scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Histoloxía Vexetal

Vázquez Ruiz de Ocenda, Rosa Ana

Abstract

A Histoloxía Vexetal é o estudo dos tecidos que compoñen as plantas, a súa disposición e a súa función dentro delas. Constitúe o elo básico da organización das plantas superiores. A célula vexetal primitiva, marcada pola presenza dunha parede externa que a distingue da célula animal, vai sufrindo modificacións ó longo do proceso evolutivo ata alcanzar un elevado grado de especialización. O máis alto é a especialización no proceso de condución que, a semellanza dos animais, levou á vascularización da planta. O nome Plantas Vasculares recolle este concepto. Algunhas destas plantas evolucionaron ademais desenvolvendo unhas estruturas reprodutoras características: as sementes. Orixe e fin do ciclo vital do grupo de plantas chamadas por este motivo Espermatófitas. Na Unidade Didáctica Histoloxía Vexetal imos coñecer as bases da estrutura das plantas con semente.

Full text

Histoloxía Vexetal Rosa Ana Vázquez Ruiz de Ocenda Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior Enxeñaría Técnica Forestal Servizo de Normalización Lingüística 2 titulación Anatomía e Fisioloxía Vexetal materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Histoloxía Vexetal Rosa Ana Vázquez Ruiz de Ocenda Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 © Deseño Edita Imprime Universidade de Santiago de Compostela, 2010 Unidixital Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Unidixital Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela : C 1191-2010 978-84-9887-297-2 Dep. Legal ISBN ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal3 MATERIA: Anatomía e Fisioloxía Vexetal TITULACIÓN: Enxeñaría Técnica Forestal PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Módulo I: Introdución Unidade 1. Introdución Xeral Concepto e importancia da anatomía e a fisioloxía vexetal no mundo forestal Sinopse do programa Bibliografía comentada Módulo II: Anatomía Vexetal Unidade 2. Histoloxía Vexetal Meristemas primarias e diferenciación celular Tecidos simples: Parénquima, Colénquima e Esclerénquima Tecidos complexos: Epiderme, Xilema e Floema Unidade 3. Organografía Vexetal A raíz: estrutura primaria O caule: estrutura primaria A folla: morfoloxía, estrutura e abscisión Meristemas secundarias: cámbium vascular e felóxeno Estrutura secundaria do caule e da raíz Meristema reprodutora: flor, froito e semente Módulo III: Fisioloxía Vexetal Unidade 4. Transporte, Nutrición e Fotosíntese Transporte nas plantas Nutrición: solo e plantas Fixación biolóxica do nitróxeno Micorrizas Regulación da fotosíntese Dispoñibilidade de CO2 Competencia pola absorción de luz Unidade 5. Regulación do Crecemento Regulación endóxena do crecemento: as hormonas Regulación esóxena do crecemento: fotomorfoxénese Ecofisioloxía Unidade 6. Regulación da Reprodución Fisioloxía da floración e da frutificación Controis fotoperiódico e termoperiódico da floración Control da maduración Fisioloxía da xerminación e da dormición UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 8 Os principios metodolóxicos ...................................................................... 8 Os contidos básicos .................................................................................. 10 1. Evolución e desenvolvemento das plantas ................................. 11 1.1. Niveis de organización ................................................. 11 1.2. Adaptación ó medio terrestre ....................................... 12 1.3. A planta con semente: tipos de xerminación ............... 13 2. Meristemas ................................................................................. 15 2.1. Meristemas Primarias. Diferenciación celular ............. 16 2.2. Crecemento e desenvolvemento ................................. 17 2.3. Tecidos Primarios: Simples e Complexos ................... 18 3. Tecidos Simples .......................................................................... 18 3.1. Parénquima .................................................................. 18 3.2. Colénquima .................................................................. 19 3.3. Esclerénquima ............................................................. 20 4. Tecidos Complexos ..................................................................... 22 4.1. Epiderme ...................................................................... 