Full text
Nivel de competencia cultural do estudantado de Enfermaría do Campus de Santiago de Compostela Autora: Andrea Roo Triñanes Titora: Ainara Díaz Geada Cotitora: Claudia González López Xuño 2022
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaría O Proxecto de Fin de Grao titulado: Nivel de competencia cultural do estudantado de Enfermaría do Campus de Santiago de Compostela, foi realizado pola abaixo firmante. Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022 A alumna, Fdo.: Andrea Roo Triñanes A titora, A cotitora, Fdo.: Ainara Díaz Geada ' Fdo.: Claudia González López
AGRADECEMENTOS Á miña titora Ainara Díaz Geada por aceptar a titorización deste traballo, polos seus consellos, esforzo e tempo adicado. A Claudia González López, a miña cotitora, por aceptar colaborar neste traballo, pola súa implicación, experiencia e aportacións. Á miña familia, parella e amigas que me acompañaron durante esta etapa, apoiándome e confiando en min en todo momento. Ao alumnado de 1º e 4º do curso 2021/2022 da Facultade de Enfermaría da USC, sen cuxa colaboración este estudo non tería sido posible.
ÍNDICE INTRODUCIÓN ...............................................................................................................1 XUSTIFICACIÓN ............................................................................................................3 OBXECTIVOS ..................................................................................................................4 MÉTODO ..........................................................................................................................4 RESULTADOS .................................................................................................................7 DISCUSIÓN ....................................................................................................................11 LIMITACIÓNS E FORTALEZAS .................................................................................15 CONCLUSIÓNS .............................................................................................................15 ANEXOS .........................................................................................................................17 ANEXO I ................................................................................................................................... 17 ANEXO II ................................................................................................................................. 21 ANEXO III ................................................................................................................................ 22 ANEXO IV ................................................................................................................................ 23 ANEXO V ................................................................................................................................. 24 BIBLIOGRAFÍA .............................................................................................................25
ÍNDICE DE TÁBOAS Táboa 1. Descrición da mostra de estudantes ....................................................................7 Táboa 2. Asociación de CC, subdimensións e curso .........................................................9 Táboa 3. Asignaturas que inclúen obxectivos relacionados coa transculturalidade ........10 Táboa 4. Asignaturas que inclúen competencias relacionadas coa transculturalidade ....10 ÍNDICE DE ACRÓNIMOS ANECA Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación CC Competencia cultural EMCC-14 Escala de Medición de Competencia Cultural para Traballadores de Saúde EEES Espazo Europeo de Educación Superior INE Instituto Nacional de Estadística NANDA North American Nursing Diagnosis Association NIC Nursing Interventions Classification NOC Nursing Outcomes Classification OCDE Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos UNESCO Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura
RESUMO Introdución: A competencia cultural (CC) en saúde defínese como un proceso no que os profesionais sanitarios se esforzan por acadar a habilidade para traballar adecuadamente dentro do contexto cultural do paciente, familia ou comunidade. A diversidade da sociedade actual presenta novos desafíos sanitarios. Para ofertar unha atención de calidade, é fundamental que a formación universitaria non quede allea a estos cambios. Obxectivos: Avaliar a CC do estudantado de 1º e 4º curso da Facultade de Enfermaría de Santiago de Compostela. Así como averiguar se existen diferencias na puntuación da sensibilidade, coñecementos e habilidades culturais; e indagar sobre os contidos do plan de estudos da Facultade de Enfermaría da USC en materia de transculturalidade e CC. Métodos: Desenvolveuse un estudo transversal entre o estudantado 1º e 4º do curso 2021/2022 do Grao en Enfermaría no Campus de Santiago de Compostela (n=137). Para a recompilación de datos utilizouse a Escala de Medición de Competencia Cultural (EMCC-14). A súa análise levouse a cabo mediante o programa informático SPSS Statistics versión 27. Resultados: O nivel de CC do alumnado é de 75 puntos na EMCC-14. A dimensión cunha puntuación máis baixa é a de sensibilidade (68,8), seguida da de habilidades (79,8) e da de coñecemento (87,5). O estudantado de 4º curso conseguiu unha puntuación lixeiramente superior nos constructos de sensibilidade e coñecemento. Porén, a puntuación da dimensión de habilidades é notablemente superior entre o estudantado de 1º curso. Conclusións: Este é o primeiro estudo que valora a CC en estudantes da Facultade de Enfermaría da USC. O nivel de CC é semellante ao doutras investigacións previas. Ábrese a porta á consolidación dunha nova asignatura relacionada cos coidados basados en aspectos culturais. Palabras chave: competencia cultural, enfermaría transcultural, estudantes de enfermaría, educación, formación en enfermaría.
RESUMEN Introducción: La competencia cultural (CC) en salud se define como un proceso en el que los profesionales sanitarios se esfuerzan por conseguir la habilidad para trabajar adecuadamente dentro del contexto cultural del paciente, familia o comunidad. La diversidad de la sociedad actual presenta nuevos retos en salud. Para ofrecer una atención de calidad, es fundamental que la educación universitaria no quede ajena a estos cambios. Objetivos: Evaluar la CC del alumnado de 1º y 4º curso de la Facultad de Enfermería de Santiago de Compostela. Así como averiguar si existen diferencias en la puntuación de la sensibilidad, conocimientos y habilidades culturales; e indagar sobre los contenidos del plan de estudios de la Facultad de Enfermería de la USC en cuanto a transculturalidad y CC. Métodos: Se desarrolló un estudio transversal entre el alumnado 1º y 4º del curso 2021/2022 del Grado en Enfermería en el Campus de Santiago de Compostela (n=137). Para la recopilación de datos se utilizó la Escala de Medición de Competencia Cultural (EMCC-14). Su análisis se realizó mediante el programa informático SPSS Statistics v27. Resultados: El nivel de CC del alumnado es de 75 puntos en la EMCC-14. La dimensión con una puntuación más baja es la de sensibilidad (68,8), seguida de la de habilidades (79,8) y de la de conocimiento (87,5). El estudiantado de 4º curso consiguió una puntuación ligeramente superior en los constructos de sensibilidad y conocimiento. Sin embargo, la puntuación de la dimensión de habilidades es notablemente superior entre el estudiantado de 1º curso. Conclusiones: Este es el primer estudio que valora la CC en estudiantes de la Facultad de Enfermería de la USC. El nivel de CC es similar al de otras investigaciones previas. Se abre la puerta a la consolidación de una nueva asignatura relacionada con los cuidados basados en aspectos culturales. Palabras clave: competencia cultural, enfermería transcultural, estudiantes de enfermería, educación, formación en enfermería.
ABSTRACT Introduction: Cultural competence (CC) in health is defined as a process in which health professionals strive to achieve the ability to work appropriately within the cultural context of the patient, family or community. The diversity of today's society presents new challenges in health. In order to offer quality care, it is essential that university education is not left out of these changes. Objectives: To evaluate the CC of students in the 1st and 4th years of the Nursing Degree in Santiago de Compostela. As well as to find out if there are differences in the score of cultural sensitivity, knowledge and skills; and to inquire about the contents of the Nursing Degree program at the USC in terms of transculturality and CC. Methods: A cross-sectional study was carried out among students in the 1st and 4th years of the 2021/2022 course of the Nursing Degree at the Santiago de Compostela Campus (n=137). For data collection, the Cultural Competence Measurement Scale (EMCC-14) was used. Its analysis was performed using the statistical package SPSS v22. Results: The CC level of the students is 75 points in the EMCC-14. The dimension with the lowest score is sensitivity (68.8), followed by skills (79.8) and knowledge (87.5). The 4th grade students achieved a slightly higher score in the constructs of sensitivity and knowledge. However, the skills dimension score is certainly higher among first-year students. Conclusions: This is the first study that assesses CC in students of theNursing Degree at the Santiago de Compostela Campus. The level of CC is similar to that of other previous investigations. The door is opened to the consolidation of a new subject related to care based on cultural aspects. Keywords: cultural competence, transcultural nursing, nursing students, education, nursing training.
