Informe da avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2018-2021)
Abstract
Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2018-2021) realizado a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.
Full text
2022 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Xunta de Galicia INFORME DE AVALIACIÓN FINAL DO IV PLAN DIRECTOR DA COOPERACIÓN GALEGA PARA O DESENVOLVEMENTO (2018-2021)
2 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Informe elaborado por Xosé Luís Pastoriza Rozas a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Xunta de Galicia Xuño 2022
3 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Índice Lista de acrónimos, siglas e abreviaturas........................................................................4 I. Resumo executivo ......................................................................................................5 2 infografías ..................................................................................................................8 20 datos ...................................................................................................................... 10 32 indicadores ............................................................................................................. 12 II. Informe da avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) . 23 1. Introdución .............................................................................................................. 23 2. Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento. ...................................................................................................... 24 2.1. Antecedentes e obxectivos ................................................................................................... 24 2.2. Metodoloxía empregada ...................................................................................................... 26 2.3. Condicionantes e límites do informe .................................................................................... 28 3. Descrición do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento ...... 29 4. Resultados da avaliación final .................................................................................. 37 4.1. Eficacia e logro de resultados ............................................................................................... 37 4.2. Eficiencia............................................................................................................................... 40 4.3. Coherencia ............................................................................................................................ 46 4.3.1. Recuperación do consenso social e político............................................................... 47 4.3.2. Aumento do esforzo investidor ................................................................................. 49 4.3.3. Suficiencia orzamentaria, previsibilidade instrumental e redución da fragmentación da axuda ................................................................................................................................... 54 4.3.4. Concentración xeográfica da axuda .......................................................................... 60 4.3.5. Selectividade sectorial e construción de resiliencia ................................................... 65 4.3.6. Alianzas territoriais multiactor e multinivel. ............................................................. 70 4.3.7. Coherencia de políticas de desenvolvemento ........................................................... 70 4.3.8. Participación e diálogo de políticas ........................................................................... 72 4.3.9. Coordinación e diálogo co resto de Administracións públicas .................................. 75 4.3.10. Xestión do coñecemento e das aprendizaxes institucionais .................................... 79 4.3.11. Rendición de contas e transparencia ...................................................................... 82 4.4. Pertinencia............................................................................................................................ 83 4.5. Satisfacción .......................................................................................................................... 85 5. Conclusións ............................................................................................................. 87 6. Recomendacións ..................................................................................................... 90 Anexos ........................................................................................................................ 92 Anexo 1. Matriz de criterios de análise ....................................................................................... 92 Anexo 2. Matriz de documentación ............................................................................................ 93 Anexo 3. Metodoloxía ................................................................................................................. 96 Anexo 4. Axentes de cooperación participantes na avaliación ................................................... 97 Anexo 5. Presentación do avaliador ............................................................................................ 99 Anexo 6. Índice de figuras, cadros, táboas e gráficos ............................................................. 100
4 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Lista de acrónimos, siglas e abreviaturas ACNUR Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados/as AECID Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento AH Acción Humanitaria AOD Axuda Oficial ao Desenvolvemento AXE Administración Xeral do Estado CAD Comité de Axuda ao Desenvolvemento da OCDE CCAA Comunidades Autónomas CETMAR Centro Tecnolóxico do Mar CGONGD Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento CONGACODE Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento CUD Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento DOG Diario Oficial de Galicia DXRREE e UE Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE EELL Entidades Locais EPA Equipos País Ampliado da Cooperación Española EpD Educación para o Desenvolvemento FEGAMP Federación Galega de Municipios e Provincias Fondo Galego Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade FPAN Foro Político de Alto Nivel das Nacións Unidas GAN Grupo de Alto Nivel IDH Índice de Desenvolvemento Humano MAP Marco de Asociación País OAH Oficina de Acción Humanitaria da AECID ODS Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ONGD Organización Non Gobernamental de Desenvolvemento OTC Oficina Técnica de Cooperación da Cooperación Española PALOP Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa PCS Plataformas de Consulta en Sede da Cooperación Española PMA País Menos Adiantado RGCUD Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento RMA Renda Media Alta RMB Renda Media Baixa RNB Renda Nacional Bruta SDXCE Subdirección Xeral de Cooperación Exterior SOGAPS Solidariedade Galega co Pobo Saharauí UCE Unidade de Cooperación no Exterior da Cooperación Española UDC Universidade de A Coruña UE Unión Europea UNRWA Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo USC Universidade de Santiago de Compostela UVIGO Universidade de Vigo XG Xunta de Galicia
5 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE I. Resumo executivo Esta avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) salienta as seguintes conclusións e recomendacións como principais resultados da execución deste marco estratéxico no cuadrienio 2018-2021: 1. Unha Cooperación Galega que afrontou o desafío colectivo da pandemia da COVID-19 mediante a elaboración participativa da Estratexia de resposta á COVID-19 que adaptou o seu marco estratéxico e operativo co obxectivo de combater eficazmente as consecuencias negativas da pandemia nos países e comunidades socias e nos axentes de galegos de cooperación. 2. Unha Cooperación Galega que recuperou o consenso social e político sobre a política pública de cooperación para o desenvolvemento e que conta cun novo marco legal regulador na Lei 10/2021 reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. 3. Unha Cooperación Galega eficaz no logro dos resultados e indicadores previstos no IV Plan Director da Cooperación Galega: 28 dos 32 indicadores foron acadados plena e satisfactoriamente, un éxito global do 88 % na execución. 4. Unha Cooperación Galega solvente cun total de 27,15 millóns de euros destinados a cooperación ao desenvolvemento, dos cales o 95 % (25,86 millóns) foi achegado pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. No cuadrienio 2018-2021 executouse o 100 % do orzamento previsto nos correspondentes Plans Anuais e desembolsouse o 100 % das axudas comprometidas. 5. Unha Cooperación Galega situada na 7ª posición en volume de AOD no cuadrienio 20182021 en relación ao resto de Comunidades Autónomas. 6. Consonte ao seu esforzo investidor, a Xunta de Galicia situouse na 12ª posición no ránking de Comunidades Autónomas, destinando o 0’06 % do seu orzamento xeral consolidado a cooperación para o desenvolvemento. 7. Unha Cooperación Galega que aumentou anualmente de promedio máis dun 15 % a dotación orzamentaria do programa 331A de cooperación ao desenvolvemento consonte ao establecido no marco orzamentario do IV Plan Director. 8. Unha Cooperación Galega aliñada coa axenda global do desenvolvemento, contribuíndo á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS): a. Unha Cooperación Galega promotora da coherencia de políticas na Administración pública galega no marco do proceso de implementación e localización da Axenda 2030 e dos ODS. b. Unha Cooperación Galega que contribuíu activamente aos ODS cun 99 % dos seus recursos desembolsables concentrados nos 5 ámbitos estratéxicos do IV Plan Director.
6 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) c. Unha Cooperación Galega concentrada xeograficamente: o 93 % dos seus recursos desembolsados no exterior en cooperación investidos nos 11 países prioritarios definidos no IV Plan Director. d. Unha Cooperación Galega complementaria: a través da súa actuación coordinada coa Cooperación Española e con outras cooperacións autonómicas no eido da acción humanitaria e da colaboración institucional a nivel estratéxico e operativo. Reforzando, ademais, o seu compromiso coa cooperación municipalista a través da promoción da localización da Axenda 2030 e da reactivación da colaboración en cooperación no exterior co Fondo Galego. Ao tempo, impulsou o traballo conxunto cos comités das axencias especializadas das Nacións Unidas (UNICEF, ACNUR e UNRWA). e. Unha Cooperación Galega que reforzou o carácter participativo e participado da política pública de cooperación a través do CONGACODE, dos procesos de diálogo de políticas no marco da actualización normativa da Xunta de Galicia no ámbito da acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento, e da elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega. 9. Unha Cooperación Galega participativa e transparente que rende contas á cidadanía dos seus logros colectivos a través de: a. A accesibilidade da información na web da Cooperación Galega verbo da planificación da Cooperación Galega, dos seus instrumentos de axuda, das intervencións financiadas, das avaliacións das súas actuacións e das memorias anuais de xestión. b. Un activo diálogo cos axentes galegos de cooperación, especialmente coas ONGD, que xestionaron o 79 % dos recursos desembolsables. 10. Unha Cooperación Galega con retos pendentes nos seguintes aspectos: a. O reforzamento do diálogo de políticas mediante a creación dun grupo de traballo específico no CONGACODE para a orientación e asesoramento do vindeiro ciclo de planificación. b. Dar continuidade ás liñas de actuación vinculadas á loita contra a COVID-19 e as súas consecuencias negativas sobre as comunidades e países socios, e valorar a ampliación dos ámbitos estratéxicos á loita contra o cambio climático e a defensa e promoción dos dereitos humanos xunto coa elaboración de estratexias sectoriais nos eidos de especial interese e especialización da Cooperación Galega. c. A aseguranza do incremento anual orzamentario do programa 331A de cooperación para o desenvolvemento e o aumento do esforzo investidor no horizonte de acadar como mínimo o esforzo inversor do 0,1 % do orzamento total consolidado. d. A identificación de oportunidades para a constitución de novas alianzas territoriais multiactor e multinivel nos países prioritarios e ámbitos estratéxicos de especialización da Cooperación Galega, promovendo, ademais, a creación de
7 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE instrumentos estables de financiamento de intervencións a medio e longo prazo en cooperación e educación para a cidadanía global. e. A identificación de novas oportunidades de complementariedade e coordinación no marco do proceso de reforma e modernización da Cooperación Española. f. O fortalecemento da actual coordinación e diálogo da Xunta de Galicia coas Entidades Locais en Galicia promovendo as complementariedades e a harmonización estratéxica e operativa coa cooperación municipalista no marco da Axenda 2030 e os procesos de localización dos ODS. g. A continuidade nos procesos de construción de capacidade do sistema galego de cooperación mediante o financiamento de actividades orientadas ao fortalecemento e capacitación dos axentes galegos de cooperación. h. A dinamización e ampliación dos actuais procesos de xestión do coñecemento e de aprendizaxes institucionais xerados polos estudos e avaliacións financiadas pola Cooperación Galega. i. Incrementar a difusión pública á cidadanía dos resultados da Cooperación Galega co obxectivo de mellorar a visibilidade dos logros colectivos na consecución da Axenda 2030 e dos ODS.
8 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 2 infografías
9 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE
16 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso comunidades autónomas e Cooperación nos que participa a Xunta de Galicia. Exteriores, Unión Europea e Cooperación non convocou ningunha xuntanza. 16. Reunións do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 celebradas. En 2018 a Xunta de Galicia participou na xuntanza do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 celebrada o 29 de xuño en Madrid. En abril de 2019 o Goberno de España modificou a gobernanza para a Axenda 2030. A raíz desta reforma, as Comunidades Autónomas deixaron de formar parte do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 e pasan a integrarse na Comisión Nacional para a Axenda 2030. Actualmente, este órgano de coordinación recibe a denominación de Conferencia Sectorial para la Agenda 2030 na que participou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nas súas dúas xuntanzas do ano 2020. 17. Encontros de comunidades autónomas e cooperación celebrados. Entre 2018 e 2021 a DXRREE e UE participou nos XI, XII, XIII e XIV Encontros de Comunidades Autónomas e Cooperación para ao Desenvolvemento que se celebraron en Alacante (26-27 de abril de 2018), Palma de Mallorca (21-22 de febreiro de 2019), Bilbao (20-21 de febreiro de 2020), Mérida e Cáceres (24-26 de novembro de 2021). No mes de maio de 2020 a Xunta de Galicia presentou unha declaración conxunta con todas as CCAA e nove fondos de cooperación municipalista baixo o lema “Da crise sáese cooperando”, enmarcada na crise da COVID19. L.A.4.2. Incentivar a actuación conxunta e complementaria dos actores e axentes galegos de cooperación. 4.2.1. Un 2030% da axuda total desembolsada a través das convocatorias e convenios da DXRREE e UE aos axentes de cooperación financia proxectos en agrupación. 18. Proxectos en agrupación financiados. No cuadrienio 2018-2021 un 25 % (5.742.563 €) da axuda total desembolsada (23.044.168 €) a través das convocatorias e convenios da DXRREE e UE aos axentes de cooperación financiou proxectos en agrupación. L.A.4.3. Reforzar a colaboración transfronteiriza cos axentes portugueses de cooperación. 4.3.1. Nº de actividades financiadas pola DXRREE e UE aos axentes de cooperación nas que participan axentes de cooperación portugueses. 19. Proxectos financiados pola DXREEE e UE. Entre 2018 e 2021 a DXRREE e UE financiou actividades nas que participaron axentes de cooperación portugueses no marco do convenio anual subscrito co Fondo Galego. As actividades financiadas foron: “A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento” (maio 2018), “I Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: Os municipios, pezas clave do desenvolvemento” (novembro 2019), “Intercambios Galicia-Portugal: os municipios a prol dos ODS” (novembro-decembro 2019), “II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía. A localización dos ODS tras a Covid-19: unha mirada desde o xénero” (novembro 2021). En 2020 elaborouse un memorando de entendemento e unha base de datos da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS. E 27 representantes da
17 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso Administración local galega e de Países de Lingua Oficial Portuguesa participaron nunha campaña de concienciación sobre o impacto da COVID-19 nos países máis empobrecidos. En 2021 axentes da cooperación municipalista portuguesa participaron nun dos webinars organizados sobre a Axenda 2030 na cooperación municipalista. R.X.5. Os actores e axentes da Cooperación Galega fortalecen a súa capacidade institucional para a consecución dos ODS L.A.5.1. Reforzar as capacidades técnicas e de xestión da DXRREE e UE. 5.1.2. Nº de asistencias técnicas orientadas ao reforzamento da capacidade da DXRREE e UE en acción humanitaria, avaliación e educación para o desenvolvemento. 20. Asistencias técnicas realizadas. Entre 2018 e 2021 contratáronse asistencias técnicas especializadas nos seguintes eidos: identificación dunha iniciativa no ámbito da pesca artesanal na baía de Sechura (Perú); avaliacións ex-ante dos proxectos presentados ás convocatorias; avaliacións expost de proxectos financiados pola Cooperación Galega en Mozambique, Honduras e O Salvador, e Guatemala; estudo diagnóstico sobre ODS de ámbito social; estudo sobre o impacto das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento; estudo sobre a inclusión dun título de Cooperación para o Desenvolvemento no anteproxecto de Lei reguladora da Acción Exterior da Xunta de Galicia; avaliacións intermedia e final do IV Plan director, elaboración da Estratexia de resposta fronte á COVID-19 da Cooperación Galega, e procesos de identificación en Mozambique e Cuba para proxectos de cooperación directa por parte do CETMAR. L.A.5.2. Fortalecer a capacidade da Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego e das Universidades galegas integradas na Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. 5.2.1. Nº de convenios formalizados pola DXRREE e UE coa Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego e Universidades galegas integradas na Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. 21. Convenios formalizados anualmente coa CGONGD, Fondo Galego e Universidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. Entre 2018 e 2021 asináronse cadanseus convenios anuais coa Coordinadora Galega de ONGD (380.000 €) e o Fondo Galego (220.000 €). En 2018 e 2021 asináronse convenios coa Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (122.577 €). L.A.5.3. Apoiar a formación e capacitación especializada dos actores e axentes galegos de cooperación. 5.3.1. Nº de actividades de formación e capacitación especializada financiadas a través dos convenios coa Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego e Universidades galegas integradas na Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. 22. Informes de execución dos convenios formalizados coa CGONGD, Fondo Galego e Universidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. A Coordinadora Galega de ONGD no marco dos convenios formalizados entre 2018 e 2021 organizou en 2018 unhas xornadas sobre os ODS e o papel da sociedade civil organizada. Ademais, participou nas II Xornadas Transfronteirizas para a Educación para o Desenvolvemento en Lisboa e realizou un curso baseado no enfoque de dereitos humanos e xestión por resultados. En 2019 organizou un curso de formación sobre avaliación de proxectos e iniciativas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global e outro sobre “Ciberactivismo, como identificar e combater discursos de odio”. Tamén participou na organización dunha formación sobre Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global dentro da programación do Centro Autonómico de Formación e
18 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso Información (CAFI) da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. En 2020 ofertáronse catro formacións de ámbito autonómico: “Ferramentas, metodoloxías e habilidades para traballar a Educación para a Cidadanía Global dende o espazo virtual” ao que asistiron 29 persoas. Curso sobre “Procesos, usos e necesidades para o traballo en liña nas organizacións” ao que asistiron 26 persoas. “Enfoque de xénero baseado nos dereitos humanos” que contou coa asistencia de 30 persoas. Curso de “Xestión baseada en Resultados de desenvolvemento” cuxa asistencia foi de 28 persoas. Xunto a estes, persoal galego das ONGD e membros da Xunta Directiva da CGONGD formáronse no marco dos cursos ofertados pola Coordinadora Estatal sobre: oportunidades de financiamento e licitacións, estratexias de comunicación dixital e voluntariado. Tamén se participou no “V Congreso Internacional de Estudos do Desenvolvemento de Hegoa. “Desafíos ao desenvolvemento: procesos de cambio cara á xustiza global”. En 2021 a CGONGD organizou as seguintes formacións: “Paradigmas da cooperación ao desenvolvemento e perspectivas sobre as mulleres e a desigualdade de xénero”, ao que asistiron 19 persoas. “Como integrar a perspectiva de xénero en proxectos de auga”, ao que asistiron 14 persoas. “ Como facer un diagnóstico do impacto da pandemia dende a perspectiva de xénero”, que contou coa asistencia de 12 persoas. “Introdución á inclusión da perspectiva de xénero en proxectos de desenvolvemento”, cunha asistencia de 7 persoas. “Mainstreaming de xénero e cambio proequidade a nivel interno das organizacións (mirar ao interno das organizacións e saber que pasos temos que dar)” ao que asistiron 14 persoas. Ademais, financiáronse 9 matrículas para persoal técnico de distintas ONGD para a súa asistencia a outras actividades formativas, e a asistencia de 3 persoas ao “V Congreso de Educación Transformadora de Hegoa”. O Fondo Galego no marco dos convenios formalizados entre 2018 e 2021 realizou en 2018 unha formación sobre a localización dos ODS e a xestión da política pública municipal de cooperación ao desenvolvemento. En 2019 organizou unha formación práctica denominada “Intercambios con municipios portugueses sobre a implementación e localización dos ODS”. E en 2019 e 2021 celebráronse cadansúa edición do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía na cidade de Santiago de Compostela e en Braga. coa asistencia de representantes de entidades locais de Galicia, Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Cabo Verde e São Tomé e Príncipe, e da Xunta de Galicia.