22 4.2. Xilema .......................................................................... 25 4.3. Floema ......................................................................... 28 Actividades propostas ............................................................................... 31 Avaliación da Unidade Didáctica .............................................................. 32 Bibliografía .................................................................................................. 34 UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal7 PRESENTACIÓN A Histoloxía Vexetal é o estudo dos tecidos que compoñen as plantas, a súa disposición e a súa función dentro delas. Constitúe o elo básico da organización das plantas superiores. A célula vexetal primitiva, marcada pola presenza dunha parede externa que a distingue da célula animal, vai sufrindo modificacións ó longo do proceso evolutivo ata alcanzar un elevado grado de especialización. O máis alto é a especialización no proceso de condución que, a semellanza dos animais, levou á vascularización da planta. O nome Plantas Vasculares recolle este concepto. Algunhas destas plantas evolucionaron ademais desenvolvendo unhas estruturas reprodutoras características: as sementes. Orixe e fin do ciclo vital do grupo de plantas chamadas por este motivo Espermatófitas. Na Unidade Didáctica Histoloxía Vexetal imos coñecer as bases da estrutura das plantas con semente. OS OBXECTIVOS Ó finalizar a unidade didáctica, o alumnado será capaz de:  Comprender o proceso de diferenciación celular.  Identificar os diferentes tipos de células das plantas e comprender a súa organización nos distintos tecidos.  Coñecer os diferentes tipos de xerminación das sementes.  Comprender o proceso de crecemento das plantas.  Identificar as partes principias do corpo vexetativo dunha espermatófita.  Coñecer os fundamentos das técnicas histolóxicas básicas e acadar unha destreza no proceso de sección e preparación de materiais vexetais.  Analizar e interpretar imaxes microscópicas de células e tecidos.  Relacionar a presenza de certos tecidos cunha función na planta. 8 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS - Os contidos teóricos e os principios fundamentais da unidade didáctica desenvolveranse en clases maxistrais na aula en grupo completo co apoio do canón de vídeo, para as presentacións en PowerPoint, e do encerado. Haberá catro sesións dunha hora de duración. - Fomentarase a participación diaria do alumnado mediante a formulación de cuestións, tanto de xeito oral como escrito, sobre os temas a tratar. - Os contidos teóricos serán completados con dúas sesións prácticas, de dúas horas cada unha, desenvolvidas no laboratorio. Alí, cada alumno de xeito individual deberá traballar para adquirir as destrezas e habilidades tanto no manexo da coitela para a realización de seccións como nos procesos de tinguiduras, preparación de mostras e análise microscópico. - O alumno elaborará ó finalizar cada sesión práctica un resumo desta onde se recollan os debuxos das células e tecidos analizados e identificados ó microscopio. - De forma específica, ó finalizar a unidade didáctica, desenvolverase un Seminario. Este seminario terá lugar na aula nunha sesión dunha hora de duración: na primeira ½ h farase un repaso dos contidos principais da unidade didáctica; durante os 15’-20‘ seguintes os alumnos contestarán de forma individual e/ou en pequenos grupos (4-5 alumnos), un cuestionario que recolla as características e as imaxes das diferentes células e tecidos tratados (que o alumno debe recoñecer). Nos últimos 10-15’ corrixiranse as respostas de forma colectiva promovendo o debate entre eles. - Tódolos cuestionarios (diarios ou propostos no Seminario) quedarán a dispor do alumno na plataforma WebCT. Materiais para estudar: - Apuntes de clase. - Glosario de termos, resumes, enlaces, imaxes e traballos colgados na plataforma WebCT. Métodos de traballo aconsellado: - Lectura detida do tema. - Ter presente os debuxos e fotos das diferentes células nos distintos tecidos das plantas. - Contestar os cuestionarios entregados na clase e/ou colgados na rede. - Realizar novamente os exercicios correspondentes ó Seminario. Dificultades principais: - Comprender termos como “diferenciación celular”; “desenvolvemento filoxenético” e “desenvolvemento ontoxénico”. - Comprender a importancia da parede celular no proceso de formación dos diferentes tipos