scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O léxico da enfermidade nas Cantigas de Santa Maria

González, Déborah

Abstract

Con frecuencia, as Cantigas de santa Maria son postas como paradigma de obra medieval que, máis que propiciar, requiren dunha observación multidisciplinar que favoreza unha mellor comprensión do conxunto. Deste modo, os estudos léxicos enténdense necesarios non só polos avances que poidan supoñer propiamente no eido lingüístico, senón tamén polas implicacións que poden ter noutras disciplinas máis próximas como a Literatura e a Filoloxía. Debido ás características da colección, a enfermidade nas Cantigas é un motivo temático frecuente que, ademais, pode ser analizado desde moi distintas ópticas. Nas páxinas que seguen temos como obxectivo facer unha achega ao vocabulario relativo á enfermidade, centrándonos especialmente no das doenzas e discapacidades físicas.

Full text

Rebut: 2/II/2015 Acceptat: 24/IV/2015 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p.23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 O LÉXICO DA ENFERMIDADE NAS CAntIGAs DE sAntA MARIA Déborah González Universidade de Santiago de Compostela Centre for the Study of the Cantigas de santa Maria* Con frecuencia, as Cantigas de santa Maria son postas como paradigma de obra medieval que, máis que propiciar, requiren dunha observación multidisciplinar que favoreza unha mellor comprensión do conxunto. Deste modo, os estudos léxicos enténdense necesarios non só polos avances que poidan supoñer propiamente no eido lingüístico, senón tamén polas implicacións que poden ter noutras disciplinas máis próximas como a Literatura e a Filoloxía. Debido ás características da colección, a enfermidade nas Cantigas é un motivo temático frecuente que, ademais, pode ser analizado desde moi distintas ópticas. Nas páxinas que seguen temos como obxectivo facer unha achega ao vocabulario relativo á enfermidade, centrándonos especialmente no das doenzas e discapacidades físicas. 1. TERMOS XERAIS Aínda que nos milagres abundan termos específicos para designar as distintas enfermidades, non é inusual a presenza de termos xerais para aludir á doenza ou a quen a padece. No interior das Cantigas, rexístrase a expresión enfermidade (do latín, ĭnfĭrmĭtātem ) en múltiples ocasións, e en concorrencia coas variantes enfermedade, anfermidade e anfermedade. Da mesma familia léxica, encóntrase como substantivo e adxectivo enfermo/ enferma, o verbo enfermar e o substantivo derivado enfermaria/enfermeria. Como sinónimo, pero con menor frecuencia no corpus, documéntase doença (do latín, dolentĭa ), e, pertencentes á mesma familia, localízanse doente e distintas formas verbais de adoecer. Outras expresións sinónimas rexistradas son maloutia/malautia, o substantivo mal, e * Este traballo forma parte do Estudo léxico-semántico das Cantigas de santa Maria, proxecto que conta co financiamento da Xunta de Galicia para o período 2013-2015, de estadía postdoutoral no Centre for the Study of the Cantigas de santa Maria da Oxford University. 001-684 Estudis romanics 39.indd 23 07/02/2017 14:58:29 24 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 aínda, desde o punto de vista semántico, pode considerarse equivalente a expresión metafórica tempestade na CSM134. Dentro da categoría de termos xerais, podemos incluír outros elementos que remiten para as nocións de dor, ferida e contusión: chaga e chagar, dano, door (e derivados), ferida, ferido, ferir-firir, laidura ‘lesión’ e laido ‘lesionado’, lijon ‘lesión’, ‘dano’, nozirnuzir ‘lesionar’, ‘magoar’, sofredor e sofrer, tormentos ou tormentar. 2. REFERENCIAS A DISCAPACITADOS: MUTILACIÓNS E DEFORMIDADES Un numeroso núcleo de milagres está dedicado a personaxes que padecen a tolledura dalgún ou varios dos seus membros, a causa dun accidente ou dunha enfermidade. Nalgunhas das narracións, emprégase o verbo tallar, e ocasionalmente cortar, co actual sentido ‘amputar unha extremidade ou parte da anatomía’. Entre os casos citables, preséntase como «Santa Maria fez cobrar seu pee ao ome que o tallara con coyta de door»1 (no interior do título da CSM37); outro exemplo semellante é o que acontece a un home enfermo «que se tallara a perna por gran door que avia do fogo de San Marçal» (no título de CSM134) e, no interior da cantiga, dise «que ssa perna tallara con crueldade / e deitara no rio dessa cidade» (CSM134: 59-60), e o infeliz declaraba que a «perna ei tallada» (CSM134: 72). Nas cantigas 156 e 174, utilízase para aludir á amputación da lingua, nas cantigas 17 e 411 da testa, na CSM127 dun pé, e na CSM146 das mans. Os termos que se empregan para aludir a aquel que sofreu a mutilación dunha parte da súa anatomía son diversos: – contreito. Do latín contractu, preséntase a miúdo co sentido xeral ‘tolleito’ ou ‘impedido de movemento en brazos e pernas’, como poñen de manifesto os seguintes enunciados: «hũa moller contreita dos pees e das mãos» (no título da CSM77), «hũa moller que era contreyta de todo o corpo» (no título da CSM179), «que de pees e mãos | de todo foi contreito» (CSM218: 16), «guariu ũu ome contreito que andava en carreta mais avia de .xv. anos» (no título da CSM333). Nesta última cantiga, o termo reitérase no interior da narración («en ũu mesqỹo que era | de todos nenbros contreito» CSM333: 12), e ademais especifícase o móbil que o doente empregaba para desprazarse: «si que en carret’ andava | mais de quinz’ anos avia» (CSM333: 13).2 Na CSM69, o termo non presenta exactamente o valor arriba indicado, xa que se aplica a un xordomudo («poren da lingua, ond’ era contreito» v. 97). 1. Seguimos a edición de W. Mettmann (1986-1988-1989), aquí e nas citas sucesivas das Cantigas de santa Maria. Para axilizar a citación e consulta dos versos citados, remitiremos directamente á cantiga, estrofa e verso, segundo a numeración fixada por este editor. 2. Non é o único texto do corpus en que se fala dun doente que utiliza unha carreta como medio de locomoción; na CSM268 preséntase unha dona paralítica e «esta dona en carreta | sse fez trager a Espanna» (CSM268: 36) ata Vilasirga, onde foi socorrida pola Virxe. 001-684 Estudis romanics 39.indd 24 07/02/2017 14:58:29 O LÉXICO DA EnFERMIDADE 25 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 – çopos. O termo rexístrase unicamente na forma plural. Aínda que Mettmann (1972: s. v. çopo) o definiu como ‘aleixado dos pés’, e, de maneira afín, a forma galega zopo ou zoupo é ‘que ten as mans ou os pés tortos cara a dentro’ (Dicionario de dicionarios [3-92014]; DRAG: s. v. zoupo), parece que o termo presenta dúas acepcións no interior da colección. Ademais do valor medieval xa sinalado, admisible na CSM316 (v. 28), çopos son tamén aqueles que perderon un pé por amputación: «Aquel mal do fogo atanto o coytava, / que con coita dele o pe tallar mandava; / e depois eno conto dos çopos ficava» (CSM37: 16-18).3 – encolleito. Segundo Mettmann (1972: s. v. encolleito), a expresión ten o sentido ‘contraído’, ‘paralítico’. Reprodúcese no interior de dous textos: «por hũa moller que avia tolleito / o mais de seu corp’ e de mal encolleito» (CSM77: 7-8), e «Que era toda tolleita / e das pernas encolleita» (CSM179: 15-16). Pode pensarse en certa noción de deformidade asociada, pois en ambas as cantigas se acolle unha descrición con que se procuraría reflectir certo estado “monstruoso” do personaxe, probablemente coa finalidade de suscitar no público horror e piedade: Que amba-las suas mãos assi s’encolleran, que ben per cabo dos onbros todas se meteran, e os calcannares ben en seu dereito se meteron todos no corpo maltreito. (CSM77: 10-13). Esta tĩaa premudos os talões e metudos nas rẽes e aprendudos ben como pedra con cal. (CSM179: 20-23). – lijado. A CSM146 trata sobre un doncel devoto a quen os inimigos «sacaron-lle os ollos e cortaron-lle as mãos», segundo se indica no interior do título, ou, máis exactamente, como se especifica no interior do texto: con esses ẽemigos seus, que o prenderon; e sacou ll’ un desses mui maos encreus os ollos, e despois tallou ll’ as mãos con ũu falchon. (CSM146: 57-61). En consecuencia, o home resta gravemente ferido con dor: «[...] e remanyu / aquel lijado con mui gran / coita [...]» (CSM146: 63-65). 3. Nesta cantiga, a crueza da acción narrada compleméntase visualmente no códice t coa escena da amputación. A propósito da imaxe, sinalaba F. Corti: «Quien realiza la operación, de acuerdo con el tocado, es un práctico, no un cirujano profesional, que emplea una cuchilla que se asemeja más a un escalpelo curvo, como los reproducidos en el tratado de Henri de Mondeville, que a las cuchillas de amputación del mismo tratado. La gestualidad de los asistentes expresa las diversas reacciones ante el hecho: consternación, indiferencia, repulsión, confortación del desdichado. Este expresa su sufrimiento mediante el giro del cuerpo y la insinuación del rostro contraído» (Corti, 1998-1999: 94). 