scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense)

Galdo Lorigados, Kesia

Abstract

No presente traballo analízase a evolución da dinámica xeomorfolóxica do río Alemparte e a praia de Riosmar, localizada no Concello de Foz (Lugo) como ferramenta para un uso e xestión do territorio baseado nos principios de “coñece e valora”. A estrutura do estudo dividese en dúas partes, nunha primeira abordouse a evolución da área de contacto entre río e mar mediante o desenvolvemento de cartografías da escarpa erosiva da fronte da praia dende o ano 1956 ao presente. Posteriormente, xa nunha escala de maior detalle espacial e temporal, realizouse unha análise da evolución sedimentaria e topográfica entre a estación de verán e inverno mediante o emprego de gravelómetros e drone. Observouse unha forte dinámica toopsedimentaria na praia de Riosmar, pero cun balance neutro de entradas e saídas de material. Os abanos aluviais dos que se nutre a Praia conectan co mar mediante o río Alemparte, tecendo un valioso corredor de transferencia de sedimentos. Na segunda parte do traballo, púxose en valor os resultados acadados como parte da xeodiversidade que domina este sector de Galicia, servindo con elo de apoio para a xestión e toma de decisión baseadas en criterios de valoración científica.

Full text

Autora: Kesia Galdo Lorigados Titor: Horacio García Co-�tor: Ramón Blanco Chao Departamento de Xeogra�a 03/07/2023 Traballo de Fin de Grao Grao de Xeogra�a e Ordenación do Territorio A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense). ÍNDICE DE CONTIDOS Páxina 1. Introdución 1 2. Área de estudo 2 3. Metodoloxía 4 3.1. Documentación bibliográfica 4 3.2. Estudo das dinámicas fluviais e costeiras 5 3.2.1. Análise diacrónico 5 3.2.2. Modelos topográficos 2D-3D 6 3.2.3. Dinámica das ondas mariñas 8 3.2.4 Granulometría do sedimento 8 3.2.5 Potencia específica 10 3.3 Deseño de propostas de xes�ón 10 4. Resultados 11 4.1 Dinámica da praia de Riosmar 11 4.1.1 Caracterís�cas topográficas 11 4.1.2. Caracterís�cas das ondas mariñas 12 4.1.3. Caracterís�cas sedimentarias 14 4.2 Comportamentos espacial potencia específica cunca do río Alemparte 17 5. Discusión 18 5.1.Morfodinámica da praia de Riosmar 18 5.2. Morfodinámica do río Alemparte 23 5.3. Xeodinámica: posta en valor para a xes�ón 23 5.3.1. Que foi da xeodiversidade? 23 5.3.2. Sobre as xeosingularidades da zona de estudo 25 5.3.3. Xeodiversidade e xes�ón: “unha necesidade necesaria” 26 6. Conclusións 27 Referencias 29 i Resumo No presente traballo analízase a evolución da dinámica xeomorfolóxica do río Alemparte e a praia de Riosmar, localizada no Concello de Foz (Lugo) como ferramenta para un uso e xes�ón do territorio baseado nos principios de “coñece e valora”. A estrutura do estudo dividese en dúas partes, nunha primeira abordouse a evolución da área de contacto entre río e mar mediante o desenvolvemento de cartogra�as da escarpa erosiva da fronte da praia dende o ano 1956 ao presente. Posteriormente, xa nunha escala de maior detalle espacial e temporal, realizouse unha análise da evolución sedimentaria e topográfica entre a estación de verán e inverno mediante o emprego de gravelómetros e drone. Observouse unha forte dinámica toopsedimentaria na praia de Riosmar, pero cun balance neutro de entradas e saídas de material. Os abanos aluviais dos que se nutre a praia conectan co mar mediante o río Alemparte, tecendo un valioso corredor de transferencia de sedimentos. Na segunda parte do traballo, púxose en valor os resultados acadados como parte da xeodiversidade que domina este sector de Galicia, servindo con elo de apoio para a xes�ón e toma de decisión baseadas en criterios de valoración cien�fica. Palabras chave: morfodinámica, xeodiversidade, xes�ón, Galicia. ii Resumen En el presente trabajo se analiza la evolución de la dinámica geomorfológica del río Alemparte y la playa de Riosmar, localizada en el Municipio de Foz (Lugo) como herramienta para un uso y ges�ón del territorio basado en los principios de “conocer y valorar”. La estructura del estudio se divide en dos partes, primeramente, se abordó la evolución del área de contacto entre río y mar mediante el desenvolvimiento de cartogra�as de escarpe erosivo del frente de la playa desde el año 1956 hasta el presente. Posteriormente, ya en una escala de mayor detalle espacial y temporal, se realizó un análisis de la evolución sedimentaria y topográfica entre la estación del verano y la de invierno mediante el uso de gravelómetros y drone. Se observó una fuerte dinámica toposedimentaria en la playa de Riosmar, pero con un balance neutro de entradas y salidas de material. Los abanicos aluviales de los que se nutre la playa conectan con el mar mediante el río Alemparte, tejiendo un valioso corredor de transferencia de