scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

Regulamento de Réxime Interno DEPARTAMENTO DE QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DL COMPOSTELA CAPITULO PRELIMINAR Artigo 1 1. 0 Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), rexerase no marco do sinalado na Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades (LOU), na normativa regulamentaria que a desenvolva e sexa de aplicación, polo disposto nos Estatutos da USC e no presente Regulamento. 2. Todo o persoal docente e investigador vinculado ó Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía estará suxeito ó presente Regu]amento de Réxime Interno. 3. 0 Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía ten a súa sede na Facultade de Química da USC, onde se atopa a Secretaría do Departamento. Artigo 2 1. O Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC agrupa a tódolos docentes, investigadores e estudantes pertencentes ás áreas de coñecemento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía e Tecnoloxía de Alimentos, salvo os que obteñan a adscrición a outro departamento. 2. O Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía é o órgano encargado en tódolos centros da USC, e de acordo coa súa organización xeral, da programación e desenvolvemento da ensinanza e a investigación nas áreas de coñecemento citadas no punto anterior. Artigo 3 En relación co Artigo anterior, considerarase persoal investigador do Departamento a aqueles investigadores contemplados nos Estatutos da USC así como nos acordos de seu Consello de Goberno. Artigo 4 O Consello de Departamento poderá propor ó Consello de Goberno da USC a creación ou supresión de Seccións Departamentais, segundo o Artigo 52.5 dos Estatutos da USC o seu réxime de Funcionamento será o que estableza dito Consello de Goberno CAPITULO PRIMEIRO: dos Órganos de Goberno Artigo 5 Son órganos de dirección e xestión do Departamento de Química Analítica, Nutrición e J3romatoloxía os seguintes: a) O Consello de Departamento. b) O director do Departamento. e) O secretario do Departamento. Artigo 6 1. Por aplicación do Artigo 108.2 dos Estatutos da USC, o Consello de Departamento poderá nomear de entre os seus membros unha Comisión Permanente e comisións delegadas deste Consello, determinando as súas competencias e funcións. 2. Do mesmo xeito, para estudar asuntos puntuais, o Consello de Departamento poderá nomear de entre os seus membros comisións delegadas temporais, determinando a súa composición, competencias e funcións. A actuación destas comisións darase por terminada unha vez rematado o traballo para o que foran creadas. Artigo 7 1. 0 Consello de Departamento estará composto por: a) O director do Departamento, que convocará e presidirá as reunións do mesmo. b) O secretario do Departamento, que o será tamén nas reunións do Consello. e) Os doutores membros do Departamento. d) O profesorado e os profesores axudantes non doutores do Departamento con dedicación a tempo completo. e) O resto do persoal docente e investigador con dedicación a tempo parcial e os investigadores en formación e perfeccionamento, nunha proporción que non exceda o 10% do total de membros do Consello. f) Unha representación dos estudantes do ámbito de docencia do Departamento, elixida cada dous anos, que suporá o .25% do total de membros do Consello. Desa porcentaxe, o 10% corresponderá a estudantes do primeiro e segundo ciclos e o 15% a estudantes de terceiro ciclo. g) Un representante do Persoal de Administración e Servizos adscrito ó Departamento. 2. O Consello de Departamento poderá invitar a asistir ás súas reunións para tratar asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro da comunidade universitaria que poida resultar afectado por estes. 3. Tódolos representantes elixidos serano por un período de 2 años. A condición de membro do Consello perderase ó cesar a vinculación co Departamento, un ó deixar de cumpri-los requisitos precisos para ser elixido polo correspondente sector. Artigo 8 Corresponde ó Consello de Departamento: a) Elixir o director do Departamento e, no seu caso, propor ó reitor da USC a súa destitución mediante moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada pola maioría absoluta dos membros do Consello. b) A planificación e coordinación da actividade docente e a coordinación da actividade investigadora do Departamento, así como o control de seu cumprimento. e) A validación dos programas docentes e dos sistemas de avaliación das materias das que o Departamento len encargada a docencia. d) Formula-las demandas de profesorado do Departamento de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e de terceiro ciclo, e informar sobre a procedencia ou non da minoración, de cambio de denominación un de categoría dunha praza de profesorado do Departamento. e) Solicita-la convocatoria a concurso de prazas de profesorado, tanto funcionario corno contratado, e propor os membros das comisións correspondentes de acordo coa lexislación vixente. f) Propor ó Consello de Goberno o nomeamento de profesores eméritos. g) Aproba-lo orzamento anual do Departamento e a súa distribución. b) Aproba-lo balance anual de peche do exercicio económico. i) Elaborar e aprobar o Regulamento de Réxime Interno do Departamento. 