001-684 Estudis romanics 39.indd 25 07/02/2017 14:58:29 26 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 – mancos. Rexístrase en plural en dúas composicións. Na xa citada CSM316 parece recollerse co sentido ‘impedido das mans’; na CSM268, alúdese aos nenbros mancos, isto é, ‘membros eivados, por estaren tortos e sen capacidade de mobilidade’: Chorou muito dos seus ollos | e aos ceos as mãos alçou e diz: “Virgen sant’, a | que non creen os pagãos, a ti offer’ estes nenbros | mancos, que non tenno sãos, (CSM268: 25-27). – paralitico. Aparece nunha ocasión, no interior do título da CSM385: «ca tiinna a tela sedada e tornou-se paralitico». Na cantiga detállase que, por mor dunha forte pedrada na cabeza, o home sufriu parálise do lado do corpo en que recibira o golpe; porén, o termo empregado no interior do texto é contreyto: que consello lle posessen. | Porend’ o ome contreyto ouv[e] a sseer dun lado, | e foi daquela partida [...] En que a chaga avia, | y foi da pedra ferido. (CSM385: 33-34 e 36). – tolleito. Documéntase con relativa frecuencia no conxunto das Cantigas, sobre todo como adxectivo ou como participio, normalmente para referirse á eiva do corpo enteiro ou das extremidades: «foi logo tolleita das mãos» (no título da CSM117), «andar tolleita das mãos» (CSM117: 37), «que foi tolleito dos nenbros | dũa door que ouvera» (CSM166: 6), «hũa dona filladalgo de França, que avia todo-los nenbros do corpo tolleitos» (no título da CSM268), «per que ficou tolleito | d’anbos e dous los lados» (CSM218: 13)... Ocasionalmente, combínase nos textos como sinónimo de contreito; por exemplo, no refrán da recén citada CSM166 dise: «Como poden per sas culpas | os omes seer contreitos / assi poden pela Virgen | depois seer sãos feitos». – torto. Preséntase como adxectivo na descrición da deformidade dunha parte do corpo, como se pode observar nos seguintes exemplos: tolleito d’ambo los pees | que atras tortos tragia, (CSM228: 9). Este tiynna os braços | tortos atras, e as mãos tortas assi e os dedos, | e os pees non ben sãos, ca eran outrossi tortos | atras; e esto crischãos (CSM333: 15-17). en hũa moller coitada | que o rostro todo torto muit’ avia e a boca, | e os ollos mal torvados. (CSM357: 8-9). 3. CEGOS E XORDOMUDOS Se ben os termos arriba referidos son os utilizados nas Cantigas para manifestar a falta ou o impedimento dunha parte do corpo ou do corpo enteiro, non son poucas as na001-684 Estudis romanics 39.indd 26 07/02/2017 14:58:29 O LÉXICO DA EnFERMIDADE 27 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 rracións que dan cabida a outro tipo de discapacidades; referímonos a aquelas relacionadas aos sentidos da vista e do oído, así como na capacidade da fala, que poden manifestarse desde o nacemento, ser consecuencia dun mal ou, sen maiores detalles, aparecen na narración como motivo que propicia a realización do milagre. 3.1. Cegueira As narracións que inclúen como motivo temático a punición ou a curación dunha cegueira son relativamente frecuentes na colección, e isto tradúcese nun volume maior de termos asociables ao campo visual. Ademais de apareceren repetidamente cego,4 cega, cegos e cegar (verbo que presenta tanto o sentido ‘privar da vista’, ‘deixar cego’, como ‘ficar sen a capacidade de ver’), rexístranse outras expresións de interese: o sintagma abrir os ollos usouse co sentido figurado ‘cobrar a vista’ (CSM329). Co valor ‘dar ou devolver a vista’ aparece o verbo alumear na CSM316: 28 («en guarir çopos e mancos | e cegos alumẽar»); sirva así mesmo como exemplo o título da CSM92: «Como Santa Maria alumeou un crerigo que era cego». O verbo está estreitamente relacionado co substantivo lume, que se utiliza frecuentemente na colección como sinónimo de vista (este último utilizouse na CSM407: 26). O valor ‘vista’, ‘visión’ en lume ocorre nas cantigas 177, 247, 278, 313, 314 (v. 64, onde luz presenta igualmente esta acepción; talvez esta ocorrencia foi propiciada polas necesidades da rima, xa que aparece como rimante en relación a aduz e cruz), e 318.5 O uso de lume ou alumear nas narracións de milagres puido estar propiciado polos distintos valores simbólicos que concentraba este elemento na concepción medieval: desde o punto de vista semántico, asociábase á luz, pero tamén á luz divina e á propia divindade. Por isto, non estraña a ocorrencia do equívoco e de xogos léxicos con base na múltiple significación do termo. 3.2. Xordomudez Parece pertinente considerar as afeccións do oído e da fala conxuntamente, xa que con maior frecuencia se alude a un personaxe que reúne as condicións de sordo e mudo ou sord’e mudo (CSM69, CSM101, CSM234, CSM269), sorda e muda ou sord’e muda (CSM262)6 e mudos e sordos (CSM234, CSM269). Con todo, encóntranse algunhas excepcións a esta confluencia: nas cantigas 237, 343 e 324, así como en CSM57 (onde 4. O termo encóntrase poucas veces con sentido metafórico, como na CSM340: 33. Co valor ‘ignorante’: «mui cegu’ é d’entendimento | o que aquesto non vee» CSM297: 13; «e tenno que é mui cego | o que aquesto non vee» CSM297: 33. 5. Obsérvese que boa parte das narracións que recollen o termo con este valor se concentran no códice florentino e na segunda parte do códice E. 6. Ademais, o adxectivo muda (que en varias ocasións se rexistra co valor ‘en silencio’, ‘calada’) encóntrase na CSM324 na expresión metonímica «mui ben pode lingua muda correger», que se inclúe no interior do segundo verso de refrán. 