celulares e destes na formación de tecidos. UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal15 Independentemente dos grupos de plantas, existen dous tipos de xerminación segundo a posición que ocupen os cotiledóns (ou follas embrionarias) no proceso: -Xerminación hipoxea: os cotiledóns mantéñense baixo terra e só emerxe ó exterior o epicótilo (parte do eixe embrionario que se atopa enriba do punto onde están fixados os cotiledóns); un exemplo son os chícharos. -Xerminación epixea: os cotiledóns emerxen por riba do nivel do solo polo pulo do hipocótilo (parte do eixe embrionario entre a radícula e o punto onde están fixados os cotiledóns); un exemplo son as xudías ou feixóns. Figura 6. Tipos de xerminación. Fonte: http://botit.botany.wisc.edu/courses/botany_130spring-07/Embryology/Early_dev.html [citado 21 xul 2009] 2. Meristemas. En principio existen dúas formas polas que un organismo pode organizar o seu crecemento: - un crecemento difuso, é dicir, o organismo crece simultaneamente por todas as súas partes (típica de animais); - un crecemento localizado en determinadas zonas (típico das plantas). A localización do crecemento en certos puntos permite á planta ter órganos funcionais ó tempo que vai crecendo. Así terá, no mesmo corpo, células maduras e células inmaturas o que lle permitirá unha mellor plasticidade na resposta ós cambios da súa contorna. Os puntos onde se localiza o crecemento nas plantas son as meristemas (do grego meristos = división). As meristemas, mediante 16 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal continuas divisións celulares, proporcionan á planta células inmaturas que co tempo especializaranse en realizar funcións específicas. As meristemas poden clasificarse pola súa orixe en: - Primarias: as iniciais, que proceden do embrión. - Secundarias: as que comezan a súa actividade divisoria cando a planta acada certo grado de crecemento vexetativo. Son dous: o Cámbium Vascular e o Felóxeno. As meristemas tamén poden clasificarse pola súa posición: - Apicais: situados nos extremos ou ápices do caule e da raíz. - Laterais: dispostos lonxitudinalmente case como cilindros ó longo da planta. Existe unha correspondencia entre as dúas clasificacións xa que as meristemas apicais orixínanse no embrión mentres que para que as laterais inicien o seu funcionamento a planta ten que ter certo grado de desenvolvemento e maduración, normalmente despois dun primeiro ano de vida. 2.1. Meristemas primarias. Diferenciación e especialización celular As células das meristemas apicais son células embrionarias e, polo tanto, todas iguais, coa mesma dotación xenética e coas mesmas potencialidades. Calquera delas pode dar lugar a calquera célula e tecido da planta e, polo tanto, realizar calquera función. Son totipotentes. As meristemas autoperpetúanse no tempo por división celulares. Despois de cada división celular unha das células fillas permanecerá como meristemática mentres que outra madurará. Neste proceso de maduración a célula sufrirá os cambios necesarios para levar a cabo funcións específicas. O proceso de maduración e especialización celular coñécese como diferenciación. Figura 7. Esquema da disposición das meristemas no ápice dun caule, con indicación dos tecidos primarios desenvolvidos a partir de cada un. UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal17 2.2. Crecemento e desenvolvemento primario O crecemento primario da planta é o crecemento que se deriva da actividade dos meristemas primarios ou apicais. Trátase dun crecemento vexetativo, fundamentalmente en lonxitude. O crecemento secundario é un crecemento en grosor que se engade ó anterior cando a planta acada certo grado de madurez e deriva da actividade das meristemas secundarias ou laterais. O proceso de crecemento primario ou herbáceo é común a tódalas plantas. O proceso de crecemento secundario soamente é característico de certas plantas: as que coñecemos como plantas leñosas. O crecemento primario iníciase coa xerminación da semente formada despois da fecundación. Os ápices meristemáticos da raíz e do caule localizados nos extremos do eixe embrionario producirán as células que darán lugar ós primeiros tecidos da planta: os tecidos primarios. As células fillas, derivadas das apicais, vanse diferenciar en distintos tipos segundo a posición que ocupen respecto ó ápice. As figuras 7 e 8 mostran a disposición das meristemas primarias no ápice e os tecidos desenvolvidos a partir de cada unha delas. A organización do ápice é moi importante para o desenvolvemento posterior da estrutura da planta. Figura 8. Maduración dos tecidos primarios nun caule. Fonte: Moore et al. (1998). 