scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Estudo sobre senfogarismo e violencia de xénero en Galicia

Aguayo Lorenzo, Eva; Benito Torres, Leandro; Cancelo Márquez, María Teresa; Díaz Vázquez, Rosario; Expósito Díaz, Pilar; Freire Esparís, María del Pilar

Full text

ESTUDO SOBRE SENFOGARISMO FEMININO E VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA COLECCIÓN SENFOGARISMO nº1 ESTUDO SOBRE SENFOGARISMO FEMININO E VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA Xunta de Galicia Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social 2020 Equipo de traballo Eva Aguayo Lorenzo Leandro Benito Torres Maite Cancelo Márquez Rosario Díaz-Vázquez Pilar Expósito Díaz M. del Pilar Freire Esparís Emilia Vázquez-Rozas (coordinadora) Este traballo é resultado do encargo realizado pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, enmarcado na Estratexia de inclusión social de Galicia, 2014-2020 Febreiro, 2020 Agradecementos O equipo de traballo quere agradecer a colaboración das persoas responsables dos centros da rede de recursos específicos de atención ás persoas sen fogar e dos centros de atención ás vítimas de violencia de xénero que participaron nas enquisas, así como a participación nas enquisas das mulleres usuarias dos ditos centros. Queremos agradecer tamén a dedicación das persoas expertas para a realización das entrevistas, así como a súa dispoñibilidade. O noso agradecemento así mesmo ao persoal da Dirección Xeral de Inclusión Social, e especialmente a Dna. Ledicia Suárez e a D. Joan Ribot polas súas achegas na elaboración dos cuestionarios e na selección dos centros e das persoas expertas entrevistadas, e ao director xeral de Inclusión Social, D. Arturo Parrado, pola confianza depositada neste equipo de traballo. Relación de centros participantes zAlbergue para Transeúntes San Javier (Pontevedra) zAlbergue Refugio Pardo de Atín (Ferrol) zAlbergue San Vicente de Paúl “Calor y Café” (Pontevedra) zCasa Caridad de Vigo-Comedor de la Esperanza (Vigo) zCasa da Muller (Lugo) zCasa de Acollida para Mulleres Maltratadas (Ferrol) zCasa do Pescador CIIES (Vigo) zCentro Cultural Social Xoán XXIII (Santiago de Compostela) zCentro de Atención Social Continuada Rexurdir Provincial (Pontevedra) zCentro de Emerxencia para Mulleres VVX (Vigo) zCentro de Recuperación Integral para Mulleres VVX (Santiago de Compostela) zCentro de Transición á Vida Autónona “A Valenzá” (Ourense) zCentro Integrado de Atención Social Padre Rubinos (A Coruña) zCentro Vieiro. Cáritas Diocesana de Santiago (Santiago de Compostela) zCociña Económica de A Coruña (A Coruña) zCociña Económica de Ferrol (Ferrol) zCociña Económica de Santiago (Santiago de Compostela) zComedor Social Cáritas (Ourense) zComedor Social San Francisco Pan de los Pobres (Pontevedra) zComité Ciudadano Anti-Sida (A Coruña) zCottolengo del Padre Alegre (Santiago de Compostela) zFogar do Transeúnte de Ourense (Ourense) zFundación de la Santa Cruz (Vigo) zFundación Hogar Santa Lucía (A Coruña) zFundación Solidariedade Amaranta (Ourense) zPatronato Concepción Arenal (Ferrol) zResidencia San José (A Coruña) Relación de persoas expertas entrevistadas zJuncal Blanco e Juan Francisco Martín, traballadora e traballador social de Emaús (Vigo) zPatricia Castiñeira, educadora social e referente de proxecto, Cruz Roja en Galicia (Lugo) zConsuelo Neira, directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (Santiago de Compostela) zAna Pardo, responsable territorial de Provivienda (Vigo) zIrene Rivera, traballadora social, e Carmela Primo, educadora social, do Centro de Cáritas Diocesana Mondoñedo – Ferrol (Ferrol) © da edición: Xunta de Galicia. 2020. Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia EDITA: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social ISBN de autor: 978-84-09-20400-7 MAQUETACIÓN: Antonio Lameiro Ces URL: https://libraria.xunta.gal/gl/estudo-senfogarismo-violencia-xenero Esta obra distribúese cunha licenza CC-Atribución.CompartirIgual 4.0 España de Creative Commons. Para ver unha copia de licenza, visite: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.es_ES 7 Índice Introdución ..................................................................................................................................9 Metodoloxía ...............................................................................................................................13 PARTE I: ANÁLISE DE FONTES SECUNDARIAS .........................................................................22 Capítulo 1 Contexto socioeconómico dende unha perspectiva de xénero en Galicia .........23 1.1 Poboación activa e inactiva ..........................................................................................................................................23 1.2 Poboación ocupada ........................................................................................................................................................26 1.3 Poboación parada ...........................................................................................................................................................30 1.4 Traballo non remunerado . ............................................................................................................................................ 32 1.5 Niveis de pobreza . ...........................................................................................................................................................32 Capítulo 2 Información diagnóstica precedente sobre o senfogarismo feminino e a violencia de xénero .......................................................................................... 39 2.1 Senfogarismo feminino en Europa e en España ...................................................................................................39 2.2 Senfogarismo feminino en Galicia .............................................................................................................................44 2.3 Violencia de xénero en Galicia .....................................................................................................................................50 PARTE II: TRABALLO DE CAMPO ...............................................................................................58 Capítulo 3 Resultados da enquisa ás persoas responsables dos centros .............................59 Capítulo 4 Resultados da enquisa ás mulleres usuarias .........................................................79 8 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Capítulo 5 Resultados das entrevistas a persoas expertas ....................................................91 5.1 Percepcións sobre a situación actual e a evolución do perfil do senfogarismo feminino ...........................................................................................................................................91 5.2 Necesidades específicas das mulleres sen fogar ...................................................................................................93 5.3 Sobre a coordinación e a atención integral ............................................................................................................96 5.4 Inclusión laboral ................................................................................................................................................................98 5.5 Relación entre senfogarismo e violencia de xénero ......................................................................................... 100 5.6 Acceso á vivenda ........................................................................................................................................................... 102 5.7 Solucións ao senfogarismo ........................................................................................................................................ 103 5.8 Análise DAFO da atención ao senfogarismo feminino e a súa vinculación coa violencia de xénero ............................................................................................................................................. 104 Resumo da parte ii ................................................................................................................... 109 Conclusións e recomendacións ..............................................................................................121 Índice de táboas e cadros ........................................................................................................135 Índice de gráficos .....................................................................................................................138 Referencias ...............................................................................................................................140 Documentos publicados pola Xunta de Galicia relacionados co senfogarismo ................141 Anexos ......................................................................................................................................142 9 Introdución E. Vázquez-Rozas A atención á poboación en situación de vulnerabilidade ou exclusión social é unha das prioridades sectoriais da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Dentro deste ámbito, un claro obxectivo é a intervención especializada para a atención das necesidades das persoas sen fogar co fin de acadar a súa plena inclusión. A Xunta de Galicia vén de publicar o Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 que incorpora a perspectiva de xénero. Á vista dos estudos previos obsérvase que tanto o coñecemento que hai sobre o senfogarismo, como a resposta que se dá ás persoas nesa situación están orientados a unha poboación maioritariamente masculina. Así, o novo Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 20192023 pretende dar solución a esta cuestión, ao estar orientado cunha perspectiva de xénero “destinado a visibilizar a exclusión residencial que sofren as mulleres no ámbito privado, ofertar solucións ás situacións de precariedade habitacional ás que están expostas e adoptar medidas específicas orientadas a previr a violencia estrutural que sofren por ser mulleres” (px. 56). No Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia. Trazos e propostas de intervención Galicia 2017, realizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Cruz Vermella Española en Galicia, considérase que o senfogarismo vén afectado pola combinación de distintas causas que determinan a situación do senfogarismo feminino; e conclúe que a violencia de xénero é o segundo factor, despois da escaseza de recursos. Tal como se sinala no Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023, “o fenómeno do senfogarismo é complexo e multicausal” (px. 15). Estas causas e factores de vulnerabilidade pódense clasificar en catro tipos: causas de carácter estrutural, institucional, relacional e persoal. As causas estruturais son as determinadas pola situación económica e social, como poden ser as elevadas taxas de desemprego de longa duración e de desemprego en grupos especialmente vulnerables, a precariedade laboral que leva consigo a escaseza de ingresos, ou os elevados prezos da vivenda. As causas relacionais fan referencia ao efecto que sobre o senfogarismo ten a carencia de relacións familiares e sociais, pois o apoio de persoas próximas pode paliar os problemas derivados da espera á atención institucional por parte das persoas sen fogar. Entre estas causas atópanse problemas de conflitos familiares, abandono do fogar e o problema da violencia de xénero. As causas persoais teñen que ver coas circunstancias das persoas que lles dificultan o acceso a un emprego ou ás axudas institucionais. Entre elas encóntranse a discapacidade, os problemas de saúde, trastornos adictivos, un nivel educativo moi baixo, descoñecemento do idioma, a falta de arraigamento e outras características que poden afectar negativamente a inserción laboral, como a falta de habilidades persoais, a idade, o sexo ou a orixe. Como se sinalou, a combinación destes factores é posible, e poden darse situacións de vida estresantes pola conxunción de distintas circunstancias que poden levar a situacións de senfogarismo. 16 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia No cuestionario dirixido ás persoas responsables de centros, ademais dos datos de identificación e as características do centro, inclúense preguntas relativas aos servizos ofrecidos e o seu uso, diferenciando entre mulleres e homes, engadindo unha serie de preguntas sobre as mulleres e mulleres vítimas de violencia de xénero (VVX) usuarias dos centros. Ademais, pregúntase a opinión relativa á incidencia que sobre as mulleres sen fogar teñen os factores de vulnerabilidade determinantes do senfogarismo (factores estruturais, institucionais, persoais e relacionais). Finalmente, pídese a opinión das persoas responsables dos centros en relación ás posibles melloras a realizar en distintos ámbitos como a tipoloxía e cantidade de recursos, a metodoloxía de intervención e a innovación, a planificación, a coordinación e a normativa. No cuestionario dirixido ás mulleres usuarias dos centros, preguntáselles sobre algúns aspectos das súas características persoais e laborais, os ingresos dos que dispoñen, a situación residencial pasada e actual, os motivos do senfogarismo (no seu caso), os recursos ou servizos utilizados e a opinión que teñen deles. Ademais, fanse unha serie de preguntas sobre violencia de xénero. Estas enquisas a mulleres, en galego e castelán, foron feitas de xeito presencial dende os propios centros, que colaboraron moi activamente co desenvolvemento do traballo. Nos anexos I e II preséntanse os dous cuestionarios. Recibida da Dirección Xeral de Inclusión Social a listaxe de centros seleccionados, e logo de que os centros recibisen un primeiro contacto desta, as persoas responsables destes centros foron entrevistadas polas persoas do equipo de traballo, en persoa e/ou por correo electrónico, para cubrir as enquisas. Este traballo desenvolveuse entre os meses de setembro e outubro do 2019. Do total dos 74 centros de Galicia, 67 centros de atención específica a persoas sen fogar (en adiante centros PSF) e 7 da Rede galega de acollemento para mulleres vítimas de violencia de xénero (en adiante Rede VVX), foron seleccionados 27 que corresponden a distintas tipoloxías: Albergues (8)1, Comedores (7), Centros de acollida (5), Centros de atención continuada (3) e centros da Rede VVX (5) Dada a distinta tipoloxía dos centros seleccionados, pódese obter un amplo abano de respostas ofrecidas segundo as diferentes perspectivas das persoas responsables dos centros, que teñen distintas experiencias coas persoas usuarias destes centros. As características dos centros son de diversa índole, como constan na Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social (DOG 15 febreiro), na que se especifican a definición e requisitos principais das distintas tipoloxías de centros. No Decreto 61/2016 polo que se define a carteira de servizos sociais de inclusión (DOG 8 de xuño), reclasifícanse os centros sociais segundo os servizos ofertados dentro da carteira de servizos, que se indican entre parénteses xunto coa definición dos distintos tipos de centro considerados neste traballo: Os albergues (clasificados como servizos de atención nocturna) son establecementos para o aloxamento de carácter temporal destinados a acoller a persoas en situación de emerxencia social, a transeúntes e a persoas sen fogar, proporcionándolles aloxamento e manutención por un período limitado de tempo. Os comedores sociais (clasifícanse como servizos de cobertura da necesidade de alimento na sección de hostalaría) son establecementos nos que se ofrece o servizo de almorzo/comida e/ ou cea a persoas en risco de exclusión social con necesidades de manutención. Poden contar con zoas de hixiene, lavandería e roupeiro. 1 No caso dun albergue que tamén é comedor social a resposta foi única para os dous centros. 17 Os centros de acollida e inclusión son centros en réxime residencial temporal nos que, mediante unha actuación programada, posibilítanse oportunidades de axuste persoal e a incorporación sociolaboral ás persoas en situación ou risco de exclusión social. Poden orientarse a distintos programas de atención, que son: Programa básico de acollemento e inclusión social ás persoas por un período de tempo determinado mentres participan nun proxecto de inserción (clasifícase como servizo integral de inclusión sociolaboral, sección de inclusión básica); Programa de apoio social a procesos terapéuticos (clasifícase como servizo integral de inclusión en procesos terapéuticos, sección de atención a persoas con trastornos de adicción); Programa de transición á vida autónoma, que ofrece aloxamento provisional a persoas con capacidade e posibilidade de inserción (clasifícase como servizo integral de inclusión sociolaboral, sección de inclusión e transición ao emprego) ou outros programas. Os centros de atención social continuada (clasifícanse como servizos de atención continuada) son centros abertos en horario continuado e permanente ou en horario complementario ao resto de recursos sociais de atención ás situacións de exclusión e de emerxencia, nos que se ofertan servizos de atención ás necesidades básicas e/ou urxentes das persoas usuarias. A lexislación que regula os centros da Rede VVX é específica. Así, segundo se recolle no artigo 48 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG 7 agosto), os centros de acollida desta rede son recursos especializados residenciais e temporais que ofrecen acollida, atención e recuperación ás mulleres que sofren violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo que requiren protección pola situación de indefensión e risco causada pola violencia de xénero. Créase tamén o Centro de Recuperación Integral como centro de coordinación da Rede galega de acollemento (artigo 49). O equipo de traballo púxose en contacto cos centros seleccionados, por correo electrónico e vía telefónica, para concertar entrevistas presenciais ou no seu caso para que as enquisas fosen enviadas unha vez cubertas. No cadro 2 preséntase o listado dos 27 centros entrevistados. Cadro 2 Centros de atención social seleccionados zAlbergues Entidade nome CEN nome CEN concello Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos Albergue Padre Rubinos A Coruña Fundación Santo Hospital de Caridad Refuxio Pardo de Atin Ferrol Centro Cultural-Social Juan XXIII Albergue Juan XXIII Santiago de Compostela Hermanos Misioneros de Enfermos Pobres Albergue Nuestra Señora de La Salud Vigo Cáritas Interparroquial Albergue de Transeúntes San Javier Pontevedra Sociedad de San Vicente de Paul Albergue San Vicente de Paul Pontevedra Concello de Vigo Albergue Casa do Pescador/ Comedor Vigo (conxunta con Comedor) Concello de Ourense Albergue Hogar del Transeúnte Ourense 18 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia z Comedores Entidade nome CEN nome CEN concello Cocina Económica de Santiago Cocina Económica de Santiago Santiago de Compostela Cáritas Diocesana de Ourense Comedor Social Cáritas Ourense Ourense Cocina Económica de la Ciudad de Ferrol Cocina Económica Ferrol Ferrol Concello de Vigo Comedor Social Casa do Pescador/ Albergue Vigo(conxunta con albergue) Fundación Casa de Caridad de Vigo-Hogar San José Comedor de La Esperanza Vigo Cocina Económica da Coruña Cocina Económica da Coruña A Coruña Convento San Francisco en Pontevedra Franciscanos Frailes Menores Prov. Santiago Comedor Pan de los Pobres Pontevedra zCentros de acollida Entidade nome CEN nome CEN concello Cáritas Centro de Transición a La Vida Autónoma "A Valenzá" Ourense Fundación Hogar Santa Lucía para Mujeres sin Techo Casa de Acollida Básica de Mulleres sen teito Santa Lucía A Coruña Casa Cottolengo del Padre Alegre de la Congregación Hermanas Servidoras de Jesús del Cottolengo del Padre Alegre Centro de Acollida Básica Cottolengo del Padre Alegre Santiago de Compostela Asociación Patronato Concepción Arenal Centro de Acollida Básica Patrón. Concepción Arenal Ferrol Pía Unión La Obra de La Señora Centro de Acollida Básica San José de la Obra de La Señora A Coruña 19 zCentro atención continuada Entidade nome CEN nome CEN concello Cáritas Diocesana de Santiago Centro de Atención Social Continuada Vieiro Santiago de Compostela Comité Cidadán Antisida da Coruña Centro de Atención Social Continuada Casco A Coruña Asociación Rexurdir-Provincial Centro de Atención Social Continuada Rexurdir Provincial Pontevedra zRede galega de acollemento Entidade nome CEN nome CEN concello Concello de Ferrol Casa acollida Ferrol Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero Centro de recuperación integral Santiago de Compostela Concello Lugo Piso tutelado Lugo Fundación Amaranta Casa acollida Ourense Concello de Vigo Centro de emerxencia Vigo Fonte: Elaboración propia a partir de datos do RUEPSS. A participación dos centros colaboradores foi imprescindible para poder chegar a ter respostas das enquisas ás mulleres usuarias dos centros. As enquisas dirixidas ás mulleres enviáronse aos centros tanto en galego como en castelán, para a mellor comprensión daquelas mulleres de fóra de Galicia usuarias dos centros. En total acadáronse 72 enquisas ás mulleres. A información recollida nos cuestionarios tanto os dirixidos ás persoas responsables dos centros como ás mulleres usuarias, foi trasladada a formato informático co programa SPSS versión 24. A informatización dos datos permite tabular a información e realizar o tratamento estatístico dos datos e presentación dos resultados. 20 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia b) Tarefas levadas a cabo na segunda fase do traballo de campo: entrevistas a persoas expertas. A partir dos principais resultados obtidos na primeira parte do proxecto, elaborouse unha batería de preguntas, en colaboración coa Dirección Xeral de Inclusión Social, para entrevistar a persoas expertas na temática de estudo. O cuestionario inclúe os aspectos máis salientables do traballo previo e céntrase en aspectos que tratan de recoller a visión das expertas en relación ás necesidades máis relevantes, a aspectos específicos das mulleres, á relación entre senfogarismo e violencia de xénero, e á mellora dos servizos prestados. Ademais, proponse unha análise DAFO que incorpora as reflexións de cada unha das persoas entrevistadas. O cuestionario destas entrevistas a expertas incorpórase no Anexo III. Logo de que os contactos das persoas expertas fosen transmitidos ao equipo de traballo por parte da Dirección Xeral de Inclusión Social, procedeuse a concertar as citas, e envióuselles por correo electrónico un resumo dos resultados máis relevantes do traballo de campo derivado das enquisas ás persoas responsables dos centros e ás mulleres usuarias, así como o propio cuestionario coas preguntas sobre as que se pretendía que reflexionasen cara á entrevista persoal. En catro dos cinco casos, as entrevistas a expertas foron presenciais e leváronse a cabo nos centros de traballo de cada unha delas entre os días 19 de novembro e 2 de decembro de 2019. Un dos casos respondeu á entrevista por vía telemática, e posteriormente aclaráronse as dúbidas xurdidas. 21 PARTE I ANÁLISE DE FONTES SECUNDARIAS Esta primeira parte do traballo ten como finalidade presentar a situación de contexto precisa para coñecer a situación da poboación feminina galega en aspectos relevantes para o tema de estudo. Así, o capítulo 1 relata a situación laboral das mulleres, tanto no relativo ao traballo remunerado como non remunerado, e os niveis de pobreza, poñendo énfase nas diferenzas cos homes. No capítulo 2 faise unha análise dos distintos estudos que se teñen realizado sobre o senfogarismo en Europa, España e Galicia, aportando información sobre os principais indicadores. Ademais, analízanse os datos dispoñibles sobre violencia de xénero na nosa Comunidade. 