001-684 Estudis romanics 39.indd 27 07/02/2017 14:58:29 28 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 aparece un mudo debido a unha punición divina). A CSM324 céntrase nun personaxe mudo que per sinas preguntou de quen era a imaxe chegada á igrexa e, cando soubo que era da Virxe: «[...] a lingua se lle soltou / faland’, e [a] Virgen santa | ccomeçou a bẽeizer» (CSM324: 42-43). Esta composición non é a única do conxunto que testemuña a utilización dunha sorte de linguaxe de signos como medio de comunicación. Así, na CSM69 especifícase sobre o personaxe chamado Pedro de Solarãa: Aqueste non falava nen oya, mais per sinas todo ben entendia o que lle mandavan, e o fazia, (CSM69: 20-22). E tan toste oyr ouve cobrado [...] e logo per sinas ll’ouve mostrado que ja oya o galo e a rãa. (CSM69: 60 e 62-63). Outras referencias á comunicación por xestos aparecen nas cantigas 101 e 269: Senon por sinas fazer con sas mãos, e gemer ant’ a Virgen, que valer lle quisess’ e ajudar (CSM101: 14-17). O fillo, que era mudo, | per sinas lle preguntou por que tanto jajũava; | e ela lle dessinou que pola Virgen bẽeita | o fazia. El fillou se a jajũar com’ ela | e mercee lle pedir [...] Na voontad’ e per sinas, | esto con gran devoçon (CSM269: 21-24 e 26). En relación á expresión da curación, chamaremos a atención sobre a utilización do sintagma abrir as orellas (paralelo ao xa referido abrir os ollos no sentido da vista) e o verbo manar para aludir á recuperación da audición; paralelamente, ocorren correger ou soltar a lingua para a restauración da fala: oe Pedr’e a orella lle mãa.” (CSM69: 68). e foi-ll’a lingua soltar. [...] E as orellas ll’ abriu, assi que tan tost’ oyu, e o sangui lle sayu da lingu’ e delas a par, (CSM101: 32 e 34-37). a mia lingua seja presa | que nunca queras solta-la.” (CSM163: 24). 001-684 Estudis romanics 39.indd 28 07/02/2017 14:58:29 O LÉXICO DA EnFERMIDADE 29 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 e quando foi ena sagra, | começou-ss’a correger a ling[u]a daquele moço | e as orellas d’abrir. (CSM234: 27-28). A sennor que mui ben soube | pe[r] sa lingua responder a Gabriel, mui ben pode | lingua muda correger. (CSM324, refrán). que er’; e pois llo disseron, | a lingua se lle soltou faland’, e [a] Virgen santa | ccomeçou a bẽeizer. (CSM324: 42-43). 4. TERMOS ESPECÍFICOS A carón dos frecuentes hiperónimos e termos que de forma xeral remiten para unha doenza ou discapacidade, localízanse outras designacións máis concretas. Con todo, a lista de enfermidades mencionadas nas Cantigas resulta bastante limitada. 4.1. Alvaraz Na parte final da cantiga 105, hai unha alusión ao alvaraz posta en boca da Virxe: «e disse-ll’: “Eu trago a[s] meezỹas / con que são de fog’ e d’ alvaraz”» (CSM105: 102103). O termo procede do árabe al-baras e remite a un tipo de lepra (véxase Neuvonen, 1951: 316; DCECH, vol. I, p. 114). Aínda que esta doenza só é aludida, sen que acade trascendencia no fío da narración, interesa remarcar a súa ocorrencia xunto a outra enfermidade común neste período: o chamado fogo de san Marçal, que trataremos máis adiante. No interior do texto, reitérase que os doentes están afectados polo fogo e, segundo M. Morente Parra, desde o punto de vista iconográfico estes aparecen representados coas características correspondentes a tal doenza; porén, en canto á curación milagrosa, sinala a referida investigadora: la Virgen ofrece a la doncella la posibilidad de curar a los enfermos del fuego mediante un beso en los labios; paradójicamente el beso transmisor de otras dolencias se convierte aquí en dador de salud. La acción de besar a un enfermo se relaciona durante la Edad Media con la lepra, como acto de caridad; de hecho, besar y cuidar a los leprosos se convirtió en el mayor acto de caridad y penitencia, como así popularizó San Francisco de Asís al besar un leproso (lámina 6), y posiblemente con anterioridad lo hizo San Martín de Tours, aunque en este caso el beso es en la mejilla y el efecto de la acción es sanadora, ya que cura al leproso (Morente Parra, 2007: 42). Máis alá das cantigas marianas, a expresión alvaraz é coñecida noutros textos, como en dúas cantigas profanas de natureza escarniña: unha de Airas Veaz e outra de Pero Viviaez (corresponden a 17,2 e 136,8 na MedDB), que respectivamente fan mofa das enfermidades infecciosas, probablemente contraídas por vía sexual, de Fernan Furado e de Pero Tinhoso (pode lerse unha interpretación destas composicións en Cabanes Jiménez, 2006). 