntamiento y las asociaciones de A Veiga (Ourense) Social Education and social community facilities. An analysis from the council and associations of A Veiga (Ourense Índice Introdución .............................................................................................................................1 1. Obxectivos ......................................................................................................................2 2. Metodoloxía.....................................................................................................................3 3. Marco teórico ..................................................................................................................5 3.1 Políticas Socioculturais municipais ...........................................................................5 3.2 Participación social: Asociacionismo ........................................................................9 3.3 Equipamentos de uso comunitario .........................................................................12 4. Contexto. O concello de A Veiga: aproximación ó territorio ...........................................15 5. Discusión e resultados ..................................................................................................16 6. Conclusións e propostas ...............................................................................................26 Bibliografía ...........................................................................................................................28 Anexo I. Protocolo de entrevista ó alcalde. ...........................................................................31 Anexo II. Protocolo de entrevista á Psicóloga do Concello. ..................................................31 Anexo III. Protocolo de entrevista ás asociacións. ................................................................32 Anexo IV. Protocolo do grupo de discusión. .......................................................................34 Anexo V. Cuestionario de valoración dos equipamentos de A Veiga. ...................................35 Anexo VI. Inventario de equipamentos de uso comunitario ..................................................36 Anexo VII. Inventario de asociacións ....................................................................................42 Índice de abreviaturas AET……………………………………………… Asociación Empresarial “Trevihost” AXC-21........................................................... Axenda 21 da Cultura AMR…………………………………………….. Asociación de Mulleres Rurais ANPA………………………………………….... Asociación de Nais e Pais “A Galocha” AST……………………………………………… Asociación Cultural “O Son de Trevinca” AXCM……………………………………………. Asociación Xuvenil “Cántara da Moura GD……………………………………………….. Grupo de discusión Resumo No presente Traballo de Fin de Grao (TFG), analizamos as potencialidades dos equipamentos de uso comunitario do concello de A Veiga dende dúas perspectivas: a da administración municipal e a do movemento asociativo. Realizamos dita análise co obxectivo de determinar as potencialidades e formular recomendacións –dende a Pedagoxía- Educación Socialpara unha maior rendabilidade social dos espazos. Para logralo, facemos unha aproximación teórica ós tres conceptos básicos nos que se fundamenta o traballo: políticas socioculturais municipais, participación socialasociacionismo e equipamentos de uso comunitario. Posteriormente presentamos as características do concello de A Veiga para contextualizar e axudar a comprender a discusión e os resultados; expoñendo, por último, as conclusións e recomendacións. Palabras chave: Políticas socioculturais municipais, participación social, asociacionismo, equipamentos de uso comunitario, educación social. Resumen En el presente Trabajo de Fin de Grado (TFG), analizamos las potencialidades de los equipamientos de uso comunitario del ayuntamiento de A Veiga desde dos perspectivas: la de la administración municipal, y la del movimiento asociativo. Realizamos dicho análisis con el objetivo de determinar las potencialidades y formular recomendaciones – desde la Pedagogía-Educación Social - para una mayor rentabilidad social de los espacios. Para lograrlo, haremos una aproximación teórica a los tres conceptos básicos en los que se fundamenta el trabajo: políticas socioculturales municipales, participación social – asociacionismo, equipamientos de uso comunitario. Posteriormente presentaremos las características del ayuntamiento de A Veiga para contextualizar y ayudar a comprender la discusión y los resultados; exponiendo, por último, las conclusiones y recomendaciones. Palabras clave: Políticas socioculturais municipais, participación social, asociacionismo, equipamientos de uso comunitario, educación social. Summary In this Final Project, we analyze the potential of the facilities available for community use in the municipality of A Veiga from two perspectives: that of the municipal administration and that of special interest groups (or associations). We are conducting this analysis in order to determine the facilities’ potential and make recommendationsfrom the perspective of Social Pedagogy- Education- for greater profitability of the spaces being used. To achieve this, we will take a theoretical approach to the three basic concepts by which work is based on: municipal socio-cultural policies, social participation, civic responsibility and facilities for community use. Following that, we will present the characteristics of the municipality of A Veiga in order to contextualize and understand the argument and the results; explaining, finally, the conclusions and recommendations. Keywords: municipal socio-cultural policies, social participation, civic responsibility, facilities for community use, social education. 1 Introdución O Traballo de Fin de Grao de Educación Social (TFG) que presentamos encádrase na modalidade de iniciación á investigación, polo que realizamos un pequeno estudo centrado na análise das potencialidades dos equipamentos de uso comunitario dende a perspectiva da administración municipal e do movemento asociativo do concello de A Veiga. O feito de ser veciña deste Concello motivou, xunto a outras razóns que logo expoñeremos a escolla deste problema de investigación pois, máis alá de ser un proxecto académico, ten para min un significado especial porque busco que teña certa repercusión no territorio. Pertenzo á directiva da Asociación Xuvenil “Cántara da Moura” e á Asociación “O son de Trevinca” e veño constatando que a participación social é moi baixa, o que deriva nunha decadencia do movemento asociativo. Neste sentido o movemento asociativo en xeral, e especialmente nas zonas rurais, atópase en crise. Pareceunos acertado contar coa perspectiva das asociacións, como representación tamén da cidadanía, a cal nun traballo destas características, tan limitado en tempo e espazo, sería inaccesible de xeito representativo. A nivel económico, estamos a falar dun dos concello de Galicia máis amplo en extensión e que sufre unha despoboación moi acentuada. Exemplo do “rural sen futuro” como moitos o teñen definido, está intentando facer do turismo o seu motor económico, na liña do que argumenta a Fundación Kaleidos.red (2015, p.26) cando di que “estamos fronte a un esgotamento serio do modelo económico. Estamos volvendo a falar de turismo como refuxio, de regresar ás bases, de recuperar o tecido industrial, etcétera [...]”