Full text
Ciencias da Saúde SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Clínica Optométrica II TITULACIÓN Grao en Óptica e Optometría unidade didáctica 1 Sesións prácticas de Clínica Optométrica II Silvia García Montero Área de Optometría Departamento de Física Aplicada Facultade de Óptica e Optometría
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 2 © Universidade de Santiago de Compostela, 2015 Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela usc.es/publicacions ISBN 978-84-16533-27-5 DOI http://dx.doi.org/10.15304/9788416533275 ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 3 MATERIA: Clínica Optométrica II TITULACIÓN: Grao en Óptica e Optometría PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Sesións prácticas de Clínica II Anamnese e Agudeza Visual Probas Preliminares Retinoscopía Queratometría Refracción Subxectiva Visión Binocular Biomicroscopía Exame do Fondo de Ollo Exploracións complementarias Prescrición final Clases interactivas en aula (SEMINARIOS) Titorías ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 4 ÍNDICE PRESENTACIÓN OBXECTIVOS METODOLOXÍA CONTIDOS 1. Anamnese e Agudeza visual 2. Probas preliminares 3. Retinoscopía 4. Queratometría 5. Refracción Subxectiva 6. Visión Binocular 7. Biomicroscopía 7. Exame do fondo de ollo 8. Exploracións complementarias 9. Prescrición final AVALIACIÓN BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA ANEXOS ANEXO 1: REGULAMENTO DO SERVIZO DE OPTOMETRÍA. ANEXO 2: CÓDIGO DEONTOLÓXICO E MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS CLÍNICAS DO ÓPTICO-OPTOMETRISTA. ANEXO 3: FICHA EXÁME OPTOMÉTRICO DO SERVIZO DE OPTOMETRÍA DA USC ANEXO 4: CONSENTIMENTO INFORMADO EXAMEN OPTOMETRICO ANEXO 5: CONSENTIMENTO INFORMADO MENORES DE IDADE ANEXO 6: CONSENTIMENTO INFORMADO ADAPTACIÓN LENTES DE CONTACTO ANEXO 7: CONSENTIMENTO INFORMADO PROBAS DE LÁGRIMA ANEXO 8 : FICHAS EXPLORACIÓNS ESPECIAIS ANEXO 9: FICHA PRESCRICIÓN ANEXO 10: ENQUISA ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 5 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada “Sesións Prácticas de Clínica Optométrica II” forma parte da materia Clínica Optométrica II impartida no 2º semestre do terceiro curso do Grao en Óptica e Optometría A materia Clínica optométrica II ten por obxectivo principal proporcionarlle ó alumnado a experiencia clínica necesaria en atención primaria da saúde visual e ocular, para afrontar con garantías de éxito a práctica profesional. Todas as sesións prácticas impartiranse no Servizo de Optometría e con pacientes reais. Recoméndase que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas materias previas do módulo de optometría (Figura 1): Fundamentos de Optometría (impartida no primeiro curso), Optometría I, Optometría II e Contactoloxía I (impartidas no segundo curso). Tamén Optometría III, Contactoloxía II, Anomalías de Visión Binocular e Rehabilitación Visual e Clínica Optométrica I (impartidas no primeiro semestre do terceiro curso). No último curso do grao impártense as materias de Clínica Optométrica III e Contactoloxía III ligadas o traballado nesta unidade didáctica. Figura 1: Materias do Módulo de Optometría 1º Curso 2º Curso 3º Curso 4º Curso Fundamentos de optometría Optometría I Optometría II Contactoloxía I Optometría III Optometría IV Contactoloxía II Clínica Optométrica I Clínica Optométrica II Anomalías da Visión Binocular e rehabilitación Visual Baixa Visión Clínica Optométrica III Contactoloxía III Fonte: Elaboración propia OBXECTIVOS Ó rematar esta unidade o alumno deberá ter acadados os seguintes obxectivos: — Coñecer e aplicar diferentes protocolos optométricos de actuación en función das características do paciente, segundo a súa idade ou o seu problema visual. — Realizar e interpretar os resultados das probas seleccionadas para o exame visual. — Seleccionar os pacientes que necesiten realizar exploracións especiais. ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 6 — Informar sobre os resultados das probas realizadas ó paciente, ós seus familiares ou a outro profesional que interveña na súa atención, adaptándose ás características socioculturais de cada interlocutor — Asesorar e orientar sobre as opcións de tratamento — Identificar e analizar factores de risco medioambientais e laborais que poden causar alteracións visuais — Realizar rexistro de datos e elaboración de historias clínicas. — Coñecer e aplicar técnicas de cribado en diferentes poboacións — Coñecer os fundamentos e técnicas de educación sanitaria e os principais programas xenéricos de saúde ós que o optometrista debe contribuír dende o seu ámbito de actuación METODOLOXÍA As prácticas realizaranse nos gabinetes do Servizo de Optometría da Facultade de Óptica e Optometría da USC, que consta coas instalación que se presentan na Figura 2, e que conta cun regulamento específico que se presenta no Anexo 1. O alumnado estará divido en grupos reducidos (de catro ou cinco persoas) que realizarán oito sesións de tres horas de duración. En todo momento estarán supervisados por un profesor. A cada estudante asignaráselle un grupo de prácticas establecido polo decanato en función dos horarios e dos grupos das demais materias da titulación, por este motivo, non serán posibles os cambios de grupo agás por causas xustificadas. En casos excepcionais, e sempre con autorización previa do coordinador da materia, poderase recuperar algunha sesión practica. Nestes casos, os cambios de grupo deben facerse de un alumno por outro, para manter sempre o mesmo numero de alumnos en cada sesión. Os alumnos deben presentarse no Servizo vestidos de maneira correcta, con boa presenza e actitude. No Anexo 2 atópanse o Código Deontolóxico e manual de boas prácticas clínicas do ÓpticoOptometrista que se deben consultar antes de iniciar as sesións prácticas. Obrigatoriamente os alumnos terán que levar bata branca. Ademais tamén é necesario que teñan unha lanterna de luz puntual e unha regra de 20 cm. O persoal do Servizo citará pacientes para cada sesión de prácticas. A distribución da axenda será distinta a medida que avanza a materia. Deste modo, na primeira sesión de prácticas soamente se citará a un paciente co fin de poder organizar o grupo e comprobar o nivel dos alumnos antes de comezar a tratar cos pacientes. A partir da segunda sesión citaranse dous pacientes para cada grupo, deixando unha marxe de tempo de hora e media entre cada un deles. Nas dúas últimas sesións antes do exame práctico, se o grupo alcanza o nivel de destreza esixido, citaranse tres pacientes; dispoñendo de unha hora para realizar cada revisión. Intentarase distribuír a axenda de forma que cada grupo de prácticas revise a pacientes de características varias, é dicir, diferentes idades, defectos refractivos, usuarios de lentes de contacto, terapias visuais… ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 7 Ó comezo da sesión, o profesor encargado do grupo distribuirá as probas que realizará cada alumno mentres os demais estarán como observadores. Desta forma, cada alumno repetirá varias veces as diferentes probas do protocolo, perfeccionando así ó longo de curso a técnica de realización das mesmas. Todo o grupo estará presente durante todo o proceso. O alumnado será o encargado de realizar as probas, en todo momento supervisado polo profesor. O protocolo que se seguirá en cada sesión de prácticas será sempre o mesmo e detállase a continuación con relación aos contidos. Ó remate de cada sesión expoñeranse e aclararanse todas as dúbidas xurdidas, SEMPRE sen a presenza do paciente. Figura 2: Imaxes do Servizo de Optometría CONTIDOS 1. Anamnese e Agudeza visual O primeiro paso na realización do exame visual é a recepción do paciente. É moi importante que o alumno seleccionado reciba de forma cordial e educada ó paciente para xerar un bo clima de traballo. Tódolos pacientes deben asinar unha autorización que permita tratar os seus datos persoais e visuais de acordo coa lei de protección de datos. Unha vez cumprido este trámite comeza o exame visual. É moi importante que se cubran os datos correctamente na ficha do paciente, tanto os datos persoais como os visuais. Nesta parte do exame hai que recadar toda a