001-684 Estudis romanics 39.indd 29 07/02/2017 14:58:29 30 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 4.2. Ergotismo Evidentemente, en ningunha das cantigas do corpus se fala de ergotismo, denominación da enfermidade de cuño relativamente recente (a partir do francés ergotisme, de ergot), aínda que a doenza, causada polo consumo de centeo contaminado polo caruncho (o fungo claviceps purpurea), se coñece desde a Antigüidade. Podía manifestarse baixo dúas formas non necesariamente exclusivas entre si: o ergotismo convulsivo caracterizábase polas fortes convulsións espasmódicas e crises epilépticas que se podían acompañar de alucinacións e psicoses. Por outra parte, o ergotismo gangrenoso implicaba unha vasoconstrición que podía conducir a unha necrose dos dedos, mans, pés, brazos e pernas (Brabant, 1967: 89-91; Lapinskas, 2007: 203-204). A impresión de queimazón ou ardor explicaría algunha das designacións tanto en latín (como ignis sacer), como en distintas linguas vernáculas. Ao longo da Idade Media coñecéronse varios andazos, algúns de especial relevancia: a finais de século x, a poboación de Aquitania padecía unha grave devastación causada polo feu sacré ou mal des ardents; esta epidemia só foi sofocada, segundo crenza dos devotos, pola intervención milagreira de San Marcial. De aquí que recibise o nome de feu de saint Martial. Máis tarde, no século xi, os doentes foron acollidos e tratados polos monxes da orde de Santo Antonio, dando lugar a unha nova designación popular. Nas Cantigas, encontramos varios milagres dedicados á sanación do ergotismo (son as cantigas 37, 53, 81, 91, 105, 134, 259). En seis das narracións, a acción localízase na xeografía francesa e, máis concretamente, en recoñecidos santuarios de peregrinación e centros de culto mariano da Idade Media: Berria (CSM37), Soissons (CSM 53 e 91), Arras (CSM 105 e 259) e París (CSM134). Neste grupo, talvez podería considerarse o único milagre en que se fala desta enfermidade sen que se explicite a localización (CSM81), xa que se inclúe en fontes francesas con vinculación ao santuario de Soisson.7 Esta concentración no territorio non resulta sorprendente habida conta que se sufriron agresivas epidemias nesas áreas a partir do século x. Así, segundo F. Dolbeau (1983: 152), a zona do norte francés foi especialmente castigada polo ergotismo entre os anos 1128 e 1129 e, segundo testemuña a crónica contemporánea, os doentes acudían masivamente aos santuarios dedicados a María, destacadamente aos de Chartres, París, Soissons, Cambrai e Arras. Nestas composicións da colección afonsí, o ergotismo é nomeado de diversas maneiras, algunhas delas coexistentes na mesma cantiga. A máis frecuente é fogo (do latín, f ŏ cus), nas cantigas 53, 81, 91, 105, 134, 259; ocasionalmente, este substantivo aparece con adxectivos, probablemente motivados pola virulencia e fatalidade con que fería aos enfermos: fogo salvaje (CSM53; máis claramente o adxectivo con función de modificador en CSM105) e fogo montes (CSM81). Na CSM37 empregouse o sintagma mal do fogo. Por último, rexístrase a expresión fogo de san Marçal no interior de varios textos («deste fogo que chaman de San Marçal» CSM91: 18; «E do fogo tan mal / eran 7. Así, na colección de Hugo Farsitus, e nos Miracles de notre Dame de Gautier de Coincy, onde se detalla que sería Soissons o santuario a onde a coitada muller, co rostro devastado pola enfermidade, acudiu a pedir auxilio. 001-684 Estudis romanics 39.indd 30 07/02/2017 14:58:29 O LÉXICO DA EnFERMIDADE 31 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 tormentados, / deste de San Marçal» CSM134: 13-15; «con que ssãassen as gentes do mal / a que chaman fogo de San Marçal» CSM259: 32-33), ademais de en varios títulos (81, 91, 134). Nas cantigas dedicadas á curación do ergotismo sobresae o emprego de termos estreitamente relacionados co ‘fogo’ desde o punto de vista semántico: rexístrase o verbo aprender co sentido ‘estenderse a enfermidade dunha parte do corpo a outra’ (CSM134); o adxectivo aceso figura na CSM134, proposto para reforzar a impresión do síntoma de queimazón padecida polos enfermos. Con maior frecuencia, documéntanse os verbos arder (do latín, ard ē re) e queimar (Lorenzo recolle a explicación de Corominas, como derivado de *caimare, a partir dunha modificación do latino crem ā re polo grego καϊμα; segundo Michaëlis derivaría de crem ā re, influído por calm ā re; DCECH: s. v. quemar; Lorenzo, 1977: s. v. queimar; Michaëlis, 1920: s. v. queimar). O primeiro destes dous verbos presenta o sentido ‘padecer unha parte do corpo os síntomas do ergotismo’: dun ome coytado a que o pe ardia, (CSM37: 12). dun menỹo pegureiro, | a que os pees arder começaron daquel fogo | que salvaj’ ouço chamar. (CSM53: 7-8). O mal xe ll’ aprendeu ena outra perna, tan forte que ardeu mui mais que lenterna; (CSM134: 62-65). O verbo arder pode entenderse, así mesmo, co valor xeral ‘padecer o ergotismo’: ademais de lerse no interior do título da CSM91 («guareceu quantos enfermos y jazian que ardian do fogo de San Marçal»), figura na CSM105: en que caeu fog’ assi Deus me valla, logo salvag’, e ardeu o malvaz. [...] E todo-los daquela vila ardian daquel fog’ e fazian-sse levar aa igreja, u tantos jazian (CSM105: 74-79). Queimar parece significar, máis concretamente, ‘tollerse ou eivarse (unha parte do corpo) a causa do ergotismo’, polo que talvez se deba relacionar a unha fase máis avanzada da enfermidade, caracterizada pola necrose dos membros e a súa perda: Aquel fog’ ao mininno | tan feramente coitou que a per poucas dos pees | os dedos non lle queimou; (CSM53: 15-16). ca a teta destra lle foi queimar. (CSM105: 87). 