scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Intervención de enfermaría sobre a adición ao tabaco e outras substancias en adolescentes

López Cabanas, Iván

Abstract

Introdución: O tabaco é unha droga legal en España que estimula o sistema nervioso central e crea adición debido á nicotina. É prexudicial para a saúde en todos os seus usos, tanto para as persoas que o consumen como para as que están arredor. A idade de inicio de consumo forma parte da adolescencia temperá, polo que é moi importante realizar intervencións a nivel preventivo. Obxectivos: O obxectivo primario é coñecer as expectativas de consumo e o consumo actual no alumnado de primeiro da ESO do Instituto Rosalía de Castro. Os obxectivos secundarios son indagar sobre o grao de satisfacción da intervención, estudar as posibles relacións entre o consumo de tabaco e a saúde mental ou os hábitos na vida diaria do alumnado e indagar sobre as novas modalidades de consumo de tabaco. Metodoloxía: Trátase dun estudo transversal no que a mostra é o alumnado de primeiro da ESO do Instituto Rosalía de Castro. Empregáronse dous cuestionarios, un anterior e outro posterior a unha intervención, a partir dos cales obtivemos os resultados. Resultados: O consumo de tabaco foi baixo na nosa mostra debido a que a media de idade era case dous anos máis baixa da media na que se produce o primeiro contacto co tabaco en España, non obstante podemos destacar a facilidade coa que aos participantes poden acceder ao tabaco. Ademais podemos ver a diferencia na conciencia acerca do risco que supón para a saúde o consumo de tabaco en diferentes modalidades e outras substancias antes e despois da intervención. En termos xerais a valoración acerca da intervención foi positiva. Conclusións: en base aos resultados obtidos podemos valorar que a intervención foi efectiva, polo aumento na conciencia acerca do risco que supoñen para a saúde diferentes consumos e a valoración xeral da mostra sobre a intervención.

Full text

TRABALLO FIN DE GRAO INTERVENCIÓN DE ENFERMARÍA SOBRE A ADICIÓN AO TABACO E OUTRAS SUBSTANCIAS EN ADOLESCENTES Convocatoria xuño Curso 2021-22 Autor: Iván López Cabanas Titora: Lucía Ordóñez Mayán UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaria O Proxecto de Fin de Grao titulado: Intervención de Enfermaria sobre a adición ao tabaco e outras substancias en adolescentes , foi realizado por o/a abaixo asinante. Santiago de Compostela, 6 de Xuño de 2022 O/a alumno/a, Iván López Cabanas Fdo.: Vº Bº O/A titor/a Lucía Ordoñez Mayán Fdo.: ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN................................................................................................1 2. XUSTIFICACIÓN..............................................................................................3 3. OBXECTIVOS..................................................................................................4 3.1. Xeral..........................................................................................................4 3.2. Secundarios...............................................................................................4 4. METODOLOXÍA................................................................................................4 4.1. Tipo de estudo...........................................................................................4 4.2. Tamaño da mostra.....................................................................................4 4.3. Criterios de inclusión..................................................................................4 4.4. Criterios de exclusión.................................................................................4 4.5. Consideracións éticas e legais...................................................................5 4.6. Fases do estudo.........................................................................................5 4.6.1. Toma de datos pre intervención.......................................................5 4.6.1 Intervención......................................................................................6 4.6.2 Toma de datos post intervención......................................................6 4.6.3 Análise estatística.............................................................................6 4.6.4 Informe dos resultados.....................................................................6 