sedimentos. En la segunda parte del trabajo, se puso en valor los resultados logrados como parte de la geodiversidad que domina este sector de Galicia, sirviendo con ello al apoyo para una ges�ón y toma de decisiones basadas en criterios de valoración cien�fica. Palabras clave: morfodinámica, geodiversidad, ges�ón, Galicia. iii Abstract In this study, the evolu�on of the geomorphological dynamics of the Alemparte River and Riosmar Beach, located in the Municipality of Foz (Lugo), is analyzed as a tool for land use and management based on the principles of "knowing and valuing." The study is divided into two parts. In the first part, the evolu�on of the contact area between the river and the sea is examined through the mapping of erosive scarps on the beach from 1956 to the present. Subsequently, at a more detailed spa�al and temporal scale, an analysis of sedimentary and topographic evolu�on between the summer and winter seasons is conducted using gravelometers and drones. A strong topo-sedimentary dynamic is observed in Riosmar Beach, but with a neutral balance of sediment inputs and outputs. The alluvial fans that supply the beach connect with the sea through the Alemparte River, crea�ng a valuable sediment transfer corridor. In the second part of the study, the achieved results are highlighted as part of the geodiversity that characterizes this sector of Galicia, serving as a support for management and decision-making based on scien�fic assessment criteria. Keywords: morfodynamic, geodiversity, land management, Galicia. iv Agradecementos Grazas a todas aquelas persoas que se involucraron nesta labor, sendo elas coñecedoras de que a pesar dos bos momentos vividos durante a elaboración deste traballo, houbo un gran esforzo persoal por parte miña e dos �tores. Grazas a miña familia pola axuda aportada no traballo de campo e a confianza que demostraron ter en min. Grazas tamén a Pepe, An�a e Dani pola paciencia que �veron comigo, e Horacio. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 1 1. INTRODUCIÓN Os estudos realizados sobre o medio natural son moi diversos, tanto nas disciplinas que os realizan como nos enfoques que se aplican. Dentro dos máis coñecidos están os estudos sobre biodiversidade, onde se describen e analizan hábitats e diferenciacións entre especies e subespecies. Na outra cara da moeda están os estudos sobre o medio abiótico, aínda noutro estadio evolutivo en relación ao seu coñecemento por parte da sociedade. É precisamente ese estudo dos aspectos abióticos que conforman un sistema natural o núcleo central deste TFG, o cal adoitará unha perspectiva xeográfica na que se poña de relevo as aprendizaxes adquiridas estes anos no Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio. Concretamente, a comprensión a distintas escalas das interaccións entre as diferentes formas e procesos que interactúan no funcionamento dun sistema natural, neste caso no referente a un pequeno sistema fluvio-mariño localizado na Mariña lucense. O TFG desenvólvese, precisamente, nun marco onde a xeodiversidade1 aínda permanece oculta á sociedade e mundo científico por falta de estudos. Nesa liña, este traballo académico trata de contribuír a solucionar este aspecto. Os estudos en materia de xeomorfoloxía son moi pouco comúns como parte dun TFG, principalmente polo abundante traballo de campo, o que require dunha inversión alta de tempo e recursos. Todo elo en aras de as dinámicas (procesos e formas) dun xeosistema, e agravado en moitos casos polos longos períodos de observación necesarios para cuantificar cambios. A zona concreta escollida para este traballo é a cunca do río Alemparte e a praia que conforma na súa desembocadura, Riosmar, constituíndo en conxunto un sistema natural altamente dinámico. Valga como dato que, por exemplo, no caso da praia de Riosmar os cambios durante os períodos de temporais suceden case semanalmente. Ademais, tamén xorden unha gran cantidade de preguntas relacionadas co sedimento que conforma a praia e o papel que poden xogar os abanos aluviais situados poucos quilómetros río arriba como stock sedimentario. 1 Concepto que aquí empregamos como contraposto a biodiversidade pero fundamental para a correcta interpretación da ecoloxía dun territorio. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 2 En suma, os obxectivos propostos neste traballo consiste en analizar e valorar a morfodinámica dun complexo terra-mar para (i) coñecer máis sobre os seus procesos, formas e interconectividade; (ii) poñer en valor o patrimonio que supón a xeodiversidade; e (iii) ver que encaixe pode ter este estudo na axuda aos plans de xestión da costa. 