001-684 Estudis romanics 39.indd 31 07/02/2017 14:58:29 38 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 craniais, que pode levar á morte por parada respiratoria. Ademais, o feito de que a enfermidade sexa propia de animais (cans, lobos, gatos, etc.) e que o virus se presente e se transmita no cuspe xustificaría a selección léxica e as imaxes utilizadas nas descricións dos síntomas nas cantigas marianas; así, aparecen os verbos morder e travar en comparacións hiperbólicas que, a miúdo, remiten ao mundo animal, máis concretamente ao canino, e de tal modo conducindo a unha sorte de animalización da conduta do enfermo: de Moura; mas foi-lles atal mal prender de ravia, que sse fillavan a morder come can bravo que guarda seu curral (CSM275: 11-13). Assi raviando fillavan-ss’ a travar de ssi ou d’ outros que podian tomar, e por aquesto fóronos ben liar de liadura forte descomunal. (CSM275: 15-18). que cada ũu mordia come can, (CSM275: 26). que raviava tan forte, | segundo que oý, que mordia as gentes | e come can ladrar [...] Se fillava de rrijo. | E por esta razon foron-ll’ atar as mãos | e os pees entón; (CSM372: 12-13 e 15-16). Non obstante, non parece que este comportamento fose exclusivo do ravioso, dado que se encontran algunhas expresións semellantes na xa referida CSM404, dedicada a un enfermo de frenesia. Por isto, parece conveniente lembrar que todo diagnóstico e descrición de síntomas na narración de milagres medievais debe lerse con reservas. Así, en relación aos milagres contextualizados en santuarios portugueses, afirmaba S. Parkinson (1998-1999: 45) que se dan varios casos de doenza mental ou turbación nerviosa aludidas mediante raiva, que funcionaría como nome xenérico; porén, advirte que o valor do termo non é sempre claro. Por outra parte, na CSM393, a ravia asóciase ao substantivo melanconia, que corresponde ao ‘humor negro da bile’, en asociación ao sentido etimolóxico (derivado do latín melanchol ĭ a, tomado do grego μέλαγχολια , composto por μέλας , - αινα , - αν ‘negro’ e χολή ‘bile’; DCECH, s. v. melan-). Na teoría dos catro humores, o predominio da atrabilis, ou bile negra, conducía ao estado melancólico caracterizado pola tristeza e fobia; pero, ademais, a melancolía púñase en relación a distintos tipos de delirio (como a licantropia, a cinantropia e a loucura amorosa) e tamén á rabia (para outras informacións sobre a melancolia, véxase Martínez Lorca, 2006; Jackson, 1986). En vista disto, non sorprende a adxectivación recollida na CSM393, que, como acontece na presentación doutras enfermidades, tería por finalidade subliñar a gravidade no estado do doente e, en consecuencia, suscitar o temor e a piedade entre o auditorio: «Ca segund’enfermidade | rravia de melanconia / ven que é negra e forte | e dura e de perfia» (CSM393: 5-6). Non encontramos referencias á doenza nas cantigas profanas, pero noutras fontes é posible documentar formas como ravea ou raveosa («era rraueosa et avia pe[ç]a que nõ dormia nẽ comia, et cõ a rrauea fogia com˜o sandia», Barreiro, 1985, s. v. rauea, raueoso). 001-684 Estudis romanics 39.indd 38 07/02/2017 14:58:30 o LÉXICo DA ENFERMIDADE 39 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 5. CABO Nestas páxinas presentouse o vocabulario relativo á discapacidade e a unha serie de doenzas referidas no interior das Cantigas de Santa Maria, tendo en conta tanto os termos xerais, como outro léxico máis específico (alvaraz, fever, frenesí, gafeen, gota, lamparões, lume, pedra, ravia...). A miúdo, fixemos énfase nas descricións da enfermidade ou da sintomatoloxía padecida por un doente, puidendo recoñecerlas nelas un predominio da retórica destinada a atraer ou mover o ánimo do público. Aínda máis, como afirmaba P. Bé térous sobre os milagres en que se narra unha perda da saúde: «Les descriptions sont davantage faites pour effrayer que pour renseigner sur l’aspect du mal» (Bétérous, 19831984: 141). A “función reparadora”11 que exerce María nos milagres de sanación puido talvez actuar limitando de maneira significativa a inclusión de léxico relativo ás especialidades da medicina, aos especialistas, aos tratamentos e utensilios que, na época medieval, se empregarían para tratar as distintas doenzas rexistradas no corpus. A importancia que se lle pretende