scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Un ramo republicano cada 12 de novembro : o recordo vivo dos Adrio

Adrio Nieto, Mirian

Abstract

O 12 de novembro de 1936, en Pontevedra, dez persoas foron asasinadas pola violencia golpista. Pódese pensar que as únicas vítimas dese día foron os asasinados, pero a violencia foi máis alá, polo que cabe preguntarse se tamén se debería incluír baixo esta denominación ao colectivo das familias. Así, poñendo o foco nunha delas, a dos Adrio; e a partir de fontes diversas como entrevistas e memorias dos protagonistas, non só se tratará como a violencia dos perpetradores perdurou durante varias xeracións; senón que tamén se abordará a cuestión da memoria e de como esta se manifestou de distintas formas en función da violencia exercida previamente en cada rama familiar. Nalgunhas, o medo iría aparellado do silencio, pero noutras, a memoria sempre estaría presente. É por iso, polo que cada 12 de novembro dende o final do franquismo, varias tumbas do cemiterio de San Amaro reciben ramos de flores de cores que forman a bandeira da República; unhas flores, que non só representan a defensa da legalidade política que lle costou a vida a miles de persoas, senón que tamén son mostra de que a memoria non morreu con elas.

Full text

Traballo de Fin de Grao Grao en Historia Universidade de Santiago de Compostela Curso 2023-2024 Un ramo republicano cada 12 de novembro. O recordo vivo dos Adrio. Autora: Mirian Adrio Nieto Titor: Antonio Míguez Macho Departamento de Historia Contemporánea Índice Introdución 3 1. Pontevedra nos anos 30 6 1.1. Pontevedra nos anos da Segunda República 6 1.2. O golpe na cidade de Pontevedra 10 1.3. A violencia das persecucións 12 2. As familias como vítimas da violencia golpista e franquista 16 2.1. Dúas familias violentadas: os Bóveda e os Poza 17 2.2. A familia Adrio 18 2.2.1. A violencia que perdura 20 3. A memoria do 12 de novembro 22 3.1. A memoria que sobreviviu á violencia do 36 22 3.2. As vítimas: do recordo familiar ao público 27 Conclusións 29 Fontes e Bibliografía 32 Fontes orais 32 Bibliografía 33 Webgrafía 35 Resumo: O 12 de novembro de 1936, en Pontevedra, dez persoas foron asasinadas pola violencia golpista. Pódese pensar que as únicas vítimas dese día foron os asasinados, pero a violencia foi máis alá, polo que cabe preguntarse se tamén se debería incluír baixo esta denominación ao colectivo das familias. Así, poñendo o foco nunha delas, a dos Adrio; e a partir de fontes diversas como entrevistas e memorias dos protagonistas, non só se tratará como a violencia dos perpetradores perdurou durante varias xeracións; senón que tamén se abordará a cuestión da memoria e de como esta se manifestou de distintas formas en función da violencia exercida previamente en cada rama familiar. Nalgunhas, o medo iría aparellado do silencio, pero noutras, a memoria sempre estaría presente. É por iso, polo que cada 12 de novembro dende o final do franquismo, varias tumbas do cemiterio de San Amaro reciben ramos de flores de cores que forman a bandeira da República; unhas flores, que non só representan a defensa da legalidade política que lle costou a vida a miles de persoas, senón que tamén son mostra de que a memoria non morreu con elas. Palabras clave: Segunda República, Pontevedra; violencia golpista, memoria, familia. Resumen: El 12 de noviembre de 1936, en Pontevedra, diez personas fueron 1 asesinadas por la violencia golpista. Se puede pensar que las únicas víctimas de ese día fueron los asesinados, pero la violencia fue más allá, por lo que cabe preguntarse si también se debería incluir bajo esta denominación al colectivo de las familias. Así, poniendo el foco en una de ellas, la de los Adrio; y a partir de fuentes diversas como entrevistas y memorias de los protagonistas, no solo se tratará como la violencia de los perpetradores perduró durante varias generaciones; sino que también se abordará la cuestión de la memoria y de cómo esta se manifestó de distintas formas en función de la violencia ejercida previamente en cada rama familiar. En algunas, el miedo iría aparejado del silencio, pero en otras, la memoria siempre estaría presente. Es por eso, por lo que cada 12 de noviembre desde el final del franquismo, varias tumbas del cementerio de San Amaro reciben ramos de flores de colores que forman la bandera de la República; unas flores, que no solo representan la defensa de la legalidad política que le costó la vida a miles de personas, sino que también son muestra de que la memoria no murió con ellas. Palabras clave: Segunda República, Pontevedra; violencia golpista, memoria, familia. Abstract: On November 12, 1936, in Pontevedra, ten people were killed by coup violence. One might think that the only victims of that day were those who were murdered, but the violence went further, so it is worth asking whether the group of families should also be included under this denomination. Thus, focusing on one of them, that the Adrio family; and from diverse sources such as interviews and memories of the protagonists, it will not only be discussed how the violence of the perpetrators lasted for several generations; but also address the question of memory and how it manifested itself in different ways depending on the violence previously exercised in each branch of the family. In some, fear would be accompanied by silence, but in others, memory would always be present. That is why, each 12th November since the end of the Francoism, several graves in the San Amaro cemetery receive bouquets of flowers in the colors of the Republican flag; flowers, which not only represent the defense of political legality that cost the lives of thousands of people, but also show that memory did not die with them. Key words: Second Republic; Pontevedra; coup violence; memory; family. 2 Introdución Sóese dicir que realmente unha persoa morre cando se esquece. Quizais, iso era o que pretendían os golpistas no 36, cando ademais de rematar ca vida de miles de persoas contrarias ás súas ideas, procuraron que estas non foran recordadas, alomenos, publicamente. É posible que isto se conseguira moitas veces, mais outras a memoria das vítimas, en maior ou menor medida, chegou ata hoxe. Este foi o caso de dez persoas que foron condenadas a morte o 12 de novembro de 1936 tras ser acusadas e xulgadas por traizón. Os seus nomes agora forman parte da historia da cidade pontevedresa, e un dos motivos principais disto foi o recordo que algúns dos seus familiares procuraron manter vivo en silencio ata poder manifestarse de xeito público rematado o franquismo. Son estas circunstancias as que fan da memoria o tema principal do traballo. Quizais, trátase dun concepto un tanto ambiguo, pois entre as súas definicións, pode entenderse por memoria o “recordo colectivo que queda de algo ou de alguén”; pero tamén a “facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas” (González, s. d.). Non obstante, ambas acepcións son útiles para explicar como esta non ten unha única forma de manifestarse, pois ademais de ser unha lembranza colectiva, o recordo individual e polo tanto o esquecemento son factores importantes que inflúen na mesma. É por isto, polo que abordaremos o tema da memoria dende o punto de vista dunha desas familias perxudicadas pola violencia do 12 de novembro do 36: a familia Adrio. Para explicar isto, ademais de ubicarnos espacialmente en Pontevedra, faremos uso dun marco cronolóxico bastante amplo que abrangue dende os anos 30 ata hoxe. E, inda que este se pode dividir en diferentes partes (Segunda República; Ditadura de Franco; Transición e actualidade), só explicaremos de forma máis detallada os anos da II República, facendo fincapé nos días do golpe e os sucesos que levaron aos “dez do doce” a ser un punto de fixación polos golpistas. Porén, os restantes períodos e dinámicas dos mesmos serán aludidos constantemente, pois non deixan de ser os marcos moldeadores de como se comportou a memoria destas persoas nos seus achegados. Entender a implicación que tivo a brutalidade do golpe na transmisión da memoria do 12 de novembro do 36 é clave se queremos comprender como esta se mantivo viva ata hoxe. Por esta razón e a partir da familia Adrio como caso de análise concreto, o obxectivo da investigación, máis que estar orientado a explicar que é o que se lembra dese suceso; enfócase en examinar como a transmisión dese recordo se viu influída polo 3 novo contexto político e o medo que puido presentar cada rama familiar unha vez o golpe triunfou en Pontevedra. Partindo desta base, cómpre analizar se a violencia foi máis aló dos fusilamentos; e de ser así, se deberíamos ampliar o calificativo de vítimas a aquelas familias nas que, a pesar de xa ter sufrido a perda dun ou máis familiares, se perpetuou a violencia do golpe. Así, ademais de analizar cales foron as motivacións de cada persoa á hora de transmitir ou non o seu recordo, tamén trataremos de dar resposta a outras cuestións que irán xurdindo ao longo do traballo. Así mesmo, á hora de traballar este tema, empregáronse diversos tipos de fontes que podemos dividir en primarias e bibliográficas. No primeiro grupo, cabería distinguir as memorias de familiares das vítimas, as fontes orais e as fontes hemerográficas. No que respecta ás primeiras, para o caso concreto dos Adrio, só contamos co libro de carácter autobiográfico de Gonzalo Adrio Barreiro (2004), Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo, que resulta de gran interese pola súa proximidade aos feitos acaecidos na segunda metade de 1936. No que se refire ás fontes orais, cabe destacar as entrevistas recollidas en diversos fondos. Por un lado, están aquelas conservadas no Fondo Nomes e Voces do Proxecto Terra e Memoria, realizadas a persoas intimamente vinculadas aos acontecementos como é o caso de Gonzalo Adrio Barreiro, quen ofrece moitos datos non recollidos nas súas memorias. Tamén neste grupo, destacarían as entrevistas do Fondo Persoal da Autora, realizadas entre outras persoas ao fillo póstumo dunha das vítimas, José Luis Adrio Poza, e a unha das fillas de Gonzalo Adrio, María Adrio. A importancia de ambas recae fundamentalmente na diferente perspectiva que ofrece cada un, pois a pesar de ser da mesma familia, os núcleos familiares non o son e, a diferencia de Gonzalo, ningún viviu os acontecementos do 36. Isto, xunto co feito de que ambos creceran en épocas distintas, fixo que as respostas nas súas entrevistas foran moi diferentes, feito que exemplifica perfectamente as formas de actuar que ten a memoria dependendo dos condicionantes da súa transmisión. Finalmente, tamén é necesario sinalar dentro das fontes orais o denominado Do gris ao violeta, un proxecto do Concello de Pontevedra sobre a memoria das mulleres da cidade dirixido por Montse Fajardo, no que tamén se recollen temas relacionados cas vítimas da violencia golpista e da memoria dos seus familiares, así como entrevistas dos mesmos. En conxunto, estas lembranzas dos achegados ás vítimas permitiron obter bastantes conclusións sobre aspectos concretos do pasado e de como este se recorda. Mais o 4 interese destas fontes tamén estaría na súa forma de consulta, pois aquelas que son auditivas, non só ofrecen información co que se di, senón tamén co que se cala. Así, suspiros, titubeos, silencios, dúbidas e a actitude que ten a persoa entrevistada ao contar algo, tamén achega moitos datos; non só o seu recordo, senón o modo no que este se asumiu. E son estes aspectos os que lle dan sentido ao traballo, pois permítennos ver como a memoria se pode ver alterada en función da proximidade que teña a familia da vítima co acontecemento ou como este se afronta na casa. Porén, estas fontes tamén teñen limitacións, pois ademais de que non todo o mundo sabe e recorda o mesmo, a memoria é algo fráxil, e pode desaparecer de forma involuntaria e mesmo formular e asimilar recordos que non son seus. Asemade, tampouco foi posible contactar con membros da familia Adrio máis novos que puideran achegar a memoria que a eles lles transmitiron, quedando así un baleiro que podería ser cuberto en futuras investigacións. Esta información completouse con fontes de hemeroteca, onde non só se empregaron aqueles xornais conservados e escaneados na plataforma Galiciana, senón que aquí tamén estarían aqueles relacionados cos actos públicos dende o ano 1999, e que foron coidadosamente conservados por Gonzalo Adrio Barreiro. No referido ás obras bibliográficas, estas serían empregadas na súa maioría para reconstruír o panorama pontevedrés dende distintos puntos de vista a altura dos anos 30. Neste sentido, cómpre facer mención a Inmolados gallegos de Luís Lamela (1993) e a obra de Álvarez Castro (2013), sobre todo polos datos concretos que ambas ofrecen. Ora ben, á hora de tratar de explicar a violencia golpista, foi clave por unha banda a obra coordinada por Lourenzo Fernández e Antonio Míguez (2018), Golpistas e verdugos de 1936; e por outro lado, a tese inédita de Aldara Cidrás (2023),a cal axudou gratamente a darlle forma ao contexto da cidade pontevedresa nos anos a tratar. A pesar de que tamén se usaron outras obras, estas empregáronse para aspectos máis concretos como os relativos á memoria ou ao maxisterio pontevedrés, onde foron de gran utilidade libros como o de Marie-Pierre Bossan (2019) ou o de Porto Ucha e Raquel Vázquez (2021) respectivamente. Á hora de desenvolver estas cuestións, fíxose uso dun esquema composto principalmente por tres partes. Na primeira delas, achégase un pequeno marco contextual da realidade local pontevedresa na década de 1930, onde II República e golpe son claves á hora de explicar a posterior violencia das persecucións. A segunda 5 das partes, é a que humaniza á primeira, pois as persoas que sufriron a violencia das persecucións deixan de ser cifras e convértense en persoas cunha vida máis alá do profesional. Para afondar nisto, empregarase o caso de tres familias de renome en Pontevedra naqueles anos (os Bóveda, os Poza e os Adrio), ca finalidade de ver como os procesos de violencia foron relativamente semellantes na maioría delas. A través desta última, por ser a que marca o rumbo da investigación, explicarase tamén como a violencia dos perpetradores non rematou co golpe e tampouco ca guerra, pois as familias das vítimas quedarían marcadas polos seus apelidos. A última das partes segue esta mesma liña, mais agora centrada na memoria dos Adrio, pois unha cousa é o que sucedeu, e outra o que se recordou, o que se esqueceu e o que cobrou forma de recoñecemento público. Aquí non só se afondará en como a familia foi transmitindo ou non a vivencia do 36; senón tamén como chegada a transición os poderes locais trataron de visibilizar e recordar o sucedido. 