18 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal 2.3. Tecidos Primarios: Simples e Complexos Os tecidos primarios son aqueles que, derivados das células das meristemas apicais ou primarias, conforman o corpo primario ou corpo herbáceo da planta. Pódense dividir en tecidos simples e tecidos complexos: - tecidos simples son aqueles que cando realizan unha función, todas as células que o compoñen son iguais; - tecidos complexos son aqueles que cando realizan unha función poden estar formados por distintos tipos celulares ou ben distintos tipos de tecidos simples. 3. Tecidos Simples Os tecidos simples son: Parénquima, Colénquima e Esclerénquima. Todos eles teñen a súa orixe principal no Meristema Fundamental e constitúen o corpo básico ou Sistema Fundamental da planta. 3.1. Parénquima O parénquima é o tecido menos diferenciado e o máis abundante en tódalas plantas, e está presente nalgunhas das primitivas máis evolucionadas. A escasa diferenciación, respecto ás células meristemáticas, permítelles realizar moitas funcións diferentes na planta. Figura 9. A célula parenquimática é a célula vexetal típica. Fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Plant_cell_structure_svg.svg [citado 8 set 2009] UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal19 As células parenquimáticas son células vivas, grandes, globosas ou poligonais, con paredes celulares primarias cuxa composición en celulosa, hemicelulosa e substancias pécticas é a característica das plantas. A célula parenquimática é a célula vexetal típica. O seu contido e forma varía segundo a función que desempeñe, recibindo distintos nomes. Así, fálase de: - parénquima clorofílico (pola presenza de cloroplastos) ou clorénquima, cando a súa función é a fotosintética; - parénquima estrutural ou aerénquima, cuxa función é facilitar a aireación do corpo da planta dispoñendo grandes espazos intercelulares entre as súas células; - parénquima reservante ou de almacenamento, caracterizado pola presenza de amiloplastos. O parénquima podémolo atopar en tódalas partes da planta, dende a raíz ata as follas e incluso nos froitos e as sementes. Figura 10. Tipos de parénquima. De esquerda a dereita: clorénquima, parénquima estrutural e parénquima de almacenamento. Fonte: http://www.botany.hawaii.edu/faculty/webb/BOT311/BOT31100/Cells&Tissues/pages/Parenchyma-2.htm [citado 8 set 2009] O parénquima mantén a capacidade de dividirse e, polo tanto, de desdiferenciarse (tornar en meristemática novamente) podendo así volver a diferenciarse noutro tipo celular ou tecido. Esta capacidade do parénquima é de vital importancia nos procesos de cicatrización e de rexeneración de órganos e tecidos. 3.2. Colénquima O colénquima é un tecido de características moi similares ó parénquima, do que se distingue porque normalmente non deixa espazos intercelulares e as súas células presentan as paredes máis engrosadas por depósitos de substancias pécticas, o que lle dá propiedades plásticas. Estes engrosamentos non son regulares en tódalas paredes, senón que se acumulan en certas zonas podendo identificarse así distintos tipos de colénquima: 20 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal - colénquima angular, cando os depósitos son nos ángulos das células; - colénquima anular, os depósitos forman un anel; - colénquima laminar ou tanxencial, cando os depósitos son nas paredes paralelas á superficie, - colénquima lacunar, cando os engrosamentos se depositan nas paredes que rodean os espazos intercelulares; é moi raro. O colénquima disponse fundamentalmente nos eixes da planta (caule, pecíolo), baixo a epiderme o despois dun par de capas de células parenquimáticas. Non aparece nas raíces. Figura 11. Sección transversal do caule dunha planta da fam. Labiatae co colénquima angular disposto nas esquinas. O colénquima é o tecido mecánico ou de sostén das plantas herbáceas (agás as monocotiledóneas que non o desenvolven) e dos órganos en crecemento. As substancias pécticas actúan como xeles que, en presenza de auga, enchen facendo presión, o que lle permite manterse á planta erguida. A falta de auga fai que se perda esa presión e a planta toma o aspecto debilitado característico. O mesmo que sucede co parénquima, as células vivas do colénquima pódense desdiferenciar e dividirse para dar novas células e tecidos. 