. Neste sentido, A Veiga acaba de poñer en valor o enclave natural que habita, as montaña de Trevinca, e comeza agora a valoralo e promocionalo. Algo que sempre chamou a nosa atención é que conta cunhas infraestruturas da mellor calidade e todas de recente construción ou rehabilitación, pero practicamente non teñen actividade. Nun concello que busca rexenerarse, espertar e saír á luz este é un punto polo que debería comezar, pois os equipamentos de uso comunitario son puntos de encontro entre a cidadanía e a administración. A nivel profesional gustaríanos facer referencia a dúas cuestións. Por unha banda sinalar unha das competencias ás que se aludía no programa desta materia: “Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas, e culturais, así como os ámbitos de acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional”. Por outra banda, seguindo á Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES) creadora xunto co Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) do Código Deontolóxico do educador e da educadora sociais queremos facer especial mención a dous dos 5 bloques de competencias que identifican. Neste senso, facemos referencia a 2 competencias relativas á capacidade de análise e síntese e a competencias relativas a capacidades crítico-reflexivas. Como educadoras e educadores sociais a mirada que temos sobre os contextos debe ser sempre analítica e indagadora das súas potencialidades. Neste sentido quixemos aunar dita capacidade, aprendida durante estes catro anos e aínda pendente de adestramento, co sentido de comunidade que profeso polo territorio. Con este TFG quixemos demostrar que o movemento asociativo e a administración municipal poden crear sinerxías para lograr unha rendabilidade social dos equipamentos comunitarios. As razóns expostas leváronnos a optar pola modalidade de TFG de investigación, abordando un estudo de campo con características propias dos estudos de casos. Os obxectivos que formulamos responden ó título do traballo e seguen unha orde secuencial e lóxica. Primeiro queremos identificar os equipamentos de uso comunitario do concello, así como aquelas asociacións máis dinámicas. Posteriormente indagar sobre o uso e potencialidades que o movemento asociativo identifica arredor dos equipamentos de uso comunitario. Finalmente, formular recomendacións dende a perspectiva da Pedagoxía/Educación Social para unha maior rendabilidade social dos mesmos. Para alcanzar os nosos obxectivos optamos por unha metodoloxía mixta, aínda que maioritariamente cualitativa. Primeiramente documentámonos sobre o tema e abordamos o marco teórico que sustenta o noso traballo, posteriormente deseñamos os protocolos de entrevista e cuestionario apoiados nos conceptos anteriormente estudados. Tendo en conta as discrepancias e puntos en común que atopamos nas entrevistas, deseñamos un novo protocolo para realizar un grupo de discusión coa mostra do movemento asociativo. Para finalizar triangulamos as respostas de todos os instrumentos, o que nos proporcionou unha visión global sobre o caso a analizar e nos permitiu formular conclusións e recomendacións. 1. Obxectivos O obxectivo xeral deste traballo é analizar as potencialidades dos equipamentos de uso comunitario dende a perspectiva da administración municipal e o movemento asociativo do Concello de A Veiga. Este obxectivo podemos desglosalo nos seguintes obxectivos específicos: 1. Identificar os equipamentos socio-comunitarios cos que conta o núcleo de poboación principal do concello. 2. Identificar as asociacións máis dinámicas para coñecer as súas dificultades e potencialidades. 3. Determinar, dende o punto de vista do movemento asociativo, o uso e potencialidades dos equipamentos municipais. 3 4. Formular recomendacións dende a perspectiva da Pedagoxía/Educación Social para unha maior rendabilidade dos equipamentos socio-comunitarios. 2. Metodoloxía Este Traballo de Fin de Grao encádrase na modalidade de iniciación á investigación, centrándose nun estudo de campo con características dun estudo de casos de carácter mixto, no cal se fai uso de instrumentos de carácter cuantitativo e cualitativo, aínda que a maior parte do peso deles recae nestes últimos. En palabras de Tójar (2006, p.113) un estudo de casos “trátase dunha investigación descritiva, exhaustiva e en profundidade dun caso, tratando de descubrir e identificar os problemas e as causas que poden subxacer na orixe das mesmas”. Os instrumentos que empregamos para a recollida de información foron a análise documental, as entrevistas en profundidade, os cuestionarios e o grupo de discusión. Presentámolos a continuación seguindo a orde na que foron empregados na investigación:  Análise documental. O primeiro que se realizou foi unha revisión bibliográfica sobre a temática obxecto de estudo. Consultáronse publicacións de distintas modalidades (artigos, revistas, libros, etc.) que contribuíron a fundamentar o noso marco teórico e serviron como contraste na discusión dos resultados obtidos. Ademais disto, analizáronse diferentes datos do IGE que nos aportaron unha visión xeral sobre a situación do territorio, axudando a contextualizar a información.  Entrevistas en profundidade. Co nome de entrevistas en profundidade “preténdese deixar claro o interese pola obtención de información non superficial, que afonda nos temas relevantes e que sexa persistente no propósito de interrogar con exhaustividade” (Tójar, 2006, p.248) Realizáronse tres modelos de entrevista segundo os destinatarios/as dos mesmos, reaxustando os protocolos en función dos aspectos que se querían analizar en cada caso. As persoas entrevistadas foron a psicóloga do Concello e o alcalde, como representantes da administración municipal. Son dous informantes representativos, non só polo cargo que ocupan, senón tamén porque no momento da entrevista o alcalde levaba 8 meses no cargo, fronte á experiencia da psicóloga que leva traballando alí 18 anos. Representando ó movemento asociativo de A Veiga entrevistáronse a 5 asociacións, seleccionadas por seren as que teñen unha maior dinamización. As escollidas foron as seguintes: Asociación de Mulleres Rurais, Asociación Empresarial “Trevihost”, Asociación “O Son de Trevinca”, Asociación de Nais e Pais “A Galocha” e Asociación Xuvenil “Cántara da Moura”. 4 Aínda que os protocolos eran diferentes, xiraban ó redor dos mesmos tópicos. Mantívose, ademais, unha pregunta final común a todos os modelos para facilitar unha posterior triangulación das respostas. As entrevistas foron semiestructuradas xa que, aínda que creamos unha guía, tiñamos a liberdade de incluír algunha pregunta máis que fose pertinente. Nos anexos nº I, II e III pódese consultar os protocolos de entrevista. As entrevistas tiveron unha duración media de 30 minutos, e para facilitar a recollida de datos e o seu futuro tratamento realizouse unha gravación das mesmas, previa autorización das persoas participantes.  Cuestionarios. Realizouse un modelo de cuestionario pechado (ver anexo nº V ), que mostraba unha escala de valor dunha serie de características dos equipamentos municipais que os participantes debían cubrir outorgándolle unha puntuación a cada elemento. Esta escala de valor estableceuse do 1 ó 4 para evitar a tendencia central nas respostas. Foi cuberto por todos/as os/as entrevistados/as ó remate de cada entrevista. A súa análise posterior baseouse nunha comparación de medias.  Grupo de discusión. Un grupo de discusión (GD) defínese de xeito xenérico seguindo Tójar (2006, p.265) como “un tipo especial de entrevista grupal, no que un conxunto de persoas [...] que comparten algunha característica común [...], é reunido para que expresen e confronten as súas opinións baixo a coordinación dun moderador”. Foi un grupo de sesión única cunha duración de 1 hora e 12 minutos, aínda que se “pactaron” futuras reunións ó marxe desta investigación. O protocolo empregado pódese consultar no anexo IV deste traballo. Participaron 4 persoas, entendendo que un grupo de discusión debe acoller a un número de participantes reducido para ser operativo. As persoas asistentes eran os/as representantes das asociacións entrevistadas previamente. Participaron todos/as coa excepción dunha asociación que, por motivos persoais, non puido asistir á reunión. Consideramos que a realización dun grupo de discusión no obxecto que aborda este TFG é de relevancia no sentido no que serve como primeiro punto de encontro entre os axentes da investigación e pode constituír, como é o caso, un futuro grupo estable. A continuación engadimos un cronograma do traballo de campo realizado para clarificar o proceso e secuencia que levamos a cabo. 11 que se repiten: a comunidade coma un territorio, e unha poboación con valores, costumes e unha cultura comúns. Esta definición é matizable pero no sentido deste traballo consideramos que é acertada xa que indica a proximidade como unha das características principais para a comunidade. Neste xuízo Rezsohazy (1988), Marchioni (2002), Martell e Querol (2002) e Merino (2002) en Morán (2008, p.194) indica varios condicionantes contextuais para a participación, entre as cales se sitúa a proximidade social que a favorece en tanto que é “máis probable canto máis homoxéneo sexa o grupo social, ou canto máis complementarios sexan os seus membros. [...] precísase certa proximidade social, tanto entre os cidadáns como entre estes e quen ocupe as funcións directivas [...]”