1 INTRODUCIÓN A Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura (UNESCO) define o concepto de cultura como o conxunto distintivo dunha sociedade ou grupo social no plano espiritual, material, intelectual e emocional, comprendendo a arte e literatura, os estilos de vida, os sistemas de valores, os dereitos fundamentais, as tradicións e as crenzas. Deste xeito, un contexto culturalmente diverso, comprende a diversidade de moitos xeitos na sociedade, como o xénero, a idade, a orientación sexual ou o nivel socioeconómico e, non se limita á raza ou etnia (Garneau & Pepin, 2015). É probable que non exista unha definición única de competencia cultural (CC). A máis citada é a de Campinha-Bacote (1999), quen a define como un proceso no que os profesionais da saúde se esforzan por acadar a habilidade para traballar adecuadamente dentro do contexto cultural do paciente, familia ou comunidade. Para iso, necesítase conciencia cultural, habilidades culturais, encontros e desexo cultural (Marrero, 2013). Porén, si existe consenso en que a competencia cultural é un proceso multidimensional e multinivel (Sue & Sue, 2008; Alizadeh & Chavan, 2016). O modelo Multidimensional de Competencia Cultural de Sue & Sue considera que é multidimensional porque está conformada pola combinación de tres aspectos claves: sensibilidade, coñecemento e habilidades. - Sensibilidade: corresponde á comprensión da influencia cultural nas nosas propias crenzas, valores e actitudes. Relaciónase coa conciencia da nosa herdanza cultural, reaccións emocionais cara outros grupos culturais, prexuízos e estereotipos. - Coñecemento: relaciónase coa identificación e comprensión da existencia de individuos e grupos culturalmente diferentes e das súas propias visións da realidade. Inclúe estar ao tanto do noso impacto social, coñecemento sobre os grupos cos que estamos en contacto, prácticas discriminatorias na comunidade, efectos de barreiras institucionais, etc. - Habilidades: fai referencia ao uso de habilidades de intervención e comunicación culturamente apropiadas. Relaciónanse coas maneiras de adaptar as intervencións aos diferentes receptores e contextos culturais, de practicar distintos estilos de comunicación verbais e non verbais ou de adoptar formas de dimnuír os prexuízos e discriminación nas prácticas, entre outras.
8 32% 68% 8% 92% como Enfermaría Comunitaria, Fundamentos da Enfermaría, Ciencias Psicosociais, Saúde Mental, ou Aspectos Éticos-Legais. Non Sí Non Sí Gráfica 1: Faláronche algunha vez, durante os teus estudos universitarios sobre transculturalidade/competencia cultural? Gráfica 2: Ao longo dos teus estudos universitarios cursaches algunha materia relacionada cos coidadostransculturais, Un 18% traballou, estudou ou realizou algún voluntariado ou prácticas nalgunha insitución, unidade ou organismo relacionado cos coidados transculturais, cooperación, dereitos humanos ou poboacións vulnerables en España e un 7% fíxoo no estranxeiro. Preguntóuselles ás estudantes pola súa preferencia para estudar unha asignatura relacionada cos coidados baseados en aspectos culturais. O 88% amosáronse partidarios de cursar dita materia. En relación á última pregunta do cuestionario “Suxerencias, aportacións ou alguha pregunta evocadora”, algunhas das opinións do alumnado son as seguintes: “Son aspectos muy importantes en nuestra profesión y en los que no se nos forma lo suficiente.” “Considero que algúns cursos que se fixeron voluntarios deberían ser obligatorios para todos porque é algo que che pode afectar en calquer lado e con calquera paciente.” “Ogallá esta necesidade de adquirimos os sanitarios coa globalización e as migracións se adapte aos plans de estudos e poidamos volvernos mais competentes neste ámbito.” En canto ao nivel de CC, obtívose un total de 75 puntos na EMCC-14. Ao analizar a CC por dimensións, a área cunha puntuación máis baixa é a de sensibilidade (68,8), seguida da de habilidades (79,8) e da de coñecemento (87,5) (Táboa 2).
9 No tocante aos resultados de CC por cursos, o estudantado de 1º curso acadou un total de 75 puntos en CC, 68,8 en sensibilidade, 87,5 en coñecemento e 75 en habilidades. Respecto á mostra de 4º curso, os resultados obtidos son os seguintes: 71,4 puntos en CC, 75 en sensibilidade, 93,8 en coñecemento e 62,5 en habilidades (Táboa 2). O estudantado de 4º curso conseguiu unha puntuación lixeiramente superior nos constructos de sensibilidade e coñecemento. Sen embargo, a puntuación da dimensión de habilidades é notablemente superior entre o estudantado de 1º curso. Táboa 2: Asociación de CC, subdimensións e curso. Sensibilidade Coñecemento Habilidades CC Total (N=137) 68,8 87,5 70,8 75 1º Curso 68,8 87,5 75 75 4º Curso 75 93,8 62,5 71,4 Tras revisar a guía docente da Facultade de Enfermaría da USC (Campus de Santiago) e, tal e como se determina na Orde CIN/2134/2008 do 3 de xullo (2008), atopamos que unha das competencias xerais que toda estudante debería acadar ao remate da carreira é a seguinte: “Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.” Tamén existen algunhas asignaturas que inclúen no seu programa obxectivos e/ou competencias relacionados coa culturalidade (Táboas 3 e 4). Porén, ningunha materia aborda esta temática de xeito específico entre os seus contidos.