23 CAPÍTULO 1 CONTEXTO SOCIOECONÓMICO DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO EN GALICIA E. Aguayo.; P. Expósito. & M. P. Freire Neste capítulo facemos un breve repaso do contexto socioeconómico en Galicia dende unha perspectiva de xénero, facendo fincapé nos principais indicadores do mercado de traballo e dos niveis de pobreza. En primeiro lugar amosamos os datos do mercado laboral analizando a poboación activa, ocupada e parada, así como a remuneración salarial, e o traballo non remunerado. Finalmente analizamos os niveis de pobreza na nosa Comunidade. 1.1 Poboación activa e inactiva Enténdese por poboación activa a suma das persoas en idade de traballar e que de forma directa ou indirecta están incorporadas ao mercado de traballo. Son persoas de 16 ou máis anos que poden ser incluídas entre as persoas que teñen un traballo (ocupadas) ou que están á procura do mesmo (paradas). A poboación activa en Galicia foi descendendo nos últimos anos, máis a dos homes que a das mulleres, sen embargo, a taxa de actividade feminina aínda está por debaixo da masculina. Destaca o maior peso das mulleres na poboación activa galega en comparación coa española, cun máximo no ano 2018 cunha participación do 48,8% en Galicia, fronte a o 46% de España no seu conxunto. Gráfico 1.1 Evolución da poboación activa en Galicia e España (miles de persoas) Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da EPA do INE. 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 600 620 640 660 680 700 720 11.600 11.800 12.000 12.200 12.400 12.600 12.800 13.000 13.200 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 585 590 595 600 605 610 615 620 10.250 10.300 10.350 10.400 10.450 10.500 10.550 10.600 10.650 10.700 10.750 GALICIA ESPAÑA GALICIA ESPAÑA 24 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia A pesar de que a taxa de actividade nas mulleres é moito menor que nos homes tanto en España como en Galicia, a evolución é máis positiva que no caso dos varóns e fai que as diferenzas se foran recortando ao longo de todo o período. En 2018, a poboación activa en Galicia é de 1.243,5 miles de persoas que representan un 53,5% do total de persoas con 16 ou máis anos (2.334 mil), e un 46% da poboación total (2.701,7 miles de persoas). Na actualidade a poboación activa repártese entre as 601 mil mulleres e 642 mil homes. En termos porcentuais, en 2010 o 46% da poboación activa eran mulleres e esta porcentaxe foise incrementando ata acadar o 48,4%, por un 51,6% de homes. Gráfico 1.2 Poboación activa por sexo. Galicia. 2010-2018. Miles de persoas Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa de poboación activa. A taxa de actividade de Galicia (definida como o cociente entre o número total de persoas activas e a poboación de 16 anos ou máis) veuse lixeiramente reducida entre 2010 e 2018, pasando do 54,2% a 53,3%; un descenso de algo máis dun punto porcentual, que non reflicte a situación diferenciada de mulleres e homes. No ano 2010 a taxa de actividade das mulleres era do 47,7%, moi lonxe do 61,2% dos homes, pero a evolución foi dispar segundo sexo. Así, mentres que a taxa de actividade nos homes viuse reducida 3,8 puntos ata o 57,5% do ano 2018, a taxa para as mulleres subiu 1,7 puntos ata acadar o 49,4% en 2018. Neste ano seguen a ser importantes as diferenzas nas taxas de actividade, sendo de 8,1 puntos superior para os homes que para as mulleres. Gráfico 1.3 Taxa de actividade por sexo. Galicia. 2010-2018 (%) Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa de poboación activa. 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 540 560 580 600 620 640 660 680 700 720 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 40,0 45,0 50,0 55,0 60,0 65,0 Total 25 As taxas de actividade das mulleres son inferiores ás dos homes en xeral, e por idades a diferenza increméntase a partir dos 35 anos, sendo de 4,3 puntos inferior no tramo de 35 a 44 anos. Constátase que as taxas de actividade aumentan co nivel de formación alcanzado, e as maiores diferenzas entre homes e mulleres atópanse entre as persoas con estudios primarios e secundarios de primeira etapa. Por outro lado, os datos da EPA indican que, segundo o estado civil, as maiores taxas de actividade corresponden ao grupo das persoas separadas ou divorciadas, cunha taxa media do 68%, sendo este o único grupo no que as taxas de actividade das mulleres (70,5%) son superiores ás dos homes (64,9%). No caso dos grupos de persoas solteiras as mulleres teñen unha taxa 2,7 puntos por debaixo da dos homes, diferenza que se eleva entre o grupo de persoas casadas ata 3,1 puntos. Por ramas de actividade, obsérvase a partir dos datos da EPA, que a presenza de mulleres está moi por riba da dos homes nas actividades sanitarias e de servizos sociais, e o resto de servizos, cuns pesos do 79% e do 74,3% respectivamente. Destaca tamén a rama de Educación, onde a poboación activa feminina supera o 66%. Por outra parte, nas ocupacións de maior responsabilidade a maior parte da poboación activa son homes. Así, as mulleres representan só un 31,5% de entre directores/as e xerentes, e un 38,8% dos técnicos/as, profesionais de apoio. Pola contra, o 58,2% da poboación activa de técnicos/as e profesionais científicos e intelectuais son mulleres. O 58,4% das persoas paradas que buscan o seu primeiro emprego son mulleres, e que representan o 54,3% das persoas paradas por máis dun ano. Enténdese por poboación inactiva o conxunto de persoas de 16 ou máis anos que non son nin persoas ocupadas nin paradas. Considéranse inactivas as persoas que, sen exercer unha actividade económica, ocúpanse dos seus fogares, ou están estudando, ou están retiradas ou xubiladas, ou son persoas que realizan actividades sen remuneración (como as actividades de voluntariado), ou son persoas incapacitadas para traballar, ou que perciben algunha pensión distinta da de xubilación (ou prexubilación) ou unha axuda pública ou privada. En Galicia hai 29.600 persoas activas potenciais, un 2,7% do total de inactivas, sendo maior o número de mulleres (17 mil) que representan o 57,8% que de homes (case 13 mil). Das persoas potencialmente activas, clasifícanse como desanimadas ao 66,6%, porcentaxe que no caso das mulleres alcanza o 69,6%, 7,5 puntos máis que no caso dos homes (62,4%). É dicir, das 17 mil mulleres activas potencialmente, hai practicamente 12 mil desanimadas. Táboa 1.1 Poboación inactiva pola súa vinculación coa actividade e sexo. Galicia 2018. Miles de persoas e porcentaxes Entidade nome Total Homes Mulleres % Homes % Mulleres Poboación inactiva 1.090,5 474,1 616,4 43,5 56,5 Activos/as potenciais: Total 29,6 12,5 17,1 42,2 57,8 Activos/as potenciais: Desanimados 19,7 7,8 11,9 39,6 60,4 Activos/as potenciais: Resto 9,9 4,7 5,2 47,5 52,5 Outros/as inactivos/as 1.061,0 461,7 599,3 43,5 56,5 Fonte: elaboración propia a partir de IGE – INE Enquisa de poboación. 32 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia No comercio as mulleres representan o 66%, así como entre as persoas demandantes sen emprego anterior. As mulleres representan máis do 91% entre as persoas demandantes de emprego do grupo de ocupación de traballadoras/es dos servizos de saúde e coidado das persoas, e o 88% do grupo de traballadoras/es non cualificadas/os en servizos (salvo transporte). Tamén se observan pesos elevados entre as ocupacións de empregados de oficina, tanto se atenden ao público (81,6%) como se non (76%), e nos servizos de restauración e comercio (80,4%). Nos niveis máis elevados de ocupacións, hai dúas que son especialmente destacables: as mulleres son o 78,8% das demandantes entre as persoas técnicas e profesionais científicas e intelectuais da saúde e do ensino (e o 59,1% entre outros técnicos e profesionais científicos e intelectuais), e pola contra son tan só o 30,6% das persoas directivas e xerentes. As ocupacións masculinizadas son as correspondentes aos traballadores cualificados da Construción (98,6%), os condutores e operadores de maquinaria móbil (93,1%), seguida dos traballadores de servizos de protección e as ocupacións militares, con pesos por encima do 83%. Por outra parte, o peso dos homes entre as persoas demandantes de emprego alcanza o 70% entre os traballadores cualificados tanto das industrias manufactureiras como no sector primario e, tamén, entre os peóns de agricultura, pesca, construción, industria e transporte. 1.4 Traballo non remunerado A asignación asimétrica de traballo no fogar condiciona as desigualdades de xénero nos usos do tempo, en especial, na distribución do dedicado ao traballo remunerado e non remunerado. Constátase a situación de desvantaxe das mulleres asociada a unha maior dedicación a actividades non remuneradas, incidindo na conciliación da vida laboral e persoal, ou mesmo, na non disposición de ingresos propios, propiciando situacións de empobrecemento e vulnerabilidade. Da Enquisa do emprego do tempo (INE, 2010) cabe destacar que máis dun 90% das mulleres realizan a actividade de “fogar e familia” fronte ao 70,6 % dos homes en Galicia, e a duración media diaria dedicada a esta actividade é case 2 horas maior no caso das mulleres. A análise detallada da duración media de dedicación a tarefas dentro da actividade “fogar e familia”, pon de manifesto que os homes dedican máis tempo que as mulleres a “xardinaría e coidado de animais” e a “construción e reparación”, mentres que o “coidado de nenos” presenta unha duración superior ás dúas horas para as mulleres. 1.5 Niveis de pobreza A incidencia da prolongada crise económica provocou incrementos nos indicadores de niveis de pobreza nos primeiros anos, que a partir de 2015 foron mellorando, e en xeral a situación no ano 2018 en Galicia é mellor que na media española. Así, no ano 2018 un 6,8% da poboación de Galicia presenta carencias materiais e un 1,6% sofre carencia material severa, moi por debaixo do total nacional, onde as cifras chegan ao 13,9% e ao 5,4% respectivamente. Os resultados a nivel provincial indican que A Coruña e Pontevedra son as máis afectadas pola carencia material nos fogares. 33 Táboa 1.2 Evolución da poboación en situación de carencia material e carencia material severa. España e Galicia. 2010-2018. Porcentaxes sobre a poboación total Carencia material Carencia material severa España Galicia España Galicia 2010 15,1 14,3 4,9 4,4 2011 13,2 9,8 4,5 2,5 2012 16,3 11,6 5,8 4,1 2013 16,9 14,4 6,2 4,6 2014 17,8 13,5 7,1 5,5 2015 16,5 11,6 6,4 4,2 2016 15,2 9,9 5,8 4,1 2017 12,8 8,4 5,1 2,4 2018 13,9 6,8 5,4 1,6 Fonte: Elaboración propia a partir da Encuesta de condiciones de vida. INE. Con relación á porcentaxe de persoas incluídas no grupo de idade 0-59 anos e que viven en fogares con baixa intensidade de ingresos do traballo no ano 2018 en Galicia alcanza o 11,1%, lixeiramente por encima da media de España, o 10,7%. Neste caso os datos provinciais (do ano 2017) indican que as máis afectadas son Pontevedra e Ourense. Táboa 1.3 Porcentaxe de persoas de 0 a 59 anos en fogares con baixa intensidade de ingresos do traballo. España e Galicia, 2008-2018 España Galicia 2008 6,6 7,6 2009 7,6 7,9 2010 10,8 12,2 2011 13,4 11,9 2012 14,3 14,7 2013 15,7 14,1 2014 17,1 14,9 2015 15,4 13,8 2016 14,9 13,6 2017 12,8 12 2018 10,7 11,1 Fonte: Elaboración propia a partir da Encuesta de condiciones de vida. INE. 34 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Os datos máis recentes sobre a taxa de risco de pobreza, definida como a porcentaxe da poboación con ingresos inferiores ao do 60% da mediana dos ingresos por unidade de consumo, permite observar que Galicia presenta no ano 2018 unha taxa de 18,8%, case tres puntos por debaixo da media nacional (21,5%). O último dato dispoñible, relativo ao ano 2018, mostra que, en Galicia, 506.633 persoas se atopan en risco de pobreza. Táboa 1.4 Taxa de risco de pobreza. España e Galicia. 2008-2018. Porcentaxes sobre a poboación total España Galicia 2008 19,8 20,9 2009 20,4 20,6 2010 20,7 18,1 2011 20,6 16,1 2012 20,8 18,3 2013 20,4 17,2 2014 22,2 15,4 2015 22,1 19,4 2016 22,3 19 2017 21,6 18,7 2018 21,5 18,8 Fonte: Elaboración propia a partir da Encuesta de condiciones de vida. INE. A taxa de risco da pobreza presenta un comportamento bastante similar en homes e mulleres, coa excepción das datas situadas nos extremos do período analizado. Neses momentos, as taxas de pobreza feminina son máis elevadas. Gráfico 1.10 Taxa de risco de pobreza por sexos. Galicia. 2000-2018 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 8 10 12 14 16 18 Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa estrutural a fogares. 35 A análise da taxa de risco de pobreza ou exclusión social2 mostra máis claramente a feminización da pobreza nas persoas maiores. Ademais, os fogares monoparentais, integrados por unha persoa adulta (maioritariamente mulleres) e con menores ao seu cargo, rexistran as porcentaxes máis elevadas de atoparse en risco de pobreza. Gráfico 1.11 Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (Estratexia europa 2020) por sexo e idade, Galicia, 2011-2018 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 5 10 15 20 25 30 35 40 Menos de 16 anos Muller De 16 a 24 anos De 25 a 49 anos De 50 a 64 anos De 65 ou máis anos Home MullerHome MullerHome MullerHome MullerHome Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa estrutural a fogares. 2 A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é aquela que está nalgunha das seguintes situacións: 1. En risco de pobreza (o 60% da mediana dos ingresos por unidade de consumo). 2. En carencia material severa. 3. Persoas de 0 a 59 anos en fogares sen ingresos de traballo ou con baixa intensidade de ingresos de traballo. 36 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia O índice de Gini que mide a desigualdade na distribución da renda, e varía entre 0 (igualdade total) e 1, indica que a partir do ano 2015 a desigualdade en Galicia se reduce, alcanzando en 2018 un valor de 0,27. Tamén se observa unha maior desigualdade nas provincias da Coruña e Pontevedra, especialmente nas áreas que rodean as grandes cidades. Gráfico 1.12 Índice de Gini en Galicia e provincias, 2007-2018 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0,24 0,25 0,26 0,27 0,28 0,29 0,30 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa estrutural a fogares. Entre 2012 e 2018 obsérvase unha importante mellora na situación económica dos fogares galegos, ao verse reducida considerablemente a porcentaxe de fogares galegos con moita dificultade para chegar a fin de mes. Gráfico 1.13 Fogares con moita dificultade para chegar a fin de mes, Galicia, 2007-2018. Porcentaxes Con moita dificultade 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 5 10 15 20 25 Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa estrutural a fogares. 37 Por outra parte, os datos confirman a importancia das prestacións no conxunto de ingresos dos fogares e, dun xeito especial, na etapa de maiores dificultades económicas e laborais creadas pola crise económica. Gráfico 1.14 Porcentaxe de fogares segundo a tipoloxía de ingresos. Galicia. 2007-2018 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 Ingresos do traballo Ingresos por prestacións Ingresos do traballo e prestacións Outros ingresos Fonte: Elaboración propia a partir de IGE-INE. Enquisa estrutural a fogares. 38 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 39 CAPÍTULO 2 INFORMACIÓN DIAGNÓSTICA PRECEDENTE SOBRE O SENFOGARISMO FEMININO E A VIOLENCIA DE XÉNERO R. Díaz-Vázquez & M. Cancelo Neste capítulo, comezamos realizando un breve repaso dos principais resultados sobre o senfogarismo feminino obtidos nos traballos de investigación desenvolvidos tanto no ámbito nacional como internacional. A continuación, enfócase a atención nos estudos e nos datos de Galicia, incluíndo tamén a análise dos datos relativos á violencia de xénero. 2.1 Senfogarismo feminino en Europa e en España Na revisión que realiza Bretherton (2017) dos estudos sobre o senfogarismo feminino, a maioría deles levados a cabo en Europa, apúntanse as seguintes liñas que amosarían que a experiencia do senfogarismo sería diferente para as mulleres: zAs mulleres experimentan algunhas formas de exclusión da vivenda en maior medida que os homes na maior parte de Europa. zObsérvanse importantes diferenzas entre o senfogarismo familiar (maioritariamente muller soa con fillos/as dependentes) e o senfogarismo das persoas solteiras ou similares. No primeiro caso é maioritario o caso da muller soa con fillos/as dependentes e a causa está moi ligada a situacións de violencia e maltrato, e inflúen pouco outros factores máis presentes no senfogarismo das persoas solteiras como a enfermidade mental ou as adiccións. zHai unha considerable diferenza nas causas do senfogarismo feminino sobre o masculino (por exemplo, a violencia doméstica). Isto implica que as súas traxectorias e necesidades non son exactamente as mesmas. zAs mulleres, a diferenza dos homes, tenden a confiar más no apoio dos familiares ou coñecidos, e só recorren aos servizos sociais cando esas canles se esgotan. Moitas mulleres están en situación de senfogarismo “oculto”. zOs tipos de senfogarismo nos que se centran a maioría dos estudos (sen teito) non recollen adecuadamente o senfogarismo feminino. Nalgúns países tampouco o reflicten as estatísticas, pois exclúen ás vítimas de violencia doméstica da definición de senfogar. Ademais, incluso nos recontos e estudos sobre senfogarismo na rúa non se recollen as cifras reais de mulleres nesa situación dado que estas tenden a ocultarse por medo. 40 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Pola súa parte, os estudos desenvolvidos sobre o tema en España tamén insisten en que as traxectorias de senfogarismo difiren entre as mulleres e os homes. As desemellanzas prodúcense tanto nas causas como na propia experiencia do senfogarismo, estando as mulleres nunha situación de maior vulnerabilidade (Cabrera, 2000; García, 2012). Para Díaz (2014), existen desigualdades na traxectoria entre as mulleres e os homes sen fogar, pero estas non serían homoxéneas para o conxunto das mulleres senón que interaccionan con outras variables (inmigrantes, orientación sexual...), aumentando a complexidade do termo “muller sen fogar”. Sublíñase como feito relevante a presenza de malos tratos ao longo da traxectoria de vida das mulleres sen fogar, tanto antes como durante a súa estancia na rúa (Herrero, 2003; Luque, 2003; Vázquez et al., 2016). Unha violencia mantida no tempo e múltiple, na que se compaxinan o maltrato físico ou psicolóxico e o abuso sexual. Vázquez et al. (2016) observan unha elevada presenza de sucesos vitais estresantes nas mulleres sen fogar ao longo da súa vida, sendo especialmente rechamantes as porcentaxes de malos tratos e abuso sexual na infancia/ adolescencia. Fernández-Rasines y Gámez-Ramos (2013) conclúen que as mulleres sen fogar foron invisibilizadas e iso ten consecuencias nas políticas de intervención. Debe terse en conta que moitos destes estudos levados a cabo en España realízanse sobre mostras pequenas, polo que cómpre avanzar na investigación neste eido. Para dispoñer dalgúns datos que nos ofrezan unha visión panorámica sobre o senfogarismo feminino en España, temos que acudir á última Enquisa ás persoas sen fogar do INE que foi realizada no ano 2012. Recolle información sobre as condicións de vida das persoas sen fogar de 18 ou mais anos que foron usuarias dos centros asistenciais de aloxamento e/ou restauración sitos en concellos de máis de 20.000 habitantes. No 2012, contabilizáronse 22.938 persoas sen fogar no conxunto de España, das que o 19,7% foron mulleres. Táboa 2.1 Persoas sen fogar en España por nacionalidade, sexo e grupos de idade. Ano 2012 Total Nacionalidade española Nacionalidade estranxeira nº % nº % nº % Total 22.938 100,0 12.425 100,0 10.513 100,0 Sexo Homes 18.425 80,3 9.855 79,3 8.570 81,5 Mulleres 4.513 19,7 2.570 20,7 1.943 18,5 Grupos de idade De 18 a 29 anos 4.434 19,3 1.026 8,2 3.408 32,4 De 30 a 44 anos 8.817 38,4 3.964 31,9 4.854 46,2 De 45 a 64 anos 8.808 38,4 6.790 54,7 2.018 19,2 Máis de 64 anos 879 3,9 645 5,2 233 2,2 Fonte: INE. Encuesta sobre las personas sin hogar. 2012. 41 Como pode apreciarse nos seguintes gráficos, a meirande parte, máis do 75%, tanto dos homes como das mulleres sen fogar estaban desempregados, e a maioría tiñan a educación secundaria. Gráfico 2.1 Porcentaxe de persoas sen fogar por situación laboral na última semana e sexo. España. Ano 2012 1,5 2,0 78,1 3,3 6,9 2,6 5,6 2,0 2,0 76,2 2,4 6,1 3,5 7,8 Outras Refuxiado/a En situación de invalidez Xubilado/a, retirado/a Con traballo a tempo completo Con traballo a tempo parcial Sen emprego Fonte: INE. Encuesta sobre las personas sin hogar. 2012. Gráfico 2.2 Porcentaxe de persoas sen fogar por nivel de estudos e sexo. España. Ano 2012 Educación superior (universitaria e non universitaria) 5,5 22,7 59,5 12,3 6,9 20,4 62,8 9,9 Educación secundaria Educación primaria Sen estudos Fonte: INE. Encuesta sobre las personas sin hogar. 2012. 48 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Gráfico 2.8 Número medio de persoas atendidas e atendendo na rúa en Galicia no 2018 Número medio de persoas atendidas. Ambos sexos Número medio de persoas atendidas. Mulleres Número medio de persoas atendendo 187 38 72 Fonte: INE. Encuesta sobre centros y servicios de atención a personas sin hogar. 2018. d) Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017. Trazos e propostas de intervención. Como xa sinalamos anteriormente, deterémonos algo máis neste estudo por ser o máis completo e recente sobre o senfogarismo en Galicia. É o resultado dun traballo conxunto entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia e enmárcase dentro da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Como nel se expón, céntrase nas categorías A (sen teito) e B (sen vivenda) da clasificación ETHOS. No estudo lévanse a cabo as seguintes actividades para chegar á diagnose e ás propostas de mellora: enquisa a persoas sen teito en Galicia; estudo sobre as persoas sen fogar atendidas pola Cruz Vermella Española en Galicia; mesas temáticas; panel de persoas expertas; entrevistas a responsables dos programas de atención a persoas sen fogar en Galicia; e historias de caso. Revisamos, a continuación, a documentación sobre as actividades enumeradas co obxecto de extraer toda a información relativa ás mulleres que poida ser relevante para a contextualización do senfogarismo feminino en Galicia. d.1 Enquisa a persoas sen teito en Galicia, 2017 En marzo de 2017, realizouse un reconto das persoas sen teito nas sete grandes cidades de Galicia. Localizaron 340 persoas sen fogar, das que o 11,5% eran mulleres (39) e o 88,5% homes (297) (nos outros catro casos non se rexistrou o sexo). Como se indica no informe, a porcentaxe feminina era oito puntos máis baixa que a que se indicara na Enquisa a persoas sen fogar do 2012 polo INE. Agora ben, no mesmo informe puntualízase que a dita variación “non estaría indicando necesariamente unha redución no número de mulleres, dado que podería relacionarse cunha menor presenza de mulleres na categoría de senfogarismo que refire ás persoas sen teito –que son ás que accedeu principalmente o reconto-, pero non así noutras relativas a outras situacións” (Xunta de Galicia, 2018, p. 22). Das 340 persoas localizadas entrevistaron a 204, pero non se ofrecen resultados separados por sexo. d.2 Estudo sobre as persoas sen fogar atendidas por Cruz Vermella en Galicia Máis reveladores para o tema que nos ocupa, por ofrecer información desagregada por sexo, son os resultados da análise realizada por Graciela Malgesini e Carlos Martínez de Ibarreta (Xunta de Galicia, 2018) sobre a base de datos de Intervención Social da Cruz Vermella Española en Galicia. Nesta base de datos había 12.062 persoas rexistradas o 1 de xaneiro de 2017, das cales 1.263 eran persoas sen fogar. Dentro dese grupo predominan as persoas sen teito (38%) e as que viven en habitacións ou cambian con frecuencia de vivenda (44%). 