. Podemos dicir que un sentido de comunidade na cidadanía propicia o asociacionismo, e por ende a participación, e viceversa. Desta maneira comunidade e participación van da man cando falamos de procesos de transformación e cambio social. Pero isto non implica que as propias comunidades nin grupos se cerren en si mesmos, xa que deben comprender que forman parte dun sistema maior no que coliden ou conflúen con outras entidades e axentes. Esta perspectiva de globalidade, de formar parte dun sistema interconectado e influenciado por diversidade de fontes debe combinarse coa realidade de que “[...] o benestar é cada vez menos unha reivindicación global, para concretarse cada vez máis en demandas persoais e comunitarias, inscritas na vida cotiá” (Subirats, 2002, en Varela, 2010). Entón, así como a diversidade de axentes e entidades conflúen as perspectivas global e local, individual e colectivo tamén. De xeito que realidades – ou entidades - que a priori semellan moi diferentes teñen numerosos puntos en común que as obriga a entenderse para sobrevivir. Neste momento a educación cobra un papel de vital importancia como medio e forma, como nos indica Varela (2010), para o “empoderamento” da cidadanía que se relaciona estreitamente co desenvolvemento comunitario. Caride, Pereira e Vargas (2007) en Varela (2010) identifican tres fases deste binomio de educación e desenvolvemento: “percepción e interpretación dos datos do mundo, a asimilación dos datos do mundo e a transformación do mundo”. Ter a información non é sinónimo de participación como moitas veces se pensa. Se isto fora así o mero feito de vivir na “sociedade da información” faría de todos/as nós suxeitos participativos e isto non é precisamente o que caracteriza a sociedade do momento. O reto actual é acadar que a información que chega a nós continuamente e por diversidade de medios sexa interpretada correctamente. Para isto é fundamental que a educación, ben sexa informal ou formal, nos proporcione as ferramentas necesarias para facer de nós suxeitos autónomos capaces de discriminar a información relevante daquela que non o é. A participación social da que levamos falando durante estas páxinas precisa tanto de vontade política e cidadá, como xa se expuxo, pero tamén de lugares que a posibiliten. O 12 seguinte e último epígrafe pretende explicar o papel que os equipamentos de uso comunitario xogan na sociedade e a súa vinculación cos conceptos anteriores. 3.3 Equipamentos de uso comunitario Nun sentido xenérico podemos definir os equipamentos socioculturais como edificios, de uso comunitario, que dispoñen dunha determinada dotación e están orientados á prestación de certos servizos. López de Aguileta (2000, p.245-246) citando a Palacios (1995) indica unha serie de características para que un equipamento sexa o “ideal”, ou cando menos características que todos os equipamentos deberían ter en común. Sinala as seguintes: Boa localización. Boa comunicación e facilmente recoñecible. Calidade construtiva e boas dotacións. Tanto exterior como interior. Funcionalidade . Adaptación do equipamento ó uso que persegue. Calidade do servizo que preste á poboación. Accesibilidade física . Facilidade de acceso dende calquera punto e sen barreiras arquitectónicas. Rendibilidade social . Chegar ó máximo de poboación ó menor custo posible. Accesibilidade psicosocial. Calquera persoa pode acceder e sentirse cómodo. Competitividade . Bo posicionamento no mercado e programación atractiva. Polivalencia e flexibilidade . Posibilidade de adaptar do espazo a varios usos. Participación . Buscar fórmulas que permitan a participación da cidadanía. Estas características deberían guiar calquera proxecto de construción dun equipamento para evitar engadir un novo ó catálogo dos horrores, denominación que López de Aguileta (2000) atribúe a unha lista de equipamentos que, polas súas características, son verdadeiros horrores na medida en que non se adaptan ó uso para o que foron concibidos, ou para o uso que se está facendo deles. Cabe definir neste epígrafe o que entendemos por equipamentos de proximidade, que concreta máis o papel dos equipamentos na comunidade. O Observatorio Vasco da Cultura (2015) indica que son polivalentes e vehiculadores dos servizos públicos. Deste xeito, preséntanse como ferramentas necesarias para a busca da acción colectiva, participativa e creativa da cidadanía. Ademais de como mecanismos para manter una relación activa coa sociedade civil; como espazos de experimentación da democracia e como dinamizadores da participación cidadá máis alá das actividades culturais de asistencia pasiva. Defíneos así, como espazos para a sociocultura. 13 Podémonos atopar con catro modalidades de equipamento segundo o obxectivo que perseguen:  Equipamentos de proximidade  Equipamentos de centralidade  Equipamentos de recuperación da memoria histórica.  Equipamentos de producióncreación. A Fundación Kaleidos.Red ten unha longa traxectoria na análise das potencialidades dos equipamentos de proximidade, sendo unha das fontes principais que atopamos neste tema. Identifica os equipamentos cunha función de cohesión social, no sentido no que permiten poñer en contacto á cidadanía, a administración e ós técnicos ou profesionais responsables de ditos espazos. Deste xeito, xogan un papel determinante no fomento e promoción da participación social, sempre e cando as políticas que dende a administración se desenvolvan así o queiran. Como ben indica KaleidosRed (2008, p.162-163) serven “[...] como espazo de referencia para a cidadanía e poden ser unha primeira canle de comunicación de esta cara a Administración local e á inversa”. Ás veces unha das primeiras trabas coas que a poboación se atopa á hora de participar é o exceso de burocratización da administración, que dificulta enormemente a comunicación cidadanía-goberno. Os equipamentos, debido á súa proximidade tanto física como relacional, proporcionan un espazo de comunicación máis efectivo, sempre e cando estes estean ben xestionados. Grazas a isto atópamos 4 dimensións relacionais da participación que os propios equipamentos poden favorecer (KaleidosRed, 2008, p.159):  Fomentar a relación das asociacións e a cidadanía co concello  Fomentar a vida asociativa do territorio  Favorecer a relación entre o tecido asociativo, e o tecido asociativo e a cidadanía.  Fomentar a relación entre os colectivos: interculturais, interxeracionais e interterritoriais. A súa riqueza radica no sentido que ten de punto de encontro entre os diferentes axentes que habitan unha comunidade e de descentralización dos servizos, ben sexan culturais, educativos, deportivos ou sociais. A participación verase favorecida dende o momento no que entendemos que a confluencia entre os axentes sociais dunha comunidade pode xerar relacións que favorezan o desenvolvemento de proxectos conxuntos, o intercambio de ideas e de opinións que enriquezan a actividade polo seu carácter multidisciplinar. Dende esta forma de ver os equipamentos evidenciase o seu papel fundamental no desenvolvemento comunitario ó que aludiamos anteriormente. Coincidimos así con Kaleidos.red que nos fala dos equipamentos “dende a perspectiva de redes sociais, estes espazos de nexo dos diferentes axentes sociais adquiren relevancia 14 pola súa capacidade de articular as redes máis informais que son de difícil alcance dende mecanismos que non parten da proximidade” (2008, p.163). A participación que se pode desenvolver nos equipamentos, dende a perspectiva desta Fundación (KaleidosRed, 2008, p.157), pode situarse en diferentes ámbitos como son:  O modelo de xestión.  As actividades e actos.  