1. Pontevedra nos anos 30 A Segunda República e o golpe do 36 son dous períodos claves que se desenvolveron de forma moi semellante nalgunhas cidades do Estado español. E, inda que na presente investigación non se pretende facer unha explicación detallada de como foron estes sucesos na cidade de Pontevedra, si que resulta importante coñecer como as dinámicas de sociabilidade e poder en ambas etapas condicionaron a posterior memoria dunha vila onde case todo o mundo se coñecía. 1.1. Pontevedra nos anos da Segunda República A cidade de Pontevedra nos anos trinta e concretamente antes do golpe, contaba con case trinta e tres mil habitantes, o que a convertía na segunda cidade máis poboada da provincia detrás de Vigo. Dito concello podíase dividir neste período en trece seccións, das cales catro eran urbanas e o resto rurais; sendo o mar e o agro os principais piares económicos. Neste sentido, no primeiro terzo do século XX, Pontevedra estaba a vivir un proceso de industrialización e, sobre todo, de terciarización da súa economía interna. Este sector, que pasaría a ser o máis característico da cidade, estaría sustentado en base ao comercio, a administración pública, a educación, as actividades financeiras, a sanidade, o ocio e mesmo aos medios de comunicación, entre outras actividades. A isto cabe engadir que, pola súa natureza de capital de provincia, a actividade da función 6 pública tiña unha relevancia socioeconómica especial, sendo un dos principais factores de influencia do municipio sobre a súa contorna (Cidrás, 2018: 114, 227). De feito, nesta cidade concentrábanse as principais sedes do poder civil, como o Goberno Civil e a Deputación de Pontevedra; e do poder militar, co cuartel de San Fernando. Con todo, o interese da capital homónima neste contexto, non só recae na súas particulares dinámicas socioeconómicas e na súa posición xeográfica; senón que tamén é de sinalar o seu organigrama de poder. Por este mesmo motivo, é salientable o papel que ocupou como centro de poder na política galega e española, pois foi centro de xuntanza estival entre algúns dos políticos máis importantes que traballaban na capital do Estado, feito que intensificou redes clientelares. E non só iso, senón que nesta cidade xa existía unha tradición republicana anterior a 1931 que, de feito, estivo fragmentada ca chegada do século XX. Isto reflexouse nas dinámicas internas da cidade, especialmente tralo falecemento do republicano Indalecio Armesto en 1890; e a influencia de Lerroux (Partido Radical) dende 1904 sobre os principais voceiros da causa republicana na cidade, José Juncal e Emiliano Iglesias. De forma paralela, en 1896, fundábase na parroquia de Lérez a primeira sociedade agrícola, sendo nestes primeiros anos un fenómeno eminentemente pontevedrés. Por outra banda, estaba a Conxunción Republicano-Socialista que, capitaneada por Celestino Poza e Vicente García Temes, comezaría a funcionar en 1909, acadando representación política a nivel local e provincial. E, inda que poida parecer que o republicanismo sempre tivo un gran oco na política pontevedresa, no período da Restauración tivo escasa presenza no concello debido á influencia maioritaria dos socialistas no movemento obreiro. Emporiso, ca chegada da ditadura de Primo de Rivera, desarticuláronse momentaneamente os movementos contestatarios co sistema como eran o republicano, agrario, obreiro e nacionalista; mais tamén se debilitaron os partidos dinásticos, o que marcaría as eleccións municipais do 12 de abril de 1931 (Míguez, 2008: 131; Cidrás, 2018: 117). Chegaría así a Segunda República, a cal quedaba implantada en España o 14 de abril de 1931. No caso pontevedrés, a situación transitoria cara esta nova realidade e que ademais estaba orquestada por unha conxunción republicano-socialista, quedaba definida entre o 17 e o 18 dese mesmo mes (Cidrás, 2023: 120, 121). Deste modo, e segundo nos adianta Gonzalo Adrio, o Concello de Pontevedra quedaba constituído o 18 7 de abril baixo a presidencia de Arturo Rey Juncal, alcalde provisional nomeado polo Goberno Provisional da República Española (Adrio, 2008: 235). Con todo, o comportamento e, en ocasións, a conformación do goberno municipal foi variando segundo o devir dos gobernos da República. Resumidamente, no caso de Pontevedra, verifícase un dominio maioritario nos anos 1931 e 1933 compartido pola esquerda entre sectores orguistas, radical-socialistas e agrarios fronte á rede do Partido Radical (PR) con Emiliano Iglesias ao fronte. Mais a partir da derrota das posicións de esquerda nas eleccións xerais de novembro do 33 a situación muda a favor dos candidatos de Emiliano Iglesias, o que fixo perder presenza política ás forzas de esquerda. Así, a partir de 1934 conformouse unha nova realidade gubernamental na que o PR, agora cunha política moi a favor Igrexa Católica, chegaba ao poder ante unha esquerda moi debilitada. E, a pesar das reaccións contra os gobernos deste partido como foi a Folga Xeral de 1934, a orientación da República non mudou ata os resultados das eleccións de febreiro do 36, os cales posibilitaron a chegada ao poder á coalición de esquerdas Frente Popular (FP) (Grandío, 2008: 28-29). Dito isto, é preciso mencionar algunhas das organizacións políticas que se deron nesta cidade e que gardan estreita relación co tema que nos ocupa. Así, no referido ao centro-esquerda, estaría a burguesía republicana máis progresista, representada a partir de 1934 por Izquierda Republicana (IR) e Unión Republicana (UR). E, inda que a primeira controlaba o Goberno Civil pontevedrés e outras institucións, as dúas formacións tiveron gran ascendencia entre os poderes locais e provinciais, e contaban entre a súa militancia con algúns dos republicanos pontevedreses máis recoñecidos como: José Adrio Barreiro ou Celestino Poza Cobas (Álvarez, 2013: 30-31; Cidrás, 2023: 125). Por outra parte, a esquerda estaba constituída por socialistas e comunistas, xunto coas organizacións obreiras, agrarias e xuvenís que actuaban baixo o seu control. A súa meta era a superación da república burguesa e a instauración da ditadura do proletariado (Álvarez, 2013: 33). Entre os representantes do movemento obreiro, os máis numerosos en Pontevedra eran os socialistas, organizados no Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Neste sentido, entre os principais dirixentes socialistas locais poderíamos mencionar a Ramiro Paz, Abraham Zbarsky, Germán Adrio ou Amando Guiance, entre outros. Por outro lado, estaba o galeguismo, que contaba cunha diversidade de posturas 8 exercicio masivo do terror e de estratexias coercitivas, logrando a desmobilización ou neutralización política, en especial dos sectores sociais máis propensos ao compromiso, como era a clase obreira. Esta brutalidade na aplicación da violencia aseguraba o control do territorio e minimizaba o custo da súa vixilancia, xa que, á parálise duns, se lle sumaba o recrutamento voluntario e activo doutros. Con todo, a inicial confusión dos primeiros tempos, pasaría a ser substituída pola violencia xudicial, regularizando así a violencia mediante a orde xurídica das causas militares e os consellos de guerra. Mais isto non significa que a violencia extraxudicial fora anterior á xudicial, pois ambas, controladas