19 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso No ano 2020, no marco do convenio anual co Fondo Galego, púxose en marcha unha plataforma en liña de formación sobre municipalismo e ODS, e ofertouse o primeiro curso, ‘Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible’, ao que asistiron 20 persoas representantes políticas ou técnicas da Administración local galega. En 2021, celebrouse unha nova edición do curso en liña ao que asistiron 20 persoas representantes políticas ou técnicas de 12 entidades locais galegas. Tamén se realizou un ciclo de webinars que contou coa participación de 32 representantes de 22 administracións locais galegas e 5 representantes de 4 entidades dos países empobrecidos. Por último, acompañouse tamén a 6 concellos (Barreiros, Cabanas, Fene, Pontedeume, San Sadurniño e Tomiño) na elaboración de cadanseus Plans de implementación da Axenda 2030. No cuadrienio 2018-2021 a RGCUD no marco do convenio formalizado realizou en 2018 catro obradoiros sobre ODS e Axenda 2030 para persoal docente e investigador nas universidades do Sistema Universitario Galego e dous obradoiros sobre Investigación para o Desenvolvemento nos Traballos de Fin de Grao e Traballos de Fin de Mestrado. Na Universidade da Coruña, ademais, realizouse o Curso de formación específica de posgrao en cooperación e educación para o desenvolvemento. En 2019 a RGCUD realizou catro obradoiros sobre ODS e Axenda 2030 para persoal docente e investigador nas universidades do Sistema Universitario Galego, un obradoiro titulado “A USC de cara á implementación da Axenda 2030. O reto do cambio climático”, e nove obradoiros para o alumnado de Traballo de Fin de Grao e Traballo de Fin de Mestrado sobre cooperación, educación para o desenvolvemento e investigación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030. Ademais, a Universidade de Santiago de Compostela organizou o VIII Congreso Estatal de Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento en novembro. En 2021, realizaron 15 actividades formativas no eido dos ODS e a Axenda 2030, a formulación e xustificación de proxectos, o voluntariado e o aprendizaxe-servizo, ás que asistiron 333 persoas. En xuño de 2019 e xuño de 2021, a DXRREE e UE colaborou coa EGAP na organización de dúas edicións do curso “A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas” dirixido a persoal das administracións públicas galegas. En setembro de 2021 colaborou coa Fundación Galicia Europa na celebración da
20 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso primeira edición do curso de especialización en financiamento europeo para as ONGD galegas. 5.3.2. Nº de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento concedidas. 23. Bolsas de formación de persoas expertas concedidas. Entre 2018 e 2021 concedéronse 18 bolsas de formación de persoas expertas en cooperación: seis bolsas na sede da DXRREE e coa UE e doce bolsas no exterior (República Dominicana, Guatemala, Perú e Mozambique). 24. Estudo sobre o impacto das bolsas de formación de persoas expertas. En 2019 realizouse unha avaliación externa ex-post do programa de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional dende o seu inicio en 2002. 25. Estudo de revisión da convocatoria de fortalecemento e consolidación, e sobre as necesidades de fortalecemento e capacitación dos axentes galegos de cooperación. Non se produciron avances na entrega deste produto. L.A.5.4. Reforzar a cultura de avaliación, investigación e aprendizaxe colectiva dos actores e axentes de cooperación. 5.4.1. Un documento marco de avaliación da Cooperación Galega elaborado participativamente e divulgado. 26. Documento marco de avaliación da Cooperación Galega. Non se produciron avances na entrega deste produto por mor do proceso de revisión dos criterios de avaliación realizada polo CAD da OCDE e que foi aprobado o 10 de decembro de 2019. 5.4.2. Nº de encontros de socialización, presentación de resultados e rendición de contas dos actores e axentes de cooperación abertos á cidadanía celebrados. 27. Encontros de socialización, presentación de resultados e rendición de contas celebrados. Entre 2018 e 2021 celebráronse en 2018 dous encontros de socialización, presentación de resultados e rendición de contas. O primeiro no marco da presentación das novidades das convocatorias de axudas 2018 e o segundo para a presentación de resultados e rendición de contas da avaliación ex-post dos proxectos da Cooperación Galega en Mozambique entre 2010 e 2017. En 2019 celebrouse un encontro para a presentación de resultados e rendición de contas da avaliación ex-post dos proxectos da Cooperación Galega en Honduras e O Salvador entre 2010 e 2017. 5.4.3. Nº de proxectos financiados a través da convocatoria de investigación para o desenvolvemento dirixida aos grupos e centros de investigación das Universidades galegas. 28. Convocatorias de investigación para o desenvolvemento resoltas. En 2019 e 2021 publicouse a convocatoria bienal para proxectos de investigación e creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, resultando financiados un total de 10 proxectos.
21 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso 5.4.4. Nº de avaliacións das intervencións financiadas nun mínimo de 2 países prioritarios realizadas e difundidas. 29. Avaliacións de proxectos no exterior en 2 países prioritarios. Entre 2018 e 2021 realizáronse tres avaliacións externas ex-post das intervencións financiadas pola Cooperación Galega entre 2010 e 2017 en Mozambique, Honduras e O Salvador, e desde 2010 en Guatemala L.A.5.5. Dar continuidade ao investimento en recursos humanos especializados dos axentes galegos de cooperación. 5.5.1. Até o 70% do custo total do proxecto nas convocatorias e convenios permite financiar gastos en recursos humanos . 30. Bases das convocatorias publicadas. Entre 2018 e 2021 as convocatorias e convenios permitiron financiar os gastos en recursos humanos até un 70 % do custo total do proxecto. L.A.5.6. Facilitar o acceso dos actores e axentes galegos a novas fontes de financiamento internacional. 5.6.1. Nº de proxectos cofinanciados pola Xunta de Galicia aos axentes de cooperación aprobados por organismos internacionais nos ámbitos estratéxicos e países prioritarios da Cooperación Galega. 31. Convenios de cofinanciamento formalizados. Entre 2018 e 2021 a Fundación CETMAR recibiu financiamento da Unión Europea para o desenvolvemento de dous proxectos no sector da pesca. L.A.5.7. Favorecer a concorrencia competitiva no acceso aos recursos desembolsables da Cooperación Galega. 5.7.1. O 70-75% da axuda desembolsable xestionada pola DXRREE e UE canalizarase a través de convocatorias públicas e o 25-30% a través de convenios. 32. Informes anuais da Cooperación Galega. Entre 2018 e 2021 o 80 % da axuda desembolsable xestionada pola DXRREE e UE canalizouse través de convocatorias públicas e o 20 % a través de convenios R.X.6. A cidadanía galega accede a unha información de calidade sobre os logros colectivos da Cooperación Galega na consecución dos ODS. L.A.6.1. Facilitar o acceso público a toda a información sobre as actividades de cooperación. 6.1.1. Grao de dispoñibilidade de información actualizada sobre toda as actividades da DXRREE e UE en cooperación na páxina web da Cooperación Galega. 33. Páxina web da Cooperación Galega actualizada. Entre 2018 e 2021 mantivéronse actualizados os contidos da páxina web da Cooperación Galega nas súas diversas seccións: a Cooperación Galega, planificación e rendición de contas, proxectos e avaliacións, instrumentos de financiamento, rexistro de axentes. 6.1.2. Nº de publicacións e actividades de difusión anual dos resultados da Cooperación Galega. 34. Informes anuais da Cooperación Galega difundidos. No cuadrienio 2018-2021 editáronse e divulgáronse as seguintes publicacións: IV Plan Director da Cooperación Galega (20182021); Informe 2017 da Cooperación Galega, Informe 2018 da Cooperación Galega, Informe 2019 da Cooperación Galega, Informe 2020 da Cooperación Galega. 6.1.3. Unha análise intermedia de seguimento e unha avaliación final externas e 35. Análise intermedia do IV Plan director realizada. A análise intermedia do IV Plan Director desenvolveuse no primeiro semestre do 2020.
22 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Resultados de Xestión Liñas de acción Indicadores2 Produtos Grao de progreso independentes da execución do IV Plan director da Cooperación Galega realizadas e difundidas. 36. Avaliación final do IV Plan director realizada. A avaliación final do IV Plan Director iniciouse no derradeiro trimestre de 2021 na parte cuantitativa e entregouse en xuño de 2022.
23 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE II. Informe da avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 1. Introdución Este informe ten por obxectivo presentar os resultados da avaliación final externa do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2018-2021). Este informe foi realizado por unha asistencia técnica externa a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) da Xunta de Galicia, sendo dirixida pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior (SDXCE). Este informe abrangue unha análise das accións correspondentes ao cuadrienio 2018-2021 centrando a súa atención especialmente naquelas iniciativas desenvolvidas ao abeiro do IV Plan Director. A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento estableceu un modelo para a planificación e programación da axuda oficial ao desenvolvemento (AOD) da Xunta de Galicia baseado na elaboración de plans directores estratéxicos de duración cuadrienal que a súa vez se despregan en cadanseus plans anuais. Estes plans directores conteñen os obxectivos e as prioridades xeográficas e sectoriais así como unha previsión dos recursos orzamentarios que orientarán a actuación da Cooperación Galega para o desenvolvemento durante o seu período de vixencia. Como resultado da modernización estratéxica e operativa desde o ano 2006 do sistema galego de cooperación téñense executado previamente tres plans directores cuadrienais, abranguendo o vixente IV Plan Director o período 2018-2021. O 5 de abril de 2021 entrou en vigor a Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia que derrogou a Lei 3/2003. No seu título VIII dedicado á cooperación para o desenvolvemento, o artigo 83 dá continuidade ao previsto na anterior Lei de xeito que a planificación e programación da AOD galega basearase en Plans directores cuadrienais que fundamentan os plans anuais de acción. A finais de 2017 iniciouse o cuarto ciclo de planificación estratéxica participativa baseada nos correspondentes exercicios externos e independentes de avaliación intermedia (2016) e final (2017) do III Plan Director. Este IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) recibiu o apoio maioritario do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) reunido o 18 de abril de 2018, sendo aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 3 de maio, e recibindo a aprobación maioritaria do Parlamento de Galicia o 22 de xuño do mesmo ano. No CONGACODE non recibiu ningún voto en contra dos axentes de cooperación pero non acadou o voto favorable do conxunto dos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia. O IV Plan Director deu continuidade ao proceso de consolidación da mellora da calidade e eficacia da Cooperación Galega consonte aos seguintes criterios: a) O aliñamento coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, contribuíndo aos esforzos colectivos da cidadanía galega e dos actores públicos e axentes de cooperación para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). b) A continuidade na planificación estratéxica baseada no modelo de xestión orientada a resultados de desenvolvemento, reforzando a identidade, as vantaxes comparativas e o valor engadido da Cooperación Galega. c) A previsibilidade dos recursos dispoñibles no marco dun crecemento sustentable do Programa 331A de cooperación exterior para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.
24 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) d) A transparencia e promoción dunha participación ampla e activa dos actores e axentes galegos de cooperación durante o seu proceso de execución, de tal xeito que resulte coherente cos principios dunha política pública participativa e participada. O IV Plan Director representou unha renovación do compromiso da Xunta de Galicia coa cooperación ao desenvolvemento como política pública a través da elaboración e aprobación do seu marco estratéxico e operativo cuadrienal e da dotación orzamentaria do programa 331 de cooperación ao desenvolvemento da Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia xestionado a través da DXRREE e UE. A execución do IV Plan Director viuse favorecida pola aprobación parlamentaria e entrada en vigor da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Ao tempo, a pandemia da COVID-19 afectou negativamente ás persoas e comunidades socias da Cooperación Galega e aos seus axentes de cooperación de tal xeito que a DXRREE e UE promoveu a elaboración participativa dunha Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega complementaria do IV Plan Director e que estará vixente durante a situación de pandemia. Ao tempo, durante o cuadrienio 2020-2021, o Goberno de España impulsou a reforma e modernización do sistema español de cooperación, proceso no que ten participado activamente a Xunta de Galicia e que terá como resultado unha nova Lei estatal de cooperación para o desenvolvemento sustentable e a solidariedade global e un novo Plan Director para o período 20222025. Estas dúas circunstancias motivaron a prórroga da vixencia do IV Plan Director da Cooperación Galega e a decisión de adiar o proceso de planificación estratéxica participativa para o segundo semestre do 2022. A través deste informe de avaliación preséntanse os principais resultados acadados ao abeiro do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) co fin de garantir unha adecuada rendición de contas á cidadanía así como asegurar a transparencia da política pública de solidariedade global da Xunta de Galicia. 2. Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento. 2.1. Antecedentes e obxectivos A Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia establece como criterios da política pública autonómica de cooperación para o desenvolvemento “a eficiencia, responsabilidade e transparencia na xestión dos recursos públicos destinados á cooperación para o desenvolvemento, establecendo uns criterios de avaliación e indicadores que fagan posible a medición do impacto e do logro de resultados para a rendición de contas á sociedade” (art. 82.d). Ao tempo, tamén fixa a “participación dos axentes de cooperación na planificación, o seguimento e a avaliación desta política pública” (art. 82.g). Por outra banda, establece un mandato en relación á elaboración dos Plans Directores de tal xeito que “o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento basearase para a súa formulación na avaliación participativa do plan director precedente, e habilitará os espazos e mecanismos de consulta oportunos promovendo a participación plural, activa e inclusiva dos axentes de cooperación” (art. 83. 2).
25 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE As avaliacións constitúen o núcleo principal do sistema de xestión do coñecemento da Cooperación Galega ao servizo da aprendizaxe colectiva, a transparencia e a rendición de contas á cidadanía galega. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) a través da Subdirección Xeral de Cooperación Exteriores (SDXCE) integrada na Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, como centro directivo competente en materia de cooperación ao desenvolvemento da Xunta de Galicia “promoverá a aprendizaxe colectiva e o fortalecemento da capacidade para a xestión do coñecemento dos axentes de cooperación a través da realización de estudos e investigacións e a habilitación de espazos e mecanismos para o intercambio de coñecementos e boas prácticas no logro de resultados de desenvolvemento” (art. 86.1). Ao tempo, tamén se indica que a DXRREE e UE “promoverá a rendición de contas á sociedade galega a través da avaliación do Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento vixente, dos instrumentos de cooperación e das actuacións financiadas con recursos do sector público autonómico. A avaliación rexerase polos criterios básicos de pertinencia, eficacia, eficiencia, impacto e sustentabilidade e mais pola metodoloxía de avaliación da cooperación española e da Unión Europea, integrando o enfoque de xénero e de dereitos humanos. Os informes resultantes da avaliación dos plans directores da cooperación galega serán presentados anualmente ao Parlamento de Galicia polo órgano competente” (artigo 86.2). Por último, ao Consello da Xunta de Galicia correspóndelle “aprobar e acordar a remisión ao Parlamento de Galicia dun informe cuadrienal sobre a avaliación final do Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento, elaborado polo órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento” (art. 87.c). Os resultados deste informe de avaliación final tamén deberán ser presentados ante o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE), tal e como se prescribe no artigo 89.3.c da Lei 10/2021. O IV Plan Director da Cooperación Galega ao Desenvolvemento (2018-2021) recoñece como un dos seus resultados de xestión (R.X.6.) que “a cidadanía galega accede a unha información de calidade sobre os logros colectivos da Cooperación Galega na consecución dos ODS” a través da acción de “facilitar o acceso público a toda a información sobre as actividades de cooperación” (L.A.6.1). Esta acción compleméntase co obxectivo de “reforzar a cultura de avaliación, investigación e aprendizaxe colectiva dos actores e axentes de cooperación” (L.A.5.4). Ao tempo, o modelo de xestión orientada a resultados de desenvolvemento salienta a necesidade de que a toma de decisións estratéxicas e operativas se realice con base en información de calidade e relevante que achegue datos, feitos e evidencias. Xa que logo, as avaliacións cóidanse necesarias por un dobre motivo: a) Por constituíren un elemento imprescindible para que a política de axuda avance progresivamente cara a unha maior calidade e impacto. b) Por facilitaren a rendición de contas esixible a toda política de cooperación levada a cabo con fondos públicos. Neste senso, consonte ao Plan Anual 2021 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento e dando cumprimento ao indicador I.6.1.3 do IV Plan Director realizarase unha avaliación final externa e independente, debendo presentarse os seus resultados con antelación suficiente para que poidan orientar o novo ciclo de planificación. Os resultados desta avaliación difundiranse publicamente, mandato que desenvolve o presente informe. De vez, esta avaliación achega á unidade responsable da xestión do IV Plan Director recomendacións e propostas de mellora útiles, realistas e pragmáticas para optimizar a eficacia e eficiencia dos esforzos institucionais, organizativos e operativos de cara
32 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) cooperación e acción humanitaria. A principal achega desta estratexia consistiu na definición de tres ámbitos estratéxicos específicos deseñados para optimizar os activos, recursos e instrumentos da Cooperación Galega na loita contra a pandemia e as súas negativas consecuencias que afectaron e seguen a afectar gravemente ás comunidades e persoas máis vulnerables. b) A situación excepcional provocada pola pandemia da COVID-19 e a formulación da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega, complementaria do IV Plan Director, ten motivado a prórroga da vixencia do actual Plan Director para alén do ano 2021. Tal e como se establece na devandita Estratexia, esta constituirá o marco de referencia estratéxico e operativo para a Cooperación Galega durante a situación de pandemia. Para todas aquelas cuestións non previstas nesta Estratexia seguirá en vigor subsidiariamente o establecido no IV Plan Director da Cooperación Galega. Ante a prevalencia da pandemia, a DXRREE e UE ten trasladado aos axentes galegos de cooperación a idoneidade de dar comezo aos traballos de elaboración do V Plan Director da Cooperación Galega no segundo semestre do 2022 ao contar cun marco estratéxico de transición adaptado ás actuais circunstancias nos países e comunidades socias. c) Actualmente estase a desenvolver o proceso de reforma e modernización do sistema español de cooperación impulsado polo Goberno de España e liderado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Este proceso aborda a necesidade de fortalecer o deseño institucional e a gobernanza do sistema da Cooperación Española co fin de definir unha estrutura máis integrada que favoreza unha actuación máis coordinada, estratéxica e eficaz, asegurando de vez a coherencia das políticas. Entre os principais obxectivos, atópanse a elaboración dunha nova lei estatal de cooperación para o desenvolvemento, a reforma da AECID, da cooperación financeira e do estatuto do cooperante, e alcanzar o 0,7% da RNB en 2030. En novembro de 2021, o MAEC presentou perante o Consejo Estatal de Cooperación do proxecto de Lei da Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global. Ao tempo, anunciouse que o VI Plan Director da Cooperación Española abranguerá o período 2022-2025. A relevancia desta reforma integral da arquitectura do sistema español de cooperación e o compromiso da Cooperación Galega coa coordinación e a complementariedade coa Cooperación Española tamén influíron na decisión de adiar ao segundo semestre do 2022 o proceso participativo de elaboración do V Plan Director da Cooperación Galega. d) O 5 de abril de 2021 entrou en vigor a Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Durante a vixencia do III Plan Director (2014-2017), a falta de consenso social e político motivou que a proposta dunha nova Lei galega de cooperación para o desenvolvemento prevista neste Plan Director ficase sen executarse. En 2019 a Xunta de Galicia iniciou o proceso para a remisión ao Parlamento de Galicia dun anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A DXRREE e UE asumiu a dirección dos traballos técnicos relativos ao Título VIII dedicado en exclusiva á cooperación para o desenvolvemento e facilitou a participación dos axentes galegos de cooperación na elaboración do articulado deste Título. O anteproxecto foi sometido a exposición pública entre xullo e setembro de 2019 sendo integradas no seu articulado alegacións realizadas polos axentes de cooperación. O 30 de xaneiro de 2020 o anteproxecto de Lei foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e
33 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE remitido ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación. A convocatoria anticipada de eleccións e disolución do Parlamento de Galicia do día 10 de febreiro de 2020 finalizou a tramitación parlamentaria deste proxecto de lei. Tras o inicio da XI Lexislatura, o Consello da Xunta de Galicia remitiu ao Parlamento de Galicia outra volta o anteproxecto de Lei sendo aprobada no pleno celebrado o 23 de febreiro de 2023. Esta nova Lei contou cos votos a favor do PPdeG, a abstención do BNG e os votos en contra do PSdeG. Xa que logo, durante a vixencia do IV Plan Director desenvolveuse un proceso aberto de elaboración do Título VIII da nova Lei na que participaron os principais axentes da Cooperación Galega. No articulado desta Lei recolléronse as súas demandas, especialmente as relativas ao sistema de financiamento e control das axudas e subvencións, establecendo no seu artigo 94 un sistema específico adaptado ás singularidades da cooperación para o desenvolvemento. Estas novidades reguladoras da política pública de cooperación para o desenvolvemento en Galicia teñen eliminado grande parte dos puntos críticos que xeraban insatisfacción nos axentes de cooperación facilitando unha valoración máis favorable dos impactos positivos xerados polo IV Plan Director. e) Tras da aprobación polas Nacións Unidas a finais de 2015 da nova axenda global de desenvolvemento que se materializa na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable e os seus 17 ODS puxéronse en marcha os procesos de localización da Axenda 2030 a nivel estatal e sub-estatal. O Goberno de España aprobou en xuño de 2018 o Plan de acción para a implementación da Axenda 2030 e impulsou a creación da estrutura institucional para a gobernanza da Axenda que actualmente depende da Secretaría de Estado para la Agenda 2030 integrada no Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. O 18 de xullo de 2018 e o 15 de xullo de 2021, España superou cadanseu exame voluntario perante o Foro Político de Alto Nivel (FPAN) das Nacións Unidas. Actualmente a gobernanza española da Axenda 2030 está integrada por unha Comisión Delegada del Gobierno para la Agenda 2030, a Conferencia Sectorial para la Agenda 2030 e o Consejo de Desarrollo Sostenible . Desde 2018 publícase ademais un Informe de progreso sobre a implementación da Axenda 2030 en España. En Galicia, a Xunta de Galicia realizou un estudo sobre a implantación da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable pola Administración autonómica. A raíz deste estudo, impulsáronse os procesos institucionais de gobernanza da Axenda 2030 coa creación en novembro de 2019 da Comisión interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 en Galicia. A coordinación do grupo de traballo no ámbito social foille encomendada ao Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. f) A recuperación económica e o incremento dos ingresos fiscais motivaron o crecemento dos orzamentos anuais da Xunta de Galicia, medrando entre 2018 e 2019 a dotación orzamentaria do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A pesar das consecuencias negativas da pandemia da COVID-19 sobre os ingresos públicos, o aumento do endebedamento e do gasto público no eido sanitario e social, no bienio 2020 e 2021 o orzamento desembolsado ao abeiro do programa 331A mantivo taxas positivas de crecemento anual. g) Entre 2014 e 2017 as persoas representantes das ONGD no CONGACODE votaron en contra do proxecto de III Plan Director e dos Plans Anuais da Cooperación Galega no marco das campañas reivindicativas e accións de incidencia política das ONGD respecto dos severos
34 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) recortes sufridos pola cooperación ao desenvolvemento a nivel local, autonómico e estatal. En relación ao IV Plan Director, as persoas representantes das ONGD no CONGACODE abstivéronse e, posteriormente, votaron a favor dos Plans Anuais da Cooperación Galega dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021. Deste xeito recuperouse de vagar o consenso social e político sobre a política pública galega de cooperación, proceso tamén favorecido pola elaboración participativa do anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia e pola participación activa dos axentes de cooperación no proceso de planificación da Estratexia de reposta á COVID-19 da Cooperación Galega. h) A execución do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) realizouse de maneira simultánea á do V Plan Director da Cooperación Española (2018-2021), aprobado en marzo de 2018 polo Consello de Ministros presidido por Mariano Rajoy. Este V Plan Director aprobouse tras dun proceso de elaboración no que o texto contou coa crítica e rexeitamento por parte das ONGD, partidos políticos, gobernos autonómicos e locais, etc. De todos os xeitos, por vez primeira teñen coincidido os ciclos de planificación da Cooperación Española e Galega de tal xeito que podería constituír unha oportunidade para a retroalimentación mutua nos seus avances e progresos así como do vindeiro ciclo de planificación da Cooperación Galega. i) Os resultados das eleccións autonómicas de xullo de 2020 determinaron a continuidade no goberno da Xunta de Galicia do partido político que asumira a formulación e xestión do vixente IV Plan Director de tal xeito que a execución do seu marco de resultados realizouse consonte ao previsto, agás coas modificacións sinaladas no apartado a) derivadas da pandemia da COVID-19. Este equipo responsable da gobernanza da Cooperación Exterior da Xunta de Galicia dirixiu o proceso de avaliación externa do IV Plan Director e liderará o proceso participativo de elaboración do V Plan Director. Como resultado destas eleccións o órgano directivo competente en cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia pasou a denominarse Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e na que se integrou a DXRREE e UE (Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, DOG, n. 190, de 18 de setembro de 2020). j) Consonte ás sentenzas do Tribunal Constitucional en relación á Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local as Entidades Locais poderán exercer as súas competencias en cooperación para o desenvolvemento con plena autonomía nun marco de coordinación e respecto dos principios, directrices, fins e obxectivos da Política Exterior do Estado e mais dos instrumentos de planificación da acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 10/2021 reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia recoñece estas competencias no seu artigo 98. k) As crises humanitarias derivadas de catástrofes naturais e a crise ecolóxica (volcán de Fuego, ciclón Idai, inundacións en Ecuador, fame no Sahel, tormentas tropicais Eta e Iota en Honduras, ciclóns en Mozambique, terremoto en Haití), pandemias (COVID-19, Ébola) e conflitos armados (crise das persoas refuxiadas e desprazadas polos conflitos en Siria, Iraq e Afganistán, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Mozambique, Iemen e Ucraína) demandan unha resposta coordinada así como un maior compromiso político das administracións públicas galegas coa cooperación ao desenvolvemento e a
35 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE acción humanitaria. Ao tempo, a Cooperación Galega deu continuidade á súa cooperación no eido humanitario co pobo saharauí e con Palestina. Dentro da fase de diagnose previa do ciclo de avaliación do IV Plan Director analizouse a lóxica de planificación que fundamenta a coherencia interna do mesmo. A seguir recuperamos a devandita lóxica que ten sido elaborada tras a análise dos elementos relativos á estrutura, procesos e resultados e tendo en conta os criterios da política pública de cooperación para o desenvolvemento da Cooperación Galega así como os indicadores do seu marco de resultados. Desde esta perspectiva, o IV Plan Director desenvolveu dous procesos principais que se sintetizan na definición de misión do mesmo e que abranguen dous tipos de actividades: as actividades de cooperación e acción humanitaria, e mais as actividades de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Os procesos vinculados ás actividades da Cooperación Galega agardaban contribuír a resultados de desenvolvemento coa seguinte definición de impacto: a) Impacto do proceso vencellado ás actividades de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria: Mediante a política pública de cooperación para o desenvolvemento, a sociedade galega contribúe ao logro dos Obxectivos de desenvolvemento sustentable co fin de erradicar a pobreza nas súas múltiples dimensións, construír a resiliencia de persoas e comunidades, reducir as desigualdades, promover a realización efectiva dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, e favorecer modelos de produción e de consumo sostibles para a conservación do planeta. As accións da Cooperación Galega orientaranse á promoción de cambios positivos e sostibles e a longo prazo nas condicións de vida das persoas para a realización do dereito ao desenvolvemento humano integral e sustentable dos países e comunidades cos que se asocia a Cooperación Galega. b) Impacto do proceso vencellado á actividade de educación para o desenvolvemento e cidadanía global: As accións da Cooperación Galega contribuirán á construción dunha cidadanía global concienciada, comprometida e participativa que apoia as políticas e accións de solidariedade a nivel local e global. A nivel dos subprocesos, identificáronse nove niveis de análise asociados aos criterios da política pública galega de cooperación aos que se vinculan os indicadores de desempeño correspondentes. Xa que logo, o IV Plan Director foi deseñado para producir dúas castes de resultados: a) Seis resultados de xestión, entendidos como os logros colectivos relativos a aqueles aspectos internos organizativos que a Cooperación Galega debe acometer para a consecución dos resultados de desenvolvemento. b) Cinco resultados de desenvolvemento a través da definición de cinco ámbitos estratéxicos da Cooperación Galega. Estes ámbitos estratéxicos afirman o valor diferencial e a especialización coherente da Cooperación Galega, resultado da experiencia e traxectoria histórica da actuación conxunta dos actores e axentes galegos de cooperación en alianza cos seus socios de desenvolvemento. Ao tempo, estes ámbitos estratéxicos, complementados coas prioridades transversais, abranguen as cinco esferas da Axenda 203 (persoas, planeta, prosperidade, paz e partenariados) contribuíndo á consecución dos 17 ODS.