A cesión de espazos. Atopamos diversas experiencias nas que a cidadanía participa nos equipamentos dende diferentes modelos. Podendo así ser co-participes da xestión do propio equipamento, nas actividades que se realizan ou na xestión de espazos que empregan para o fin da entidade da que formen parte ou a título individual. Neste senso hai que ter especial coidado xa que, dita participación debe estar “organizada” dende a administración, non indicando como e cando se debe participar senón guiando e apoiando o proceso. De non ser así, a actuación no canto de ser favorable pode ser contraproducente. Por unha banda, polo feito de que non todo o peso da programación do equipamento debe recaer na poboación nin a súa xestión tampouco. E pola outra, porque a poboación non é “profesional” de xestión e programación, polo que, deben ser acompañados e apoiados dende a administración municipal. Deste xeito, a propia administración tampouco debe ver na participación da cidadanía só unha forma de aforro económico. Como xa indicamos, os procesos participativos deben ser levados a cabo entre os diferentes axentes da comunidade, con especial atención tanto á administración local (neste caso, sobre todo) e ós técnicos responsables de ditos espazos. Neste momento cabe destacar unha reflexión da Fundación Kaleidos.red (2015, p.35) que se concreta na seguinte cuestión “[...] non será a proximidade unha metáfora de en que consiste unha boa gobernanza?” Afirmando isto continúan dicindo que “Quizais non sexa a única metáfora pero é unha das claves que é romper esta distancia entre cidadanía e política, entre institucións e cidadáns e ser capaces de traballar moito máis preto do que estamos acostumados a facer”. Postúlase unha reflexión arredor desa primeira definición que indicábamos sobre os equipamentos de proximidade “que vén a ser algo así como o homo antecesor respecto da proximidade sapiens que agora precisamos” (p.35). Ó longo destas páxinas falamos dunha crise do Estado do Benestar, dunha crise que traspasa os límites económicos, establecéndose como unha crise social e de valores. Chegados a este punto é preciso reformular o modelo, que non vai mudar cunha participación simbólica dun voto cada catro anos. É preciso que a cidadanía tome as rendas, sobre todo, naquilo que ten máis próximo, como é neste caso os equipamentos que se atopan ó seu servizo, xa que non é só estar representado, senón que hai que “estar presente” como nos di Heras (2008, p.19). A poboación xoga un papel fundamental nos equipamentos dende o momento que son 15 considerados expertos da súa propia vivencia. Dende esta perspectiva ningún técnico nin político poderá saber máis das necesidades e demandas da poboación que a propia poboación. Para rematar dicir que traspasando o termo de proximidade como a dimensión física, fálase de proximidade dende o punto de vista relacional. Refírese á proximidade que promove a accesibilidade das persoas ós servizos que non só pertencen ó “[...] meu entorno máis próximo (máis cerca), senón onde ademais me sinto cómodo porque sinto un espazo propio, cuns servizos a miña disposición, e un trato humano que me identifica como suxeito activo e non como problema ó que debe atender. (Kaleidos.red, 2008, p.166) 4. Contexto. O concello de A Veiga: aproximación ó territorio O concello de A Veiga situase ó sur-este da provincia de Ourense, concretamente na comarca de Valdeorras, nunha zona de alta montaña onde se atopa o cumio máis alto de Galicia, Pena Trevinca. Na imaxe nº1 podemos ver un mapa do concello -que ocupa 290,5 km2- e no que se identifican os seus vinte e nove núcleos de poboación. Un deles, a Alberguería, foi asolagado no ano 1958 por mor da construción do encoro de Prada. Dito encoro, na actualidade, constitúe un elemento identitario do concello. Imaxe nº1. Mapa do Concello de A Veiga. Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE, 2015) indica que a poboación total do concello é de 946 habitantes repartidos entre os seus 29 pobos. A Veiga é o núcleo de poboación principal, e onde se atopan centralizados os diferentes servizos (sanitarios, alimenticios, de lecer, educativos, etc.). No momento actual podemos atopar varios pobos nos que a poboación non chega a 20 persoas. Ademais cabe destacar que da totalidade de habitantes non todos/as residen no concello, aínda que si estean empadroados alí. Deste xeito, a despoboación á que alude a cifra total de habitantes aínda é maior. De feito no 16 2011, segundo o IGE, rexistrábase unha densidade de poboación de 3,6 habitantes por km2. A media de idade é de 59,7 anos, o que fai de A Veiga un concello cun índice de envellecemento moi elevado. Ademais disto, non hai reemprazo xeracional. No 2014 houbo só un nacemento en contraposición ás 31 defuncións que aconteceron. O motor económico principal do concello é o sector servizos, o da construción e a gandería. Segundo o IGE, no 2014 rexistrábanse 40 explotacións de gando bovino. En canto ó sector empresarial, 35 empresas estaban adicadas ó sector servizos, e 17 á construción. Debemos destacar que destas empresas a meirande parte non ten persoal asalariado ó seu cargo, e a que máis empregados ten sitúase no rango de 6 a 9 empregados. O paro rexistrado no 2015 era de 57 persoas, das cales 37 eran homes e 19 mulleres. E como é lóxico nun concello tan envellecido, no 2011 o IGE rexistraba que 506 persoas, máis da metade da poboación, era xubilada. O número de asociacións censadas no concello é de 30, segundo datos proporcionados pola administración local. Estas asociacións repártense polo municipio de xeito desigual. Hai pobos nos que a única asociación que hai é a de veciños/as, outros nas que non se atopa ningunha e outros, como A Veiga, no que atopamos unha concentración e diversidade maior. Isto é lóxico, xa que aludíamos a que unha gran parte da poboación reside nesta vila. De todos os xeitos, da totalidade de asociacións moitas non teñen actividade ou é moi reducida. Realizamos un inventario das 5 asociacións máis activas do territorio que se pode consultar no anexo nº VII. Por último, o concello conta con diferentes equipamentos para cubrir as necesidades da poboación:  Un centro de saúde.  Un pavillón deportivo.  Unha residencia para a terceira idade.  Unha biblioteca e centro TIC.  Un centro de artesanía.  Unha sala de conferencias.  Unha aula da natureza. No anexo nº VI, pódese ver un inventario das características dos equipamentos de lecer e culturais, cos que conta o concello que axuda a situarse no contexto. 5. Discusión e resultados Para a presentación dos resultados seguiremos o guión das entrevistas ás asociación, empregando a secuencia de bloques temáticos. Neste sentido triangularemos as respostas destas entrevistas coas do persoal do Concello e co grupo de discusión realizado cos/as representantes das asociacións. Ademais disto, apoiaremos a argumentación con datos cuantitativos extraídos do cuestionario que aplicamos a todos os/as entrevistados/as. 17 Perfil das asociacións O primeiro bloque de preguntas abordaba cuestións xerais referentes ó funcionamento, orixe e organización das entidades asociativas. A maioría das asociacións constituíronse arredor do ano 2000, exceptuando a Asociación de Mulleres Rurais (AMR) que se funda no 1996 e a Asociación “O son de Trevinca” (AST), que é a máis recente, consolidándose como organización no 2013. Todas elas teñen como obxectivo a representación institucional do colectivo ó que pertencen, e máis concretamente, a consecución de obxectivos sociais. Por exemplo, dotar de alternativas de ocio á xuventude, como é o caso da Asociación Xuvenil “Cántara da Moura” (AXCM) ou vincular á muller na vida socioeconómica e laboral, no caso da AMR. O volume de socios/as que as forman é bastante diferenciado. Por unha banda sitúanse a AXCM, a AMR e a AST con máis de 40 socios/as. E por outra, a Asociación de Nais e Pais “A Galocha” (ANPA) e a Asociación Empresarial “Trevihost” (AET) con menos de 15 socios/as. Esta situación responde á concreción do colectivo ó que representan. Por exemplo, a ANPA representa ós pais e nais dos nenos/as da escola, que neste momento só ten 26 matriculados. En canto a AET representan ós hostaleiros/as de establecementos relacionados co turismo de natureza, e