scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Elección de autoinxector ou spray nasal para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado

Triñanes Pérez, Laura

Abstract

Este traballo estuda a percepción dos futuros/as mestres/as sobre o uso do autoinxector e o atomizador de adrenalina empregados na atención das reaccións anafilácticas. Para iso, formouse a un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, quenes, posteriormente, interviron nunha simulación de reacción anafiláctica. A simulación constaba de dúas partes, na primeira podían escoller o dispositivo a empregar (autoinxector/atomizador); mentres que na segunda, empregarían o rexeitado previamente. Unha vez finalizadas as dúas partes, cubriron un cuestionario no que explicaban as razóns polas que preferían un dispositivo sobre o outro e tamén os motivos polos que nunha situación real usarían o non escollido de primeira opción de ser o caso. Así, dos 23 participantes, 16 (69,7%) preferiron o autoinxector e 7 (30,4%) o atomizador. No caso deste último, ningún cambiaría de dispositivo; mentres dos 16 que seleccionaron o autoinxector, 9 (56,3%) volverían a escolello e 7 cambiarían. Os principais motivos da elección tiveron que ver coa facilidade e fiabilidade que lle confiren ao autoinxector; porén, unha vez utilizados os dous, a facilidade de uso do atomizador fixo que case a metade cambiaran a súa elección

Full text

Facultade de Ciencias da Educación Traballo de fin de grao Elección de autoinxector ou spray nasal para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Laura Triñanes Pérez Xuño, 2022 Traballo presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre/a de Educación Primaria. Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Elección de autoinxector ou spray nasal para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Elección de autoinyector o spray nasal para la atención de reacciones anafilácticas por parte del futuro profesorado Auto-inyector or nasal spray choice among forthcoming teachers to take care of anaphylactic reaction 2 3 Índice Resumo, resumen e abstract.................................................................................................... 4 Índice de táboas e figuras ......................................................................................................... 6 1. Introdución............................................................................................................................... 7 2. Marco teórico .......................................................................................................................... 9 3. Obxectivos ............................................................................................................................. 14 4. Metodoloxía ........................................................................................................................... 15 4.1. Mostra ............................................................................................................................. 15 4.2. Deseño ........................................................................................................................... 16 4.3. Instrumentos e variables.............................................................................................. 17 4.3.1. Cuestionario inicial formativo ............................................................................... 17 4.3.2. Datos dos participantes ........................................................................................ 18 4.3.3. Follas de avaliación ............................................................................................... 18 4.4. Instrumentos de administración .................................................................................. 18 4.5. Análise estatística ......................................................................................................... 20 5. Resultados ............................................................................................................................ 21 5.1. Datos dos participantes ............................................................................................... 21 5.2. Cuestionario incial informativo .................................................................................... 21 5.3. Avaliación da simulación ............................................................................................. 23 5.4. Cuestionario de percepcións dos participantes do autoinxector e do atomizador de adrenalina......................................................................................................................... 27 6. Discusión ............................................................................................................................... 30 7. Limitacións do estudo .......................................................................................................... 33 8. Conclusións ........................................................................................................................... 34 9. Futuras liñas de investigación ............................................................................................ 35 10. Contribución á mellora das competencias profesionais .............................................. 36 11. Referencias ......................................................................................................................... 