dar na colección a este personaxe na curación milagrosa é tal que, metaforicamente, María chega a ser chamada meezĩa. Tanto no tocante ao léxico como nas descricións, é necesario ter en conta a xenética plural das narracións que conforman as Cantigas, que se definen como unha obra de elaboración notablemente complexa (sobre o proceso de confección, pode consultarse Parkinson / Jackson, 2006; Parkinson, 2011); non se pode obviar a influencia que exercerían as fontes das Cantigas tanto nos contidos como nos pormenores postos de relevo. Ademais, parece oportuno ter en consideración a hipótese apuntada por F. J. Fernández Conde no que respecta ao diferente nivel de indeterminación que se aprecia nalgunhas das pezas haxiográficas doutras coleccións hispánicas datadas entre os séculos xi e xiii: Quizás los hagiógrafos de las primeras épocas, con escaso bagaje cultural sobre la naturaleza humana, parecen más generalistas. Durante estos siglos mencionados el conocimiento del cuerpo humano, de las enfermedades y de su sintomatología era ya mucho mayor y probablemente los responsables de esta clase de literatura estaban más informados y podían precisar mejor la naturaleza de cada afección que incluyen en sus respectivas colecciones de prodigios (Fernández Conde, 2000: 557). Efectivamente, o coñecemento anatómico e médico iría perfeccionándose ao longo dos séculos, polo que parece lóxico aceptar diferenzas a partir da cronoloxía das narracións e das fontes. Pero ademais, tendo en conta que o propio xénero haxiográfico non 11. Servíndonos da etiqueta empregada por P. Bétérous na clasificación das distintas funcións da Virxe que, como personaxe, pode desenvolver na intriga narrativa: «Le rôle réparateur suppose une détérioration soit matérielle ou physique, soit mental ou moral. La réparation correspond à la disparition du mal. Ce rôle implique des circonstances déterminées et une interprétation du mal. Pour qu’il soit déclenché, il nécessite une démarche expresse de la victime. Les interventions mariales sont, en général, une neutralisation du processus dommageable qui peut aller jusqu’à la suppression de la cause nuisible. Les collections locales ont souvent retenu de tels prodiges» (Bétérous, 1983-1984: 139). 001-684 Estudis romanics 39.indd 39 09/02/2017 8:17:51 40 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 permanecería estático, senón que experimentaría unha evolución desde as súas orixes, podería pensarse nunha crecente vontade dos autores en fixar certa contextualización dos feitos marabillosos e brindar detalles suficientes coa finalidade de dotar as súas narracións dunha maior verosimilitude. Talvez, esta necesidade puido derivar nunha progresiva incorporación de descricións e de léxico algo máis específico ou especializado, colaborando no enriquecemento e na diversificación das narracións no interior das coleccións de milagres, e contrarrestando así os efectos negativos da constante repetición dun esquema narrativo que conducía a certo coñecemento e espectativas previos por parte do público. A fin de contas, como manifestaba J. L. Benoît, o desafío do autor de milagres consistía principalmente en ter que «raconter toujours la même histoire de différentes façons» (Benoît, 2012: 129). BIBLIOGRAFÍA Barreiro, María del Carmen (1985): O léxico dos Miragres de santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela. González Seoane, Ernesto (dir.): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba, anuario galego de filoloxía: anexo 57), 2006. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. Benoit, Jean-Louis (2012): Le Gracial d’Adgar. Miracles de la Vierge. Turnhout: Brepols. Bétérous, Paule (1983-1984): Les collections de miracles de la Vierge en Gallo et Ibéro-roman au xiii e siècle. Ohio: University of Dayton. Bloch, Marc (1973): Les rois thaumaturges. Étude sur le caractère surnaturel attribué a la puissance royale particulièrement en France et en Angleterre. Paris: Armand Colin. Brabant, Hyacinthe (1966): Médecins Malades et Maladies de la Renaissance. Bruxelles: La Renaissance du livre. Cabanes Jiménez, Pilar (2006): «Enfermedades de índole sexual en las cántigas de escarnio y maldezir». Lemir. Revista de Literatura Española Medieval y del Renacimiento. 10. http://parnaseo.uv.es/lemir/revista.html. CMGP = Lopes, Graça Videira / Ferreira, Manuel Pedro et al. (2011-): Cantigas Medievais Galego Portuguesas. Lisboa: IEM. FCSH/NOVA. http://cantigas.fcsh.unl.pt. DCECH = Corominas, Joan / Pascual, José Antonio (1980-1991): Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Gredos. 