3.3. Esclerénquima O esclerénquima é o tecido mecánico dos órganos maduros e das plantas leñosas. Tamén das monocotiledóneas. Ademais da Meristema Fundamental pode orixinarse tamén a partir do Procámbium e do Cámbium Vascular. Caracterízase porque as súas células teñen as paredes fortemente engrosadas internamente en tres capas (S1, S2, S3) onde, ademais da celulosa, deposítase unha nova substancia, a lignina (paredes secundarias). Son elásticas e impermeables. Estas células están mortas na madurez. Segundo a súa morfoloxía e disposición podemos atopar diferentes tipos de células esclerenquimáticas: UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal21 3.3.1. Fibras: son células moi alongadas, de extremos aguzados (prosenquimatosas fusiformes) e con punteaduras nas paredes. Figura 12. Imaxes de fibras. Á esquerda, fibras maceradas das follas dun carballo. Dereita, sección transversal dunha folla de monocotiledónea coas fibras rodeando un feixe vascular e estendéndose cara arriba e abaixo del (extensións da vaina). Dispóñense ben illadas no medio doutros tecidos (Idioblastos) ou formando un cilindro oco no tecido fundamental ou ben agrupadas en feixes asociadas ós tecidos vasculares. 3.3.1.1. Fibras xilemáticas (asociadas ó xilema) 3.3.1.1.1. F. libriformes (longas como as do floema) 3.3.1.1.2. Fibrotraqueidas (semellantes ás traqueadas) 3.3.1.1.3. F. xelatinosas: eliminan a capa máis interna da parede (S3) e desaparece a lignina, engrosando as outras dúas con celulosa e incrementando a capacidade de absorción de auga; atópanse na madeira das ramas e dos troncos inclinados (madeira de reacción); esta madeira ó secarse e perder o auga cúrvase, e é moi mala para a industria da madeira. 3.3.1.2. Fibras extraxilemáticas (non asociadas ó xilema) 3.3.1.2.1. F. floemáticas (ver fibras do floema). 3.3.1.2.2. F. corticais (asociado ó parénquima da planta). 3.3.2. Esclereidas: son células máis ou menos isodiamétricas, poliédricas, con paredes de abundantes punteaduras (simples ou ramificadas). Como as fibras, poden formar idioblastos ou dispoñerse en capas (e.g. na cuberta das sementes) ou formando niños. Podémolas atopar co parénquima en caules froitos e raíces; nas follas poden estar nos bordes, entre o clorénquima, ou nas terminacións das veas. 22 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal Figura 13. Braquiesclereidas ou células pétreas do mesocarpo dunha pera Pola súa morfoloxía, clasifícanse en: Braquiesclereidas (= Células pétreas); Macroesclereidas; Osteoesclereidas e Astroesclereidas. 4. Tecidos Complexos Os tecidos Complexos son: Epiderme, Xilema e Floema. 4.1. Epiderme A epiderme ten a súa orixe na Protoderme. É a capa de células máis externa que envolve todo o corpo primario da planta: dende a raíz ata as follas, flores e froitos no caule. A epiderme existe normalmente nos órganos que non teñen engrosamento secundario durante toda a vida da planta. A súa posición é estratéxica: barreira entre dous mundos, o interior e o exterior da planta; límite en dous ambientes: o subterráneo das raíces e o aéreo do caule. Por isto, as súas funcións son básicas en tódalas plantas e particulares nas diferentes especies. Caben destacar as seguintes: a) Regulación da auga (absorción e perda) b) Protección contra a radiación solar c) Protección contra outros organismos / Recoñecemento destes d) Protección contra axentes non biolóxicos (e.g. a sarabia) e) Secreción externa. Para levar a cabo estas funcións posúe diferentes tipos celulares: células típicas, células especiais, estomas e tricomas. UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal23 Figura 14. Vista ó microscopio electrónico de varrido dos diferentes tipos celulares (estomas, tricomas e células típicas) da epiderme dunha folla de carballo. 4.1.1. Células típicas: son as que ocupan a maior parte da superficie da planta. Forman unha capa compacta sen espazos intercelulares e, a miúdo, o contorno lateral das células é ondulado para favorecer a unión entre as mesmas. Teñen aspecto de táboa e características similares ás células parenquimáticas pero cunha particularidade: a parede celular das células epidérmicas varía en grosor; a parede que dá ó exterior da planta é de maior grosor cás outras. Esta parede, ademais da hemicelulosa, celulosa e substancias pécticas, posúe depósitos de cutina e tamén pode ter ceras, resinas e minerais. Incluso pode lignificarse. 