2. ÁREA DE ESTUDO A área de estudo abrangue a cunca hidrográfica do río de Alemparte até a súa desembocadura, lugar onde conforma a praia de Riosmar, no Concello de Foz (Lugo), dentro da comarca da Mariña lucense. O río Alamparte drena unha cunca de 32,5 km2, abarcando gran parte do coñecido como val Valadouro. A elevación máxima acada os 600 metros. Na súa disposición espacial, as elevacións máis altas concéntranse na cara oeste do val, sendo as máis baixas aquelas localizadas preto da desembocadura e a zona central do val (ver Fig. 1). Figura 1. Mapa de localización da área de estudo. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 9 (outono-primavera), ocupando un total de 2 e 3 xornadas, respectivamente. Tendo en conta as dimensións da zona de estudo, tanto en lonxitude como en anchura, decidiuse realizar un total de 7 secuencias transversais en dirección terra-mar. As medidas dos sedimentos tomáronse cada 30 cm. O material empregado para realizar a medición do tamaño dos cantos consistiu nun gravelómetro calibrado segundo a escala de Wentworth en 14 luces de paso, e unha cinta métrica de 50 m para trazar as seccións e puntos de medición (Fig. 5). Figura 5. Xornadas de traballo de campo para a medición granulométrica do sedimento da praia de Riosmar. Trala información de campo recadada foi necesario un post-procesado dos datos dende gabinete. O procedemento consistiu no uso de follas de cálculo de Excel e programa RStudio para organizar e clasificar todas as medidas dos sedimentos tomadas en campo. Nunha folla Excel introducíronse, primeiramente, os valores rexistrados en campo sobre papel. Nun segundo paso, extraéronse mediante un script xerado en R valores aleatorios para cada luz do gravelómetro segundo o número de mostras tomado para cada un deses limiares. Finalmente, eses datos foron incorporados noutra folla Excel, xerada esta pola Universidade de Ohio e na cal se cuantifican automaticamente as mostras introducidas. Esta folla xera, ademais, gráficas e táboas coas principais características granulométricas do sedimento (p.e., D50 , D84, dispersión, media, etc.). A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 10 3.2.5. Potencia específica A potencia dun río pode ser definida como o poder forza gastada por unidade de superficie do leito (Bull, 1979; Williams, 1978). A noción de potencia foi introducida por outros autores décadas antes, foi intensamente desenvolta por Bagnold (1980, 1977, 1966, 1977, 1980), e aplícase amplamente na investigación da xeomorfoloxía fluvial (Knighton, 1998; Latapie, 2011). A enerxía do río determina a capacidade do caudal para transportar sedimentos nun punto dado da sección transversal por unidade de tempo. Noutras verbas, é o volume máximo de sedimento que pode transportar (Knighton, 1987). A variable de potencia está relacionada coa pendente da superficie da auga e o caudal. Tamén se ve afectado pola aceleración debida á gravidade (9,8 m·s-2) e a masa volumétrica da auga (1.000 kg·m-3). A fórmula de potencia específica obtense multiplicando todos estes parámetros e dividíndoos polo ancho da canle. A potencia mídese en vatios por unidade de lonxitude e ancho da canle, é dicir, W·m-2. Para este traballo, optouse por abordar a potencia específica dende SIX. Por unha banda, as necesidade loxísticas e de consumo de tempo facían moi complexo tratar esta variable mediante traballo de campo. Por outra banda, facéndoo dende ferramentas SIX é posible obter a potencia de forma continua e para toda a rede de drenaxe. O seu cálculo fíxose co apoio no MDE (resolución 10x10m) da cunca e álxebra de mapas expresado mediante a seguinte ecuación (Ec. 01): 𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃 𝑃𝑃𝑒𝑒𝑒𝑒𝑃𝑃𝑃𝑃í𝑓𝑓𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃 =𝑓𝑓𝑓𝑓𝑓𝑓𝑓𝑓𝑃𝑃 𝑃𝑃𝑃𝑃𝑓𝑓𝑎𝑎𝑓𝑓𝑓𝑓𝑃𝑃𝑎𝑎𝑃𝑃 ∗ 𝑃𝑃𝑃𝑃𝑎𝑎𝑃𝑃ñ𝑃𝑃 𝑒𝑒í𝑓𝑓𝑃𝑃𝑓𝑓 ∗tan (𝑒𝑒𝑃𝑃𝑃𝑃𝑎𝑎𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃𝑃 ∗0,017453) [Ec. 01] 3.3. Deseño de propostas de xestión Os obxectivos que rexen este traballo non só radican en aproximarse ás dinámicas dun sistema fluvio-mariño, se non que é obxectivo fundamental sacar un rendemento en termos de xestión á aprendizaxe sobre os procesos e as formas traballadas no río Alemparte e praia de Riosmar. Deste xeito, outro dos obxectivos fundamentais do TFG é poñer en valor a xeodiversidade, buscar unha reivindicación que, ademais, teña utilidade para a ordenación do territorio. O propósito para aproximarse ao cumprimento deste obxectivo é esbozar as ideas mestras dun plan de xestión, no que a través da información recompilada mediante a lectura de documentos, a obtida cos datos A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 11 recadados na zona de estudo, e a aprendizaxe durante os anos do Grao, axuden a comprender a dinámica natural e social que condicionan a zona, ao tempo que favorezan para propor ideas beneficiosas para o mantemento desta xeosingularidade da Mariña. 