polas autoridades militares sublevadas, actuaron conxuntamente durante o golpe e a guerra para un mesmo fin (Cidrás, 2023: 150, 243). Partindo disto, os consellos de guerra tiñan unha dobre utilidade, xa que por un lado tiñan un papel clave na maquinaria do terror; e, por outro, servían como fonte de lexitimidade ao novo poder golpista. Facer desfilar a tódolos identificados como inimigos do Movimiento ante tribunais, dáballes aos sublevados a oportunidade de amosar que facían uso da xustiza e que as penas dos acusados estaban probadas. De feito, os xuízos estaban pensados para ser vistos, polo que as datas dos consellos de guerra, que en Pontevedra tiñan lugar no edificio do Goberno Civil, eran anunciadas nos periódicos locais e realizábanse na maior parte dos casos a portas abertas. Porén, estes procedementos foron tradicionalmente tachados polo discurso antifranquista de xuízos farsa; unha terminoloxía non errada se se ten en conta que nos consellos de guerra as persoas acusadas eran consideradas criminais antes de ser xulgadas, polo que todo o proceso xudicial consistía nunha teatralización na que se simulaba un proceso de toma de decisión que realmente xa estaba tomada con anterioridade (Cidrás, 2023: 250, 252, 371, 373-374). Alén diso, o elevado número de detencións obrigou a establecer novos lugares de reclusión onde acoller os presos preventivos á espera dos respectivos consellos de guerra, pois, ademais dos centros de detención temporal nos cuarteis da Garda Civil e da Garda Cívica, só se contaba co cárcere vello (situado onde está hoxe a Audiencia Provincial). Así, emprazouse un cárcere na Escola Normal, situada na Alameda xunto ao edificio do Goberno Civil no que se celebraban os consellos de guerra. De tódolos xeitos, á altura de outubro do 36, decidiuse converter a illa de San Simón nun campo de concentración para presos políticos, xa que ademais de estar próxima dos dous centros 15 urbanos da provincia, tamén era o suficientemente illada para funcionar correctamente como prisión (Amoedo, 2007: 43, 45, 256; Álvarez, 2013: 245). Respecto ás execucións, producíase por un pelotón de fusilamento anónimo, escollido ou nomeado de xeito que ninguén puidera ser responsable individual desa morte (Fernández e Macho, 2018: 51-52). Isto facíase trala sentenza dun tribunal militar que aplicaba o Código de Xustiza Militar do Exército ou o Código Penal da Mariña de Guerra. Todo comezaba co anuncio da consumación da pena de morte por disparos de arma de fogo regulamentaria no día anterior, unha vez concluído o período de espera pola medida de graza que só podía chegar dende Burgos e que en escasas ocasións se deu. Tras os disparos, o oficial ao mando comprobaba se cumpría o tiro de graza, e un médico militar verificaba a morte do condenado. Finalmente, o pelotón desfilaba diante do cadáver ou cadáveres e os corpos trasladábanse ao cemiterio correspondente no interior dun camión descuberto. Unha vez alí, o enterrador, case sempre en ausencia da familia, daba sepultura aos corpos (Amoedo, 2007: 165-166). 2. As familias como vítimas da violencia golpista e franquista Sen dúbida, os tres xuízos que acadaron unha maior repercusión, pola significación social dos encausados e a súa tráxica fin, foron o seguido contra Alexandre Bóveda e Amando Guiance; o levado a cabo contra Gonzalo Acosta; e o instruído por traizón contra algúns dos homes con maior peso político na cidade de Pontevedra que tivo lugar o 12 de novembro do 36. Este último, correspondente á causa 660/36, que coincide co feito de que a partir de setembro aumentara o número de causas militares nas que se procesaban a grupos cada vez máis amplos, afectou directamente a dez persoas: Juan Rico, capitán da Garda de Asalto; Ramiro Paz, impresor e xestor provincial; Víctor Casas, secretario do PG; José Adrio, avogado e xestor provincial; Germán Adrio, Paulo Novás e Benigno Rey, mestres; Amancio Caamaño, Telmo Bernárdez, e Luis Poza, médicos (Álvarez, 2013: 188; Cidrás, 2023: 371). Adóitase presentar as vítimas deste período da historia en forma de cifras. Pode que se mencione algún que outro nome e, con el, certos aspectos da súa vida, sobre todo aqueles máis políticos. Non obstante, as veces pódese esquecer que detrás da vida profesional dunha persoa, hai un ser querido para unha familia; e que máis alá da súa morte, hai unhas consecuencias que dita familia vai sufrir. Neste sentido, foron moitas as familias da cidade de Pontevedra que tiveron que sobrevivir tralo triunfo do golpe. E, 16 inda que a brutalidade non se exerceu de igual maneira en todas elas, os casos nos que os familiares foron sinalados pola súa situación e apelido son incontables. Para comprender isto, é preciso humanizar a estas persoas, polo que podemos poñer de exemplo a varias familias de Pontevedra que pasaron por este tipo de situación e así ver como e por que se manifestou nelas a violencia. 2.1. Dúas familias violentadas: os Bóveda e os Poza Os Bóveda e os Poza son dúas familias que coñeceron de primeira man a violencia do golpe. No referido á primeira, cabería destacar a Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense no ano 1903. Membro destacado do PG, partícipe nas eleccións do 36 pola FP e integrante do CDR, a súa axuda e participación nos primeiros días do alzamento foi considerada unha traizón. Tratábase dunha figura recoñecida e de influencia na cidade de Pontevedra, e isto non interesaba aos perpetradores, que viron necesario, como en moitos casos, o uso da forza para depolo. Desta maneira, Alexandre Bóveda, pai de cinco fillos, foi condenado a pena de morte, executada o 17 de agosto do 36 na Caeira despois de terse celebrado seu xuízo tres días antes (Muñoz, 2017: 11; Fernández, 1998: 113). Non obstante, arredor deste acontecemento hai un dato significativo e que garda relación ca forma na que o discurso xustificador franquista se tratou de manter na memoria. Segundo unha entrevista realizada á muller de Bóveda, Amelia Álvarez, nunha ocasión unha das súas fillas preguntoulle a un garda civil se el era o asasino do seu pai, ao que el lle respondeu: “Tu padre no ha sido asesinado, sino fusilado”1. Esta distinción, que quizais, para unha rapaza de seis anos non fora perceptible, formaba parte da coherencia do discurso franquista, pois así quedaba marcada a diferencia entre unha realidade condenable e outra xustificable (Bossan, 2019: 158). No que respecta á familia Poza, esta tiña unha longa tradición política e republicana. Poderíamos mencionar algúns membros destacados da familia como Celestino Poza Cobas, quen ademais de desenvolver varios proxectos relacionados ca defensa da República en Pontevedra, resultou elixido deputado na candidatura da Frente Popular en 1936. Os seus fillos varóns, Celestino e Luis Poza Pastrana, non tardaron moito en vincularse á política. Para o primeiro deles, isto significaría a súa detención e traslado a prisión xunto co seu pai, tendo que vivir en difíciles circunstancias ata a súa liberación. O segundo, Luis Poza, non tivo a mesma sorte, pois foi un dos “dez do doce”. Nado en 1Entrevista a Álvarez, Amelia recollida en Bossan, 2019: 158. 