4.1.2. Células especiais: son células con contidos ou estruturas especiais. Poden ser: - células longas, con forma de fibra, que están situadas entre as veas; - células cortas que poden ser de dous tipos: silíceas e suberosas; - células buliformes (na parte central das follas de gramíneas); - os litocistes (depósitos de oxalato cálcico) que se atopan en certas familias (acantaceas, moraceas, urticaceas e cucurbitaceas). 4.1.3. Estomas (do grego stoma = boca): é a estrutura formada por dúas células (células oclusivas ou estomáticas), cuxas paredes de contacto se xuntan ou se separan, segundo as diferentes situacións fisiolóxicas da planta, permitindo o intercambio de gases entre o interior da planta e o exterior. A apertura que deixan entre elas é o ostíolo que se comunica cun grande espazo interno, a cámara subestomática. As células estomáticas están rodeadas por outras (células anexas ou subsidiarias) cuxa disposición é unha característica taxonómica das diferentes especies. O conxunto que forman as células estomáticas coas súas células anexas constitúe o complexo estomático. A clasificación dos complexos estomáticos faise segundo o seu modo de desenvolvemento e a súa relación coas células epidérmicas veciñas: 1) Tipo paracítico (rubiáceo): Phaseolus, Acacia. 2) Tipo anisocítico (crucífero): Solanum, Brassica. 24 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal 3) Tipo diacítico (cariofiláceo): Dianthus. 4) Tipo anomocítico (ranunculáceo): Malvaceas. Figura 15. Clasificación dos complexos estomáticos segundo o seu modo de desenvolvemento e a súa relación coas células epidérmicas veciñas. Fonte: Esau (1985). 4.1.4. Tricomas: denomínanse así tódolos apéndices ou proxeccións epidérmicas como os pelos, escamas, aguillóns ou papilas, podendo ser glandulares ou non segundo excreten ou non substancias ó exterior. Entre os non glandulares están os pelos da raíz cunha importantísima función na absorción de auga e minerais e que, por atoparse en contacto coas partículas e organismos dos solos, constitúen unha superficie especial á que se chama rizosfera. Os pelos radiculares teñen a súa orixe nuns pelos especiais da proptoderme que son os tricoblastos. Posúen grandes vacúolos e xeralmente as súas paredes son finas. Rara vez se ramifican.Só poden ser activos durante un corto período de tempo e despois suberízanse e lignifican. Outros pelos non glandulares clasifícanse pola súa morfoloxía en: a) Pelos simples, uni ou pluricelulares, non esmagados e uniseriados. Atopámolos, por exemplo, nas Lauraceas, Moraceas, Triticum, Hordeum, Pelargonium, Gossypium. Neste grupo inclúense tamén as papilas e as vesículas (ou pelos vesiculares, e.g. Crassulaceae). b) Tricomas escuamiformes, sésiles (escamas) ou pedunculados (tricomas peltados, e.g. Olea) ou dendríticos (e.g. Cruciferae). c) Pelos pluricelulares estrelados ou en forma de candelabro ramificado. d) Pelos pilosos que teñen na súa base dúas ou máis filas de células contiguas. UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal31 ACTIVIDADES PROPOSTAS Laboratorio  Práctica 1: Histoloxía Vexetal I: Tecidos primarios simples: Tecido fundamental (Parénquima). Tecidos de sostén (Colénquima e Esclerénquima).  Práctica 2: Histoloxía Vexetal II. Tecidos Complexos. A Epiderme. O Xilema. Aula  Seminario I: Histoloxía das plantas (I): este seminario terá lugar na aula nunha sesión dunha hora de duración: na primeira ½ h farase un repaso dos contidos principais do bloque temático; durante os 15’-20‘ seguintes os alumnos e alumnas contestarán de forma individual e/ou en grupos un cuestionario referido ó bloque e nos últimos 10-15’ corrixiranse as respostas de forma colectiva promovendo o debate entre eles.  Cuestións de repaso da Unidade Didáctica: o Cales son os novos retos ós que se enfrontan as plantas no medio aéreo? o Explica a diferenza entre desenvolvemento filoxenético e ontoxénico. o En que se distingue o crecemento vexetal do animal? o Que diferenza hai en que unha semente teña unha xerminación hipoxea ou epixea? o Que son as meristemas? o Que é a diferenciación celular? o Cales son as meristemas primarias ? o Cal é a diferenza entre o crecemento primario e o secundario? o Por que hai plantas herbáceas e plantas leñosas? o En que se distinguen os tecidos simples e os tecidos complexos? o Cales son os principais tecidos nunha planta herbácea? o Describe as características principais que distinguen as células do parénquima das do colénquima e do esclerénquima. o Cales son as principais diferenzas entre as células condutoras do xilema? o Compara e contrasta as células condutoras do xilema e as do floema. 