4. RESULTADOS 4.1. Dinámica da praia de Riosmar 4.1.1. Características topográficas O programa Geomorphic Change Detection arroxa unha ampla diversidade de gráficas e táboas que permiten caracterizar os cambios topográficos entre os modelos do terreo obtidos para cada un dos voos realizados co drone. Para este TFG empregáronse os datos referidos ao total de cambios sufridos (Fig. 6) segundo a área, a elevación e o volume. Figura 6. Cambios sufridos na área de estudo segundo a área (A) (esquerda), elevación (B) (centro), e volume (C) (dereita). A área de estudo presenta en termos de área total un maior rebaixe que levantamento (~1.500 m2 da primeira sobre a segunda) (Fig. 6A). A diferenza do espesor total medio (i.e., elevación e subsidencia) sitúase moi próxima a cero (Fig. 6B). No referido ás taxas de volume (Fig. 6C), a cantidade de sedimento movido en forma de “deposición” (ganancia de materia) ou “erosión” (perda de material) foi, para cada caso, de ~6.000 m3. O balance neto pódese catalogar de neutro, con lixeiras tendencias a unha maior erosión. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 12 Figura 7. Evolución da escarpa erosiva da praia de Riosmar entre 1956 e 2023. A evolución da escarpa erosiva da praia de Riosmar (Fig. 7) é outro elemento simbólico do cambio, neste caso cunha extensión temporal de case sete décadas. Dentro das posibilidades que ofrece o diferente nivel de calidade das imaxes, o aspecto máis salientable é o entrante erosivo do flanco occidental, que se foi prolongando e ensanchando co paso dos anos. 4.1.2. Características das ondas mariñas Os datos obtidos do punto SIMAR 3053039 aportaron información de relevancia para a comprensión da distribución do sedimento na praia. No primeiro análise, cos datos recollidos dende 1958 até 2023, o que se fixo foi unha caracterización xeral da ondada dun xeito moito máis preciso que accedendo aos informes xa aportados pola institución Puertos del Estado. Anque se realizaron cunha extrapolación de datos máis cércana a Riosmar, os datos indican as mesmas orientacións de ondada. Como se observa no mapa da Fig. 4, a área de estudo encontrase relativamente protexida das ondadas máis dominantes (do NO) ao situarse nun golfo con orientación NE, e contar co efecto abrigo xerado pola presenza da Punta Estaca de Bares. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 13 A configuración da liña e costa da Mariña Oriental establece unha certa protección da ondaxe de compoñente NO no caso do paso de borrascas que dan lugar a temporais de mar de vento, pero tamén unha maior exposición ao mar de fondo de compoñente N e incluso NE asociado ao paso de centros de acción en latitudes máis altas. Un dos parámetros analizados foi a altura de onda xunto coa compoñente e co período medio segundo o indicado polos datos, a altura predominante na ondada é de 2 m cunha compoñente principal do N e NNO, un porcentaxe de 82%, e un período medio de 9 s. No caso do intervalo comprendido entre 2 e 4 m, cuns períodos entre 11 e 12 s, a compoñente que máis se repite é N e NNO, supoñendo o 17% do total. As ondas máis enerxéticas, aquelas que acadan máis de 4 m, sendo o máximo rexistrado para o sistema 6,7 m, proceden principalmente do N e teñen un período de 14 s, pero solo supoñen o 0,5% (Fig. 8). Figura 8. Rosa da compoñente das ondas nos dous meses previos aos voos. Na esquerda os meses de agosto e setembro de 2022 (A), e na dereita os meses de xaneiro e febreiro de 2023 (B). Nos dous meses anteriores ao primeiro voo, con data 1/10/2022, as condicións son as esperables para os meses de verán agosto e setembro. Neste caso, tendo en conta os valores de altura acadados, realizouse unha división en 2 intervalos, un por debaixo de 2 m e outro por encima. No intervalo menor a 2 m, o 98,5% das compoñentes de ondada correspóndense cunha orientación N-ENE, repetíndose para o caso do seguinte intervalo. Durante estes meses, a cota de altura máxima foi de 2,5 m, característico dos meses do fin do verán (Fig. 8A). A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 14 No segundo voo, as condicións previas mudan, como cabe esperar dos meses de inverno nun clima atlántico. A principal modificación fronte ao verán e o aumento da actividade enerxética do ondada sobre a praia debido a un aumento dos temporais de mar. Neste caso, a altura máxima de ola acadada foi superior acadándose ondas de 4 m. No primeiro intervalo, con alturas entre 0,5 e 1,5 m e sendo a máis frecuente ao igual que no primeiro voo, a súa compoñente dominante procede do N-ONO cun dominio do 63%. Cun predominio da mesma compoñente (51%), encóntrase o segundo intervalo con alturas entre os 2 e os 4 metros, pero sendo máis frecuente a ondada do primeiro cuadrante cun 49% sobre o total do intervalo. Por último, a ondada máis enerxética e indicativa de condicións de temporais, con Hs superior a 4 metros ten unha única compoñente NNO (Fig. 8B). 