5 RESULTADOS.................................................................................................6 5.6 Resultados pre intervención.......................................................................7 5.7 Resultados post intervención.....................................................................13 6 DISCUSIÓN.....................................................................................................15 7 CONCLUSIÓNS...............................................................................................18 8 BIBLIOGRAFÍA................................................................................................19 9 ANEXOS..........................................................................................................22 RESUMO Introdución: O tabaco é unha droga legal en España que estimula o sistema nervioso central e crea adición debido á nicotina. É prexudicial para a saúde en todos os seus usos, tanto para as persoas que o consumen como para as que están arredor. A idade de inicio de consumo forma parte da adolescencia temperá, polo que é moi importante realizar intervencións a nivel preventivo. Obxectivos: O obxectivo primario é coñecer as expectativas de consumo e o consumo actual no alumnado de primeiro da ESO do Instituto Rosalía de Castro. Os obxectivos secundarios son indagar sobre o grao de satisfacción da intervención, estudar as posibles relacións entre o consumo de tabaco e a saúde mental ou os hábitos na vida diaria do alumnado e indagar sobre as novas modalidades de consumo de tabaco. Metodoloxía: Trátase dun estudo transversal no que a mostra é o alumnado de primeiro da ESO do Instituto Rosalía de Castro. Empregáronse dous cuestionarios, un anterior e outro posterior a unha intervención, a partir dos cales obtivemos os resultados. Resultados: O consumo de tabaco foi baixo na nosa mostra debido a que a media de idade era case dous anos máis baixa da media na que se produce o primeiro contacto co tabaco en España, non obstante podemos destacar a facilidade coa que aos participantes poden acceder ao tabaco. Ademais podemos ver a diferencia na conciencia acerca do risco que supón para a saúde o consumo de tabaco en diferentes modalidades e outras substancias antes e despois da intervención. En termos xerais a valoración acerca da intervención foi positiva. Conclusións: en base aos resultados obtidos podemos valorar que a intervención foi efectiva, polo aumento na conciencia acerca do risco que supoñen para a saúde diferentes consumos e a valoración xeral da mostra sobre a intervención. Palabras clave: Tabaco, adolescentes, saúde mental, consumo RESUMEN Introducción: El tabaco es una droga legal en España que estimula el sistema nervioso central y crea adicción por la nicotina. Es nocivo para la salud en todos sus usos, tanto para las personas que lo consumen como para las del entorno. La edad de inicio del consumo forma parte de la adolescencia temprana, por lo que es muy importante realizar intervenciones preventivas. Objetivos: El objetivo principal es conocer las expectativas de consumo y el consumo actual en los alumnos de primero de la ESO del Instituto Rosalía de Castro. Los secundarios son investigar el grado de satisfacción de la intervención, estudiar las posibles relaciones entre el consumo de tabaco y la salud mental o hábitos en la vida diaria de los estudiantes e indagar sobre las nuevas modalidades del consumo de tabaco. Metodología: Se trata de un estudio transversal en el que la muestra son alumnos de primero de la ESO del Instituto Rosalía de Castro. Se utilizaron dos cuestionarios, uno anterior y otro posterior a la intervención, de los cuales obtuvimos los resultados. Resultados: El consumo de tabaco fue bajo en nuestra muestra debido a que la edad media era casi dos años inferior a la media en la que se produce el primer contacto con el tabaco en España pero podemos destacar la facilidad con la que los participantes pueden acceder a este. También podemos ver la diferencia en la conciencia sobre el riesgo para la salud de fumar de diferentes modos y otras sustancias antes y después de la intervención. La valoración general de la intervención fue positiva. Conclusiones: A partir de los resultados obtenidos podemos valorar que la intervención fue efectiva, debido al aumento de la conciencia sobre el