37 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Resumo Este traballo estuda a percepción dos futuros/as mestres/as sobre o uso do autoinxector e o atomizador de adrenalina empregados na atención das reaccións anafilácticas. Para iso, formouse a un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, quenes, posteriormente, interviron nunha simulación de reacción anafiláctica. A simulación constaba de dúas partes, na primeira podían escoller o dispositivo a empregar (autoinxector/atomizador); mentres que na segunda, empregarían o rexeitado previamente. Unha vez finalizadas as dúas partes, cubriron un cuestionario no que explicaban as razóns polas que preferían un dispositivo sobre o outro e tamén os motivos polos que nunha situación real usarían o non escollido de primeira opción de ser o caso. Así, dos 23 participantes, 16 (69,7%) preferiron o autoinxector e 7 (30,4%) o atomizador. No caso deste último, ningún cambiaría de dispositivo; mentres dos 16 que seleccionaron o autoinxector, 9 (56,3%) volverían a escolello e 7 cambiarían. Os principais motivos da elección tiveron que ver coa facilidade e fiabilidade que lle confiren ao autoinxector; porén, unha vez utilizados os dous, a facilidade de uso do atomizador fixo que case a metade cambiaran a súa elección. Palabras chave: anafilaxia, adrenalina, atomizador, autoinxector e formación. Resumen Este trabajo estudia la percepción de los futuros/as maestros/as sobre el autoinyector y el atomizador de adrenalina empleados en la atención de las reacciones anafilácticas. Para ello, se formó a un grupo de estudiantes de la Facultad de Ciencias de la Educación de Santiago de Compostela, quienes, posteriormente, intervinieron en una simulación de reacción anafiláctica. La simulación constaba de dos partes, en la primera podía escoger el dispositivo a emplear (autoinyector/atomizador); mientras que en la segunda, emplearían el descartado previamente. Una vez finalizadas las dos partes, rellenaron un cuestionario en el que explicaban las razones por las que preferían un dispositivo sobre el otro y también los motivos por los que en una situación real usarían el no escogido de primera opción de ser el caso. Así, de los 23 participantes, 16 (69,7%) prefirieron el autoinyector y 7 (30,4%) el atomizador. En el caso de este último, ninguno cambiaría de dispositivo; mientras que de los 16 que seleccionaron el autoinyector, 9 (56,3%) volverían a escogerlo y 7 cambiarían. Los principales motivos de la elección tienen que ver con la facilidad y fiabilidad que le confieren al autoinyector; sin embargo, una vez utilizados los dos, la facilidad de uso del atomizador hizo que casi la mitad cambiasen su elección. 4 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Palabras clave: anafilaxia, adrenalina, autoinyector, atomizador y formación. Abstract This research studies future teachers’ perceptions of adrenaline auto-injector and atomiser involved in anaphylactic reactions. For this purpose, a group of students of the Faculty of Education Science in Santiago de Compostela were trained and then they participated in a simulation of an anaphylactic reaction. The simulation was divided in two parts, in the first one they could choose the device they wanted to use (autoinjector/atomiser); whereas in the second part, they would use the one rejected previously. Once both parts were completed, they filled in a questionnaire explaining the reasons why they preferred one device over the other and also the reasons why in a real-life situation they would use the one rejected in the first part, if applicable. Thus, out of the 23 participants, 16 (69,7%) chose the auto-injector and 7 (30,4%) the atomiser. In this last case, none would switch devices; whereas out of the 16 who chose the auto-injector, 9 (56,3%) would do so again and 7 would change the device. The main reasons for this choice were related to the ease and reliability they attached to the autoinjector; however, once both were used, the ease of use of the atomiser led almost half of them to change their choice. Key words: anaphylaxis, adrenaline, autoinjector, atomiser and training. 5 6 Índice de táboas e figuras Táboa 1. Administración da adrenalina vía intramuscular (atomizador) ...................... 24 Táboa 2. Administración da adrenalina vía intramuscular (autoinxector)..................... 24 Táboa 3. Tempos totais das intervencións cos dous dispositivos ............................... 27 Táboa 4. Razóns de escolla dos dispositivos de administración de adrenalina ........... 28 Táboa 5. Razóns de cambios de dispositivo ............................................................... 29 Figura 1. Dispositivo de pulverización de adrenalina nasal Baqsimi de Lilly ............... 19 Figura 2. Jext 150 microgramos solución inyectable en pluma precargada marca ALKAbelló ......................................................................................................................... 19 Figura 3. Maniquí RCP Resusci Juniro QCPR marca Laerdal ..................................... 20 Figura 4. Respostas ás causas que provocan unha reacción anafiláctica amosadas en frecuencias relativas ................................................................................................... 22 Figura 5. Respostas aos síntomas que caracterizan unha reacción anafiláctica amosadas en frecuencias relativas ............................................................................. 23 Figura 6.Porcentaxes de participantes que cumpriron con todos os requisitos (incluída a chamada a emerxencias), amosadas en frecuencias relativas .................. 25 Figura 7. Porcentaxes de participantes que cumpriron con todos os requisitos específicos do emprego dos dispositivos amosadas en frecuencias relativas ............. 26 Figura 8. Preferencia entre autoinxecor e atomizador amosada en frecuencias relativas ................................................................................................................................... 27 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 1. Introducción Unha reacción anafiláctica consiste nunha reacción repentina e inmediata do organismo que, ademais, tamén leva consigo un risco de morte (Watts e Ditto, 2019). En canto aos desencadeamentos desta reacción, acordo coas investigacións máis actuais, estes están moi vinculados á idade (Worm et al., 2012). Deste xeito, afirman que, no caso dos nenos/as, os máis habituais son os alimentos e, no dos adultos/as, atópanse os axentes tóxicos e os fármacos. Ademais, tamén se deben ter en conta outros factores como o exercicio físico, as infeccións, o alcohol ou os aditivos, como posibles desencadeamentos dunha reacción anafiláctica (Worm et al., 2012). Segundo a información aportada por Rodríguez et al. (2020), as reaccións anafilácticas ocorren con frecuencia nos centros escolares. Deste xeito, levaron a cabo un estudo no que participaron tres escolas co obxectivo de comprobar o nivel de coñecemento e xestión destas reaccións por parte do profesorado e tamén para determinar se mellorarían despois dunha sesión formativa. O estudo contou con 53 participantes (85% docentes e 15% persoal das cafeterías), dos cales un 83% afirmaba dispoñer dun plan de xestión das reaccións alérxicas en estudantes, o 16% sabía cando empregar a adrenalina, o 15% sabía o xeito de utilizala e o 19% coñecía o procedemento previo a adminstración da adrenalina. Tras a formación, os/as participantes, cubriron un cuestionario no que se comprobou que o 100% consideraba que ampliaran os seus coñecementos. O estudo de Rodríguez et. al (2020) é indicativo da eficacia e relevancia deste tipo de formación nos profesionais da educación, por este motivo, neste traballo participaron alumnos e alumnas do 1º curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela. Preténdese estudar a selección do tipo de dispositivo de administración da adrenalina por parte do alumnado. A adrenalina é o principal tratamento empregado nas reaccións anafilácticas e, para a súa administración pódese proceder de varias formas. O método máis común é inxectar cunha agulla a adrenalina vía intramuscular mediante o emprego dun autoinxector. Actualmente, tamén se está comezando a comercializar outro procedemento que consiste en administrala vía intranasal cun atomizador.Tendo isto en conta, neste traballo, preténdese coñecer a percepción e predisposición dos/as participantes por empregar o autoinxector ou o atomizador, e avaliar as súas habilidades nun entorno simulado de reacción anafiláctica tras unha formación. O estudo do presente traballo dividiuse en dúas partes. A primeira delas consistiu nunha breve sesión formativa na que os/as participantes poderían adquirir ou ampliar os seus coñecementos sobre as reaccións anafilácticas, sobre os instrumentos para intervir 7 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado nunha e tamén sobre a súa relevancia nos centros educativos. A segunda parte do estudo consistiu nunha avaliación da actuación do alumnado participante nunha simulación dun caso de reacción anafiláctica. Cabe destacar tamén que, coa realización do presente traballo, púidose comprobar que parte dos axentes implicados na atención de posibles reaccións anafilácticas como pode ser o profesorado, precisan máis información e recursos para poder facer fronte a estas reaccións. Como se comprobará en apartados posteriores, existen investigacións que aseguran que as familias e demais axentes involucrados, non contan con plans específicos de intervención nin con gran cantidade de información sobre as reaccións anafilácticas e o que estas implican. Tendo isto en conta, neste traballo amósase un novo dispositivo de administración de adrenalina que se pode empregar como alternativa ao xa coñecido autoinxector. Deste xeito, ofrécese unha análise comparativa entre ambos instrumentos para que se poidan coñecer e visibilizar as diferencias entre os dous e que o público teña unha referencia estudada e contrastada para poder tomar como punto de partida á hora de decidir o instrumento a empregar para as reaccións anafilácticas. É importante o fomento de investigacións que abarquen esta temática, dado que a información que se atopa actualmente con referencia aos métodos de actuación ante unha reacción anafiláctica é bastante reducida. Deste xeito, podería aumentarse a eficacia dos tratamentos empregados e, principalmente, facilitarlle o traballo ás persoas que padecen desta condición. Por outra banda, incrementar o estudo das reaccións anafilácticas permitiría acadar máis información sobre os seus efectos e incidencia nos máis pequenos e pequenas, o cal podería desembocar nunha maior responsabilidade das escolas con esta problemática. Dado que na maioría dos centros escolares hai comedores, é moi importante que se teñan en conta as alerxias e posibles reaccións anafilácticas que poidan producir. Deste xeito, existirían máis posibilidades de que os centros educativos se implicasen máis no ámbito daautoprotección e os primeiros auxilios. Ademais, en consecuencia, tamén se poderían ter máis en consideración nos plans de estudos dos graos vinculados á educación. As reaccións anafilácticas son máis comúns do que popularmente se pensa, especialmente nos/as máis pequenos/as, motivo polo cal se necesita dunha formación axeitada que permita solucionalas. Dado que ao longo da carreira o alumnado dos graos de educación non conta cunha materia específica centrada nos primeiros auxilios, é importante propiciarlles recursos e medidas para que adquiran certas habilidades e coñecementos neste ámbito. 8 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 2. Marco teórico Unha reacción anafiláctica (tamén coñecida como anafilaxia), segundo Krcmová e Novosad (2019), consiste nunha seria reacción do organismo, de rápido desenvolvemento e potencialmente mortal, que sucede tras o contacto cun desencadeamento. Tendo en conta a Real Academia Nacional de Medicina de España (2012), as reaccións anafilácticas prodúcense despois da introdución dun antíxeno (como pode ser a picadura dunha abella ou un medicamento) no organismo dunha persoa sensible que ten anticorpos de inmunoglobulina E (IgE) concretos, que se corresponde cun anticorpo implicado na alerxia e na resposta inmune. Cando o antíxeno e o anticorpo entran en contacto ten lugar a reacción, dado que se liberan unha serie de substancias que afectan á vasodilatación, que aumentan a permeabilidade vascular e a contracción da musculatura lisa dos vasos sanguíneos e dos bronquios. Ademais, a Real Academia Nacional de Medicina advirte de que non se deben confundir os termos reacción anafiláctica e choque anafililáctico, dado que este último correspóndese co estadio máis grave das anafilaxias e é frecuentemente mortal. É importante sinalar que, de acordo con Bagos e Ledford (2022), as reaccións anafilácticas poden ser resultado dunha condición tanto alérxica como doutra diferente, aspecto que se verá clarificado posteriormente. Segundo Poowuttikul e Seth (2019), as persoas que sofren dunha anafilaxia, polo xeral, presentan síntomas que involucran a pel ou as membranas mucosas, seguido de síntomas respiratorios e gastrointestinais. Ademais, un estudo levado a cabo polo CDC COVID-19 Response Team e a Food and Drug Administration (2021), establece unha conexión entre a primeira dose da vacina fronte a COVID-19 de Pfizer-BioNTech e o desenvolvemento de alerxias que, en moitos casos, derivan en anafilaxias. O estudo establece que o 23 de decembro do 2020 administráronse un total de 1.893.360 primeiras doses da vacina de Pfizer-BioNTech en Estados Unidos. Das doses administradas, informouse