neste momento son unicamente 6. Pero, o que si constatamos é que maior volume de socios/as non implica maior participación, senón que as asociacións con menos asociados/as poñen en valor que unha porcentaxe maior deles/as se implican e participan dun xeito bastante homoxéneo. En canto ó lugar de reunión que acostuman empregar as cinco asociación analizadas, tamén houbo disparidade. Só a AXCM emprega normalmente un equipamento do concello. O resto reúnense en bares, locais privados, na escola ou no local da asociación. Neste sentido a AST e a AET manifestaron que xa comezaron nalgunha ocasión a utilizar equipamentos municipais para as súas reunións. Traballo en rede A seguinte cuestión que formulábamos facía referencia á colaboración con outras entidades. Neste sentido todas as asociacións manifestaron a súa colaboración, algunhas como AXCM ou AST só co Concello, e as outras co Concello e con Federacións ou Entidades externas ó territorio. Neste senso, ningunha asociación colaborou con outras do municipio nos últimos anos. Isto débese, por un lado, a que non atopan puntos en común entre os seus obxectivos; por outro, porque entenden, como a AET, que o primeiro que deben facer é crecer internamente para poder colaborar de igual a igual. Se partimos do que entendemos por Estado Relacional, ao que aludíamos no apartado teórico deste TFG, é fundamental que á marxe da colaboración cidadanía-goberno tamén se cren redes entre as asociacións do 18 municipio, que permitan -como ben indicaba o representante da AET-, crecer internamente. Pero crecer dende unha base de colaboración e intercambio. O grupo de discusión (GD) que se levou a cabo comezou facendo referencia á falta de traballo interasociativo e abordando as posibles causas que identificaban desta realidade. Comezaron indicando como principais causas a falta de comunicación e de puntos en común. A medida que avanzou o GD as declaracións mudaron. Un exemplo claro disto son as palabras da representante da AMR que na entrevista individual expuña que as outras asociación non tiñan case actividade ou que o que realizaban non se vinculaba con elas. No grupo de discusión realizou unha reflexión de interese pois, despois de coñecer o que facían as outras asociacións, indicou que “igual é que nunca falamos nin sabemos o que facemos uns nin os outros e non nos interesamos. E pensamos que nos vamos aburrir.” De feito, defendeu a postura de que unha colaboración entre as asociacións de carácter social coa empresarial sería posible no sentido de que “toda actividade que se teña de calquera ámbito que sexa sempre repercute no resto”. Esta declaración fai unha referencia clara ó que entendemos como desenvolvemento comunitario. Accións pensadas, que como fichas de dominó, afectan a outros colectivos e repercuten neles e na comunidade. É inevitable –e ademais é o que se pretendeque unha actividade que se realiza no marco dunha comunidade concreta repercuta na mesma e nos axentes que a compoñen. Desta maneira a ANPA, AXCM e a AMR cren nunha posible colaboración coa AET, que durante o grupo de discusión fixo fincapé no seu papel empresarial desvinculándose así do resto de asociacións. De todos os xeitos, a evolución do grupo mudou en parte a visión empresarial para acabar concluíndo que sería posible que houbese sinerxías entre elas. Este feito foi un exemplo a pequena escala da sociedade postindustrial, como algúns autores a denominan, na que vivimos. As empresas como tal parecen estar á marxe da vida social que as rodea, no noso caso, baseándose en argumentos económicos eran incapaces de vincular estes intereses a actuacións sociais. De novo, apelando ó emerxente Estado Relacional, demándase unha colaboración entre os principais axentes que conforman a comunidade: asociacións, empresas e administración. Retomando a estrutura da entrevista, na derradeira pregunta deste bloque de cuestións xerais facíamos referencia á relación das asociacións coa administración municipal e a súa colaboración. Todas as asociacións indicaron que a relación mellorou moito co cambio de goberno, mostraron unha conformidade coa “relación e axuda” que teñen por parte do concello. Só a ANPA manifestou un menor grao de satisfacción indicando que “de nada a algo...mellorou” cando antes era “máis ben tirando a frouxa, inexistente”. No GD entendemos que era necesario dedicar un bloque de contido á relación coa administración, inquirindo sobre as relacións que debería ter o concello coas asociacións. Neste momento discreparon en certos puntos. Por unha banda, a ANPA reivindicou que a 19 administración se debería preocupar “un pouco polo que queremos nós tamén, porque eu creo que tamén os podemos apoiar”. Pola contra, dende a AET falouse de “mamá administración”, no sentido no que as asociacións non deben ir pedindo senón ofrecendo algo para reclamar axuda dos poderes públicos. Tamén indicaron, dende AET, que é “fundamental que o concello traballe, axude e colabore coas asociacións porque son parte do territorio [...]”, neste punto conflúen as opinións coa do representante do goberno municipal, que indicaba na súa entrevista que o papel das asociacións debía ser “transcendental na vida cotiá do Concello, é dicir, creo que as asociacións teñen que estar ó mesmo nivel que o Concello”. Con estas declaración semella facer referencia a un modelo de goberno horizontal coa cidadanía, na que a opinión dos cidadáns e cidadás tivese a mesma repercusión que a do equipo de goberno. A realidade é que “a outra política, a que representa a poboación civil, organizada ou non, pero non protagonista nin real, nin mediática é considerada outra cousa [...] pero non política” (Heras, 2008, p.18). Para que sexa real e recoñecida débense promover procesos que lle proporcionen á cidadanía voz e marxe de decisión, máis alá do voto, na vida do seu concello. Equipamentos sociocomunitarios O seguinte bloque das entrevistas facía referencia directa a cuestións relacionadas cos equipamentos de uso comunitario. O primeiro ó que aludimos foi a se eran coñecedores dos equipamentos cos que contaba o concello e á posibilidade de solicitar o seu uso. Neste momento todos/as os/as representantes das asociacións afirmaron que os coñecían, e de feito que os empregaron nalgunha ocasión. Este dato foi apoiado cos resultados da análise dos cuestionarios, na que a característica que aludía á facilidade de recoñecelos acadou unha valoración media de 3.57 sobre 4. Aínda así, a frecuencia de uso entre as asociacións é moi distinta. A ANPA, novamente, manifestou o seu descontento indicando que nin o propio concello os coñecía e expresaron os problemas que tiveron en varias ocasións para solicitar o seu uso. En xeral, os equipamentos que utilizan máis asiduamente son a biblioteca e o pavillón e indicaron que a súa solicitude é sinxela en tanto que, en moitas ocasións basta con solicitar as chaves. Isto contradise coa responsable da xestión dos equipamentos, a psicóloga do concello, que indicou que sempre é preciso cubrir unha solicitude para o seu uso e así levar un rexistro. Aínda que puntualizou, que realizar o rexistro “depende, porque hai moitas veces que coinciden actividades”. De todos os xeitos, ela manifestou que sempre que se solicite poderanse empregar sen ningún problema. A seguinte das cuestións buscaba saber que recursos botaban en falta nos equipamentos. Nesta pregunta houbo certas discrepancias. Por unha banda, a AXCM e a AMR demandan 20 recursos humanos, pero dende perspectivas diferentes. A AXCM indica que unha limitación do uso da biblioteca é que non ten unha persoa ó seu cargo, polo que permanece sempre pechada. Por outra banda, a AMR fai referencia a recursos humanos aludindo á baixa participación cidadá. A AST móstrase satisfeita cos equipamentos en xeral. En canto á valoración do persoal cualificado dos equipamento acadou unha puntuación media de 1,71, alegando na meirande parte dos casos que era difícil de puntuar xa que non había persoal encargado dos espazos. De todos os xeitos coinciden varias, entre as cales se atopa AET, indicando que para unha zona rural están moi ben, de feito o informante C. de AET manifesta que os equipamentos están infrautilizados, que o seu