riesgo que suponen para la salud los diferentes consumos y la valoración general sobre la intervención. Palabras clave: Tabaco, adolescentes, consumo, salud mental, intervención ABSTRACT Introduction: Tobacco is a legal drug in Spain that stimulates the central nervous system and creates addiction due to nicotine. It is harmful to health in all its uses, both for the people who consume it and for those around them. The age of onset of consumption is part of early adolescence, so it is very important to carry out preventive interventions. Objectives: The main objective is to know the consumption expectations and the current consumption in the first year ESO students of the Rosalía de Castro Institute. The secondary ones are to investigate the degree of satisfaction with the intervention, to study the possible relationships between tobacco consumption and mental health or habits in the daily life of students, and to inquire about new forms of tobacco consumption. Methodology: This is a cross-sectional study in which the sample is first year ESO students from the Rosalía de Castro Institute. Two questionnaires were used, one before and one after the intervention, from which we obtained the results. Results: Tobacco consumption was low in our sample because the average age was almost two years lower than the average in which the first contact with tobacco occurs in Spain, but we can highlight the ease with which the participants can access to this. We can also see the difference in awareness of the health risk of smoking in different ways and other substances before and after the intervention. The general assessment of the intervention was positive. Conclusions: based on the results obtained, we can assess that the intervention was effective, due to the increased awareness of the risk that different types of consumption pose to health and the general assessment of the intervention. Keywords: Tobacco, teenagers, consumption, mental health, intervention 1 1. INTRODUCIÓN Defínese adición como o trastorno que presenta dependencia a calquera tipo de substancias ou actividades que atenten contra a saúde, con afectación do estado psíquico, actuando sobre a conducta, a percepción e a conciencia [1,2]. A adición ao tabaco é considerada un problema a nivel global por ser o principal problema de saúde pública evitable dos países desenvolvidos, chegando a ser tratada como epidemia por parte da OMS [3,4]. Segundo a OMS, o tabaco mata ata o 50% das persoas que o consumen, o que se traduce en máis de 8 millóns de falecidos cada ano no mundo, 7 millóns de estas defuncións débense ao consumo directo deste e arredor de 1,2 millóns son consecuencia da exposición de non fumadores ao fume alleo [4]. A dispoñibilidade de tabaco como droga legal en España e a aceptación que hai na sociedade do consumo da mesma, fan que o inicio do consumo desta droga se produza en idades curtas [5]. Na Enquisa Europea de Saúde de 2020 en España, que ten como obxectivo proporcionar información sobre a saúde da poboación española para planificar e avaliar actuacións en materia sanitaria, rexístrase que o 18,3% de homes e o 12% de mulleres entre os 15 e os 24 anos son consumidores diarios. No mesmo rango de idade, o 3,2 % de homes e o 3,9% de mulleres son consumidores ocasionais e o 4,6% e 3,5% respectivamente son ex-fumadores [6]. O proxecto XUGA2110b96 da Xunta de Galicia, realizado no 2017, manifesta claramente os problemas anteriormente expostos xerados polo consumo precoz de tabaco e alcohol, especialmente facendo referencia á poboación escolar de Galicia. Manifesta a necesidade de realizar intervencións a nivel preventivo tanto do consumo de alcohol como do consumo de tabaco, debendo ser abordadas á vez e antes dos 10 anos, xa que indica que o primeiro contacto co tabaco prodúcese entre os 12 e os 14 anos [7]. O tabaco é unha droga estimulante do sistema nervioso central e contén nicotina, que é unha substancia aditiva, a cal cun consumo excesivo provoca a activación directa do sistema de recompensa do cerebro que provoca sensacións de pracer e mellora dos estados de ánimo. Participa de maneira que activa a liberación de dopamina e noradrenalina, convertendo o tabaco nun regulador de estados de ánimo [8]. 