17 1909, con só 26 anos ingresou no Partido Galeguista. Ademais, era membro do Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra; e en febreiro de 1936, participou como orador en mitins da Frente Popular (Pereira, 2004: 282-286, 289). Como se pode obsevar, os feitos que levaron aos perpetradores a exercer a violencia sobre estas familias, coinciden co xa explicado, pois eran persoas que polo seu papel político e de influencia non conviñan á hora de establecer unha nova realidade política, polo que a solución máis eficaz era silencialos a través do medo e do terror. Quizais, o que todavía non queda claro é a cuestión do mantemento da violencia sobre as familias, mais isto pódese entender se profundizamos máis noutro caso: o da familia Adrio. 2.2. A familia Adrio Pero, quen eran os Adrio? E, que é o que lles pasou? Para responder a esta pregunta, cabe remontarse brevemente a Josefa Mañá Lis, natural de Pontevedra; e ao seu marido, o noiés Rafael Adrio Baltar, sarxento da garda civil retirado a finais do século XIX. Deste matrimonio, dous fillos permítennos chegar ao fío dos acontecementos que estamos a comentar: Germán e José Adrio Mañá. Germán Adrio Mañá, naceu no ano 1888. Estudou primeiramente Ciencias Exactas en Salamanca, inda que se acabou adicando á ensinanza tras realizar a carreira de Maxisterio. Así, e tras facer en 1911 a Reválida para mestre superior, comezou súa labor de docencia de 1ª e 2ª ensinanza ata que anos despois logrou inaugurar o chamado Colexio X en Pontevedra, do que era propietario e director; e no que ademais dos devanditos ciclos, se impartían outras materias e se preparaba para a Academia Militar. Chegada a Ditadura de Primo de Rivera, diversos factores produciron o peche da escola, inda que segundo Lamela García, durante ese mesmo período tamén foi concelleiro en Pontevedra (Porto e Vázquez 2021: 107; Lamela, 1993: 147). Xa no ano 1931, ca aparición do Plano Profesional da Segunda República e amparándose no artigo 7º do Decreto Orgánico do 29 de setembro de 1931 polo cal se reformaban as Escolas Normais, Adrio Mañá figurou como alumno da primeira promoción mixta (1931-1934) da Escola Normal do Maxisterio Primario de Pontevedra. Durante a República, ademais de ser mestre na escola da rúa de Maceda, foi militante do Partido Socialista, inda que sen desempeñar ningún cargo; e pertenceu á Asociación Casa del Maestro de Pontevedra e a Traballadores do Ensino. Non obstante, tralo golpe foi detido e preso na “Normal Quinta Brigada”, figurando tamén na “Relación de individuos que han sido 18 detenidos por los sucesos de julio último”. Finalmente e tras un Consello de Guerra, o 12 de novembro de 1936 Germán Adrio Mañá, foi conducido dende o cárcere provincial, xunto ao resto dos compañeiros, ao quilómetro 0 da estrada de Campañó, onde foron fusilados (Porto e Vázquez, 2021: 106-107, 150). Con todo, Germán non foi o único da súa familia que sufriu as consecuencias do golpe. Neste sentido, tivo cinco fillos ca súa primeira muller Nieves Sobrido Allés: Nieves, Germán, Josefa, María e Solita. Dúas das súas fillas, Nieves e María, tamén estudaran Maxisterio. A primeira sufriu as consecuencias da violencia ao ser separada do seu cargo de mestra en Angoares segundo consta no BOPP de 1 de setembro de 1936. E María, non chegou a exercer a profesión para a que estudara (Porto, 2003: 98). No referido ao seu irmán, José Adrio Mañá, era un perito agrícola funcionario do Estado que ademais prestaba seus servizos na Xefatura Agronómica de Pontevedra, cobrando un pequeno soldo. Casado con María Barreiro Piñeiro, tiveron seis fillos: Rafael (médico), José (avogado), Francisco (veterinario), María, Manolo (químico), e o máis pequeno, Gonzalo (avogado) (Adrio, 2004: 25). O segundo dos fillos, José Adrio Barreiro, nado en Pontevedra en 1910, era un avogado republicano que ademais participaba en política como militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Con só 23 anos, desempeñou en Ourense o cargo de Gobernador Civil, coincidindo co período inmediatamente anterior a novembro de 1933, mes no que se celebraron as eleccións lexislativas que gañaron as dereitas. Tras deixar o cargo e regresar a Pontevedra, exerceu a profesión de avogado, incorporándose tamén en 1934 á recén formada UR, como a maioría de militantes do PRRS que seguían a Félix Gordón Ordás. Logo, en 1936, ademais de ser Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, segundo El Eco de Santiago encargaríase de representar como deputado provincial á UR na defensa da concesión do Estatuto de Autonomía. Ademais, os días previos ao golpe, tamén sería nomeado secretario da Xunta Provincial da Reforma Agraria de Pontevedra, tal e como recolle El Compostelano do 16 de xullo. Con todo, isto remataría tralo golpe, pois segundo Lamela García, José Adrio, sería obrigado a incorporarse a filas, estando vixiado en todo momento. Pouco despois sería detido no propio cuartel de Artillería de Pontevedra e recorrería varias cárceres, non sen antes intentar “pasealo”, ata o seu fusilamento o 12 de novembro de 1936. Dicir tamén 19 que tivo dous fillos, un deles póstumo, ca súa muller Aurora Poza Pastrana, irmá do médico Luis Poza Pastrana (Adrio, 2004: 62, 80; Lamela, 1993: 141). 2.2.1. A violencia que perdura A violencia exercida cara estas familias non rematou ca morte dalgúns familiares en 1936, pois esta extendeuse durante varias décadas. Por parte da familia Adrio, posiblemente unha das persoas máis afectadas foi Aurora Poza, pois o mesmo día perdeu ao seu marido, ao seu irmán e a un tío político; e iso sen mencionar que neste mesmo ano tamén foran detidos outros familiares directos da rama Poza. A isto habería que engadir o feito de que, ademais de ser muller e de non ter traballo fóra da casa, tiña que encargarse de manter aos seus fillos, Aurora e José Luis Adrio Poza. Eles mesmos viviron de primeira man a sensación de crecer baixo a mirada despectiva da xente, pois a pesar de ter sufrido requisas e embargos, isto non foi o máis humillante que tiveron que soportar. En palabras de José Luis Adrio, “los represores, yo creo que hasta se alegraban de que estuviéramos jorobados”. [...] éramos republicanos, casi apestados”2. Paralelamente, os pais e irmáns de José Adrio, tamén tiveron que afrontar a nova realidade. Ían tódolos días a visitar a tumba do seu irmán ao cemiterio e nesas visitas, dábanse conta de moitos actos levados a cabo polos favorables ao réxime durante a noite. Entre eles, a profanación da tumba de Bóveda, cambiando a “x” do seu nome por unha “j”; ou terra revolta pertencente a unha fosa común de máis dunha decena de persoas3. Este tipo de actitudes non cesaría na década dos anos 30, pois a finais dos anos 40, falecería a irmá de Aurora Poza Pastrana, Electra. A familia escollera para ela un enterro civil, o primeiro que se celebraba en Pontevedra dende xullo de 1936. Esta situación non pasaría desapercibida, sobre todo polo cura, quen tratou de impedir o enterro, inda que finalmente só o retrasou unha noite. No entanto, tras isto volverían a levantar os muros que separaban en San Amaro a parte relixiosa da civil4. No que respecta á parte de Germán Adrio, como dixemos, as mulleres da súa rama familiar tamén sufriron as consecuencias do golpe. A súa segunda muller, Rita Sobrido Allés, irmá da primeira, tivo que axudar ás fillas maiores do anterior matrimonio a saír 4Entrevista a Adrio Poza, José Luis, 24 de abril do 2024, Fondo Persoal da Autora. 3Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo. Entrevistado por Vieites, Eva e Hervella, Gustavo, 21 de xullo do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2024. Proxecto Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo. 2Entrevista a Adrio Poza, José Luis. Entrevistado por Adrio, Mirian, 24 de abril do 2024, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. 20 adiante, pois recordemos que unha delas, Nieves, fora separada do seu cargo. Mais iso non foi todo, pois Nieves tamén se viu obrigada a agocharse na casa duns familiares de Vilagarcía para evitar a detención, a rapa e quizais o paseo. Posteriormente, casaría con Manuel Gamallo, un médico que se atopaba no cárcere co seu pai5. As familias daquelas persoas asasinadas tralo golpe tamén quedaron marcadas polo seu nome. Un exemplo disto achéganolo Amancio Caamaño Caamaño, fillo de Amancio Caamaño Cimadevila. Segundo el, estando no seu período universitario en Santiago de Compostela e tras ser detido xunto con dous compañeiros por un incidente, descubriría como na comisaría cada un deles tiña unha ficha con datos relacionados ca vida dos seus pais, pois viñan de familias de esquerda coñecidas; e unha desas notas mencionaba o fusilamento de Caamaño Cimadevila6. Gonzalo Adrio tamén falaba deste coidado que había que ter no ambiente universitario, pois “estaba todo controlado”7. Asemade, o peso do apelido tamén recaería sobre José Luis Adrio, quen para acceder ao bacharelato necesitou recomendacións de persoas de dereitas, pois o párroco de San Bartolomé, Don Faustino, non o aprobaba na materia de relixión por ser de “familia roja que no iba a la iglesia”8. A resposta de como foi pasar de ser unha familia con bastante poder e influencia local a deixar de selo tralo golpe achéganola unha das fillas de Gonzalo Adrio, María Adrio Taracido: “A nivel político cero, yo creo que ni podían, ni querían. Pero fue una familia de las más privilegiadas, ya que pudieron salir adelante bien”9. Neste sentido, o fillo de José Adrio confirma todo o apoio recibido polos seus tíos e demais familiares10. De feito, ambos coinciden na xeral boa consideración cara a súa familia, tanto de xente de esquerdas como de dereitas: “Era gente con una ideología, pero no aprobaban los asesinatos. La gente tenía miedo. Unos cuantos mandaban e imponían el terror”11. Con todo, o medo non cesou trala morte de Franco, pois xa estaba moi implantado. No caso de José Luis Adrio locutor de radio e periodista, recorda como despois deste 11 Entrevista a Adrio Taracido, Mª Margarita Peregrina, 30 de marzo do 2024, Fondo Persoal da Autora. 10 Entrevista a Adrio Poza, José Luis, 24 de abril do 2024, Fondo Persoal da Autora. 9Entrevista a Adrio Taracido, María Margarita Peregrina. Entrevistada por Adrio, Mirian, 30 de marzo do 2024, Pontevedra. Fondo Persoal da Autora. 8Entrevista a Adrio Poza, José Luis, 24 de abril do 2024, Fondo Persoal da Autora. 7Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo, 21 de xullo do 2006, Fondo Nomes e Voces, nº 2024. 6Entrevista a Caamaño Caamaño, Amancio. Entrevistado por Domínguez, Andrés, 24 de agosto do 2006, Moaña, Fondo Nomes e Voces, nº 2074. Proxecto Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo. 5Información extraída da investigación de Fajardo, Montse, s. d, para o proxecto A Memoria das Mulleres de Pontevedra, Do gris ao violeta. 21 suceso seguía autocensurándose de forma inconsciente12. Algo semellante conta María Adrio, quen recorda como nas primeiras eleccións a xente ía ao despacho do seu pai a coller papeletas do Partido Socialista Popular, pois non se atrevían a facelo en público13. Partindo destes datos, non estaría fóra de lugar reunir baixo o concepto de vítimas aos familiares directos das persoas executadas, pois a pesar de non ter sufrido unha das tipoloxías máis agresivas de violencia, neles perduraron outros moitos tipos de abusos e discriminacións. De feito, mesmo poderíamos considerar que esta violencia que non rematou co golpe nin ca guerra, foi moito máis alá, pois unha vez morto o dictador, a violencia atopou no medo, no silencio e no esquecemento un lugar onde agocharse, influíndo así na transmisión da memoria dos anos seguintes. 3. A memoria do 12 de novembro Como grupo humano composto por membros de distintas idades e xeracións, toda sociedade humana ten un pasado que excece ao individual (Moradiellos, 2009: 2, 89). No entanto, a natureza da memoria é fraxil, por iso a fiabilidade do relato oral diminúe segundo este se vai transmitindo ás seguintes xeracións. No caso español, pódense dilucidar polo menos tres xeracións que se viron marcadas de maneira indeleble polos acaecementos que tiveron lugar dende xullo do 36. De máis a menos fiable, a primeira, viviría os acontecementos da II República e a Guerra Civil; é dicir, relata maiormente o que viviu. A segunda xeración, comporíase por persoas que naceron nos anos do conflito ou despois do mesmo. A súa fiabilidade, sería menor, pois contarían o que a eles lle transmitiron. Finalmente, estaría a xeración dos netos ou terceira xeración, caracterizada por non ter vivido a ditadura pero que puido ter convivido ca primeira xeración (Martínez, 2009: 4; Cuesta, 2007). Dito isto, os seguintes puntos centraranse principalmente nas testemuñas dos dous primeiros grupos. 3.1. A memoria que sobreviviu á violencia do 36 A memoria está chea de feitos concretos e de información da que non se tiña coñecemento, e por iso a historia oral na que se conserva é moi útil para completar a historia do pasado recente. Non obstante, tamén cómpre ser cautelosos, pois dentro da memoria tamén hai moito esquecemento e contradicións. Dito isto, o recordo do que 13 Entrevista a Adrio Taracido, Mª Margarita Peregrina, 30 de marzo do 2024, Fondo Persoal da Autora. 12 Entrevista a Adrio Poza, José Luis, 24 de abril do 2024, Fondo Persoal da Autora. 22 sucedeu o 12 de novembro de 1936, mantívose vivo na memoria de moitas persoas pontevedresas ata hoxe, permitindo así enriquecer a historia da cidade. Neste sentido, a memoria tamén gardou datos relativos á pluralidade anterior ao golpe en Pontevedra, pois ao tratarse dunha cidade tan pequena, todos gardaban unha certa relación. Por este motivo, esta boa convivencia entre as diversas opinións políticas, contrastaría drasticamente ca realidade posterior. Isto veríase por exemplo na Coral Polifónica de Pontevedra, onde a finais dos anos 20, coincidían nela persoas que estarían estreitamente relacionadas os anos seguintes. Este foi o caso de Manolo e Gonzalo Adrio, que sendo pequenos tiveron a ocasión de cadrar con persoas que posteriormente tamén sufrirían a violencia golpista como Bóveda ou Castelao; pero tamén con xente de ideoloxía totalmente oposta como Víctor Lis Quibén (Adrio, 2004: 44). Con todo, Gonzalo non recorda ningún enfrontamento entre as diferentes tendencias políticas antes do 36, mesmo conta que a xente xove ía a isla de Tambo a xogar ao fútbol. E, se ben é certo que entre as persoas presentes había xente tanto de dereitas coma de esquerdas, para xogar os equipos dividíanse en “fascistas” e “comunistas” respectivamente, inda que el afirma que “realmente no había nin fascistas ni comunistas, se contaban con los dedos de la mano. Lo que había era gente de derechas, que se autotitulaban así, fascistas, exagerando la nota nosotros en esos encuentros; y los