uso se atopa ó “30%, pero porque A Veiga está espertando”. Tamén salienta que para que un territorio se desenvolva precisa de recursos que, como neste caso, se sitúan por enriba das súas posibilidades pero que é necesario que sexa así para permitir o seu crecemento”. Estas declaracións coliden fortemente co que nos indica López de Aguileta (2000, p. 241) cando di que “[...] a determinación de construír un equipamento debe partir sempre dun estudo de necesidades”. Aínda así subliña que se debe ter en conta que non todas as necesidades se cobren nos equipamentos, por tanto, a simple creación dun novo espazo non implica directamente unha mellora na comunidade. Uso dos equipamentos sociocomunitarios Este tema, debido ás súas discrepancias, foi un obxecto a tratar no GD. Preguntouse directamente sobre a infrautilización dos equipamentos, e a AXCM, AMR e a ANPA coincidiron confirmando esta realidade. En primeiro lugar, a representante da AMR facía referencia á concepción veciñal “[...] de que para utilizalos ten que haber unha persoa que traballe alí de xeito fixo”. Entón, propuxo a creación dun voluntariado para abrir a biblioteca, equipamento no que se concentra a demanda de persoal, como tamén apuntaba a psicóloga na súa entrevista. Posteriormente indicou que dito voluntariado xa fora ofrecido ó concello pero que non recibiu resposta. En segundo lugar, a ANPA considerou relevante facer alusión a Aula da Natureza, que baixo o seu punto de vista é o máis infrautilizado. Esta situación concorda coa realidade xeral dos equipamentos de carácter ambiental, que sofren dunha constante “discriminación” en canto que para os gobernos actuais inverter en educación ambiental non é unha das súas prioridades. A AMR defendía que iso se debe novamente á escasa participación, pero reflexionando apuntou que “se a consideras como aula da natureza en si pois é que tampouco hai actividades propias”. E non as hai porque permanece pechada todo o ano e só abre o mes de agosto como un bar, que –evidentementenon ten ningún carácter relacionado coa “fin” para a que foi construída. 27 Isto, xunto cos factores anteriores, propiciou que a crise do movemento asociativo rural sexa moito máis aguda. Neste sentido, a administración local debe actuar. Debe comprender que a supervivencia do territorio ó que representa se debe á calidade de vida das persoas que o habiten e que en parte está determinada pola implicación e participación da propia veciñanza. Deste xeito o que pretendemos neste traballo é visibilizar a vinculación que existe –ou debe existirentre os equipamentos sociocomunitarios e a participación da cidadanía. Vemos nos equipamentos unha potencialidade clara: son punto de encontro entre a cidadanía, as asociacións e a administración. Os equipamentos son infraestruturas públicas que deben servir por e para os cidadáns/ás. Pero a valoración que deles se ten semella relegalos a un segundo plano. Deste xeito as zonas rurais loitan pola construción de infraestruturas nos seus territorios en moitas ocasións pensando que a súa simple creación implica unha mellora, e o certo é que a súa creación sen dinamización non é nada máis que un novo espazo pechado. Deste xeito buscamos poñer en valor o potencial dos equipamentos sociocomunitarios para favorecer procesos de participación. No caso do Concello de A Veiga constatamos que os equipamentos están infrautilizados. Manifestouse que precisan de recursos humanos que os doten de actividade e os dinamicen. Por outra banda, en relación á participación social, concluíuse que é moi escasa debido á falta de información, de interese e vontade, de comunicación e de difusión das actividades municipais. Neste sentido o traballo en rede tamén se ve afectado, sobre todo de xeito interasociativo, xa que a colaboración co Concello é existente, aínda que sempre mellorable. Neste sentido propoñemos unha serie de recomendacións dende a perspectiva da Pedagoxía-Educación Social para unha maior rendabilidade social, acadando así o derradeiro obxectivo deste traballo; búscase tamén dar resposta ós factores limitantes da participación que se identificaron no traballo de campo. En primeiro lugar, propoñemos a creación dun grupo de coordinación das asociacións, de xeito que se estableza unha canle de comunicación permanente entre as cinco entidades, que lles permita organizar proxectos en conxunto. Cabe destacar neste sentido, que ó remate do grupo de discusión propuxemos esta iniciativa e acordamos levala a cabo. Deste xeito, as asociacións xa comezaron a colaborar e realizaron a súa primeira actividade en conxunto en Xuño, unha xornada de xogos tradicionais o día de fin de curso da escola. Desta maneira, deseñaron unha actividade interxeracional que potenciou a participación, a visibilización das asociacións e abriu a escola á comunidade. En segundo lugar, é necesario que dende o concello se leve a cabo unha planificación sistemática que responda a unha análise de necesidades previa e a uns obxectivos 28 definidos. Os medios de difusión teñen que ampliarse para que toda a cidadanía teña coñecemento das iniciativas e estea en igualdade de condicións á hora de participar. Aproveitando a creación do grupo de coordinación, sería de interese manter reunións periódicas co concello para trasladarlle as demandas da cidadanía e acordar actuacións conxuntas. Todo este proceso, tería que ser totalmente horizontal. En terceiro e último lugar debemos falar dos equipamentos sociocomunitarios. Intentando paliar a infrautilización á que aludían as asociacións, e a falta de actividades e persoal propoñemos as seguintes recomendacións.  Creación dun grupo de voluntariado. Esta é unha iniciativa que propuxeron no grupo de discusión como alternativa á falta de persoal que abra a biblioteca. Formulamos esta alternativa de xeito temporal, xa que entendemos que o voluntariado en ningún caso debe suplir o labor de persoal cualificado, senón complementalo.  Cesión da aula da natureza ó grupo de coordinación. Este equipamento acolle tan só dúas actividades ó ano. Neste sentido, propoñemos que sexa coxestionado polo grupo de coordinación das asociacións unha vez este estea fortalecido e maduro para afrontar este desafío. Parécenos unha forma de, por unha banda, dar resposta á demanda de locais das asociacións que manifestaba a psicóloga e, por outra , dinamizar a aula da natureza, o equipamento máis infravalorado con diferenza.  Creación dun banco do tempo. A meirande parte das actividades que se propuxeron durante o grupo de discusión facían referencia ó intercambio de coñecementos. En primeiro lugar porque valoran a sabedoría popular, en segundo, porque os seus recursos sempre foron limitados e estas alternativas permiten actuar dentro dunha marxe económica reducida. Neste senso propuñan: un club da calceta, charlas de carácter ambiental, xogos tradicionais, andainas populares, etc. Todas estas actividades serían desenvoltas por persoas da propia comunidade. Vemos unha clara vinculación coa filosofía dos bancos do tempo como promotores do desenvolvemento comunitario local, xa que permiten e fomentan a creación de redes sociais e neste caso promocionarían o uso dos equipamentos como punto de encontro e facilitadores de proxectos comúns. Bibliografía Agenda 21 da Cultura. (2004). Recuperado de http://www.agenda21culture.net/index.php/es/ docman/agenda21/222-ag21es/file Aguilar, L. (2010). GOBERNANZA: El nuevo proceso de gobernar. México: Fundación Friedrich Naumann para la Libertad. Alberich, T. (2007). Asociaciones y Movimientos Sociales en España: Cuatro Décadas de Cambios. Revista De Estudios de Juventud, 76, 71-89. Recuperado de 29 http://www.injuve.es/sites/default/files/2012/32/publicaciones/Revista-76-capitulo- 4.pdf Alberich, T. (1999). Gestión pública, participación ciudadana y desarrollo local. Propuestas para una gestión participativa y eficiente de lo público. Política y Sociedad, 31, 163- 174. Recuperado de http://revistas.ucm.es/index.php/POSO/article/view/POSO 9999230163A/24789 Bauman, Z. (2003). Comunidad. En busca de seguridad en un mundo hostil. Madrid: Siglo XXI Bouzada, X. (2005). Asociacionismo e sociedade democrática. En Pérez Rúa, M., Caballo, M., e Montero, P. (coords.) Asociacionismo e participación cidadá: Análise e propostas. A Coruña: Deputación Provincial de A Coruña, pp. 11-20. Caballo, M.B et al (1997). 