2 Canto máis se fuma máis nicotina se precisa para activar este sistema de recompensa do cerebro e cando se tenta deixar de fumar sófrense cambios físicos e mentais desagradables, síntomas da abstinencia da nicotina [4,9]. O consumo de tabaco é prexudicial en calquera das súas modalidades, nin o consumo nin a exposición ao fume teñen un rango de seguridade, tanto propio como alleo. O formato de consumo máis habitual é en cigarros, pero tamén en forma de pipa de auga, diferentes produtos de tabaco sen fume, puros, tabaco de liar, tabaco picado, cigarros electrónicos, cachimbas, etc [4]. O fume do tabaco contén máis de 4000 substancias químicas nocivas, entre elas máis de 70 son canceríxenas. A substancia máis coñecida e común que contén é a nicotina, pero entre outras tamén contén chumbo, amoníaco, monóxido de carbono e substancias radioactivas como o uranio [10]. Os fumadores pasivos, son aqueles non fumadores expostos ao fume do consumidor. Este fume inhalado polos expostos conten miles de substancias químicas que son tóxicas e de risco para a saúde, que segundo a OMS acaban provocando cada ano arredor de 1,2 millóns de mortes [4]. Un dos fenómenos que máis aumentou o seu consumo nos últimos anos e principalmente entre adolescentes é o dos cigarros electrónicos [12]. Estes sistemas conteñen igual que os cigarros nicotina e demais substancias tóxicas, as cales tamén seguen provocando dependencia e dano ao propio organismo. Tal como indica a American Heart Association 2019 [11], os cigarros electrónicos afectan á diminución do fluxo sanguíneo, eleva o colesterol LDL (lipoproteína de baixa densidade) e tamén produce un aumento do nivel de glucosa no sangue, o que provoca un aumento do risco de padecer enfermidades cardíacas [11,12]. 3 2. XUSTIFICACIÓN Debido á importancia que cobrou o tabaquismo e as consecuencias do mesmo para a saúde, preténdese identificar e avaliar o nivel de coñecemento que teñen acerca deste asunto o alumnado do Instituto Rosalía de Castro e poder previr futuros fumadores activos. Segundo a tese doutoral de María Teresa González Maestre que abrangue máis de 20 estudos sobre os programas de prevención escolar de abuso de substancias en España, a eficacia preventiva dos programas foi baixa. Os modelos de educación para a saúde e aprendizaxe social resultaron máis eficaces, xunto coa combinación de soporte oral, escrito e audiovisual do material e a implantación dos programas por parte de profesionais e profesorado conxuntamente [13]. Diferentes estudos como o proxecto XUGA2110b96 da Xunta de Galicia manifestan claramente os problemas xerados polo consumo precoz de tabaco e alcohol, facendo especial referencia á poboación escolar de Galicia. Manifesta a necesidade de realizar intervencións efectivas a nivel preventivo, tanto do consumo de tabaco como do consumo de alcohol, en idades temperás xa que indica que o primeiro contacto co tabaco prodúcese entre os 12 e 14 anos [7]. Ademais, na Enquisa Europea de Saúde de 2020 en España rexístrase que o 18,3% de homes e o 12% de mulleres entre os 15 e os 24 anos son consumidores diarios [6]. Isto reflexa a problemática actual do consumo de tabaco en adolescentes, polo que con esta intervención de Educación Sanitaria pretendemos coñecer a realidade tanto do consumo de tabaco como das súas expectativas no Instituto Rosalía de Castro e expoñer todos os riscos deste consumo para tentar diminuír esta porcentaxe nun futuro. 10 Do coñecemento dos riscos que supón para a saúde o consumo de tabaco ou outro tipo de drogas obtívose a Figura 10. Nunha parte das nosas enquisas quíxose obter información sobre as actividades que realizan os participantes fora do seu horario escolar, a maioría practica deporte a nivel federado, unha porcentaxe moi baixa participa nalgún grupo ou actividade de voluntariado e aproximadamente un terzo da mostra participa nalgunha asociación xuvenil ou cultural (Figuras 11,12 e 13). 