10 Táboa 3: Asignaturas que inclúen obxectivos relacionados coa transculturalidade. Asignatura Obxectivos Enfermaría Comunitaria I A materia ten por obxectivo que as futuras enfermeiras adquiran as habilidades necesarias para interpretar e analizar criticamente os problemas de saúde da comunidade como o resultado de procesos político-sociais, culturais e biolóxicos. Enfermaría do ciclo vital: MaternoInfantil I Valorar as crenzas culturais da enfermeira e a muller para resaltar o amplo espectro da diversidade étnica e os seus efectos sobre os coidados da maternidade e a saúde das mulleres. Enfermaría Comunitaria II Alcanzar un idóneo coñecemento e comprensión de: ▪ Os factores ambientais, económicos e socioculturais que afectan á saúde. ▪ A situación sanitario-asistencial do país e a súa interrelación co desenvolvemento sociocultural e económico. Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural. Táboa 4: Asignaturas que inclúen competencias relacionadas coa transculturalidade. Asignatura Competencias Ciencias Psicosociais Capacidade para permitir que os pacientes e os coidadores expresen as súas preocupacións e intereses, e que poidan responder adecuadamente. Por exemplo, emocional, social, psicolóxica, espiritual ou fisicamente. Enfermaría Clínica I Capacidade para traballar dunha maneira holística, tolerante, sen realizar xuízos, coidadoso e sensible, asegurando que os dereitos, crenzas e desexos dos diferentes individuos ou grupos non se vexan comprometidos. Capacidade para emprender valoracións exhaustivas e sistemáticas utilizando as ferramentas e marcos adecuados para o paciente, tendo en conta os factores físicos, sociais, culturais, psicolóxicos, espirituais e ambientais relevantes Prácticas Tuteladas III Individualiza o coidado tendo en conta a idade, xénero, etnia, diferencias culturais, crenzas e valores. Enfermaría da Saúde Mental Capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas inquedanzas e intereses e poidan responder adecuadamente. Por exemplo, emocional, social, psicolóxico, espiritual ou físico.
11 Diversas materias como Farmacoloxía, Nutrición e Dietética ou Xestión Sanitaria fan referencia entre as súas competencias ao Libro Branco da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). A materia de Enfermaría Clínica I mesmo fai un desglose dalgunhas das competencias establecidas por este organismo. (Táboa 4) A ANECA, elaborou no 2005 unha proposta para converxer os estudos de Enfermaría dentro dos parámetros do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), motivado pola necesidade dunha reforma na formación de Enfermaría do noso país debido aos cambios sociais e profesionais dos últimos anos. Neste proxecto participan o 94% das Universidades coa titulación de Enfermaría, entre as que se atopa a USC (ANECA, 2005). DISCUSIÓN Esta investigación amosa unha puntuación total de 75 puntos na EMCC-14, o que se significa que o nivel de CC é relativamente alto. A área cunha puntuación máis baixa é a de sensibilidade, seguida da de habilidades e da de coñecemento. Estes resultados corresponden, en certo modo, con outras investigacións semellantes que utilizaron a EMCC-14 para medir a CC (Pedrero, Bernales & Chepo, 2019). Estos autores compararon o nivel de CC en distintas profesións sanitarias (medicina, enfermaría, kinesioloxía), obtendo unha puntuación promedio de CC de 74,7 puntos. Respecto ás dimensións da escala, en todos os grupos a sensibilidade é a que acada as puntuacións máis baixas (media: 57,9); seguida das habilidades (media: 78,1) e coñecemento (media: 85,8). Estes resultados fannos pensar que o máis complicado, tanto para as estudantes, como para os propios profesionais da saúde é a comprensión da influencia cultural nas nosas propias crenzas, valores e actitudes (sensibilidade). Require un laborioso traballo de reflexión fronte aos prexuízos e estereotipos, moitas veces lexitimizados ou normalizados, tanto a nivel persoal coma profesional. Este adestramento é fundamental, pois se non existe conciencia sobre as nosas propias actitudes, é dicir, se non se recoñecen aquelas que son negativas cara determinados colectivos, resultará imposible tratar de reducilas. Para algúns autores, a conciencia cultural é o primeiro paso cara o desenvolvemento da CC (Andrews & Boyle, 2003; Leininger, 2002).