131 Conceptos clave en Educación Social. Santiago de Compostela: Universidade de Santiafo de Compostela. Caballo, M.B. (2008). “Administración pública, asociacionismo e participación cidadá. As administracións públicas: promotoras da participación cidadá”. En Meira, P.A. e Montero, P. (coords.), Asociacionismo e cidadanía. Unha análise do movemento asociativo-cultural na provincia da Coruña. A Coruña: Deputación de A Coruña, pp. 195-200 Caride, J.A. (2008). “Introdución. O asociacionismo como tema de estudo e indagación social”. En Meira, P.A. e Montero, P. (coords.), Asociacionismo e cidadanía. Unha análise do movemento asociativocultural na provincia da Coruña. A Coruña: Deputación de A Coruña, pp. 17-27. Constitución Española (1976). Recuperado de https://www.boe.es/legislacion/documentos/ ConstitucionCASTELLANO.pdf Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). Recuperado de http://dudh.es/ Fundación Kaleidos.red (2008). Equipamentos munipales de proximidad. Metodologías para la participación ciudadana. Gijón: Trea. Fundación Kaleidos.red (2013). El RE de los equipamientos de proximidad. Recuperado de http://kaleidosred.org/wp-content/uploads/2013/05/Conclusiones-Generales.pdf Fundación Kaleidos.red (2015). Las políticas y servicios de proximidad en el ámbito local: una oportunidad para la innovación social, la actividad económica y la gobernanza. Gijón: Trea. Heras, P. (2008). La acción política y la acción comunitaria. En Heras, P. (coord.), La acción política desde la comunidad (pp. 15-38). España: Imprimeix. Instituto Galego de Estatística. (2016). Banco de datos municipal. Concello: Veiga, A. Recuperado de http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003003&ruta= navmunicipal. jsp? ESP=32083&CONCELLO=Veiga,%20A 30 PNUD (2002). Informe sobre Desarrollo Humano. Profundizar la democracia en un mundo fragmentado. New York: Mundi-Prensa. Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. Boletín Oficial do Estado, 26 de marzo de 2002, num. 73, pp. 11981-11991. Recuperado de https://www.boe.es/boe/dias/2002/03/26/pdfs/A11981-11991.pdf Lei orgánica 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local. Boletín Oficial do Estado, 30 de decembro de 2013, num. 312, pp. 106430-106473. Recuperado de https://www.boe.es/boe/dias/2013/12/30/ pdfs/BOE-A-2013-13756.pdf López de Aguileta, I. (2000). Cultura y ciudad. Manual de política cultural municipal. Gijón: Trea. López-Cabanas, M., e Chacón, F. (1999). Intervención psicosocial y servicios sociales. Un enfoque participativo. Madrid: Síntesis. Moreno, L. (2013). La Europa asocial. Crisis y Estado del bienestar. Barcelona: Península. Morán, C. (2008): “Presupostos da participación social. A práctica social da participación cidadá”. En Meira, P.A. e Montero, P. (coords.), Asociacionismo e cidadanía. Unha análise do movemento asociativo-cultural na provincia da Coruña. A Coruña: Deputación de A Coruña, pp. 189-192. Marchioni, M. (2002). Organización y desarrollo de la comunidad. La intervención comunitaria en las nuevas condiciones sociales. En Serrate, M. L. (coord.), Programas de animación sociocultural (pp. 455-479). UNED. Observatorio Vasco de la Cultura (2015). El factor proximidad en las políticas culturales. Victoria-Gateiz: Departamento de educación, política lingüística y cultura. Recuperado de http://www.kultura.ejgv.euskadi.eus/contenidos/informacion/keb_argit hurbiltasun_fak_2015/es_def/adjuntos/factor_proximidad_politicas_culturales_2015.p df Pérez Rúa, M. (2006): "Conversa con… Xosé M. Rodríguez-Abella Gómez". Interea Visual 06. Acción socioeducativa. Deputación da Coruña, pp. 45-48 Rebollo, O. (2002). Bases político-metodológicas para la participación. Recuperado de http://habitat.aq.upm.es/boletin/n24/aoreb.html Sáez, J. e García Molina, J. (2006). Pedagogía Social. Pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial. Tójar, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. Madrid: La Muralla. Varela Crespo, L. (2010): “La Educación Social y los Servicios Sociales en los procesos de desarrollo comunitario: revitalización del trabajo en red”. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. 17, pp. 137-148. Recuperado de https://www.upo.es/revistas/ index.php/pedagogia_social/article/view/52 31 Anexo I. Protocolo de entrevista ó alcalde. A presente entrevista foi deseñada por unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela de 4º curso do Grao de Educación Social. O seu obxectivo é obter a información necesaria para realizar o Traballo de Fin de Grao titulado “Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)”. Consideramos que vostede é un informante clave para analizar a realidade do movemento asociativo do concello de A Veiga A información recollida será totalmente confidencial e anónima, e o seu uso limitarase ó ámbito académico. Rógase a autorización para gravar esta entrevista, pois iso facilita o posterior tratamento dos datos. Moitas grazas pola súa colaboración. 1. Cre que os equipamentos cos que conta o concello son suficientes? 2. Teñen en mente a creación/rehabilitación dalgún equipamento máis nos próximos anos? 3. Como cualificaría o estado dos equipamentos municipais? 4. E, o uso que se fai deles? a. Cal é o principal problema co que se atopan a hora de xestionalos? 5. Teñen unha programación anual de actividades? a. Pero, esas actividades que facedes responden a un Plan establecido ou van xurdindo e organízanse un ou dous meses antes? b. Quen/quenes son os encargados/as de realizala? c. É estable? d. Cal é o presuposto que se destina a esta programación? 6. En que medida, colaboran coas asociacións? a. Como cualificaría o movemento asociativo? 7. Como valora a participación dos veciños/as nos equipamentos? 8. Por que é importante que un concello coma o noso conte con este catálogo de equipamentos? Que potencialidades teñen para o territorio? 9. Que actuacións, (en clave cultural e de aproveitamento dos equipamentos) lle gustaría levar a cabo? Anexo II. Protocolo de entrevista á Psicóloga do Concello. A presente entrevista foi deseñada por unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela de 4º curso do Grao de Educación Social. O seu obxectivo é obter a información necesaria para realizar o Traballo de Fin de Grao titulado “Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)”. Consideramos que vostede é un informante clave para analizar a 32 realidade do movemento asociativo do concello de A Veiga A información recollida será totalmente confidencial e anónima, e o seu uso limitarase ó ámbito académico. Rógase a autorización para gravar esta entrevista, pois iso facilita o posterior tratamento dos datos. Moitas grazas pola súa colaboración. 1. Cantos anos levas traballando no Concello? 2. Cales son as túas funcións? 3. Como cualificarías a evolución dos equipamentos municipais, dende que ti chegaches aquí ata o momento actual? a. Notas que é máis doado planificar actividades? Ou, pola contra, cada vez é máis complexo? b. Quen se encarga da súa xestión? Unha das túas funcións sería a xestión 4. Cales son as actividades que máis se demandan? a. Como chegan esas demandas ó concello? b. E hai algunha actividade que se demande e non se poida realizar? c. Antes de implementar unha actividade nova, realízase unha análise de necesidades previa? d. Cal é o sector da poboación ao que resulta máis difícil chegar? i. Que se fixo para intentar fomentar a súa participación? 5. A programación de actividades é estable? a. En función de que varía? b. Quenes son os encargados de realizar dita programación? 6. Como cualificaría o movemento asociativo da Veiga? a. Poden dispor dos equipamentos para realizar as súas actividades? b. De que maneira se xestiona esta cesión? i. Teñen que realizar unha solicitude? Prazos? ii. Levades un rexistro? iii. Cal é o equipamento que máis se demanda? A que cres que se debe que sexa o máis demandado e non outro? 7. En xeral, como valora a participación dos veciños/as nos equipamentos? 