Resolución Reitoral do 02-03-2023 pola que se actualiza a acreditación de compentencias lingüísticas adquiridas polo alumnado de grao da USC e de titulacións de ordenacións anteriores
Full text
REITORÍA Praza do Obradoiro, s/n (Reitoría) Mediante Resolución do 5 de xuño de 2015 establecéronse os niveis de coñecemento de idioma estranxeiro que se acadan unha vez cursadas determinadas titulacións de grao impartidas na USC. No anexo desta resolución recollíanse os módulos de diversas titulacións que outorgaban competencias lingüísticas correspondentes ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A dita resolución refundiu e ampliou resolucións anteriores sobre estas correspondencias. O propósito da Resolución ao establecer a dita correspondencia era facilitar ao alumnado da USC a acreditación de competencias lingüísticas tanto para a obtención dunha titulación de grao na USC (inicialmente a USC estableceu como requisito para a obtención dun título de grao a acreditación dunha competencia lingüística nunha lingua estranxeira ao nivel B1) como para a admisión en titulacións que recollían algún requisito lingüístico (p.e.: Máster Universitario en Profesorado). Aínda que xa non se precisa a acreditación de competencias lingüísticas para obter as titulacións de grao na USC, o alumnado solicita frecuentemente constancia da adquisición destas competencias con diversas finalidades (acreditación de competencias lingüísticas nas universidades receptoras de alumando de intercambio, etc.). Esta necesidade é salientable no caso do alumando da Facultade de Filoloxía, polo que a súa Xunta de Facultade emitiu un acordo na sesión do 3/6/2022 no que revisou e actualizou as correspondencias que figuraban no Anexo da RR do 5 de xuño. En vista de todo o anterior, esta reitoría RESOLVE: PRIMEIRO.- Actualizar o cadro coas competencias linguísticas adquiridas polo alumnado de titulacións de grao da USC e de titulacións de ordenacións anteriores ao RD1393/2007 de acordo co indicado no Anexo. SEGUNDO.- Para a acreditación destas competencias lingüísticas será suficiente con ter superado o módulo ou módulos que se indican no anexo, polo que non será preciso ter rematada a titulación correspondente. TERCEIRO.- Queda derrogada a resolución reitoraL de 5/06/2015 que regulaba esta materia. Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/164B-7562-44E1-A180 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 164B-7562-44E1-A180 1 / 4
REITORÍA Praza do Obradoiro, s/n (Reitoría) ANEXO Titulación Materia / Módulo Competencia lingüística (MERCL) Grao en Ciencias da Cultura e difusión Cultural G5101105 Idioma Moderno I (Lingua Inglesa) B1 G5101104 Idioma Moderno I (Lingua Francesa) B1 G5101115 Idioma Moderno II (Lingua Inglesa ) B1 G5101114 Idioma Moderno II (Lingua Francesa) B2 Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas Formación Básica da Lingua Alemá A2 Formación Básica da Lingua Francesa A2 Formación Básica da Lingua Inglesa B1 Formación Básica da Lingua Italiana A2 Formación Básica da Lingua Portuguesa B1 Modalidade Maior das titulacións: Grao en Linguas e Literaturas Modernas (alemán, francés, italiano, portugués) e Grao en Lingua e Literatura Inglesas Maior en Lingua e Cultura Alemás C1 Maior en Lingua e Literatura Francesas C2 Maior en Lingua e Literatura Inglesas C2 Maior en Lingua e Literatura Italianas C1 Maior en Lingua e Literatura Italianas + Módulo optativo de especialización en LL Italianas C2 Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas C2 Modalidade Minor dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literaturas Modernas de Alemán; Francés; Italiano; Portugués Estudos Ingleses C1 Estudos Lusófonos C1 Lingua e Literatura Alemás B2 Lingua e Literatura Francesas B2 Lingua e Literatura Italianas B2 Outros módulos dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literatura Modernas (alemán; francés; italiano; portugués; linguas románicas) Módulo Complementario en Estudos Ingleses I B2 Módulo Complementario en Estudos Lusófonos I B2 Módulo Complementario en Lingua e Literatura Alemás B1 Módulo Complementario en Lingua e Literatura Francesas I B1 Módulo Complementario en Lingua e Literatura Italianas I B1 Módulo de Catalán. Lingua, Cultura e Literatura B1 Módulo de Lingua e Literatura Occitanas A2 Módulo de Lingua e Literatura Romanesas A2 Módulo de Lingua e Literatura Danesas B1 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/164B-7562-44E1-A180 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 164B-7562-44E1-A180 2 / 4
REITORÍA Praza do Obradoiro, s/n (Reitoría) Titulación Materia / Módulo Competencia lingüística (MERCL) Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos en linguas Formación Básica da Lingua española B1 Formación Básica da Lingua galega B1 Módulo complementario en Lingua e Cultura Catalá B1 Grao en Mestre en Educación Infantil (Orde ECI/3854/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil ) Aprendizaxe de linguas en Contextos multilingües (mód. Didáctico Disciplinar - Inglés) B1 Grao en Mestre en Educación Primaria (Orde ECI/3857/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Primaria ) Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (Alemán, Inglés, Portugués e Francés) B1 Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos de Mestres acadarán a competencia lingüística de Castelán e Galego equivalente ao C1 Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas Inglés para comunicación comercial II B1 Grao en Xestión Cultural (modalidades presencial e semipresencial) Inglés para usos profesionais I B1 Inglés para usos profesionais II B2 Linguas internacionais para a xestión cultural. Francés A2 Linguas internacionais para a xestión cultural. Portugués B1 Titulados conforme a ordenacións anteriores ao RD 1393/2007: Licenciados en Filoloxía que inclúan o estudo dunha lingua estranxeira como materia obrigatoria B1 Licenciados en Humanidades que teñan superadas as seguintes materias dunha mesma lingua: Primeira Lingua Estranxeira (Francés I, Inglés I); Primeira Lingua Estranxeira (Francés II, Inglés II); Literatura da primeira Lingua Estranxeira I (Francés/Inglés) B1 Mestres Especialidade en Lingua Estranxeira B1 Alumnos que teñan superadas materias dunha lingua estranxeira nestas ou outras titulacións, que proporcionen competencias lingüísticas instrumentais e o número mínimo de créditos da totalidade destas materias dunha mesma lingua sexa de 24 B1 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/164B-7562-44E1-A180 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 164B-7562-44E1-A180 3 / 4
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 02/03/2023 12:53:31. CSV: 164B-7562-44E1-A180 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/164B-7562-44E1-A180 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 164B-7562-44E1-A180 4 / 4