4.1.3. Características sedimentarias As campañas sedimentarias foron realizadas ao mesmo tempo que os voos, para saber a relación entre as modificacións topográficas e as características granulométricas do sedimento (distribución e tamaño). Como medida referencia da caracterización granulométrica empregouse o D50 (mediana), a pesares de dispor doutros percentís (p.e., D16, D84 ). Segundo os datos da primeira campaña, o D50 sitúase ao redor dos 62 mm (Fig. 9A). No caso concreto da zona máis afastada da desembocadura, este non varía moito, sendo lixeiramente máis elevado para os perfís 1, 2, 3, 4 e 5. No caso da zona da desembocadura (perfís 6 e 7), o D50 sinala unha diminución do tamaño do sedimento, pasando a un valor de 55 mm. Os datos da segunda campaña arroxan un D50 lixeiramente superior á anterior (65 mm) (Fig. 9B). Tendo en conta a variable da distancia á desembocadura, os perfís 1, 2, 3, 4 e 5 amosan un lixeiro aumento do tamaño medio. No caso dos perfís 5 e 7, aumentaron considerable o tamaño medio do sedimento, pasando de 55 mm a 62 mm. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 15 A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 16 Figura 9. Gráficas cos rexistros sobre o tamaño de sedimento. A imaxe superior fai referencia ás medicións realizadas no mes de outubro de 2022 (A) e a inferior ao mes de marzo de 2023 (B). A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 17 4.2. Comportamento espacial da potencia específica na cunca do río Alemparte Os cálculos da potencia específica aplicados sobre a rede de drenaxe da cunca do río Alemparte marcan aquelas zonas onde a capacidade erosiva do leito é máis relevante (Fig. 10). Os afluentes do río Alemparte copan boa parte dos quilómetros con potencia específica alta, quedando relegado a pequenos enclaves no río principal. En canto á distribución espacial, son os afluentes da marxe esquerda os que, fundamentalmente, rexistran eses valores elevados de potencia. Ese flanco oeste correspóndese, ademais, coa presenza dos abanos aluviais. Figura 10. Exemplo da distribución espacial dos tramos da rede de drenaxe da cunca do río Alemparte coa potencia específica máis alta (>4.000 w·m-2). A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 18 5. DISCUSIÓN 5.1. Morfodinámica da praia de Riosmar O comportamento que a praia de Riosmar ofrece fronte a ondada do mar é distinto ao das praias doutros tamaños de sedimentos. Riosmar está dentro da coñecida como unha praia de cantos e bloques, polo tanto, a morfodinámica do sistema está marcada pola permeabilidade do sedimento, que causa unha disimetría entre a enerxía de onda ao ascender sobre a fronte da praia (run-up) e o descenso da auga por gravidade. A enerxía do ascenso da onda na fronte de praia responde á altura e velocidade, e nas praias de sedimento areoso (< 2 mm de tamaño medio) o descenso por gravidade produce unha aceleración e un transporte en dirección ao mar. No caso estudado, a enerxía do descenso da onda atenuase debido á forte infiltración da auga entre os espazos dos cantos e bloques. Como resultado, a pendente da praia vese aumentada considerablemente por mor da progresiva acumulación de sedimento na parte superior do perfil. Isto débese a que a forza de retorno non é suficiente para causar un descenso simétrico ao ascenso (Jennings e Schulmeister, 2002; Masselink e Li, 2001; Carter e Orford, 1984). A diferencia entre as forzas faise máis marcada a partir dun tamaño medio de gran de 2 mm. Para o caso específico das praias de cantos (4-256 mm; escala de Wentworth, 1922) e bloques (>256 mm; escala de Wentworth, 1922), as pendentes mantéñense sempre altas, entre 5° e 15° (Bujan et al., 2019). Consecuentemente, tendo en conta o predominio do transporte cara a terra da ondada, as praias de bloques e cantos emprázanse en cotas de marea altas e nunca se estenden en todo o rango intermareal. Durante as visitas previas ao comezo do deseño de traballo de campo xa era facilmente observable os cambios no tamaño de sedimento que se dan dende a parte occidental ata a parte oriental da praia. A hipótese proposta suxería que o sistema de Riosmar estaba en equilibrio sedimentario, cun balanceo das formas e dinámicas, pero non en termos de ganancia e perda de sedimento (ver Fig. 6). Os valores obtidos do DoD (DEM of Difference) realizado como resultado final do procedemento fotogramétrico aplicado (SfM-MVS), son interpretables os cambios acontecidos entre os voos, comparando as cotas de alturas acadadas en cada unha das A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 25 Máis recentemente, autores como García et al. (2021) sinalan que é o morto (xeodiversidade) o que da vida ao vivo (biodiversidade). Nesta mesma liña, Fuller et al. (2019) apuntan que o medio físico é o soporte do medio vivo, o lugar onde se desenvolven todas as súas actividades e relacións, sen o cal non sería posible entender as súas dinámicas e supervivencia. 