que 4.393 (0.2%) persoas presentaron incidentes desfavorables, das cales identificáronse 175 posibles casos de reaccións alérxicas graves, incluíndo anafilaxias. A pesar de que é pouco común que as anafilaxias xurdan a raíz dunha vacina, obtivéronse 21 casos confirmados de reacción anafiláctica, dos cales, 17 correspondíanse con persoas que presentaban un historial de reacción alérxicas. Así, deses 17 casos, 7 tamén padeceron dunha reacción anafiláctica ao longo da súa vida. A investigación estableceu que, dos casos dos que dispoñían información, todos se recuperaran ou foran dados de alta (CDC COVID-19 Response Team, Food and Drug Administration, 2021). A prevalencia das reaccións anafilácticas varía dependendo de diversos factores, como por exemplo, os hábitos dunha determinada rexión. Algúns dos factores de risco máis 9 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado autoinxector e o atomizador. É dicir, avaliouse a intervención de cada un dos alumnos e alumnas unha vez realizada a formación previa na que obtiveron os coñecementos básicos para poder actuar nunha situación práctica. É preciso resaltar que todas as persoas que formaron parte do estudo participaron de forma voluntaria. Ademais, firmaron un consentimento conforme foran informadas do estudo que se ía a realizar, dos obxectivos e metodoloxía, entendendo que cedían os datos para divulgación científica e que podían abandonar o estudo en calquera momento sen que esto resultara prexuízo algún. Tódolos procedementos do presente traballo seguiron as recomendacións éticas da Declaración de Helsinki. 4.2. Deseño En primeiro lugar organizouse unha breve formación a cargo dunha profesional sanitaria do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. A duración foi de media hora e, neste tempo, os/as participantes coñeceron as orixes, síntomas e métodos de actuación ante as reaccións anafilácticas, así como a repercusión desta condición nas escolas e a importancia que debería ter nos centros educativos a formación en primeiros auxilios. Ademais, tamén tiveron a oportunidade de visualizar e manipular os instrumentos de administración de adrenalina. Tamén, previo á formación, os 46 participantes cubriron un cuestionario inicial, que nos valería como mostra dos coñecementos previos que posuían. Por outra banda, a segunda parte do traballo correspóndese co estudo avaliativo, que se levou a cabo á seguinte semana da formación e consistiu en analizar o procedemento a seguir do alumnado nunha simulación de reacción anafiláctica nun centro escolar, así como en comprobar os coñecementos adquiridos e determinar a preferencia por empregar o autoinxector ou o atomizador. A cada alumno/a presentóuselle o caso que tiñan que atender, sendo este que unha rapaza ou rapaz dun centro escolar no cal el/a estaba de profesor/a de garda no patio de recreo atopábase nun estado bastante preocupante: tiña ronchas vermellas na cara e, polo que se podía observar, tamén padecía de problemas para respirar. Segundo o que o rapaz lle informou, o neno ou nena convalecente inxeriu un anaco de chocolate, que parece ser que contiña trazas de froitos secos. A partir desta información, preguntábaselle ao/á participante que faría e como actuaría. Para levar a cabo a todo o procedemento, contábase cun manequín RCP Resusci Junior QCPR da marca Laerdal e cos dispositivos pertinentes para adminsitrar a adrenalina: o dispositivo de pulverización de adrenalina nasal Baqsimi de Lilly e o Jext 150 microgramos 16 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado solución inyectable en pluma precargada da marca ALK-Abelló; ámbolos dous instrumentos de administración de adrenalina eran modelos de adestramento, sen fármaco no seu interior. A simulación contaba con dúas partes, no primeiro caso o alumnado participante contaba cos dous dispositivos de administración da adrenalina para actuar, de tal xeito que podían escoller o que considerasen oportuno, o autoinxector ou o atomizador. No segundo caso debían realizar a intervención contando só co instrumento que non selccionaran na primeira casuística. Durante as diferentes intervencións cronometrouse a actuación dos/as participantes, controlando os tempos totais da intervención de cada persoa tanto co atomizador como co autoinxector. Finalmente, interrogouse aos participantes sobre as razóns polas que escolleron un instrumento de intervención ou outro; tamén se, de ter que intervir nunha situación real volverían a escoller o mesmo ou non e, en caso negativo, que xustificasen as razóns. 4.3. Instrumentos e variables Para o desenvolvemento do traballo fíxose uso dunha grande variedade de instrumentos, sendo estes os seguintes: 4.3.1. Cuestionario inicial informativo Elaborouse un cuestionario inicial no que se lle pedía aos/ás participantes que respondesen unha serie de preguntas para medir os coñecementos previos que tiñan sobre a temática a tratar. En primeiro lugar, preguntábaselles se algunha vez sufriran unha reacción anafiláctica e tamén se presenciaran algunha. As seguintes preguntas tiñan que ver con cuestións máis teóricas como determinar a definición de “reacción anafiláctica”. Para resolver esta pregunta contaban cunha serie de definicións das cales tiñan que escoller só unha. As definicións eran as seguintes: a. Unha reacción alérxica leve. b. Unha reacción alérxica grave. c. Unha reacción leve derivada dunha obstrución de vía aérea por corpo estraño. d. Unha reacción grave derivada dunha obstrución de vía aérea por corpo estraño. e. Unha reacción epiléptica leve. f. Unha reacción epiléptica grave. 17 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Unha vez identificada a definición, o seguinte que tiñan que responder neste cuestionario tiña que ver coas causas das reacción anafilácticas e, posteriormente, cos síntomas que presentan as persoas que as padecen. Nestas dúas preguntas, os/as voluntarios/as tan só tiñan que responder “si” ou “non” en función de si eran coñecedores deses dous aspectos ou non. En caso de que a resposta fose afirmativa, pedíaselles que enumerasen algúns exemplos tanto de causas como de síntomas. Finalmente, recordar que este cuestionario foi respondido polas 46 que participaron inicialmente no estudo, previa á formación. 