40,90% 9,20% 30,70% 18,20% 13,60% 59,10% 90,80% 69,30% 81,80% 86,40% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Fumar un porro o fin de semana/cando saes de festa Fumar 10 ou máis cigarros o mesmo día Consumir cigarro electrónico Consumir tabaco de liar Consumir tabaco en cachimba ou shisha En que medida cres que supón un risco para a saúde...? Bastante risco/Risco alto Ningún risco/Pouco risco Con que frecuencia fixeches botellón? Nunca Polo menos unha vez ao ano Unha vez á semana Figura 9. Asistencia ao botellón Figura 10. Conciencia acerca do risco que supón para a saúde 11 Ademais, na nosa enquisa decidiuse analizar tamén o feito de saír de festa, os seus horarios en caso de saír de festa, así como o diñeiro do que dispoñen ou a súa paga semanal (Figura 14,15,16,17 3 18). Practicas deporte a nivel federado ou con ficha nalgún clube deportivo? Non Si Particpas nalgunha asociación xuvenil ou cultural? Non Si Con que frecuencia saes de festa? Non saio En días especiais Os fins de semana Participas nalgún grupo ou actividade de voluntariado? Non Si Figura 11. Práctica de deporte Figura 12. Participación nalgún grupo ou actividade de voluntariado Figura 13. Participación nalgunha asociación xuvenil ou cultural A que hora voltas á casa ao saír de festa? Non saio Antes das 2 am Entre as 2 e as 3 am Entre as 3 am e as 5 am Figura 14. Frecuencia coa que saen de festa Figura 15. Hora de regreso á casa despois de saír de festa 12 Nas táboas 2,3 e 4 estúdase a relación das expectativas de consumo da poboación coa práctica de deporte, a accesibilidade ao tabaco e a presenza de algún grao de depresión. En todas estas táboas vese unha relación estatisticamente significativa. Táboa 2. Relación da practica de deporte co consumo de tabaco Non practica deporte Practica deporte P valor Algunha vez pensaches en consumir tabaco? Nunca 79,3% 96,8% 0,006 Algunha vez 20,7% 3,2% 0,006 Táboa 3. Relación das expectativas de consumo coa accesibilidade a el Creo que non/Seguro que non probarei o tabaco no futuro Xa o probei/Creo que si/Seguro que si probarei o tabaco no futuro P valor Como de difícil che resultaría conseguir tabaco? Imposible/Con moita dificultade 55,1% 16,7% 0,013 Con pouca dificultade/Sinxelo 44,9% 83,2% 0,013 A maioría dos teus amigos, de canto diñeiro dispoñen cando saen de festa? Non saen de festa Menos de 5 euros 5-10 euros 10-20 euros Máis de 20 euros De canto diñeiro dispós cando saes de festa? Non saio Menos de 5 euros 5-10 euros 10-20 euros Figura 16. Diñeiro para saír de festa Figura 17. Diñeiro do que dispoñen os amigos cando saen de festa Figura 18. Paga semanal Canto diñeiro tes como paga semanal? Non teño paga Menos de 5 euros 5-10 euros 10-20 euros 13 Táboa 4. Relación da depresión coas expectativas de consumo de tabaco Sen depresión Con algún grao de depresión P valor Crees que probarás o tabaco no futuro? Seguro que non/Creo que non 96,2% 82,3% 0,083 Seguro que si/Creo que si/Xa o probei 3,8% 17,7% 0,083 Por último, decídese empregar o cuestionario PHQ-A, para valorar o estado de saúde mental da nosa mostra. Destácase unha porcentaxe elevada de participantes con algún grao de depresión, reflexado na táboa 5 e 6. Táboa 5. Cuestionario PHQ N % Sen depresión 27 30% Depresión mínima 26 28,9% Depresión leve 24 26,7% Depresión moderada 5 5,6% Depresión moderadamente grave 6 6,7% Depresión grave 2 2,2% Total 90 100% Táboa 6. Cuestionario PHQ dicotomizado 5.2. Resultados post intervención Na nosa enquisa posterior a intervención comézanse valorando aspectos xerais desta para valorar a súa efectividade. Os resultados en xeral foron positivos, a intervención serviu para aclarar dúbidas e adquirir coñecementos. Tanto o material empregado como os temas resultaron axeitados e a información empregada resultou sinxela de entender (Figura 19). N % Sen depresión 27 30% Con algún grao de depresión 63 70% Total 90 100% 14 Por último, estúdase a conciencia que adquiriron os estudantes sobre o risco do consumo de tabaco e outras substancias relacionadas, igual que se fixo antes da intervención para comparar resultados e valorar así a súa efectividade. (Figura 20). 11,9% 7,9% 38,6% 5,9% 11,9% 39,6% 88,1% 92,1% 61,4% 94,1% 88,1% 60,4% 0% 20% 40% 60% 80% 100% Resultoume sinxelo comprender a información da actividade Os temas abordados resultáronme interesantes Adquirín novos coñecementos sobre os temas que se trataron O material empregado foi axeitado Aclarei dúbidas Modificáronse as miñas expectativas respecto ao consumo de tabaco Aspectos xerais Bastante/Totalmente de acordo Nada/Pouco de acordo 3% 8,9% 7,9% 97% 91,10% 92,10% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Cigarros Tabaco de liar Cigarro electrónico Coñezco os riscos do consumo de... Bastante/Totalmente de acordo Nada/Pouco de acordo Figura 19. Aspectos xerais Figura 20. Coñecemento dos riscos do consumo 15 6. DISCUSIÓN O último dato oficial encontrado acerca da idade media de inicio de consumo foi en 2017, aos 13,9 anos [14]. A