5.3.2. Sobre as xeosingularidades da zona de estudo Parks e Mulligan (2010) fixaron unha relación de simbiose entre a biodiversidade e a xeodiversidade. Na mesma, as políticas de protección e conservación da biodiversidade deberían ter nun alto grado de protección o medio físico tamén. Pola contra, a realidade que amosan moitas destas políticas seméllase a dos estudios sobre biodiversidade mencionados na sección anterior. Nas leis de protección, o medio abiótico é tratado como unha parte residual, sen ningún tipo de influencia, sendo visto como un recipiente para unhas especies. Na mesma rama, levase décadas tratando de concienciar sobre está importancia, pero non é hasta fai uns anos que empezan a aparecer figuras específicas de protección para os xeoelementos. No caso da zona de estudo, Riosmar e Alemparte, estamos ante un caso de xeosingularidade (García et al., 2019) na contorna da Mariña lucense. Riosmar e Alemparte son elementos individuais que converxen no final do fluír das augas do río Alemparte, condicionándose entre si continuamente. Por un lado, o caudal do río modifica o movemento dos sedimentos na contorna da desembocadura, e polo outro, Riosmar está suxeita ao envite das ondadas. A cuestión que emerxe é, entón, onde está esa xeosingularidade que debe ser protexida? No caso do río Alemparte, transita pola zona de contacto entre rochas ígneas (granito) e metamórficas (lousas). Ademais, xa a escala de máis detalle, na cunca están algúns dos abanos aluviais máis notables e visibles de Galicia. Durante todo o percorrido dende o seu nacemento hasta a súa desembocadura, son observables cortes que mostran o grosos e características dos abanos. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 26 Por outra banda, é fundamental trasladar á sociedade que un sistema fluvial debe ser comprendido como un elemento continuo e conector, sendo exemplo disto o río Alemparte. Esta conectividade ven dada pola asociación entre auga (caudal líquido), sedimento (caudal sólido) e movemento. O río Alemparte realiza o traballo dun elemento conector entre os abanos aluviais do interior do val e a praia de Riosmar. Tendo claro esta continuidade, debemos de comprender que funciona como un sistema único que reacciona conxuntamente ante os cambios. Para esta continuidade asociada aos fluxos de auga, Vannote et al. (1981) utilizou o termo “River Continuum”. A meirande parte do ríos do planeta teñen esta continuidade interrompida pola multitude de infraestruturas transversais que os “cortan” (Belletti et al., 2020). Esta continuidade, no caso concreto do río Alemparte non está cortada, mais hai outras presións sobre o seu canle. En suma, o factor conectividade debería ser en si mesmo un valor a conservar do xeopatrimonio presente na Mariña. A comprensión dun sistema fluvial, tanto a nivel de funcionamento como de xestión, non se pode abordar dende unha perspectiva individualista e fraccionaria que divide o río por tramos desconectados. O caso do sistema conformado entre Riosmar e Alemparte, é un exemplo de catálogo desta conectividade. A conexión terra-mar, expresada pola praia de Riosmar, é outro xeopatrimonio de alto valor ao forma esta unha enseada (algo pouco habitual) que contribúe a un cambio na dinámica fluvio-costeira do sistema. 5.3.3. Xeodiversidade e xestión: “unha necesidade necesaria” Desde o punto de vista dos xestores e da forma de transferir o coñecemento científico a través dun turismo educativo e sustentable, trataríase de buscar novas racionalidades produtivas baseadas no potencial da natureza (Ashmore, 2015). Estes estarían aliñados cos principios que deben rexer a un elemento con xeovalores notables, ofrecendo enfoques alternativos á produción e ao consumo que prioricen a sustentabilidade ambiental, a equidade social e a viabilidade económica (Henriques et al., 2011; Hose et al., 2011). Pódese tomar como precedente o aumento de xeositios experimentado nas A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 27 últimas dúas décadas parece marcar un cambio na tendencia cara a unha sociedade máis “xeoconsciente” (Ortega-Becerril et al., 2019; Ruban, 2016; Crofts, 2014; Gray, 2008). Cabría cuestionarse se a prosperidade que experimentou o xeoturismo como novo modelo turístico provén máis do ámbito académico e local, como promotor do seu patrimonio xeolóxico, que da sociedade, cuxo coñecemento sobre o xeoturismo aínda é escaso (García et al., 2019). De feito, diversos estudos demostran que, en termos xerais, os turistas que visitan lugares cun importante patrimonio xeolóxico fano máis polo