Resolución reitoral do 9/07/2012 pola que se aproba unha nova versión do Documento de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela
Full text
Resolución Reitoral do 9/07/2012 pola que se aproba unha nova versión do Documento de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela (Rexistro de saída do 10-07-2012) Por Resolución Reitoral do 16/09/2004 se aprobou o documento de seguridade da USC. Os cambios normativos operados fixeron necesaria unha revisión do documento. Por outra banda, tamén mudou a estratexia da USC en materia de seguridade da información, tras a entrada en vigor da Política de Seguridade, aprobada polo Consello de Goberno o 14 de febreiro de 2011 e a constitución dun Comité de Seguridade da Información. Deste xeito a revisión do documento de seguridade e a nova redacción se fixo a través do Comité de Seguridade da Información que aprobou o documento, despois de varias reunións, con data do 27 de xuño de 2012. O obxectivo deste novo documento é que teña o maior coñecemento entre a comunidade universitaria e neste senso publicaranse na web as partes susceptibles de difusión, para que todo o persoal teña coñecemento dos seus deberes e obrigas en relación co manexo de datos persoais. Deste xeito e para facer efectiva a Lei de Protección de Datos, cómpre aprobar mediante Resolución Reitoral o contido da nova versión do Documento de Seguridade da USC. Por todo o anterior, este Reitorado Resolveu: Primeiro.- Aprobar o Documento de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela que se engade como anexo, que entrará en vigor na data de saída no Rexistro Xeral da USC. Segundo.- As modificacións ou versións novas deberán ser aprobadas por este mesmo órgano e procedemento, e en todo caso terase constancia das distintas versións do Documento e as datas de entrada en vigor das respectivas modificacións. Exceptúase do anterior a actualización dos anexos que serán aprobados polo Comité de Seguridade da Información. En todo caso constará a data de actualización e efectos, debendo conservarse as diferentes versións. Terceiro.- A presente resolución terá efectos dende a data de rexistro de saída da USC. Cuarto.- Queda sen efecto o Documento de Seguridade aprobado por Resolución Reitoral do 16/09/2004 Santiago de Compostela, 09/07/2012 O REITOR Juan J. Casares Long