32 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA 1. Consideracións xerais Lembrar os coñecementos básicos de bioloxía vexetal (a célula; a parede celular, metabolismo e fotosíntese; clasificación e biodiversidade,etc.). Estudar tendo en conta o material gráfico achegado polo profesor/a ó longo do cuadrimestre. Participar activamente nas actividades propostas. 2. Aspectos e criterios a ter en conta.  Parte Práctica: A asistencia a prácticas é obrigatoria para tódolos alumnos e alumnas. A falta de asistencia a algunha práctica pode ser compensada mediante exame escrito coincidindo co final teórico da materia. Ó finalizar cada sesión de prácticas é obrigatorio presentar a folla correspondente ó traballo realizado durante esta.  Parte Teórica: O exame escrito constará de dúas partes que deberán superarse por separado para aprobar a disciplina: Anatomía (ata 5 puntos) e Fisioloxía vexetal (ata 5 puntos). Os alumnos poderán presentarse ós exames parciais sempre que asistan regularmente ás clases teóricas e prácticas e participen nas actividades que se lles propoñan. No caso de non superar algunha das partes, poderase facer un exame final ó acabar o curso. Na convocatoria de setembro poderán presentarse os alumnos que non superaran algunha das partes teóricas e/ou prácticas da materia. Na avaliación final terase en conta a nota obtida nos exames así como a actividade desenvolvida nas clases prácticas (avaliación continua destas). Tamén se valorará a asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios, de acordo co seguinte cadro: Aspectos Criterios Instrumento Peso Asistencia e participación nas clases maxistrais - Participación activa na clase - Pasar lista - Observación e notas do profesor 10% UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal33 3. Recomendacións de cara á avaliación.  Facer debuxos claros e sinxelos, “non copiar as fotografías”.  Sinalar con frechas as partes principais que nos permiten a identificación das diferentes estruturas nos debuxos ou fotografías.  Responder de xeito sinxelo ás cuestións que se preguntan.  Aproveitar o espazo e non repetir as preguntas na resposta. Asistencia e participación nos seminarios - Participación nos debates - Realización de traballos Terase en conta: * Claridade nos debuxos * Calidade da presentación * Ortografía e redacción - Observación e notas do profesor - Recollida dos traballos dos seminarios 13% Conceptos da materia - Dominio dos coñecementos teóricos - Exame teórico 55% Asistencia e participación nas clases prácticas - Traballo desenvolvido nas clases prácticas. Terase en conta: * Limpeza e orde na actividade no laboratorio * Calidade das preparacións microscópicas * Claridade e orixinalidade nos debuxos * Calidade da presentación * Ortografía - Observación e notas do profesor -Traballo individual nas prácticas 20% Outras actividades - Exemplo: Participación na WebCT - Valoración da actividade 2% 34 - UNIDADE DIDÁCTICA II: Histoloxía Vexetal BIBLIOGRAFÍA ALVAREZ NOGAL, R (1997): Apuntes de citología-histología de las plantas. Universidad de León. CORTÉS, F. (1980). Histología Vegetal Básica. H. Blume Ediciones, Barcelona. ESAU, K. (1985). Anatomía Vegetal. Ediciones Omega, Barcelona. ESAU, K. (1987). Anatomía de las Plantas con Semilla. Editorial Hemisferio Sur, Buenos Aires. FAHN, A. (1978). Anatomía Vegetal. H. Blume Ediciones, Madrid. MAUSETH, J.D. (1995). Botany. An introduction to plant biology. 2nd edition. Saunders College Publishing. MOORE, R.,W.D. CLARK AND D.S. VODOPOVICH.(1998). Botany. 2nd edition. WCB/McGraw-Hill. NABORS, M. W. (2006). Introducción a la Botánica. Pearson Educación S.A. Madrid. RAVEN P.H., R. F. EVERt AND S.E EICHHORN (1987). Biología de las Plantas.Tomo 2. Worth Publishers, New York. STRASSBURGER, E. (1986). Tratado de Botánica, 7ª ed. Marín, Barcelona. RODRIGUEZ, Mª C., P. DE SÁA Y R.A. VÁZQUEZ (2004). Introdución á Botánica. En: Galicia Natureza. TOMO XLI: BOTÁNICA.. Hércules Edicións. A Coruña. Histoloxía Vexetal Rosa Ana Vázquez Ruiz de Ocenda Departamento de Botánica Escola Politécnica Superior Enxeñaría Técnica Forestal Servizo de Normalización Lingüística 2 titulación Anatomía e Fisioloxía Vexetal materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade