scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020 de delegación de sinatura da potestade de certificación da Secretaria ou Secretario Xeral en determinados Órganos e Unidades

Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral

Full text

1 RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DO 15 DE OUTUBRO DE 2020 DE DELEGACIÓN DE SINATURA DA POTESTADE DE CERTIFICACIÓN DA SECRETARIA OU SECRETARIO XERAL EN DETERMINADOS ÓRGANOS E UNIDADES Os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no seu artigo 89 establecen entre as funcións específicas do secretario ou secretaria xeral da Universidade a de expedir certificacións da documentación oficial da USC e a de dar fe pública dos acordos dos órganos de goberno, representación e administración da Universidade. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público establece no seu artigo 12, sobre delegación de sinatura, que: “1. Los titulares de los órganos administrativos podrán, en materias de su competencia, que ostenten, bien por atribución, bien por delegación de competencias, delegar la firma de sus resoluciones y actos administrativos en los titulares de los órganos o unidades administrativas que de ellos dependan, dentro de los límites señalados en el artículo 9. 2. La delegación de firma no alterará la competencia del órgano delegante y para su validez no será necesaria su publicación. 3. En las resoluciones y actos que se firmen por delegación se hará constar esta circunstancia y la autoridad de procedencia.” Ao ser competencia propia do secretario ou secretaria xeral a facultade de certificación, co obxecto de axilizar a xestión dos procedementos administrativos realizouse unha delegación de sinatura da potestade de certificación en determinados órganos por resolución do 2 de outubro de 2015, que foi modificada posteriormente por resolución do 14 de febreiro de 2017. Os cambios na estrutura e nas funcións da administración universitaria así como os avances na administración electrónica aconsellan aprobar unha nova resolución para a delegación de sinatura da potestade de certificación da secretaria ou secretario xeral. Por todo o anterior, RESOLVO: Primeiro. Delegación no Servizo de Xestión Académica Delégase a sinatura da potestade de certificación da secretaria ou secretaria xeral da Universidade no xefe ou xefa do Servizo de Xestión Académica, co visado ou comprobación por parte dos xefes das Unidades de Xestión Académica cando proceda, para expedir as seguintes certificacións, referidas a estudantes de grao, máster, doutoramento e títulos propios: 1. As certificacións académicas persoais totais ou parciais a pedimento dos interesados ou de oficio, incluíndo as certificacións académicas oficiais (CAO). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 1 / 7 2 2. As que soliciten os interesados ou deban expedirse de oficio, referidas exclusivamente aos datos que constan nos expedientes académicos. 3. As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula. 4. As que se refiran á presentación dos documentos esixidos para formalizar a solicitude de matrícula. 5. As que fagan referencia á data de iniciación dos procedementos de matrícula ordinaria ou extraordinaria que formalicen os interesados. 6. As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula. 7. As que se refiran á presentación dos documentos esixidos para formalizar a matrícula. 8. A acreditación da obtención da mención “cum laude”. 9. As certificacións de obtención da mención de grao nas licenciaturas e de premios extraordinarios. 10. A certificación de notas medias da promoción. Segundo. Delegación na vicerreitoría con competencias en profesorado Deléganse no vicerreitor ou vicerreitora con competencias en profesorado: 1. A certificación da concesión da “venia docendi”. 2. A certificación respecto da acreditación de titores externos e clínicos. 3. A acreditación de datos que figuren na vicerreitoría sobre o recoñecemento das actividades académicas, investigadoras e de xestión así como de representación sindical do profesorado da USC. Terceiro. Delegación na vicerreitoría con competencias en titulacións Deléganse na vicerreitora ou vicerreitor con competencias en titulacións: 1. As certificacións de participación nas comisións de redacción dos títulos. 2. As acreditacións do estado de tramitación da verificación e alta no RUCT dos títulos. 3. As certificacións sobre a coordinación e a participación nas comisións de títulos de grao, máster e doutoramento. Cuarto. Delegación na vicerreitoría con competencias en organización académica Deléganse na vicerreitora ou vicerreitor con competencias en organización académica: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 2 / 7 3 1. As certificacións e informes sobre datos que figuren no PDA e no POD así como aqueloutros que se derivan da Planificación Académica Anual. 2. As certificación respecto das colaboracións na docencia de persoal alleo á USC (área externa) que de ser o caso se realicen, sempre que teñan unha autorización previa. 3. As acreditacións de actividades realizadas polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA). 4. As acreditacións e certificacións do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID). 5. A acreditación/certificación como titor externo das prácticas externas. Quinto. Delegación na Xerencia Delégase no ou na xerente a expedición de certificacións de carácter económico para informar de operacións que son resultado da execución dos orzamentos e das que hai constancia nos asentos da súa contabilidade orzamentaria. Sexto. Delegación na Área de Xestión de Investigación Delégase no xefe ou xefa da Área de Xestión da Investigación a sinatura das seguintes certificacións: 1. As relativas ao financiamento, ingresos, execución de gastos e información económica en xeral, destinadas exclusivamente á xustificación diante das entidades financiadoras, das actividades de I+D que se realicen na USC. 2. As relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos. Sétimo. Delegación no Servizo de Xestión de Persoal Deléganse na xefa ou xefe do Servizo de Xestión de Persoal, en relación co persoal universitario, a facultade de certificación da secretaria ou secretario xeral da Universidade, referida exclusivamente aos seguintes supostos: 1. Certificar a condición de funcionario ou traballador da Universidade, en situación de servizo activo, para solicitar a concesión de subvencións de matrícula nos centros de ensino. 2. Certificar ou constatar a situación de servizo activo dos funcionarios ou traballadores para que produza efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados. 3. Certificar os datos que obren no expediente persoal do PAS para participar nos concursos de provisión de postos da propia USC. 4. Certificar as contías das retribucións básicas e complementarias percibidas anualmente polo persoal universitario para os únicos efectos de presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 3 / 7 4 5. Certificar ou constatar calquera extremo de carácter retributivo sobre cantidades percibidas polo persoal universitario para que produza efectos en actos da vida administrativa dos interesados. 6. Certificar datos que consten na documentación que se atope nos arquivos do citado servizo. Oitavo. Delegación na Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Deléganse no director ou directora da EDIUS: 1. As certificacións sobre dirección e titoría de teses lidas e de proxectos dirixidos ou de plans de investigación no caso de teses non lidas na data do certificado. 2. As certificacións sobre tribunais de teses e tribunais para a obtención do diploma de estudos avanzados. 3. As certificacións sobre dirección de traballos de investigación tutelados, coordinación e docencia en Programas de Doutoramento do RD 778/1998. 4. As certificacións sobre coordinación e Comisións Académicas en cursos ou Programas de Doutoramento do RD 1393/2007. 5. As certificados de docencia de cursos formativos. Noveno. Delegación no Centro de Estudos Propios Deléganse na directora ou director do Centro de Estudos Propios: 1. As certificacións sobre dirección, coordinación e a docencia en estudos de posgrao propio, formación continua e do programa de formación específica e a demanda. 2. As certificacións sobre a titoría dos traballos fin de curso dos estudos de posgrao propio e formación continua. Décimo. Delegación no Centro de Linguas Modernas Deléganse no secretario ou secretaria académica do Centro de Linguas Modernas: 1. As certificacións de superación dos cursos organizados por este Centro. 2. As acreditacións que soliciten os alumnos sobre formalización de matrícula e nivel dos cursos. Undécimo. Expresión da delegación Cando se emitan certificacións en uso desta delegación de sinatura farase constar así expresamente e consideraranse ditadas polo órgano delegante. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 4 / 7 5 Duodécimo. Certificacións automatizadas As certificacións automatizadas suporán a avocación da presente delegación de sinatura. Nestes casos as certificacións figurarán como expedidas pola secretaria ou secretario xeral e serán asinadas mediante selo de órgano. A custodia e autorización para o uso do selo de órgano corresponderá á Secretaría Xeral. Décimo terceiro. Ausencia ou enfermidade En caso de ausencia ou enfermidade do órgano delegado, o órgano delegante designará quen o substitúa ou avocará para si a competencia. Décimo cuarto. Modelos En desenvolvemento desta resolución, a Secretaría Xeral poderá ditar instrucións sobre os modelos de certificacións así como aprobar modelos-tipo. Disposición adicional. No caso de ausencia do xefe ou xefa da Área de Xestión da Investigación, a delegación de sinatura recaerá: -No xefe ou xefa da Subárea Económica respecto a sinatura das certificacións relativas ao financiamento, ingresos, execución de gastos e información económica en xeral, destinadas exclusivamente á xustificación diante das entidades financiadoras, das actividades de I+D que se realicen na USC. -No xefe ou xefa da Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos respecto a sinatura das certificacións relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da subárea. Disposición derrogatoria Esta resolución derroga a resolución do 21 de outubro de 2015 pola que se delega a sinatura da potestade certificante da/do secretaria/o xeral en determinados órganos e a resolución do 14 de febreiro de 2017 pola que se modifica a anterior, así como calquera outra que se opoña ao contido da presente delegación de sinatura. Disposición final Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro de anuncios electrónico da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 5 / 7 6 A secretaria xeral Dulce Mª García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 6 / 7 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15/10/2020 12:14:16. CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE46-2BAE-4B2C-887A Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE46-2BAE-4B2C-887A 7 / 7