scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)

López Fernández, Tamara

Abstract

Esta tese de doutoramento proxéctase como un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo no contexto da ditadura franquista, de 1945 a 1966, anos que marcan o período de consolidación por excelencia do réxime. A investigación pretende achegarse ao universo delituoso a través da integración de múltiples perspectivas metodolóxicas e analíticas, entre outras: a historia local, o xiro espacial, a da microhistoria e a da historia cotiá, aquelas que entendemos permiten examinar con maior grao de detalle as vidas das clases subalternas. Mediante a revisión pormenorizada de documentación xudicial, depositada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e na Audiencia Provincial de Lugo, daremos conta das características da delincuencia, ofrecendo tipoloxías, tendencias e perfís.

Full text

ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC Tamara López Fernández Tese de doutoramento Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966). Lugo, 2022 Programa de Doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe TESE DE DOUTORAMENTO Á MARXE DA LEI. A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO DURANTE O FRANQUISMO (1945-1966). Tamara López Fernández ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN ESTUDOS CULTURAIS: MEMORIA, IDENTIDADE, TERRITORIO E LINGUAXE LUGO 2022 DECLARACIÓN DA AUTORA DA TESE D./Dna. Tamara López Fernández Título da tese: Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966). Presento a miña tese, seguindo o procedemento axeitado ao Regulamento, e declaro que: 1) A tese abarca os resultados da elaboración do meu traballo. 2) De ser o caso, na tese faise referencia ás colaboracións que tivo este traballo. 3) Confirmo que a tese non incorre en ningún tipo de plaxio doutros autores nin de traballos presentados por min para a obtención doutros títulos. 4) A tese é a versión definitiva presentada para a súa defensa e coincide a versión impresa coa presentada en formato electrónico E comprométome a presentar o Compromiso Documental de Supervisión no caso de que o orixinal non estea na Escola. En Lugo, 24 de Novembro de 2022. Asdo. AUTORIZACIÓN DA DIRECTORA/TITORA DE TESE D./Dna. Ana Cabana Iglesia En condición de: Titor/a e director/a Título da tese: Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966). INFORMA: Que a presente tese, correspóndese co traballo realizado por D/Dna Tamara López Fernández, baixo a miña dirección/titorización, e a utorizo a súa presentación , considerando que reúne os r equisitos esixidos no R egulamento de Estudos de Doutoramento da USC, e que como director/titor desta non incorre nas causas de abstención establecidas na Lei 40/2015. En Lugo, 24 de Novembro de 2022 Asdo. AGRADECEMENTOS Iniciei esta tese de doutoramento sen contar con ningún tipo de bolsa, non por iso con menos ilusión e ambición posta sobre este proxecto. Non foi ata transcorrido un ano cando recibín a concesión dun contrato predoutoral da Xunta de Galicia, que permitiu dedicarme en exclusiva a esta investigación. Un proceso complexo no académico, pero tamén no emocional, enriquecedor e estimulante pero tamén frustrante e solitario. Esta páxina vai dedicada a todas aquelas persoas que, dalgunha maneira, contribuíron a facer destes cinco anos un camiño máis agradable e frutífero. Nas páxinas que seguen presentamos os seus froitos. Esta investigación, malia que fortemente imbuída de interdisciplinariedade, é eminentemente histórica. Mais a miña formación universitaria é esencialmente humanista, condición causante de feblezas (tamén fortalezas) que houben de sortear ao longo deste periplo grazas ao apoio incondicional da miña titora e directora, Ana Cabana. Sen as súas indicacións, correccións, referencias e todo tipo de apuntamentos, sobra dicir, que este traballo non tería existido. Para ela vai toda a miña gratitude. Ao grupo de investigación HISTAGRA, por proporcionar medios loxísticos que contribuíron enormemente ao meu proceso de formación. Polos proxectos en curso, oportunidades de colaboración, apuntes, ideas e portas abertas débolle tamén especial agradecemento aos profesores Francisco Leira, Elena Freire e Alba Díaz da Universidade de Santiago de Compostela, Claudio Hernández e Gloria Román, da Universidad de Granada e a Lucía Prieto, da Universidad de Málaga, entre outros moitos. Quero estender estes agradecementos a todo o profesorado e persoal da Facultade de Humanidades de Lugo, onde sempre me sentín “en casa”, desde que entrei nela un xa afastado no tempo ano 2011, no que daban inicio os meus estudos universitarios. Por estar sempre preocupados polo progreso desta investigación e dispostos a prestar a súa axuda. A Pilar Rodríguez, por sementar con éxito o xerme do meu amor pola investigación. Ao persoal do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que me acolleu e orientou no entón pouco coñecido para min universo da documentación xudicial. Á arquiveira do Arquivo Xudicial Territorial, por compartir o seu despacho comigo, o seu tempo e a súa mesa. Tamén aos compañeiros e colegas de doutoramento cos que tiven o pracer de compartir seminarios, congresos e charlas durante cafés, nas que verbalizamos o intercambio de experiencias e inquedanzas. A Maika e a Raquel por salvar as miñas dificultades idiomáticas. Á miña familia, á de sangue e á que non o é. Aos meus pais. Ao meu irmán. Á miña avoa. Ás miñas amigas, polos folgos e ánimos brindados e polas tardes de chocolate con churros e “estados da cuestión”. Pero todo o traballo realizado non sería posible sen o apoio incondicional de Diego, o meu piar, defensor das miñas decisións, compañeiro de vida e de viaxes a congresos. A el está dedicada esta tese. ÍNDICE DE FIGURAS Táboa 1. Municipios do PX. de Lugo, poboación e delitos. .................................................... 59 Táboa 2. Parroquias do municipio de Lugo. ............................................................................ 60 Táboa 3. Comparativa da duración das penas. ......................................................................... 63 Táboa 4. Comparativa sentenzas contra a propiedade. Zaragoza, Cáceres e Lugo. ................ 69 Táboa 5. Comparativa sentenzas contra a orde pública. Zaragoza, Cáceres e Lugo. .............. 70 Táboa 6. Comparativa sentenzas contra as persoas. Zaragoza, Cáceres e Lugo. .................... 71 Táboa 7. Causas incoadas PX de Lugo (1945-1966). .............................................................. 77 Táboa 8. Relación de sentenzas por categoría delituosa PX de Lugo (1945-1966). ............... 87 Táboa 9. Comparativa taxa sumarios e sentenzas cada 100.000 habitantes PX de Lugo e Murcia. ..................................................................................................................................... 89 Táboa 10. Causas incoadas polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Lugo (1945-1949).............................................................................................................................. 93 Táboa 11. Libros de rexistro de causas de Murcia (1945-1949).............................................. 94 Táboa 12. Sentenzas ditadas nos delitos con maior incidencia durante o franquismo. ........... 95 Táboa 13. Comparativa das causas incoadas en España e no PX de Lugo (1950-1960). ........ 96 Táboa 14. Comparativa lexislación sobre o delito de aborto. II República e franquismo. .... 127 Táboa 15. Casos incoados por delitos relacionados coa interrupción do embarazo (19451966). ..................................................................................................................................... 131 Táboa 16. Comparativa sumarios e sentenzas por aborto. ..................................................... 132 Táboa 17. Número e taxas de abortos segundo se practicaran en espazo rural ou urbano no PX de Lugo ............................................................................................................................ 134 Táboa 18. Municipios do PX. de Lugo, poboación e delitos. ................................................ 298 Táboa 19. Os delitos de homicidio, asasinato e parricidio no Código Penal de 1944. .......... 309 Táboa 20. As armas do delito. 1945-1966. ............................................................................ 312 Táboa 21. Resolución das causas incoadas por incendio (1945-1966). ................................. 323 Ilustración 1. Mapa dos Partidos Xudiciais de Galicia. ........................................................... 57 Ilustración 2. Mapa do Partido Xudicial de Lugo. ................................................................... 58 Ilustración 3. Curmáns de camiño á festa. Outeiro de Rei. Anos corenta. ............................ 105 Ilustración 4. Familia luguesa un día de festa. Outeiro de Rei. Ano 1968. ........................... 109 Ilustración 5. Prostitutas no Recanto do Miño. Lugo. Ano 1970. ......................................... 117 Ilustración 6. Rapazas posando cunha moto. Lugo. Ano 1960. ............................................. 221 Ilustración 7. Praza de Abastos. Lugo. Anos 1945-1950. ...................................................... 235 Ilustración 8. Novo Mercado de Quiroga Ballesteros. Ano 1950. ......................................... 237 Ilustración 9. Comprando peixe na Praza de Abastos de Santo Domingo. Ano 1965. .......... 238 Ilustración 10. “O Poliño”. Praza de Abastos. Ano 1966. ..................................................... 241 Ilustración 11. Mapa actual da localización da estación de tren de Lugo.............................. 244 Ilustración 12. Vista da estación de tren de Lugo desde o Sagrado Corazón. Lugo. Ano 1890. ................................................................................................................................................ 245 Ilustración 13. Bares da Rúa Nova. Lugo. Ano 1970. ........................................................... 258 Ilustración 14. A cidade de Lugo. Ano 1970. ........................................................................ 260 Ilustración 15. Bar Azul. Recanto do Miño. Ano 1970. ........................................................ 264 Ilustración 16. Casco histórico de Lugo. Relación de delitos cometidos en bares. Anos 19451966........................................................................................................................................ 266 Ilustración 17. Caseta do polbo. Lugo. Ano 1951. ................................................................ 267 Ilustración 18. Bar Transporte. Rúa San Roque. Lugo. Ano 1970. ....................................... 271 Ilustración 19. Casco histórico de Lugo. Relación de prostíbulos sospeitosos e confirmados. Ano 1944. ............................................................................................................................... 279 Ilustración 20. Relación de prostíbulos. Lugo. Ano 1956. .................................................... 286 Ilustración 21. Casetas do polbo. San Froilán de Lugo. Anos sesenta. ................................. 290 Gráfica 1. Causas incoadas PX de Lugo (1945-1966). ............................................................ 75 Gráfica 2. A evolución da delincuencia no PX de Lugo (1945-1966). .................................... 78 Gráfica 3. Causas incoadas no PX de Lugo (1945-1966). ....................................................... 81 Gráfica 4. Destino dos sumarios incoados (1945-1966). ......................................................... 83 Gráfica 5. Distribución das sentenzas da Audiencia Provincial de Lugo (1945-1966). .......... 84 Gráfica 6. Porcentaxe do estado civil das procesadas por aborto. (1945-1966). ................... 135 Gráfica 7. Evolución roubos e furtos (1945-1952). ............................................................... 185 Gráfica 8. Evolución dos ladroízos na cidade (1945-1952). .................................................. 188 Gráfica 9. Evolución dos ladroízos na cidade (1953-1959). .................................................. 199 Gráfica 10. Evolución dos ladroízos na cidade (1960-1966). ................................................ 207 Gráfica 11. A evolución do delito de lesións 1945-1966. ...................................................... 215 Gráfica 12. Evolución delincuencia en bares 1950-1966. ..................................................... 276 Gráfica 13. Delincuencia rural fronte á urbana. Anos 1945-1966. ........................................ 297 Gráfica 14. Posesión ilegal de armas 1945-1966. .................................................................. 300 Gráfica 15. Evolución da tenencia de armas no rural 1945-1966. ......................................... 301 Gráfica 16. Causas incoadas por homicidio e asasinato. Anos 1945-1966. .......................... 310 Gráfica 17. Resolución dos delitos de homicidio e asasinato 1945-1966.............................. 311 Gráfica 18. Danos no rural (1945-1966). ............................................................................... 319 Gráfica 19. Características dos incendios no rural lugués. Anos 1945-1966 ........................ 324 Gráfica 20. Incendios en montes afectados pola repoboación forestal (1945-1966). ............ 329 Gráfica 21. Sentido das sentenzas ditadas por desobediencia aos mandatos xudiciais. Anos 1945-1966. ............................................................................................................................. 332 ÍNDICE DE ABREVIATURAS Arquivo Histórico Provincial de Lugo: AHPLu Fondo do Goberno Civil: FGC Fondo Servizos Sociais: FSS Fondo Xudicial: FX Libros de Rexistro Xeral da Fiscalía: LRE Padroado de Protección á Muller: PPM Partido Xudicial: PX Patrimonio Forestal do Estado: PFE Tribunal Tutelar de Menores: TTM Xunta Provincial de Lugo do Padroado de Protección á Muller: XPL 0. INTRODUCIÓN 21 0. INTRODUCIÓN “A delincuencia, cos axentes ocultos que procura, pero tamén co anciñado xeneralizado que autoriza, constitúe un medio de vixilancia perpetua sobre a poboación: un aparello que permite controlar, a través dos propios delincuentes, todo o campo social.”. Michel Foucault1 As páxinas que seguen constitúen unha investigación sobre a delincuencia común, un fenómeno socialmente arraigado e complexo. Émile Durkheim, sociólogo e o teórico da delincuencia por excelencia, definiu que delito é todo acto que viola a “conciencia colectiva”, aqueles valores que a sociedade considera “sagrados”.2 Desde a historia, especificamente, autores como James A.Sharpe xa en 1982 reflexionaba acerca da inexistencia dunha definición clara de “delito”, debido non só ao amplo campo que identificaba Durkheim, senón pola diversidade de disciplinas en torno ás que este pode ser abordado e estudado.3 Como punto de partida, Sharpe establecía que “crime” era “un concepto xeral, non unha categoría analítica ou descritiva precisa”: “O termo pode ser empregado para describir un accidente; unha explosión incidental e non premeditada de paixón ou desesperación; un patrón de conducta que expresa inestabilidade ou frustración emocional ou mental; algo parecido á actividade empresarial; ou incluso unha forma de vida elixida. Definir o comportamento como “criminal” varía segundo as diferentes circunstancias ou convencións sociais, e hai unha fronteira en constante movemento do que é ou non é unha conducta aceptable nunha sociedade dada”. Seguindo a este autor, o delito viría definido desde unha perspectiva dupla: desde a moral, é dicir, por aqueles actos que os seres humanos consideran “malvados” e a partir dunha cuestión conxuntural, ao comprender condutas creadas, posto que están motivadas por unha lei que cambia tanto dentro da propia sociedade como en relación a outras. Ambas opcións, apuntaba, condicionadas en función da clase social ou do período no que se circunscriben. E concluía: “o delito cubre unha ampla gama de actividades, e é probable que sexa entendido de forma diferente por diferentes persoas en diferentes momentos”. Para sortear estas dificultades optaba 1 Michel FOUCAULT: Vigilar y castigar: nacimiento de la prisión, México, Siglo XXI editores, 2002, p.287. 2 Sergio E. TONKONOFF: “Las funciones sociales del crimen y el castigo. Una comparación entre las perspectivas de Durkheim y Foucault”, Sociológica, 77 (2012), pp. 109-142, esp.p.112. 3 James A. SHARPE: “The History of Crime in Late Medieval and Early Modern England: a Review of the Field”, Social History, 7, 2 (1982), pp. 187-203, esp.p.187. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 22 por confeccionar unha “definición de traballo eficaz”, segundo a que “o delito é un comportamento que se considera ilegal que, de ser detectado, daría lugar ao axuizamento nun tribunal de xustiza ou sumariamente ante axentes acreditados para a aplicación da lei”.4 Seguiría, xa que logo, a liña da definición esencialista proposta por Michael R.Weisser: “calquera actividade punible por lei”, apta para calquera período no que existira algún tipo de dereito, escrito ou consuetudinario.5 Vías, as da historiografía, que se aproximan máis á definición de “delito” ofrecida polos códigos penais, concretamente segundo de 1848: “as accións e as omisións voluntarias penadas pola lei”.6 Non podemos achegarnos ao mundo da delincuencia sen remitirnos a Michel Foucault. Para o autor da obra de referencia no estudo da criminalidade: Vixiar e castigar, o crime é unha construción social xa que, “a sociedade é a que define, en función dos seus intereses, o que debe ser considerado como delito”.7 A maleabilidade do fenómeno vén secundada desde o plano da semántica. O dicionario da Real Academia Española contempla a delincuencia, na súa terceira acepción, como: “o conxunto de delitos, xa en xeral, xa referidos a un país, época ou especialidade neles”.8 Seguindo estas categorizacións, a delincuencia sería un fenómeno poliédrico, un concepto abstracto empregado para designar aquelas accións sociais que contraveñen á legalidade no seu sentido máis amplo. Isto implica que non hai unha “delincuencia” senón “delincuencia(s)”, e que estas serán (ou non) así consideradas en función do momento, do espazo e do contexto. Delitos, por exemplo, como o adulterio ou o abandono de familia, despenalizados ao abeiro da II República, como veremos, foron recuperados nun breve lapso de tempo coa imposición ditatorial e a creación dun novo código penal. A explicación a este fenómeno social, ao igual que o propio concepto, resulta heteroxéneo. Seguindo a teoría funcionalista de Durkheim, debería atenderse tanto á causa eficiente que o produce, como á función ou meta que cumpre. “O delito é, por tanto, necesario; atópase ligado ás condicións fundamentais de toda vida social, pero por isto mesmo é útil; porque estas condicións das que el é solidario son indispensables para a evolución moral e do dereito”, apuntaba. Nesta liña de pensamento, o delincuente eríxese como un axente imprescindible para a revitalización e cohesión social, pois “a súa punición 4 James A. SHARPE: Crime in Early Modern England 1550-1750, London e Nova Iork, Routledge, 2014, p.5. 5 Michael R.WEISSER: Crime and Punishment in Early Modern Europe, Brighton, 1982, p. 7 6 Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica” en Cáceres durante la Segunda República”, Norba: Revista de historia, 10 (1989-1990), pp. 233-264, esp.p. 235. 7 Michel FOUCAULT: Vigilar y castigar..., p.108. 8 A cursiva é nosa. RAE. Recuperado de internet (https://dle.rae.es/delincuencia), consultado o 20 de setembro de 2022. 0. INTRODUCIÓN 23 posibilita a reafirmación normativa do lazo social” ao procurar a sociedade a vinganza a través da práctica xurídica de castigar aos criminais.9 Michel Foucault sostén que a prisión só serve para fabricar novos criminais ou afundilos máis aínda na delincuencia, pero tamén se amosa convencido do seu utilitarismo social: “os delincuentes, a fin de contas, son útiles no dominio económico e no dominio político”, “os delincuentes serven”. E é que a aceptación social do control exercido polas autoridades xustifícase por un do ut des (dou para que me des), con vistas a obter protección fronte a estes delincuentes.10 Proceder ao estudo da delincuencia nunha sociedade non só supón atender aos delitos como “obxectos xurídicos” recollidos e definidos pola lexislación, implica transcender aos mesmos. É absolutamente relevante aplicar no seu estudo unha perspectiva histórica, en tanto en canto as características da delincuencia están determinadas en función do contexto temporal ao que se adscriben os delitos. Así, mentres que a Idade Media e a Época Moderna a o estudo da delincuencia vencellouse á marxinalidade privilexiou fórmulas violentas, para a Época Contemporánea as investigacións comezaron a preocuparse polo vínculo existente entre delincuencia e crises económicas, evidente, apuntaban, no protagonismo de delitos contra a propiedade.11 Unha dirección á que apuntan as teorías formuladas desde a etioloxía, que suxiren que en épocas recesivas é de agardar que as taxas de delitos aumenten, especialmente os de corte económico.12 Ao mesmo tempo tamén se mirou desde a historiografía contemporaneísta con especial atención ás cuestións sociolóxicas que subxacen ao delito: “paixóns, instintos, anomalías, achaques, inadaptacións, efectos de medio ou de herdanza” porque cando son xulgados, apunta Foucault, non só se castiga o obxecto penal; “castíganse as agresións, pero a través delas as agresividades; as violacións, pero á vez, as perversións; os asasinatos que son tamén pulsións e desexos”.13 9 Emile DURKHEIM: Las reglas del método sociológico, España, Ediciones Folio S.A., 1999. Cit. en: Omar HUERTAS: “Durkheim: la perspectiva funcionalista del delito en la criminología”, Rev. crim., 51, 2 (2009), pp. 103-115, esp.pp.105 e 109. 10 Michel FOUCAULT: Microfísica del poder, Madrid, La Piqueta, 1980, pp.87-102, esp. pp.90 e 96, 1980. Sergio E. TONKONOFF: “Las funciones sociales del crimen y el castigo. Una comparación entre las perspectivas de Durkheim y Foucault”, Sociológica, 77 (2012), pp. 109-142. 11 Bronislaw GEREMEK: “Criminalité, vagabondage, paupérisme : la marginalité à l'aube des temps modernes”, Revue d’Histoire Moderne & Contemporaine, 21, 3 (1974), pp. 337-375. 12 A asociación entre crise económica e delincuencia contra a propiedade foi desbotada pola criminoloxía, onde unha maioría de tendencias, representadas por Cantor e Land, agrupan as causas da delincuencia en torno a dous grandes ámbitos: o da motivación e o da oportunidade, segundo as que as crises si aumentarían as motivacións para delinquir pero, a un tempo, reducirían as oportunidades para facelo. David CANTOR e Kenneth C. LAND: “Unemployment and Crime Rates in the Post-World War II United States: A Theoretical and Empirical Analysis”, American Sociological Review, 50 (1985), pp. 317-332. Cit. en: José Á. BRANDARIZ e Ignacio GONZÁLEZ: “Economic crises, common crime, and penality”, en Oxford Research Encyclopedia of Criminology, Recuperado de internet (https://oxfordre.com/ criminology ) 2018, consultado o 30 de outubro de 2022. 13 Michel FOUCAULT: Vigilar y castigar..., p. 19. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 24 0.1. Marco teórico e estado da cuestión Á complexidade de definir o fenómeno social da delincuencia e de delimitar as causas inherentes á mesma engadimos as dificultades de trazar unha disciplina académica da historia da criminalidade. Sen ánimo de acometer unha revisión exhaustiva da historia da delincuencia, e vistos os múltiples campos desde os que se pode abordar (criminoloxía, historia do dereito penal, historia social, etc.), consideramos pertinente sentar unha serie de fitos históricos no que á historiografía se refire que remataron por facer desta unha disciplina asentada ao abeiro das ciencias sociais e das humanidades. A criminalidade non foi considerada un obxecto de estudo académico ata os anos sesenta do século XX, de maneira parella ao desenvolvemento da historia social e caracterizada polo pluralismo de propostas teóricas e de vocación multi/interdisciplinar. Ata o de entón, a súa análise limitouse a crimes e delincuentes “de características sensacionalistas”, mentres que a historia do dereito recaía en man de expertos en leis e constitucións e a historia das prisións desenvolvíase fundamentalmente por profesionais do penal. O punto de inflexión no referente ao estudo do crime marcaríao a publicación, en 1958, do libro de Louis Chevalier, un clásico da historia social francesa. No seu plano discursivo, o historiador resolveu que a delincuencia estaba intrinsecamente vencellada á realidade social e ao imaxinario colectivo, que se trataba dun fenómeno normal no contexto da vida cotiá. Estableceu, ademais, unha relación entre condición proletaria e condición criminal o que fixo da súa obra un referente para os investigadores sociais, que viron no delito un fenómeno versátil, “unha vía de acceso á xente ordinaria”, capaz de contribuír a disciplinas tan diverxentes como á historia social, á demografía, á economía, á historia das institucións, ou á das mentalidades.14 Clive Emsley sitúa a apertura dos estudos da historia da delincuencia na Europa occidental nos anos sesenta en dúas liñas interconectadas, nas que os aspectos sociais e económicos foron o principal asunto de análise. A primeira, a desenvolta por estudosos franceses baixo a premisa de que as épocas medieval e (temperá) moderna vencellábanse coa delincuencia interpersoal e que, precisamente o tránsito social cara o “mundo moderno” implicaba unha evolución cara o dominio da delincuencia contra a propiedade.15 Segundo 14 Louis CHEVALIER: Classes laborieuses et classes dangereuses, París, Perrin, 2007. Cit en: Raquel IGLESIAS: “El crimen como objeto de investigación histórica”, Obradoiro Hist. Mod., 14 (2005), pp. 297-318, esp.p.299. Juan CÁMARA: Clases populares y clases peligrosas: criminalidad social y peligrosidad urbana en Madrid (1900-1931), Traballo de fin de Máster, Madrid, Universidad Complutense de Madrid, p.4. 15 Esta liña é defendida por autores como Chiffoleau, quen concluíu que o predominio dos delitos que implicaban o recurso á violencia foron característicos do Ancien Regime. José SÁNCHEZ-ARCILLA: Jueces, criminalidad y control social en la ciudad de México a finales del siglo XVIII, Madrid, Dykinson, 2016, p. 17. 0. INTRODUCIÓN 31 perpetradores, e cuxa raíz establecen nunhas políticas autárquicas fracasadas e nun racionamento que asolou todas as economías, non só das clases sociais máis humildes. As obras ata o de aquí expostas priorizaron a análise dos delitos con maior incidencia social desde o cuantitativo, xeralmente, delitos contra a propiedade ou contra as persoas e baixo unha autoría masculina, o que inevitablemente conduciu a invisibilizar outros igualmente relevantes desde a perspectiva histórica, como foron os delitos de xénero.32 Este baleiro viuse, nos últimos anos, enriquecido por unha serie de aportacións que cómpre mencionar aquí porque algunhas se nutriron de fontes xudiciais. Entre elas, a monografía de Herminia Vicente que, circunscrita a Castela a Mancha entre 1939 e 1949, procura ás mulleres na documentación xudicial tanto no papel de vítimas como no de suxeito delituoso activo.33 A autora tira unha conclusión que abre o camiño a futuras investigacións sobre o espectro criminal “en feminino”, que as fontes xudiciais constitúen unha ferramenta válida para a súa análise desde unha perspectiva de xénero. Para o caso galego contamos coa aportación de Domingo Rodríguez quen, alén dun importante número de publicacións relacionadas coa represión penal franquista recorre aos Libros de Sentenzas da Audiencia Provincial de Ourense para analizar aquela delincuencia que remite á violencia da que as mulleres foron vítimas (acoso e agresións sexuais, violencia doméstica, homicidios e abortos (provocados sen consentimento, etc.). Nas súas últimas e máis recentes publicacións ten 32A inexplorada vía da investigación da delincuencia infantoxuvenil foi aberta por Carme Agustí, na comunicación sobre os que denomina como os golfillos da calle. Fíxoo empregando por fonte os expedientes abertos polo Tribunal Tutelar de Menores de Lleida, polas facultades protectora e reformadora, tamén para o primeiro franquismo (1939-1945). Institución, da que sentenza que, lonxe dun obxectivo teórico baseado na protección ou educación dos menores o seu labor foi indubidablemente punitivo, adoutrinador e moralizador dos e das infantes baixo os principios nacionalcatolicistas. Carme AGUSTÍ: “Golfillos de la calle. Menores, marginación y control social durante el primer franquismo a través de los expedientes del Tribunal Tutelar de Menores de Lleida” en Carlos NAVAJAS e Diego ITURRIAGA (coords.): Novísima: II Congreso Internacional de Historia de Nuestro Tiempo, 2010, pp. 309-322. Sobre o TTM de Lugo vd.: Tamara LÓPEZ: “Criaturas marginadas. Los menores como sujetos activos y pasivos de delincuencia en el Lugo franquista”, en Jacobo HERRERO, Patricia ZAMORA e Itziar GUERRERO (eds.): Comunicación e historia olvidada: Una mirada transversal desde la contemporaneidad, Santander, Universidad de Cantabria, 2022, pp.225-238. Sobre o TTM de Valencia: Amelie NUQ: “Combattre les perversions morales qui les ont poussées au mal”: la prise en charge de la déviance féminine par le Tribunal pour Mineurs de Valence (Espagne, 1939-1958)”, Les Cahiers de Framespa, 7 (2011), Recuperado de internet (http://journals.openedition.org/framespa/710), consultado o 31 de novembro de 2022. Sobre os inicios da institución: Pilar RODRIGO: “Discriminación por cuestión de género y la ignorancia de su existencia, en el Tribunal Tutelar de Menores de Zaragoza: 1921-1931”, en Carlos FORCADELL e Carmen FRÍAS (coods.): Veinte años de congresos de Historia Contemporánea (1997-2016), Zaragoza, Institución Fernando el Católico, 2017, pp.303-312. 33 Herminia VICENTE: Mujeres en el punto de mira. La represión franquista a través de la justicia ordinaria. Castilla La-Mancha 1939-1969, Castilla la Mancha, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, 2022. Un estudo sobre a muller fronte á xustiza militar franquista pode verse en: María de los Llanos PÉREZ: Condenadas a muerte. La mujer frente a la justicia militar franquista en Albacete (1939-1943), Albacete, Altabán, 2022. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 32 aberto unha liña de estudos nos que a muller é a artífice dos delitos (fundamentalmente, contra a propiedade).34 Para un estudo integral da delincuencia e, particularmente, para a aplicación da perspectiva de xénero debemos remitirnos ás fontes que dan conta da actuación do Padroado de Protección á Muller (PPM en adiante), exemplo de como a represión sufrida polas mulleres non se circunscribiu exclusivamente á xudicatura. Segundo os seus idearios unha institución para a reforma moral de mulleres “en risco de caer” na prostitución foi na práctica unha ferramenta coercitiva para aquelas que contraviñesen o código moral de xénero. Sobre esta temática xira a tese de doutoramento de Carmen Guillén, quen define o PPM como unha “cárcere moral de mulleres no franquismo”. Liña argumental seguida por Lucía Prieto, que deixa patente na súa investigación que dita institución actuou contra toda conducta considerada contraria aos valores do nacionalcatolicismo, con especial atención ao fenómeno da prostitución e ao fracaso da súa regulamentación que só repercutiu en que o meretricio clandestino superara ao legal.35 Tamén por Beatriz Onandia que, en numerosos artigos, establece un vínculo (necesario) entre prostitución e Padroado.36 A diferenza do resto de temáticas, a nosa investigación non debeu abrir camiño no estudo desta institución, pois existe unha achega sobre o PPM en Lugo e máis concretamente do reformatorio dependente de dita institución, a “Casa Fogar da Nosa Señora dos Ollos Grandes”, o artigo publicado por Enriqueta Barranco.37 34 Domingo RODRÍGUEZ: “Morir de hambre en las cárceles de Franco (1939-1945)”, Historia contemporánea, 51 (2015) pp. 641-666. Para unha análise do fenómeno da delincuencia desde unha perspectiva de xénero: ÍD: Mujer, delincuencia, marginalidad. Cárcel, justicia ordinaria y violencia de género Ourense 1940-1950, Madrid, Los Libros de la Catarata, 2021. ÍD: “Fuentes para el estudio de la violencia contra las mujeres en el primer franquismo: las sentenzas de la Audiencia Provincial de Ourense (1940-1950)”, Arenal, 28, 2 (2021), pp.549-579. ÍD: “Delincuencia femenina y jurisdicción ordinaria en la posguerra civil. La mujer ante el Tribunal de la Audiencia Provincial de Ourense (1940-1950)”, Clío & Crímen: Revista del Centro de Historia del Crimen de Durango, 17 (2020), pp. 329-344. Esta liña de investigación é seguida, para a II República e o franquismo, na tese de doutoramento: Adriana CASES: El género de la violencia. Mujeres y violencias en España (1923-1936), Tesis doctoral, Universidad de Alicante, 2016. Por unha senda similar transitan os capítulos da obra coordinada por Conxita Mir e Ángela Cenarro, tamén publicada en 2021 e que apostou polas femias coma suxeitos históricos de interese para revisitar as fontes, tomando a represión e a violencia de xénero coma fío condutor, que, malia que silenciada, foi unha realidade durante o franquismo. Conxita MIR e Ángela CENARRO: Mujeres, género y violencia en la guerra civil y en la dictadura de Franco, Valencia, Titant humanidades, 2021. 35 Lucía PRIETO: Mujer, moral y franquismo. Del velo al bikini, Málaga, Universidad de Málaga, 2018. 36 Carmen GUILLÉN: “El Patronato de Protección a la Mujer: Prostitución, Moralidad e Intervención Estatal”, tesis doctoral, Murcia, Universidad de Murcia, 2018. ÍD.: “La prostituta como víctima del sistema represivo franquista. Un análisis desde los informes del Patronato de Protección a la Mujer”, GÉNEROS. Multidisciplinary Journal of Gender Studies, 10, 2 (2021), pp. 98-120. Beatriz ONANDIA: “Entre el pecado y la lujuria: la inmoralidad pública durante el franquismo”, Raudem, Revista de Estudios de las Mujeres, 6 (2018), pp. 172-197. 37 Enriqueta BARRANCO: “La obra de protección a la mujer en Lugo durante el franquismo: el reformatorio de nuestra señora de los ojos grandes”, FerrolAnálisis: revista de pensamiento y cultura, núm. 28 (2013), pp. 215225. 0. INTRODUCIÓN 33 En definitiva, o estudo da delincuencia común, liña de investigación que en España comeza a abonarse nos anos oitenta, constitúe hoxe unha modalidade de estudos consolidada. Dela xurdiron aportacións que analizaron tanto a historia da delincuencia como o fenómeno en si mesmo, con prolíficos resultados para diferentes períodos históricos. O franquismo, réxime no que se encadra esta tese de doutoramento constitúe aínda un terreo en proceso de conquista, limitado á España oriental con investigacións que, ben por estaren enmarcadas na posguerra, ben por facelo constrinxidas aos delitos cuantitativamente máis representativos, aqueles relacionados coa propiedade, non abordaron o fenómeno de forma integral. Galicia é aínda un espazo con numerosos baleiros nesta temática, con contadas aportacións para a Época Moderna e para o Antigo Réxime. Trátase dun campo de estudos inexplorado a partir de 1936, con publicacións centradas no universo penal franquista ou limitadas á abordar delincuencia desde unha perspectiva de xénero, mais onde delitos e delincuentes en ningún caso foron obxecto dun estudo pormenorizado, ao que pretendemos poñer fin con esta tese doutoral. 0.2. Obxectivos e hipóteses de traballo As investigacións en Galicia sobre o franquismo en materia de historia social tenderon a privilexiar aqueles temas que remiten á represión, agora xa tanto ás vítimas como aos verdugos e ao universo carcerario;38 a renovar o discurso sobre a guerra civil e sobre institucións e actitudes sociais no medio rural tanto nos períodos de consolidación da ditadura,39 como durante os anos da súa desarticulación e inicios do tránsito cara a 38 Lourenzo FERNÁNDEZ e Antonio MÍGUEZ (ed. lit.): Golpistas e verdugos de 1936, Vigo, Galaxia, 2018. Julio PRADA (dir.): No sólo represión, a construcción del franquismo en Galicia, Madrid, Biblioteca Nueva, 2014. Unha reflexión en torno á negación do pasado xenocida español pode verse en: Antonio MÍGUEZ: “El despertar público de la memoria: en torno al genocidio”, Mélanges de la Casa de Velázquez, 50, 1(2020), pp.295-299. Antonio MÍGUEZ (et. al.): Verdugos impunes: el franquismo y la violación sistémica de los derechos humanos, Barcelona, Pasado y Presente, 2018. Antonio MÍGUEZ: Ni verdugos ni víctimas actitudes sociales ante la violencia, del franquismo a la dictadura argentina, Granada, Editorial Comares, 2016. Julio PRADA: Franquismo y represión de género en Galicia, Madrid, Catarata, 2013. Antonio SOMOZA, Andrés DOMÍNGUEZ e Lourenzo FERNÁNDEZ: La génesis del Régimen franquista en Galicia: aniquilación política y destrucción de la sociedad civil. (1936-1939), Nomes e Voces. Proxecto de investigación interuniversitario, Recuperado de internet (http://www.nomesevoces.net/web/media/documento/comunicacion_barcelona_dictadura_franquista.pdf), consultado o 2 de novembro de 2022. María Jesús SOUTO: A represión franquista na provincia de Lugo (19361940), Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1997. Domingo RODRÍGUEZ: “Morir de hambre en las cárceles de Franco (1939-1945)”, Historia Contemporánea, 51 (2015), pp. 641-666. ÍD: Presos e prisións na Galicia de guerra e de posguerra 1936-1945, Vigo, Galaxia, 2010. 39 Lourenzo FERNÁNDEZ PRIETO e Aurora ARTIAGA REGO (eds.): Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo, Madrid, La Catarata, 2014. Ana CABANA: La derrota de lo épico, Valencia, PUV, 2013. Daniel LANERO: “Franquismo, políticas sociales y actitudes de la población”, Historia del presente, 38 (2021), pp.31-48. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 34 democracia,40 tamén á situación económica de posguerra e as súas consecuencias, racionamento, fame e estraperlo.41 Consecuentemente, outros fenómenos da ditadura pasaron desapercibidos para a historiografía galaica interesada na análise dese contexto histórico, como temos comentado. Coa tese de doutoramento que aquí presentamos Á marxe da lei, a delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966) pretendemos contribuír ao inicio da colmatación dunha desas lagoas da historiografía galaica. Pretendemos analizar a delincuencia para coñecer mellor a vida cotiá dos cidadáns de a pe no contexto histórico dunha ditadura. E farémolo optando por privilexiar como espazo de estudo a provincia de Lugo, máis concretamente o seu Partido Xudicial, por cuestións que analizaremos no apartado metodolóxico. Trátase dun enclave de interese desde o punto de vista investigador polo xa comentado factor da inexistencia de estudos previos sobre a delincuencia. E, en especial, por ser un territorio no que conflúen o mundo urbano e o rural, por tanto, diverso e plural no económico, no social e no delituoso pero, a un converxente en moitos aspectos. Cun núcleo de poboación urbana representado pola súa capital homónima e outros municipios eminentemente rurais na súa contorna, podemos adiantar que, partindo de características moi similares á altura de 1945, as súas tendencias vanse bifurcar progresivamente co devir do tempo. O primeiro obxectivo da nosa investigación é abordar a delincuencia dunha forma novidosa. Apostamos por emprender un estudo transversal que se superpoña á arraigada tendencia a analizar os delitos constrinxidos por unhas categorías estancas, respondendo sen máis ás tipoloxías estipuladas polo Código Penal franquista. E, se ben é certo que asentaremos a avaliación cuantitativa do fenómeno delituoso no Partido Xudicial de Lugo (en adiante, PX de Lugo), baixo esta premisa pretendemos ofrecer unha análise disímil, onde o eixe dos capítulos non estea nas categorías estancas coa única razón da súa maior incidencia, nin tampouco nas súas cifras e porcentaxes, senón no seu peso cualitativo. Non é o noso interese limitarnos a cuantificar, pretendemos transcender o numérico para atender a atmosfera delituosa, en converxencia coas narrativas xeradas por procesados e denunciantes na documentación xudicial e chegar así a comprender o subxacente a perfís e taxas, poder pór 40 Alba DÍAZ: Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición, 1959-1982, Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2013. 41 Lucio MARTÍNEZ: El pan y la cruz. Hambre y Auxilio Social durante el primer franquismo en Galicia, Madrid, Biblioteca Nueva, 2017. Rafael GARCÍA: Violencia, persecuciones y relato en la conformación del poder golpista en Santiago de Compostela, 1936, Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2022. Conchi LÓPEZ: El golpe de estado, las persecuciones y la retaguardia en la guerra civil española: las actitudes sociales en Galicia (1936-1939), Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2021. 0. INTRODUCIÓN 35 cara e razóns á comisión dos delitos. A delincuencia, evidentemente, está presente en todo período histórico pero muta e evoluciona, no noso caso conforme o fai a sociedade luguesa e, ao mesmo tempo, cambian as percepcións que xuíces e demais autoridades xudiciais deixan entrever nos seus escritos. O segundo obxectivo que nos marcamos é rachar coas tradicionais barreiras temporais do estudo da delincuencia no franquismo, circunscritas á posguerra. Partimos da necesidade de superar o ano 1945, tradicional data de fin das investigacións e, de feito, será o fito que marque o inicio da nosa. Pretendemos trazar a realidade da delincuencia luguesa desde dous parámetros, un marcado por unha mirada introspectiva ao período de máxima consolidación do franquismo, que ciframos, seguindo á historiografía política, entre 1945 e 1966, e outro, definido pola necesidade de realizar unha comparativa aínda que, por forza, sucinta, co acontecido en épocas precedentes, axudadas tanto por traballos realizados para a realidade galega (o mencionado de Enrique Carballo) como por fontes xudiciais da época republicana no mesmo espazo de estudo, o PX de Lugo. Trátase de coñecer mellor a vida cotiá dos lugueses e luguesas desde o que se podería sinalar como o fin da posguerra ata o “desenvolvemento”, e poder facelo baixo a atenta mirada e o escrutinio dos afíns ao réxime, de autoridades do mesmo, como eran os xuíces. O ata o de aquí exposto vén condicionado polo espazo de estudo seleccionado, Galicia, e, en concreto, o PX de Lugo. Unha comunidade na que, coma todos os territorios que quedaron na retagarda, a ditadura comeza xa en 1936. Pero, que non houbera fronte bélica non implicou que non existira unha profunda represión canalizada a través dunha “inusitada violencia” en forma de asasinatos, condenas a cadea perpetua e encarceramentos indiscriminados que asoballaron á sociedade civil.42 Ao que engadimos, como sinala Julio Prada, que “os franquistas utilizaran Galicia como un laboratorio de control social” e que un dos instrumentos orientados a tal fin foran, precisamente, os tribunais ordinarios, cuxa labor pasou por fiscalizar á sociedade para asegurar o alicerce fundamental do franquismo: a 42 Deixou, desde os primeiros momentos do golpe militar un total de 4.699 cidadáns asasinados (políticos, militares, mestres, médicos, farmacéuticos, avogados, etc.). Unha destrución que se estendeu á sociedade civil mediante a condena sistemática de todo disidente, con 1.597 cidadáns condenados a cadea perpetua e 1.981 a outras penas de prisión. Un total de 28.234 galegos que foron vítima dalgún tipo de persecución xudicial. Antonio SOMOZA, Andrés DOMÍNGUEZ e Lourenzo FERNÁNDEZ: La génesis del Régimen franquista en Galicia: aniquilación política y destrucción de la sociedad civil. (1936-1939), Nomes e Voces. Proxecto de investición interuniversitario, Recuperado de internet (http://www.nomesevoces.net/web/media/documento/comunicacion_barcelona_dictadura_franquista.pdf), consultado o 2 de novembro de 2022. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 36 orde.43 Un proceso onde as delacións entre iguais e a canalización de intereses particulares instrumentalizaron o recurso á xustiza. No franquismo, o establecemento normativo de conductas ilegais (a través do Código Penal, leis e decretos, entre outras disposicións) e a súa sanción pola xustiza ordinaria foron uns dos instrumentos polos que o réxime impuxo “desde arriba” o modelo de sociedade ao que aspiraba. Como advertira Ana Fernández “a cada sociedade correspondeulle unha pauta delitiva”, por tanto, establecer cando e como os cidadáns acataron ou transgrediron as leis é un recurso elemental á hora de confeccionar a imaxe da realidade social, neste caso, da ditadura.44 Unha mostra, tanto do modelo ao que o réxime aspiraba, na medida en que unha tipoloxía delituosa requiría de especial atención pola xudicatura, como do contramodelo social existente, particularmente entre sectores e suxeitos subalternos nos que emerxeron actitudes entendidas como disidentes.45 Consideramos de relevancia resolver nestas páxinas en que medida foi excepcional (ou non) o franquismo no universo delituoso o que, nesta investigación, pretendemos debullar en base a datos empíricos que rachen percepcións e memorias colectivas influídas pola memoria oficial que artellou a propia ditadura.46 0.3. Fontes documentais e metodoloxía da investigación Esta tese de doutoramento é, como son todas, resultado de anos de traballo intenso, de recompilación de datos, análise e crítica dos mesmos e posta en valor dos achados. A documentación na que a investigación se basea consultouse en numerosas visitas aos arquivos, especialmente ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo, onde se custodia o groso da documentación xudicial obxecto de estudo. A revisión de fontes, por suposto, non sempre tivo os resultados agardados, pero quero facer mención a que o intercambio de achados e impresións en congresos, seminarios e outro tipo de eventos académicos formativos foi sempre enriquecedor e sen eles, non se entende esta tese de doutoramento. A documentación xudicial constitúe a columna vertebral do noso traballo e, en concreto, empregamos sumarios 43 Julio PRADA (dir.): No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia, Madrid, Biblioteca Nueva, 2014. 44 Ana FERNÁNDEZ: “Franquismo, delincuencia y cambio social”, Espacio, Tiempo y Forma. Serie V, Historia Contemporánea, 17 (2005), pp. 297-309, esp.p. 297. 45 Ana CABANA: Entre a resistencia e a adaptación a sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2006 46 Segundo o CIS de febreiro de 2022, para o 35% dos españois “con Franco houbo máis orde e máis paz”. Cándido MARQUESÁN: “Memoria Democrática no noso colexio”, Nova Tribuna, Recuperado de internet (https://www-nuevatribuna-es.translate.goog/articulo/cultura---ocio/necesidad-memoria-democratica-nuestraescuela/20220724071317201067.html?_x_tr_sl=es&_x_tr_tl=gl&_x_tr_hl=gl&_x_tr_pto=sc), consultado o 28 de outubro de 2022. 0. INTRODUCIÓN 37 e sentenzas. Os sumarios resultan da actividade do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, nº1, de Lugo, e materializan cada unha das denuncias interpostas, de oficio ou por particulares no PX de Lugo. As sentenzas, ditadas pola Audiencia Provincial de Lugo, limítanse a aqueles casos que, declarados probados os feitos denunciados e achado o culpable ou culpables foron xulgados ditándose sentenza en firme. Especificamente o corpus consultado ascende a 7.327 sumarios e a 1.879 sentenzas, incoados, os primeiros, ditadas, as segundas, entre 1945 e 1966, o que supón o 100% dos fondos conservados para o franquismo en Lugo. Fondos custodiados na súa maioría no AHPLu (1945-1963) e tamén no Arquivo Xudicial Territorial (AXT) para os anos comprendidos entre 1963 e 1966. A sistematización da documentación xudicial fíxose mediante un procedemento dobre, analítico e sintético. A primeira das nosas actuacións contemplou o baleirado do total de causas entre 1945 e 1966 mediante a súa recollida na plataforma Access, un sistema de administración de bases de datos que traballa a partir de táboas, consultas, campos e rexistros. Para organizar dita información ideamos un formulario común a tódalas causas, que recolle aqueles datos considerados esenciais dentro de cada procedemento. Todos eles, agás o nome da vítima, referidos á parte denunciada. Serían o delito polo que se incoa o sumario, non necesariamente o mesmo que o do fallo; nome e apelidos do autor/a ou autores/as do delito; nome da ou das vítimas, a idade dos encausados, sexo, estado civil, profesión; a resolución do sumario (sobresido, declarado falta, arquivado, extinta a acción penal, condena ou absolución), nivel de solvencia dos procesados, lugar de comisión dos feitos, número de sumario, xunto cun campo para comentarios libres. Desta base de datos “macro” derivaron unha serie de consultas “micro”, a partir das que confeccionamos táboas por categorías delituosas, tal e como son establecidas no Código Penal de 1944. A partir de aí leváronse a cabo sucesivas e máis específicas consultas, tanto para economizar os resultados das pescudas como para que o propio programa informático puidera aplicar os diferentes filtros, inoperables sobre o inxente volume de sumarios rexistrados. Unha información preliminar da que nos valemos para sentar e cuantificar a delincuencia común en Lugo e, a partir de aí, trazar as liñas de investigación, claramente temáticas. Esta fase máis analítica viu acompañada doutra sintética, descritiva da fonte, cunha transcrición pormenorizada a través do procesador de textos daquelas partes consideradas de maior relevancia dos sumarios e sentenzas, clasificadas nun arquivo creado ad hoc baixo criterios de ano, número de sumario e sentenza. Unha estratexia esta que serviu para complementar as cifras da delincuencia co contexto inherente á comisión do delito. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 38 Optamos por situar o eixo central da presente investigación entre 1945 e 1966, ámbalas datas determinadas polo propio límite administrativo imposto e polo propio interese en estudar a etapa de maior consolidación da ditadura franquista. A primeira, debido a unha cuestión loxística, e é que a documentación xudicial existente con anterioridade ao 1945 atópase sen clasificar e marcada pola presenza de enormes lagoas documentais. Con todo, considerámola pertinente como data de partida por varios factores, alén dalgún xa apuntado como a pertinencia de innovar a etapa temporal que ten sido recorrentemente estudada e en función da propia intrahistoria da ditadura. A saber, por ser o momento no que se produciu un fito histórico chave na consolidación da ditadura, o fin da II Guerra Mundial, que marcou o tránsito simbólico dunha situación concibida coma temporal cara outra permanente;47 por supor a normalización da actividade dos tribunais ordinarios, que perderan boa parte das súas competencias na guerra en prol de tribunais militares, e que non recuperadas ata, polo menos, 1940; e, por último, debido a que, os instrumentos que marcaron a actividade dos tribunais franquistas, leis, decretos e o novo Código Penal (recordamos que foi aprobado en 1944), estaban todos xa activados xusto a esa altura.48 A elección do ano de peche responde a varias razóns, unha pragmática, á inexistencia de documentación xudicial dispoñible a partir desa data nos fondos do AHPLu. Deternos en 1960 era unha posibilidade por representar o fin da denominada “década bisagra”, co inicio doutra nova baixo a etiqueta o denominado “desenvolvemento económico”, de aperturismo internacional, coa introdución dun goberno de tecnócratas en 1962 e baixo un novo modelo de sociedade dominada pola cultura de consumo.49 Non obstante, consideramos pertinente rachar estas barreiras temporais establecidas comunmente pola historiografía, especialmente para o caso da delincuencia común, e levar a data a unha menos “redonda”, pero moi significativa tamén dentro da intrahistoria do réxime franquista, pois o 1966 marca un ano de cambios na propia ditadura (Lei de Prensa e Imprenta, Lei Orgánica do Estado, Lei de Liberdade Relixiosa) e o inicio do que será a “loita pola supervivencia” do réxime.50 47 Ana CABANA: La derrota de lo épico..., p.58. 48 Carme MOLINERO: La anatomía del franquismo. De la supervivencia a la agonía, 1945-1977, Barcelona, Crítica, 2008. 49 Francisco JIMÉNEZ: “A Spanish way of life. Consumo y publicidad en la España de los cincuenta”, en Miguel Ángel DEL ARCO y Claudio HERNÁNDEZ (eds.): Esta es la España de Franco Esta es la España de Franco. Los años cincuenta del franquismo (1951-1959), Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragoza, 2020, pp.93-116. O cambio social é analizado por Antonio CAZORLA: Miedo y progreso. Los españoles de a pie en el franquismo, 1939-1975, Madrid, Alianza, 2016, pp.229-293. 50 Pere YSÀS: Disidencia y subversión. La lucha del régimen franquista por su supervivencia, 1960-1975, Barcelona, Crítica, 2004. 0. INTRODUCIÓN 39 Con respecto ao espazo de estudo, que a elección fora o PX de Lugo e non a súa provincia homónima é consecuencia de dous factores fundamentais. O primeiro, que a unidade para a administración de xustiza en España é o Partido Xudicial, división que afonda as súas raíces no Decreto do 31 de abril de 1834, polo cal as provincias de recente creación quedaban subdivididas en Partidos Xudiciais co obxectivo de axilizar a administración de xustiza nos pobos.51 Desde entón, cada PX pasou a estar integrado por diferentes municipios da provincia cunha cabeza de partido sita no de máis afluencia litigante, o que no noso caso coincide coa capital provincial, a cidade de Lugo, que será a sede do Xulgado de Primeira Instancia. Nos restantes municipios do PX atópanse os Xulgados de Paz, encargados de resolver as faltas. A segunda razón remite novamente ás características do fondo de xustiza do AHPLu, cuxa organización vén artellada por partidos e non por provincias acomodándose o arquivo á institución da que emana a documentación á hora de organizala. De tal maneira que, a revisión da delincuencia a nivel provincial implicaría atender á documentación de nove partidos xudiciais (Mondoñedo, Chantada, Vilalba, Monforte de Lemos, Viveiro, Sarria, Fonsagrada e Becerreá) un volume case inabarcable de documentación tanto polo volume como pola inexistencia de catalogación da maioría dela. Así, o PX de Lugo, un espazo plural e diverso, con varios municipios rurais de diferente densidade demográfica e un concello de natureza urbana na capital provincial, consideramos que albergaba as principais características a ter en conta para proceder a unha análise integral do fenómeno delituoso no contexto lucense e mesmo ofrecer tendencias que poden representar o caso galego. A diferenza doutras investigacións sobre a delincuencia común, que se centran exclusivamente no número ou en causas sentenciadas nos libros de asento das mesmas, xa sexa por necesidade fronte ás esixencias da fonte ou por economía á hora de tratar a información, esta tese de doutoramento aséntase sobre a cifra total de incoacións do período de referencia. Entendemos que os sumarios, independentemente do seu destino xudicial, conteñen unha información especialmente rica, con referencias descritivas de interese sociolóxico, estivera ou non correctamente fundamentada legalmente. Referímonos a aquelas denuncias interpostas de maneira fraudulenta ou sen probas e que supoñen un uso interesado da xudicatura; tamén a denuncias inconsistentes ou superfluas para o aparello xudicial franquista, mais relevantes para a análise histórica. Así, por exemplo, en tipoloxías delituosas residuais cuantitativamente como os delitos sexuais, era usual que a vítima se vira 51 Gutmaro GÓMEZ: “Derecho y poder. Desarrollo y obstrucción a la nueva Justicia en la primera mitad del siglo XIX”, Derechos y libertades: Revista del Instituto Bartolomé de las Casas, 16 (2007), pp.157-180, esp.162-163. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 40 “compensada” económica ou extraxudicialmente durante o proceso, que decidise desistir da acción penal por temor a ver a súa honra prexudicada ou que os tribunais optasen por agardar á prescrición dos feitos, de maneira que nunca chegaban ás salas da Audiencia. Por tanto, de desbotalas por irresolutas estariamos a perder unha parte substancial da información xudicial que dá luz sobre esa vida cotiá dos cidadáns e cidadás correntes que buscamos aprehender. Para tentar levar a cabo unha investigación integral, sen fisuras nin lagoas temporais, optamos pola consulta de toda a documentación, non por facer catas ou análises aleatorias no período temporal que acoutamos. Tamén consideramos pertinente non limitar as nosas pescudas aos anos da ditadura definidos pola súa maior consolidación, senón que rastrexamos na medida do posible documentación para as décadas anteriores á imposición do réxime, establecendo un enfoque comparado que nos evite caer na excepcionalidade da situación do réxime franquista por mera focalización desa etapa en exclusiva. Para acometer este exercicio comparativo consultáronse outras fontes xudiciais diferentes ao corpus central que sostén a tese. A documentación aludida está custodiada no Arquivo da Audiencia Provincial. Alí atópase organizada e catalogada e baixo a fórmula de libros, dimanados todos eles de organismos varios da maxistratura da provincia dende 1928 a 1943. A información que ofrecen estas fontes é moi sucinta, unha entrada na que se extracta o nome do autor do delito, a natureza do delito, o número de sentenza (dato que nos serviu para poder realizar cotexo coa documentación da Primeira Instancia) e ano no que se dita e resolución xudicial. Esta permite análises cuantitativas case exclusivamente, pero non por iso deixa de ser unha rica fonte de información. Neste arquivo recompilamos os datos de dúas institucións xudiciais, a Fiscalía e a propia Audiencia Provincial baixo dúas fórmulas, os “Libros de Rexistro Xeral” de tódolos sumarios e os “Libros de Rexistro de Executorias”, cinguidos ás causas sentenciadas. Os “Libros de Rexistro Xeral da Fiscalía” consérvanse para dous períodos, parte da ditadura de Primo de Rivera (1928-1930) cun total de 1.822 sumarios e, para a etapa da guerra civil e á inmediata posguerra (1936-1941), que ascenden a unha extensa cifra de 4.981 sumarios. Namentres, os “Libros de Rexistro de Executorias” consérvanse para a II República e os primeiros anos da ditadura franquista, de 1932 ata 1943, e conteñen un total de 3.764 sentenzas. O feito de seren fontes disímiles tanto no órgano xudicial do que emanan, como no marco territorial ao que se circunscriben, invalídanas para extraer conclusións taxativas a partir da súa análise comparada, pero permítennos confeccionar unha imaxe do panorama xudicial previo ao réxime franquista capaz de debuxar tendencias. Outra parte substancial do corpus de fontes empregado nesta investigación foi a lexislación e a documentación xurídica, necesaria para unha achega cabal á documentación 0. INTRODUCIÓN 47 Non todo son trabas na documentación xudicial. O valor dos documentos xudiciais, en palabras de Julián Canorea, é indiscutible e fundamental para calquera estudo de carácter histórico. Ofrecen un valioso aporte para a reconstrución histórica doutros campos de estudo, como a do dereito, e das propias institucións xudiciais. Entre outras das súas potencialidades está o volume de información que ofrece cada asunto xudicial, visible na multiplicidade de discursos que van máis aló dos de sectores subalternos; os propios litigantes, testemuños e tamén de persoas de relevancia política, económica, social ou cultural, entre elas, as pertencentes ás institucións que conformaban as estruturas de poder (policías, gardas civís, personalidades eclesiásticas...), é dicir, daquel persoal ao servizo da ditadura.62 Sen perder de vista que, como colaboradores necesarios do réxime e voceiros do seu discurso certos contidos de sumarios e sentenzas deben ser sometidos a un xuízo crítico. Así, a extracción social, posición económica privilexiada ou a adhesión ao movemento traducirase, en moitos casos, nunha maior indulxencia no tratamento dos procesados, extensible ao propio fallo do tribunal. Situación inversa á que sufriron aqueles con antecedentes por auxilio á rebelión, vencellados a ideoloxías esquerdistas, prostitutas, os chamados “maleantes”, entre outras persoas consideradas de deficiente ou regular conducta, que non cumprían coas obrigas morais impostas polo Novo Estado ou non respectaban os roles de xénero establecidos como modelos. Malia que a documentación xudicial non é unha estraña como fonte histórica, consideramos pertinente facer unha breve descrición de dúas das manexadas, os sumarios e as sentenzas, ambas resultantes da unión dos documentos producidos durante o exercicio da administración de xustiza. Os primeiros, da investigación en torno á comisión dun delito, falta ou querela e, os segundos, do seu sometemento a xuízo. Os sumarios que se manexan nesta tese son froito da actividade do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lugo e caracterizáronse pola variabilidade en contidos e extensión, consecuencia das necesidades que impón cada proceso particular. Xorden dun atestado ou denuncia que dá lugar á incoación da causa, ben de oficio por unha autoridade, Policía ou Garda Civil ou por un particular que pode ou non presentarse como parte acusadora. Se a denuncia é interposta por un particular observaremos os datos de filiación do denunciante (nome e apelidos, idade, profesión, lugar de residencia e dirección) seguido da súa declaración. Tras esta aparece a do denunciado, de acharse, tamén cos seus datos e na que xeralmente, nega as acusacións. De 62 Julián CANOREA: “Documentación judicial”, en Nicolás ÁVILA (coord.) e Juan Carlos SEOANE (dir.): La diplomática y sus fuentes documentales, España, Universidad Complutense de Madrid, 2020,pp. 53-126, esp.p.118. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 48 recoñecerse autor dos feitos que se lle imputan foi habitual que se retractara en declaracións posteriores, alegando coaccións (malos tratos ou ameazas) pola autoridade que o interrogou. Se o acusado non era localizado requiríaselle ante a xustiza a través do Boletín Oficial da Provincia de Lugo. En caso contrario declarábaselle rebelde, unha circunstancia agravante segundo o Código Penal de 1944. De seguido, efectuábase a recompilación de testemuños, a través dos que se contextualizan os feitos. Son de enorme riqueza discursiva pois deles aducimos inimizades, rifas, procesos xudiciais en curso e mesmo delitos non denunciados. Recompiladas as probas pertinentes, a autoridade xurisdicional competente (Policía ou Garda Civil) elaboraba un informe no que se reconstrúen os feitos e proporcionaba os informes de conducta, modificadores da pena interposta e proporcionados por autoridades, personalidades relixiosas ou políticas.63 E se dos cualificativos referidos ás mulleres hai que sinalar que manifestaron un particular interese por cuestións vencelladas á catalogación da súa moral, integrando comentarios sobre: se eran de “dubidosa reputación”, “de vida alegre” ou “de mala conducta moral”. Deles preocupou especialmente a súa filiación política, apuntando se se trataba dun “elemento perigoso de ideas esquerdistas” ou ben se constituía un “perigo social”, entre outras cuestións por “embriagarse habitualmente”, por ser “de vida desordenada” ou “pouco amigo do traballo”. Tras as investigacións iniciais atopamos o auto, onde se poñen por escrito as conclusións derivadas da investigación sumarial e dítase liberdade ou prisión provisional baixo fianza, en contías variables determinadas pola gravidade dos feitos. Rara vez eran costeadas, mostra dunhas economías maioritariamente precarias entre os acusados de ser delincuentes. O proceso podía rematar aquí sen ditarse fallo, cun sobresemento provisional ou libre, por falta de probas, co procesado declarado rebelde ou extinta a acción penal (por perdón ou falecemento).64 De proseguirse o cursus xudicial seguíase co ditame de sentenza pola Audiencia Provincial. A sentenza información sobre as personalidades xurídicas que conforman o 63 As probas requiridas varían en función da tipoloxía delituosa a investigar e xulgar, da complexidade dos feitos e da súa repercusión social. Por exemplo: un delito de lesións requirirá dun informe médico, unha morte dun informe de autopsia, un delito de danos dun informe pericial que taxe o estragado, un delito de estupro de probas da relación (cartas de amor), un delito de abandono de familia das actas de matrimonio, (corroborar que é canónico). Deste xeito, uns terán un grande volume ao axuntar probas (fotografías, escrituras, mesmo notas de suicidio, radiografías, obxectos de pequeno tamaño, billetes de lotería falsos...) mentres que outros serán breves e/ou parcos en información. 64 Esta última deriva do fin das accións legais emprendidas pola parte denunciante, xeralmente por considerarse resarcida do mal causado, resolución habitual en casos de violación nos que o procesado solicita o perdón á familia da vítima, normalmente xunto cunha compensación económica; perante o retorno ao fogar nos abandonos de familia; en casos de estupro, cumprindo a promesa de matrimonio; en delitos económicos, por satisfacerse unha cantidade endebedada ou mesmo por falecemento dalgunha das partes, entre outras. 0. INTRODUCIÓN 49 tribunal xunto coa propia decisión xudicial, baixo unha estrutura tipo onde se inclúen os datos de filiación completos do procesado ou procesados (nome, idade, nome dos pais, lugar de nacemento e de residencia, estado civil, profesión, nivel de instrución), seguido da constancia de antecedentes, sobre a conducta (boa, mala ou regular), do nivel de solvencia económica, se estivo ou non en prisión provisional e, de estalo, o tempo que permaneceu privado de liberdade.65 A partir de aí, relátanse os “resultandos”, numerados: O 1º determina os feitos declarados probados en investigación sumarial. O 2º recolle a conclusión definitiva do Ministerio Fiscal, na que se expoñen os fundamentos xurídicos e determínase o tipo penal aplicable polo que se xulga ao procesado ou procesada, cunha referencia ao articulado do Código Penal, se concorren circunstancias agravantes e/ou atenuantes e a condena que, en función do exposto, se solicita. E o 3º contén a defensa dos procesados, que pode aceptar ou non a pena e, neste último caso, solicitar a absolución. Uns “resultandos” que, a modo de diálogo xudicial son respondidos polos “considerandos” que argumentan xuridicamente a resposta á defensa dos procesados, xeralmente reiterándose na condena solicitada no epígrafe anterior. E, finalmente, aparece o fallo, absolutorio, rematando aquí o proceso xudicial, ou condenatorio, cunha pena privativa de liberdade ou pecuniaria (indemnización e/ou multa), xunto coas accesorias de suspensión de todo cargo público, profesión ou oficio e dereito de sufraxio durante o tempo da condena.66 Ditada a sentenza, o auto pode ser declarado firme cumpríndose de forma íntegra ou proceder á aplicación dos beneficios da suspensión de penas, xeralmente concedidos por un prazo de dous anos. Podía darse tamén o indulto por decreto, total ou parcial, usualmente mentres o preso permanecía en prisión. Concedida a condicional, a reincidencia no prazo de catro anos para o indulto e de dous anos para a suspensión de penas implicaba a revogación de tales beneficios. De existiren multas ou obrigas de indemnización será nas sentenzas onde consten documentos de pago de taxas ao Estado ou, en casos de acreditada insolvencia, unha peritaxe dos bens mobles e inmobles, con vistas ao embargo. 0.4. Estrutura dos capítulos Dividimos esta investigación e o documento final en cinco bloques, cun elemento transversal a todos eles, a delincuencia común e a cabalo entre dúas formas de estudo: a necesaria posta en valor das cifras extraídas da fonte xudicial, a súa comparativa con outros períodos e espazos e a investigación empírica que nos permita profundar nesa historia do 65 De ser declarado culpable o tempo de prisión provisional é conmutado na pena final. 66 O impagamento de multas satisfacíase co arresto substitutorio. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 50 social desde perspectivas disímiles.67 Centrarémonos nas vítimas, pero tamén nos vitimarios; no contexto histórico, pero sen desbotar as circunstancias individuais; na perspectiva de xénero, e igualmente na sociedade como conxunto; nos lugares, espazos e fórmulas, e tamén no medio, rural ou urbano, no que se produciu esa delincuencia. O primeiro dos capítulos ten por premisa pulsar o estado da delituosidade no PX de Lugo, e, por tanto, estará dedicado integramente á análise da delincuencia común, clasificada nas categorías de delitos contra a propiedade, contra as persoas, contra a honestidade, contra a seguridade interior do Estado e contra a liberdade e a seguridade, así definidas polo Código Penal de 1944. Tras unha presentación do marco xeográfico do Partido Xudicial de Lugo, será o único epígrafe da investigación no que a análise cuantitativa predomine sobre a cualitativa. De aí a profusión de datos expostos en múltiples táboas, gráficas e outros diagramas que permitan asentar e visibilizar o estado da delituosidade no PX. Atenderemos ao franquismo e tamén á II República, cun amplo marco temporal establecido entre 1931 e 1966. Farémolo igualmente en relación a como foi dirimida esa delincuencia nos tribunais, achegando as cifras de causas sentenciadas e do destino das restantes. Para efectuar un estudo en profundidade e, na medida en que a existencia de estudos similares así o posibilitaron, recorreremos á comparativa dos achados cos doutros períodos e áreas xeográficas. Estableceremos en que aspectos foi o comportamento delituoso de Lugo disímil ao do resto de provincias do Estado estudadas ata o de agora e en cales converxeu, con vistas a determinar cal foi a fenda no marco do criminal, de habela, entre a II República e ditadura de Franco. Todo o anterior seguido dunha exposición da nova realidade que se abre no decenio dos sesenta, período a penas estudado pola historiografía da ditadura e unha investigación inédita no campo da delincuencia franquista. Conscientes da premisa de que proceder a un estudo da delincuencia común atendendo aos seus protagonistas suporía unha invisibilización da delincuencia de determinados sectores da sociedade, consideramos artellar o segundo dos capítulos desta investigación desde unha perspectiva de xénero. Pretendemos, nese bloque, botar luz sobre a muller coma suxeito válido de análise nun universo esencialmente masculino. Unhas mulleres que ben soas ou en grupos serán consideradas desde unha perspectiva bidireccional, a dun suxeito tanto activo como pasivo de delincuencia. En relación á primeira, e como autoras de accións contrarias á legalidade vixente, veremos as súas actuacións e diferentes graos de 67 Para unha avaliación das implicacións teóricas que a historia do social ten para a historia social vd: Miguel Ángel CABRERA e Álvaro SANTANA: “De la historia social a la historia de lo social”, Ayer 62, 2 (2006), pp. 165-192. 0. INTRODUCIÓN 51 implicación, desde unha man executora na primeira liña da acción, ata unha autoría intelectual despregada desde a domesticidade. Prestaremos especial atención aos abortos e á prostitución, centrais na nosa análise por ser necesariamente, crimes en violeta. Con respecto a aqueles casos nos que a muller foi a vítima do delito, o peso cultural do heteropatriarcado e as súas formulacións machistas e mesmo misóxinas deixáronse sentir na súa visión máis extrema a través da violencia de xénero, que foi tanto sexual, como física e psicolóxica. Non houbo espazo (público ou privado), condición (estraños, empregadores ou familiares) nin estado civil que as afastara de ter sido vítimas. No terceiro capítulo o eixo polo que transitaremos será o marcado polo espazo, concretamente a cidade de Lugo, unha pequena cidade de provincias. O estudo da delincuencia común será empregado como indicador e reflexo da evolución e cambio da urbe das murallas desde a posguerra e ata mediados dos anos sesenta. Unha criminalidade que establece os delitos contra a propiedade como os eternos protagonistas pero que non se deron baixo as mesmas condicións nos corenta que nos sesenta. Unha miseria absoluta na posguerra da paso, co fin do racionamento, a unha nova etapa no político e no económico que se manifestou igualmente no delituoso. Novas tendencias, sentadas tanto en relación aos delitos contra a propiedade, en contías e características das preas e nos móbiles descritos e inferidos, como a través de novos delitos que foron resultado das trazas cada vez máis “urbanas” de Lugo. Todo o anterior o que, coexistiu, a un tempo, coa idiosincrasia dos anos da fame. Continuidades que desaparecen paseniñamente ata facelo por completo ao adentrarnos xa no decenio dos sesenta, cuxas características no delituoso debuxan, entón si, a imaxe dunha cidade que se abre á modernidade. No capítulo cuarto, a metodoloxía empregada será aquela determinada polo xiro espacial, de maneira que a análise da delincuencia realizarase en función do medio ao que se circunscribiu. Tratouse de espazos de tránsito cotiá para lugueses e luguesas onde a incidencia delituosa, tal e como apuntou a documentación xudicial, máis se deixou sentir. Todos enclavados na capital: o Mercado de Abastos, a estación de tren, os bares e os prostíbulos. Os dous primeiros, espazos onde á delincuencia económica nas súas diferentes variantes vai ser constante, executada por diversos perfís de ladrón que abrangueu, desde mendigos, pasando por carteiristas e estraperlistas, que evolucionaron a un tempo que o fixo a cidade. Os bares, tabernas e prostíbulos estiveron diseminados por toda a urbe mais particularmente presentes no casco histórico da cidade. A alienación do individuo resultante do recurso ao alcol nestes establecementos fíxoos proclives a ser escenario de delitos de todo TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 52 tipo, especialmente aqueles que acolleron un ocio “ilícito” así considerado polo réxime, bares “mala nota” e prostíbulos sometidos á atenta mirada das autoridades franquistas. O capítulo final establecerá o rural como epicentro da nosa análise, ideado desde a perspectiva das particularidades do agro en distinción co espazo urbano. Implicará remitirnos á conflitividade en torno ao delito, maioritariamente desencadeada en resposta á defensa da propiedade privada individual, entre outras circunstancias como o honor, a ambigüidade sobre a titularidade da terra ou a conculcación de dereitos, causa de enfrontamentos intercomunitarios nos que a parte ofendida tomou fórmulas de resarcimento alleas ás leis, cuxo grao de intensidade, segundo a documentación analizada, oscilou. Un modus vivendi resultado da ineficacia atribuída socialmente ao aparello xudicial e cuxas respostas materializáronse tanto no seo da comunidade, isto é, entre iguais, como contra as máis altas instancias, visible nas estratexias de contestación despregadas perante ás políticas da repoboación forestal do Estado. Tendencias que en ningún caso nos inducen a pensar no rural como un espazo violento, cuxos índices de delincuencia mantivéronse por debaixo dos da cidade e onde non discriminaron o recurso á vía diplomática para a resolución de desavinzas. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 55 CAPÍTULO 1. PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 1.1. Pulsar o Partido Xudicial de Lugo. Esta investigación pretende abordar o estudo da delincuencia común desde novas olladas, que posibiliten novos achados, mediante os que facer da documentación xudicial o alicerce dunha historia social do franquismo en Lugo. Malia que a encadremos no espectro do cualitativo na súa maior parte, consideramos pertinente sentar a nosa análise en cifras. Por tanto, este capítulo ten como meta a presentación dos resultados desa abordaxe cuantitativa que permiten as fontes xudiciais conservadas. Mais especificamente, o obxectivo será achegarnos á delincuencia común no PX de Lugo, tanto ao abeiro da II República, que pretendemos nos sirva para contexto e referencia, como na Ditadura franquista, eixe central do noso estudo, en termos numéricos e porcentuais, o que nos posibilitará realizar unha análise ao longo do tempo e tamén proceder á realización de comparativas. O anterior, con vistas a determinar en que medida a delincuencia en Lugo experimentou continuidades e cambios, ademais de establecer que anos foron os que excederon a media e dilucidar o seu porque, alén de ver como foi resolta xudicialmente, desa criminalidade. Atopámonos cunha serie de obstáculos á hora de proceder, o máis complexo, a periodicidade duns estudos que non coincide con exactitude co noso. Na actualidade, na historiografía española cóntase cun importante número de contribucións para diferentes puntos do Estado pero estas están ou ben circunscritas unicamente á posguerra ou ben a unha única categoría delituosa, xeralmente a delincuencia contra a propiedade. Serían investigacións como as de Sánchez Marroyo coa súa análise da provincia de Cáceres, realizada en anualidades descontinuas comprendidas entre 1940-1942 e desde 1945 a 1947.1 Iván Martínez toma o período que vai entre 1936 e 1945, atendendo aos anos do conflicto civil e da posguerra. Pola súa banda, Conxita Mir centrouse na análise dos delitos económicos entre 1939 e 1945 na provincia de Lleida e Juan Francisco Gómez Westermeyer realizou un completísimo estudo da delincuencia en Murcia no decenio comprendido entre 1939 e 1949. O noso estudo presenta a novidade de non circunscribirse a estas periodizacións máis habituais elixindo comezala despois da inmediata posguerra (1945) e prolongala no tempo ata mediados dos anos sesenta, aproveitando así o corpus de fontes existente no AHPLu. A falta de sintonía nas datas non é un obstáculo insalvable para realizar un exercicio comparativo, malia que este debe salvar varias eivas. É por iso polo que á hora de proceder, e se ben nutriremos a nosa investigación de comparativas con outros territorios, o quinquenio 1 Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia social: un intento de caracterizar la actuación penal...”, p.629. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 56 que abrangue de 1945 a 1949 será especificamente comparado coa provincia de Murcia, a mostra máis extensa dispoñible e da que resulta máis plausible extraer conclusións. Máis alá dos anos cincuenta, particularmente desde 1960 non contamos con traballos previos, o que converte a nosa análise en novidosa, aínda que imposibilita a comparativa. Outro dos inconvenientes para levar a cabo este exercicio constitúeo a unidade territorial seleccionada para a análise, o PX, fronte a máis usual provincia, o que a súa vez repercute na densidade de poboación dos espazos estudados, moi diferentes entre si. O PX de Lugo non chegaba aos 110.000 habitantes ao longo do período estudado, mentres que a provincia de Murcia en 1950 contaba con 756.721 habitantes, Cáceres, con 549.077 e Lleida, con 324.042. É por iso polo que o recurso a taxas e porcentaxes resultará elemental ao longo das vindeiras páxinas para dar con achados cabais que nos permitan falar en termos de incidencia delituosa. Como paso previo pretendemos prestar especial atención á presentación do espazo estudado. Daremos conta das características dese territorio, en termos demográficos e xeográficos, diferenciando a capitalidade de provincia dominada pola urbanidade duns pequenos municipios rurais sitos na súa contorna próxima. Entendemos que esta distinción ten sentido en tanto que tamén a delincuencia seguiu a tendencias diferenciadas nestes enclaves, trazas que, en moitas ocasións, non se poden estudar como compartimentos estancos. Como apuntabamos, a análise da provincia de Lugo permitiranos establecer unha comparativa coa delincuencia común estudada noutras épocas e rexións do Estado, mediante as que procurar semellanzas e tamén disimilitudes que nos permitan confeccionar unha imaxe do delito tanto en períodos precedentes como durante o franquismo. Deterémonos, igualmente, nos índices de delincuencia en relación á poboación existente en cada un dos enclaves a analizar, unha consideración que igualará as condicións á hora de establecer converxencias e diverxencias. Esta análise comparativa preséntase como un elemento innovador desta investigación, igual ca o feito de non limitarse á posguerra, senón que se pretende transcender temporalmente eses máis transitados anos próximos ao fin da contenda civil. Horacio Capel define o Partido Xudicial como “un centro intermedio que está prestixiado polo seu título e polo feito de ser o centro da administración xudicial de varios termos municipais”. Constitúe, por tanto, a unidade creada para a administración de xustiza dunha serie de municipios limítrofes entre os cales establécese, polo menos, un Xulgado de 1ª Instancia e Instrución e, por cada municipio, un Xulgado de Paz. A Comunidade Autónoma de Galicia está conformada por 45 PX, cada un deles resultante da unión dunha serie de municipios lindantes que forman parte da mesma provincia, elixidos baixo criterios de CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 63 Táboa 3. Comparativa da duración das penas. Fonte: elaboración propia a partir de datos dos códigos penais de 1932 e 1944. Outras das novidades introducidas polo Código Penal franquista tiveron que ver coa posibilidade de redimir penas mediante o traballo en favor da comunidade e a ampliación da pena condicional en dous anos. Tamén en relación á reincidencia, pois o réxime desbotou o arbitrio xudicial que mediaba cando non concorrían atenuantes nin agravantes e que lles concedía maior potestade aos xuíces, pasando a ser agora de apreciación obrigatoria.11 Como parte desa vontade represora, o código de 1944 introduce dúas novas “circunstancias agravantes da responsabilidade penal”, vencelladas á defensa de dous dos seus alicerces fundamentais, ás autoridades do réxime e á Igrexa católica, entre outros cambios nos que nos deteremos a continuación. Á defensa das autoridades encamiñouse á introdución dunha pequena puntualización antes non contemplada, que resaltamos en cursiva: “16. Executar o feito con ofensa da autoridade ou desprezo do respecto que pola dignidade, idade ou sexo merecese o ofendido, ou na súa morada cando non tivera provocado o suceso.” A segunda, a primeira de moitas outras disposicións orientadas á especial protección da relixión católica: incremento en ambas datas, xustificadas, no caso republicano no aumento do valor do diñeiro. O artigo 78 do Código Penal de 1932, fixounas entre 250 e 2.250 pesetas, mentres que o franquista fíxoo entre 1.000 e 10.000 pesetas. Código Penal 1932, p. 829 e Código Penal 1944, p.435. 10 Os códigos penais republicano e franquista recollían baixo o xenérico nome de “escala gradual” cada un dos chanzos da xerarquía das penas privativas de liberdade, ás que se refiren ao longo do códice. Un total de 4 escalas nos códigos republicano e franquista, a 1ª e a 2ª, visibles no cadro. As restantes, idénticas en ambos textos: “Escala número 3: 1ª. Estrañamento, 2ª. Confinamento, 3ª. Desterro, 4ª. Reprensión Pública, 5ª. Caución de conducta”. “Escala número 4: 1ª: inhabilitación absoluta, 2ª. inhabilitación especial para cargo público, dereito de sufraxio, activo e pasivo, profesión u oficio, 3ª suspensión de cargo público, dereito de sufraxio, activo e pasivo, profesión u oficio”. Código Penal de 1932, p. 829 e Código Penal de 1944, p.435. 11 Elena B. MARÍN: La reincidencia: Tratamiento dogmático y alternativas político criminales, Granada, Comares, 1999, p. 27. Código Penal 1932 Código Penal 1944 Duración das penas Escala10 nº 1 Escala nº 2 Escala nº 1 Escala nº 2 Tempo que comprende toda a condena - - 1ª Morte 1ª Morte 1ª Reclusión maior 1ª Reclusión maior 2ª Reclusión maior 2ª Reclusión maior 20-30 anos 2ª Reclusión menor 2ª Reclusión menor 3ª Reclusión menor 3ª Reclusión menor 12-20 anos 3ª Presidio maior 3ª Prisión maior 4ª Presidio maior 4ª Prisión maior 6-12 anos 4ª Presidio menor 4ª Prisión menor 5ª Presidio menor 5ª Prisión menor 6 meses a 6 anos 5ª Arresto maior 5ª Arresto maior 6ª Arresto maior 6ª Arresto maior 1 mes a 6 meses 6ª Arresto menor 6ª Arresto menor 7ª Arresto menor 7ª Arresto menor 1 día a 30 días TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 64 “17. Executar o feito en lugar sagrado”. Do mesmo xeito que o código franquista endureceu as condenas previstas para aqueles que obraran contra Deus e contra a Patria, minorounas para aqueles que actuaran na súa defensa. Nese senso, entre as innovacións existentes nas circunstancias atenuantes da responsabilidade criminal destacamos a número 7: “A de obrar por motivos morais, altruístas ou patrióticos de notoria importancia.”12 Deterémonos agora no tratamento que ambos códices fixeron da relixión. A República orientou a súa defensa desde a perspectiva dun estado aconfesional e laico; non así o fixo a ditadura, que destinou os seus recursos á exclusiva protección da “relixión do Estado, a Católica Apostólica e Romana” e, mentres o Código Penal de 1932 contemplou a protección dos crentes e das crenzas desde a categoría xenérica dos “Delitos relativos ao libre exercicio dos cultos”, o Estado franquista fíxoo acoutándoos aos “Delitos contra a relixión Católica” e coas “Faltas contra a orde pública”.13 O Código de 1944 foi, neste senso, incluso máis represivo que os de 1870 e 1928, e é que desde 1870 a relixión fora protexida desde o sentido multiconfesional, penándose o agravio contra calquera das relixións practicadas no Estado: 3º. O que escarnecera publicamente algún dos dogmas ou cerimonias de calquera relixión que teña prosélitos en España.”14 Tal pluralismo suprimiuse no Código de 1928, recuperado na República, cando, entre outras consideracións, estivo a de condenar aquelas actitudes que “perturbaran os actos dun culto ou ofenderan sentimentos relixiosos dos concorrentes a eles...” Unha perspectiva multiconfesional que, no franquismo, volveu ser limitada unicamente á relixión católica. A lexislación da República non precisou de máis instrumentos para a defensa das relixións do Estado, si o fixo a ditadura, que engadiu un elemento represor de calquera conducta contraria aos valores do réxime: o delito de blasfemias. Unha das ferramentas coercitivas do franquismo que serviu para castigar todo aquel comentario ou conducta considerado inapropiado baixo a arbitrariedade que implicaba o feito de “causar escándalo”, penado con arresto maior e multas de 1.000 a 5.000 pesetas.15 12 As circunstancias eximentes mantivéronse sen cambios. Código Penal de 1944. pp. 430-431. 13 Atopamos un único sumario incoado por este delito en 1950, no concello de Pol, sendo a procesada Generosa P.L., que agrediu ao seu irmán pegándolle cunha zoca durante unha misa, “causando alboroto” aínda que sen ferilo. Segundo as testemuñas, Generosa era “unha muller sumamente excitable” que “non gozaba plenamente das súas facultades mentais”. Foi condenada a dous meses de prisión, sendo determinante da pena o “non derramamento de sangue na Igrexa”. Segundo contén o sumario, foi o propio cura o que “ordenou” a pronta detención da acusada e o seu procesamento, para evitar a perturbación da orde en actos relixiosos que se celebren na igrexa parroquial de Santa Eulalia de Suegos. AHPLu. FX. Sum. 339. Ano 1950. 14 Código Penal 1870, “Delitos relativos ao libre exercicio dos cultos.” p. 15. 15 Faremos aquí unha puntualización ao respecto destes delitos, se ben no PX de Lugo a súa presenza sobre a mostra é moi limitada. Entre 1945 e 1966 contabilizáronse unicamente seis sumarios incoados por blasfemias. Tratouse de causas nas que as denuncias son interpostas por autoridades policiais ou eclesiásticas, xeralmente en momentos de crispación, ofuscación ou desinhibición nos que se profiren xuramentos contra os símbolos do catolicismo, do Estado e as súas autoridades. Tamén hai casos de denuncias empregadas como vinganza ante CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 65 En relación aos delitos contra o Estado, as súas autoridades, axentes e funcionarios públicos, o cambio máis substancial deuse na inclusión da pena de morte para aquelas persoas que atentaran contra a vida do ditador. Tamén se produciu unha modificación no título elixido para comprender aquelas actitudes penalizables en torno á figura do Xefe do Estado: no código republicano, “Título III. Delitos contra a orde pública”; no franquista, “Título II. Delitos contra a seguridade interior do Estado”, ambos baixo o mesmo subtítulo: “Contra o Xefe do Estado, contra os Ministros, contra as Cortes, contra a forma de Goberno”. O seu contido, agás no relativo ao endurecemento punitivo, a penas presentou diferenzas, sendo estas categorías complementadas con outros delitos sancionadores nun sentido similar.16 Outra das novidades que presentou o Código Penal franquista foi a incorporación, en 1945, do delito de apropiación indebida, un delito contra a propiedade incluído na categoría de defraudación.17 Situouse a medio camiño entre o furto e a estafa, sendo absorbida por ambas até a data sinalada.18 Diferenciáronse por unha característica chave, pois ao contrario que aconteceu con outros delitos económicos estas maniféstanse coma unha transacción legal, co acceso a un ben que se producía de forma lícita, porén, cun tempo de posesión legal finito que, ao rematar sen cumprirse a devolución derivaba na comisión dun delito. Con todo, se houbo un aspecto no que a lexislación diferiu entre ambos períodos foi naqueles orientados en materia de xénero. Con vistas a facelo no “Capítulo 2. Delincuencia común en feminino”, non nos deteremos en demasía nas características destes delitos nin na lexislación que, ao abeiro da II República, promulgouse co obxectivo de iniciar un proceso para alcanzar a igualdade entre sexos. Sinalaremos, en todo caso, os seus grandes logros: no seo da sociedade, o máis importante derivado da Constitución de 1931 foi o principio de igualdade xurídica (artigo 25 do Código Penal), onde se establece por vez primeira a equidade entre homes e mulleres. Deste principio de paridade emanan unha serie de disposicións no eido matrimonial que, sobre o texto penal deixáronse sentir a través da derrogación do delito de adulterio por Decreto do 28 de xuño de 1935 e, consecuentemente, do “atenuante” de cometer uxoricidio ou lesións por causa de infidelidade, ata entón inimizades ou con fines coercitivos. A súa presenza durante os anos finais da ditadura pon de manifesto que o control social non cesou en ningún momento e os motivos máis fútiles serviron para accionala. Un caso que ilustra este aspecto foi o incoado debido aos improperios que en 1965 con motivo da retransmisión dun partido de fútbol nun bar proferiu un veciño de Castroverde e que foron denunciadas pola Garda Civil. A causa foi finalmente sobresida. AHPLu. FX. Sum. 307. Ano 1965. 16 O Título III foi idéntico en ambos textos: “Título III. Das falsidades. Capítulo primeiro. Da falsificación da firma ou estampa do Xefe do Estado, sinatura dos Ministros, selos e marcas”. 17 Antonio FERRER SAMA: El delito de apropiación indebida, Murcia, Sucesores de Nogués, 1945, p. 12. 18 A confusión entre este delito e o de estafa foi constante por parte do aparello xudicial lugués. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 66 eximentes de penas privativas de liberdade. A imposición ditatorial supuxo, coa súa abolición, a regresión temporal á situación imperante ao século anterior. De feito, o Código Penal de 1870, malia contemplar tal delito, non admitía o suposto do uxoricidio. Si unha discriminación en función do xénero, sendo o adulterio (feminino) máis grave ca o amancebamento (masculino): “Art. 448. O adulterio será castigado coa pena de prisión correccional nos seus graos medio e máximo. Cometen adulterio a muller casada que xace co varón que non sexa o seu marido e o que xace con ela, sabendo que é casada, aínda que despois se declare nulo o matrimonio.” “Art. 452. O marido que tivera manceba dentro da casa conxugal ou fóra dela con escándalo será castigado coa pena de prisión correccional nos seus graos mínimo e medio. A manceba será castigada coa de desterro.”19 O Código penal de 1928, que tamén incluía o delito de uxoricidio, fíxoo para ambos xéneros: “Art. 523. A quen, sen estar separado legalmente nin de feito do cónxuxe, sorprendera a este en actos de adulterio, salvo no caso de que, aínda que fora tacitamente, consentírao, e no acto matara ou ferira a calquera dos adúlteros, ou a ambos, imporalle o Tribunal unha pena inferior á sinalada pola lei que estime adecuada, ao seu prudente arbitrio, ao cal quedará tamén decidir se a condena ha de deixar de ser inscrita nos Rexistros de antecedentes penais.”20 No franquismo, o delito de adulterio recuperouse coa Lei do 11 de maio de 1942 e, aínda que contemplado para calquera dos cónxuxes baixo prisión menor ou desterro, especificouse que, para aqueles casos nos que o adulterio fose cometido pola esposa, o marido quedaría eximido de pena privativa de liberdade de causarlles a morte aos adúlteros, non así á inversa. É dicir, non só o adulterio cometido pola muller foi considerado máis grave senón que se lle outorgou o dereito ao varón de asasinar a calquera dos adúlteros baixo unha pena ínfima. Estas, “regras aplicables en análogas circunstancias aos pais respecto das súas fillas menores de 23 anos e aos corruptores, mentres aquelas vivan na casa paterna”.21 19 Código Penal 1870, p. 19. Título IX. “Delitos contra a honestidade”. Adulterio. 20 Código Penal 1928. Capítulo III. “Do parricidio”, p. 257. 21 Código Penal 1944, art.428., p.459. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 67 Outros dos grandes cambios orientáronse á defensa da familia e da moral nacionalcatólica, visibles no restablecemento do delito de abandono de familia, tamén derrogado pola II República e en liña coa prohibición do divorcio, obxectivo da Lei do 12 de marzo de 1942. A este habería que engadir os estupros e os raptos, xa contemplados no Código de 1932, pero que, con vistas á protección do modelo de familia tradicional católica houberon de blindarse con maior esforzo. Así, se na II República segundo o artigo 439 o estupro cometido cunha muller maior de 12 anos e menor de 23 castigouse cunha multa de 500 a 5.000 pesetas, no franquismo, a sendo crime correspondeulle non unha pena pecuniaria senón outra privativa da liberdade, o arresto maior.22 A vontade represora do réxime sobre a muller materialízase co control legal do seu corpo, entre outras disposicións, coas modificacións realizadas sobre o delito de aborto. Legalizado durante a República no contexto catalán, experimentara unha redución das condenas para o resto do Estado. Segundo o Código de 1932, o aborto, ben provocado con consentimento da muller, ou ben autoinflixido supoñía unha pena de 1 a 6 meses de prisión, quedando limitada esta a un máximo de 2 meses se se daba para ocultar a deshonra.23 No franquismo, as políticas pronatalistas materialízanse a través dunha ampla lexislación e, xa en datas tan temperás como 1941 a Lei do 24 de xaneiro penaliza duramente o aborto. Esta lei reverteuse posteriormente no Código Penal de 1944 e as penas pasaron a abranguer dos 6 meses aos 6 anos de cárcere. As mínimas, do mes aos 6 meses de prisión, limitáronse unicamente a aqueles casos nos que mediara “ocultar a deshonra”. Circunstancias ás que apelaron a maioría de mulleres procesadas por este delito para sufrir un castigo menor. En resumo, o tránsito da II República á ditadura franquista realizouse mediante un proceso de erradicación desde “a raíz” de todo aquelo que tiña que ver co anterior réxime democrático.24 Tal proceso depurador deixouse sentir, no lexislativo, cun enorme compendio de leis e decretos promulgados a tal fin, frutificados no Código Penal de 1944 que, como vimos, retornou aos postulados dos códigos de 1928 e 1870, liberándoo do máis mínimo elemento progresista e dotándoo das ferramentas necesarias para a imposición no “novo Estado franquista”. 22 No franquismo a idade da estuprada comprendeu dos 16 aos 23 anos, de ser inferior sería considerado delito de corrupción de menores. Código Penal 1932, Capítulo III. “Estupro e corrupción de menores”, art.439, p.847. Código Penal 1944, Capítulo II. “Do estupro e da corrupción de menores”, art. 436, p.459. No mesmo sentido foron modificados os delitos de infanticidio e de abandono de menores. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p. 264. 23 Unha táboa comparativa coas diferentes lexislacións da época está dispoñible no Capítulo 2. “Delincuencia común en feminino”. 24 Javier RODRIGO: Hasta la raíz. Violencia durante la guerra civil y la dictadura franquista, Madrid, Alianza Editorial, 2008. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 68 1.3. A situación da delincuencia en España na II República Non podemos proceder a un estudo rigoroso da delincuencia no franquismo en Lugo sen deternos no período precedente e, a través da súa análise, poñer en valor as achegas doutros tempos e espazos cos que determinar, ata que punto, o PX de Lugo presentou características concordantes ou discordantes dentro do panorama delituoso da ditadura. Pretendemos sobrepoñernos á propensión a considerar o franquismo coma un compartimento estanco e observalo en relación ao acontecido no período precedente. Compétenos, por tanto, ao longo deste apartado, botar a mirada atrás e debuxar a situación da delincuencia común desde a II República noutros puntos do Estado para, posteriormente, establecer o seu devir ao longo da ditadura franquista. Para a análise comparativa da delincuencia común no período republicano tomaremos fundamentalmente as investigacións realizadas en dous lugares: a provincia de Zaragoza, estudada por Iván Martínez e a de Cáceres, por Fernando Sánchez, cuxos achados serán postos en relación cos recadados para o PX de Lugo. O caso galego, estudado por Enrique Carballo desde o Antigo Réxime á data de estoupido da guerra civil, servirá tanto para perfilar as tendencias debuxadas como para encher baleiros no noso espazo de estudo. Un sistema polo cal confeccionar a imaxe da delincuencia na República ao longo e ancho peninsular. Non obstante, cómpre sinalar que tanto as fontes empregadas como as anualidades dispoñibles para a mostra son disímiles, polo que debemos tomar os resultados obtidos con cautela, non contemplándoos como afirmacións categóricas. Para Lugo, os Libros de Rexistro de Executorias da Audiencia Provincial (1931-1943) constitúen as únicas fontes para o período que rexistren os datos do Partido Xudicial. Consisten en libros onde se deixa constancia, a modo de copia esquemática, dos datos máis relevantes das sentenzas de toda a provincia (delito cometido, ano de incoación, xulgado do que provén, nome do autor, sexo, fallo do tribunal ou indulto, de proceder), é dicir, o resumo da actividade da Audiencia por anos. Mentres, para as provincias de Zaragoza e Cáceres a información recádase dos Libros de Sentenzas (1931-1936), que recompilan as sentenzas ao completo, cuxas características explicamos no apartado dedicado á metodoloxía, ditaminadas en toda a provincia.25 Entre 1931 e 1936 os Libros de Sentenzas rexistraron un total de 2.524 causas nas salas da Audiencia zaragozana e de 2.042 na cacereña. Unha diferenza que Martínez xustifica na superior densidade de poboación do seu espazo de estudo, de 548.290 habitantes fronte a 461.777. En Lugo, o número de sentenzas foi significativamente inferior a ambos espazos, de 25 A anualidade de 1931 para o caso de Lugo está incompleta. APL. FX. Libros de Rexistro de Executorias da Audiencia Provincial. Sent. Anos 1931-1943. En adiante LRE. AP. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 69 477, o que tamén explicaríamos en termos demográficos, pois o PX de Lugo tiña, á altura de 1930, unha poboación de 85.542 habitantes.26 Pero, se tomamos en consideración a cifra de sentenzas por cada 100.000 habitantes vemos que non son tan dispares entre si: 76,6 delitos anuais en Zaragoza, 73,7 en Cáceres e 92,9 en Lugo.27 Se profundamos nas categorías delituosas rexistradas, observamos que os delitos contra a propiedade foron os protagonistas en dúas das tres provincias comparadas: Zaragoza e Cáceres. Non obstante, cun número moi superior na mostra aragonesa, se ben debe terse en conta a ausencia de datos específicos para o ano 1936 nos estudos de Fernando Sánchez para a provincia extremeña. Con 1.083 sentenzas e unha porcentaxe do 42,90% sobre o total configúrase como o tipo de delincuencia más destacada para a Zaragoza da II República, cifras que en Cáceres correspondéronse co 31,2%. En Lugo, onde non dispoñemos de datos para o sexenio ao completo senón para os cinco anos que van de 1932 a 1935, os datos alzan igualmente á delincuencia económica aos máis altos postos no delituoso, cun 31,7% das sentenzas ditadas. Cifra, como se pode comprobar, semellantes aos das outras provincias que, no caso lugués, vense superadas polos delitos contra as persoas, representativos do 33,3% do total, os que os converte nos máis abondosos. En Cáceres, cunha anualidade de diferenza (1931-1935) a delincuencia económica chega tamén a representar un 31,2% do total (637 sentenzas), o que reflicte o gran parecido do mundo delituoso en ambas cidades.28 Táboa 4. Comparativa sentenzas contra a propiedade. Zaragoza, Cáceres e Lugo. 26 A cifra puido ser lixeiramente superior en Lugo se temos en conta que a anualidade de 1931 semella estar incompleta. 27 APL. FX. LRE.AP. Sent. Anos 1931-1936. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria...”, pp.47-48. 28 Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.47 e ss. Ano Sentenzas da Audiencia Provincial (1931-1936) Libros sentenzas Zaragoza Libros sentenzas Cáceres Executorias Audiencia Lugo Contra a propiedade % Contra a propiedade % Contra a propiedade % 1931 124 11,44 75 11,77 - - 1932 208 19,2 161 25,27 13 8,6 1933 149 13,75 96 15,07 40 26,49 1934 182 16,8 148 23,23 47 31,12 1935 301 27,79 157 24,64 36 23,84 1936 119 10,98 - 0 15 9,93 Total 1.083 100 637 100 151 100 Fonte: elaboración propia a partir de datos do APL.FX. LRE. AP. Anos 1931-1936. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.49 e ss. Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica”...”, p.238. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 70 Tralos delitos contra a propiedade privada, Iván Martínez establece os actos contra á Autoridade como os seguintes en importancia en Zaragoza, cun total de 563 sentenzas que constitúen o 22,3% da mostra. Este nomenclátor correspóndese no Código Penal de 1932 cos denominados baixo o Título III “Delitos contra a orde pública”: rebelión, sedición, atentados contra a autoridade e os seus axentes, resistencia e desobediencia, desacatos, inxurias e ameazas á autoridade e dos insultos aos seus axentes e aos demais funcionarios públicos”, recollidos como delitos “contra a seguridade interior do Estado” no Código de 1944. O investigador aragonés determina, neste senso: “Estas ilegalidades póñennos trala pista de certo estado de desconformidade ou malestar entre os seus suxeitos protagonistas, consecuencia de entender certos actos como uns abusos de poder ou inxustizas derivadas dun exercicio de funcións abusivo ou sobreexcedido por parte das forzas da orde”.29 Nin Cáceres nin Lugo coincidiron coa provincia zaragozana neste aspecto, aínda que si o fixeron estas dúas últimas entre si, establecendo os delitos contra a Autoridade no terceiro lugar en importancia na escala dos delitos máis usuais. Na situación cacereña analizada por Fernando Sánchez, supoñen un total de 238 as sentenzas ditadas por esta categoría, un 11,6% dos sumarios. En Lugo rexístranse practicamente a metade de sentenzas 142, pero representaron un elevado 29,9% sobre o total. Táboa 5. Comparativa sentenzas contra a orde pública. Zaragoza, Cáceres e Lugo. 29 Ibid, p.48. Fonte: elaboración propia a partir de datos do APL.FX. LRE. AP. Anos 1931-1936. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.49 e ss. Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica”...”, p.238. Ano Sentenzas da Audiencia Provincial de Cáceres (1931-1936) Libros sentenzas Zaragoza Libros sentenzas Cáceres Executorias Audiencia Lugo Contra a orde pública % Contra a orde pública % Contra a orde pública % 1931 48 8,52 28 11,76 1 0,69 1932 93 16,51 67 28,15 2 1,39 1933 108 19,18 28 11,76 31 21,67 1934 150 26,64 40 16,8 40 27,97 1935 103 18,29 75 31,51 35 24,47 1936 61 10,63 - - 34 23,77 Total 563 100 238 100 143 100 CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 71 En relación ás sentenzas por delitos contra as persoas, no caso lucense ocuparon o primeiro posto na mostra (33,3%). En Cáceres, as pescudas limitáronse aos delitos de lesións e homicidios (19,6%), o que non impediu que ocuparan o segundo posto, o 40% máis dos referenciados delitos contra a autoridade. Distinto foi o caso de Zaragoza, onde van ocupar o terceiro lugar, coa taxa máis baixa das tres provincias, do 15,1% sobre o total, pese a presentar os rexistros do sexenio ao completo. As causas que están detrás deste tipo de delito parece ser común a tódolos espazos analizados, vellas inimizades, conflitos interpersoais e rifas que se manifestaban na comunidade de forma violenta, segundo Sánchez: “determinadas, en boa medida, tanto polos odios e rivalidades derivadas dunha estreita e forzada convivencia, como polo exceso no consumo de alcol”.30 Táboa 6. Comparativa sentenzas contra as persoas. Zaragoza, Cáceres e Lugo. Os veredictos ditados polos restantes delitos tiveron unha presenza variable, en calquera caso, residual sobre o conxunto das mostras. Por incidencia e impacto consideramos a delincuencia contra a honestidade. Unhas sentenzas que nos estudos cacereños non deberon proporcionar resultados de peso, pois foron desbotadas da análise. En Lugo o seu impacto foi limitado, 21 sentenzas ditadas no quinquenio representaron un 4,4% das mesmas. Entre elas, o delito de corrupción de menores foi o que máis peso tivo sobre o total, protagonizado por mulleres e vencellado á prostitución, acabando en absolución a maioría das veces. Máis 30 Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica”...”, p.239. Ano Sentenzas da Audiencia Provincial de Lugo (1931-1936) Libros sentenzas Zaragoza Libros sentenzas Cáceres Executorias Audiencia Lugo Contra as persoas % Contra as persoas % Contra as persoas % 1931 37 9,71 47 11,77 - - 1932 66 17,32 84 21,05 28 17,61 1933 59 15,48 48 12,03 35 22,01 1934 67 17,58 71 17,79 34 21,38 1935 120 31,49 149 37,34 40 25,15 1936 32 8,39 - - 22 13,83 Total 381 100 399 100 159 100 Fonte: elaboración propia a partir de datos do APL.FX. LRE. AP. Anos 1931-1936. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.49 e ss. Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica”...”, p.238. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 72 numerosas foron en Zaragoza, cun rexistro de 150 sentenzas que atribúen aos delitos contra a honestidade unha representatividade do 5,9%, unhas cifras que Iván Martínez achaca “a un novo discurso e medidas republicanas no referente á modernización da sociedade e as relacións entre xéneros”.31 En resumo, se ben na II República a delincuencia contra a propiedade ocupou un papel preponderante nas diferentes Audiencias Provinciais analizadas, non podemos afirmar que esta fora a primeira categoría en importancia numérica en todo o Estado. Iván Martínez establece tres factores explicativos da súa preeminencia en Zaragoza, que nós compartimos para Lugo: o primeiro, como o resultado dunhas prácticas delituosas que afunden as súas raíces en períodos moi afastados dos anos trinta; polo tanto, vencellados á tradición. A segunda, a que entende a propiedade como o ben xurídico máis prezado, “merecedor dunha maior protección” e “denuncia o éxito duns procedementos delituosos que reportarían aos seus autores un beneficio superior (o subtraído) ás consecuencias inherentes á súa acción (o castigo)”. E, a terceira, a de ser un tipo delituoso intrinsecamente relacionado coa pobreza e cunhas condicións de vida adversas, probablemente a causa de maior impacto das tres mencionadas. A pobreza está tamén detrás deste tipo de delitos cometidos xa no século XIX en Galicia, como demostra na súa extraordinaria investigación Enrique Carballo, quen sinala que “os datos apuntan a que parte do aumento de crimes na década de 1850 debeuse ao aumento dos delitos de subsistencia.32 Non obstante, se comparamos o peso porcentual destes delitos na II República, que situamos segundo as provincias que compoñen a nosa mostra entre o 43% e o 32%, cos das crises de subsistencias de mediados do século XIX, cando supuxeron desde o 54% ao 63% do total, vemos que, as primeiras, se ben son altas, non reflicten unha situación tan extrema como as de 1858 e 1859.33 Con esas taxas é coas que se pode entender as rexistradas para o franquismo que, como veremos, chegan a alcanzar cotas do 70% sen importar a provincia da que se trate, o que nos ilustra a situación de fame e necesidade vivida na totalidade do Estado, sen discriminar sistemas agrarios, condicións climáticas ou consecuencias do conflito bélico (fronte de guerra, retagarda, grado de devastación, etc.). A delincuencia contra a propiedade na provincia de Zaragoza preséntase como nota discordante, pero queda patente que as sentenzas emitidas por delitos vencellados á apropiación do alleo foron habituais neste período, moi superiores ás ditadas en relación ás 31 Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.50. 32 Enrique CARBALLO: Violencia, crimen..., p.140. 33 Enrique CARBALLO: “El hambre le impulsará: La crisis de subsistencias y el auge de delitos contra la propiedad en Galicia durante la década de 1850”, Hispania, LXXX, 264 (2020), p.169-199, p.175. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 79 A delincuencia contra as persoas vai ser a segunda categoría en importancia numérica, representativa dunha media do 17,9% do total.40 O 69% destes delitos foron de lesións, e os menos numerosos serán os abortos (4,3%) e os homicidios (2,3%). A característica fundamental desta tipoloxía delituosa é que foi a única en experimentar unha suba sostida no período de estudo. O ano que observamos o primeiro dos picos delituosos foi en 1955, cando alcanza un 20,5% do total de causas axuizadas en Lugo, unha cifra para nada irrelevante e que supuxo un incremento do 132% se a comparamos cos tímidos índices do ano 1945. Desde entón o ascenso tórnase máis acusado, ata representar, no ano 1965, un 30% dos delitos cometidos nesa anualidade. Entendemos que as razóns destes datos están en relación coa introdución dunha nova lexislación sobre circulación viaria. En 1950 as infraccións da Lei de Circulación, que pasan a engrosar os considerados “delitos contra as persoas convértense nas máis habituais a medida que o parque móbil da cidade aumenta o seu volume nos anos 60. Como queda patente na anterior gráfica, se comparamos as restantes categorías delituosas coas máis representativas sobre a mostra estariamos a incorrer nunha invisibilización das mesmas. Optamos, por tanto, por analizalas de forma específica. Os delitos contra a seguridade interior do Estado foron os que presentaron unha cifra total superior de incoacións, seguidos dos delitos contra a honestidade e contra a liberdade e a seguridade.41 A primeira das categorías sancionouse coas condenas máis duras, como comentamos anteriormente, contemplándose a máxima da pena de morte para aquelas persoas que atentaran contra a vida do ditador. Cunha evolución caracterizada polas constantes oscilacións, a media das causas incoadas representou, en cifras absolutas, o 5% do total. O 1959 foi o ano cun maior número de sumarios rexistrados, alcanzando un 9,48%, non só por rexistrarse máis delitos ao longo da anualidade, senón por coincidir cun total lixeiramente inferior de aperturas sumariais totais. Máis especificamente, os delitos que protagonicen a mostra durante a posguerra serán as tenencias ilícitas de armas tipoloxía que, como veremos no Capítulo 5, tivo maior presenza no espazo rural que no urbano. Porén, superado este período, a súa presenza tórnase anecdótica. Os causantes do cumio de incidencia rexistrado 40 Referímonos a homicidios, asasinatos, parricidios, infanticidios, achados de fetos, abortos e lesións, frutíferos ou non. 41 Entre os delitos contra a seguridade interior do Estado seleccionamos, por incidencia superior: tenencias ilícitas de armas, desobediencias, atentados contra a autoridade, resistencias, blasfemias, delitos contra a relixión católica, desacatos, ameazas á autoridade, desordes públicos, inxurias á autoridade e calumnias á autoridade. Os delitos contra a honestidade: abusos deshonestos, violacións ou tentativas de violación, estupro, escándalo público, corrupción de menores, rapto e adulterio. E, por último, compoñen a categoría de delitos contra a liberdade e a seguridade: o abandono de familia, a violación de domicilio, as ameazas, as coaccións e o descubrimento de secretos. Elaboración propia a partir da clasificación realizada polo Código Penal de 1944. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 80 nesta categoría delituosa ao albor dos sesenta foron os delitos de desobediencia, orixinados pola construción ilegal de vivendas na cidade.42 Esta categoría vai ser a única que practicamente se poña a cero ao finalizar a etapa de estudo, con só 5 incoacións en todo o ano 1966. Con respecto aos delitos contra a liberdade e a seguridade, o seu alcance tamén é modesto, sendo representativos dun 4% sobre o total.43 Dentro da categoría, o que destaca numericamente por riba do resto foi o delito de abandono de familia, erradicado do Código Penal republicano e restituído no franquista. A recuperación deste tipo de delitos respondeu á blindaxe dos valores nacionalcatólicos que entendían o matrimonio canónico como unidade indisoluble, seguindo a máxima de “o que Deus uniu que non o separe o home”. Non é de estrañar, por tanto, que o réxime destinara unha parte importante dos seus esforzos a perseguir a aqueles que quebrantaban os seus votos matrimoniais. O intento por salvagardar a boa conducta moral sufriu un ascenso abrupto no inicio do período de estudo, alcanzando o seu apoxeo en 1949. A partir de entón as flutuacións mantéñense ata 1955, anualidade que, tras alcanzar un novo máximo, presenta o inicio dunha fase de caída que se prolonga ata 1959, na que se da, en cifras relativas, o máximo de toda a quincena. Nos últimos anos analizados, as denuncias por abandono van decaer en prol doutros delitos: coaccións, ameazas, etc. usualmente vinculadas á conflitos con propiedades privadas, en arrendo ou ocupadas ilegalmente. 42 Tratouse dun total de 22 sumarios incoados en 1959 pola construción de vivendas sen licenza en diversos barrios da cidade de Lugo que, entendemos, deberon ser o resultado da posta en marcha de medidas para erradicar ás edificacións ilegais, e non dunha repentina actuación cidadá en contra da lei que debeu sucederse no tempo como práctica habitual. Tódolos sumarios foron sobresidos coa imposición dunha multa de 500 pesetas, non obstante, non rexistramos derrubamento ou cese dos labores de construción en ningún caso senón o proseguir das obras ata a súa finalización. Entre as causas, adúcese o problema da vivenda presente noutros puntos do Estado: “José A.S. declarou que o motivo de construír dita casa sen solicitar permiso á Alcaldía foi porque esta non autoriza a construción de casas en zona que non exista rede de saneamento e auga corrente, e como o expoñente carece de medios económicos para construír a rede de saneamento, construíu a casa para ir a vivir coa súa esposa e fillos, sendo a súa actual vivenda totalmente insuficiente”. AHPLu. FX. Sum.16; Sum. 13-20; Sum. 25-29; Sum.32, 34, 47; 56-58, 124, 126-128. Ano 1959. O problema da vivenda e do saneamento durante o franquismo en Granada é analizado por Gloria Román no capítulo: “Las políticas sociales del régimen franquista. Construcción de viviendas de protección oficial, beneficencia y traídas de aguas” en Gloria ROMÁN: Franquismo de carne y hueso. Entre el consentimiento y las resistencias cotidianas (1939-1975), Valencia, PUV, 2020, pp.73-127. 43 Os delitos contra a liberdade e a seguridade que consideramos por presentar maior número de incoacións son: o abandono de familia, a violación de domicilio, as ameazas, as coaccións e o descubrimento de segredos. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 81 Gráfica 3. Causas incoadas no PX de Lugo (1945-1966). O peso das causas seguidas por delitos contra a honestidade non é tanto cuantitativo como cualitativo. Foron os máis escasos, limitados ao 2,71% dos sumarios.44 Así e todo, a súa incidencia social foi moi superior ao que indican as cifras xa que xeralmente atoparon a súa resolución por dúas vías alleas aos tribunais: o ocultamento e silenciamento e o “axuste de contas” no seo da comunidade. Alén dos delitos de violencia sexual (violacións e abusos consumados ou en grao de tentativa) o seu máximo expoñente constituírono os estupros. Se o delito de abandono de familia, ao que nos referinos no parágrafo anterior, serviu para protexer á institución do matrimonio o de estupro foi unha forma de evitar que as mulleres, xeralmente mozas, accederan a manter relacións sexuais baixo coaccións, que foron, segundo a documentación xudicial, das falsas promesas de matrimonio ás de manutención e seguridade económica. O réxime non o fixo con vistas á protección feminina, o seu obxectivo foi a defensa do fin vital entendido como natural no franquismo: o matrimonio. A curva que representan non amosa moito máis ca un PX onde estes delitos tiveron unha incidencia reducida pero constante, destacando o lapso de tempo entre 1945 e 1953, cunha maior presenza, e co ano 1953 como máximo porcentual (6%). Desde entón, aínda que con picos, tenderon á baixa ata que entre 1964 e 1966 se estancaron con incoacións que están entre as 10 e as 14 por ano. 44 Referímonos a: abusos deshonestos, violacións e tentativas de violación, estupro, escándalo público, corrupción de menores, rapto e adulterio. 0 5 10 15 20 25 30 35 Contra a honestidade Contra a seguridade do Estado Contra a liberdade e a seguridade Fonte: elaboración propia a partir de AHPLu. FX. Sum. 1945 1966. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 82 1.4.1. Causa incoada, causa sentenciada? A resolución xudicial da delincuencia Ata o de agora centrámonos na análise do total de causas incoadas nas diferentes categorías delituosas. Consideramos que son cifras a ter en conta por achegaren un importante volume de información da problemática da provincia, pero tamén teñen potencialidade se se leva a cabo o seu cotexo con respecto ás resolucións. No momento de interpoñer unha denuncia, o aparello xudicial debía iniciar os trámites pertinentes para esclarecer o acontecido, cun obxectivo final, ditar sentenza, pero ese non resultou sempre o final do proceso. Ben ao contrario, practicamente o 63% dos casos rematou en sobresemento. Aínda que as cifras son menores tampouco foi estraño declarar falta o suceso, de maneira que o sumario era reconducido ao Xulgado de Paz do municipio no que tiveran tido lugar os feitos denunciados para que foran xulgados nesta instancia nin o seu arquivo, quedando o “caso pechado” e sen máis recorrido. Unha minoría de sumarios, particularmente os clasificados como delitos contra a honestidade, podían rematar coa extinción da acción penal, ao desistir os denunciantes ou no caso de falecer algunha das partes.45 E, por último, os autos de rebeldía, declarados cando o procesado pasaba a paradoiro descoñecido pasando a súa procura e captura. Baixo a nomenclatura “outros” atopamos unha casuística plural entre a que podemos citar: detidos que, por mor dunha enfermidade mental, son ingresados no psiquiátrico; a prescrición do delito ou as inhibicións en favor do Tribunal Tutelar de Menores ou de tribunais especiais. 45 Os delitos contra a honestidade rexistraron o maior número de exencións por perdón ofrecido por parte da vítima. Como veremos, tanto en estupros; que implicaban o matrimonio ou recoñecer aos posibles descendentes; como en violacións, mediante o pago da dote, ou nos abusos a menores, nos que deberon mediar as compensacións económicas extraxudiciais. Outros delitos nos que cabía a exención por perdón foron os de abandono de familia, abusos deshonestos, adulterio e rapto. Código Penal 1944. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 83 26% 63% 4% 1% 4% 1% 1% Sentenzas Sobresementos Faltas Rebeldía Arquivado Extinta Outros A diferenza entre o total de causas incoadas e das que se ditou sentenza é, de media, dun 74%. A falta de probas, a renuncia da parte acusadora ou a falta de medios persoais e profesionais para proseguir coa causa e achar a culpables foron os motivos recorrentes para o seu ditame. Xa que logo só un 26% de toda a delincuencia que se rexistra entre 1945 e 1966 no PX de Lugo obtivo contestación por parte da Audiencia Provincial, ben fora en forma de condena ben de absolución. Esta característica non é exclusiva nin do franquismo, nin do noso espazo de estudo. Enrique Carballo, nas súas investigacións sobre a delincuencia en Galicia no século XIX e comezos do XX coincide en que a porcentaxe de causas abertas sen sentenza era alta, e argumenta que “ás veces porque se trata dunha denuncia falsa ou dun feito que non é delituoso, mais en moitas outras ocasións, pola imposibilidade de fixar un acusado”.46 Con respecto ao período ditatorial, J. Francisco Gómez Westermeyer cifra nun 29,7% a capacidade resolutiva da Audiencia murciana, (sobre 12.989 causas rexistradas). Esta mínima capacidade sentenciadora dos xulgados é un dos motivos polo que algúns investigadores da delincuencia decidiron privilexiar como fonte os libros de sentenzas fronte aos de sumarios.47 No gráfico 4 podemos comprobar como a actividade da Audiencia Provincial podería dividirse en tres etapas: unha primeira de 1945 a 1953, cunha tendencia maior á finalización 46 Enrique CARBALLO: Violencia, crimen..., p. 163. 47 Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia..., p.39. Fonte: elaboración propia a partir de AHPLu. FX. Sum. e sent. 1945 1966. Gráfica 4. Destino dos sumarios incoados (1945-1966). TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 84 do proceso xudicial; unha segunda, que se prolonga ata 1964, definida por constantes flutuacións e na que a actividade dos tribunais xa non recuperará as anteriores taxas, e unha última para o bienio de 1965 a 1966, de tímido ascenso. Se establecemos unha comparativa por decenios, observamos que o comprendido entre 1945 e 1955 foi o que presentou unha capacidade resolutiva superior, rexistrándose o 55% das sentenzas totais e como queda patente na elevación que se debuxa nesa primeira fase da actividade xudicial que, en todo caso, segue a representar uns valores moi baixos sobre o total de denuncias, pois non chegan ao 32% os sumarios sentenciados. O fin desta fase de ritmo ascendente albiscámolo en 1953, efectiva en 1954 cando os sumarios que saen do Xulgado de Primeira Instancia descenden un 95% en relación aos anos máis dinámicos. De 1956 a 1966 rexístrase o 45% de veredictos restantes, un 10% menos que na década precedente. O período comeza cunha nova propensión ascendente mantida ata 1959, pero, sen o suficiente pulo, non consegue reverter unha fase de escasa actividade xudicial. Así e todo, un reducido número de incoacións permite que o ano 1957 deixe máis dun 35% de sentenzas ditadas. Unha tendencia que lonxe de manterse pecha a mostra cun bienio de tímida capacidade resolutiva, oscilante entre o 16% e o 20%. Gráfica 5. Distribución das sentenzas da Audiencia Provincial de Lugo (1945-1966). Fonte: elaboración propia a partir de AHPLu. FX. Sum. e sent. (1945-1966). Se examinamos as sentenzas as condenas superaron con creces as absolucións, representando un 77,8% e un 22,2% respectivamente. A condena interposta máis 0 20 40 60 80 100 120 140 Sentenzas CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 85 habitualmente polos tribunais lugueses foi a de arresto maior, que supuña de 1a 6 meses de arresto. A imposición de penas pecuniarias, de forma independente ou en combinación coas privativas de liberdade, foi tamén usual, xeralmente, en contías de 1.000 pesetas. Ambas características revelan que os delitos cometidos nin revestiron gravidade, nin implicaron importantes perdas económicas. A delincuencia contra a propiedade foi a categoría delituosa que contou cun maior número de resolucións, supoñendo o 51% sobre o total de sentenzas. Se en vez de atender aos sumarios abertos sobre o total atendemos exclusivamente aos da categoría da delincuencia contra a propiedade (4.115) perden esa capacidade resolutiva, quedando limitadas a un 23,3% as sentenzas. A explicación da elevada taxa de sentenzas sobre o total reside en que estas tamén foron as que tiveron un número superior de causas incoadas,48 uns elevados índices de delincuencia económica que cabe ver igualmente en termos de interese particular do franquismo á hora de perseguilos.49 A baixa porcentaxe sobre a categoría explícase porque ata nun 55% dos sumarios as investigacións policiais remataron sen descubrir a autoría dos feitos. A nocturnidade ou actuar nun lugar despoboado foron estratexias empregadas usualmente polos delincuentes para saír impunes. Mais se algo caracterizou á autoría destes delitos contra a propiedade foi a presenza de procesados múltiples, o que explica que en 960 sentenzas foran 1.235 as persoas procesadas. Unha característica que diferenciou esta tipoloxía doutras categorías do panorama delituoso. A segunda tipoloxía delituosa máis significativa na mostra de sentenzas conservadas foi a delincuencia contra as persoas. Con case o 19% de sentenzas, este delito, malia ocupar ese destacado segundo posto, está a moita distancia das emitidas por delitos contra a propiedade. Se atendemos exclusivamente aos delitos contra as persoas, a porcentaxe de sentenzas aumenta (27,13%).50 E, aínda que dar cos artífices do delito parece ter sido máis sinxelo neste tipo de delitos, a problemática á hora de ditar sentenza foi similar á dos delitos económicos, un número importante de sumarios incoados por delitos como os de lesións, que remataron sen autor coñecido por variadas razóns. Estaríamos ante casos do tipo das fugas en atropelos con diferentes medios de locomoción (bicicletas, coches, ómnibuses, camións), en agresións nas que a confusión do momento é aproveitada polo infractor para escapar ou o caso de accidentes cotiás, sucesos dos que se debía informar ás autoridades pero sen que a 48 Sumarios incoados ou abertos. 49 Noutras palabras, ao réxime preocupáballe máis un roubo ca un abuso sexual e isto deixouse sentir nun importante volume de sumarios declarados “urxentes” a partir dos 50, unha inmensa maioría de delitos contra a propiedade. 50 Un total de 1.312 sumarios incoados entre 1945-1966. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 86 autoría causante do prexuízo recaera nunha persoa física (accidentes laborais, domésticos, etc.), nos que a apertura sumarial oriéntase ao esclarecemento dos feitos e á procura de posibles neglixencias e non a dirimir a autoría. Na modalidade de delitos contra a seguridade interior do Estado acontece o contrario. Representando un 8% do total de sentenzas emitidas, acadan unha capacidade resolutiva dun 43,5%. A pouca entidade numérica que eses delitos tiveron en Lugo coincide coa doutros puntos do Estado como Zaragoza, onde Iván Martínez tamén comprobou como estes delitos caían en picado durante o franquismo debido ao papel dos tribunais militares, que durante os primeiros anos da ditadura foron os encargados de requisar armas en posesión ilegal ou de reprimir toda acción delituosa de tipo político, papel que posteriormente adoptaron os tribunais ordinarios canalizándoos a través desta modalidade delituosa. No caso lugués, os nosos rexistros para o período republicano, malia que parciais, debuxan o mesmo panorama que o comentado por Iván Martínez, pois se en 1934, ano no que se rexistra o máximo de sentenzas ditadas se chega ás 40, durante o período franquista en ningunha anualidade se superaron as 14 sentenzas. A delincuencia contra a honestidade caracterizouse polo contraste entre o seu reducido peso sobre o total de sentenzas ditadas pola Audiencia (3,77%) e o índice resolutorio que amosou dentro da propia categoría que, tal e como observamos na táboa 8, chegou a un 36,2%. Se ben é certo que as mulleres foron moi poucas veces as protagonistas da comisión de delitos, esta foi a categoría na que tiveron unha menor presenza (13,8%), ocuparon, pola contra, o papel de vítimas de maneira habitual. Resulta pertinente, despois de establecer estas características, traer a colación unha reflexión sobre a capacidade dos tribunais de ditar sentenza e sobre que delitos absorberon os veredictos interpostos e o seu sentido.51 En relación ás condenas, o delito de estupro foi o que encabezou a listaxe, dando conta da preocupación pola moralidade imposta e o papel dos tribunais na súa instauración. Pola contra, pode rastrexarse o desinterese da xudicatura por perseguir outros delitos de igual ou superior impacto social e persoal como os abusos e as agresións sexuais, que permanecen nun segundo plano á hora de sentenciar. Unha dobre vara de medir que quedou especialmente patente na concesión de absolucións no caso das violacións, que no caso de Lugo concedéronse no dobre de ocasións (66,6%) das que foron condenadas (33,3%). Na mesma liña podería citarse o delito de escándalo público, caracterizado pola elevada presenza de 51 Esta e outras cuestións sobre a tipoloxía serán analizadas no Capítulo 2. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 87 sentenzas con múltiples procesados absoltos que indican que as súas accións non ían contra a lei, senón contra a moral, unha procacidade que pretendía ser erradicada da sociedade. Os delitos contra a liberdade e a seguridade son a tipoloxía que presenta menor índice tanto de sentenzas sobre o total (2,71%) como sobre a categoría (17,2%). A explicación reside no carácter moralizador e non punitivo do delito que se erixiu como máximo representante da categoría, o de abandono de familia. É dicir, atopámonos fronte a sumarios nos que o obxectivo non foi tanto impor penas privativas de liberdade senón “reconducir” aos cónxuxes á convivencia. Esta explicación entendemos que se ve corroborada por unhas sentenzas condenatorias e absolutorias practicamente igualadas en número, e nas que os “culpables” presentaron un perfil moi claro, o dun varón que coa súa marcha do fogar desatendía economicamente á súa esposa e aos seus fillos. Táboa 8. Relación de sentenzas por categoría delituosa PX de Lugo (1945-1966). Cando un tribunal ditaba sentenza en firme condenatoria existía un mecanismo co que os culpables puideron eludir ir a prisión de maneira total ou parcialmente, o indulto. Os criterios para a súa concesión foron disímiles e quedaron establecidos nunha serie de decretos promulgados polo réxime ao longo dos anos, aproveitando datas sinaladas do calendario franquista para publicitar esa falsa idea de “reconciliación nacional”.52 En termos xerais, estes decretos implicaban o indulto total para as penas de pouca duración e o parcial para as máis longas. O primeiro decreto que repercutiu sobre o noso período de estudo foi o promulgado o polo Ministerio de Xustiza o 17 de xullo de 1947, que establecía “o indulto total das penas de arresto maior e correctivos de arresto militar por infraccións cometidas ata o 18 de xullo de 52 Sobre esta cuestión vd.: Ramón M. ORZA: “Amnistías e indultos durante el franquismo y la transición”, en José Antonio PÉREZ e Sara MORENO (coords.): Represión y orden público durante la II República, la Guerra Civil y el franquismo. Una visión comparada, España, Aranzadi Thomson Reuters, 2019, pp.115-162, esp.p. 6. Categoría delituosa Representatividade das sentenzas % Sobre o total de sentenzas % Sobre a categoría Contra a propiedade 960 51,1% 4115 23,32% Contra as persoas 356 18,94% 1312 27,13% Contra a seguridade do Estado 152 8,08% 349 43,55% Contra a honestidade 71 3,77% 196 36,22 % Contra a liberdade e a seguridade 51 2,71% 296 17,22% Fonte: elaboración propia a partir de AHPLu. FX. Sent. (1945-1966). TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 88 1947” xunto co “indulto dunha cuarta parte das penas privativas de liberdade que en orixe non superaran os 12 anos”. Concesión, segundo o réxime: “Froito da xenerosa política penal do Goberno” que permitiu incorporar “á vida nacional” a numerosos españois que “arrepentidos dos seus pasados erros, contribúen co seu traballo e vida honrada ao sostemento da familia e a levantar a economía da Nación”. Lonxe dunha imaxe caritativa e redentora que evoca á retórica, a realidade foi outra dominada pola necesidade de man de obra barata nun país en crise económica e a necesidade de aliviar a situación de colapso pola que pasaban as diferentes prisións do Estado, como a mesma Cárcere Provincial de Lugo.53 A actividade dos tribunais ordinarios franquistas, caracterizada como sinalabamos por unha reducida capacidade resolutiva, como se demostrou para o caso lucense, alcanzou os seus máximos durante os que denominamos “anos da fame” (1945 a 1952) cando os seus esforzos por condenar toda actitude que puxera en perigo o establecemento do réxime se materializou nun número crecente de incoacións, que aínda que se traduciron nun lixeiro incremento no número de sentenzas, a súa capacidade amosou ser, canto menos, limitada. Tales circunstancias poñen de manifesto como na posguerra, a vontade punitiva do réxime e dunha sociedade instrumentalizada ao seu servizo superaron ao propio sistema. Non faltaban denuncias que poñer, nin acusacións que lanzar, mais si medios policiais e xurídicos cos que canalizar esas denuncias. En resumo, a comparativa entre a liña debuxada polas sentenzas e a dos sumarios incoados permítenos extraer as seguintes conclusións: a primeira, que a meseta da posguerra é consecuencia do procesamento dun importante número de persoas por delitos contra a propiedade, os máis perseguidos polo réxime. A segunda, que a diminución da delincuencia durante os anos cincuenta non só se deixou notar no número de denuncias interpostas, tamén no ritmo da administración de xustiza e, por último, que os derradeiros anos analizados o labor dos tribunais foi inferior en canto á resolución sumarial, en relación inversa ás causas incoadas. Con respecto ás categorías delituosas que protagonizaron esas sentenzas, a delincuencia contra a propiedade continuou a encabezar a listaxe en relación ao total, cifras que puideron ser superiores pero víronse coartadas polas limitacións do sistema á hora de 53 Cun aforo de 140 persoas chegou a albergar ata 900. María Jesús SOUTO: A represión franquista na provincia de Lugo (1936-1940), Tese doutoral, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1997. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 95 en Lugo como en Murcia a situación da moral é descrita polo Padroado de Protección á Muller como “boa”.72 Se descendemos un nivel máis nestas categorías aparecen roubos e furtos. A tónica usual no conxunto do Estado foi que os segundos predominaran sobre os primeiros, por constituíren accións máis sinxelas. Os furtos non implicaban un plan, nin o uso da forza, permitían obrar con celeridade, discreción e, xeralmente, saír aos seus artífices impunes ou, de seren descubertos, recibir unha condena inferior á que correspondería de obrar con violencia sobre as cousas. Esa circunstancia apúntaa Iván Martínez para Zaragoza, onde o furto representou un elevado 37% das sentenzas fronte ás 14,4% por roubo; tamén se repite a tendencia en Cáceres, onde entre 1940 e 1947 Sánchez Marroyo contabiliza un 28,2% de furtos mentres que os roubos quédanse nun 22,4%, e en Cataluña, onde Conxita Mir e Carme Agustí determinaron que as sentenzas por furto foron superiores ás de roubo tanto en Lleida, como en Girona e Tarragona (1939-1941). Fronte a estes exemplos, Murcia e Lugo ofrecen un panorama discordante. En Lugo a diferenza entre roubos e furtos é mínima, tanto que, no caso das incoacións, a tendencia prodúcese á inversa e son os roubos os que, por pouco, superan aos furtos.73 Nas causas sentenciadas prevalece a dinámica xeral, cun 16% de furtos fronte a un 15,5% de roubos, con todo, cifras parellas en relación ás existentes nas restantes provincias citadas que converten Lugo na excepción á norma. No caso de Murcia a diferenza entre ambos delitos increméntase ata o 1,5%, cun 28,1% de sentenzas por roubo, fronte a un 26,8% por furto.74 Táboa 12. Sentenzas ditadas nos delitos con maior incidencia durante o franquismo. 72 AHPLu. FSS. PPM. Extractos dos informes das Xuntas Provinciais, 1943-1946. 73 Para o total da mostra, 1.288 sumarios foron incoados por roubo e 1.250 por furto. AHPLu. FX. Sum. 19451966. 74 Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia…, p.106. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.272. Cun 64,33% dos expedientes en 1941 xerados por furto e un 14,6% por roubo. Conxita MIR, Carme AGUSTÍ e Joseph GELONCH: Pobreza, marginación, delincuencia..., p.89. Carme Agustí salientou a xuventude como característica entre os seus artífices. Carme AGUSTÍ: “Golfillos de la calle...”, pp.309-322. Fonte: elaboración propia a partir de: AHPLu. FX. Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia..., pp.102 e 283. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., pp. 272 e 350. Delito Roubo % Furto % Lesións % Estafa % Lugo (1945-1966) 15,5% 16% 12,7% 7,2% Cáceres (1940-1947) 22,4% 28,2% - - Murcia (1939-1949) 28,1% 26,8% 6,2% 8,6% Zaragoza (1939-1945) 14,4% 37% 5,8% 9,7% TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 96 A partir de aquí as diferenzas interprovinciais van in crecendo. Así, por exemplo, o seguinte delito en importancia numérica en Lugo constitúeno as lesións, representativas dun 12,4% sobre o total de incoacións entre 1945 e 1966 e dun 16% das sentenzas. Cómpre facer notar ademais ou seu elevado índice resolutivo, do 69%. Xa non así en Murcia, onde son as estafas as que ocupan este lugar, con 13,1% das sentenzas, que no lugués a penas superan o 7%. Zaragoza coincide neste aspecto coa realidade murciana, e as estafas entre 1939 e 1945 superan ás lesións, representativas dun elevado 15,1% e dun 9% respectivamente sobre o total de sentenzas. Unhas cifras que se as comparamos cos furtos poden semellar insignificantes, non así se a consideramos con outras categorías delituosas “residuais” sobre o total, como foron a dos delitos contra a honestidade.75 Táboa 13. Comparativa das causas incoadas en España e no PX de Lugo (1950-1960). Ano Total causas incoadas España Delitos contra a propiedade % Total PX de Lugo Delitos contra a propiedade % 1950 106.532 63.348 59,46% 405 285 70,37% 1951 110.352 66.087 59,88% 402 263 65,42% 1952 104.571 59.223 56,66% 350 203 58% 1953 - - - 286 145 50,69% 1954 - - - 236 114 48,3% 1955 - - - 283 132 46,64% 1956 100.619 45.825 45,54% 243 128 52,67% 1957 106.655 46.836 43,91% 230 106 46,1% 1958 111.359 48.458 43,51% 303 151 49,83% 1959 119.709 52.697 44,02% 348 159 45,68% 1960 121.902 54.441 44.65% 336 179 53,27% Fonte: elaboración propia a partir de Manuel ORTIZ: La violencia política en la dictadura franquista 19391977...,p.61. Superada a posguerra, os anos cincuenta e sesenta constitúen o período menos explorado pola historiografía sobre a delincuencia. Probablemente porque as tendencias non son xa tan marcadas como nas décadas precedentes, o que dificulta as análises e as comparativas entre territorios. Para unha aproximación á situación da delincuencia contra a propiedade no conxunto do Estado contamos cos datos aportados polo Anuario Estatístico de España entre 1950 e 1960, non obstante, en anualidades descontinuas. Como comentabamos previamente, no PX de Lugo o ano no que máis se deixaron sentir os efectos da fame foi o 75 Para Lugo, agás que sinalemos o contrario, a mostra da que extraemos os datos é de 1945 a 1966. CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 97 1950, cando os delitos contra a propiedade alcanzan o 70,4% das incoacións. Unha cifra que marca o inicio dun período de descenso, determinado por unha situación económica xa non condicionada polo racionamento e pola fame negra. Pero, iso non supuxo que a fame rematara, é máis, as causas expostas nos sumarios incoados por roubos e furtos continuaron aludindo, como veremos, aos estados de necesidade; ao igual que o fixeron os botíns subtraídos, bens de consumo de primeira necesidade. A situación no conxunto do Estado, aínda que menos acentuada que no PX de Lugo, apunta na mesma dirección ao establecer os delitos económicos do bienio en cifras moi próximas ao 60% de toda a delincuencia, moi lonxe daquel 31,7% que presentaban no Lugo da II República, do 31,2% de Cáceres ou incluso do 42,9% no caso zaragozano.76 En relación ás restantes categorías, como vemos, non se producen grandes cambios desde o punto de vista cuantitativo, cun número de incoacións que, agás no delito de lesións, por causas que xa adiantabamos anteriormente, é totalmente anecdótico. 1.6. Conclusión Tras oito anos de República e unha guerra civil, un 1 de abril de 1939 Franco anunciaba a finalización da contenda e o inicio da ditadura. Coa súa imposición daba comezo un proceso de erradicación desde a raíz de todo o que tivera que ver coa experiencia democrática. Unha represión que se deixou sentir tamén no lexislativo, coa imposición de numerosas medidas orientadas a lograr o estrito control da sociedade, en aras de garantir a súa consolidación.77 En relación á delincuencia, o Código Penal de 1932, o republicano, foi progresivamente modificado coa creación urxente dun “corpus legal ad hoc” que frutificou no coñecido como Código Penal franquista, en 1944.78 En termos xerais, vimos, supuxo un endurecemento punitivo, coa reinstauración da pena de morte como máximo expoñente, novas circunstancias agravantes e unha diminución das atenuantes pero tamén foi un medio polo que blindar o control social. Algúns dos grandes cambios producíronse en relación á relixión, pois o códice só contemplou a protección da “católica apostólica e romana” o que remataba coa laicidade do anterior Código Penal. O delito de blasfemias foi o máximo expoñente da súa salvagarda, e erixiuse como o instrumento represor de calquera conducta contraria aos valores do réxime, e, por tanto, perseguidor de todo tipo de actitude díscola. En materia de xénero, supuxo unha regresión ao século anterior cun claro obxectivo, retornar á 76 APL. FX. LRE. AP. Sent. Anos 1931-1936. Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., p.49 e ss. Fernando SÁNCHEZ: “La delincuencia “sociopolítica”...”, p.238. 77 Julián CASANOVA: Morir, matar, sobrevivir..., pp.5-6. 78 Lucio MARTÍNEZ: Medo político e control social na retagarda franquista, Vigo, Xerais, 2015, p.17. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 98 muller ao ámbito privado, ao doméstico, onde sería unicamente nai e esposa. O endurecemento do delito de aborto blindou a natalidade, mentres que o de adulterio, o de uxoricidio e o de abandono de familia, que foran derrogados na II República, pecharon o círculo. Que os delitos contra a propiedade foron os máis numerosos durante os primeiros anos do franquismo semella ser unha afirmación indiscutible desde o punto de vista delituoso. Porén, aceptala sen considerar cal foi a situación precedente confírelle á ditadura unha excepcionalidade que non debe ser asumida arbitrariamente. Precisamente co obxectivo de sustentar os nosos achados sobre unha sólida base histórica realizamos unha análise xeral da delincuencia durante a II República. A partir das comparativas establecidas cos resultados das Audiencias Provinciais de Murcia e Cáceres e as Executorias de Lugo, extraemos as seguintes conclusións. A máis importante, que na II República, a delincuencia caracterizouse pola variabilidade entre rexións, e por un número de causas por tipoloxía que se manteñen máis ou menos estables no transcurso do tempo, non así no franquismo. A seguinte, que a delincuencia contra a propiedade, a delincuencia contra as persoas e os delitos contra a Seguridade Interior do Estado colocáronse, en termos numéricos, á cabeza da criminalidade do período, unha tríade onde o seu protagonismo diferiu en función das características da rexión. Lugo aparece como excepción e establece a delincuencia contra as persoas no primeiro lugar en incidencia, particularmente, co delito de lesións á cabeza; mentres que en Cáceres e Zaragoza o papel protagonista tomárono os delitos contra a propiedade. Grupos delituosos, en principio, alleos, pero entre os que establecemos unha relación causa-efecto, especialmente, entre aqueles que atentaron contra o patrimonio e os que o fixeron contra a integridade física. Os primeiros, motivados por unhas necesidades máis ou menos perentorias, puideron ser a orixe de conflitos interpersoais nos que os afectados acudían á violencia para a súa resolución cando, ou non se vían satisfeitos pola vía penal, ou cuxo dolo non se entendía como resarcido xudicialmente. En relación aos delitos contra o Estado, precisamente vencellamos á propia natureza democrática da República e á humanidade do Código Penal de 1932 a superior incidencia dos conflitos coas autoridades que foron desde folgas, pugnas políticas ou simples réplicas ante reprimendas anubradas pola embriaguez. Durante o franquismo a delincuencia vai sufrir un incremento exponencial marcada por unha delincuencia económica sempiternamente protagonista. No PX de Lugo fixémola divisible en tres estadios: o primeiro, de ascenso vertixinoso entre 1945 e 1952, cando os delitos son os propios dun espazo afundido na miseria. 1950 marcou o seu cumio cando a delincuencia contra a propiedade foi, practicamente, toda a delincuencia rexistrada. O CAPÍTULO 1. | PULSAR A DELINCUENCIA COMÚN EN LUGO 99 seguinte abrangueu de 1953 a 1958, no que malia que a delincuencia económica entra nunha fase regresiva as causas aludidas para a comisión destes crimes continúan a referenciar os problemas do anterior período. E, por último, entre 1958 e 1966, unha nova etapa na que as cifras totais de delincuencia volven a incrementarse progresivamente ata alcanzar os niveis prebélicos, non obstante, onde o móbil da necesidade queda eclipsado polo ánimo de lucro e os conflitos interpersoais por uns accidentes de tráfico que copan a tipoloxía. E malia que as circunstancias mudaran, os mínimos da delincuencia contra a propiedade nunca serán alcanzados, nin sequera, polos máximos da II República, un reflexo do calado de novos hábitos na sociedade que pasou de recorrer á forza para resolver todo tipo de conflitos, especialmente vulneracións da propiedade, a interpoñer denuncias e procurar “vinganza” desde a legalidade vixente, non por unha cuestión moral senón porque era máis o que podían perder que o que podían gañar. As restantes categorías delituosas exemplificaron unha sociedade fortemente marcada polo carácter represor e disciplinario do réxime, onde non cabía ningún tipo de actitude contestataria fronte á orde establecida. Sumarios que son a imaxe da obsesión por velar polo que consideraban era “a boa moral e os bos costumes”, unha idiosincrasia ultraconservadora que privilexiou a defensa da indisolubilidade do matrimonio fronte á dunha vítima de violencia sexual, especialmente visible no xudicial. Nesa mesma liña actuou a xudicatura e, se os delitos contra a seguridade interior do Estado mereceron unha especial atención, a antítese representárona os delitos contra a honestidade que, agás nas causas por estupro a penas obtiveron resposta. Coincidindo coa realidade luguesa de posguerra, tanto en Murcia, como en Zaragoza, Cáceres, Lleida, Tarragona, Girona, Albacete ou Alicante determinamos con absoluta rotundidade que a delincuencia contra a propiedade foi a categoría delituosa por excelencia. As causas de tal fenómeno converxen en tódalas investigacións, unhas condicións de vida que se tornan absolutamente miserentas e obrigan á poboación, especialmente ás clases sociais máis humildes, a protagonizar todo tipo de roubos e furtos “famélicos”, erixidos como estratexias de supervivencia. Non obstante, cun achado fundamental, considerar como “anos de fame” tempos máis aló destas datas. Os nosos estudos secundan, en cifras, o reflexionado cualitativamente en investigacións recentes sobre esta década, que se os anos corenta foron anos de miseria, os cincuenta foron aínda anos de moita pobreza.79 A década dos sesenta foi un período desatendido pola historiografía. Tomando en consideración unha única, mais prolífica fonte, o Anuario Estatístico de España e a súa 79 Miguel Ángel DEL ARCO: “¿Se acabó la miseria? La realidad socioeconómica en los años cincuenta”, en Miguel Ángel DEL ARCO e Claudio HERNÁNDEZ (eds): Esta es la España de Franco..., pp. 49-72, esp.p.52. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 100 comparativa cos datos extraídos no PX de Lugo puidemos concluír que, no franquismo, os altos niveis de delincuencia contra a propiedade non foron exclusivos de momentos considerables de precariedade económica, senón que van perdurar como un fenómeno inherente a toda a ditadura, o que vai constituír o principal punto de diverxencia co anterior período democrático. E sentenciamos: se a República definíase en termos de conflitividade social, o réxime fíxoo en termos de delincuencia económica. Ao longo deste capítulo puidemos comprobar como os delitos contra a propiedade, contra as persoas e contra a seguridade interior do Estado foron protagonistas tanto na II República como no franquismo, se ben totalmente disímiles en cifras e características. E, se durante a II República os delitos correspondéronse cos dunha sociedade democrática, activa, contestataria e mesmo disidente, mais tamén coa presenza de oportunistas e persoas necesitadas, no franquismo, a realidade social de posguerra pasou por criminalizar todo aquel comportamento que puxera en perigo os novos principios de familia, xerarquía e, particularmente, propiedade, protexida, mais tamén cobizada, aos máis altos niveis. Unha realidade que non mudou ata ben entrados os anos sesenta, aínda que só desde o cualitativo, cando esa necesidade perentoria deixa de insuflar a delincuencia e son os delitos cometidos por ánimo de lucro os que toman a dianteira, xunto cos accidentes de tráfico e unhas resistencias de baixa intensidade que non deixaron de ser perseguidas e penalizadas.80 80 Manuel ORTIZ HERAS: La violencia política en la dictadura..., p. 59. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 103 CAPÍTULO 2. DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 2.1. Delitos “en violeta” Consideramos que establecer un capítulo que denominamos “en violeta”, por adoptar unha perspectiva de xénero, é necesario para botar luz sobre as mulleres que, do mesmo xeito que os varóns, incorreron en ilegalidades e puxeron en marcha estratexias á marxe da lei. E fixérono de forma significativamente distinta ao seus homólogos masculinos. A posta en valor das mulleres coma suxeitos históricos e o uso do xénero coma categoría de análise pasa por priorizar, como xa ten sinalado Conxita Mir, o cualitativo sobre o cuantitativo, pois, se nos limitamos ás porcentaxes o xénero feminino queda invisibilizado.1 É preciso, por tanto, sobrevoar os números e adoptar novas olladas mediante as que achegarnos á situación das mulleres durante a ditadura en xeral, e no eido da delincuencia, en particular.2 Elas foron unha minoría na meirande parte de delitos, coa excepción daqueles relacionados cos seus corpos; caso dos abortos, dos estupros e das agresións sexuais e violacións. Con todo, as cifras representaron a punta do iceberg dunha situación que, do mesmo xeito que noutros campos (conflitividade, protesta, etc.) sepulta ao feminino baixo o xenérico masculino.3 Para proceder á correcta análise dos mencionados delitos de xénero consideramos pertinente establecer unha definición de xénero. A súa faceta máis xeral identifica xénero con muller. Joan Scott, cuxa definición de xénero se converteu en canónica no que ten que ver coa investigación histórica, cando menos, entende o xénero como un elemento constitutivo das relacións sociais baseadas nas diferenzas percibidas entre os sexos, “unha forma primaria de relacións significantes de poder”.4 En consecuencia, “os cambios na organización das relacións sociais corresponden sempre a cambios nas representacións do poder”. Por tanto, as diferenzas establecidas a partir dos sexos e a xerarquía establecida ao redor deles derivan 1 Conxita MIR: “La presencia de las mujeres en la represión franquista”, en Conxita MIR y Ángela CENARRO (eds.): Mujeres, género y violencia en la guerra civil y la dictadura de Franco, Valencia, Tirant Humanidades, 2021. 2 Inmaculada BLASCO: “Género y franquismo: un balance historiográfico”, en Aarón LEÓN (coord.): El franquismo en Canarias: actas del Encuentro de Historia sobre el Franquismo en Canarias, 2014, pp. 69-88. 3 Solo para Galicia, véxase Raúl SOUTELO: Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas, Valga, Concello de Valga, 2006. Alba DÍAZ: “Modernizar en femenino. Algunas notas sobre el trabajo de las agentes de economía doméstica y los cambios socioeconómicos y culturales en el rural gallego del tardofranquismo”, Historia Actual Online, 36 (2015), pp.149-161. Tamén os máis recentes estudos de Ana CABANA: “Mulleres diante. Rostros femininos e acción colectiva no rural galego”, Boletín Galego de Literatura, 50/1º semestre (2017), pp.89-114. ÍD.: “Ciento cincuenta mujeres y ningún hombre. Mujeres y protesta en el campo gallego durante el franquismo”, Historia Social, 99 (2021), pp. 119-138. 4 Joan W. SCOOT: “Gender: A Useful Category of Historical Analysis”, The American Historical Review, 91, 5 (1986), pp. 1.053-1.075, esp. pp.1.056-1.057. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 104 dunha construción cultural que varía en función do contexto histórico, político e social no que se enmarcan.5 2.1.1. “Elas”. Ubi sunt? Se ben neste capítulo trataremos tódalas formas de delincuencia feminina, unha será a tipoloxía que copará o groso da nosa atención, a dos abortos. A razón ten que ver tanto co feito de que sigue a ser un campo de estudo pouco transitado, a excepción das achegas realizadas por Inmculada Blasco para a Zaragoza dos anos 40, como con que entendemos que constitúe a categoría delituosa de xénero por excelencia. Especialmente no contexto franquista, por representar a contestación ás tentativas estatais de nacionalizar os corpos femininos, ante políticas pronatalistas e fronte á prohibición do uso de calquera método anticonceptivo, estratexias que entendemos deben ser abordadas como unha forma de resistencia ao réxime.6 Os limitados recursos documentais nos que quedou constancia desta práctica, determinados pola clandestinidade na que se producían as intervencións, pola persecución xudicial á que estiveron sometidos e pola mala consideración moral daquelas mulleres que, ben o practicaron, ben o experimentaron, converteron o aborto nun fenómeno moi complexo de rastrexar nas fontes históricas e, por iso, sucintamente abordado pola historiografía. Neste capítulo pretendemos, a través da fonte xudicial, unha das poucas que deixou constancia destas prácticas, contribuír a encher este baleiro e achegarnos ao fenómeno da interrupción do embarazo durante o franquismo atendendo as súas diferentes e múltiples chaves. Na historia da delincuencia común, sen importar o espazo e o tempo de análise, as cifras invisibilizan ás mulleres dun fenómeno no que estiveron moi presentes, máis non sempre de maneira equiparable ao varón.7 O acto de delinquir vai moito máis aló da autoría limitada á identificación dun brazo executor. Adoptar tal premisa empobrece a análise e deriva na masculinización da delincuencia común. Ante esa constatación a pregunta que guía a nosa investigación é situar ás mulleres dentro das tipoloxías delituosas atendendo non só a execución senón á orquestración do delito. As nosas pretensións son poder establecer as 5 Teresa RABAZAS e Sara RAMOS: “La construcción del género en el franquismo y los discursos educativos de la Sección Femenina”, Encounters on Education, 7 (2006), pp. 43-70, esp. p.45. 