scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Traballos de Fin de Grao con perspectiva de xénero nas disciplinas CTEM

Calvo Iglesias, Encina

Abstract

Nos últimos anos impulsouse a integración da perspectiva de xénero nos contidos da investigación e a innovación, principalmente a través do programa Horizonte 2020. Dado que o traballo de Fin de Grao é o primeiro contacto do estudantado universitario coa investigación, pretendemos coñecer cal é o nivel de implantación da perspectiva de xénero nestes traballos. Para iso revisamos os premios que conceden as tres universidades públicas galegas, centrándonos nas disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) máis masculinizadas, como por exemplo as enxeñerías. E desta análise concluímos por unha banda que a perspectiva de xénero pode aplicarse a todas as disciplinas CTEM, desde a Estatística á Enxeñería Informática. Pero tamén que hai reticencias para a súa integración nos traballos de fin de grao. Por iso, cremos que deben visibilizarse os traballos que a integran nos repositorios universitarios e tamén impulsar a súa realización con premios específicos, e recoñecementos ao profesorado e centros que os fomenten

Full text

INTRODUCIÓN Nos últimos anos impulsouse aintegración da perspectiva de xénero (PX) nos contidos da investigación e a innovación, principalmente a través do programa Horizonte 2020. A integración deste enfoque no Traballo de Fin de Grao (TFG) éde gran importancia porque é o primeiro contacto do estudantado universitario coa investigación. METODOLOXÍA O obxectivo é coñecer cal é o nivel de implantación da PX nos TFG das disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) en Galicia.Para elo analizáronse:os premios concedidos polas tres universidades públicas galegas aos TFG que incorporan aPX, os repositorios de ditas universidades eas publicacións sobre esta temática CONCLUSIÓNS Arevisión dos TFG premiados amósanos que moi poucos pertencen as áreas científicotecnolóxicas, ocal pode ser debido afalta de formación ou resistencias para aintegración destas temáticas nos traballos de fin de grao.Por iso, cremos que deben visibilizarse os TFG que integran a perspectiva de xénero nos repositorios universitarios, e tamén impulsar asúa realización con premios específicos. Ademais, debería recoñecerse aos centros que incorporen estas liñas de investigación e a implicación do profesorado que os dirixe Calvo Iglesias, Encina [email protected] TRABALLOS DE FIN DE GRAO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO NAS DISCIPLINAS CTEM 0 2 4 6 8 10 12 14 16 Ciencias sociais e xurídicas Artes e Humanidades Ciencias da saúde Enxeñería UdC UVigo Número de TFG premiados en UVigo e UdC por área de coñecemento RESULTADOS VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero Nube de palabras con TFG en CTEM con perspectiva de xénero