36 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Figura 2: Lóxica do IV Plan Director da Cooperación Galega
37 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 4. Resultados da avaliación final A estrutura deste apartado segue os criterios establecidos na matriz de análise ofrecendo unha resposta ás necesidades informativas definidas en diálogo co equipo técnico da SDXCE, unidade mandataria deste informe de seguimento (Anexo 1). 4.1. Eficacia e logro de resultados Este subapartado resposta a dúas preguntas: a) Lográronse adecuada e suficientemente os resultados de xestión do IV Plan Director? b) Que dificultades e atrancos impediron a consecución dos resultados de xestión do IV Plan Director? O IV Plan Director da Cooperación Galega definiu 6 resultados de xestión e 20 liñas de acción coas que asegurar a entrega de 36 produtos. Para poder determinar o alcance no cumprimento dos devanditos resultados de xestión, estableceuse como indicio de éxito o grao de execución dos 32 indicadores e o grao de entrega dos 36 produtos establecidos no marco de resultados do Plan Director ao remate do 2021. En decembro de 2021, 28 dos 32 indicadores foran acadados plena e satisfactoriamente, 2 presentan unha execución parcial e 1 indicador non foi acadado, alcanzándose un éxito global do 88 % no logro de indicadores do IV Plan Director da Cooperación Galega. En relación aos produtos, 34 foron entregados e 2 ficaron sen entregar. Xa que logo, alcanzouse un éxito global do 94% na entrega dos produtos establecidos no IV Plan Director. Gráfico 1: Grao de execución en porcentaxe dos indicadores do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 Gráfico 2: Grao de execución en porcentaxe dos produtos do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 88% 9% 3% Indicador acadado Indicador acadado parcialmente Indicador non acadado 94% 6% Produto entregado Produto non entregado
38 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Gráfico 3: Grao de execución en porcentaxe dos resultados de xestión do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 Xa que logo, a DXRREE e UE progresou favorablemente no alcance dos 6 resultados de xestión previstos no IV Plan Director, de tal xeito que a ponderación dos indicadores ten permitido delimitar o grao de alcance deste resultados. Gráfico 4: Grao de alcance dos resultados de xestión do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 100 95 75 100 91 100 5 25 9 010 20 30 40 50 60 70 80 90 100 RX1 RX2 RX3 RX4 RX5 RX6 Execución total Execución parcial 5,0 4,8 3,8 5,0 4,5 5,0 0,0 1,0 2,0 3,0 4,0 5,0 R.X.1. A cooperación galega aliña o seu marco estratéxico coa Axenda 2030 e os ODS. R.X.2. A cooperación galega concentra a súa axuda con criterios de eficacia. R.X.3. A cooperación galega especializa a súa axuda nos ámbitos estratéxicos nos que conta con valor engadido ou vantaxes comparativas. R.X.4. Os actores e axentes da cooperación galega coordinan e complementan as súas actuacións para a consecución dos ODS. R.X.5. Os actores e axentes da cooperación galega fortalecen a súa capacidade institucional para a consecución dos ODS. R.X.6. A cidadanía galega accede a unha información de calidade sobre os logros colectivos da cooperación galega na consecución dos ODS. Grao de alcance dos resultados de xestión
39 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE O promedio global no alcance sitúase nun satisfactorio 4,7 sobre 5, aínda que cómpre analizar aqueles resultados de xestión que se sitúan por debaixo deste promedio e nos que se detectan progresos insuficientes e puntos de fractura: a) Resultado de xestión 3. A Cooperación Galega especializa a súa axuda nos ámbitos estratéxicos nos que conta con valor engadido ou vantaxes comparativas: Neste caso, o valor de 3,8 débese a que non se conseguiron acadar dous indicadores. En primeiro lugar, o indicador I.3.2.1. establecía que un 20 % dos recursos desembolsables no exterior da DXRREE e UE se destinaría a acción humanitaria. No cuadrienio 2018-2021 a porcentaxe destinada a acción humanitaria acadou o 18 % dos recursos desembolsables no exterior. En segundo lugar, o indicador I.3.2.2. establecía que, como mínimo, un 50 % da axuda desembolsada en acción humanitaria pola DXRREE e UE se canalizaría por medio de convocatoria pública. No cuadrienio 2018-2021 a porcentaxe canalizada a través de convocatoria en acción humanitaria acadou o 35 % dos recursos desembolsables neste eido. Con todo, se se detrae dos fondos desembolsados en acción humanitaria a achega excepcional de 1.004.000 € da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Plan Estatal contra a Violencia de Xénero, os recursos propios desembolsados pola DXRREE e UE a través de convocatoria en acción humanitaria representarían un 48 % do total. b) Resultado de xestión 5. Os actores e axentes da Cooperación Galega fortalecen a súa capacidade institucional para a consecución dos ODS. O valor atribuído de 4,5 débese a que non se produciron avances en dous indicadores. En primeiro lugar, non se produciron avances no indicador I.5.4.1 que establece a elaboración participativa e divulgación dun documento marco de avaliación da Cooperación Galega. Debido ao proceso de revisión dos criterios de avaliación realizada polo CAD da OCDE, revisión aprobada o 10 de decembro de 2019, adoptouse a decisión de non avanzar na realización deste indicador. Por outra banda, nese resultado de xestión ficou sen entregar un “estudo de revisión da convocatoria de fortalecemento e consolidación e sobre as necesidades de fortalecemento e capacitación dos axentes galegos de cooperación”. En relación ás dificultades e atrancos que impediron a consecución dos resultados de xestión do IV Plan Director, esta avaliación final non identificou puntos de fractura internos que afectasen á súa execución en relación a aqueles aspectos e criterios de política pública centrais para o cumprimento dos seus indicadores e a entrega dos seus produtos. En relación ao contexto de execución do IV Plan Director, como xa temos sinalado, o impacto da pandemia da COVID-19 no marco estratéxico e operativo da Cooperación Galega ten sido mitigado mediante a elaboración participativa da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega. Ao tempo, a aprobación da Lei 10/2021 ten permitido contar cun marco máis flexible de execución dos proxectos e xustificación da axudas facilitando as adaptacións das intervencións financiadas pola Cooperación Galega aos axentes de cooperación. No informe intermedio de seguimento sinalabamos tres puntos que era preciso afrontar no bienio 2020-2021 en relación á proactividade no liderado estratéxico e operativo da Cooperación Galega por parte da DXRREE e UE. En primeiro lugar, fortalecer o diálogo e coordinación institucional coa cooperación municipalista das Entidades Locais galegas a través da FEGAMP e o Fondo Galego; en segundo lugar, fomentar a creación de espazos e mecanismos estables para o intercambio de coñecementos, boas prácticas e resultados entre os axentes galegos de cooperación; e, en terceiro
40 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) lugar, aumentar o coñecemento público dos resultados e logros da Cooperación Galega entre a cidadanía e tamén no Parlamento de Galicia co fin de reforzar a súa visibilidade e relevancia no debate político parlamentario e na fiscalización da acción do goberno da Xunta de Galicia de cara á nova lexislatura que se iniciou en agosto do 2020. En relación ao primeiro punto, reforzouse o traballo co Fondo Galego retomando en 2021 os convenios de cooperación no eido da cooperación municipalista. Por outra banda, a consolidación dos espazos de rendición de contas e aprendizaxe colectiva viuse afectada pola pandemia da COVID19. Por último, a Lei 10/2021 establece como función da DXRREE e UE “remitir anualmente ao Parlamento de Galicia un informe sobre o grao de execución do Plan director vixente e do Plan de acción anual” (art. 88.2.d.). O 7 de abril de 2021, o Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE compareceu no Parlamento de Galicia para presentar o Plan Anual 2021 da Cooperación Galega. 4.2. Eficiencia Este subapartado resposta á pregunta: foi eficiente a transformación dos recursos nos resultados de xestión do IV Plan Director? Con este fin imos analizar o grao en que os produtos previstos no IV Plan Director contribuíron a acadar os resultados de mellora previstos. Na seguinte táboa analízase o estado e grao de entrega do conxunto dos 36 produtos previstos asociados aos procesos de mellora definidos no seu narrativo. Táboa 1: Procesos de mellora e produtos do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 Procesos Produto Fonte Estado Grao de entrega L.A.1.1. Reforzar a coherencia de políticas en todos os niveis da Administración pública galega. 1. Declaración institucional do Parlamento de Galicia. Boletíns e diarios de sesións do Parlamento de Galicia Entregado 100% 2. Grupo interdepartamental da Xunta de Galicia para a Axenda 2030. Decreto 142/2019, do 31 de outubro, polo que se crea a Comisión interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 en Galicia (DOG, n. 217, de 14 de novembro de 2019) Entregado 100% L.A.1.2. Fomentar a participación e o diálogo de políticas no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento. 3. Actas dos grupos de traballo Actas do CONGACODE Entregado 100% L.A.1.3. Garantir a previsibilidade dos recursos orzamentarios. 4. Orzamento do Programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento aprobado. Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia Entregado 100% L.A.2.1. Concentrar a axuda en cooperación ao desenvolvemento nos 11 países prioritarios 5. Proxectos no exterior executados nos países prioritarios. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.2.2. Asegurar que unha parte da axuda se destina aos Países Menos Adiantados. 6. Proxectos no exterior executados en Países Menos Adiantados. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.2.3. Incrementar os fondos dirixidos a actuacións con marcos de planificación plurianuais. 7. Proxectos con marcos de planificación plurianual financiados. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100%
41 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Procesos Produto Fonte Estado Grao de entrega L.A.3.1. Reforzar a especialización sectorial estratéxica da cooperación exterior. 8. Proxectos e intervencións executadas en cada un dos ámbitos estratéxicos. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.3.2. Realizar unha acción humanitaria integral e de calidade. 9. Proxectos financiados en acción humanitaria. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% 10. Convocatorias de acción humanitaria resoltas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% 11. Convenios en acción humanitaria subscritos Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% 12. Achegas económicas ao fondo humanitario común realizadas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.3.3. Executar a Estratexia de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global da Cooperación Galega. 13. Actas do grupo de traballo de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global do CONGACODE. Actas do CONGACODE Entregado 100% 14. Programación anual do marco de resultados da Estratexia de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Plan Anual da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.4.1. Participar activamente nos espazos e iniciativas de coordinación da cooperación española. 15. Reunións da Comisión Interterritorial de Cooperación ao Desenvolvemento da cooperación española celebradas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% 16. Reunións do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 celebradas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% 17. Encontros de comunidades autónomas e cooperación celebrados. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.4.2. Incentivar a actuación conxunta e complementaria dos actores e axentes galegos de cooperación. 18. Proxectos en agrupación financiados. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.4.3. Reforzar a colaboración transfronteiriza cos axentes portugueses de cooperación 19. Proxectos financiados pola DXREEE e UE. Informes anuais da Cooperación Galega/ Memoria xustificativa dos convenios co Fondo Galego, CGONGD, RGCUD Entregado 100% L.A.5.1. Reforzar as capacidades técnicas e de xestión da DXRREE e UE. 20. Asistencias técnicas realizadas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100% L.A.5.2. Fortalecer a capacidade da Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego e das Universidades galegas integradas na Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. 21. Convenios formalizados anualmente coa CGONGD, Fondo Galego e Universidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. Informes anuais da Cooperación Galega/ Entregado 100% L.A.5.3. Apoiar a formación e capacitación especializada dos actores e axentes galegos de cooperación. 22. Informes de execución dos convenios formalizados coa CGONGD, Fondo Galego e Universidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. Memoria xustificativa dos convenios co Fondo Galego, CGONGD, RGCUD Entregado 100% 23. Bolsas de formación de persoas expertas concedidas. Informes anuais da Cooperación Galega Entregado 100%
48 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) CONGACODE votaron en contra do proxecto de III Plan Director e dos Plans Anuais da Cooperación Galega no marco das súas campañas reivindicativas e accións de incidencia política. En relación ao IV Plan Director, este foi aprobado sen contar co apoio unánime do conxunto de axentes de cooperación no CONGACODE aínda que non obtivo ningún voto en contra. Ademais, no Parlamento de Galicia aprobouse sen o voto favorable das forzas políticas da oposición con representación parlamentaria. Xa que logo, o III Plan Director e o vixente IV Plan Director non gozaron do consenso social e político que tiña caracterizado o I e II Plan Director. Con todo, o consenso no CONGACODE recuperouse coa aprobación por unanimidade dos Plan Anuais 2018, 2019, 2020 e 2021 da Cooperación Galega nos que se recolle un crecemento significativo do orzamento do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento. Deste xeito durante a vixencia do IV Plan Director foise recuperando de vagar o consenso social e político sobre a política pública galega de cooperación. Ao tempo, tanto o anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia como a Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega foron aprobados por unanimidade no CONGACODE evidenciando a progresiva recuperación do consenso. Como xa temos indicado, o III Plan Director da Cooperación Galega prevía unha liña de acción vinculada á “actualización normativa da Cooperación Galega” (LA.1.1) e que incluía o proceso de elaboración dunha nova Lei galega de Cooperación para o Desenvolvemento. En 2019 a Xunta de Galicia desenvolveu o proceso para a remisión ao Parlamento de Galicia dun anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A DXRREE e UE asumiu a dirección dos traballos técnicos relativos ao Título VIII dedicado á cooperación para o desenvolvemento. Este anteproxecto foi sometido a exposición pública entre xullo e setembro de 2019 sendo integradas no seu articulado alegacións realizadas polos axentes de cooperación. O 30 de xaneiro de 2020 o anteproxecto de Lei foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e remitido ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación. A convocatoria anticipada de eleccións e disolución do Parlamento de Galicia do día 10 de febreiro de 2020 finalizou a tramitación parlamentaria deste proxecto de lei que se retomou tras o inicio da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia e a toma de posesión do novo Goberno. Con todo, a aprobación da nova Lei carece de unanimidade e unicamente foi votada favorablemente polo PPdeG, mentres que o BNG abstívose e o PSdeG votou en contra. Durante o proceso de elaboración do anteproxecto de Lei recibíronse achegas das entidades máis representativas do sistema galego de cooperación, como a CGONGD, Fondo Galego, FEGAMP, etc. Estas achegas foron integradas en diversa medida tras dunha análise xurídica e técnica da súa viabilidade e idoneidade. O resultado deste amplo proceso participativo na definición do anteproxecto de Lei ten sido un título VIII dedicado en exclusiva á cooperación para o desenvolvemento no que se reflicten os avances e progresos experimentados nos máis de vinte e cinco anos de experiencia da Comunidade Autónoma no eido da cooperación internacional e da acción humanitaria e que configuraron unha Cooperación Galega máis especializada sectorial e xeograficamente, con maior complementariedade e eficaz coordinación co Estado e coa Unión Europea, con maior valor engadido e con maior capacidade para acadar os resultados de desenvolvemento establecidos na axenda global de desenvolvemento humano sustentable das Nacións Unidas. Este título actualiza e moderniza os principios, obxectivos, criterios e prioridades da política pública autonómica de cooperación para o desenvolvemento, así como a organización institucional da Cooperación Galega e os seus recursos e financiamento co fin de facilitar un espazo de coordinación e complementariedade co resto de axentes públicos e privados de cooperación, en
49 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE especial coas administracións locais e as organizacións que a representan e as ONGD. Polo tanto, este proceso lexislativo participativo ten favorecido tamén a recuperación do consenso social a nivel dos axentes de cooperación aínda que non así a nivel dos partidos políticos e os seus grupos no Parlamento de Galicia. En conclusión, durante o cuadrienio 2018-2021 recuperouse o consenso social sobre a política pública de cooperación da Xunta de Galicia nun proceso favorecido pola recuperación orzamentaria da AOD autonómica e polo proceso de actualización normativa da Cooperación Galega. Con todo, os partidos políticos non reflectiron na súa votación en sede parlamentaria o consenso social existente no eido da cooperación para o desenvolvemento. 4.3.2. Aumento do esforzo investidor O IV Plan Director da Cooperación Galega definiu un indicador I.1.3.1. cunha previsión de crecemento anual do 11,4 % do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento da Lei Xeral de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Ao tempo, estableceu un mínimo de financiamento fixado en 5.027.160 € e que se corresponde coa anualidade 2018 do programa 331A. Entre 2018 e 2021 o programa 331A medrou un 15 % de promedio. Este crecemento entre os anos 2019 e 2021 viuse favorecido por tres achegas extraordinarias da Secretaría Xeral de Igualdade por importe de 1.004.000 € correspondentes ao Plan Estatal contra a Violencia de Xénero. Sen esta cantidade, o incremento do programa 331A tería sido de promedio un 13,7 %, un 2,3 % superior ao establecido no marco orzamentario do IV Plan Director. Este crecemento en termos de volume de axuda correspóndese cun aumento do esforzo investidor, destinando a Xunta de Galicia a cooperación para o desenvolvemento un promedio do 0,06 % do seu orzamento total consolidado entre 2018 e 2021. Táboa 4: Evolución do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento, 2017-2021 4 Ano 2017 2018 2019 2020 2021 Programa 331A 4.512.744 € 5.027.160 € 6.110.711 € 6.573.709 € 7.757.011 € % Crecemento anual 7,6 11,4 21,6 7,6 18,0 Este aumento do esforzo investidor aconteceu tras do retroceso do 65 % entre 2010 e 2014 nos desembolsos de cooperación para desenvolvemento da Xunta de Galicia. Durante a vixencia do IV Plan Director erradicouse a ameaza da volatilidade e dotouse de estabilidade á dotación orzamentaria do programa 331 de cooperación para o desenvolvemento que medrou de promedio un 14,7 % entre 2018 e 2021. En relación ao volume total de AOD da Cooperación Galega, durante o IV Plan Director a Xunta de Galicia investiu en cooperación para o desenvolvemento un total de 27,15 millóns de euros, 8,7 millóns máis que durante a vixencia do III Plan Director. Entre 2018 e 2021 o orzamento dispoñible medrou en 3,11 millóns de euros, un 47 % máis con respecto do III Plan Director. Con todo, estarían aínda pendentes de recuperar 4,2 millóns de euros con respecto do seu máximo histórico de 12,29 millóns de euros acadados en 2009. 4 O cálculo do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento realízase sobre o capítulo I, capítulo IV, capítulo VI e capitulo VII atribuídos á SXCE no seo da DXRREE e UE. Fica excluído deste cómputo o capítulo II Gastos de funcionamento que resulta do prorrateo dos gastos de funcionamento do conxunto da DXRREE e UE e que se teñen establecido en 100.000€ anuais.
