Acordo do Consello de Goberno do 12-06-2017, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Electrónica e Computación
Full text
1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE ELECTRÓNICA E COMPUTACIÓN (Aprobado polo Consello de Goberno o 12 de xuño de 2017) TÍTULO PRELIMINAR ARTIGO 1: Lexislación O Departamento de Electrónica e Computación, rexerase polo presente Regulamento no marco do sinalado na Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, pola Lei 6/2013, de 13 de xuño do Sistema Universitario de Galicia, polo disposto nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a demais normativa xeral que lle sexa da aplicación. ARTIGO 2: Definición e denominación O Departamento de Electrónica e Computación (en diante, o departamento) é a unidade básica encargada de programación e do desenvolvemento do ensino e da investigación nos ámbitos do coñecemento en electrónica e computación da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, a USC). Agrupa a todo o persoal docente, investigador e de servizos pertencente ás áreas de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Linguaxes e Sistemas Informáticos, nos campus de Santiago e Lugo. ARTIGO 3: Adscrición e sede 1. O departamento adscríbese administrativamente á Escola Técnica Superior de Enxeñaría. 2. A sede do departamento está na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. ARTIGO 4: Lingua A lingua galega é a lingua propia da USC. O departamento promoverá accións que contribúan á normalización e ao desenvolvemento da lingua galega. ARTIGO 5: Igualdade de xénero O departamento asume como principio inspirador de todas as súas actuacións a igualdade de tratamento e oportunidades entre mulleres e homes de conformidade co Plano Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes aprobado polo Consello de Goberno da USC. TÍTULO I ESTRUTURA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO ARTIGO 6: Órganos do departamento Son órganos de dirección do departamento: a) O Consello de departamento. b) O/A director/a. c) O/A secretario/a.
2 ARTIGO 7: Funcións De conformidade co artigo 49 dos Estatutos da USC son funcións do departamento: a) A programación, desenvolvemento e seguimento de: • As ensinanzas asignadas ao ámbito de coñecemento da súas competencias, de acordo coas previsións dos planos de estudos, así como cos criterios dos planos de estudos, así como cos criterios xerais emanados da universidade e cos criterios específicos emanados do centros nos que se imparte docencia. • Os cursos de posgrao propio, de especialización e de formación continua. b) O apoio ás iniciativas e actividades docentes e investigadoras do seu persoal docente e investigador, individualmente ou formando parte de grupos de investigación. c) O rexistro actualizado da produción científica e da actividade investigadora do departamento .. d) A formación do persoal docente e investigador da USC. e) A iniciativa ou, no seu defecto, informe previo, para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de persoal docente e investigador, funcionario ou contratado, así como, de ser o caso, a proposta dos membros da comisión encargada de resolver os concursos. f) Calquera outra actividade encamiñada ao axeitado desenvolvemento da actividade docente e investigadora que non corresponda a outros órganos. g) A elección entre os membros do departamento dos representantes do mesmo nas comisións nas que sexa requirida a súa participación polos diferentes órganos da USC. TÍTULO II DO GOBERNO DO DEPARTAMENTO CAPÍTULO I: DO CONSELLO DE DEPARTAMENTO ARTIGO 8: O Consello de departamento O Consello é o órgano colexiado de goberno do departamento. ARTIGO 9: Composición do Consello 1. O Consello de departamento, presidido polo/a director/a e no que actuará como secretario/a o/a secretario/a do departamento, estará composto por: a) Os doutores membros do departamento.