49 En relación coas persoas sen teito atendidas por esta institución, obtivéronse os seguintes datos sobre as mulleres: zAs mulleres representan en torno ao 15% das persoas sen teito atendidas (61 mulleres). zAs mulleres sen teito son algo máis novas que os homes (40,9 anos fronte aos 46 dos homes). zAs mulleres están, con maior frecuencia, casadas ou viúvas e, en menor medida, solteiras (o 50,9% están solteiras mentres que o está o 61,7 % dos homes). zAo igual que no caso dos homes, a gran maioría están desempregadas, pero é maior a porcentaxe de mulleres xubiladas ou pensionistas (o 12,5 % fronte ao 5,5% dos homes). zDestaca a maior porcentaxe de mulleres sen estudos (26%), con respecto aos homes (4,5%). Ningunha ten estudos universitarios (o 4,5 % dos homes os teñen). zO mesmo que sucede cos homes, a meirande parte das mulleres sen teito é de nacionalidade española (63,8%). En segundo lugar, atópanse as de orixe portuguesa (9,4%), romanesa (5,9%) ou marroquí (2,3%). Con respecto á dos homes, é maior a porcentaxe das que proceden de América Latina e menor a que chega de Europa. zEn canto aos factores de risco, preséntanse as diferenzas por sexo en 39 deles. Hai maior porcentaxe de mulleres que sinalan entre os principais factores de risco non ter permiso de residencia e as responsabilidades familiares, ter fillos/as ao cargo. Un 6,9% teñen familias monoparentais, fronte a un 0,2% dos homes. Tamén hai algúns factores que afectan exclusivamente ás mulleres e outros exclusivamente aos homes. Entre os que afectan unicamente ás mulleres figuran acoso (2,8%), racismo e xenofobia (2,8%) e depresión (1,4%). Do outro grupo, o das persoas que viven nun cuarto ou que cambian con frecuencia de vivenda, non se ofrecen datos separados por sexo. Unicamente indícase que é máis alta a presenza de mulleres, ao superar o 40%. d.3 Achegas do panel de persoas expertas para a diagnose Considérase o senfogarismo como un “proceso xerado como consecuencia da interacción dinámica entre catro grandes grupos de causas –estruturais, institucionais, relacionais e persoais−, que normalmente aparecen de forma simultánea ou combinada” (Xunta de Galicia, 2018, p. 45). Nas achegas das persoas expertas, non figura no informe ningún comentario específico sobre a perspectiva de xénero ou sobre as mulleres nas causas estruturais nin nas institucionais, pero si nas relacionais e persoais. Nas relacionais indícase que: “Sendo importante a incorporación da perspectiva de xénero en calquera das causas determinantes que se agrupan neste documento, aínda é máis necesaria na abordaxe das causas relacionais, para tratar de explicar porque hai máis homes que mulleres na rúa, que carecen dun teito. Os homes e as mulleres teñen distintas estratexias de supervivencia ante as adversidades deste calibre. As mulleres acoden en maior medida aos Servizos Sociais e ás entidades. Presentan, con carácter xeral, máis habilidades de xestión emocional.” (Xunta de Galicia, 2018, p. 50) 50 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia En canto ás persoais, destacouse que: “É difícil atopar recursos para o aloxamento das mulleres e programas especificamente dirixidos a elas. As mulleres en situación de rúa experimentan moitos máis perigos. Os programas existentes parecen estar dirixidos a reproducir o tema de xénero, polo tipo de formación e empregos que se lles propoñen nos procesos de inclusión. Considérase necesario traballar para mellorar a atención e as respostas previstas a determinados grupos de persoas en situación de senfogarismo: mulleres, persoas transexuais, persoas con parella, as que teñen mascota, entre outros. É probable que esta conveniente adaptación dos recursos, a través da formación do persoal e do acondicionamento de espazos, requira dun investimento económico.” (Xunta de Galicia, 2018, p. 51-2) d.4 Achegas das mesas temáticas do seminario sobre o senfogarismo en Galicia para a diagnose Ás persoas participantes nas mesas temáticas preguntóuselles se existían problemas específicos na atención ás mulleres. Os comentarios que se incluíron ao respecto foron os seguintes: “Polo xeral os estudos reflicten que está a aumentar o número de mulleres en situacións extremas e vulnerables, especialmente entre as que están en situación administrativa irregular. As mulleres están máis presentes na terceira e cuarta tipoloxía Ethos (relativas ás persoas que residen en vivendas inseguras e vivendas inadecuadas).” (Xunta de Galicia, 2018, p. 63-4) “As mulleres sen fogar na rúa son especialmente vulnerables polas situacións de abuso ás que teñen que facer fronte, e cando chegan á rúa están máis desestruturadas e necesitan máis axuda. Ademais, moitos recursos están masculinizados (…)” (Xunta de Galicia, 2018, p. 64) d.5 Entrevistas ás persoas responsables dos programas de atención Tamén preguntóuselles ás persoas responsables dos programas de atención polos problemas que se observan nas mulleres sen fogar ás que atenden. Os que recibiron unha maior frecuencia de resposta foron o “carecer de ingresos suficientes” e a “violencia de xénero”. Figuran a continuación “carecer de redes de apoio”, “dedicarse á prostitución”, “adiccións” e “enfermidade mental”. O resto dos problemas son menos frecuentes. (Xunta de Galicia, 2018, p.67). 2.3 Violencia de xénero en Galicia. “Todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada”. Así é definida pola ONU a violencia contra as mulleres, que ademais considera a violencia contra mulleres e nenas como unha das “violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual”. En Galicia, coa finalidade de combater este grave problema, aprobouse a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que garante ás mulleres unha asistencia sanitaria, xurídica, social e psicolóxica que debe ser integral, e prevé tamén a habilitación á Xunta de Galicia para lles establecer unha prestación económica ás mulleres que sofren violencia de xénero. Esta lei foi modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo, co obxectivo de incluír como forma de violencia de xénero a definición de trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual coherente coa do Código penal e as 51 definicións internacionais, e para garantir a incorporación desta forma de violencia de xénero como beneficiaria da axuda periódica. A lexislación tamén incorpora a obrigatoriedade do Goberno da Xunta de Galicia de emitir un informe anual sobre a situación da violencia de xénero de Galicia, que debe ser remitido ao Parlamento de Galicia. Sendo este o informe de síntese máis completo que se pode atopar para a nosa Comunidade autónoma, “Informe anual de seguimento da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero 2018”, será a referencia tida en conta para a elaboración desta sección, ademais doutras fontes estatísticas do IGE, INE ou o Ministerio. A través das fontes manexadas, analízanse os principais indicadores usados habitualmente para dar visibilidade á magnitude da violencia de xénero en Galicia: o número de chamadas ao 016, o número de usuarias do servizo telefónico de Atención e protección para vítimas de violencia de xénero (ATENPRO), o número de denuncias e o número de vítimas mortais. Número de chamadas ao 016 O servizo 016 de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero forma parte do Catálogo de medidas urxentes na loita contra a violencia de xénero aprobado en Consello de Ministros o 15 de decembro de 2006 e que foi posto en funcionamento o 3 de setembro de 2007. Nesta variable contabilízanse o número total de chamadas, non dispoñendo de datos (por razóns de confidencialidade) das persoas que chamaron máis dunha vez. O servizo púxose en marcha co obxectivo de facilitar información e asesoramento xurídico ás vítimas de violencia de xénero en todo o territorio español, con independencia do seu lugar de residencia. Gráfico 2.9 Evolución do número de chamadas ao servicio telefónico 016 GALICIA ESPAÑA 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 10.000 20.000 30.000 40.000 50.000 60.000 70.000 80.000 90.000 0 500 1.000 1.500 2.000 2.500 3.000 3.500 4.000 4.500 Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de violencia de xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España. O número de chamadas ao 016 en Galicia no ano 2018 acadou un total de 3.057, representando o 4,2% das que se produciron no conxunto do Estado. A súa evolución foi, tanto en Galicia como no conxunto español, dunha redución importante no ano 2012, pasando a aumentar as mesmas entre os anos 2013 e o 2016, e cunha tendencia á diminución nos últimos dous anos analizados. No conxunto do período, en Galicia redúcense en 43 as chamadas a este servizo (cunha variación media anual do -0,2%) mentres que en España aumentaron en 5.758, polo que a variación media anual foi do 1%. 52 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 2.5 Número de chamadas ao 016 en Galicia e España. 2010-2018 Número Taxas de variación anual % Galicia/ España España Galicia España Galicia 2010 67.696 3.100 4,6 2011 70.679 3.319 4,4 7,1 4,7 2012 55.810 2.556 -21,0 -23,0 4,6 2013 58.274 2.714 4,4 6,2 4,7 2014 68.651 2.901 17,8 6,9 4,2 2015 81.992 3.715 19,4 28,1 4,5 2016 85.318 4.033 4,1 8,6 4,7 2017 77.796 3.473 -8,8 -13,9 4,5 2018 73.454 3.057 -5,6 -12,0 4,2 2018-10 5.758 -43 tva 2018/10 1,0 -0,2 Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de violencia de xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España. 53 Datos do servizo ATENPRO O Servizo telefónico de Atención e protección para vítimas de violencia de xénero creouse para cubrir unha das medidas contempladas no Plan de medidas urxentes para a prevención da violencia de xénero, aprobado polo Consello de Ministros de 7 de maio de 2004, que establece a cobertura dun servizo de teleasistencia móbil para as vítimas de violencia de xénero que comeza a funcionar en decembro de 2005 e foi substituído polo actual ATENPRO dende o ano 2010. O servizo consiste en proporcionar ás vítimas de violencia de xénero, mediante a tecnoloxía axeitada, unha atención inmediata, ante as eventualidades que lles poidan sobrevir, durante as 24 horas do día, os 365 días do ano, sexa cal sexa o lugar no que se atopen. Este servizo pódeno solicitar as vítimas que cumpran unha serie de requisitos, como non convivir coa persoa ou persoas que lles someteron a malos tratos e participar nos programas de atención especializada para vítimas da violencia de xénero ofertados no seu territorio autonómico. Gráfico 2.10 Evolución do número de usuarias do servizo telefónico de Atención e protección para vítimas de violencia de xénero (ATENPRO) en Galicia e España. GALICIA ESPAÑA 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 2.000 4.000 6.000 8.000 10.000 12.000 14.000 16.000 0 100 200 300 400 500 600 Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de violencia de xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España. O número de usuarias do servizo ATENPRO en Galicia acadou as 534 no ano 2018, representando o 4% do conxunto do Estado. A evolución, no conxunto do período analizado, foi similar en Galicia e na media española, medrando o número de usuarias cunha variación media anual do 5,7% (190 usuarias máis) en Galicia e un 5,4% en España (4.559 usuarias máis). No gráfico anterior pódese observar como as traxectorias galega e española non coinciden, como no caso das chamadas ao 016. Nos dous primeiros anos da mostra, 2011 e 2012, prodúcense os maiores aumentos deste indicador en Galicia, 15 e 14%, mentres que en España no ano 2012 prodúcese unha diminución do mesmo. Nos anos 2013 e 2015 o crecemento do número de usuarias en Galicia é sensiblemente menor que na media estatal (1,5 fronte ao 11% e 0% fronte ao 3,7%) e no ano 2014 en Galicia decrece o número de usuarias (-5%) mentres que no conxunto español medra un 3,7%. No ano 2018, en Galicia decaen o número de usuarios nun -1,7% (despois da subida que tivo no ano anterior, 10%), a pesar de que no Estado o aumento é do 7%. 54 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 2.6 Número de usuarias do servizo telefónico de Atención e protección para vítimas de violencia de xénero (ATENPRO) en Galicia e España. 2010-2018 Número de usuarias Taxas de variación anual % Galicia/ España España Galicia España Galicia 2010 8.801 344 3,9 2011 9.912 396 12,6 15,1 4,0 2012 9.382 452 -5,3 14,1 4,8 2013 10.410 459 11,0 1,5 4,4 2014 10.473 436 0,6 -5,0 4,2 2015 10.861 436 3,7 0,0 4,0 2016 11.457 493 5,5 13,1 4,3 2017 12.452 543 8,7 10,1 4,4 2018 13.360 534 7,3 -1,7 4,0 2018-10 4.559 190 tva 2018/10 5,4 5,7 Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de violencia de xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España. Número de denuncias por violencia de xénero Nesta sección, recóllense as denuncias por violencia presentada pola vítima, ou familia, en xulgados ou policía, atestados policiais con denuncia da vítima ou familiares, atestados policiais con intervención directa, parte de lesións ou servizo de asistencia e terceiros, en xeral. Pode recoller, para unha vítima, máis dunha denuncia interposta independentemente da súa orixe. Gráfico 2.11 Evolución do número de denuncias, por millón de mulleres, por violencia de xénero en Galicia e España GALICIA ESPAÑA 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 1.000 2.000 3.000 4.000 5.000 6.000 7.000 8.000 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE. Datos das fontes dos Ministerios de Interior e Seguridade Social. 55 Atendendo o número de denuncias por violencia de xénero por cada millón de mulleres, en Galicia no ano 2018 producíronse 4.683, un 66,8% da media española (7.010). A evolución ao longo do período analizado é similar en ambos os casos con lixeiras diferenzas. Así, nos dous primeiros anos, descende o número de denuncias en ambos casos, sendo maiores as caídas no caso galego (-2,2% e -6,9% fronte ao -0,5% e -4,3%). Con todo, a partir do ano 2012 en Galicia o número de denuncias vai aumentando ano a ano, producíndose o maior aumento no ano 2017 (13,6%). En España tamén se produce o maior aumento nas denuncias nese ano, 15,5%, pero no ano 2018 as denuncias diminúen lixeiramente (-0,1%). No conxunto do período as denuncias en Galicia aumentan en 1.003, cunha variación media anual do 3,1%, sendo menor o aumento no conxunto do Estado (1.316 e un crecemento medio anual do 2,6%). Táboa 2.7 Número de denuncias, por millón de mulleres, por violencia de xénero en Galicia e España. 2010-2018 Por millón de mulleres Taxas de variación anual % Galicia/ España España Galicia España Galicia 2010 5.694 3.680 64,6 2011 5.663 3.600 -0,5 -2,2 63,6 2012 5.419 3.353 -4,3 -6,9 61,9 2013 5.279 3.639 -2,6 8,5 68,9 2014 5.367 3.681 1,7 1,2 68,6 2015 5.472 3.701 2,0 0,5 67,6 2016 6.071 4.054 10,9 9,5 66,8 2017 7.014 4.606 15,5 13,6 65,7 2018 7.010 4.683 -0,1 1,7 66,8 2018-10 1.316 1.003 tva 2018/10 2,6 3,1 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE. Datos das fontes dos ministerios de Interior e Seguridade Social. 56 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Número de vítimas mortais por violencia de xénero. Para rematar, analízanse as vítimas mortais por violencia de xénero nos termos da Ley orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de medidas de protección integral contra la violencia de género. A información refírese, polo tanto, a casos de mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas, e os datos baséanse nos correspondentes informes individualizados. Gráfico 2.12 Evolución no número de vítimas mortais por violencia de xénero, por millón de mulleres. Galicia e España GALICIA ESPAÑA 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 0 1 2 3 4 5 6 3,1 2,6 2,2 2,3 2,3 2,5 2,1 2,2 2 1,4 2,1 2,8 2,1 4,2 5,6 2,8 1,4 2,1 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE. Datos das fontes dos Ministerios de Interior e Seguridade Social. Os datos da evolución do número de vítimas mortais por violencia de xénero, por cada millón de mulleres, en Galicia foron desiguais ao longo do período, medrando dende o ano 2010 (1,4 vítimas por millón de mulleres) ata o ano 2015, ano negro (xunto co 2014) ao producirse na Comunidade autónoma 5,6 vítimas por cada millón de mulleres. Nos anos 2016 e 2017 o número de vítimas mortais vanse reducindo ata chegar ás 2,1 vítimas mortais por cada millón de mulleres, sendo o número de mortes en Galicia similar ao que aconteceu no conxunto de España. 57 Táboa 2.8 Número de vítimas mortais por violencia de xénero en Galicia e España. 2010-2018 Número Taxas de variación anual % Galicia/ España España Galicia España Galicia 2010 73 2 2,7 2011 62 3 -15,1 50,0 4,8 2012 52 4 -16,1 33,3 7,7 2013 54 3 3,8 -25,0 5,6 2014 55 6 1,9 100,0 10,9 2015 60 8 9,1 33,3 13,3 2016 49 4 -18,3 -50,0 8,2 2017 51 2 4,1 -50,0 3,9 2018 47 3 -7,8 50,0 6,4 Suma 2010-18 503 35 7,0 Fonte: Elaboración propia a partir do IGE. Datos das fontes dos Ministerios de Interior e Seguridade Social. En termos absolutos, no ano 2018 producíronse 3 mortes por violencia de xénero en Galicia e 47 en España, polo que o 6,4% do total de falecementos se produciron na nosa Comunidade autónoma. Os peores anos da serie, como xa se sinalou, corresponderon aos anos 2015 e 2014, ao morrer 6 e 8 mulleres en Galicia, representando o 10,9% e o 13,3% do total de mortes que se produciron no conxunto do Estado. Entre os anos 2010 e 2018 en España morreron 503 mulleres vítimas de violencia de xénero das cales o 7%, 35, fixérono en Galicia. Os esforzos para conseguir eliminar esta lacra da sociedade teñen, polo tanto, que continuar na axenda política dos gobernos nos distintos ámbitos da administración (estatal, autonómico e local). En Galicia, ademais, os datos apuntan a que é necesario incrementar os esforzos e recursos destinados a motivar a denuncia dos casos de violencia de xénero, ao producirse un menor número de denuncias e uso dos servizos de apoio que na media española, pero un maior número de vítimas mortais. 64 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Non se encontran diferenzas moi elevadas na apreciación sobre a situación residencial pasada e actual, tanto para os homes como para as mulleres e as mulleres vítimas de violencia de xénero, aínda que esas diferenzas son maiores no caso das mulleres. Así, no caso das mulleres que antes de ser usuarias do centro residían coa familia ou con amizades, o que se valorou cunha puntuación media de 2,9, pasa a unha valoración de 2,1 na situación residencial actual (e de 2,0 para as mulleres VVX), o que pode indicar que nos primeiros momentos as mulleres recorren aos seus vínculos de familia o amizade que cobren as súas necesidades de vivenda, pero por un tempo limitado. Porén, obsérvanse diferenzas claras entre homes e mulleres. Así, no caso dos homes, é habitual que vivisen na rúa, a valoración media é de 4,1 e de 3,8 para a residencia pasada e actual respectivamente. Séguelle cunha valoración de 3,8 e 3,9 a situación residencial de paso a outras cidades ou itinerante, e vivir nunha pensión ou hostal cun 3,3 e 3,1 de valoración media. No caso das mulleres as valoracións medias máis altas corresponden á residencia anterior en itinerancia e en pensión cun valor de 3,1, seguida de familia e amizade con 2,9, neste caso a valoración baixa a 2,0 para a residencia actual como xa se sinalou. No caso das mulleres VVX no seu conxunto, sen diferenciar se son usuarias dos centros da Rede VVX ou non, o máis habitual é que antes da chegada aos centros, vivisen con familiares ou amizades (2,9), pero tamén en pensións (2,4) ou na propia vivenda (2,4). Destaca que é máis habitual que as mulleres VVX residan en vivenda propia (2,2) que o conxunto das mulleres (1,6) e dos homes (1,6). Táboa 3.5 Situación residencial anterior e actual. Valoración media dos centros (1 nada habitual a 5 moi habitual) Homes Mulleres Mulleres VVX antes hoxe antes hoxe antes hoxe 1. Rúa 4,1 3,8 2,8 2,9 2,0 1,6 2. Institución réxime aberto 2,1 2,1 2,1 2,0 1,5 1,9 3. Itinerante 3,8 3,9 3,1 2,7 2,1 2,2 4. Familia/amizades 2,4 1,9 2,9 2,0 2,9 2,2 5. Pensión 3,3 3,1 3,1 2,7 2,4 2,3 6. Vivenda ocupada 2,6 2,7 2,1 2,1 1,6 1,4 7. Vivenda propia 1,6 1,6 1,7 1,6 2,4 2,2 Fonte: Elaboración propia. Na táboa seguinte preséntanse de forma diferenciada os casos das mulleres VVX segundo sexan usuarias ou non da Rede VVX. As diferenzas máis significativas corresponden á residencia en vivenda propia, o cal é moito máis habitual nas mulleres usuarias da Rede VVX (valoración 4 sobre 5) que no caso das mulleres usuarias de centros PSF (valoración 1,4 na situación actual). A residencia actual con familiares ou amizade é tamén máis habitual entre as mulleres atendidas nos centros da Rede VVX, que ademais se mantén ao longo do tempo pois as valoracións da situación anterior e actual son de 3,0 e 2,8, mentres que para o grupo de mulleres que non son da Rede VVX baixa a puntuación de 2,9 a 2,0. Pódese observar tamén que a situación itinerante é pouco habitual para as mulleres VVX atendidas en centros PSF (e nada habitual para as que si son da Rede VVX), sendo máis común que residan en pensións ou hostais. 65 Táboa 3.6 Situación residencial anterior e actual das mulleres VVX. Valoración media dos centros (1 nada habitual a 5 moi habitual) Non Rede Rede antes hoxe antes hoxe 1. Rúa 2,1 1,7 1,7 1,3 2. Institución réxime aberto 1,6 2,0 1,5 1,7 3. Itinerante 2,3 2,4 1,8 1,0 4. Familia/amizades 2,9 2,0 3,0 2,8 5. Pensión 2,5 2,7 1,5 1,0 6. Vivenda ocupada 1,5 1,4 2,0 1,0 7. Vivenda propia 1,9 1,4 4,0 4,0 Fonte: Elaboración propia. Servizos ofrecidos polos centros O 85% dos centros consultados (86,4% Centros PSF, 80% Centros da Rede VVX) traballan en rede con outros recursos de atención social tanto cos servizos sociais do concello coma co resto de axentes e entidades sociais, unidades de saúde, CIM, as forzas de seguridade do Estado, Administración e ONG, etc. (en cada caso indican as organizacións coas que se coordinan), e sinalan que manteñen contacto continuado coas entidades e levando un seguimento das persoas derivadas a outras entidades, especialmente en situacións de vulnerabilidade das mulleres. Na táboa seguinte preséntase a porcentaxe de centros polos servizos que ofertan, así como o peso dos centros segundo os servizos aos que derivan as persoas usuarias en caso de que non os oferten. Todos os centros consultados ofrecen servizos de valoración, orientación e información, pero non en todos os ámbitos polo que na metade dos casos derivan a outros servizos. Os resultados ofrécense para o total dos 27 centros consultados e tamén para o grupo de centros PSF. Non se incorporan á táboa todos os resultados para a Rede VVX debido ao escaso número de respostas, pero en todo caso é preciso sinalar que todos os centros da Rede VVX ofrecen servicios de asesoramento técnico especializado, atención social continuada, atención urxente, apoio á inclusión residencial e servizos específicos de atención ás mulleres. 