4.3.2. Datos dos/as participantes Ao finalizar a intervención de cada persoa na simulación, tiñan que cubrir unha folla na que se lles pedía o seu nome, DNI, peso, altura e sexo. Ademais, nesta folla tamén debían responder unha serie de preguntas, sendo estas si tiñan algún tipo de formación no tratamento dunha reacción anafiláctica (sen contar a impartida para realizar este traballo) e, en caso afirmativo, tiñan que especificar se fora fai máis de 2 anos, entre 1 e 2 anos ou fai menos de 1 ano. Ademais, tamén se lles pedía especificar o dispositivo de administración de adrenalina que escolleron en primeiro lugar e o motivo, e a última cuestión recollida nesta folla consistía en responder si volverían a empregar ese mesmo instrumento se se volvese a dar unha situación como a que se lles acababa de presentar e, en caso de decidir cambialo, explicar as razóns. 4.3.3. Follas de avaliación Estas follas constan de dúas táboas que se ían completando a medida que a persoa voluntaria actuaba, unha das táboas correspondíase coas accións e procedemento dos/as participantes empregando o atomizador de adrenalina e, a táboa restante, reflexaba os do emprego do autoinxector de adrenalina. Nas follas recóllense aspectos como: se chaman a emerxencias en algún momento, o xeito no que utilizan os dispositivos de administración ou tamén que farían se, tras proporcionar a adrenalina, o neno ou nena segue sen mellorar. Tamén se tivo en conta e se recolleu nestas follas de avaliación o tempo total no que cada persoa realizou a simulación, dado que se cronometraron todas as intervencións. 4.4. Instrumentos de administración. 18 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Neste caso, fíxose uso dun dispositivo de pulverización de adrenalina nasal Baqsimi de Lilly (Figura 1), un Jext 150 microgramos solución inyectable en pluma precargada da marca ALK-Abelló (Figura 2) e un manequín RCP Resusci Junior QCPR da marca Laerdal (Figura 3). Figura 1. Dispositivo de pulverización de adrenalina nasal Baqsimi de Lilly Figura 2. Jext 150 microgramos solución inyectable en pluma precargada marca ALK-Abelló 19 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Figura 3. Manequín RCP Resusci Juniro QCPR 4.5. Análise estatística As variables continuas exprésanse en medidas de tendencia central (media) e de dispersión (desviación típica). As variables categóricas en frecuencias absolutas e frecuencias relativas. As análises fixéronse no programa Microsoft Excel para Mac (v.16.32). 20 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 5. Resultados A análise que se levou a acabo aparecerá dividida en varios apartados diferenciados nos que aparecen recollidos os resultados obtidos na simulación. Ademais, tamén cabe especificar que, para facilitar a visualización dos datos e a comprensión dos mesmos, farase uso de táboas e figuras que axudarán a clarificar toda a información que se pretende transmitir. Antes de comezar a expoñer os resultados obtidos tras a formación e a simulación, é preciso recordar que o número total de participantes que se ofreceu de maneira voluntaria a asistir á formación foi de 46 persoas. Destas, un total de 23 decidiu participar tamén na simulación posterior. 5.1. Datos dos participantes Dos 23 voluntarios e voluntarias que decidiron intervir na fase de avaliación da simulación, observouse que a gran maioría eran mulleres. En concreto, participaron 18 mulleres (78,3%) e 5 homes (21,7%). En canto ás idades, a media de todas elas foi de 19,5 anos ± 3,4. Polo que se refire ao peso, a media é de 63,9 kg ± 10,4; mentres que no referente á altura, atópase unha media de 169,7 cm ± 7,6. De todos eles e elas, só 2 persoas (8,7%) tiveron algún tipo de formación no ámbito das reaccións anafilácticas, sen ter en conta a impartida para a realización deste traballo. Ambas coinciden en que esa formación recibida tivo lugar nun período de tempo inferior a un ano. 5.2. Cuestionario inicial informativo Este cuestionario foi cuberto polas 46 persoas iniciais que participaron na formación e, como se explicou con anterioridade, constou dunha serie de preguntas que permitiron coñecer as ideas previas que presentaban os/as voluntarios/as antes de asistir á formación. Os resultados obtidos neste cuestionario inicial indican que 4 persoas (8,7%) padeceron algunha vez unha reacción anafiláctica, e que 6 (13%) presenciaron unha. En canto aos coñecementos sobre o concepto de anafilaxia, a gran maioría, que se corresponde cun total de 36 participantes (78,2%), consideraron que unha reacción anafiláctica consiste nunha reacción alérxica grave. Por outra banda, un total de 4 persoas (8,7%) estableceron que unha anafiaxia consiste nunha reacción alérxica leve. Outros/as 4 21 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado participantes (8,7%) consideraron que se trata dunha reacción epiléptica leve. Ademais, 1 dos voluntarios/as definiu a anafilaxia como unha reacción epiléptica grave. Finalmente, cabe destacar, que só 1 persoa non respondeu nada nesta pregunta sobre a definición de reacción anafiláctica. En canto ás preguntas referentes ás causas que provocan unha anafilaxia, un total de 23 persoas (50%) afirmaba coñecer as mesmas. As causas sinaladas polo alumnado foron as picaduras de insectos e as alerxias (Figura 4). Figura 4.Respostas ás causas que provocan unha reacción anafiláctica amosadas en frecuencias relativas. Como se pode observar na figura 4, as alerxias son as que aparecen cunha maior frecuencia, correspondéndose cun total de 21 persoas (93,1%) as que optaron por esa resposta. Polo que se refire ás picaduras de insectos, esta causa foi citada por un total de 4 persoas, que se corresponden co 8,7% que aparece no gráfico. Cabe destacar tamén que 1 persoa (2,2%) citou como causa das reaccións anafilácticas as inchazóns. Tal e como se comentou en apartados anteriores, as reaccións anafilácticas veñen derivadas de diversas causas, como poden ser a asma, as alerxias, as picaduras de insectos ou o exercicio físico intenso. Estas son as respostas válidas á pregunta do cuestionario. Pasarase agora a analizar as respostas dos/as participantes con referencia aos síntomas das persoas que padecen unha reacción anafiláctica. En primeiro lugar, comezar 22 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado dicindo que 24 persoas (52,2%) afirmaban coñecer eses síntomas. Á hora de redactar algúns exemplos, os nomeados foron os seguintes: dificultade respiratoria, mareos e ronchas na pel (Figura 5). Figura 5. Respostas aos