1) Crear comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións. m) Promociona-lo perfeccionamento da docencia. n) Emiti-los informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do sen profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico dos seus estudantes. ñ) Informar, de acordo coa normativa correspondente, sobre peticións de permisos oficiais. o) De acordo coa correspondente normativa, tomar acordos e decisións relativos ós Estudos de Terceiro Ciclo. p) Informar sobre as peticións do Departamento de financiamento da investigación con cargo a fondos da USC un de outras institucións, e coñecer as subvenciones obtidas. q) Propor ó Consello de Goberno a creación de seccións departamentais. r) Calquera outra función que lle atribúa o presente Regulamento un calquera outra normativa vixente. Artigo 9 1. 0 Consello de Departamento reunirase por decisión do director ou a petición dun terzo dos seus membros. En calquera caso, celebrarase polo menos unha reunión ordinaria cada trimestre do ano académico. Cando se reúna a petición dun terzo dos seus membros, farao dentro dos dez días lectivos seguintes á petición 2. Salvo que haxa razóns que o xustifiquen ou que o Consello de Departamento acorde o contrario, as súas reunións terán lugar na sede do Departamento. 3. As reunións ordinarias do Consello de Departamento serán convocadas, ó menos, con 5 días de antelación. As reunións extraordinarias serán convocadas polo menos con 48 horas de antelación. 4. A convocatoria, que será persoal e dirixida ó centro de traballo, acompañarase da correspondente urde do día. 5. A urde do día fixaraa o director asistido polo secretario un a Comisión Permanente. Na mesma figurarán como puntos os asuntos que, coa suficiente antelación, foran solicitados por escrito por polo menos un 1000 dos membros do Consello de Departamento. 6. A documentación relativa ós asuntos incluídos na urde do día estará a disposición dos membros do Consello de Departamento na Secretaría do Departamento dende o momento da súa convocatoria. 7. O Consello de Departamento quedará constituído en primeira convocatoria coa presenza da metade máis un dos membros, incluíndo a presenza do director e o secretario, e dun quinto dos seus membros en segunda convocatoria, que se celebrará media hora máis tarde ca a primeira. 8. Os acordos tomados serano por maioría simple dos asistentes. 9. As votacións poderán ser públicas, a man alzada, un secretas cando o solicite un membro do Consello o cando afecte a persoas concretas. Artigo 10 1. A Comisión Permanente do Consello de Departamento estará composta polos seguintes membros, elixidos de entre os membros do Consello: a) O director do Departamento, que convocará e presidirá as reunións da Comisión. b) O secretario do Departamento, que o será tamén nas reunións da Comisión. e) Os directores das Seccións Departamentais, se as houber. d) Unha representación dos diferentes sectores do Consello:  3 profesores funcionarios doutores, 1 por cada área de coñecemcnto do Departamento.  1 profesor axudante un contratado.  1 bolseiro un investigador.  2 estudantes (1 de primeiro e segundo ciclo e 1 de terceiro ciclo). 2. Por cada membro da Comisión nomearase un membro suplente, o cal actuará no lugar do membro titular no caso de ausencia deste. No caso, como suplente do Director do Departamento actuará o Director Accidental e como suplente do Secretario do Departamento actuará o último membro en incorporarse á Comisión e, se son varios, o máis novo. 3. Os membros electos da Comisión Permanente serano nunha reunión do Consello, por un período de 2 anos e entre os membros de cada estamento do Consello de Departamento. No caso de ser necesaria unha votación, cada profesor poderá votar CO~() máximo duns candidatos, mentres que os restantes sectores, cada membro só poderá votar un candidato. 4. Cando a Comisión Permanente o estime oportuno, poderá invitar a asistir ás súas reunións para tratar asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro do Consello de Departamento. Artigo 11 Corresponde á Comisión Permanente do Consello do Departamento: a) Aproba-los informes sobre tarefas docentes e/un investigadoras do profesorado. b) Informar, de acordo coa normativa correspondente, sobre peticións de permisos oficiais. e) Solicitar, no caso de ter que facelo por vía de urxencia, a convocatoria a concurso de prazas de profesorado, tanto funcionario como contratado, e propor os membros das comisións correspondentes de acordo coa lexislación vixente. d) Aproba-las propostas dos programas de doutoramento do Departamento para a súa tramitación á comisión correspondente, excepto cando se propoña un novo programa. e) Nomea-los titores dos estudantes admitidos nos programas de doutoramento do Departamento. 