6 Sobre unha lectura en termos de resistencia cotiá sobre as estratexias de supervivencia, vd. Ana CABANA: La derrota de lo épico, Valencia, PUV, 2013. Óscar RODRÍGUEZ: Óscar RODRÍGUEZ: Migas con miedo. Prácticas de resistencia al primer franquismo. Almería, 1939-1953, Almería, Editorial Universidad de Almería., 2008, Gloria ROMÁN: Franquismo de carne y hueso..., pp.177-252. 7 Raquel IGLESIAS: Crimen, criminales y reos: la delincuencia y su represión en la antigua provincia de Santiago entre (1700 y 1834), Santiago de Compostela, Brétema, 2007. Enrique CARBALLO: Violencia, crimen..., p.256. Gutmaro GÓMEZ: “La violencia y sus dinámicas...”, pp. 93-110. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 111 todas elas en común era a absoluta miseria na que se desenvolvía o seu día a día. A “soidade” uniu a solteiras e viúvas, que despregaron redes de apoio mutuo para tratar de asegurar a súa supervivencia.22 Rosa F. M., viúva de 45 anos, e Ramona R. G., solteira de 20, ambas con antecedentes por delitos económicos, executaron de común acordo unha serie de furtos na Praza de Abastos de Lugo, consistentes na apropiación de diversas cantidades dos petos dos compradores. Unha operación combinada na que Ramona empurraba, mentres Rosa “levantaba os petos e as carteiras”.23 Westermeyer analizounos para a provincia de Murcia baixo a fórmula da “cuadrilla”, obviando para a súa consideración a definición xurídica que os establecía coma un grupo de malfeitores “armados” pois, se ben existiu un fenómeno asociativo para a delincuencia, rara vez fixo uso das armas. 24 A condición de cuadrilla estipulouse coma un agravante no Código Penal de 1944, por tanto, capaz de aumentar a pena imposta, mais unicamente estaba contemplada para os varóns. Pero, se entendemos, seguindo a Westermeyer, que a súa relevancia non residiu tanto na presenza ou non de armas, senón na existencia de lazos interpersoais e engadimos a perspectiva de xénero coma criterio analítico podemos percibir que o fenómeno asociativo na delincuencia tamén pode ser unha estratexia de xénero, de feito dita estratexia, igual que a necesidade por móbil da actuación, son trazos distintivos da delincuencia executada polas mulleres en Lugo. Ambas características quedaron de manifesto en sumarios como o seguinte, no que todas as procesadas estaban unidas por un vínculo de veciñanza, sobre o que se sobrepón o familiar no caso de algunhas (irmás). Trátase dunha cuadrilla composta por catro mulleres de entre 25 e 36 anos de idade, 3 casadas e 1 solteira que en 1955, postas de común acordo e con unidade de propósito e acción, segundo sinala a documentación xudicial, perpetraron varios roubos en comercios da cidade de Lugo. O botín foron dúas gabardinas e 35 metros de algodón, valorado todo en 2.000 pesetas. O significativo do sumario reside en que explicita a estratexia empregada polo grupo, que consistía en que varias se ocupaban de distraer ao persoal das tendas con preguntas, outras cometían o roubo. Foron condenadas a penas de prisión de entre 3 e 5 meses, contemplándose coma agravante a multirreincidencia de todas elas.25 22 Sobre a viudedade e a importancia das redes, vd. Francisco GARCÍA (ed.): Vivir en soledad: viudedad, soltería y abandono en el mundo rural (España y América Latina, siglos XVI-XXI), Madrid, Iberoamericana Vervuert, 2020. 23 AHPLu. FX. Sum. 182. Sent. 294. Ano 1948. 24 A definición xurídica contemplaba unha circunstancia agravante para este fenómeno. Código Penal de 1944: “hai cuadrilla cando concorren máis de tres malfeitores armados”. Das circunstancias que agravan a responsabilidade penal, art.13, pp. 431. 25 AHPLu. FX. Sum. 81. Sent. 296. Ano 1955. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 112 Despois dos delitos relativos á delincuencia contra a propiedade os delitos máis usuais no groso da delincuencia común constituírono os delitos de lesións. De novo, atopámonos ante unha categoría colapsada por varóns, pero as denuncias con mulleres como implicadas posibilitan a súa visibilización. As defensas ante abusos e agresións representaron as máis habituais. Tamén presentes, máis usualmente no rural que no urbano, están casos de agresións físicas entre mulleres por desacordos na xestión (entrada de gando en propiedades alleas, etc.) ou por malas relacións de veciñanza que acaban nun enfrontamento físico.26 Cabe falar tamén de cuadrillas, as que, malia funcionar especificamente para levar a cabo actuacións dentro do rango da delincuencia económica, a documentación oficial vencéllaas, no caso feminino, con asuntos relacionados coa conflitividade veciñal, o que tamén indica a importancia da sororidade, entendida aquí como apoio entre varias mulleres. Ana Cabana sinalou que elas protagonizaban a conflitividade pola defensa da comunidade contra un axente exterior, pero tamén se pode ver nas fontes unha forma de conflitividade intracomunitaria erixida en nome da súa casa.27 Os conflitos veciñais estiveron á orde do día polos motivos máis diversos. No rural, os predios e as regas foron causa de disputas constantes; na cidade, os motivos dos altercados que acaban en procesamento xudicial serían, sobre todo, os alugueiros e os dereitos de propiedade. Neles podemos ver como o vínculo familiar é o máis reiterado, sendo especialmente importante o materno-filial. Nais que se acompañan de fillas, que xa non son nenas, conforman unha fronte común á hora de defender dereitos que entenden lles están sendo conculcados, sexa por outras mulleres, sexa contra varóns.28 Ten destacado tamén Ana Cabana a “asidua presenza feminina na acción colectiva” no rural galego durante o franquismo derivada da “disposición” que tiñan as labregas non só para o desenvolvemento de tarefas domésticas e agrícolas senón tamén para ocupar a esfera pública representando a “casa”, que poderíamos traducir neste caso por “familia”, en momentos definidos dos conflitos sociais.29 Exemplo do anterior constituíuno o acontecido en 1945, no Concello de Friol, onde un total de dez persoas, todas pertencentes a dúas familias de Condes e Guimarei, do mencionado concello, enfrontáronse con motivo do intento de 26 Na parroquia de Mazoi, a introdución de tres reses ovinas propiedade de Dulcina C.A. na finca sementada e Elena F.V. foi motivo de discusión que, dada a animosidade preexistente entre ambas derivou en agresión física por parte de Dulcina, a que agrediu a Elena cunha forquita, dándolle varios golpes e xerándolle lesións das que precisou asistencia médica e tardou en curar 23 días. Lonxe da versión oficial, Dulcina declarou que era Elena a que a perseguía desde facía anos, e que unicamente defendeuse cando esta lle cuspiu e pegou. AHPLu. FX. Sum. 269. Sent. 36. Ano 1959. 27 Ana CABANA: “Ciento cincuenta mujeres...”, pp. 119-138. 28 Un caso concreto acontecido no concello de Corgo en AHPLu. FX. Sum. 89. Sent. 225. Ano 1959. 29 Ana CABANA: “Ciento cincuenta mujeres...”, pp. 119-138. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 113 venda no mercado negro de dez fanegas de centeo por parte dunha das familias. As mulleres da familia que tentaron impedir o estraperlo actuaron de carón dos homes, facendo dos seus corpos as súas armas, e puxéronse diante para impedir ou obstaculizar a acción dos estraperlistas. Mentres, os varóns brandían as armas e intercambiábanse disparos.30 Ás mans chegaron en 1949, no Concello de Guntín, dúas familias conformadas por Purificación D.I, Elvira D.G e Domingo D.G. e David L.R., por un lado, e José V. D. e Generosa V.D. nunha rifa motivada por diferenzas sobre predios, derivada en agresión con fouces e navallas.31 Que a participación feminina no delito non consistira na execución material do mesmo non as liberaba de castigo. O Código Penal de 1944 contemplaba a existencia de cómplices e encubridores, os primeiros definidos coma “os que cooperan á execución do feito con actos anteriores ou simultáneos” e os segundos coma aqueles que, “con coñecemento da perpetración do feito punible, sen ter participación nel coma autores nin cómplices, interveñen nel con posterioridade á súa execución” o que incluía a adquisición de bens de procedencia ilícita. Pilar C.M. mercou un traxe, un xersei e uns zapatos por 70 pesetas a Jesús O.N., un rapaz, en teoría descoñecido, nunha operación que lle debeu parecer irresistible se temos en conta que o valor pericial dos bens ascendía ás 780 pesetas. As prendas proviñan dun furto realizado nunha fonda e, ao descubrirse ao ladrón, este delatou a Pilar, que foi procesada e condenada a dous meses de arresto e a 1.000 pesetas de multa. Ao non poder costeala tivo que cumprir un arresto substitutorio de 50 días, o que dá idea da situación de indefensión económica de Pilar, do mesmo xeito que o prezo de venda fixado por Jesús, moi baixo en relación ao seu valor, delata a urxencia da transacción.32 Por outro lado, o lazo consanguíneo ou marital era de vital relevancia, pois implicaba a blindaxe xudicial ante os delitos cometidos por “cónxuxe, ascendentes, descendentes, irmáns lexítimos, natureza ou adoptivos, ou afíns nos mesmos graos”, pero non o seu procesamento, circunstancias que involucraron a mulleres en numerosas ocasións. Algún exemplo pode resultar revelador. O roubo perpetrado na Corresponsalía do Banco de A Coruña por Higinio B.D e Delmiro G.O., cuñados, do que saíron con 77.000 pesetas, levou ao procesamento da esposa do primeiro e a irmá do segundo. A primeira é sentenciada a dous meses de prisión ao determinarse que actuou con aleivosía, o que invalidaba o suposto de 30 AHPLu. FX. Sum. 86. Ano 1945. Unha forma de protesta e resistencia intrinsecamente feminina, analizada por Barbara Sutton, consistente en “poner el cuerpo”. Barbara SUTTON: “Poner el Cuerpo: Women’s Embodiment and Political Resistance in Argentina”, Latin American Politics and Society, 49, 3 (2007), pp.129162. 31 AHPLu. FX. Sum. 224. Sent. 146. Ano 1949. Foron condenados a 3 meses de arresto maior. 32 AHPLu. FX. Sum. 36. Sent. 276. Ano 1956. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 114 exención. 33 Ela declarou que descoñecía a procedencia ilícita dos cartos, e que o seu marido referenciara que proviñan da venda de caza. A existencia de numerosos antecedentes por ilegalidades similares debeu ser determinante no fallo. Non aconteceu o mesmo coa irmá de Delmiro, non procesada por carecer de ditos antecedentes.34 Aceptar que as mulleres do fogar do delincuente varón detido tiñan coñecemento e estaban involucradas nalgún aspecto da organización do delito non sería máis que supoñer que nesta actividade, como en outras decisións familiares (laborais, migratorias, etc.) aquelas tiñan presenza e estaban involucradas. Na nosa opinión, e en vista da documentación xudicial, no eido da delincuencia non é diferente, e os lazos familiares, e dentro deles a presenza feminina, non pode desbotarse ou mesmo quedar oculta detrás da pantalla que supón unha man executora masculina. Outro marcador diferencial á hora de estudar a delincuencia protagonizada polas mulleres con respecto á dos homes é a omnipresencia da adscrición laboral de “sus labores”. Baixo esta denominación quedaron invisibilizados numerosos traballos realizados por mulleres que non se consideraban coma tales senón “axudas” ou “ocupacións por non seren remunerados. Tal concepción afianzouse a través do ideal de xénero difundido por Sección Feminina e Acción Católica, cuxo discurso masculinizaba aquelas tarefas que non estaban circunscritas á domesticidade.35 Este aspecto condiciona totalmente a posibilidade de poder ofrecer un perfil sociolaboral das mulleres que atopamos nas fontes xudiciais. A imposibilidade de rastrexar o traballo desempeñado por moitas das mulleres procesadas é un feito que convive na documentación co protagonismo acadado entre aquelas por unha ocupación concreta, o servizo no fogar. Esta dedicación era vista, como sinala Eider de Dios, como unha profesión de tránsito a través da que rapazas, xeralmente novas e con niveis de educación básicos, lograban abandonar as súas residencias no rural para dirixirse á capital ou a municipios máis grandes na procura dun futuro desligado do traballo na terra. Pasaban a encarnar, segundo a citada autora, un modelo de muller que xa se asemellaba máis á traballadora, pero que continuaba vencellado á esfera privada, ao espazo doméstico.36 Malia que a imaxe que puidera facerse é a de que as mulleres que se ocuparon do servizo doméstico gozaron dos beneficios da independencia económica que comportaba un traballo remunerado, 33 Código Penal 1944. Título II. “Das persoas responsables dos delitos e faltas”. Artigos 16º, 17º, 18º e 1º, p. 431. 34 AHPLu. FX. Sum. 341. Sent. 215. Ano 1960. 35 Ana CABANA, Elena FREIRE e Tamara LÓPEZ: “Formar a mujeres rurales, conformar género. La capacitación agraria en la España de Franco”, traballo de investigación inédito, SEHA, Salamanca, 2021. 36Dentro desta sería posible diferenciar entre interinas e internas. Sobre esta cuestión ver: Eider DE DIOS: “¿Sirvienta, interina o trabajadora? Discursos del servicio doméstico en el segundo franquismo”, en Alejandra IBARRA (coord.): No es país para jóvenes. Encuentro de jóvenes investigadordes en Historia Contemporánea, Granada, Instituto Valentín Foronda, 2012, pp.1-21, esp.p. 1 e ss. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 115 a realidade que devolven as fontes xudiciais é a de persoas totalmente desprotexidas profesional e persoalmente fronte aos abusos, mal consideradas socialmente e moi precarizadas economicamente. No profesional o “servizo doméstico” non estaba considerado como unha actividade produtiva, servir non estaba equiparado a traballar, o que provocou que quedara excluído de toda regulamentación estatal até, segundo indica Sescún Marías, ben entrados os anos sesenta.37 Tales circunstancias traducíronse para elas nunha precariedade laboral absoluta: as condicións de traballo eran duras, as xornadas interminables e os salarios moi baixos ou inexistentes, limitados ao aloxamento e á manutención.38 Neste contexto, a desprotección foi total se temos en conta as fontes xudiciais, que colocan a estas rapazas-mulleres como obxecto predilecto de abusos sexuais ou violacións e, á súa vez, de abortos, infanticidios ou inhumacións ilegais, sobre os que trataremos máis adiante.39 Esta indefensión xenérica conviviu con casos onde esas mulleres usaron o enxeño, a agudeza e a oportunidade para mellorar as súas condicións materiais de vida, e non sempre o fixeron dentro da legalidade vixente. O delito máis habitual protagonizado polas mulleres que traballaban no servizo doméstico é o dos furtos. Consistían na súa práctica totalidade na subtraccións de obxectos de pequeno tamaño e gran valor propiedade das familias para as que traballaban. As xoias foron o obxectivo predilecto, tamén o enxoval, con vistas a confeccionar a súa propia dote.40 O diñeiro da venda desas xoias serviu para complementar uns ingresos insuficientes, pero tamén rastrexamos casos nos que aparece o roubo como unha especie de axuste de contas ante un despido entendido como inxusto ou polo trato vexatorio recibido.41 37 Sobre a situación das traballadoras do servizo doméstico, do franquismo á transición ver: Sescún MARÍAS: “Las empleadas de hogar durante el franquismo y la transición democrática: entre el paternalismo y la marginación (1939-1981)”, en Carmen MÉNDEZ et.al (dirs.): Diferencia, (des)igualdad y justicia. Estudios de mujeres. Jornadas Internacionales de la Mujer. Volumen VII, Madrid, Fundamentos, pp.297-307. Aritza SÁENZ: “En el limbo. El servicio doméstico durante el franquismo en España”, Historia Social, 84 (2016), pp. 77-92, esp.p.79. 38 Jesús MIRÁS: “Rasgos básicos y transformaciones en el servicio doméstico en una ciudad periférica. A Coruña, 1900-1960”, Cuadernos de historia contemporánea, 27 (2005), pp.197-221, esp.p.218. 39 Unha situación referenciada por outros autores que estudaron a delincuencia no franquismo ou especificamente esa ocupación laboral en Murcia, Zaragoza e Bilbao. Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia..., p.94. Iván MARTÍNEZ: “Entre la supervivencia y la tradición: una mirada a la mujer a través de la práctica judicial ordinaria en Zaragoza durante la guerra civil española”, en Carmen FRÍAS, José Luis LEDESMA e Javier RODRIGO (coords.): Reevaluaciones. Historias locales y miradas globales: Actas del VII Congreso de Historia Local de Aragón, Zaragoza, Diputación de Zaragoza, Institución "Fernando el Católico", 2011, pp.387-396, esp.p 391. Eider DE DIOS: Sirvienta, empleada, trabajadora de hogar: género, clase e identidad en el franquismo y la transición a través del servicio doméstico (1939-1995), Málaga, UMA editorial, 2018, p.367. 40 Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia..., p.225. 41 AHPLu. FX. Sum. 172. Sent. 224. Ano 1946; Sum. 30. Ano 1959. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 116 Outra das profesións vencellada á delincuencia feminina que permite coñecer a documentación xudicial foi a prostitución. Ilegalizada pola II República, o seu incremento motivou que o réxime franquista retornase ao anterior modelo, o regulamentarista, por Decreto do 27 de marzo de 1941. A prostitución foi considerada unha actividade legal pero que debía estar baixo o control dos organismos orientados a tal fin, para a salvagarda moral e con vistas a reducir as enfermidades de transmisión sexual. Lucía Prieto, quen analizou este fenómeno para Andalucía durante o primeiro franquismo, non dubidou en apuntar á situación económica do país e á represión sobre os vencidos como elementos vinculantes á decisión das mulleres de converterse en prostitutas.42A partir desa data, a prostitución quedou clasificada en tres tipoloxías: a privada, a pública e a clandestina. As mulleres que a exercían, persoas “que polo seu xénero de vida poidan representar maior perigo para a sociedade” quedaron sometidas desde maio de 1941, por Orde da Dirección Xeral de Sanidade, a recoñecementos sanitarios obrigatorios e debían ser incluídas nun rexistro ou inventario policial e posuír un carné sanitario onde acreditar os resultados dos exames médicos “facendo a cada enfermo perigoso a súa ficha clínica correspondente”. É dicir, todos os aspectos da prostitución legal pasaron a estar baixo o rigoroso control do Corpo Xeral de Policía, tanto meretrices, como casas de tolerancia e espazos análogos.43 A diferenza entre ambas tipoloxías residiu en que, mentres a prostitución privada caracterizouse polo exercicio libre, a prostitución pública era exercida en “casas de lenocinio” ou establecementos similares e implicaba a subordinación das meretrices a terceiras persoas, isto é, establecíase a trata e a explotación das mulleres no comercio do sexo. Ademais, estas “casas de tolerancia” debían pagar os pertinentes impostos ao Estado, someterse a inspeccións bimestrais sanitarias e de seguridade, o que non evitou que as condicións dos prostíbulos fosen deplorables. No referente á prostitución clandestina, mantívose á marxe da lei, de rexistros ou inspeccións, caracterizada pola corrupción e os abusos.44 42 Lucía PRIETO: “La prostitución en Andalucía durante el primer franquismo...”, pp. 665-687. 43 AHPLu. FSS. PPM. Circular nº 1. Ano 1942. Jean-Louis GUEREÑA: La prostitución en la España contemporánea, Madrid, Marcial Pons, 2003, p.418. 44 As meretrices clandestinas reincidentes en infraccións relacionadas coa prostitución eran recluídas en prisións especiais e institucións relixiosas dependentes da Obra de Mulleres Caídas, onde viviron baixo a máxima de “ora et labora”. Mirta NÚÑEZ: Prostitutas legales y clandestinas en el franquismo, Madrid, Oberon, 2003. Lucía PRIETO: Mujer, moral y franquismo. Del velo al bikini, Málaga, Universidad de Málaga, 2018. Ana CABANA e Tamara LÓPEZ: Fuera de toda moral, La prostitución en tiempos de Franco, Traballo de investigación inédito, Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2021, p.5. Cit en: Beatriz ONANDIA: “Entre el pecado y la lujuria...”, p.177-179. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 117 Dous foron os delitos polos que a xustiza ordinaria procesou usualmente ás prostitutas en Lugo, os delitos económicos e as accións que atentaban contra a orde pública. Con respecto aos primeiros, tratouse, en esencia, de furtos a clientes, coma o cometido en 1950 por Pilar F.C., de 23 años, que lle roubou 15.000 pesetas a un usuario dos seus servizos. O destino dos cartos, segundo a súa declaración, está na narrativa habitual das prostitutas encausadas, a perentoriedade do diñeiro para poder asegurar a manutención dos vástagos. Neste caso concreto era a súa filla, a quen deixaba ao coidado doutra muller mentres ela traballaba, á que necesitaba pagar.45 Moitos dos procesamentos que se realizaron a prostitutas producíronse a partir dunha acusación, sen probas plausibles mediante. A mala concepción social das meretrices, 45 AHPLu. FX. Sum. 80. Ano 1950. Fonte: AHPLu. Catastro de urbana. Ilustración 5. Prostitutas no Recanto do Miño. Lugo. Ano 1970. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 118 extensible a un aparello xudicial que na documentación sempre as conceptúa de “dubidosa” ou “mala conducta moral”, seguindo o discurso hexemónico, converteunas en vítimas de denuncias sustentadas en prexuízos. Aínda así, houbo casos nos que as mesmas autoridades xudiciais foron quen de discernir que eran obxecto de denuncias falsas, como a que interpuxo José D.L. contra Purificación R.O., no ano 1960, ca que tentaba recuperar as 5.500 pesetas gastadas nunha noite de esmorga no Recanto do Miño. Trátase dun sumario que foi sobresido, pero sen maior repercusión para o denunciante por tratarse dunha meretriz á que non cumpría restituír moralmente.46 Asunción M. M. sufriu ás consecuencias de ser unha prostituta. O motivo da súa detención radicou na súa actitude nada dócil nunha noite de troula nun bar do Barrio chinés da cidade. A reprimenda dun inspector de policía polos seus bailes e cantos, o que desencadeou nunha rifa entre ambos, custoulle a ela dez días en prisión. Unha mostra, por unha banda, da denominada por Domingo Rodríguez coma “violencia estrutural”, isto é, a provinte da posición de inferioridade reservada á muller na sociedade, e, por outra, dun profundo machismo segundo o que ningún varón, e menos aínda unha figura de autoridade, podía permitir a afronta dunha “muller de mala vida”. 47 A corrupción de menores constituíu outro dos delitos ligados ao meretricio. Baixo esta tipoloxía delituosa contemplouse a práctica da prostitución ilegal, aquela exercida por menores de idade, as coñecidas baixo o nome de “pupilas”, xa fora por decisión propia xa por existir o abuso dun intermediario. Segundo as autoridades, sempre inducidas a prostituírse por meretrices adultas. O Código Penal definíao nos seguintes termos: 1º. O que habitualmente promova, favoreza ou facilite a prostitución ou corrupción de persoa menor de 23 anos. 2º O que, para satisfacer os desexos dun terceiro con propósitos deshonestos, facilitara medios ou exercera calquera xénero de indución no ánimo de menores de 23 anos, aínda contando coa súa vontade e o que mediante promesas ou pactos induciraas a dedicarse á prostitución, tanto no territorio español como para conducilas co mesmo fin ao estranxeiro. Artigo 439. A persoa baixo cuxa potestade legal estivera un menor, e que con noticia da prostitución ou corrupción deste pola súa permanencia ou asistencia frecuente a casas ou lugares de vicio non o recolla para impedir a continuación nese estado e sitio, e non lle 46 AHPLu. FX. Sum. 120. Ano 1960. 47 AHPLu. FX. Sum. 243. Ano 1950. Domingo RODRÍGUEZ: “Fuentes para el estudio de la violencia contra las mujeres...”, p.563. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 119 impoña na súa garda ou a disposición da autoridade ou a estancia de menores de 23 anos en casas ou lugares de vicio.48 Para estas mozas “en risco de caer” ou que exercesen a prostitución o réxime contou con outro instrumento de control alén do xudicial, o Padroado de Protección á Muller (en adiante PPM). Os seus obxectivos eran: “impedir a explotación das rapazas e obter a corrección das que fosen corrompidas”.49 Por tanto, de seren descubertas polo PPM ou consideradas “sospeitosas” de tal “inmoral conducta” eran confinadas nos centros dependentes do mesmo, en Lugo a Casa Fogar Nosa Señora dos Ollos grandes, unha sorte de reformatorio para “mulleres caídas”.50 Así as cousas, o obxectivo destas menores foi tentar acreditar que eran maiores de idade, para o que, frecuentemente, incorrían noutro delito, o de falsidade documental. Lograban, así, exercer o meretricio de forma legal e pasar inadvertidas a ollos do aparello xudicial e do PPM. Para tal fin empregaron as partidas de nacemento de irmás ou familiares, de amigas, ou recorreron ás falsificacións de documentos de identidade. Así o fixo Obdulia V.A, de 22 anos que se identificou ante a policía como “Dolores Fernández”, de 24, o que lle valeu unha condena de 2 meses e 1 día de arresto.51 Por estas e outras estratexias coas que lograron pasar desapercibidas, a presenza do delito de corrupción de menores foi residual na documentación xudicial, se ben non inexistente con dous únicos exemplos no groso dos sumarios analizados. Ambos vencellan o bar cun espazo de ocio, mais tamén de transgresión moral, de delito e prostitución clandestina, semiótica dos espazos que será tratada de vagar nun capítulo posterior. Nun deles, os denunciantes foron os pais dunha rapaza de 18 anos que traballaba de camareira nun bar de Lugo porque sospeitaban que “a propietaria do bar explotábaa (sexualmente)”. No outro sumario, a denuncia interpúxoa a propia rapaza, empregada como camareira, que entendía que a dona de dito local a estaba incitando a exercer a prostitución. Os dous casos remataron sobresidos.52 48 Código Penal 1944, p.459. 49 O artigo 5º do seu Decreto Orgánico ampliaba estas funcións atribuíndose: “Facultades moito máis amplas que se estenden en xeral á tutela e policía dos costumes públicos e así, non deben descoidarse por parte das Xuntas as medidas protectoras de carácter xeral, xa en orde das publicacións obscenas, á circulación de obxectos pornográficos, aos abusos nos espectáculos públicos e demais a que, taxativamente, refírese o precepto citado”. AHPLu. FSS. PPM. Circular nº 1. Ano 1942. Ana CABANA e Tamara LÓPEZ, Fuera de toda moral..., pp. 2-3. 50 Labor que desenvolveu a través das Xuntas Provinciais, unha con sé en cada capital de provincia. Para o caso lugués vd. Enriqueta BARRANCO: “La obra de protección a la mujer en Lugo durante el franquismo: el reformatorio de nuestra señora de los ojos grandes”, FerrolAnálisis: revista de pensamiento y cultura, 28 (2013), pp. 215-225. 51 AHPLu. FX. Sum. 179. Sent. 301. Ano 1953. 52 AHPLu. FX. Sum. 112. Ano 1958; Sum. 117. Ano 1963. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 120 O derradeiro dos delitos vencellados á prostitución foi o de escándalo público. Cómpre sinalar que no que respecta aos escándalos, a documentación permite non só afondar na dobre moral franquista que xustificou o recurso masculino á prostitución, pero sempre condenou á muller que exercía a prostitución, senón que tamén evidencia que a única preocupación real do réxime con respecto á prostitución foi a seguridade sanitaria e, en certa altura, mantela fóra dos ollos da “sociedade de ben”.53 Así se evidencia no procesamento e condena (2 meses de prisión para cada un) de José D.R, que estaba casado, e Francisca F.C., prostituta, procesados por este delito ao ser descuberta Francisca durmindo no domicilio conxugal pola esposa do primeiro. Nun contexto no que a prostitución era legal o que realmente motivou o procesamento foi que estes feitos remataron sendo coñecidos pola veciñanza, “causando un enorme escándalo”.54 O fracaso do modelo regulamentarista, polo que se legalizada a prostitución, lonxe de permitir un maior control sobre a mesma traduciuse na progresiva substitución da legal pola clandestina, factores que unidos ao aumento das enfermidades de transmisión sexual e o influxo dun novo contexto internacional derivaron no retorno ao abolicionismo en 1956.55 A ilegalización da prostitución non implicou que este delito fose recollido no Código Penal baixo esta nomenclatura, senón que quedou enmarcado na preexistente categoría de escándalo público.56 E, se ben sufriu una forte persecución, a prostitución proliferaba na cidade na clandestinidade, o que dificultou a dispoñibilidade de probas. Iso implicou que casos moi sospeitosos non implicaran condena, como cando en 1962, María Eugenia D.G, foi denunciada por ter aloxadas a tres mulleres na súa vivenda no Recanto do Miño, un lugar coñecido por formar parte do “Barrio chinés” lugués.57 Investigacións similares realizadas por outros autores e para outros períodos constataron que tanto as criadas como as prostitutas foron grupos profesionais femininos asociados á transgresión da lei, ben mediante a comisión de pequenos furtos “domésticos” nas casas nas que traballaban ou aos clientes aos que recibían ou ben mediante a práctica de abortos dos que falaremos posteriormente. Iván Martínez referenciou tales pautas de comportamento xa desde a II República, extensibles ao período da ditadura os que, 53 Carmen GUILLÉN: “La Prostituta como víctima del sistema represivo franquista...”, p.101. 54 AHPLu. FX. Sum. 59. Sent. 312. Ano 1950. 55 A estes factores habería que engadir a falta de traballo, e de vivenda, descritos en: Francisco JIMÉNEZ: “A Spanish way of life. Consumo y publicidad en la España de los cincuenta”, en Miguel Ángel DEL ARCO y Claudio HERNÁNDEZ (eds.): Esta es la España de Franco..., pp.93-116. Carmen GUILLÉN: “La prostituta como víctima del sistema represivo franquista..., p.101. Lucía PRIETO: Mujer, moral y franquismo..., p.123 e ss. 56 Decreto-Lei do 3 de marzo de 1956. Artigos 431 e 438 do Código Penal de 1944. 57 AHPLu. FX. Sum. 48. Sent. 139. Ano 1962. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 127 Táboa 14. Comparativa lexislación sobre o delito de aborto. II República e franquismo. A postura oficial do réxime foi a de considerar calquera aborto como provocado. Se unha muller acudía ao médico cun sangrado menstrual abundante, aínda que asegurase non estar embarazada, a mínima dúbida obrigaba aos profesionais sanitarios a dar parte ás autoridades e, en menos de 48 horas, incoábase un sumario por aborto. Ademais, as investigacións de Policía ou Garda Civil ían encamiñadas a demostrar a culpabilidade da procesada e non á inversa, de maneira que todo aquel testemuño que asegurase o contrario era rexeitado ata que as probas médicas non o corroborasen. Esta predisposición explica que moitas mulleres optaran por autoprovocarse un aborto elas mesmas ou recorreran a persoas sen preparación ou estudios sanitarios, o que elevou as porcentaxes de mortalidade ou as consecuencias nefastas para a saúde desas mulleres. 2.2.2.Interromper o embarazo en Europa durante o século XX Para unha correcta comprensión do aborto no contexto español compre achegarnos á realidade europea do século XX e así determinar, en que medida, as políticas adoptadas en relación ao mesmo no franquismo foron disímiles ou semellantes ás de outros países, albiscar Delito Código Penal (1932) Pena Lei para a Protección da Natalidade (1941) Pena Código Penal (1944) Pena Aborto sen consentimento Prisión menor 6 m. e 1 d. – 6 a. Prisión maior a reclusión menor 6 a. 1 d. – 12 a. 12 a. - 20 a.. Prisión maior 6 a. 1 d. - 12 a. Aborto con consentimento Arresto maior 1 m. e 1 d. – 6 m. Prisión menor (graos medio e máximo) 2 a., 4 m. e 1 d.- 6 a. Prisión menor 6 m. 1 d. a 6 a. Aborto autoinflixido Arresto maior 1 m. e 1 d. – 6 m. Prisión menor (graos mínimo e medio) 6 m. e 1 d. - 4 a. e 2 m. Prisión menor 6 m. 1 d. a 6 a. Aborto autoinflixido por deshonra Arresto maior (grao mínimo) 1 m. e 1 d. – 2 m. Prisión menor (grao mínimo) 6 m. e 1 d. a 2 a. 4 m. Arresto maior 1 m. e 1 d. – 6 m. D.= días, m.= meses, a.= anos. Fonte: elaboración propia a partir do Código Penal de 1932; Lei para a Protección da Natalidade (1941) e Código Penal de 1944. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 128 os seus vínculos con totalitarismos e fascismos, así como as respostas femininas fronte a contextos restritivos ou permisivos coa interrupción do embarazo. Durante as primeiras décadas do século XX, da man do auxe dos movementos feministas e de revolución proletaria, os diferentes gobernos europeos ofreceron certas concesións no relativo a prácticas de control da natalidade. Segundo a investigación realizada por Cintia Frencia e Daniel Gaido, a Unión Soviética foi o primeiro lugar do mundo en legalizar o aborto sen restricións. Fíxoo en 1920 cunha medida considerada necesaria debido á precariedade sufrida por campesiñas e traballadoras.84 Con todo, durante os anos trinta, co ascenso de Stalin e a crenza de que o desenvolvemento industrial só podía alcanzarse mediante o aumento da poboación e o fortalecemento da institución da familia, a lei foi restrinxida (mediante o Decreto do 27 de xuño 1936), limitando a súa legalidade a aqueles casos de perigo para a vida ou a integridade física da muller. Malia esta mudanza, como indica Susana Huerta, estaríamos ante unha lexislación progresista en comparación coa vixente noutros países europeos nese momento.85 O seguinte Estado en legalizar o aborto foi Islandia. A medida aprobouse en 1935 e nacía limitando as posibilidades de recorrer a el por causas terapéuticas ou euxenéticas, tal e como acontecía na lexislación catalá do mencionado Decreto de regulación da interrupción artificial do embarazo. Suecia faría o propio coa Lei do 17 de xuño de 1938, contemplado aqueles casos nos que a vida da nai correse perigo, así como Dinamarca, baixo a mesma casuística, en 1939.86 Esta tendencia á despenalización continuou noutros países europeos tras a II Guerra Mundial, encabezada por aqueles convertidos en réximes socialistas. Así, Rusia volveu legalizalo en 1955, Bulgaria, Hungría, Polonia e Romanía fixeron o propio en 1956, seguidos de Checoslovaquia en 1957 e Iugoslavia en 1960. O caso é que moitos deles pasarían, sen tardar, dunha despenalización total a outra parcial alarmados polo aumento do número de abortos que se producían.87 Mención á parte merecen os países europeos baixo réximes fascistas ou fascistizados. A Alemaña de Hitler, a Francia de Vichy, a Italia de Mussolini ou a España de Franco, 84 Cintia FRENCIA e Daniel GAIDO: “Los orígenes del decreto soviético de legalización del aborto (1920)”, Anuario de la Escuela de Historia Virtual, 9 (2018), pp.26-52, esp.p.14. 85 Susana HUERTA: Aborto con resultado de muerte o lesiones graves (análisis técnico-jurídico del último párrafo del artículo 411 del Código Penal Español), Tese doutoral, Universidad Complutense de Madrid, 1976, p. 16. 86 Anthony HORDERN: Legal abortion: The English Experience. London, Pergamon Press, 1971, pp.219-221. 87 Foi o caso, por exemplo, de Romanía, onde so un ano despois á legalización do aborto as cifras indicaban que se estaban a producir 13 abortos por cada nacemento, o que provocou que o crecemento vexetativo se reduciuse en 1/3. En Iugoslavia, a partir de 1959, penalizáronse todos aqueles abortos que non fosen permitidos expresamente. Susana HUERTA: Aborto con resultado de muerte…, pp. 22-23 e 9-11. Carlos A. PIMIENTA: “El derecho al aborto y las políticas reproductivas en Suecia”, Estudios Sociológicos, 18 (2000), pp.617-659. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 129 caracterizáronse por un ideario moi similar baseado na férrea persecución do aborto, a implantación de políticas pronatalistas e a imposición dun ideal de xénero baseado no rol reprodutivo e subordinado da muller ao home.88 Na Alemaña do III Reich, a conquista de territorios levaba aparellada a necesidade de elevar a reprodución para que poboación alemá os repoboara, sempre con persoas que puideran asegurar a pureza da súa raza aria.89 Para iso, como indica Gisela Block, o programa Blut un Boden, (Sangue e Terra) dividiu ás mulleres en catro categorías: “Mulleres ás que había que estimular a que tivesen fillos, mulleres cuxos fillos non eran obxectables, aquelas que era mellor que non tivesen fillos e, por último, aquelas ás que había que impedir que os tivesen”, o que se facía, sobre todo, mediante a esterilización.90 Deste xeito, tratouse de explotar ao máximo a fecundidade das mulleres de raza aria prohibíndolles os métodos anticonceptivos e o aborto, aínda que xustificado por causas euxenéticas, e tamén se aprobaron políticas pronatalistas concedendo axudas económicas, por exemplo, ás nais con máis de catro fillos, entre outras distincións e premios.91 Para outras mulleres, como as hebreas e ou as de orixe polaca e rusa, cuxa descendencia era considerada “indesexable”, o aborto non estivo perseguido. É máis, procurouse a súa esterilización, e animouse á experimentación médica cos seus corpos ao tempo que se procedía á súa reclusión en campos de concentración para a súa eliminación física. A obsesión pola pureza racial e perfección xenética levou a promover a eutanasia de mulleres enfermas terminais, aquelas con doenzas mentais ou crónicas ou de mulleres con algún tipo de diversidade funcional, programa ao que os nazis denominaron “morte por compaixón”, como se recollía na Lei de Prevención de Fillos Xeneticamente Enfermos (1933).92 88 Carme MOLINERO: “Mujer, franquismo, fascismo. La clausura forzada en un “mundo pequeño”, Historia Social, 30 (1998), pp.97-117. Unha análise comparativa sobre a represión de xénero baixo a ditadura franquista e a ditadura cívico-militar arxentina pode verse en: Manuel SÁNCHEZ: Desalmadas y maleantes. Memoria de género en Argentina y España (1936-2018), Málaga, Umaeditorial, 2020. 