síntomas que caracterizan unha reacción anafiláctica amosadas en frecuencias relativas. Tal e como se pode apreciar, o síntoma que máis se repite é o da dificultade respiratoria, que, concretamente, correspóndese cun 70,8%, o equivalente a 17 persoas. Polo que se refire ás ronchas na pel, un total de 12 participantes (50%) optaron por esta resposta. Mentres que polo que se refire aos mareos, foron nomeados por 8 persoas (33,3%). Finalmente, destacar que 1 persoa (4,2%), mencionou as fatigas como un dos síntomas das reaccións anafilácticas. É importante recordar que os síntomas das reaccións anafilácticas pódense presenciar a diferentes niveis, xa que poden afectar a nivel gastrointestinal (vómitos), poden involucrar a pel (ronchas e inchazón da cara), o sistema respiratorio (dificultade para respirar) e incluso poden afectar a nivel cardíaco e cerebral (perder o coñecemento). Deste xeito, calquera destes serían correctos como resposta á pregunta do cuestionario. 5.3. Avaliación da simulación 23 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Durante todo o proceso tívose en conta se os/as participantes chamaban ao servizo de emerxencias e en que momento o facían. Unha vez analizados todos os datos, comprobouse que, na primeira simulación, das 23 persoas, 13 (56,5%) chamaron a emerxencias. Polo que se refire ao momento no que realizaron a chamada, 6 (46,15%) chamaron ao principio da simulación, e 7 (53,9%) fixérono ao final. Na segunda simulación que tiñan que realizar os/as voluntarios/as, tamén foron 13 persoas (56,5%) as que chamaron a emerxencias. Delas, 8 (61,5%) fixérono ao principio do caso e 5 (38,5%) ao final. Para avaliar a actuación de cada participante nas dúas simulacións tivéronse en conta unha serie de requisitos que deberían cumprir para valorar positivamente a súa actuación. Co obxectivo de facilitar a comprensión e a visualización tanto da avaliación como dos porcentaxes de actuacións óptimas, farase uso de dúas táboas. En primeiro lugar amosarase a correspondente coa actuación dos/as participantes empregando o atomizador (Táboa 1): Táboa 1. Administración da adrenalina vía intransal (atomizador) Inserir a punta nunha das fosas nasais Empurrar o émbolo co polgar Administrar toda a medicación 20 (86,96%) 19 (82,6%) 17 (73,9%) Variables categóricas amosadas en frecuencias absolutas (frecuencias relativas). Como se pode apreciar na táboa 1, en xeral, a actuación dos/as participantes empregando o atomizador foi bastante axeitada. Pódese observar que case o 90% deles/as inseriu correctamente o atomizador e máis do 70% administraron toda a medicación. A continuación obsérvase a táboa correspondente coa actuación dos participantes empregando o autoinxector (Táboa 2): Táboa 2. Administración da adrenalina vía intramuscular (autoinxector) Retirar a tapa de seguridade 22 (95,7%) Dirixir o autoinxector cara a posición correcta da coxa 22 (95,7%) Suxeitar o autoinxector co puño pechado 22 (95,7%) Presionar o autoinxector enérxicamente contra a coxa 23 (100%) Manter o autoinxector na coxa durante 10 segundos 6 (20,1%) 24 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Táboa 2. Administración da adrenalina vía intramuscular (autoinxector) Masaxear a zona durante 10 segundos 5 (21,7%) Administrar a adrenalina na zona externa da coxa 14 (60,9%) Variables categóricas amosadas en frecuencias absolutas coas correspondentes frecuencias relativas. Neste caso, apréciase que o feito de proceder a inxectar a agulla foi realizado, polo xeral, de xeito bastante óptimo, dado que en todos os requisitos relacionados con ese aspecto o porcentaxe correcto de actuación sobrepasa o 90% dos participantes. En canto ás accións que se deben levar a cabo posteriormente á inxección, como son manter o autoinxector na coxa durante 10 segundos e dar masaxe na zona durante 10 segundos (para facilitar o fluxo da adrenalina), a porcentaxe dunha correcta actuación non é moi elevada, tendo en conta que está ao redor do 20% en ambos casos. Finalmente, comentar que a zona na que debe administrarse a adrenalina é na cara externa da coxa e, neste caso, case un 61% do total efectuou a inxección nesa área. Coa fin de comparar máis pormenorizadamente e tamén de diferenciar a actuación dos e das participantes na simulación segundo o tipo de vía de administración empregada, a continuación mostraranse dous gráficos nos que se recolle a porcentaxe das persoas que realizaron todos os pasos da intervención de maneira correcta tanto co atomizador como co autoinxector de adrenalina. O primeiro deles tendo en conta se chaman a emerxencias ou non (Figura 6) e, o segundo, tendo en consideración exclusivamente os requisitos que atinxen só ao emprego dos dispositivos (Figura 7). 25 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Na investigación participaron un total de 247 escolas e víronse implicados os distintos profesionais que traballan nas mesmas (profesorado, enfermeira escolar, orientador escolar, conductor/a de atutobus…), correspondéndose cun total de 4.818 persoas participantes. Deste xeito, os resultados da eficacia da formación levada a cabo aseguran que máis do 94% dos/as voluntarios/as consideraban que tiñan unha maior predisposición e autoconfianza para prever, recoñecer e intervir ante unha reacción alérxica. Outro aspecto importante a ter en conta é a pouca ou, practicamente, inexistente formación previa neste ámbito de primeiros auxilios e, probablemente, en xeral, no resto de áreas que abranguen os primeiros auxilios. Neste aspecto volve a observarse a necesidade e relevancia de estudos como o que se presenta neste traballo, dado que a formación e capacitación en primeiros auxilios na actualidade segue sendo moi baixa. Precisamente en ambientes como os centros educativos debería facerse maior fincapé para fomentar cursos e programas que posibiliten aos mestres e mestras ter recursos e materias que lles permitan atender unha urxencia, que como xa se demostrou ao longo do traballo, son máis habituais do que comunmente se considera. Un estudo levado a cabo por Abelairas-Gómez et al., (2021), que involucrou a máis de 3000 profesores/as de España co obxectivo de coñecer os contidos de primeiros auxilios que se imparten nas escolas, así como tamén para informarse da actitude dos/as docentes con respecto ao ensino destes contidos, concluíu que aínda que os/as mestres/as amosan unha predisposición para a ensinanza dos primeiros auxilios nas aulas, deben establecerse plans de estudos específicos que permitan tratar estes contidos con maior precisión, aumentando así a calidade das formacións. Deste xeito, case o 100% do profesorado participante consideraba necesario a inclusión dunha materia de primeiros auxilios nas ensinanzas de Grao en Mestre/a en Educación Primaria (Abelairas-Gómez et al., 2021). 