información que poida achegar o paciente respecto á súa historia clínica e tamén á historia familiar. En caso de ser usuario de gafas ou lentes de contacto tamén debe quedar reflectido. Se o paciente é usuario de gafas medirase a potencia das lentes no frontofocómetro e se tamén é usuario de lentes de contacto deberá dicirnos o tipo de lente e o uso que fai delas e tódolos datos das mesmas que coñeza (material, fabricante, potencia…). A agudeza visual debe medirse con e sen corrección tanto en visión de lonxe coma de preto. Se é necesario tamén se empregará o burato estenopeico. É moi ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 8 importante deixar anotados correctamente todos os resultados obtidos para que se poida valorar a evolución do paciente nas seguintes revisións. Na figura 3 pódese ver o apartado da ficha correspondente a este bloque. As fichas completas empregadas para o rexistro de datos e tamén os diferentes formularios de consentimentos informados están dispoñibles nos Anexos 3-7 Figura 3: Datos Anamnese e Agudeza Visual 2. Probas preliminares As probas preliminares consisten nuns tests sinxelos e rápidos. Realízanse con material moi básico pero proporcionan información valiosa do paciente. O estudante debe entender todas as probas preliminares e executa-las nunha orde lóxica, dependendo do paciente concreto. Pola súa banda, debe saber como interpretar a información clínica dos resultados para poder proceder coas seguintes probas do protocolo. Na Figura 4 móstrase o apartado da ficha onde se rexistran os resultados obtidos nestas probas. Figura 4: Datos probas preliminares ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 9 3. Retinoscopía Esta proba é esencial en tódolos exames visuais por tratarse dunha proba obxectiva, é dicir, o paciente non inflúe na proba, o resultado depende unicamente da destreza do examinador. Se se realiza correctamente permite obter o valor exacto ou moi próximo da refracción real do paciente. O alumno debe perfeccionar esta técnica e dominala ó final das sesións prácticas. Na figura 5 pódese observar a zona da ficha onde se anotan os resultados desta proba. Esta figura inclúe todo o bloque de refracción e visión binocular Figura 5: Datos queratometría, retinoscopia, refracción subxectiva e visión binocular 4. Queratometría A queratometría é unha proba obxectiva que ofrece información sobre a curvatura e a potencia dióptrica da córnea, o elemento principal refractivo do ollo. O alumno debe coñecer como realizar e medir a curvatura da córnea co queratómetro, pois é unha proba difícil, especialmente debido ós movementos involuntarios do ollo. Á súa vez, ten que interpretar e anotar (figura 5) correctamente a información relevante, identificar a presenza de astigmatismo, regular ou irregular, e saber extrapolar a información refractiva da córnea para entender e identificar o estado de refracción ocular. 5. Refracción Subxectiva A refracción subxectiva é unha das probas máis importantes e das máis realizadas nos gabinetes de optometría diariamente. Esta fase, que en realidade é un conxunto de ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 16 ANEXO 4: CONSENTIMENTO INFORMADO EXAMEN OPTOMETRICO ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 17 ANEXO 5: CONSENTIMENTO INFORMADO MENORES DE IDADE ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 18 ANEXO 6: CONSENTIMENTO INFORMADO ADAPTACIÓN LENTES DE CONTACTO ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 19 ANEXO 7: CONSENTIMENTO INFORMADO PROBAS DE LÁGRIMA ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 20 ANEXO 8 : FICHAS EXPLORACIÓNS ESPECIAIS - TEST DE ISHIHARA - TEST SENSIBILIDADE Ó CONTRASTE ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 21 - CUESTIONARIOS OLLO SECO (OSDI E MC MONNIES) ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 22 ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 23 ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 24 ANEXO 9: FICHA PRESCRICIÓN - GAFAS ÍNDICE
Unidade didáctica 1Sesións prácticas de Clínica Optométrica II 25 - LENTES DE CONTACTO ÍNDICE