valor paisaxístico das súas paisaxes que polo valor xeolóxico do elemento visitado (Mikhailenko et al., 2017; Chen et al., 2015). Para que o visitante achegue valor científico-xeolóxico ao valor paisaxístico de contornas como Alemparte-Riosmar, son necesarios (i) máis estudos científicos como este TFG que afonden, por unha banda, nos SIX como ferramenta de divulgación xeoespacial (Zgłobicki e Baran-Zgłobicka, 2013), e por outra, sobre os xeo-funcionamentos dos sistemas naturais dende a súa perspectiva abiótica; (ii) educar nos colexios e institutos locais sobre o valor da xeodiversidade, xa que esas xeracións serán as defensoras do seu territorio; e (iii) reeducar á poboación adulta para que repense o que está a visitar porque só se valora o que se coñece (García et al., 2021). 6. CONCLUSIÓNS As conclusións acadadas neste TFG van máis aló dos propios resultados. Porén, atendendo a estes, as conclusións as que se chegaron trala realización de todo o artellado metodolóxico poden resumirse en cinco puntos: 1. Gran capacidade de mobilización de sedimento por parte do complexo fluvial do río Alemparte, con especial significado a zona de deposición final, a praia de Riosmar, que actúa coma un reservorio. 2. O balance sedimentario de Riosmar compórtase como un sistema bastante pechado no que entradas e perdas son baixas, pero cunha alta dinámica en procesos e formas toposedimentarias. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 28 3. O binomio río Alemparte – praia de Riosmar constitúe un excelente exemplo de nexo con baixa alteración baixo os principios de “River Continuum”, conectando abanos aluviais dos Montes de Cabaleiros co mar. 4. O sistema fluvio-costeiro Alemparte-Riosmar pode ser considerado como un caso de xeosingularidade, servindo como precedente para outros estudos sobre enclaves abióticos. 5. Dende a perspectiva da xestión, a zona de estudo, con mención especial á praia de Riosmar, podería chegar a formar parte dun Lugar de Interese Xeomorfolóxico. Así mesmo, neste TFG tamén se pretendeu xerar información e ferramentas que contribúan á toma de decisións informada na planificación e xestión de áreas costeira e fluviais, tendo en conta a importancia da xeodiversidade e a conectivadade na conservación da biodiversidade e o mantemento dos servizos ecosistémicos. Tanto a autora como os titores son conscientes da empresa que supuxo acadar os tres obxectivos propostos, os cales, pensamos que, con creces, exceden o cometido dun TFG. Se ben, este alcance ambicioso hai que velo como o comezo dun reto que non ter por que finalizarse neste traballo académico, se non que pode enlazarse con outros traballos posteriores, tanto da propia autora como doutras persoas. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 29 Referencias Ashmore, P. (2015). Towards a sociogeomorphology of rivers. Geomorphology, 251, 149-156. Bagnold, R.A. (1966). An approach of sediment transport model from general physics. Rapport technique 422, U.S. Geol. Survey. Bagnold, R.A. (1977). Bedload transport by natural rivers. Water Resources Research, 13: 303312. Bagnold, R.A. (1980). An empirical correlation of bedload transport rates in flumes and natural rivers. Proceedings of the Royal Society of London, A 372, 453-473. Belletti, B. et al. (2020). More than one million barriers fragment Europe’s rivers. Nature, 588, 436-441. Bujan, N., Cox, R.,, Masselink, G. (2019). From fine sand to boulders: Examining the relationship between beach-face slope and sediment size. Marine Geology, 417, 106012. Bull, W.B. (1979): “Threshold of critical power in streams”. Geol. Soc. Amer. Bull., 90(5): 453-464 Aira Rodríguez, M. J., Saa Otero, M. D. P., Díaz-Fierros Viqueira, F. (1987). Análisis polínico de un depósito periglaciar en Moucide (Lugo). Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 11: 229-237. Carter, R. W. G.,, Orford, J. D. (1984). Coarse clastic barrier beaches: a discussion of the distinctive dynamic and morphosedimentary characteristics. Developments in Sedimentology, 39, 377-389,. Chen, A., Lu, Y., Ng, Y.C.Y. (2015). Role of Tourism Earth-science in Tourism Development. In The Principles of Geotourism. Berlin, Heidelberg, p. 25-38, Springer Berlin Heidelberg. Crofts, R. (2014). Promoting geodiversity: learning lessons from biodiversity. Proceedings of the Geologists' Association, 125(3), 263-266. Csorba, P. (2010). Anthropogenic geomorphology and landscape ecologyIn. In Szabó, J., Dávid, L., Lóczy, D. (Eds.): Anthropogenic geomorphology: A guide to man-made landforms, 39-52, Springer. Dávid, L., Lontai-Szilágyi, Z., Baros, Z. (2010). The impact of tourism and sports activities". In Szabó, J., Dávid, L., Lóczy, D. (Eds.): Anthropogenic geomorphology: A guide to manmade landforms, 233-254, Springer. Fishman, I.L., Nusipov, E.N. (1999). The