1) Aprobar ou rexeitar os proxectos de tese de doutoramento e as modificacións de proxecto, director/es e/ou título, dar a súa conformidade para a presentación das teses e propor os membros das comisións que deberán xulgalas. g) Asesorar o director do Departamento en todos aqueles asuntos que este someta á súa consideración. h) Cantas outras funcións lle sexan encomendadas polo Consello de Departamento un lle atribúa este Regulamento. Artigo 12 1. A Comisión Permanente reunirase por decisión do director un mediante petición previa dun terzo dos seus membros. 2. As reunións ordinarias da Comisión Permanente serán convocadas, pulo menos, con 2 días de antelación. As reunións extraordinarias serán convocadas, pulo menos, con 24 horas de antelación. 3. No concernente á convocatoria de reunión, urde do día, asuntos a tratar, documentación, reunións e votacións, procederase conforme ó disposto neste Regulamento para as reunións do Consello de Departamento (Artigo 9). 4. O secretario levantará acta de cada reunión da Comisión Permanente e, na primeira reunión do Consello de Departamento que se celebre con posterioridade. informará ó Consello das actuacións da Comisión e dos acordos tomados por ela. Artigo 13 1. Os membros electos do Consello de Departamento e/un da Comisión Permanente cesarán por algunha das causas seguintes: a) Perda da condición pola que foran elixidos. h) A petición propia. e) Por finalización legal do seu mandato. 2. As vacantes que resulten dos ceses a que se refire o punto anterior serán cubertas por un novo membro. Artigo 14 1. O Departamento terá un director que será elixido polo Consello de Departamento de acordo cus Estatutos de la USC (Artigo 110.2). 2. En todo caso, o réxime de dedicación a tempo completo será tamén requisito imprescindible para ocupar o cargo de director do Departamento, de acordo co Artigo 72.1 dos Estatutos da USC. 3. 0 director será nomeado polo reitor da USC. O nomeamento será comunicado ó Consello de Goberno e ós decanos un directores dos centros onde o Departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras. 4. O cargo de director desempeñarase durante catro anos, e non se poderá ocupar durante máis de dous mandatos sucesivos, segundo o Artigo 72.3 dos Estatutos da USC. 5. No caso de ausencia ou enfermidade, o Director será substituído, como director accidental, polo membro do Departamento designado polo director, de acordo cus criterios especificados no Artigo 110.2 dos Estatutos da USC. e, no sen defecto, polo de maior antigüidade. 6. No caso de dimisión, o director continuará en funcións e convocará eleccións, que se celebrarán no prazo máximo dun mes lectivo dende o momento da dimisión, a non ser que por causas xustificadas deba ampliarse dito prazo. 7. O director, de acordo coa normativa electoral vixente, como mínimo un mes antes de finalizar o sen mandato, convocará eleccións e continuará en funcións ata o nomeamento de quen no sen caso o substitúa. Artigo 15 1. O director do Departamento será o encargado da súa representación. 2. Corresponde ó director do Departamento: a) Convocar e presidir as reunións do Consello de Departamento. b) Executa-los acordos adoptados polo Consello de Departamento e velar polo sen cumprimento. e) Organizar e coordinar do xeito máis adecuado e de conformidade co Consello de Departamento, os medios persoais e materiais dos que se dispuña para cumprir os (obxectivos investigadores e docentes do Departamento. d) Elaborar, con axuda do secretario, a memoria anual das actividades desenvolvidas polo Departamento. e) Elabora-lo proxecto de orzamento, executa-las previsións orzamentarias e presentar un balance ó final do exercicio. f) Calquera outra función que afecte ó Departamento e que non sexa explicitamente atribuída ó Consello de Departamento ou a outros órganos da USO. Artigo 16 1. 0 secretario do Departamento será nomeado polo director de entre os profesores e axudantes do Departamento. 2. Corresponde ó Secretario do Departamento: a) Dar fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, a representación e administración do Departamento. b) Custodia-los libros de actas e expedi-las certificacións dos acordos e de tódolos actos que consten nos documentos oficiais ou nos arquivos do Departamento. e) Expedir certificacións de cada acta un dunha parte da mesma, a calquera membro do Consello de Departamento que as solicite. d) Calquera outra función que lle atribúa a lexislación vixente, en particular os Estatutos da USO, así como aquelas que lle delegue o director. 3. 0 secretario cesará por decisión do reitor da USC, a proposta do director do Departamento ou a petición propia.