50 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Gráfico 6: Evolución da AOD neta española, AOD da Administración Xeral do Estado e AOD das Comunidades Autónomas por volume de fondos, 2008-2021 (millóns de euros) 5 Esta tendencia á estabilización e crecemento orzamentario da AOD tamén se detecta no conxunto da AOD española entre 2008 e 2021, xa que toca fondo en 2015 e triplicou os seus recursos en 2021 con respecto a 2015. No caso da cooperación autonómica, en 2014 acadou o seu menor desembolso da década cun total de 108 millóns de euros mentres que se duplicou en 2021 con respecto de 2014, acadando os 241 millóns de euros. A nivel xeral, a Cooperación Española en conxunto pasou do seu teito histórico de esforzo investidor do ano 2009, cando se destinou o 0,46 % da Renda Nacional Bruta (RNB), ao cativo 0,12 % do 2015. En 2021 o esforzo investidor global situouse no 0,25 % da RNB. O anómalo aumento de AOD en 2016 debeuse a unha operación extraordinaria de condoazón de débeda con Cuba e que provocou que se acadase o 0,34 % da RNB. En termos reais, a AOD sen débeda teríase situado no 0,17 % da RNB. No caso da Cooperación Galega, o seu teito histórico de esforzo investidor sitúase no 0,1 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia que se logrou en 2009 fronte ao 0,04 % do período 2014-2017 e o 0,06 % acadado no período 2018-2021. Simultaneamente, ten acontecido un crecemento da AOD por habitante, pasando de 1,7 € de promedio entre 2014-2017 a 2,5 € entre 2018 e 2021. Táboa 5: Esforzo investidor en AOD da Xunta de Galicia, 2018-2021 Ano 2018 2019 2020 2021 AOD Xunta de Galicia en € 5.486.504 6.606.027 6.978.819 8.079.571 Orzamento total consolidado Xunta de Galicia en € 10.723.973.000 11.544.351.000 11.821.575.337 13.396.505.623 % AOD/ Orzamento total consolidado Xunta de Galicia 0,05 0,06 0,06 0,06 % Crecemento anual AOD Xunta de Galicia + 11 +20 +6 +16 % Crecemento anual orzamento Xunta de Galicia - 3 + 8 + 2 +13 Habitantes Galicia 2.701.743 2.699.499 2.701.819 2.689.152 AOD/ € por habitante 2,0 2,4 2,6 3,0 5 A partir do ano 2018 a Cooperación Española ten integrado a metodoloxía AOD Grant Equivalent do CAD da OCDE. Con todo, co fin de permitir a comparación da serie histórica, as cifras da AOD española a nivel global, estatal e autonómico refírense á AOD neta. Os datos de 2021 correspóndense á AOD orzamentada. 4.761 4.728 4.491 3.007 1.585 1.940 1.414 1.263 3.819 2.271 2.519 2.629 2.621 3.115 4.138 4.125 3.969 2.707 1.366 1.740 1.242 1.064 … 2.016 2.220 2.296 2.305 2.766 464 446 389 191 166 140 108 129 149 187 207 217 205 241 - 1.000 2.000 3.000 4.000 5.000 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 Total AOD española Administración Xeral do Estado Comunidades Autónomas
51 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE No conxunto da AOD autonómica, en 2020 a Comunidade Autónoma de Galicia figuraba no 7º posto por volume de fondos desembolsados mentres que en relación ao esforzo investidor ocupaba a 12ª posición. De todos os xeitos, a medida que se está a producir desde 2015 un incremento nos desembolsos totais de AOD das Comunidades Autónomas, Galicia ten ido descendo na clasificación desde a súa mellor clasificación histórica en 2015: 5ª por volume de fondos e 8ª en esforzo inversor. Xa que logo, os incrementos anuais do programa 331A revélanse insuficientes para seguir o actual ritmo de recuperación da AOD autonómica que destina de promedio un 0,10 % do orzamento total consolidado e 5,38 € por habitante. En volume de fondos o promedio autonómico da AOD neta desembolsada sitúase en 12,10 millóns de euros en 2020. Trasladados estes promedios á Xunta de Galicia, o volume de AOD da Cooperación Galega debería ter ascendido en 2021 a unha cantidade de entre 13.396.506 € (criterio do 0,10 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia) e 14.467.638 € (criterio do 5,38 €/hab.). Táboa 6: Esforzo investidor das Comunidades Autónomas, 2020 Comunidade Autónoma % AOD/ orzamento total consolidado AOD € por habitante Total AOD neta desembolsada € Andalucía 0,06 2,72 23.059.568 Aragón 0,06 3,14 4.177.323 Asturias 0,09 4,05 4.129.794 Baleares 0,09 4,54 5.316.891 Canarias 0,02 1,02 2.209.442 Cantabria 0,06 2,76 1.608.717 Castela-A Mancha 0,00 0,25 517.612 Castela e León 0,04 1,83 4.384.650 Cataluña 0,11 5,84 45.420.681 C. Valenciana 0,14 6,35 32.093.436 Estremadura 0,14 7,76 8.251.682 Galicia 0,06 2,58 6.978.818 Madrid 0,02 0,67 4.567.238 Murcia 0,01 0,31 475.000 Navarra 0,29 20,02 13.234.922 País Vasco 0,40 21,27 47.234.466 A Rioxa 0,13 6,43 2.055.866 Total 205.716.106 Promedio 0,10 5,38 12.100.947,41 Por mor da crise e os recortes orzamentarios, na última década a AOD autonómica retrocedeu no seu peso na AOD española acadando un mínimo do 6 % en 2011. En 2016 o efecto contable que produce a operación de condoazón de débeda a Cuba provoca que este peso mingüe até o 4 %. De todos os xeitos, a cooperación autonómica ten ido recuperando a súa relevancia entre 2017 e 2020 situándose nun estable 9 % da AOD neta española. No caso de Galicia, o seu peso na Cooperación Española segue a ser marxinal, representando de promedio 0,27 % do total da AOD española desembolsada en 2020 e un 3,39 % do total da AOD autonómica. Durante a última década téñense producido grandes variacións na AOD autonómica. Este proceso provocou que determinadas comunidades autónomas como Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e Castela-A Mancha reducisen de maneira abrupta o seu orzamento de cooperación durante as fases máis agudas da crise. Con todo, desde 2015 ten acontecido unha progresiva recuperación da política pública de cooperación de xeito que en 2020 seis comunidades autónomas desembolsaban recursos iguais ou superiores ao promedio do 0,1 % do seu orzamento total consolidado, como é o caso de Euskadi, Navarra, Estremadura, Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana e A Rioxa. Estas seis comunidades representan en conxunto o 53 % do total da AOD autonómica desembolsada.
52 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Á vista do contexto da AOD autonómica, as previsións de crecemento orzamentario establecidas no IV Plan Director teñen permitido avanzar na recuperación do esforzo investidor e volume de fondos da Cooperación Galega. Con todo, este ritmo de recuperación resulta inferior ao do resto de Comunidades Autónomas cunha AOD global que está a medrar en termos absolutos e en esforzo investidor. Xa que logo, a Xunta de Galicia atópase afastada tanto do promedio global de fondos desembolsados como do esforzo investidor autonómico en AOD. Táboa 8: AOD das Comunidades Autónomas por volume desembolsado, variación anual e posición relativa anual, 2018-2020 CC.AA 2018 2019 2020 Total € % de variación Ránking Total € % de variación Ránking Total € % de variación Ránking Andalucía 54.228.518 54 1 38.046.750 -30 2 23.059.568 -39 4 Aragón 1.235.256 -53 15 3.612.624 192 12 4.177.323 16 11 Asturias 3.449.046 -18 11 4.061.369 18 10 4.129.794 2 12 Baleares 6.534.420 -9 7 5.776.578 -12 8 5.316.89 -8 8 Canarias 0,00 -100 17 1.021.033 16 2.209.442 116 13 Cantabria 1.941.871 127 13 2.564.078 32 14 1.608.717 -37 15 Castela Mancha 3.021.434 21 12 3.065.440 1 13 517.612 -83 16 Castela e León 4.659.442 2 9 4.730.453 2 9 4.384.650 -7 10 Cataluña 33.238.662 13 3 33.333.558 0 3 45.420.681 36 2 C. Valenciana 19.834.861 18 4 30.963.025 56 4 32.093.436 4 3 Estremadura 9.624.107 -28 5 12.290.150 28 5 8.251.682 -33 5 Galicia 5.486.107 11 8 6.606.027 20 7 6.978.818 6 7 Madrid 3.638.530 38 10 4.042.719 11 11 4.567.238 13 9 Murcia 360.044 -1 16 460.000 28 17 475.000 3 17 Navarra 8.408.642 20 6 9.410.614 12 6 13.234.922 41 6 País Vasco 49.578.803 -7 2 45.984.551 -7 1 47.234.466 3 1 Rioxa, A 1.620.431 11 14 1.094.000 -32 15 2.055.866 88 14 Total 206.860.174 11 207.062.969 0,1 205.716.106 -0,7 Na seguinte táboa realízase o cálculo da achega orzamentaria que representarían as diferentes porcentaxes de AOD con respecto do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia en 2021 que ascendeu a un total de 13.396.505.623 €. Táboa 9: Cálculo da porcentaxe de AOD da Xunta de Galicia respecto do orzamento total consolidado en 2021 Esforzo investidor en % Volume de fondos en € 0,1 13.396.506 0,2 26.793.011 0,3 40.189.517 0,4 53.586.022 0,5 66.982.528 0,6 80.379.034 0,7 93.775.539 Táboa 7: Participación da AOD das Comunidades Autónomas e da Xunta de Galicia na AOD desembolsada neta española, 2010-2020 Ano AOD Desembolsada Neta € AOD Administración Xeral do Estado € % AOD Administracion Xeral do Estado sobre total AOD Comunidades Autónomas € % AOD CCAA sobre total AOD Xunta de Galicia Total € % AOD Xunta de Galicia sobre AOD total % AOD Xunta de Galicia sobre AOD CCAA 2010 4.495.826 3.973.915 88 389.024 9 10.748 0,24 2,76 2011 2.987.549 2.687.461 90 191.529 6 7.008 0,23 3,66 2012 1.585.502 1.365.883 86 166.705 11 6.538 0,41 3,92 2013 1.769.971 1.574.623 89 138.912 8 4.613 0,26 3,32 2014 1.414.414 1.242.298 88 108.801 8 4.294 0,30 3,95 2015 1.260.870 1.063.548 84 128.752 10 4.611 0,37 3,58 2016 3.819.432 3.591.850 94 149.315 4 4.607 0,12 3,09 2017 2.271.037 2.016.305 89 186.540 9 4.961 0,25 2,66 2018 2.519.137 2.220.359 88 206.910 9 5.486 0,22 2,65 2019 2.629.424 2.296.226 87 217.426 9 6.606 0,25 3,04 2020 2.621.219 2.305.356 88 205.716 9 6.978 0,27 3,39
53 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Como se pode observar, acadar o 0,7 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia de 2021 -tal e como recomenda a Lei 10/2021 na súa disposición adicional quinta e o Pacto Galego contra a Pobrezademandaría un investimento anual de 93,77 millóns de euros, mentres que situarse no promedio autonómico de esforzo investidor precisaría dun total de 13,39 millóns. Por tanto, en 2021 a Xunta de Galicia debería de ter multiplicado por 12 a súa AOD para alcanzar o 0,7 %. Agora ben, a xestión de cantidades superiores ao 0,2 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia demandaría a reactivación do proxecto de creación dunha estrutura de xestión en forma de axencia autonómica de cooperación xa que ese volume de AOD excedería das capacidades técnicas e de xestión coas que conta actualmente a DXRREE e UE. Durante a vixencia do vindeiro V Plan Director da Cooperación Galega sería posible que acontecese a recuperación do volume de AOD desembolsada pola Xunta de Galicia a niveis de 2009. Para acadar este obxectivo, abondaría con manter un crecemento anual do 11,4 %, dando continuidade ao crecemento mínimo anual definido no IV Plan Director. Con todo, se o obxectivo se fixase en recuperar o esforzo inversor do 0,1 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia e situar a Galicia no promedio autonómico actual, sería necesario elevar ese crecemento anual a unha taxa do 15 %. Táboa 10: Hipóteses de crecemento anual do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia, 2023-2026 (euros) 6 % Crecemento anual do programa 331A 2022 2023 2024 2025 2026 Total AOD Diferenza absoluta Crecemento cuadrienal respecto 2022 11,4% 7.834.855 8.728.028 9.723.024 10.831.448 12.066.234 41.348.734 + 4.231.379 + 54 % 15% 7.834.855 9.010.083 10.361.596 11.915.835 13.703.210 44.990.724 5.868.355 + 75 % Xa que logo, aspirar á xestión dun volume total de AOD superior á do II Plan Director, esixirá manter o crecemento promedio anual do 11,4 % do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento. Ao tempo, tamén resulta preciso demandar un significativo aumento dos recursos computables como AOD executados por parte do resto de departamentos da Xunta de Galicia, que no III e IV Plan Director mobilizaron cadanseus 1,3 millóns de euros, unha cantidade afastada dos 2 millóns de euros desembolsados durante o II Plan Director. En conclusión, a previsibilidade da axuda da Cooperación Galega mellorou no cuadrienio 2018-2021 por canto se garantiu o cumprimento do marco orzamentario establecido no IV Plan Director cun promedio de crecemento anual do 15% do programa 331A. Con todo, a AOD galega está a afastarse progresivamente do promedio autonómico de esforzo investidor que en 2020 acadou o 0,10 % do orzamento total consolidado das Comunidades Autónomas. Ademais, os case 7,8 millóns de euros desembolsados no programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento en 2021 ao remate da vixencia do IV Plan Director seguirán a ser inferiores ao teito histórico dos 10,4 millóns de euros que a Cooperación Galega desembolsou no ano 2009 no devandito programa. Neste senso, a maioría dos axentes de cooperación participantes nesta avaliación situaron o aumento da dotación orzamentaria e do esforzo investidor como un punto crítico de mellora de cara ao novo ciclo de planificación estratéxica. 6 Non inclúe o capítulo II (Gastos de funcionamento).
54 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 4.3.3. Suficiencia orzamentaria, previsibilidade instrumental e redución da fragmentación da axuda Xunto co esforzo investidor, o IV Plan Director desenvolveu medidas destinadas a garantir a suficiencia orzamentaria co fin de asegurar a previsibilidade instrumental e reducir a fragmentación da axuda. En primeiro lugar, tratouse de dotar á DXRREE e UE dos recursos financeiros suficientes para a convocatoria estable dos instrumentos de axuda previstos no IV Plan Director; e, en segundo lugar, abordouse o reforzamento do proceso de aumento do promedio de financiamento por actuación e actividade, apoiando accións de maior impacto a medio e longo prazo que posibiliten a xeración de cambios positivos sostibles nas persoas e comunidades coas que traballa e se asocia a Cooperación Galega. O aumento do esforzo investidor e do volume de AOD desembolsada ten permitido realizar a convocatoria e resolución plena do conxunto de convocatorias previstas no IV Plan Director así como a formalización dos convenios establecidos nos correspondentes Plans Anuais. Estes instrumentos de canalización da axuda representan a materialización dos compromisos estratéxicos da Cooperación Galega. O IV Plan Director establece un rango do 70-75 % da axuda desembolsable xestionada pola DXRREE e UE canalizada a través de convocatorias públicas e o restante 25-30 % a través de convenios. No cuadrienio 2018-2021 estes rangos orientativos superáronse no caso das convocatorias xa que o 80 % da axuda distribuíble a través de convocatorias e convenios canalizouse a través de convocatorias públicas de axudas en concorrencia competitiva para os axentes de cooperación. En concreto, a axuda desembolsable da DXRREE e UE a través de convocatorias e convenios distribuíuse nun 80 % a través de convocatorias (18.373.913 €) e un 20 % a través de convenios (4.670.255 €). Táboa 11: Instrumentos de canalización da AOD da DXRREE e coa UE, 2018-2021 Tipo de instrumento Actividade Total desembolsado € Total € % Convocatorias Proxectos ONGD 13.117.575 Outros Axentes 1.617.208 Acción humanitaria 1.263.138 Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global 1.718.721 Bolsas de formación 360.279 Investigación 296.992 Subtotal convocatorias 18.373.913 80 Convenios Cooperación ao desenvolvemento 1.300.072 Acción humanitaria 2.372.106 Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global e fortalecemento 998.077 Subtotal convenios 4.670.255 20 Total 23.044.168 23.044.168 100 No cuadrienio 2018-2021 publicáronse e resolvéronse un total de 18 convocatorias de axudas que financiaron un total de 173 proxectos dos axentes de cooperación e 18 bolsas de formación de persoas expertas. O número de proxectos financiados aos axentes de cooperación representa o 49 % das 353 solicitudes presentadas. En total, concedéronse 19,43 millóns de euros, un 97 % dos 20 millóns previstos inicialmente nas convocatorias. A maior diferenza porcentual entre orzamento previsto e desembolsado aconteceu na convocatoria doutros axentes onde unicamente se concedeu o 65 % do orzamento inicial. Unha porcentaxe afastada da convocatoria de proxectos no exterior de ONGD (104 %), acción humanitaria (97 %), educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (95 %) e investigación (100 %). Esta porcentaxe inferior de desembolso tense que poñer en relación coa baixa taxa de proxectos aprobados en relación aos presentados, un 22 % de promedio no cuadrienio, cando o promedio de todas as convocatorias se sitúa no 45 %.