geoconservation problems and the geoecoturism development in Kazakhastan. In Towards the balanced management and conservation of the Geological Heritage in the New Milenium (Barettino, D., Vallejo, M. y Gallego, E., eds.). Madrid, Sociedad Geológica de España, 52-54. Fuller, I.C., Gilvear, D.J., Thoms, M.C., Death, R.G. (2019). Framing resilience for river geomorphology: reinventing the wheel? River Research and Applications, 35(2): 91-106. García, J.H., Muñoz-Narciso, E., Sierra-Pernas, J.M., Canosa, F., Pérez-Alberti, A. (2019). GeoSingularity of the Valley-Fault of Teixidelo and Candidacy to Geopark of Cape Ortegal (NW Iberian Peninsula): Preliminary Assessment of Challenges and Perspectives. Geoheritage, 11(3): 1.043-1.056. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 30 García, J.H., Ollero, A., Ibisate, A., Fuller, I.C., Russell, G.D., Piégay, H. (2021). Promoting fluvial geomorphology to “live with rivers” in the Anthropocene Era. Geomorphology, 380, 107649. Goncalves, J.A., Henriques, R. (2015). UAV photogrammetry for topographic monitoring of coastal areas. ISPRS J. Photogramm. Remote Sens. 104, 101–111. Gray. M. (2008). Geodiversity: developing the paradigm. Proceedings of the Geologists' Association, 119, 287-298. Henriques, M.H., dos Reis, R.P., Brilha, J., Mota, T. (2011). Geoconservation as an Emerging Geoscience. Geoheritage, 3(2): 117-128. Hjort, J., Tukiainen, H., Salminen, H., Kemppinen, J., Kiilunen, P., Snåre, H., Alahuhta, J., Maliniemi, T. (2022). A methodological guide to observe local-scale geodiversity for biodiversity research and management. Journal of Applied Ecology, 59(7): 1.756-1.768 Hose, T.A., Marković, S.B., Komac, B., Zorn, M. (2011). Geotourism – a short introduction. Acta geographica Slovenica, 51(2): 339-342. Jennings, R., Shulmeister, J. (2002). A field based classification scheme for gravel beaches. Marine Geology, 186(3-4), 211-228. Knighton, A.D. (1987): “River channel adjustment: the downstream dimension”. In Richards, K.S. (Ed.): River channels: environment and process. Blackwell, Oxford, pp. 95-128 Knighton, D. (1998). Fluvial forms and processes: a new perspective. Oxford University Press, New York, 383 pp. Latapie, A. (2011): Modelisation de l´evolution morphologique d´un lit alluvial: application a la loire moyenne. Thèse de Doctorat, Université Rabelais, Tours, 277 pp. Masselink, G., Li, L. (2001). The role of swash infiltration in determining the beachface gradient: a numerical study. Marine Geology, 176(1-4), 139-156. Mikhailenko, A.V., Nazarenko, O.V., Ruban, D.A., Zayats, P.P. (2017). Aesthetics-based classification of geological structures in outcrops for geotourism purposes: a tentative proposal. Geologos, 23(1): 45-52. Ortega-Becerril, J.A., Polo, I., Belmonte, A. (2019). Waterfalls as Geological Value for Geotourism: The Case of Ordesa and Monte Perdido National Park. Geoheritage, 11, 1.1991.219. Parks, K. E., Mulligan, M. (2010). On the relationship between a resource based measure of geodiversity and broad scale biodiversity patterns. Biodiversity and Conservation, 19, 27512766. Rózsa, P. (2010). Nature and extent of human geomorphological impact–a review. In Szabó, J., Dávid, L., Lóczy, D. (Eds.): Anthropogenic geomorphology: A guide to man-made landforms, 273291, Springer. Ruban, D.A. (2016). Representation of geologic time in the global geopark network: A web-page study. Tourism Management Perspectives, 20 (supplement C), 204-208. A dinámica fluvio-costeira como ben de valor xeomorfolóxico. Kesia Galdo O caso do río Alemparte e praia de Riosmar (Mariña Lucense) 31 Szabó, J. (2010). "Anthropogenic geomorphology: subject and system". In Szabó, J., Dávid, L., Lóczy, D. (Eds.): Anthropogenic geomorphology: A guide to man-made landforms, 3-10, Springer. Szabó, J., Dávid, L., Loczy, D. (Eds.) (2010). Anthropogenic Geomorphology: A Guide to ManMade Landforms. Springer, 250p. Thomas, M. (2012). Geodiversity and Landscape Sensitivity: A Geomorphological Perspective. Scottish Geographical Journal, 128(3-4), 195-210. Vannote, R.L., Wayne-Minshall, G., Cummins, K.W., Sedell, J.R., Cushing, C.E. (1980). The river continuum concept. Can. J. Fish. Aquat. Sci., 37: 130-137. Wentworth, C K. 1922. A scale of grade and class terms for clastic sediments. Journal of Geology, 30: 377-392. Wheaton, J.M., Brasington, J., Stephen, E.D., Sear, D.A. (2010). Accounting for uncertainty in DEMs from repeat topographic surveys: improved sediment budgets. Earth Surface Processes and Landforms, 35, 136-156. Williams, G.P. (1978): “Bankfull discharge of rivers”. Water Resources Research, 14: 1.141-1.154 Zgłobicki, W., Baran-Zgłobicka, B. (2013). Geomorphological Heritage as a Tourist Attraction. A Case Study in Lubelskie Province, SE Poland. Geoheritage, 5(2): 137-149.