republicanos socialistas, que nos poníamos el mote de comunistas para jugar a esos partidos, pero todo dentro de la más sana amistad”14. No referido a José Adrio, seu irmán Gonzalo conta como este cuns 18 anos xa estaba politicamente comprometido, e ese ambiente trasladouse ao seu núcleo familiar, onde el con 15 anos xa tiña inquedanzas políticas, chegando a ser no instituto delegado da Federación Universitaria Escolar15 (Adrio, 2004: 60). Xa por esta idade, participou na campaña de febreiro do 36 xunto co seu irmán Manolo, pois os mozos adoitaban encargarse de repartir papeletas. Ambos ían correndo a diferentes parroquias e concellos, e unha vez alí preguntábanlle á xente se querían votar á Frente Popular16. Porén, a boa convivencia entre as diferentes ideoloxías políticas pontevedresas mudaría a partir do 20 de xullo. Como dixemos, as primeiras persoas en ser detidas foron aquelas vinculadas dalgunha maneira ao Goberno civil e, polo xeral, estas vítimas 16 Ibid. 15 Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo, 21 de xullo do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2024. 14 Entrevista a Adrio, Gonzalo recollida en Bossan, 2019: 330. 23 recorrerían diferentes prisións antes do seu fusilamento. No referido ás do 12 de novembro, sabemos que nun inicio estiveron encarcerados na Escola Normal, habilitada nese momento como Prisión Provincial, na cal deixaban que os presos se asomaran ás ventás a unha certa distancia para falar cos familiares. Segundo o fillo de Caamaño, “me daba la sensación de que hubiera una pequeña diferencia con la cárcel; que allí [...], casi todos eran o médicos o abogados, como si fuera un trato superior”17. As visitas eran curtas, pero ían velos tódolos días, inda que “las esperanzas eran pocas”.Segundo Gonzalo, un día levaron á filla pequena do seu irmán ás proximidades da prisión para que el a vira dende a súa celda, “así la vio por ultima vez: ¡Lo que debió de sufrir!” (Adrio, 2004: 81). Con todo, varias testemuñas coinciden no feito de que os prisioneiros aparentaban un ánimo sereno, tanto que mesmo algún facía chistes18. A finais de outubro, algunhas, senón tódalas vítimas da causa 660/36 foron trasladadas á illa de San Simón. Parece ser que non contaban nada de como era a vida na prisión, inda que se lles consideraba, dentro do que cabe, coma uns privilexiados, pois levábanlles comida a diario. Días despois, o día 30 e 31 de outubro pola mañá, celebrouse o xuízo, cuxo resultado non se coñecerían ata dez días máis tarde19. No caso dos Adrio, a madrugada do 12 de novembro do 36, entre as 5 e 6 da mañá, un soldado chamou á porta e informou de que xa estaban en “Capilla” para ser fusilados; e tamén que José quería falar con Francisco, a quen faría responsable das últimas cartas que escribiu20. Pouco despois, escoitaríase a primeira descarga, a cal que poñía fin á vida de Juan Rico, o capitán dos Gardas de Asalto, que sería asasinado primeiro pola súa condición de militar. Acto seguido, sentiríanse os disparos que remataban ca vida das outras nove persoas da causa 660/36 (Adrio, 2004: 83). Os corpos serían trasladados ao cemiterio, máis concretamente ao de San Amaro no caso de Germán e José Adrio, quen ademais se enterraría co seu irmán político Luis Poza21. A violencia dese día non só se reflexou na morte de dez persoas, senón que “[...] en algunas casas [...] se habría brindado con champagne por la desaparición de diez “rojos” más” (Adrio, 2004: 85). De igual maneira, as familias vítimas da violencia golpista 21 Ibid. 20 Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo, 21 de xullo do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2024. 19 Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo, 21 de xullo do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2024; entrevista a Adrio, Gonzalo recollida en Bossan, 2019: 333. 18 Ibid. 17 Entrevista a Caamaño Caamaño, Amancio, 24 de agosto do 2006, Fondo Nomes e Voces, nº 2074. 24 motivo polo cal daría tódalas facilidades posibles, así como outros contactos e nomes de interese para o proxecto32. Estas iniciativas, xunto con outras moitas, contribuíron de maneira efectiva a manter o recordo vivo das vítimas do golpe do 36. Así é todo, quizais o problema actual non sexa tanto este, senón máis ben o relevo xeracional, que en parte, ven aparellado desa “indiferencia”. Cada vez son menos as testemuñas próximas ao acontecemento que poden contar a súa experiencia. E, se ben detrás delas quedou a memoria que puideron chegar a transmitir aos seus descendentes, son moitas as persoas que viven no descoñecemento dese pasado próximo que dalgunha forma tivo que afectar ás súas familias. Na homenaxe do 12 de novembro do 2023, Mariña Paz, bisneta dun dos fusilados, falaba de como cada ano menos xuventude asistía ao acto. Tamén son varios os entrevistados que falan de que os seus netos ou achegados non estudan o golpe e a guerra civil durante súa etapa educativa obrigatoria. Quizais, empeza aquí o esquecemento do que falaba Saramago, pois os actos de homenaxe ou o simbolismo de nomear unha rúa son claves para a memoria, mais tamén importa que as novas xeracións se interesen por ela e que non vexan seu pasado recente como algo tan distante que non merece a pena lembrar. Por iso, é importante que o que sucedeu non se esqueza, sobre todo dentro daquelas familias máis afectadas pola violencia do golpe. Isto recórdanolo María Adrio, quen como moitos outros membros de familias violentadas, perpetúa as tradicións familiares que honran aos falecidos no 36: “el 12 de noviembre, mi padre siempre llevaba al cementerio un ramo republicano, ahora lo hago yo”33. Por moi insignificante que poida parecer, estas flores, son mostra de que esas persoas non foron esquecidas, e a súa memoria tampouco. E, quizais, aquí estea a importancia de recordar, pois do contrario, quen gaña é a violencia golpista, como así sucede con centos de vítimas cuxo paradeiro ou identidade se descoñece; unhas vítimas, que non reciben un ramo de flores que as recorde e cuxa memoria se atopa perdida. Pero o esquecemento, non só vence nestes casos, pois se recordamos a definición inicial de memoria, esta, pola súa natureza, pode presentar lagoas. É por este motivo polo que a memoria das vítimas non estará completa ata que tamén o estea a dos 33 Entrevista a Adrio Taracido, María Margarita Peregrina. Entrevistada por Adrio, Mirian, 12 de novembro do 2023, Pontevedra, Fondo Persoal da Autora. 32 Entrevista a Hervella García, Gustavo, 10 de abril do 2024, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. 