6 vols. Corti, Francisco (1998-1999): «Narrativa visual de la enfermedad en las Cantigas de Santa María». Cuadernos de Historia de España. LXXV, p. 85-115. DGTM = Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 001-684 Estudis romanics 39.indd 40 07/02/2017 14:58:30 O LÉXICO DA EnFERMIDADE 41 Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 Dicionario de Dicionarios = Santamarina, Antón (coord.) (2003): Diccionario de diccionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega. [A Coruña:] Fundación Pedro Barrié de la Maza. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. DRAG = Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia [en liña]. http://www. realacademiagalega.org. Dolbeau, François (1983): «Une version inédite du miracle des ardents (BHL 3345)». Journal des savants. 1-3, p. 151-167. Fernández Conde, Francisco Javier (2000): La religiosidad medieval en España. Plena Edad Media (siglos xi-xiii ). Oviedo: Universidad de Oviedo. Jackson, Stanley W. (1986): Melancholia and depression: from Hippocratic times to modern times. New Haven, London: Yale University Press. Lapa, Manuel Rodrigues (1970): «Vocabulário Galego-Português. Extraído da edição crítica das Cantigas d’escarnho e de mal dizer». González Seoane, Ernesto (dir.): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba, anuario galego de filoloxía: anexo 57), 2006. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. Lapinskas, Vincas (2007): «A brief history of ergotism: from St. Anthony’s fire and St. Vitus’ dance until today». Medicinos teorija ir praktika. 13/2, p. 202-206. Lorenzo, Ramón (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición Crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijoo». Vol. 2. González Seoane, Ernesto (dir.): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CDROM; versión electrónica 1.0]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba, anuario galego de filoloxía: anexo 57), 2006. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. MeDDB = Brea, Mercedes (dir.): Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa, versión 2.3.3. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http:// www.cirp.es/ Martínez Lorca, Andrés (2006): «Una indagación sobre la melancolía». Ciudad de Dios. Revista Agustiniana. 219/2, p. 521-539. Mettmann, Walter (1972): «Glossário», Cantigas de santa María de Afonso X, o sábio. Coimbra: Universidade de Coimbra. Vol. 4. González Seoane, Ernesto (dir.): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba, anuario galego de filoloxía: anexo 57), 2006. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. Mettmann, Walter (ed.) (1986-1988-1989): Alfonso X. Cantigas de santa Maria. Madrid: Castalia. 3 vols. Michaëlis, Carolina (1920): «Glossário do Cancioneiro da Ajuda». Revista Lusitana. 23, p. 1-95. González Seoane, Ernesto (dir.): Dicionario de Dicionarios do galego medieval [ed. CD-ROM; versión electrónica 1.0]. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (Verba, anuario galego de filoloxía: anexo 57), 2006. RILG: Recursos integrados da lingua galega. http://sli.uvigo.es/RILG. 001-684 Estudis romanics 39.indd 41 07/02/2017 14:58:30 42 DÉBORAH GOnZáLEZ Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 39 (2017), p. 23-42 DOI: 10.2436/20.2500.01.214 Morente Parra, Maribel (2007): «La imagen de la lepra en las Cantigas de Santa María de Alfonso X El Sabio». Anales de Historia del Arte. 17, p. 25-45. Neuvonen, Eero K. (1951): «Los arabismos en las Cantigas de santa María». Boletim de Filologia. XII/3-4, p. 291-352. Parkinson, Stephen / Deirdre Jackson (2006): «Collection, Composition, and Compilation in the Cantigas de Santa Maria». Portuguese studies. 22, p. 159-172. Parkinson, Stephen (1998-1999): «Santuarios portugueses en las Cantigas de Santa María». Alcanate. 1, p. 43-57. Parkinson, Stephen (2011): «Alfonso X, miracle collector». Fernández Fernández, Laura / Ruiz Souza, Juan Carlos (dirs.): Alfonso X El Sabio 1221-1284. Las Cantigas de santa María. Códice Rigo, Ms. t-I-1 Real Biblioteca del Monasterio de san Lorenzo de El Escorial. Madrid: Patrimonio Nacional, Testimonio Compañía Editorial. Vol. 3, p. 79-[105]. RESUMO Nas Cantigas de santa Maria, a enfermidade é un motivo temático frecuente, favorecendo a ocorrencia de termos xerais e específicos relativos a este campo semántico. No presente traballo, atenderemos ao vocabulario relativo ás doenzas; de maneira particular, ás de tipo físico. Palavras-chave: Lírica galego-portuguesa, Cantigas de santa Maria, Alfonso X, léxico medieval. ABSTRACT Vocabulary of illness in the Cantigas de santa Maria In the Cantigas de santa Maria illness is a recurrent theme, eliciting the occurrence of both general and specific terms related to this semantic field. In this article we examine the words referring to illnesses, in particular physical illnesses. Key words: Galician-Portuguese lyric, Cantigas de santa Maria, Alfonso X, medieval vocabulary. 001-684 Estudis romanics 39.indd 42 07/02/2017 14:58:30