66 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 3.7 Servizos ofrecidos polos centros e aos que derivan (%) Total centros Centros PSF Oferta Deriva Oferta Deriva Valoración, orientación e información 100,0 53,8 100,0 63,6 Asesoramento técnico especializado 87,0 68,8 83,3 71,4 Promoción da participación social 72,7 76,9 70,6 72,7 Cobertura da necesidade de alimento 88,9 50,0 90,9 50,0 Provisión de recursos básicos 84,6 64,3 85,7 66,7 Atención social continuada 84,0 80,0 80,0 84,6 Atención nocturna 48,1 66,7 40,9 69,2 Acollida básica 39,1 58,3 33,3 54,5 Atención na rúa 16,0 71,4 14,3 76,9 Atención urxente 64,0 87,5 55,0 86,7 Apoio á inclusión sociolaboral 81,5 82,4 81,8 80,0 Apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral 44,4 86,7 40,9 84,9 Formación adaptada 28,0 83,3 35,0 85,7 Apoio á inclusión residencial 63,0 75,0 54,5 81,8 Servizos do ámbito sanitario 20,8 95,0 26,3 93,8 Servizos de policía 0,0 85,0 0,0 87,5 Servizos específicos de atención ás mulleres 36,0 84,2 20,0 88,2 Fonte: Elaboración propia. En relación aos centros de atención social que non son da Rede VVX, o 91% deles ofrecen servizos de cobertura da necesidade de alimento, e máis dun 80% ofrecen asesoramento técnico especializado, provisión de recursos básicos, atención social continuada e apoio á inclusión sociolaboral. Estes servizos tamén son derivados a outros recursos en moitas ocasións. Os servizos de acollida básica son ofrecidos polo 33% dos centros PSF e un 54% derivan a outros recursos de acollida básica. Entre estes centros PSF, destaca tamén que ao redor da metade ofrecen servizos de atención urxente. Os servizos do ámbito sanitario son aos que máis son derivados polos centros consultados (un 94% dos centros non da Rede derivan este servizo), aínda que un 26% ofrecen servizos desta área. Por outro lado é destacable que o 20% destes centros ofrecen Servizos específicos de atención ás mulleres, e derivan este tipo de servizo un 88%. Obsérvase, a partir dos resultados da táboa precedente, que as opcións de derivar ou ofrecer un servizo non son excluíntes, pois pode darse o caso de que os centros ofrezan un servizo e, en caso de saturación, deriven as persoas demandantes a outros centros. Do mesmo xeito, hai centros que non ofertan certos servizos e carecen de información para podelos derivar a outros centros. Preguntouse tamén aos centros sobre os servizos aos que se derivan as mulleres, especificando o caso das mulleres sen fogar. As porcentaxes preséntanse na táboa seguinte, onde non se observan grandes diferenzas, sendo a máis sinalada que ás mulleres sen fogar deriváselles máis frecuentemente aos recursos de apoio á inclusión sociolaboral e aos de formación. 67 Táboa 3.8 Recursos aos que se derivan as usuarias (%) Mulleres Mulleres sen fogar Recursos de apoio á inclusión sociolaboral 77,8 81,5 Recursos de apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral 88,9 90,9 Formación adaptada/ formación para o emprego 81,5 84,7 Servizos de apoio á inclusión residencial ou recursos de acceso a vivenda 94,1 90,9 Servizos do ámbito sanitario 95,5 95,5 Servizos de policía 87,5 84,2 Fonte: Elaboración propia. Preguntouse ás persoas responsables dos centros sobre os servizos que ofrecen ás mulleres. Os centros consultados indican que os servizos se ofrecen igualmente para homes e mulleres, e achegan información específica. Nalgúns albergues indican que ademais ofrecen outros servizos como de atención continuada, asesoramento e orientación, hixiene e manutención, roupeiro, salón de peiteado, enfermaría, obradoiro prelaboral, grupo de inserción, centro de día, asistencia xurídica ou apoio psicolóxico. Os comedores sociais sinalan que tamén reparten comida a domicilio e ofrecen servizos de hixiene, nalgún caso roupeiro e dispoñen dunha traballadora social. Tamén nalgún caso ofrecen servizo de lavandaría, e actúan como centro de día. En ocasións desenvolven asesoramento, orientación e información sociolaboral sobre os recursos da cidade. Nos centros de acollida entrevistados quíxose sinalar que se ofrecen servizos de acollida e diagnóstico psicosocial, aloxamento e manutención, roupeiro e lavandaría, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral e a permanencia no mercado laboral, acompañamento social, adquisición e fortalecemento de capacidades persoais e sociais, e seguro de decesos. No caso particular dun centro de acollida sinaláronse moi polo miúdo os servizos que ofrecen: “Accións enfocadas ao acceso/exercicio de dereitos fundamentais. Actividades da vida diaria: organización da casa, control económico, seguridade no fogar, hixiene, coidados de saúde física e mental, alimentación.... Actividades de lecer na comunidade, favorecendo a inclusión social. Aloxamento e xestión e cobertura de necesidades básicas. Apoio psico-afectivo: cunha figura de apoio de referencia 24h presencial e/ ou telefonicamente (e whatsapp). Derivación e coordinación con outros servizos e recursos internos e externos. Entrevistas de seguimento e valoración do seu itinerario personalizado de inclusión. Orientación laboral e formativa, de cara á súa inserción laboral. Participación social: coñecemento da comunidade e dos seus recursos. Servizo de acompañamento ás persoas na súa transición cara unha vida autónoma. Traballo socioeducativo: comportamento prosocial e convivencia, asertividade, relacións sociais, habilidades sociais... Así, faise por un lado unha satisfacción de necesidades básicas (comida, hixiene, sentirse acompañado/a...), co propósito de traballar os ámbitos individuais e relacionais, estruturais e institucionais, na procura dunha inserción social e de continuidade co apoio posterior, favorecendo estratexias preventivas.” 68 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia E sinalan: “A primeira parte que hai que realizar é un diagnóstico social, para afrontar unha estratexia que se materializa nos itinerarios personalizados de inclusión (IPI), contando sempre como eixe e parte activa coa participante. As actividades, accións e actuacións para a consecución dos obxectivos en cada itinerario de inclusión, viran ao redor de cinco eixos ou áreas: persoal, saúde, social, ocupacional e desvinculación e seguimento. A acción non só é interna (psicolóxica, sanitaria, social, laboral, educativa...) senón tamén externa, sendo o traballo en rede con outras institucións absolutamente necesario. En todo o proceso están implicadas as participantes (a persoa como centro), e o resto dos axentes sociais e entidades ou administracións”. Nalgún centro da rede galega de acollemento sinalouse que ofrecen un servizo de inclusión integral con aloxamento e manutención, roupa, medicamentos, e dispoñen de educadoras e psicólogas. Ademais sinalan que ofrecen unha atención social integral, asesoría xurídica e psicolóxica. Perspectiva de xénero na oferta de servizos Os centros consultados responden que incorporan a perspectiva de xénero na formulación ou desenvolvemento dos servizos que ofertan nun 58% dos centros PSF e no 100% no caso dos centros da Rede VVX. Así mesmo, como sinalan dende un centro “temos a política de igualdade moi instaurada no noso ideario persoal e asociativo“. Queren deixar constancia, nos albergues, de que dispoñen de habitacións illadas das zonas dos homes; cuartos individuais e cuartos de baño específicos, kits de hixiene diferenciados e obradoiros específicos para as mulleres. Nos comedores sinálase que se dá prioridade ao acceso das mulleres a todos os servizos da entidade, especialmente daquelas mulleres en situación de rúa, e que se ofrece información específica a mulleres embarazadas ou nais de menores de idade sobre os recursos específicos para este colectivo. Un centro de acollida da rede PSF quixo facer especial fincapé na aplicación da perspectiva de xénero, así apuntan que: “Si, contémplase a perspectiva de xénero. Comezando por integrar dentro da súa programación accións encamiñadas a romper con mitos e estereotipos de xénero. Parte importante do traballo radica no uso dunha linguaxe inclusiva, non sexista, nin machista, no que se fomenta a igualdade de oportunidades no mundo laboral, afastándose dunha visión clásica da muller, que marcaba o xeito de relacionarse. Unha perspectiva que ten en conta os roles de xénero que intenta impor á sociedade e no que a cultura xoga un papel fundamental. Favorécense actividades nas que a muller é a protagonista, como partidos de fútbol sala feminino, achegando a temática deporte/muller. O reparto de tarefas do centro é equitativo e participan todos/as. O cine e os mass media son outra ferramenta que se emprega mediante a análise desta información”. 69 Da mesma forma, no caso da atención especial a mulleres vítimas de violencia de xénero, entre as persoas responsables dos centros da Rede VVX sinálase que: “Se ten en conta a situación de especial vulnerabilidade vivida polo feito de ser mulleres, engadida á situación de violencia vivida. Poténciase unha intervención que rache cos estereotipos de xénero, actuacións transversais educativas cos e coas menores para a eliminación das discriminacións por razón de sexo. Promoción da participación en actividades de loita contra a violencia de xénero. Uso non sexista da linguaxe”. Ademais dos servizos que ofertan a todas as persoas usuarias, un 75% dos centros PSF levan a cabo actuacións particulares cando se trata de mulleres sen fogar que ademais sofren ou sufriron violencia de xénero. Como se sinala por parte das persoas entrevistadas, a principal intervención educativa é darlles seguridade física e psicolóxica, traballando estratexias que lles permita recuperarse do impacto provocado pola violencia e dotalas de mecanismos persoais para que leven unha vida autónoma. Dáselles atención psicolóxica e orientación sobre servizos médicos, educativos e legais. Infórmaselles e derívaselles a recursos específicos sobre violencia de xénero ou recursos específicos para a procura de emprego e aloxamento. Tamén se aplica o protocolo para a valoración policial do nivel de risco de violencia de xénero. Xestión das necesidades das mulleres sen fogar Preguntóuselles ás persoas responsables dos centros como se xestiona o apoio ás mulleres usuarias que non teñen aloxamento alternativo á súa saída. En cada caso son orientadas a outros centros específicos ou servizos de inclusión, habitualmente en colaboración coas traballadoras sociais e os servizos sociais. En caso de mulleres vítimas de violencia de xénero derívase aos centros de información ás mulleres e/ou a casas de acollida. Ademais hai centros que ofrecen servizos como os de comedor, roupeiro, etc., así como seguimento das usuarias que finalizan a estancia sen alternativa. E se a muller é autónoma realízase nalgún caso un acompañamento na procura de vivenda, apoian economicamente ao aluguer dunha habitación nun piso compartido e apóiaselles no acceso a todo tipo de axudas ás que poidan ter dereito. Demanda dos servizos Preguntouse ás persoas responsables dos centros sobre os servizos ofrecidos e a súa percepción sobre o uso, valorando nunha escala de 1 a 5 o grao en que eses servizos son demandados por parte das mulleres VVX, as mulleres no seu conxunto e os homes. Os valores medios ofrécense na táboa seguinte, na que se pode ver que os servizos que teñen máis demanda para os tres grupos son os de valoración, orientación e información; cobertura da necesidade de alimento e provisión de recursos básicos e asesoramento técnico especializado, por encima do de atención nocturna. Teñen moita demanda a cobertura de necesidade de alimento e a provisión de recursos básicos, con valores por encima de 4 sobre 5. É destacable que o servizo de valoración, orientación e información é o mais demandado tanto por homes como por mulleres, e polas mulleres VVX, especialmente nos centros da Rede nos que tamén demandan moito a atención social continuada e en xeral os servizos específicos de atención ás mulleres. Os servizos específicos de atención a mulleres son moito máis demandados polas mulleres VVX (con valores de 3,6 nos centros PSF e 5 nos centros da Rede VVX) que polo conxunto das mulleres (valoración 70 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 2,7). Hai outras diferenzas claras no uso dos servizos: as mulleres VVX atendidas na Rede VVX demandan apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral (valoración 4,4) máis que as mulleres vítimas de violencia de xénero que non son da Rede VVX (3.1) e as mulleres no seu conxunto (3,0). Pola contra, o servizo de atención nocturna é máis demandado polos homes, as mulleres e as mulleres VVX que non son da Rede VVX. Ademais, as mulleres VVX son as que menos demandan os servizos de atención na rúa, que son máis demandados polos homes. Aínda que non se valora cunha puntuación elevada, o Servizo de policía é máis demandado polas mulleres, e especificamente polas mulleres VVX atendidas na Rede VVX. Táboa 3.9 Grao de uso dos servizos prestados (1 sen demanda a 5 demanda moi elevada) Mulleres VVX Homes Mulleres Centros PSF Rede VVX Valoración, orientación e información 4,7 4,6 4,4 5,0 Asesoramento técnico especializado 4,1 3,9 4,0 4,8 Promoción da participación social 2,8 2,8 2,9 3,2 Cobertura da necesidade de alimento 4,8 4,5 4,2 4,4 Provisión de recursos básicos 4,4 4,5 4,6 4,4 Atención social continuada 3,8 3,8 3,8 5,0 Atención nocturna 4,0 3,8 3,9 3,6 Atención na rúa 2,9 2,3 1,5 1,3 Atención urxente 3,3 3,3 2,6 3,0 Apoio á inclusión sociolaboral 3,7 3,6 3,0 4,2 Apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral 3,3 3,0 3,1 4,4 Formación adaptada 2,9 2,8 2,7 1,7 Apoio á inclusión residencial 3,6 3,5 3,3 3,2 Servizos do ámbito sanitario 3,0 2,9 3,0 3,4 Servizos de policía 2,0 2,1 2,3 2,8 Servizos específicos de atención ás mulleres 2,7 3,6 5,0 Fonte: Elaboración propia. Preguntouse aos centros se observan algún tipo de demanda específica por parte das mulleres sen fogar. A esta pregunta a resposta maioritaria é o acceso a un aloxamento estable e seguridade. Tamén produtos específicos de hixiene e coidado feminino (xampú e máscara de cabelo, secador e prancha de pelo, pinzas para depilar...), así como recursos específicos na área reprodutiva e sexual. Nalgún caso indícase que o primeiro que preguntan as mulleres ao chegar ao centro é se hai máis mulleres alí e se hai atención as 24 horas, pois buscan a seguridade e fuxir do medo. As respostas por parte dalgún responsable de comedor social indican que as mulleres prefiren levar a comida á súa habitación ou residencia que utilizar o servizo no propio comedor. 71 Factores de vulnerabilidade No panel de persoas expertas realizado para o Estudo sobre persoas sen fogar en Galicia do ano 2017, sinalouse que existen factores estruturais, institucionais, persoais e relacionais que poden determinar o senfogarismo. Nesta enquisa, preguntouse ás persoas responsables dos centros a súa valoración sobre a medida en que eses factores poden causar o senfogarismo feminino, e especificamente o senfogarismo entre as mulleres vítimas de violencia de xénero. Preséntanse a continuación as táboas que recollen as valoracións medias relativas a eses factores, dando unha puntuación de 1 se opinan que o factor non afecta nada e 5 se afecta moito. Os resultados ofrécense para o total dos centros, sexan ou non específicos para a atención a mulleres VVX, debido ao escaso número de respostas no caso dos centros da Rede VVX, aínda que se sinalan algunhas diferenzas significativas. En xeral, das respostas recibidas dos 27 centros consultados non se obteñen resultados moi dispares entre os dous grupos de mulleres, pero destacan as diferenzas seguintes: zNos factores estruturais, é menor a incidencia da escaseza de recursos económicos para as mulleres VVX (4,6) que para o conxunto das mulleres sen fogar (5). zOs factores institucionais determinan de forma semellante o senfogarismo entre os dous grupos de mulleres. Destaca que os problemas de cobertura de servizos teñen unha incidencia superior para o conxunto das mulleres que para as vítimas de violencia de xénero, e dentro destas, máis relevantes para as que non son usuarias da Rede. zO feito de ter unha discapacidade ou enfermidade de longa duración, é un factor persoal que ten un efecto superior para as mulleres no seu conxunto (3,8) que para as mulleres VVX. De forma similar, a situación itinerante, sen ter unha valoración alta, é un factor de carácter persoal que afecta máis ao senfogarismo das mulleres sen fogar (3,1) que ás vítimas de violencia de xénero (2,6). zEntre os factores relacionais, o illamento e a falta de apoios familiares son factores cruciais; este último é máis relevante para as mulleres que sofren violencia de xénero, para as que ademais as rupturas traumáticas e o feito de estar nunha contorna familiar con violencia de xénero afectan fortemente ao senfogarismo. A monoparentalidade ten un efecto máis forte para o conxunto das mulleres que para as vítimas de violencia de xénero. Respecto dos factores estruturais, presentados na táboa seguinte, todos eles son puntuados por encima de 3,5 sobre 5, o que indica que son bastante ou moi importantes como causas do senfogarismo. Destaca como principal variable a escaseza ou falta de recursos económicos, seguida do feito de estar desempregada, sendo algo máis baixas as puntuacións para o caso das mulleres vítimas de violencia de xénero. A falta de recursos habitacionais que para o conxunto de mulleres VVX ten unha valoración de 3,8, ten unha relevancia maior para as mulleres que non son atendidas pola Rede VVX (4,2) que para as usuarias da Rede VVX (2,6). A dificultade de acceso á vivenda e os problemas derivados do mercado inmobiliario é o factor estrutural que toma un valor máis elevado para as mulleres VVX, e neste ítem observouse que é un factor máis destacado para as mulleres que non son usuarias da Rede VVX (3,9) que para as usuarias da Rede VVX (3,2). Por outra parte, destaca que a problemática de falta de recursos adecuados a cada persoa ten unha relevancia maior (3,9) para as mulleres que non son usuarias da Rede VVX que para as da Rede VVX (3,0). De forma similar, os recortes nos servizos de atención sanitaria e de vivenda teñen unha repercusión maior para as mulleres que non son usuarias da Rede VVX (3,8) que para as usuarias da Rede VVX (2,6), e o mesmo sucede cos problemas derivados da inmigración (valoracións 3,9 e 3,2 respectivamente). 72 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 3.10 Factores estruturais. Valoración media Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX Desemprego ou desemprego prolongado 4,7 4,4 Escaseza ou falta de recursos económicos 5,0 4,6 Falta de oferta de recursos habitacionais 4,1 3,8 Falta de recursos adecuados a cada persoa 3,7 3,7 Procesos vinculados ao mercado inmobiliario, que dificultan o acceso á vivenda 3,6 3,7 Recortes nos servizos de atención, sanitario e de vivenda 3,6 3,6 Inmigración (con procesos e dificultades asociadas) 3,9 3,8 Fonte: Elaboración propia. Nos factores de carácter institucional, as puntuacións medias son similares, e un pouco máis baixas para o grupo de mulleres VVX. Os problemas de cobertura dos servizos supoñen o factor de maior relevancia, en opinión das persoas responsables dos centros, con valores de 3,8 para as mulleres sen fogar, e de 3,5 para o conxunto de mulleres sen fogar VVX (3,5), pero detéctanse diferenzas entre as mulleres VVX atendidas pola Rede VVX (2,8) e as que non o son (3,7). Táboa 3.11 Factores institucionais. Valoración media Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX Saída dunha institución sen un fogar ao que voltar (centros de protección de menores, penais...) 3,1 3,1 Problemas de cobertura dos servizos 3,8 3,5 Déficits de coordinación entre os servizos dos diferentes sistemas 3,0 3,0 Mecanismos inadecuados de asignación de determinados servizos ou prestacións 3,4 3,3 Fonte: Elaboración propia. A valoración sobre a relevancia no senfogarismo dos factores persoais preséntanse na táboa seguinte. De entre os factores persoais, destaca o feito de ter unha enfermidade mental, con valoracións por encima de 4, seguido dos trastornos adictivos e ter baixa cualificación. A discapacidade ou enfermidade de longa duración é unha causa claramente menos relevante para as mulleres vítimas de violencia de xénero, e menor se son usuarias da Rede VVX (2,6) que se non o son (3,3). O mesmo sucede coas situacións de itinerancia, minoría étnica ou transexualidade. 73 Táboa 3.12 Factores persoais. Valoración media Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX Discapacidade ou enfermidade de longa duración 3,9 3,1 Enfermidade mental, patoloxía dual 4,4 4,1 Trastornos adictivos 3,9 3,8 Situación de itinerancia 3,2 2,7 Baixa cualificación 3,8 3,5 Minoría étnica 3,1 2,6 Transexualidade 2,3 1,9 Fonte: Elaboración propia. Os factores relacionais resultan determinantes para o senfogarismo, sobre todo a falta de apoios familiares ou redes, con valoracións de 4,3 para as mulleres e 4,6 para as mulleres VVX, seguido do problema do illamento social da muller. Neste ítem obsérvase maior relevancia para as mulleres atendidas na Rede VVX (4,4) que para as que non son usuarias da Rede VVX (3,8). No caso das mulleres VVX son tamén moi relevantes tanto vivir nunha contorna con violencia de xénero como ter sufrido rupturas traumáticas de parella, ambos factores valorados con 3,9 e 4 puntos sobre 5, por encima dos casos das mulleres no seu conxunto, onde as puntuacións son de 3,3 e 3,6 respectivamente. Táboa 3.13 Factores relacionais. Valoración media Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX Monoparentalidade 3,7 3,1 Falta ou debilidade dos apoios familiares e/ou de redes 4,3 4,6 Rupturas traumáticas de parella 3,6 3,9 Soidade, illamento social da persoa 4,1 3,9 Entorno familiar con violencia de xénero 3,3 4,0 Fonte: Elaboración propia. Preguntadas as persoas responsables dos centros, case un 57% opina que habería que considerar algún outro factor entre os determinantes que preceden ou inciden nas situacións das mulleres sen fogar. Entre os factores sinalados, ademais de recalcar os problemas de índole económica e os factores familiares, como ter pouca rede familiar e de apoio ou proceder de familias desestruturadas, 80 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Perfil das mulleres sen fogar atendidas nos centros O perfil das mulleres que forman parte da mostra consultada é o dunha muller de 43,7 anos que, nunha porcentaxe elevada, é vítima de violencia de xénero, concretamente o 79,7% (51 das 64 mulleres) que accede a contestar a esa batería de preguntas (ver táboa seguinte). Destas 51 mulleres, 39 son usuarias de centros PSF. Táboa 4.2 Presencia da condición de vítima de violencia de xénero Vítima Violencia de Xénero (VVX) Frecuencias absolutas Frecuencias relativas si 51 79,7% non 13 20,3% Respostas válidas 64 100% Negáronse a contestar 8 - Fonte: Elaboración propia. O 23,5% das mulleres que afirmou que nalgún momento da súa vida sufriu violencia de xénero está sendo atendida nun centro da Rede VVX. Na seguinte táboa preséntanse os datos da media de idade e número de fillos e fillas menores de idade para toda a mostra e as submostras “mulleres sen fogar” e “mulleres VVX”, onde se aprecian diferenzas na media de fillos e fillas menores entre os dous grupos, superior entre o grupo de mulleres VVX. Táboa 4.3 Información de idade e fillos das mulleres consultadas (%) Total mulleres sen fogar Mulleres non VVX Mulleres VVX Idade 43,7 42,9 43,0 Nª fillos/as <18anos 1,2 0,7 1,2 Mulleres con fillos/as (%) 75,0 53,8 82,4 %mulleres con fillos/as <18anos (%) 66,6 69,8 50,0 Fonte: Elaboración propia. Así mesmo, na táboa anterior recóllese a seguinte información de interese: o 75% das mulleres consultadas son nais, se ben esta cifra sobe ata o 82,4% cando se trata de mulleres vítimas de violencia de xénero, e se sitúa nun 53,8% a porcentaxe de mulleres con fillos ou fillas no grupo de mulleres sen fogar non vítimas. A porcentaxe de mulleres con fillos ou fillas menores de idade ascende ao 66,6%. Se diferenciamos segundo a condición “ser vítima ou non de violencia de xénero”, atopamos que o 69,8% das mulleres VVX son nais de menores de idade fronte ao 50% do grupo de mulleres non VVX. Na seguinte táboa recóllese, para o conxunto da mostra, a orixe xeográfica das mulleres consultadas: máis da metade das mulleres naceu en territorio español (59,7%) e unha de cada 81 catro provén dalgún país latinoamericano. O 73,5% das mulleres dispón da nacionalidade española ou dalgún pais da UE. Táboa 4.4 Porcentaxe de mulleres sen fogar por orixe xeográfico (%) ORIXE España Resto de Europa América Outros 59,7 12,5 0,3 1,4 Fonte: Elaboración propia. Ao dividir a mostra segundo o criterio “usuarias ou non da Rede VVX”, as diferenzas de perfil entre os dous grupos nas variables idade e número de fillos ou fillas menores non son especialmente relevantes, se ben se observa que mentres que o 40,4% das usuarias de PSF afirma estar separada/divorciada, esta porcentaxe baixa á metade (20%) entre mulleres usuarias de centros da Rede VVX. Tamén se detecta unha maior presenza de mulleres con nacionalidade española ou da UE nos centros da Rede VVX. Por último, é de destacar a diferenza na porcentaxe de mulleres sen estudos ou con estudos básicos nun e noutro grupo (85,7 % no caso das mulleres usuarias de centros da Rede VVX fronte ao 60,7% de usuarias de centros PSF). Táboa 4.5 Perfil de mulleres usuarias segundo tipo de centro Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Idade 44,0 42,8 Nº fillos/as<18 anos 1,1 1,5 Estado civil: separada/divorciada 40,4% 20,0% Nivel de estudos: sen estudos ou básicos 60,7% 85,7% Nacionalidade española ou da UE 70,2% 86,7% Fonte: Elaboración propia. Sen embargo, cando se analiza o nivel de estudos segundo as mulleres sufriran ou non violencia de xénero independentemente do tipo de centro do que son usuarias, as diferenzas non parecen tan relevantes. Así, na seguinte táboa obsérvase que o 65,7% das mulleres consultadas, ou non ten estudos ou ten estudos básicos. Porcentaxes próximas presentan tanto as mulleres VVX (68%) como as non VVX (61,6%). Polo tanto, non se aprecian diferenzas significativas segundo sexan ou non VVX. Táboa 4.6 Información sobre o nivel de estudos acadados (%) Total mulleres sen fogar sen fogar non VVX Mulleres VVX Sen estudos 14,3 15,4 16,0 Estudos básicos 51,4 46,2 52,0 Estudos medios 21,4 15,4 22,2 Estudos superiores 12,9 23,1 11,1 Fonte: Elaboración propia. 