3 b) Unha representación do resto do persoal docente e investigador e persoal investigador en formación, que non excederá do 10% do total dos membros. c) Unha representación do estudantado do ámbito de docencia do departamento, que suporá o 25% do total dos membros do Consello de departamento. Desta porcentaxe, o 10% corresponderá a estudantado de grao e máster e o 15% ao estudantado de doutoramento. d) Un representante do persoal de administración e servizos. e) Tamén serán membros do consello de departamento os profesores titulares de escola universitaria non doutores, tal como dispón a disposición transitoria primeira dos estatutos da USC. 2. Cando a natureza dos asuntos o requira, o/a director/a do departamento, por propia iniciativa ou a instancia do 20% ou máis dos membros do Consello, poderá convocar a calquera membro da comunidade universitaria con voz pero sen voto. 3. As eleccións a membros do Consello de departamento faranse conforme o disposto no Regulamento Electoral Xeral da USC. 4. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes que o serán por un ano. A condición de membro do Consello perderase ao cesar a vinculación co departamento, ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. 5. A asistencia ás reunións do Consello constitúe un dereito e un deber dos seus membros e débense prever as medidas que favorezan a dita asistencia. ARTIGO 10: Competencias do Consello de departamento Corresponderalle ao Consello de departamento: a) A elección do/a director/a e, de ser o caso, a proposta ao/á reitor/a da súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada pola maioría absoluta dos membros do Consello de departamento. b) A planificación docente das materias das que sexa responsable o departamento, así como a aprobación dos respectivos programas e sistemas de avaliación, a coordinación da actividade docente e a supervisión do seu cumprimento en colaboración cos centros, nos termos establecidos no artigo 49.b dos estatutos da USC . c) O apoio á actividade investigadora, nos termos establecidos no artigo 49.b, dos estatutos USC . d) A formulación das demandas de persoal docente e investigador, de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e de doutoramento e a información sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza. e) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas de corpos universitarios e persoal docente contratado, así como as propostas de membros das comisións correspondentes, consonte a lexislación vixente e aos estatutos da USC. f) A aprobación do orzamento e a distribución das cantidades asignadas e dispoñibles polo departamento. g) A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime interno. h) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións. i) A elaboración e aprobación do Plan Estratéxico. j) A promoción do perfeccionamento da docencia.
4 k) A promoción de programas docentes de grao e posgrao, entre outros, na súa área de actividade. l) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu estudantado. m) Calquera outra competencia que lle atribúan os estatutos da USC ou a lexislación vixente. ARTIGO 11: Funcionamento O Consello de departamento actuará en Pleno ou en comisión. ARTIGO 12 : Convocatorias e sesións 1. O Consello de departamento reunirase por iniciativa da dirección ou a pedimento dun terzo dos seus membros. Celebrará, polo menos, tres sesións ordinarias durante o curso académico en período lectivo. 2. O/A director/a, ou a persoa que legalmente faga as súas funcións, notificará aos membros do Consello de departamento a data de celebración da seguinte sesión ordinaria cunha antelación mínima de catro días hábiles, ofrecendo a posibilidade de que os membros do Consello de departamento soliciten a inclusión de puntos na orde do día. Sen prexuízo doutras formas de publicidade, dita notificación será persoal e remitirase por correo electrónico ao enderezo institucional dos seus membros. 3. A convocatoria das sesións ordinarias do Consello de departamento será realizada polo/a director/a ou por quen legalmente faga as súas funcións, e enviaranse pola vía indicada no punto anterior cunha antelación mínima de dous días hábiles. Cada convocatoria deberá conter: lugar da reunión, data, hora, en primeira e segunda convocatoria, e orde do día. A orde do día será elaborado polo/a director/a do departamento, asistido/a polo/a secretario/a. Deberán incluírse aqueles asuntos que solicite un 25% dos membros do Consello na primeira reunión ordinaria do órgano que se convoque trala solicitude. 4. O Consello do departamento reunirase de modo extraordinario convocado polo/a director/a por propia iniciativa cando a importancia ou a urxencia dos asunto a tratar así o requira notificándose aos membros cunha antelación mínima de 1 día hábil. Na orde do día destas sesións extraordinarias non se incluirán os puntos relativos á aprobación das actas, asuntos de trámite, informes ou rogos e preguntas. 5. Axuntarase ·ás convocatorias toda a documentación necesaria para a información dos seus membros, ou se indicará o lugar onde estará depositada para a súa consulta polos membros do Consello. 6. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes todos os membros do Consello e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 7. As reunións do órgano, agás aquelas nas que o voto sexa secreto, celebraranse por