nosa mostra ten unha idade media de 12,2 anos e obtívose unha porcentaxe de consumidores moi baixa. Estes datos poden deberse a que hai unha diferencia entre idades de case dous anos, é dicir, podería considerarse que agora mesmo estarían dentro dun rango de inicio temperá respecto a media e só unha pequena minoría consumiron algunha vez tabaco. Debido ao baixo número de participantes que consumiron tabaco non se puido estudar a relación entre este e os hábitos de vida saudables polo que estudamos a relación coas expectativas de consumo. Como se pode ver na Táboa 2, dos alumnos que practican deporte só un 3,2% pensou en consumir tabaco algunha vez, mentres que dos alumnos que non practican deporte un 20,7% pensou en consumilo. Isto é congruente cos resultados do estudo de Elisa Huescar et al. [15] no que se revelou que un baixo consumo de tabaco predicía positivamente altas taxas de exercicio practicado. Polo contrario os adolescentes que fumaban eran os que practicaban menos exercicio físico. Estes resultados son coincidentes con numerosos estudos que sinalan que a conducta de fumar ten unha correlación inversa coa práctica regular de actividades deportivas. Na Figura 10 e na Figura 21, as porcentaxes que fan referencia ao risco percibido polo alumnado do consumo de tabaco nas diferentes modalidades e outras substancias, variaron no cuestionario anterior e posterior á intervención, demostrando así a efectividade desta. A diferencia das porcentaxes variou positivamente en todos os consumos, é dicir, aumentou a percepción que teñen todos os participantes do risco que supón para a saúde os diferentes consumos. En canto 22% 7% 2,20% 8% 5% 78,20% 93,10% 97,80% 92,10% 95% 0% 20% 40% 60% 80% 100% Fumar un porro o fin de semana ou cando saes de festa Consumir outras substancias nunha festa, festival… Fumar 10 ou máis cigarros Consumir cigarro electrónico Consumir tabaco en cachimba ou shisha En que medida cres que supón un risco para a saúde? Bastante risco/Risco alto Ningún risco/Pouco risco Figura 21. Conciencia acerca do risco que supón para a saúde 16 ao consumo de tabaco en cachimba ou shisha aumentou a porcentaxe un 8,6%, no caso de fumar 10 ou máis cigarros aumentou un 7% e no relativo a fumar un porro os fin de semana ou cando saes de festa un 19,1%. Por último, respecto ao consumo de cigarro electrónico aumentou un 22,8%, sendo este o que maior diferencia sufriu e polo tanto no que máis cambiou a súa percepción. A valoración dos aspectos xerais da intervención foi positiva como reflexa a figura 19, ademais de eficaz como discutimos anteriormente. Apoiándonos no seguinte estudo, os modelos de educación para a saúde e aprendizaxe social resultan máis eficaces coa combinación de soporte oral, escrito e audiovisual do material que se pretende explicar [13]. Confirmando que este tipo de intervencións deben realizarse igual que a nosa con este soporte oral, escrito e audiovisual. Segundo os resultados do cuestionario, pódese ver na táboa 6 que o 70% da mostra presenta algún grao de depresión fronte a un 30% sen depresión. Ademais, na táboa 4 obsérvase que dos participantes que presentan algún grao de depresión un 17,7% aseguran ou cren que probarán o tabaco ou incluso xa o probaron, fronte a un 3,8% no caso dos participantes sen depresión. Existe unha porcentaxe moi elevada de alumnos con algún grao de depresión e a relación tanto co consumo de tabaco como coas expectativas de consumo deste é notable. A depresión e o consumo de tabaco na adolescencia manteñen una elevada comorbilidade. Destaca que hai unha maior probabilidade de depresión entre os adolescentes fumadores. Ademais, recoméndase que para realizar a prevención de consumo de tabaco en adolescentes se teña en conta as elevadas porcentaxes de depresión neste grupo de idade [16,17], que como podemos ver na nosa mostra é dunha gran maioría. Na Lei 42/2010, do 30 de decembro, pola que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venta, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco recóllese a venta exclusiva de tabaco a maiores de idade [19]. A nivel legal o acceso ao tabaco está prohibido en menores de idade, non obstante os resultados da enquisa estannos indicando que estes teñen un acceso moi sinxelo a este tipo de substancias, o que supón un factor de risco para o seu consumo (Figura 6). A táboa 3 reflexa a relación da facilidade