32 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 7. Limitacións do estudo Unha das primeiras limitacións que se atoparon ten que ver coa vontade de participación do alumnado, dado que das 46 persoas iniciais, só a metade decidiron continuar no estudo e participar na simulación. Este aspecto pode verse influído pola dificultade para compatibilizar os horarios do alumnado cos dos responsables do estudo e tamén coa dispoñibilidade da profesional sanitaria que se encargou de impartir a charla. Deste xeito, poderíase considerar esta complicación como outra das limitacións do estudo. Outro aspecto a mencionar podería ser a brevidade da formación impartida aos e ás participantes, dado que se trataba do punto de partida para, posteriormente, poder actuar nas simulacións de acordo cos contidos impartidos e poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Como se observou na análise dos resultados obtidos, moitos dos erros que cometeron os/as voluntarios/as tiñan que ver con contidos teóricos impartidos na formación inicial, como por exemplo, non dar masaxe na zona na que introducían o autoinxector tras retirar o mesmo ou dar esa masaxe menos tempo do necesario. Outra limitación do estudo sería a escaseza de investigacións neste ámbito dos primeiros auxilios e, por conseguinte, a falta de información sobre os métodos de administración de adrenalina nas reaccións anafilácticas. Como se comentou con anterioridade no apartado anterior, a gran maioría dos estudos trataban sobre a administración de adrenalina vía intramuscular e do autoinxector; mentres que das vías alternativas de administración, como pode ser a intranasal empregando o atomizador, apenas se atopa información. Sen embargo, isto resalta o carácter innovador da nosa investigación. Finalmente, que o estudo se realizou en condicións simuladas, cun manequín, material de formación e sendo conscientes os/as participantes de que estaban sendo avaliados; polo que estas circunstancias fan que posiblemente os resultados poidan diferir dunha situación real. 33 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 8. Conclusións Tras a finalización do estudo, pódese establecer que o dispositivo que presentou nun primeiro momento unha percepción máis positiva entre os/as participantes foi o autoinxector de adrenalina, pero esa percepción cambiou tralo uso de ambos dispositivos. Os resultados obtidos son indicadores de que se se forma ás persoas para que coñezan e poidan empregar diferentes alternativas ás existentes, como é o caso do atomizador, estes novos dispositivos presentan unha acollida positiva polo público, chegando casi ao nivel de preferencia do xa existente autoinxector. Polo que se observou na simulación e nos resultados obtidos, o atomizador facilita a adminsitración da adrenalina e asegura unha maior porcentaxe de éxito nesta administración. Ademais, tamén é menos perigoso para a persoa que vai a utilizalo dado que no caso do autoinxector, podería suxeitarse de maneira incorrecta e producir unha autolesión. 34 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 9. Futuras liñas de investigación Este estudo ofrece numerosas posibilidades de novas investigacións. Unha delas podería ser a comparación dos efectos dunha formación de maior duración, para determinar a eficacia destas instrucións na formación dos/as futuros mestres/as, tomando como variable principal o tempo da charla informativa. Desta maneira, determinaríase se ese aumento do tempo levaría a resultados diferentes e a unha mellor actuación do alumnado. Outra posible liña de estudo sería a realización deste mesmo estudo, aplicado a docentes en activo; é dicir, a mestres e mestras de diferentes centros educativos. Deste xeito, estudaríase se os profesionais educativos estarían preparados para solucionar unha situación desta categoría. Por outra banda, tamén se podería ampliar o concepto e temática de estudo e, en lugar de centrarse só nas reaccións anafilácticas, abarcaríanse os primeiros auxilios en xeral, analizando os coñecementos que teñen e as capacidade que presentan os docentes dos centros escolares neste ámbito. Ademais, tamén se podería realizar o mesmo estudo con estudantes das carreiras ou ciclos de educación, tanto infantil como primaria. Finalmente, como último exemplo de futuras liñas de investigación tamén podería incluírse a realización dunha enquisa, destinada tanto a docentes como a alumnado en formación, na que se recollan preguntas sobre a importancia que lle confiren ao tratamento dos primeiros auxilios nas escolas e á formación dos mestres e mestras neste ámbito. Acto seguido, deberían cubrir outra enquisa na que se lles pregunte se algunha vez asistiron voluntariamente a algunha formación en primeiros auxilios, se algunha vez se informaron sobre o que se debe facer ante algún caso deste ámbito… O obxectivo sería comprobar a importancia que lle confiren e contrarrestala coa realidade. 35 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 10. Contribución á mellora das competencias profesionais A realización deste traballo permitiume comprender a importancia de formarme nos primeiros auxilios e de coñecer as reaccións anafilácticas, xunto coa súa relevancia nas escolas. Ademais, o meu interese por continuar a aparendizaxe sobre outros tipos de situacións de primeiros auxilios tamén se viu facorecida e incrementada. A oportunidade de poder investigar sobre a adrenalina e a súa administración posibilitoume a vantaxe de estar capacitada para poder intervir nunha futura reacción anafiláctica que poida ter lugar nun futuro no centro educativo no que estea desempeñando a miña carreira profesional. O feito de poder comparar o autoinxector e o atomizador permtiume tamén ter unha opinión argumentada sobre o tipo de dispositivo que elixiría no caso de verme nunha situación como a presentada aos/ás participantes. Ademais, tamén me capacitou para saber empregar os dous tipos de instrumentos en caso de atoparme nunha situación na