89 Amalia ROSADO: “La cosificación de las mujeres como instrumento de una ideología perversa: los cuerpos del fascismo”, Asparkía, 33 (2018), pp.185-204, esp.pp.188-189. 90 Gisela BOCK: “Políticas sexuales nacionalsocialistas e historia de las mujeres”, en George DUBY e Michelle PERROT (dirs): Historia de las mujeres en occidente. Tomo siglo XX, Madrid, Taurus, 2003, pp.171-202. 91 O aborto por euxénese estaba permitido en Alemaña durante a República de Weimar amparado nun baleiro legal. Co ascenso de Hitler ao poder, xustificouse á euxénese para a purificación da raza. Hans HIRSCH: “La reforma de los preceptos sobre la interrupción del embarazo en la República Federal Alemana”, Nuevo Foro Penal, 12 (1983), pp.144-158, esp.pp.144-145. Nos restantes casos foi considerado un delito menor. Cornelie USBORNE: Cultures of abortion in Weimar Germany, New York, Berghahn books, 2007, p. 219. Como a Cruz de Honor da Nai Alemá e a declaración do Día da Nai coma festa nacional. Amalia ROSADO: “La cosificación de las mujeres...”, p.191. 92 Enfermidades entre as que se incluíu a esquizofrenia, a cegueira, a xordeira, a epilepsia hereditaria, as deformidades físicas hereditarias... Michael WOLFGANG: The Racial State: Germany 1933-1945, United Kingdom, Cambridge University Press, 1991, pp.136-137. Cornelie USBORNE, Cultures of abortion…, op. cit, p. 218. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 130 Influenciada pola ideoloxía nazi, a Francia de Vichy penalizou e perseguiu o aborto a un tempo que se lexislaban medidas que fomentaban a natalidade. Baixo o lema “Traballo, familia, patria”, ter unha prolífica descendencia considerouse un “deber nacional” concedendo subsidios ás familias numerosas e premios a partir dos cinco fillos. Con respecto á interrupción do embarazo, a Lei do 15 de febreiro de 1942 equiparou o aborto a un crime contra a patria e, por tanto, pasou a ser susceptible de ser condenado baixo pena capital.93 O ideal feminino na Italia do Duce, estudado por autoras como Patrizia Dogliani, non parece moi distinto do hitleriano ou mesmo do franquista, co que resultou especialmente concomitante pola influencia da tradición cultural católica. O Codice Rocco (Código Penal) de 1931 incluíu o aborto entre os “delitos contra a integridade e saúde da estirpe”, castigando a toda aquela persoa que participase do proceso. Con respecto ás causas terapéuticas nada se explicitaba, nin castigándoo nin consentíndoo. A súa reprobación encabezouna a Igrexa católica, que non só condenou o uso de anticonceptivos ou calquera método de control da natalidade senón tamén o aborto, sen importar as circunstancias. Aínda así, a documentación indica que os abortos continuaron producíndose na clandestinidade, sendo xeralmente descubertos só aqueles nos que se produciron complicacións severas para a saúde da muller que abortaba ou aqueles nos que mediou delación. En 1930 foron contabilizados 150.000 anuais cifra que, lonxe de diminuír, ía en aumento anualmente. No ano 1944 permitíronse novos supostos, como debido á perda da honra por violencia sufrida “por parte de estranxeiros pertencentes a unha raza non aria e por inimigos procedentes da República Social” ou tamén por “italianos traidores e ilegais”.94 En España, o marcado carácter católico do aparello franquista derivou na súa distancia con respecto ás políticas euxenéticas adoptadas polo nazismo. Con todo, procurou a hixiene racial por outros medios punitivos. Neste caso o inimigo político, o “rojo”, foi ao que se considerou perturbador da pureza da “raza hispana”, entendida non tanto desde un sentido biolóxico senón espiritual, de maneira que a súa depuración non se desenvolveu desde a esterilización nin dende eutanasia, oposta ao sentimento relixioso católico, senón desde o castigo, a represión, a segregación e a eliminación de inimigos políticos95. Un dos principais ideólogos e impulsores do discurso e da praxe da hixiene racial sui generis da ditadura franquista foi o psiquiatra Vallejo-Nájera, que sinalaba que pais “amorais, imbéciles, 93 Christine FAURÉ: Enciclopedia histórica y política de las mujeres: Europa y América, Madrid, Akal, 2010, p.636. 94 Patrizia DOGLIANI: El fascismo de los italianos: Una historia social, Valencia, PUV, 2017, pp.126-127. 95 Ricardo CAMPOS: “Autoritarismo y eugenesia punitiva: higiene racial y nacionalcatolicismo en el franquismo, 1936-1945”, História, Ciências, Saúde-Manguinhos, 23 (2016), pp. 131-148. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 131 profundamente tarados” podían “procrear… verdadeiros xenios”. Por conseguinte, a hixiene racial pasaba por desenvolver un programa orientado a “espertar nos individuos de todas as clases un desexo de ascender ás xerarquías selectas, aristocráticas de corpo e espírito”. Para levar a cabo esta “euxénese punitiva” o réxime valeuse do seu “universo concentracionario”, o país converteuse nunha inmensa prisión na que aos campos de concentración e ás prisións se uniron todo tipo de recintos onde encerrar aos “malos españois” e ás “malas españolas”, aqueles considerados detritus sociais.96 2.2.3. Abortar en Lugo A documentación xudicial constitúe unha das escasísimas fontes onde se deixou constancia da práctica abortista. A partir da súa análise localizamos un total de 81 causas xudiciais abertas para o período 1945-1966. Como se pode comprobar no cadro 2, a maior parte delas foron incoadas por aborto (68), pero tamén se abriron sumarios por delitos directamente relacionados como o achado de fetos (13), por infanticidios (5), por tentativa de abortos (5), por inhumacións ilegais de fetos (3) e por posesión de útiles para a práctica de abortos (1).97 Poden parecer díxitos paupérrimos no conxunto de causas xudiciais consultadas e en comparación con outros delitos, pero, veremos, non o son, nin se os comparamos cos datos que as investigacións sobre delincuencia teñen barallado para outros territorios do Estado nin se temos en conta que á administración xudicial só chegaba unha porcentaxe ínfima dos casos reais de abortos realizados. Táboa 15. Casos incoados por delitos relacionados coa interrupción do embarazo (1945-1966). 96 Ibid, p. 137. Javier RODRIGO: Hasta la raíz..., p.42. Domingo RODRÍGUEZ: “Fuentes para el estudio de la violencia contra las mujeres...”, pp.549-574. Encarnación BARRANQUERO: “La cárcel de mujeres de Málaga en la paz de Franco”, Stud. hist., H.ª contemporánea, 29 (2011), pp. 119-137. 97 Esta causa xudicial permite facerse unha idea aproximada do instrumental habitual empregado para a interrupción do embarazo, que estaría composto por: (un) espéculo, (catro) sondas, (unha) xiringa con (seis) agullas, (un) tubo de pílulas de cibazol, (catro) pastillas de substancias descoñecidas, (catro) ampolas de cloruro de calcio ou gluconato de calcio (restaurador cálcico), unha pequena cantidade de gasa e algodón en rama e (unha) caixiña metálica para ferver auga. AHPLu. FX. Sum. 46. Ano 1952. 98 Nunha das causas o aborto é declarado falta e os tres restantes son sentenzas nas que algún dos procesados foi absolto e outro condenado. Delitos Sumarios Sobresementos Condenas Absolucións Outros98 Aborto 56 22 28 2 4 Morte por aborto 12 10 2 0 0 Achado dun feto 13 12 1 0 0 TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 132 Táboa 16. Comparativa sumarios e sentenzas por aborto. Lugar Provincia de Lugo Partido Xudicial de Lugo Provincia de Zaragoza Provincia de Murcia Período 1936-1941 1945-1966 (21 anos) 1940-1950 (10 anos) 1939-1949 (10 anos) Habitantes 508.916 101.993 574.566 719.701 Representación de poboación sobre Lugo 20% 100% 17,75% 14,17% Abortos tratados no sistema xudicial 55 Sent 68 total 36 Sent99 44 total - - 22 Sent Fonte: Elaboración propia a partir de: AHPLu. FX; INE. Censo 1940; Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia..., p.329. Inmaculada BLASCO: “Actitudes de las mujeres...”, p.175. Entre 1936 e 1941, nos Libros de Rexistro Xeral da Fiscalía de Lugo, que recollen datos para toda a provincia, e que por datas permitirían unha comparativa acaída cos datos indicados para o caso de Zaragoza e Murcia, asentáronse 55 sentenzas por aborto, -xa fose consumado, en grao de tentativa ou con/sen resultado de morte-, ou delitos relacionados como o achado de fetos e infanticidios, cifras superiores ao de sentenzas e casos detectados en ditas provincias, que, recordemos, teñen moita máis poboación e nun período de tempo superior (6 anos fronte a 10). Ditas sentenzas, contempladas sobre un total de 4.983, ofrecen unha porcentaxe dun 1,1% que confirma a tendencia deste tipo de delitos a ser superiores en Lugo que nas outras provincias do Estado nas que foron analizadas estas fontes co obxectivo de estudar a delincuencia en xeral e os abortos en particular. En calquera caso, convén insistir en que a esperable escasa presenza deste delito nos diferentes rexistros xudiciais evidencia a opacidade coa que se realizaban estas prácticas. José Luís Ibáñez estimou que o 99% dos 99 Inclúense sentenzas condenatorias, absolutorias e declaradas falta. Infanticidio 5 1 4 0 0 Tentativa de aborto 5 3 2 0 0 Tenencia de útiles abortos 1 1 0 0 0 Inhumación ilegal 3 2 1 0 0 TOTAL 95 51 38 2 4 Fonte: elaboración propia a partir de: AHPLu. FX. 1945-1966. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 133 abortos permanecía na clandestinidade e Dantín Gallego reduciu os casos descubertos ao 0,16%.100 Os abortos eran ocultados da comunidade e mesmo da familia na medida do posible e, de resultar exitosos, ninguén máis aló dos directamente implicados coñecían o feito. Só chegaban ás instancias xudiciais cando existían complicacións, caso de ter que recorrer a asistencia sanitaria, ou cando existía unha delación. Deste xeito, a alta cifra de abortos do Partido Xudicial de Lugo lévanos a inferir o elevado número de abortos que se practicaban nese territorio. E se ademais de tomar por indicador o número de abortos que chegaron aos xulgados tamén nos fixamos nunha cifra por enriba da media de abortos con resultado de morte, é posible deducir as deplorables condicións nas que os levaban a cabo. Con respecto aos lugares onde se practicaba o aborto cabe sinalar que, aínda que non se rexistra ese dato na maior parte dos sumarios consultados, parece que nos que participaba unha aborteira “profesional” este realizábase habitualmente no seu domicilio particular, xeralmente na capital lucense, ou en negocios rexentados por ela (prostíbulos, bares ou establecementos de compravenda, por exemplo). Nos municipios rurais do Partido Xudicial fíxose uso de palleiros ou alpendres, lugares sen os mínimos estándares hixiénicos por definición (presenza de animais, de apeiros, etc.).101 Con respecto a cuestión dos espazos onde se interrompían voluntariamente os embarazos cabe sinalar que, o noso caso de estudo, a cidade de Lugo, integra unha urbe de pequeno tamaño dentro da escala das cidades galegas e españolas en xeral, e un moito máis significativo hinterland rural composto polos municipios que rodean xeograficamente ao da capital. Un aspecto de grande interese porque nos permite integrar o sempre máis descoñecido espazo rural e comparar a realidade deste territorio dominado pola ruralidade con outros que foron estudados anteriormente por outros investigadores, nos que cidades grandes ou medias rexían o conxunto do territorio que servía de mostra para a análise. O espazo onde se realizaban os abortos non é o único que permite sinalar diferenzas urbano/rual. Para o caso de Madrid, e a través de fontes orais, a historiadora Pilar Folguera determinou que as mulleres tiñan un acceso moi sinxelo á información á hora de abortar o que, non obstante, non implicaba que os procedementos realizados fosen máis seguros ou efectivos. Así mesmo, sinalou que nas cidades moitas das persoas que practicaban abortos eran médicos especialistas : 100 José Luis IBÁÑEZ: La despenalización del aborto…, p.330. Dantín GALLEGO: “Influencia del infanticidio y del aborto voluntario sobre el crecimiento de la población”, Revista Internacional de Sociología, 26-7 (1949), pp. 125-177. Cit. en Clive BEADMAN: “Abortion in 1940s Spain...”, p.57. 101 AHPLu. FX. Sum. 405. Sent. 255. Ano 1949. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 134 - “Tódolos anuncios que viñan nos periódicos dicindo: xinecólogo, xinecólogo, todos era abortistas, abortistas abortistas.” (...) -“Un xinecólogo non se anuncia nun periódico e viñan centos de anuncios de xinecólogos, e eu coñezo por amigas e compañeiras que foron ao xinecólogo ese do periódico e puxéronlles unha sonda, claro primeiro preguntáronlle os meses ou as faltas e cando eran tres faltas puxéronlle a sonda e abortaron...” 102 Non sucedeu o mesmo en Lugo, onde tan só 4 persoas das 27 procesadas cualificadas de aborteiros e aborteiras posuían algún tipo de formación médica, aínda que todas elas exercían na cidade. A diferenza entre unha gran urbe como Madrid e unha pequena cidade como Lugo e os concellos rurais da súa contorna vólvese notoria tamén neste aspecto. No partido xudicial de Lugo, a maior parte de abortos tiveron por escenario a cidade, fenómeno que pode estar en relación co peso demográfico da urbe no conxunto da mostra. Porén, convén apuntar que dos 40 abortos rexistrados na capital, 7 estiveron protagonizados por mulleres de procedencia rural. O superior índice de fatalidade no rural, do 21,4% (sobre 28 abortos), fronte ao 15% da cidade (sobre 40), pon en evidencia o que sinalabamos hai un intre, que nas aldeas as condicións de todo tipo nas que se abortaba eran peores (sanitarias, hixiénicas, etc.) pero, malia isto, só unhas poucas embarazadas puideron acudir á cidade en busca de persoal con algún tipo de formación sanitaria e un lugar hixienicamente máis seguro que as construcións adxuntas dunha casa labrega. Táboa 17. Número e taxas de abortos segundo se practicaran en espazo rural ou urbano no PX de Lugo (1945-1966). 102 Pilar FOLGUERA: Vida cotidiana en Madrid...,p.137. Espazo Falecementos % Total abortos % Rural 6 21,42 28 41,17 Urbano 6 15 40 58,82 Total 12 17,6% 68 100% Fonte: Elaboración propia a partir de: AHPLu. FX. Sum. e sent. (1945-1966). CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 135 20,59% 50% 26,47% 1,47% 1,47% Casada Solteira Descoñecido Viúva Separada A partir da documentación xudicial fomos capaces de realizar un perfil da muller que abortaba en Lugo dende mediados dos anos corenta ata pasada a metade da década dos sesenta. Sería unha muller de ao redor de 26 anos, sería, por tanto nova, pero con idade dabondo de formar unha familia, de estado civil solteira e de extracción humilde.103 En canto ao estado civil, sinalar que o 50% das procesadas eran solteiras, polo que podemos inferir que a súa decisión de abortar estaría motivada pola necesidade de ocultar a deshonra e descrédito que supoñía un embarazo fóra do matrimonio, o mesmo que no caso das poucas viúvas que aparecen nas fontes (1,47%). O 20,6% dos abortos restantes realizáronse a mulleres casadas que recorreron a el como método de control da natalidade. Determinar a súa profesión resulta moito máis complexo. No 54,4% dos casos esa información non se indica no sumario ou aparece baixo a vacua etiqueta de “os seus labores” (17,6%). Unha ocupación profesional que destaca no cómputo xeral é a do servizo doméstico (14,7%) que, como xa apuntamos máis arriba neste capítulo tamén está hiperrepresentada entre as vítimas de violación. Este grupo sociolaboral conformado polas empregadas do fogar aparece tamén nas fontes como protagonista principal do delito de infanticidio (60%) o que pode ser posto en relación, tanto co intento de ocultar a deshonra asociada a ser nai solteira e poder conservar o traballo, como por derivar o embarazo dun abuso sexual. Ben é certo que a súa destacada presenza na mostra debe ser posta en perspectiva e sinalar a facilidade coa que 103 Datos que non distan moito dos analizados por Gómez Westermeyer en Murcia, onde a media era de 25 anos. Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia…, p.331. Fonte: Elaboración propia a partir de: AHPLu. FX. Sum. e sent. (1945-1966). Gráfica 6. Porcentaxe do estado civil das procesadas por aborto. (1945-1966). TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 136 este colectivo era descuberto e denunciado, a diferenza doutros. A convivencia diaria e o control estrito dos seus quefaceres levaba a que fora certamente difícil agochar calquera síntoma do embarazo ou as molestias e lesións derivadas da interrupción do mesmo. Aínda que de forma máis residual, entre as ocupacións das mulleres que abortaron no Lugo do momento tamén atopamos labregas (4), evidentemente máis presentes nos espazos rurais do Partido Xudicial ca na cidade, mentres que modistas (2), camareiras (1) e prostitutas (1) serían as que tomarían a decisión de abortar na urbe e non tiveron a fortuna de pasar inadvertidas.104 Como xa apuntamos nas características do perfil, trataríase en todos os casos de mulleres de extracción humilde, aspecto que indicarían os seus traballos e ocupacións. Ben é verdade que o nivel económico exacto das mulleres que abortaron é difícil de trazar, máis aló de poder asegurar a súa precariedade, pois aínda aquelas que dan información sobre este aspecto nos seus testemuños ante os xuíces, apuntan simplemente á insolvencia (33,8%),se ben na maioría de expedientes “non consta” tal información. As parellas masculinas das mulleres que foron denunciadas por abortar (noivos, amantes ou maridos) foron procesados en moi poucas ocasións, contabilizándose un total de 10 casos rexistrados nos sumarios consultados. A súa idade media rolda os 34 anos, cifra que nos sitúa diante de varóns máis vellos ca idade media das súas parellas. Coma elas, decláranse habitualmente insolventes (50%), e entre as profesións manifestadas non hai ningunha que destaque sobre as demais, aparecendo unha mostra dos múltiples colectivos sociolaborais hatiuais da cidade e do rural lucense (industrial, labrego, estudante, Garda Municipal, empregado, etc.). Moito máis significativa ca súa ocupación é a súa residencia, unha ampla maioría vivía na cidade de Lugo (66,7%). A súa participación nos feitos foi desde sinalar á muller a quen acudir para que lle practicara a interrupción do embarazo á súa parella, como confesou Jesús N. A. no xuízo que tivo lugar en 1948, pois el “sabía de oídas que nesta cidade as procesada Dolores V.C. dedicábase a practicar abortos”,105 ou como proceder, como se demostrou nun xuízo que tivo lugar un ano despois: “Luís J.P., posuidor dalgúns coñecementos farmacéuticos por prestar o seu servizo militar na Farmacia onde estaba naquel momento, preparoulle pola súa propia man uns oito ou dez selos ou pastillas de 40 centigramos cada un de sulfato de quinina, os cales entregou á Julia A.N. para que os tomase”.106 104 AHPLu. FX. Sum. e Sent. incoadas por el delito de aborto entre 1945 e 1966. 105 De feito, Dolores fora xa procesada polo mesmo delito en 1944. “Crónica Judicial”, El Progreso, 6 de setembro de 1944. AHPLu. FX. Sum. 46. Sent. 233. Ano 1948. 106 AHPLu. FX. Sum. 161. Sent. 128. Ano 1949. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 143 verza verde, que tiña oído que collía aire a matriz e como consecuencia producíase o aborto”.122 2.2.6. As causas e as consecuencias de abortar. Os achados de fetos e infanticidios A incapacidade de ofrecer aos seus fillos ou asegurar para elas mesmas un sustento constitúe unha das razóns principais para a interrupción do embarazo, seguida por unha situación de enfermidade, sobre todo no caso das mulleres casadas. Concepción S.T., en 1959, cando contaba con 25 anos e xa estaba casada, acudiu ao domicilio de Luz María B.G. para que lle interrompese o seu embarazo (de tres meses na altura). O procedemento, polo que pagou 200 pesetas, consistiu en introducirlle unha sonda nos seus órganos xenitais. Unha vez na súa casa sufriu unha hemorraxia que produciu a expulsión do feto pero comportoulle lesións das que tardou en curar 45 días. Luz María foi condenada como autora dun delito de aborto á pena de 7 anos de prisión maior, ao pago de 4.000 pesetas de indemnización a Concepción e a asumir as costas do xuízo. Pola súa banda, Concepción foi sentenciada a 7 meses de prisión menor. Ambas enfrontaron tamén 8 anos de inhabilitación para traballar no sector sanitario, pero dado que non traballaban na rama sanitaria dita pena non tivo transcendencia para elas. Concepción declarou que ela recorrera ao aborto porque un dos seus dous fillos estaba enfermo de tuberculose e que, ademais, o seu marido, canteiro de profesión, non tiña traballo desde facía moito tempo, o que imposibilitaba poder manter unha boca máis na casa.123 Conservar a honra, como mencionamos, era outro dos principais motivos que impulsaba ás mulleres para interromper os seus embarazos, neste caso especialmente aludido como razón por solteiras e viúvas. Nun contexto de prohibición de calquera método anticonceptivo, as parellas recorrían a prácticas populares como o coitus interruptus ou o control dos días fértiles, pero o problema xurdía cando estas relacións derivaban nun embarazo e as promesas de matrimonio baixo a que accedían as mulleres ás relacións sexuais desaparecían. O estigma social froito dunha concepción católica e tradicional da familia facían dunha nai solteira unha muller de moral reprobable e do seu fillo unha criatura condenada á marxinalidade. Foi, entre outras, o caso de Elvira V.V., unha labrega de 19 anos que decidiu abortar cando a súa parella se negou a manter a palabra de casamento ao coñecer do seu estado. Foi condenada a 4 meses de arresto maior como autora dun delito de aborto 122 Comentarios desta natureza en AHPLu. FX. Sum. 46. Sent. 233. Ano 1948. Sum. 49. Sent. 128. Ano 1959. Sum. 68. Sent. 184. Ano 1959. 123 AHPLu. FX. Sum. 319. Sent. 139. Ano 1959. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 144 autoprovocado en 1945.124 A presión social era tan forte para elas que moitas preferían morrer a sufrir tal humillación, como ten sinalado Conxita Mir nas súas achegas sobre o suicido durante o franquismo.125 En ocasións o suicidio non era a saída inmediata ao saber do embarazo, senón a que esta situación se tivera que enfrontar en soidade, como no caso de Visitación F., embarazada de tres meses do seu veciño, Guillermo D. V., que non quixo abortar como este llo propuxo cando se fixo público o seu estado. Como resultado el repudiouna e ela caeu nunha profunda depresión que a levou a tomar a decisión de aforcarse. Guillermo declarou que Visitación andaba con el e con outros. Unha das escusas máis manidas polos varóns que se desentendían das súas responsabilidades126 Nalgúns casos, o embarazo era a consecuencia dunha violación. Como se indicou máis arriba ao tratar o tema do delito de violación, o Código penal franquista non admitía a violación por causa para abortar. Na mellor das situacións, fronte unha sentenza xudicial o violador sería obrigado a recoñecer ao seu vástago e a ofrecerlle unha manutención, ademais da indemnizar á súa vítima e sufrir a pertinente condena de prisión. Pero eran elas as que tiñan que probar que foran violadas, o que se volvía unha tarefa hercúlea. Se durante o proceso sumarial un informe de conduta as consideraba mulleres de “vida alegre”, de dubidosa conduta moral ou as testemuñas confesaban que frecuentaba a compañía de homes, a acusación da violada non prosperaba. Tratábase, tamén, dun caso perdido de antemán se a agredida se dedicaba á prostitución, porque entre as probas solicitadas pola xudicatura estaba un exame físico probatorio de ter perdido a virxindade recentemente. Como sinalamos, as traballadoras domésticas resultaron o colectivo máis vulnerable ás agresións sexuais, segundo as fontes xudiciais lucenses. Nun contexto no que o mercado laboral dificultaba o acceso feminino ao emprego, perder os escasos ingresos dispoñibles traducíase en pasar auténticas penurias que comprometían a propia supervivencia das mulleres. No Partido Xudicial de Lugo rapazas moi novas, algunhas aínda nenas, vían na profesión de criada unha canle a través da que poder saír dos seus fogares, ben por necesidade económica, ben por problemas familiares ou por orfandade. Permitiulles, ademais, o tránsito desde o rural á capital ou a municipios máis grandes en busca de novas oportunidades, circunstancias que erixiron á profesión como unha forma de supervivencia económica feminina tremendamente significativa, do mesmo xeito que no resto de España. Para moitas das familias empregadoras, estas mozas terminaban sendo un membro máis da 124 AHPLu. FX. Sum. 23. Sent. 137. Ano 1945. 125 Sobre o suicidio durante o franquismo vd. Conxita MIR: “La violencia contra uno mismo. El suicidio en el contexto represivo del franquismo”, Ayer, 28 (2003), pp.187-210. 126 AHPLu. FX. Sum. 50. Ano 1952. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 145 familia, proporcionándolles alimento e educación. É máis, nalgunhas ocasións os pais chegaban a ceder a patria potestade da nena/moza a esta familia. 127 Con todo, fronte a unha realidade en principio ilusionante e uns poucos casos con final feliz, non poucas mulleres do servizo doméstico terminaron presas dun empregador que, aproveitándose da súa indefensión, as coaccionaba para manter relacións sexuais e cando quedaban embarazadas obrigábanas a abortar ou directamente as botaban das súas casas.128 Foi o que lle sucedeu en 1960 a Carmen R.L., quen, con 19 anos, prestaba servizos de criada na casa de Victorino L.M. Segundo o testemuño dela, Victorino. forzáraa ao coito a pesar da súa férrea oposición. Cando o seu empregador descubriu que se atopaba en cinta ameazouna para que non dixese nada e pouco despois, coa colaboración dun sobriño do agresor, levárona a un médico en Lugo para practicarlle un aborto en contra da súa vontade. Non tardou en recibir a correspondente ameaza, sinalou ante o xuiz: “se dicía algo irían todos ao cárcere”. Victorino declarou no seu testemuño que só lle realizou tocamentos á criada. O sumario, incoado por tentativa de aborto, por tanto obviando a violación, foi sobresido provisionalmente sendo o único procesado o sobriño de Victorino, Leonardo R.V., intermediario de facto do aborto a efectos xudiciais.129 Segundo moitas mulleres foron as súas parellas as que instigaron o aborto. María, de 20 anos, quedou embarazada do seu noivo, José. Segundo a información sumarial, datada no ano 1949, a relación mantida entre ambos era bastante seria ata que, coñecido o seu estado, José manifestoulle que “estivese tranquila, que todo o arranxaría” non tardando en propoñerlle provocarse un aborto cunhas pastillas, “que sería moi fácil pois estaba de poucos meses”. Ela negouse e as promesas de matrimonio desapareceron, é máis, el casou con outra muller. Algúns dos abortos escusábanse no temor das mulleres a non superar o parto. Nun contexto histórico en que se daba a luz no fogar, as medidas sanitarias e hixiénicas eran reducidas e só cando o estado de saúde da parturiente pasaba a ser realmente preocupante recorrían a médicos. Mesmo nestes casos o primeiro era a visita a domicilio do doutor e en última instancia (e se este o recomendaba) acudían in situ a un centro de saúde. Ás veces, o devandito medo era o argumento, máis menos veraz, que as acusadas esgrimían para poder evitar a dureza da condena. Aurora R.B., de 23 anos, embarazada de dous meses, solteira e xa cun fillo no ano 1953, empregou un arame cun anaco de perexil para manipular os seus 127 Eider DE DIOS: Sirvienta, empleada, trabajadora..., p.45 e pp.30-31. 128 Gloria ROMÁN: “Custodios de la moral. Control socio-moral y sanción popular en el mundo rural altoandaluz tras la posguerra”, Pasado y Memoria, Revista de Historia Contemporánea, 21 (2020), pp. 131-154, esp.p.143. 129 AHPLu. FX. Sum. 219. Ano 1960. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 146 órganos xenitais, autoprovocándose un aborto a partir dunha infección. A procesada recoñeceu os feitos e declarou que o motivo era que “estivo moi mal durante o seu primeiro embarazo, que pensou que con este morrería”. Foi condenada a 8 meses de prisión menor e a unha inhabilitación especial para traballar en servizos do sector sanitario durante 9 anos.130 A discreción coa que se debía actuar debía ser extrema para que o aborto non fora vox populi e, por tanto, acabara tendo consecuencias xudiciais. Era especialmente difícil agochar o embarazo e o aborto en espazos rurais, onde a altísima sociabilidade convertía en case imposible a tarefa de pasar desapercibido calquera cambio físico ou enfermidade. O rumor e a delación eran un constante perigo para as mulleres que pretendían abortar. Persoas afectas o réxime e/ou con fortes conviccións relixiosas, e tamén aqueles veciños cos que podía existir algún tipo de rifa ou desacordo por razóns múltiples, podían interpoñer unha denuncia sen esforzo, xa que se aceptaba mesmo se era anónima e nin sequera era necesario acreditar proba algunha. José A.C., un home casado, rematou procesado como autor do aborto de Josefa, unha muller solteira coa que mantiña relacións sexoafectivas. As investigacións xurdiron, segundo a sentenza xudicial de 1955, por mor dunha denuncia anónima en forma de carta que dicía o seguinte: “Moi señor meu: En San Martín de Ferreirós unha moza chamada Josefa E.O. estaba en estado e deu a luz e matou a criatura haberá como uns 1(ilexible) días segundo sospeitan os veciños despois de non verse varios días agora aparece libre de todo.” Descoñecemos a resolución do caso xudicial, pero os procesados admitiron os feitos, mesmo confesaron que Josefa abortara previamente en varias ocasións mediante a inxesta dun líquido amarelo que non precisaron, desfacéndose dos restos nas cuadras do gando.131 A clandestinidade baixo a que se provocaban os abortos derivou en que estas prácticas fosen perigosas e, en non poucas ocasións, supuxeron a morte das mulleres que se sometían a estas. A vergoña e culpabilidade que sentían por quedarse embarazadas fóra do matrimonio ou a necesidade de recorrer ao aborto como método de control de natalidade para moitas casadas levábaas a enfrontarse a esta situación completamente soas. Só despois do tráxico desenlace e a través do informe pericial os familiares cos que cohabitaban coñecían que estaban embarazadas. Tal destino viviu Fortunata F.B. Segundo a súa declaración, o ano anterior José María G. comentáralle durante unha conversación que “a solteira que tiña fillos 130 AHPLu. FX. Sum. 190 e 191. Ano 1949. Sum. 10. Sent. 362. Ano 1953. 131 AHPLu. FX. Sum. 269. Ano 1955. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 147 era porque quería”. Lembrando as súas palabras, solicitou os seus servizos para interromper o seu embarazo a cambio de 400 pesetas. Nunha palleira próxima á súa vivenda José María mandouna colocarse en crequenas, introducíndolle uns fármacos descoñecidos ao tempo que lle perforou a matriz cun instrumento punzante. Despois deulle dúas pastillas para que as tomase por vía oral. Días despois Fortunata empezou a sufrir hemorraxias das que non se puido recuperar. O día 2 de decembro de 1949 falecía por unha septicemia derivada de peritonite aguda. José María foi condenado por aborto criminal con resultado de morte a 17 anos de reclusión menor, a unha indemnización de 35.000 aos herdeiros de Fortunata e a 10 anos e un mes de inhabilitación absoluta para o exercicio de calquera actividade relacionada coa medicina.132 O aborto, de producirse nunha fase avanzada do embarazo, podía derivar noutra tipoloxía delituosa ao achárense os fetos. A mortalidade fetal podía darse de forma natural, pois os partos prematuros ou as complicacións durante o parto podían derivar na morte do neonato. O medo destas mulleres a ser acusadas de cometer un delito empurrábaas a esconder as probas do seu embarazo falido nos lugares máis recónditos. Os informes de autopsia corroboraban a múltiple casuística, incluídos aqueles nos que o falecemento era por motivos que non cabía cualificar coma delitos.133 Nalgúns casos xa non se trataba de mortalidade fetal, senón que o desexo de acabar coas consecuencias dun embarazo acababan en infanticidios. Os rexistrados nos xulgados lugueses chegaron ao coñecemento das autoridades froito dunha denuncia.134 O Código Penal de 1944 contemplaba para este delito a pena de prisión menor, é dicir, de 6 meses e 1 día a 6 anos de condena, tanto para a muller como para os avós maternos, a condición de que o móbil fose ocultar a súa deshonra e conceptuada de vida honesta. En caso contrario sería considerado parricidio ou asasinato.135 A imposibilidade para interromper a xestación podía desembocar na desatención do neonato no puerperio e tamén na aplicación de violencia sobre este. O estrangulamento ou o non ligar o cordón umbilical foron algunhas das fórmulas empregadas nos casos descubertos en Lugo. Despois agochábase o cadáver, acción que se convertía de seu nun novo delito tipificado, a inhumación ilegal.136 Os lugares nos que se agocharon os corpos ían desde as propias camas das mulleres, a diferentes cursos de auga (ríos e regatos), ata as tubaxes dos retretes públicos, os portais, as 132 AHPLu. FX. Sum. 405. Sent. 255. Ano 1949. 133 AHPLu. FX. Sum. 87 y 30. 1946; Sum. 239. Ano 1965. 134 Conxita MIR: Vivir es sobrevivir. Justicia, orden y marginación en la Cataluña rural de posguerra. Lleida, Milenio, 2000, p.54. 135 María de los Ángeles MORAGA: “Notas sobre la situación jurídica...”, p.242. 136 AHPLu. FX. Sum. 27. 1945; Sum. 69. Sent. 64. Ano 1946. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 148 leiras, pasando polas cuadras de gando e os descampados.137 Cabe sinalar que de cando en cando se atopaban os corpos abandonados. Entre os sumarios analizados descríbense fetos depositados en caixas, outros envoltos en panos, gasas ou nunha saba branca e mesmo ataviados con cadeas ao pescozo, o que revela un proceso complexo que remite á pena e ao duelo pola perda, definido coma “unha reacción e adaptación psicolóxica ante a perda de algo apreciado, vinculado ao individuo”.138 En palabras de Francisco Ortega, “estratexias todas que permiten ao sufrinte apropiarse e subxectivar a experiencia da dor, malia que sexa dentro de ríxidos códigos culturais que puideron ser cómplices nos actos de violencia”.139 O medo de ser axuizadas levaba ás mulleres a dar a luz completamente soas, sen axuda.140 Así o declarou Mercedes F.F., de 28 anos e viúva, tachada de muller de mala conduta, que o 24 de febreiro de 1946 deu a luz a unha nena. Segundo o Ministerio Fiscal, coa finalidade de ocultar a súa deshonra dun novo noivo, decidiu non ligar o cordón umbilical da bebé e asfixiala. Escondeu o cadáver baixo o colchón da súa cama, pero atopouno o matrimonio para o que traballaba como persoal de servizo doméstico. Contradicindo á versión oficial, a procesada declarou que cando sentiu que estaba de parto quixo saír da casa e dirixirse á maternidade, pero ao baixar a escaleira sentiuse tan mal que tivo que volver á súa habitación. Unha vez alí desmaiouse por mor dunha gran hemorraxia. A procesada declarou “que a criatura xa estaba morta cando ela volveu en si, que non espertou nin chamou polos seus amos porque lle deu vergoña, que deu a luz fóra da cama, que non o oprimiu durante un tempo longo”. Foi condenada a 1 ano de prisión menor como autora dun delito de infanticidio.141Fora como fose, circunstancias derivadas de embarazos non desexados que, por tratar de manterse na clandestinidade, por non lograr interromperse durante os primeiros meses de xestación ou por carecer de calquera tipo de axuda para levalos a termo remataron en resultados tráxicos. 2.3. Invisibilizadas e instrumentalizadas. As mulleres como vítimas de violencia de xénero Os modelos de xénero impostos polo réxime franquista baseáronse na polarización cun xénero masculino erixido como dominante, mentres que o feminino quedou relegado a 137 AHPLu. FX. Sum. 1. 1951; Sum. 161. Sent. 128. Ano 1949; Sum. 27. Ano 1945; Sum. 27. 1945; Sum. 27. Ano 1945; Sum. 87. Ano 1946; Sum. 261. Sent. 41. Ano 1965. 138 Ana P. LÓPEZ: “Duelo perinatal: Un secreto dentro de un misterio”, Revista de la Asociación española de Neuropsicología, 109, 31 (2011), pp.53-70, esp.p.55. 139 AHPLu. FX. Sum. 289. 1948; Sum. 137. Sent. 253. Ano 1956. Francisco A. ORTEGA: “Rehabitar la cotidianidad”, en Francisco A. ORTEGA (ed.): Veena Das: Sujetos del dolor, agentes de dignidad, Colombia, Editorial Pontificia Universidad Javeriana, p.45. 140 AHPLu. FX. Sum. 69. Ano 1946. 141 AHPLu. FX. Sum. 69. Sent. 64. Ano 1946. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 149 unha posición de subordinación e obediencia. O varón debía ocupar a esfera pública, política e económica, mentres que a muller encargaríase da privada, do ámbito doméstico, isto é, do coidado do lar, do marido e dos fillos. Unha separación por xéneros da vida cotiá tinguida dun proteccionismo paternalista que, afirma Herminia Vicente, debe ser interpretado en termos de “unha argucia para ocultar o seu corpo, para acalar a súa voz, para enterrar a súa capacidade, para consagrala en corpo e alma ao coidado do lar”.142 Sección Feminina, brazo feminino da Falanxe, adquiriu o compromiso de impoñer o ideario feminino franquista para a “Nova España”. Acción Católica, en cooperación coa anterior, dotaríaa de moral cristiá. O seu adoutrinamento, difundido e imposto a través dunha educación segregada e diferenciada, aspiraba a convertelas no ideal de “anxo do fogar”, perfectas amas de casa, nais dedicadas, esposas abnegadas e submisas.143 Deste modo, o lema: “procreación, fogar e familia” erixiuse como o mellor e único modo de desenvolvemento persoal feminino. O franquismo lexitimou a inferioridade da muller en tódolos aspectos: moral, intelectual, físico... de maneira que o varón, pai ou esposo, debía encargarse de conducilas, custodialas e tamén sometelas para manter a orde social e familiar.144 Este novo ideal de xénero foi apoiado desde o aparello lexislativo franquista mediante numerosas medidas xurídicas orientadas ao aumento da natalidade e á disuasión do traballo feminino. A promulgación do Foro do Traballo, do 9 de marzo de 1938, “liberou á muller casada do taller e da fábrica” e xunto coa Lei de Regulamentos do Traballo de 1944 e a Lei de Contrato de Traballo dese mesmo ano, “asignaron ao home a manutención económica da familia”.145 Como corolario, a Lei de axuda familiar de marzo de 1946 penalizou o traballo das mulleres casadas implicando a perda do plus familiar. Só aquelas familias nas que a muller non traballase podían optar a algún tipo de axuda económica. Todo iso, como era habitual, camuflado desde unha retórica paternalista.146 142 Herminia VICENTE: Mujeres en el punto de mira...,p.77. 143 Inmaculada BLASCO: "Sección Femenina y Acción Católica: la movilización de las mujeres durante el franquismo”, Gerónimo de Uztariz, 21 (2005), pp. 55-66, esp.p.60. 