12 Malia que actualmente o “coñecer” queda nun segundo plano para o desenvolvemento da CC, o constructo de coñecemento acadou a puntuación máis alta entre o alumnado. Esto pon de manifesto o interés existente entre o estudantado en indagar nas diferencias culturais dos grupos cos que estamos en contacto, o que posibilita entender as diversas visións dos conceptos saúde/enfermidade. Ademais, actualmente, coas novas tecnoloxías, temos acceso a numerosas fontes de información, polo que este proceso resulta máis doado. En canto aos resultados de CC por cursos, resulta chamativo que a puntuación do constructo de habilidades fose notablemente superior entre o alumnado de 1º curso. Ponse así de manifesto, unha maior dificultade para valorar, rexistrar e adaptar as nosas intervencións, dende o coñecemento e a conciencia cultural, aos diferentes receptores e contextos culturais. Algúns dos enunciados da EMCC-14 que valoran esta dimensión son os seguintes: “Pídolle ao paciente e á súa familia que manifesten as expectativas que teñen con respecto ao coidado e atención en saúde”, “Son capaz de establecer metas e/ou obxectivos terapéuticos considerando o contexto cultural (crenzas e costumes) dos meus pacientes” ou “Rexistro na ficha clínica os datos sobre crenzas e costumes recollidos na valoración do paciente”. Plantéxase a opción de que o estudantado de 1º curso amosase o seu acordo con estos enunciados pensando en que sí serían capaces de actuar dese xeito cando desenvolvesen a súa labor asistencial. Pola contra, o estudantado de 4º curso, que conta cunha maior exposición cultural (xa finalizaron as prácticas de 2º e 3º curso), amósanse máis en desacordo con estes aspectos. Polo tanto, refiren non levar á práctica estas accións ou non verse capaces para iso. O modelo de Purnell para a competencia cultural podería axudarnos a comprender mellor esta situación. Para este autor existen catro niveis ou fases de competencia cultural (Purnell, 1999; Purnell, 2002): - Inconscientemente incompetente: o individuo é incompetente ante un novo contexto que afrontar e non é consciente diso. - Conscientemente incompetente: o individuo dase conta da súa incompetencia. - Conscientemente competente: grazas á aprendizaxe doutras culturas o individuo vólvese competente e é capaz de aplicar intervencións personalizadas.
13 - Inconscientemente competente: o individuo vólvese gradualmente inconsciente da súa competencia. É capaz de proporcionar instintivamente unha atención culturalmente competente. Polo tanto, poderiamos dicir que probablemente o alumnado de 1º curso sexa inconscientemente incompetente, mentres que o de 4º curso, grazas aos encontros culturais, encaixaría na fase de conscientemente incompetente. Esta situación podería verse influenciada polo modelo biomédico que domina en Occidente desde hai décadas. Esta forma de medicina resolve ou trata de resolver os problemas de saúde relegando a un segundo plano a perspectiva psicolóxica e deixando fóra os factores socioculturais (Moreno, 2021). Polo tanto, partindo deste modelo, resulta complexo proporcionar coidados de calidade tendo en conta o contexto cultural do paciente. Probablemente, tamén inflúa a precariedade laboral á que se ve sometido o persoal de Enfermaría na actualidade. Ás veces, por cuestións de tempo ou pola propia carga de traballo, non somos quen de instaurar estas prácticas na nosa labor clínica. Estudos previos suxiren que o incremento do número de pacientes por enfermeira, a falta de tempo para comunicarse cos pacientes, o aumento da complexidade e da presión asistencial, así como a precariedade laboral, repercuten negativamente na calidade da atención e dos coidados e na satisfacción de profesionais e pacientes (Granero-Lázaro et al., 2017). Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), reflicten unha ratio nacional de 5,6 enfermeiras por cada 1.000 habitantes. Esta cifra é notablemente inferior á media da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), que se sitúa nas 8,8 enfermeiras/1.000 habitantes. España tan só se atopa por encima de seis países da Unión Europea: Grecia, Bulgaria, Letonia, Polonia, Eslovaquia e Chipre. Se nos fixamos na cifra da comunidade galega, esta é ainda máis alarmante, existindo 5,19 enfermeiras non xubiladas/1.000 habitantes. Deste modo, en ocasións, as circunstancias non nos permiten desenvolver a nosa labor asistencial tal e como desexariamos. Pola contra, que non houbese grandes diferencias entre ambos cursos na puntuación da dimensión de coñecemento, abre a incógnita de se o estudantado de Enfermaría da USC está a recibir a formación necesaria en materia de transculturalidade.