55 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Gráfico 7: Evolución dos créditos previstos e desembolsos concedidos a través de convocatorias públicas dos axentes de cooperación, 2014-2021 Se analizamos a evolución desde 2014 da previsibilidade dos desembolsos a través de convocatorias públicas, observamos como a partir de 2017 se produciu unha estabilización dos orzamentos previstos e dos desembolsos cun crecemento sostido dos mesmos. No cuadrienio 2018-2021, os desembolsos por convocatorias medran con respecto do ano anterior un 6 % en 2018, un 8 % en 2019, un 20 % en 2020 e un 15 % en 2021. En total, o incremento das cantidades desembolsadas foi do 51 % con respecto do anterior Plan Director. En relación ás solicitudes aprobadas e denegadas, das 180 solicitudes denegadas, 56 delas foran aprobadas na valoración externa ex-ante que a DXRREE e UE encomenda a unha asistencia técnica independente, mais ao esgotarse o crédito orzamentario correspondente ficaron sen financiamento. Con todo, desde 2019 detéctase un significativo minguamento do número de proxectos aprobados na fase de valoración mais sen financiamento por esgotamento do crédito orzamentario, con excepción da convocatoria de investigación. Táboa 12: Proxectos aprobados sen financiar por esgotamento do crédito orzamentario, 2018-2021 Convocatoria 2018 2019 2020 2021 Proxectos ONGD 17 2 3 2 Proxectos outros axentes 5 0 0 0 Acción Humanitaria 0 2 4 2 Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global 3 0 0 2 Investigación - 9 - 5 Total 25 13 7 11 O progresivo aumento dos créditos orzamentarios destinados ao financiamento das convocatorias públicas de axudas ten permitido aumentar o número de proxectos financiados cando estes acadan as valoracións esixidas nas bases das convocatorias. Esta redución dos proxectos aprobados sen financiamento reduce o coste de oportunidade que representa para os axentes de cooperación a concorrencia ás convocatorias públicas de axudas grazas ao progresivo aumento do orzamento dispoñible distribuíble a través de convocatorias públicas de axudas en concorrencia competitiva. €2.570.866 €4.236.772 2.289.108 3.766.038 3.997.202 4.320.573 5.172.377 5.943.423 €2.604.500 €4.400.000 2.707.510 3.862.500 4.012.500 4.450.000 5.515.458 6.050.000 €- €1.000.000 €2.000.000 €3.000.000 €4.000.000 €5.000.000 €6.000.000 €7.000.000 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 Concedido Previsto
56 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Táboa 13: Convocatorias públicas de axudas da DXRREE e UE, 2018-2021 2018 Instrumento Convocatoria Resolució n Orzamento previsto € Orzamento concedido € % concedido/ previsto Proxectos presentados Proxectos financiados % presentados/ financiados Proxectos ONGD ORDE do 18 de decembro de 2017 (DOG n. 6, 9 de xaneiro de 2018) 12 de xuño de 2018 2.762.500,00 2.679.197,00 97% 41 15 37% Proxectos outros axentes ORDE do 18 de decembro de 2017 (DOG n. 6, 9 de xaneiro de 2018) 12 de xuño de 2018 500.000,00 568.996,50 114% 11 4 36% Acción humanitaria ORDE do 28 de marzo de 2018 (DOG n. 73, 16 de abril de 2018) 15 de xullo de 2018 300.000,00 300.000,00 100% 8 5 63% Educación para o desenvolvemento e cidadanía global ORDE do 11 de abril de 2018 (DOG n. 79, 24 de abril de 2018) 23 de xullo de 2018 450.000,00 449.008,55 100% 22 13 59% Investigación Non se convoca 4.012.500 3.997.202 100% 82 37 45% 2019 Proxectos ONGD ORDE do 17 de decembro de 2018 (DOG n. 9, 14 de xaneiro de 2019) 2 de xullo de 2019 2.800.000,00 3.055.587,98 109% 34 17 50% Proxectos outros axentes ORDE do 17 de decembro de 2018 (DOG n. 9, 14 de xaneiro de 2019) 2 de xullo de 2019 700.000,00 344.665,49 49% 11 2 18% Acción humanitaria ORDE do 29 de abril 2019 (DOG n. 92, 15 de maio de 2019) 23 de xullo de 2019 300.000,00 279.891,52 93% 9 4 44% Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global ORDE do 2 de abril de 2019 (DOG n. 77, 23 de abril de 2019) 23 de xullo de 2019 500.000,00 490.428,08 98% 20 14 70% Investigación ORDE do 6 de maio de 2019 (DOG n. 100, 28 de maio de 2019) 2 de setembro de 2019 150.000,00 150.000 100% 14 5 36% 4.450.000 4.320.573 97% 88 42 48% 2020 Proxectos ONGD ORDE do 23 de decembro de 2019 (DOG, n. 8, 14 de xaneiro de 2020) 11 de xuño de 2020 4.015.458 4.138.851 103% 41 24 59% Proxectos outros axentes ORDE do 23 de decembro de 2019 (DOG, n. 8, 14 de xaneiro de 2020) 11 de xuño de 2020 700.000 335.463 48% 13 2 15% Acción humanitaria ORDE do 25 de maio de 2020 (DOG, n. 108, 4 de xuño de 2020) 21 de xullo de 2020 300.000 296.480 99% 12 6 50% Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global ORDE do 22 de xuño de 2020 (DOG, n. 134, 7 de xullo de 2020) 29 de setembro de 2020 500.000 401.583 80% 21 10 48% Investigación Non se convoca 5.515.458 5.172.377 94% 87 42 48% 2021 Proxectos ONGD ORDE do 17 de xuño de 2021 (DOG, n. 121, 28 de xuño de 2021) 1 de outubro de 2021 4.300.000 4.554.272 106% 35 26 74% Proxectos outros axentes ORDE do 17 de xuño de 2021 (DOG, n. 121, 28 de xuño de 2021) 1 de outubro de 2021 700.000 349.995 50% 12 2 17% Acción humanitaria ORDE do 24 de maio de 2021 (DOG, n. 108, 9 de xuño de 2021) 2 de agosto de 2021 400.000 386.765 97% 10 6 60% Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global ORDE do 20 de abril de 2021 (DOG, n. 82, 3 de maio de 2021) 15 de xullo de 2021 500.000 502.467 100% 25 13 52% Investigación ORDE do 7 de maio de 2021 (DOG, n. 94, 21 de maio de 2021) 11 de agosto de 2021 150.000 149.924 100% 14 5 36% 6.050.000 5.943.423 98% 96 52 54%
57 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE O marco instrumental da Cooperación Galega entre 2018 e 2021 caracterizouse por: 1. A convocatoria do conxunto das convocatorias públicas anuais de axudas previstas no IV Plan Director. En 2018 e 2020 non se realiza a convocatoria de investigación por canto se trata dunha subvención bienal. 2. A estabilidade nos prazos de publicación das convocatorias e a súa resolución en cada anualidade. Todas as convocatorias publicáronse no primeiro semestre do ano, con excepción da convocatoria de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global do ano 2020, e resolvéronse nun prazo non superior a 6 meses desde a data de peche do prazo de presentación, resolvéndose nun prazo inferior a tres meses as convocatorias de Acción Humanitaria, Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, e Investigación. No caso da convocatoria de proxectos de cooperación no exterior, a máis importante por volume de fondos, a súa publicación realizouse en decembro de 2017 e 2019 e en xaneiro de 2018 co fin de contar cunha resolución da mesma no primeiro semestre do ano. En 2021 as convocatorias no exterior sufriron un retraso na súa convocatoria por mor dos problemas de execución dos proxectos activos provocados pola pandemia da COVID-19. E tamén por terse consensuado cos axentes de cooperación o agardar a que entrase en vigor o 5 de abril de 2021 a nova Lei 10/2021 de tal xeito que as convocatorias ficasen reguladas polo novo marco normativo aos efectos da súa execución e xustificación. Con todo, diversos axentes de cooperación participantes nesta avaliación expresaron a necesidade de seguir desenvolvendo procesos conxuntos de revisión das bases e formularios das convocatorias co fin de melloralas e, nalgún casos, adaptalas ás especificidades institucionais e operativas dalgúns axentes como as Universidades e o colectivo heteroxéneo dos “outros axentes” na convocatoria específica de cooperación. Centrando a análise nos convenios, entre 2018 e 2021 a DXRREE e UE canalizou 4,67 millóns de euros a través de convenios de cofinanciamento, un 20 % do total desembolsable a través de convocatorias e convenios aos axentes de cooperación. O IV Plan Director limitaba o emprego dos convenios para o financiamento daquelas actividades que non poden ser financiadas a través das convocatorias públicas de axudas e establece que, como regra xeral, este instrumento se empregará nos seguintes casos: a) Cando a urxencia e excepcionalidade das circunstancias non permitan empregar os procedementos regulados mediante convocatoria ordinaria. b) Cando se definan accións cun alcance temporal medio e longo que requiran un marco de actuación previamente establecido. c) Sempre que se acorden accións conxuntas nos ámbitos estratéxicos da Cooperación Galega con entidades que, pola súa natureza, non se poden acoller ás vías normalizadas de acceso a recursos públicos mediante convocatorias. d) Cando se trate da promoción de proxectos ou programas de carácter rexional baseados na cooperación Sur‐Sur ou na xeración de coñecemento a través do intercambio de experiencias nos ámbitos estratéxicos e países prioritarios da Cooperación Galega.
64 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) De cara ao novo ciclo de planificación da Cooperación Galega, na hipótese de mantemento dos 11 países prioritarios do IV Plan Director, debemos analizar a súa complementariedade coas prioridades xeográficas da Cooperación Española. Neste senso, 10 dos 11 países prioritarios contarían coa cobertura da programación operativa da Cooperación Española en cada un dos devanditos países a través dos Marcos de Asociación País e dos Acordos de Cooperación Avanzada. Cadro 4: Comparativa de países prioritarios da Cooperación Galega e prioridades xeográficas e marco de programación da Cooperación Española País prioritario IV Plan Director Cooperación Galega Marco de programación da Cooperación Española Bolivia Marco de Asociación País (2018-2021) Cabo Verde Acordo de Cooperación Avanzada (2022-2030) Ecuador Marco de Asociación País (2019-2022) Guatemala Marco de Asociación País (2021-2024) Guinea Bissau - Honduras Marco de Asociación País (2020-2023) Mozambique Marco de Asociación País (2021-2024) Nicaragua Marco de Asociación País (2015-2017) O Salvador Marco de Asociación País (2015-2019) Perú Marco de Asociación País (2019-2022) República Dominicana Marco de Asociación País (2019-2022) Non obstante, durante a elaboración participativa do V Plan Director da Cooperación Galega poderase debater a ampliación ou redución dos países prioritarios da Cooperación Galega con independencia desta coherencia xeográfica coa Cooperación Española, podendo candidatar países nos que se conte con experiencia de cooperación ou que reforcen as vantaxes comparativas e a identidade singular da Cooperación Galega. Os axentes de cooperación participantes nesta avaliación amosaron a súa satisfacción co criterio de concentración xeográfica e co recoñecemento dos PMA e dos países con IDH baixo nas convocatorias de cooperación pero sinalaron a posibilidade de debater a ampliación dos países prioritarios consonte aos criterios definidos na Lei 10/2021. Ao tempo, tamén se sinalou a idoneidade de visibilizar o compromiso da Cooperación Galega coa República Árabe Saharauí Democrática e Palestina como países prioritarios. En conclusión, a Cooperación Galega mantivo a súa traxectoria de selectividade e concentración xeográfica destinando o 93 % dos seus desembolsos en cooperación aos 11 países prioritarios cunha concentración do 90 % das axudas en países de renda media e dun 10 % en PMA. A acción humanitaria concentrouse na atención aos PMA, que foron o destino do 48 % da axuda desembolsada. Os PALOP recibiron o 7 % dos recursos desembolsados no exterior que se concentraron un 74 % en América Latina e un 17 % en África Subsahariana. A nivel global, o 82 % destinouse a países de renda media e o 17 % a PMA.
65 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 4.3.5. Selectividade sectorial e construción de resiliencia O IV Plan Director aspirou a promover a consecución da Axenda 2030 e os ODS con base nas capacidades, activos e recursos da Cooperación Galega. Durante o proceso participativo de planificación seleccionáronse cinco ámbitos estratéxicos co fin de afirmar o valor diferencial e a especialización coherente da Cooperación Galega, resultado da experiencia e traxectoria histórica da actuación conxunta dos actores e axentes galegos de cooperación en alianza cos seus socios de desenvolvemento. Ao tempo, estes ámbitos estratéxicos, complementados coas prioridades transversais do IV Plan Director, abranguen as cinco esferas da Axenda 2030: persoas, planeta, prosperidade, paz e partenariado/alianzas. Por último, o IV Plan Director puxo o foco en promover a construción de resiliencia no conxunto de actividades de cooperación, mediante un reforzamento da especialización no eido do fortalecemento institucional e de organizacións da sociedade civil, e do apoderamento das mulleres. Táboa 21: Distribución por ámbitos estratéxicos da AOD da DXRREE e UE por volume de fondos e porcentaxe, 2018-2021 Ámbitos estratéxicos Total desembolsado € % sobre orzamento operativo (cap. IV, VI, VII) e axuda desembolsada por convocatorias e convenios Rango % previsto IV Plan Director AE1 Promover o exercicio dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat e auga e saneamento básico) polas persoas e colectivos máis pobres e vulnerables. 8.812.421 € 38% 60-75 % AE2 Apoiar a agricultura, a pesca e a acuicultura sustentables, preservando os recursos naturais no marco de modelos de desenvolvemento rural e territorial integrados, inclusivos, solidarios e redistributivos para unha prosperidade compartida. 3.422.271 € 15% AE3 Impulsar a equidade de xénero e mais o apoderamento e o exercicio dos dereitos das mulleres e da infancia. 3.800.162 € 16% AE4 Paliar e reducir a vulnerabilidade respondendo ás crises humanitarias con eficacia e calidade. 3.635.244 € 16% 10-15 % AE5 Construír unha cidadanía global comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sustentable. 3.018.290 € 13% 10-15 % TOTAL 22.688.388 € 97% No cuadrienio 2018-2021 os ámbitos estratéxicos foron o destino do 97 % dos recursos desembolsables a través de convocatorias e convenios e dos recursos dispoñibles do capítulo IV, VI e VII do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento. Os ámbitos estratéxicos AE1, AE2, AE3 concentraron o 69 % dos recursos desembolsados mentres que a acción humanitaria e a construción de cidadanía global foron o destino do 16 % e do 13 % respectivamente de tal xeito que se cumpriu coa distribución prevista no IV Plan Director. Este conxunto de ámbitos estratéxicos contribúen á consecución dos seguintes ODS:
66 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Cadro 5: Relación dos ámbitos estratéxicos do IV Plan Director e os ODS Ámbitos estratéxicos Obxectivos de desenvolvemento sustentable 1. Promover o exercicio dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat e auga e saneamento básico) polas persoas e colectivos máis pobres e vulnerables. ODS 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 13 2. Apoiar a agricultura, a pesca e a acuicultura sostibles, preservando os recursos naturais no marco de modelos de desenvolvemento rural e territorial integrados, inclusivos, solidarios e redistributivos para unha prosperidade compartida. ODS 1, 2, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 3. Impulsar a equidade de xénero e máis o apoderamento e o exercicio de dereitos das mulleres e da infancia. ODS 3, 5, 10, 16 4. Paliar e reducir a vulnerabilidade respondendo ás crises humanitarias con eficacia e calidade. 5. Construír unha cidadanía global comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible. ODS 4, 13, 16, 17 En relación ao novo ciclo de planificación da Cooperación Galega, os axentes de cooperación participantes nesta avaliación demandaron a ampliación dos ámbitos estratéxicos en dúas liñas de traballo: planeta e defensa dos dereitos humanos. Coa primeira visibilizaríase a loita contra o cambio climático e a xustiza ambiental no marco dos ODS vinculados a “planeta”. E a segunda abordaría a construción de capacidade e resiliencia mediante o fortalecemento institucional das organizacións da sociedade civil e das Administracións públicas no marco da defensa e promoción dos dereitos humanos, a democracia, a paz e as liberdades. Por outra banda, tamén se sinalou a necesidade de abordar o despregamento dos ámbitos estratéxicos en estratexias sectoriais da Cooperación Galega en eidos de especial interese ou especialización, como xénero ou promoción e defensa dereitos humanos. Táboa 22: Distribución sectorial da AOD da Xunta de Galicia por sectores CAD e peso relativo, 2018-2021 (euros) Código sector Descrición sector Total % Total AOD Importe % I. Achegas distribuíbles sectorialmente 16.576.060,07 100 61 100. Infraestruturas e servizos sociais 11.389.155,06 69 42 110. Educación 2.839.138,69 17 10 120. Saúde 1.837.782,20 11 7 130. Programas/políticas sobre poboación e saúde reprodutiva 1.761.849,82 11 6 140. Abastecemento de auga e saneamento 1.506.877,44 9 6 150. Goberno e sociedade civil 2.986.795,35 18 11 160. Outros servizos e infraestruturas sociais 456.711,56 3 2 200. Infraestruturas e servizos económicos 59.990,31 0 0 300. Sectores produtivos 3.976.302,14 24 15 400. Multisectorial 1.150.612,56 7 4 II. Achegas non distribuíbles sectorialmente 10.574.860,83 100 39 500. Subministro de bens e axuda xeral a programas - 0 0 700. Axuda de emerxencia 3.835.244,00 36 14 910. Custes administrativos doador 2.495.039,00 24 9 920. Apoio a organizacións non gobernamentais 542.577,00 5 2 930. Axuda a refuxiados/as no país doador 613.660,00 6 2 998. Sen especificar/non clasificados 3.088.340,83 29 11 Total AOD bilateral bruta (=I+II) 27.150.920,90 100 100 Se ampliamos a análise ao conxunto da AOD da Xunta de Galicia a distribución sectorial da AOD galega concéntrase nun 42 % nas infraestruturas e servizos sociais e mais nos sectores produtivos (15 %), a axuda de emerxencia (14 %), goberno e sociedade civil (11 %) e educación (10 %). Resulta significativa a axuda a persoas refuxiadas no país doador onde se inclúen os programas de asistencia sanitaria ás crianzas saharauís do programa “Vacacións en Paz” de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Tamén se inclúe a asistencia sanitaria a crianzas de África Subsahariana xestionada por Terra de Homes e pola Asociación de inmigrantes senegaleses de Ourense. Nos anos 2020 e 2021, por mor da pandemia da COVID-19, o programa de “Vacacións en paz” ficou suspendido,
67 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE subscribindo a Consellería de Política Social dous convenios de acción humanitaria por importe de 200.000 € destinados aos campamentos de refuxiados saharauís do Tindouf (Alxeria). En relación á transformación operativa dos axentes de cooperación entre 2020 e 2021 por mor da pandemia da COVID, aconteceu unha maior concentración de proxectos e desembolsos en cooperación no sector de saúde que medrou un 107 % con respecto do bienio 2018-2019, pasando de case 600 mil euros a 1,2 millóns de euros. O sector de Goberno e sociedade civil medrou un 132 %, cun desembolso de 900 mil euros no bienio 2018-2019 e de 2 millóns de euros entre 2020 e 2021. Nesta liña de actuación prestouse especial atención ás persoas defensoras dos dereitos humanos e á sociedade civil organizada en contextos de regresión democrática e autoritarismo e de restrición dos dereitos e as liberdades públicas. Por último, a situación de incerteza operativa e o efecto sistémico da pandemia da COVID-19 motivaron un incremento significativo dos proxectos de cooperación no sector multisectorial, especialmente no eido do desenvolvemento rural, que pasaron de 245 mil euros no bienio 2018-2019 a 905 mil no bienio 2020-2021, cun incremento do 270 %. Esta reorientación sectorial da Cooperación Galega motivada pola pandemia da COVID-19 resulta, logo, coherente cos tres ámbitos estratéxicos establecidos na Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega: AE 1: Afrontar a emerxencia sanitaria apoiando os sistemas e servizos de saúde e aos gobernos, comunidades e organizacións da sociedade civil socias da Cooperación Galega para rematar coa transmisión do virus da COVID-19 e prever e tratar futuras crises sanitarias e pandemias. AE 2: Promover o exercicio dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat, auga e saneamento básico) e a cohesión social e reforzar os sistemas públicos de protección social con iniciativas lideradas desde o nivel comunitario e local. AE 3: Mitigar o impacto socioeconómico e salvagardar ás persoas máis vulnerables e ás comunidades locais garantindo os seus ingresos e os seus medios sustentables de vida. Con carácter transversal a estes tres ámbitos estratéxicos, priorizáronse as actuacións que impulsasen a equidade de xénero e o apoderamento e o exercicio de dereitos das mulleres e da infancia, por mor da súa especial afectación a causa da pandemia. Por exemplo, no sector de programas e políticas sobre poboación e saúde reprodutiva pasouse de 600 mil euros no bienio 20182019 a 958 mil entre 2020 e 2021, un crecemento do 59 %. Por último, consonte aos criterios establecidos polo CAD para medir o grao de cumprimento do Compromiso 20/20 establecido no Cumio mundial sobre desenvolvemento social celebrado en Copenhague no ano 1995, a Cooperación Galega destinou un 31 % da súa AOD bruta distribuíble sectorialmente á cobertura de servizos sociais básicos entre 2018 e 2021, superando amplamente o 20 % que define o devandito compromiso. Táboa 23: Distribución da AOD bruta distribuíble sectorialmente da DXRREE e UE cara á cobertura de servizos sociais básicos por volume de fondos e porcentaxe, 2018-2021 Código sector Descrición sector Total desembolsado € % I. Achegas distribuíbles sectorialmente 16.576.060 100 112 Educación básica 1.692.687 10 122 Saúde básica 1.402.709 8 130 Programas/políticas sobre poboación e saúde reprodutiva 1.761.80 11 14030 Abastecemento de auga potable e saneamento básico – sistemas menores 225.000 1 16050 Axuda multisectorial para servizos sociais básicos 174.950 1 Total 5.257.196 31