82 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Centrándose na súa situación económico-laboral, cabe destacar que o 85,5% das mulleres consultadas afirma estar sen traballo e o 58% é demandante de emprego. Na seguinte táboa recóllense as porcentaxes segundo a condición de vítima ou non de violencia de xénero, observándose poucas diferenzas entre os dous grupos de mulleres. Táboa 4.7 Información sobre a situación laboral actual (%) Total mulleres sen fogar sen fogar non VVX Mulleres VVX Sen traballo e demanda emprego 58,0 61,5 58,3 Sen traballo e non demanda emprego 27,5 23,1 27,1 Traballo a tempo completo 1,4 0,0 2,1 Traballo a tempo parcial 11,6 15,4 10,4 Outros: excedencia 1,4 0,0 2,1 Fonte: Elaboración propia. Se ben hai poucas diferenzas segundo sexan ou non vítimas de violencia de xénero, estas fanse máis patentes cando comparamos a situación laboral segundo sexan ou non usuarias de centros da Rede VVX. Como se observa na seguinte táboa, destacan as maiores porcentaxes de mulleres usuarias de centros específicos que están traballando, ben sexa a tempo parcial ou a tempo completo. Pola contra, é maior a porcentaxe de mulleres sen traballo e demandante de emprego entre as mulleres usuarias de centros PSF (63% fronte ao 40%). A maioría dos postos de traballo que ocupan ou ocuparon as mulleres consultadas vincúlase a algún dos seguintes perfís: traballadoras domésticas, coidado de maiores e postos non especializados en hostalaría e restauración. No caso de mulleres usuarias de centros da Rede VVX, predominan os postos de traballos no sector da restauración. Táboa 4.8 Información sobre a situación laboral actual segundo tipo de centro (%) Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Sen traballo e demanda emprego 63,0 40,0 Sen traballo e non demanda emprego 27,8 26,7 Traballo a tempo completo 0,0 6,7 Traballo a tempo parcial 9,3 20,0 Outros: excedencia 0,0 6,7 Fonte: Elaboración propia. A situación económica que debuxan os datos reflíctese nas dúas táboas seguintes: algo máis do 40% non ten ningún tipo de ingresos, e case a metade (49,3%) dispón de ingresos inferiores a 500 euros ao mes e proveñen, principalmente, de prestacións, pensións (non de xubilación) ou axudas familiares. De feito, estas son as únicas fontes de ingresos para o 100% da submostra de mulleres sen fogar non VVX e de case o 90% das que sufriron violencia de xénero nalgún momento da súa vida. 83 Táboa 4.9 Información sobre o nivel de ingresos (%) Total mulleres sen fogar sen fogar non VVX Mulleres VVX Sen ingresos 43,3 50,0 43,8 Menos de 500 euros/mes 49,3 50,0 45,8 Máis de 500 euros/mes 6,9 0,0 10,4 Fonte: Elaboración propia. Táboa 4.10 Información sobre a fonte principal de ingresos (%) Total mulleres sen fogar sen fogar non VVX Mulleres VVX Rendas de traballo 17,8 28,6 18,2 Rendas propias 0,0 0,0 0,0 Aportacións de xente na rúa 4,4 0,0 6,1 Prestacións, pensións, axudas familia 71,1 71,4 69,7 Pensións de xubilación 2,2 0,0 3,0 Outros: prostitución 4,4 0,0 3,0 Fonte: Elaboración propia. De novo, as diferenzas son máis evidentes cando comparamos usuarias e non usuarias de centros da Rede VVX. Tal e como se recolle na seguinte táboa, case a metade (47,2%) das mulleres usuarias de centros PSF non dispón de ingresos mentres que esta porcentaxe se sitúa no 28,6% entre as mulleres usuarias de centros da Rede VVX. Na categoría superior de ingresos (máis de 500 euros) situouse o 21,4% das mulleres usuarias de centros da Rede VVX, e só un 3,8% de mulleres usuarias de centros PSF. Táboa 4.11 Información sobre o nivel de ingresos por tipo de centro (%) Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Sen ingresos 47,2 28,6 Menos de 500 euros/mes 49,1 50,0 Máis de 500 euros/mes 3,8 21,4 Fonte: Elaboración propia. 84 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Senfogarismo e violencia de xénero Como xa se sinalou, das 72 mulleres enquisadas, 64 contestaron á pregunta “algunha vez sufriu violencia de xénero?” e, destas, o 70,8% respondeu afirmativamente. A través dun conxunto de ítems recollidos na pregunta 23 do cuestionario (ver anexo II) foi posible cuantificar a intensidade na que as mulleres sufrían esta situación. A tal fin, calculouse, en primeiro lugar, o alfa de Cronbach, cuxo valor de 0,829 indica que a medida presenta unha alta fiabilidade interna. Procedeuse, en consecuencia, a calcular unha medida única para recoller o grao en que estaba presente a condición “vítima de violencia de xénero” (VVX). A interpretación da dita variable é a dunha escala de 5 puntos, onde o valor 1 indica ausencia de violencia de xénero e o 5 indica que a violencia de xénero exercida sobre a muller é moi alta. Segundo se pode observar na seguinte táboa, do conxunto de mulleres VVX, o 93,8% afirmou que esta violencia fora exercida pola súa parella. Un 31,3%, a maiores, sufriu violencia de xénero no seo da súa familia. Táboa 4.12 Fonte da violencia de xénero (%) Mulleres VVX Parella 62,5 Familia de orixe 2,1 Ambas (parella e familia de orixe) 31,3 Outros 4,2 Fonte: Elaboración propia. As dúas seguintes táboas conteñen información sobre a porcentaxe de mulleres que afirmou ter pedido axuda ante a dita situación, que acada o 64,4%. Cifra similar resultou a porcentaxe de mulleres que chegou a denuncialo (67,3%). Táboa 4.13 Petición de axuda ante situación de VX (%) Nalgunha ocasión pediu axuda? Mulleres VVX Non 35,6 Si 64,4 Fonte: Elaboración propia. Táboa 4.14 Denuncia da situación de VX (%) Denunciou? Mulleres VVX Non 32,7 Si 67,3 Fonte: Elaboración propia. 85 A relación entre a medida calculada “VVX” e as variables indicadoras da condición de ser vítima de violencia económica preséntase a continuación. A seguinte táboa recolle a relación entre “VVX” e o feito de que a muller fose obrigada ou non pola parella a deixar o traballo. As medias que presenta un e outro grupo son significativamente distintas (p<0,01), podéndose observar que as mulleres forzadas a deixar o traballo presentan un valor medio na variable “VVX” de 3,6 sobre 5, fronte ao 2,4 sobre 5 das mulleres que non se viron obrigadas a deixar o seu traballo. Táboa 4.15 Relación violencia económica (obrigar a non traballar) e grao VVX Obrigouna a non traballar? Media VVX Non 2,4 Si 3,6 P<0,01 Fonte: Elaboración propia. Cando se analiza a relación entre o grao en que a muller é vítima de violencia de xénero (VVX) e a persoa que achega os ingresos na unidade familiar, atópase que a violencia de xénero está asociada ao feito de que sexa unha soa a persoa que achega ingresos, ben sexa a muller (3,0) ou a parella (3,5). Cando son ambos os que colaboran na economía doméstica, o nivel de violencia de xénero é significativamente inferior (1,9). Táboa 4.16 Relación violencia económica (quen ingresa) e grao VVX Quen ingresaba os cartos na casa? Media VVX Parella 3,0 Muller VVX 3,5 Ambos 1,9 Varios 2,7 P<0,01 global (p<0.01 para os pares parella-ambos, mullerVVX-ambos) Fonte: Elaboración propia. De xeito similar, ao analizar conxuntamente o grao en que a muller é vítima de violencia de xénero (VVX) e en quen recae a responsabilidade de organización económica do fogar, obsérvase que a violencia de xénero está asociada ao feito de que sexa unha soa a persoa que realice as ditas tarefas do fogar; se ben cando é a muller a media de VVX é lixeiramente inferior a cando é a parella (2,9 fronte a 3,4), a dita diferenza non é estatisticamente significativa. Cando son ambos membros da parella os que participan na organización económica do fogar o nivel de violencia de xénero é significativamente inferior (1,9; p<0,05). 86 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 4.17 Relación violencia económica (quen organiza) e grao VVX Quen se encarga da organización económica do fogar? Media VVX Parella 2,9 Muller VVX 3,4 Ambos 1,9 Varios 2,5 P<0,05 global (p<0.05 para os pares parella-ambos, muller VVX-ambos) Fonte: Elaboración propia. Situación residencial Do total de mulleres sen fogar, máis da metade (53%) afirma estar vivindo en institucións de réxime aberto ou centros de acollida; un 25% atópase en situación de rúa e un 16% reside en vivendas ocupadas ilegalmente. Os datos relativos á situación residencial das mulleres, tanto no pasado como hoxe en día, segundo sexan ou non VVX, preséntanse na seguinte táboa. Faise evidente que nos dous grupos de mulleres as situacións residencias evolucionaron cara un maior uso das institucións en réxime aberto ou centros de acollida; tamén medrou a situación de mulleres na rúa e de mulleres que residen en vivendas ocupadas ilegalmente. Táboa 4.18 Información sobre a residencia das mulleres (%) ANTES AGORA Mulleres sen fogar Mulleres VVX Mulleres sen fogar Mulleres VVX En situación de rúa 15,4 13,7 30,0 21,6 Institucións réxime aberto/ centros acollida 7,7 17,6 15,4 50,0 Itinerantes, de paso (cidades, centros) 7,7 3,9 7,7 0,0 En vivendas de familiares, amizades (temporalmente) 30,8 17,6 0,0 3,9 Sen vivenda: pensións, hostais 7,7 9,8 7,7 3,9 En vivendas ocupadas ilegalmente 15,4 2,0 30,8 5,9 Na súa propia vivenda (propiedade ou aluguer) 23,1 21,4 15,4 15,7 Fonte: Elaboración propia. As mulleres consultadas apuntan a que non foi un só, senón varios, os motivos que as levou á súa actual situación residencial. Por orde de importancia cabe sinalar os seguintes: desemprego e escaseza de recursos económicos (37,5%), ser vítima de violencia de xénero (29,2%), adiccións (19,4%), ruptura afectiva (16,7%), enfermidade (13,9%) e situación administrativa irregular (9,7%). Tan só 2 mulleres expresaron que chegaran a esta situación de forma voluntaria. 87 Cando se fai a análise diferenciando entre mulleres vítimas ou non de violencia de xénero, as maiores diferenzas atópanse, como era de esperar, no motivo “ser vítima de violencia de xénero”; se ben o desemprego e a escaseza de recursos destacan como causas do senfogarismo en maior medida nas mulleres sen fogar non vítimas de violencia de xénero, tal e como se pode apreciar na seguinte táboa: Táboa 4.19 Información sobre os motivos de senfogarismo (%) Mulleres sen fogar Mulleres VVX Desemprego 61,5 36,0 Escaseza recursos económicos 53,8 33,3 Ruptura afectiva 7,7 21,6 Ser vítima de violencia no fogar 7,7 39,2 Adiccións (drogas/alcohol) 15,4 19,6 Enfermidade 15,4 13,7 Situación administrativa irregular 7,7 5,9 Por decisión voluntaria 0,0 3,9 Fonte: Elaboración propia. Uso e opinión dos servizos Se se afonda no uso que fan as mulleres dos recursos que se lles ofrece nos distintos centros da rede de atención a persoas sen fogar, cabe destacar o uso dos servizos sociais dos concellos, xa que a metade das mulleres consultadas recorreu a estes no último ano e o 31,9% utilizou estes servizos na última semana. Tamén presentan un uso elevado e frecuente o servizo de comedor, a rede de albergues e o servizo de roupeiro: todos eles están ao redor do 40% de uso, tanto no último ano como na última semana. Ao incorporar a esta análise a condición de ser ou non vítimas de violencia de xénero, atopamos que a frecuencia de uso destes servizos, se ben é bastante similar entre ambos os dous grupos (ver táboa seguinte), presenta lixeiras diferenzas na intensidade do uso dos servizos sociais do concello (traballador/a social), que é maior entre mulleres vítimas de violencia de xénero, pois o 56,9% destas recorreu a este servizo no último ano fronte ao 38,5% das mulleres non vítimas de violencia de xénero. Pola contra, mentres que case a metade das mulleres (46,2%) que non son vítimas de violencia de xénero utilizou o roupeiro no último ano, a demanda deste recurso por parte do grupo de mulleres vítimas de violencia de xénero situouse no 37,3%. 88 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 4.20 Información sobre uso de recursos (%) ÚLTIMA SEMANA ÚLTIMO ANO Mulleres sen fogar Mulleres VVX Mulleres sen fogar Mulleres VVX Albergue/centro de acollida 46,2 47,1 23,1 45,1 Comedores 61,5 49,0 38,5 47,1 Roupeiros 61,5 49,0 46,2 37,3 Centros de día 38,5 23,5 7,7 15,7 Baños públicos 38,5 23,5 30,8 25,5 Taller de inserción laboral 7,7 7,8 7,7 15,7 Pisos protexidos 0,0 3,9 0,0 5,9 Centros de noite 7,2 2,0 0,0 5,9 Servicios sociais do concello 61,5 27,5 38,5 56,9 Fonte: Elaboración propia. Na seguinte táboa preséntanse as porcentaxes de uso dos servizos agrupadas pola condición de ser ou non usuaria de centros da Rede VVX. Destaca o feito de que as mulleres usuarias de centros da Rede VVX presentan niveis de uso nulos ou moi residuais para os seguintes servizos: centros de día, baños públicos, obradoiros de inserción laboral e centros de noite. Sen embargo, ao analizar conxuntamente as dúas táboas anteriores obsérvase que todas as mulleres que usaron no último ano pisos protexidos e centros de noite eran mulleres vítimas de violencia de xénero. Táboa 4.21 Información sobre uso de recursos segundo tipo de centro (%) ÚLTIMA SEMANA ÚLTIMO ANO Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Albergue/centro de acollida 47,4 33,3 43,9 13,3 Comedores 59,6 6,7 49,1 13,3 Roupeiros 52,6 6,7 38,6 26,7 Centros de día 33,3 0,0 15,5 0,0 Baños públicos 31,6 0,0 29,8 0,0 Taller de inserción laboral 8,8 0,0 15,8 0,0 Pisos protexidos 1,8 13,3 5,3 0,0 Centros de noite 3,5 0,0 5,3 0,0 Servicios sociais do concello 35,1 20,0 49,1 53,3 Fonte: Elaboración propia. En canto á opinión que as usuarias teñen destes servizos, obsérvase unha valoración bastante positiva (4,2 sobre 5). De igual xeito, as mulleres consultadas consideran que, a través dos recursos que se lles ofrecen, as súas necesidades están bastante ben atendidas (4,1 sobre 5). 89 As valoracións medias para as submostras segundo a condición “vítima de violencia de xénero”, presenta lixeiras diferenzas, tal e como se aprecia na seguinte táboa: Táboa 4.22 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo VVX sen fogar non VVX Mulleres VVX Media valoración servizos/recursos 4,3 4,1 Media valoración atención necesidades 3,9 4,0 Fonte: Elaboración propia. Se se divide a mostra segundo a condición “española ou non española”, póñense en evidencia diferenzas significativas na valoración dos servizos, tanto na opinión sobre estes como no grao en que consideran que atenden as súas necesidades, de tal xeito que as mulleres españolas usuarias destes servizos presentan puntuacións máis baixas que as non españolas. Táboa 4.23 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo nacionalidade Non española Española Media valoración servizos/recursos 4,6 4,0 Media valoración atención necesidades 4,5 3,9 Fonte: Elaboración propia. A valoración que fan as mulleres usuarias de centros da Rede VVX dos servizos que reciben así como da atención das súas necesidades é moi alta. Tal e como se mostra na seguinte táboa, ambos os dous aspectos, nunha escala de 1 a 5 reciben, respectivamente, unha puntuación media de 4,4 e 4,7, superiores á valoración ofrecida polas mulleres usuarias de centros PSF. Táboa 4.24 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo tipo de centro Mulleres usuarias de Centros PSF Mulleres usuarias da Rede VVX Media valoración servizos/recursos 4,2 4,4 Media valoración atención necesidades 3,9 4,7 Fonte: Elaboración propia. Entre os comentarios que acompañan a estas valoracións cuantitativas dos servizos ofrecidos e da atención ás necesidades, as palabras que máis se repiten son “boa atención” e “apoio e cariño”. Se ben a maioría das opinións vertidas faise en positivo, tamén afloran comentarios nos que se demanda maior privacidade no uso dos servizos e recursos. No caso de mulleres usuarias de centros non específicos, o que máis botan en falta é recursos específicos para mulleres e espazos propios, separados dos homes. Argumentan motivos de seguridade e incluso sinalan que compartir espazos pode chegar a xerar situacións intimidatorias para as mulleres. 96 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Aínda temos moito que facer e que mellorar 5.3 Sobre a coordinación e a atención integral Nun comedor social indicáronnos que non reciben información (pola protección de datos) sobre a situación das mulleres que chegan alí (se, por exemplo, son VVX ou se teñen adiccións), polo que non poden prestarlles unha atención algo máis personalizada. Pensa que os diferentes servizos funcionan coa suficiente coordinación? De non ser así, como mellorar o seu funcionamento? Non sempre hai coordinación e, aínda que a haxa, pode mellorarse. A coordinación acaba dependendo, con frecuencia, do propio estilo da entidade ou do persoal técnico. Ademais, pode verse dificultada pola protección de datos. E, ás veces, duplícanse os recursos. Accións necesarias. Un dos instrumentos importantes para mellorar a coordinación é a Historia social única ou a xanela única. Tamén se menciona a solicitude de autorización á persoa afectada para o tratamento dos datos, o que permitiría que persoal técnico puidese intercambiarse información, sempre desde o ámbito profesional e coa confidencialidade precisa. Igualmente axudaría contar cun diagnóstico previo por parte da Administración, de xeito que non teñan que ser as propias entidades as que decidan que tempo ou que tipo de atención debe darse ás persoas. Desde unha perspectiva máis ampla, proponse deixar de pensar no termo de coordinación para pensar na intervención en rede e na creación de espazos de análise de casos, coa participación de, como mínimo, un o unha profesional responsable de cada entidade. Habería que ter en conta que traballar en rede é traballar de forma colaborativa, construír co outro, non só prácticas senón significados e sentido da intervención. Vai moito mais alá da coordinación. Isto tamén implica pensar en rede e realizar protocolos de derivación adecuados ás novas necesidades, canles de comunicación e información seguros. Ningún problema ou situación de sufrimento pode ser abordable desde unha única organización, ou desde un sistema (saúde, educación, servizos sociais, protección á infancia...). Por outra banda, deberían evitarse duplicidades e solapamentos, os servizos non deberían competir polos recursos públicos senón complementarse. Ademais, debería proporcionarse unha formación básica en materia de igualdade e de violencia de xénero a todo o colectivo de profesionais que traballan en servizos sociais. Pensa que se está a dar unha atención integral que permita ás mulleres recuperar a súa autonomía? Depende de cada recurso. Non todos os recursos traballan desde unha óptica integral. Os comedores e os albergues deben ser só para casos de emerxencia. Estes recursos teñen tempos breves, horarios... que non permiten recuperar a autonomía. Nos casos de VVX tamén teñen unha temporalidade de 3 a 6 meses, o que engade estrés á situación na que xa están. Non é que teñan que ser servizos permanentes pero si adaptados ás persoas e ao tempo que lles custa recuperarse. Debe mellorarse a coordinación 97 é preciso profesionalizar os servizos e recursos A recuperación das mulleres VVX supón non só a desaparición da violencia da súa vida, senón a reconstrución da súa vida persoal e social con liberdade, independencia e calidade. Estas mulleres deben emprender numerosas accións, como axentes activos do seu proceso de recuperación; accións que supoñan o seu empoderamento, encamiñadas a que decidan por elas mesmas, a que aumenten a súa autoestima e benestar psicolóxico, a que se autoafirmen e recompoñan as súas redes sociais, a que se coiden e volvan a quererse. Aínda temos moito que facer e que mellorar. Para poder dar unha atención totalmente integral, precísanse recursos de aloxamento específicos para mulleres e poder adaptar o resto de recursos coa perspectiva de xénero. É a protección de datos un problema que dificulta a atención integral? Nalgúns casos, si. As persoas que acoden a diferentes recursos teñen que repetir a súa historia. Ademais, se un recurso detecta un caso de violencia de xénero e se comunica, pasa un tempo, ata que entra na rede, no que non están atendidas. Non obstante, a protección de datos non debería ser unha dificultade se houbese unha coordinación efectiva. Facilitaría a asistencia dispoñer de protocolos? Si, son necesarios. Os que existen semella que funcionan ben. Os protocolos axudarían a que en cada recurso se estivese pendente de interpretar os sinais de alerta e se tivesen claras as accións máis urxentes que se deberían realizar nesas situacións; por exemplo, saber como actuar ante a chegada de mulleres con menores. Axudarían á coordinación constante entre todo persoal técnico, os servizos sociais e os sanitarios. Facilitarían a xestión se simplificarían as condicións documentais de acceso aos recursos. As persoas están cansas de entregar documentación en todos os recursos aos que acceden. Agora ben, os protocolos non poden ser excesivamente ríxidos, xa que coas persoas hai que ser flexibles. Non se pode tratar igual a todas as persoas e uniformar. Os protocolos deben tender a facilitar o acceso e non a poñer trabas porque non se dispón dun papel ou non se presenta a tempo. Aténdese adecuadamente ás mulleres sen fogar con múltiples problemas (saúde mental, adiccións, discapacidade, enfermidade de longa duración, VVX...)