que só dispoña dun deles. Tras a realización do traballo tamén aprendín moitos aspectos que se deben ter en consideración nas escolas, mais que se pasan por alto, como pode ser a presenza de dispositivos de administración de adrenalina nas caixas de urxencias dos centros educativos. Deste xeito, nun futuro profesional, en caso de darse esa ausencia de métodos de intervención nunha reacción anafiláctica, podería conseguir que se tivesen en conta ás persoas que poden padecer desta crise e fomentar a presenza dos dispositivos de adrenalina na escola. Destacar tamén que a aprendizaxe obtida a raíz da investigación interesoume para, nun futuro, fomentar entre o profesorado e os demais traballadores dos centros educativos a participación en formacións en materia de primeiros auxilios, así como para incrementar a realización destas instrucións nas propias escolas destinadas tamén para o alumnado e mesmo as familias. Finalmente, o feito de realizar unha investigación de campo contribuíu á miña formación como docente. Un traballo científico diferente aos realizados ao longo da carreira, cun nivel superior de xustificación e rigor metodolóxico propio do método científico. Á marxe da redacción deste tipo de traballo, todo o relativo á creación de instrumentos, deseño de estudo e posta en práctica sempre en colaboración con outras persoas contribuíu positivamente á mellora das miñas competencias. Isto propicia tamén o meu interese pola realización de futuras investigacións en colaboración coa universidade unha vez me encontre traballando como docente nun centro educativo para así poder mellorar a práctica docente ou outros aspectos relacionados có día a día nas aulas. 36 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado 11. Referencias Abelairas-Gómez, C., Schroeder, D., Carballo-Fazanes, A., Böttiger, B., López-García, S., Martínez-Isasi, S., Rodríguez-Núñez, A. (2021). KIDS SAVE LIFE in schools: cross-sectional survey of schoolteachers. European Journal of Pediatrics, 180(7), 2213-2221. https://doi.org/10.1007/s00431-021-03971-x Anagnostou, K. (2018). Anaphylaxis in Children: Epidemiology, Risk Factors and Management. Current Pediatrics Review, 14(3), 180-186. https://doi.org/10.2174/1573396314666180507115115 Bagos, A., Ledford, D. (2022). Anaphylaxis: Definition, Epidemiology, Diagnostic Challenges, Grading System. Inmunology and Allergy Clinics of North America, 42(1), 1-11. https://doi.org/0.1016/j.iac.2021.09.001 Boswell, B., Rudders, S., Brown, J. (2021). Emerging Therapies in Anaphylaxis: Alternatives to Intramuscular Administration of Epinephrine. Current Allergy and Asthma Reports, 21(3), 18. https://doi.org/10.1007/s11882-021-00994-0 CDC COVID-19 Response Team, Food and Drug Administration. (2021). Allergic Reactions Including Anaphylaxis After Receipt of the First Dose of Pfizer-BioNTech COVID-19 VaccineUnited States, December 14-23, 2020. Morbidity and Mortality Weekly Report, 70(2), 46-51. https://doi.org/10.15585/mmwr.mm7002e1 Farbman, K., Michelson, K. (2016). Anaphylaxis in children. Current Opinion in Pediatrics, 28(3), 294-297. https://doi.org/10.1097/MOP.0000000000000340 Gómez, G. (marzo 2, 2022). Reaccións anafilácticas. Formación sobre as reaccións anafilácticas en escolares, Santiago de Compostela, España. González-Salvado et al. (2016). Very brief training for lay people in hands only cardiopulmonary resuscitation. Effect of real-time feedback. The American 37 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado Journal of Emergency Medicine, 34(6), 993-8. https://doi.org/10.1016/j.ajem.2016.02.047 Krcmová, I., Novosad, J. (2019). Anaphylactic symptoms and anaphylactic shock. Vnitrni Lekarstvi,65(2), 149-156. https://doi.org/10.36290/vnl.2019.029 LoVerde, D., Iweala, O., Eginli, A., Krishnaswamy, G. (2018). Anaphylaxis. Chest, 153(2), 528-543. https://doi.org/10.1016/j.chest.2017.07.033 Maris, I., Dölle, S., Renaudin, J., Lange, L., Koehi, A., Spindler, T., Hourihane, J., Scherer, K., Nemat, K., Kemen, C., Neüstadter, I., Vogelberg, C., Reese, T., Yildiz, I., Szepfalusi, Z., Ott, H., Straube, H., Papadopoulos, N…Worm, M. (2021). Peanut-induced anaphylaxis in children and adolescents: Data from the European Anaphylaxis Registry. Allergy, 76(5), 1517-1527. https://doi.org/10.1111/all.14683 Mendoza, MJE., Vargas, MA., Guillén, JE., Moncada, AM., del Río, B., Sienra, J. (2007). Anaphylaxis and anaphylactic shock. Revista Alergia México, 54(2), 34-40. https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/17542244/ Real Academia Nacional de Medicina. (2012). Anafilaxia. En Diccionario de términos médicos. Editorial Médica Panamericana. 10 de febrero de 2022, de https://dtme.ranm.es/buscador.aspx?NIVEL_BUS=3&LEMA_BUS=anafilaxia Ring, J., Klimek, L., Worm, M. (2018). Adrenaline in the Acute Treatment of Anaphylaxis. Deutsches Ärzteblatt International, 115(31-32), 528-534. https://doi.org/10.3238/arztebl.2018.0528 Rodríguez, L., Gómez, N., Cortés, N., Thorndike, F. (2020). Anaphylaxis at school. Are we prepared? Could we improve?. Allergologia et Immunopathologia, 48(4), 384-389. https://doi.org/10.1016/j.aller.2019.10.006 Sheikh, A., Simons, F., Barbour, V., Worth, A. (2012). Adrenaline auto-injector for the treatment of anaphylaxis with and without cardiovascular collapse in the 38 Elección entre autoinxector e atomizador para a atención de reaccións anafilácticas escolares por parte de futuro profesorado community. Cochrane Database of Systematic Reviews, 2012(8). https://doi.org/10.1002/14651858.CD008935.pub2 Waserman, S., Avilla, E., Ben-Shoshan, M., Rosenfield, L., Burk, A., Greenhawt, M. (2017). Epinephrine Autoinjectors: New Data, New Problems. The journal of Allergy and clinical Immunology. In Practice, 5(5), 1180-119. https://doi.org/10.1016/j.jaip.2017.06.027 Wahl, A. et al. (2015). The Evaluation of a Food Allergy and Epinephrine Autoinjector Training Program for Personnel Who Care for Childcare in Schools and Community Settings. The Journal of School Nursing, 31(2), 91-98. https://doi.org/10.1177/1059840514526889 Watts, M., Ditto, A. (2019). Anaphylaxis. Allergy and Asthma Proceedings, 40(6), 453-456. https://doi.org/10.2500/aap.2019.40.4270 Worm, M., Babina, M., Hompes, S. (2012). Causes and risk factors for anaphylaxis. Journal der Deutschen Dermatologischen Gesellschaft, 11(1), 44-50. https://doi.org/10.1111/j.1610-0387.2012.08045.x 39