14 Como amosan os resultados desta investigación, ao 68% nunca lle falaron sobre CC durante os seus estudos universitarios e máis do 90% nunca cursou ningunha materia relacionada con esta temática. Ademais, algúns alumnos opinaron que “non se lles forma o suficiente” neste ámbito e mesmo expresaron o seu desexo de “adaptar o plan de estudos para poder volverse máis competentes culturalmente” Ademais, tras a revisión da programación de todas as asignaturas, non hai ningunha que aborde a transculturalidade entre os seus contidos. Polo tanto, ponse de manifesto a necesidade de que se recolla de xeito claro e específico novos contidos relacionados coa formación transcultural dos futuros profesionais, formación fundamental para levar a cabo coidados en entornos diversos e multiculturais. Das 47 Universidades participantes no proxecto do libro Branco da ANECA, algo máis da metade xa incluíron nos seus plans de estudos a Transculturalidade como materia obrigatoria/básica ou optativa (Sánchez, 2018). Ademais deste organismo, que recomenda que se inclúan nos programas académicos, temas relacionados coa multiculturalidade, a promoción dos hábitos de vida saúdable, cambios demográficos e epidemiolóxicos do noso país, moitos autores insisten na importancia da revisión dos modelos educativos. Propoñen unha reorientación da educación da Enfermaría cara as novas necesidades de saúde da poboación (Ibarra & Siles, 2006). Mediante a impartición dunha asignatura onde os coidados culturais a pacientes diversos sexa o eixe central, preténdese que as estudantes de Enfermaría tomen conciencia sobre as súas propias actitudes, adquiran competencias en diversidade cultural, coñecemento de culturas e capacidade para unha comunicación efectiva con todos os pacientes e, sobre todo, que os prexuízos e estereotipos cara determinados colectivos diminúan ou desaparezan (ANECA, 2005). Case o 90% do estudantado se amosou a favor de cursar unha asignatura relacionada cos coidados basados en aspectos culturais e algúns alumnos mesmo expresaron o seu desexo de “adaptar o plan de estudos para poder volverse máis competentes culturalmente.” Deste xeito, ábrese a porta a consolidar, en vindeiros cursos académicos, unha nova materia que aborde esta temática.
15 LIMITACIÓNS E FORTALEZAS Unha das limitacións desta investigación é que a escala EMCC-14 foi previamente validada para profesionais da saúde en Chile e, ademais, non incluiu á comunidade estudantil no seu estudo. Porén, os resultados obtidos neste traballo son semellantes aos de Pedrero, Bernales & Chepo (2019), durante o seu proceso de validación da EMCC-14, o que abre a porta a futuras investigacións de maior calibre que poidan concluír nuha validación desta escala en España. Outra das limitacións á hora de levar a cabo esta investigación foi a imposibilidade de contactar de xeito presencial co alumnado de 4º curso, xa que cando se pasaron as enquisas, estaban cursando as Prácticas Tuteladas VI. Este feito puido influír na súa baixa participación con respecto ao estudantado de 1º curso. Esta investigación é a primeira que valora a competencia cultural en estudantes de Enfermaría do Campus de Santiago de Compostela, o que supón unha das fortalezas máis importantes deste traballo. Sería interesante a realización de estudos semellantes no resto das Universidades de Enfermaría de Galicia, abríndose así a posibilidade de formalizar un estudo comparativo sobre o nivel de competencia cultural do estudantado de Enfermaría a nivel autonómico. CONCLUSIÓNS - O nivel de CC do alumnado de 1º e 4º curso da Facultade de Enfermaría do Campus de Santiago de Compostela é relativamente alto. Os resultados obtidos son semellantes aos doutras investigacións previas. - A área cunha puntuación máis baixa é a de sensibilidade, o que reflicte a complexidade de deixar de lado os prexuízos e estereotipos e ser conscientes de como inflúen as diferenzas culturais na relación enfermeira-paciente. - O nivel de CC é lixeiramente superior entre o alumnado de 1º curso. - Non se observan grandes diferencias entre ambos cursos na puntuación da dimensión de coñecemento e sensibilidade. Sen embargo, a puntuación do constructo de habilidades é notablemente superior entre o alumnado de 1º curso.
16 - Non existe ningunha asignatura na programación da Facultade de Enfermaría de Santiago de Compostela que aborde a transculturalidade de xeito específico entre os seus contidos. - O estudantado de 1º e 4º desta facultade amósase partidario de cursar unha asignatura relacionada cos coidados basados en aspectos culturais. - A formación de Enfermaría debe esforzarse por implementar a educación transcultural nos seus plans de estudo. É de vital importancia para que as futuras enfermeiras conten coa preparación e a confianza necesarias para ofertar uns coidados de calidade nunha sociedade diversa e multicultural.
17 ANEXOS ANEXO I: Cuestionario empregado na recollida de datos da mostra empregada. Este cuestionario forma parte do Traballo de Fin de Grao (TFG) de Andrea Roo Triñanes. O obxectivo desta investigación é coñecer o nivel de competencia cultural do estudantado de 1º e 4º curso do grao de Enfermaría da USC. A súa participación no estudo é voluntaria e anónima; os datos empregados non aportan información para identificar á persoa participante, polo que lle pregamos a máxima sinceridade nas súas respostas. Aínda sendo un cuestionario anónimo, os datos recollidos fican protexidos polo uso do MS Forms e pola cláusula a este respecto da Universidade de Santiago de Compostela que se adxunta a continuación (as condicións da protección de datos atópanse na seguinte ligazón: http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html). O consentimento para empregar as súa respostas vai implícito no propio cuestionario. Moitas grazas pola súa colaboración. Datos sociodemográficos 1. Idade: anos 2. Xénero: a. Masculino b. Feminino c. Outro 3. Estudante de Enfermaría a. 1º curso b. 4º curso 4. País de orixe a. España b. Outro 5. Se na cuestión anterior respondiches “outro”, especifica cal.
24 ANEXO V: Cláusula de protección de datos da Universidade de Santiago de Compostela icluida no cuestionario. De conformidad con el Reglamento UE 2016/679 y la Ley Orgánica 3/2018 los datos recabados serán incorporados por la Universidad de Santiago de Compostela (USC) en el tratamiento de “Gestión de la investigación” con la finalidad de gestionar la actividad de investigación en la USC, así como la gestión automatizada de la investigación producida en la USC de los currículos profesionales de los investigadores. El responsable de dicho tratamiento es el Vicerreitorado de Investigación e Innovación, Edificio CACTUS 1ª Planta, 15782-Santiago de Compostela. El Delegado de Protección de Datos es José Julio Fernández Rodríguez, [email protected] La base de justificación de este tratamiento es el consentimiento expresado por las personas interesadas y, en algunos supuestos, las previsiones contempladas en la Ley Orgánica de Universidades y en la Ley autonómica 6/2013, del Sistema Universitario de Galicia. Se podrán ceder datos a administraciones públicas con competencias en la materia, y en los supuestos de obligaciones legales. Las personas interesadas pueden ejercer ante el responsable los derechos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamiento oposición y portabilidad a través de la sede electrónica de la USC: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm También pueden dirigirse a la Agencia Española de Protección de Datos para realizar la reclamación que considere oportuna. Los datos serán conservados durante el período en el que se realice la finalidad para la que fueron recogidos, o el tiempo necesario para cumplir con las obligaciones legales. Cumplida la finalidad, los datos se bloquearán hasta que transcurran los plazos de prescripción aplicables, salvo que sean necesarios para la prestación del servicio público de educación superior. La política de privacidad y protección de datos de la USC se puede consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html
25 BIBLIOGRAFÍA Adams, K. (2010). Indigenous cultural competence in nursing and midwifery practice. Australian nursing journal, 17 (11), 35-38. Alizadeh, S. & Chavan, M. (2016). Cultural competence dimensions and outcomes: a systematic review of the literature. Health & social care in the community, 24 (6), 117-130. doi:10.1111/hsc.12293. Andrews, J. L. & Boyle, J. S. (2003). African American adolescents' experiences with unplanned pregnancy and elective abortion. Health care for women international, 24 (5), 414-433. doi:10.1080/07399330390212199. ANECA. (2005). Libro Blanco. Título de Grado en Enfermería. http://www.aneca.es/ Blanchet Garneau, A. & Pepin, J. (2015). Cultural competence: a constructivist definition. Journal of transcultural nursing: oficial journal of the Transcultural Nursing Society, 26 (1), 9-15. doi:10.1177/1043659614541294. Butcher, H. K., Bulechek, G. M., Dochterman, J. M. & Wagner, C. M. (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC) (7ª ed.). Elsevier. Campinha-Bacote, J. (1999). A model and instrumental for addressing cultural competence in health care. Journal of Nursing Education, 38 (5), 203-207. doi:10.3928/0148-4834-1999050106. Granero-Lázaro, A., Blanch-Ribas, J. M., Roldán-Merino, J. F., Torralbas-Ortega, J. & EscayolaMaranges, A. M. (2017). Crisis en el sector sanitario: impacto percibido en las condiciones de trabajo de las enfermeras. Enfermería Clínica, 27 (3), 163-171. doi: 10.1016/j.enfcli.2017.03.005. Ibarra, T. X. & Siles, J. (2006). Competencia Cultural: Una forma humanizada de ofrecer Cuidados de Enfermería. Index de Enfermería, 15 (55), 44-48. doi:10.4321/S1132-12962006000300010. Instituto Español de Investigación Enfermera. (2020). Informe de Recursos Humanos en Enfermería. https://www.consejogeneralenfermeria.org/normativa/documentos-deinteres/otros-documentos/send/69-otros-documentos/1446-informe-de-recursos-humanos-deenfermeria?idU=1.