? Que medidas habería que adoptar para mellorar a súa atención? Intenta dárselles unha atención integral pero é difícil porque non hai unha coordinación axeitada. Tende a estandarizarse. Os prazos, os horarios... dos recursos ás veces imposibilitan ou demoran as intervencións. En ocasións, falta tanto información como formación sobre eses problemas específicos. A isto engádese que, 98 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Os recursos deberían dispoñer dunha guía realista Mellorar a autoestima das persoas no ámbito da saúde, hai moitas veces un descoñecemento dos recursos. Ademais, o acceso ao sistema de saúde vese dificultado polos requisitos burocráticos, xa que é preciso empadroarse, e, mentres tanto, as persoas quedan sen atender. Tamén é complicado o seguimento das enfermidades e dos tratamentos, sobre todo en persoas en situación de rúa. Accións necesarias. É indispensable unha axeitada coordinación. Debería haber un técnico ou técnica de referencia para cada caso, que coordinase os servizos e liderase a atención prestada, que escoitase a persoa usuaria e lle fixese un seguimento. Son tamén necesarios protocolos. Ademais, debería contarse con prazas de longo recorrido, para que poidan solucionarse os distintos procesos das persoas. Así mesmo, é preciso profesionalizar os servizos e recursos, que non dependan tanto do voluntariado. Sería útil que todos os centros dispuxesen dunha guía con todos os servizos dispoñibles para a atención, polo menos os da mesma provincia? Por suposto. Deberían ter todos os recursos unha guía coa listaxe dos servizos, teléfono e persoa de contacto, e estar esta guía totalmente accesible e fácil de consultar no mesmo momento da chegada dunha persoa usuaria. Agora ben, a guía debería ser realista. Ás veces sinálanse ofrecementos de servizos pero non como se presta o servizo, a súa calidade e cantidade, é dicir, non se explica como se cobre a demanda. 5.4 Inclusión laboral Como se traballa a empregabilidade das persoas sen fogar? Desde os recursos de atención a persoas sen fogar non podemos pretender traballar na empregabilidade cando hai carencias persoais e materiais básicas. As persoas sen fogar, en xeral, presentan falta de habilidades, de rutinas... que teñen que recuperar ou adquirir. Hai que traballar habilidades prelaborais. Non se debe poñer como obxectivo inicial o acceso ao emprego, xa que este non é o “solucionador” de todas as dificultades e, en ocasións, se lles presiona con acceder a un emprego cando, no caso de que o consigan, posiblemente non o poderán manter polos déficits competenciais que presentan (limitadas habilidades sociais, escasos hábitos de cumprimento, dificultades para organizar a hixiene persoal se están na rúa, etc.). Tamén estar nun albergue estigmatiza moito de cara a obter un emprego, ao que cabe engadir o problema dos horarios, ao ter que volver ao albergue a unha hora anterior á de finalización do horario laboral. Propostas. O proceso sería o seguinte: 1) Cubrir as necesidades básicas. A vivenda é fundamental, é o primeiro factor; 2) Acompañamento no proceso de reinserción; 3) Formación prelaboral; 4) Alternativas residenciais (pisos de tránsito, vivenda social...); 5) A inclusión laboral debe ser o último punto deste proceso. 99 É importante contar con medidas específicas para mulleres Habería tamén que fomentar os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral. En todo ese proceso é moi importante un enfoque motivacional, mellorar a autoestima das persoas. Son persoas con maior desmotivación, descoñecedoras, en moitos casos, do mercado laboral, e que precisan cubrir a súa sensación de sentirse válidos de cara á sociedade. É imprescindible realizar unha valoración das súas capacidades reais para coñecer o que se pode esperar delas á hora de traballar a inclusión no mundo laboral; moitas persoas teñen habilidades non conscientes para elas que descobren durante este primeiro momento e que lles facilita o camiño de cara á inclusión laboral. Consiste nun traballo extenso de motivación mediante obradoiros de empoderamento e mellora da súa empregabilidade. Xunto ás medidas de carácter xeral, deberían existir algunhas específicas para as mulleres? Cales? É importante contar con medidas específicas para mulleres. As mulleres téñeno dobremente difícil: traballos de baixa cualificación, en negro... As persoas empregadoras sábeno e explotan a situación das mulleres ofrecendo peores condicións. Un factor adicional que dificulta o acceso destas mulleres ao traballo é o desgaste emocional que traen consigo cando están superando, ou pasaron, por procesos de violencia de xénero. No programa de Emprego da Cruz Vermella incorpórase un programa específico para mulleres. Moitas acoden directamente antes de chegar a ningún recurso específico como persoa sen fogar, é dicir, a súa demanda principal é a busca de emprego, e nalgún caso son derivadas cando expresan a súa realidade. Trátase de mulleres con familias monoparentais, unha gran parte delas demandantes de primeiro traballo e con experiencia en traballos non regulados (coidadoras familiares, empregadas do fogar, internas...). As persoas responsables deste programa de Emprego tamén destacan un cambio de perfil profesional, mulleres inmigrantes con formación e experiencia no país de orixe pero sen títulos homologados para exercer en España. Pensan que é necesario este programa de mulleres porque hai ocupacións específicas para elas que lles poden facilitar a entrada no mundo laboral e sinalan que requiren menos formación, xa que son actividades que requiren capacidades que son máis sinxelas de adquirir para elas. Accións necesarias. Hai que empoderar as mulleres, traballar na creación de emprego desde as súas necesidades, facilitar a conciliación laboral se hai menores a cargo, facilitar o acceso a cualificacións non tradicionalmente femininas e apoiar/subvencionar o acceso das mulleres a empregos non feminizados. 100 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia En que porcentaxe (aproximado) cree que é posible acadar a inclusión laboral das mulleres sen fogar? Moi baixo, case nulo, se son mulleres en situación de rúa. Para mulleres que teñen estabilidade (persoal, económica, residencial...) e unhas habilidades sociais máis desenvolvidas, as posibilidades de lograr un traballo son algo maiores. Como xa se comentou, son moitos os problemas que dificultan o acceso das mulleres a un posto de traballo. Agora ben, independentemente de todos estes factores que obstaculizan a inclusión laboral das mulleres, os datos facilitados polos responsables do programa de Emprego de Cruz Vermella con respecto a este ano 2019 din que, do total das inclusións laborais conseguidas, un 61% é de mulleres; evidentemente non todas parten dunha situación de exclusión social tan difícil como a que se está a tratar neste estudo, pero un número relevante delas entra dentro do perfil. Isto pode traer consigo unha posible conclusión, xa que, pese ás dificultades iniciais que estas mulleres poidan presentar, quizá son máis capaces, en comparación cos homes con situacións parecidas, en saír e superar certas circunstancias. 5.5 Relación entre senfogarismo e violencia de xénero O senfogarismo causa violencia de xénero? Por suposto que si, pode incrementarse a violencia de xénero pola situación de vulnerabilidade. As mulleres son obxecto de agresións sexuais e vítimas de intercambio de favores. Mulleres que están co home para realizar as tarefas do fogar e ser obxecto sexual. As mulleres con adiccións tamén se expoñen a intercambiar droga por sexo. Hai agresións sexuais e doutro tipo que non se coñecen (nin nos servizos sociais). Hai un mundo oculto que non coñecemos. As mulleres atendidas sofren abusos, manteñen relacións tóxicas e, con moita frecuencia, afianzan a relación de dependencia co seu agresor. Debido á falta de recursos para a muller e a pouca seguridade dos existentes, as mulleres están desprotexidas e vulnerables; a miúdo é este o motivo polo que abandonan a intervención nos recursos e acaban na rúa. Isto non fai máis que expoñelas a unha situación de maior desprotección. En moitas ocasións, as mulleres buscan a parella masculina como figura de amparo ante outros posibles agresores. O medo fai que se arrimen a un compañeiro, a un home, para sentirse protexidas. Este adoita ser o inicio dunha situación de baixa autoestima, culpabilidade, falta de medios económicos, xa que, frecuentemente, a persoa que nun principio a protexía acaba sendo o seu principal perigo. Pode incrementarse a violencia de xénero pola situación de vulnerabilidade 101 As mulleres VVX poden perder as súas redes de seguridade e chegar a verse sen fogar Os recursos específicos non son suficientes A violencia de xénero causa senfogarismo? Por suposto. As mulleres VVX poden perder as súas redes de seguridade e chegar a verse sen fogar. Poden quedar sen fogar por distintos motivos: ou ben o medo lles impide continuar no seu fogar, ou a situación económica non lles permite quedar nel. A posición de inferioridade con respecto ao home na que se pode encontrar a muller VVX provoca que a súa situación persoal desemboque na perda da propia vivenda e das rendas do seu proxecto vital. Ademais, cando á violencia de xénero súmanse outros problemas como senfogarismo, inestabilidade residencial, adiccións ou problemas de saúde mental, a situación destas mulleres agrávase. Os recursos da rede de protección a mulleres vítimas de violencia de xénero non están preparados para dar resposta a aquelas que arrastran múltiples problemas, tendo estas, grandes dificultades de adaptación ao sistema. Isto leva a que se acabe situando o problema da inadaptación na muller, contribuíndo a unha vitimización múltiple da súa situación. Ante este tipo de circunstancias, o propio sistema de protección deriva o asunto aos servizos sociais ao considerar erroneamente que é competencia deles, favorecendo así a expulsión das mulleres da rede de apoio ás vítimas de violencia. Non debería ser así porque, cando unha muller é vítima de violencia de xénero, debería priorizarse por enriba de todo a protección e a atención a esta situación tan extrema e vulnerable. Nas entrevistas se indica que as mulleres VVX teñen que acudir nalgúns casos a albergues, o que incrementa a súa vulnerabilidade. Son suficientes e adecuados os servizos para atender ás mulleres VVX? Os recursos específicos non son suficientes polo que, en ocasións, vense esgotados e hai que recorrer a recursos máis de emerxencia. As mulleres VVX deberían ser sempre atendidas directamente polos recursos específicos sen pasar por outros, como os albergues, onde os problemas poden agravarse. Ademais, moitos dos recursos dispoñibles non están adaptados aos novos perfís e non están preparados para atender a VVX que teñen outros problemas asociados. É o sistema o que tería que adaptarse á situación das persoas de xeito individualizado. Hai, así mesmo, un problema de tempos, xa que á saída do recurso tería que contarse con máis tempo de acompañamento, labor que debería ser levado a cabo polos servizos especializados para as mulleres VVX (casa de acollida, atención psicolóxica, atención xurídica, atención social e sociolaboral). Ou que haxa unha coordinación máis estreita. Por outra banda, tamén debería haber pisos aos que puidesen acceder mulleres vítimas aínda que non denuncien. Cando as mulleres non presentan denuncia poden verse fóra da rede de protección. 102 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 5.6 Acceso á vivenda Nas entrevistas se recolle que cada vez son máis as dificultades para acceder a unha vivenda, especialmente no caso das mulleres VVX nais. Aínda que existan axudas, son cada vez máis esixentes os requisitos que impoñen os arrendadores (ter antigüidade no traballo, ou nómina que triplique o prezo do aluguer...). Que solucións poden darse a este problema? Accións necesarias: zÉ necesaria unha acción urxente en vivenda social; crear unha tipoloxía de vivenda social específica para persoas sen fogar e, neste caso, para mulleres VVX, con requisitos flexibles e adaptados ás súas necesidades. zAcompañamento ás mulleres para mitigar os receos dos propietarios ao aluguer. Formación específica de mediadores/as con capacidade de intervir nestes casos. zManter as axudas ao aluguer, poder garantir ao arrendador ou arrendadora que vai cobrar porque a muller conta con axudas a longo prazo. zUnha política para controlar os prezos do aluguer; estamos agora a replicar o problema pasado cos prezos da vivenda (compra-crise) nos prezos do aluguer. zDeseño de políticas de vivenda a longo prazo que dean estabilidade ao mercado. Unha política que diferencie a vivenda libre, a asequible e a social. Contar coa opinión dos axentes sociais para lexislar. Que modalidade de acceso á vivenda ou recurso residencial (housing first, vivenda de inserción, centro de acollida básica...) considera máis adecuado? Todos son axeitados sempre que estean adaptados á situación de cada persoa. Canto maior sexa o abano de posibilidades, mellor poderemos afrontar o problema do senfogarismo. Os albergues e centros de emerxencia deben ser para casos puntuais e logo debe pasarse a recursos intermedios que permitan o acceso á vivenda, traballando desde o enfoque de que todas as persoas teñen dereito a unha. O importante é valorar e deseñar un proxecto personalizado coa persoa, sempre contando coa súa opinión, posto que ela será a que mellor poderá ir marcando o ritmo nos seus avances. Cada persoa só por ser diferente ten dereito a dispoñer dos recursos máis adaptados a cada situación e ao momento no que se atopa. Temos que intentar evitar as intervencións estandarizadas e promover un enfoque baseado nas necesidades, expectativas, capacidades e preferencias de cada persoa atendida; resulta esencial desde o punto de vista das desigualdades de xénero e permite ter en conta as circunstancias específicas das mulleres atendidas. Tamén temos que ter en conta a importancia de intervir e realizar accións para integrar a persoa na propia comunidade da maneira máis axeitada. 103 5.7 Solucións ao senfogarismo Cara onde debería enfocarse a solución ao senfogarismo? Propoña, ademais, 3 medidas que considere prioritarias Entrevistada 1 1) O senfogarismo é a consecuencia de moitos problemas. Ás veces conseguimos que as persoas teñan uns mínimos ingresos e unha vivenda e sucede que botan todo atrás. É aí onde hai que traballar, que as persoas recuperen as redes de apoio, paliar a soidade. 2) No rural hai moita xente maior necesitada de axuda e podería haber programas de acompañamento que xeren vínculos de unión que dean resposta ás necesidades das dúas partes. Nas cidades tamén ocorre o mesmo, aínda que hai máis recursos de apoio ás persoas maiores. 3) Xerar un parque de vivenda social e recursos que se adapten ás necesidades que se van detectando. Entrevistada 2 1) Incidir na prevención, anticiparse á situación do senfogarismo. Se finalmente se chega a esa situación, que se estea nela o menor tempo posible para que non se faga crónica. 2) Medidas que dean acceso á vivenda. 3) Acompañamento social: máis recursos para o acompañamento. Entrevistada 3 O senfogarismo no punto no que se encontra ten que enfocarse principalmente na prevención, de maneira que sexa posible anticiparse á perda do fogar e ás situacións de rúa; prestar especial énfase nas estratexias selectivas orientadas aos colectivos que están en maior risco. Temos que ser capaces de detectar nas súas fases iniciais os procesos graves de exclusión susceptibles de derivar en situacións de senfogarismo, e intervir de forma proactiva en tales situacións. O que temos que ter en conta é que erradicar o senfogarismo non pode significar criminalizar as persoas sen fogar ou realizar xuízos sobre a súa situación. É necesario avanzar cara políticas estratéxicas deseñadas a longo prazo. Significa investir tempo e recursos en solucións duradeiras, alternativas reais e personalizadas. Non só hai que evitar entradas no senfogarismo, tamén hai que garantir saídas sostibles desa situación. As tres medidas que penso poden ser prioritarias desde a miña visión son: 1) A creación e mellora dos servizos dirixidos a persoas sen fogar. 2) A intervención en rede. 3) O acceso a vivendas asequibles. 104 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Entrevistada 4 1) Vivenda. 2) Acompañamento ás persoas, atención centrada na persoa. É importante nas persoas con necesidades severas, persoas con moito deterioro persoal. 3) É fundamental a formación dos e das profesionais e realizar unha revisión autocrítica do modelo de atención. O tema da xanela única é fundamental. Ser capaces de dar respostas rápidas e inmediatas que axuden a combater a cronificación, a conter a deterioración e ao establecemento dun vínculo cun/cunha profesional de referencia como paso previo ao desenvolvemento dun itinerario de inclusión. O sistema non trata ben ás persoas; temos que facilitarlles os trámites, non complicarlles a vida. Requírese unha atención personalizada. Entrevistada 5 Non se rexistrou resposta 5.8 Análise DAFO da atención ao senfogarismo feminino e a súa vinculación coa violencia de xénero Debilidades zContinuar co que temos, sen ser capaces de adaptarnos. Non pararnos a estudar o que funciona ou non e seguir apagando lumes no día a día. Hai que escoitar as persoas. zEscaseza de recursos de acollida e gran número de persoas sen fogar. zAta o de agora apenas se coñecía esta realidade; hai poucos estudos ao respecto. zRecursos non adaptados ás necesidades das mulleres. Falta de adaptabilidade das condicións dos propios centros con respecto ao que se refire á perspectiva de xénero e á necesidade de seguridade e intimidade. zPoucas alternativas para mulleres con menores. zDescoñecemento por parte das mulleres dos recursos e/ou medo a utilizalos. zPouca formación dos axentes implicados, principalmente nos aspectos relativos á violencia de xénero. zFalta de recursos e medios que non dependen directamente da nosa xestión. zOs servizos non teñen en conta suficientemente as necesidades de relacións persoais, a busca da felicidade. zHai recursos pero hai que mellorar a organización para optimizar a eficacia das intervencións. 105 Ameazas zObsérvanse cambios importantes e estanse a incrementar os perfís distintos dos que tiñamos ata agora, como familias en situacións de senfogar, para os que non existe un recurso axeitado. Hai que traballar máis na prevención. zIncremento do número de mulleres en situación de senfogar. zDificultades para o acceso á vivenda: alugueres moi altos ou con moitos requisitos, pensións non adaptadas a menores. zTemporalidade dos recursos, pouco acompañamento á saída deste zQue ante a escaseza de recursos de acollida, aumente o número de persoas en situación de rúa. zA Lei de protección de datos dificulta a coordinación. zCambios políticos e na lexislación que poden supoñer sobrecustos que hai que considerar como riscos. zSe o mercado laboral empeora, fanse visíbeis as persoas que, aínda que traballaban, arrastraban problemas persoais; pero, como consecuencia, deixan de visibilizarse as que estaban en situación crónica sen fogar, que pasan a un segundo plano. zA sociedade actual dificulta as redes persoais. Atopámonos con persoas soas e cuxos vínculos son con persoas cos mesmos problemas. zO discurso do odio está instalado non só fronte aos estranxeiros senón tamén cara ás persoas que viven na rúa. Hai unha gran deshumanización das relacións sociais. Fortalezas zA especial sensibilidade do persoal deste campo. Ser conscientes de que se traballa para as persoas. zDispoñer de persoal profesional, capaz de realizar o traballo con obxectivos claros, con experiencia na intervención coas persoas sen fogar e a relación de empatía e confianza creada coas persoas atendidas. zA experiencia e o coñecemento acumulados polos anos de intervención e polo estudo das necesidades das persoas sen fogar. zMaior preocupación por parte da Administración por coñecer esta realidade. Nótase a escoita da Administración. zEmpezan a facerse estudos sobre muller e senfogarismo. Empeza a visibilizarse nas diferentes campañas o rostro de muller. zMaior consciencia de que somos pezas do mesmo engrenaxe e que hai que traballar en coordinación. zNalgunhas entidades, dispoñen xa de programas específicos para as mulleres. 112 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Os factores relacionais (Monoparentalidade; falta ou debilidade dos apoios familiares e/ou de redes; rupturas traumáticas de parella; soidade, illamento social da persoa; contorna familiar con violencia de xénero) resultan determinantes para o senfogarismo, sobre todo a falta de apoios familiares ou redes, seguido do problema do illamento social da muller En xeral, non se obteñen resultados moi dispares entre os dous grupos de mulleres, pero destacan as diferenzas seguintes: zNos factores estruturais é menor a incidencia para as mulleres VVX que para o conxunto das mulleres sen fogar, e máis relevantes para as mulleres que non son usuarias da Rede. zOs factores institucionais determinan de forma semellante o senfogarismo entre os dous grupos de mulleres, aínda que se pode destacar que os problemas de cobertura de servizos teñen unha incidencia superior para o conxunto das mulleres que para as vítimas de violencia de xénero, e dentro destas máis relevante para as mulleres que non son atendidas na Rede. zOs factores persoais teñen unha incidencia inferior nas mulleres VVX que para as mulleres sen fogar no seu conxunto, sobre todo no feito de ter unha discapacidade ou enfermidade de longa duración, e a situación de itinerancia. Entre as mulleres sen fogar VVX estes factores persoais teñen maior relevancia para as mulleres que non son usuarias da Rede. zEntre os factores relacionais destaca a importancia do illamento e a falta de apoios familiares ou redes, este último é máis relevante para as mulleres vítimas de violencia de xénero, para as que ademais as rupturas traumáticas e o feito de estar nun contorno familiar con violencia de xénero afectan fortemente o senfogarismo. Os resultados parecen indicar que o problema de soidade e illamento social ten unha repercusión maior entre as mulleres usuarias da Rede que entre as usuarias dos servizos xerais. As persoas responsables dos centros consultadas indican que habería que considerar algún outro factor adicional entre os determinantes do senfogarismo feminino, como a escaseza de recursos específicos para mulleres, os problemas de conduta derivados do policonsumo ou a incapacidade adquirida. Recalcan que é preciso poder traballar coas mulleres todo o sistema de crenzas limitantes que as manteñen en relacións baseadas na violencia. Violencia de xénero como causa do senfogarismo A resposta por parte das persoas responsables dos centros é afirmativa. En opinión das persoas entrevistadas ao falar de violencia de xénero como causa do senfogarismo, soen concorrer diversos factores, como o desemprego, a falta de recursos económicos propios, a falta de apoio familiar, os recursos de acollida insuficientes e inadecuados, e a desestruturación persoal severa. Senfogarismo como causa da violencia de xénero A resposta a esta cuestión é afirmativa, cunha contundencia maior que a anterior. A opinión xeral é que as mulleres sen fogar están expostas a un risco maior de sufrir violencia de xénero, sobre todo cando están en situación de rúa, onde están soas e son máis vulnerables, e onde se incrementan as condutas adictivas. Tamén sinalan que os problemas de baixa autoestima 113 e illamento social fan que manteñan relacións forzosas que poden derivar en ser vítimas de violencia de xénero. Cambios no perfil das persoas sen fogar As persoas consultadas indican que se observa un crecemento de familias completas que recorren aos servizos, aínda que se mantén o perfil das persoas usuarias que hai anos veñen observando (persoas con adiccións que procedían de familias desestruturadas e de baixo nivel económico e con baixa cualificación, persoas con enfermidades mentais e consumidoras de substancias psicoactivas). Sinalan o aumento de persoas menores de 30 anos e maiores de 65 anos, tamén de persoas inmigrantes indocumentadas. Obsérvase tamén un aumento do senfogarismo feminino encuberto, como o traballo de internas ou a prostitución encuberta. Detectan que hoxe é máis curto o período de tempo previo entre ter unha situación normalizada (emprego, vivenda, familia...) e chegar a unha situación de sen fogar. Evolución do senfogarismo feminino nos últimos dez anos Os resultados da enquisa indican que as persoas responsables dos centros perciben que houbo unha evolución crecente do senfogarismo feminino. Constatan un incremento das mulleres inmigrantes nos albergues, e tamén de mulleres españolas nos servizos de manutención. A percepción dese incremento por parte dos centros PSF é superior á percibida dende os centros da Rede VVX. É salientable o problema de acceso á vivenda derivado da escaseza económica, polos requirimentos por parte das persoas arrendadoras e a pesar das axudas oficiais. Tamén destacan o incremento de problemas de saúde mental sen diagnóstico ou tratamento, así como o aumento de adiccións nas mulleres. As mulleres que rematan unha situación de tutela, sen un proxecto vital para a maioría de idade tamén corren o risco de sufrir senfogarismo. A violencia de xénero e o incremento dos abusos no ámbito familiar e social indícanse como determinantes do aumento do senfogarismo feminino Ámbitos e propostas de mellora As persoas responsables dos centros opinan que é preciso mellorar a tipoloxía e a cantidade de recursos, destacando tamén a necesidade de mellora nos plans de actuación global e na coordinación. Nos centros PSF perciben maior necesidade de mellora que nos centros da Rede VVX en relación á tipoloxía de recursos, á metodoloxía de intervención, á mellora na innovación e á coordinación. A necesidade dunha mellor planificación e normativa é superior nos centros da Rede VVX. Ademais dende os centros fanse as seguintes propostas: zDesenvolver unha intervención social preventiva e previa ao senfogarismo. zNalgunhas cidades sería preciso contar con máis prazas para a asistencia exclusiva das mulleres vítimas de violencia de xénero. 