scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución 7-III-05 pola que se establece o réxime de prestación do persoal da USC que participe con ocasión da cesión de espazos

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

O Consello Social da USC na súa sesión de 29 de decembro de 2004 aprobou o orzamento da universidade e o anexo de tarifas por servizos universitarios no que se inclúen as tarifas a aplicar no suposto de participación de persoal da universidade con ocasión da cesión de espazos. Cómpre establecer o réxime de prestación das colaboracións do persoal, polo que, Este Reitorado resolve: Procederá pagar ao persoal da Universidade cando sexa necesaria a súa presenza nos centros con motivo da cesión de espazos en sábados pola tarde, en domingos ou festivos. A colaboración será sempre voluntaria e, de ser posible, rotativa. O xestor académico do centro ou no seu caso o responsable de asuntos económicos solicitará a colaboración do persoal. Os responsables de asuntos económicos emitirán a factura, segundo o modelo que se acompaña, indicando os diferentes conceptos de acordo coas tarifas establecidas para a cesión de espazos. O importe que corresponde facturar pola participación do persoal debe ser o total que resulta de aplicar a tarifa e o custo de seguridade social. O IVE aplicarase sobre todos os conceptos incluídos na factura. O responsable de asuntos económicos, proporá á Xerencia, a través do Servizo de Xestión de Persoal, o pagamento do persoal do centro, para o que deberá cumprimentar o formulario que se acompaña. Tamén tramitarán as modificacións orzamentarias para a xeración de crédito nas partidas orzamentarias do capítulo I polas que se vaian pagar as colaboracións e naquelas outras partidas do centro que financian a cesión de espazos, segundo o formulario que se acompaña. Ditas contías pagaranse en concepto de gratificacións por servizos extraordinarios. Cando se trate de persoal funcionario imputarase á partida orzamentaria 8125 3000 15011 en concepto de plus de actividade por servizos extraordinarios. Cando se trate de persoal laboral imputarase á partida 8125 3000 13200. Nos supostos en que non fora posible o cobro da factura, as obrigas recoñecidas con cargo a ese dereito deberán ser financiadas polo crédito ordinario do centro. Santiago, 7 de marzo de 2005 Senén Barro Ameneiro Reitor da Universidade de Santiago de Compostela Retribucións Retribución media xornada-Grupo III 60,00 € Retribución media xornada-Grupo IV1 e IV2 50,00 € Retribución media xornada-Grupo C º 60,00 € Retribución media xornada-Grupo D 50,00 € Retribución xornada completa-Grupo III 90,00 € Retribución xornada completa-Grupo IV1 e IV2 75,00 € Retribución xornada completa-Grupo C 90,00 € Retribución xornada completa-Grupo D 75,00 € A estas retribucións hai que engadir os costes da Seguridade Social: 31,59% Persoal laboral fixo - 32,30% Persoal laboral eventual 25,19% Persoal funcionario Tal e como establece a Resolución Reitoral de data 7 de marzo de 2005 pola que se establece o réxime de prestación do persoal da USC que participe con ocasión da cesión de espazos e o procedemento para o pagamento de dita prestación, elévase a seguinte proposta: PROPOSTA PAGAMENTO AO PERSOAL POR CESIÓN DE ESPAZOS Días cedidos __________________________________________Entidade ______________________________________________ Factura número ____________________________Data factura____________________ Nome do traballador NIF Grupo Número de xornadas traballadas Tarifa Total a percibir Responsable de asuntos económicos Conforme coa proposta Facultade de O xerente Asdo: Datos cliente Subtotal % IVE TOTAL Formas de pagamento - Efectuar ingreso na c/c:0049-2584-99-2414005499 - Talón bancario a nome da Universidade de Santiago de Compostela - NOTA: facer referencia ao número da factura ao efectuar o pagamento Factura número: Data: NIF/CIF cliente: CIF Universidade de Santiago de Compostela ES-Q1518001A Unidades Concepto Prezo unitario Importe