Acordo do Consello de Goberno do 22-02-2018 polo que se aproba a modificación do Acordo do Consello de Goberno do 27-04-2012 sobre o procedemento de concesión do premio extraordinario de grao e máster
Full text
MODIFICACIÓN DO ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO, DO 27 DE ABRIL DE 2012, SOBRE O PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DO PREMIO EXTRAORDINARIO EN GRAO E MASTER Por acordo do 27 de abril de 2012 o Consello de Goberno aproba o procedemento de concesión do premio extraordinario en grao e máster. Con data 26 de outubro do mesmo ano, e co fin de solventar dúbidas sobre o devandito procedemento, a Secretaría Xeral dita a Instrución 15/2012, sobre procedemento de concesión do premio extraordinario en grao e Máster. Na citada Instrución se considerou que dentro do concepto de “estudantes que superasen os estudios no prazo de duración establecido para a titulación” non podían considerarse a aqueles alumnos que se lles recoñecera ou validara gran parte dos seus estudio, polo que se incluíu que non podían ser beneficiarios do premios o alumnado que teña acadada a titulación a través de cursos ponte ou por adaptación ou validación de estudos. Non obstante o anterior para maior seguridade xurídica é necesario engadir a dita exclusión no propio “Acordo sobre o procedemento de concesión do premio extraordinario en Grao e Máster”. Procede así a súa modificación no seguinte senso: ÚNICO.- Modifícase o artigo 2.2 do “Acordo sobre o procedemento de concesión do premio extraordinario en Grao e Máster” quedando redactado do seguinte xeito: “2. Os destinatarios do premio extraordinario serán os estudantes de Grao ou Máster que superen os estudios no prazo de duración establecido para a titulación, e que teñan a máxima cualificación da súa
promoción conforme o sistema de valoración de expedientes fixado en cada momento. Queda excluído o alumnado que acaden a titulación superando máis dun terzo das materias de dita titulación por cursos ponte ou por recoñecemento, adaptación ou validación de estudos. Na valoración dos estudios se incluirán todas as materias superadas, incluído o traballo de fin de grado (TFG) e o traballo de fin de máster (TFM)”. DISPOSICIÓN FINAL Este acordo entrará en vigor na data de publicación no taboleiro electrónico.