31 verdugos de Pontevedra. Porén, isto non é sinxelo, pois un aspecto no que coinciden a maioría das entrevistas, é no feito de que se trata de evitar dentro do posible a identidade dos asasinos, cuxo nome prefire ser esquecido co fin de non implicar aos seus descendentes, pois eles carecían de culpa. E, se ben é certo que algúns si serían mencionados, coma o caso de Fernando Lago Búa, Víctor Lis, Francisco Bustelo ou Manuel Mirón, outros verdugos, a pesar de querer ser nomeados, mantéñense no esquecemento dos entrevistados, quen non recordan os nomes. Polo tanto, esta é unha tarefa pendente á hora de afondar máis na memoria da familia Adrio como vítima pontevedresa do 36, ao igual que o é analizar como chegou a memoria aos membros máis novos da familia. Pois, ao igual que sucedeu durante a ditadura, o recordo do pasado recente transmitiuse nalgúns casos, mais noutros non. Así, a memoria dalgunhas persoas non sempre é suficiente, pois pérdese de tódolos xeitos se non se transmite. Iso eu aprendino cando fai un ano lle preguntei por curiosidade ao meu pai se tíñamos algún diario ou documento dalgún familiar que vivira a guerra civil, ao que el me respondeu: “un diario no, pero una calle en Pontevedra lleva el nombre de mi tío abuelo”34. El non soubo contarme máis, pois tampouco a el lle contaron nada. Ca morte do seu abuelo Manolo Adrio Barreiro e do seu pai José Adrio sendo el un neno, a memoria do que sucedeu o 12 de novembro perdeuse nunha parte da familia, pero non para sempre, pois esta tamén se pode recuperar. Fontes e Bibliografía Fontes orais Entrevista a Adrio Barreiro, Gonzalo. Entrevistado por Vieites, Eva e Hervella, Gustavo, 21 de xullo do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2024. Proxecto Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo. Entrevista a Adrio Pérez, Santiago José. Entrevistado por Adrio, Mirian, 25 de marzo do 2023, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. Entrevista a Adrio Poza, José Luis. Entrevistado por Adrio, Mirian, 24 de abril do 2024, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. Entrevista a Adrio Taracido, María Margarita Peregrina. Entrevistada por Adrio, Mirian, 12 de novembro do 2023, Pontevedra, Fondo Persoal da Autora. 34 Entrevista a Adrio Pérez, Santiago José. Entrevistado por Adrio, Mirian, 25 de marzo do 2023, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. 32 Entrevista a Adrio Taracido, María Margarita Peregrina. Entrevistada por Adrio, Mirian, 30 de marzo do 2024, Pontevedra. Fondo Persoal da Autora. Entrevista a Caamaño Caamaño, Amancio. Entrevistado por Domínguez, Andrés, 24 de agosto do 2006, Moaña, Fondo Nomes e Voces, nº 2074. Proxecto Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo. Entrevista a Hervella García, Gustavo. Entrevistado por Adrio, Mirian, 10 de abril do 2024, Santiago de Compostela, Fondo Persoal da Autora. Entrevista a Taracido Fraga, Aurora. Entrevistada por Hervella, Gustavo, 28 de xuño do 2006, Pontevedra, Fondo Nomes e Voces, nº 2032. Proxecto Terra e Memoria. Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo. Hemeroteca El Eco de Santiago (15 de xuño de 1936). El Compostelano (16 de xullo de 1936). El Pueblo Gallego (11, 14 e 18 de agosto de 1976). La Voz de Galicia (18 de agosto de 1977). La Voz de Galicia (27 de abril; e 13 e 22 de outubro de 1991). Diario de Pontevedra (13/11/1999). La Voz de Galicia (18 de agosto e 11 de novembro de 1999). La Voz de Galicia (10 de novembro do 2000). Diario de Pontevedra (13 de novembro do 2000). Faro de Vigo (13 de novembro do 2000). Diario de Pontevedra (13 de novembro do 2002). La voz de Galicia (23 de setembro e 15 de novembro do 2014). La Voz de Galicia (24 de outubro do 2019). Bibliografía ADRIO, Gonzalo (2004), Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo, Sada, Edicións do Castro. ADRIO, Gonzalo (2008), La vida municipal en la II República Española. Examen de los municipios en la provincia de Pontevedra en ese período (1931-1936), Sada, Edicións do Castro. ÁLVAREZ, Xosé (2013), Pontevedra nos anos do medo: golpe militar e represión 33 (1936-1939), Vigo, Xerais. AMOEDO, Gonzalo; GIL MOURE, Roberto (2007), Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra: a illa de San Simón, Vigo, Xerais. BOSSAN, Marie-Pierre (2019), Memoria da guerra civil en Galicia: o caso de Pontevedra, Santiago de Compostela, Fundación Luis Tilve. CIDRÁS, Aldara (2018), “A construción da culpabilidade colectiva na cidade de Pontevedra (1936-1939)”, en FERNÁNDEZ, Lourenzo; MÍGUEZ, Antonio (eds.), Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Vigo, Galaxia, pp. 227-290. CIDRÁS, Aldara (2023), A xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942, Universidade de Santiago de Compostela (Tese Doutoral Inédita). CUESTA, Josefina (2007), “"Las capas de la memoria". Contemporaneidad, sucesión y transmisión generacionales en España (1931-2006)”, en Hispania Nova, nº 7, <http://hispanianova.rediris.es/7/dossier/07d009.pdf>. FERNÁNDEZ, Carlos (1998), La Guerra Civil en Galicia, A Coruña, La Voz de Galicia. FERNÁNDEZ, Lourenzo; MÍGUEZ, Antonio (2018), “Os verdugos no golpe de Estado de 1936. Quen matou a Antonio Azarola?”, en FERNÁNDEZ, Lourenzo; MÍGUEZ, Antonio (eds.), Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Vigo, Galaxia, pp. 13-87. GRANDÍO, Emilio (2008),“Poder local y II República”,en ADRIO, Gonzalo, La vida municipal en la II República, Sada, Edicións do Castro, pp. 27-31. LAMELA, Luís (1993), Inmolados gallegos: Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro…, Sada, Edicións do Castro. MARCO, Aurora (2003), “A represión en Pontevedra”, en DIÉGUEZ, Uxío-Breogán (coord.), A Galiza de Bóveda: actas do congreso, Vigo, Difusora de Letras, Artes e Ideas, pp. 261-294. MARTÍNEZ, ANA; MARCO, Jorge (2009), “La historia y sus memorias la cátedra extraordinaria «Memoria Histórica del Siglo XX» y Julio Aróstegui”, en, MARTÍNEZ, Jesús Antonio (coord.); et al., El valor de la historia: homenaje al profesor Julio Aróstegui, Madrid, Complutense, pp. 363-370. 34 MÍGUEZ, Antonio (2008), La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales: el movimiento obrero en Galicia (1890-1936), Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo. MORADIELLOS, Enrique (2009), Las caras de Clío. Introducción a la historia y a la historiografía, Madrid, Siglo XXI. MORGADE, Iria (2018), “Rosa Branca. Accións colectivas da memoria na Transición: vítimas sen verdugos”, en FERNÁNDEZ, Lourenzo; MÍGUEZ, Antonio (eds.), Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Vigo, Galaxia, pp. 361-435. MUÑOZ, Rafael (2017), Alexandre Bóveda Mártir del nacionalismo gallego, funcionario de Hacienda, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega. PEREIRA, Carlos (2004), “A Familia Poza: un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra”, en Anuario Brigantino, nº 27, pp. 265-312. PORTO, Anxo Serafín (2003), Historias de vida: o maxisterio pontevedrés na Segunda República, guerra civil e comezos do franquismo, Ponteareas, Alen Miño. PORTO, Anxo Serafín; VÁZQUEZ, Raquel (2021), Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra: Análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942), Santiago de Compostela, Andavira. RODRÍGUEZ, Ángel (2006), “Golpe de Estado y represión franquista en la provincia de Pontevedra”, en DE JUANA, Jesús; PRADA, Julio (coords.), Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939, Barcelona, Crítica, pp. 135-164. Webgrafía DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, (s. d.), La comisión Gestora provincial: <https://arquivos.depo.gal/es/a-comision-xestora-provincial> [consultado o 05 de marzo do 2024]. FAJARDO, Montse (s. d.), A memoria das mulleres de Pontevedra, Do gris ao violeta: <https://www.dogrisaovioleta.gal/> [consultado o 15 de abril do 2024]. GONZÁLEZ, Manuel (dir.) (s. d.), Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña: <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: 16 de maio do 2024]. NOMES E VOCES, (s. d.), Vítimas: <http://vitimas.nomesevoces.net/> [consultado o 25 de marzo do 2024]. 35