114 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia zIncrementar as campañas específicas de sensibilización social así como a formación na perspectiva de xénero de todos os axentes sociais de intervención e supervisión. zDebería haber recursos e servizos específicos para mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción (alcohol, drogas...) e problemas de saúde mental. zNecesidade de personalizar o proceso de intervención social, unha intervención integral que faga un seguimento da persoa sen fogar, cunha maior coordinación entre o colectivo de profesionais dos distintos servizos. zDebería haber un protocolo que fixese o proceso de diagnose e intervención máis sinxelo e eficaz. Sería interesante que as persoas responsables dos centros sociais puidesen dispoñer dunha guía que lles permitise indicar ás persoas usuarias os recursos dispoñibles. 115 Enquisa realizada a mulleres usuarias dos centros A enquisa foi cuberta por un total de 72 mulleres usuarias de centros PSF e de centros da Rede VVX presentes nas sete cidades galegas. Perfil O perfil das mulleres que forman parte da mostra consultada é o dunha muller de 43,7 anos que, nunha porcentaxe elevada, é vítima de violencia de xénero (o 79,7% das 64 mulleres que accederon a contestar ao bloque da enquisa relativa a violencia de xénero. Destas 64 mulleres, 51 son usuarias dos centros PSF). Do total da mostra, a porcentaxe de mulleres usuarias de centros da Rede VVX acadou o 20,8%. A maioría das mulleres consultadas ten fillos ou fillas menores ao seu cargo. O 69,8% das mulleres VVX son nais de menores de idade fronte ao 50% do grupo de mulleres non VVX. O 73,5% das mulleres ten nacionalidade española ou dalgún pais da UE. Hai que sinalar tamén que a maioría da mulleres consultadas ou non teñen estudos ou teñen estudos básicos. Cabe destacar a maior porcentaxe de mulleres sen estudos ou con estudos básicos no grupo usuarias de centros da Rede VVX (85,7 %) que no das mulleres usuarias de centros PSF (60,7%). Situación laboral Unha gran maioría das mulleres afirma estar sen traballo, e máis da metade é demandante de emprego. Un 40 % non ten ningún tipo de ingresos, e case a metade dispón de ingresos inferiores a 500 euros ao mes que proveñen, principalmente, de prestacións, pensións (non de xubilación) ou axudas familiares. Case a metade (47,2%) das mulleres usuarias de centros PSF non dispón de ingresos, mentres que esta porcentaxe se sitúa no 28,6% entre as mulleres usuarias de centros da Rede VVX. En termos xerais, as mulleres usuarias de centros específicos presentan unha situación laboral mellor que as non usuarias dos ditos centros, xa que a porcentaxe de mulleres que está traballando, ben sexa a tempo parcial ou a tempo completo, é superior (26,7% fronte ao 9,3%). O 71% das mulleres enquisadas afirma ter sufrido violencia de xénero, do que o 94% sinalou que esta violencia fora exercida pola súa parella. Ante esta situación non todas as mulleres pediron axuda nin presentaron denuncia (só o fixeron o 64% e o 67% respectivamente). Os resultados indican que as mulleres VVX víronse forzadas pola súa parella a deixar o traballo en maior medida que as mulleres que non foron VVX. Ademais, atópase que a violencia de xénero está asociada ao feito de que sexa unha soa a persoa que achega ingresos, ben sexa a muller ou a súa parella. Cando os dous membros da parella colaboran na economía doméstica o nivel de violencia de xénero é significativamente inferior, así como cando son ambos os que participan nas tarefas domésticas. 116 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Residencia Do total de mulleres sen fogar, máis da metade (53%) afirma estar vivindo en institucións de réxime aberto ou centros de acollida; un 25% atópase en situación de rúa e un 16% reside en vivendas ocupadas ilegalmente. Distinguindo entre mulleres segundo sexan vítimas ou non de violencia de xénero, faise evidente que nos dous grupos de mulleres as situacións residenciais evolucionaron cara un maior uso das institucións en réxime aberto ou centros de acollida; tamén medrou a situación de mulleres na rúa e de mulleres que residen en vivendas ocupadas ilegalmente. En canto aos motivos que as levou a súa actual situación residencial cabe sinalar, por orde de importancia, os seguintes: desemprego e escaseza de recursos económicos (37,5%), ser vítima de violencia de xénero (29,2%), adiccións (19,4%), ruptura afectiva (16,7%), enfermidade (13,9%) e situación administrativa irregular (9,7%). Uso e opinión dos servizos O uso dos servizos sociais dos concellos, que son os máis utilizados, é maior entre o grupo de mulleres que son vítimas de violencia de xénero. A opinión da mostra consultada sobre os servizos é bastante positiva (4,2 sobre 5), así como da atención ás súas necesidades a través dos recursos que se ofrecen (4,1 sobre 5). Destacan as elevadas valoracións das mulleres usuarias de centros da Rede VVX sobre os servizos que reciben (4,4) e o grao en que se atenden as súas necesidades (4,7). 117 Entrevista a expertas As expertas entrevistadas detectan que nos últimos cinco anos producíronse algúns cambios no perfil das mulleres sen fogar. Hai máis mulleres, máis mozas, e non todas pertencen a perfís desestruturados senón que se atopan nesa situación tras a perda do traballo e o deterioro económico da súa rede próxima. Aínda que as mulleres e os homes sen fogar coinciden en moitas das súas necesidades, nas entrevistas das expertas sublíñanse algunhas que son específicas das mulleres. En primeiro lugar, o problema do senfogarismo leva engadido para as mulleres o risco de sufrir abusos e agresións, polo que a percepción de medo e inseguridade é moito máis elevada que no caso dos homes. Nesas circunstancias, é frecuente que as mulleres sen fogar establezan relacións cun home para que as protexa nesa contorna hostil, pero estas relacións adoitan xerar dependencias tóxicas nas que son habituais as agresións. Como consecuencia, as mulleres precisan de espazos máis seguros e de máis intimidade que os homes. En segundo lugar, ás mulleres resúltalles máis difícil atopar unha vivenda. Hai menos oferta de vivenda compartida para as mulleres e as persoas arrendadoras son reticentes a alugar a mulleres sen traballo e, en moitos casos, con cargas familiares. A isto súmase o xa comentado problema da seguridade. É necesario dotar de solucións residenciais que teñan en conta as necesidades deste colectivo, promover as vivendas sociais e proporcionar acompañamento ás mulleres para mitigar os receos das persoas propietarias ao aluguer. En terceiro lugar, os problemas increméntanse cando as mulleres teñen menores a cargo. A percepción de inseguridade é maior, porque tamén afecta os seus fillos e fillas. Os recursos para persoas sen fogar non sempre están adaptados a menores nin a familias. O acceso ao aluguer é máis complicado, porque moitas persoas arrendadoras son remisas a alugar a mulleres soas con menores a cargo, e hai menos pensións nas que poidan desenvolverse ben as familias con menores. Debería, polo tanto, actualizarse a rede de recursos para ter en conta as familias, tanto monoparentais como completas, e promoverse a vivenda social. Por outra banda, as expertas tamén sinalan que o temor a perder a custodia dos fillos e fillas, no caso, por exemplo, de adiccións ou enfermidades, fai que algunhas mulleres non soliciten a axuda que precisan. Para evitalo, hai que xerar unha relación baseada na empatía e na comprensión, sen xulgar; e hai que desmontar a mala imaxe do Servizo de Menores. En cuarto lugar, aínda que tanto homes como mulleres precisan apoio psicolóxico e acompañamento, as mulleres solicítano máis. No caso das mulleres, é especialmente importante axudalas na construción e/ou o reforzo dunha rede de apoio alternativa ao mantemento de relacións dependentes e tóxicas. En quinto lugar, existe un vínculo entre a violencia de xénero e o senfogarismo nas dúas direccións. A violencia de xénero é causa de senfogarismo porque as mulleres poden ter que abandonar o seu fogar. Á súa vez, o senfogarismo pode desembocar en violencia de xénero, na medida en que as mulleres sen fogar son máis vulnerables aos abusos e tenden a desenvolver relacións de dependencia tóxicas co home, como xa se indicou. As mulleres vítimas de violencia de xénero deberían ser sempre atendidas directamente polos recursos específicos, sen pasar por recursos como albergues onde os problemas poden agravarse. Pero os recursos específicos non son suficientes polo que, en ocasións, vense esgotados e hai que recorrer a recursos máis de emerxencia. 118 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Por último, aínda que isto non significa que se trate dunha lista pechada, outra das diferenzas reside na demanda de produtos de hixiene e sanitarios específicos femininos, que non sempre resultan sinxelos de conseguir desde calquera servizo (anticonceptivos, por exemplo). Tamén precisan produtos específicos das crianzas (carriños, cueiros, etc.). Ademais de todo o indicado, cómpre mellorar a coordinación e avanzar cara a atención integral e personalizada. Axudaría moito a historia social única ou xanela única; que cada persoa usuaria contase cun técnico ou técnica de referencia que lle fixese o seguimento; dispoñer de protocolos o suficientemente flexibles; e contar cunha guía con todos os servizos dispoñibles. Indo máis alá, deberíase deixar de pensar en coordinación e comezar a pensar na intervención en rede. Este seguimento integral tamén permitiría mellorar a atención das mulleres sen fogar con múltiples problemas. É difícil tratar adecuadamente desde un único recurso ás mulleres que sofren ao tempo violencia de xénero, adiccións e enfermidades físicas ou mentais. Requírese persoal formado e especializado nestes problemas e precisaríanse prazas de longo recorrido para poder ir atendendo todos eses procesos. É necesario profesionalizar máis a atención. Cando se lles pregunta ás expertas polas solucións ao senfogarismo e as medidas máis urxentes, as respostas subliñan, como mínimo, tres accións. Primeiro, incidir na prevención, adiantarse; pero, unha vez que se chega a esa situación, procurar que se estea nela o menor tempo posible para evitar que se faga crónica. Segundo, medidas que faciliten o acceso á vivenda, xerar un parque de vivenda social e recursos que se adapten ás necesidades que se van detectando; canto máis amplo sexa o abano de modalidades de acceso á vivenda e de recursos residenciais mellor poderán atenderse as situacións particulares. E, terceiro, acompañamento social que ofreza saídas sustentables desa situación; contar cun procedemento de intervención en rede, levada a cabo por profesionais coa formación precisa, que garanta a atención personalizada. En canto á inclusión laboral, o acceso ao emprego non pode ser o obxectivo inicial cando hai moitas carencias persoais e materiais básicas. É difícil que, nesas condicións, as persoas poidan atopar un traballo e, no caso de que así fose, poidan mantelo. É preciso antes cubrir as necesidades básicas, traballar nas habilidades prelaborais e mellorar a autoestima das persoas. A inclusión laboral debería ser o último paso dese proceso. Tamén no ámbito da inclusión laboral é preciso contar con medidas específicas para as mulleres. As condicións dos traballos que se ofrecen ás mulleres son moito peores: traballos non regulados que requiren moi baixa cualificación, nos que as persoas empregadoras explotan a debilidade das mulleres. Hai que empoderar as mulleres, traballar na creación de emprego desde as súas necesidades, facilitar a conciliación se hai menores ao cargo e favorecer o seu acceso a cualificacións non tradicionalmente femininas. Para rematar, ás expertas pedíuselles que realizasen unha análise DAFO da atención ao senfogarismo feminino. Entre as debilidades figuran: pouco coñecemento sobre o senfogarismo feminino; escaseza de recursos e poucos adaptados ás mulleres e ás familias con menores; descoñecemento por parte das mulleres dos recursos e/ou medo a utilizalos; déficit de formación específica nos axentes implicados; ter pouco en conta as relacións persoais; seguir co que temos sen ser capaces de adaptarnos; e a necesidade de mellorar a organización para optimizar a eficacia das intervencións. Entre as ameazas, menciónanse: cambios nos perfís de mulleres sen fogar para os que non existe un recurso axeitado; máis mulleres en situación de senfogar; cada vez maiores dificultades de 119 acceso á vivenda; temporalidade dos recursos, pouco acompañamento á saída deles; lei de protección de datos que dificulta a coordinación; e maior deshumanización das relacións sociais. Entre as fortalezas, destacan: a especial sensibilidade e formación dos traballadores deste campo; a experiencia e o coñecemento acumulados en anos de intervención; a percepción de que todas as persoas formamos parte do mesmo engrenaxe e a maior preocupación das Administracións por coñecer esta realidade. Entre as oportunidades, saliéntanse: maior preocupación por coñecer esta realidade e facela visible; maior interese das Administracións; os recursos empezan a ter máis prazas para mulleres; hai que avanzar na intervención en rede; hai que aproveitar o coñecemento adquirido; xerar espazos de encontro entre persoas con fogar e sen fogar; e traballar na eliminación dos estereotipos sobre as persoas sen fogar. 120 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 121 Conclusións e recomendacións Este traballo analiza a situación das mulleres sen fogar e especificamente das mulleres sen fogar vítimas de violencia de xénero, e achega información de como se están a atender as súas necesidades. O traballo enmárcase no Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 20192023. Para levar a cabo o estudo, tal como se sinala na metodoloxía, e dada a relevancia que a independencia económica ten para combater o senfogarismo, analizouse en primeiro lugar a situación laboral das mulleres en Galicia, enmarcándose no contexto español, para posteriormente pasar á realización dun traballo de campo consistente en entrevistas a persoas responsables de centros do RUEPSS, a mulleres usuarias dos servizos que ofrecen, e a un grupo de persoas expertas na materia. Neste capítulo preséntanse o resumo dos principais indicadores usados para facer a diagnose previa ao establecemento das posibles medidas a desenvolver para mellorar a atención das mulleres sen fogar en Galicia. Como principal conclusión, segundo os datos analizados e as enquisas realizadas e en liña con outros estudos previos, temos que o feito de ser vítima de violencia de xénero, e a escaseza de recursos son as causas máis vinculadas ao senfogarismo feminino 128 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia • A desestruturación persoal severa • Os recursos de acollida son insuficientes e inadecuados O senfogarismo é causa de violencia de xénero zSon máis vulnerables, a percepción de medo e inseguridade é moito máis elevada que no caso dos homes zIncreméntanse as condutas adictivas. É frecuente que as mulleres sen fogar establezan relacións cun home para que as protexa nese contorno hostil, pero estas relacións adoitan xerar dependencias tóxicas, chegando incluso a cambiar sexo por droga zProblemas de baixa autoestima, que lles pode levar a relacións nas que son habituais as agresións zIllamento social e soidade 129 Propostas de mellora PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN zIncidir na prevención, anticiparse á situación de senfogarismo. Ser capaces de detectar nas súas fases iniciais os procesos graves de exclusión, e intervir de forma proactiva en tales casos. Se finalmente se chega á situación de senfogarismo, que se estea nela o menor tempo posible para que non se cronifique. zÉ necesario avanzar cara políticas estratéxicas deseñadas a longo prazo. Significa investir tempo e recursos en solucións duradeiras, alternativas reais e personalizadas. zCampañas de sensibilización social. Traballar na eliminación dos estereotipos que temos sobre as persoas sen fogar. Non criminalizalas nin realizar xuízos sobre a súa situación zDar visibilidade ao senfogarismo feminino zAcabar co descoñecemento por parte das mulleres dos recursos e/ou co medo a utilizalos. Ás veces as mulleres non se achegan aos recursos por medo a perder a custodia dos seus fillos/as zCambiar a visión que se ten do Servizo de Menores. Ofrecer unha información clara e axeitada do dito servizo, que a muller saiba que pode recibir apoio para pasar por situacións difíciles na crianza dos seus fillos/as ata que se estabilice e melloren as súas circunstancias TIPOLOXÍA E CANTIDADE DE RECURSOS zMáis prazas para a asistencia exclusiva ás mulleres VVX, xa que non son suficientes. Estas mulleres deberían ser sempre atendidas directamente polos recursos específicos, sen pasar por outros recursos de emerxencia onde os problemas poden agravarse zRecursos e servizos para mulleres VVX con problemas de adicción (alcohol, drogas...) e/ou problemas de saúde mental zPisos e recursos aos que poidan acceder mulleres VVX aínda que non denuncien. Cando as mulleres non presentan denuncia, poden verse fóra da rede de protección. zCantas máis modalidades de acceso á vivenda ou recursos residenciais (housing first, vivenda de inserción, centro de acollida básica...) estean dispoñibles, maior a posibilidade de adaptarse ás circunstancias de cada persoa zFacilitar o acceso a produtos específicos femininos (produtos de hixiene feminina, anticonceptivos...) que non sempre resultan sinxelos de conseguir desde calquera servizo. Tamén aos produtos específicos das crianzas (carriños, cueiros...) 130 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia FORMACIÓN E PROFESIONALIZACIÓN zÉ indispensable profesionalizar máis a atención zFormación na perspectiva de xénero de todos os axentes que participan na intervención e na supervisión. Introdución da perspectiva de xénero nos centros de atención mixtos zPersoal formado e especializado na atención ás mulleres VVX con múltiples problemas zFormación específica de mediadores/as para aluguer de vivenda VIVENDA zRespostas máis rápidas para as mulleres, para garantirlles un aloxamento seguro zEspazos diferenciados para mulleres, onde poidan atopar máis intimidade e unha contorna máis amigable zSuficientes recursos específicos, para que as mulleres VVX non teñan que acudir aos recursos básicos de emerxencia zAcompañamento ás mulleres para mitigar os receos dos propietarios ao aluguer zManter as axudas ao aluguer; poder garantir ao arrendador que vai cobrar porque a muller conta con axudas a longo prazo zRecursos dispoñibles para familias, monoparentais ou completas, con centros de aloxamento de media/longa estancia, cun nivel de seguridade adecuado e normas flexibles zO acceso á vivenda das familias ten que ir da man do acompañamento social, para que non recaian no problema pasado (por exemplo, outro desafiuzamento) zDispoñer dun amplo abano de recursos residenciais e modalidades de acceso á vivenda (housing first, vivenda de inserción, centro de acollida básica...), que permitan adaptarse á situación de cada persoa zValorar e deseñar un proxecto personalizado, sempre contando coa opinión da persoa zAcción urxente en vivenda social; crear unha tipoloxía específica para persoas sen fogar e, neste caso, para mulleres VVX, con requisitos flexibles e adaptados ás súas necesidades zDeseño de políticas de vivenda a longo prazo que dean estabilidade ao mercado. Unha política que diferencie a vivenda libre, a asequible e a social. Unha política que controle os prezos do aluguer. Contar coa opinión dos axentes sociais para lexislar. 