5 videoconferencia para facilitar a asistencia dos membros do campus de Lugo, sempre que tecnicamente sexa posible nos dous campus. ARTIGO 13: Réxime de adopción de acordos 1. O Consello presidirao o/a director/a ou quen legalmente o/a substitúa. 2. Para a válida constitución do Consello, será necesaria en primeira convocatoria a asistencia persoal da metade máis un dos seus membros. De non se producir quórum na primeira convocatoria, o Consello constituirase na segunda convocatoria, que se celebrará 15 minutos despois aínda que non se indique expresamente na convocatoria, sempre que estean presentes polo menos un quinto dos seus membros. En todo caso requírese a asistencia do/a director/a e do/a secretario/a ou de quen legalmente o/s substitúa/n. 3. As sesións do Consello deberán realizarse de xeito continuado ata esgotar a orde do día, agás que iniciada na xornada de mañá deba interromperse para a súa continuación na mesma xornada de tarde. 4. As sesións ordinarias do Consello iniciaranse coa aprobación ou modificación da acta da última sesión ordinaria celebrada, previamente enviada por correo electrónico a todos os membros do Consello de departamento ou dispoñible nun repositorio institucional, así como das actas das sesións extraordinarias celebradas dende a última sesión ordinaria do Consello. Seguidamente, se pasará ao exame, debate e, no seu caso, votación dos puntos establecidos na orde do día da convocatoria. 5. Corresponderá ao/á director/a establecer a orde de intervencións e moderar o debate, conceder e retirar a palabra, e precisar os termos ou propostas obxecto de votación. No exercicio de dita competencia, poderá establecer unha orde pechada de intervencións e asignar tempos determinados a cada unha delas, garantindo, ó menos, un dereito de replica por alusións. · 6. Os acordos poderán adoptarse por: a) Asentimento: cando realizada unha proposta polo/a director/a, esta non suscita obxeccións ou oposición por ningún membro. b) Por votación ordinaria a man alzada ou secreta. Será secreta cando se trate da avaliación de persoas concretas ou a solicitude dalgún dos seus membros asistentes. O/A secretario/a fará o reconto e de seguido o/a director/a fará público o resultado. 7. Non se admitirá a delegación de voto nin o voto anticipado dos membros do Consello. 8. As decisións do Consello de departamento adoptarán a forma de acordos. 9. Para ser válida a adopción de acordos do Consello deberán acadar cando menos a metade máis un dos votos dos membros presentes, agás aqueles acordos para os que a normativa específica esixa outras maiorías. 10. Nas votacións nas que se produza empate o/a director/a poderá exercer o voto de calidade ou aprazar o tema de que se trate. 11. Os acordos do Consello de departamento serán susceptibles de ser impugnados en alzada diante do Consello de Goberno da USC. ARTIGO 14: Actas do Consello 1. De cada sesión que celebre o Consello de departamento levantarase acta polo/a secretario/a, que especificará necesariamente os asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias de lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados. 2. Na acta figurará, á solicitude dos respectivos membros do Consello do departamento, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifiquen ou o senso do seu voto favorable.
6 Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que a aporte no acto ou no prazo que sinale o/a director/a o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou uníndose copia á mesma. 3. Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por escrito, no prazo de 2 días, que se incorporará ao texto aprobado. 4. As actas asinadas polo/a secretario/a, co visto e prace do/a director/a, serán sometidas á consideración do Consello para a súa aprobación na sesión ordinaria inmediatamente posterior, podendo non obstante emitir o/a secretario/a certificación sobre os acordos específicos que se teñan adoptado, sen prexuízo da ulterior aprobación da acta. Nas certificacións de acordos adoptados emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresamente tal circunstancia. 5. As actas serán encadernadas consonte coas instrucións dadas ao respecto pola Secretaria Xeral da USC. ARTIGO15: Comisión Permanente O departamento contará cunha Comisión Permanente que realizará funcións de apoio tanto á dirección do departamento como ao Consello de departamento. 1. Composición: a) O/A director/a do departamento. b) O/A secretario/a do departamento. c) Un dos directores anteriores do departamento. d) Un dos secretarios anteriores do departamento. e) Un representante de cada unha das áreas de coñecemento que forman o departamento. 