de acceso ao tabaco coas súas expectativas de consumo. Das persoas que cren ou aseguran que probarán o tabaco ou incluso xa o probaron, a un 83,2% resúltalle sinxelo ou con pouca dificultade o acceso a el fronte a un 16,7% ao que lle resulta imposible ou con dificultade. Nos últimos anos destaca a aparición dos Dispositivo Susceptibles de Liberación de Nicotina (DSLN), coñecido tamén como cigarro electrónico, a maioría destes produtos anúncianse como 17 inocuos pero supoñen riscos para a saúde. Segundo indican as enquisas, a proporción de adolescentes e rapaces novos que probaron ou utilizaron os cigarros electrónicos é notable e está sufrindo un alarmante aumento. Estes poderían converterse nunha vía adicional de iniciación no tabaquismo en adolescentes, pola súa accesibilidade, os atractivos sabores e pola súa baixa percepción de perigosidade [11,12,18]. Na figura 10, móstrase que para a nosa mostra o risco que supón para a saúde o consumo de cigarro electrónico é menor que o do tabaco convencional. A pesar da baixa porcentaxe de consumidores de tabaco e cigarro electrónico, nas figuras 7 e 8 móstrase que o consumo de cigarro electrónico é maior, resultados que confirman o auxe destes dispositivos neste grupo de idade. Cabe ter en conta que este traballo de investigación presenta as seguintes limitacións: un baixo número de consumidores de tabaco e outras substancias e ademais este foi autodeclarado. 18 7. CONCLUSIÓNS • As expectativas de consumo e o consumo actual de tabaco e outras substancias no alumnado de primeiro da ESO do Instituto Rosalía de Castro son mínimos, debido probablemente á baixa idade media da mostra. • Existe unha relación entre o consumo de tabaco e a depresión, tamén entre o consumo de tabaco e os hábitos de vida saudables que son un factor protector para o consumo de tabaco. • O consumo de cigarro electrónico está sufrindo un notable aumento nos últimos anos en idades moi temperás, este relaciónase coa baixa percepción ac do risco que supón para a saúde o seu consumo. • A intervención foi efectiva e maioritariamente satisfactoria, polo que este modelo de intervencións educativas axudarían a diminuír os factores de risco para o consumo de tabaco e outras substancias en adolescentes. 19 8. BIBLIOGRAFÍA 1. American Psychiatric Association, editor. Guía de consulta de los criterios diagnósticos del DSM-5. Arlington, VA: American Psychiatric Publishing; 2014. 438 p. Disponible en: https://www.eafit.edu.co/ninos/reddelaspreguntas/Documents/dsm-v-guia-consultamanual-diagnostico-estadistico-trastornos-mentales.pdf 2. ASALE R-, RAE. adicción | Diccionario de la lengua española [Internet]. «Diccionario de la lengua española» - Edición del Tricentenario. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://dle.rae.es/adicción 3. Campaña Prevención del Tabaquismo. #ElTabacoAtayteMata. El TABACO Ata y Te Mata En Todas Sus Formas Ministerio de Sanidad [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.sanidad.gob.es/campannas/campanas19/tabacoMata.htm 4. Tabaco [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.who.int/es/newsroom/fact-sheets/detail/tobacco 5. Factores psicosociales relacionados con el consumo de alcohol y tabaco en adolescentes españoles [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=33717060010 6. Productos y Servicios / Publicaciones / Publicaciones de descarga gratuita [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926698156&p=12 54735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout 7. Consumo de tabaco y alcohol en la población escolar de Galicia [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.pediatriaintegral.es/publicacion-201707/consumo-de-tabaco-y-alcohol-en-la-poblacion-escolar-de-galicia/ 8. monogvii_4._dependencia_por_el_tabaco.pdf [Internet]. [citado 6 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.neumomadrid.org/wpcontent/uploads/monogvii_4._dependencia_por_el_tabaco.pdf 9. Tabaquismo - Síntomas y causas - Mayo Clinic [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/nicotinedependence/symptoms-causes/syc-20351584 10. Sustancias químicas en los productos del tabaco | Sociedad Americana Contra El Cáncer [Internet]. [citado 1 de abril de 2022]. Disponible en: https://www.cancer.org/es/cancer/causas-del-cancer/tabaco-y-cancer/agentescancerigenos-en-los-productos-de-tabaco.html 26 Anexo 4: enquisa post intervención