131 ATENCIÓN INTEGRAL, PERSONALIZADA E COORDINADA zEvitar as intervencións estandarizadas e promover un enfoque baseado nas necesidades, expectativas, capacidades e preferencias de cada persoa atendida zA historia social única ou xanela única; que cada usuario conte cun/cunha técnico/a de referencia que lle faga o seguimento zDeixar de pensar no termo de coordinación para pensar na intervención en rede e na creación de espazos de análise de casos, coa participación de, como mínimo, un profesional responsable de cada entidade zFacilitarlles os trámites ás persoas, non complicarlles a vida zSolicitude de autorización á persoa afectada para o tratamento dos datos, o que permitiría que os/as técnicos puidesen intercambiarse información, sempre desde o ámbito profesional e coa confidencialidade precisa zSería bo contar cun diagnóstico previo por parte da Administración zAxudaría contar con protocolos, pero non deben ser excesivamente ríxidos. Deben perseguir facer o proceso de diagnose e intervención máis sinxelo e eficaz, e non tender a poñer trabas porque non se dispón dun papel ou non se presenta a tempo zDeberían ter todos os recursos unha guía realista co listado dos servizos, teléfono e persoa de contacto, e estar esta guía totalmente accesible e fácil de consultar no mesmo momento da chegada dunha persoa usuaria zEvitar as duplicidades e os solapamentos; os servizos non deberían competir polos recursos públicos senón complementarse DETECCIÓN DE SITUACIÓNS DE RISCO PARA AS MULLERES zOs recursos deberían contar sempre con profesionais do ámbito do social de ambos xéneros, formados neste área de intervención, capaces de detectar situacións de risco zFan falta protocolos para resolver situacións de violencia ou falta de seguridade nos recursos 132 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia ACOMPAÑAMENTO E APOIO PSICOLÓXICO zAxudar ás mulleres na construción e/ou no reforzo dunha rede de apoio alternativa ao mantemento de relacións dependentes e tóxicas zGarantir desde o principio o acompañamento por persoal formado que as atenda de xeito individualizado zÁ saída do recurso, as mulleres VVX terían que contar con máis tempo de acompañamento, labor que debería ser levada a cabo polos servizos especializados (casa de acollida, atención psicolóxica, atención xurídica, atención social e sociolaboral) zCreación de grupos de autoapoio ATENCIÓN A MULLERES CON MÚLTIPLES PROBLEMAS zPara atender ás mulleres con múltiples problemas é fundamental o traballo en rede e a cooperación entre os distintos recursos. É moi difícil tratar adecuadamente desde un único recurso ás mulleres que sofren ao tempo violencia de xénero, adiccións e enfermidades físicas ou mentais zDebe haber un/unha profesional de referencia para cada caso, que coordine os servizos e lidere a atención prestada, que escoite á persoa usuaria e lle faga un seguimento zEn ningún caso deben quedar sen atender as mulleres que non cumpran os requisitos para acceder aos centros de acollida para mulleres VVX; debe dárselles unha solución. As mulleres con múltiples problemas non poden quedar expulsadas da rede de apoio ás vítimas de violencia. Cando unha muller é VVX, debería priorizarse por enriba de todo a protección e a atención desta situación tan extrema e vulnerable zDispoñer de protocolos zContar con prazas de longo recorrido, para que poida darse solución aos distintos procesos destas mulleres zProfesionalizar os servizos e os recursos 133 INTEGRACIÓN zImportancia de intervir e realizar accións para integrar a persoa na propia comunidade da maneira máis axeitada zHai oportunidades no traballo sobre vínculos e acceso a espazos de encontro ou de lecer entre persoas sen fogar e persoas con fogar. Hai unha gran necesidade de coñecemento mutuo. Desenvolver dinámicas de traballo comunitario pode ser unha ferramenta extraordinaria zNo rural hai moita xente maior necesitada de axuda e podería haber programas de acompañamento que xeren vínculos de unión que dean resposta ás necesidades das dúas partes. Nas cidades tamén ocorre o mesmo, aínda que hai máis recursos de apoio aos maiores zOs servizos deberían ter en conta as necesidades de relacións persoais, a procura da felicidade INCLUSIÓN LABORAL zAntes de traballar a empregabilidade, é imprescindible cubrir as necesidades básicas, sendo prioritaria a vivenda. Non se pode poñer como primeiro paso o acceso ao emprego zRealizar unha valoración previa das capacidades reais da persoa, para deseñar un proceso de inclusión laboral adaptado zProporcionar formación nas habilidades prelaborais zProporcionar acompañamento durante o proceso de inserción laboral zMellorar a autoestima das mulleres. Traballo de motivación, mediante obradoiros de empoderamento e mellora da súa empregabilidade zÉ importante contar con programas de emprego específicos para mulleres. Traballar no acceso ao emprego desde as súas capacidades e necesidades. Dispoñer dun traballo permite romper coa dependencia económica vinculada, en moitas ocasións, á violencia de xénero zFacilitar a conciliación laboral se hai menores a cargo zFomentar os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral zFacilitar o acceso a cualificacións non tradicionalmente femininas e apoiar/ subvencionar o acceso das mulleres a empregos non feminizados zAnalizar por que un dos servizos menos demandados polas mulleres usuarias dos centros da rede de atención ás persoas sen fogar é o “Obradoiro de inserción laboral” 134 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 135 Índice de táboas e cadros Cadro 1 Tipoloxía ETHOS de sen fogar e exclusión residencial .....................................................................................14 Cadro 2 Centros de atención social seleccionados ............................................................................................................17 Táboa 1.1 Poboación inactiva pola súa vinculación coa actividade e sexo. Galicia 2018. Miles de persoas e porcentaxes .................................................................................................25 Táboa 1.2 Evolución da poboación en situación de carencia material e carencia material severa. España e Galicia. 2010-2018. Porcentaxes sobre a poboación total .......................................................33 Táboa 1.3 Porcentaxe de persoas de 0 a 59 anos en fogares con baixa intensidade de ingresos do traballo. España e Galicia, 2008-2018 ...........................................................................................................33 Táboa 1.4 Taxa de risco de pobreza. España e Galicia. 2008-2018. Porcentaxes sobre a poboación total .................................................................................................................34 Táboa 2.1 Persoas sen fogar en España por nacionalidade, sexo e grupos de idade. Ano 2012 ...................... 40 Táboa 2.2 Persoas sen fogar que foron vítimas dalgún delito ou agresión por tipo de delito ou agresión e sexo. España. Ano 2012 .......................................................................................... 43 Táboa 2.3 Persoas sen fogar en Galicia por sexo e grupos de idade. Ano 2012 ......................................................45 Táboa 2.4 Variación no número de persoas sen fogar entre o 2005 e o 2012 por sexo ........................................45 Táboa 2.5 Número de chamadas ao 016 en Galicia e España. 2010-2018 .................................................................52 Táboa 2.6 Número de usuarias do servizo telefónico de Atención e Protección para Vítimas de Violencia de Xénero (ATENPRO) en Galicia e España. 2010-2018 .......................................................54 Táboa 2.7 Número de denuncias, por millón de mulleres, por violencia de xénero en Galicia e España. 2010-2018 .......................................................................................................55 Táboa 2.8 Número de vítimas mortais por violencia de xénero en Galicia e España. 2010-2018 .....................57 136 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Táboa 3.1 Ficha técnica da enquisa a centros ......................................................................................................................59 Táboa 3.2 Información ofrecida dende os centros: perfil das mulleres usuarias .....................................................61 Táboa 3.3 Coñecemento do centro por parte das persoas usuarias. Valoración media dos centros entrevistados ...................................................................................................61 Táboa 3.4 Coñecemento do centro por parte das mulleres VVX. Valoración media dos centros entrevistados ...................................................................................................62 Táboa 3.5 Situación residencial anterior e actual. Valoración media dos centros ..................................................64 Táboa 3.6 Situación residencial anterior e actual das mulleres VVX. Valoración media dos centros ............................................................................................................................... 65 Táboa 3.7 Servizos ofrecidos polos centros e aos que derivan (%) ..............................................................................66 Táboa 3.8.Recursos aos que se derivan as usuarias (%) ....................................................................................................67 Táboa 3.9 Grao de uso dos servizos prestados ....................................................................................................................70 Táboa 3.10 Factores estruturais. Valoración media ............................................................................................................72 Táboa 3.11 Factores institucionais. Valoración media ....................................................................................................... 72 Táboa 3.12 Factores persoais. Valoración media ................................................................................................................. 73 Táboa 3.13 Factores relacionais. Valoración media ............................................................................................................73 Táboa 3.14 Valoración media dos centros sobre os ámbitos de mellora ...................................................................77 Táboa 4.1 Ficha técnica da enquisa ás mulleres .................................................................................................................. 79 Táboa 4.2 Presenza da condición de vítima de violencia de xénero............................................................................80 Táboa 4.3 Información de idade e fillos/as das mulleres consultadas ........................................................................80 Táboa 4.4 Porcentaxe de mulleres sen fogar por orixe xeográfica ...............................................................................81 Táboa 4.5 Perfil das mulleres usuarias segundo o tipo de centro ................................................................................81 Táboa 4.6 Información sobre o nivel de estudos acadados (%) ....................................................................................81 Táboa 4.7 Información sobre a situación laboral actual (%) ...........................................................................................82 137 Táboa 4.8 Información sobre a situación laboral actual segundo o tipo de centro (%) ......................................82 Táboa 4.9 Información sobre o nivel de ingresos (%) ........................................................................................................83 Táboa 4.10 Información sobre a fonte principal de ingresos (%) ..................................................................................83 Táboa 4.11 Información sobre o nivel de ingresos por tipo de centro (%) ................................................................83 Táboa 412 Fonte da violencia de xénero (%) ........................................................................................................................84 Táboa 4.13 Petición de axuda ante situación de VX (%) ................................................................................................... 84 Táboa 4.14 Denuncia da situación de VX (%) .......................................................................................................................84 Táboa 4.15 Relación violencia económica (obrigar a non traballar) e grao VVX .....................................................85 Táboa 4.16 Relación violencia económica (quen ingresa) e grao VVX ........................................................................ 85 Táboa 4.17 Relación violencia económica (quen organiza) e grao VVX .....................................................................86 Táboa 4.18 Información sobre a residencia das mulleres (%) ........................................................................................86 Táboa 4.19 Información sobre os motivos do senfogarismo (%) .................................................................................. 87 Táboa 4.20 Opinión sobre uso de recursos (%) ...................................................................................................................88 Táboa 4.21 Información sobre uso de recursos segundo o tipo de centro (%) .......................................................88 Táboa 4.22 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo VVX ...................................................................89 Táboa 4.23 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo a nacionalidade ........................................... 89 Táboa 4.24 Opinión sobre os recursos/servizos ofrecidos segundo o tipo de centro ..........................................89 144 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 3. Correo electrónico, teléfono 4. Enderezo (só para opcións 1 a 4) 5. Cidade onde se localiza: (1) Santiago de Compostela, (2) A Coruña, (3) Ferrol, (4) Lugo), (5) Ourense, (6) Pontevedra, (7) Vigo. Características do centro, acceso e uso Recursos humanos: 6. Número de persoas que traballan no centro: 7. Contan con persoal especializado en atención social (SI/NON) 8. Contan con persoal especializado en atención sanitaria (SI /NON) 9. Contan con persoal específico para o mantemento da seguridade (SI /NON) 10. Contan con persoal específico para atender as mulleres en situación de senfogarismo (SI/NON) 11. Contan con persoal con formación para o caso particular das mulleres vítimas de violencia de xénero (SI /NON) 12. Outros perfís, especificar: Poboación destinataria: 13. Trátase dun centro mixto ou especificamente dirixido a mulleres? 14. Número ou estimación de persoas que atendeu no centro en 2018 15. Se é un centro mixto: Número de mulleres que atendeu no centro en 2018 16. Podería indicar cantas das mulleres usuarias en 2018 non tiñan fogar? 17. Dentro delas, cantas lle consta que poderían ter sufrido ou sofren violencia de xénero? 145 18. Sabe como tiveron coñecemento do centro as persoas usuarias segundo o seu sexo (trátase de identificar diferenzas entre homes, mulleres e, dentro das segundas, daquelas que foron ou son vítimas de violencia de xénero, de ser posible): (Valorar de 1 a 5 sendo 5 a frecuencia máis alta (1nada habitual, 2, 3, 4, 5-moi habitual) (só para centros das opcións 1 a 4) Vía de coñecemento Homes Mulleres Mulleres vítimas de violencia de xénero (1) Por recomendación dos servizos sociais do seu concello (2) Por derivación da policía, tras a localización na rúa (3) Por información doutras persoas que se atopan ou atoparon en situacións similares no pasado (4) Por veciños/as da área onde habitualmente residen/ residían (5) Por información na parroquia, ONG, asociacións… (6) Por derivación doutros servizos especializados na atención á violencia de xénero (7) Por recomendación/ derivación dos servizos policiais, tras denunciar ao agresor (8) Pola imposibilidade de permanecer noutros centros anteriores (transeúntes) (9) Outras 19. Cal ERA a situación residencial das persoas usuarias do centro NO MOMENTO DO ACCESO? Valore nunha escala de 1 a 5 (nada habitual, 2, 3, 4 , moi habitual) Perfil Homes Mulleres Mulleres VVX (1) En situación de rúa (2) En institucións en réxime aberto (3) Itinerantes, de paso a outras cidades ou usuarios/as doutros centros da mesma (4) En vivendas de familiares/ amizades (temporalmente) (5) Sen vivenda: en pensións ou hostais (6) En vivendas ocupadas ilegalmente (7) Na súa propia vivenda (8) Outros 20. Cal É ACTUALMENTE a situación residencial das persoas usuarias do centro? Valore nunha escala de 1 a 5 (nada habitual, 2, 3, 4 , moi habitual) Perfil Homes Mulleres Mulleres VVX (1) En situación de rúa (2) En institucións en réxime aberto 146 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia (3) Itinerantes, de paso a outras cidades ou usuarios/as doutros centros da mesma cidade (4) En vivendas de familiares/ amizades (temporalmente) (5) Sen vivenda: en pensións ou hostais (6) En vivendas ocupadas ilegalmente (7) Na súa propia vivenda (8) Outros Servizos que presta e uso: 21. Indique cales dos seguintes servizos da carteira de Inclusión Social e doutros sistemas é ofertado polo centro ou non sendo ofertado, derívase desde este, e valore o grao no que o servizo é demandado e usado por persoas sen fogar, especialmente mulleres sen fogar e aquelas que tamén sofren violencia de xénero (1 -nada demandado/ derivadoa 5 -moi demandado/derivado) Servizos Servizos que oferta o centro (SI/NON) Servizos que non oferta o centro, pero aos que deriva (SI/NON) Grao de USO (OU DERIVACION, NO SEU CASO) dos servizos que ofertan (1 sen demanda 5 demanda moi elevada) Homes Mulleres Mulleres VVX (1) Valoración, orientación e información (2) Asesoramento técnico especializado (3) Promoción da participación social (4) Cobertura da necesidade de alimento (5) Provisión de recursos básicos (6) Atención social continuada (7) Atención nocturna 7.1. Nº prazas totais 7.2. Nº habitacións para mulleres 7.3. Nº habitacións para parellas 7.4. Nº módulos familiares (8) Acollida básica 8.1. Nº prazas totais 8.2. Nº habitacións para mulleres 8.3. Nº habitacións para parellas 8.4. Nº módulos familiares 147 (9) Atención na rúa (10) Atención urxente (11) Apoio á inclusión sociolaboral (12) Apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral (13) Formación adaptada (14) Apoio á inclusión residencial (15) Servizos do ámbito sanitario (16) Servizos específicos de atención ás mulleres (17) Servizos de policía (18) Outros non comprendidos nos anteriores: especificar 22. Que SERVIZOS presta o centro ás mulleres usuarias? Pregunta aberta 23. Incorporan a perspectiva de xénero na formulación ou desenvolvemento destes servizos que oferta? (SI/NON). En caso afirmativo, en que se concreta? Mulleres sen fogar 24. Concretamente, como se xestiona o apoio ás mulleres usuarias que non teñen aloxamento alternativo á súa saída? 25. Traballan en rede con outros recursos do territorio? SI/ NON. En caso afirmativo, cales 26. Con que centros ou entidades coopera ou se coordina para a atención ás mulleres sen fogar? 148 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 27. A que tipo de recursos derivan?: Mulleres Mulleres sen fogar (1) Recursos de apoio á inclusión sociolaboral (2) Recursos de apoio integral (con residencia) á inclusión sociolaboral (3) Formación adaptada/ formación para o emprego (4) Servizos de apoio á inclusión residencial ou recursos de acceso a vivenda (5) Servizos do ámbito sanitario (6) Servizos de policía (7) Outros non comprendidos nos anteriores: especificar 28. Ademais dos servizos que ofertan a todas as persoas usuarias, cando se trata de mulleres sen fogar e mulleres que ademais sofren ou sufriron violencia de xénero, hai actuacións particulares? SI / NON. En caso afirmativo, cales Características ou circunstancias persoais das mulleres sen fogar que atende no centro/ usuarias do servizo Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX 29. Idade media estimada 30. % de mulleres con fillos/as menores a cargo 31. % das mulleres que acoden ao centro coa súa parella 32. % das que teñen nacionalidade española 33. % das que teñen condición de inmigrante e se atopan en situación irregular Factores de vulnerabilidade No panel de persoas expertas realizado para o Estudo sobre persoas sen fogar en Galicia, sinaláronse como causas determinantes do senfogarismo as seguintes. En que medida considera que estes factores afectan ás mulleres sen fogar? Valore de 1 a 5, sendo 1 cando o factor non incide nada no perfil, e 5 se incide moito. 149 34. Factores estruturais Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX (1) Desemprego ou desemprego prolongado (2) Escaseza ou falta de recursos económicos (3) Falta de oferta de recursos habitacionais (4) Falta de recursos adecuados a cada persoa (5) Procesos vinculados ao mercado inmobiliario, que dificultan o acceso á vivenda (6) Recortes nos servizos de atención, sanitario e de vivenda (7) Inmigración (con procesos e dificultades asociadas) 35. Factores institucionais Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX (1) Saída dunha institución sen un fogar ao que voltar (centros de protección de menores, penais...) (2) Problemas de cobertura dos servizos (3) Déficits de coordinación entre os servizos dos diferentes sistemas (4) Mecanismos inadecuados de asignación de determinados servizos ou prestacións 36. Factores persoais Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX (1) Discapacidade ou enfermidade de longa duración (2) Enfermidade mental, patoloxía dual (3) Trastornos adictivos (4) Situación de itinerancia (5) Baixa cualificación (6) Minoría étnica (7) Transexualidade 150 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia 37. Factores relacionais Mulleres sen fogar Mulleres sen fogar VVX (1) Monoparentalidade (2) Falta ou debilidade dos apoios familiares e/ou de redes (3) Rupturas traumáticas de parella (4) Soidade, illamento social da persoa (5) Contorna familiar con violencia de xénero 38. Cre que habería que considerar algún outro factor entre os determinantes que preceden ou inciden nas situacións das mulleres sen fogar? SI/NON En caso afirmativo, cales 39. Considerando o grupo de persoas atendidas, en que grao considera que a violencia de xénero é factor previo ao senfogarismo (valore: 1=nada, 2,3,4, 5=moito) Se o considera oportuno, explique 40. Considerando o grupo de persoas atendidas, en que medida o senfogarismo pode ser determinante de sufrir violencia de xénero (valore: 1=nada, 2,3,4, 5=moito) Se o considera oportuno, explique 41. Os estudos revelan que en Galicia hai entre un 15 e un 20% de mulleres entre a poboación sen fogar. Desde a súa experiencia, como percibe que esta porcentaxe evolucionara nos últimos dez anos? (valore: 1=diminuíu moito, 2,3,4, 5=aumentou moito) Explique por que? 42. Cre que se produciron cambios no perfil “típico” (sabendo que é difícil establecelo, pero referindo a posibles cambios nas manifestacións do senfogarismo) SI/NON En caso afirmativo, explique 151 43. As mulleres sen fogar realizan algún tipo de DEMANDA de xeito diferencial? SI/NON En caso afirmativo, cales 44. Cales cree que son as NECESIDADES que, singularmente, presentan as mulleres sen fogar? 45. Cre que están sendo atendidas? (valore: 1=nada atendidas, 2,3,4, 5=moi atendidas) 46. Cre que debería traballarse para mellorar a resposta en relación á: SI/NON Valore: 1=nada, 2,3,4, 5=moito (1) Tipoloxía de recursos (2) Cantidade de recursos (3) Metodoloxía de intervención (4) Planificación (plans de actuación globais) (5) Normativa (6) Coordinación (7) Innovación 47. Outras observacións ou comentarios: 152 Colección Senfogarismo Senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia Anexo II Senfogarismo e muller nas sete cidades de Galicia. Enquisa a mulleres afectadas polo senfogarismo Esta enquisa forma parte do Estudo sobre o senfogarismo feminino e a violencia de xénero en Galicia, encargado pola Dirección Xeral de Inclusión Social coa finalidade de profundar no coñecemento sobre o senfogarismo feminino, nas necesidades que presentan as mulleres sen fogar e como se están a atender. Os resultados das enquisas serán utilizados só de forma agregada, garantíndose o anonimato nas respostas. Data de realización da enquisa CIDADE IDENTIFICACIÓN 1. Idade 2. País de nacemento 3. Estado Civil : (1) solteira (2) separada ou divorciada (3) casada ou en parella (4) viúva 4. Actualmente vostede ten? (1) Nacionalidade española ou doutro Estado da UE SI NON (2) Autorización de residencia (extra Comunitaria) SI NON (3) Autorización de residencia e traballo (extra Comunitaria) SI NON (4) Refuxiada SI NON 153 5. Ten algún tipo de discapacidade recoñecida? SI NON 6. Está empadroada nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia? SI NON 7. Dispón de tarxeta sanitaria SI NON 8. Ten fillos/as? SI NON En caso afirmativo, cantos/as son menores? 9. Que nivel de estudos acadou? (1) Sen estudos (2) Estudos básicos (3) Estudos medios (4) Estudos superiores 10. En que situación laboral se atopa na actualidade? (1) Sen traballo e demandante de emprego (2) Sen traballo e non demandante de emprego (3) Traballo a tempo completo (4) Traballo a tempo parcial 11. Traballou no último ano? SI NON 12. Se traballa ou traballou no pasado, en que ocupación ou ocupacións 13. O seu nivel de ingresos é: (1) Sen ingresos (2) Menos de 500 euros ao mes (3) Máis de 500 euros ao mes 14. Se percibe ingresos, cal é a súa fonte principal de ingresos? (1) Rendas do traballo (2) Rendas propias (3) Achegas da xente na rúa (4) Prestacións, pensións (excepto xubilación), axudas de familiares (5) Pensión de xubilación (6) Outros