2. Competencias: a) Propor ao Consello de departamento a designación de representantes para participar nos órganos e comisións das titulacións, facultades, escolas e, en xeral, da universidade naquelas comisións nas que sexa requirida a súa participación. b) Velar polo cumprimento dos acordes adoptados polo Consello de departamento. c) Propor ao Consello de departamento os criterios para fixar os usos dos espazos do departamento. d) Coordinar a adquisición e utilización dos recursos comúns do departamento, de acorde cos criterios que estableza o Consello de departamento. e) Elaborar proposta de criterios para prazas de selección de profesorado. t) Elaborar propostas de normativas internas do departamento. g) Elaborar a proposta do Plan Estratéxico do departamento. h) Elaborar a proposta de orzamentos e distribución de ingresos e gastos do departamento. i) Emitir informes e desenvolver tarefas relacionadas coa investigación que lle encargue o Consello de departamento. j) Elaborar informes que lle sexan solicitados polo Consello de departamento. k) Asesorar á dirección do departamento en todos aqueles asuntos que este someta á súa consideración. 1) Cantas outras funcións lle sexan encomendadas polo Consello de departamento. 3. Réxime de funcionamento: a. A elección de membros da Comisión Permanente terá lugar en sesión do Consello de
7 departamento. Os membros de cada sector elixirán aos seus representantes. b. A Comisión Permanente será renovada cada vez que haxa eleccións a director/a. c. A Comisión Permanente reunirase sempre que o/a director/a o considere necesario ou a pedimento dun 25% dos membros da mesma. d. A Comisión Permanente será convocada polo/a director/a do departamento, notificando aos membros do mesmo cunha antelación mínima de dous días hábiles. Sen prexuízo doutras formas de publicidade, dita notificación será persoal e remitirase por correo electrónico ao enderezo institucional dos seus membros. De cada sesión que 'celebre a Comisión Permanente levantarase acta polo/a secretario/a, seguindo o mesmo procedemento establecido no artigo 14 deste regulamento para as actas do Consello do departamento. e. A convocatoria ordinaria da Comisión Permanente deberá conter: lugar da reunión, data, hora, en primeira e segunda convocatoria, e orde do día. A orde do día será elaborado polo/a director/a do departamento, asistido polo/a secretario/a. Deberán incluírse aqueles asuntos que solicite un 25% dos membros da Comisión na primeira reunión ordinaria do órgano que se convoque trala solicitude. f. A Comisión Permanente constituirase validamente, en primeira convocatoria, coa asistencia persoal da metade máis un dos seus membros e en segunda convocatoria, que se celebrará 15 minutos despois aínda que non se indique expresamente na convocatoria, sempre que estean presentes polo menos un terzo dos seus membros. En todo caso requírese a asistencia do/a director/a e do/a secretario/a ou de quen legalmente os substitúan. g. De cada sesión que celebre a Comisión Permanente levantarase acta polo/a secretario/a, seguindo o mesmo procedemento establecido no artigo 14 deste regulamento para as actas do Consello do departamento. h. Os membros da Comisión Permanente cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros do Consello de departamento e, tanto se dimiten como se cesan, procederase á elección do substituto no prazo de tempo máis breve posible. i. A renuncia dos membros da Comisión Permanente terá que ser aceptada polo Consello de departamento. Os acordos da Comisión Permanente deberán ser comunicados ao Consello de departamento para a súa ratificación. ARTIGO 16: Comisión delegada de docencia O departamento contará cunha Comisión delegada de docencia que se encargará de coordinar a docencia que teñan encomendadas as áreas de coñecemento que o integran. 1. Composición: a) O/A director/a do departamento. b) O/A secretario/a do departamento. c) O/A coordinador/a de cada unha das áreas de coñecemento que forman o departamento. d) Os coordinadores das titulacións de grao e máster cando estes coordinadores sexan profesores do departamento. 2. Competencias: a) Informar, de acordo coa normativa correspondente, sobre peticións de permisos oficiais. b) Preparar as solicitudes de convocatorias de prazas de profesorado. c) Asesorar á dirección do departamento en todos aqueles asuntos relacionados coa docencia que este someta á súa consideración. d) Analizar e participar na definición das titulacións de grao e posgrao estratéxicas para o
8 departamento. e) Elaborar as propostas relativas á planificación, coordinación, seguimento e mellora da actividade docente do departamento, así coma á súa mellora continua e á supervisión do seu cumprimento. f) Elaborar as propostas dos POD para a súa aprobación polo Consello de departamento. g) Definir, coordinar e supervisar as programacións docentes das materias. h) Fomentar a innovación docente. i) Elaborar as propostas de resolución das reclamacións inherentes a asuntos académicos. j) Elaborar informes relacionados coa docencia que lle sexan solicitados polo Consello de departamento. k) Propor accións para estender a cultura da calidade e mellora continua na docencia, investigación e xestión do departamento. 1) Propor e coordinar actividades docentes no marco do Plan Estratéxico do departamento. m) Analizar e debater accións e propostas de mellora docente que presten especial atención a aspectos coma os resultados académicos, enquisas de avaliación ou outros instrumentos de diagnóstico dispoñibles ou que se poñan en marcha dende o departamento. n) Cantas outras funcións lle sexan encomendadas ou delegadas polo Consello de departamento. 