26 Leininger, M. (2002). Culture care theory: a major contribution to advance transcultural nursing knowledge and practices. Journal of transcultural nursing: official journal of the Transcultural Nursing Society, 13 (3), 189-201. doi:10.1177/10459602013003005. Marrero, C. M. (2013). Enfoque del modelo de Purnell y Campinha-Bacote en la práctica de los profesionales sanitarios. ENE. Revista de Enfermería, 7 (3). Moorhead, S., Swanson, E., Johnson, M. & Maas, M. L. (2018). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC): Medición de Resultados en Salud (6ª ed.). Elsevier. Moreno, M. (2021). Transculturalidad, género y salud. Elsevier. NANDA International. (2021). Diagnósticos enfermeros 2021-2023: definición y clasificación (12ª ed.). Elsevier. Orden CIN/2134/2008, de 3 de julio, por la que se establecen los requisitos para la verificación de los títulos universitarios oficiales que habiliten para el ejercicio de la profesión de Enfermero. Noletín Oficial del Estado. Madrid, 19 de julio, núm 174, pp. 31680-31683. Pedrero, V., Bernales, M. & Chepo, M. (2019). Escala de Medición Competencia Cultural (EMCC-14): Manual de Aplicación. Universidad del Desarrollo. Purnell, L. (1999). El modelo de competencia cultural de Purnell: descripción y uso en la práctica, educación, administración e investigación. Cultura de los cuidados, 0 (6), 91-102. doi:10.14198/cuid.1999.6.13. Purnell, L. (2002). The Purnell Model for Cultural Competence. Journal of transcultural nursing: official journal of the Transcultural Nursing Society, 13 (3), 193-201. doi:10.1177/10459602013003006. Rifà-Ros, R., Costa-Tutusaus, L. & Espinosa-Fresnedo, C. (2013). Influencia de la formación en competencia cultural sobre la actitud frente a la inmigración de los estudiantes de tercero de enfermería. FEM: Revista de la Fundación Educación Médica, 16 (2), 105-110. doi:10.4321/S2014-98322013000200009 Rubio, S. & Rubio, S. (2020). Diversidad cultural en salud, competencia de la Enfermería transcultural. Enfermería en Cardiología, 27 (80), 6-10.
27 Sánchez, M. A. (2018). Actitudes prejuiciosas de los estudiantes de Enfermería de la Universidad de Granada ante pacientes inmigrantes [Tesis doctoral, Universidad de Granada]. Digibug. http://hdl.handle.net/10481/53791. Sue, D. W. (2001). Multidimensional facets of cultural competence. The Counseling Psychologist, 29 (6), 790-821. doi:10.1177/0011000001296002. Sue, D. W. & Sue, D. (2008). Counseling the culturally diverse: theory and practice. (5ª ed). Wiley. UNESCO. (2012). Fácil guía 1: Cultura y nuestros derechos culturales. https://unesdoc.unesco.org/ark:/ Von Ah, D. & Cassara, N. (2013). Perceptions of cultural competency of undergraduate nursing students. Open Journal of Nursing, 3 (2), 182-185. doi:10.4236/ojn.2013.32024.