8. Xa para rematar, cales serían os puntos fortes e débiles que atopa en relación ó funcionamento dos equipamentos? Anexo III. Protocolo de entrevista ás asociacións. A presente entrevista foi deseñada por unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela de 4º curso do Grao de Educación Social. O seu obxectivo é obter a información necesaria para realizar o Traballo de Fin de Grao titulado “Educación Social e 33 equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)”. Consideramos que vostede é un informante clave para analizar a realidade do movemento asociativo do concello de A Veiga A información recollida será totalmente confidencial e anónima, e o seu uso limitarase ó ámbito académico. Rógase a autorización para gravar esta entrevista, pois iso facilita o posterior tratamento dos datos. Moitas grazas pola súa colaboración. CUESTIÓNS DE CARÁCTER XERAL (funcionamento, orixe, organización…) 1. En que ano se fundou a asociación? Por que? 2. Cales son os vosos obxectivos? 3. Cantos socios/as sodes na actualidade? 4. Onde acostumades facer as reunións? 5. Colaborades con outras asociación? Adoitades levar a cabo actividades conxuntamente con outras entidades? a. Como cualificariades a relación que tedes co Concello? Adoitades colaborar para a realización de actividades? CUESTIÓNS SOBRE OS EQUIPAMENTOS DE USO COMUNITARIO 6. Sodes coñecedores dos equipamentos cos que conta o concello, das súas características e da posibilidade de solicitar o seu uso? 7. Normalmente facedes uso dos equipamentos municipais? a. No caso de que a resposta sexa afirmativa, cales empregades con maior frecuencia e por que? i. É doado solicitar o uso destes equipamentos? b. No caso de que a resposta sexa negativa, por que non se fai uso deles? 8. Parécelle que están suficientemente equipados, ou pola contra, bota en falta algún recurso (material, humano, infraestrutura…)? 9. Nos últimos anos renováronse a maioría deles, chegando incluso a creación de novas infraestruturas, como é o caso do Pavillón “Terras de Trevinca”. Influíuvos, dalgún xeito, esta realidade? 10. Como vedes a participación dos veciños/as nos equipamentos municipais? 11. Xa para rematar, cales serían os puntos fortes e débiles que atopa en relación ó funcionamento dos equipamentos? 34 Anexo IV. Protocolo do grupo de discusión. O presente protocolo foi deseñado por unha alumna da Universidade de Santiago de Compostela de 4º curso do Grao de Educación Social. O seu obxectivo é obter a información necesaria para realizar o Traballo de Fin de Grao titulado “Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)”. Consideramos que vostedes son informantes clave para analizar a realidade do movemento asociativo do concello de A Veiga. Por este motivo, soliciteilles que nos volvéramos reunir, pero desta vez, como grupo de discusión e non nunha entrevista individual. A información recollida será totalmente confidencial e anónima, e o seu uso limitarase ó ámbito académico. Rógase a autorización para gravar esta reunión, pois iso facilita o posterior tratamento dos datos. Moitas grazas pola súa colaboración. PARTICIPACIÓN SOCIAL Nas entrevistas que realizamos con vostedes para coñecer o labor das asociacións que representan, constatamos que todas teñen un volume de actividades estimable e contribúen á dinamización da vida comunitaria na Veiga; pero non puidemos identificar traballo interasociativo. Neste senso, 1. Por que non teñen levado a cabo máis proxectos en conxunto? 2. Que beneficios tería que se colaborara máis entre as asociacións? 3. Que iniciativas poderían levar a cabo de forma compartida? Constatamos tamén que todas as asociacións valoraban que a participación dos veciños e veciñas é escasa, tanto no movemento asociativo como nas actividades que se programan. 4. Por que pensan que a colaboración dos veciños/as é baixa? Que factores están a limitar a participación? USO DOS EQUIPAMENTOS No que se refire ó uso dos equipamentos hai certa discrepancia en canto a se están infrautilizados ou non. Gustaríame contar coa súa axuda para profundizar na seguinte cuestión, 5. Os equipamentos cos que conta o concello están infrautilizados? Por qué? 6. De que maneira se podería rentabilizar mellor o seu uso? 7. Que papel pensan que pode xogar o momevemento asociativo neste proceso de incrementar o uso dos equipamentos? Tamén nas entrevistas comprobamos que a Aula da Natureza é o equipamento que menos utilizan as asociacións. 8. Cales son as razóns polas que a Aula da Natureza apenas se utiliza? RELACIÓN COA ADMINISTRACIÓN 35 Neste punto concordan en que o cambio de goberno foi positivo para o movemento asociativo, pero que sempre se pode mellorar; polo tanto, penso que sería proveitoso que reflexionaramos sobre as seguintes cuestións: 9. Que relación debe ter o Concello coas asociacións? 10. Desde a súa perspectiva, que podería facer o concello para conseguir unha maior participación social na Veiga? E para acadar un maior uso dos equipamentos? Anexo V. Cuestionario de valoración dos equipamentos de A Veiga. Para completar a información obtida coa entrevista, cubra, por favor, esta escala. Solicítase unha valoración global de todos os equipamentos socioculturais situados no núcleo urbano da Veiga. Sinale o seu grao de acordo tendo en conta que o 1 significa moi mal e o 4 moi ben. Moitas grazas polo seu tempo. Boa ubicación 1 2 3 4 Ben comunicado 1 2 3 4 Fácilmente recoñecible 1 2 3 4 Funcional (aadaptado ó uso que persegue) 1 2 3 4 Accesibilidade física (sen barreiras arquitectónicas, boa sinalización, etc.) 1 2 3 4 Acccesibilidade psicosocial (pode asistir calquer veciño/a e sentirse cómodo) 1 2 3 4 Polivalencia. 1 2 3 4 Calidade constructiva e boas dotacións. 1 2 3 4 Calidade do servizo. 1 2 3 4 Persoal cualificado. 1 2 3 4 Sostibilidade económica. 1 2 3 4 Rentabilidade social. 1 2 3 4 Competitividade (achega un alto número de actividades e ten unha programación atractiva, de xeito que, pode competir con outros servizos de características similares). 1 2 3 4 Participación veciñal 1 2 3 4 36 Anexo VI. Inventario de equipamentos de uso comunitario Equipamento nº1. Pavillón Polideportivo “Terras de Trevinca” Ano de construción: 2014 Dotacións xerais. O espazo está ocupado por un aparcamento, e dous edificios. Nun dos edificios situase o campo de fútbol sala, e no outro os vestiarios e o almacén. Non conta con gradas. Actividades que se realizan: Táboa nº1. Actividades estables do equipamento. Kárate infantil Martes e Xoves de 16:00 – 18:00 1 Ximnasia para adultos Martes e Xoves de 18:00 – 19:00 Fonte: Elaboración propia De xeito puntual o pavillón tamén acolle a celebración da cabalgata de reis, a comida do entroido ou o campionato de fútbol sala da Asociación Xuvenil “Cántara da Moura”. Fotos do espazo. 1 Todos os horarios foron proporcionados pola psicóloga encargada da programación cultural e recreativa do concello. 43 Volume de socios/as: 12 Obxectivos xerais:  Representar ás nais e pais ante o profesorado.  Representar institucionalmente ó colectivo de nais e pais para solicitar subvencións da administración. Actividades: Este ano desenvolveron un taller de igualdade de xeito estable. Paralelamente a isto promoven actividades extraescolares para a infancia. Lugar de reunión: na escola nunha aula. Asociación nº4. Asociación Cultural “O Son de Trevinca” Ámbito de actuación: promoción cultural. Ano de fundación: 2013 Volume de socios/as: 45 Obxectivos:  Representar ó colectivo do folión a nivel institucional. Actividades. Esta asociación está composta polos membros do folión. Esta agrupación é típica do entroido ourensán. Nestes momentos solicitaron unha subvención para recuperación de patrimonio inmaterial do entroido da contorna. Lugar de reunión: prazas, bares, e agora na sala de conferencias. Asociación nº5. Asociación Empresarial “Trevihost” Ámbito de actuación: empresarial Ano de fundación: 2002-2003 Volume de socios/as: 6 Obxectivos  Promocionar o destino turístico Trevinca-A Veiga.  Unificar os establecementos de turismo de natureza do concello. Actividades A última actividade que levaron a cabo foron as xornadas didácticas sobre as montañas de Trevinca. Regularmente organizan rutas de sendeirismo. Lugar de reunión: en establecementos privados.