3. Réxime de funcionamento: a. A elección de membros da Comisión delegada de docencia terá lugar en sesión de Consello de departamento . Os membros de cada área de coñecemento elixirán aos seu representantes. b. A Comisión delegada de docencia será renovada cada vez que haxa eleccións a director/a. c. A Comisión delegada de docencia reunirase sempre que o/a director/a o considere necesario ou a pedimento dun terzo dos membros da mesma. d. A Comisión delegada de docencia será convocada polo/a director/a do Departamento, notificando aos membros do mesmo cunha antelación mínima de dous días hábiles. Sen prexuízo doutras formas de publicidade, dita notificación será persoal e remitirase por correo electrónico ao enderezo institucional dos seus membros. e. A convocatoria ordinaria da Comisión delegada de docencia deberá conter: lugar da reunión, data, hora, en primeira e segunda convocatoria, e orde do día. A orde do día será elaborado polo/a director/a do departamento, asistido polo secretario/a. Deberán incluírse aqueles asuntos que solicite un 25% dos membros da Comisión na primeira reunión ordinaria do órgano que se convoque trala solicitude. f. A Comisión delegada de docencia constituirase validamente, en primeira convocatoria, coa asistencia persoal da metade máis un dos seus membros e en segunda convocatoria, que se celebrará 15 minutos despois aínda que non se indique expresamente na convocatoria, sempre que estean presentes polo menos un terzo dos seus membros. En todo caso requírese a asistencia do/a director/a e do/a secretario/a ou de quen legalmente os substitúan. g. De cada sesión que celebre a Comisión delegada de docencia levantárase acta polo/a secretario/a, seguindo o mesmo procedemento establecido no artigo 14 deste regulamento para as actas do Consello do departamento. h. Os membros da Comisión delegada de docencia cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros do Consello de departamento e, tanto se dimiten como se cesan, procederase á elección do substituto no prazo de tempo máis breve posible. l. A renuncia dos membros da Comisión delegada de docencia terá que ser aceptada polo Consello de departamento. Os acordos da Comisión delegada de docencia, deberán ser comunicados ó Consello de departamento para a súa ratificación.
9 ARTIGO 17. Da participación en comisións de representación O departamento ten a obriga de participar en todas aquelas comisións e/ou cargos de representación nas que sexa requirido polos diferentes órganos, escolas ou facultades da USC. Naqueles casos nos que a normativa xeral da USC non determine expresamente quen é o representante, terase en conta: a) A/O representante en cada unha das comisións e/ou cargos de representación será un membro do departamento. b) A/O representante será proposta/o pola Comisión Permanente do departamento. c) A/O representante elixida/o terá a obriga de participar na comisión e/ou ocupar o seu cargo de representación. d) A Comisión Permanente definirá o procedemento axeitado para a elección dos representantes das comisións e/ou cargos de representación, garantindo a axeitada rotación dos seus membros. Este procedemento deberá ser ratificado en Consello de departamento. Tanto a elección como o cese dos representantes das comisións deberán ser ratificadas polo Consello de departamento. CAPÍTULO II O/A DIRECTOR/A ARTIGO 18: O/A director/a 1. O/A director/a representa ao departamento, exerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2. A dirección do departamento corresponderalle por elección a un dos seus membros, que sexa profesor doutor con vinculación permanente á USC. 4. De non se poder levar a cabo o nomeamento do/a director/a do departamento por falta de persoas candidatas que reúnan os requisitos esixidos, o Consello de Goberno, a proposta do/a reitor/a, encargaralle provisoriamente as funcións de dirección a un/ha profesor/a do departamento ou, no seu defecto, doutro departamento, que teña o título de doutor e vinculación permanente á USC. Rematado o curso académico, convocaranse eleccións. 5. O/A director/a do departamento será elixido polo Consello de departamento, consonte ao Regulamento Electoral Xeral da USC, e será nomeado/a polo/a reitor/a. 6. O cargo de director/a do departamento desempeñarase durante catro anos, e non se poderá ocupar o cargo máis de dous mandatos consecutivos. 7. O/a director/a do departamento cesará ao remate do seu mandato, por dimisión ou como consecuencia dunha moción de censura construtiva a petición, como mínimo, dun terzo dos membros do Consello do departamento e aprobada por maioría absoluta dos membros do Consello. A presentación da moción incorporará un candidato alternativo. Se a moción de censura non acadara os votos necesarios, considerarase rexeitada e os asinantes da mesma non poderán participar noutra moción de censura durante o mesmo período de mandato. 8. En caso de ausencia ou enfermidade, o/a director/a será substituído/a, con carácter accidental, · polo membro do departamento de maior categoría e antigüidade que sexa profesor/a doutor/a con vinculación permanente á USC.