144 Sobre a forxa dunha identidade feminina relixiosa ver: Inmaculada BLASCO: “Identidad en movimiento: la acción de las “católicas” en España (1856-1913), Historia y política: Ideas, procesos y movimientos sociales, 37 (2017), pp. 27-56. Luis PALACIOS: “Mujeres de España: su labor asistencial, social y cultural”, La Albolafia: Revista de Humanidades y Cultura, 1 (2014), pp. 147-176, esp. p.155. Matilde PEINADO: “Reflexiones en torno a la “Feminidad”. Claves para entender la pervivencia del Patriarcado (1850-1950)”, en Alejandra IBARRA (coord.): No es país para jóvenes. Actas del II Encuentro de Jóvenes Investigadores en Historia Contemporánea, Granada, Editorial Universidad de Granada, 2009, pp. 1-24, esp. p.20. 145 Ana CABANA, Teresa ORTEGA e Eider DE DIOS: “Trajinar sin descanso...”, p.70. 146 Fuero Del Trabajo, Boletín Oficial del Estado, del 10 de marzo de 1938, pp. 6178. Emma GÓMEZ: “El destino natural de las mujeres. La legitimación de la violencia de género a través de la prensa sensacionalista del TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 150 Paradoxalmente, a un tempo que se priorizaba o bioloxicismo feminino procedeuse á súa desexualización como suxeito coa conseguinte alienación dos seus corpos pola nación, unha patria masculinizada que fortaleceu as fórmulas heteropatriarciais.147 Consecuentemente, a muller foi cousificada, entregada á vontade masculina en todos os niveis, privada de toda capacidade de movemento social e de pensamento. Neste contexto, a invisibilización e instrumentalización femininas non reduciron, e mesmo incentivaron, as diferentes formas de violencia física, sexual e psicolóxica, o que as colocou nun espazo determinado nos procedementos xudiciais, o de vítimas e/ou denunciantes. Non necesariamente obtiveron xustiza, mais deixaron para a investigación os seus testemuños, podemos acceder ás súas narrativas, inferir as súas actitudes de vítimas e percibir a fonda pegada desa violencia estrutural, arraigada e absolutamente normalizada pola sociedade.148 2.3.1. A violencia sexual. Violacións e abusos No franquismo, a concepción do xénero era binario, feminino e masculino, todo o resto de identidades de xénero e sexuais eran desestimadas e directamente condenadas e a identidade entre sexo e xénero (varón-masculino; muller-femenino) era entendida como total.149Adriana Cases entende que a concepción da feminidade no século XX era a dunha categoría “natural” na muller, en canto a que non se esixían probas da mesma. Todo o contrario ao que sucedía coa masculinidade, que o varón debeu reafirmar, en ocasións, mesmo mediante demostracións de forza ou violencia. Entre estas “probas de masculinidade” destinadas a verificar a pertenza ao grupo dos “verdadeiros homes” enmárcanse as accións de violencia sexual, que analizaremos neste apartado.150 A violación manifestouse como a forma máis extrema de control patriarcal. Presente en tódalas épocas e estados, no franquismo, a súa represión pola xudicatura, lonxe de franquismo”, Nóesis. Revista de Ciencias Sociales y Humanidades, 22 (2013), pp.136-159, esp.p.139. Gloria NIELFA: Mujeres y hombres en la España franquista..., p. 89. 147 Karine BERGÈS: “La nacionalización del cuerpo femenino al servicio de la construcción de la identidad nacional en las culturas políticas falangistas y franquistas”, Mélanges de la Casa de Velázquez, 42-2 (2012), pp. 91-103. 148 Sobre esta temática: Domingo RODRÍGUEZ: “Fuentes para el estudio de la violencia contra las mujeres...”, pp.549-574. 149 Guillermo PORTILLA: Derecho Penal franquista y represión de la homosexualidad como estado peligroso, Madrid, Ministerio de Justicia, 2019. Abel DÍAZ: “Los “invertidos”: homosexualidad(es) y género en el primer franquismo”, Cuadernos de historia contemporánea, 41 (2019), pp.329-349. 150 Adriana CASES: El género de la violencia. Mujeres y violencias en España (1923-1936), Málaga, UMA editorial, 2016, p.75. CAPÍTULO 2. | DELINCUENCIA COMÚN EN FEMININO 151 pretender salvagardar a liberdade feminina, fundamentouse na férrea defensa da moral e dos bos costumes.151 Nesta liña, advirte Domingo Rodríguez que: “Nunha sociedade que consideraba a virxindade como o ben máis prezado dunha moza, que debe conservarse até o momento do matrimonio, a deshonra significaba o risco de quedar fóra do mercado matrimonial, algo que o propio Estado, obsesionado por desenvolver unha política pronatalista, non podía aceptar”.152 Afirmación coa que non coincidimos plenamente, pois se ben pareceu preocupar ao réxime de iure, non o manifestou de facto e que quedaría desmentida polos reducidos índices condenatorios relativos ás agresións sexuais visibles na fonte xudicial, alén da total desprotección das afectadas ante a lei. Coincidimos, porén, coa percepción de Leonor Cantera, que tilda o trato recibido polas vítimas de abusos sexuais nos xulgados como de “victimización secundaria da agredida” baseada en condenas inexistentes ou indulxentes para os agresores ou, de mediar o perdón, mediante actitudes indiferentes, acompañadas da “humillación, culpabilización, burla, estigmatización, violación da privacidade...”.153 Posición xudicial oposta á tomada perante delitos como o referenciado aborto ou o adulterio, tenazmente perseguidos polos tribunais. O mutismo foi a resposta feminina máis habitual das mulleres vítimas de violacións e abusos sexuais ao longo da historia. Consecuentemente, as fontes que hoxe nos permiten achegarnos a este delito son moi limitadas. Máis aló do recurso á oralidade, historiografía recente sobre a guerra civil e a ditadura de Franco serviuse da documentación dos arquivos militares, circunscritos exclusivamente ao período do conflicto bélico e, no mellor dos casos, ampliados á máis inmediata posguerra.154 A documentación xudicial consultada para o PX de Lugo permítenos dar un paso máis e mirar alén no tempo, ofrecendo unha achegasobre este 151 Este apartado resulta da ampliación da comunicación presentada en congreso: Tamara LÓPEZ: “Violadas. Dinámicas en torno a los delitos de violación y abusos deshonestos en Lugo (1945-1960)”, en VII Encuentro de Jóvenes Investigadoras e Investigadores en Historia Contemporánea, Granada, 2020. 152 Conxita MIR: Vivir es sobrevivir..., p.164. Domingo RODRÍGUEZ: Mujer, delincuencia, marginalidad..., p.183. 153 Leonor M.CANTERA: Te pego porque te quiero: la violencia en la pareja, Barcelona, Servei de Publicacions de la Universitat Autònoma de Barcelona, 2016, p.31. 154 Acerca das violacións empregadas como “arma de guerra” a partir da análise da documentación militar tratan os diferentes capítulos da obra colectiva: Noemí RIUDOR: “Violaciones durante la Guerra Civil: Ecos de una realidad” en en Conxita MIR e Ángela CENARRO (eds.): Mujeres, género y violencia en la guerra civil y la dictadura de Franco, Valencia, Tirant Humanidades, 2021, pp. 351-378. Tamén en: Ángel ALCALDE: “Queipo de Llano, Koestler y las violaciones de mujeres en la Guerra Civil española”, en Conxita MIR e Ángela CENARRO (eds.): Mujeres, género y violencia..., pp.81-117. Sobre as cometidas polo bando republicano: Adriana CASES: “La violencia sexual en la retaguardia republicana durante la Guerra Civil española”, Historia Actual Online, 34 (2014), pp. 69-80. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 152 fenómeno da violencia de xénero, xa non nun contexto de excepcionalidade como é unha contenta civil, senón no da vida cotiá e durante un período longo.155 Ser violada era a maior afronta coa que podía cargar unha muller porque non supoñía so unha agresión física, senón que implicaba a perda da honra feminina. Isabel Gascón, no seu estudo sobre o honor e as súas diferentes tipoloxías (masculino, feminino e familiar) ten sinalado que a honra non era consecuencia das virtudes ou actuacións dunha persoa concreta, senón que dependía da opinión que sobre ela tivese a sociedade.156 A cultura da honra que estivo vixente dende o Antigo Réxime e sen apenas mudanzas ata a ditadura franquista, culpabilizou ao xénero feminino de provocar certas actitudes violentas no home, chegándose a xustificar a violación. Por conseguinte, unha muller violada podía chegar a considerarse culpable do que lle sucedía e de non ser así, a inacción da xudicatura e o sinalamento á agredida pola propia sociedade encargaríanse de conducila a tal conclusión. Conforme ao anterior, o delito de violación constitúe unha das tipoloxías delituosas máis complexas para a súa análise debido á multiplicidade de factores que converxen e que supuxeron un tratamento específico deste dentro pola xudicatura ao servizo da ditadura: o contexto histórico no que se producen, o modo no que se desenvolven as relacións de xénero, a importancia que a sociedade outorga ao concepto de honor e de honra, o machismo imperante na sociedade, etc. A necesidade de conservar a honra feminina e familiar xunto coa defensa sen concesións do varón nunha sociedade ultraconservadora e patriarcal e dentro do propio aparello xudicial franquista fixeron que o silencio fose a mellor opción que podían tomar as mulleres violadas. Encarnación Barranquero reflexiona sobre o mutismo coma arma feminina ante a violencia sexual e atesta: “As violacións e as presións sexuais constitúen outro capítulo no que dificilmente son as mulleres as que ofrecen os seus testemuños”.157 Desprotexidas e repudiadas, optaron por ocultar as agresións e abusos sexuais, soportándoos como unha carga feminina máis. Así, o trauma sería unicamente persoal, íntimo, mentres que de denuncialo, faríase público e cargaría para sempre cun estigma social fortísimo, unha laxa pesada en 155 Aínda que fóra do período temporal do noso interese, teremos en conta a análise de delitos sexuais realizada por Iván Martínez para a II República, a través de documentación xudicial: Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria...,pp.228 e ss. Enrique CARBALLO: Violencia, crimen..., pp.214 e ss. Para o franquismo o estudo máis completo é, como de costume o realizado por Juan Francisco Gómez para a provincia de Murcia, vd. Juan Francisco GÓMEZ: Historia de la delincuencia...,pp. 452 e ss. 156 Isabel GASCÓN: “Honor masculino, honor femenino, honor familiar”, Pedralbes: Revista d'historia moderna, 28 (2008), pp.635-648, esp. pp. 637. 157 Encarnación BARRANQUERO: “Investigaciones sobre la represión franquista en Andalucía desde una perspectiva de género”, en Mª Dolores RAMOS (ed.): Andaluzas en la historia: Reflexiones sobre política, trabajo y acción colectiva, Sevilla, Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces, Consejería de la Presidencia e Igualdad, 2012, pp. 91-110, esp.p.104-105. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 255 1968 o único conservado no AHPLu para o período ditatorial. A estas fontes unimos a documentación xerada polo Padroado de Protección á Muller, institución que fiscalizou a mozas de entre 16 e 23 anos, “en risco de caer” ou “caídas” en condutas consideradas inmorais, ademais de ser unha férrea perseguidora de calquera actitude contraria aos valores morais do réxime, por tanto, do lecer e os seus espazos, considerados como incentivos da corrupción daqueles.50 Toda esta documentación permite dar conta, como se explicará, de como tascas e cantinas se converteron no reservorio do lecer ilícito da cidade de Lugo. Pero non tódolos bares da xeografía luguesa foron iguais en características. A rúa na que se enclavaban, o perfil do público por eles frecuentado, os horarios de apertura e outros factores resultaron determinantes á hora da súa conversión en lugares habituais de comisión de delitos ou de ser concibidos como espazos “con boa fama”, que non tiveron presenza nas causas xudiciais nin na prensa de sucesos do momento. Tres son os modelos de establecemento que diferenciamos a partir dos mencionados marcadores: 1) os cafés-bar, de horario fundamentalmente diúrno, situados en rúas concorridas, abertos a tódolos públicos e idades e cuxa presenza estaba socialmente aceptada e non supoñía un escándalo, aínda que si certa vixilancia. Algúns destes eran lugares de faladoiro, como o bar “Lugo”, na Rúa San Roque, que pasou á historia luguesa por ser o local de reunión do literato Ánxel Fole.51 Neles, os delitos rexistrados nas causas xudiciais serano por causas exóxenas e circunstanciais, é dicir, non sendo espazos conflitivos per se, tratouse de sucesos anecdóticos como roubos e furtos, cometidos aproveitando descoidos ou o horario de peche. Outra casuística dos delitos que xorden nesta tipoloxía de espazos de ocio foron as condutas inadecuadas por parte de clientes, sempre vinculados coa nocturnidade e o consumo abusivo de alcol, que provocaban altercados que derivaban en lesións ou impagamentos. Tamén coa presenza de buscavidas que acudían de noite a estes establecementos para aproveitarse de clientes borrachos aos que, valéndose do seu enxeño e do engano, roubarlles. 2) Os bares de mala fama. As fontes non permiten determinar se se trataba unicamente de establecementos marxinais ou se eran prostíbulos, en moitas ocasións porque á hora de nomear a ambos tipos de establecementos recorren ao emprego de eufemismos como 50AHPLu. Fondo Servizos Sociais. Padroado de Protección á Muller (FSS. PPM). 1941-1975. Sobre o funcionamento do Padroato, vd. Lucía PRIETO: Mujer, moral y franquismo..., p.53-59. Carmen GUILLÉN: “El Patronato de Protección a la Mujer: Centros de encierro y control moral para las mujeres caídas,” en Pedro OLIVER e María del Carmen CUBERO (coords.): De los controles disciplinarios a los controles securitarios, Albacete, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, 2020, pp.513-526. Para o caso lucense: Ana CABANA e Tamara LÓPEZ: Fuera de toda moral..., pp.1-15. Enriqueta BARRANCO: “La obra de protección a la mujer en Lugo...”, pp. 215-225. 51 Carlos CASARES: Conversas con Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 2005, p. 52. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 256 “bar de mala nota” ou de “dubidosa reputación”, e porque, en moitos casos, omiten directamente a información para non evidenciar a súa existencia, especialmente desde a ilegalización do meretricio. Tratouse de locais afastados das zonas máis buliciosas das cidades, e nos que os delitos, ademais de estar motivados pola casuística propia de bares comúns xa comentados, involucraron aos propietarios/as e ás mulleres alí presentes, usualmente prostitutas. Delas, ao igual que acontece coa natureza dos establecementos que frecuentaban, non podemos clarificar se acudían en calidade de camareiras ou se eran meretrices, xa que a fonte xudicial unifícaas a todas como mulleres de mala vida e faltas de moral, polo que asume a prostitución como actividade de toda camareira. Como espazos de lecer permitían a evasión do individuo, en non poucos casos dunha realidade insatisfactoria, o que impregnado de alcol derivou en que foran lugares onde abrollaba o conflito e a transgresión dos principios morais impostos polo franquismo, tanto por parte dos clientes como por parte dos seus propietarios.52 3) Os prostíbulos, lugares así recoñecidos polas fontes documentais onde se exerceu a prostitución pública ata 1956. Eran establecementos rexentados maioritariamente por mulleres, sitos en calellas escuras, illados da mirada dos “bos lugueses” e nos que unha serie de pupilas que pasarán a denominarse “camareiras” coa chegada do abolicionismo consumen bebidas conxuntamente cun público masculino heteroxéneo, vendendo a súa compañía. Os servizos sexuais tiveron lugar en reservados ou habitacións dun andar superior a do bar que eran, ao mesmo tempo, o lugar de residencia destas mulleres. A prostitución privada levouse a cabo en vivendas sitas nos mesmos enclaves xeográficos da cidade onde unha madama alugaba os cuartos e organizaba os servizos á clientela. A estes últimos dedicarémoslles, máis adiante, un apartado específico neste capítulo. 4.4.1. O “lúdico” dos bares e tabernas Entre os anos 1962 e 1968 estiveron abertos unha media anual de 77,14 locais na capital lucense, unha cifra considerable se temos en conta a súa poboación, de aproximadamente 58.000 habitantes e que neste cálculo so se teñen en conta os locais que operaban dentro da legalidade, que non eran nin moito menos todos. As elevadas taxas de bares por habitantes en Lugo, de 1 bar por cada 753 habitantes, cobran todo o sentido se se comparan coa situación doutras cidades de tamaño parecido, como pode ser Pamplona, urbe que contaba con 42.249 habitantes en 1930 e dispoñía de 78 tabernas, o que supoñía 1 bar por 52 Iván MARTÍNEZ: Delitos, justicia ordinaria..., pp.392-393. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 257 cada 541 habitantes.53 En grandes cidades como Madrid, das que descoñecemos o número exacto, sabemos que a popularidade das tabernas é anterior aos anos trinta, non obstante, foi por sendas datas cando os restaurantes comezaron a agromar, aínda que co sinal distintivo das cadeas de cafeterías con pratos combinados ao estilo americano.54 O xornal A voz de Galicia non dubidou en definir de “fervedoiro” a cidade de Lugo pola densidade de bares e tabernas nela existente a mediados do século pasado.55 Destacaron pola súa alta concentración no casco histórico, zona correspondente ao interior de murallas, e nas rúas contiguas á mesma. Nese espazo é posible diferenciar entre zonas de lecer efémeras, que tiveron éxito durante algúns anos para logo decaer en favor doutros barrios ou rúas e enclaves fixos de ocio que se mantiveron co paso do tempo e das xeracións de lugueses.56 Os espazos efémeros atopáronse durante o franquismo tanto dentro como fóra de murallas. No interior do adarve podería citarse a Rúa San Pedro e a Rúa dás Nóreas, cuxo declive como lugar de ocio non impediu que xurdiran novos locais comerciais e algunha cafetería. A muralla marcou, igual que pasa coa vida da cidade en múltiples planos, tamén os espazos de ocio e, alén de servir de elemento de linde, as súas portas foron lugares especialmente proclives á abertura de bares, posto que aseguraban un fluxo estable de transeúntes. Bares como o “Avia” e “Manco”, na Porta de San Pedro; “Campo del Hoyo”, “Julio” ou “Lar de Miña Casa” na Porta de Santiago, foron algúns.57 O seu peche produciuse na década dos setenta, no contexto da operación “Muralla Limpa”, que liberou de edificacións anexas o monumento.58 53 Esther ALDAVE: Sociabilidades, masculinidad y espacios urbanos de la violencia en Pamplona (18761936), Traballo de investigación inédito, Pamplona, Universidad de Navarra, (2019), pp.1-13, esp.p. 6. 54 Jose Mª PUYUELO et al. (coords.): Introducción a la historia de bares y restaurantes: principales hitos bajo una perspectiva gastronómica, Zaragoza, Cofradía Vasca de gastronomía, Fecoga, 2017, p.192 e ss. 55 Antón GRANDE: “Aquellos bares de Lugo”, La voz de Galicia, Recuperado de internet (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2020/10/31/aquellosbareslugo/00031604145190613537531.htm), consultado o 13 de outubro de 2021. 56 Fenómeno presente en calquera entorno urbano. En Logroño, ver: Sergio ANDRÉS: “De la calle Portales a la Plaza del Mercado: espacios urbanos de socialidad en Logroño en la segunda mitad del siglo XX”, 142 (2002), pp. 209-239, p.215. 57 AHPLu. FX. Sum.: 109, 136 e 316/1950; 286 1951; 55/1958. 58 Ramón LÓPEZ: “Lugo, su muralla y las “operaciones de limpieza” pasadas y por venir: un caso de restauración a la española”, Ciudad y territorio: Revista de ciencia urbana, 2 (1978), pp.49-60. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 258 Fóra de murallas, o barrio de Recatelo, que se estende desde o Parque Rosalía de Castro ata a Porta de Santiago, pasou de ser unha coñecida zona de bares na segunda metade do século XX a unha residencial cando un ronsel de locais pecharon por mor da xubilación dos seus donos entrados os 2000.59 No norte da cidade, a explanada da estación de tren foi outro destes enclaves cun elevado número deste tipo de establecementos, con bares como os coñecidos “Descanso” ou o “París”, cuxa decadencia foi parella á da estación, motivada pola perda de popularidade do tren como medio de transporte e, consecuentemente, do propio fluxo de persoas por este lugar. Na Rúa Montero Ríos, próxima á estación, estaba tamén o “Asuero” e, na extensa Avenida da Coruña, o coñecido “Bar Imperio”. Nestes dous puntos, aínda que non desapareceron os bares, a súa presenza na actualidade é residual.60 59 Antón GRANDE: “Paseo histórico por los bares de Recatelo”, La voz de Galicia, Recuperado de internet (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/portomarin/2016/05/03/paseo-historico-baresrecatelo/0003_201605L3C6996.htm), consultado o 13 de outubro de 2021. 60 AHPLu. FX. Sum. 72. Ano 1956; Sum. 126. Ano 1951. Antón GRANDE: "Paseo histórico por los bares de Recatelo", La voz de Galicia, Recuperado de internet (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/portomarin/2016/05/03/paseo-historico-baresrecatelo/0003_201605L3C6996.htm), consultado o 30 de xuño de 2022. Fonte: AHPLu. Catastro de urbana. Ilustración 13. Bares da Rúa Nova. Lugo. Ano 1970. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 259 No centro histórico da cidade, dentro de murallas, as tascas eran o espazo onde se desenvolvía con maior fervor a chamada cultura do “chateo”.61 Así o evidencia a nomenclatura popular dada ás rúas que confluían na Praza do Campo, as “rúas dos viños”. A Rúa Nova, das máis afamadas da época, albergou bares como o “Osorio”, “Portabales”, “Costa”, “Campos”, “Luís” ou o “Mondelo”. O cancioneiro popular referenciaba que esta era a rúa do lecer por excelencia da cidade: “Na calle da Rúa Nova, 27 bares hai, comezan no Ferreirós e rematan no Candai”.62 Campo Castelo, praza sita tamén no interior de murallas, preto da porta de San Pedro, foi un lugar de consumo de tapas e viños que chegou como tal á actualidade, do mesmo xeito que a Praza Maior, entón denominada Praza de España, con cafeterías e bares como o “Café del Centro”, seguiu acollendo o esparexemento da sociedade do Lugo máis aburguesado. Neste sentido, cabe incidir en que, como en calquera outra urbe, existiron diferenzas sociais entre as clientelas dos diferentes bares, e que se fan visibles a través de dous marcadores que é posible rastrexar nas fontes, un o económico e o segundo, o temporal. O “ir de viños” ao centro, por exemplo, requiriu non só de diñeiro extra para gastar nunha actividade de ocio senón de dispor dun tempo libre que, por si só, constituíu un marcador social de urbanidade fronte á ruralidade (pois, no medio rural, os tempos de lecer estaban limitados tanto por un traballo que, de seu, demandaba máis horas, como polas barreiras xeográficas que o separaban da urbe) e de clases medias-altas fronte a clases baixas e populares. Os prezos das consumicións nos establecementos, alén da dita dispoñibilidade de tempo dos lucenses, coartaban tanto a asistencia como a frecuencia coa que se podía desfrutar deste tipo de ocio. Así, por exemplo, o “Bar Centro”, na Praza Maior; o “Monterrey”, na Rúa Doutor Castro ou “A Tasca”, en Rúa da Cruz, tiñan fama de caros, polo que atraeron a un público máis selecto socialmente integrante da burguesía da cidade. Mención á parte merece o café do hotel “Méndez Núñez”, na rúa da Raíña, onde se celebraba o famoso “Faladoiro do Méndez Núñez” con presenza de intelectuais galeguistas como Luís Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Ánxel Xohán, o entón bacharel Manuel María Fernández Teixeiro, Celestino Fernández de la Vega ou Ricardo Carvalho Calero, entre outros. Os establecementos de prezos máis populares acolleron a sectores máis humildes da poboación urbana e a veciños procedentes de zonas rurais próximas que, tal como relataba o propietario do bar “Campo del Hoyo”, na Porta de Santiago, era frecuentado por “aldeáns” que “subían a Lugo” a realizar diferentes xestións e transaccións económicas. 61 Recibe este nome nunha relación metonímica do continente no que se serve a o viño, os chatos. 62 Canción popular. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 260 Foran centros de reunión intelectual, de “ir de chatos” ou espazos para tomar beberaxes barateiras, a documentación hemerográfica revela como os bares foron enclaves estratéxicos na vida cotiá luguesa e nas relacións socioeconómicas da cidade. Os anuncios en El Progreso referenciaron o seu papel como moito máis ca lugares de esparexemento: foron o punto de entrega de obxectos perdidos, o lugar de reunión de personalidades do momento (futbolistas), o punto de información sobre os alugueiros ou lugares de negociación para a compra-venda de propiedades inmobiliarias (terreos e vivendas) e outros bens (vehículos usados). 4.4.2. O ocio “ilícito” a través da documentación xudicial Queda comprobado que durante a ditadura franquista Lugo foi unha cidade tranquila cunha incidencia delituosa reducida pero, como en toda urbe, existiron determinados espazos onde, por factores xa bosquexados e nos que incidiremos a continuación, aquela proliferou. Podemos aludir a esta “polifuncionalidade social” referenciada por R. W. Malcolmson para as tabernas doutros espazos como a Inglaterra de finais de século XVIII, onde ademais de ser: “un indispensable punto de encontro (...) un dos grandes centros sociais”, vinculáronse ao Fonte: AHPLu. Mapas, planos e debuxos, 97. Ilustración 14. A cidade de Lugo. Ano 1970. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 261 alcol(ismo) e á marxinalidade. A condición de espazos delituosos dos bares pasou a ser o discurso hexemónico de todo o occidente industrializado, o que provocou que desde a mencionada data os bares pasasen a estar no punto de mira de “reformadores dos costumes” e “moralistas” nos séculos contemporáneos.63 O control social sobre os clientes dos bares non foi unha realidade unicamente europea. En América Latina a “modernización” económica e social acontecida na primeira metade do século XX comportou novas formas de diversión asociadas a bares, prostíbulos e casas de xogo que se asociaron ao consumo de alcol e supuxeron o aumento da criminalidade e delincuencia nas cidades.64 Durante os réximes fascistas os bares e o lecer sufriron un férreo control, circunstancias resultantes, como aseveran as investigacións de Kate Ferris para a Italia do Duce, de constituíren espazos de lecer, de sociabilidade política e de conflito incentivados polo consumo de bebidas espirituosas. Con todo, clasificados de “zonas grises” pois foron, a un tempo, tanto espazos de accións hostís cara o réxime como de expresión política profascista.65 Alí, a propaganda en contra destes espazos levou a unha asociación alcolmarxinalidade que se traduciu un descenso vertixinoso no consumo de viño, ata niveis tan alarmantes que precisouse dunha campaña da industria vitivinícola e dunha actuación en prol do zume de uva por parte dos apoios de Mussolini para restituílo.66A concepción destes ao abeiro do nazismo non resultou moi disímil. Na cidade de Ausgburgo, a capital de Suabia, en 1933 o 75% dos comentarios sospeitosos denunciados foran escoitados en tabernas e bares, o que demostra tanto a presenza policial nestes espazos como a existencia dunha sociedade “autovixiada”.67 O franquismo non suporía unha excepción e, na mesma tónica, fiscalizou os lugares de esparexemento; de feito, xa en 1942 o réxime creou as “Xuntas Municipais de Saneamentos e Bos Costumes”, encargadas de informar sobre o estado moral de cada municipio, o que, entre outras cuestións, implicou a observancia de bares e tabernas, dos seus 63 Jorge URÍA: “La taberna, un espacio multifuncional de sociabilidad popular en la Restauración española”, Hispania, LXIII/2, 214 (2003), pp.571-604, esp.pp.576-578. Brian J GRIFFITH: “Bacchus among the Black shirts: Wine Making, Consumerism and Identity in Fascist Italy, 1919–1937”, Contemporary European History, 29 (2020), pp. 394-415, esp.p.395-396. 64 Jorge URÍA: “La taberna, un espacio multifuncional...”, esp.p.577. Un exemplo para América Latina en Miguel A.SUÁREZ, Edwin A.MONSALVO e Sebastián MARTÍNEZ: “Progreso y delincuencia: mecanismos de control social en Manizales (Colombia), c. 1910-1940”, Revista de Historia Regional y Local, 6, 12 (2014), pp.334-373, esp. pp.338-339. 65 Kate FERRIS: “Everyday Spaces...”, pp.136-159. 66 Brian J GRIFFITH: “Bacchus among the Black shirts...”, p.395-396. 67 Richard J. EVANS: El Tercer Reich en el poder, Barcelona, Ediciones Península, 2017. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 262 rexentes e asistentes.68 O noso achegamento aos bares como espazos especialmente relacionados coa delincuencia circunscríbese ás décadas centrais do franquismo porque parte da constatación de que os anos cincuenta e sesenta do século pasado marcaron a época de esplendor de bares e tabernas como epicentro do lecer nas vidas dos españois, en xeral e, na cidade das murallas en particular. Había cada vez máis establecementos que aloxaban a unha crecente clientela que buscaba opcións para o lecer legal, pero tamén para fórmulas de divertimento condenadas polo réxime e os seus discursos sobre a moralidade e a decencia.69 O discurso moral do réxime franquista asociou as cantinas e tascas á marxinalidade, ao vicio, á pecaminosidade e á decadencia, ademais de concibilas como instigadoras dunha forma de divertimento que ameazaba a orde moral ansiada e isto afectou sobre todo ás mulleres e ao entendido como comportamento feminino porque, para elas, ser vistas nestes lugares implicaba ser etiquetadas de mulleres de mala conduta e dubidosa moralidade.70 Que os bares permaneceron baixo a atenta mirada da ditadura quedou de manifesto xa dende os trámites burocráticos necesarios para a súa apertura. Os expedientes para a súa rexencia referenciaron non só ás condicionantes hixiénico-sanitarios e infraestruturais dos establecementos, senón que tamén entraban na solvencia moral (ou falta dela) dos solicitantes. Aspectos como a existencia de multas, a adhesión ao Movemento, a conduta, os antecedentes penais ou a moral pública e privada, eran tidos en conta na ficha policial que se debía axuntar á solicitude de apertura do local, o que deixou en evidencia dúas realidades: por unha banda, que o control exercido polas estruturas do réxime non cesou nin se relaxou en ningún momento da ditadura (nin nas décadas nas que o “consenso” era asumido como inquebrantable) e, por outro, que as autoridades eran perfectamente conscientes de que os bares e tabernas eran espazos asociados ao ocio, pero tamén ao vicio e ao delito e, tamén ás a condutas sociais que amosaban falta desa firme adhesión que o réxime demandaba.71 68 Manuel ORTIZ y Carmen GONZÁLEZ: “Control social, control policial en la dictadura franquista”, Historia del Presente, 16 (2010), pp.143-152, esp. p.151. 69 O control do ocio non se limitou aos bares. Xa nos anos da guerra civil, o aínda non constituído réxime de Franco chegou ao extremo de prohibir festividades tradicionais como o Entroido, tamén o xogo, agás as damas e o xadrez, continuando cunha lexislación vixente desde 1848. O título VI do Código Penal de 1944 especificaba que os donos de casas de xogo serían castigados con penas de arresto maior, de 6 meses a 6 anos, e multas de 1.000 a 5.000 pesetas. No caso de reincidir, a pena aplicada sería de prisión menor, con multas de entre 5.000 e ata 10.000 pesetas. Para os xogadores, a condena prevista era a de arresto maior, con multas que oscilaban entre as 1.000 e as 5.000 pesetas. En 1977 diferenciouse xa entre xogo autorizado e non autorizado. Código Penal de 1944, p.454. Gloria ROMÁN: Franquismo de carne y hueso..., p.305. Fuensanta ESCUDERO: Dictadura y oposición al franquismo en Murcia..., p.55. Miguel J. IZU: “Los juegos de azar en el Derecho Histórico y en el Derecho actual de Navarra”, Revista jurídica de Navarra, 17 (1994), pp. 69-80, p.74. 70 Ibid. Iván MARTÍNEZ: : Delitos, justicia ordinaria..., pp.392-393. 71 AHPLu. Fondo del Gobierno Civil (FGC). Expedientes de autorización para a rexencia de bares, tabernas, cafés bar. 1962-1968. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 263 Nos informes policiais quedan reflectidos os antecedentes políticos dos solicitantes que, nalgúns casos impiden o trámite de apertura, pero noutros non. Cando Francisco Alvaredo Rodríguez, concelleiro en Sarria durante a II República, solicitou unha autorización para rexentar o Bar “Sarria” as autoridades non dubidaron en cualificalo como elemento “de pésima conduta, de extrema esquerda”. Fora separado do seu cargo de carteiro polas súas “ideas avanzadas”, detido en 1936 e condenado por auxilio á rebelión a 12 anos e 1 día, pena que non chegou a cumprir integramente. Todo apuntaba a que a súa solicitude sería denegada, con todo, a entrega voluntaria dun exemplar de “Mundo Obreiro” e dous panfletos que recibira desde París parecen ser determinantes para a súa aceptación.72 Os antecedentes por mala conducta moral ou expedientes persoais delituosos dos interesados tamén son tidos en conta. Mención específica merecen as solicitudes dos denominados polos expedientes como “bares de camareiras”, eufemismo referido a prostíbulos empregado desde a súa ilegalización en 1956. A apertura destes negocios realizábase mediante a solicitude de autorizacións para bares comúns, pero os antecedentes do peticionario ou peticionaria por delitos asociados á prostitución sementaron a dúbida sobre as súas verdadeiras intencións ao abrir o novo local, sendo en moitos casos denegadas as súas solicitudes por este motivo.73 Tal lle sucedeu a María Yolanda que, con tres fillos menores, en 1964 solicitou permiso para rexentar unha taberna. A súa ficha policial determinou que era unha persoa de mala conduta moral, pública e privada, “dedicándose ao exercicio da prostitución, que é o seu único medio de vida en diferentes bares do Recanto do Miño”.74 Aínda que descoñecemos se lle foi concedida a solicitude e cales eran as súas verdadeiras intencións no uso do local, a presunción por parte das autoridades de que o comercio do sexo era “o seu único medio de vida” evidencia o nivel de inmobilismo social das devanditas mulleres e a dificultade que podían ter para saír destes círculos. Pero non sempre remataban en negativa. Tal quedou de manifesto no caso do bar “Azul” cuxa rexente, Luisa M.R., era sobradamente coñecida pola policía por ter “numerosos antecedentes por prostitución clandestina, escándalo...” e outros delitos análogos. Pese a todo, en 1964 foille concedida a autorización para rexentar o nomeado bar no Recanto do Miño.75 72 Ibíd. 73 Decreto-Lei do 3 de marzo de 1956, “Sobre abolición de centros de tolerancia y otras medidas relativas a la prostitución”. 74 AHPLu. FGC. Expedientes de autorización para a rexencia de bares, tabernas, cafés bar. 1964. 75 AHPLu. FGC. Expedientes de autorización para a rexencia de bares, tabernas, cafés bar. 1965. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 264 Noutros casos alugábanse os negocios unha vez que estes tiñan licenza, de maneira que a actividade estipulada no expediente era legal pero xa non a desempeñada polo arrendatario. Foi así como, a ollos das autoridades, moitas das antigas madames pasaron a ser “empresarias” e as meretrices, “camareiras”.76 Francisco, veciño de Lugo, solicitou unha autorización para abrir un bar no Recanto do Miño. A súa localización no barrio onde proliferaban locais dedicados á prostitución fixo levantar as sospeitas acerca das súas verdadeiras intencións, séndolle denegada a súa petición. O informe sinalaba: “A pretensión do solicitante é a de conseguir a autorización gobernativa para a apertura do bar e unha vez no seu poder efectuar obras de adaptación para a instalación do mesmo e acto seguido cedelo, en arrendamento ou outra forma de pago a unha muller de vida airada, que sería a que de verdade rexentaría e dirixiría o negocio, converténdoo, como é lóxico, nun bar de camareiras”. 76 Jean-Louis GUEREÑA: La prostitución en la España contemporánea, Madrid, Marcial Pons, 2003, p. 440 e ss. Fonte: AHPLu. Catastro de urbana. Ilustración 15. Bar Azul. Recanto do Miño. Ano 1970. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 271 necesarias” no delito e das prostitutas como mulleres que pretendían abortar. Con respecto ás primeiras, tratouse de aborteiras sen capacitación formal algunha que procedían á interrupción do embarazo previa retribución, que tiña lugar no establecemento que rexentaban. Foi o caso de María Josefa G.E. que exerceu como aborteira nun prostíbulo clandestino, o bar “Transporte”, sito na Rúa San Roque. Ao igual que para as mulleres que abortaban, o seu procesamento foi xeralmente froito de complicacións na operación, e derivou en condenas superiores ás da vítima. Para Josefa, a condena foi de 1 ano e 3 meses de prisión.87 Non moi lonxe deste lugar, na Rúa das Nóreas, Josefa C.F. unha prostituta que se atopaba embarazada de dous meses, acude ao bar “Sol” guiada polas indicacións dunha compañeira, María del Rosario O.O., que coñecía á propietaria do local, Angelina R.V., a madame do mencionado lupanar para que lle practicara un aborto. Este tivo lugar no andar superior do establecemento mediante a introdución dunha sonda na matriz. As lesións derivadas do aborto foron tais que debeu acudir ao médico, probablemente o denunciante. Angelina, pese a negar calquera implicación nos feitos, foi condenada a 3 anos de prisión e a unha inhabilitación para traballar no sector sanitario durante 8 anos; María del Rosario, por cómplice do delito, foi condenada a 6 meses de arresto e a Josefa sentenciárona a 2 anos de cárcere.88 87 AHPLu. FX. Sum. 282. Sent. 46. Ano 1960. 88 AHPLu. FX. Sum. 49. Sent. 128. Ano 1959. Fonte. AHPLu. Catastro de Urbana. Lugo 1970. Ilustración 18. Bar Transporte. Rúa San Roque. Lugo. Ano 1970. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 272 A Rúa Nova foi outra das rúas a destacar pola súa incidencia delituosa, pero cunhas características ben distintas ás das zonas comentadas previamente. Neste caso, tratouse dun espazo de ocio estable no tempo (ata a actualidade), un lugar de tránsito habitual de lugueses e visitantes, coroado de bares e tabernas propias dunha sociabilidade popular para tódolos públicos. Factores determinantes de que, agás un sumario por lesións, todos os delitos alí cometidos estiveran vencellados á delincuencia contra a propiedade. Tratábase de ladróns que acudían á esta zona maioritariamente en horas de peche ao público dos locais. Non tivo que ver, por tanto, con propietarios e clientela. A tipoloxía dos roubos coincidiu coas presentes noutros espazos, a necesidade nos anos cincuenta e o ánimo de lucro na década dos sesenta, con presenza de furtos de xoias, de roupas e ata de caixas de caudais e subtraccións de obxectos e bens dos coches dos clientes que estaban desfrutando do seu ocio.89 Fronte a unha delincuencia contra a propiedade baseada en roubos e furtos varios que, certificamos, non discriminou espazos, rexistramos unha modalidade delituosa exclusiva de tascas e tabernas, a estafa a través do xogo. A súa ilegalización non coartou as ansias de divertimento das clases populares, que viron no bar un espazo semiclandestino idóneo para acoller, entre roldas e roldas de viño, partidas de cartas e doutros xogos.90 De seren descubertos, foran ou non un inocente pasatempo, serían condenados tanto xogadores como propietarios dos establecementos que os acolleran. Cando se buscaba enganar a algún cliente con ánimo de quedar cos seus cartos os executores do delito captaban ás vítimas con cebos. Unha delas foi Manuel L.S., veciño da parroquia luguesa de Calde, que “casualmente” resultou convidado a un viño por un descoñecido cando transitaba pola Rúa Nova. Unha vez no establecemento atopouse con dous individuos máis que lle propuxeron unha partida á baralla, á que non tardou en acceder. O “viño” custoulle 600 pesetas que nunca recuperou. Este tipo de enganos resultaron unha práctica certamente habitual. José V., foi abordado no mesmo lugar e co mesmo modus operandi por tres rapaces, todos menores de idade, que eran habituais deste tipo de delito, Antonio M.P., Camilo L.S., e José L.F. A existencia de antecedentes facilitou que foran procesados e condenados a 5 meses de arresto e 1.800 pesetas de multa pola súa dobre reincidencia, así como a indemnizar ao prexudicado na 89 AHPLu. FX. Sum. 99. Ano 1950; Sum. 215. Ano 1956; 139. Ano 1952. 90 Gloria ROMÁN: Franquismo de carne y hueso..., p.305. O título VI do Código Penal de 1944 especificaba que os donos de casas de xogo serían castigados con penas de arresto maior, de 6 meses a 6 anos, e multas de 1.000 a 5.000 pesetas. No caso de reincidir, a pena aplicada contemplaba prisión menor, con multas de entre 5.000 e ata 10.000 pesetas. Para os xogadores, a condena limitouse ao arresto maior, con multas oscilantes entre as 1.000 e as 5.000 pesetas. Código Penal de 1944, p.454. Fuensanta ESCUDERO: Dictadura y oposición al franquismo en Murcia..., p.55. En 1977 diferenciouse xa entre “xogo autorizado” e “non autorizado”. Miguel J. IZU: “Los juegos de azar en el Derecho Histórico...”, p.74. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 273 cantidade estafada.91 Pero se houbo unha fórmula de estafa clásica na que se fixo uso dos naipes foi o denominado “xogo das tres cartas”, onde de entre tres naipes colocados boca abaixo e sobre os que se executan rápidos movementos o obxectivo é adiviñar o paradoiro do ás. Rexistráronse delitos deste tipo en bares do casco histórico como o “Amistad” da Rúa Progreso, o “Carballeira” ou o “Pepe”, dos que descoñecemos a súa situación, e nalgunha das tabernas da praza de Campo Castelo.92 Estes enganos non só se deron empregando o enxeño dos xogadores-delincuentes, tamén alcol e nocturnidade podían converterse en grandes aliados dos estafadores. En xullo de 1964, Manuel V.P., con antecedentes por delito de xogo, trabou amizade con outro home na súa viaxe en tren a Lugo e ao chegar fóronse “de viños”. Gañada a súa confianza, convenceuno para depositar o diñeiro que levaba consigo en mans do propietario do bar “Luís”, na Rúa Nova, por “seguridade”, o que o procesado fixo aparentando que os cartos eran seus. Cando despois de varias horas de alterne logrou desfacerse do seu acompañante, Manuel V.P. regresou ao bar apropiándose dos cartos. O procesado foi condenado a 3 meses de arresto e a devolver a cantidade estafada.93 Calotes máis sofisticados tiveron o seu emprazamento no bar “Campo del Hoyo” nas inmediacións da Porta de Santiago un dos accesos á cidade. Estiveron orquestradas polo dono do establecemento, Jesús María L.V., de 41 anos que tiña fama de ser coñecedor das prácticas xudiciais e que ademais brasonaba de ter amizade co xuíz municipal, razón pola que algunhas persoas acudían a pedirlle consello sobre litixios. Segundo o Ministerio Fiscal, desde 1950 ditas orientacións implicaron retribución: dous xamóns e cartos nunha ocasión, 3.000 pesetas noutra e ata 6.500 pesetas noutra... O denunciante foi un dos afectados, Daniel S.R., veciño da cidade de Lugo que acudiu ao procesado con motivo dun preito por unha servidume de augas, un asunto que Jesús María deu por “perdido” e que, se quería gañar, custaríalle dous xamóns. Varias testemuñas aseguraron que a mediación do dono do mencionado bar en preitos e querelas eran de dominio público. O procesado, que puntualizou que as veces interviña nos Xulgados de Paz como asociado en asuntos de faltas e conciliacións, indicou que unicamente percibía as contías que voluntariamente lle daban os seus patrocinados, sen esixir ningunha en concreto. A absolución xudicial alude a que se trataba dun negocio lícito, co que continuou, dado que volveu ser procesado novamente ao ano seguinte. Nesta ocasión o denunciante foi Antonio L.A., de pésima conducta e con antecedentes penais segundo o 91 AHPLu. FX. Sum. 79. Ano 1951; Sum. 96. Sent. 294. Ano 1955. 92 AHPLu. FX. Sum. 276. Sent. 247. Ano. 1950; Sum. 75. Sent. 376. Ano 1951. 93 AHPLu. FX. Sum. 175. Sent. 42. Ano 1964. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 274 informe policial, e que acudiu ao mencionado bar na procura dos servizos do seu propietario, para poñelo posteriormente en coñecemento dun axente de policía que o detivo in fraganti. O xuíz absolveuno de novo e Jesús María L.V. amosou así que os seus contactos eran reais.94 Igual que este tipo de mediación interesada, as liortas tampouco foron a tónica habitual nos bares de Lugo. Non obstante, en ocasións individuos problemáticos e estados de alcoholismo deron lugar a pelexas con graves resultados que acabaron xerando expedientes xudiciais. En xaneiro de 1956 a Rúa Nova foi escenario dunha lea iniciada no interior do bar “Osorio” na cal Manuel A.G. foi ferido cun arma branca na rexión submaxilar por Carlos V.I. A condena ao agresor, de 3 meses de arresto e 2.000 pesetas de multa, nunca foi cumprida pois o procesado faleceu en novembro dese mesmo ano no Centro Benéfico Provincial, descoñecendo as causas.95 E a pesar de que estes comportamentos non resultaron usuais no ocio lugués, tampouco foron anecdóticos. Os seus desencadeantes podían ser os máis fútiles. A mediados dos sesenta no bar “Julio” da Rúa da Cruz viviuse unha disputa que dexenerou en agresión física cuxa causa foi o reproche que Manuel recibiu polo mal aparcamento da súa bicicleta no exterior do bar. O expediente xudicial acabou cunha condena por lesións a 1 mes e 1 día de arresto e unha indemnización de 4.500 pesetas.96 As agresións físicas tamén tiveron presenza nos prostíbulos, e moitas veces asociados ao modo de defensa das traballadoras fronte ao abuso ou maltrato dos clientes. Carmen O. foi denunciada por ocasionarlle lesións a Francisco S.P., de 78 anos, ao empurralo fóra do seu bar, o “Ojea”, no Recanto do Miño. Segundo as investigacións policiais, entrara no bar perseguindo a unha prostituta á que asoballaba. O sumario resultou sobresido ao determinarse que o seu estado de intoxicación etílica propiciara a caída e as conseguintes lesións.97 As zonas rurais do municipio lugués contaban cun número moito máis limitado de bares e cunha clientela definida pola súa estabilidade, consecuencia fundamentalmente de tratarse de núcleos de poboación moito máis reducidos, onde todos se coñecían e de que non había máis dunha ou dúas tabernas en cada parroquia. A proximidade coa urbe propiciaba, ademais, o “subir a Lugo” para “ir de viños” nos tempos de esparexemento de maneira que os varóns do rural compartían afeccións cos habitantes da cidade. Por outra banda, cuns tempos de ocio limitados por un traballo que, de por si, demandaba moitas horas, no rural procuráronse fórmulas alternativas para o divertimento, como as romarías e verbenas nas que 94 AHPLu. FX. Sum. 377. Sent. 119. Ano 1950; Sum. 85. Sent.53. Ano 1951. 95 AHPLu. FX. Sum. 12. Ano 1956. 96 AHPLu. FX. Sum. 169. Sent. 152. Ano 1965. 97 AHPLu. FX. Sum. 26. Ano 1960. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 275 tamén estaban moi presentes o consumo de alcol, as rivalidades parroquiais e os conflitos interpersoais que propiciaron igualmente conductas cualificables de delituosas.98 De tódalas tabernas rexistradas na documentación xudicial, só 4 se situaban no rural lucense, pero o seu reducido número non as desvencellou de ser espazos onde tivo lugar algún delito. Un dos casos máis dramáticos ten que ver co abuso no consumo de alcol. O sumario rexistrouse nunha parroquia do municipio de Castro de Rei, onde en 1963 unha trivial aposta tornouse a causa dunha liorta na que interviñeron sete homes, todos eles bébedos. O resultado foi fatal para un deles, Cándido F.S. que debido ás lesións sufridas, unidas ao seu estado de embriaguez e á hipotermia derivada de pasar a noite inconsciente á intemperie, provocáronlle a morte. Francisco A.A. foi condenado como autor do delito de homicidio con atenuante por embriaguez a 7 anos de presidio maior e 50.000 pesetas de indemnización. Os outros implicados fórono por un delito de imprudencia temeraria a 3 anos de presidio menor e multa de 5.000 pesetas, debendo pagar todos eles unha indemnización de 100.000 pesetas á viúva da vítima.99 En relación á prostitución, nada se albisca sobre ela no rural, o que corrobora a tese de Lucía Prieto que sostén que esta non se exerceu do mesmo modo en pequenos núcleos de poboación onde non estivo vencellada ao ocio, tabernas ou bailes, senón que permaneceu moito máis integrada na vida da comunidade.100 Unha maior invisibilidade que a altura dos anos 50 a Xunta Provincial do PPM en Lugo entendeu interesadamente como froito da súa acción e da inexistencia de tal fenómeno neste tipo de espazos de ocio.101 A partir desta xeografía da delincuencia nos bares de Lugo podemos extraer tres conclusións fundamentais. A primeira, que as accións contra a propiedade, roubos e furtos, cometéronse con independencia do espazo no que se atopaban os establecementos, se ben moitos tiveron que ver cos propietarios e asistentes aos mesmos e outros so tiveron aos bares como lugares de acción habitual dos ladróns. A segunda, que aquelas zonas nas que existían locais onde se practicaba a prostitución eran máis proclives á delincuencia, con todo, non necesariamente relacionada co meretricio senón cunha clientela que era exclusivamente masculina. E, por último, que os delitos que tiveron por escenario bares e tabernas non son 98 Miguel CABO e Enrique CARBALLO: “El incivil deporte...”, p.3. 99 En San Xiao de Mos. AHPLu. FX. Sum. 179. Sent. 188. 1963.Circunstancias que tamén se deron noutros puntos do Estado como en Lobosillo, Murcia, onde a taberna era descrita pola mestra nacional como lugar de “xogos, discusións, xuramentos, fume e alcol” “sen dominio nin control”. José SÁNCHEZ: “Control de ocio bajo el franquismo. Teleclubs en el Campo de Cartagena”, Revista murciana de antropología, 23 (2016), pp. 173-202, esp.p.185. 100 Lucía PRIETO: Mujer, moral y franquismo..., p.70. 101 AHPLu. FSS. PPM. Ano 1951-1952. Memoria da Xunta Provincial de Lugo. Ana CABANA e Tamara LÓPEZ: Fuera de toda moral..., pp.8-9. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 276 0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 1950 1951 1952 1953 1954 1955 1956 1957 1958 1959 1960 1961 1962 1963 1964 1965 1966 Delitos cometidos en bares Fonte: elaboración propia a partir de: AHPLu. FX. 1950-1966. Gráfica 12. Evolución delincuencia en bares 1950-1966. numerosos aínda naquelas anualidades nas que alcanzaron as cotas máis elevadas, pois en ningún caso chegan a 20 os expedientes xudiciais abertos anualmente nestes espazos que, como se apuntou, eran moi numerosos en comparación con outras cidades de poboación semellante. Se analizamos a gráfica, ademais de marcadas oscilacións vemos que tras alcanzar o cénit delituoso en 1960, a tendencia reverteuse á baixa co cambio de década, e malia que con novas subas o seu incremento posterior non acadou os niveis do decenio anterior. A explicación atopámola nesa “nova urbanidade” da que falabamos no capítulo anterior e nunha relativa prosperidade económica que reduciron, con independencia do lugar, os sempre máis predominantes delitos contra a propiedade. Por tanto, lonxe de pensar na prohibición da prostitución en 1956 como fito na consecución da orde social nos contextos de ocio (i)lícitos, a realidade amosa que a incidencia que tivo a recuperación do abolicionismo foi limitada, cuestión na que profundaremos a continuación. 4.5. Unha análise espacial da prostitución na cidade a través da documentación do Padroado de Protección á Muller Como xa sinalamos con anterioridade, unha das medidas implementadas polo franquismo en materia de prostitución foi a recuperación do modelo regulamentarista, o que implicaba que esta pasara a exercerse baixo o control do Estado. Durante a vixencia deste modelo, o meretricio acollíase a dúas fórmulas: a legal e a clandestina e, dentro da primeira, CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 277 existían dúas vías, a pública e a privada.102A primeira destas opcións legais, a prostitución pública, exercíase en establecementos a pé de rúa sen camuflar o seu aspecto de locais de alterne e onde as meretrices dependían dun/ha rexente, xeralmente unha madame. Como ten sinalado Beatriz Onandia, nestes locais as prostitutas permaneceron subordinadas a terceiras persoas sendo explotadas no comercio do sexo.103 Esta fórmula de lenocinio compartía o espazo con bares e tabernas. Neles, como xa vimos, as meretrices alternaban cos homes, pois cobraban, ademais dunha contía fixa acordada coa madame, unha taxa pola venda de consumicións, actividade que ademais funcionaba de gancho para a captación de clientes. Así, os alí asistentes podían acudir tanto na procura de divertimento asociado ao consumo de bebida como dos servizos sexuais dunha prostituta, ofertados xeralmente en habitacións localizadas nun andar superior do “bar”.104 A outra das posibilidades de exercer a prostitución foi a do meretricio privado. A diferenza do anterior, tratouse do exercicio libre da prostitución, sen intermediarios de ningún tipo. Exerceuse en vivendas con habitacións que normalmente elas tiñan alugadas. Segundo o PPM de Lugo as prostitutas eran: “mulleres inmorais cunha vida do máis abxecta, entregadas a todo xénero de vicios, arrastrando a súa horrible miseria nun ambiente procaz e repugnante”.105 Evidenciando a dobre moral do franquismo con respecto á prostitución que, segundo as investigacións de Assumpta Roura, “non impediu que (...) aceptara abertamente durante anos a proliferación, ao longo e ancho do país, deste tipo de establecementos”, considerados “espazos luxuriosos e escandalosos, centros de perversión da mocidade e ocasión habitual para o pecado fácil e multitudinario”.106 Como xa se comentou, en Lugo, a prostitución legal exerceuse fundamentalmente en casas de tolerancia e locais de alterne sitos no Recanto do Miño, onde alcol e marxinalidade fixeron deste o espazo de ocio coa maior incidencia delituosa da cidade. Os informes da XPL en 1947 describiron as súas calellas como un “ambiente fedorento”, “impropio do século actual”, con locais carentes das “máis mínimas condicións hixiénicas”, cheo de “miseria e vicio estendido na escuridade das vivendas”. A súa clientela non foi mellor cualificada: “explotadores de mulleres”, “truáns”, “xogadores de vantaxe”, e demais suxeitos que “viven á marxe da lei e da convivencia social”. Só dous destes prostíbulos, de nomes descoñecidos, mereceron mellor consideración por parte da XPL ao entenderse que si cumprían uns 102 Jean-Louis GUEREÑA: La prostitución..., p.418. 103 Beatriz ONANDIA: “Entre el pecado y la lujuria...”, p.178. 104 AHPLu. FX. Sum. 204. Sent. 92. Ano 1963. 105 AHPLu. FSS. PPM. Memoria da XPL. Ano 1947. 106 Assumpta ROURA: Un inmenso prostíbulo. Mujer y moralidad durante el franquismo, Barcelona, Editorial Base, 2005, p.133. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 278 mínimos, ao igual que a súa clientela que, segundo o Padroado era “heteroxénea, homes de tódalas clases sociais, idades e estados”.107 Outras fontes, como as memorias escritas por algúns lugueses de renome recoñecen que pasarse ou acudir aos prostíbulos do Recanto do Miño era habitual. O escritor lugués José de Cora admitiu que en tempos de xuventude “as veces, ían dar unha volta polos bares do Recanto, pois aquelo tiña bastante morbo, trabando conversa coas mulleres alí presentes”. Unha “aventura” que deberon experimentar moitos mozos movidos pola curiosidade adolescente.108 O mantendo desa dobre moral que caracterizou ao réxime fixo habitual que, mentres as mulleres que exercían o lenocinio, xeralmente movidas pola necesidade, foran sinaladas, vexadas, multadas e descualificadas, os homes que pagaban polos seus servizos rara vez recibiran a máis mínima reprobación moral. Nun contexto de forte control moral, o PPM, que exerceu o seu labor a través das Xuntas Provinciais, encomendóuselle o labor de determinar cal era o estado da moralidade nas diferentes localidades da provincia, con vistas a emprender as accións moralizadoras consideradas pertinentes.109 Con este fin, unha das tarefas do padroado pasou por identificar os lugares nos que se exercía a prostitución. O primeiro dos informes que ofreceu unha relación das “casas de prostitución” en Lugo data de febreiro de 1944. Nel diferénciase entre as “existentes” e as “sospeitosas”, indicativo de que transcorridos dous anos do inicio do seu labor a XPL amosábase incapaz de establecer onde e baixo que condicións se exercía a prostitución na cidade. Cunha información limitada ás rúas e aos números de vivenda, valémonos desta documentación para trazar o que denominamos “xeografía do meretricio”, atendendo a tres factores: a localización, o volume e o status conferido a cada lupanar pola XPL. Conforme ao anterior, procedemos a ofrecer un plano no que en cor azul delimitamos as rúas nas que a XPL determinou que se exercía a prostitución e en verde aquelas que permanecían baixo a súa observancia por ser sospeitosas. O tamaño das circunferencias trazadas representa o número de casas de tolerancia existentes ou sospeitosas na mesma rúa, a maior tamaño da figura, maior número de prostíbulos. 107 AHPLu. FSS. PPM. Memoria da XPL. Ano 1947. 108 José DE CORA: Antoloxía da memoria de Lugo, Cap. 24. Entrevista a Paco Martín. 10:17-11:05, Recuperado de internet (https://www.youtube.com/watch?v=qPjapSWNCc8, 2013), consultado o 23 de xuño de 2021. 109 As Xuntas Provinciais foron constituídas en setembro de 1942 e estiveron presididas polo Gobernador Civil de cada provincia. AHPLu. FSS. PPM. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 279 Segundo a información manexada cabe sinalar que, durante os primeiros anos do franquismo, o comercio do sexo estaba diseminado no plano da cidade, non obstante, mantendo unha serie de características comúns: a súa localización preferente no casco histórico, ao longo de estreitas calellas e, por norma xeral, afastado das rúas máis transitadas e comerciais do centro. Moitos destes prostíbulos estiveron, a un tempo, constrinxidos polos muros pétreos do monumento bimilenario máis próximos a algunha das súas portas, o que garantía a discreción no acceso de posibles clientes da cidade ou da contorna rural. Dentro dos enclaves nos que a XPL corroborou que se exercía o lenocinio, o máis destacado, por expansión e alcance, foi o sito no reduto ao que se accede a través da Porta Miñá, correspondente ás rúas do Recanto do Miño, a Rúa Tinería (1), a Rúa Catedral (4) e a Rúa Armañá (3). En contraposición, máis aló destas calellas o fenómeno espallouse con menor intensidade. De maior a menor presenza: a Rúa das Nóreas (6 e 7) onde, segundo a XPL e a Fonte: elaboración propia a partir de: AHPLu. FSS. PPM. Relación de casas de prostitución existentes nesta capital. Lugo 17 de febreiro de 1944. Ilustración 19. Casco histórico de Lugo. Relación de prostíbulos sospeitosos e confirmados. Ano 1944. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 280 documentación xudicial, os lupanares transcenderon ao período regulamentarista.110 Tamén nas proximidades do mencionado recanto, a Ronda do Xeneral Sanjurjo (2) hoxe parte da Ronda da Muralla á altura do coñecido por Barrio do Carme albergou, polo menos, un prostíbulo. Un único lupanar ofrecía os seus servizos nas proximidades da Porta do Bispo Esquerdo, o localizado na praza á que se abría a devandita portada, entón homónima, hoxe Praza do Campo Castelo (5). Alén das citadas localizacións existiron outras non verificables como gorecedoras de casas de tolerancia, todas elas dentro de murallas. Foron o Recanto de Santo Domingo (8), a Rúa do Teatro (9), a Praza do Ferrol (10), a Porta Falsa (11) e a Rúa Amor Meilán (12). Trátase de rúas non moi afastadas entre si e todas na zona norte do centro da cidade. Ningunha delas figurou na documentación xudicial nin na administrativa como sospeitosa de tales actividades, non obstante, eses son motivos insuficientes para acreditar que non existiran este tipo de vivendas nos enclaves referenciados. De feito, os coñecidos por “bares de camareiras” alén do Barrio chinés, nunca constaron nos rexistros da Xunta, circunstancia que pon de manifesto que a súa capacidade de acción ben foi limitada ou ben a súa iniciativa moi feble.111 A estes lupanares habería que engadir aqueles espazos frecuentados por meretrices, os que pasaban a ser considerados espazos de “promiscuidade” e “mala nota”, pola institución, entre os que se mencionan dous cafés cantantes, ambos céntricos, o “Mercantil”, sito na Rúa San Marcos, e o “Galicia”, na Rúa Doutor Castro, e tres salóns de bailes públicos, o primeiro, próximo aos anteriores na Rúa Bolaño Rivadeneira, e os outros dous no exterior de murallas, un na Avenida da Coruña e o outro, “La Florida”, sito nas proximidades do Balneario, á orela do río Miño, ás aforas da cidade.112 Durante os anos corenta as casas de tolerancia espalláronse ao longo do casco histórico da cidade amurallada, con especial presencia no que posteriormente sería coñecido por ser o “Barrio chinés” da cidade, por se concentrar nel o maior número de prostíbulos. En 1944, a XPL cifraba nun total de 17 os existentes, sendo 8 as vivendas que permanecían baixo sospeita das autoridades. Só tres anos despois, unha nova memoria da Xunta estimou que estes descenderan ata os 10, cunha media de 4 a 7 pupilas en cada un, o que implicaba que en só tres anos sete lupanares pecharan. Catro deles fixérono a consecuencia da actuación da XPL que os culpaba do escándalo que, entendían, provocaba a súa presenza nas rúas 110 AHPLu. FSS. PPM. Relación de casas de prostitución existentes en esta capital. Lugo 17 de febreiro de 1944. 111 Ibid. 112AHPLu. FSS. PPM. Memoria da XPL. Comisaría do Corpo Xeral de Policía de Lugo. Ano 1942. CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 287 prostitución vimos, foi unha das realidades que máis preocupou á institución, cuxa postura limitouse a estigmatizar a estas “malas” mulleres e a condenalas a permanecer na sombra de determinadas calellas das cidade. Sen verdadeiras expectativas de futuro, moitas desas prostitutas permaneceron eternamente ligadas a esta profesión, xa en Lugo no barrio do Miño, xa noutras cidades nas que poder pasar, aínda que fora temporalmente, desapercibidas. De seren descubertas, foron conducidas a prisións especiais ou a penitenciarías comúns onde resultaron novamente recluídas. Para as pupilas menores de idade, o seu lugar atopárono nos centros de reforma de mulleres caídas como a “casa fogar” da Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, reformatorio onde a idea de lar ou reforma non foi máis ca unha falacia.131 4.6. Conclusión Ao longo deste capítulo empregamos o espazo como categoría de análise metodolóxica, o que permitiu mirar a delincuencia desde unha nova ollada que non só privilexiara o delito cometido, senón o contexto no que este se produciu e poder determinar así, en que medida, o medio condicionou as actuacións das persoas que foron contra a legalidade vixente no Lugo franquista. Da nosa aproximación espacial á cidade de Lugo determinamos que, alí onde había mercadorías, ben por seren espazos de recepción ou de depósito das mesmas, ben foran portos ou, neste caso, mercados, comercios ou estacións de ferrocarril “a súa relación co delito é proverbial”. Así o sentenciou igualmente Gómez Westermeyer, non só en Murcia, tamén en Inglaterra e Gales.132 Nesta pequena urbe rural galega, catro foron os espazos nos cales a delincuencia se fixo patente: o mercado, con especial atención á Praza de Abastos; a estación de tren no seu conxunto, desde a explanada, pasando polo recinto da estación e ata a plataforma e as vías e os lugares de ocio que dividimos entre aqueles considerados “lícitos” polo réxime, tascas, tabernas e bares e os “ilícitos”, exemplificados nos prostíbulos, casas de citas e bares de “mala nota”. O mercado municipal de Lugo, particularmente a Praza de Abastos, constituíu un espazo onde a delincuencia contra a propiedade proliferou durante toda a ditadura. Non obstante, non o fixo do mesmo xeito nin coa mesma intensidade en tódalas décadas. Ata mediados dos cincuenta, roubos e furtos foron numerosos, estiveron cometidos por rateiros e tiveron tanto aos compradores como aos propietarios dos locais alí existentes por vítimas. En 131 Decreto de 6 de novembro de 1941 sobre creación de Prisións especiais para rexeneración e reforma de mulleres extraviadas. BOE, Nº 324, 20 de novembro de 1941, pp. 9.082-9.083. Laura BOLAÑOS: “Tenga usted en cuenta que una presa política no es una prostituta. Un acercamiento a la convivencia entre prostitutas y presas políticas en las cárceles franquistas” en Manuel CABRERA e Juan Antonio LÓPEZ (ed.lit.): XII Congreso virtual sobre Historia de las Mujeres, Jaén, 15-31 de octubre 2020, pp.107-125. 132 Juan Francisco GÓMEZ WESTERMEYER: Historia de la delincuencia..., p. 71. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 288 función do modo de proceder puidemos diferenciar ata tres variables delituosas: a primeira, e máis común, a dos carteiristas que levaron cartos de petos e carteiras. A segunda, a daqueles que optaron por actuar valéndose da ausencia de traballadores e clientes, incorrendo en roubos ao faceren uso da forza. E unha terceira, baseada en estafas que xogaron coa boa fe dos tendeiros. Desde 1956, este tipo de sucesos descende ata converterse nun fenómeno residual que foi parello a outras fórmulas delituosas, máis sofisticadas, xa non invisibilizadas polo redundante perfil de “rateiro” ou “carteirista” da posguerra, senón que tamén van estar executados dos propios provedores e/ou traballadores da Praza. Choques de intereses e conflitos laborais que procurarán a vía xudicial para dirimirse ao quedaren as outras opcións desertas. Dous foron os achados máis significativos neste espazo, e que nos permiten diferenciar a delincuencia económica do mercado municipal da rexistrada noutros encraves da cidade: que o obxecto predilecto das subtraccións non foron os alimentos, paradoxalmente o produto que máis abondaba neste encrave, senón as preas pecuniarias e que o perfil tipo destes ladróns, lonxe de masculinidades predominantes noutros redutos, conformárono unha maioría de mulleres que, por tratarse este dun espazo de sociabilidade feminina pasaron desapercibidas entre as compradoras, así como mozos de curta idade, pícaros e mesmo nenos. Similares foron as circunstancias polas que pasaron os establecementos de ultramarinos, onde os furtos famélicos, esta vez si, alimenticios e de bens supeditados á ración predominaron ata a supresión das cartillas. Superado o racionamento van oscilar entre os alimentos máis caros, os obxectos varios e o clásico diñeiro en contías que excederon as 1.000 pesetas. Serán apropiacións lucrativas cometidas tanto por ladróns como por persoas de confianza e incluso mediante estrataxemas urdidas polos seus propios donos para cobrar do seguro. Unha mostra de como o contexto histórico, económico, social e espacial foi determinante dunhas ou doutras fórmulas delituosas que mudaron en función das necesidades. Se había fame, procurábase saciala; mais cando esta xa non era unha necesidade perentoria, o ánimo de lucro agromou. O outro dos lugares por excelencia para o delito no contexto do Lugo franquista resultou ser a estación de tren, un espazo marxinal durante o franquismo por tres factores fundamentais: o máis importante, á amplitude, proporcionada pola súa propia morfoloxía semiaberta, rodeada de vexetación, no exterior de murallas e afastada do ir e vir do día a día dos lugueses. Un recinto caracterizado, malia a presenza do corpo de gardería da RENFE, por un (des)control que escapa ás dimensións de plataformas e vías conferindo unha sensación de soidade e impunidade. Ao primeiro factor engadimos a constante presenza de bens de consumo, en grandes contías e de múltiples características, ben fora nos trens ou en mans dos CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 289 viaxantes, susceptibles de compor un atractivo botín. E, por último, a sinxeleza dunha rápida fuxida perante a presenza do ferrocarril, aseveración corroborada polas detencións de rateiros que, tras delinquir en zonas céntricas, encamiñábanse a este reduto para eludir ás autoridades. A xustaposición destes elementos xerou o caldo de cultivo perfecto para que a estación de tren se convertera nun lugar onde o delito e a inseguridade proliferaron, aínda que non o fixeron do mesmo xeito no tempo nin no espazo. A explanada da estación foi escenario de roubos e furtos cometidos por rateiros que pululaban polo lugar na procura de preas que foron das sempre cobizadas carteiras en momentos de distracción, pasando polo contido de caixas rexistradoras dos negocios alí existentes e mesmo de transaccións económicas de dubidosa procedencia, unha tendencia que vai perdurar ata os anos sesenta, cando os vellos delitos sexan “renovados” por novas tipoloxías propias dunha pequena a urbe na que agromaba a modernidade, como as apropiacións de automóbiles. No interior da estación, os delitos famélicos fixéronse efectivos nas oficinas, nos lavabos, nos almacéns da RENFE... e consistiron en obxectos e bens de consumo de escaso valor (alimentos, téxtiles, metais, etc.) que van desaparecer a medida que melloren as condicións económicas da cidade. Non así o farán as subtraccións nas plataformas e vías, onde as preas obtidas responderon ao favor sorte e á capacidade do ladrón para descifrar o contido de maletas, carteiras e vagóns. Alí repítense os pequenos furtos pero danse en combinación cunha nova modalidade de prea, en grandes contías, que tivo o mercado negro por destino e que perdurou mentres o fixo o racionamento. A mediados dos cincuenta a imaxe da estación continuaba a ser de certa decadencia, cunha delincuencia agora personificada nos carteiristas, mais tamén entre persoas pobres de necesidade que fixeron desta paraxe tanto un refuxio nocturno como un espazo no que procurar chatarra para engadir uns mínimos ingresos ás súas precarias economías. Estes mendigos, novos protagonistas dunha pobreza que xa non é circunstancial, experimentaron unha pugna polos recursos do lugar que motivou leas entre eles e incluso os malos tratos por parte de persoas de paso. Ataques contra a integridade física que tamén experimentaron os propios traballadores da estación en forma de accidentes laborais que deron conta da ausencia das máis mínimas elementais normas de seguridade e que provocaron a morte de moitos operarios e obreiros da RENFE. Outros, aproveitaron precisamente a desprotección na contorna das vías para atentar contra as súas propias vidas, tomando a forma de suicidios que foron mantidos no ostracismo polo réxime, e que engrosaron a listaxe de falecidos na cidade das murallas. TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 290 Pero non todo en Lugo foron espazos de miseria. Os anos sesenta supuxeron o inicio dun período de cambios para a España da ditadura, en parte derivados das políticas aperturistas que procuraban un lavado de cara fronte ao exterior aínda que desenvoltos en tempos e características distintas en función do territorio. No caso de Lugo, unha pequena urbe cunha gran influencia rural a modernidade deixouse sentir, entre outras formas, coa proliferación dun número considerable de bares, espazos de sociabilidade e desconexión no tempo libre para varóns. Ilustración 21. Casetas do polbo. San Froilán de Lugo. Anos sesenta. Fonte: Fondo propio. O seu vínculo co ocio, coa desinhibición do individuo e co alcol colocounos no punto de mira das autoridades, non só en España, tamén doutros réximes europeos, autoritarios ou non. Foron contemplados como lugares onde proliferaba o delito e ningún dos establecementos citados escapou ao seu estreito control. Unha das fórmulas empregadas foi a de fiscalizar aos seus rexentes, que houberon de demostrar, para a concesión das licencias de apertura, unha honesta fama e intencións ante as autoridades ademais dun bo expediente policial. Se tiñas antecedentes, eras considerado de mala conducta moral, tiveras relación coa prostitución ou co xogo probablemente recibiras unha negativa. Non obstante, existiron excepcións e algúns CAPÍTULO 4. | A XEOGRAFÍA DOS DELITOS EN LUGO 291 bares foron quen de escapar do radar franquista, albergando conductas ilícitas e mesmo prostíbulos clandestinos. Bares e tabernas estiveron diseminados por toda a cidade, elixindo os seus rexentes as rúas e prazas máis transitadas para aumentar o seu radio de influencia, situando o seu claro epicentro no casco histórico de Lugo. Hoxe a súa xeolocalización debúxasenos a partir da fonte xudicial, mediante a que puidemos diferenciar tres tipos distintos de bares, os de horario diúrno e carácter “familiar”, os nocturnos de mala fama, dos que non podemos determinar se se tratou de tabernas comúns ou de prostíbulos e os lupanares así recoñecidos polos lugueses e polas autoridades. Todos estes foron lugares de sociabilidade informal, de divertimento das clases populares e tamén de intelectuais da época, sendo a sede dos seus “faladoiros”. Pertencentes á esfera pública estiveron especialmente frecuentados por homes, cunha presenza feminina limitada a mulleres de dubidosa reputación, camareiras, serventas ou prostitutas. Pero, a un tempo que acollían lecer e divertimento, foron focos de inmoralidade onde o alcol empregouse como vía pola que evadirse dunha realidade en moitos casos insatisfactoria, o que deu renda solta a frustracións. De entre todas as zonas de bares, a Rúa Nova foi a que maior número de tascas rexistrou. Entre os delitos alí cometidos destacaron as liortas entre bébedos polos motivos máis fútiles e as estafas coa baralla, xogos trucados cos que os rateiros sacaban uns cartos con sinxeleza, sendo dificilmente achados polas autoridades. Porén, o título de zona quente da delincuencia quedou reservado ao Recanto do Miño, o que pasaría a ser o barrio chinés a partir da ilegalización do lenocinio. Non obstante, neste reduto da cidade nin os delitos rexistrados tiveron usualmente ás prostitutas por executoras, nin tódolos establecementos localizados nestas calellas eran casas de tolerancia. Discernilos resultou unha ardua tarefa, en ocasións infrutuosa, por ser unha información omitida nas fontes e por existir unha fina liña entre bares de mala nota con presenza de prostitutas e lupanares onde se exercía a prostitución. A documentación xudicial rexistrou causas de todo tipo neste enclave, desde a sempre presente delincuencia económica, roubos e furtos dos que se acusou a estas mulleres ata outros de lesións en defensa das traballadoras. Foron tamén un lugar onde, mediante a rapina e con indiferenza do espazo no que se localizaba o bar, buscar alimento, vestido ou aveños varios e, nunha sociedade “autovixiada”, espazos semiclandestinos onde realizar transaccións ilegais como abortos, tipoloxía feminina por excelencia rexistrada en prostíbulos da Rúa San Roque No rural, a presenza de bares foi máis limitada en termos numéricos, aínda que non por iso menos importante socialmente nos tempos de esparexemento. Para a poboación TAMARA LÓPEZ FERNÁNDEZ 292 foránea da provincia, a condición de hinterlad rural de Lugo, así como a súa proximidade con numerosas parroquias rurais, derivaron nunha trasfega habitual das súas xentes, por cuestións laborais e económicas, que facilitaron a súa presenza habitual en tabernas e bares en momentos de desconexión. A prostitución, pola contra, non conta con rexistro algún o que non implica que esta non se producira senón que as fórmulas para o seu desenvolvemento eran disímiles ás urbanas. En definitiva, o escenario dun amplo abano delituoso que fixo do bar un espazo de lecer, pero tamén de conflitividade e marxinalidade, colocado no punto de mira das autoridades. En relación ao lenocinio, actividade que, como vimos foi legal ata 1956, o réxime amosou, unha vez máis, a súa lóxica bipolar, aceptando por un lado que varóns pagaran por acceder aos servizos das prostitutas e, por outro, mantendo un obsesivo control sobre as meretrices, labor que quedou en mans dunha institución que perseguiu calquera desorde da moral feminina, o Padroado de Protección á Muller. En Lugo, durante o período regulamentarista a prostitución diseminouse por numerosas rúas, especialmente enclavadas no casco histórico e exercida de forma legal (pública ou privada) ou clandestina. Porén, paseniñamente, diferentes medidas locais e estatais foron promulgadas con vistas a cercar ás prostitutas e mantelas fóra da mirada dos bos lugueses. O 1956 marca o punto de inflexión co retorno ao abolicionismo, momento a partir do cal tódolos prostíbulos quedaron clausurados gobernamentalmente. A nova xeografía do meretricio, que trazamos a partir dos propios informes do PPM, da XPL e da documentación xudicial amosou entón dúas realidades contrapostas: unha idealizada e con fines propagandísticos, exposta nos informes do PPM, que pretendía facer ver que a prostitución era un asunto baixo control que só se exercía esporadicamente no barrio chinés e outra, a xudicial, que alertaba precisamente do contrario, do espallamento da prostitución clandestina en pisos sitos en calellas céntricas nas que xa se exercía con anterioridade e probablemente nunca fora erradicada. Polo tanto, medidas pouco ou nada eficaces que non conseguiron evitar que os anos 70 foran a etapa dourada da prostitución na cidade amurallada. Empregar o spacial turn como criterio analítico permitiunos determinar que durante o franquismo, a cidade de Lugo contou con puntos quentes da criminalidade onde, por factores moi diversos, proliferou a delincuencia. Non obstante, iso non quere dicir que se tratara dunha cidade insegura, senón que determinados enclaves debían ser atravesados con certa precaución, un conxunto de saberes que foron transmitidos xeracionalmente como prácticas polas que vivir a urbanidade con éxito. [Document text truncated for crawler view.]