68 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) En relación á construción de resiliencia, a pandemia da COVID-19 impactou de forma negativa e dramática sobre a capacidade institucional dos axentes de cooperación e os seus parceiros. Tal e como se describe na Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega, todas as actuacións financiadas sufriron as consecuencias da COVID-19 con diversos niveis de intensidade. E a súa execución estivo condicionada polos efectos da pandemia sobre as persoas e comunidades participantes, o persoal técnico, as organizacións e entidades socias e o contexto político, social e económico. Por este motivo a xestión do ciclo do proxecto viuse afectada en todas as súas fases, especialmente os procesos de xustificación técnica e económica e produciuse un debilitamento global das estruturas e das capacidades técnicas e institucionais. Entre 2020 e 2021 abordouse especificamente o reforzamento da especialización no eido do fortalecemento institucional e de organizacións da sociedade civil, e do apoderamento das mulleres. Entre 2018 e 2021 a DXRREE e UE destinou 3,5 millóns de euros, un 15 % da súa axuda desembolsable, ao sector 150 de goberno e sociedade civil e ao sector 920 de apoio a organizacións non gobernamentais. De todos os xeitos, moitas intervencións de cooperación e acción humanitaria integran unha visión multisectorial e integral na que se inclúen compoñentes de construción de resiliencia, fortalecemento institucional e de organizacións da sociedade civil, así como de apoderamento das mulleres. No cuadrienio 2018-2021 outras medidas previstas no IV Plan Director para o fortalecemento institucional e de organizacións da sociedade civil foron as seguintes: - As convocatorias e convenios permitiron financiar os gastos en recursos humanos asociados ao proxecto até un 70 % do custo total para posibilitar a contratación de persoal especializado para a xestión e execución das actividades financiadas. A Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega estableceu ademais que, por razóns excepcionais e debidamente xustificadas vencelladas á pandemia, este límite podería ser obxecto de ampliación. - Asináronse cadanseus convenios anuais coa Coordinadora Galega de ONGD e co Fondo Galego. Tamén se asinou un convenio bienal coa Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD) en 2019 e un convenio anual en 2021. - Financiáronse actividades de formación e capacitación especializada dirixida aos axentes galegos de cooperación a través dos convenios coa CGONGD, Fondo Galego e RGCUD. - Concedéronse 18 bolsas de formación de persoas expertas en cooperación que desenvolveron as súas actividades na sede da DXRREE e UE e mais nas Oficina Técnicas de Cooperación (OTC) da Cooperación Española en República Dominicana, Guatemala, Perú e Mozambique. - Organizouse en setembro de 2021, en colaboración coa Fundación Galicia Europa, un primeiro curso de financiamento europeo para as ONGD galegas. Nesta formación participaron case medio cento de ONGD galegas. Unha medida da capacidade institucional dos axentes galegos de cooperación identificámola na cantidade de recursos da Cooperación Galega que son quen de xestionar. Entre 2018 e 2021, a Cooperación Galega caracterizouse por unha xestión indirecta da súa axuda (80 %) a través de convocatorias públicas de axudas e pola canalización de xeito maioritario a través de ONGD (71 %). Nesta porcentaxe non se inclúen os proxectos en agrupación das ONDGD con outras entidades de
69 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE diferente natureza que ben lideran ou ben figuran como entidades en consorcio e que son identificados como agrupacións mixtas na seguinte táboa. Se engadimos a cantidade xestionada por ONGD nestas agrupacións mixtas (1.627.432 €), a porcentaxe xestionada medra até o 79 %, cun total de 17.811.61 €). Ademais, durante a vixencia do IV Plan Director aconteceu un significativo aumento das cantidades xestionadas polas axencias vinculadas ás Nacións Unidas (ACNUR, UNRWA e UNICEF), que se sitúan como segundo axente en relevancia da Cooperación Galega. Táboa 24: Axentes canalizadores da AOD desembolsada da DXRREE e UE, 2018-2021 Axente de cooperación AOD xestionada € % sobre total ONGD 16.184.184 71% Agrupacións mixtas 1.746.401 8% Axencias Internacionais 1.526.136 7% Outros actores 1.067.565 5% Empresas 510.367 2% CETMAR 422.098 2% Universidades 393.964 2% CGONGD 380.000 2% Fondo Galego 240.987 1% AECID 200.000 1% Total 22.671.702 100% Por último, no cuadrienio 2018-2021 un 25 % (5.742.563 €) da axuda total desembolsada (23.044.168 €) a través das convocatorias e convenios da DXRREE e UE aos axentes de cooperación financiou proxectos en agrupación. Neste senso, o IV Plan Director mantivo unha porcentaxe similar ao III Plan Director, cando se financiaron proxectos en agrupación que representaron un 23 % do total da axuda desembolsada a través de convocatorias e convenios entre 2014 e 2017. En relación á construción de resiliencia e ao proceso de posta en valor das capacidades diferenciadas e vantaxes comparativas de cada axente de cooperación, as ONGD participantes na avaliación manifestaron a idoneidade de acometer un proceso de adaptación ao contexto da Cooperación Galega do Marco de relación entre las organizaciones no gubernamentales de desarrollo y la Administración General del Estado asinado en marzo de 2022. De vez, as Universidades e as entidades empresariais expresaron a demanda dun proceso colectivo de adaptación da convocatoria de cooperación dirixida a outros axentes co fin de adaptala ás súas características específicas e operativa. En conclusión, a Cooperación Galega mantivo a súa tendencia positiva cara á selectividade sectorial da súa axuda, cunha atención significativa aos ODS relativos ás persoas e á prosperidade compartida. Deste xeito dáse continuidade á especialización sectorial da Cooperación Galega mais permitindo unha maior flexibilidade operativa á hora de definir a súa achega específica aos ODS por mor de ser unha cooperación xestionada maioritariamente a través de ONGD e de convocatorias públicas de axudas. Por outra banda, a pandemia da COVID-19 representou un desafío colectivo para os axentes de cooperación que, a través da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega, reorientación sectorialmente o seu traballo nos tres ámbitos estratéxicos definidos colectivamente durante o proceso participativo de elaboración. A outra vía de fortalecemento da capacidade institucional dos axentes de cooperación consistiu no financiamento de actividades de formación e capacitación especializada, a posibilidade de contratar recursos humanos asociados aos proxectos até o 70% do custe total -porcentaxe ampliable durante a situación de pandemia-, a sinatura dos convenios coa CGONGD, Fondo Galego e RGCUD, a convocatoria das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación e a canalización maioritaria dos recursos a través de convocatorias públicas e das ONGD.
70 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 4.3.6. Alianzas territoriais multiactor e multinivel. O IV Plan Director salientou a necesidade de reforzar o modelo de actuación nos países prioritarios ou nas comunidades socias con base en alianzas territoriais multiactor e multinivel, nos sectores de especialización da Cooperación Galega dando continuidade ás experiencias xa desenvolvidas en Guatemala (Champerico-Retalhuleu) e República Dominicana (Santiago de los Caballeros). Aínda que as denominadas Iniciativas de Desenvolvemento Integral (IDI) decaeron, os axentes galegos de cooperación involucrados continuaron as súas alianzas de traballo na zona como vén sendo o caso de Arquitectos sen Fronteiras e PROYDE en Champerico e Fundación Balms para a Infancia en Santiago de los Caballeros. Complementariamente, a Cooperación Galega ten financiado de forma ininterrompida intervencións a través das ONGD Amigos da Terra, AGARESO, Asemblea de Cooperación pola Paz e Enxeñería sen Fronteiras, en determinadas comunidades que deben ser recoñecidas como socias da acción solidaria internacional da Xunta de Galicia como é o caso das municipalidades do Golfo de Fonseca (Honduras) ou o Baixo Lempa (O Salvador). No cuadrienio 2018-2021 deuse continuidade ao financiamento das intervencións en Mozambique nas provincias de Cabo Delgado e Niassa no eido da xestión de recursos hídricos e da acuicultura rural e pesca artesanal e na que interveñen Augas de Galicia, a Fundación Universidade da Coruña, Axuda en Acción e CETMAR. Esta parcería coa Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte), o Instituto Nacional de Desenvolvimento de Pesca e Aquacultura e o Instituto Nacional de Investigação Pesqueira foi o principal foco de investimento en Mozambique durante a execución III Plan Director da Cooperación Galega e durante o cuadrienio 2018-2021. En 2018, no marco da construción de novas alianzas territoriais e multinivel, desenvolveuse o proceso de identificación dunha intervención sectorial en apoio á pesca artesanal na Baía de Sechura, no Departamento de Piura (Perú), denominada ACUIPESCA-PERÚ, co fin de desenvolver o Memorando de Entendemento asinado entre o Ministerio da Produción de Perú e a Xunta de Galicia en febreiro de 2015. A raíz desta identificación asináronse convenios de colaboración con CETMAR, Axuda en Acción e Anfaco para a execución de catro proxectos cun investimento global da Xunta de Galicia de 757.075 € entre 2019 e 2021. Este investimento ten provocado que Perú teña sido o principal destinatario da AOD galega no exterior no cuadrienio 2018-2021. En conclusión, a DXRREE e UE promoveu a constitución dunha nova alianza multiactor e multinivel en Perú, país prioritario da Cooperación Galega, no ámbito estratéxico 2 do IV Plan Director: “Apoiar a agricultura, a pesca e a acuicultura sostibles, preservando os recursos naturais no marco de modelos de desenvolvemento rural e territorial integrados, inclusivos, solidarios e redistributivos para unha prosperidade compartida”. Ao tempo deu continuidade ao financiamento daquelas intervencións en comunidades socias da Cooperación Galega executadas polas ONGD. Por último, en 2021 realizouse a identificación en Mozambique para unha nova alianza na xestión de recursos hídricos e da acuicultura rural e pesca artesanal que se iniciará en 2022. 4.3.7. Coherencia de políticas de desenvolvemento O IV Plan Director alentou pola integración dunha visión de coherencia de políticas na Administración pública galega, en coordinación co conxunto de actores públicos e axentes de cooperación, a través dun liderado político activo que promova a transversalización estratéxica da Axenda 2030 e a súa localización no nivel autonómico e local. A nivel da Xunta de Galicia a integración da coherencia de políticas no marco da Axenda 2030 das Nacións Unidas está a ser desenvolvida pola Comisión Interdepartamental para o Seguimento da Axenda 2030. O Consello
71 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia promoveu a súa creación como resposta á necesidade de abordar a implementación dos ODS en Galicia a nivel gobernamental, promovendo a transversalidade e a coherencia de políticas na Administración autonómica. Esta Comisión está concibida como un órgano de coordinación e colaboración en materia de desenvolvemento sustentable e constituíuse en xaneiro de 2019, estando regulado o seu funcionamento polo Decreto 142/2019, do 31 de outubro, polo que se crea a Comisión Interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 en Galicia (DOG n. 217, 14 de novembro de 2019). A Comisión está presidida pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e ten as seguintes funcións: − Coñecer as iniciativas, plans, programas e convenios existentes nos ámbitos cubertos polos ODS e levar a cabo un seguimento da súa execución. − Estudar e propoñer novas accións para o cumprimento dos ODS. − Instar a outras Administracións e organismos públicos e privados para que impulsen as medidas necesarias para promover o cumprimento dos ODS. − Realizar un informe de seguimento sobre o progreso no cumprimento dos obxectivos e metas fixados na Axenda 2030, que será presentado ante o Parlamento de Galicia de xeito bienal. No seo desta Comisión constituíronse tres Grupos de Traballo: un para o ámbito económico, coordinado polo director xeral de Planificación e Orzamentos; outro para o ámbito medioambiental, coordinado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e un terceiro para o ámbito social, cuxa coordinación lle foi encomendada ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Como primeira actuación do Grupo de Traballo de ámbito social elaborouse un estudo diagnóstico sobre a implantación dos ODS de carácter social da Axenda 2030 na Xunta de Galicia. Os resultados do “Informe sobre as Conclusións do Diagnóstico da Axenda 2030 en Galicia”. presentáronse no mes de novembro de 2020. A DXRREE e UE tivo unha importante responsabilidade na dinamización da integración da Axenda 2030 na Xunta de Galicia a través do encargo en 2017 do estudo La implantación de la Agenda 2030 de Desarrollo Sostenible en la Xunta de Galicia. Principales implicaciones y propuestas, realizado por un equipo de investigación da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixido polo catedrático José Antonio Alonso. O estudo explora o enfoque e os procedementos a través dos cales se pode adoptar e adaptar a Axenda 2030 e os ODS ao ámbito das competencias propias da Xunta de Galicia, e permitiu identificar os mecanismos institucionais necesarios para o seguimento da implementación da Axenda 2030 en Galicia. Dentro deste traballo de promoción da Axenda 2030 no conxunto da Administración pública galega, en 2019 e 2021 a DXRREE e coa UE, en colaboración coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, organizou en 2019 e 2021 cadanseu curso “A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas Administracións Públicas galegas”. Celebrados na Escola Galega de Administración Pública no mes de xuño, tivo por obxecto proporcionar os coñecementos e as competencias necesarias para que o persoal ao servizo da Administración autonómica, das Administracións locais e das Universidades galegas poidan aplicar os principios e contidos da Axenda 2030 nas súas áreas de traballo. Ao abeiro do convenio de colaboración asinado co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a través da súa plataforma de formación, impartíronse dúas edicións dun curso sobre
72 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) a localización da Axenda 2030, ODS e municipalismo ao que asistiron 40 persoas representantes políticas ou técnicas de 24 entidades locais galegas. Ao tempo, tamén se realizou un ciclo de webinars que contou coa participación de 32 representantes de 22 administracións locais galegas e 5 representantes de 4 entidades dos países empobrecidos. Por outra banda acompañouse a seis concellos (Barreiros, Cabanas, Fene, Pontedeume, San Sadurniño e Tomiño) na elaboración dos plans de implementación da Axenda 2030. E en 2019 e 2021 celebráronse cadansúa edición do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía na cidade de Santiago de Compostela e en Braga. coa asistencia de representantes de entidades locais de Galicia, Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Cabo Verde e São Tomé e Príncipe, e da Xunta de Galicia. Por último, a Xunta de Galicia apoiou a celebración en Santiago de Compostela do VIII Congreso Universidade e Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento en novembro de 2019. O acto de inauguración contou coa participación do Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE e a Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior interveu na mesa redonda “Políticas e soporte institucional para a xeración de coñecemento desde a CUD”. Este congreso bienal, promovido polo grupo de traballo de cooperación da Comisión Sectorial CRUE-Internacionalización e Cooperación e apoiado polo Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD), representa un punto de encontro das universidades para compartir experiencias e xerar oportunidades de novas aprendizaxes e alianzas no contexto da Axenda 2030 e os ODS. Previamente á súa inauguración, o 27 de novembro de 2019 representantes das tres Universidades públicas galegas e o Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia asinaron a declaración institucional “O compromiso das Universidades públicas galegas coa Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas” na que expresan a súa vontade compartida de unir a súa experiencia, capacidades, recursos e talento en favor da consecución dos ODS cara ao 2030. En conclusión, a DXRREE e UE dinamizou un dos grupos de traballo establecidos no seo da Comisión Interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 da Xunta de Galicia. Este liderado aconteceu no marco máis amplo do conxunto de iniciativas autonómicas, estatais e locais para a efectiva implementación dunha visión de coherencia de políticas no conxunto da Administración pública galega. Deste xeito apoiouse ao Fondo Galego nos procesos de localización da Axenda 2030 a nivel municipal en seis concellos galegos. 4.3.8. Participación e diálogo de políticas O IV Plan Director estableceu un marco para a promoción da participación do conxunto de axentes de cooperación, nas actividades da Cooperación Galega e para a posta en valor das novas oportunidades de diálogo de políticas pola ampliación da composición do CONGACODE. O CONGACODE constitúe o principal espazo de participación e diálogo de políticas da Cooperación Galega e canto órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento. O CONGACODE está regulado no capítulo II do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento que ademais introduciu unha revisión e ampliación das entidades e persoas expertas que o compoñen. A primeira xuntanza deste CONGACODE ampliado tivo lugar o 18 de abril de 2018. En 2019 celebráronse dúas xuntanzas, o 15 de xaneiro e o 25 de novembro e en 2021 a súa xuntanza tivo lugar o 28 de xaneiro de forma telemática. Nestas catro xuntanzas aprobáronse os seguintes documentos e propostas de relevancia para a Cooperación Galega:
73 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE a) Proposta do IV Plan Director da Cooperación Galega, resultado dun proceso participativo de elaboración e debate. Contou coa abstención das ONGD en representación da CGONGD e dunha das persoas expertas e co voto favorable do resto de entidades e persoas expertas. b) Aprobación por unanimidade da creación do Grupo de Traballo de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. c) Aprobación por unanimidade do Plan Anual 2018, 2019, 2020 e 2021 da Cooperación Galega. d) Aprobación por unanimidade do Anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Aínda que o número de entidades que integran o CONGACODE e o formato e dinamismo das súas xuntanzas poidan favorecer a ritualización da participación e a limitación do diálogo nese espazo institucional, a DXRREE e UE ten favorecido activamente que a Cooperación Galega cumpra co criterio de ser unha política pública participativa e participada. Deste xeito, os tres documentos principais aprobados no cuadrienio 2018-2021, o IV Plan Director da Cooperación Galega, o Anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia e a Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega foron o resultado dun amplo proceso participativo que incluíu o debate, negociación e diálogo cos actores públicos e os axentes privados de cooperación e coas súas organizacións representativas, como a CGONGD, Fondo Galego ou FEGAMP. Deste xeito, facilitouse o desenvolvemento dunha participación inclusiva e unha maior profundidade no diálogo entre axentes aínda que segue a detectarse unha implicación desigual dos axentes de cooperación nos procesos de natureza participativa onde destaca a capacidade de interlocución das ONGD, as Universidades, as entidades locais asociadas no Fondo Galego e na FEGAMP, e empresas especializadas no eido do desenvolvemento. Con todo, segue a manterse con respecto aos anteriores ciclos de planificación o carácter vicario da participación de xeito que esta se materializa no protagonismo dos axentes de cooperación, fundamentalmente das ONGD, sen que se teñan artellado mecanismos e procesos para facilitar unha participación máis directa da cidadanía ou dos socios de desenvolvemento na definición da política pública de cooperación. En relación ao fortalecemento das dinámicas de traballo do CONGACODE, na súa xuntanza de 18 de abril de 2018 aprobouse a creación do Grupo de Traballo de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Este grupo de traballo está integrado por nove persoas: dúas en representación da DXRREE e UE; unha en representación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; unha en representación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dúas en representación da comisión de educación da CGONGD; unha en representación da RGCUD; unha en representación do Fondo Galego; e unha persoa vogal experta no CONGACODE. O grupo de traballo celebrou cadansúa reunión anual en 2018 e 2019 onde se debateron e realizaron achegas ás bases das convocatorias para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, revisouse o estado de execución da matriz de resultados da estratexia de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global da Cooperación Galega e informouse da realización dunha avaliación ex-post das intervencións máis significativas financiadas neste eido desde 2010 ata 2017. Por último, froito da coordinación no seo deste grupo de traballo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aprobou incluír, dentro do seu Plan Anual de Formación 2019, un curso sobre educación para o desenvolvemento e cidadanía global, que se impartiu no mes de novembro, coa colaboración da CGONGD.
80 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) simplificación do marco estratéxico da Cooperación Galega a través da implementación dunha lóxica estratéxica e de desempeño baseada no modelo de xestión orientado a resultados de desenvolvemento. Este modelo de xestión centra os seus esforzos na consecución daqueles resultados de xestión que entran dentro da esfera de influenza e das capacidades e dos actores comprometidos corresponsablemente no seu logro. De vez, este modelo salienta a necesidade de que a toma de decisións estratéxicas e operativas se realice con base en información de calidade e relevante que achegue datos, feitos e evidencias. Por este motivo, no IV Plan Director estableceuse a continuidade do proceso de mellora da calidade dos instrumentos de seguimento e avaliación a través dun investimento de recursos financeiros suficientes neste eido da xestión do coñecemento. Ao mesmo tempo, promoveuse a aprendizaxe organizativa do conxunto de axentes e actores da Cooperación Galega a través da apertura de espazos para o intercambio de coñecementos, boas prácticas e da sistematización de resultados. Xa que logo, a DXRREE e UE debe asignar recursos suficientes para dar continuidade ao impulso de prácticas de avaliación de calidade en todas as actividades da Cooperación Galega así como a promoción activa da investigación sobre desenvolvemento e sobre o sistema galego de cooperación. Para o reforzamento da xestión do coñecemento e das aprendizaxes institucionais da Cooperación Galega, no cuadrienio 2018-2021 desenvolveuse o seguinte conxunto de actuacións: a) A realización, publicación e difusión de cadanseus informes anuais de xestión da Cooperación Galega. Téñense publicado as memorias 2018, 2019 e 2020 adecuando a organización da información á estrutura e lóxica do IV Plan Director. b) A realización de cadansúa avaliación externa ex-post das intervencións en 3 países prioritarios. No cuadrienio 2018-2021 desenvolvéronse as devanditas avaliacións sobre as intervencións financiadas entre 2010 e 2017 pola Cooperación Galega en Mozambique; en Honduras e O Salvador e Guatemala. c) Realizouse unha avaliación externa ex-post do programa de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional desde o seu inicio en 2002. d) Durante o ano 2019 realizouse una avaliación externa de 10 intervencións no eido da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global no período 2010-2017. Estas intervencións foron seleccionadas pola súa relevancia e impacto co obxectivo de coñecer as debilidades e fortalezas da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia. Estas intervencións foron lideradas por 13 axentes de cooperación e financiadas a través de 56 axudas obtidas a través de convocatorias públicas ou convenios de colaboración. Os resultados foron difundidos publicamente na segunda metade de 2020 e as melloras propostas foron implementadas. e) Resolveuse en 2019 e 2021 cadansúa convocatoria de investigación sobre cooperación ao desenvolvemento dirixida a investigadores/as e grupos de investigación das Universidades integradas no Sistema Universitario Galego. Financiáronse 10 proxectos por un importe total de 296.992 €. f) Financiouse a realización de 56 avaliacións externas dos proxectos financiados a través das convocatorias e convenios de proxectos no exterior e educación para o desenvolvemento e cidadanía global.
81 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE g) Encargouse a realización dun estudo diagnóstico sobre ODS de ámbito social como parte da coordinación pola DXREE e UE do Grupo de Traballo específico no ámbito social que forma parte da Comisión interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 en Galicia. h) Realizouse un estudo sobre a inclusión dun título de Cooperación para o Desenvolvemento no anteproxecto de Lei reguladora da Acción Exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Este estudo deu lugar ao narrativo e articulado do Título VIII do devandito anteproxecto que posteriormente foi aprobado no Parlamento de Galicia e entrou en vigor en abril de 2021. i) Financiouse un estudo sobre a cooperación municipalista en Galicia entre 2010 e 2018 que foi codirixido polo Fondo Galego e mais a CGONGD e cofinanciado con cargo aos seus convenios anuais. No cuadrienio 2018-2021 avanzouse na configuración dunha cultura de avaliación e aprendizaxe organizativa que retroalimentou os coñecementos, prácticas e o intercambio de experiencias e aprendizaxes entre os axentes de cooperación. Ao tempo, semella que o investimento realizado pola DXRREE e UE neste eido segue sen garantir a realización de avaliacións cun maior alcance ao estaren limitadas polas dispoñibilidades orzamentarias, cuestión que pode afectar á calidade das mesmas. Ao tempo, cómpre avanzar no fortalecemento da capacidade institucional para a aprendizaxe organizativa e a xestión do coñecemento de tal xeito que se reforce transversalmente a cultura de avaliación en todos os niveis dos axentes galegos de cooperación. Con todo, ficou pendente a elaboración no cuadrienio 2020-2021 dun documento marco de avaliación da Cooperación Galega pode actuar como catalizador deste fortalecemento e facilitar un espazo para a reflexión en común sobre a actividade avaliadora da Cooperación Galega. Por outra banda, durante o anterior Plan Director existiu consenso entre os axentes de cooperación respecto das dificultades para xerar espazos e tempos para a reflexión colectiva que faciliten os intercambios de experiencias e as aprendizaxes organizativas con base nos exercicios de avaliación. Ao tempo, detectouse unha asimetría entre as entidades que presentan unha traxectoria organizativa consolidada en avaliación e as organizacións que as contemplan como exercicios de fiscalización externa. Esta asimetría tamén se reflectiu entre a experiencia e tradición más consolidada de avaliación no eido da cooperación para o desenvolvemento e o carácter máis novidoso daquela, e agora máis estandarizado, da avaliación en educación para o desenvolvemento. Para facilitar o intercambio de experiencias e as aprendizaxes organizativas, no cuadrienio 2018-2021 celebráronse en 2018 dous encontros de socialización, presentación de resultados e rendición de contas. O primeiro no marco da presentación das novidades das convocatorias de axudas 2018 e o segundo para a presentación de resultados e rendición de contas da avaliación ex-post dos proxectos da Cooperación Galega en Mozambique entre 2010 e 2017. En 2019 celebrouse un novo encontro para a presentación de resultados e rendición de contas da avaliación ex-post da dos proxectos da Cooperación Galega en Honduras e O Salvador entre 2010 e 2017. A pandemia da COVID-19 impediron a continuidade destes encontros presenciais. En conclusión, no cuadrienio 2018-2021 deuse continuidade ao proceso de posta en valor dos procesos de xestión do coñecemento e das aprendizaxes institucionais derivadas dos estudos e avaliacións financiadas pola Cooperación Galega. Neste senso, os instrumentos, espazos e rutinas desenvolvidas teñen reforzado a consolidación dunha cultura de avaliación e aprendizaxe organizativa entre os axentes de cooperación poñendo os coñecementos xerados, as prácticas
82 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) avaliadas e as dinámicas xeradas de intercambio de experiencias e aprendizaxes ao servizo da consecución de resultados de desenvolvemento no marco da Axenda 2030 e os ODS. 4.3.11. Rendición de contas e transparencia O IV Plan Director estableceu como liña de acción a mellora da difusión á cidadanía dos logros colectivos da Cooperación Galega a través de accións de comunicación máis estratéxicas e integrais co fin de facilitar o acceso público a toda a información sobre as actividades de cooperación e promover o apoio da cidadanía á política pública de cooperación para o desenvolvemento. Toda a información relativa ás actividades de cooperación ao desenvolvemento da Xunta de Galicia atópase dispoñible e accesible na páxina web da Cooperación Galega (www.cooperacion.xunta.gal) de xeito que tanto os axentes de cooperación como a cidadanía poden exercer o seu dereito á información cun acceso libre e sen restricións. Ao tempo, na sección de planificación e rendición de contas pódese acceder a toda a información relativa aos Plans Anuais, informes anuais de xestión e avaliacións das actividades da Cooperación Galega. No cuadrienio 20182021 editáronse e divulgáronse as seguintes publicacións: Informes 2017, 2018, 2019 e 2020 da Cooperación Galega, Informe 2018 da Cooperación Galega, e o IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) en edición bilingüe. Con todo, co fin de visibilizar de forma clara a achega específica da Cooperación Galega á consecución dos ODS, os informes anuais de xestión deberían de engadir unha nova sección na que se vinculen os desembolsos de AOD a cada un dos 17 ODS. En relación á transparencia e rendición de contas, o conxunto de axentes de cooperación participantes no cuestionario valoraron como boa (56 %) ou moi boa (19 %) a transparencia e rendición de contas da DXRREE e UE, conseguindo unha valoración moi positiva os instrumentos de rendición de contas: a páxina web (56 % ben e 26 % moi ben), informes anuais de xestión (67 % ben e 18 % moi ben), o Informe intermedio de seguimento do IV Plan Director (61 % ben e 14 % moi ben) e as avaliacións de proxectos, convocatorias e intervencións (58 % ben e 9 % moi ben). Pola contra, as novas publicadas en medios de comunicación sobre a Cooperación Galega son valoradas como mal por un 16 %, regular por un 25 % e ben e moi ben por un 35 % e un 8 %, respectivamente. Con todo, como aconteceu durante o III Plan Director, resultaría necesario valorar a posibilidade de deseñar unha acción de comunicación pública máis proactiva e sistémica que poña de manifesto máis intensamente e faga máis visibles os logros colectivos que a sociedade galega está a conseguir na consecución da Axenda 2030 e dos ODS nos países socios da Cooperación Galega. En conclusión, no cuadrienio 2018-2021 garantiuse a rendición de contas e transparencia da Cooperación Galega facilitando o acceso da cidadanía a toda a información relativa ás actividades de cooperación para o desenvolvemento.
83 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 4.4. Pertinencia Neste apartado responderemos á dobre cuestión de se está a ser útil o sistema de indicadores predefinido no IV Plan Director, e se están a ser apropiados e suficientes os métodos de colleita e análise de datos para o seguimento do IV Plan Director? A matriz de resultados do IV Plan Director construíuse sobre a experiencia na execución do III Plan Director da Cooperación Galega. Este IV Plan Director baseouse, outra volta, na xestión orientada a resultados de desenvolvemento definíndose un marco de resultados e indicadores coherentes co alcance e dimensións da Cooperación Galega. Transcorridos dous anos de xestión do IV Plan Director téñense detectado dous indicadores que cómpre revisar. No primeiro caso para ampliar o seu alcance e, en segundo lugar, para modificar o produto que ten que ser tomado como referencia para a súa medida. En primeiro lugar, como xa indicamos no apartado 4.2. o anterior III Plan Director da Cooperación Galega prevía unha liña de acción vinculada á “actualización normativa da Cooperación Galega” (LA.1.1) e que incluía o proceso de elaboración dunha nova Lei galega de Cooperación para o Desenvolvemento. A falta de consenso social e político sobre a política pública galega de cooperación motivou que a Xunta de Galicia desestimase a oportunidade de iniciar o devandito proceso de actualización da vixente Lei de cooperación para o desenvolvemento do ano 2003. Con todo, durante o cuadrienio 2014-2017 aprobouse o Decreto 29/2017 de cooperación para o desenvolvemento. En 2019 a Xunta de Galicia desenvolveu o proceso para a remisión ao Parlamento de Galicia dun anteproxecto de Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A DXRREE e UE asumiu a dirección dos traballos técnicos relativos ao Título VIII dedicado á cooperación para o desenvolvemento. Este anteproxecto foi sometido a exposición pública entre xullo e setembro de 2019 sendo integradas no seu articulado alegacións realizadas polos axentes de cooperación. O 30 de xaneiro de 2020 o anteproxecto de Lei foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e remitido ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación. A convocatoria anticipada de eleccións e disolución do Parlamento de Galicia do día 10 de febreiro de 2020 finalizou a tramitación parlamentaria deste proxecto de lei. Tras o inicio da XI Lexislatura, o Consello da Xunta de Galicia remitiu ao Parlamento de Galicia outra volta o anteproxecto de Lei sendo aprobada no pleno celebrado o 23 de febreiro de 2023. Esta nova Lei contou cos votos a favor do PPdeG, a abstención do BNG e os votos en contra do PSdeG. Xa que logo, durante a vixencia do IV Plan Director desenvolveuse un proceso aberto de elaboración do Título VIII da nova Lei na que participaron os principais axentes da Cooperación Galega. En segundo lugar, en relación ao indicador 4.1.1. “Número de reunións da Comisión Interterritorial de Cooperación ao Desenvolvemento, do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 e dos encontros de comunidades autónomas e cooperación nos que participa a Xunta de Galicia” durante a execución do IV Plan Director o Goberno de España modificou por dúas veces a estrutura da gobernanza para a Axenda 2030 en abril de 2019 e en abril de 2020. A raíz da primeira reforma, as Comunidades Autónomas deixaron de formar parte do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030 e pasan a integrarse na Comisión Nacional para a Axenda 2030. Deste xeito, no informe intermedio de seguimento, o indicador de resultado e o produto asociado referenciouse para o seu seguimento ás xuntanzas da devandita Comisión Nacional ao decaer a participación das Comunidades Autónomas no Grupo de Alto Nivel. En abril de 2020, a Comisión Nacional foi substituída pola Conferencia Sectorial para la Agenda 2030. En representación da Xunta de Galicia participa a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xa que tamén preside a Comisión interdepartamental de seguimento
84 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) da Axenda 2030 en Galicia. Xa que logo, o indicador asociado a este produto vinculouse ás reunións da Conferencia Sectorial para la Agenda 2030 e órganos predecesores. En terceiro lugar, o incumprimento de indicadores ou na entrega de produtos está vinculado tanto á cuestión de que non constitúen actividades, procesos ou produtos que dependan directamente da DXRREE e UE ou a un exceso de concreción na definición do indicador, como o I.5.4.1. Para evitalo, deberíanse homoxeneizar os indicadores para que estes abrangan procesos e non a entrega de produtos. Por outra banda, cando os produtos non sexan entregables ou teña variado o contexto e circunstancias que motivaron a súa demanda deberase procurar vías alternativas para a súa satisfacción. En relación á cuestión de se os métodos de colleita e análise de datos para o seguimento do IV Plan Director están a ser apropiados e suficientes, salientamos como a DXRREE e UE ten dedicado desde 2010 esforzos e recursos institucionais á normalización dos procesos de recollida de información e depuración dos datos previamente ao seu envío ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación para a súa integración nos informes anuais de seguimento da AOD Española. Neste senso o sistema de seguimento do IV Plan Director achegou unha información veraz, confiable e robusta que permite analizar todos e cada un dos indicadores do marco de resultados do Plan Director. De feito, os informes anuais de xestión da Cooperación Galega están organizados de tal xeito que achegan datos suficientes para analizar o grao de cumprimento anual do seu marco de resultados. En conclusión, o sistema de indicadores predefinido no IV Plan Director foi útil para a análise e seguimento activo do seu grao de execución. Neste senso, os métodos de colleita e análise de datos para o este seguimento foron apropiados e suficientes tal e como se reflicte nos informes anuais de xestión da Cooperación Galega.
85 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 4.5. Satisfacción Este apartado responde á cuestión de se o IV Plan Director satisfixo as expectativas dos axentes e actores da cooperación galega. En primeiro lugar, analizaremos a satisfacción dos axentes de cooperación cos procesos participativos desenvolvidos durante a vixencia do IV Plan Director. En relación ao proceso de formulación do Título VIII de cooperación para o desenvolvemento da Lei 10/2021 reguladora da acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento de Galicia, un 79 % dos axentes de cooperación participantes nesta avaliación amosan unha satisfacción alta ou moi alta. Esta satisfacción baixa ao 66 % no caso do proceso participativo de elaboración da Estratexia de resposta da COVID-19 da Cooperación Galega. Esta porcentaxe menor explícase pola decisión de limitar o proceso participativo aos axentes de cooperación con proxectos activos financiados pola Cooperación Galega e afectados na súa execución pola pandemia da COVID-19. Gráfico 8: Satisfacción dos axentes de cooperación co IV Plan Director da Cooperación Galega, 2022. En segundo lugar, en relación á satisfacción xeral dos axentes de cooperación respecto do IV Plan Director, o 65 % dos axentes de cooperación amosa unha satisfacción alta e moi alta co mesmo, mentres que un 23 % declara unha satisfacción baixa. Pola contra, o anterior Plan Director unicamente acadara unha satisfacción alta e moi alta do 52 %. Se analizamos os diferentes aspectos do Plan Director, un 61 % afirma unha satisfacción baixa ou moi baixa coa súa dotación orzamentaria, mentres que un 73 % amosa unha satisfacción alta e moi alta coa súa orientación estratéxica sectorial e un 65 % coa orientación xeográfica. Ao tempo, un 55 % tamén declara unha satisfacción alta ou moi alta coa súa facilidade de uso e utilidade na formulación de proxectos e o 62 % recoñécese satisfeito co seu marco de resultados e indicadores. Ademais, un 64 % está satisfeito coa calidade dos procesos participativos e un 73 % coa accesibilidade e facilidades de comunicación e diálogo coa DXRREE e UE. Por último, a pandemia da COVID-19 afectou ao conxunto de axentes de cooperación e aos seus socios de desenvolvemento así como ao ciclo de xestión do proxecto. Durante a primeira fase de desescalada do confinamento desenvolveuse o proceso de elaboración do informe de seguimento do IV Plan Director no bienio 2018-2019. Este informe incluíu entre as súas recomendacións a 2 1 3 8 23 12 18 23 20 25 28 53 60 33 60 47 52 57 48 28 5 40 13 18 12 5 7 2 12 15 8 10 15 13 13 8 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Satisfacción xeral co IV Plan Director Accesibilidade e facilidades de comunicación e diálogo coa DXRREE e UE Orientación estratéxica sectorial da Cooperación Galega Orientación estratéxica xeográfica da Cooperación Galega Calidade dos procesos participativos Marco de resultados e indicadores do IV Plan Director Facilidade de uso e utilidade na formulación de proxectos Dotación orzamentaria Moi baixa Baixa Alta Moi alta Ns/Nc
86 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) definición dunha estratexia complementaria ao IV Plan Director en diálogo cos axentes de cooperación co fin de facer fronte ao impacto negativo da pandemia da COVID-19 e da crise sanitaria, social e económica en Galicia e nos países e nas comunidades socias. Por este motivo, preguntouse aos axentes de cooperación sobre a súa satisfacción en relación á resposta da Cooperación Galega fronte á COVID-19. Gráfico 9: Satisfacción dos axentes de cooperación coa resposta da Cooperación Galega á pandemia da COVID-19, 2022. Un 56 % amosa unha satisfacción alta e moi alta coa elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega, unha satisfacción que medra até o 69 % en relación ás facilidades de comunicación e interlocución coa DXRREE e UE. A adaptación das convocatorias de proxectos á situación de pandemia acada un 64 % de satisfacción alta e moi alta mentres que a adaptación dos prazos e procesos de execución e xustificación dos proxectos obtén un 57 % de satisfacción alta e moi alta. En conclusión, o IV Plan Director logrou satisfacer as expectativas dos axentes de cooperación mellorando a satisfacción en 13 puntos porcentuais con respecto do anterior Plan Director. Con todo, a dotación orzamentaria segue a constituír o principal punto de fractura con respecto da satisfacción global dos axentes de cooperación. Por outra banda, a capacidade de resposta da Cooperación Galega á pandemia da COVID-19 foi valorada moi positivamente por canto a elaboración participativa da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega facilitou procesos de adaptación aos impactos negativos da pandemia sobre a capacidade institucional dos axentes de cooperación e os procesos de xestión do ciclo do proxecto. Por último, as facilidades de comunicación, interlocución e diálogo coa DXRREE e UE constitúen unha das fortalezas do centro directivo da política pública de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia. 2 2 2 2 17 8 10 13 42 32 30 47 13 37 27 17 26 21 31 21 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Elaboración da estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega Facilidades de comunicación e interlocución coa DXRREE e UE Adaptación dos prazos e procesos de execución e xustificación dos proxectos financiados pola Cooperación Galega Adaptación das convocatorias de proxectos á situación de pandemia Moi baixa Baixa Alta Moi alta Ns/Nc
87 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE 5. Conclusións 1. A pandemia da COVID-19 representou un desafío colectivo para a Cooperación Galega, os axentes galegos de cooperación e os seus socios de desenvolvemento. As consecuencias negativas da pandemia nos países e comunidades parceiras afectaron ás intervencións en execución demandando unha adaptación da estratexia e operativa da Cooperación Galega á nova situación de pandemia global. Entre novembro de 2020 e xaneiro de 2021 desenvolveuse o proceso participativo de elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega, complementaria do IV Plan Director, e que permitiu a adaptación flexible do marco estratéxico e operativo e que manterá a súa vixencia mentres continúen os efectos adversos da pandemia nas comunidades e países socios. 2. En 2021 culminouse o proceso de actualización normativa da Cooperación Galega iniciado en 2019 a través do proceso de elaboración da vixente Lei 10/2021 reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A DXRREE e UE promoveu a participación activa dos axentes galegos de cooperación na definición do articulado que integra o Título VIII dedicado en exclusiva a cooperación para o desenvolvemento. Este novo marco normativo adaptouse á axenda global de desenvolvemento con base na experiencia e maduración do sistema galego de cooperación favorecendo, de vez, un marco regulador máis flexible do financiamento público das actuacións de cooperación dos axentes galegos de cooperación. 3. Durante o cuadrienio 2018-2021 tense recuperado o consenso social e político sobre a política pública de cooperación da Xunta de Galicia nun proceso favorecido pola recuperación orzamentaria da AOD autonómica, polo proceso de actualización normativa da Cooperación Galega e pola elaboración participativa da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega. Ao tempo, mantívose unha interlocución activa cos principais axentes galegos de cooperación por parte da Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia como por parte da DXRREE e UE e a SXCE, integrándose o diálogo directo cos parceiros de desenvolvemento dos axentes nas comunidades socias. 4. O IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) contou cun deseño coherente e adecuado á dimensión institucional e financeira da Cooperación Galega permitindo a asignación eficiente dos recursos orzamentarios dispoñibles e xerando efectos positivos correctores sobre o conxunto de retos e desafíos da Cooperación Galega identificados no diagnóstico da avaliación final externa e participativa do anterior Plan Director. A flexibilidade e adaptabilidade do seu deseño e marco de resultados amosouse durante o proceso participativo de elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega. 5. Malia o contexto de incerteza fiscal provocado pola COVID-19, a Xunta de Galicia cumpriu co incremento anual de recursos do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento establecido no marco orzamentario do IV Plan Director cun crecemento promedio do 15 % entre 2018 e 2021. Con respecto do ano 2017, o orzamento desembolsado en cooperación para o desenvolvemento medrou un 63 % durante este ciclo de xestión da Cooperación Galega. De vez, a Cooperación Galega caracterizouse pola súa solvencia financeira e pola plena execución orzamentaria que acada o 103 % no cuadrienio 2018-2021 por mor da achega extraordinaria pola Secretaria Xeral de Igualdade dun millón de euros de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero,.
88 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 6. A previsibilidade da axuda da Cooperación Galega mellorou no cuadrienio 2018-2021 por canto se garantiu o cumprimento do marco orzamentario establecido no IV Plan Director. Entre 2018 e 2021, a Xunta de Galicia investiu en cooperación ao desenvolvemento un total de 27.150.921 €, dos cales un 95% (25.868.591 €) foi xestionado pola DXRREE e UE dentro da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e o restante 5% (1.282.330€) por outros departamentos da Xunta de Galicia. Con todo o esforzo investidor situouse de promedio no 0,06 % do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia. 7. A Cooperación Galega consolidou o seu posicionamento intermedio na cooperación descentralizada autonómica tanto en relación ao volume de fondos desembolsados como ao esforzo investidor en AOD. No conxunto da AOD autonómica, en 2020 figuraba no 7º posto por volume de fondos desembolsados mentres que en relación ao esforzo investidor ocupaba a 12ª posición. 8. O IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) foi executado de forma eficiente e eficaz pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE acadándose a finais de 2021 a execución satisfactoria de 28 dos 32 indicadores definidos no seu marco de resultados. 9. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE exerceu un liderado proactivo do sistema galego de cooperación cunha visión de coherencia de políticas a través da dinamización conxunta do proceso de implantación da Axenda 2030 e dos ODS na Administración pública galega. 10. O aumento do esforzo investidor e do volume de AOD desembolsada permitiu realizar a convocatoria e resolución plena do conxunto de convocatorias previstas no IV Plan Director así como a formalización dos convenios establecidos nos correspondentes Plans Anuais. En concreto, a axuda desembolsable da DXRREE e UE a través de convocatorias e convenios distribuíuse nun 80 % a través de convocatorias e un 20 % a través de convenios. 11. No cuadrienio 2018-2021 impulsouse unha corrección significativa da fragmentación da axuda, especialmente no eido da cooperación, de tal xeito que se fomentaron intervencións con maior alcance e impacto vinculados á xeración de resultados de desenvolvemento no marco dos ODS. 12. A Cooperación Galega deu continuidade aos procesos de concentración e selectividade xeográfica cun 93 % da súa axuda en cooperación investida nos 11 países prioritarios definidos no IV Plan Director. No exterior a DXRREE e UE destinou un 82 % dos seus desembolsos en países de renda media e un 17 % en Países Menos Adiantados, sendo América Latina o destino preferente da AOD no exterior cun 74 % dos desembolsos e África Subsahariana cun 17 %. 13. A Cooperación Galega mantivo a súa tendencia positiva cara á selectividade sectorial da súa axuda cumprindo coa distribución prevista dos recursos desembolsables nos 5 ámbitos estratéxicos establecidos polo IV Plan Director cunha atención significativa aos ODS relativos ás persoas e á prosperidade compartida. Durante o bienio 2020-2021, por mor da pandemia da COVID-19, a Cooperación Galega reorientou os seus desembolsos sectoriais cun crecemento significativo nos sectores de saúde, goberno e sociedade civil e proxectos multisectoriais de desenvolvemento rural. 14. A Cooperación Galega promoveu a construción de resiliencia e o fortalecemento da capacidade dos axentes de cooperación a través do financiamento de proxectos de fortalecemento
89 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE institucional e de organizacións da sociedade civil e apoderamento de mulleres, de accións formativas e de capacitación, a sinatura dos convenios coa CGONGD, Fondo Galego e RGCUD, a convocatoria das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación, a canalización maioritaria dos recursos a través de convocatorias públicas e das ONGD e dando continuidade á posibilidade de contratar recursos humanos asociados aos proxectos até o 70% do custe total. 15. A Xunta de Galicia apostou polo modelo de actuación nos países prioritarios con base en alianzas territoriais multiactor e multinivel nos sectores de especialización da Cooperación Galega mediante o financiamento dunha intervención sectorial en apoio á pesca artesanal (ACUIPESCAPERÚ) na Baía de Sechura, no Departamento de Piura (Perú). Ao tempo, iniciouse un traballo conxunto en Mozambique no eido da xestión de recursos hídricos e da acuicultura rural e pesca artesanal con Augas de Galicia, Fundación Universidade da Coruña, Enxeñería sen Fronteiras, CETMAR e Axuda en Acción. 16. Durante o cuadrienio 2018-2021 reforzouse o proceso de participación e diálogo de políticas entre os axentes galegos de cooperación. O proceso participativo de elaboración do anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia e da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega así como a ampliación da composición do CONGACODE e a constitución dun grupo de traballo específico en educación para a cidadanía global teñen facilitado o reforzamento do carácter participativo e participado da Cooperación Galega. 17. No cuadrienio 2018-2021 deuse continuidade aos procesos de coordinación coa Cooperación Española ampliando a participación da Xunta de Galicia nos mesmos. Ao tempo, reforzouse a coordinación cos outros departamentos da Xunta de Galicia e aproveitáronse as oportunidades para o traballo conxunto coas Entidades Locais na localización da Axenda 2030 e co resto de axentes de cooperación nun marco de corresponsabilidade e contribución colectiva desde Galicia ao logro dos resultados de desenvolvemento definidos pola Axenda 2030 e os ODS. 18. A Cooperación Galega reforzou o proceso de posta en valor dos procesos de xestión do coñecemento e das aprendizaxes institucionais derivadas dos estudos e avaliacións financiadas pola DXRREE e UE. Os instrumentos desenvolvidos, os espazos de encontro para a presentación dos resultados das avaliacións promovidas pola Cooperación Galega, os procesos abertos de revisión e mellora das bases das convocatorias, e as rutinas desenvolvidas teñen apoiado a consolidación dunha cultura de avaliación e aprendizaxe organizativa entre os axentes de cooperación poñendo os coñecementos xerados, as prácticas avaliadas e as dinámicas xeradas de intercambio de experiencias e aprendizaxes ao servizo da consecución de resultados de desenvolvemento no marco da Axenda 2030 e os ODS. 19. A DXRREE e UE garantiu e promoveu a rendición de contas e transparencia da Cooperación Galega facilitando o acceso da cidadanía a toda a información relativa ás actividades de cooperación para o desenvolvemento especialmente a través da súa páxina web institucional. 20. O sistema de indicadores predefinido no IV Plan Director foi útil para a análise e seguimento activo do seu grao de execución. Os métodos de colleita e análise de datos da DXRREE e UE para o este seguimento foron apropiados e suficientes tal e como se reflectiu nos informes anuais de xestión da Cooperación Galega.
96 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Anexo 3. Metodoloxía Para este exercicio de avaliación final a asistencia técnica empregou tres fontes distintas de información para a análise cuantitativa: a procedente do Sistema de Información da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (info@OD) do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; os datos da DXRREE e UE que se empregan como base dos informes anuais de xestión, e mais o buscador de proxectos da propia DXRREE e UE. Como xa indicamos en anteriores exercicios de avaliación, a literatura académica e as investigacións verbo da cooperación autonómica acostuman salientar as debilidades das fontes de información pola súa escasa solvencia e rigor. Con todo, cómpre subliñar que a DXRREE e UE ten dedicado desde 2010 abundantes esforzos e recursos institucionais á normalización dos procesos de recollida de información e depuración dos datos previamente ao seu envío a info@OD para a súa integración nos informes anuais de seguimento da AOD española. Neste senso, a DXRREE e UE ten realizado unha achega activa á calidade da información e transparencia da AOD española. A investigación cualitativa incluíu a realización de tres grupos focais e dunha enquisa de percepción enviada aos axentes galegos de cooperación. Os grupos focais celebráronse coa Coordinadora Galega de ONGD, o Fondo Galego e a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento coa participación de oito persoas. O cuestionario en liña enviouse aos axentes de cooperación inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación. Ao remate do prazo de cumprimentación do cuestionario, obtivéronse 65 respostas. As respostas obtidas por natureza dos axentes foron: 32 de ONGD, 16 doutros axentes sociais, 6 de universidades, 6 de empresas, 2 de comités de axencias internacionais, 1 de entidades locais, 1 de un instituto de investigación e 1 de sindicatos. Como ferramenta de recollida de información tense empregado un modelo de enquisa en liña enviada mediante correo electrónico. O cuestionario incluíu 23 preguntas agrupadas nas seguintes categorías: 1. Datos da persoa que resposta ao cuestionario. 2. Satisfacción coa Cooperación Galega. 3. Retos da Cooperación Galega. 4. Prioridades xeográficas e sectoriais. 5. Rendición de contas e transparencia da Cooperación Galega. 6. Suxestións para o V Plan Director. Por último indicar que todas as figuras, táboas, cadros e gráficos son resultado da elaboración propia por parte do avaliador en base aos datos achegados pola DXRREE e UE. Nos casos en que non teñan sido de elaboración propia tense indicado a fonte.
97 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Anexo 4. Axentes de cooperación participantes na avaliación ONGD 1. ACCEM 2. ADECOP Entidad colaboradora de Adopción Internacional 3. AGARESO, Asociación Galega de Reporteir*s Solidari*s 4. AIDA, Ayuda, Intercambio, Desarrollo. 5. Arquitectura sen Fronteiras. 6. Asemblea de Cooperación pola Paz 7. Asociación Galega de Axuda a Ucraína AGA-UCRAÍNA 8. Asociación Misioneros Seglares Vicencianos (MISEVI) 9. Axuda en Acción 10. Cooperación Internacional 11. Coordinadora Galega de ONGD 12. Cooperación Vicenciana por el Desarrollo Acción Misionera (COVIDE-AMVE) 13. EDUCO 14. Entreculturas 15. Enxeñería sen Fronteiras 16. Escuela Shantidi 17. FARMAMUNDI 18. Fundación Balms para la Infancia 19. Fundación de Religiosos para la Salud 20. Fundación Fabre 21. Fundación Mozambique Sur 22. Fundación Musol 23. Fundación Vicente Ferrer 24. Harambee 25. Juan Ciudad ONGD 26. Mans Unidas 27. Médicos Mundi 28. ONG Aire 29. ONG Mestura 30. Solidaridad, educación, desarrollo. SED. 31. Sustinea 32. Taller de Solidariedade COMITÉS DE AXENCIAS INTERNACIONAIS 1. Comité Español da UNRWA 2. UNICEF Comité Galicia OUTROS AXENTES SOCIAIS 1. AFALU. Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer de Lugo 2. AGADHEMO. Asociación Galega de Hemofilia 3. Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos" 4. Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural 5. Acción Solidaria de Galicia, ASDEGAL. 6. Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela 7. Cruz Vermella 8. Down Galicia 9. Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia 10. Fundación Amigos de Galicia 11. Fundación Galicia Innova 12. Fundación Galega de Iniciativas Culturais e Sociais Montecelo 13. Fundación Mujeres
98 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) 14. ONGD Senvalos 15. Radio ECCA Fundación Canaria 16. Social Ciclismo Fan Manager UNIVERSIDADES 1. Universidade de A Coruña 2. Universidade de Santiago de Compostela 3. Universidade de Vigo 4. Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD) INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN 1. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS 1. Análisis y Desarrollo Social Consultores 2. Creatividad y Tecnología 3. Devalar. Consultoría Europea 4. iCarto. Innovación, Cooperación, Cartografía y Territorio 5. Qualitynova Consultores 6. Sixstema Proyectos de Información ENTIDADES LOCAIS 1. Fondo Galego SINDICATOS 1. CIG, Confederación Intersindical Galega
99 Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE Anexo 5. Presentación do avaliador Xosé Luís Pastoriza Rozas (Vigo, 1977). Doutor en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela. MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Profesor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. Traballou como técnico de proxectos na Coordinadora Galega de ONGD e como técnico de educación para o desenvolvemento na Fundación Entreculturas. A pedimento da DXRREE e UE foi o responsable da coordinación da avaliación intermedia do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013), canda a Laura Doval Lodeiro, e responsable da súa avaliación final, así como da dinamización do procesos de planificación estratéxica que deron lugar ao III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) e ao IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021). Dinamizou o proceso participativo de elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega en 2021 e participou na comisión redactora do Título VIII de cooperación para o desenvolvemento do Anteproxecto de Lei reguladora da Acción Exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Así mesmo, facilitou o proceso de planificación estratéxica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (2013-2016) e do I Plan Estratéxico (20212030) da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD). Entre as súas publicacións no eido da cooperación destacan Eficacia da axuda e sociedade civil (CGONGD, 2011), dous estudos sectoriais sobre a Axuda Oficial ao Desenvolvemento en Galicia -AOD en educación en Galicia. Un análisis de la cooperación gallega 2006-2010 (CME, 2012); La educación cambia la vida. La ayuda al desarrollo en educación de la Xunta de Galicia 2010-2013 (CME, 2014)- así como unha investigación sobre a cooperación ao desenvolvemento en educación en Andalucía (División del trabajo y coordinación en la cooperación andaluza. La educación en el período 2006-2010). En 2021 o Fondo Galego e a Coordinadora Galega publicaron a súa monografía O poder solidario do local. A cooperación municipalista para o desenvolvemento en Galicia. Entre os seus artigos ten publicado xunto con Carlos Teijo na Revista Tiempo de Paz (“Crisis en la cooperación descentralizada española: ¿oportunidad o negra sombra?”, n. 105, 2012), e na Revista Galego de Ensino (“Contra a indiferenza: teoría e praxe da educación para o desenvolvemento en Galicia”, n. 58, 2014). Por outra banda, colaborou coa Coordinadora Galega de ONGD a través da realización de documentos de traballo (Unha cooperación cativa para os máis pobres. Análise do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2012; Bandeiras, pastillas e océanos azuis. A Cooperación Galega de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia de outubro de 2012; Unha cooperación ao desenvolvemento de cero absoluto (-273,15º). Análise do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2013). Editou as actas das I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento (outubro 2012) publicadas baixo o título Educar para a cidadanía global: experiencias, ferramentas e discursos para o cambio social (Fundación Isla Couto, 2014). É socio da Rede Española de Estudios de Desenvolvemento (REEDES).
100 Informe de avaliación final do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) Anexo 6. Índice de figuras, cadros, táboas e gráficos Figuras Figura 1: Esquema da planificación estratéxica do IV Plan Director da Cooperación Galega 31 Figura 2: Lóxica do IV Plan Director da Cooperación Galega 36 Cadros Cadro 1: Opcións metodolóxicas da avaliación 27 Cadro 2: Axentes participantes nos diferentes instrumentos 27 Cadro 3: Principios da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 31 Cadro 4: Comparativa de países prioritarios da Cooperación Galega e prioridades xeográficas e marco de programación da Cooperación Española 64 Cadro 5: Relación dos ámbitos estratéxicos do IV Plan Director e os ODS 66 Táboas Táboa 1: Procesos de mellora e produtos do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 40 Táboa 2: Distribución do orzamento inicial e executado da DXRREE e UE (Cooperación Exterior), 2018-2021 44 Táboa 3: Distribución agregada do gasto por tipo de actividade e instrumento da DXRREE e UE (Cooperación Exterior), 2018-2021 45 Táboa 4: Evolución do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento, 2017-2021 49 Táboa 5: Esforzo investidor en AOD da Xunta de Galicia, 2018-2021 50 Táboa 6: Esforzo investidor das Comunidades Autónomas, 2020 51 Táboa 7: Participación da AOD das Comunidades Autónomas e da Xunta de Galicia na AOD desembolsada neta española, 2010-2020 52 Táboa 8: AOD das Comunidades Autónomas por volume desembolsado, variación anual e posición relativa anual, 2018-2020 52 Táboa 9: Cálculo da porcentaxe de AOD da Xunta de Galicia respecto do orzamento total consolidado en 2021 52 Táboa 10: Hipóteses de crecemento anual do programa 331A de cooperación exterior ao desenvolvemento dos orzamentos xerais da Xunta de Galicia, 2023-2026 (euros) 53 Táboa 11: Instrumentos de canalización da AOD da DXRREE e coa UE, 2018-2021 54 Táboa 12: Proxectos aprobados sen financiar por esgotamento do crédito orzamentario, 2018-2021 55 Táboa 13: Convocatorias públicas de axudas da DXRREE e UE, 2018-2021 56 Táboa 14: Promedio de desembolso anual por convocatorias da DXRREE e UE, 2006-2021 59 Táboa 15: Países receptores da AOD da DXRREE e UE por área xeográfica, nivel de renda, volume de recursos desembolsados en cooperación e acción humanitaria, porcentaxe sobre o total de AOD no exterior, 2018-2021 61 Táboa 16: Comparativa dos países e colectivos prioritarios do II, III e IV Plan Director da Cooperación Galega receptores de fondos da DXRREE e UE por volume de recursos desembolsados e porcentaxe sobre o total de AOD en cooperación 62 Táboa 17: Ránking de países receptores da AOD da DXRREE e UE en cooperación no exterior por nivel de renda, número de proxectos, volume de recursos desembolsados e porcentaxe sobre o total de AOD en cooperación, 2018-2021 62 Táboa 18: Distribución da AOD da DXRREE e UE en cooperación exterior por nivel de ingreso por volume de fondos e porcentaxe, 2018-2021 63 Táboa 19: Distribución da AOD da DXRREE e UE no exterior por área rexional, 2018-2021 63 Táboa 20: Ránking de países receptores da AOD da DXRREE e UE en acción humanitaria por nivel de renda, número de proxectos, volume de recursos desembolsados e porcentaxe sobre o total de AOD en acción humanitaria, 2018-2021 63 Táboa 21: Distribución por ámbitos estratéxicos da AOD da DXRREE e UE por volume de fondos e porcentaxe, 2018-2021 65 Táboa 22: Distribución sectorial da AOD da Xunta de Galicia por sectores CAD e peso relativo, 2018-2021 (euros) 66 Táboa 23: Distribución da AOD bruta distribuíble sectorialmente da DXRREE e UE cara á cobertura de servizos sociais básicos por volume de fondos e porcentaxe, 2018-2021 67 Táboa 24: Axentes canalizadores da AOD desembolsada da DXRREE e UE, 2018-2021 69 Gráficos Gráfico 1: Grao de execución en porcentaxe dos indicadores do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 37 Gráfico 2: Grao de execución en porcentaxe dos produtos do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 37 Gráfico 3: Grao de execución en porcentaxe dos resultados de xestión do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 38 Gráfico 4: Grao de alcance dos resultados de xestión do IV Plan Director da Cooperación Galega, 2018-2021 38 Gráfico 5: Grao de corrección dos retos da Cooperación Galega, 2018-2021 47 Gráfico 6: Evolución da AOD neta española, AOD da Administración Xeral do Estado e AOD das Comunidades Autónomas por volume de fondos, 2008-2021 (millóns de euros) 50 Gráfico 7: Evolución dos créditos previstos e desembolsos concedidos a través de convocatorias públicas dos axentes de cooperación, 2014-2021 55 Gráfico 8: Satisfacción dos axentes de cooperación co IV Plan Director da Cooperación Galega, 2022 84 Gráfico 9: Satisfacción dos axentes de cooperación coa resposta da Cooperación Galega á pandemia da COVID-19, 2022 85